Fondos
2003-01-31_Ordinaria. Acta de sesión 2003/01/31_Ordinaria
Acta de sesión 2003/01/31_Ordinaria
Área de identificación
Código(s) de referencia ES.GA.36038.ADPO.1.1.3.3.33.364/1.2003-01-31_Ordinaria
Título Acta de sesión 2003/01/31_Ordinaria
Data(s) 2003-01-31 (Creación)
Volume e soporte 1 acta de sesión
Área de contexto
Institución arquivística Arquivo Deputación de Pontevedra
Área de contido e estrutura
Alcance e contido Folla: Da sesión ordinaria en primeira convocatoria, celebrada polo Pleno desta Excma. Deputación o día, 31 de xaneiro de 2003 No Salón de sesións da Excma. Deputación Provincial de Pontevedra, sendo as once horas do día trinta e un de xaneiro do ano dous mil tres, baixo a Presidencia do Sr. Vicepresidente D. Rafael Louzán Abal, reuníronse as Señoras/es Deputadas/os, Dona Isaura Abelairas Rodríguez, D. Ramón Alonso Fernández, D. Xosé Antonio Araujo Quintas, D. Manuel Ramón Conde Romero, D. Xosé Crespo Iglesias, D. Jesús María Fernández Portela, D. Alberto García García, D. Emilio González Iglesias, D. Angel Gregores Méndez, D. Emilio Iglesias Álvarez, D. Telmo Martín González, Dona Clara Millán González, D. Xosé Cesáreo Mosquera Lorenzo, D. Constante Juan Muradas Ramos, D. Xesús Otero Varela, D. Xosé Carlos Pazos Docampo, D. Juan Luis Pedrosa Fernández, D. David Raposeiras Correa, D. Juan Reboreda Enríquez, D. Manuel Rivera Domínguez, D. Rodrigo Santiago Novas, D. José Enrique Sotelo Villar, D. Henrique Viéitez Alonso, D. Manuel Ramón Vilar Márquez e D. José Villar Pereira, co obxecto de celebrar sesión ordinaria da Deputación en Pleno, en primeira convocatoria, consonte á correspondente orde do día. Da fé do acto o Vicesecretario, D. Carlos Cuadrado Romay, e está presente o Sr. Interventor, D. Bautista Pérez Carnero. Non asiste o Ilmo. Sr. Presidente D. Manuel Abeledo López quen escusa a súa ausencia. Declarada aberta a sesión e de orde da Presidencia éntrase seguidamente no exame da orde do día, adoptándose en relación coa mesma os seguintes acordos: Sr. Presidente.- Bos días. Convocatoria de Pleno ordinario do día de hoxe, 31 de xaneiro do 2003. 1.4824.- ACTA ANTERIOR Sr. Presidente.- Punto número 1. Aprobación do borrador da acta da anterior sesión, ordinaria, do día 27 de decembro do ano 2002. ¿Aprobamos?. Apróbase por unanimidade. Apróbase por unanimidade o borrador da acta da anterior sesión, ordinaria, do día 27 de decembro do ano 2002. ------ Folla: 2.4825.- APROBACIÓN DO PLAN PROVINCIAL DE COOPERACIÓN ÁS OBRAS E SERVICIOS DE COMPETENCIA MUNICIPAL E ESTRADAS DO ANO 2003 Sr. Presidente.- Punto número 2. Aprobación do Plan Provincial de Cooperación ás obras e servicios de competencia municipal e estradas do ano 2003. ¿Algunha intervención?. Sr. Mosquera. Sr. Mosquera Lorenzo.- Moi bos días. Moitas gracias Sr. Presidente. Vou facer unha intervención conxunta para os puntos 2 e 3 que por desgracia podería ser case calcada a doutros anos porque os feitos son exactamente os mesmos. Hai dous plans, neste caso o PPC e o Programa Operativo Local, dende logo con moitos máis recursos o Programa Operativo Local, practicamente o dobre do PPC, e os, estes plans que son, bueno mentres haxa polo menos eses fondos da Unión Europea, bueno pois xa leva bastantes anos existindo, pois sempre polo menos nos últimos anos se están repartindo dunha forma e por un procedemento co cal temos demostrado o noso desagrado e que temos que reiterar unha vez máis. En primeiro lugar unha cuestión de forma que non é nada baladí, e non é de forma, que é que vostedes fixan os criterios, deciden como repartilos, convocan ós concellos para dicirlle cantos fondos teñen, e que aporten as súas obras e unha vez feito todo ese proceso o traen ó Pleno. Este Pleno, esta Corporación Provincial é o último en enterarse tanto colectivamente como Corporación, como individualmente a maioría dos Deputados, de cales van ser eses criterios de reparto e como se, en fin, as condicións nas que se vai face-lo plan. Temos manifestado as nosas queixas reiteradamente con respecto a este procedemento e seguimos erre que erre, vostedes cortan, pinchan e despois chegan aquí e din non, é que os concellos pediron as obras, claro, pero é que os concellos pedíronnas baixo as condicións que vostedes lle fixeron sen consultalas cos grupos desta Corporación ou coa Corporación en si. E así seguimos pois cunha serie de criterios de reparto que algunha vez alguén puxo e se seguen reiterando a pesar de tódalas deficiencias que están demostrando un ano si e outro tamén. Non é cuestión de sacarlle aquí cifras, que se ten sacado, de neste reparto canto leva un habitante dun concello x e canto leva un habitante dun concello y, porque hai diferencias dun a tres, dun a catro, dun a cinco, e similares cando son plans en principio para mellora-las condicións de vida de tódolos cidadáns desta provincia, quitando no Programa Operativo Local ós concellos de máis de 50.000 habitantes que van por outro, non teñen o seu propio plan. Entón seguen existindo os famosos mínimos que premian tremendamente ós concellos máis pequenos, seguen facendo un reparto diferente nun caso e noutro, no punto 2, no Plan Provincial de Cooperación, é un reparto 50 e 50 por poboación e extensión; no punto 3, é 60 poboación e 40 extensión, non se sabe exactamente se os habitantes aquí son máis importantes que noutro caso. Nun caso lle quitan a poboación urbana ós concellos de máis de 20.000 habitantes e noutro caso non, etc., etc., e non hai maneira, cando creo que sería moi fácil, moi fácil, verdade, discutir estes criterios, axustalos e chegar incluso a sentar uns criterios xustos e acordados por parte de todos e que fosen digamos máis obxectivos cara os cidadáns que ó fin e ó cabo é para os que se elaboran estes plans e é para os que estamos aquí. Polo tanto, dada a reiteración e a falta de vontade política de corrixi-las deficiencias que teñen estes plans no seu reparto, é unha cuestión de que de ... absoluto desta corporación vamos a votar en contra dos dous plans. Sr. Presidente.- Moitas gracias Sr. Mosquera. Sr. Iglesias. Sr. González Iglesias.- Si. Buenos días. Vamos a ver. Yo creo que este es el debate de todos los años pero que en todo caso este año se pueden aportar cosas nuevas. Nosotros venimos diciendo desde siempre que en el PPC deberían tenerse en cuenta otros factores como los núcleos de población en los diferentes ayuntamientos, el número de núcleos efectivamente, como el esfuerzo fiscal de los ayuntamientos, y vuelvo, como decimos otros años no es nada nuevo ni es ningún invento lo que estamos diciendo aquí, es algo que se está haciendo en otras Diputaciones incluso de Galicia, desde hace muchos años. Este año más nos tenemos que ratificar en el tema porque bueno hace unos días se aprueba una nueva Ley del Suelo de Galicia y el Parlamento o ustedes concretamente, que fueron quienes la aprobaron, apuestan por potenciar los núcleos de población. Entonces parece un contrasentido que en temas de infraestructura básica no se tenga en cuenta ese criterio. Pero si, pero si, también lo vienen haciendo sistemáticamente desaparece o hacen desaparecer la población del casco urbano de los diferentes ayuntamientos de más de 20.000 habitantes, con lo cuál, estoy hablando del PPC, en el POL no es así, donde le hacen desaparecer el criterio de reparto es 50-50, donde no la hacen desaparecer es 60-40, y también y dicho en muchas otras ocasiones, curiosamente si esto, si esto tuviese que ser así a narices, podrían corregirlo en otros planes como el Plan de Acción Municipal, etc., etc., sin embargo no lo corrigen y siguen utilizando el mismo sistema. Por lo tanto mientras el grupo de gobierno no esté dispuesto a discutir y a introducir modificaciones en estos sentidos, nosotros respetando lógicamente las obras que plantean los ayuntamientos, y estando de acuerdo con muchas de ellas, lo que no podemos estar es de acuerdo con la filosofía del reparto, vuelvo a repetir, porque ustedes nunca se quieren sentar a hablar de él y esto nos lleva lógicamente a votar en contra de los planes de la Diputación, tanto de estos como del PAM cuando venga y alguno más que se inventan cada año. Por ahora nada más. Sr. Presidente.- Si. Sr. Conde. Sr. Conde Romero.- Si, Sr. Presidente. Sr. Mosquera, Sr. González, tódolos anos estamos sempre no mesmo, loxicamente poden ser mellorables, non dicimos que non, pero entendemos que ata a data veñen dando bos resultados, de feito están os concellos aí que así o manifestan. Non é 50-50 no plan, é 60-40, séguese primando nun plan e no outro, nos dous, séguese primando á poboación sobre a superficie. Xa intentamos facer un estudio para meter outros parámetros que o poidan modificar, outros índices e certamente o resultado vén sendo practicamente o mesmo. Sr. Mosquera, mire, os municipios de máis de 50.000 habitantes, como ben sabe vostede, xa reciben unhas axudas directas do Estado e entendemos o equipo de goberno desta casa que a Deputación está para poder corrixi-los desequilibrios e loxicamente axudar máis ó que máis o necesita que sempre vén sendo ós concellos máis pequenos. Non sei cantos anos votaremos aquí, posiblemente eu sexa o último, pero pódolle dicir que seguirán vostedes mentras estean na oposición facendo sempre o mesmo, o mesmo comentario e se algún día lonxano chegaran vostedes a gobernar, seguro que farían o mesmo que estamos facendo nós agora. Moitas gracias. Sr. Presidente.- Gracias Sr. Conde. Bueno engadir que en relación precisamente ó que dicía o Sr. Conde, o que se busca precisamente é un equilibrio territorial e polo tanto creo que este reparto así o aceptan a grande maioría dos concellos. Ó mesmo tempo comentar que creo que está perfectamente claro, na carpeta figura cales son os criterios de reparto, onde se fixa poboación 50% e superficie 40%. Aí aparece un apartado precisamente que di esforzo fiscal, onde a Deputación xa fixo, o ano pasado e este ano igual, fixo unha sondaxe para ver precisamente se co esforzo fiscal existía algunha variación en relación ó reparto que aquí aparece e non hai practicamente diferencia algunha. Polo tanto é polo cal mantemos, ese é un dato que obra precisamente nos servicios desta casa, que non o fixemos nós con criterios políticos senón que se fixo con criterios técnicos, e polo tanto aí está para poder comprobalo, e bueno cremos que dalgunha forma é un plan importante, que o traemos con axilidade precisamente a este Pleno para que se poida executar coa maior celeridade posible. Sr. Mosquera. Sr. Mosquera Lorenzo.- Si, moitas gracias. Resulta que introducindo novos factores de distribución sempre dá o mesmo. Bueno esa cantinela está moi repetida, pero sempre dá o mesmo ¿de que?, ou sexa, de que uns habitantes leven catro veces máis que outros, eso é o esforzo de cohesión que están facendo. Ou sexa, todo o contrario do que están facendo, ¿por que dan eses resultados?, porque sempre partiron de que tiñan que dar eses resultados. Evidentemente despois se fan as contas e os criterios en función do resultado que se quere dar e nós o que estamos cuestionando é o resultado, o que estamos cuestionando é o resultado, non digo que vaia haber exactamente a mesma distribución por cada habitante, porque hai cidades e tal, pero cando menos non haxa esas diferencias abismais que hai, e senón moléstense en face-las contas de canto leva un habitante dun concello x e canto leva un habitante dun concello y, e non necesariamente son os concellos máis pobres os que levan máis, non necesariamente senón ás veces todo o contrario. Sr. Presidente.- Sr. González Iglesias. Sr. González Iglesias.- Si, Sr. Conde, no me vale que me diga usted que los ayuntamientos se manifiestan, pero los ayuntamientos nunca se manifiestan, ustedes lo único que hacen o lo más que hacen con los ayuntamientos es tener una reunión con los alcaldes o sus representantes, comunicarle la fórmula de reparto y punto, y cada uno que pida obras con esa fórmula, jamás se ha intentado abrir un debate si esa es la buena o no es la buena, porque no le dan opción a nadie en ese tema. Y mire, a mi dígame lo que quiera, yo lo único que veo en cada plan, y por poner dos ejemplos, el ayuntamiento de Lalín se lleva el doble de cualquier otro ayuntamiento de más de 20.000 habitantes, excepto Vigo y Pontevedra, y esa es la traducción final, el doble, y no me digan, no me sigan diciendo los metros cuadrados, los metros cuadrados todos podemos tener muchos más, pero los habitantes están en unas zonas determinadas, por eso nosotros estamos hablando siempre de los núcleos de población. Y miren, el planteamiento que hicieron con esfuerzo fiscal, pongan los datos encima de la mesa, vean de cuándo son los datos con esfuerzo fiscal que utilizaron, véanlos de cuándo son, de qué fecha son y después hablamos. Y si quieren poner encima componentes nuevos, pues miren, cada año, cada dos años, cada cuatro años, se está encargando una encuesta de infraestructura básica, por cierto, hace tres Plenos creo que se duplicó la cantidad a aportar por la Diputación en el contrato, y vean de verdad cuáles son los déficits en infraestructura en unos ayuntamientos y en otros. Y como unos ayuntamientos tienen que hacer frente a esas infraestructuras básicas y como a otros se les da regalado sistemáticamente. Esa es la realidad. Y bueno, mientras ustedes, yo vuelvo a repetir lo mismo, mientras no estén dispuestos a sentarse y a hablar del tema y a poner todos los números encima de la mesa nosotros vamos a seguir en contra de estos planes. Sr. Presidente.- Moitas gracias. Sr. Conde. Sr. Conde Romero.- Si Sr. Presidente. Vamos a ver Sr. González y Sr. Mosquera. Les voy a poner a ustedes un ejemplo porque creo que el sentido común es el que debe de funcionar. Aquí se trata de desnivelar un poco la balanza en favor de los más pequeños, los que menos recursos tienen y esto lo hemos dicho veinte veces, lo vamos a seguir manteniendo, y les voy a poner a ustedes un ejemplo por poner el más claro y clarificador el de Redondela, donde usted gobierna. En el rural de Redondela hacer un saneamiento por ejemplo acostumbran y es norma que lo hagan empresas concesionarias como puede ser SERAGUA. ¿Cuál es la razón?. Porque SERAGUA no cogería el agua de otro concello mucho más pequeño como poniendo otro ejemplo pues Fornelos de Montes. Es decir, tiene que el concello tratar de subsanar eso mientras de la otra manera hay empresas que se dedican porque el convenio se lo hace cumplir y así lo tiene que hacer. Es decir, existen los desequilibrios, eso lo sabemos todos y ustedes también, no lo pueden negar. Segundo, claro que se trata de primar lógicamente la población, es la que necesita los servicios. Pero Sr. Mosquera estará usted de acuerdo conmigo en que no es lo mismo hacer una obra donde existe un núcleo de población y que la obra consta de cincuenta metros lineales a tener que hacerla en un núcleo donde está mucho más alejado y por lo que se ve en nuestro mapa geográfico de la provincia existen en nuestra provincia los núcleos muy diseminados y muy separados y ello no quiere decir que no tengan los mismos derechos que puede tener el vecino que viven en el núcleo urbano. Entonces eso es lo que se trata de buscar desde este equipo de gobierno año tras año. Y el ejemplo clarificador que usted decía que no se le hacen consultas, mire las mejores consultas en política siempre son cuando se celebran elecciones, siempre son las mejores consultas, ahí es donde el ciudadano puede decir si se hace bien o se hace mal. Hasta la fecha Sr. Mosquera nos vienen demostrando una y otra vez, tras una confrantación electoral, tras otra, de que se deben de estar haciendo bastante bien, que se podía mejorar, no pongo la menor duda, pero que se deben estar haciendo bastante bien porque ahí están los resultados. Se hizo una enquisa, es cierto, se hizo una enquisa interna, se hizo aquí y además la pedí yo, usted sabe que la hice yo aquí cuando entramos en esta legislatura, preocupándome de ver las diferencias, le puedo decir Sr. Mosquera, las diferencias por los datos oficiales que nos facilitan a esta casa, son mínimas, son mínimas, no adelantan, es una cosa irrisoria, pero en definitiva y para terminar mi intervención, esta casa tiene la obligación, tiene la obligación, repito una vez más, de corregir los desequilibrios que se puedan producir entre el municipio mayor, el municipio menor, el que más recursos tiene y el que menos recursos tiene, y en esa política entiendo que vamos por el buen camino. Gracias Presidente. Sr. Presidente.- Gracias Sr. Conde. Procedemos polo tanto á votación do Plan Provincial de Cooperación para o ano 2003 que importa un montante global de 7.538.032,78 Euros. ¿Votos en contra?. ¿Abstencións?. ¿A favor?. De conformidade co dictame da Comisión Informativa de Cooperación, o Pleno acorda por maioría de votos a favor do Grupo Popular e cos votos en contra do PSOE e do BNG, aproba-lo Plan Provincial de Cooperación 2003, seguindo o RD 1328/1997, de 1 de agosto, polo que se regula a cooperación económica do Estado ás inversións das Entidades Locais, conforme ás seguintes estipulacións: 1) O Plan Provincial de Cooperación para 2003 afectará a tódolos Concellos da Provincia. 2) As obras incluídas no Plan seleccionáronse en base ás propostas formuladas polos Concellos, adicadas fundamentalmente a cubri-los servicios básicos municipais, conforme prevé o artigo 26 a) da Lei 7/1985 e as normas do Ministerio de Administracións Públicas. 3) A distribución municipal cífrase en base a un módulo fixo e igual para tódolos Concellos de VINTECATRO MIL CINCUENTA EUROS (24.050,00 ¤), e outro proporcional por aplicación do índice medio deducido do número de habitantes de dereito e extensión territorial de cada termo municipal. Como elemento corrector ós municipios de poboación igual ou superior a 20.000 habitantes dedúceselles a poboación da capitalidade. A cantidade así obtida, co fin de que a aportación do Estado non supere o 40%, repártese de tal sorte que sumadas as aportacións da Deputación e do Estado fosen igual ó 70%. A parte destinada á rede viaria provincial polo Estado increméntase cunha cantidade igual por parte da Deputación, a fin de que as obras se financien ó 50%, tal como establece o Real Decreto. 4) Desta maneira o financiamento total queda como segue Aportación do Estado 3.131.572,66¤ Aportación da Deputación 2.562.195,65¤ Aportación dos Concellos 1.708.131,63¤ Outras aportacións 136.132,84¤ TOTAL 7.538.032,78¤ A cantidade que figura noutras aportacións por importe total de 136.132,84 Euros é debido a que é aportada a máis polos Concellos seguintes: Sanxenxo, A Cañiza, Redondela e Valga. As obras incluídas no Plan contémplanse no listado de ordenador adxunto. 5) Apróbase así mesmo o Plan de Actuacións Complementarias, facultándose á Presidencia a selecciona-los proxectos e propoñelos ó MAP para suplir anulacións de obras ou aplicacións de remanentes por baixas. 6) A Deputación delega nos Concellos a contratación, seguimento e xustificación das obras incluídas no Plan. Se por calquera causa algún concello non aceptara esta delegación, deberá ingresar na Tesourería Provincial a parte do financiamento que lle corresponda no momento de serlle notificada a aprobación definitiva. 7) Seguiranse os trámites que prescribe a lexislación vixente en canto ás normas de exposición pública e participación ás Administracións interesadas. 8) Este Plan considerarase definitivamente aprobado se trala análise polo MAP non se fixeran observacións ó mesmo. Se se nos requerise para efectuar algunha modificación nas obras, por causas imputables ós concellos que necesitasen acordo de rectificación do Pleno e conseguintemente nova exposición pública e informe da Subdelegación do Goberno e do Presidente da Comisión Provincial do Estado coas Corporacións Locais, estimarase anulada a obra, aplicando as economías como remanentes nas actuacións complementarias, neste caso, nun concello distinto ó que producise o remanente. ------ Folla: 3.4826.- APROBACIÓN DO PROGRAMA OPERATIVO LOCAL. OBXECTIVO I DO ANO 2003 Sr. Presidente.- Punto número 3 da orde do día. Aprobación do Programa Operativo Local. Obxectivo I do ano 2003. ¿Algunha intervención?. Non hai intervencións. Dicir que o Programa Operativo Local suma un montante tamén global de 9.952.944,63 Euros. ¿Votos en contra? ¿Abstencións?. ¿A favor?. De conformidade co dictame da Comisión Informativa de Cooperación o Pleno acorda por maioría de votos a favor do Grupo Popular e cos votos en contra do PSOE e do BNG, aproba-lo Programa Operativo Local, Obxectivo I, de 2003, seguindo o RD 1328/1997 de 1 de agosto polo que se regula a cooperación económica do Estado ás inversións das Entidades Locais, conforme ás seguintes estipulacións: 1.- O Programa Operativo Local para 2003 afectará a tódolos concellos da provincia, agás os que superen os 50.000 habitantes. 2.- As obras incluídas no Programa seleccionáronse en base ás propostas formuladas polos concellos, conforme ás normas do Ministerio de Administracións Públicas. 3.- A parte adicada ós concellos atinxe ó 70% do Programa distribuíndose en base a un módulo fixo e igual para cada un dos concellos, e outro que se aplica: o 60% ó número de habitantes de dereito, e o 40% á extensión territorial de cada termo municipal. Ós concellos que non acaden os 60.000 Euros mínimos para un único proxecto a Deputación aportaralle a diferencia para poder integrarse no Programa. O resto dedícase a rede viaria provincial. 4.- O financiamento total queda como segue: ADMINISTRACIÓN IMPORTE Administración Central (FEDER) 936.285,88¤ Administración Local (FEDER) 5.841.441,93¤ Administración Central 388.966,34¤ Deputación 1.809.195,30¤ Concello 620.438,06¤ Gasto non elixible 356.617,12¤ TOTAL 9.952.944,63¤ O gasto non elixible de 356.617,12 Euros corresponde ás aportacións que se fan a máis polos Concellos de A Illa de Arousa, Redondela, Salvaterra, Sanxenxo, Tomiño e Valga que ascenden a 341.064,30 Euros, respectivamente, para as obras números 287, 290, 314, 318, 324 e 327, e pola Deputación que aporta 15.552,82 Euros dos que se adican 13.056,98 Euros para acada-lo mínimo esixible polo programa na obra número 309 do Concello de Mondariz-Balneario, e 2.495,84 Euros para a obra número 314 do Concello de Pontecesures. Adxúntanse listados mecanizados de ordenador co financiamento por medidas e proxectos. 5.- Apróbase así mesmo o Plan de Actuacións Complementarias, desglosado por medidas, facultándose á Presidencia a selecciona-los proxectos e propolos ó MAP por anulacións de obras ou aplicación de remanentes por baixas. 6.- A Deputación delega nos Concellos a contratación, seguimento e xustificación das obras incluídas no Programa. Se por calquera causa algún concello non aceptara esta delegación deberá ingresar na Tesourería Provincial a parte do financiamento que lle corresponde no momento que lle sexa notificada a aprobación do Programa. 7.- Este Programa considerarase definitivamente aprobado se tra-la análise polo MAP non se fixeran observacións ó mesmo. Se se nos requerise para efectuar algunha modificación nas obras, por causas imputables ós concellos, que necesitasen acordo de rectificación do Pleno e conseguintemente nova exposición pública e informes da Subdelegación do Goberno e do Presidente da Comisión Provincial de Colaboración do Estado coas Corporacións Locais, estimarase anulada a obra, aplicando as economías como remanentes nas actuacións complementarias, neste caso, nun concello distinto ó que producise o remanente. Seguiranse os trámites que prescribe a lexislación vixente. ------ Folla: 4.4827.- APROBACIÓN INICIAL DO PROXECTO DE "EP 9303 MEAÑO-DENA (MEAÑO)". EXPOSICIÓN PÚBLICA. DECLARACIÓN DE UTILIDADE PÚBLICA DA OBRA E NECESIDADE DE OCUPACIÓN. SOLICITUDE Á XUNTA DE GALICIA DE DECLARACIÓN DE URXENTE OCUPACIÓN. MOTIVACIÓN DA URXENCIA Sr. Presidente.- Punto número 4 da orde do día. Aprobación inicial do Proxecto de "EP 9303 Meaño-Dena (no municipio de Meaño)". Exposición pública. Declaración de utilidade pública da obra e necesidade de ocupación. E ó mesmo tempo solicitude á Xunta de Galicia de declaración de urxente ocupación e motivación da urxencia. Añadir precisamente que desta estrada, a estrada provincial Dena-Meaño, que precisamente é unha vía de comunicación que une a capitalidade do municipio co lugar onde hai máis poboación que é a parroquia de Dena, e que serve de enlace ó mesmo tempo coa vía rápida do Salnés e coa conexión á autopista. E bueno, todo iso motivado precisamente a que nos últimos anos intensificouse notablemente á edificación ó longo desta vía, creando precisamente un movemento de peóns importante e é polo que se plantexa esta necesidade desta mellora desta estrada de moitos tramos urbanos e que polo tanto se pretende unha importante obra de execución para darlle seguridade tanto ós peóns coma á propia circulación de vehículos neste tramo. Sr. Mosquera. Sr. Mosquera Lorenzo.- Gracias Sr. Presidente. Bueno, tanto neste punto como no seguinte evidentemente haberá necesidade eso nolo supoñemos, pero ás veces é sorprendente como segundo os avatares políticos, as aspiracións do partido gobernante en relación ós alcaldes de cada sitio, etc., pois de repente se é moi sensible dende esta casa ós problemas que hai nas vías provinciais do seu concello e outras veces esa sensibilidade baixa un pouco ou baixa bastante. Pero en relación a este punto 4, teño que dicir a maiores que non sei se cando eu vin os expedientes ou sempre, resulta que nos traen, polo menos o que estaba agora, se non o incorporaron, o que estaba agora, inmediatamente antes de entrar no Pleno, resulta que vamos aprobar un proxecto no que non hai planos. O cal é así como un tanto sorprendente, non sei se o incorporaron agora, no expediente non estaban. Sr. Presidente.- Non sei, o proxecto está aí. Sr. Mosquera Lorenzo.- Si, si, aí non está o proxecto, aí están as fotocopias do home do casco, que é como se chama en argot ás fotocopias do estudio de seguridade e saúde e eu polo menos non os vin, non sei se están ou non co cal é un pouquiño difícil aprobar un proxecto sen esa documentación. Sr. Presidente.- Si, bueno, unha aclaración, entendo a segunda parte do comentario que vostede fai, e eso parece que non se aportan os planos. De todas maneiras todos coñecemos, vamos sobre todo eu mesmo e a grande maioría, e á parte que está no catálogo provincial de estradas provinciais esta estrada, como digo xustifícase a súa necesidade desa mellora, e creo que eso é practicamente indudable, unicamente que vostede dubide porque facía algunhas cábalas a nivel político creo que a necesidade xustifica este tipo de obra e polo tanto intentaremos como non pode ser doutra maneira porque é un erro técnico da casa o non aporta-los planos no proxecto que aquí figura, e polo tanto incorporaremos os planos de inmediato ó propio expediente. Sr. González Iglesias. Sr. González Iglesias.- Si, Sr. Presidente, una pregunta, en este punto que es carretera Meaño-Dena aparecen las aceras según la literatura del proyecto, aparecen aceras incorporadas al proyecto y financiadas por la Diputación. En el punto siguiente Sanxenxo-Meaño no aparecen aceras y la referencia que se hace es que las va a hacer el ayuntamiento. Entonces bueno, nosotros quisiéramos saber cuál es el criterio que sigue el grupo de gobierno para estos temas. Y el criterio de utilización de peatones es el mismo en una carretera que en otra según, vuelvo a repetir, la literatura del proyecto. Entonces aclárennos porque en un caso la Diputación es quien se hace cargo de las aceras y porque en otro caso quien se hace cargo es el ayuntamiento. Sr. Presidente.- Perfecto. Eu lle explico en principio o que mantén a Deputación se mantén, non existe ningún tipo de variación, neste caso concreto o que eu dicía é que existe un número de edificacións importantes, nunha mellora que xa se fixo hai máis de dous anos e se tirou e se derribou unha casa, polo tanto se existe algún tramo de beriarrúas será porque hai que derribar unha casa e nese punto concretamente pois haberá que construir algo porque estamos derribando unha edificación, pero senón toda aquela dotación de servicios tal e como se contempla, en principio está establecido, vamos eso é o que eu podo coñecer de que se plantean sempre dotacións de servicios nunha estrada provincial, en convenios ó 50% entre ámbalas dúas administracións. Neste caso como lle dicía, xa houbo fai, quero recordar, dous anos derribouse unha casa concretamente e probablemente neste caso exista tamén a posibilidade de derribar algunha máis, e que nese punto concretamente para darlle seguridade, xa que derribamos unha casa e conectamos ó mellor dúas anteriores haberá que facer algún tramo de beirarrúa, pero neste sentido os convenios se manteñen igual que se vén facendo ata o de agora. Polo tanto aí non hai variación ningunha. Sr. Mosquera. Sr. Mosquera Lorenzo.- Ben, ¿van vostedes aprobar un punto no que falta unha documentación tan substancial?. Sr. Presidente.- Home, se vostede quere prexudicar e quere retrasar, evidentemente unha obra importante para un municipio como é o de Meaño, que é unha obra necesaria, que vostede, eu se quere collemos o catálogo aí, e lle enseño cal é o tramo, porque ademais é un tramo perfectamente definido que coñecemos todos, e que dalgunha forma van, o título da obra e a estrada provincial corresponde, só falta unha incorporación dun documento, evidentemente o cal ten vostede toda a razón, pero é un documento que falta por parte dos técnicos por aportar, que é un documento técnico, que nos vai dicir cal é o tramo que se vai afectar, pero o que eu coñezo é que se vai afectar a totalidade do tramo da estrada provincial Meaño-Dena dende o seu inicio ó seu fin. Sr. Mosquera Lorenzo.- Perdón Sr. Presidente. Non sei se é consciente que mañá aparecerá na acta que se aprobou o proxecto, ou sexa que eses planos van a aparecer aprobados cando non existen no expediente. Eu hai unha anécdota gloriosa, que non sei se é certo ou non pero así se conta, no Concello de Pontevedra alá nos anos setenta, de que se quería vender, evidentemente non se fixo nunca, un glorioso proxecto e o proxecto que se aprobou era unha caixa desas moi grandes, verde por fóra, empapelada e tal, con cartón empapelado e dentro o que había era unha portada e moitisimos recortes de periódicos. Bueno, eran outros tempos, de verdade, eu non sei incluso se a Secretaría Xeral vai a certificar que o aprobaron. En todo caso é problema seu quero dicir que nós non vamos a entrar. Me parece un pouco extraño cando menos non, e en todo caso supoño que estará feito porque se non está feito o expediente, e se está feito mándenno buscar e incorpórenno ó expediente e deixen o punto para o final, pero aprobalo sen estar o expediente. Sr. Presidente.- Eu o que si lle podo dicir é que está feito e ademais neste caso o levantamento e os traballos técnicos para a realización do proxecto foron realizados incluso por unha empresa privada. Sr. Mosquera Lorenzo.- Mándeo buscar e incorpóreo agora. Sr. Presidente.- É evidente que o vamos a mandar buscar, pero bueno, eu creo que non vamos a facer desto que sabemos que falta un documento e que todos coñecemos a propia estrada, que é de necesidade e polo tanto o que entendemos nós precisamente é que non debemos prexudicar ós veciños de Meaño e polo tanto o que se pide e neste caso ós servicios da casa, tanto ó Secretario como evidentemente ós responsables técnicos que aporten este documento de inmediato para poder envialo ó organismo competente para que nos dea a urxente ocupación dos terreos. Sr. González Iglesias. Sr. González Iglesias.- Si. Vamos a ver. En el Pleno pasado también hubo un caso parecido. Se comprometió el Presidente a que iba un convenio y que había una aportación del ayuntamiento, en Lalín era, concretamente. En este Pleno usted nos vuelve a decir otra vez que no hay cambio de criterio, nos justifica que bueno, que como se tiró una casa hay que hacer unas aceras, que no sabemos la longitud ni las dimensiones y por lo que yo veo ahí es bastante más que lo de una casa, digo por lo que yo veo ahí, pero claro es que hay que adivinar porque sólo tenemos la literatura, entonces hay que adivinar. Entonces mire, yo lo que creo es que usted nos dice, o ustedes nos dicen en cada Pleno que cumplen los criterios pero los criterios son tan amplios y sirven para todo, y sirven para en un caso hacer aceras, en otro no hacerlas, en un caso hacerlas y que las pague el ayuntamiento, en otros que lo pague la Diputación, etc., etc., y nosotros desde luego no vamos a seguir dando cheques en blanco como dimos en el Pleno anterior. Así de claro. Por lo tanto no vamos a votar a favor de este tema. Lo que si es cierto es que a mi me gustaría que el Presidente dejase intervenir al Secretario y que el Secretario nos aclarase si realmente podemos aprobar este punto así con el expediente incompleto. Sr. Presidente.- Sin ningún problema. De todas maneiras lle comento Sr. González que é unha estrada importante e que polo tanto non debemos prexudicar. Sr. González Iglesias.- Si, pero los errores son de ustedes. O sea por sus errores no nos hagan culpables a los demás. La culpabilidad es de quién comete el error. Sr. Presidente.- No, Sr. González, no. Usted sabe perfectamente que quen ten que velar polos documentos que están na carpeta do Pleno é neste caso o Sr. Secretario, se realmente algún falta non é como vostede sabe ... Sr. González Iglesias.- ¿Me está diciendo el Sr. Presidente que alguien hizo desaparecer los planos?. Sr. Presidente.- No, non, aquí están, aquí están, parece ser que os aportan agora. Ou sexa que polo tanto eu creo que non vamos a facer unha. Sr. González Iglesias.- Pero es que nosotros no los teníamos. Sr. Presidente.- Non vamos a facer unha historia de todo esto porque eu creo que é algo que dalgunha forma se vai aportar, aquí está precisamente a aportación dos planos respectivos. Sinto ademais que eso sucedese, espero que non volva a ocurrir e polo tanto o máis importante é o que están desexando os veciños, que se lle faga a estrada de Meaño que dalgunha forma. Sr. Secretario. Sr. Secretario.- Ya han traído los planos, está subsanado, efectivamente no estaban en su momento, me han dicho que por lo voluminoso que era, yo creo que se puede entender perfectamente, por la memoria y porque está establecido el. Sr. González Iglesias.- Una curiosidad, yo hasta puedo creérmelo, lo que pasa es que lógicamente. Sr. Presidente.- Que é voluminoso vese aquí. Sr. González Iglesias.- Mire, perdone. Yo lo lógicamente no puedo cambiar el voto porque yo no he podido verlo, está claro, en el expediente no estaba. De todas formas felicito al Sr. Secretario porque hasta es capaz de ver que están los planos en algo que está cerrado. Le felicito. Sr. Presidente.- Proceda usted a abrirlos Sr. Secretario. Sr. González Iglesias.- No, no, yo me lo creo, le felicito. Sr. Presidente.- Ábrelo. Bueno, aquí si hay planos, por lo tanto non hai dúbida sobre ese tema. Eu creo que algo de humor tamén é importante e polo tanto os veciños de Meaño esperan que aprobemos precisamente esto para poñer en marcha unha obra tan importante. ¿Votos en contra?. ¿Abstencións?. ¿A favor?. Visto o proxecto de "EP 9303 Meaño-Dena (Meaño)", con presuposto para coñecemento da Administración de 1.217.669,60 Euros, desglosado en presuposto de contrata, por importe de 1.109.688,32 Euros, e capítulo de expropiacións por importe de 107.981,28 Euros, sendo o obxecto o ensanche da explanación con desmontes, terrapléns, derribo e construcción de valos e peches en nova alineación, incluso novos valos de contención ou sostemento necesarios para obte-la plataforma desexada, formación de paseos e foxos e perfilado de taludes en todo tipo de terreo, nunha lonxitude de 6.701 m.; vistos os Documentos RC, emitidos por Intervención, nos que se certifica a existencia de saldo de crédito dispoñible na partida 03/511.511-612.02 para facer fronte á execución da obra e das expropiacións que conleva; e, visto o informe emitido polo Enxeñeiro Técnico Xefe da Zona Norte, sinalando que dita estrada é a vía de comunicación que une a capitalidade do municipio de Meaño co lugar de maior poboación e desenvolvemento que é Dena, e servindo como enlace do mesmo e a súa zona de influencia coa vía rápida do Salnés e a súa conexión coa A-9, motivando todo iso que, nos últimos anos, se intensificase notablemente a edificación ó longo da vía creando un movimento peatonal intenso, así como de tractores e outros vehículos de traballo, o que incidiu na perigosidade da circulación ó ser unha vía que na maior parte acada dificilmente os 6m. de ancho, sen ningún arcén de protección, redactándose o presente proxecto co obxecto de dota-la vía de 12 m. de sección, dos que 7 corresponden ás vías de circulación, e un paseo de 1,5 m. a cada lado, o Pleno acorda por maioría de votos a favor do Grupo Popular e co voto en contra do BNG e a abstención do PSOE: 1.- A aprobación inicial do proxecto de "EP 9303 Meaño-Dena (Meaño)", con presuposto para coñecemento da Administración de 1.217.669,60 Euros, desglosado en presuposto de contrata, por importe de 1.109.688,32 Euros, e capítulo de expropiacións por importe de 107.981,28 Euros. 2.- A exposición pública do citado proxecto e do expediente expropiatorio que conleva, por prazo de quince días hábiles, a efectos de posibles reclamacións, considerándose aprobado definitivamente tal proxecto, de forma automática, en caso de non producirse as mesmas. 3.- A declaración de utilidade pública da obra e necesidade de ocupación dos bens afectados polo mesmo, con base no informe do Enxeñeiro Técnico Xefe da Zona Norte. 4.- A solicitude á Xunta de Galicia de declaración de urxente ocupación dos bens e terreos afectados pola mesma. 5.- A motivación da urxencia solicitada, en base ó informe emitido polo Enxeñeiro Técnico Xefe da Zona Norte, advirtindo da perigosidade que se produce día a día en tanto non se corrixa a situación actual, xa que se trata dunha vía dunha grande intensidade de tráfico. ------ Folla: 5.4828.- APROBACIÓN INICIAL DO PROXECTO DE "EP 9205 SANXENXO-MEAÑO (MEAÑO)". EXPOSICIÓN PÚBLICA. DECLARACIÓN DE UTILIDADE PÚBLICA DA OBRA E NECESIDADE DE OCUPACIÓN. SOLICITUDE Á XUNTA DE GALICIA DE DECLARACIÓN DE URXENTE OCUPACIÓN. MOTIVACIÓN DA URXENCIA. Sr. Presidente.- Punto número 5 da orde do día. Aprobación inicial do proxecto de "EP 9205 Sanxenxo-Meaño (Meaño)". Exposición pública. Declaración de utilidade pública da obra e necesidade de ocupación. Solicitude á Xunta de Galicia de declaración de urxente ocupación e motivación da urxencia. Sr. Alcalde de Sanxenxo, está por aí, ¿vostede quere facer algunha observación a esta estrada importante para o seu municipio?. Sr. Martín González.- Gracias Sr. Presidente. Bueno, que é unha estrada necesaria, que é unha estrada que vén dende o límite de Sanxenxo á que se fixera de Meaño, e que despois non cabe dúbida que hai que acometer outra obra que virá proximamente aquí se os proxectos que presentín eu aquí por Rexistro que é a que de Sanxexo a Sanxenxo, que é polo cemiterio, que están as beirarrúas sen facer, pero que haberá que facer un convenio e pedirlle xa ós señores do Bloque e do PSOE que Sanxenxo está atravesando un momento difícil economicamente e non pode facer un convenio moi grande, pero algo vai a poñer para que as beirarrúas non sexan criticadas neste Pleno. Moitas gracias. Sr. Presidente.- Gracias Sr. Deputado e Sr. Alcalde. ¿Algunha intervención?. Sr. Mosquera. Sr. Mosquera Lorenzo.- Non parece moi procedente a cuestión de, vamos de que se mire dende un punto de vista local unha infraestructura provincial, porque se caemos nesto e caemos en que Sanxenxo está mal economicamente, tamén poderíamos dicir que, home, co que non lle paga a Pontevedra da auga e demais pois igual fai o convenio. Claro podemos empezar con esa argumentación, argumentación que sexa necesaria ou non. Sr. Presidente.- ¿Algunha aclaración importante Sr. Alcalde?. Sr. Martín González.- Se o Sr. Mosquera quere facemos un debate aquí, aproveitamos os medios de comunicación para falar da auga de Pontevedra e Sanxenxo e o seu Alcalde ten obrigación de cantos máis cartos consiga para o seu concello mellor e despois distribuilos ben alí. Ese é un tema. Outro tema é o da auga de Pontevedra que se o Sr. Mosquera quere e o Sr. Presidente autoriza non hai ningún problema en facer aquí un debate sobre a auga de Pontevedra. Sr. Presidente.- Moitas gracias. Non o que pasa é que o Sr. Mosquera como sabe que está en período electoral próximo igual necesita para inversións e polo tanto necesita celeridade nese caso. Pero bueno procedemos ó importante que é a aprobación do punto. Polo tanto ¿votos en contra?. ¿Abstencións?. ¿A favor?. O Partido Popular. Visto o proxecto de "EP 9205 Sanxenxo-Meaño (Meaño)", con presuposto para coñecemento da Administración de 59.836,15 Euros, desglosado en presuposto de contrata, por importe de 46.773,65 Euros, e capítulo de expropiacións por importe de 13.062,50 Euros, sendo o obxecto a construcción dun valo de mampostería para sostemento de 125 m.l. e altura variable entre 2 e 3 m., e o afirmado da zona afectada previa preparación da zona ensanchada; vistos os Documentos RC, emitidos por Intervención, nos que se certifica a existencia de saldo de crédito dispoñible na partida 03/511.511-612.02 para facer frente á execución da obra e das expropiacións que conleva; e, visto o informe emitido polo Enxeñeiro Técnico Xefe da Zona Norte, sinalando que dita estrada veuse ensanchando durante o bienio 2001-2002, afectando este ensanche, entre outros lugares ó de Lores no Alto de Meaño, co fin de dota-la estrada actual de dous carrís de 3,5 m. e uns arcéns que permitan, en tanto non se constrúan as beirarrúas por parte do concello, a protección dos peóns que acuden ó mesmo de forma continua ó ser un dos núcleos máis importantes do mesmo, e motivando a urxencia na necesidade de soluciona-lo problema no menor prazo e dar ó concello a posibilidade de executa-las beirarrúas e servicios durante o presente exercicio, o Pleno acorda por maioría de votos a favor do Grupo Popular e coas abstencións do PSOE e do BNG: 1.- A aprobación inicial do proxecto de "EP 9205 Sanxenxo-Meaño (Meaño)", con presuposto para coñecemento da Administración de 59.836,15 Euros, desglosado en presuposto de contrata, por importe de 46.773,65 Euros, e capítulo de expropiacións por importe de 13.062,50 Euros. 2.- A exposición pública do citado proxecto e do expediente expropiatorio que conleva, por prazo de quince días hábiles, a efectos de posibles reclamacións, considerándose aprobado definitivamente tal proxecto, de forma automática, en caso de non producirse as mesmas. 3.- A declaración de utilidade pública da obra e necesidade de ocupación dos bens afectados polo mesmo, con base no informe do Enxeñeiro Técnico Xefe da Zona Norte. 4.- A solicitude á Xunta de Galicia de declaración de urxente ocupación dos bens e terreos afectados pola mesma. 5.- A motivación da urxencia solicitada, en base ó informe emitido polo Enxeñeiro Técnico Xefe da Zona Norte, advirtindo da necesidade de acomete-la obra no menor prazo e da-la posibilidade ó concello de executa-las beirarrúas e servicios no presente exercicio. ------ Folla: 6.4829.- ADHESIÓN DA DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA Á FUNDACIÓN ARAO Sr. Presidente.- Punto número 6 da orde do día. Adhesión da Deputación Provincial de Pontevedra á Fundación Arao. Sr. Pedrosa. Sr. Pedrosa Fernández.- Si, gracias Sr. Presidente, bos días. Ben, a Comisión de Goberno desta Excma. Deputación Provincial na súa sesión do día 9 de xaneiro do 2003 adoptou entre outros o seguinte acordo: Adhesión á Fundación Arao. Vistos os Estatutos da Fundación Arao aprobada polo Consello da Xunta de Galicia o día 19 de decembro de 2002, acordouse por unanimidade: 1º.- Aprobar por razóns de urxencia a participación da Deputación Provincial de Pontevedra na Fundación Arao, prestando así ademais conformidade ós seus Estatutos. 2º.- Designar representantes da Deputación no Padroado da Fundación ó Ilmo. Sr. Presidente, D. Manuel Abeledo López, e ó Vicepresidente, D. Juan Luis Pedrosa Fernández. 3º.- Autorizar ó Ilmo. Sr. Presidente para a sinatura de cantos documentos sexan precisos para a efectividade do presente acordo, como representante da Deputación de Pontevedra. 4º.- Habilitar crédito por importe de CENTO VINTE MIL EUROS (120.000,00) no primeiro expediente de modificación de créditos que se tramite para efectua-la aportación económica á citada Fundación. Esto tráese para a ratificación polo Pleno posto que foi tomado ese acordo pola Comisión de Goberno. A Fundación está composta por un Padroado que ten a seguinte composición: Presidente, o Presidente da Xunta de Galicia; Vocais, o Conselleiro da Presidencia, o Conselleiro de Economía e Facenda, o Conselleiro de Política Territorial, o Conselleiro de Cultura, o Conselleiro de Pesca e o Conselleiro de Medio Ambiente, a Conselleira de Asuntos Sociais; dous representantes por cada unha das Deputacións Provinciais de Galicia; o Presidente da FEGAMP, o Director Xeral de Caixa Galicia, o Director Xeral de Caixanova e o Director Xeral do Banco Pastor. Actuará como Secretario o Director Xeral de Relacións Institucionais e queda aberto tamén para que á Fundación poidan incorporarse novos patróns. Os fins desta Fundación Arao son os seguintes: A Fundación ten por obxecto promover, incentivar e executar cantas accións se orienten á recuperación ambiental de Galicia así como á recuperación dos danos causados polo afundimento do Prestige canalizando as axudas públicas ou privadas que a este fin se destinen. Neste contexto e a título orientativo serán os fins os seguintes: a) A restauración dos ecosistemas litorais en especial das rías de Galicia, dos efectos dos hidrocarburos liberados do afundimento do Prestige; b) A devolución de Galicia a un estado de conservación favorable deteriorado polo afundimento do Prestige.; c) A devolución dos valores naturais e turísticos dos ecosistemas naturais o seu estado anterior do verquido e afundimento do Prestige; e d) A promoción dos valores naturais e turísticos dos ecosistemas litorais galegos tendente ó restablecemento da súa imaxe pública. Entón tráese a este Pleno a ratificación do acordo adoptado pola Comisión de Goberno do día 9 de xaneiro. Sr. Presidente.- Moitas gracias Sr. Pedrosa. Sr. Mosquera. Sr. Mosquera Lorenzo.- Moitas gracias Sr. Presidente. Eu creo que este punto chega aquí, e creo que foron imprudentes se o aprobaron na Comisión de Goberno, porque chega xa nun momento en que creo que está absolutamente superado. É dicir na crise do Prestige, o partido, vamos as administracións que goberna o Partido Popular, chámense Xunta ou Goberno Central, é dicir, na crise do Prestige, o partido, vamos as administracións que goberna o Partido Popular chámense Xunta ou Goberno Central, o dos concellos xa foi máis irregular a aptitude, pois en principio non pasaba nada, despois cando empezou a haber unhas movilizacións cidadáns, baseadas fundamentalmente na dignidade colectiva que se sentía agredida, pois a súa reacción foi, bueno, que algo pasaba pero moi pouquiño, e en todo caso cunhas esmolas, unha Fundación para tramitar axudas que en principio non tería por que estar mal pois ían a contestar a esa movilización e ían seguir coa súa teoría de que pouco pasaba e en todo caso se pasaba en Galicia pois non era nada grave, non. Ben, tiveron que rectificar, rectificar cando menos publicitariamente dicindo que si pasaba e pasaba moito e polo tanto nos prometeron un fastuoso Plan Galicia, sen prazos, nin compromisos económicos, pero que o único que demostra no fondo, cando menos agardemos que as concrecións se efectivicen con prazos e demais, que eso é o que non hai e polo tanto pois está moi no aire e demostra que a realidade lle forzou a facer un cambio de aptitude. Evidentemente unha Fundación deste tipo tería sentido pois para outro tipo ou para outras situacións que non sexan estas. A solución a unha situación deste tipo é declarar zona catastrófica. E se ten declarado zonas catastróficas no Estado por moitisimo menos efecto que esto, moitisimo menos. E se é un problema deste calibre coma o que estamos padecendo o normal é actuar que para eso están as administracións públicas e deixarse de crear fundancións ou cousas deste tipo. Non é o que está pensado. Repito, vostedes digamos que sacaron esta Fundación para contrapoñela nunha trama absolutamente irreal por outro lado, á Plataforma Nunca Máis, no que ustedes si axudan de verdade, si se dedican a axudar ós dannificados mentres que outros se dedican a protestar, e mesmo os feitos lle foron por diante das súas previsións e das súas maniobras e mesmo tiveron que cambiar de tocata precisamente por esas movilizacións que existiron. Creo que incidir no mesmo seguir con esta historia da Fundación é absolutamente incorrecto pola súa parte, eu creo que seguramente a estas alturas non o plantexarían xa, non o plantexarían, foi unha maneobra táctica de pouco percorrido, para contestar naquel momento a unha campaña ou para inxerila nunha campaña que estaban facendo vostedes en contra das movilizacións ou en contra de quen as promovía, pero que non vai ó fondo do problema, máis ben trata de enmascaralo e aquí só hai unha solución, solicitar que se declare a Galicia zona catastrófica e que se dediquen os recursos que hai que dedicarlle que para eso todos pagamos impostos e para eso as administracións públicas están. Noutras zonas do Estado se teñen declarado zonas catastróficas por moitisimo menos e se teñen inxectado moitisimos recursos para subsana-los efectos das catástrofes dende o erario público e a través das administracións que para eso están. Polo tanto vamos a votar en contra porque nos parece unha medida máis de tomadura de pelo dentro de toda a tramitación e xestión que fixeron vostedes da catástrofe do Prestige. Sr. Presidente.- Sr. González Iglesias. Sr. González Iglesias.- Bueno, vamos a ver, el día, creo que era el 16 de diciembre, aquí fué el día que se reunieron las Comisiones Informativas de la Diputación. Un Diputado del Partido Socialista, creo que fué el Sr. Muradas planteó si el Diputado de Medio Ambiente tenía algo que decir sobre el tema del Prestige, y resulta que no había absolutamente nada para tratar de ese tema. En la Comisión de Pesca que se celebró el mismo día tampoco. Bueno era el momento en que ustedes decían que no pasaba nada, por lo tanto hasta eran coherentes con lo que decían. Después asistimos a historias tan curiosas como que desde algún medio público que ustedes controlan férreamente, tan férreamente que negaban la evidencia, desde los informativos de ese medio público cuando la gente estaba viviendo otras cosas, bueno pues en algún medio público se hizo algún programa donde se recaudaban, a ver si no lo recuerdo mal, juguetes para los niños de Galicia, no se que, historias de este tipo, y eso permitido por ustedes porque vuelvo a repetir, para otras cosas controlan ese medio férreamente, absolutamente. Bueno, todos sabemos lo que pasó a continuación y también sabemos que ustedes sistemáticamente, tanto en el Parlamento de Galicia como en el Parlamento Español se niegan a que haya comisiones de investigación, o allí donde las hay, bueno, pues prácticamente casi era mejor que no existiesen. Y eso viene en la línea, en la línea de que cuando se montan fundaciones e historias deste tipo, es para más opacidad y para menor control. Entre otras cosas porque si ven ustedes quiénes forman parte, quién es el equipo directivo de esta Fundación, pues son seis o siete Conselleiros, más el Presidente de la Xunta, más el Presidente de la FEGAMP, más los representantes de las Diputaciones, más un representante de cada una de las tres entidades financieras. Yo con sinceridad creo que hasta ahora para lo único que sirve esa historia es para seguir en sus trece, es decir, ustedes niegan que haya realmente una administración. No sé si no les interesa o no quieren. Han minosvalorado el papel de la administración como tal y esa es la única explicación de que para qué se montan fundaciones después, es decir, eso, no creen en su propia administración por un lado y por otro lado tampoco quieren dar cuentas claras nunca jamás de estos temas. Esto es realmente, realmente lo que hay detrás de las historias que ustedes promueven. Yo creo que el tema es otro, yo creo que la administración pública tanto la autonómica como la del Estado y si quieren implicar a Diputaciones y Ayuntamientos, todos, tenemos que poner todos los recursos para estos temas y todos los recursos absolutamente transparentes, que todos sepamos a dónde van las cosas y que nadie se tenga porque esconder de nada, cosa que ustedes, vuelvo a repetir, no hacen, ustedes sabrán por qué. De todas formas, hombre, como continuen con este tema yo creo que tienen que venir dentro de unos días, ya pudieron aprovecharlo ahora, porque claro ya la mitad prácticamente, bueno la mitad no, pero una tercera parte, la mitad de una tercera parte ya no son los que están en el Patronato, han cambiado algunos conselleiros y ya tienen que ser otros. Y como sigan así dentro de un mes pues van a tener que cambiar a todo el mundo. O sea, yo creo que esto les llega tarde, en el momento oportuno no tenían ustedes nada que decir, vuelvo a repetir, me remito a las actas, no tenían absolutamente nada que decir, ni en la Comisión de Pesca ni en la Comisión de Medio Ambiente de esta Diputación. Por lo tanto es un sin sentido, uno más de los que ustedes nos acostumbraron en todo este proceso, y nosotros no estamos de acuerdo con estas fórmulas. Vuelvo a repetir, la fómula es administración y está para algo, y dinero de la administración y está para algo, esto algunos entendemos que no es el tercer mundo, ustedes parece que si entienden que es el tercer mundo, es la gran diferencia. Sr. Presidente.- Sr. Pedrosa. Sr. Pedrosa Fernández.- Si, gracias Sr. Presidente. Vamos a ver Sr. Mosquera, eu penso que a árbore non lle deixa ver a vostede o bosque. Evidentemente esta fundación e lle leo a denominación e natureza, créase ó abeiro do dereito recoñecido no artigo 34.1 da Constitución Española, coa denominación de Fundación Arao. Constituese en organización de natureza fundacional, de interese galego, constituída sen ánimo de lucro, e o patrimonio da cal estará afectado de xeito duradeiro á realización dos fins de interese xeral propios desta institución. Evidentemente créase esta Fundación para canalizar este tipo de axudas, axudas que lle podo dicir que o Presidente desta Deputación tivo moitisimas chamadas doutros Presidentes doutras Deputacións, de moitas empresas que querían aportar diñeiro e que non sabían onde facelo nin a través de quen facelo. Evidentemente se lles dixo que se esperase e que se creaba esta Fundación precisamente para poder canalizar todo ese diñeiro. Evidentemente esta Fundación non utiliza o diñeiro como a Plataforma Nunca Máis, é dicir, esta Fundación non vai a utiliza-lo diñeiro para publicidade, propaganda e múltiples protestas que é o que está facendo a Plataforma Nunca máis. Certamente son dous organismos moi distintos un do outro. Fala vostede de que o ideal houbese sido a declarar zona catastrófica Galicia. Ben, eses son distintos puntos de vista ou distintas formas de ve-las cousas. Eu dígolle que a mellor declaración de zona catastrófica para Galicia e o Plan Galicia que aprobou o Goberno do Estado da Nación hai poucos días, con moitisimo máis diñeiro, evidentemente, do que vostedes pensaban e o Partido Socialista que presentou outro plan alternativo con moitisimo menos diñeiro. Falaba o Portavoz do Partido Socialista dun medio público, non sei a que medio público se refería, non sei a que se refire co dos xoguetes, pero evidentemente repítolle o mesmo, hai unha Fundación que se crea, na que hai patróns que aportan moitisimo diñeiro xa de entrada, e que hai moitisimos organismos e moitisimas empresas que a día de hoxe seguen facendo aportacións a esa Fundación. E non lle vou a repetir aquí unha vez máis os fins que xa lin ó principio da miña intervención cales eran exactamente os fins desta Fundación. Sr. Presidente.- Moitas gracias Sr. Pedrosa. Sr. Mosquera. Sr. Mosquera Lorenzo.- Si, moitas gracias Sr. Presidente. Eu creo que non vale a pena digamos reiterar todo o que sucedeu nesto e incluso que aptitude tivo esta Deputación, porque ó fin e ó cabo o que quedou palmariamente demostrado por exemplo no que facía referencia o Portavoz do PSOE nas Comisións, cando se preguntou que aptitude había, pois alí a aptitude era a orde que había de transmitir de que non pasaba nada. Entón me parece que houbo un papel absolutamente subsidiario e tan subsidiario que agora entra nesta Fundación porque llo din dende arriba e tamén como tal pois en principio non quixo actuar. Ou sexa actuou exactamente segundo os plantexamentos do Partido Popular. Pero é que creo que hai dúas aclaracións que facer e chamarlle ás cousas polo seu nome. Primeiro, se se declara zona catastrófica quen canaliza a actuación primeiro da administración con fondos en todo caso canaliza a administración eses fondos a maiores que nunca serán nin unha parte, ou non deberían ser nin unha parte relevante do que hai que investir. E, repito, hai cantidade de sitios e exemplos no Estado en que danos, catástrofes moito menores provocaron a declaración de zona catastrófica e polo tanto os medios necesarios para actuar nesas zonas. Parece que Galicia é, o Partido Popular de Galicia pois segue sendo un país, unha Comunidade Autónoma absolutamente dependente, que non pinta nada e en todo caso pois parece que se lle choran tódolos medios. E, repito, tiveron que cambiar de discurso, e Sr. Pedrosa, téñolle que recordar, quérolle recordar que calquera tipo de colectivo, organización política e sindical para as súas actividades necesita financiamento, necesita fondos, e polo tanto é absolutamente lexítimo que o faga. Pero é que neste caso xa o cinismo chega ó extremo de que vostedes quixeron ir á manifestación do día 1 en Santiago. A Plataforma Nunca Máis foi creada única e exclusivamente para esa manifestación, e o grande éxito, e a canalización do sentir popular levou a que prorrogara durante toda a crise do Prestige toda a súa actuación, con grande éxito cidadán por certo, e necesita fondos. E vostedes quixeron ir a aquela manifestación. Está aí documentado, e resulta que ante o resultado porque vostedes non quixeron admitir ningunha responsabilidade, esa foi a grande diferencia, e creo que foi unha oportunidade histórica que vostedes perderon, a vontade, a vontade de ir creo que era correcta, supoño que despois terían directrices de que non podían ou non deberían aceptar desviar ningunha responsabilidade e aí é onde houbo o desencontro e ó final vostedes decidiron non ir, e decidiron emprender unha campaña contra esta Plataforma, pero foi cuestión súa, única e exclusivamente súa, ou sexa que antes era moi boa, que incluso vostedes estaban dispostos a sumarse e despois era malisima, pero malisima, malisima, malisima, horrible, vamos era o peor que lle pudo pasar a este país. Ben, sexamos serios, é dicir, pillounos absolutamente a contrapé dende Madrid o seu partido ten un diseño, e non só o seu partido senón que incluse todos os intereses do Estado, eso que se chama os grandes intereses do Estado, ten un diseño para este país, para Galicia, no que non entra dende logo telo moi en conta. O seu xa é tan exacervado que o levaron tan ó pé da letra que lle saltaron as costuras por tódolos lados. E entón en vez de esixir que se declare zona catastrófica, en vez de esixir que se dediquen os medios, en vez de esixir, etc., pois se dedicaron a tapar, tapar, tapar, digo dende o PP de Galicia, digo, tapar, tapar, e intentar maneobras tácticas con esta Fundación Arao para dicir, nós axudamos ós dannificados e outros que se dediquen a protestar. Pero é que antes querían vostedes protestar tamén e querían ir á manifestación. Bueno, coma se non quixeran ir, me parece que non se sostén absolutamente por ningún lado. Sr. Presidente.- Moitas gracias Sr. Mosquera. Sr. González Iglesias. Sr. González Iglesias.- Si, Sr. Pedrosa, el medio público es muy sencillo, la televisión española. Pero da igual, en la televisión de Galicia hicieron lo mismo. Fueron negando la evidencia hasta que los tenían que echar de allí por negar la evidencia. Y eso lo hacían ustedes que son quiénes controlan férreamente esos medios. O sea, si quiere nombres ya está, ya se los di, por si no se enteraba, que yo estoy convencido que sabía perfectamente a lo que me estaba refiriendo, perfectamente. Yo, es que con toda su argumentación llegamos a la misma conclusión, ustedes no creen en sus administraciones, ese es el gran problema. Y crean inventos. Entonces el tema es que estas cosas se hacen en cualquier país desde la administración. Cuando estamos hablando lógicamente del tercer mundo pues se crean fundaciones, se hacen programas de televisión, lo que ustedes quieran, pero eso es caridad y aquí estábamos hablando de otra cosa y estamos hablando de otra cosa. Y mire, claro, claro que hay llamadas y claro que hubo llamadas sobre todo en los primeros momentos de empresas aportando alimentos, etc., etc., pero ¿sabe por qué?, ¿sabe por qué se producían esas llamadas?. Porque ustedes mientras estaban diciendo que no pasaba nada. Y resulta que eran esa sociedad civil, llámese plataformas, llámese empresarios, llámese marineros, quiénes estaban acudiendo a los temas, por eso se producían esas llamadas. Y ustedes ahora, bueno, pues se ponen, un mes después, dos meses después, tres meses después, a montar unos inventos como las fundaciones. Pues mire, vuelvo a lo mismo, es decir, la diferencia es que ustedes no creen en las administraciones, nosotros si, y ustedes se montan inventos de este tipo, pues bueno, esa es la diferencia, vuelvo a repetir, por lo tanto lógicamente tenemos que votar en contra de esto. Es que no hay por donde cogerlo. Nada más. Sr. Presidente.- Moitas gracias Sr. González Iglesias. Sr. Pedrosa. Sr. Pedrosa Fernández.- Si, gracias Sr. Presidente. Sr. Iglesias, no acudimos a ningún invento, las fundaciones están inventadas hace más de doscientos años, es decir, no inventamos nada, es algo que lo recoge la propia Constitución, que hay fundaciones repito muy antiguas, con más de cien años en nuestro territorio, por lo tanto no estamos inventando absolutamente nada, estamos aplicando lo que está escrito en la legislación vigente. En cuanto a lo del juguete es un detalle de mal gusto que yo creo que ni salió ni como bien usted dice ni de televisión española ni de televisión de Galicia, yo creo que al revés, yo creo que salió de otras zonas que hayan dado las noticias. Otra cosa es que no le guste a usted como dan las noticias determinadas cadenas y le encanten como las dan otras, ese es otro problema evidentemente personal de cada uno. En cuanto a vostede Sr. Mosquera, home, teño que dicirlle que segue vostede mareando a perdiz. Mire, a Deputación o que non participa e de forma unilateral, é dicir, dende o primeiro día, non participou de forma unilateral, a Deputación faino ou procura facelo de forma coordenada e a Deputación temos a seguridade de que a unión fai a forza. Non facemos como fai o Alcalde de Pontevedra que actúa pola súa conta cando lle peta, como lle peta, dende logo sen preguntarlle ós concelleiros do Concello de Pontevedra ó día de hoxe aínda non falou nunca deste tema o Alcalde de Pontevedra, eso si é facelo dunha forma unilateral, eu entendo que vostede quería facelo desa maneira. Falaba vostede de que é lexítimo de que unha plataforma como Nunca Máis pois recaude diñeiro, que lle fai falta diñeiro para evidentemente facer propaganda, protestas de publicidade, pois faille falta, pero non me discutirá vostede que é tan lexítimo que cando menos que a xente que aporta ese diñeiro sepa para que é ese diñeiro, cousa que a Plataforma Nunca Máis tardou
Área de documentación
Existencia e localización de copias Enlace para escoitar o audio da sesión do Pleno
Ãrea de notas
Nota