ATOPO
Rexistros actuais: 1.625.156
Obxectos dixitais dispoñibles: 504.759

Acta de sesión 2002/12/27_Ordinaria

Área de identificación

  • Código(s) de referencia ES.GA.36038.ADPO.1.1.3.3.33.363/3.2002-12-27_Ordinaria

  • Título Acta de sesión 2002/12/27_Ordinaria

  • Data(s) 2002-12-27 (Creación)

  • Volume e soporte 1 acta de sesión

Área de contexto

Área de contido e estrutura

  • Alcance e contido Folla: Da sesión ordinaria en primeira convocatoria, celebrada polo Pleno desta Excma. Deputación o día, 27 de decembro de 2002 No Salón de sesións da Excma. Deputación Provincial de Pontevedra, sendo as once horas e cinco minutos do día vintesete de decembro do ano dous mil dous, baixo a Presidencia do Ilmo. Sr. Presidente D. Manuel Abeledo López, reuníronse as Señoras/es Deputadas/os, Dona Isaura Abelairas Rodríguez, D. Ramón Alonso Fernández, D. Xosé Antonio Araujo Quintas, D. Manuel Ramón Conde Romero, D. Xosé Crespo Iglesias, D. Jesús María Fernández Portela, D. Alberto García García, D. Emilio González Iglesias, D. Angel Gregores Méndez, D. Emilio Iglesias Álvarez, D. Rafael Louzán Abal, D. Telmo Martín González, Dona Clara Millán González, D. Xosé Cesáreo Mosquera Lorenzo, D. Constante Juan Muradas Ramos, D. Xesús Otero Varela, D. Xosé Carlos Pazos Docampo, D. Juan Luis Pedrosa Fernández, D. David Raposeiras Correa, D. Juan Reboreda Enríquez, D. Manuel Rivera Domínguez, D. Rodrigo Santiago Novas, D. José Enrique Sotelo Villar, D. Manuel Ramón Vilar Márquez e D. José Villar Pereira, co obxecto de celebrar sesión ordinaria da Deputación en Pleno, en primeira convocatoria, consonte á correspondente orde do día. Da fé do acto o Secretario Xeral, D. Rogelio Nicieza de la Cerra, e está presente o Sr. Viceinterventor, D. Antonio Graña Gómez. Non asiste o Sr. Deputado D. Henrique Viéitez Alonso. Declarada aberta a sesión e de orde da Presidencia éntrase seguidamente no exame da orde do día, adoptándose en relación coa mesma os seguintes acordos: Sr. Presidente.- Señoras e señores Deputados vamos comeza-lo correspondente ó Pleno ordinario do mes de decembro. 1.4818.- ACTAS ANTERIORES Sr. Presidente.- Primeiro punto da orde do día é a aprobación dos borradores das actas das anteriores sesións, ordinaria do día 29 de novembro e extraordinaria do día 3 de decembro, ámbalas dúas deste ano. ¿Hai algunha alegación que facer ás actas?. Si. Sr. Pazos. Sr. Pazos Docampo.- No borrador da acta do día 29 de novembro cando se recolle a votación do punto número 13, que fala da designación de representantes da Deputación no Consorcio Audiovisual de Galicia, recóllese a votación por unanimidade e, que eu recorde, nós abstivémonos. Hai un erro. Sr. Presidente.- De acordo. Sr. Secretario tome nota e corríxase esa acta no senso que acaba de dici-lo Sr. Deputado Sr. Pazos. Ben, corrixirase entón esa acta de acordo co que acaba de expoñer. En relación co manifestado polo representante do BNG sobre un erro na acta do Pleno de 29 de novembro de 2002, acordo número 13.4811 de designación de representante no Consorcio Audiovisual de Galicia, acórdase corrixi-la devandita acta no sentido de facer consta-la abstención do BNG e non a aprobación por unanimidade. Polo tanto o Pleno acorda unha vez subsanado o erro padecido, por unanimidade, aproba-los borradores das actas das anteriores sesións, ordinaria do día 29 de novembro e extraordinaria do día 3 de decembro, ámbalas dúas do ano 2002. ------ Folla: 2.4819.- INFORME SOBRE CORRECCIÓN DE ERRO MATERIAL EN EXPEDIENTE DE MODIFICACIÓN DE CRÉDITOS Sr. Presidente.- Punto número dous. Informe sobre corrección de erro material en expediente de modificación de créditos. Sr. Secretario, ten a palabra. Sr. Secretario.- Esto ha pasado el otro día por la Comisión Informativa de Economía e Facenda y fue aprobado por mayoría de los grupos del Partido Popular y del Partido Socialista y con la abstención del Bloque. En realidad todo derivó de un informe de Intervención que al comprobar los saldos que se estaban comprobando de cara al cierre del ejercicio contable, se dió cuenta de que en el primer expediente de modificación de créditos de este año se cometió un error cualitativo al asignar la distribución del expediente de suplemento de créditos. Entonces, a la vista de este informe del Interventor, procede rectificar el acuerdo de la sesión de 26 de abril de 2002, en el sentido de disminuir donde figura un crédito extraordinario de 146.416,89 Euros, debe figurar 137.537,37 Euros, lo que supone una pequeña diferencia de 8.879,52 Euros que debe registrarse en el capítulo 1º como suplemento de crédito y no como crédito extraordinario y en eso consiste toda la cuestión. Sr. Presidente.- Bueno, gracias Sr. Secretario. ¿Algunha intervención?. Votamos polo tanto esta corrección de erro material. ¿Votos en contra?. Non hai. ¿Abstencións?. Bloque. ¿A favor?. O Partido Socialista e o Partido Popular. Visto o informe de Intervención de data 13 de decembro de 2002, onde pon de manifesto que no acordo do Pleno na sesión celebrada o 26 de abril de 2002, que aproba o primeiro expediente de modificación de créditos extraordinarios e suplementos de crédito financiado con cargo ó remanente de Tesourería, contén un erro á hora de distribui-los importes modificados, así no capítulo I figura como crédito extraordinario 146.416,89 euros, cando debería figurar 137.537,37 euros, o que supón unha diferencia de 8.879,52 euros, que se debe rexistrar no capítulo I como suplemento de crédito, polo que no lugar de suplementarse o referenciado capítulo en 76.930,00 euros como figura no acordo, debe realmente figurar 85.909,52 euros. Dita rectificación non supón alteración cuantitativa no expediente aprobado, pero si cualitativa, en tanto en canto se rexistraron 8.879,42 euros como crédito extraordinario, que realmente foron suplementos de créditos nas seguintes partidas: Partida Importe 02/452.452.131.01 6.712,14 Euros 02/452.452.160.01 2.167,38 Euros Total 8.879,52 Euros Polo exposto, o Pleno, de conformidade co dictame da Comisión Informativa de Economía e Facenda, acorda por maioría, cos votos a favor do PP e do PSOE e coa abstención do BNG, a aprobación da rectificación do erro cualitativo producido no primeiro expediente de modificación de créditos extraordinarios e suplementos de crédito, aprobado por acordo do Pleno na sesión celebrada o 26 de abril de 2002, de forma que quede como segue: EXPEDIENTE DE CRÉDITO EXTRAORDINARIO Capítulo 1º Gastos de Persoal 137.537,37 Euros TOTAL CRÉDITO EXTRAORDINARIO 576.393,57 Euros EXPEDIENTE DE SUPLEMENTO DE CRÉDITO Capítulo 1º Gastos de Persoal 85.809,52 Euros TOTAL SUPLEMENTO DE CRÉDITO 1.045.439,24 Euros ------ Folla: 3.4820.- APROBACIÓN INICIAL DO PROXECTO DE "URBANIZACIÓN DE ACCESOS Ó CEMITERIO MUNICIPAL DE LALÍN". EXPOSICIÓN PÚBLICA. DECLARACIÓN DE UTILIDADE PÚBLICA DA OBRA E NECESIDADE DE OCUPACIÓN. SOLICITUDE Á XUNTA DE GALICIA DE DECLARACIÓN DE URXENTE OCUPACIÓN E MOTIVACIÓN DA URXENCIA Sr. Presidente.- Punto número tres. Aprobación inicial do proxecto de "Urbanización de accesos ó cemiterio municipal de Lalín". Exposición pública. Declaración de utilidade pública da obra e necesidade de ocupación. Solicitude á Xunta de Galicia de declaración de urxente ocupación e motivación da urxencia. ¿Algunha intervención?. Sr. Mosquera. Sr. Mosquera Lorenzo.- Moitas gracias. Bos días a todos e todas. Ben, aquí trátase en principio dunha estrada provincial que se vai a urbanizar completamente por un presuposto francamente elevado, case 1.700.000 Euros, no que esta Deputación demostra moita dilixencia no sentido de que pon o 10% da consignación este ano e o 90% para o ano que vén. Parece que hai bastante interese en sacar este proxecto adiante. Sen entrar na cuestión da necesidade da obra, que supoño que será absolutamente necesaria, o que si sorprende é que en todo o expediente non aparece para nada o famoso criterio de que cando se urbaniza unha estrada provincial a Deputación corre cos gastos do asfaltado e das pluviais e o resto da urbanización, que en principio non faría a Deputación, vai ó 50% entre o Concello beneficiario e a Deputación. Non aparece absolutamente por ningún lado, e dende logo esto necesita unha aclaración. Se é que eso se vai a manter cara ó futuro ou se é que neste caso se fai unha excepción. E tamén necesita unha aclaración do que sucede con outros Concellos que teñen interese en urbanizar, incluso cos criterios fixados pola Deputación, estradas provinciais que discorren polos seus Concellos, polos seus termos municipais. En función desa aclaración definiremos o noso sentido do voto. Sr. Presidente.- Gracias Sr. Mosquera. Aquí vamos seguir un criterio que seguimos en tódalas estradas provinciais cando hai urbanizacións. O criterio é moi sinxelo. Nun principio o criterio adoptado fai xa algún ano era o 50% a Deputación e o 50% o Concello correspondente, e aí vai a totalidade da obra. Efectivamente hai xa algún tempo cambiouse de criterio porque verdadeiramente pensamos que o interese neste caso é a aportación do Concello a unha vía provincial e dotala de beirarrúas e doutros servicios inflúe decisivamente en todo o que é a seguridade vial desa estrada. Aquí o Concello de Lalín vai aportar tamén todo o que é urbanización, e dende logo a estrada é moi estreita e está en moi malas condicións, entre outras cousas porque ten pouco tráfico. Aquí é un tramo só da estrada o que se vai arranxar porque se fixo un cemiterio novo e entón non se cruzan dous coches. Eu asistín a algún enterro alí, chovendo, encharcaba a auga pero ata mitade da estrada, eran escasamente dous metros. Entón vai ese trozo, ou sexa, dende o cruce da estrada nacional, dende o cruce onde está o campo de fútbol ata o cemiterio. Non é toda a estrada a que se vai a urbanizar nin moitisimo menos, senón que é un tramo aproximadamente de un quilómetro. O actual cemiterio e tanatorio que está alí non só é de Lalín senón de moitisimas parroquias, e entre elas a miña, porque non teñen tanatorio e todos van alí. Entón é unha obra absolutamente necesaria e é unha estrada provincial e o Concello aportará a súa parte con respecto a todo o que é a urbanización. E ese vai se-lo criterio como é en tódalas obras deste tipo que facemos ultimamente. Sr. Mosquera Lorenzo.- Ben, segundo o proxecto son 960 metros exactamente. Alégrome que se manteña un criterio, pero é que no expediente non aparece por ningún lado. O único que aparece é que a Deputación vai aportar todo. Eso é o que aparece. Sr. Presidente.- Aparecen as Administracións. Sr. Mosquera Lorenzo.- Non, non, hai un RC da Deputación polo total da obra e non aparece por ningún lado que vai haber ingresos do Concello, do que fose de aportación do Concello. Nin, que eu sepa, hai ningún convenio asinado nin hai nada polo estilo, cousa que noutros concellos se ten feito. É a primeira cuestión. E segundo, non se aclarou tampouco que vai pasar con outros Concellos que teñen interese en que se urbanicen estradas provinciais que discorren polos seus termos municipais. Unha obra supoño que absolutamente necesaria; estivémonos enterando en Lalín e si, efectivamente parece que é unha obra necesaria e sentida e polo tanto aí non hai nada que discutir, pero hai moitas outras tamén pola provincia que están nesa situación. Entón non sei como se vai agora a arranxar. ¿Aparece nos orzamentos do 2003 desta Administración esa transferencia do Concello?. Que eu sepa non. Non sei como van vostedes a arranxalo, agora hai un RC, e é todo o que hai nestes momentos, non hai nada máis. Entón non sei como o van arranxar. O acordo plenario que eu sepa non vai condicionado. Eu estiven mirando a proposta de acordo e non vai condicionado, non hai nada deso. Entón non sei si administrativamente esto é o correcto. Porque nestes momentos se toma a decisión de pagalo con fondos, que está feito o RC, da Deputación sen ningún condicionante con respecto ó Concello. Este é o acordo que se vai a tomar. Exactamente é este, salvo que se modifique agora. Sr. Presidente.- Nós vamos a aplica-lo criterio que aplicamos en tódalas partes. É posible que non estea completo nese sentido e todo claro, pero vaise aplica-lo criterio que se aplica en tódolos Concellos e eu creo que en tódolos casos veu así. Eso é o que se vai facer. Sr. González. Sr. González Iglesias.- Bueno, vamos a ver. Nós tiñamos dúbidas tal e como se plantexaba o tema. Si o Presidente mantén e se aplica o criterio de sempre, nós votamos a favor, agora, vamos a facer un seguimento do expediente. Sr. Presidente.- De acordo. ¿Algunha intervención máis?. Procedemos polo tanto á votación deste tema. Aprobación inicial do proxecto de "Urbanización de accesos ó cemiterio municipal de Lalín", exposición pública do citado proxecto e o expediente expropiatorio, a declaración de utilidade pública da obra, a solicitude á Xunta de Galicia de declaración de urxente ocupación e motivación da urxencia de acordo co informe do Enxeñeiro Xefe de zona. ¿Votos en contra?. ¿Abstencións?. O BNG. ¿Votos a favor?. Os Grupos Popular e Socialista. Visto o proxecto de "Urbanización de accesos ó Cemiterio Municipal de Lalín", cun presuposto para coñecemento da Administración de 1.664.636,33 Euros, desglosado en presuposto de execución por contrata por importe de 1.592.336,33 Euros, e capítulo de expropiacións por importe de 72.300,00 Euros, sendo o seu obxecto dotar de servicios de rede de augas fecais e pluviais, abastecemento de auga, rede de telefonía e gas, electricidade e ilumminación pública a tales accesos; vistos os Documentos RC nº 200200106088, 200200106091 e 200200106093, emitidos por Intervención o 16-12-02, acreditando a existencia de consignación presupostaria para facer frente á execución da obra e das expropiacións que conleva na partida 02/511.511.612.02 (159.233,64 Euros, na anualidade de 2002, e 1.505.402,69 Euros na anualidade de 2003, incluídas as expropiacións); e, visto o informe emitido polo Enxeñeiro Técnico Xefe da Zona Norte, de igual data, sinalando a imperiosa necesidade de dotar a tales accesos ó cemiterio municipal de Lalín dos referidos servicios, dado o continuado tránsito de vehículos e peóns pola zona, xerando un grave perigo para a circulación nas condicións actuais, o Pleno acorda por maioría, cos votos a favor do PP e do PSOE e coa abstención do BNG: 1.- A aprobación inicial do proxecto de "Urbanización de accesos ó Cemiterio Municipal de Lalín", cun presuposto para coñecemento da Administración de 1.664.636,33 Euros, desglosado en presuposto de execución por contrata por importe de 1.592.336,33 Euros, e capítulo de expropiacións por importe de 72.300,00 Euros. 2.- A exposición pública do citado proxecto e do expediente expropiatorio que conleva, por prazo de quince días hábiles, a efectos de posibles reclamacións, considerándose aprobado definitivamente tal proxecto, de forma automática, en caso de non producirse as mesmas. 3.- A declaración de utilidade pública da obra e necesidade de ocupación dos bens afectados polo mesmo, con base no informe do Enxeñeiro Técnico Xefe da Zona Norte de 16-12-02. 4.- A solicitude á Xunta de Galicia de declaración de urxente ocupación dos bens e terreos afectados pola mesma. 5.- A motivación da urxencia solicitada, en base ó informe de 16-12-02, emitido polo Enxeñeiro Técnico Xefe da Zona Norte, advirtindo da imperiosa necesidade de dotar de beirarrúas e servicios ós accesos do cemiterio municipal de Lalín, toda vez que resulta ser unha zona de abundante tránsito de vehículos e peóns, xerándose na actualidade un grave perigo para a seguridade vial. ------ Folla: 4.4821.- APROBACIÓN INICIAL DO PROXECTO "ENSANCHE DA EP PO-5102 LAMOSA - FRANQUEIRA - ACHAS (COVELO)". EXPOSICIÓN PÚBLICA. DECLARACIÓN DE UTILIDADE PÚBLICA DA OBRA E NECESIDADE DE OCUPACIÓN. SOLICITUDE Á XUNTA DE GALICIA DE DECLARACIÓN DE URXENTE OCUPACIÓN. MOTIVACIÓN DA URXENCIA Sr. Presidente.- Ben, no punto número catro hai a aprobación inicial do proxecto de "Ensanche da estrada provincial PO-5102, Lamosa-Franqueira-Achas" en Covelo, exposición pública, declaración de utilidade pública da obra e necesidade de ocupación, solicitude á Xunta de Galicia de declaración de urxente ocupación e motivación da urxencia. ¿Algunha intervención?. Non hai intervencións. Procedemos á votación polo tanto. ¿Votos en contra?. ¿Abstencións?. ¿Votos a favor?. Apróbase por unanimidade. Como queira que a "EP PO-5102 Lamosa-Franqueira-Achas (Covelo)", foi obxecto de mellora na maior parte do seu trazado, con cargo a diferentes plans provinciais, a excepción do tramo comprendido entre o PK 0+300 e 0+560, a consecuencia da negativa de cesión dos terreos por parte dos propietarios afectados; visto o proxecto de "Ensanche da EP PO-5102 Lamosa-Franqueira-Achas (Covelo)", dotado dun presuposto para coñecemento da administración de 74.443,11 Euros, IVE engadido, desglosado en presuposto de execución por contrata por importe de 71.314,10 Euros, e capítulo de expropiacións por importe de 3.129,01 Euros, visto o Documento RC, emitido por Intervención, no que se certifica a existencia de saldo de crédito dispoñible na partida 02/511.511.612.02; e, visto o informe emitido polo Enxeñeiro Técnico Xefe da Zona Sur, o Pleno de conformidade co dictame da Comisión Informativa de Vías e Obras, acorda por unanimidade: 1.- A aprobación inicial do proxecto "Ensanche da EP PO-5102 Lamosa-Franqueira-Achas (Covelo)", dotado dun presuposto para coñecemento da administración de 74.443,11 Euros, IVE engadido, desglosado en presuposto de execución por contrata por importe de 71.314,10 Euros, e capítulo de expropiacións por importe de 3.129,01 Euros. 2.- A exposición pública do proxecto e do expediente expropiatorio, por prazo de quince días hábiles, a efectos de posibles reclamacións, entendéndose aprobado definitivamente o proxecto, de forma automática, en caso de non producirse as mesmas. 3.- A declaración de utilidade pública da obra e a necesidade de ocupación dos bens e terreos afectados, con base no informe do Enxeñeiro Técnico Xefe da Zona Sur o 28-11-02. 4.- A solicitude á Xunta de Galicia de declaración de urxente ocupación dos bens e terreos afectados por tal obra. 5.- A motivación da urxencia que se solicita para o expediente expropiatorio que conleva a obra, en base ó informe do Enxeñeiro Técnico Xefe da Zona Sur de 28-11-02, no que sinala a imperiosa necesidade de acomete-la obra para mellora-la traza do tramo de dita estrada comprendido entre o PK 0+300 e 0+560, corrixindo a grave sinuosidade do trazado actual, máxime cando o resto da estrada foi obxecto de mellora en sucesivas fases executadas a través de diferentes plans provinciais. ------ Folla: 5.4822.- COMUNICACIÓNS Sr. Presidente.- Comunicacións. Sr. Secretario. Sr. Secretario.- Darles cuenta de la Resolución de la Presidencia por la que se ratifica la designación del Vicepresidente D. Juan Luis Pedrosa Fernández, representante de la Diputación en la Comisión creada por la FEGAMP en relación con el Euro que antes tenía otra denominación distinta, o sea ha cambiado nada más que el nombre de la Comisión, que pasa a denominarse Red de Enlaces Haciendas Locales-FEMP, este es el nuevo nombre. Antes tenía otro nombre, Red de Enlaces Euro y ahora Red de Enlaces Haciendas Locales-FEMP, y era el Sr. Pedrosa el representante ya designado anteriormente. Y las restantes Resoluciones dictadas por la Presidencia entre el 23 de noviembre y el 21 de diciembre de las cuáles ya se ha dado traslado a los distintos grupos políticos. Nada más. Sr. Presidente.- Moitas gracias. Queda enterado o Pleno das seguintes: 1) De Resolución Presidencial de data 28 de novembro de 2002, pola que se ratifica a designación do Vicepresidente D. Juan Luis Pedrosa Fernández como representante na "Rede de Enlaces Haciendas Locales - FEMP". B) De extractos de Resolucións Presidenciais dictadas entre os días 23 de novembro e 21 de decembro do ano 2002 e que foron trasladadas ós voceiros dos distintos grupos políticos. ------ Folla: 6.4823.- ROGOS E PREGUNTAS Sr. Presidente.- Rogos e preguntas. Non hai. Moi ben pois eu aproveitando que é o último Pleno deste ano 2002, quero desexarlle a tódolos Deputados e Deputadas un feliz ano e ós medios de comunicación. Que se cumpran tódolos obxectivos que cada unha das nosas persoas ten fixados. Gracias. Levántase a sesión. E non habendo máis asuntos que tratar, polo Sr. Presidente, sendo as once horas e vinte minutos do expresado día, dase por rematada a sesión e dela esténdese a presente Acta, que asinará o Ilmo. Sr. Presidente comigo, o Secretario, que dou fe. Cúmpranse os precedentes acordos. O PRESIDENTE, O SECRETARIO, ------

Área de documentación

Área de notas

  • Nota

Puntos de acceso

Área de control da descrición