Fondos
2003-07-12_Constitutiva. Acta de sesión 2003/07/12_Constitutiva
Acta de sesión 2003/07/12_Constitutiva
Área de identificación
Código(s) de referencia ES.GA.36038.ADPO.1.1.3.3.33.364/2.2003-07-12_Constitutiva
Título Acta de sesión 2003/07/12_Constitutiva
Data(s) 2003-07-12 (Creación)
Volume e soporte 1 acta de sesión
Área de contexto
Institución arquivística Arquivo Deputación de Pontevedra
Área de contido e estrutura
Alcance e contido Folla: Da sesión constitutiva en primeira convocatoria, celebrada polo Pleno desta Excma. Deputación o día, 12 de xullo de 2003 1.4909.- CONSTITUCIÓN DA MESA DE IDADE Sr. Secretario.- Vaise proceder á constitución da Excma. Deputación Provincial de Pontevedra, de conformidade cos artigos 204 a 209 da Lei Orgánica do Réxime Electoral Xeral, de 19 xuño de 1985, e co artigo 57 do Regulamento de Organización, Funcionamento e Réxime Xurídico das Entidades Locais, de 28 de novembro de 1986, e segundo as proclamacións de Deputados/as Provinciais efectuadas polas sete Xuntas Electorais de Zona da Provincia, que acreditan coas súas certificacións a proclamación dos/as seguintes Sres./Sras. Deputados e Deputadas: - POLO PARTIDO XUDICIAL DE PONTEVEDRA: PARTIDO POPULAR: Don José Antonio Landín Eirín Dona María Teresa Pedrosa Silva Don José Enrique Sotelo Villar PARTIDO DOS SOCIALISTAS DE GALICIA-PSOE: Don Constante Juan Muradas Ramos Don Juan Manuel Rey Rey BLOQUE NACIONALISTA GALEGO: Dona Clara Millán González Don Xosé Cesáreo Mosquera Lorenzo - POLO PARTIDO XUDICIAL DE CAMBADOS: PARTIDO POPULAR: Don José Juan Durán Hermida Don Rafael Louzán Abal PARTIDO DOS SOCIALISTAS DE GALICIA-PSOE: Don Rodrigo Santiago Novas - POLO PARTIDO XUDICIAL DE A ESTRADA: PARTIDO POPULAR: Don Ramón Campos Durán - POLO PARTIDO XUDICIAL DE LALÍN: PARTIDO POPULAR: Don José Crespo Iglesias - POLO PARTIDO XUDICIAL DE PONTEAREAS: PARTIDO POPULAR: Don José Antonio Lorenzo Rodríguez Don José Costa Díaz - POLO PARTIDO XUDICIAL DE TUI: PARTIDO POPULAR: Don Antonio Feliciano Fernández Rocha Dona Nidia María Arévalo Gómez - POLO PARTIDO XUDICIAL DE VIGO: PARTIDO POPULAR: Dona María Corina Porro Martínez Don José Manuel Figueroa Vila Don Alfredo Rodríguez Millares Don Jesús Vázquez Almuíña PARTIDO DOS SOCIALISTAS DE GALICIA-PSOE: Don Emilio González Iglesias Don Efrén Juanes Rodríguez Don Manuel Núñez Sestelo Dona Belén Sío Lourido POLO BLOQUE NACIONALISTA GALEGO: Don Xosé Antón Araujo Quintas Don Xosé Carlos Pazos Docampo Xabier Mª Toba Girón Corresponde agora pois, constituí-la Mesa de Idade que haberán de integra-lo Deputado electo de maior idade, D. Ramón Campos Durán, e a de menor idade, Dona Nidia María Arévalo Gómez, ós que rogo que, previo xuramento ou promesa do cargo, ocupen o seu lugar na Presidencia. D. Ramón Campos Durán. Sr. Campos Durán.- Xuro pola miña conciencia e honor, cumpri-las obrigas do cargo de Deputado Provincial con lealdade ó Rei e gardar e facer garda-la Constitución como norma fundamental do Estado. Sr. Secretario.- Moitas gracias. O Sr. Secretario Xeral impóñelle ó Sr. Durán Campos o colar e entrégalle a insignia da Deputación, pasando a ocupa-la Presidencia. Dona Nidia María Arévalo Gómez. Srta. Arévalo Gómez.- Xuro pola miña conciencia e honor, cumpri-las obrigas do cargo de Deputada Provincial con lealdade ó Rei e gardar e facer garda-la Constitución como norma fundamental do Estado. Sr. Secretario.- Moitas gracias Srta. Arévalo. O Presidente impóñelle o colar e entrégalle a insignia e pasa á Presidencia. ------ Folla: 2.4910.- COMPROBACIÓN DE CREDENCIAIS Sr. Campos Durán.- Señoras e señores, moi bós días. Atópanse sobre a Mesa, en poder do Sr. Secretario Xeral, as credenciais acreditativas das eleccións dos/as Sres./as. Deputados/as, recibidas e cotexadas por Secretaría Xeral, así como as respectivas declaracións de ingresos e actividades efectuadas nos modelos vixentes nesta Deputación. ------ Folla: 3.4911.- XURAMENTO OU PROMESA DOS/AS SRES./AS DEPUTADOS/AS PROVINCIAIS Sr. Campos Durán.- Seguidamente chamarase polo Sr. Secretario Xeral ó resto dos/as Sres./as. Deputados/as para formular xuramento ou promesa individualmente e por orde alfabético de apelidos, conforme á formula establecida no Real Decreto 707/79, de 5 de abril, rogando pasen seguidamente a ocupa-los seus escanos. Sr. Secretario.- D. Xosé Antón Araujo Quintas. Sr. Araujo Quintas.- Prometo pola miña conciencia e honor cumpri-las obrigas do cargo de Deputado Provincial, con lealdade ó Rei, e gardar e facer garda-la Constitución como norma fundamental do Estado. Sr. Secretario.- D. José Costa Díaz. Sr. Costa Díaz.- Prometo pola miña conciencia e honor cumpri-las obrigas do cargo de Deputado Provincial, con lealdade ó Rei, e gardar e facer garda-la Constitución como norma fundamental do Estado. Sr. Secretario.- D. José Crespo Iglesias. Sr. Crespo Iglesias.- Xuro pola miña conciencia e honor cumpri-las obrigas do cargo de Deputado Provincial, con lealdade ó Rei, e gardar e facer garda-la Constitución como norma fundamental do Estado. Sr. Secretario.- D. José Juan Durán Hermida. Sr. Durán Hermida.- Xuro pola miña conciencia e honor cumpri-las obrigas do cargo de Deputado Provincial, con lealdade ó Rei, e gardar e facer garda-la Constitución como norma fundamental do Estado. Sr. Secretario.- D. Antonio Feliciano Fernández Rocha Sr. Fernández Rocha.- Prometo pola miña conciencia e honor cumpri-las obrigas do cargo de Deputado Provincial, con lealdade ó Rei, e gardar e facer garda-la Constitución como norma fundamental do Estado. Sr. Secretario.- D. José Manuel Figueroa Vila. Sr. Figueroa Vila.- Xuro pola miña conciencia e honor cumpri-las obrigas do cargo de Deputado Provincial, con lealdade ó Rei, e gardar e facer garda-la Constitución como norma fundamental do Estado. Sr. Secretario.- D. Emilio González Iglesias. Sr. González Iglesias.- Prometo por mi conciencia y honor cumplir las obligaciones del cargo de Diputado Provincial, con lealtad al Rey y guardar y hacer guardar la Constitución como norma fundamental del Estado. Sr. Secretario. D. Efrén Juanes Rodríguez. Sr. Juanes Rodríguez.- Prometo pola miña conciencia e honor cumpri-las obrigas do cargo de Deputado Provincial, con lealdade ó Rei, e gardar e facer garda-la Constitución como norma fundamental do Estado. Sr. Secretario.- D. José Antonio Landín Eirín. Sr. Landín Eirín.- Prometo pola miña conciencia e honor cumpri-las obrigas do cargo de Deputado Provincial, con lealdade ó Rei, e gardar e facer garda-la Constitución como norma fundamental do Estado. Sr. Secretario.- D. José Antonio Lorenzo Rodríguez. Sr. Lorenzo Rodríguez.- Prometo pola miña conciencia e honor cumpri-las obrigas do cargo de Deputado Provincial, con lealdade ó Rei, e gardar e facer garda-la Constitución como norma fundamental do Estado. Sr. Secretario.- D. Rafael Louzán Abal. Sr. Louzán Abal.- Xuro pola miña conciencia e honor cumpri-las obrigas do cargo de Deputado Provincial, con lealdade ó Rei, e gardar e facer garda-la Constitución como norma fundamental do Estado. Sr. Secretario.- Dona Clara Millán González. Sra. Millán González.- Prometo pola miña conciencia e honor cumpri-las obrigas do cargo de Deputada Provincial, con lealdade ó Rei, e gardar e facer garda-la Constitución como norma fundamental do Estado. Sr. Secretario.- D. Xosé Cesáreo Mosquera Lorenzo. Sr. Mosquera Lorenzo.- Prometo pola miña conciencia e honor cumpri-las obrigas do cargo de Deputado Provincial, con lealdade ó Rei, e gardar e facer garda-la Constitución como norma fundamental do Estado. Sr. Secretario.- D. Constante Juan Muradas Ramos. Sr. Muradas Ramos.- Prometo pola miña conciencia e honor cumpri-las obrigas do cargo de Deputado Provincial, con lealdade ó Rei, e gardar e facer garda-la Constitución como norma fundamental do Estado. Sr. Secretario.- D. Manuel Núñez Sestelo. Sr. Núñez Sestelo.- Prometo pola miña conciencia e honor cumpri-las obrigas do cargo de Deputado Provincial, con lealdade ó Rei, e gardar e facer garda-la Constitución como norma fundamental do Estado. Sr. Secretario.- D. Xosé Carlos Pazos Docampo. Sr. Pazos Docampo.- Prometo pola miña conciencia e honor cumpri-las obrigas do cargo de Deputado Provincial, con lealdade ó Rei, e gardar e facer garda-la Constitución como norma fundamental do Estado. Sr. Secretario.- Dona María Teresa Pedrosa Silva. Sra. Pedrosa Silva.- Xuro pola miña conciencia e honor cumpri-las obrigas do cargo de Deputada Provincial, con lealdade ó Rei, e gardar e facer garda-la Constitución como norma fundamental do Estado. Sr. Secretario.- Dona María Corina Porro Martínez. Sra. Porro Martínez.- Xuro pola miña conciencia e honor cumpri-las obrigas do cargo de Deputada Provincial, con lealdade ó Rei, e gardar e facer garda-la Constitución como norma fundamental do Estado. Sr. Secretario.- D. Juan Manuel Rey Rey. Sr. Rey Rey.- Prometo pola miña conciencia e honor cumpri-las obrigas do cargo de Deputado Provincial, con lealdade ó Rei, e gardar e facer garda-la Constitución como norma fundamental do Estado. Sr. Secretario.- D. Alfredo Rodríguez Millares. Sr. Rodríguez Millares.- Xuro pola miña conciencia e honor cumpri-las obrigas do cargo de Deputado Provincial, con lealdade ó Rei, e gardar e facer garda-la Constitución como norma fundamental do Estado. Sr. Secretario.- D. Rodrigo Santiago Novas. Sr. Santiago Novas.- Prometo pola miña conciencia e honor cumpri-las obrigas do cargo de Deputado Provincial, con lealdade ó Rei, e gardar e facer garda-la Constitución como norma fundamental do Estado. Sr. Secretario.- Dona Belén Sío Lourido. Sra. Sío Lourido.- Prometo pola miña conciencia e honor cumpri-las obrigas do cargo de Deputada Provincial, con lealdade ó Rei, e gardar e facer garda-la Constitución como norma fundamental do Estado. Sr. Secretario.- D. José Enrique Sotelo Villar. Sr. Sotelo Villar.- Xuro pola miña conciencia e honor cumpri-las obrigas do cargo de Deputado Provincial, con lealdade ó Rei, e gardar e facer garda-la Constitución como norma fundamental do Estado. Sr. Secretario.- D. Xabier Mª Toba Girón. Sr. Toba Girón.- Prometo pola miña conciencia e honor cumpri-las obrigas do cargo de Deputado Provincial, con lealdade ó Rei, e gardar e facer garda-la Constitución como norma fundamental do Estado. Sr. Secretario.- D. Jesús Vázquez Almuíña. Sr. Vázquez Almuiña.- Xuro pola miña conciencia e honor cumpri-las obrigas do cargo de Deputado Provincial, con lealdade ó Rei, e gardar e facer garda-la Constitución como norma fundamental do Estado. ------ Folla: 4.4912.- DECLARACIÓN DE CONSTITUCIÓN DA CORPORACIÓN Sr. Campos Durán.- Declárase constituída a Deputación Provincial de Pontevedra, composta polos/as Sres/as. Deputados/as, que se relacionan agrupados nos seguintes Partidos Políticos: PARTIDO POPULAR - Dona Nidia María Arévalo Gómez. - D. Ramón Campos Durán. - D. José Costa Díaz. - D. José Crespo Iglesias. - D. José Juan Durán Hermida. - D. Antonio Feliciano Fernández Rocha. - D. José Manuel Figueroa Vila. - D. José Antonio Landín Eirín. - D. José Antonio Lorenzo Rodríguez. - D. Rafael Louzán Abal. - Dona María Teresa Pedrosa Silva. - Dona María Corina Porro Martínez. - D. Alfredo Rodríguez Millares. - D. José Enrique Sotelo Villar. - D. Jesús Vázquez Almuíña. PARTIDO SOCIALISTA DE GALICIA-PARTIDO SOCIALISTA OBREIRO ESPAÑOL: - D. Emilio González Iglesias. - D. Efrén Juanes Rodríguez. - D. Constante Juan Muradas Ramos. - D. Manuel Núñez Sestelo. - D. Juan Manuel Rey Rey. - D. Rodrigo Santiago Novas. - Dona Belén Sío Lourido. BLOQUE NACIONALISTA GALEGO: - D. Xosé Antón Araujo Quintas. - Dona Clara Millán González. - D. Xosé Cesáreo Mosquera Lorenzo. - D. Xosé Carlos Pazos Docampo. - D. Xabier Mª Toba Girón. ------ Folla: 5.4913.- INTERVENCIÓN DOS VOCEIROS DOS GRUPOS POLÍTICOS Sr. Campos Durán.- A continuación concédese a palabra ós voceiros-candidatos dos Grupos Políticos representados na Corporación, que desexen intervir, para que expoñan o que consideren oportuno como candidatos á Presidencia da Corporación. O Sr. Mosquera Lorenzo, ten a palabra. Sr. Mosquera, voulle dar tres minutos se o considera oportuno, tres minutos de intervención. Sr. Mosquera Lorenzo.- Sr. Presidente da Xunta, Sr. Vicepresidente do Goberno Central, compañeiros de Corporación, autoridades e representantes institucionais, moi bós días. Antes de nada dicir que estes tres minutos son unha sorpresa de última hora; intentarei se-lo máis breve posible. Estou persoalmente ante a cuarta constitución dunha Corporación Provincial, como Deputado Provincial, e podo dicir que neste caso hai unhas condicións moi especiais que creo que é o momento de resaltar; e hai unhas condicións moi espaciais porque os períodos pasados caracterizáronse porque esta Deputación cumpriu, como función fundamental, algo que podemos chamar tapar faltas, tapar faltas a outras Administracións, como por exemplo ós Concellos a mala financiación, consecuencia da política que hai con respecto ós Concellos e á Administración Local por parte do Goberno Central e en parte da Xunta. Esa mala financiación dos Concellos foi suplida ou intentou ser suplida por esta Deputación, intentou tapar faltas da Xunta, aí están os seis millóns de euros que consta que tiña que financia-la Xunta, por exemplo do "Príncipe Felipe", e máis cousas que agora non podo relatar, ou intentou tapar faltas do Goberno Central, e o caso máis sangrante e ese estraño acordo da peaxe que debía ser gratuíta por parte de quen ten a competencia e non estar a Deputación suplindo esas partes. Tanto actuar de somnífero de tódolos problemas doutras Administracións, e inclusive do propio partido de goberno, poderíamos dicir que dou como conclusión que a propia Deputación rematou en gran parte durmindo. Ben, pero creo que nestes momentos, por iso digo que é especial, creo que nestes momentos estamos nunha situación crítica a nivel galego, a nivel da nosa nación, no que se está vendo cada vez dunha maneira máis palpable a eficacia rasadora do deseño político que houbo no seu momento para este país. Temos que lembrar unhas célebres viñetas na televisión estatal na que dicía que a única avantaxe que tiña Galicia coa entrada na UE, e con todo o deseño que había con respecto a Galicia, ía se-la emigración, que por desgracia hoxe volve a estar, tristemente, de moda, igual que o retroceso económico e o retroceso demográfico. Estamos nun momento en que, ou hai un cambio de rumbo na política das outras Administracións que teñen competencias na política económica, chámese Goberno Central ou Xunta, e se aplica coa mesma eficacia co que se aplicou o deseño que debastou a capacidade productiva e demográfica de Galiza, ou senón vamos ter graves problemas de futuro e vamos ter comprometido o noso porvir. Cambio de rumbo que ten que ser na execución de infraestructuras, que creo que está na mente de todo o mundo, e pola brevidade non repito, pero sobre todo na política económica e no porvir colectivo socioeconómico do país, e se algunha zona do país mantén aínda algún pulso vital, se algunha zona de Galiza mantén o pulso vital, é a zona costeira, que non o interior, dende logo, é a zona costeira da provincia de Pontevedra, que tería que se-la punta de lanza da rexeneración global e dunha política económica para todo o país para que cree riqueza ou que aproveite a que xa temos. Neste contexto, creo que é a grande disyuntiva para este mandato, para os que veñen, pero fundamentalmente para este mandato desta Deputación que pode estar inxerida nesa política, e a pesar de non se-lo instrumento institucional máis perfecto para cumprir esta función, si a pode cumprir se quere, e se se cambia ese deseño esta Deputación podería ter un papel relevante, debería ter un papel relevante e deixar de se-la Institución que tapa as faltas de tódalas demais Administracións deixando que a economía e as infraestructuras galegas vaian esmorecendo dunha maneira agardemos que non irreversible, ou polo menos temos a esperanza, e defenderemos e loitaremos porque non sexa así. Moi bós días. Sr. Campos Durán.- Moitas gracias Sr. Mosquera. Ten a palabra o Sr. González Iglesias. Sr. González Iglesias.- Buenos días a todos, señores asistentes, compañeros de Corporación. El fin de este discurso, lógicamente, no es el de la discusión de quién va a ser el Presidente de esta Diputación. Ese es un tema que está absolutamente claro, hay un resultado electoral; nosotros felicitamos al Partido Popular por ese tema; pero queremos avanzar por dónde van a ir las líneas de nuestra actuación durante estos cuatro años aquí y queremos resaltar algún déficit de esta Institución hasta ahora y aportar nuestro grano de arena para corregir ese déficit, empezando por decir que después de 24 años de Ayuntamientos y Corporaciones Provinciales democráticas, aquí nos encontramos hasta el día de hoy, todavía, con que temas tan normales en los demás Ayuntamientos y Diputaciones como una Comisión de Contratación donde estuviese presente o donde esté presenta la oposición, vuelvo a repetir, hasta el día de hoy, no existe. Queremos insistir en este tema como vinimos en otras ocasiones haciendo en diferentes temas que fueron normalizando la vida democrática, vuelvo a recalcar democrática, de esta Institución Provincial. Al mismo tiempo, para dejar claro que no haya mal entendidos en el comportamiento entre los diferentes Ayuntamientos y técnicos de esta Institución, querríamos obtener un compromiso del Partido Popular en el sentido de aplicar las incompatibilidades, donde al menos los técnicos de esta Institución no puedan hacer proyectos para ningún Ayuntamiento de esta provincia, algo, que vuelvo a repetir, creo que sería, o que es, absolutamente normal en todas las Diputaciones de España y en todas las Diputaciones de Galicia. A nadie se le escapa que el papel fundamental de la Diputación es garantizar que los ciudadanos de la provincia tengan cubierto el acceso a los servicios mínimos obligatorios, independientemente del Ayuntamiento donde viva; para eso proponemos que la aportación de la Diputación al Plan Provincial de Cooperación se incremente sustancialmente, creando un nuevo Plan para los Ayuntamientos de más de 20.000 habitantes y acabando así con una circunstancia que se dio hasta ahora, y es que a estos Ayuntamientos se les detrajese en los planes de la Diputación la población del casco urbano. Al mismo tiempo queríamos plantear el que se tuviesen en consideración los elementos diferenciadores que tienen tanto Vigo como Pontevedra, como ciudades más importantes de la provincia, y que fuesen objeto de convenios específicos por parte de esta Diputación. Esto ayudaría de una vez por todas a concentrar todos los planes de la Diputación en dos, más un convenio, clarificando para todos los Ayuntamientos cúal es la aportación que van a recibir y logrando que estas aportaciones, tanto en estos temas como en los demás se concedan con criterios absolutamente objetivos y no en función del color del Alcalde correspondiente a cada Ayuntamiento. Entendemos que esta Diputación, como Institución, tiene que hacer una apuesta imprescindible a estas alturas por el empleo, con líneas de aportación económica a iniciativas locales de empleo y a un plan provincial de empleo, colaborando en crear las condiciones necesarias que ayuden a frenar la creciente despoblación del interior de la provincia. Esta Institución tiene que servir como elemento de confluencia entre los Ayuntamientos y el Gobierno Autonómico. Hasta ahora esto se produjo por acuerdos puntuales, que en ningún momento dejaron claro cúal era el papel definitivo de esta Institución y qué deberían aportar los Ayuntamientos a este tema o el Gobierno Autonómico. Pues bien, por poner dos ejemplos concretos que se van a dar en los próximos meses y que van a suponer, creemos nosotros, un tema de gran importancia que va a afectar importantemente a la economía de los Ayuntamientos y de los ciudadanos de toda la provincia. Por un lado, el incremento del cánon de Sogama, anunciado hace un año y como todos sabemos retirado por cercanía de elecciones, no por otra razón profunda, y que va a suponer, como mínimo, duplicar la tasa a todos los ciudadanos. Esto lógicamente no es culpa de la Institución Provincial, pero sí posiblemente del Gobierno Gallego que optó en un momento determinado por una solución que entendemos que es la más cara de todas las habidas en todo el Estado español. Para ayudar a sufragar esto la Diputación tiene que emplear, por un lado dinero, lo ha hecho en ocasiones con temas que no eran para nada competencia de la Diputación ni de las Entidades Locales como fue el bono-peaje de Rande, y por otro lado siendo punta de lanza para tratar de buscar de una vez una solución más barata para los ciudadanos de la provincia. Otro tema que se va a plantear también en los próximos meses y que va a significar, vuelvo a repetir igual que en el punto anterior, un elemento importante de incidencia en la economía de todos los ciudadanos de la provincia es la puesta en marcha de los colectores de rías y de las depuradoras. Esa puesta en marcha, si no es por parte de una Institución Supramunicipal y del propio Gobierno Gallego, que nosotros entendemos que la Institución Supramunicipal aquí debe ser la Diputación, si resulta que no hay quien se haga cargo y quien redistribuya esas cargas, nos vamos a encontrar con que los ciudadanos de poblaciones muy grandes van a pagar menos, y los ciudadanos de poblaciones más pequeñas van a pagar más por el mismo servicio. Como decíamos antes, se trata aquí de garantizar el acceso de todos los ciudadanos a todos los servicios, pero con el mismo coste también. Sería una incongruencia que fuese de otra forma. Podría seguir con temas de deportes, cultura, etc., etc. pero la realidad es que bajando de los cinco minutos a los tres creo que el tiempo ya prácticamente se me terminó. Nada más, vuelvo a felicitarles porque han ganado las elecciones y cuenten con nosotros como oposición constructiva, que es lo que hicimos siempre hasta ahora y vamos a seguir haciendo en esta Institución. Gracias. Sr. Campos Durán.- Moitas gracias Sr. González Iglesias. Ten a palabra o señor portavoz do Partido Popular, Sr. Crespo. Sr. Crespo Iglesias.- Sr. Presidente da Mesa, Sr. Presidente da Xunta de Galicia, Sr. Vicepresidente do Goberno, compañeiros e compañeiras, autoridades, señores e señoras, bós días. O Partido Popular obtivo nas últimas eleccións de maio 35 maiorías absolutas dos 62 Concellos da Provincia; en 11 deles fumos a lista máis votada; o PSOE obtivo 4 maiorías absolutas e en 7 foi a lista máis votada; e o BNG 1 maioría absoluta e 3 maiorías relativas, polo tanto o Partido Popular gañou claramente as eleccións na Provincia de Pontevedra como afirma o voceiro do Partido Socialista, ó que lle agradezo a felicitación. A Deputación, as Deputacións, loxicamente, afirmaba o BNG que non teñen razón ser, se realmente están para tapar faltas doutras Administracións. Entón preguntámonos cal sería o papel ou cal debe se-lo papel das Deputacións. As Deputacións, por esas razóns que vostede lles esgrimía non terían razón de existir e non terían que facer. O sentido das Deputacións é precisamente o de ser un factor de equilibrio territorial e provincial. Tódolos habitantes da provincia, e afirmábao o portavoz do PSOE, con independencia do lugar onde vivan teñen o dereito a iguais prestacións e servicios, e a Deputación é precisamente un organismo que está facendo garantir ese equilibrio. As Deputacións deberán ser reforzadas no pacto local porque son un nivel útil de servicios e son soportes de servicios que hai que preservar, e sairán reforzadas desta segunda descentralización e coa chegada de máis competencias. O Goberno da nación acaba precisamente de remitir un proxecto polo procedemento de urxencia, o proxecto de medidas para a modernización do Goberno Local que inclúe, entre outras cousas, importantes cambios no sistema de funcionamento das Corporacións Locais, e este proxecto, prevese que entre en vigor esa Lei a primeiros do ano que vén, e esa nova Lei, fundamental para a Administración Local vai ser un novo pulo cara a esa segunda descentralización. España, como vostedes saben, é un dos países máis descentralizado no tocante ás Comunidades Autónomas, pero non tanto en canto á Administración Local e con este novo pulo seguro que vai ser importante para as Deputacións e para os Concellos. Esta lei engade, entre outras cousas, as funcións da provincia na promoción e desenrolo económico e social e a planificación estratéxica no ámbito provincial. Dende a Deputación, o Goberno do Partido Popular vai impulsar, entre outras cousas, a colaboración coas Mancomunidades, que dicía o Partido Socialista de que habería que facer plans específicos con Pontevedra e con Vigo, coas grandes cidades, pero eu creo que a Corporación debe ir máis que nada ás Mancomunidades con criterios obxectivos e precisamente como as Mancomunidades, en concreto a de Vigo, é a primeira de Galicia, dende logo desde esta casa estarase aberto a este tipo de valoracións. Xa para rematar dicirlle ó BNG que a función fundamental desta casa non é tapa-las faltas doutras Administracións. A función desta casa é procurar un equilibrio na Provincia e precisamente poñer un punto, digamos, naqueles eidos onde entendemos que a Provincia máis flaquea, e serán en moitos ámbitos e seguirán sendo como ata agora. Sempre veladamente nos acusan de que o Partido Popular utiliza esta Deputación como instrumento partidista. Sempre din o mesmo, di vostede que leva aquí catro veces facendo esta investidura, e dicirlle que sempre dicimos o mesmo, bo, eu tamén repítolle a vostede que vostedes sempre din o mesmo naquelas Institucións que non gobernan. Ó Partido Socialista dicirlle que, sempre houbo, D. Emilio, transparencia na contratación desta casa e seguirá habéndoa. Con respecto ós plans que vostede apuntaba, o seu grupo poderá propoñelos no seu momento e serán debatidos por esta Corporación, e si vemos que son positivos dende logo que os apoiaremos e seguirá para adiante . Agradézolle esa reflexión que fixo sobre que había que acouta-la crecente despoboación do interior, que é certo, algo que contradí as teses do BNG neste caso. Dende logo na franxa costeira é onde está a poboación pero o interior éstase despoboando e creo que iso non é bó para ninguén; por poñer un exemplo, na miña comarca, na Comarca do Deza, perdimos un deputado provincial por 900 habitantes, iso significa que o interior, e iso que a nosa zona é unha zona razoablemente puxante, está perdendo poboación en favor da costa, e iso non é bo para a Provincia e polo tanto a Deputación ten que contribuír a que non haxa eses desequilibrios. E xa conclúo dicindo que o pobo falou, e o pobo é quen máis ordea, como cantaba Xosé Afonso. Nesta Deputación, que é un fiel reflexo do resultado das últimas eleccións, correspóndelle ó PP o goberno da Provincia, razón pola que pido o apoio a tódolos Deputados e Deputadas provinciais para o noso candidato, Rafael Louzán. Moitas gracias. Sr. Campos Durán.- Moitas gracias Sr. Crespo. ------ Folla: 6.4914.- ELECCIÓN DE PRESIDENTE Sr. Campos Durán.- A continuación vaise proceder á elección do Presidente da Deputación entre os seus membros, conforme ó artigo 207 da Lei Orgánica do Réxime Electoral Xeral, polo que o Sr. Secretario Xeral irá chamando ós/ás Sres/as. Deputados/as por orde alfabético para que depositen a súa papeleta de voto na urna aquí existente. Sr. Secretario.- D. Xosé Antón Araujo Quintas. Sr. Secretario.- Dona Nidia María Arévalo Gómez. Sr. Secretario.- D. Ramón Campos Durán. Sr. Secretario.- D. José Costa Díaz. Sr. Secretario.- D. José Crespo Iglesias. Sr. Secretario.- D. José Juan Durán Hermida. Sr. Secretario.- D. Antonio Feliciano Fernández Rocha. Sr. Secretario.- D. José Manuel Figueroa Vila. Sr. Secretario.- D. Emilio González Iglesias. Sr. Secretario.- D. Efrén Juanes Rodríguez. Sr. Secretario.- D. José Antonio Landín Eirín. Sr. Secretario.- D. José Antonio Lorenzo Rodríguez. Sr. Secretario.- D. Rafael Louzán Abal. Sr. Secretario.- Dona Clara Millán González. Sr. Secretario.- D. Xosé Cesáreo Mosquera Lorenzo. Sr. Secretario.- D. Constante Juan Muradas Ramos. Sr. Secretario.- D. Manuel Núñez Sestelo. Sr. Secretario.- D. Xosé Carlos Pazos Docampo. Sr. Secretario.- Dona María Teresa Pedrosa Silva. Sr. Secretario.- Dona María Corina Porro Martínez. Sr. Secretario.- D. Juan Manuel Rey Rey. Sr. Secretario.- D. Alfredo Rodríguez Millares. Sr. Secretario.- D. Rodrigo Santiago Novas. Sr. Secretario.- Dona Belén Sío Lourido. Sr. Secretario.- D. José Enrique Sotelo Villar. Sr. Secretario.- D. Xabier Mª Toba Girón. Sr. Secretario.- D. Jesús Vázquez Almuíña. Sr. Campos Durán.- Imos proceder ó escrutinio: D. Emilio González Iglesias; D. Rafael Louzán Abal; D. Cesáreo Mosquera González; D. Rafael Louzán Abal; D. Emilio González Iglesias; D. Emilio González Iglesias; D. Rafael Louzán Abal; D. Rafael Louzán Abal; D. Cesáreo Mosquera Lorenzo; D. Emilio González Iglesias; D. Rafael Louzán Abal; D. Emilio González Iglesias; D. César Mosquera; D. Rafael Louzán Abal; D. Xosé Cesáreo Mosquera Lorenzo; D. Emilio González Iglesias; D. Emilio González Iglesias; D. Rafael Louzán Abal; D. Rafael Louzán Abal; D. Rafael Louzán Abal; D. Xosé Cesáreo Mosquera Lorenzo; D. Rafael Louzán Abal; D. Rafael Louzán Abal; D. Rafael Louzán Abal; D. Rafael Louzán Abal; D. Rafael Louzán Abal; D. Rafael Louzán Abal. Ben, unha vez levado a cabo o escrutinio son 15 votos para D. Rafael Louzán Abal; 7 votos para D. Emilio González Iglesias; e 5 votos para D. Cesáreo Mosquera. Queda pois proclamado Presidente da Deputación Provincial de Pontevedra D. Rafael Louzán Abal, que obtivo a maioría absoluta legal esixida na primeira votación. ------ Folla: 7.4915.- XURAMENTO OU PROMESA DO PRESIDENTE E TOMA DE POSESIÓN Sr. Campos Durán.- Rogo ó Ilustrísimo Sr. Presidente electo que acuda perante esta Mesa de Idade para prestar xuramento ou promesa do cargo para a súa toma de posesión. Sr. Louzán Abal.- Xuro pola miña conciencia e honor cumpri-las obrigas do cargo de Presidente da Excma. Deputación Provincial de Pontevedra, con lealdade ó Rei e gardar e facer garda-la Constitución como norma fundamental do Estado. Señor Presidente da Xunta de Galicia, don Manuel Fraga; Señor Vicepresidente do Goberno, don Mariano Rajoy; Señoras e señores deputados; Conselleiros, antigos presidentes desta institución, alcaldes, autoridades e representacións; Amigos todos: dende aquí quero desexarlle a un dos meus antecesores, D. Xosé Cuiña, unha pronta recuperación. Ante todo, quero expresarlles a miña máis sinceira e profunda gratitude pola deferencia que me fan coa súa asistencia a este acto. A súa presencia hoxe, aquí, supón para min e para os meus compañeiros deputados unha grande responsabilidade e un alto honor. Queridos compañeiros, deputadas e deputados: moitas gracias polo apoio recibido. Hoxe accedo á Presidencia dunha grande Institución, de longa traxectoria e notable influencia e transcendencia na vida da Provincia. Esta longa tradición e brillante labor da Deputación de Pontevedra faime sentir profundamente honrado, non só por se-lo primeiro representante de O Salnés en presidila, senón tamén por te-la alta responsabilidade de mante-lo nivel e facer novas aportacións a esta que, de por sí, é unha señeira e contrastada Institución. As Deputacións son precisamente un dos soportes xurídicos e económicos dos Concellos e de tódolos habitantes da Provincia, que son iguais perante a Lei e teñen dereito a iguais prestacións e servicios, con independencia do lugar onde vivan. Son, en fin, tal e como lles asigna a Constitución de 1978, o factor de equilibrio territorial e provincial e teñen plena razón de ser. E moito máis hoxe, co desenvolvemento do Pacto Local, esta iniciativa política que descentralizará o máximo teito de competencias de xestión coa transferencia de funcións executivas. Esta iniciativa do Pacto Local evitará duplicidades e simplificará a organización administrativa para acadar unha Administración mellor, máis dimensionada, máis eficaz e moito máis económica. Hoxe, aquí, iniciamos unha nova lexislatura da Deputación de Pontevedra que necesariamente debe implicar un novo modelo de organización interna e externa, de funcionamento e de xestión. Un modelo non confrontado co anterior, senón superar del, que aproveite tódolos seus moitos aspectos positivos para reformalos e axeitalos ós novos tempos. Un novo período e un novo modelo, por tres razóns: para incardinarse na liña renovadora que vén levando a cabo o Partido Popular que sustenta o goberno desta Institución e para mostrar á opinión pública os novos modos de xestión para as Deputacións e as Administracións Públicas. E para, finalmente -sen perder de vista o sentido básico e o papel que a Constitución encarga ás Deputacións que é dar resposta ós novos retos e á nova sociedade da Provincia de Pontevedra, a máis dinámica e rica de Galicia, a máis viva e na única na que o Producto Interior Bruto e a poboación medran. Este novo período provoca que, ó meu xuízo, a Deputación de Pontevedra ha de estar presidida, entre outras, polas seguintes características: A transparencia: é dicir, ser gobernada cunha xestión diáfana para a sociedade, con transparencia externa e interna. A participación: cunha plena implicación da Deputación e dos seus gobernantes na vida activa da Provincia. O seu carácter aberto a tódolos grupos, sectores e ámbitos sociais. A descentralización, de xeito que chegue coas súas accións e presencia a tódolos rincóns da Provincia. A vontade tamén de prestar atención prioritaria ós novos retos e temas que plantexa a sociedade de hoxe en día, ós emerxentes sectores sociais e ós novos ámbitos, particularmente Mancomunidades e áreas urbáns. E, finalmente, a Deputación de Pontevedra debe ter unha producción propia de contidos; unha actuación clara e distinta en diversos campos, sexan obras, cultura, acción social, deporte, etc. De acordo a estas características que acabo de expoñer, as liñas mestras da actuación deste novo equipo de Goberno que teño a honra de presidir serán as seguintes: Levar a cabo unha xestión rigurosa no económico e imaxinativa na captación de recursos doutras institucións. Acometé-las reformas precisas para conquerir unha Administración áxil, moderna, eficaz e próxima ó cidadá co fin de acadar unha axeitada xestión dos asuntos públicos que a cidadanía valora cada día máis. Serán as devanditas reformas, entre outras, o diagnóstico estratéxico, a definición de obxectivos a longo prazo, a racionalización dos procesos administrativos, as autoavaliacións, a toma de decisións en base a datos obxectivos e necesidades reais e, en definitiva, todo o que supoña achegar a Administración ó administrado. Manter unha colaboración plena cos Concellos. No marco desta colaboración, especialmente sensible para min, teño que anunciar xa o meu compromiso de presentar un Plan Estratéxico Territorial da Provincia de Pontevedra no prazo máis breve posible e non superior a un ano.. Porque dispoñer dunha información socioeconómica e territorial axeitada sobre os concellos e comarcas, convértese nun instrumento fundamental para a toma de decisións estratéxicas. Por iso é precisa una Planificación Territorial que permita a implantación dun modelo que promova o desenvolvemento equilibrado do territorio da nosa Provincia, acorde coa nova realidade económica e social. É dicir, un modelo de desenvolvemento endóxeno que integre a planificación económica e social coa planificación física e a protección do medio ambiente, na búsqueda dun maior equilibrio e dun mellor artellamento do territorio. Neste senso, serán posibles actuacións como a equipación en infraestructuras productivas e sociais, o fomento da actividade económica e o emprego, e ata, por citar un exemplo máis, o incremento das interconexións da rede de estradas provinciais coas autovías e autopistas de Galicia. Este Plan Estratéxico Territorial debe ter en conta que o futuro da Provincia de Pontevedra pasa por potencia-la actividade pesqueira e marisqueira; a capacidade universitaria cada día en crecente desenrolo; a súa riqueza gandeira, forestal, agropecuaria e sobre todo vitivinícola; a industria; a comercialización dos seus notables recursos naturais; o turismo; e os servicios. E pasa, naturalmente, por apoiar e potencia-la Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal, pois a nosa provincia está chamada a se-lo eixo vertebrador entre o norte lusitano e Galicia, un eixo no que cidades coma Vigo, Pontevedra ou Vilagarcía, entre outras, terán unha influencia decisiva. Outra liña a seguir polo goberno que teño a honra de presidir será a coordinación da actuación do meu equipo coas institucións de rango superior, como a Xunta, o goberno de España ou as directrices da Unión Europea. Tamén, profundizar na colaboración con asociacións e entidades públicas e privadas, para conqueri-lo Pleno artellamento social da provincia, así como cooperar, de xeito prioritario, coas Mancomunidades para prestar máis servicios supramunicipais, co fin de permitirlles ós concellos reducir custes e profundizar na solidaridade supramunicipal é un obxectivo especial, non en vano a provincia terá a primeira área metropolitana de Galicia en Vigo. Nesta liña, o goberno provincial fomentará políticas propias cun sentido de modernidade. E, finalmente, en consonancia precisamente coa Lei de Modernización do Goberno Local que recentemente o goberno da nación remiteu ás Cortes, a Deputación de Pontevedra terá un papel máis activo na promoción do desenvolvemento económico e social da provincia, especialmente nas súas zonas máis deprimidas, e no de asesor e prestador de servicios ós pequenos concellos que, polo seu tamaño e escaseza de medios, non poden prestalos. Non se trata de expoñer aquí, anque podería, diversos exemplos concretos das liñas mestras que acabo de relatar. Pero sí decir que temas como a muller, o medio ambiente, os temas de futuro como as enerxías renovables ou as novas tecnoloxías, a xuventude e as novas capas urbáns, a proximidade á xente e a transparencia terán, para min, alta prioridade na miña acción de goberno. Porque, en definitiva, a política faise para a xente. E por eso propóñome, tamén, convocar uns premios de carácter provincial para empresas, para institucións e entidades, e para particulares e sociedades co fin de estimular non só a conciencia de provincia senón tamén para que sirvan de aliciente a cantos, co seu traballo, contribuen ó desenvolvemento e á prosperidade da provincia de Pontevedra. Señoras e señores deputados, este é o reto que eu hoxe asumo como Presidente da Excelentísima Deputación Provincial de Pontevedra por vontade maioritaria de todos vostedes. Reto que asumo dende a máis profunda humildade pero tamén dende a responsabilidade, a vocación de consenso e a tolerancia, e o orgullo que me produce ocupar un posto que me permitirá traballar con renovados bríos en pro do benestar, o progreso e a xustiza social da miña Provincia. Entendo que a acción política non é a loita duns contra outros, senón a arte de facer, entre todos, mellor as cousas. Creo, tamén, que non hai dúas Galicias, nin dúas Pontevedras: ou son unha, ou hai tantas como parroquias e lugares. E precisamente dende estas íntimas e profundas conviccións, invito a todos -goberno e oposición- a sumarse a esta ilusionante tarefa que todos temos por diante. Para eso ofrezo, dende agora mesmo, unha sinceira oferta de diálogo e de participación para acometer este novo reto, que non é outro que loitar por unha Pontevedra máis próspera, máis xusta e, en definitiva, mellor. Para levar a cabo esta ardua labor, conto cun equipo sólido, cohesionado e xoven, con ilusión e boa preparación, así como cos funcionarios e traballadores desta casa que, cos seus coñecementos, adicación e esforzo, serán pilares fundamentais na posta en práctica e a execución das decisións políticas do goberno. Remato xa, pero antes permítanme que recoñeza públicamente o meu agradecemento a don Manuel Fraga, a don Mariano Rajoy, a don Xesús Palmou e ó meu partido que me propuxeron como candidato a esta Presidencia; ós meus veciños de Ribadumia e O Salnés, que me votaron como concelleiro e deputado provincial; ós alcaldes e candidatos da Provincia do meu partido; ós meus compañeiros de Corporación que me permiten acceder a este cargo; e especialmente, de maneira moi especial, ó meu antecesor, don Manuel Abeledo, polo apoio que sempre me prestou. Dito esto, concluio dicindo, a xeito de resume, que o único medio posible para acada-la meta proposta non é outro que o que me enseñou, de xeito maxistral, o noso presidente, don Manuel Fraga: traballo, traballo e traballo. Moitas gracias e bós días. Neste momento escóitanse gaitas e diversas voces que piden que paren. Finalmente o Secretario Xeral dará conta, se se recupera sen ningún problema, do Balance de Situación, Acta de Arqueo Extraordinario e Inventario de Bens a día de hoxe. Sr. Secretario.- Conforme o artigo 56 do Regulamento de Organización, Funcionamento e Réxime Xurídico das Entidades Locais, o Balance de Situación a 10 de xullo de 2003 presenta o seguinte resultado no seu Activo e Pasivo: 772.109.192,96 ¤ (Setecentos setenta e dous millóns cento nove mil cento noventa e dous euros con noventa e seis céntimos); a acta de Arqueo Extraordinario o día de hoxe presenta unha existencia en Caixa de 106.964.833,85 ¤. (Cento seis millóns novecentos sesenta e catro mil oitocentos trinta e tres euros con oitenta e cinco céntimos), e o Inventario de Bens Provinciais ten unha valoración de 51.330.688,62 ¤ (Cincuenta e un millóns trescentos trinta mil seiscentos oitenta e oito euros con sesenta e dous céntimos). Sr. Presidente.- Moitas gracias Sr. Secretario. Levántase a sesión. Agora sí dámoslle paso á Banda de Gaitas para que toque o Himno Galego. E non habendo máis asuntos que tratar, polo Sr. Presidente, sendo as catorce horas e quince minutos do expresado día, dase por rematada a sesión e dela esténdese a presente Acta, que asinará o Ilmo. Sr. Presidente comigo, o Secretario, que dou fe. ------
Área de documentación
Existencia e localización de copias Enlace para escoitar o audio da sesión do Pleno
Ãrea de notas
Nota