Fondos
2003-02-28_Ordinaria. Acta de sesión 2003/02/28_Ordinaria
Acta de sesión 2003/02/28_Ordinaria
Área de identificación
Código(s) de referencia ES.GA.36038.ADPO.1.1.3.3.33.364/1.2003-02-28_Ordinaria
Título Acta de sesión 2003/02/28_Ordinaria
Data(s) 2003-02-28 (Creación)
Volume e soporte 1 acta de sesión
Área de contexto
Institución arquivística Arquivo Deputación de Pontevedra
Área de contido e estrutura
Alcance e contido Folla: Da sesión ordinaria en primeira convocatoria, celebrada polo Pleno desta Excma. Deputación o día, 28 de febreiro de 2003 No Salón de sesións da Excma. Deputación Provincial de Pontevedra, sendo as once horas e cinco minutos do día vinteoito de febreiro do ano dous mil tres, baixo a Presidencia do Ilmo. Sr. Presidente D. Manuel Abeledo López, reuníronse as Señoras/es Deputadas/os, Dona Isaura Abelairas Rodríguez, D. Ramón Alonso Fernández, D. Xosé Antonio Araujo Quintas, D. Manuel Ramón Conde Romero, D. Jesús María Fernández Portela, D. Alberto García García, D. Emilio González Iglesias, D. Angel Gregores Méndez, D. Emilio Iglesias Álvarez, D. Rafael Louzán Abal, Dona Clara Millán González, D. Xosé Cesáreo Mosquera Lorenzo, D. Constante Juan Muradas Ramos, D. Xesús Otero Varela, D. Xosé Carlos Pazos Docampo, D. Juan Luis Pedrosa Fernández, D. David Raposeiras Correa, D. Juan Reboreda Enríquez, D. Manuel Rivera Domínguez, D. Rodrigo Santiago Novas, D. José Enrique Sotelo Villar, D. Henrique Viéitez Alonso, D. Manuel Ramón Vilar Márquez e D. José Villar Pereira, co obxecto de celebrar sesión ordinaria da Deputación en Pleno, en primeira convocatoria, consonte á correspondente orde do día. Da fé do acto o Secretario Xeral, D. Rogelio Nicieza de la Cerra, e está presente o Sr. Interventor, D. Bautista Pérez Carnero. Non asisten os Sres. Deputados D. Xosé Crespo Iglesias e D. Telmo Martín González, quen excusan a súa ausencia. Declarada aberta a sesión e de orde da Presidencia éntrase seguidamente no exame da orde do día, adoptándose en relación coa mesma os seguintes acordos: Sr. Presidente.- Bos días señoras e señores Deputados, membros dos medios de comunicación. Vamos a comeza-lo desenvolvemento da orde do día correspondente ó mes de febreiro. 1.4838.- ACTA ANTERIOR Sr. Presidente.- Primeiro punto da orde do día. Aprobación do borrador da acta da anterior sesión, ordinaria, do día 31 de xaneiro do ano 2003. ¿Algo que alegar?. Apróbase por unanimidade. Apróbase por unanimidade o borrador da acta da anterior sesión, ordinaria, do día 31 de xaneiro de 2003. ------ Folla: 2.4839.- BASES DE AXUDAS PARA ASOCIACIÓNS DE MULLERES. ANO 2003 Sr. Presidente.- Segundo punto da orde do día. Bases de axudas para asociacións de mulleres sen fins de lucro-2003. Saben que se destinan a esta finalidade 144.000 euros. Subvencionanse unha serie de actividades segundo criterios, a cursos, congresos, creación de emprego, etc., por un total repito de 144.000 euros. ¿Hai algunha intervención con respecto a este tema?. Punto número dous. Si. Sr. Muradas Ramos.- Si, la condición de que sean sin fines lucrativos las asociaciones creo que no implica que necesariamente se tenga que poner en el título de las ayudas. Si, que fueran ayudas para asociaciones de mujeres y punto. Es la sugerencia que hacemos al título de estas bases, porque el hecho de que sean sin fines de lucro puede aparecer perfectamente recogido en las bases, pero que el título se presta a cierto chiste. Simplemente es eso. Sr. Presidente.- Bueno, non hai problema en suprimilo pero se supón que é sen fins de lucro, loxicamente. Sr. Muradas Ramos.- Es una condición que tienen las ayudas, pero no tienen que figurar en el título. Sr. Presidente.- Sr. Muradas, si así es su gusto suprimimos lo de sin fines de lucro y no discutimos, o sea, que no vale la pena discutir. Ya calificó lo que era ese tema vostede mesmo, polo tanto se así o cre convinte suprimímola, non hai problema ningún. Vale, de acordo, suprimimos entón en asociacións de mulleres "sen fins de lucro". Procedemos polo tanto á votación. ¿Votos en contra?. ¿Abstencións?. ¿A favor?. Apróbase por unanimidade. De conformidade co informe favorable da Comisión Informativa de Muller, o Pleno acorda por unanimidade aproba-las Bases de Axudas ás Asociacións de Mulleres 2003 e que son as seguintes: BASES DE AXUDAS PARA ASOCIACIÓNS DE MULLERES. ANO 2003 A Excma. Deputación Provincial de Pontevedra, consciente do papel a desenvolver pola muller na sociedade de hoxe, convoca para o ano 2003 axudas destinadas a subvencionar actividades desenvoltas por Asociacións de Mulleres ou por aquelas outras que conten con departamentos ou vocalías da muller e así o acrediten, todas elas sen fins de lucro, dirixidas basicamente á formación de cara a súa integración no mundo laboral, segundo as seguintes BASES PRIMEIRA.- Presuposto.- A contía consignada para a realización de actividades promovidas por ditas Asociacións ascende a 144.000,00 euros con cargo á Partida 03/313.313.480.02 do Presuposto ordinario da Deputación Provincial. SEGUNDA.- Actividades a subvencionar.- Por tratarse de subvencións destinadas a gastos correntes, soamente poderán ser financiadas as actividades que se desenvolvan durante o ano 2003 e que estean enmarcadas nalgún dos apartados seguintes: a) De carácter formativo: - Organización de cursos ós que ademais das mulleres que forman a Asociación poderán acceder aquelas outras que estean incluídas nos Programas de Apoio dos Servicios Sociais de Atención Primaria Municipais ou de Saúde. - Organización de congresos específicos da muller. b) Para a posta en marcha de fórmulas de emprego, como cooperativas ou outras formas de integración no mercado laboral. c) Estudios de investigación a calquera nivel sobre temas específicos da muller. d) Para Federacións de Asociacións. As actividades a subvencionar para as Federacións serán: - Organización de xornadas informativas ou divulgativas. - Congresos. - Estudios de investigación. Quedan excluídas aquelas solicitudes dirixidas ó pago dos locais e gastos de mantemento destes cando sexan a sede habitual da Asociación, así como tamén as dirixidas ó desenvolvemento da actividade xeral da Asociación ó longo do ano. TERCEIRA.- Condicións e criterios.- As condicións e criterios para a concesión das axudas serán as seguintes: a) As Asociacións desenvolverán a súa actividade na provincia de Pontevedra e deberán estar debidamente legalizadas na Xunta. b) Os proxectos que se presenten (un por asociación e dirixido a un só grupo de mulleres) para calquera dos apartados recollidos na base 2ª deberán axustarse ó modelo adxunto "Anexo 1". c) Cando a actividade consista na celebración de cursos ou congresos os conferenciantes ou monitores que pertenzan á Xunta Directiva da propia Asociación non poderán percibir ningunha remuneración con cargo á subvención que se outorga. d) Consideraranse cursos aquelas actividades formativas dirixidas a un grupo estable de mulleres, como norma xeral non superior a 15, que realizarán as horas que a Asociación fai constar no proxecto. e) Só se subvencionarán cursos a partir de 30 horas de duración e que non teñan como fin actividades de desenvolvemento persoal, incluídas técnicas de busca de emprego. f) O importe da subvención na realización dos cursos estará en función do número de horas dos mesmos. No caso de que unha vez realizada a actividade o número de horas xustificadas sexa inferior ó aprobado, a contía da axuda será reducida segundo baremo establecido. g) No caso da posta en marcha de fórmulas de emprego teranse en conta o número de traballadoras que se contraten, grao de dificultade na súa inserción laboral e demanda do recurso. h) Cando se trate de estudios de investigación unha copia quedará nos arquivos da Deputación, podendo ser utilizados os datos recollidos no mesmo. i) En toda publicidade que se elabore deberase facer consta-la colaboración da Deputación, Área de Acción Social. CUARTA.- Concesións.- As solicitudes serán informadas pola Comisión da Muller, resolvendo as mesmas o órgano competente. QUINTA.- Documentación.- As solicitudes, en modelo oficial adxunto, presentaranse no Rexistro da Deputación Provincial debidamente cumprimentadas e acompañadas dos seguintes documentos: a) Proxecto da actividade segundo modelo adxunto "Anexo 1". b) Se a peticionaria é unha Asociación: 1.- Fotocopia do DNI da súa representante legal e acreditación do seu cargo a través dunha certificación da secretaria da entidade ou fotocopia compulsada da acta na que se recolla a composición do órgano de dirección. 2.- CIF da Asociación. 3.- No caso de que non sexa unha Asociación de Mulleres e sexa a primeira vez que presenta unha solicitude, achegar certificación conforme ten constituída a Vocalía da Muller. c) Se a solicitude é presentada por máis dunha Asociación, certificación de cada unha delas facendo consta-lo seu nome, CIF e nome da Asociación que percibirá a axuda se lle fose aprobada. d) As Asociacións que soliciten axudas para por en marcha algunha fórmula de emprego deberán presentar memoria explicativa da viabilidade técnica, económica e financeira do proxecto empresarial feito polo/a Técnico/a Local de Emprego. No caso de non conta-lo Concello con este poderá ser presentado polas Técnicas da Deputación. De non cumprirse ditos requisitos, poderán ser rectificados segundo o disposto no artigo 71 da Lei 30/1992, de 26 de novembro, de Procedemento Administrativo. SEXTA.- Prazos.- O prazo de presentación de solicitudes será de trinta días a partires do día seguinte ó da súa publicación no BOP. SÉTIMA.- Contía.- A contía dos proxectos fixarase tendo en conta os criterios recollidos na base terceira e as contías máximas serán: - Para a realización de cursos: 4.200¤. - Para a celebración de congresos: 3.000¤. - Para a posta en marcha dalgunha fórmula de emprego: 7.200¤. A axuda terá como fin a adquisición de material específico non inventariable para o desenvolvemento práctico da actividade empresarial, a formación que posibilite a autoxestión da fórmula e os gastos de persoal (non superiores ó SMI do ano 2003/persoa). - Para estudios de investigación: 4.200¤. - Para Federacións de Asociacións: 4.200¤. En ningún caso a contía de axudas recibidas por tódolos conceptos poderá supera-lo custo total da actividade. OITAVA.- Seguimento.- A Unidade Técnica de Servicios Sociais do Servicio de Acción Social da Deputación comprométese a ter reunións na sede das Asociacións subvencionadas, como mínimo dun 10% delas, a fin de coñece-la evolución dos proxectos e as dificultades que se lles poidan presentar cara a acada-los obxectivos previstos na convocatoria a fin de poder emendalas. NOVENA.- Pagamento das subvencións. As Asociacións ás que se lles conceda unha subvención quedan obrigadas a xustifica-la actividade nos tres meses seguintes a súa realización, e en todo caso por motivos xustificados antes do 15 de decembro de 2003, salvo situacións excepcionais de prórroga, os documentos a presentar serán os seguintes: 1. Facturas orixinais ou compulsadas xustificativas do gasto da actividade. 2. Memoria da mesma ou estudio realizado debidamente asinado e selado no que consten os epígrafes recollidos no "Anexo 2". 3. Relación de axudas públicas e/ou privadas solicitadas, concedidas ou pendentes de resolución para desenvolvemento do proxecto que se presenta, facendo consta-lo custo total da actividade realizada. DÉCIMA.- Reintegro das subvencións.- No caso de non cumpri-lo previsto, modifica-la finalidade para a que foi concedida a subvención sen ter recibida autorización expresa para iso ou incumprir algunha das Bases fixadas na presente convocatoria, a asociación deberá reintegra-la cantidade percibida á Deputación. ------ Folla: 3.4840.- BASES DE AXUDAS PARA A ADQUISICIÓN DE LIBROS DE TEXTO, CURSO 2003-2004, CON DESTINO A FAMILIAS CON PROBLEMÁTICA SOCIO-ECONÓMICA Sr. Presidente.- Punto número 3. Bases de axudas para a adquisición de libros de texto, curso 2003-2004, con destino a familias con problemática socio-económica. Trátase, como ben saben, dunhas bases para a distribución dos 96.100 euros que hai de presuposto nestes momentos consignado na Deputación Provincial para este fin. Como ben vostedes saben os concellos, de acordo coa súa poboación, teñen que aportar unha porcentaxe tamén a estas axudas, polo tanto dalgunha maneira queda a libre decisión do concello acollerse ou non acollerse a esta aportación ou a esta axuda. Practicamente son as mesmas que aprobamos o ano pasado. ¿Algunha intervención sobre este punto?. Non hai intervencións. Procedemos polo tanto á votación do número 3, as bases de axudas para adquisición de libros de texto para o curso 2003-2004. ¿Votos en contra?. ¿Abstencións?. ¿A favor?. Apróbase por unanimidade. De conformidade co dictame favorable da Comisión Informativa de Promoción de Emprego e Acción Social, o Pleno acorda por unanimidade aproba-las Bases de axudas para adquisición de Libros de Texto, curso 2003/04, e que son as seguintes: BASES DE AXUDAS PARA A ADQUISICIÓN DE LIBROS DE TEXTO, CURSO 2003-2004, CON DESTINO A FAMILIAS CON PROBLEMÁTICA SOCIO-ECONÓMICA A Deputación de Pontevedra, co obxecto de apoiar ás familias que se atopan nunha situación carencial a nivel socioeconómico, convoca axudas para a adquisición de Libros de Texto, curso 2003-2004, colaborando cos Concellos da Provincia. B A S E S DA CONVOCATORIA PRIMEIRA.- Presuposto.- A cantidade consignada para este fin na Partida 03/313.313.462.05 do Presuposto Ordinario da Deputación Provincial do presente ano ascende a 96.100,00 euros. SEGUNDA.- Destinatarios.- Os Concellos da Provincia que acorden acepta-las Bases da presente Convocatoria. TERCEIRA.- Requisitos.- A) Dos Concellos Os Concellos interesados deberán participar cunha cantidade equivalente á porcentaxe establecida sobre a aportación inicial máxima da Deputación, segundo os seguintes criterios: Concellos/Nº Habitantes Aportación máxima inicial Deputación Aportación Concello % (Euros) De menos de 5.000 1.255 euros 30% = 376,50 euros De 5.001 a 10.000 1.405 euros 40% = 562,00 euros De 10.001 a 20.000 1.555 euros 50% = 777,50 euros De 20.001 a 50.000 2.455 euros 70% = 1.718,50 euros De máis de 50.001 3.055 euros 100% = 3.055,00 euros Resolveranse as solicitudes tendo en conta a aportación inicial máxima fixada pola Deputación, e no caso de que non se esgotase o presuposto total da convocatoria, o sobrante distribuirase entre os Concellos que quixeran facer unha maior aportación (sempre segundo a porcentaxe establecida anteriormente segundo o número de habitantes do Concello sobre a aportación que faga a Deputación) e así o fixeran constar no acordo correspondente, seleccionándose aquelas solicitudes con independencia do Concello que as presente, que obtiveran unha maior puntuación segundo baremo Anexo 2. A contía das axudas que se aproben nos Concellos serán a suma de ámbalas dúas aportacións. B) Dos beneficiarios das axudas Poderán ser beneficiarias das axudas aquelas familias que estean empadroadas ou teñan residencia efectiva en calquera dos concellos da Provincia e teñan fillos que realicen algún dos seguintes estudios: - Educación Infantil: Nivel A - Ensinanza Primaria: Nivel B - ESO: Nivel C C) Dos Ingresos da Unidade Familiar Para poder optar ás axudas é requisito indispensable que os ingresos económicos da unidade familiar se axusten ó seguinte baremo, tendo en conta os ingresos da unidade familiar no ano 2002 seguindo as indicacións do apartado I/, punto 2, do anexo 2 para avaliala e desestimándose as que o superen: Nº de membros da familia Ingresos netos anuais Ingresos netos medios mensuais Familias de 2 membros ata 6.190,80 515,90 euros/mes Familias de 3 membros ata 7.198,80 599,90 euros/mes Familias de 4 membros ata 8.206,80 683,90 euros/mes Familias de 5 membros ata 9.214,80 767,90 euros/mes Familias de 6 membros ata 10.222,80 851,90 euros/mes Familias de 7 membros ata 11.230,80 935,90 euros/mes Familias de 8 membros ata 12.238,80 1.019,90 euros/mes Familias de 9 membros ata 13.246,80 1.103,90 euros/mes Considérase unidade familiar a formada polo pai, nai, titor ou persoa encargada da garda e protección do menor e os fillos solteiros do solicitante menores de 26 anos que convivisen no domicilio familiar ata a data da publicación da presente convocatoria, e por ingresos netos da unidade familiar os ingresos globais da unidade familiar descontando o aluguer da vivenda ou amortización da mesma, sen que estes superen 241 euros mensuais e os gastos fixos de calquera membro da mesma en razón de enfermidade ou problemática social con repercusións económicas que se deberán de xustificar e que serán estudiadas en cada caso concreto. Considérase unidade de convivencia a formada por tódolos membros, incluída a unidade familiar, que convive no mesmo domicilio. A efectos de valoración teranse en conta os ingresos de calquera procedencia: salarios, pensións contributivas e non contributivas, prestacións, rendas, rendementos por actividades profesionais, industriais, agrarias, deportivas e artísticas, tanto de carácter fixo como eventual e outras. D) Valoración das solicitudes Tendo en conta que as axudas están destinadas a familias con grave problemática socioeconómica, (non se atenderán aquelas solicitudes que só presenten problemática económica) valorándose os seguintes aspectos: ingresos da unidade familar, ingresos da unidade de convivencia, número de fillos en idade escolar e a problemática social, puntuándose cada unha delas segundo baremo que figura no Anexo 2. CUARTA.- Contía das axudas.- En función do nivel de estudios a contía das axudas será a seguinte: Nivel A: Educación Infantil .......................... 52 Euros Nivel B: Ensinanza Primaria ......................... 76 Euros Nivel C: ESO.................................................. 112 Euros QUINTA.- Tramitación de expedientes e prazos.- A) Os Concellos interesados en participar nesta convocatoria remitirán á Deputación ata o 31 de maio inclusive os seguintes documentos: 1) Certificación do acordo do Pleno, Comisión de Goberno ou Decreto da Alcaldía no que se faga constar expresamente: a.- A aceptación das presentes bases especificando ademais, a cantidade que está disposto a aportar (a sinalada na base 3ª, apartado A ou por encima dela concretando a mesma), cantidade que sempre será a porcentaxe establecida no mesmo sobre a que aporte a Deputación. b.- Proposta de resolución de axudas. c.- Compromiso de exposición pública da proposta do Concello. Ó mesmo tempo do envío da certificación do acordo á Deputación, o Concello procederá a: 1. A expoñer publicamente as axudas concedidas nas que se recollerán os seguintes datos: Nome do solicitante, DNI, nome dos nenos ós que se lle aproba a axuda, estudios que realizan e puntuación global obtida. 2. A abrir un prazo de 10 días para reclamacións, e no caso de que houbera algunha, deberá ser remitida á Deputación para o seu estudio e resolución. De aceptarse, o Concello afectado deberá facer fronte ó pagamento da mesma. 2) Proxecto segundo Anexo 1. A certificación do acordo remitida polo Concello á Deputación deberá ir acompañada exclusivamente dos seguintes documentos: 1.- Fotocopia da solicitude. 2.- Estadillo completo das solicitudes, segundo modelo Anexo 4, na que deberán quedar reflexadas por orde de prioridade en canto á puntuación obtida. 3.-Informe social individual (Anexo 3) emitido pola Traballadora Social dos Servicios Sociais de Atención Primaria, no que faga constar con amplitude no apartado da proposta os motivos que xustifican a concesión da axuda. 4.- Recibos relativos ó aluguer da vivenda ou de pago de créditos hipotecarios. B) As solicitudes das familias presentaranse no Rexistro dos Concellos correspondentes que se adhiran ás Bases da presente Convocatoria no prazo fixado por cada un deles e acompañadas dos documentos que cada Concello estime necesarios para cumprimenta-lo expediente. SEXTA.- Publicidade.- En toda publicidade que se elabore deberase facer consta-la colaboración da Deputación, Área de Acción Social. SÉTIMA.- Pagamento.- Unha vez resoltas as propostas presentadas á Deputación polos Concellos e que os seus Secretarios certifiquen que: 1. As axudas (especificando o importe global das mesmas) lle foron concedidas ós rapaces nas condicións que figuran nos expedientes remitidos á Deputación e que, 2. Todos os rapaces teñen adquirido o material escolar, a Deputación procederá a transferir a aqueles a cantidade aprobada. No caso de que se produxese algunha baixa nas axudas, esta repercutirá respectando as porcentaxes establecidas tanto na Deputación coma no Concello. Os catro Anexos ós que se fai referencia nestas Bases remitiranse ós Servicios Sociais de Atención Primaria de tódolos Concellos. ------ Folla: 4.4841.- BASES PARA AXUDAS DE EMERXENCIA SOCIAL CON DESTINO A FAMILIAS CON PROBLEMÁTICA SOCIO-ECONÓMICA PARA O ACONDICIONAMENTO DE VIVENDAS. ANO 2003 Sr. Presidente.- Punto número 4. Bases para axudas de emerxencia social con destino a familias con problemática socio-económica para o acondicionamento de vivendas. Ano 2003. Ben, son as mesmas axudas que vimos mantendo tódolos anos para familias con problemática socio-económica; son pequenas axudas pero que si son moi rentables socialmente en canto a que se lle axuda a estas familias, sobre todo se non teñen luz, se non teñen servicios, se teñen deficiencias graves na casa, etc., etc., de acordo cos informes que poidan prestar as asistenciais sociais dos respectivos concellos e polo tanto non hai novidade no que respecta ó ano pasado. ¿Algunha intervención?. Non hai intervencións polo tanto procedemos á votación deste punto. ¿Votos en contra?. ¿Abstencións?. ¿Votos a favor?. Apróbanse por unanimidade. De conformidade co dictame favorable da Comisión Informativa de Promoción de Emprego e Acción Social, o Pleno acorda por unanimidade aproba-las Bases de axudas para Emerxencia Social 2003, e que son as seguintes: BASES PARA AXUDAS DE EMERXENCIA SOCIAL CON DESTINO A FAMILIAS CON PROBLEMÁTICA SOCIO-ECONÓMICA PARA O ACONDICIONAMENTO DE VIVENDAS. ANO 2003. A Deputación de Pontevedra, preocupada polos graves problemas sociais que se dan na nosa sociedade, quere contribuir un ano máis á resolución dos mesmos, convocando con este fin axudas de Emerxencia Social para o acondicionamento de vivendas, arbitrando unha fórmula de colaboración entre a Deputación e os Concellos da Provincia que permita apoiar ás familias afectadas por este problema. Dita fórmula pretende acadar basicamente tres obxectivos: 1. Detecta-las necesidades en materia de vivenda a nivel da provincia. 2. Unificar criterios á hora de valora-las solicitudes e 3. Sumar esforzos a fin de incrementa-las axudas. BASES DA CONVOCATORIA PRIMEIRA.- Presuposto.- A cantidade consignada para este fin na Partida 03/313.313.780.01 do Presuposto ordinario da Deputación Provincial do presente ano ascende a 252.000,00 euros. SEGUNDA.- Destinatarios.- Os Concellos da Provincia que acorden asumi-las Bases da presente Convocatoria. Para os Concellos que teñan menos de 20.000 habitantes, destinaranse inicialmente 200.526,00 euros e para os que teñan de 20.000 en diante 51.474,00 euros. No suposto de existir sobrantes nalgún deles éste poderá ser utilizado polos Concellos que o precisen con independencia do seu número de habitantes. TERCEIRA.- Requisitos.- A) Dos Concellos Os Concellos interesados en beneficiarse das axudas desta Convocatoria deberán aportar unha cantidade equivalente á porcentaxe establecida sobre a aportación inicial máxima da Deputación, segundo os seguintes criterios: Concellos/Nº Habitantes Achega inicial máxima da Deputación Achega Concello De menos de 5.000 3.584,00¤ 30%=1.075,20¤ De 5.001 a 10.000 3.742,00¤ 40%=1.496,80¤ De 10.001 a 20.000 3.892,00¤ 50%=1.946,00¤ De 20.001 a 50.000 6.610,00¤ 70%=4.627,00¤ De máis de 50.000 6.907,00¤ 100%=6.907,00¤ As solicitudes resolveranse a partir da aportación inicial máxima fixada pola Deputación, e no caso de que non esgotase o Presuposto total da Convocatoria, o sobrante distribuirase entre os Concellos que quixeran facer unha maior aportación (sempre será a porcentaxe establecida anteriormente sobre a aportación que faga a Deputación) e así o fixeran constar no Acordo remitido á Deputación, seleccionándose aquelas solicitudes que obtiveran unha maior puntuación segundo baremo Anexo2. B) Dos beneficiarios das axudas Poderán ser beneficiarias das axudas aquelas familias que estean empadroadas ou teñan residencia efectiva en calquera dos Concellos da Provincia e que reúnan os seguintes requisitos: a) Que a vivenda para a que se solicita a axuda (primeira vivenda) sexa propiedade do solicitante e do seu cónxuxe ou parella, dos pais dos mesmos cando formen unha unidade de convivencia, ou cando exista un contrato de usufructo en favor dos solicitantes b)Que a vivenda non reúna condicións de habitabilidade, atendendo dende este criterio, aquelas solicitudes orientadas á instalación de luz eléctrica, auga, servicios hixiénicos, fosa séptica, melloras de cubertas, outras reformas interiores. c) Non ter dereito a outras axudas oficiais establecidas para o mesmo fin, salvo que se acorde establecela como complementaria en casos excepcionais d) Que os seus ingresos se axusten ó baremo recollido nestas Bases no apartado C e) Quedan excluídas aquelas solicitudes dirixidas ó pagamento de créditos bancarios hipotecarios da vivenda obxecto da axuda C) Dos Ingresos da Unidade Familiar Para poder optar ás axudas é requisito indispensable que os ingresos económicos da unidade familiar se axusten ó seguinte baremo, tendo en conta os seus ingresos por tódolos conceptos durante o ano 2002. No caso de que a súa situación se encontre incluída no mesmo, haberá que segui-las indicacións dos apartados I/ (ingresos da Unidade Familiar) e II ( ingresos da unidade de convivencia) do anexo 2 para avalia-la situación económica posteriormente. Se supera este baremo non terá dereito a axuda Nº de membros da familia Ingresos netos anuais Ingresos netos medios mensuais Familias de 1 membro ata 6.190,80 515,90 euros/mes Familias de 2 membros ata 7.198,80 599,90 euros/mes Familias de 3 membros ata 8.206,80 683,90 euros/mes Familias de 4 membros ata 9.214,80 767,90 euros/mes Familias de 5 membros ata 10.222,80 851,90 euros/mes Familias de 6 membros ata 11.230,80 935,90 euros/mes Familias de 7 membros ata 12.238,80 1.019,90 euros/mes Familias de 8 membros ata 13.246,80 1.103,90 euros/mes Familias de 9 membros ata 14.254,80 1.187,90 euros/mes Considérase unidade familiar a formada polo pai, nai, titor ou persoa encargada da garda e protección dos fillos solteiros do solicitante menores de vinteséis anos que convivisen no domicilio familiar ata a data da publicación da presente convocatoria. Considérase unidade de convivencia a formada por tódolos membros, incluída a unidade familiar, que convive no mesmo domicilio. A efectos de valoración teranse en conta os ingresos de calquera procedencia: salarios, pensións contributivas e non contributivas, prestacións, rendas, rendementos por actividades profesionais, industriais, agrarias, deportivas e artísticas, tanto de carácter fixo como eventual e outras. D) Valoración das solicitudes Tendo en conta que as axudas están destinadas a familias con grave problemática socioeconómica, as situacións que se valorarán serán as seguintes: número de membros que compoñen a unidade familiar e características dos mesmos, ingresos da unidade familar, ingresos da unidade de convivencia, características da vivenda e problemática social, puntuándose estes datos segundo baremo establecido que se fará chegar ós Traballadores Sociais dos Servicios Sociais de Atención Primaria No caso de que o número das solicitudes que reúnan os requisitos esixidos supere o importe destinado ás mesmas, darase prioridade ás daquelas familias que obteñan unha maior puntuación no baremo establecido ó efecto con independencia do Concello ó que pertenzan. CUARTA.- Contía das axudas.- A contía máxima inicial das axudas (Deputación máis Concello), segundo o tipo da obra e o fin ó que van destinadas, establécense de acordo cos seguintes criterios: - Para instalación de fosa séptica ata un máximo de 1.500,00¤. - Para reforma de/ou instalación eléctrica ata un máximo de 1.000,00¤. - Para cuarto de aseo ata un máximo de 3.000,00¤, incluídas instalacións. - Para melloras de cuberta ata un máximo de 3.584,00¤ no caso de que o Concello non participe no Programa cunha mayor aportación á establecida inicialmente e no caso de que o faga, a porcentaxe que lle corresponda (segundo o número de habitantes), sobre a axuda da Deputación. - Outras reformas interiores ata un máximo de 3.000,00¤. - Outras obras ata un máximo de 3.584,00¤ no caso de que o Concello non participe no Programa cunha maior aportación á establecida inicialmente, e no caso de que o faga a porcentaxe que lle corresponda (segundo o seu número de habitantes), sobre a axuda da Deputación. A cantidade que recibirá o solicitante será a suma da axuda da Deputación maila que lle corresponde ó Concello (% determinado sobre a axuda da Deputación). QUINTA.- Tramitación de expedientes e prazos.- A) Os Concellos interesados en participar nesta Convocatoria terán que remitir á Deputación ata o 31 de maio inclusive os seguintes documentos: a) Certificación do acordo do Pleno, Comisión de Goberno ou Decreto da Alcaldía facendo constar expresamente : 1.- A aceptación das presentes Bases, especificando ademais a cantidade que está disposto a aportar (a sinalada na Base 3ª apartado A, ou por encima dela, concretando neste caso a mesma), cantidade que sempre será a porcentaxe establecida no mesmo apartado sobre a da Deputación. 2.- Proposta da resolución de axudas b) Proxecto segundo Anexo 1: A certificación do acordo remitida polos Concellos á Deputación deberá ir acompañada exclusivamente dos seguintes documentos: 1.- Fotocopia da solicitude 2.- Estadillo completo das solicitudes segundo o modelo do Anexo 4, no que deberán quedar recollidas estas por orde de prioridade segundo a puntuación obtida. 3.- Informe social individual, Anexo 3, emitido pola Traballadora Social de Atención Primaria, no que se faga constar con amplitude no apartado da proposta os motivos que xustifican a concesión da axuda. B) As solicitudes das familias presentaranse no Rexistro dos Concellos correspondentes que se adhiran ás Bases da presente Convocatoria no prazo sinalado por cada un deles e acompañadas dos documentos que cada Concello estime necesarios para cumprimenta-lo expediente. SEXTA.- Publicidade.- En toda publicidade que se elabore deberase facer consta-la colaboración da Deputación, Área de Acción Social. SÉTIMA.- Pagamento.- Unha vez resoltas as propostas presentadas á Deputación polos Concellos, éstes xustificarán a obra cos seguintes documentos: a) Facturas orixinais ou fotocopias compulsadas detallando material, prezo unitario, traballos por administración (man de obra). b) Informe do Técnico municipal correspondente. c) Declaración de percibir ou non outras axudas para o mesmo fin. Con carácter excepcional e por resolución motivada, poderá autorizarse un anticipo ata o 50% nos casos que teñan que efectuarse pagos inmediatos. O pagamento efectuarase por transferencia ó Concello. OITAVA.- Reintegro.- Nos casos de non cumpri-lo previsto, modifica-la finalidade para a que foi concedida a subvención sen ter recibida autorización expresa para iso ou incumprir algunha das Bases da presente Convocatoria, non procederá o pago da axuda. Os catro Anexos ós que se fai referencia nestas Bases remitiranse ós Servicios Sociais de Atención Primaria de tódolos Concellos. ------ Folla: 5.4842.- BASES DE AXUDAS PARA ASOCIACIÓNS SEN FINS DE LUCRO QUE REPRESENTEN A COLECTIVOS QUE ESTEAN INCLUÍDOS NO ÁMBITO DOS SERVICIOS SOCIAIS ESPECIALIZADOS. ANO 2003 Sr. Presidente.- Punto número 5. Aprobación de bases de axudas para asociacións sen fins de lucro que representen a colectivos que estean incluídos no ámbito dos servicios sociais especializados. Ano 2003. Ben, son tamén as mesmas axudas que vimos concedendo a estes colectivos. É indudable que estas axudas se incrementan ó longo do ano moito máis do que neste momento está nos presupostos aprobados no seu día na Deputación Provincial de Pontevedra. Hai moitas asociacións que prestan servicios sociais cun grande sacrificio, con escasos medios e coñecen moi ben que esta partida presupostaria destinada a este fin queda curta. As bases son practicamente as mesmas e se non hai intervencións procedemos á súa votación. ¿Hai algunha intervención?. Non hai intervencións. Procedemos polo tanto á votación deste punto. ¿Votos en contra?. ¿Abstencións?. ¿Votos a favor?. Apróbanse por unanimidade. De conformidade co dictame favorable da Comisión Informativa de Promoción de Emprego e Acción Social, o Pleno acorda por unanimidade aproba-las Bases de Servicios Sociais Especializados que se adxuntan, e que son as seguintes: BASES DE AXUDAS PARA ASOCIACIÓNS SEN FINS DE LUCRO QUE REPRESENTEN A COLECTIVOS QUE ESTEAN INCLUÍDOS NO ÁMBITO DOS SERVICIOS SOCIAIS ESPECIALIZADOS. ANO 2003 A Excma. Deputación Provincial de Pontevedra, consciente dos problemas de tipo socioeducativo e formativo da poboación en xeral e especialmente daquela máis desfavorecida, convoca para o ano 2003 axudas destinadas a subvencionar actividades desenvoltas por Asociacións sen fins de lucro que representen a colectivos que estean incluídos no ámbito dos Servicios Sociais Especializados (Lei 4/1993 de 14 de abril) e que vaian dirixidas basicamente á formación de cara á súa integración social/e ou laboral, segundo as seguintes B A S E S PRIMEIRA.- Presuposto.- A contía consignada para este fin na Partida 03/313.313.480.02 do Presuposto ordinario da Deputación Provincial ascende a 180.000,00 Euros. SEGUNDA.- Actividades a subvencionar.- Por tratarse de subvencións destinadas a gastos correntes soamente poderán ser financiadas as actividades que se desenvolvan no ano 2003 e que estean promovidas por Asociacións sen fins de lucro que representen a colectivos incluídos no ámbito dos servicios sociais especializados e que estean comprendidas nalgún dos apartados seguintes: a) De carácter socioeducativo e formativo. - Organización de cursos para os afectados que forman a Asociación. - Organización de congresos específicos para os colectivos afectados. b) Para a posta en marcha de fórmulas de emprego, como cooperativas ou outras formas de integración no mercado laboral. c) Estudios de investigación a calquera nivel sobre temas específicos dos colectivos afectados. Quedan excluídas aquelas solicitudes dirixidas ó pagamento dos locais e gastos de mantemento destes cando sexan a sede habitual da Asociación, así como tamén aquelas actividades socioeducativas ou formativas que forman parte da actividade xeral da Asociación ó longo do ano. TERCEIRA.- Condicións e criterios.- As condicións e criterios para a concesión das axudas serán as seguintes: a) As Asociacións desenvolverán a súa actividade na provincia de Pontevedra, e deberán estar debidamente legalizadas na Xunta. b) Os Proxectos que se presenten (un por Asociación e dirixido a un só grupo de persoas) para calquera dos apartados recollidos na Base 2ª deberán axustarse ó modelo adxunto "Anexo 1". c) Cando a actividade consista na celebración de cursos ou congresos os conferenciantes ou monitores que pertenzan á Xunta Directiva da propia Asociación non poderán percibir ningunha remuneración con cargo á subvención que se outorga. d) Consideraranse cursos aquelas actividades formativas dirixidas a un grupo estable de persoas, como norma xeral non superior a 15, que realizarán as horas que a asociación fai constar no proxecto. e) Só se subvencionarán cursos a partir de 30 horas de duración. f) O importe da subvención na realización dos cursos estará en función do número de horas dos mesmos. No caso de que unha vez realizada a actividade o número de horas xustificadas sexa inferior ó aprobado, a contía da axuda será reducida segundo baremo establecido. g) No caso da posta en marcha de fórmulas de emprego teranse en conta o número de traballadoras que se contraten, grao de dificultade na súa inserción laboral e demanda do recurso. h) Cando se trate de estudios de investigación unha copia quedará nos arquivos da Deputación, podendo ser utilizados os datos recollidos no mesmo. i) En toda publicidade que se elabore deberase facer consta-la colaboración da Deputación, Área de Acción Social. CUARTA.- Concesión.- As solicitudes serán informadas pola Comisión de Promoción de Emprego e Acción Social, resolvendo as mesmas o órgano competente. QUINTA.- Documentación.- As solicitudes, no modelo oficial adxunto, presentaranse no Rexistro da Deputación Provincial debidamente cumprimentadas e acompañadas dos seguintes documentos: a) Proxecto da actividade segundo modelo adxunto "Anexo 1". b) Se a peticionaria é unha Asociación: 1.- Fotocopia do DNI do seu representante legal e acreditación do seu cargo a través dunha certificación do secretario da entidade ou fotocopia compulsada da acta onde se recolla a composición do órgano de dirección. 2.- CIF da Asociación. c) Se a solicitude é presentada por máis dunha Asociación, certificación de cada unha delas facendo consta-lo seu nome, CIF e o nome da Asociación que percibirá a axuda se lle fose aprobada. d) As Asociacións que soliciten axudas para pór en marcha algunha fórmula de emprego deberán presentar memoria explicativa da viabilidade técnica, económica e financeira do proxecto empresarial feito polo/a Técnico/a Local de Emprego. No caso de non conta-lo Concello con este poderá ser presentado polas técnicas da Deputación. De non cumprirse ditos requisitos, poderán ser rectificados segundo o disposto no artigo 71 da Lei 30/1992, de 26 de novembro, de Procedemento Administrativo. SEXTA.- Prazos.- O prazo de presentación de solicitudes será de trinta días a partires do día seguinte ó da súa publicación no BOP. SÉTIMA.- Contía.- A contía dos proxectos fixarase tendo en conta os criterios recollidos na Base Terceira e as contías máximas serán: - Para proxectos de carácter preventivo: 2.100,00¤. - Para proxectos de carácter conducente á integración social e/ou laboral dos colectivos afectados: 4.200,00¤. Excepcionalmente e dentro desta contía, poderán atenderse actividades de carácter asistencial, ata 600,00¤, sempre e cando estas sexan complementarias para o desenvolvemento do proxecto de formación. - Para a celebración de congresos: 3.000,00¤. - Para a posta en marcha dalgunha fórmula de emprego: 7.200,00¤. A axuda terá como fin a adquisición de material específico non inventariable para o desenvolvemento práctico da actividade empresarial, a formación que posibilite a autoxestión da fórmula e os gastos do persoal (non superiores ó SMI do ano 2003/persoa). - Para estudios de investigación: 4.200,00¤. En ningún caso a contía de axudas recibidas por tódolos conceptos poderá supera-lo custe total da actividade. OITAVA.- Seguimento A Unidade Técnica de Servicios Sociais do servicio de Acción Social da Deputación comprométese a ter reunións na sede das Asociacións subvencionadas, como mínimo dun 10% delas, a fin de coñece-la evolución dos proxectos e as dificultades que se lles poidan presentar cara a acada-los obxectivos previstos na convocatoria a fin de poder emendalas. NOVENA.- Pagamento das subvencións.- As Asociacións ás que se lles conceda unha subvención quedan obrigadas a xustifica-la actividade nos tres meses seguintes á súa realización, en todo caso por motivos xustificados antes do 15 de decembro de 2003, salvo situacións excepcionais de prórroga, tendo que presenta-los seguintes documentos: 1.- Facturas orixinais ou compulsadas xustificativas do gasto da actividade. 2.- Memoria da mesma ou estudio realizado debidamente asinado e selado no que consten os epígrafes recollidos no "Anexo 2". 3.- Relación de axudas públicas e/ou privadas solicitadas, concedidas ou pendentes de resolución para o desenvolvemento do proxecto que se presenta, facendo consta-lo custo total da actividade realizada. DÉCIMA.- Reintegro das subvencións.- No caso de non cumpri-lo previsto, modifica-la finalidade para a que foi concedida a subvención, sen ter recibido autorización expresa para iso, ou incumprir algunha das Bases fixadas na presente convocatoria, a Asociación deberá reintegra-la cantidade percibida á Deputación. ------ Folla: 6.4843.- BASES DO CERTAME "NOVOS VALORES 2003" Sr. Presidente.- Pasamos ó punto 6. Bases do Certame "Novos Valores 2003". Ten a palabra o Deputado Provincial de Cultura. Sr. Fernández Portela.- Gracias Sr. Presidente. Bos días. As bases do Certame de Novos Valores para o ano 2003 establécense da seguinte forma: Poderán participar neste certame tódolos artistas da nosa Comunidade Autónoma de Galicia e que sexan residentes na mesma. Non se considerarán Novos Valores aqueles que xa fosen premiados nalgunha das súas anteriores convocatorias. As obras presentadas deberán ser orixinais e presentaranse no Museo Provincial, no Edificio Sarmiento. As obras seleccionadas constituirán a mostra de Novos Valores que se exporá durante o mes de agosto. Estableceranse cinco axudas económicas de seis mil euros cada unha delas para ampliación de estudios artísticos en España ou no extranxeiro. Basicamente son os puntos máis salientables das bases. Sr. Presidente.- Moitas gracias. ¿Algunha intervención máis?. Non hai intervencións. Procedemos á votación polo tanto das bases do Certame de Novos Valores para o ano 2003. ¿Votos en contra? ¿Abstencións?. ¿A favor?. Apróbanse por unanimidade. De conformidade co dictame favorable da Comisión Informativa de Cultura, o Pleno acorda por unanimidade aproba-las Bases do Certame "Novos Valores 2003", e que son as seguintes: CERTAME "NOVOS VALORES 2003" BASES PRIMEIRA.- Poderán participar neste Certame tódolos artistas (pintores, escultores, fotógrafos, ceramistas, deseñadores, gravadores, etc.) naturais ou residentes na Comunidade Autónoma de Galicia. Non se considerarán NOVOS VALORES aqueles que xa fosen premiados nalgunha das súas convocatorias. SEGUNDA.- As obras presentadas deberán ser orixinais, non admitíndose, polo tanto, as que xa participasen noutras exposicións, nin máis de dúas por cada especialidade, sen que poidan exceder dos 500 Kgs. de peso, nin de 2´00 mts. na súa máxima dimensión. TERCEIRA.- As obras presentaranse no Museo Provincial, Edificio "Sarmiento", persoalmente ou por calquera medio de transporte que garanta a entrega das mesmas, dende o 6 ata o 16 de maio, de martes a venres e entre as 10:00 e as 13:00 horas. Acompañarase, asemade, fotocopia do DNI e o boletín de inscrición debidamente cuberto, que será facilitado ó efecto, entregándose ó interesado xustificante do mesmo, que servirá logo para a retirada da obra. CUARTA.- A Deputación custodiará a obra recibida, se ben non se fará responsable dos sinistros de calquera clase que puidesen sobrevir durante o seu transporte, nin tampouco en caso de incendio, roubo ou calquera outro incidente que se poida producir durante o tempo da súa custodia, polo que se recomenda que tódolos envíos veñan cubertos co correspondente seguro. QUINTA.- Os gastos de envío e devolución das obras son de conta do concursante e non poderán ser retiradas antes dos prazos indicados na base sétima. SEXTA.- Seleccionadas as obras que constituirán a Mostra de Novos Valores, expoñeranse durante o mes de agosto. Os seus autores xestionarán os permisos necesarios para a súa reproducción no catálogo que se imprimirá como complemento desta exposición. SÉTIMA.- As obras non seleccionadas deberán ser retiradas polos seus autores dentro dos dez días seguintes ó da difusión pública dos acordos do Xurado Seleccionador. As seleccionadas, á súa vez, deberán ser recollidas, tamén polos seus autores, nos dez días seguintes ó último no que estivesen expostas. No caso contrario, entenderase que renuncian á súa propiedade, quedando a organización facultada para toma-las decisións que sobre elas estime oportunas. OITAVA.- O Xurado seleccionador será nomeado polo Ilmo. Sr. Presidente da Excma. Deputación Provincial e estará composto polos seguintes membros: Presidente: O titular da Corporación Provincial ou Deputado en quen delegue. Vocais: O Deputado-Presidente da Comisión de Cultura. Cinco persoas de recoñecido prestixio nos campos da Crítica ou das Artes. Secretario: O titular da Deputación ou funcionario en quen delegue. Este mesmo Xurado encargarase de face-la proposta de adxudicación de 5 axudas económicas, por importe de SEIS MIL EUROS(6.000 ¤) brutos cada unha, para ampliación de estudios artísticos en España ou no estranxeiro. NOVENA.- A presentación ó Certame supón que os participantes coñecen estas Bases e mostran absoluta conformidade con elas e coas decisións do Xurado, que queda facultado para interpretar calquera dúbida que se presente. DÉCIMA.- O boletín de inscrición e as Bases poderán ser solicitados no Servicio de Cultura da Excma. Deputación Provincial. UNDÉCIMA.- O disfrute da axuda será obxecto dun Convenio entre o adxudicatario e a Excma. Deputación Provincial no que se concretará o seu emprego, aboándose o 50% do importe no momento do seu asinamento e o restante 50% á entrega da memoria, coa xustificación do investimento realizado e de dúas obras orixinais e asinadas. ------ Folla: 7.4844.- BASES DE PREMIOS Á INVESTIGACIÓN 2003 Sr. Presidente.- Punto 7. Bases dos Premios á Investigación 2003. Sr. Deputado de Cultura. Sr. Fernández Portela.- A convocatoria de Premios de Investigación 2003 ten como obxecto concede-los seguintes premios: 2 de 3.000 Euros, un para Ciencia e outro para Tecnoloxía; 1 de 6.000 Euros para traballos de calquera especialidade e tema libre referido á provincia de Pontevedra; 2 de 1.200 Euros para teses de doutoramento e 2 de 900 Euros para proxectos de fin de carreira. Enténdese que os de doutoramento e fin de carreira tamén son un para Ciencia e outro para Tecnoloxía. As instancias para tomar parte no concurso dirixiranse ó Ilmo. Sr. Presidente da Excma. Deputación de Pontevedra e presentaranse no Rexistro Xeral ata o 31 de outubro de 2003. Nada máis. Sr. Presidente.- Gracias Sr. Deputado. ¿Algunha intervención sobre este punto?. Non hai intervencións. Votamos polo tanto a aprobación das bases dos Premios á Investigación 2003. ¿Votos en contra?. ¿Abstencións?. ¿A favor?. Apróbanse por unanimidade. De conformidade co dictame favorable da Comisión Informativa de Cultura, o Pleno acorda por unanimidade aproba-las Bases dos Premios á Investigación 2003, e que son as seguintes: CONVOCATORIA DE PREMIOS Á INVESTIGACIÓN 2003 A Excma. Deputación Provincial de Pontevedra, dentro das súas múltiples actividades no ámbito da cultura, vén dando preferencia especial a quen se dedica a tarefas de investigación co fin de estimular e premiar traballos que, sen dúbida, redundarán no beneficio do progreso e benestar social. Consciente da importancia de todo isto, e seguindo a traxectoria emprendida dende fai anos, convoca os Premios á Investigación 2003, que se rexerán polas seguintes B A S E S PRIMEIRA.-A Convocatoria ten por obxeto concede-los seguintes premios: a) Un de 3.000¤ para traballos sobre Ciencias e Tecnoloxía. b) Un de 3.000¤ para traballos sobre Humanidades e Ciencias Sociais. c) Un de 6.000¤ para traballos de calquera especialidade e tema libre, referidos á provincia de Pontevedra. d) Un de 1.200¤ para Teses de doutoramento sobre Ciencias e Tecnoloxía e outro de 1.200¤ para Teses de doutoramento sobre Humanidades e Ciencias Sociais. e) Un de 900¤ para Proxectos de Fin de Carreira sobre Ciencias e Tecnoloxía e outro de 900¤ para Teses de licenciatura (tesinas) ou Proxectos de Fin de Carreira sobre Humanidades e Ciencias Sociais, todos eles defendidos no ano anterior en calquera dos Campus da Universidade de Vigo, ou noutras Universidades do Estado por licenciados desta Institución galega, acreditándose tal circunstancia coa correspondente certificación académica INVESTIGACIÓN XUVENIL a) Un de 1.500¤ para Traballos sobre Ciencias e Tecnoloxía. b) Un de 1.500¤ para Traballos sobre Humanidades e Ciencias Sociais. Enténdese como Investigador Xuvenil todo concursante que, na data da conclusión do prazo desta Convocatoria, non supere a idade de 26 anos. SEGUNDA.- Os traballos deberán ser de investigación, inéditos e redactados especificamente para a convocatoria en calquera dos idiomas oficiais vixentes na Comunidade galega. Realizaranse por triplicado e a máquina acompañados do currículum e méritos do autor ou autores, facendo constar expresamente que non é tese ou tesina, nin que foi presentado ou lido como tal. Un mesmo traballo non se poderá presentar a diversos epígrafes. Para garanti-la súa plena obxectividade proporanse "baixo un lema", sen que conste a identificación do seu autor. As teses, tesinas e proxectos fin da carreira presentaranse por duplicado e co seu título orixinal. TERCEIRA.- As instancias para tomar parte no concurso dirixiranse ó Ilmo. Sr. Presidente da Excma. Deputación Provincial de Pontevedra, e presentaranse no Rexistro Xeral deste organismo ata o 31 de outubro de 2003, especificando o Premio ó que se opta. CUARTA.- A selección e proposta da concesión de Premios encoméndase a un Xurado integrado polos seguintes membros: Presidente: O Titular da Excma. Deputación ou deputado en quen delegue. Vocais: O Presidente da Comisión de Cultura. Tres profesores nomeados pola Universidade de Vigo. Un representante da UNED. Un representante da Misión Biolóxica de Galicia. Un representante da Real Academia Galega de Ciencias. Tres persoas nomeadas pola Presidencia de recoñecido prestixio no eido da investigación. Secretario: O Titular da Corporación ou funcionario en quen delegue. O dito xurado non poderá constituirse nin actuar sen contar coa asistencia de máis da metade dos seus membros, resolvendo tódalas incidencias que se presenten, e sendo as súas decisións inapelables, podendo solicita-la axuda de asesores especialistas en cada materia. QUINTA.- O xurado calificará o concurso coa maior amplitude de criterios, valorando a orixinalidade, obxectivos que pretende, método seguido, resultado, conclusións e aplicación práctica e currículum do autor, dando prioridade ós temas relacionados coa provincia e con Galicia, eliminando aqueles traballos que non poidan catalogarse como de investigación específica e propoñendo o seu veredicto para a súa ratificación polo Ilmo. Sr. Presidente ou órgano competente en quen delegue. SEXTA.- Durante o prazo dun ano, a partires da emisión do fallo, a Deputación resérvase o dereito de publica-los traballos, transcorrido o cal, e coa autorización deste Organismo, poderá facelo o autor pola súa conta. A concesión do premio non implica a perda da propiedade intelectual. Aqueles que non foran galardoados poderán retira-los traballos no Servicio de Cultura desta Deputación no prazo de tres meses, contados dende a resolución do concurso, pasados os cales, quedará exenta a responsabilidade das devolucións non solicitadas. ------ Folla: 8.4845.- BASES DO III CERTAME PROVINCIAL DE BANDAS DE MÚSICA "DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA" Sr. Presidente.- Punto 8. Bases do III Certame Provincial de Bandas de Música "Deputación Provincial de Pontevedra". Sr. Deputado de Cultura. Sr. Fernández Portela.- Este Certame terá lugar os días 3, 4 e 5 de outubro no Pazo da Cultura de Pontevedra. Poderán optar a participar tódolas bandas da provincia que o desexen. Nas categorías de especial, primeira, segunda e terceira. Cada banda interpretará unha obra obrigada, proposta polo comité organizador, e unha obra de libre elección. O xurado estará composto por cinco personalidades do mundo da música. As bandas terán dereito a percibir en concepto de participación as seguintes cantidades: na sección especial 3.000 euros, na primeira 2.400 euros, na segunda 1.800 euros e na terceira 1.200 euros. Ademais concederanse por parte de Caixa Galicia unha serie de premios valorados en 12.600 euros, repartidos en 4.500 euros para sección especial, 3.600 euros para primeira, 2.700 para a sección segunda e 1.800 euros para a sección terceira. Por outra banda a Deputación establece para todo o conxunto das agrupacións participantes o Premio Manuel Quiroga dotado con 1.800 euros para a interpretación dunha obra inédita de autoría ou temática galega que segundo o criterio do xurado sexa merecedora de tal recoñecemento. Tamén participa a Federación Galega de Bandas de Música co seu apoio e concederá un premio de 1.800 euros á mellor interpretación da obra obrigada. Musical Pontevedra tamén colabora neste certame concedendo cheques por valor instrumental para as bandas que obteñan a mención de honra ou de honor, perdón, na sección especial con 1.500 euros, na sección primeira 1.200 euros, na sección segunda 1.050 euros e na sección terceira 900 euros, suma total de 4.650 euros. O prazo de inscripción será de 30 días a partir do seguinte da publicación das presentes bases no Boletín Oficial da Provincia. Nada máis. Sr. Presidente.- Gracias Sr. Deputado. ¿Algunha intervención sobre este tema, sobre estas bases?. Non hai intervencións. Votamos a aprobación das bases do III Certame Provincial de Bandas de Música "Deputación Provincial de Pontevedra". ¿Votos en contra?. ¿Abstencións?. ¿A favor?. Apróbanse estas bases por unanimidade. De conformidade co dictame favorable da Comisión Informativa de Cultura, o Pleno acorda por unanimidade aproba-las Bases do III Certame Provincial de Bandas de Música "Deputación Provincial de Pontevedra", e que son as seguintes: BASES DO III CERTAME PROVINCIAL DE BANDAS DE MÚSICA "DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA" BASES PRIMEIRA.- O III Certame Provincial de Bandas de Música "Deputación Provincial de Pontevedra" terá lugar os días 3, 4 e 5 de outubro no Pazo da Cultura de Pontevedra. O Comité Organizador, baixo o patrocinio da Excma. Deputación Provincial de Pontevedra e coa colaboración das institucións que se relacionan na súa composición, é o órgano de goberno, administración e coordinación de tódolos aspectos do certame. SEGUNDA.- Dado o carácter promocional que pretende este certame poderán optar a participar tódalas bandas da provincia que o desexen. TERCEIRA.- Limítase o número de bandas participantes e o seu número de músicos, segundo as distintas categorías a: Sección Especial 4 bandas participantes de 90 a 115 músicos Sección Primeira 8 bandas participantes de 70 a 90 músicos Sección Segunda 10 bandas participantes de 50 a 70 músicos Sección Terceira 12 bandas participantes de 35 a 50 músicos Nesta clasificación de seccións inclúese a posible colaboración en cada banda de catro instrumentistas alleos para a sección terceira, cinco para a sección segunda, seis para a sección primeira e oito para a sección especial. Ningún músico estará autorizado para actuar en dúas bandas inscritas na mesma sección. CUARTA.- Sobrepasado o número de bandas inscritas por seccións e para establece-las participantes así como a orde da súa actuación realizarase un sorteo público ó obxecto. Cada banda interpretará unha obra obrigada, proposta polo Comité Organizador, e unha obra de libre elección. As bandas interpretarán en primeiro lugar a obra obrigada e a continuación a obra de libre elección. (A Deputación Provincial de Pontevedra non se fai responsable das xestións legais que lles poidan afectar ás bandas polo uso das partituras das obras de libre elección). A duración da obra de libre elección será a seguinte: Sección Especial 20 minutos Sección Primeira 20 minutos Sección Segunda 15 minutos Sección Terceira 12 minutos Permitiráselle a cada agrupación un tempo total de desviación de + 5 minutos. O exceso será penalizado na puntuación do Xurado. QUINTA.- O escenario e as instalacións sobre as que se desenvolva o Certame serán os mesmos para tódalas bandas participantes nunha mesma sección. A dita instalación será competencia exclusiva do Comité Organizador e non se poderán introducir modificacións que non sexan efectuadas por este Comité. SEXTA.- O Xurado estará composto por cinco personalidades do mundo da música, o Presidente, que será o Ilmo. Sr. Presidente da Excma. Deputación Provincial, ou deputado en quen delegue, e un secretario, actuando o titular da institución ou funcionario en que delegue (con voz, pero sen voto). Os membros do Xurado devengarán as indemnizacións correspondentes a gastos de axudas de custo e desprazamentos polas reunións nas que se levante acta, segundo establece o RD 262/02 de 24 de maio e actualizacións posteriores para o Grupo 1. As asistencias devengaranse por asimilación, segundo as contías fixadas para os membros de tribunais de selección de persoal do Grupo A. No suposto de estar incluído algún membro que, pola súa orixe, circunstancia, motivos e/ou causas xustificadas, estea relacionado con algunha banda participante no Certame, mediante proposta da Federación Galega de Bandas de Música Populares será eliminado do Xurado, procedendo o Comité Organizador a designar unha nova personalidade musical para formar parte del como vocal. SÉTIMA.- As bandas terán dereito a percibir en concepto de participación as seguintes cantidades: Sección Especial 3.000¤ Sección Primeira 2.400¤ Sección Segunda 1.800¤ Sección Terceira 1.200¤ OITAVA.- Concederanse os seguintes premios: Primeiro premio Ás bandas que obteñan de 341 a 400 puntos Segundo premio Ás bandas que obteñan de 291 a 340 puntos Terceiro premio Ás bandas que obteñan de 221 a 290 puntos Cada membro con dereito a voto poderá concederlle de 0 a 10 puntos, sen fraccións, a cada banda participante no Certame por cada un dos seguintes aspectos: afinación, sonoridade (dinámica, planos sonoros, equilibrios harmónicos, etc.) interpretación e técnica, tanto na obra obrigada coma na de libre elección. A suma delas determinará os premios correspondentes. As puntuacións maior e menor que os membros do Xurado lle outorguen a cada unha das obras interpretadas, sempre que exista unha diferencia superior a tres puntos respecto á media, quedarán excluídas do cómputo total e serán substituídas pola media das tres restantes, sendo a puntuación total a resultante das sumas das parciais de cada unha das obras interpretadas. NOVENA.- O fallo do Xurado darase a coñecer unha vez rematadas as actuacións de tódalas bandas de cada sección, para ser posteriormente ratificado polo Ilmo. Sr. Presidente ou órgano competente en quen delegue. DÉCIMA.- A Fundación Caixa Galicia, de acordo co criterio do Xurado, concederá ás bandas que obteñan a Mención Especial os seguintes premios: Sección Especial 4.500¤ Sección Primeira 3.600¤ Sección Segunda 2.700¤ Sección Terceira 1.800¤ A Deputación Provincial establece para todo o conxunto das agrupacións participantes o Premio "Manuel Quiroga", dotado con 1.800¤, á interpretación dunha obra inédita, de autoría ou temática galega, que segundo o criterio do Xurado sexa merecedora de tal recoñecemento. A Federación Galega de Bandas de Música Populares, no apoio ás súas agrupacións, concederá un premio de 1.800¤ á mellor interpretación da obra obrigada (máxima puntuación acadada) por parte das bandas federadas que participen no Certame. O empate implica o reparto do premio. Musical Pontevedra concederá cheques por valor instrumental ás bandas que obteñan a Mención de Honor por importe de: Sección Especial 1.500¤ Sección Primeira 1.200¤ Sección Segunda 1.050¤ Sección Terceira 900¤ UNDÉCIMA.- As bandas inscritas interpretarán como obras obrigadas as seguintes: Sección Especial Camiño de Santiago (I, II, III e IV tempos) Juan G. Gómez de Val Sección Primeira Reflexións Sinfónicas A. González Avilés Sección Segunda Caballeros de Santiago (Rapsodia Galega) J.L. Represas Carrera Sección Terceira Anaquiños d´a Terra (Suite Galega: I e II tempos) Luis Araque DUODÉCIMA.- O prazo de inscrición será de 30 días naturais a partir do seguinte ó da publicación das presentes bases no Boletín Oficial da Provincia. As inscricións deberán formularse mediante solicitude asinada polo representante legal de cada Banda, segundo o modelo de instancia que figura ó final destas bases, presentándoa no Rexistro Xeral desta Deputación. Durante o período de inscrición, e no Servicio de Cultura, estarán a disposición das bandas para a súa consulta as obras obrigadas de cada sección. DÉCIMOTERCEIRA.- Co obxecto de determinar nas bandas participantes a orde de actuación, no Pazo Provincial, sede da Deputación, perante o Presidente da Corporación ou deputado en quen delegue, e os membros do Comité Organizador, realizarase un sorteo público para tal fin. As bandas que, unha vez admitidas e sorteadas, non participen na competición, salvo por causa grave xustificada, quedarán inhabilitadas para poder actuar no Certame por un período de tres anos consecutivos, segundo o dictame do Comité Organizador. DÉCIMOCUARTA.- O Comité Organizador adoptará as medidas necesarias para informar, comunicar, enviar e recibi-lo material das bandas participantes no Certame. Comunicada a súa inclusión ás agrupacións, estas teñen 30 días naturais para remitirlle ó Servicio de Cultura da Deputación Provincial o historial da Banda, a súa foto e mailo curriculum do director, así como cinco exemplares da partitura da obra de libre elección, indicando a súa duración. A non presentación das partituras no prazo indicado significará a renuncia da banda a participar no Certame. DÉCIMOQUINTA.- Para o control dos instrumentistas das bandas participantes establécense os seguintes puntos: 1.- Constitúese unha comisión de control que estará formada por 2 membros designados pola Federación Galega de Bandas de Música Populares e por 2 funcionarios do Servicio de Cultura da Deputación Provincial. A comisión de control será o órgano competente para controlar e vixia-la composición dos instrumentistas das bandas participantes. Para estes efectos queda plenamente facultada para adoptar cantas medidas sexan oportunas para realiza-la tarefa de investigación, vixilancia e control e requirir e recaba-la documentación que estime necesaria das bandas participantes, utilizando así mesmo calquera dato dos listados das agrupacións incluídas nos plans culturais da Deputación Provincial así como os que posúe a Federación Galega de Bandas de Música Populares. Poderá formularlle ó Comité Organizador as propostas que considere convenientes, incluídas as referentes á cancelación da inscripción provisoria e impeditivas de actuación da banda infractora así como a súa descualificación antes do fallo, aplicándolle a tódalas agrupacións, sexan ou non federadas, o regulamento de plantillas de bandas de música a efectos de certames competitivos establecido pola Federación Galega de Bandas de Música Populares. 2.- Cada banda deberá comparecer cos seus propios músicos, sen reforzarse ou completarse con intérpretes doutras agrupacións musicais, salvo os alleos expresamente permitidos nestas bases. O criterio básico de adscrición dun músico a unha banda é pertencer a esta de maneira real e efectiva. Para acreditala achegarán os seguintes listados: 2.1.- Para as Agrupacións integradas na Federación Galega de Bandas de Música Populares: relación nominal dos integrantes por instrumentos, co seu DNI ou pasaporte. 2.2.- Para as Agrupacións non integradas na Federación Galega de Bandas de Música Populares: relación nominal certificada dos integrantes por instrumentos, co seu DNI ou pasaporte, expedida polo secretario da banda e co visto e prace do presidente, na que conste unha declaración de pertenza ininterrumpida e efectiva do músico á banda durante os dous últimos anos, lugar e data de nacemento e
Área de documentación
Existencia e localización de orixinais Enlace para escoitar o audio da sesión do Pleno
Ãrea de notas
Nota