ATOPO
Rexistros actuais: 1.617.768
Obxectos dixitais dispoñibles: 504.649

Acta de sesión 2003/04/25_Ordinaria

Área de identificación

  • Código(s) de referencia ES.GA.36038.ADPO.1.1.3.3.33.364/1.2003-04-25_Ordinaria

  • Título Acta de sesión 2003/04/25_Ordinaria

  • Data(s) 2003-04-25 (Creación)

  • Volume e soporte 1 acta de sesión

Área de contexto

Área de contido e estrutura

  • Alcance e contido Folla: Da sesión ordinaria en primeira convocatoria, celebrada polo Pleno desta Excma. Deputación o día, 25 de abril de 2003 No Salón de sesións da Excma. Deputación Provincial de Pontevedra, sendo as once horas e cinco minutos do día vintecinco de abril do ano dous mil tres, baixo a Presidencia do Ilmo. Sr. Presidente D. Manuel Abeledo López, reuníronse as Señoras/es Deputadas/os, Dona Isaura Abelairas Rodríguez, D. Ramón Alonso Fernández, D. Manuel Ramón Conde Romero, D. Xosé Crespo Iglesias, D. Jesús María Fernández Portela, D. Alberto García García, D. Emilio González Iglesias, D. Angel Gregores Méndez, D. Emilio Iglesias Álvarez, D. Rafael Louzán Abal, D. Telmo Martín González, Dona Clara Millán González, D. Xosé Cesáreo Mosquera Lorenzo, D. Constante Juan Muradas Ramos, D. Xesús Otero Varela, D. Xosé Carlos Pazos Docampo, D. Juan Luis Pedrosa Fernández, D. David Raposeiras Correa, D. Juan Reboreda Enríquez, D. Manuel Rivera Domínguez, D. Rodrigo Santiago Novas, D. José Enrique Sotelo Villar, D. Henrique Viéitez Alonso, D. Manuel Ramón Vilar Márquez e D. José Villar Pereira, co obxecto de celebrar sesión ordinaria da Deputación en Pleno, en primeira convocatoria, consonte á correspondente orde do día. Da fé do acto o Secretario Xeral, D. Rogelio Nicieza de la Cerra, e está presente o Sr. Interventor, D. Bautista Pérez Carnero. Non asiste o Sr. Deputado, D. Xosé Antonio Araújo Quintas. Declarada aberta a sesión e de orde da Presidencia éntrase seguidamente no exame da orde do día, adoptándose en relación coa mesma os seguintes acordos: Sr. Presidente.- Bos días señoras e señores Deputados, medios de comunicación, vamos a comeza-lo desenvolvemento da orde do día do Pleno ordinario correspondente ó mes de abril. 1.4872.- ACTA ANTERIOR Sr. Presidente.- Punto primeiro da orde do día. Aprobación do borrador da acta da anterior sesión ordinaria do día 28 de marzo do ano 2003. Ten a palabra o Sr. Vicepresidente económico. Sr. Pedrosa Fernández.- Si, buenos días. Gracias Sr. Presidente. Es para decir que hay que corregir un error material en el acta, en el primer expediente de modificación de créditos, en el concepto 762, Ayuntamientos, en una partida que aparece el Ayuntamiento de Gondomar, mobiliario Casa da Cultura de Vilaza, que aparecen 216.364 euros y deben de figurar 36.000 euros sólo. El error es que todavía jugamos pesetas y euros, entonces eran 6.000.000, no 36.000.000 pasados a euros sino esos 6.000.000 pasados a euros que son esos 36.000 euros. Sería corregir ese punto sólo. Sr. Presidente.- Gracias Sr. Pedrosa. Polo tanto con esta corrección que acabamos de introducir á acta do Pleno do mes de marzo. ¿Algunha alegación máis á acta?. ¿Votos polo tanto en contra da corrección?. ¿Abstencións?. ¿A favor?. Apróbase. Apróbase por unanimidade o borrador da acta da anterior sesión, ordinaria, do día 28 de marzo do ano 2003, coa corrección á que se fixo mención. ------ Folla: 2.4873.- SEGUNDO EXPEDIENTE DE SUPLEMENTOS DE CRÉDITO E DE CRÉDITOS EXTRAORDINARIOS CON CARGO Ó REMANENTE DE TESOURERÍA DISPOÑIBLE Sr. Presidente.- Punto número dous. Segundo expediente de suplementos de crédito e de créditos extraordinarios con cargo ó remanente de Tesourería dispoñible. Ten a palabra o Sr. Vicepresidente económico. Sr. Pedrosa Fernández.- Si, gracias Sr. Presidente. Bien, este es el segundo expediente de suplementos de créditos y créditos extraordinarios, todo el con cargo a remanentes de Tesorería, por un importe total de 10.092.527,60 euros, de los cuáles 18.485,29 son al capítulo 2, en gastos de bienes corrientes y servicios; 444.061,86, a transferencias corrientes del capítulo 4; 8.272.000 a inversiones reales; y 1.357.980,45 € a transferencias de capital. El desglose sería el siguiente: 600 euros, suplemento para la partida de alquileres de locales del edificio Alameda; 71,92 €, en reconocimiento de créditos de una factura de Sistel del año 2002; 1.161,80 €, facturas del área de servicio de Meis; 1.728,42 €, créditos reconocidos de facturas de telefónica, año 2002; 12,55 euros, una factura de Daper Mensajeros, también del año pasado; una partida de 3.000 euros para suplemento de la partida de seguros; 69,60 euros, créditos reconocidos de una factura de floristería; 11.781 euros, créditos reconocidos de facturas del 2002 del Plan Cultural; perdón, 150.000 euros para asistencia social a emigrantes en Convenio con la Consellería de la Emigración; 60.100 euros para becas de alumnos del Colegio Santiago Apóstol de Buenos Aires; Fundación Pro Vigo, Plan Estratégico, 107.861,86 euros; Convenio con el Círculo de Bellas Artes de Madrid para exposición de Alvaro Cunqueiro, 18.000 €; Feria de Pesca en Vigo, "Labor fixen", 108.100 euros; en carreteras provinciales 6.000.000 de euros; en Convenio con el Ayuntamiento de Pontevedra, carretera de Santa Margarida 670.400 euros; Convenio del Ayuntamiento de Pontevedra de la urbanización de la calle Campo Santo, 394.600 euros; para instalaciones deportivas en construcción, 1.202.000 euros; para compra de cámaras digitales en Vías y Obras, 5.000 euros; para urbanización del grupo de viviendas Gorxal en Puxeiros, en Convenio con el Instituto Galego da Vivenda e Solo, 72.000 euros; suplemento de la partida del POL del 2003, 2.415,02 euros; después, Ayuntamiento de Cangas, terrenos consultorio médico en Hío, 60.100 euros; Ayuntamiento de Cangas, acceso al Centro de Salud, 48.080 euros; Ayuntamiento de Campo Lameiro, urbanización de Suiglesia, 80.000 euros; Ayuntamiento de Porriño, Plaza de Abastos, 30.000 euros; Ayuntamiento de Porriño, conexión puente con el polígono de As Gándaras, 30.000 euros; Ayuntamiento de Crecente, cierre de plaza do Concello, 60.000 euros; Ayuntamiento de Cerdedo, alumbrado público, 27.000 euros; Ayuntamiento de Cerdedo, cierre del recinto escolar 18.000 euros; Ayuntamiento de Pazos de Borbén, asfaltado y construcción de muro, 30.000 euros; Ayuntamiento de Forcarei, acceso a la variante en Forcarei, 200.714 euros; Ayuntamiento de Campo Lameiro, captación y depósito de auga en Parada, 28.000 euros; Ayuntamiento de Mondaríz, compra de camión de basuras, 100.000 euros; Ayuntamiento de Arbo: saneamiento en la parroquia de Santa María de Arbo, 24.000 €; Ayuntamiento de Vila de Cruces, finalización del edificio de usos múltiples, 58.000 euros; Ayuntamiento de Meaño, construcción de Centro Social, 48.080 euros; Ayuntamiento de Meis, compra de un Pazo en convenio con la Consellería de Xustiza, 180.300 euros; Ayuntamiento de Catoira, terminación del campo de fútbol, 120.200 euros; Ayuntamiento de Porriño, vestuario de campo fútbol en Torneiros, 30.000 euros; Ayuntamiento de Soutomaior, última fase del tanatorio, 30.050 euros; Ayuntamiento de Barro: segunda fase del tanatorio 72.100 euros; Ayuntamiento de Salceda, suplemento de una subvención de emergencia social, 21,43 euros; y, Asociación de prejubilados y jubilados para mobiliario de la Casa del Pueblo en Tenorio, 8.820 euros. Eso suman los 10.092.527,60 euros. Sr. Presidente.- Gracias. Ten a palabra o Sr. Mosquera. Sr. Mosquera Lorenzo.- Moitas gracias Sr. Presidente. Bos días. Estamos hoxe ante a segunda modificación de crédito e francamente por unhas cantidades moi elevadas. Como na primeira que veu no Pleno pasado había toda unha serie de partidas nas que mayoritariamente non compartíamos a súa finalidade, neste caso si hai partidas nas que compartimos a súa finalidade, pero hai outras nas que non, polo tanto vamos a mante-lo criterio xeral, sen entrar en máis detalle, que non estamos de acordo co orzamento, non de acordo como se está xestionando e polo tanto vamos a votar en contra, deixando claro que si hai partidas nas que si estamos de acordo e incluso posiblemente foran maioritarias. Sr. Presidente.- Gracias Sr. Mosquera. Sr. González Iglesias. Sr. González Iglesias.- Si, nosotros creemos que no vale la pena reeditar el debate de hace un mes aproximadamente; volveríamos a decir prácticamente lo mismo y por lo tanto vamos a mantener el voto en contra, tal y como hicimos en el presupuesto. Nada más. Sr. Presidente.- Gracias Sr. González. ¿Algunha intervención máis?. Non hai máis intervencións. Procedemos polo tanto á votación do segundo expediente de suplementos de créditos e de créditos extraordinarios con cargo ós remanentes de Tesourería dispoñible. ¿Votos en contra?. O Grupo Socialista e o BNG. ¿Abstencións?. Non hai. ¿A favor?. O Grupo Popular. Apróbase por maioría. Visto o expediente de modificación de créditos extraordinarios e suplementos de crédito nº 2/2003, dentro do vixente Presuposto Provincial, por un total de 10.092.527,60 Euros, motivado pola necesidade de realizar gastos que non poden demorarse ata o exercicio seguinte e ó non existir consignación no Estado de Gastos do Presuposto corrente, e que será financiado os suplementos de crédito por importe de 9.000.237,48 euros e os créditos extraordinarios por importe de 1.092.290,12 euros, con cargo ó remanente de Tesourería dispoñible, o Pleno, de conformidade co dictame da Comisión Informativa de Economía e Facenda, acorda por maioría, cos votos a favor do PP e cos votos en contra do PSOE e do BNG, prestar aprobación ó expediente de modificación de créditos extraordinarios e suplementos de crédito nº 2/2003, que resumido por capítulos presenta a seguinte estructura: Capítulo 2º Gastos en bens correntes e servicios 18.485,29 Euros Capítulo 4º Transferencias correntes 444.061,86 Euros Capítulo 6º Inversións reais 8.272.000,00 Euros Capítulo 7º Transferencias de capital 1.357.980,45 Euros Total expediente de modificación de crédito 10.092.527,60 Euros Dito expediente exporase ó público, a efectos de reclamacións, por un período de quince días hábiles, quedando definitivamente aprobado en caso de non producirse as mesmas. ------ Folla: 3.4874.- TERCEIRO EXPEDIENTE DE MODIFICACIÓN DE CRÉDITOS 2003 (SUPLEMENTOS) DO ORGANISMO AUTÓNOMO PROVINCIAL DE XESTIÓN DE RECURSOS LOCAIS (ORAL) Sr. Presidente.- Punto terceiro. Terceiro expediente de modificación de créditos 2003 (suplementos) do Organismo Autónomo Provincial de Xestión de Recursos Locais (ORAL). Ten a palabra o Vicepresidente económico. Sr. Pedrosa Fernández.- Gracias Sr. Presidente. Este es el tercer expediente de modificación de créditos del Organismo Autónomo ORAL. Asciende a un total de 276.000 euros con el siguiente reparto: 4.000 euros en la partida de formación y perfeccionamiento del personal laboral; 217.000 euros en la partida de adquisición e inversión y mejoras, concretamente esto es para la adquisición de locales para el Organismo ORAL para los ayuntamientos de Vilagarcía y A Estrada; otra partida de 8.000 euros en la adquisición de instalaciones, maquinarias y utillaje; y por último una partida de 47.000 euros en la partida de adquisición de mobiliario y enseres. Esas cuatro partidas suman ese total de 276.000 euros todo el con cargo a remanentes de Tesorería. Sr. Presidente.- ¿Algunha intervención?. Non hai intervencións. Votamos polo tanto, terceiro expediente de modificación de créditos do Organismo Autónomo de Recursos Locais. ¿Votos en contra?. ¿Abstencións?.O Grupo Socialista e o BNG. ¿A favor?. O Grupo Popular. Apróbase por maioría. Visto o terceiro expediente de modificación de créditos 2003 (suplementos) do Organismo Autónomo Provincial de Xestión de Recursos Locais, por un total de 276.000,00 euros, motivado pola necesidade de realizar gastos que non poden demorarse ata o exercicio seguinte, e ó non existir consignación suficiente no Estado de Gastos do Presuposto corrente, e que será financiado con cargo ó remanente de Tesourería procedente da liquidación do Presuposto do ORAL, correspondente ó exercicio de 2002, o Pleno, de conformidade co dictame da Comisión Informativa de Economía e Facenda, acorda por maioría de votos do Grupo Popular e coa abstención do Grupo Socialista e do BNG, prestar aprobación ó expediente, incrementando a dotación presupostaria das partidas que a continuación se indican nas seguintes contías: Partida Denominación Importe 03/861.611.163.00 Formación e perfeccionamento persoal laboral 4.000,00 ¤ 03/861.611.622.03 Adquisición. Inversión nova e melloras 217.000,00¤ 03/861.611.623.01 Adquisición. Instalacións, maquinaria e utillaxe 8.000,00¤ 03/861.611.625.01 Adquisición. Mobiliario e enseres 47.000,00¤ TOTAL 276.000,00¤ O financiamento do expediente realízase con cargo ó remanente de Tesourería dispoñible procedente da liquidación do presuposto do ORAL, correspondente ó exercicio de 2002. Dito expediente exporase ó público, a efectos de reclamacións, por un período de quince días hábiles, quedando definitivamente aprobado en caso de non producirse as mesmas. ------ Folla: 4.4875.- RESOLUCIÓN DE ALEGACIÓNS PRESENTADAS Ó PROXECTO DE "URBANIZACIÓN DOS ACCESOS Ó CEMITERIO DE LALÍN". APROBACIÓN DEFINITIVA DO PROXECTO E DA RELACIÓN DEFINITIVA DE PROPIETARIOS E BENS AFECTADOS Sr. Presidente.- Punto número catro. Resolución de alegacións presentadas ó proxecto de "Urbanización dos accesos ó Cemiterio de Lalín". Aprobación definitiva do proxecto e da relación definitiva de propietarios e bens afectados. Como saben vostedes no Pleno de febreiro adoptouse o acordo da aprobación inicial do referido proxecto, adoptouse tamén o acordo de exposición pública do proxecto, declaración de utilidade pública e solicitude á Xunta de Galicia de declaración de urxente ocupación de bens e terreos. En febreiro inicia a Consellería o expediente, publicase o edicto no Boletín Oficial da Provincia nº 41, polo que se expón ó público, e durante a exposición pública formularon alegacións distintos propietarios, en concreto Dª Josefina Otero Blanco e Dª Monserrat Presas López, tal como consta no oficio do Rexistro Xeral da Deputación do 28-03. Polo tanto neste sentido proponse ó Pleno o seguinte acordo: Primeiro, a resolución das alegacións presentadas ó referido proxecto, a primeira, estima-la alegación formulada por Dona Josefina Otero Blanco, en canto a cotitularidade da mesma sobre a finca nº 7 do parcelario con Dona Cándida Otero Ulloa conforme a escritura aportada pola alegante. Segundo, estimar parcialmente a alegación formulada por Dª Mª Monserrat Presas López con base no informe emitido polo Enxeñeiro Técnico Xefe da zona norte en canto a que o acceso á finca construirase durante a execución da obra ó igual que os cerres, se non foran obxecto de indemnización. Terceiro, desetimar parcialmente a alegación formulada por Dª Mª Monserrat Presas López segundo o referido informe técnico, en canto a que as aliñacións veñen definidas polo Plan de Ordenación de Lalín, non dependendo do proxectista, sendo a nova aliñación a definida polo borde exterior da beirarrúa e no que respecta á valoración dos bens afectados por non ser este o momento procedimental oportuno para opoñerse a ela. Cuarto, a aprobación definitiva do proxecto "Urbanización dos accesos ó Cemiterio de Lalín" con presuposto para coñecemento da Administración de 1.664.636,33 euros, desglosado en presuposto de execución por contrata por importe de 1.592.336,33 e capítulo de expropiacións por importe de 72.300 euros. E a aprobación definitiva da relación de propietarios e bens afectados conforme ó seguinte detalle, que creo que non é necesario le-los corenta e un afectados por esta obra que vai levar a cabo a Deputación na súa estrada que pasa por diante do Cemiterio de Lalín. Esto en definitiva é o que se lle propón que acorde o Pleno da Deputación Provincial. ¿Algunha intervención?. Non hai intervencións. Votamos polo tanto o acordo que acabo de expoñer. ¿Votos en contra?. ¿Abstencións?. ¿A favor?. Apróbase por unanimidade. Aprobándose inicialmente o proxecto "Urbanización dos accesos ó cemiterio de Lalín", en virtude de acordo plenario de 27 de decembro de 2002, con presuposto para coñecemento da Administración de 1.664.636,33¤, desglosado en presuposto de execución por contrata por importe de 1.592.336,33¤, e capítulo de expropiacións por importe de 72.300,00¤, para o que se instou perante a Consellería de Xustiza un expediente de urxente ocupación; expoñéndose ó público o referido proxecto e o expediente expropiatorio que conleva, en virtude de edicto publicado no Boletín Oficial da Provincia nº 41, de 28-02-03, e como queira que se presentaron diversas alegacións, o Pleno, de conformidade co dictame da Comisión Informativa de Vías e Obras acorda por unanimidade: 1.- A resolución das alegacións presentadas ó referido proxecto, no seguinte sentido: A) Estima-la alegación formulada por Dona Josefina Otero Blanco (DNI nº 76790639X), en canto á cotitularidade da mesma sobre a finca nº 7 do parcelario con Dona Cándida Otero Ulloa, conforme a escritura aportada pola alegante. B) Estimar parcialmente a alegación formulada por Dona María Montserrat Presas López (DNI nº 76798024), con base no informe de 02-04-03, emitido polo Enxeñeiro Técnico Xefe da Zona Norte, en canto a que o acceso á finca se construirá durante a execución da obra, ó igual que os peches, se non foran obxecto de indemnización. C) Desestimar parcialmente a alegación formulada por Dona María Montserrat Presas López, segundo o referido informe técnico, en canto a que as aliñacións veñen definidas polo Plan de Ordenación de Lalín non dependendo do proxectista, sendo a nova aliñación a definida polo borde exterior da beirarrúa; e no que respecta a valoración de bens afectados por non ser este o momento procedimental oportuno para opoñerse a ela. 2.- A aprobación definitiva do proxecto "Urbanización dos accesos ó cemiterio de Lalín", con presuposto para coñecemento da Administración de 1.664.636,33¤, desglosado en presuposto de execución por contrata por importe de 1.592.336,33¤, e capítulo de expropiacións por importe de 72.300,00¤. 3.- A aprobación definitiva da relación de propietarios e bens afectados, conforme ó seguinte detalle: Nº FINCA PROPIETARIO BENS AFECTADOS 1 Licesio Otero Toimil Vilar, nº 4, Botos-Lalín 91,66m² de horta 2 Luisa Neira García Avda. Carballido, nº 3- Donramiro-Lalín 38,32 m² de horta 3 Victoria Otero Barcala Representante: Delfín Otero Barcala Padrón, nº 23 Botos-Lalín 45,84 m² de horta 4 Manuel Silva Fernández Rúa da Romea, nº 7 - Lalín 31,05 m² de horta 5 Luisa Neira García Avda. Carballido, nº 3-Donramiro-Lalín 45,28 m² de horta 6 Manuel Otero Blanco Rúa da Romea, nº 11 - Lalín 30,31 m² de horta 7 Cándido Otero Ulloa e Josefina Otero Blanco Rúa dos Olmos, nº 24-Lalín O Empalme, nº 10. Donramiro-Lalín 76,27 m² de horta 8 Luisa Neira García Avda. Carballido, nº 3. Donramiro-Lalín 41,97 m² de horta 9 Ramón Pumeda Taboada Rúa da Romea, nº 19-Lalín 41,97 m² de horta 10 Víctor Otero Barcala Espinosa Montes, nº1-Guipúzcoa 57,96 m² de horta 11 José Carlos García Vázquez Camiño da Costa, nº 5-Donramiro-Lalín 322,80 m² de horta 12 Camiño público 53,48 m² 13 Manuel Areán Neira Donramiro, nº 81-Lalín 43,27 m² de horta 14 Amelia Carballude Silva Rúa da Romea, nº 23-Lalín 5,12 m² de horta 17 Luisa Neira García Rúa Donramiro, nº 69-Lalín 245,27 m² de monte 18 Mª del Carmen Neira García Rúa Donramiro, nº 74-Lalín 117,05 m² de monte 19 Francisco García Salgado Rúa da Capela, nº 7-Lalín 264,64 m² de monte 20 Carmen Lalín Neira Rúa Ramón Aller, nº 32-1ºD-Lalín 173,04 m² de monte 21 Manuel Areán Neira Rúa Penatoares, nº 14-1º D-Lalín 122,14 m² de monte 22 Jesús García Cuñarro Travesía Filgueiroa, nº 5-Lalín 152,68 m² de monte 23 Roberto Silva González Avda. Montserrat, nº 14-Donramiro-Lalín 207,02 m² de horta 24 Manuel Fernández Fariña Entrada Carballiño, nº 18-Lalín 116,35 m² de horta 24' José Fernández Barcala Pintor Laxeiro, nº 28-4º B-Pontevedra 137,84 m² de horta 25 José Daparte Lemos Rúa G, edif. Neptuno, 3º E-Lalín 343,52 m² de horta 28 Vivendas MOPU 67,90 m² de horta 30 Galpóns MOPU 286,62 m² de horta 31 Fernando Antonio Gómez Ron Lugar da Romea, nº 4-Donramiro-Lalín 3,62 m² de horta 32 Domingo Aller Rodríguez Rúa Filgueiroa, s/n, Lalín 2.909,10 m² de horta 34 Herdeiros María Josefa López Vázquez Lugar de Romea, nº 3-Donramiro-Lalín 817,95 m² de horta 35 Herdeiros Esperanza López Vázquez Lugar de Filgueiroa, nº 24-Donramiro-Lalín 807,37 m² de horta 39 Julio García Gómez Praza Calvo Sotelo, nº 7-1º-Lalín 63,90 m² de monte 40 Cándido Varela Otero Avda. Montserrat, nº 4-Lalín 468,25 m² de monte 41 Julio Couso Riádigos Rúa do Castro, nº 25-Lalín 62,90 m² de horta Contra o presente acordo poderán os interesados interpoñer recurso potestativo de reposición perante o mesmo órgano que o dictou, no prazo de un mes a partires da notificación do presente acordo ou ben directamente recurso contencioso-administrativo, no prazo e perante os órganos que determinan os artigos 8 e seguintes e artigo 46 da Lei da Xurisdicción Contencioso-Administrativa. ------ Folla: 5.4876.- APROBACIÓN DO PROXECTO DE CONVENIO ENTRE UNIÓN FENOSA, SA E A DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA PARA REGULACIÓN DE INSTALACIÓNS DE LIÑAS ELÉCTRICAS NAS MARXES DAS ESTRADAS PROVINCIAIS Sr. Presidente.- Punto cinco. Aprobación do proxecto de Convenio entre Unión Fenosa, S.A. e a Deputación Provincial de Pontevedra, para regulación de instalacións de liñas eléctricas nas marxes das estradas provinciais. E por suposto autorizar ó Presidente para a súa sinatura. Ben, fruto de moitas conversacións que tivemos con Unión Fenosa e reunións por suposto, dende o ano 2001 tanto a Deputación de Ourense como a Deputación da Coruña, chegamos a un acordo con Unión Fenosa dado que nos plantexaba moitisimos problemas á hora de mellora-las estradas, á hora de instalacións de novas liñas eléctricas, soterramento de liñas, etc., etc., á parte dos problemas fundamentais de retraso na retirada por exemplo de postes de conducción eléctrica, e que polo tanto era necesario establecer un convenio que regulase as relacións nestes casos entre a empresa Unión Fenosa e as Deputacións Provinciais, en liñas xerais das catro Deputacións Provinciais. En concreto a Deputación de Ourense xa o levou ó Pleno e xa o aprobou, e esto é o que se somete á aprobación do Pleno a autorización para sinatura do Presidente. Como o borrador de proxecto de convenio supóñome que tódolos Deputados tiveron ocasión de velo, eu non vou a entrar en máis detalle, simplemente é, como digo, establece-las relacións en canto a obras que poida face-la Deputación nas estradas provinciais cando choca con intereses de Unión Fenosa en canto a retirada de postes, ou viceversa, cando quere Unión Fenosa establecer postes en terreos de dominio público afectados polas estradas provinciais. Intervencións. Sr. Mosquera. Sr. Mosquera Lorenzo.- Gracias Sr. Presidente. A nós o que nos gustaría é saber exactamente cales son os beneficios para esta Institución deste convenio. Todos estamos peleando diariamente coas subministradoras en xeral, e neste caso con Unión Fenosa, e lido o convenio en principio o que se deduce é que a Deputación de Pontevedra tiña problemas con Fenosa porque non quere cambiar un poste ou enterrar unha canalización, e ó final o que se plasma no convenio son as condicións xenéricas que Unión Fenosa pon a tódalas administracións para facer eso, única e exclusivamente. Eso, da lectura do convenio, é o que se deduce, o cal non sei exactamente que sentido ten o convenio, non sei se senón aclarase exactamente cal é o beneficio para esta Institución, pero polas relacións que hai e polas normas que poñen sempre, son sempre as mesmas, se vostede quere desprazar unha conducción ou enterrala faga vostede a obra civil, nós dámoslle os tubos e eles só se encargan de mete-la canalización. Din que é moi cara, etc., etc.; esas son as normas que pon Unión Fenosa sempre, salvo a algunha excepción por outras cousas e demais, sempre, e entón facer un convenio para acepta-las condicións de Unión Fenosa, bueno, queda por escrito, pero queda por escrito aberto á excepcionalidade; quedaremos na mesma situación que estabamos, máis ou menos, salvo que se nos diga o contrario e se nos xustifique co texto do convenio algo que non alcanzamos a entender; non acabamos de verlle os beneficios a ese posible acordo, a ese posible convenio. Máis ou menos é como está funcionando agora, se é que esta Institución estivo aceptando as condicións de Unión Fenosa; a partir de agora comprométese a aceptalas simplemente. Nada máis. Sr. Presidente.- Gracias Sr. Mosquera. ¿Algunha intervención máis?. Non hai intervencións. Vamos a ver, en primeiro lugar, primeiro beneficio, indudablemente vamos gañar en tempo. Á hora de dar autorización a Deputación Provincial lle marque uns prazos que ten que cumprir necesariamente para a retirada de postes. Eso creo que está moi claro no convenio. Segundo, gañamos seguridade, seguridade no senso de que moitas veces a empresa soterra cables sen deixar un croquis, por exemplo, de onde está soterrado ese cable de media tensión e de baixa tensión, sen deixar un croquis da conducción dese cable. O día de mañán pódese volver a reforma-la estrada, pódese autorizar, por exemplo, atravesa-la estrada para conducción de auga ou calquera tipo de obra que se poida facer e vostede pense o que pode pasar cun palista, por exemplo, que tropece cun cable de alta tensión. Polo tanto gáñase en seguridade. Terceiro, vostede sabe perfectamente que ata agora viñamos con moitos problemas con Unión Fenosa paralizando permisos de instalación de vías porque non se solicitaba o permiso correspondente con informe dos enxeñeiros de Vías e Obras. Encontrábamonos en certos casos con que estaban facendo a obra e tiñamos que denuncialo e segui-lo procedemento para paralizalo. Agora comprométese a ter informe previo dos servicios de Vías e Obras. E logo pois hai casos excepcionais, como poden ser pontes, poden ser transformadores, incluso núcleos urbáns onde non se pode marca-las distancias do tendido eléctrico e incluso de transformadores e para trasladar eses transformadores ou incluso para instalalos regúlase todo o que é estes casos excepcionais. Ata agora practicamente os gastos, excepto o que é coloca-los cables, tíñao que paga-la Deputación, e non vai ser así, non vai ser así. Por eso chegamos a un acordo practicamente tódalas Deputacións de Galicia. É o mellor convenio que podemos asinar nestes momentos con esta compañía. Polo tanto eu creo que beneficios indudablemente ten e bastantes. Sr. Mosquera. Sr. Mosquera Lorenzo.- Acábamo de poñer moito peor. Está recoñecendo que ata agora Unión Fenosa nin pedía permiso, porque se pide permiso ten que trae-los croquis. Sr. Presidente.- Nalgúns casos. Sr. Mosquera Lorenzo.- A cuestión é que Fenosa estaba facendo o que lle dá a gana e agora pon as súas condicións para plasmalo nun convenio sen ningunha contraprestación. En todo caso, se vostedes están tan entusiasmados con este convenio, nós non lle acabamos de ve-las vantaxes e vámonos abster. Sr. Presidente.- Gracias Sr. Mosquera. Un nunca está entusiasmado, senón que é o mellor convenio que podemos discutir con eles, e, xa digo, non só a Deputación Provincial de Pontevedra senón o resto das Deputacións galegas, polo tanto non debe ser tan malo cando todos chegamos a un acordo. Pero entusiasmados dende logo que non; o que quixéramos é que todo fora a cargo de Unión Fenosa, non cabe dúbida. Procedemos polo tanto á votación da aprobación deste convenio con Unión Fenosa e autorización ó Presidente da Deputación para asinalo. ¿Votos en contra?. ¿Abstencións?. O BNG. ¿A favor?. Os Grupos Popular e Socialista. Apróbase por maioría. Remitíndose por Unión Fenosa Distribución, S.A. a esta Deputación Provincial o proxecto de "Convenio para a regulación de instalacións eléctricas nas marxes das estradas provinciais" o 03-04-03; emitíndose informes favorables polo Sr. Vicesecretario e o Sr. Enxeñeiro-Director de Vías e Obras, con datas 3 e 9-04-03, respectivamente; e emitíndose informe de 14 dos correntes polo Sr. Interventor, no que advirte que respecto á Estipulación IV do referido proxecto de convenio non se regula o procedemento a seguir, ou ben realizando a Deputación as obras de arranque de apoios, apertura de ocos e formigonado, así como instalacións subterráneas, apertura e peche de gabias e colocación de tubos, ou ben directamente Unión Fenosa previa presentación de presuposto de obras nesta Deputación, o Pleno, de conformidade co dictame da Comisión Informativa de Vías e Obras, acorda por maioría de votos dos Grupos Popular e Socialista e coa abstención do BNG, a aprobación do proxecto de Convenio entre Unión Fenosa Distribución, S.A. e a Deputación Provincial de Pontevedra para a "Regulación das instalacións de liñas eléctricas nas marxes das estradas provinciais. ------ Folla: 6.4877.- CONVENIO COA FUNDACIÓN GALICIA EMIGRACIÓN PARA ACTIVIDADES Sr. Presidente.- Punto número seis. Convenio coa Fundación Galicia Emigración para actividades. A Consellería da Emigración solicitou das Deputacións Provinciais de Galicia unha cooperación económica para colaborar nas axudas extraordinarias e urxentes en materia tanto social, como sanitaria, como económica, incluso alimentaria, a emigrantes, fundamentalmente do cono sur de América Latina e tamén de Venezuela. Neste sentido, polo menos a Deputación de A Coruña e a Deputación de Pontevedra cren que deben estar nesta Fundación, entrar como patronos tamén do Padroado da Fundación Galicia Emigración. Creo que é unha cantidade que non repercute substancialmente nos presupostos da Deputación Provincial e sen embargo creo que ten un fin social importantisimo e sobre todo nestes momentos de grave crise nestes países como Arxentina, Uruguay, etc. Polo tanto consideramos positivo o asinar este convenio. A Fundación comprométese a fin de ano a mandar unha relación de tódalas persoas que foron atendidas con cargo a estas partidas que aportamos á Fundación. É un convenio para atende-las necesidades que dixen ó principio, e que supón para a Deputación 150.000 euros de aportación no ano 2003. Sr. Mosquera. Sr. Mosquera Lorenzo.- Gracias Sr. Presidente. É francamente impresionante como vostedes un fin que podía ser absolutamente razonable o deterioran no funcionamento concreto e na práctica diaria. Primeiro, xa é absolutamente sorprendente que a Consellería de Emigración teña unha Fundación Galicia Emigración, ou sexa, andamos multiplicando Fundacións, etc., cando debería se-la propia Consellería a que se encargara das súas actuacións. Tamén é sorprendente que por unha cantidade de 50.000.000 de pesetas, que é o que estamos falando da Deputación da Coruña e de Pontevedra, vintecinco cada unha, se recurre a un convenio, unha fundación, etc. Se estivéramos falando de cuestións maiores de atención ós emigrantes, podíase colaborar, creo que a vía sería moito máis limpa. Se había que aportar fondos desta Deputación se aportaban, pero para algo substancial non para 50.000.000 de pesetas. En fin, non parece que vaian a dar para moitas cousas. Vostede nos di aquí que é para eses fins. No convenio non vén exactamente así, vén actividades xerais de promoción da galeguidade, atención ós problemas socio non sei que, en especial médicos, creo que di así máis ou menos, non teño aquí o texto completo, pero o resume máis ou menos é ese. E se asina un convenio con nin máis nin menos unha Fundación, cun Patronato no que nos vamos a integrar segundo a proposta de convenio para o ano 2003 nada máis. E de tal xeito claro, porque o que pode ser digamos transitorio e excepcional pódese facer dunha maneira e outras cousas non, que inclusive, e me parece que non o leron, o informe de Intervención lle dá un varapau monumental. Exactamente di, segundo se indica na cláusula segunda a aportación da Deputación Provincial será desembolsada trala sinatura do convenio o que constitue un anticipo de fondos sin que se garantice o cumprimento dos fins perseguidos que están absolutamente abertos. Á hora de efectua-la xustificación dos fondos, a remisión dun informe de gastos realizados e obxectivos acadados non parece unha xustificación de gastos, esa é unha memoria, non vale como xustificación, estou lendo o informe de Intervención, estouno resumindo. E inclusive, por un período de seis meses ou de sete, mentres se formaliza eso, estamos tomando un acordo que segundo un informe de Intervención necesita a maioría cualificada de dous tercios da Corporación, e no terceiro di que a ver quen se fai cargo das responsabilidades que poida haber no funcionamento e no reparto destes fondos porque non está nada claro no convenio nin en ningún sitio, ou sexa, lle pega un varapau monumental o informe de Intervención, cousa que sempre é bastante fea e que deberían telo en conta e que é consecuencia lóxica do que estou dicindo, de como se está tramitando esto e a que fins. E non quero recorrer a que xa estamos en época preelectoral e demais, non quero recorrer a eso, non quero recorrer porque é un argumento moi sobado e que non me parece que teña moito sentido. Vamos ó fondo da cuestión que é bastante chapucero. Por eso dicía antes que o que aparentemente vai cun fin máis ou menos razonable ou neste caso superxustificado, á hora da tramitación concreta en canto ás cantidades que se manexan, en canto á tramitación e en canto ós fondos, en canto ó posicionamento, en canto ás formalidades, aí a verdade é que a chafan absolutamente, total e absolutamente. Se seguen adiante con esto, dende logo eu non sei se fai falta a maioría cualificada ou non, non sei como vai se-la votación, con nós non se intentou modificar, mirar, concretar, afinar, nada de nada. Nós vámonos abster, como se diría, con dolor de corazón, pero esto non é moi de recibo, tal como se tramitou. Estamos de acordo co fin, pero a tramitación é moi mala. Sr. Presidente.- Gracias Sr. Mosquera. As palabras exactas que eu dixen están expresamente no contido do convenio, non están no preámbulo. No preámbulo di en liñas xerais o que vostede acaba de dicir, pero nas cláusulas di concretamente que serán para estes fins que eu dixen, para estes fins, sanitarios, alimentarios, sociais. Dio concretamente. Indudablemente trátase dunha Fundación e a inmensa maioría das fundacións o que mandan é unha memoria, non mandan unhas facturas. E polo tanto eu non vexo por qué, Sr. Mosquera, vostedes non poden cambiar de voto neste sentido, se están de acordo co fin. Eu entendo que en tódalas fundacións quen controla o gasto e quen controla a finalidade que está expresa no convenio é o Padroado, onde estará a Deputación Provincial de Pontevedra. Eu non vexo razóns de peso para que non apoien este convenio. Son moi libres de toma-la decisión que crean conveniente. Pero repito, non son só nocións xerais, que eso aparece no preámbulo, pero hai unha cláusula que di expresamente que será para estes fins. Nós dende logo vamos a seguir adiante. ¿Algunha intervención máis?. Non hai intervencións. Polo tanto, ¿votos en contra?. Non hai. ¿Abstencións?. O BNG. ¿A favor?. Os Grupos Popular e Socialista. Ben, apróbase coa maioría cualificada. De conformidade co dictame favorable da Comisión Informativa de Promoción de Emprego e Acción Social, o Pleno acorda por maioría cualificada de votos dos Grupos Popular e Socialista e coa abstención do BNG, aproba-la proposta de Convenio coa Fundación Galicia Emigración para realización de actividades xerais e en especial en "materia social, sanitaria, económica e alimentaria de emigrantes galegos", cunha aportación de 150.000,00 euros que se aboarán con cargo á partida que se habilite ó respecto, así como formar parte integrante da referida Fundación, coas obrigas previstas nos seus Estatutos. Dito Convenio é como segue: CONVENIO DE COLABORACIÓN ENTRE A FUNDACIÓN GALICIA EMIGRACIÓN E A DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA En Santiago de Compostela, a de de 2003 REUNIDOS Dunha parte o Excmo. Sr. D. Aurelio Miras Portugal, Conselleiro de Emigración, nomeado polo Decreto 21/2003 do 18 de xaneiro, publicado no Diario Oficial de Galicia número 12, do mesmo mes e ano, e na súa calidade de Presidente da Fundación Galicia Emigración, consonte ás facultades que para vincularse neste acto ten conferidas no artigo 14 dos Estatutos da Fundación. E da outra o Excmo. Sr. D. Manuel Abeledo López, Presidente da Deputación Provincial de Pontevedra, ó abeiro das competencias que para vincularse neste acto se lle confiren na Lei Reguladora das Bases de Réxime Local, Lei 7/85, de 2 de abril, e a Lei 5/97, da Administración Local de Galicia. As partes recoñécense mutuamente capacidade para outorga-lo presente Convenio de colaboración e a tales efectos MANIFESTAN Primeiro.- Que a Fundación Galicia Emigración é unha entidade calificada como benéfico-social pola Orde da Consellería da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública, do 14 de maio de 2002 (DOG, nº 95, do 20 de maio) e declarada de interese galego pola Orde da Consellería de Emigración e Cooperación Exterior do 20 de maio de 2002 (DOG nº 100, do 27 de maio) e inscrita no Rexistro Único de Fundacións de Interese Galego, co número 2002/24. Segundo.- Que a Fundación Galicia Emigración ten por finalidade promover, incentivar e executar cantas accións se orienten á potenciación e difusión da galeguidade en calquera parte do mundo, en especial nos lugares onde estén radicadas comunidades galegas así como a realización de accións encamiñadas a apoiar ós emigrantes galegos retornados e ós seus descendentes. Así mesmo polo seu Padroado, na reunión celebrada o día 1 de decembro, aprobou a memoria de actividades para 2003 onde se fai especial incidencia nos aspectos de apoio socio sanitario ós emigrantes. Terceiro.- Que a Deputación Provincial de Pontevedra, na súa función de apoio ós municipios da provincia amosa unha especial sensibilidade en relación á situación dos veciños que residen fóra de Galicia, en especial daqueles que sofren dificultades acusadas en determinados países de iberoamérica e por outra banda, está interesada en colaborar coa Fundación Galicia Emigración para a consecución das citadas finalidades mediante a aportación a favor desta Fundación dunha axuda económica nos termos definidos no presente Convenio. Que, en virtude das manifestacións precedentes as partes acordan subscribi-lo presente Convenio de colaboración, consonte ás seguintes: CLÁUSULAS PRIMEIRA.- En virtude do presente Convenio, a Deputación Provincial de Pontevedra comprométese a entrega-la cantidade de cento cincuenta mil euros (150.000,00 ¤) á Fundación Galicia Emigración, en concepto de axuda económica para a realización das actividades destinadas ó cumprimento das finalidades de interese xeral que ten encomendadas nos seus Estatutos cunha especial atención á prestación de axudas extraordinarias e urxentes en materia social, sanitaria, económica e alimentaria ós emigrantes galegos e ós seus descendentes necesitados. SEGUNDA.- A aportación da Deputación Provincial de Pontevedra será desembolsada tra-la sinatura do presente convenio. TERCEIRA.- A Fundación Galicia Emigración en execución do presente convenio comprométese a: - Difundi-la colaboración prestada pola Deputación Provincial de Pontevedra durante o período de vixencia do presente Convenio consonte ó sinalado no artigo 25 da Lei 49/2002, do 23 de decembro, de réxime fiscal ás entidades sen fins lucrativos e dos incentivos fiscais ó mecenazgo. - Incorporar á Deputación Provincial de Pontevedra, consonte ó determinado no artigo 10 dos Estatutos da Fundación, ó Padroado da Fundación. - A remitir á Deputación Provincial un informe comprensivo dos gastos realizados e obxectivos acadados en execución do presente Convenio. CUARTA.- O presente Convenio manterá a súa vixencia ata o 30 de decembro de 2003. QUINTA.- As lagoas ou diverxencias que puideran apreciarse na aplicación do presente Convenio integraranse, interpretaranse e resolveranse por unha comisión paritaria integrada por igual número de técnicos que designen ó efecto a Deputación e a Fundación. Contra os acordos desta Comisión poderanse interpoñe-los oportunos recursos contencioso-administrativos diante do órgano xurisdiccional dese orde que resultase competente consonte ás normas procesais e de planta en vigor. Tamén se poderá interpoñer calquera outros recursos e accións que en dereito foran admisibles segundo o Ordenamento Xurídico español. E en proba da plena e voluntaria conformidade dos interviñentes coas estipulacións arriba consignadas, ámbalas partes asinan e rubrican o presente instrumento convencional, por cuadriplicado exemplar, no lugar e data do seu encabezamento. POLA FUNDACIÓN GALICIA EMIGRACIÓN O PRESIDENTE CONSELLEIRO DE EMIGRACIÓN, Asdo. Aurelio Miras Portugal POLA DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA O PRESIDENTE, Asdo. Manuel Abeledo López ------ Folla: 7.4878.- APROBACIÓN DAS MODIFICACIÓNS DOS ESTATUTOS DA FUNDACIÓN DA AXENCIA INTERMUNICIPAL DA ENERXÍA DE VIGO Sr. Presidente.- Punto número sete. Aprobación das modificacións dos Estatutos da Fundación da Axencia Intermunicipal da Enerxía de Vigo. Ben, eu voulle da-la palabra ó Sr. Viéitez que foi o promotor perante esta Deputación de todo o tema da Axencia Intermunicipal da Enerxía de Vigo, que aprobamos os Estatutos, se non recordo mal, no último Pleno desta Deputación Provincial. Con posterioridade a Consellería da Presidencia fixo unhas correccións e para que as expoña e aprobemos os Estatutos con estas correccións doulle a palabra ó Sr. Viéitez para que o explique a todo o Pleno. Sr. Viéitez. Sr. Viéitez Alonso.- Bos días. Gracias Sr. Presidente. Lamento que veña outra vez aquí pero xa ven vostedes que o tema das Fundacións é un tema moi controlado pola Consellería da Presidencia e sobre todo son bastante escrupulosos no tema dos Estatutos. E dá a impresión de que ás veces cando fan os informes sempre se lles queda algo atrás porque nunha segunda lectura volven outra vez a facer novas propostas de modificacións. O que se trae aquí está recollido no expediente e vén informado pola Xefa do Servicio de Fundacións da Consellería da Presidencia onde nos recomendan que adaptemos os Estatutos nunha serie de cuestións como a eliminación do termo benefactores, que hai que suprimilo; que debemos de cuantificar ben os membros, e que os beneficiarios da Fundación son os destinatarios da súa actividade e poderán ser persoas físicas ou xurídicas que reunan as condicións que se fixen nos Estatutos, tendo sempre en conta que a determinación dos beneficiarios será efectuada polo Padroado con criterios de imparcialidade e non discriminación. E despois tamén fai referencia a un Decreto na proposta inicial, que estaba derogado. Esta proposta inicial, que foi aprobada na Comisión Informativa por unanimidade e con estas correccións, se volveu a enviar ó Negociado de Fundacións da Consellería da Presidencia, que nos fixo dúas observacións que quero aportar aquí "in voce", que no fondo non modifican substancialmente os Estatutos. En primeiro lugar eles entendían que os patróns de honra tiñan voz pero non tiñan voto. Entón o que procedemos é a darlle unha nova redacción para que así quedase máis claro e polo tanto se modifica o artigo 16 do seguinte xeito: O Padroado constituese integrado por un total de 22 membros que contarán con voz e voto, que se adscribirán ós seguintes cargos. Se relacionan tal todos e como estaban amais dos tres patróns de honra nomeados polo mesmo. Nós entendemos que con esta redacción queda claro, por se puidera haber algunha dúbida, de que os patróns de honra non tiveran voto, que esa era a intención dende un principio pero parece ser que nesta segunda lectura non lles quedaba claro. E unha segunda corrección que nos indican, que é que os acordos adoptaranse por maioría absoluta dos asistentes e será dirimente en caso de empate o voto do Presidente. Parece ser que esa é unha condición "sine qua non" no tema das Fundacións. Nós o que fixemos foi recollelo. E facer unha corrección, porque hai unha equivocación no propio artigo 19, no primeiro parágrafo. No borrador de Estatutos que vén no expediente fai referencia ó apartado catro do artigo 13 e é do artigo 16. Eu creo que aí houbo unha confusión na transcripción. Gracias. Sr. Presidente.- Gracias Sr. Viéitez. O Grupo Popular, como fixo xa no primeiro momento, vai votar a favor, non podería ser doutra forma; pero eu queríalle recordar ó Sr. Mosquera que aquí tamén é a Fundación a que vai a manexa-lo diñeiro, igual que na anterior, exactamente igual que na anterior, é dicir, non van mandar facturas. Polo tanto, procedemos á aprobación dos Estatutos con estas modificacións. ¿Votos en contra?. ¿Abstencións?. ¿A favor?. Apróbase por unanimidade. Sr. Mosquera, desafóguese. Sr. Mosquera Lorenzo.- Non, non aproveite comentarios para votar pullas, léase exactamente o apartado 5 do informe do Interventor da Deputación Provincial de Pontevedra referente ó Convenio Fundación Galicia Emigración-Deputación Provincial de Pontevedra. Á hora de efectua-la xustificación dos fondos recibidos, a remisión dun informe de gastos realizados e obxectivos acadados parece un tanto indeterminado, debéndose remitir facturas xustificativas do gasto realizado para o desenvolvemento das actividades obxecto do Convenio. Estamos cun Convenio para un fin determinado, bastante determinado pero indeterminado, no que segundo Intervención hai que xustificalo. Estoume referindo a eso, estouno dicindo eu, pero estao dicindo o informe de Intervención, supoño que con toda a razón dadas as elevadas sospeitas que hai en certos usos e demais, que pouco ten que ver por non dicir nada o tema que acabamos de votar. Sr. Presidente.- Ben, simplemente dicirlle, Sr. Mosquera que eu non quero debates inocuos por suposto, e este é un debate inocuo, pero se agora neste momento vostede quere poñe-las persoas de Arxentina, de Uruguay, de Venezuela, a quen se lle vai axudar para que sexa un gasto determinado, pois xa me dirá vostede como podía facelo. É unha Fundación que vai destina-lo diñeiro ós fins que dixen e a outra Fundación vaise dedicar a outro tema. Sr. Mosquera Lorenzo.- Sr. Abeledo, con perdón, me dá a sensación de que está espeso. Primeiro, está un pouquiño espeso, porque inocuo significa creo que o contrario do que está dicindo. Pero á parte deso haberá facturas do que se comprou, ou que se lle dá, ¿si ou non?. Ben, pois a Fundación Galicia resérvase non mandalas á Deputación nin xustificar nada aquí, que a eso é o que se refire o informe de Intervención. Creo que é bastante claro, é dicir, nós pagamos 25.000.000 de pesetas; a Fundación úsaos como quere; non aparece claro quen son os responsables do funcionamento deso, nin se van a remitir facturas ou xustificantes de gasto para comproba-lo fin ó que mandamos eses 25.000.000. E hai outros convenios asinados nos que calquera que aporte cartos recibe a xustificación. Por exemplo asinamos un convenio Deputación-Concello para arranxa-lo vial de Montecelo, correcto, o Concello cando libra os fondos hai que pasarlle a factura para xustificar que eses fondos se poden librar. E aquí parece que ese trámite, que é universal cando se dan fondos dun organismo público, neste caso non rixe. Eu creo que é mellor non seguir liando, está moi claro. Ben, alá vostedes. Sr. Presidente.- Gracias Sr. Mosquera. O responsable de vixiar exactamente onde se invirte este diñeiro exactamente en toda Fundación é o Padroado da Fundación, e outra cousa son os patróns que aportan o capital. Eu creo que eso pasa en tódalas Fundacións, independientemente que o Sr. Interventor dixera o que creía conveniente neste caso. Tódalas Fundacións creo sinceiramente que funcionan así e é o Padroado o que dá conta dos gastos e onde se gasta. De conformidade co dictame da Comisión Informativa de Medio Ambiente e Urbanismo, o Pleno acorda por unanimidade aproba-la nova redacción que se propón dos Estatutos da "Fundación Axencia Intermunicipal de Enerxía de Vigo (FAIMEVI)", unha vez incluídas as modificacións esixidas polo Servicio de Fundacións da Consellería da Presidencia, que deberán formar parte da escritura pública da Carta Fundacional e que regularán o funcionamento da Fundación. Ditos Estatutos, unha vez incluídas as devanditas modificacións, quedan redactados da seguinte maneira: ESTATUTOS DA FUNDACIÓN AXENCIA INTERMUNICIPAL DA ENERXÍA DE VIGO TÍTULO I NATUREZA XURÍDICA. DENOMINACIÓN. ÁMBITO E DOMICILIO Artigo 1º.- Natureza xurídica e denominación. 1.- Ó abeiro do establecido no artigo 34.1 da CE coa denominación de "Fundación Axencia Intermunicipal da Enerxía de Vigo (FAIMEVI), constitúese unha organización de carácter fundacional, que se rexerá pola Lei 7/1983, de 22 de xuño sobre Réxime das Fundacións de Interese Galego, reformada pola Lei 11/1991, de 8 de novembro, polo Regulamento de Organización e Funcionamento do Protectorado das Fundacións de Interese Galego, aprobado por decreto 248/1992, de 18 de xuño, polas demais disposicións vixentes aplicables e polos presentes Estatutos. 2.- A fundación terá personalidade xurídica propia e plena capacidade de obrar, sen máis limitacións que as establecidas polas leis e polos presentes Estatutos. Artigo 2º.- Ámbito. O ámbito territorial en canto ós intereses colectivos a satisfacer e ós sectores sobre os que se pretende actuar para acadar unha mellor e más racional utilización da enerxía será o territorio da Área Intermunicipal de Vigo, sen prexuízo de poder saír dela cando o obxecto e os fins da fundación o requiran. Artigo 3º.- Domicilio. 1.- A Fundación terá o domicilio en Vigo, en local cedido en uso dentro da casa do Concello, sita na Praza do Rei, s/n, podendo ser substituído por outro por acordo do seu Padroado, coa inmediata comunicación ó Protectorado na forma prevista na lexislación vixente. 2.- Os órganos colexiados da Fundación poderán celebrar validamente reunións en calquera localidade dentro do seu ámbito territorial. 3.- Poderán establecerse delegacións, subsedes, oficinas ou sucursais en calquera punto, incluso fóra da comunidade autónoma, sempre que a medida responda ó principio de lograr unha maior funcionalidade e ó achegamento da Fundación ós cidadáns. TÍTULO II OBXECTO, FINS E BENEFICIARIOS DA FUNDACIÓN Artigo 4º.- Obxecto. Con carácter xeral o obxecto da Fundación é destinar e afectar un patrimonio á realización sen ánimo de lucro de fins xerais de interese galego, no ámbito sectorial ó que a súa denominación e fins se contrae. Concretamente dentro do seu obxecto intégranse: a) A realización de estudios de planificación e programación para establecer un plan de actuación enerxética. b) Incentiva-la difusión do uso racional da enerxía, dos recursos enerxéticos locais e das fontes renovábeis nos sectores da administración pública, producción de bens e servicios (PIMES e industria) e sector doméstico. c) Favorece-la diversificación, información e utilización óptimas das enerxías renovábeis. d) Mellora-la seguridade enerxética. e) Promover e mante-lo aforro enerxético. f) Difundi-la información sobre a enerxía entre os cidadáns. g) Promove-las actividades de certificación e diagnóstico enerxético nos edificios e nas industrias. h) Favorece-la integración dos obxectivos enerxéticos nos sectores medioambientais e nos sectores productivos do seu ámbito. i) Protexe-lo medio ambiente e reduci-lo impacto da polución a base da aplicación das novas tecnoloxías. j) Reforza-la investigación tecnolóxica sobre a enerxía. k) Calquera outra análoga que sirva ó obxecto xeral da Fundación. Artigo 5º.- Fins e beneficiarios. 1.- A Fundación diríxese á consecución dos seguintes fins: A) Potenciar e desenvolver proxectos que teñan en conta o aproveitamento de fontes de enerxía renovábeis, así como a optimización dos recursos enerxéticos locais. B) Apoia-la elaboración de estudios de viabilidade destinados á implantación de fontes de enerxía alternativas. C) Realización de campañas de sensibilización a favor do aforro e eficiencia enerxética. D) Apoia-la realización de auditorías medioambientais e a investigación de eficiencia enerxética. E) Informar e asesorar ós consumidores sobre as novas fontes enerxéticas. F) Elaborar un balance enerxético. G) Colaborar no seguimento das principais magnitudes enerxéticas do sector. H) Poñer en funcionamento un centro de documentación con fondos bibliográficos, documentais e audiovisuais que faciliten a conexión e a difusión da eficiencia e o aforro enerxético. I) Desenvolver unha función activa na promoción do consumo de bens con etiquetado enerxético en tódolos sectores da sociedade mediante programas de formación e de educación para persoas adultas e actividades didácticas para nenos/as encamiñadas a potencia-la capacidade de participación das persoas no aforro e a eficiencia enerxética, así como no fomento das enerxías renovábeis. J) Impulsa-la elaboración e publicación de fondos bibliográficos e documentais sobre as actividades da Fundación tanto no papel como na rede. K) Potencia-la creación dunha "Asociación de Amigos da enerxía" que facilite a comunicación e interrelación da Axencia cos cidadáns e cidadás. L) Fomenta-los mecanismos de comunicación, interrelación e coñecemento entre as diversas iniciativas sobre aforro, eficiencia enerxética e fomento das enerxías renovábeis impulsadas polos organismos adicados a tales fins, establecendo as relacións de cooperación necesarias. M) Calquera outro relacionado co obxecto fundacional e que o Padroado acorde. 2.- Serán beneficiarios dos fins da Fundación os colectivos de persoas así como as persoas xurídicas singularizadas que persigan fins de interese xeral, que utilicen a enerxía e polo tanto poidan beneficiarse da posibilidade de acada-lo seu mellor e máis racional uso, que se encontren incluídas dentro do ámbito contemplado no artigo 2º destes Estatutos. TÍTULO III DOS MEMBROS DA FUNDACIÓN Artigo 6º.- Clases de membros: A Fundación está integrada por dúas clases de membros: fundadores e patróns. Artigo 7º.- Fundadores. Contarán coa condición de fundadores os membros que constitúen e crean a Fundación e que se relacionan a continuación: Concello de Vigo. Autoridade Portuaria de Vigo. Instituto Enerxético de Galicia (INEGA). Deputación Provincial de Pontevedra. Mancomunidade da Área Intermunicipal de Vigo. Universidade de Vigo. Consorcio da zona franca de Vigo. Caixanova. Grupo PSA-Peugeot-Citroën. ISOFOTON. Gas Galicia. Unión Fenosa. Artigo 8º.- Patróns. Contarán coa condición de patróns os membros do padroazgo. A Fundación estará aberta á incorporación de novos patróns, dotados de Plenos dereitos, así como de patróns de honra que serán admitidos de conformidade co previsto nos artigos 9º e 10º seguintes, sen que estes últimos poidan exceder do número máximo previsto no artigo 16.1 dos Estatutos. Artigo 9º.- Admisión de novos patróns. A admisión de novos patróns farase por acordo motivado adoptado pola maioría absoluta dos membros do Padroado, trala solicitude ó efecto da persoa ou entidade interesada dirixida ó presidente do Padroado. A solicitude, no caso de persoas xurídicas, deberá ir acompañada da certificación do acordo adoptado polo máximo órgano da entidade no que se exprese a vontade de adhesión e o sometemento a estes Estatutos e ás normas que os desenvolven, así como as demais disposicións aplicables, co compromiso expreso de asumi-los dereitos e as obrigas que de todos eles se deriven. Artigo 10º.- Patróns de honra. Terán a consideración de patróns de honra aquelas persoas físicas ou xurídicas que en virtude de acordo adoptado pola maioría absoluta dos membros do Padroado e en atención ós seus relevantes méritos ou servicios colaborando na consecución dos fins propios da Fundación, así se designen. Artigo 11º.- Dereitos e obrigas. Os membros da Fundación terán os seguintes dereitos e obrigas: a) Cumpri-los Estatutos, normas que os desenvolven e acordos que, de forma válida, se adopten. b) Asistir con voz e voto ás reunións dos órganos colexiados en que estean representados, conforme a estes Estatutos. c) Satisface-las achegas ordinarias e extraordinarias que se establezan en cada caso e para cada clase deles. d) Participar nos órganos complementarios que no seu caso se cren, na forma que se determine. e) Cumprir e facer cumpri-los fins da Fundación, servindo ó cargo coa dilixencia dun administrador leal. f) Conserva-los bens e dereitos que integran o patrimonio da Fundación e manter plenamente a súa productividade, segundo criterios financeiros e de acordo coas circunstancias económicas. g) Recibir información por medio dos seus representantes, e obtela estes para sí no exercicio interno das súas funcións. h) Observa-las normas de disciplina, orde e cortesía nos actos en que interveñan; así como calquera outra establecida pola lexislación, por estes Estatutos e normas que os desenvolven e cantas se determinen no regulamento de réxime interior. Artigo 12º.- Responsabilidade dos patróns. En canto á responsabilidade dos patróns estarase ó previsto no artigo 17 da Lei 50/2002 de 26 de decembro de Fundacións, e demais normativa autonómica de aplicación. Artigo 13º.- Substitución, cese e suspensión dos patróns. En canto á substitución, cese e suspensión dos patróns, estarase ó previsto no artigo 16.4 dos Estatutos e no artigo 18 da Lei 50/2002 de Fundacións e demais normativa autonómica de aplicación. TITULO IV ÓRGANOS DE GOBERNO, REPRESENTACIÓN E ADMINISTRACIÓN CAPÍTULO PRIMEIRO DISPOSICIÓN XERAL Artigo 14º.- Órgano de goberno. A Fundación será dirixida, gobernada e administrada por un Padroado, sen máis limitacións que as establecidas pola lexislación vixente. CAPÍTULO SEGUNDO DO PADROADO Artigo 15º.- Funcións do Padroado. 1.- O Padroado é titular exclusivo de tódalas facultades que en dereito sexan precisas para o eficaz desenvolvemento do obxecto e fins fundacionais. Correspóndenlle, con carácter enunciativo, as recollidas no punto 3 deste artigo e a interpretación destes Estatutos; todo esto sen menoscabo de que o protectorado exerza as facultades que a lexislación vixente lle atribúe sobre as fundacións privadas. 2.- No exercicio das súas funcións o Padroado poderá levar a efecto toda clase de actos e negocios xurídicos sen máis requisitos e formalidades que os establecidos na lexislación vixente. 3.- Ó Padroado correspóndenlle as seguintes funcións: 1.- A iniciativa para a modificación dos Estatutos e a súa tramitación perante o protectorado. 2.- Aprobación dos orzamentos e aceptación de subvencións. 3.- Aprobación dos regulamentos de réxime interior e de servicios. 4.- Determinación do réxime de xestión dos servicios. 5.- Aprobación do cadro de persoal e as súas modificacións. 6.- Nomeamento e cese, tralo correspondente expediente, do director xerente e do demais persoal directivo no seu caso. 7.- Aprobación de tarifas. 8.- Aprobación de operacións de crédito, acudindo ó crédito oficial, ó público ou a préstamos de entidades bancarias ou de aforros e concertar operacións de tesourería. 9.- Adquisición, administración e disposición respecto ós bens mobles e inmobles. 10.- Nomeamento dos censores de contas e aprobación destas. 11.- Aprobación da organización de calquera evento que celebre a Fundación. 12.- Aproba-las concesións así como as súas condicións económicas e técnicas. 13.- Entender e resolver cantas cuestións lle sexan sometidas polo director xerente e así mesmo a suspensión das súas decisións cando vaian en contra da legalidade, dos presentes Estatutos, dos acordos do propio Padroado, dos intereses xerais ou do obxecto ou fins da Fundación. 14.- Admisión de novos membros, nas súas distintas modalidades e o seu cese cando proceda. 15.- O exercicio de accións en nome da Fundación perante calquera órgano xudicial, arbitral ou administrativo, en tódalas súas instancias, xurisdiccións e graos, e outorgar poderes ó efecto. 16.- A iniciativa para a transformación da Fundación e a súa disolución e liquidación, así como a súa tramitación perante o protectorado. 17.- Calquera outra que considere necesario exercer para a consecución do obxecto e fins fundacionais. 4.- A Fundación poderá delega-las súas facultades, coa excepción das que segundo a normativa vixente sexan indelegables, no Presidente. Así mesmo, poderá nomear apoderados xerais ou especiais con responsabilidades mancomunadas se son máis de un, e salvo que no nomeamento se faga consta-la solidariedade. Artigo 16º.- Os membros do Padroado. 1.- O Padroado estará integrado por un total de 22 membros que contarán con voz e voto e se adscribirán ós seguintes cargos: Presidente: O Alcalde-Presidente do Concello de Vigo. Vicepresidente: Elixido polo Padroado por maioría absoluta de entre os vocais. Vocais: Os representantes das entidades fundadoras, coa seguinte asignación: Concello de Vigo: 1 Instituto Enerxético de Galicia (INEGA): 2 Deputación Provincial: 2 Consorcio Zona Franca: 2 Caixanova: 2 Grupo PSA Peugeot-Citröen: 2 Gas Galicia: 2 Autoridade Portuaria de Vigo: 1 Mancomunidade da Área Intermunicipal de Vigo: 1 ISOFOTON: 1 Unión Fenosa: 1 Universidade de Vigo: 1 Amais dos tres patróns de honra nomeados polo mesmo. Ó Padroado poderán incorporarse novos patróns que se admitan de conformidade co previsto no artigo 9º dos presentes Estatutos. 2.- O período de mandato dos membros do Padroado será de 4 anos; podendo ser reelixidos indefinidamente por períodos de tempo de igual duración. 3.- O Presidente, o Vicepresidente e os Vocais cesarán automaticamente nos seus cargos cando cesen nos organismos ou nas entidades ás que representan. Tamén cesarán a petición propia. En ambos casos a designación de quen os substitúa operará por un período de tempo igual ó que resta do mandato. Así mesmo poderán cesar cando da súa actuación se derive un grave prexuízo para o obxecto ou fins da Fundación ou incumpran gravemente as súas obrigas de padroes. Neste caso deberá tramitarse o oportuno expediente ó efecto con audiencia do interesado previamente a que o Padroado acorde ou cese no seu caso, por maioría absoluta dos seus membros. 4.- Cando os ceses non sexan cubertos e as vacantes supoñan a maioría absoluta dos membros como mínimo, o Padroado continuará en funcións ata a data da súa renovación, adoptando só as decisións de xestión ordinaria precisas e diferindo as demais ata que se produza a renovación ou se complete a maioría absoluta. Tamén deberá adoptar aquelas outras decisións que de non facelo poidan afectar gravemente ós intereses xerais ou ó obxecto e fins da Fundación. Artigo 17º.- Réxime de sesións. O Padroado reunirase ordinariamente unha vez ó trimestre, e extraordinariamente cando o acorde o seu Presidente ou unha terceira parte dos seus membros. Artigo 18º.- Convocatoria das reunións. 1.- As reunións do Padroado serán convocadas polo seu Presidente. 2.- As convocatorias efectuaranse con catro días de antelación como mínimo á data da reunión, mediante citación dirixida a cada un dos seus compoñentes na que constará a orde do día, lugar, data, e hora de celebración. No caso de urxencia xustificada a xuízo do Presidente, este poderá convoca-lo Padroado con 48 horas de antelación, por calquera medio que acredite a recepción da citación por parte dos seus membros. Artigo 19º.- Constitución e acordos. Para a validez das reunións do Padroado deberán estar presentes cando menos a maioría dos seus membros, coa presencia do Presidente e o secretario ou persoas que os substitúan legalmente, salvo no caso previsto no apartado 4 do artig

Área de documentación

Área de notas

  • Nota

Puntos de acceso

Área de control da descrición