ATOPO
Rexistros actuais: 1.617.784
Obxectos dixitais dispoñibles: 504.649

Acta de sesión 2003/07/24_Extraordinaria

Área de identificación

  • Código(s) de referencia ES.GA.36038.ADPO.1.1.3.3.33.364/2.2003-07-24_Extraordinaria

  • Título Acta de sesión 2003/07/24_Extraordinaria

  • Data(s) 2003-07-24 (Creación)

  • Volume e soporte 1 acta de sesión

Área de contexto

Área de contido e estrutura

  • Alcance e contido Folla: Da sesión extraordinaria en primeira convocatoria, celebrada polo Pleno desta Excma. Deputación o día, 24 de xullo de 2003 No Salón de sesións da Excma. Deputación Provincial de Pontevedra, sendo as once horas e cinco minutos do día vintecatro de xullo do ano dous mil tres, baixo a Presidencia do Ilmo. Sr. Presidente D. Rafael Louzán Abal, reuníronse as/os Señoras/es Deputadas/os, D. Xosé Antón Araujo Quintas, Dona Nidia María Arévalo Gómez, D. Ramón Campos Durán, D. José Costa Díaz, D. José Crespo Iglesias, D. José Juan Durán Hermida, D. Antonio Feliciano Fernández Rocha, D. José Manuel Figueroa Vila, D. Emilio González Iglesias, D. Efrén Juanes Rodríguez, D. José Antonio Landín Eirín, D. José Antonio Lorenzo Rodríguez, Dona Clara Millán González, D. Xosé Cesáreo Mosquera Lorenzo, D. Constante Juan Muradas Ramos, D. Manuel Núñez Sestelo, D. Xosé Carlos Pazos Docampo, Dona María Teresa Pedrosa Silva, Dona María Corina Porro Martínez, D. Juan Manuel Rey Rey, D. Alfredo Rodríguez Millares, D. Rodrigo Santiago Novas, Dona Belén Sío Lourido, D. José Enrique Sotelo Villar e D. Jesús Vázquez Almuíña, co obxecto de celebrar sesión extraordinaria da Deputación en Pleno, en primeira convocatoria, consonte á correspondente orde do día. Da fé do acto o Secretario Xeral, D. Rogelio Nicieza de la Cerra, e está presente o Sr. Interventor, D. Bautista Pérez Carnero. Non asiste o Sr. Deputado, D. Xabier Mª Toba Girón, quen escusa a súa ausencia. Declarada aberta a sesión e de orde da Presidencia éntrase seguidamente no exame da orde do día, adoptándose en relación coa mesma os seguintes acordos: 1.4916.- APROBACIÓN DA ACTA DE CONSTITUCIÓN DA CORPORACIÓN DE 12 DE XULLO DE 2003 Sr. Presidente.- Vamos a dar comezo á convocatoria de Pleno Extraordinario do día de hoxe, 24 de xullo do 2003. O primeiro punto da orde do día, aprobación da acta de Constitución da Corporación de 12 de xullo de 2003. Se todos estamos de acordo, ¿se aproba por unanimidade?. Apróbase por unanimidade o borrador da acta de Constitución da Corporación do día 12 de xullo do ano 2003. ------ Folla: 2.4917.- MOCIÓN DA PRESIDENCIA SOBRE RÉXIME DE SESIÓNS DO Pleno E DA COMISIÓN DE GOBERNO Sr. Presidente.- Punto número dous da orde do día. Moción da Presidencia sobre réxime de sesións do Pleno e da Comisión de Goberno. Si, Sr. Crespo. Sr. Secretario.- Bueno, la propuesta de la Presidencia en la moción consiguiente, en resumidas cuentas es que las sesiones del Pleno se celebren todos los miércoles de cada mes, a partir de las once de la mañana, sin perjuicio de las sesiones extraordinarias que pudieran convocarse, y si por casualidad fuera festivo se celebrarán el día anterior hábil. En cuanto a la Comisión de Gobierno, tendría lugar semanalmente, todos los viernes a las diez de la mañana, y lo mismo, si la fecha de celebración coincidiera con festivo se celebrará el día hábil anterior. Y en cuanto a las Comisiones Informativas se celebrarían los penúltimos miércoles de cada mes, es decir, una semana antes del Pleno a partir de las diecisiete horas de la tarde. Sr. Presidente.- Perfecto. ¿Estamos de acordo coa proposición?. Sr. Mosquera. Sr. Mosquera Lorenzo.- Moi bos días Sr. Presidente. Vou a aproveitar este punto para facer unha intervención xenérica sobre todos os puntos, porque ó fin e ó cabo están todos moi relacionados. Estamos hoxe no Pleno da organización da Corporación e polo tanto todos están moi relacionados. Vou facer unha intervención con respecto a tódolos puntos para non alargar innecesariamente e anuncia-lo sentido do noso voto. Ben. Realmente cando se constitúe a organización dunha Corporación o ideal sería que puidera haber un "modus vivendi" no que tódolos grupos políticos deran satisfacción os seus plantexamentos e poder chegar a un acordo. Para poder chegar a un acordo, evidentemente, hai que ter vontade de diálogo por todas partes, e nós levamos Corporación tras Corporación intentando que haxa esa vontade de diálogo por parte do grupo maioritario, e a resposta sempre foi negativa, sempre foi absolutamente negativa e nestes momentos segue sendo á mesma. A pesar do anuncio de diálogo que fixo o actual Presidente, xa antes da toma de posesión e despois dela ata o día de hoxe, a realidade é exactamente todo o contrario. Empezamos polo Pleno de toma de posesión no que houbo dous ou tres detalles, en principio pactados teoricamente e que na práctica non se levaron a efecto. Un foi o tempo das intervencións, que a vez pasada foron catro minutos e dixo que esta vez podía ser un pouco máis e se reduzo a tres, por sorpresa e traizón. Outro foi que ía haber lugares entre o público reservados a cada grupo político; non houbo tal cousa, se algún grupo político trouxemos persoas con nós, cos Deputados, tiveron que buscarse un sitio como puideron, a codazos ou ocupando sitios que non lle correspondían, etc., en contra do que estaba teoricamente falado ou aceptado. Con respecto á propia organización que é o que nos trae hoxe aquí, despois de plantexar dunha maneira aberta unha hipotética reorganización da Corporación, as respostas sucesivas foron; isto xa está decidido, isto xa está decidido, isto xa está decidido, isto xa está decidido, isto xa está decidido, pero ó final todo queda exactamente como está. Inclusive un detalle anecdótico como que neste punto, que é os Plenos, houbo Corporacións, como a de Pontevedra, que pensando que ían seguir sendo os venres aquí, se cargou o mércores doutras actividades e resulta que bueno, se comunicou iso e supoño que non se podería pero seguen sendo os mércores, non vamos facer ningunha batalla por iso, nin moito menos, que sexan o mércores. Despois, por exemplo, composición das Comisións Informativas. Debemos se-la única Corporación do mundo mundial que vai ter dezaseis. Eu creo que era moito mellor xa ir ós vintesete e acabábamos antes, e como todos sabemos non hai ningún fixo legal, pero por analoxía, si hai Comisión de Goberno que marca un máximo da terceira parte, que parece bastante razoable, e nas Comisións Informativas, por operatividade, se é que realmente houbera algunha intención de que fosen operativas, o lóxico é que houbera un número semellante. Se estivo xogando co número ata que deu eses dezaseis; creo que houbo sorte porque se non poderíamos chegar ata os vintesete. Total, tal como están funcionando, case sería máis razoable que foran os vintesete e acabábamos antes e así xa non andabamos facendo números a ver como nos sae mellor ou peor, co cal indirectamente se están subindo as retribucións dos Deputados por unha vía absolutamente estraña e disfuncional, totalmente disfuncional. Calquera que coñeza a Administración Local e sepa o que é unha Comisión, dende logo unha Comisión con dezaseis membros servirá para calquera cousa menos para exercer como unha Comisión Informativa. Sobre a representación nos órganos colexiados e nos distintos organismos nos que ten representación a Deputación, seguimos no mesmo. Tódolos representantes, incluso en institucións que non teñen ningún carácter político, son do grupo de goberno. Todo o sistema retributivo, entramos niso, é unha cousa francamente estraña. Non hai ningunha Administración Local, sexa Concello, Deputación, homologable nese sentido, pois aquí se priman cousas moi raras, é dicir, un Deputado que estea na Comisión de Goberno por vir dez horas, dez horas ó mes a esta casa, se poda embolsar medio millóns de pesetas ó mes. Despois resulta que hai críticas ou polémicas porque alguén que pase 50 horas ou 60 á semana traballando en exclusiva nunha institución, ingresa menos que iso. É un sistema absolutamente disparatado, feito á medida das súas necesidades ou das súas conveniencias, pero desde logo, nós non nos sentimos partícipes, en absoluto. É unha situación moi estraña desta Deputación, tanto o número de membros das Comisións, como o sistema retributivo, etc., etc., é un sistema terriblemente estraño. En fin, vostedes o guisan, vostedes o comen, pero desde logo non se nos trate de presenta-lo que é unha anomalía de funcionamento tremenda, porque non hai ningún Concello nin ningunha Deputación que funcione desta maneira; se a vostedes lle é funcional, alá vostedes, pero non se trate de presentar como algo froito do diálogo, da racionalidade ou de criterios de bo funcionamento, non hai absolutamente nada diso e polo tanto nós nolo vamos a avalar en ningún dos seus termos e manifestamos profundamente a nosa queixa porque isto siga funcionando así. Nos parece absolutamente fóra de lugar cando tódolos grupos políticos, practicamente en tódalas institucións, nos Concellos un pouco grandes nos que hai posibilidades de arreglar isto dunha maneira razoable, estase creando a escola, creo que moi razoable e moi lóxica, de chegar a acordos que permitan un funcionamento efectivo e real, tanto do goberno como da oposición. Esta casa sigue sendo algo francamente estraño. Por falar, por exemplo, que non hai ningún inconveniente en dicir, ó final do ano ingresan, ben vía asignación por grupo, ben por asistencias, dígoo porque o coñezo mellor, o noso grupo, incluso con menos, nós podemos funcionar moio mellor do que estamos funcionando, moitísimo mellor, ou sexa que podería haber fórmulas de funcionamento que sen ser nada gravosas para esta casa senón incluso abaratando, poderían mellorar moitísimo a dedicación e a efectividade tanto do goberno como da oposición. Vostedes non pretenden iso, evidentemente, pretenden outras cousas, polo tanto fan a súa proposta e o seu acordo en contra das demandas deste grupo dende cando menos hai tres mandatos. Alá vostedes, evidentemente teñen maioría para aplicalo pero non é a maneira de funcionar. Non é a maneira de funcionar unha cousa de organización, nun acordo digamos discrecional, sobre se se meten os cartos nun lado ou noutro; é lóxico falar de maiorías e minorías, nunha cuestión de organización da Corporación, que repito que é absolutamente estraño e diferente a tódalas Administracións Locais; creo que non é un problema de maiorías e minorías, van a aplicar, evidentemente que para iso a teñen e teñen decidido aplicala, pero non será dende logo co noso apoio, nin moito menos coa nosa colaboración, participación ou o que sexa porque nos vemos soteados, como se quere dicir, nuns plantexamentos razoables que por outro lado son os que vostedes teñen nos Concellos e demais, é curioso, nos Concellos teñen uns plantexamentos, no Concello de Vigo, de Pontevedra, o que sexa, e aquí teñen un completamente distinto, en contra de todo o que vostedes din, e polo tanto vamos a votar en contra de todo este paquete de organización; tendendo a man para negocialo cara ó futuro, tanto isto como calquera outra cousa. Con respecto a unha historia moi recente, que foi a de arregla-lo Parque Móbil, tiveron vostedes toda a colaboración deste deputado, dende outras responsabilidades para poder arreglalo, e van ter toda a colaboración nas cuestións institucionais deste grupo e deste portavoz para resolver tanto a organización da Deputación como calquera outra cuestión que sexa de conxunto; pola nosa parte non vai a haber problema, está habéndoo e seriamente pola súa parte, e realmente o que é moi irritante é que cando menos diálogo está habendo nesta Deputación, máis reunións pero menos diálogo, moito menos diálogo, pois o queren presentan vostedes como un diálogo que é totalmente inexistente, polo menos de escoitar e de ter en conta as propostas dos demais grupos. Nada máis e moitas gracias. Sr. Presidente.- Moitas gracias Sr. Mosquera. Sr. González Iglesias. Sr. González Iglesias.- Vamos a ver. Eu penso que primeiro ten que aclara-lo Grupo Popular se o debate vai ser xenérico, tal como se acaba de plantexar aquí, ou vai a ser punto por punto; se é xenérico interveño, se é punto por punto, primeiro aclárenmo vostedes. Sr. Crespo Iglesias.- O do Bloque fixo unha intervención xenérica, para non andar repetindo todo nos mesmos puntos o mellor era facer un debate xenérico, como eles pretenden; por nós non hai ningún inconveniente. Sr. Presidente.- Sr. González Iglesias. Sr. González Iglesias.- Vamos a ver. O Grupo Socialista neste punto ía a votar a favor e vai a votar a favor porque en todo caso trátase do réxime de sesións do Pleno que é o que nos atañe a nós, e bueno, diso falamos, chegamos a marcar ese día e polo tanto estamos de acordo e imos votar a favor. No resto da organización, no resto dos puntos, e xa o anuncio agora ademais, nos puntos catro, cinco, seis e oito, tal como aparecen na orde do día, o Grupo Socialista vaise abster, e no punto sete vai votar a favor. Vou a aclarar primeiro porque votamos a favor, tanto neste punto, xa o dixen, como no punto sete, porque a asignación de dotación económica ós grupos políticos é un tema que vén da anterior Corporación. Naquel momento había un acordo, polo tanto nós seguimos mantendo a nosa posición; é un tema que nós plantexamos hai catro anos e hai máis tempo tamén, polo tanto sería unha incongruencia que agora votáramos de forma diferente. No que respecta ó nomeamento de representantes da Corporación en órganos colexiados, na composición das Comisións Informativas, etc., temos de que dici-lo seguinte. Primeiro, nos alegra que cambiara a posición do Partido Popular, cando antes, nun primeiro momento, plantexaba un número de membros de Comisións que era trece, creo recordar, e que manteñan oito o Partido Popular, tres o Partido Socialista e dous o BNG, co cal nós non estabamos de acordo porque nos parecía que non se respectaba a proporcionalidade. Ben, hai un cambio, despois de fala-lo tema e hai un plantexamento de dezaseis. Nós plantexáramos quince para mante-la proporcionalidade. Con dezaseis se mantén esa proporción, polo tanto nós aí si estamos de acordo, o que pasa é que plantexamos, e xa o plantexamos na toma de posesión, que o Grupo Socialista entendía, e segue entendendo, que debe haber unha Comisión de Contratación na que estean presentes tódolos grupos da oposición; mentres iso non se dea nós non podemos votar a favor, pero vamos a absternos nesa cuestión. No tema das dedicacións exclusivas, nós non temos nada que dicir. Entendemos que é unha cuestión do grupo de goberno. Nós faríamos tanto as asistencias a Comisións como as dedicacións exclusivas doutro xeito, pero vostedes teñen maioría, así o plantexan e nese tema decidiron non acoller ningunha das propostas que lles facíamos. E no punto oito hai un plantexamento do Grupo Socialista, dende o principio tamén, que é que entendemos que cada grupo político debe ter unha persoa, un auxiliar administrativo para que lle leve os temas do grupo como cargo de confianza. Non aparece no punto da orde do día, polo tanto nós vamos a absternos, vamos respecta-lo que vostedes plantexen e estamos dispostos a seguir falando deste tema. Nada máis. Sr. Presidente.- Moitas gracias Sr. González Iglesias. Sr. Crespo. Sr. Crespo Iglesias.- Bos días. Vamos a facer entón este debate tipo xenérico. Vamos a ser razoablemente breves porque este é un Pleno que realmente o contido do debate é mínimo porque é simplemente poñer a funcionar esta Corporación. Empezo por contestarlle ó voceiro do BNG dicíndolle en primeiro lugar, con respecto o que ocorreu o día de toma de posesión: Sr. Mosquera, sabe vostede que non houbo ningunha responsabilidade por parte do noso grupo de que ninguén do BNG que quixera vir puidera ter un sitio reservado. Non o tivo reservado practicamente ninguén. Sabe vostede que cando se elixe ó Presidente, dun cor ou doutro, o lóxico é que a xente afín a ese cor houbera máis nesta casa, pero aquí non se tratou de impedir que ninguén viñera, ó contrario, é dicir, creo que pola nosa parte houbo toda boa vontade, como houbo sempre en tódalas tomas de posesión. Eu recordo tres nesta casa. Ningunha responsabilidade temos nós no feito de que ó mellor algunha persoa que vostedes quixeran invitar non puidera vir; eu creo que houbo sitios aí reservados, se vostedes manifestaron ó protocolo desta casa; non houbo ningún inconveniente pola nosa parte para que estiveran nun sitio destacado, outra cousa é que houbera un pouquiño de follón porque non se collía no Salón de Plenos, ese foi o único problema que houbo. Ben, basicamente da súa intervención eu deduzo que alude vostede a unha fata de diálogo por parte do grupo de goberno. Eu non sei a que lle chama vostede falta de diálogo. Falta de diálogo sería non falar con vostedes do que pretendemos facer e escoitalos. Para vostede falta de diálogo significa que temos que face-lo que vostedes queiran, iso é totalmente distinto. Sr. Mosquera, non quero ser, nin moito menos, agresivo nun debate, ó contrario, irémonos coñecendo pouco a pouco, non é a miña intencionalidade, pero tampouco me gusta calar certas acusacións que fai o BNG. Tamén o fai en Concellos, non só nesta casa. Acusacións encubertas, que vostede sabe que iso é demagoxia pura e que cada un defende o seu, e é lóxico, e cada un arrimámola ascua a nosa sardiña, tamén é lóxico, pero que hai que ser razoablemente razoables. Non pode vostede afirmar que un membro da Comisión de Goberno, por vir ás Comisións de Goberno, gaña quiñentas mil pesetas. Sabe vostede que iso é falso, porque, precisamente, unha das propostas que hai hoxe aí di o que se cobra nas Comisións de Goberno; un membro que está na Comisión de Goberno cobra por cada Comisión de Goberno á que vén 186 euros. ¿Que ocorre?, que chámalle vostede unha situación estraña; pois non é ningunha situación estraña, cada institución, cada maestrillo ten o seu librillo, que pode ser mellorable pero sabedes que cada casa funciona dun xeito acorde un pouquiño con esas necesidades. É certo que as Comisións Informativas teñen un número demasiado elevado de membros, os dezaseis membros é un número demasiado elevado, pero é certo que nós para manter un criterio de proporcionalidade precisamente o elevamos. O outro día Chema Figueroa e máis eu lles explicamos ós dous voceiros da oposición a razón pola que elevábamos a dezaseis membros, para respectar máis, se cabe, o criterio de proporcionalidade e de algún xeito vostede sabe tamén porque son as Comisións Informativas tan amplas, e non é deste mandato, senón que incluso doutro mandato. Sabe vostede o que pasou coas asignacións que había, as asistencias que xustificaban os deputados, tanto os da oposición como os de goberno, que foron anuladas e polo tanto sabe vostede o que pasou coas Comisións Informativas. En todo caso que quede claro que tiñamos trece, temos dezaseis, pero foi precisamente esa ampliación para mante-la proporcionalidade cun criterio máis xusto, como dicía o voceiro do PSOE. A representación nos órganos colexiados, anque nalgún caso é opinable e se podería negociar, parece lóxico que a ostente o grupo de goberno maioritariamente. Eu creo que aquí vostedes non teñen ningunha queixa nese sentido, e nos órganos que realmente deciden cousas teñen presencia, é dicir, por exemplo no ORAL que ata agora había un membro do PSOE e tres do Grupo Popular, pois o BNG ten un membro no ORAL, polo tanto non hai ningún órgano nesta casa onde non estea, digamos, fiscalizado polos grupos da oposición. Despois hai representacións en certos órganos, que algún deles se reúne unha vez ó ano, se é que se reúne, e é que son, digamos, de menos contía e non afectan ó funcionamento desta casa, pero nos que realmente afectan ó funcionamento desta casa teñen vostedes suficiente representación como para controlar a este grupo de goberno. Ás veces o BNG abusa un pouco, Sr. Mosquera, e vostede niso é especialista, en que ás veces cando hai incluso algún fallo administrativo tratan de imputalo como si fora un erro de goberno, e sabe vostede que non é así e máis sabe vostede que pola nosa parte, e non é só deste mandato senón que en mandatos anteriores, sempre houbo a mellor vontade en explica-las cousas o mellor posible e sempre houbo luz e taquígrafos e vainos seguir habendo, e a intención dunha mesa de contratación de momento non vai esa proposta, pero nós comprometémonos a estudia-lo tema de que os grupos políticos teñan funcionarios de confianza, funcionarios non, contratados laborais de confianza a proposta de cada grupo, e empezamos esa negociación cos voceiros o outro día. A nosa intención era traela a este Pleno pero como a temos sen rematar virá ó vindeiro Pleno, e a idea é que cada grupo político teña persoal de confianza para o seu labor nesta casa, que ata agora non tiña, e polo tanto entendemos que é un logro positivo cara a que vostedes teñan as máximas facilidades para facer oposición nesta casa. El Sr. Mosquera, vostede centra a súa intervención basicamente en que é unha situación estraña. Unha situación estraña sería se fixéramos algo contra a Lei. Non facemos nada contra a Lei e encima vostede sabe perfectamente por que se fai. Fala vostede de que neste grupo de goberno intentamos encubri-las cousas, pero todo está aí con luz e taquígrafos, todo mundo está nas Comisións, sábese en que Comisión está cada un, sexa do grupo de goberno, sexa da oposición, e aquí está todo perfectamente claro pola nosa parte, e nós, sobre todo, o que non facemos cando gobernamos é demagoxia, segundo nos toque a cor, onde sexa, dicimos unha cousa ou dicimos outra, mire vostede, por exemplo, caso de Poio que está aquí ó lado. Fala vostede das dedicacións. Esta casa ten dúas dedicacións exclusivas, nada máis; mire as que teñen vostedes no Concello de Pontevedra. Hoxe vai unha proposta ó Pleno de Porriño onde os tres concelleiros que ten o BNG, os tres, se propoñen con dedicación exclusiva. Aquí hai dous deputados que teñen dedicación exclusiva, paro vamos a traballar moitos outros. Loxicamente é unha forma de retribuír. A política, quen se dedica a ela con honestidade e con servicio, ten que estar razoablemente pagada, o resto é demagoxia barata, o resto é dici-lo que nos convén en cada momento, pero para dignifica-la política os políticos que traballan deben cobrar, e deben cobrar razoablemente, e sabe vostede que os políticos non están demasiado ben pagados. En todo caso a idea nosa é a que é, as cartas están boca arriba encima da mesa, e Sr. Mosquera, eu só lle recordo que vostedes na demagoxia son grandes expertos. As nosas motos son moito máis malas de vender; non se polo que. Vostedes hai catro anos, no Concello de Pontevedra, baixáronse o soldo para quedar moi ben coa opinión pública; este ano volvéronno a subir e non pasa nada. Nós aquí temos que aguanta-lo que nos boten vostedes porque nós somos os que facemos cousas estrañas, vostedes pódenas facer e son tremendamente normais; o que vostedes fan sempre está avalado de algo, dalgún suposto omnisciente que xustifica todo, ou ben porque vai para o partido ou por calquera outra cousa e nós non, o que facemos nós sempre ten que ser estraño. Pois nada máis. Termiño a miña intervención, Presidente, agradecéndolle ó Partido Socialista os puntos que vota a favor e os razoamentos que fai. Con respecto á mesa de contratación, Emilio, estudiarémolo e vamos a ve-la posibilidade de creala; nunca houbo unha mesa de contratación nesta casa, polo tanto é unha novidade, vámolo estudiar, pactarémolo, se é posible, cos distintos voceiros e verémola posibilidade de que se constitúa esa Comisión de Contratación. ¿De acordo?. Sr. Presidente.- Moitas gracias Sr. Crespo. Sr. Mosquera. Sr. Mosquera Lorenzo.- Gracias Sr. Presidente. O Sr. Crespo non estivo na reunión previa á toma de posesión e entón fala dalgunha imprecisión. Alí se dixo que 20 ou 30 prazas ían estar reservadas e iso non sucedeu así. Bo, en todo caso non creo que sexa a cuestión fundamental e o deixamos como foi, como foi. Ben, pero vostede se mete en areas movedizas porque cando menos, digamos que nos Concellos grandes, nesta casa sempre tivemos o mesmo criterio, estando no goberno, estando na oposición. Entón vostede di que é normal, por exemplo, que a representación en órganos colexiados sexa do grupo de goberno. Mire vostede, xa que fixo referencia, a mín non me gusta facer referencia a cuestións dun Concello concreto; no Concello de Pontevedra non é só que sexa agora que gobernamos nós, xa era cando gobernaba o PP, repártese proporcionalmente entre os tres grupos e non pasa absolutamente nada. Entón, incluso como grupo político, defenden unha cuestión nun sitio e outra noutro; esa é a súa debilidade, evidentemente, claro. Se lle pareceu mal eu non teño ningún problema en dar tódalas contas. Aquí un deputado que esté na Comisión de Goberno pode andar ó mes, nun caso óptimo, entre catrocentas sesenta e quiñentas mil; un deputado que non está na Comisión de Goberno, que está na oposición, pode supera-las trescentas trinta, por vir catro horas ó mes, o cal é un disparate tamén. Non se preocupe, o sistema está mal para todos; non lle quero mete-lo dedo no ollo ó que está na Comisión de Goberno ou ó que está noutro lado; é que teñen un sistema que é un disparate. Evidentemente nós non o vamos a avalar. E dito que se mete tremendamente en areas movedizas porque empeza a falar de dedicacións exclusivas e sabe que as retribucións de persoal entre cargos electos e de confianza vai pasar dos cento corenta millóns de pesetas ó ano, e no Concello de Pontevedra anda sobre os setenta, entón se vostede se deixa levar pola follarasca de que se subiu, baixou e deixou de subir, resulta que perde de vista o fundamental. Vostedes teñen un sistema retributivo que non está mal retribuído aquí, pero que está cun reparto e cunha maneira de funcionar absolutamente disparatada, que non é o que vostedes levan nos Concellos, ou polo menos nos grandes. O que defenden nos Concellos equiparables a esta casa, non é o que defenden; nesta casa defenden cousas moi diferentes ás que defenden noutros lados. ¿Como era aquilo?, a mellor defensa é un bo ataque e entón pasa a defender algo que é indefendible porque vai en contra do que vostedes defenden nos Concellos, vai en contra do que vostedes practican ou practicaron nos Concellos grandes, practican e practicaron, cando tiñan a responsabilidade de goberno e agora que están na oposición, en Concellos homologables con esta institución, aquí defenden o contrario e cando se di que están levando o contrario e se di que é disfuncional pasan ó contraataque dunha maneira fóra de lugar porque están atacando o mesmo que fan vostedes noutro lado, non ten ningún sentido, Sr. Crespo. Se queren reorganizar isto e que realmente aquí sexa o persoal de confianza, sexan os deputados, cobren polo traballo realmente realizado, que non ten por que supoñer ningunha peseta máis desta casa, ningunha peseta máis, en absoluto. Fágano como se está facendo en tódolos lados, ou sexa, que non ten ningún sentido, despois queda á boa vontade, ou sexa, que un aquí asiste a oito Comisións un día, que serán tres ou catro horas ou o que cadre; asiste a un Pleno que será media hora ou unha hora, ou o que cadre, e pode ingresar x pesetas, xa din antes as cifras, e poden non facer nada o resto do mes e cobra igual, e resulta que o que traballou como unha mona o resto dese mes e resulta que non pode vir ese día porque está enfermo, ou o que sexa, non cobra nada. É un disparate, agora, se a vostedes lles é funcional polo tipo de número de deputado que teñen etc., etc., pois me parece ben, pero en todo caso se podería arreglar por outras vías procedimentais. Creo que as cousas están moi clariñas, non estamos discutindo, señor portavoz do PP, non estamos discutindo nin contías, nin dedicacións exclusivas, nin nada diso, o que estamos discutindo é toda a organización desta casa, que é, repito, francamente estraña en comparación ó que vostedes mesmos fan en Concellos e noutras Deputacións. Entón non podemos avalá-lo funcionamento disto, non sabemos exactamente que está primando, está primando certo tipo de funcionamento. E se quere falo máis clariño: un Presidente antecesor seu dixo moi claro, algunha vez, que aquí queremos gobernar isto un, dous ou tres, e que os demais deputados do meu grupo non anden dando a lata e que os da oposición estean ocupados noutras cousas e non tiñan posibilidades reais de estar aquí supervisando. Pagarlle e que deixen de da-la lata, os mesmos do goberno e máis os da oposición, díxoo claramente. ¿Iso é o que están defendendo?, pois dígano, dígano e xa está. Esta casa a queren controlar entre dous ou tres e que non funcione. ¿Non queren que funcionen?, dígano claramente e xa está, que iso é o que realmente hai de fondo, o que hai de fondo é iso, que gobernen vostedes, dous, tres ou catro, os de máis confianza e o resto que ande por aí arredor, que estea pagado para traballar de Alcalde, Alcaldesa ou o que sexa, e á oposición tamén pagarlle e que non tiña posibilidades reais de estar aquí facendo a súa labor. Iso é o que ten dito algún Presidente anterior para xustificar este mesmo sistema. Se manteñen o sistema será porque tamén se manteñen os argumentos. Ben, creo que é un disparate porque fai disfuncional isto e sen aforrar, porque digan se na Deputación Provincial de Pontevedra se aforran seiscentos millóns ó ano con respecto a outra Deputación en asistencias e demais. Bueno, pois miren vostedes, son moitos cartos e van a servir para outra cousa, pero non é certo, o volume total que se gasta ó final do ano é menor que noutras Deputacións, pero pouco menor, e a eficacia e funcionalidade á bastante menor nesta Deputación. Se vostedes é o que queren para o goberno e para a oposición desta Deputación, pois é o que traen aquí, é o que trouxeron antes e seguirán con iso, non lle vamos a avalar este tipo de funcionamento. Sr. Presidente.- Sr. Crespo. Sr. Crespo Iglesias.- Moi brevemente para rematar. Obviamente non imos chegar a un acordo. Vostedes o que pretenden é xustifica-lo seu voto en contra e nós entendémolo, é dicir, nós non temos nada que obxectar, agora ben, eu creo que o noso posicionamento é razoable, esas conxecturas que vostede fai eu creo que obedecen máis a idea de xustifica-lo que é inxustificable moitas veces. Porque, vamos a ver Sr. Mosquera, segue mantendo que esta é unha situación estraña; non a vexo nada estraña comparándoa coa doutras Deputacións, outras Deputacións que incluso non gobernamos nós, como foi A Coruña durante un tempo e o sistema é parecido. Mire, cando a Deputación de Pontevedra tiña cincuenta mil pesetas por Pleno, tiña oitenta mil co señor Moreda en Coruña e non pasou nada. Mire, non imos compara-lo goberno provincial co goberno da capital, pero que vostede me dita que gastan setenta millóns en órganos de goberno en Pontevedra, que non o sei, e que aquí se gasta cento e pico, ata certo punto paréceme a proporción normal; este é un goberno da provincia e polo tanto non se fai nada distinto que non se fixera nas Deputacións e creo que a diferencia é que, cando vostedes propuxeron algo que creo que foi razoable no Concello de Pontevedra, si o Partido Popular lles votou a favor e vostedes aquí tratan de xustifica-lo voto en contra, loxicamente por iso fai esas aseveracións. En todo caso sabe vostede que non é así. Ben, eu creo que xa é dicir máis do mesmo e polo tanto non vou a dicir nada, simplemente que fixemos un reparto o máis xusto posible e que as diferencias, anque son razoables, a nosa idea non é gobernar dous ou tres; somos un grupo unido que temos as nosas reunións, as necesarias para falar das cousas de goberno, aquí non gobernamos dous ou tres ou catro, por moito que o dixera algún outro Presidente desta casa, puido dicilo, pero sabe vostede que ás veces nas tabernas se fan comentarios, ou nos pasillos, que ás veces son feitos daquela maneira. Loxicamente non cabe dúbida de que esta Corporación, esta Institución, é un órgano moi presidencialista e o Presidente manda moito, pero no grupo de goberno mandamos todos exactamente igual, cada un na súa materia, se non non habería Deputados-Delegados. E tamén lle vou dicir outra cousa, cando vostede facía esas afirmacións de que aquí un Pleno dura media hora, media hora ó mellor para vostedes, pero os Plenos hai que preparalos, media hora é cando se despacha, pero eu podo dicirlle que onte reunímonos, antes de onte reunímonos, hoxe tivemos unha reunión pola mañá. Se vostede o que quere facer é dar un dato sensacionalista para os medios de comunicación perfecto, en media hora, setenta mil pelas, esa é a parte fácil, a parte difícil é que esa media hora de Pleno ó mellor ten centos e centos de horas de deputados preparando ese Pleno, e iso tamén é certo. En todo caso, como aí non imos chegar a un acordo, dicirlles que non compartimos o seu posicionamento e vamos a pasar a votar e non perder máis tempo. Moitas gracias. Sr. Presidente.- Gracias Sr. Crespo. Eu añadir ás palabras do Sr. Mosquera, que el non recorda, porque leva uns cantos anos nesta casa, e eu quería abrir, e sigo abrindo, unha porta ó diálogo pero sempre a súa resposta é negativa. E quero recordarlle, que vostede non recordou aquí precisamente, que o Partido Popular, dende esa oferta de diálogo, creou unha xunta de portavoces que non existía nesta casa. Iso vostede non o recorda e o obvia porque lle interesa obvialo. O Bloque Nacionalista Galego vai ter un representante no Organismo de Recadación Autónoma (ORAL), o cal vostede tampouco recorda. O reparto, como ben dicía o Partido Socialista, proporcional exacto das Comisións Informativas, que ningún grupo desta casa queda mermado en función dos Deputados que lle corresponden e claro, hai que recordarlle. Predican unha cousa nun sitio e despois noutro sitio predican outra. En Poio, por exemplo, onde ó Partido Popular lle houberan correspondido tres Concelleiros non deron dous, única e exclusivamente, e despois vostede di que se incrementan as Comisións Informativas e o seu partido, en Cambados, propón que o número de edís se incremente nas Comisións Informativas. Iso o di o Bloque Nacionalista Galego, non o dicimos nós. Polo tanto se cumpren todas esas premisas que eu manifestei dende o principio: oferta ó diálogo a negociar, o que pasa é que vostede sempre, sempre, sempre en forma negativa, que esta casa segue sendo o mesmo, esa canción, tanto os que xa levamos aquí algúns cantos anos, como os propios medios de comunicación xa o coñecen. Eu creo que agora xa podemos cambiar un pouco o discurso. Vostedes xa gobernan en Pontevedra e entre todos xa podemos dar outro aire e podemos falar en positivo, como lle dicía onte en relación con algún interese desta capital a cal eu quero potenciar na medida do posible para busca-lo apoio das Institucións e para que dalgunha forma estean ben representadas. Claro, vostede, como lle recordaba o portavoz do Partido Popular, o Alcalde chega no primeiro mandato e como nós tiñamos un Alcalde que tiña un soldo razoable, chegan vostedes e se baixan, temos que quedar ben perante a xente, a galería, e se baixan un 10% o soldo, e resulta que veñen catro anos despois, volven a gobernar e se soben un 30% o soldo do Alcalde, por exemplo. E despois tamén queren dar outra imaxe no sentido de que nós non somos responsables, nós non somos responsables do que se cobra nesta casa, como se realmente dese a impresión de que as súas retribucións, as súas e as dos seus compañeiros, fosen dedicadas a asociacións benéficas. Terá que manifestar se realmente é así, porque queren dar esa sensación, polo tanto sexamos sensatos e apliquemos un pouco a cordura. E en relación ó de Pontevedra, o Partido Popular gobernaba con dous Concelleiros liberados e cando puxemos o terceiro, ou quixemos poñe-lo terceiro, puxeron o grito no ceo. Agora só hai que ver e ir ós números precisamente, e ver que hai trece liberados en Pontevedra. Eu creo que os tempos van avanzando para todos; dende aquí hai unha oferta moi interesante ó diálogo, con tres argumentos, e un cuarto que está en marcha e que de vostedes depende esa oferta de poder dedicarlles unha persoa liberada, neste caso o seu grupo e ó outro grupo da oposición. E tamén, como non dicilo, pois vostede o pasou moi por encima, a asignación ós grupos políticos, xa na vez pasada se estipulou, creo que é unha forma razoable; hai unha cantidade fixa por grupo, unha cantidade menor que a que hai no Concello de Pontevedra, e ó mesmo tempo tamén hai que recordarlle que cada grupo, en función do número de Deputados, vai a percibi-lo que realmente está estipulado. Por iso eu creo que queda perfectamente clara a oferta de diálogo do Partido Popular. Creo que o Partido Socialista de forma razoable así a recibiu, e a vostede eu lle invito a que sexamos positivos, e non negativos como sempre, intentemos chegar a acordos que van a ser interesantes non só para esta Institución senón para os veciños de Pontevedra que é do que se trata. Parece que vostede quere añadir algunha cousa, Sr. Mosquera, adiante. Sr. Mosquera Lorenzo.- Si, claro que quero añadir. Acaba vostede de mostrar exactamente cal é o talante. Estamos aquí debatendo e ó final, dunha maneira bastante irregular, se reserva para volver a abri-lo debate dende a Presidencia, que é un mal estilo dentro dunha Corporación, é moi mal estilo, un truco moi vello. Como Presidente, se quere dicir dúas palabras xenéricas, institucionais, ben, pero entrar outra vez no debate é moi mal estilo, moi mal estilo. É exactamente o que está pasando, é un reflexo claro do que está pasando; falen vostedes o que queiran, que despois nós decidimos e inda por riba procuramos solta-lo que tal. Mire, non vou a entrar nas cifras; é verdadeiramente absurdo esas cifras que di de subir e baixar no Concello de Pontevedra porque son falsas, e polo tanto o único real é que resulta que en Pontevedra estamos peor retribuídos que en Vigo, que en Vilagarcía, case que en Silleda e que nesta Institución, e que en Santiago e en calquera outro sitio, polo tanto non é ese o problema. Hai unha cuestión que se dixo antes, que é que aquí é o dobre, non, moito máis que o dobre, só gastos salariais, se contamos dietas e demais é bastante máis, é case o triple o que se gasta aquí que no Concello de Pontevedra. E repito, se non queren entender, evidentemente a oídos xordos é imposible facer ningún punto de encontro. E van a ter vostedes, xa que se quere chegar a acordos de organización ou acordos de funcionamento, digamos que dun modo aceptable para todo o mundo e que sexa bo colectivamente para a Institución, ou para o seu funcionamento, ou para resolver problemas, van contar con toda a nosa disposición. Non é certo que non existira a xunta de portavoces, si existía e vostede o que está vendendo é exactamente o que xa existía, como gran novidade. Xa o anterior Presidente tiña en marcha a idea de elaborar ese plan estratéxico de amplia-lo plan de infraestructuras, gran novidade, había unha xunta de portavoces se reunía cando lle cadraba, tarde, mal e a rastro, pero existía, agora o presenta vostede como gran novidade, etc., etc., e de verdade que non vemos por ningún lado ese cambio de talante. E xa o dixen antes, e polo tanto non quero repetirme moito, hai Concellos onde as representacións nos órganos colexiados se reparten e non pasa nada, non pasa absolutamente nada e o sistema de funcionamento se acorda, e non pasa nada. É evidente, por exemplo, que pode haber diferencias entre os grupos pero sobre o mesmo montante se pode meter máis asignacións por grupos que por asistencias, etc., e non pasa nada, pero claro, hai que chegar a un acordo. Vostedes fano a súa medida e din que a nosa medida non lle vale a vostedes e polo tanto son moi negativos. Nós estamos convencidos de que non nos vale a nós nin lle vale para o bo funcionamento da Institución, as dúas cousas, non vale para as dúas cousas. Sr. Presidente.- Moitas gracias Sr. Mosquera. Bueno, creo que quedou perfectamente claro. Eu creo que o diálogo chámase xunta de portavoces, participación no ORAL, reparto proporcional nas Comisións Informativas e persoal de confianza para os grupos da oposición que vamos a chegar a ese acordo. Iso se chama diálogo aínda que vostede parece que segue sen recoñecelo, non quere dar nin ese mínimo paso; dea un paso, que eu creo que agora vamos a empezar unha nova etapa e aproveitemos para dar un paso en positivo. Polo tanto, Sr. Secretario, votamos punto a punto. Estamos no punto número dous, moción da Presidencia sobre réxime de sesións do Pleno e da Comisión de Goberno. ¿Votos en contra?. O BNG. ¿Abstencións?. ¿A favor?. Grupo Popular e Partido Socialista. O art. 58 do Regulamento de Organización, Funcionamento e Réxime Xurídico das Entidades Locais dispón no seu apartado a) que dentro dos trinta días seguintes ó da sesión constitutiva da Corporación, o Presidente convocará sesión extraordinaria do Pleno para resolver sobre o réxime de sesións do mesmo e da Comisión de Goberno. En consecuencia, o Pleno acorda por maioría de votos do Grupo Popular e do PSOE e cos votos en contra do BNG a adopción do seguinte acordo: Préstase aprobación a Moción da Presidencia segundo a cal as sesións ordinarias do Pleno terán lugar o último mércores de cada mes, ás 11,00 horas, sen prexuízo das sesións extraordinarias que puideran convocarse. Se a data prevista de celebración de calquera sesión do Pleno coincidira con festivo, esta deberá celebrarse o día hábil anterior. Así mesmo, as sesións ordinarias da Comisión de Goberno terán lugar semanalmente tódolos venres, ás 10,00 horas. Se a data de celebración da sesión coincidira con festivo, celebrarase o día hábil anterior. Igualmente, as Comisións Informativas celebraranse os penúltimos mércores de mes, a partir das 17,00 horas, trasladándose tamén para o día hábil anterior no suposto de que aquel fose festivo. ------ Folla: 3.4918.- MOCIÓN DA PRESIDENCIA SOBRE CREACIÓN E COMPOSICIÓN DAS COMISIÓNS INFORMATIVAS Sr. Presidente.- Punto número tres. Moción da Presidencia sobre creación e composición das Comisións Informativas. ¿Votos en contra?. O BNG. ¿Abstencións?. O PSOE. ¿A favor?. O PP. Á vista da experiencia obtida durante o pasado mandato da Corporación Provincial e como consecuencia dos novos obxectivos que pretenden lograrse neste novo mandato, é intención desta Presidencia modifica-la denominación existente ata agora dos órganos asesores da Corporación Provincial, que teñen por obxecto ó estudio, informe ou consulta dos asuntos que deben ser sometidos á consideración do Pleno. Por iso, sométese á decisión do Pleno á seguinte proposta de acordo: En cumprimento do disposto nos artigos 58, 124, 125 e 127 do Real Decreto 2568/86, de 28 de novembro, polo que se aproba o Regulamento de Organización, Funcionamento e Réxime Xurídico das Entidades Locais, o Pleno acorda aprobar por maioría de votos do Grupo Popular, a abstención do PSOE e o voto en contra do BNG, a MOCIÓN da Presidencia segundo a cal: Primeiro: Créanse, atendendo ás grandes áreas en que se estructuran os servicios provinciais, ademais da Comisión Especial de Contas, de existencia preceptiva, as seguintes Comisións Informativas Permanentes: 1 - Agricultura e Gandería 2 - Benestar Social e Muller 3 - Cooperación e Mancomunidades 4 - Cultura 5 - Economía, Facenda e Turismo 6 - Medio Ambiente e Urbanismo 7 - Pesca e Cultivos Mariños 8 - Promoción Económica e Emprego 9 - Relacións Institucionais 10 - Réxime Interior e Persoal 11 - Vías e Obras 12 - Xuventude e Deportes Segundo: As citadas Comisións Informativas estarán integradas por dezaseis Sres. e Sras. Deputados/as, representando a tódolos Grupos Políticos na seguinte proporción: nove membros do Grupo Provincial do PP; catro membros do Grupo Provincial do PSG-PSOE e tres membros do Grupo Provincial do BNG, máis o Presidente da Corporación que será Presidente nato de todas elas. Terceiro: A composición concreta das citadas Comisións Informativas será a seguinte: - Comisión Informativa de Agricultura e Gandería: Dna. Nidia María Arévalo Gómez D. Ramón Campos Durán D. José Costa Díaz D. Xosé Crespo Iglesias D. José Juan Durán Hermida D. Antonio Feliciano Fernández Rocha D. José Antonio Landín Eirín Dna. María Corina Porro Martínez D. José Enrique Sotelo Villar D. Emilio González Iglesias D. Efrén Juanes Rodríguez D. Manuel Núñez Sestelo D. Juan Manuel Rey Rey Representantes BNG (3) - Comisión Informativa de Benestar Social e Muller Dna. Nidia María Arévalo Gómez D. Ramón Campos Durán D. Antonio Feliciano Fernández Rocha D. José Antonio Landín Eirín D. José Antonio Lorenzo Rodríguez Dna. María Teresa Pedrosa Silva Dna. María Corina Porro Martínez D. Alfredo Rodríguez Millares D. Jesús Vázquez Almuíña D. Efrén Juanes Rodríguez D. Juan Manuel Rey Rey D. Rodrigo Santiago Novas D. Belén Sío Lourido Representantes BNG (3) - Comisión Informativa de Cooperación e Mancomunidades Dna. Nidia María Arévalo Gómez D. Ramón Campos Durán D. José Costa Díaz D. Xosé Crespo Iglesias D. José Juan Durán Hermida D. Antonio Feliciano Fernández Rocha D. José Antonio Lorenzo Rodríguez Dna. María Teresa Pedrosa Silva D. Jesús Vázquez Almuíña D. Emilio González Iglesias D. Efrén Juanes Rodríguez D. Constante Juan Muradas Ramos D. Rodrigo Santiago Novas Representantes BNG (3) - Comisión Informativa de Cultura: Dna. Nidia María Arévalo Gómez D. José Costa Díaz D. José Juan Durán Hermida D. Antonio Feliciano Fernández Rocha D. José Antonio Lorenzo Rodríguez Dna. María Teresa Pedrosa Silva Dna. María Corina Porro Martínez D. José Enrique Sotelo Villar D. Jesús Vázquez Almuíña D. Efrén Juanes Rodríguez D. Juan Manuel Rey Rey D. Rodrigo Santiago Novas Dna. Belén Sío Lourido Representantes BNG (3) - Comisión Informativa de Economía, Facenda e Turismo: Dna. Nidia María Arévalo Gómez D. José Costa Díaz D. José Juan Durán Hermida D. José Manuel Figueroa Vila D. José Antonio Lorenzo Rodríguez Dna. María Corina Porro Martínez D. Alfredo Rodríguez Millares D. José Enrique Sotelo Villar D. Jesús Vázquez Almuíña D. Emilio González Iglesias D. Constante Juan Muradas Ramos D. Juan Manuel Rey Rey D. Rodrigo Santiago Novas Representantes BNG (3) - Comisión Informativa de Medio Ambiente e Urbanismo: D. Ramón Campos Durán D. Xosé Crespo Iglesias D. José Juan Durán Hermida D. Antonio Feliciano Fernández Rocha D. José Antonio Landín Eirín Dna. María Teresa Pedrosa Silva Dna. María Corina Porro Martínez D. Alfredo Rodríguez Millares D. José Enrique Sotelo Villar D. Emilio González Iglesias D. Manuel Núñez Sestelo D. Juan Manuel Rey Rey Dna. Belén Sío Lourido Representantes BNG (3) - Comisión Informativa de Pesca e Cultivos Mariños: D. Ramón Campos Durán D. José Costa Díaz D. Xosé Crespo Iglesias D. Antonio Feliciano Fernández Rocha D. José Antonio Landín Eirín Dna. María Teresa Pedrosa Silva D. Alfredo Rodríguez Millares D. José Enrique Sotelo Villar D. Jesús Vázquez Almuíña D. Emilio González Iglesias D. Efrén Juanes Rodríguez D. Constante Juan Muradas Ramos D. Rodrigo Santiago Novas Representantes BNG (3) - Comisión Informativa de Promoción Económica e Emprego: Dna. Nidia María Arévalo Gómez D. Ramón Campos Durán D. Xosé Crespo Iglesias D. Antonio Feliciano Fernández Rocha D. José Antonio Landín Eirín D. José Antonio Lorenzo Rodríguez Dna. María Corina Porro Martínez D. Alfredo Rodríguez Millares D. Jesús Vázquez Almuíña D. Emilio González Iglesias D. Constante Juan Muradas Ramos D. Juan Manuel Rey Rey Dna. Belén Sío Lourido Representantes BNG (3) - Comisión Informativa de Relacións Institucionais D. Ramón Campos Durán D. Xosé Crespo Iglesias D. Antonio Feliciano Fernández Rocha D. José Antonio Landín Eirín D. José Antonio Lorenzo Rodríguez Dna. María Teresa Pedrosa Silva Dna. María Corina Porro Martínez D. Alfredo Rodríguez Millares D. Jesús Vázquez Almuíña D. Emilio González Iglesias D. Constante Juan Muradas Ramos D. Manuel Núñez Sestelo Dna. Belén Sío Lourido Representantes BNG (3) - Comisión Informativa de Réxime Interior e Persoal Dna. Nidia María Arévalo Gómez D. José Costa Díaz D. José Juan Durán Hermida D. José Antonio Landín Eirín D. José Antonio Lorenzo Rodríguez Dna. María Teresa Pedrosa Silva D. Alfredo Rodríguez Millares D. José Enrique Sotelo Villar D. Jesús Vázquez Almuíña D. Constante Juan Muradas Ramos D. Manuel Núñez Sestelo D. Rodrigo Santiago Novas Dna. Belén Sío Lourido Representantes BNG (3) - Comisión Informativa de Vías e Obras Dna. Nidia María Arévalo Gómez D. Ramón Campos Durán D. José Costa Díaz D. Xosé Crespo Iglesias D. José Juan Durán Hermida D. José Antonio Lorenzo Rodríguez Dna. María Corina Porro Martínez D. Alfredo Rodríguez Millares D. José Enrique Sotelo Villar D. Efrén Juanes Rodríguez D. Constante Juan Muradas Ramos D. Manuel Núñez Sestelo Dna. Belén Sío Lourido Representantes BNG (3) - Comisión Informativa de Xuventude e Deportes Dna. Nidia María Arévalo Gómez D. José Costa Díaz D. Xosé Crespo Iglesias D. José Juan Durán Hermida D. José Antonio Landín Eirín D. José Antonio Lorenzo Rodríguez Dna. María Teresa Pedrosa Silva D. José Enrique Sotelo Villar D. Jesús Vázquez Almuíña D. Efrén Juanes Rodríguez D. Manuel Núñez Sestelo D. Juan Manuel Rey Rey D. Rodrigo Santiago Novas Representantes BNG (3) - Comisión Especial de Contas: D. Ramón Campos Durán D. José Costa Díaz D. Xosé Crespo Iglesias D. José Juan Durán Hermida D. José Manuel Figueroa Vila D. José Antonio Landín Eirín Dna. María Teresa Pedrosa Silva Dna. María Corina Porro Martínez D. José Enrique Sotelo Villar D. Emilio González Iglesias D. Constante Juan Muradas Ramos D. Juan Manuel Rey Rey D. Rodrigo Santiago Novas Representantes BNG (3) ------ Folla: 4.4919.- MOCIÓN DA PRESIDENCIA SOBRE NOMEAMENTO DE REPRESENTANTES DA CORPORACIÓN EN ÓRGANOS COLEXIADOS. Sr. Presidente.- Punto número catro. Moción da Presidencia sobre nomeamento de representantes da Corporación en Órganos Colexiados. ¿Votos en contra?. O BNG. ¿Abstencións?.O PSOE. ¿A favor?. O PP. Parece ser que o Bloque Nacionalista Galego non nomeou aínda ós representantes nos órganos colexiados, nas Comisións Informativas, supoñemos que o fará dun momento a outro. Agradecerémoslle a palabra ó Sr. Mosquera. Sr. Mosquera Lorenzo.- Nisto tamén é estraña a Deputación, porque no punto dous temos que vota-lo réxime de sesións da Comisión de Goberno, cando non temos que votar nada diso; iso o fixa a propia Comisión e o Presidente. E no punto este, que eu sepa, nos Concellos, acabamos de facelo no de Pontevedra, son representantes dos grupos polo tanto noméaos o grupo e o Pleno non ten que aprobar, iso pasa en tódolos Concellos, que eu sepa, dará conta na seguinte sesión ou o que sexa, pero dende logo se son representantes da Corporación, iso ten que dar conta e aprobalo o Pleno, outra cousa son representantes dos grupos, que se comunica e xa está, son os representantes. No Concello de Pontevedra e noutros Concellos é como se fai, pero bo. Sr. Presidente.- Si, Sr. Secretario, parece que vostede ten que dicir algo neste apartado. Sr. Secretario.- Yo digo que este asunto se ha planteado, llevo cinco constituciones de esta Diputación y siempre ha sido así, y hasta el momento el Bloque nunca había planteado este obstáculo. Yo hablé el otro día con el Sr. Mosquera, le traté de convencer de que a mi juicio, claro que caben distintas interpretaciones, debía de habernos comunicado los miembros de las Comisiones Informativas que integraban su grupo para poder convocarlos inmediatamente en cuanto haya en cualquier momento un Pleno y haya que celebrar Comisiones Informativas. Además si usted se lee los artículos 58, 125 y 134 del R.O.F., creo que comprenderá lo que le digo. No obstante espero que el Bloque comunique a la Presidencia los miembros de las Comisiones Informativas y de los organismos colegiados y en su momento se les convocará. Sr. Presidente.- Sr. Crespo. Sr. Crespo Iglesias.- Sr. Mosquera, loxicamente van nomear vostedes a quen queiran, pero ten que se-lo Pleno, esa discusión tivémola no meu Concello e creo que quedou claro por parte dos tres grupos. Ten que se-lo Concello quen os nomee. Mire, falábamos de na primeira semana de agosto de face-lo Pleno de xullo por falta de tempo, ¿a quen citamos do BNG, ó grupo?. Na Comisión Informativa haberá que citar á persoa física, entón eu creo que non ten razón, en todo caso, por favor, comuníquello o antes posible, é un problema técnico, non é un problema político. A ver se vostede tamén culpa ó PP disto. O art. 58 c) do Regulamento de Organización, Funcionamento e Réxime Xurídico das Entidades Locais determina que corresponde ó Pleno a designación de representantes da Corporación en Órganos Colexiados. Esta representación pode plantexarse dende dúas perspectivas: representación en órganos colexiados que dependen da propia Corporación (Organismos Autónomos) e representación en órganos nos que debe haber representantes da Corporación pero que non dependen dela. En todo caso, o nomeamento é sempre competencia do Pleno. Por todo iso, a Presidencia somete á consideración do Pleno a adopción do seguinte acordo: Desígnanse por maioría de votos do Grupo Popular, a abstención do PSOE e o voto en contra do BNG, representantes da Deputación Provincial de Pontevedra nos Organismos que seguidamente se relacionan ós/ás seguintes Sres. e Sras. Deputados/as: Xunta Rectora do Padroado da "Escola de Canteiros" Presidente: D. Rafael Louzán Abal Vicepresidente: D. José Manuel Figueroa Vila Vocais: Dna. María Teresa Pedrosa Silva D. José Juan Durán Hermida D. José Costa Díaz D. Juan Manuel Rey Rey BNG ? Xunta Rectora do Padroado Provincial de Turismo "Rías Baixas" Presidente: D. Rafael Louzán Abal Vicepresidente: D. José Manuel Figueroa Vila Vocais: D. José Juan Durán Hermida D. Jesús Vázquez Almuíña D. José Antonio Lorenzo Rodríguez D. Constante Juan Muradas Ramos BNG ? Consello de Administración do Centro Provincial de Asesoramento Municipal (CPAM) Presidente: D. Rafael Louzán Abal Vicepresidente: D. José Enrique Sotelo Villar Vocais: D. José Antonio Lorenzo Rodríguez D. Antonio Feliciano Fernández Rocha D. José Costa Díaz D. Jesús Vázquez Almuíña Dna. Nidia María Arévalo Gómez D. Manuel Núñez Sestelo D. Rodrigo Santiago Novas BNG ? Consello de Administración do Organismo Autónomo Provincial de Xestión e Recadación de Recursos Locais (ORAL) Presidente: D. Rafael Louzán Abal Vicepresidente: D. Xosé Crespo Iglesias Vocais: D. José Juan Durán Hermida D. José Costa Díaz D. Manuel Núñez Sestelo BNG ? Padroado do Centro de Formación Profesional da Cidade Infantil "Príncipe Felipe" Presidente: D. Rafael Louzán Abal Vicepresidenta: Dna. Nidia María Arévalo Gómez Vocais: D. José Juan Durán Hermida D. José Antonio Lorenzo Rodríguez Dna. Belén Sío Lourido BNG ? - Asociación Española de Cidades da Pesca (AECIPE): D. Rafael Louzán Abal, titular; D. Ramón Campos Durán, suplente. - Colexio Rexional de Ensinanzas, Investigación e Experiencias Forestais de Lourizán: D. Ramón Campos Durán. - Comisión Galega de Agricultura de Montaña: D. Ramón Campos Durán. - Comisión Galega de Delimitación Territorial: Dna. Nidia María Arévalo Gómez. - Comisión Galega de Prevención e Loita contra a Drogodependencia: D. José Enrique Sotelo Villar. - Comisión Galega de Protección Civil: Dna. Nidia María Arévalo Gómez. - Comisión Galega de Tráfico e Seguridade de Circulación Vial: D. Xosé Crespo Iglesias. - Comisión Galega Interinstitucional sobre o Menor: Dna. Nidia María Arévalo Gómez. - Comisión do Patrimonio Histórico e Camiño de Santiago: Dna. María Corina Porro Martínez. - Comisión Provincial de Hemoterapia: D. José Enrique Sotelo Villar. - Comisión Provincial de Medio Ambiente: D. José Juan Durán Hermida. - Comisión Provincial do Patrimonio Histórico-Artístico: Dna. María Teresa Pedrosa Silva. - Comisión Provincial de Prezos en Clínicas, Sanatorios e Hospitais: D. José Enrique Sotelo Villar. - Comisión de Portos de Galicia: D. Jesús Vázquez Almuíña, - Comisión Provincial da Vivenda: Dna. Nidia Mª Arévalo Gómez. - Comisión Superior de Urbanismo de Galicia: D. José Manuel Figueroa Vila. - Comisión Territorial do Patrimonio Histórico-Artístico: Dna. María Teresa Pedrosa Silva. - Comité de Dirección do Proxecto COMPÁS-Iniciativa U.E. EQUAL: D. Jesús Vázquez Almuíña e Dna. Nidia María Arévalo Gómez. - Comité de Honra da "Fundación Laxeiro": Dna. María Corina Porro Martínez. - Comité Provincial de Caza: D. José Antonio Landín Eirín. - Comité Provincial de Coordinación de Transportes: D. José Antonio Lorenzo Rodríguez e D. Jesús Vázquez Almuíña. - Comité Provincial da Cruz Vermella Española: Dna. María Teresa Pedrosa Silva. - Comité Provincial de Integración e Coordinación Ambiental da Delegación Provincial da Consellería de Medio Ambiente: D. José Juan Durán Hermida. - Comité Provincial de Pesca Continental: D. Ramón Campos Durán. - Consello Asesor de Telecomunicacións e Audiovisual de Galicia: D. José Manuel Figueroa Vila e Dna. Nidia María Arévalo Gómez. - Consello Galego de Transportes: Dna. Nidia María Arévalo Gómez. - Consello de Goberno do Organismo Autónomo "Pazo da Cultura de Pontevedra": Dna. María Teresa Pedrosa Silva. - Consello Provincial de Servicios Sociais: Dna. Nidia María Arévalo Gómez e D. José Antonio Lorenzo Rodríguez. - Consello Técnico Asesor da Misión Biolóxica de Galicia: D. Ramón Campos Durán. - Consello Territorial da Propiedade Inmobiliaria de Pontevedra: Dna. María Teresa Pedrosa Silva. - Consello Territorial da Propiedade Inmobiliaria de Vigo: D. José Manuel Figueroa Vila. - Consorcio para o Servicio contra Incendios e Salvamento das Comarcas do Deza e Tabeirós-Terra de Montes: D. Xosé Crespo Iglesias; D. Ramón Campos Durán; D. José Luis Rodríguez García. - Consorcio para o Servicio contra Incendios e Salvamento da Comarca do Salnés: Dna. María Teresa Pedrosa Silva; D. José Juan Durán Hermida; D. José Antonio Landín Eirín. - Consorcio para o Servicio contra Incendios e Salvamento da Comarca do Morrazo: D. José Enrique Sotelo Villar e D. José Manuel Figueroa Vila. - Consorcio Zona Franca de Vigo: D. Rafael Louzán Abal. - Consorcio Audiovisual de Galicia: D. José Antonio Lorenzo Rodríguez, titular: D. Ramón Campos Durán, suplente. - Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade: Dna. Nidia María Arévalo Gómez. - Fundación ARAO: D. José Juan Durán Hermida e Dna. Nidia María Arévalo Gómez. - Fundación MARCO: Dna. María Corina Porro Martínez. - Museo do Pobo Galego: Dna. María Corina Porro Martínez. - Organismo Autónomo Municipal de Turismo do Concello de Vigo: D. José Manuel Figueroa Vila. - Padroado da Escola Universitaria de Enfermería: Dna. María Corina Porro Martínez. - Padroado da Fundación Camilo José Cela: Dna. María Corina Porro Martínez. - Padroado da Fundación "Exposicións e Congresos de A Estrada": D. José Juan Durán Hermida. - Padroado da Fundación Semana Verde de Galicia: Don Xosé Crespo Iglesias. - Padroado de Goberno da Fundación Comarcal do Baixo Miño: D. Antonio Feliciano Fernández Rocha. - Padroado de Goberno da Fundación Comarcal de Caldas: D. José Antonio Landín Eirín. - Padroado de Goberno da Fundación Comarcal do Deza: D. Xosé Crespo Iglesias - Padroado de Goberno da Fundación Comarcal de O Morrazo: D. José Enrique Sotelo Villar. - Padroado de Goberno da Fundación Comarcal do Paradanta: D. José Costa Díaz. - Padroado de Goberno da Fundación Comarcal do Salnés: D. José Juan Durán Hermida. - Padroado de Goberno da Fundación Comarcal Tabeirós-Terra de Montes: D. Ramón Campos Durán. - Padroado do Instituto Feiral de Vigo (IFEVI): D. José Manuel Figueroa Vila. - Padroado de Mellora da Vivenda Rural: D. José Costa Díaz. - Padroado do Museo de Pontevedra: Dna. María Teresa Pedrosa Silva e D. José Juan Durán Hermida. - Padroado Municipal "Monte Santa Tegra" (A Guarda): D. Antonio Feliciano Fernández Rocha. - Padroado da Universidade Nacional de Educación a Distancia: Dna. María Teresa Pedrosa Silva. - Padroado do Parque Nacional Marítimo-Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia: Dna. María Teresa Pedrosa Silva. - Plan Provincial de Emerxencia Sanitaria para situacións catastróficas: D. José Enrique Sotelo Villar - Sección Provincial do Consello de Empadroamento do Ministerio de Economía e Facenda: D. Xosé Crespo Iglesias. - Sociedade de Garantía Recíproca da Pequena e Mediana Empresa de Pontevedra e Ourense: D. José Manuel Figueroa Vila e D. Jesús Vázquez Almuíña. - Subcomité de Xestión do Subprograma Galicia-Rexión Norte de Portugal dentro da Iniciativa Comunitaria INTERREG III: D. Jesús Vázquez Almuíña. - Xestur Pontevedra, S.A.: D. Rafael Louzán Abal; D. Xosé Crespo Iglesias. ------ Folla: 5.4920.- COÑECEMENTO DE RESOLUCIÓNS DA PRESIDENCIA SOBRE NOMEAMENTOS DE VICEPRESIDENTES, MEMBROS DA COMISIÓN DE GOBERNO E DELEGACIÓNS DA PRESIDENCIA Sr. Presidente.- O punto é quedar enterados, polo que podemos ver. Coñecemento das Resolucións da Presidencia sobre nomeamentos de Vicepresidentes, membros da Comisión de Goberno e delegacións da Presidencia. Isto é dar conta. Quedou enterado o Pleno das seguintes Resolucións: A Presidencia, en uso das facultades que lle confire a normativa local vixente, dicta a seguinte R E S O L U C I Ó N De conformidade co disposto nos artigos 34.3 da Lei 7/85, de 2 de abril, Reguladora das Bases de Réxime Local, 104.2 da Lei 5/97, de 22 de xullo, de Administración Local de Galicia, e 66.1 do Real Decreto 2568/86, de 28 de novembro, polo que se aprobou o Regulamento de Organización, Funcionamento e Réxime Xurídico das Entidades Locais, RESOLVO, Designar Vicepresidentes/as da Corporación Provincial ós Señores e Señoras Deputados e Deputadas, membros da Comisión de Goberno, que a continuación se sinalan: Don Xosé Crespo Iglesias Dona María Teresa Pedrosa Silva Dona María Corina Porro Martínez Don José Enrique Sotelo Villar Da presente resolución darase conta ó Pleno na primeira sesión que celebre e ós interesados, publicándose no Boletín Oficial da Provincia, sen prexuízo da súa efectividade desde o día de hoxe. Pontevedra, 21 de xullo de 2003 O PRESIDENTE, O SECRETARIO, A Presidencia, en uso das facultades que lle confire a normativa local vixente, dicta a seguinte R E S O L U C I Ó N En virtude das facultades conferidas polos artigos 35.1 da Lei 7/85, de 2 de abril, Reguladora das Bases de Réxime Local, e 72 do Regulamento de Organización, Funcionamento e Réxime Xurídico das Entidades Locais, así como polo artigo 104.4 da Lei de Administración Local de Galicia, RESOLVO, Que a Comisión de Goberno quede integrada polos seguintes Señores e Señoras Deputados e Deputadas: Presidente: Don Rafael Louzán Abal Vocais: Don Xosé Crespo Iglesias Dona María Teresa Pedrosa Silva Dona María Corina Porro Martínez Don José Enrique Sotelo Villar Don Ramón Campos Durán Don Antonio Feliciano Fernández Rocha Don José Manuel Figueroa Vila Don José Antonio Landín Eirín Don Alfredo Rodríguez Millares Da presente resolución darase conta ó Pleno na primeira sesión que celebre e ós interesados, publicándose no Boletín Oficial da Provincia, sen prexuízo da súa efectividade desde o día de hoxe. Pontevedra, 21 de xullo de 2003 O PRESIDENTE, O SECRETARIO, A Presidencia, en uso das facultades que lle confire a normativa local vixente, dicta a seguinte R E S O L U C I Ó N En uso das atribucións que confiren á Presidencia os artigos 34.2 e 35 da Lei 7/85, de 2 de abril, Reguladora das Bases do Réxime Local, 58, 63 e 64 do Regulamento de Organización, F

Área de documentación

Área de notas

  • Nota

Puntos de acceso

Área de control da descrición