Fondos
2003-07-09_Ordinaria. Acta de sesión 2003/07/09_Ordinaria
Acta de sesión 2003/07/09_Ordinaria
Área de identificación
Código(s) de referencia ES.GA.36038.ADPO.1.1.3.3.33.364/1.2003-07-09_Ordinaria
Título Acta de sesión 2003/07/09_Ordinaria
Data(s) 2003-07-09 (Creación)
Volume e soporte 1 acta de sesión
Área de contexto
Institución arquivística Arquivo Deputación de Pontevedra
Área de contido e estrutura
Alcance e contido Folla: Da sesión ordinaria en primeira convocatoria, celebrada polo Pleno desta Excma. Deputación o día, 9 de xullo de 2003 No Salón de sesións da Excma. Deputación Provincial de Pontevedra, sendo as trece horas e cinco minutos do día nove de xullo do ano dous mil tres, baixo a Presidencia do Ilmo. Sr. Presidente D. Manuel Abeledo López, reuníronse as Señoras/es Deputadas/os D. Xosé Antonio Araujo Quintas, D. Manuel Ramón Conde Romero, D. Xosé Crespo Iglesias, D. Jesús María Fernández Portela, D. Alberto García García, D. Emilio González Iglesias, D. Angel Gregores Méndez, D. Rafael Louzán Abal, D. Telmo Martín González, Dona Clara Millán González, D. Xosé Cesáreo Mosquera Lorenzo, D. Constante Juan Muradas Ramos, D. Xesús Otero Varela, D. Xosé Carlos Pazos Docampo, D. Juan Luis Pedrosa Fernández, D. David Raposeiras Correa, D. Juan Reboreda Enríquez, D. Manuel Rivera Domínguez, D. Rodrigo Santiago Novas, D. Henrique Viéitez Alonso, D. Manuel Ramón Vilar Márquez e D. José Villar Pereira, co obxecto de celebrar sesión ordinaria da Deputación en Pleno, en primeira convocatoria, consonte á correspondente orde do día. Da fé do acto o Secretario Xeral, D. Rogelio Nicieza de la Cerra, e está presente o Sr. Interventor, D. Bautista Pérez Carnero. Non asisten os Sres./as Deputados/as, Dona Isaura Abelairas Rodríguez, D. Ramón Alonso Fernández, D. Emilio Iglesias Alvarez nin D. José Enrique Sotelo Villar, excusando este último a súa ausencia. Declarada aberta a sesión e de orde da Presidencia éntrase seguidamente no exame da orde do día, adoptándose en relación coa mesma o seguinte acordo: 1.4908.- APROBACIÓN DO BORRADOR DA ACTA DA ANTERIOR E ÚLTIMA SESIÓN, ORDINARIA, CELEBRADA O DÍA 27 DE XUÑO DE 2003 Sr. Presidente.- Señoras e señores Deputados vamos a iniciar e rematar este Pleno ordinario de aprobación da acta do último Pleno ordinario, do día 27 de xuño do ano 2003, como final de mandato, deste último mandato. ¿Algunha alegación a acta?. Non hai. Apróbase por unanimidade. Bueno, como non hai rogos e preguntas, segundo me manifesta o Sr. Secretario, vanme a permitir soamente dúas palabras a min. Queridos compañeiros da Corporación, compañeiros da oposición, do Bloque Nacionalista Galego, do Partido Socialista, compañeiros do Partido Popular: Loxicamente rematou o mandato, eu non vou a seguir, e polo tanto eu quería agradecer neste momento tanto ó Bloque Nacionalista Galego como ó Partido Socialista, por suposto tamén ó Partido Popular, o seu talante ó longo deste mandato, posto que houbo debates sobre temas, en fin, candentes; podemos ter debates, diríamos complicados, pero en todo caso tódolos que formamos esta Deputación, repito, dos tres grupos que a constituímos, sempre gardaron as formas, sempre nos respectamos mutuamente e esto é o que eu quero suliñar nestes momentos, ese respecto que indudablemente lle dá honra, creo eu polo menos, que lle dá honra, honramos neste sentido o que é a Deputación Provincial de Pontevedra, que neste senso creo que foi un modelo e neste sentido, eu, como Presidente da Deputación Provincial, teño que agradecer a tódolos grupos. Para terminar, desexarlle sorte a todos, absolutamente a todos, e nada máis, porque non creo que sexa o momento para dicir que onde eu estea, que loxicamente como funcionario vou estar no meu posto de traballo, a mín calquera dos compañeiros que forman a Corporación Municipal sabe que ten unha persoa que sempre o intentou ser, e á parte de ser persoa pois un amigo. E levántase a sesión. Apróbase por unanimidade o borrador da acta da anterior sesión, ordinaria, do día 27 de xuño do ano 2003. E non habendo máis asuntos que tratar, polo Sr. Presidente, sendo as trece horas e dez minutos do expresado día, dase por rematada a sesión e dela exténdese a presente Acta, que asinará o Ilmo. Sr. Presidente comigo, o Secretario, que dou fe. ------
Área de documentación
Existencia e localización de orixinais Enlace para escoitar o audio da sesión do Pleno
Ãrea de notas
Nota