ATOPO
Rexistros actuais: 1.625.156
Obxectos dixitais dispoñibles: 504.759

Acta de sesión 2003/08/08_Ordinaria

Área de identificación

  • Código(s) de referencia ES.GA.36038.ADPO.1.1.3.3.33.364/2.2003-08-08_Ordinaria

  • Título Acta de sesión 2003/08/08_Ordinaria

  • Data(s) 2003-08-08 (Creación)

  • Volume e soporte 1 acta de sesión

Área de contexto

Área de contido e estrutura

  • Alcance e contido Folla: Da sesión ordinaria en primeira convocatoria, celebrada polo Pleno desta Excma. Deputación o día, 8 de agosto de 2003 No Salón de sesións da Excma. Deputación Provincial de Pontevedra, sendo as once horas do día oito de agosto do ano dous mil tres, baixo a Presidencia do Ilmo. Sr. Presidente D. Rafael Louzán Abal, reuníronse as/os Señoras/es Deputadas/os, D. Xosé Antón Araujo Quintas, Dona Nidia María Arévalo Gómez, D. Ramón Campos Durán, D. José Costa Díaz, D. José Crespo Iglesias, D. José Juan Durán Hermida, D. Antonio Feliciano Fernández Rocha, D. José Manuel Figueroa Vila, D. Emilio González Iglesias, D. Efrén Juanes Rodríguez, D. José Antonio Landín Eirín, D. José Antonio Lorenzo Rodríguez, Dona Clara Millán González, D. Xosé Cesáreo Mosquera Lorenzo, D. Constante Juan Muradas Ramos, D. Manuel Núñez Sestelo, D. Xosé Carlos Pazos Docampo, Dona María Teresa Pedrosa Silva, Dona María Corina Porro Martínez, D. Juan Manuel Rey Rey, D. Alfredo Rodríguez Millares, D. Rodrigo Santiago Novas, Dona Belén Sío Lourido, D. José Enrique Sotelo Villar e D. Jesús Vázquez Almuíña, co obxecto de celebrar sesión ordinaria da Deputación en Pleno, en primeira convocatoria, consonte á correspondente orde do día. Da fé do acto o Secretario Accidental, D. Carlos Cuadrado Romay, e está presente o Sr. Viceinterventor, D. Antonio Graña Gómez. Non asiste o Sr. Deputado D. Xabier Toba Girón. Declarada aberta a sesión e de orde da Presidencia éntrase seguidamente no exame da orde do día, adoptándose en relación coa mesma os seguintes acordos: Faise constar que non se transcriben as intervencións do Sr. Presidente e Sres. Deputados nos dous primeiros puntos da orde do día. 1.4924.- ACTA ANTERIOR Apróbase por unanimidade o borrador da acta da anterior sesión, extraordinaria, do día 24 de xullo de 2003. ------ Folla: 2.4925.- DAR CONTA DE RESOLUCIÓN PRESIDENCIAL SOBRE NOMEAMENTO DE PRESIDENTES EFECTIVOS DAS COMISIÓNS INFORMATIVAS Dáse conta de Resolución Presidencial sobre nomeamento de Presidentes efectivos das Comisións Informativas que é como segue: A Presidencia,en uso das facultades que lle confire a normativa local vixente, dicta a seguinte R E S O L U C I Ó N De conformidade co establecido no artigo 125 do Regulamento de Organización, Funcionamento e Réxime Xurídico das Entidades Locais e a proposta das respectivas Comisións Informativas, tras a correspondente elección efectuada nas súas sesións constitutivas, celebradas todas elas o pasado día 6 de agosto de 2003. R E S O L V O, Delegar a Presidencia efectiva das Comisións Informativas que de seguido se sinalan, nos seguintes Sres./as Deputados/as: - Agricultura e Gandería D. Ramón Campos Durán - Benestar Social e Muller Dona Nidia María Arévalo Gómez - Cooperación e Mancomunidades D. José Costa Díaz - Cultura Dona María Corina Porro Martínez - Economía, Facenda e Turismo D. José Manuel Figueroa Vila - Medio Ambiente e Urbanismo D. José Juan Durán Hermida - Pesca e Cultivos Marinos D. José Enrique Sotelo Villar - Promoción Económica e Emprego D. Antonio Feliciano Fernández Rocha - Relacións Institucionais D. José Antonio Lorenzo Rodríguez - Réxime Interior e Persoal D. Jesús Vázquez Almuíña - Vías e Obras D. Xosé Crespo Iglesias - Xuventude e Deportes Dona María Teresa Pedrosa Silva - Especial de Contas D. José Manuel Figueroa Vila Da presente resolución darase conta ó Pleno na primeira sesión que celebre, publicándose no Boletín Oficial da Provincia. Pontevedra, 7 de agosto de 2003 O PRESIDENTE, O SECRETARIO, ------ Folla: 3.4926.- APORTACIÓN ECONÓMICA DA EXCMA. DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA ÓS CONCELLOS DA PROVINCIA EN MATERIA DE LOITA CONTRA OS INCENDIOS FORESTAIS DO ANO 2003 Sr. Presidente.- ...colaborar na loita contra incendios cos concellos da Provincia que asinaron un Convenio coa Consellería de Medio Ambiente e polo tanto esa colaboración cuantificada economicamente, esta Deputación vai a aportar 249.300,00 Euros, para este exercicio 2003. ¿Algunha intervención?. Sr. Mosquera. Sr. Mosquera Lorenzo.- Moitas gracias. Ben, é un expediente francamente raro. Se lemos por exemplo na, aquí pon convenio con la Consejería, non sei se é extremeña ou a castelá, é un ente inexistente, reiterado á parte, e ponno dúas veces. Que xa son cousas que a estas alturas, incluso nun caso con minúscula, Consejería con minúscula, bueno, supoño que se tiveran algo de defensa do que pode ser, polo menos o nomenclator oficial, igual a Consellería de Medio Ambiente o devolvía ou non participaba, se daría por non aludida. E por outro lado non sei porque vén a estas alturas cando supoño que esto xa estará feito, é dicir, esto o normal é que viñera bastante antes. O fondo da cuestión está discutido en moitas outras ocasións, non parece moi riguroso que quen ten as competencias en loita contra os incendios forestais nomeadamente a Consellería de Medio Ambiente pois fraccione todo esto en función dos Concellos co resultado de que uns Concellos se incorporan outros non, en fin, supoño que o obxectivo da loita debía ser común e polo tanto debía estar exercida a competencia por quen a ten. Pero bueno esto xa é algo que vén de antiguo por eso é estrano que veña tan tarde e o que resulta sorprendente é que vindo de antiguo e xa coñecido que ía vir, pois que no expediente haxa estes gazapos bastante, non son só eses, hai bastantes máis que se lle pode vota-la culpa ó empedrado pero é que cando chega un expediente que debía estar sendo un tema doutros anos, que debía estar ben pulido ademáis, ninguén lle votara un vistazo para ver que quen fixo esto pois se engañou ou cousas peores que que se engañara, como esto da Consejería de maneira absolutamente reiterada. Sr. Presidente.- Gracias Sr. Mosquera. Sr. González Iglesias. Sr. González Iglesias.- Si, vamos a ver el Grupo Socialista entiende que todos los medios que se pongan en la lucha contra incendios siempre son pocos, es decir, que estaríamos de acuerdo en el fondo de la cuestión y en el fondo en tanto en cuanto la Diputación debe aportar, no porque tenga competencias pero si porque está para sustituir aportaciones de los Ayuntamientos que no son precisamente quienes tienen competencias en el tema. Lo que pasa es que nosotros históricamente antes de comer hemos planteado siempre lo mismo, o sea, que habría que buscar una fórmula diferente, una fórmula en la que en los convenios entrasen las Juntas de Montes y los Ayuntamientos fuesen meros coordinadores y no quienes tienen que aportar dinero en el fondo en esta cuestión, porque de una forma o de otra están aportándolo puesto que no tienen competencias y están detrayendo de los impuestos de sus ciudadanos un dinero que debía ser para otros servicios. Por lo tanto como no estamos de acuerdo en el fondo de la cuestión, en la fórmula que se establece de convenio, vamos a abstenernos. Sr. Presidente.- Moitas gracias Sr. Iglesias. Bueno, dicir que o argumento do Sr. Mosquera, bueno, sempre son pequenos, mentres sexan pequenos detalles de forma, que neste caso non é por salvar a responsabilidade dos membros da Corporación, é un erro funcional, do Jefe de Servicio respectivo, que creo que xa van algúns máis, polo tanto eu pedirei que se corrixan eses erros. Pero tamén teño que dicirlle Sr. Mosquera que vostede que parece case perfecto, estaba revisando esta mañá só un programa de festas da Peregrina, por exemplo, un acto importante en Pontevedra como é a Procesión da Peregrina, e vostedes o poñen o sábado en vez de no domingo, e digo eu, quen supervisa eso no Concello de Pontevedra, ou sexa, vostede claro eso non se encarga vostede, polo tanto neste caso como vostede case case o leva a perfección, neste caso eu teño que salva-la responsabilidade desta Corporación porque evidentemente os Xefes de Servicio para eso están e eso entendo que non debería de estar así como Consejería senón como Consellería respectiva, pero que sepa que na casa do lado hai erros de bulto así a miúdo tamén, por non dicir outra cousa. E no caso do que argumenta precisamente o Sr. Iglesias, bueno dicir que, bueno, todo ese diñeiro precisamente que a Deputación vai aportar, bueno pois, vai en beneficio dunha causa común, entendo tamén o que el argumentaba, que ás veces hai que, ás veces hai que poñer tódolos medios en marcha, incluso máis, si hai unha competencia directa da Consellería, pero entendemos que tamén para alivia-la situación dos Concellos eu creo que esta Deputación debe sumarse a esta iniciativa e polo tanto así o fai e o ben facendo nos últimos anos, incluso aumentamos si cabe un pouco máis a porcentaxe nos últimos dous e polo tanto bueno pois poñer en marcha esto eu creo que é unha cousa evidente e sobre todo nun ano tan importante coma este onde todos los medios pois van a ser excasos. A ver, Sr. Mosquera. Sr. Mosquera Lorenzo.- Si, non, agradézolle moito a preocupación polo Concello de Pontevedra, pero me parece que nos estamos confundindo de termos, de función e de situacións, me parece unha maneira bastante perversa. Este é un expediente administrativo polo tanto non pasou por ningunha imprenta que poida cometer unha errata, é evidente, verdade, primeira cuestión, e segunda, si hai ánimo de cambialo e aquí non, esto non é a primeira vez que sucede, nin a segunda, nin a terceira, nin a cuarta nin a quinta, e por exemplo, detectado que vostedes puxeron Diputación no Museo e transmitido nunha Comisión fai un ano, transmitido hai seis meses está sen corrixir hoxe, está sen corrixir, non, esto é unha política bastante, non é ningunha errata, é unha política bastante definida do seu grupo, de agresión ó noso idioma, bastante definida, é unha errata, non é unha errata, non é unha errata e a ninguén se lle pasa, que todo o mundo comete erros e demais e se fora a primeira vez ó mellor non diría nada, mire, pero é que é reiterado e continuo. Sr. Presidente.- Pois eu teño que dicirlle o mesmo, que no caso seu parece ser que non é a primeira vez tamén e polo tanto teño que reiterarlle que vostedes supoño que a imprenta que lle fixo ese catálogo lle pagarán e se lle pagan será por face-las cousas ben e non por facelas daquela maneira, polo tanto cada un ten a súa parte e vamos a deixalo eu creo que aí, que eu creo que é o sitio oportuno, á parte que tamén teño que dicir que no noso caso poña Diputación ou Deputación non somos ... para dicir, evidentemente hai as dúas fórmulas e creo que democraticamente están establecidas as dúas perfectamente. Outra cousa é que eu me sinto perfectamente falando galego e polo tanto o vou a seguir falando e escribindo na medida das miñas posibilidades. Sr. González Iglesias. Non, gracias. Bueno, polo tanto, eu creo que podemos proceder á votación deste punto, que e o punto número 3 da orde do día. ¿Votos en contra?. ¿Abstencións?.PSOE e BNG. ¿A favor?. Partido Popular. Visto o informe favorable da Comisión Informativa de Agricultura e Gandería, o informe do Enxeñeiro Director do Servicio Agrario, a dispoñibilidade de crédito para atender ditos gastos segundo documento de Intervención RC nº 001538 de data 29-07-2003 por importe de 249.300,00 Euros con cargo á partida 711.223.462.01, e a distribución por Concellos, segundo listado que se adxunta, o Pleno, de conformidade co dictame da Comisión Informativa de Agricultura e Gandería acorda por maioría de votos a favor do Grupo Popular e coas abstencións do PSOE e do BNG, aproba-la aportación económica da Excma. Deputación ós Concellos para a loita contra incendios forestais do ano 2003. ------ Folla: 4.4927.- COMUNICACIÓNS Sr. Presidente.- Comunicacións. Adelante Sr. Secretario. Sr. Secretario.- Hai varias comunicaciones. En primer lugar extractos de las Resoluciones Presidenciales dictadas desde el 22 de xuño al 21 de xullo del presente año y otras del 22 de xullo al 4 de agosto de este año. Asímismo Resolución Presidencial de 28 de xullo dando cuenta de la comunicación del Grupo Provincial del BNG sobre representantes de su grupo en diversos organismos y comisiones. Otra Resolución de 28 de xullo de 2003 trasladando el Pleno de xullo a agosto y el de agosto a setembro. Y luego otra Resolución del día 5 de agosto delegando en los Sres. D. José Crespo Iglesias y D. José Manuel Figueroa Vila, miembros de la Comisión de Gobierno, determinadas competencias. Sr. Presidente.- Moitas gracias Sr. Secretario. Queda enterado o Pleno das seguintes: A) De extractos de Resolucións Presidenciais dictadas pola Presidencia entre o 22 de xuño e o 21 de xullo e entre o 22 de xullo e o 4 de agosto de 2003 e que foron trasladadas ós Voceiros dos distintos grupos políticos. B) De Resolución Presidencial de data 28 de xullo de 2003 dando conta da comunicación do Grupo Provincial do BNG sobre representantes do seu grupo en diversos organismos e comisións. C) De Resolución Presidencial de data 28 de xullo de 2003 trasladando o Pleno correspondente ó mes de xullo para o día 8 de agosto, convocándose as Comisións Informativas para o día 6 de agosto, e o Pleno correspondente ó mes de agosto para o día 5 de setembro, convocándose as Comisións Informativas correspondentes para o 3 de setembro. D) De Resolución Presidencial de 5 de agosto delegando nos Sres. D. José Crespo Iglesias e D. José Manuel Figueroa Vila, membros da Comisión de Goberno, determinadas competencias. ------ Folla: 5.4928.- ROGOS E PREGUNTAS Sr. Presidente.- Punto número 5. Rogos e preguntas. Sr. Mosquera. Sr. Mosquera Lorenzo.- Un rogo e unha pregunta. Primeiro rogo: aquí encima dos escaños, das mesas, temos un escrito que me parece que se salta a Lei de Normalización Lingüística, todo escrito da Administración Pública, da Administración Local en Galicia ten que vir en galego, está en perfecto castelán, non, perfecto non sei, non analicei, porque non fixen análise sintático, pero está en perfecto castelán, digo que por favor que se poñan os escritos en galego, que xa non soamente unha cuestión política senón que é unha cuestión de obriga fixada pola Lei de Normalización Lingüística. Sr. Presidente.- De acordo. Sr. Mosquera Lorenzo.- E, en segundo lugar, asistimos hai un tempo, o ano pasado a un debate neste Pleno sobre unha moción na que se propoñía face-lo recoñecemento institucional desta casa a Alexandre Bóveda, en función dos méritos contraídos en xeral co país, en xeral coa nosa nación, en particular con esta Institución. Naquel momento, naquel momento, e os Deputados que estaban presentes o recordarán, e sobre todo o Presidente estaba, a argumentación central, a argumentación central que fixo a Presidencia naquel momento, o Sr. Abeledo, era que non tiña contraído con esta casa, con esta Deputación méritos suficientes e que en todo caso quen tiña que facer eso sería a Xunta de Galicia o outras Institucións. E anunciaba que estaba en marcha un libro sobre a súa vida, que ía se-la colaboración da Deputación ó Centenario. Ben, ¡oh! sorpresa, resulta que no libro ese aparece o que xa nós dicíamos naquel momento de que a vinculación de Bóveda e a aportación de Bóveda a esta casa foi enorme, foi enorme. Ou sexa que a argumentación que se fixo naquel momento para non facer o recoñecemento institucional se cae por terra totalmente e o mesmo libro publicado por esta Deputación, pois está recoñecendo eses méritos. A pregunta é, á vista deso, e á vista de que se deixaba traslucido daquel debate que si tiña esa relación e esa vinculación esta Deputación pois se podería cambiar de postura, a pregunta é ¿van vostedes a cambiar de postura?, e a vista do libro que vostedes financiaron e que demostra esa aportación e esa vinculación enorme de Bóveda con esta Deputación, ¿van a facer ese recoñecemento institucional?. Esa é a pregunta. Sr. Presidente.- Bueno, é un tema que vostede me pregunta agora, por que non destacar a ilustres pontevedreses como pode ser, eu teño que dicirlle en relación a eso precisamente que aínda que ás veces non se recoñece así, a Deputación precisamente publicou un libro da figura precisamente desta persoa, na cal creo que non había ningunha representación nin do Concello nin do seu grupo, dito sexa de paso, pero bueno, dentro desa liña que a Deputación leva é un tema que precisamente temos que estudiar como nova Corporación que somos agora e polo tanto, eu creo que para eso establecemos ese órgano que eu creo que é a Xunta de Portavoces onde se poden falar entre outros temas pois tamén dese. Máis rogos ou preguntas. Si. Sra. Pedrosa. Sra. Pedrosa Silva.- Buenos días. Yo quería hacerle un ruego al Presidente ya que la Peregrina es la Patrona de esta Diputación Provincial, y uno de los actos de las fiestas donde más activamente participa la Diputación es en la procesión que se celebra el domingo 10 de agosto, le rogaría le traslade al Alcalde de Pontevedra que ese gazapo en mi opinión intencionado, que está en el programa de fiestas de la Peregrina, un programa en mi opinión para un Ayuntamiento de cuarta, pues que lo rectifique a través de los medios de comunicación en estos dos días que quedan, porque son constantes las preguntas que se dirigen a esta Institución para confirmar si la procesión será el sábado día 9, como pone en el programa, o el domingo día 10, como es realmente cuando está prevista la fecha. Esta rectificación no se hizo en ningún lugar porque el Ayuntamiento no rectificó los programas, como así anunció el primer día, por lo menos no nos lo hizo llegar a nadie, y como en el propio Concello no se habló en ningún caso de fiestas, este Concello tan democrático no debatió con la oposición ni con nadie, ni en Comisión, ni en Pleno, ni en Junta de Portavoces, el programa de fiestas, ni nos informó del mismo, a mi me llegó concretamente pues en la propia Diputación, pues quería que le rogase al Alcalde si podía rectificar a través de un anuncio en los medios de prensa la modificación de este programa electoral, de este programa, perdón, de fiestas. Muchas gracias. Sr. Presidente.- Muchas gracias Sra. Pedrosa. Bueno, pois así o collo e llo traslado xa directamente ó Alcalde ou ó Sr. Mosquera, que está máis cerca, ou sexa, que polo tanto a ver se teñen a bondade de rectificar. ¿Quere intervir vostede?. Si. Sr. Mosquera Lorenzo.- Home, é que esto é absolutamente, Sra. Pedrosa, faga oposición alí no Concello que é onde está na oposición e aquí exerza de goberno, pregúnteme a min tamén, home, encantado de contestarlle. Home, esto é a Deputación Provincial. Sra. Pedrosa Silva.- No tenemos oportunidad. Pero é que é a patrona da Deputación Provincial a Virxe da Peregrina por eso o fago e no Concello non tivemos oportunidade de falar do programa das festas. Sr. Presidente.- Muchas gracias Sra. Pedrosa. Muchas gracias Sr. Mosquera. Sr. González Iglesias. Sr. González Iglesias.- Si, Sr. Presidente, como Portavoz del Grupo Socialista querría rogarle que fuese este el último Pleno en el que se debatan los temas muy concretitos del Ayuntamiento de Pontevedra. Tienen ustedes un foro en el Ayuntamiento de Pontevedra perfecto para debatirlos y no nos estén obligando a los demás a asumir un debate que hay que hacer en el Ayuntamiento de Pontevedra no aquí. Muchas gracias. Sr. Presidente.- Gracias Sr. González Iglesias. Pero ten que comprobar que, vamos neste caso, como ben recordaba a Sra. Pedrosa se trata neste caso pois da Patrona da provincia de Pontevedra, que vamos dende aquí é tradición tódolos anos, que entendemos que é un tema que afecta ó Concello directamente e máis á Deputación porque é quen lle toca precisamente poñelo en marcha. Polo tanto, bueno, pois nese sentido está perfectamente xustificado que se debe de discutir aquí, eu creo que é un comentario que bueno pois vén no momento xusto xa que é domingo e polo tanto pois é preferible que se rectifique agora, que eu creo que é do interese de todos que se fagan ben as cousas. Sr. Muradas. Sr. Muradas Ramos.- Esto de verdad que no tiene antecedente en ninguna administración local, el funcionamiento de este Pleno. Yo quería rogarle al Sr. Presidente que fuese más próximo con sus miembros del equipo de gobierno, para que no tengan que recurrir a la fórmula de ruegos en el Pleno para hacerle un ruego al Presidente de la Comisión de Gobierno, es decir, yo esto no lo vi en mi vida, que desde el grupo de gobierno se formulen ruegos o preguntas al Presidente o Alcalde en los Ayuntamientos no lo vi nunca, por eso le ruego que como debe ser por falta de proximidad con sus compañeros del grupo de gobierno se haga más asequible a ellos para que no tengan que recurrir a esta fórmula. Es un ruego, los ruegos no tienen debate, se acepta o no. Sr. Presidente.- Muchas gracias Sr. Muradas. Perdón. Sr. Muradas Ramos.- Y ahora una pregunta. ¿Como va el tema de las ayudas para las Escuelas Municipales de Música?. Sr. Presidente.- Si, ese é un tema que había un compromiso na lexislatura pasada e que intentaremos retomar agora do cal encargamos xa neste caso á responsable de Cultura, para ese tema que era un compromiso precisamente da Corporación anterior, que asumira o anterior Presidente con vostede. En relación ó tema que vostede expoñía pois volvo a, non compartimos a mesma idea, ela debe face-lo rogo precisamente porque se trata da Patrona da provincia de Pontevedra e polo tanto eu me debo dirixir precisamente ó Concello de Pontevedra e dicirlle que se ten algunha dúbida, que a nosa proximidade está máis forte que nunca, polo tanto nese sentido non hai ningunha dúbida. Sr. Araújo. Sr. Araújo Quintas.- Gracias Sr. Presidente. Eu voulle facer unha pregunta sobre un tema moito máis prosaico, e ademais xa lle digo que a vou facer en tódolos Plenos ordinarios polo menos mentras non se resolva non e é un tema recorrente, un tema que vostede coñece ben, é sobre unha estrada da Deputación, construída con cartos da Deputación, construída con cartos da Deputación, que dá acceso á Depuradora de Gondomar, que une Gondomar con Nigrán, e que segue pechada ó cabo de catro anos, non sabemos moi ben por que, pechada polo particular, que parece ser que como non lle pagaron e non lle expropiaron meteu unha barricada no principio e no fin e está pechada a estrada. É un caso curiosisimo, inaudito e xa lle anuncio que eu vou facer esa pregunta en tódolos Plenos ordinarios, a menos que me esqueza. Entón gustaríame que me comentase ou que me dixera como está ese asunto. Gracias. Sr. Presidente.- Sr. Araújo, a verdade é que vai se-lo último Pleno onde faga esa pregunta. Porque ademais vouno a invitar e vamos acudir vostede e máis eu á inaugurala pois en cuestión de dez, quince días, pois acercámonos os dous alí e a abrimos para tódalas persoas que realmente levan demandada esa obra, vostede coñece como como eu esa obra que houbo problemas porque precisamente as persoas que cederon os terreos, había un acordo, que ese acordo non se cumpriu, etc., pero finalmente ese tema está desbloquedado e polo tanto agora como é un mes medio vacacional o invitarei a vostede e compartiremos os dous a apertura desa nova estrada neste mesmo mes de agosto, para que vexa que somos áxiles tal e como acabamos de incorporarnos. ¿Algún rogo máis?. ¿Algunha pregunta?. Levántase a sesión. E non habendo máis asuntos que tratar, polo Sr. Presidente, sendo as once horas e trinta e cinco minutos do expresado día, dáse por rematada a sesión e dela estendese a presente Acta, que asinará o Ilmo. Sr. Presidente comigo, o Secretario, que dou fe. ------

Área de documentación

Área de notas

  • Nota

Puntos de acceso

Área de control da descrición