Fondos
2003-09-05_Ordinaria. Acta de sesión 2003/09/05_Ordinaria
Acta de sesión 2003/09/05_Ordinaria
Área de identificación
Código(s) de referencia ES.GA.36038.ADPO.1.1.3.3.33.364/2.2003-09-05_Ordinaria
Título Acta de sesión 2003/09/05_Ordinaria
Data(s) 2003-09-05 (Creación)
Volume e soporte 1 acta de sesión
Área de contexto
Institución arquivística Arquivo Deputación de Pontevedra
Área de contido e estrutura
Alcance e contido Folla: Da sesión ordinaria en primeira convocatoria, celebrada polo Pleno desta Excma. Deputación o día, 5 de setembro de 2003 No Salón de sesións da Excma. Deputación Provincial de Pontevedra, sendo as once horas do día cinco de setembro do ano dous mil tres, baixo a Presidencia do Ilmo. Sr. Presidente D. Rafael Louzán Abal, reuníronse as/os Señoras/es Deputadas/os, D. Xosé Antón Araujo Quintas, Dona Nidia María Arévalo Gómez, D. Ramón Campos Durán, D. José Costa Díaz, D. José Crespo Iglesias, D. José Juan Durán Hermida, D. Antonio Feliciano Fernández Rocha, D. José Manuel Figueroa Vila, D. Emilio González Iglesias, D. Efrén Juanes Rodríguez, D. José Antonio Landín Eirín, D. José Antonio Lorenzo Rodríguez, Dona Clara Millán González, D. Xosé Cesáreo Mosquera Lorenzo, D. Constante Juan Muradas Ramos, D. Manuel Núñez Sestelo, D. Xosé Carlos Pazos Docampo, Dona María Teresa Pedrosa Silva, Dona María Corina Porro Martínez, D. Juan Manuel Rey Rey, D. Alfredo Rodríguez Millares, D. Rodrigo Santiago Novas, Dona Belén Sío Lourido, D. José Enrique Sotelo Villar, D. Xabier Toba Girón e D. Jesús Vázquez Almuíña, co obxecto de celebrar sesión ordinaria da Deputación en Pleno, en primeira convocatoria, consonte á correspondente orde do día. Da fé do acto o Secretario Xeral, D. Rogelio Nicieza de la Cerra, e está presente o Sr. Interventor, D. Bautista Pérez Carnero. Declarada aberta a sesión e de orde da Presidencia éntrase seguidamente no exame da orde do día, adoptándose en relación coa mesma os seguintes acordos: Sr. Presidente.- Bueno, moi bos días. Vamos a dar comezo ó Pleno ordinario do día de hoxe. 1.4929.- ACTA ANTERIOR Sr. Presidente.- Primeiro punto. Aprobación do borrador da acta da anterior sesión, ordinaria, do día 8 de agosto do ano 2003. ¿Apróbase?. Apróbase a acta. Apróbase por unanimidade o borrador da acta da anterior sesión, ordinaria, do día 8 de agosto de 2003. ------ Folla: 2.4930.- CONVENIO COA CONSELLERÍA DE EMIGRACIÓN E FUNDACIÓN GALICIA-AMÉRICA SOBRE BECAS Sr. Presidente.- Punto número dous. Convenio coa Consellería de Emigración e Fundación Galicia-América, sobre becas por importe de 60.000,00 Euros. ¿Algunha intervención?. Sr. González Iglesias. Sr. González Iglesias.- Si, bueno, vamos a ver, nos quixéramos antes de nada que o Presidente, ou a persoa que leve o tema, nos explicara cal é a razón de que esta subvención, porque aínda que se fala de convenio realmente é unha subvención que se vai a dar ós alumnos do Centro Santiago Apóstol de Bos Aires, e son 60.000,00 Euros. Cal é a razón de que sexa este centro e por que non se abre ós demais colectivos de fillos e netos de galegos en toda América. Sr. Presidente.- Si, moitas gracias. Sr. Figueroa. Sr. Figueroa Vila.- Bueno, eu creo que é unha decisión importante da Deputación que se implique nestes proxectos de persoas que están fóra, que tiveron moitas dificultades e que loxicamente é unha maneira de colaborar coa Fundación Galicia-América, e polo tanto pode haber outros criterios, evidentemente, pero eu creo que hai que comezar por algún tipo de axuda e esta é a vontade política desta Deputación, axudar a estas persoas que están fóra e hai que empezar por algún Colexio. Eu creo que o Colexio Santiago Apóstol de Bos Aires é un Colexio emblemático dentro da emigración e de fillos de persoas galegas, que levan moitos anos residindo alí e polo tanto ese é o criterio que se adoptou. Evidentemente que se pode falar de amplialo a outro tipo de colectivos e outro tipo de colexios, pero a vontade desta Deputación é unha vontade política de mostra-lo noso apoio, cun Convenio coa Consellería da Emigración, a esta Fundación Galicia-América que está prestando unha grande axuda a todas aquelas persoas que tiveron a desgracia no seu momento de ter que deixa-las nosas terras e implantarse alí e seguir facendo a vida alí. É certo que tamén pasaron por unha serie de dificultades importantes e todos nos sumamos a peticións que se fixeron dende tódalas institucións, e polo tanto ese é o motivo de empezar con esa vontade política. Por suposto que se pode abrir e estamos dispostos a estudiar outro tipo de posibilidades. Sr. Presidente.- Si, moitas gracias. Sr. Mosquera. Sr. Mosquera Lorenzo.- Non, só para anunciar que estamos de acordo, independentemente de entrar na selección ou non, co fin pero non coa forma. Esto xa foi debatido neste Pleno; cremos que ía ser directamente a Consellería quen o fixera e non a través dunha Fundación, que ó final todos sabemos que xera; debía ser unha política oficial e non a ver se se capta por aí algunha subvención ou non, a través dunha Fundación e polo tanto, repito, estando de acordo coa axuda ós emigrantes cremos que debía estar moito máis regrada, ser moito máis oficial, non a través dunha Fundación e polo tanto nos vamos abster. Sr. Presidente.- Moitas gracias. Sr. González Iglesias. Sr. González Iglesias.- Loxicamente fillos e netos de emigrantes galegos en América hai bastantes máis, moitos máis, moitisimos máis dos que se podía chegar con este Convenio. Digo esto porque do expediente se desprende que o custe por alumno neste centro e de 1.308 Euros ó ano, falo do que figura no expediente, e 60.000 Euros nos está dando unha cifra de 40 persoas, máis ou menos. Loxicamente se estamos diante dun problema onde temos unha Consellería de Emigración que en teoría debería facerse cargo desta problemática, se estamos perante unha Fundación que é a Fundación Galicia-América, que o seu Presidente é outro Conselleiro, que é o Conselleiro de Cultura, parece lóxico e razonable que a propia Xunta de Galicia se implique neste tema e chegue a bastantes máis rapaces ou a tódolos rapaces posibles polo menos, e non a esta cantidade que podería parecer ridícula e en todo caso podía parecer que vai haber 40 rapaces que lles solventemos o seu problema pero todo o resto non, e eso cun coste de 60.000 Euros. Loxicamente incide nunha posición do Grupo Socialista cando se falaba aquí, e se fala tódolos anos, das aportacións a bolsas de estudios a rapaces da provincia con deficiencias económicas na súa familia, que esta Deputación lle dedica 15.000.000 de pesetas ou 20.000.000 de pesetas, depende do ano. Se o daquí é insuficiente, esto outro, de cara ós emigrantes, é insuficiente tamén e é un tema que, volvemos a repeti-la posición do noso grupo, ten que ser competencia exclusiva da Xunta de Galicia e a Deputación se pode axudar, perfecto, pero ten que facelo non só a un só centro e a un centro que é propiedade da Fundación Galicia-América, senón a tódolos rapaces que se poida. En principio, tal e como está plantexado o tema nós vamos a votar en contra. Se o Grupo Popular fai un plantexamento diferente, aberto a tódolos fillos e netos de galegos en América e dotándoo con cantidades suficientes, nós estaríamos de acordo no tema. Sr. Presidente.- Sr. Figueroa Vila. Sr. Figueroa Vila.- Só unha matización. Por suposto que a Consellería da Emigración chega a outro tipo de colexios e outro tipo de axudas, é dicir, o que fai a Consellería da Emigración é intentar capta-los máximos recursos posibles das institucións que poidamos colaborar con elas porque non só esta Deputación, está colaborando cos emigrantes, e que hai outras Deputacións que están colaborando con outros Colexios. Eu creo que a Consellería o que fai é canalizar un pouco a captación de recursos de tódalas administracións porque tamén hai Concellos que dunha maneira puntual están colaborando con outro tipo de colexios e outro tipo de axudas. Polo tanto, eu creo que non se pode extrapola-lo debate e leva-lo debate a que a Deputación de Pontevedra e a Consellería da Emigración axudan única e exclusivamente a un colexio de emigrantes, é dicir, non é así, porque a Consellería da Emigración ten que facer unha política global e nós o que si facemos é axudar a un Colexio puntual, pero é que a Deputación da Coruña, a de Lugo e a de Ourense están axudando a outro tipo de colexios e facendo outro tipo de axudas. Pero non só as Deputacións, tamén hai Concellos en Galicia que dunha maneira puntual están facendo axudas con outro tipo de actuacións e polo tanto a min me gustaría que non parecese que a Deputación de Pontevedra está axudando ó Santiago Apóstol e discriminando ós demais colexios de emigrantes porque non é certo. O único que fai a Consellería da Emigración é canalizar este tipo de axudas para ir repartíndoas e eles tamén teñen a súa propia iniciativa e as súas propias actuacións. A nós nos solicitan esto e loxicamente facemos este tipo de axudas. E volvo a repetir, eu non teño datos aquí, pero estou totalmente convencido que a Consellería da Emigración está facendo o reparto en tódolos tipos de colexios e onde se pode actuar. Sr. Presidente.- Sr. González Iglesias. Sr. González Iglesias.- Vamos a ver Sr. Figueroa. Podíamos estar de acordo sempre e cando os cartos deste Convenio non foran dirixidos a un centro concreto. É dicir, se vostedes o abren á Fundación Galicia-América, perfecto, non sería competencia da Deputación senón da Xunta pero aberto a tódolos centros e a tódolos rapaces non a un só centro. Sr. Presidente.- Moitas gracias. Sr. Figueroa Vila. Sr. Figueroa Vila.- Vólvolle a repetir, a Fundación Galicia-América e a Consellería da Emigración estarán facendo o reparto cos demáis colexios porque seguramente este debate se o trasladamos á Deputación de Ourense ou á Deputación de Coruña ou a de Lugo ó mellor están facendo o mesmo con outro colexio determinado. Eu creo que non se pode facer un debate individual e particularizando única e exclusivamente neste Colexio. A mensaxe que queremos transmitir dende o equipo de goberno e o Presidente é que a Deputación de Pontevedra está axudando a un colectivo de emigrantes e a un colexio puntual, pero olvidémonos de que é o Santiago Apóstol, neste caso concreto si, pero porque nos piden en concreto para este,. Sr. Presidente.- Moitas gracias Sr. Figueroa. Bueno, eu creo que cumpre precisamente cuns fins importantes. A nosa xente está pasando ademais momentos difíciles, e ogallá se puidera incluso aumentar. ¿Votos en contra?. PSOE. ¿Abstencións?. Bloque. ¿A favor?. Partido Popular. Vista a proposta do Servicio de Acción Social, o Pleno acorda, por maioría de votos a favor do Grupo Popular e co voto en contra do PSOE e a abstención do BNG, aproba-la rectificación da cláusula novena do Convenio coa Consellería de Emigración e a Fundación Galicia-América para estudiantes galegos do Colexio "Santiago Apóstol" de Bos Aires, dotado con 60.101,00 Euros, na partida 03/313.313.450.03, no sentido seguinte: "A vixencia do presente Convenio será dende o día seguinte ó da súa sinatura ata o 31 de decembro de 2004" todo iso conforme ó disposto na Base 16.3 reguladora do Presuposto provincial. ------ Folla: 3.4931.- RESOLUCIÓN DE ALEGACIÓNS Ó PROXECTO DE MELLORA EP 4202 RUBIOS - CARRASQUEIRA (AS NEVES). APROBACIÓN DEFINITIVA DO PROXECTO. DECLARACIÓN DE NECESIDADE DE OCUPACIÓN. APROBACIÓN DEFINITIVA DA RELACIÓN DE BENS E PROPIETARIOS AFECTADOS Sr. Presidente.- Punto tres. Resolución de alegacións ó proxecto de "Mellora EP 4202 Rubiós-Carrasqueira (As Neves)" e aprobación definitiva do proxecto e declaración de necesidade de ocupación e tamén aprobación definitiva da relación de bens e propietarios afectados. ¿Algunha intervención?. Non hai. ¿Votos en contra?. ¿Abstencións?. ¿A favor?. Apróbase por unanimidade. O Pleno desta Excma. Deputación Provincial, na sesión que tivo lugar o 29/11/2002, adoptou o acordo de aprobación inicial do proxecto "MELLORA EP 4202 RUBIÓS-CARRASQUEIRA (AS NEVES)", cun orzamento para coñecemento da Administración de 1.332.878,97 ¤, desagregado en orzamento de execución por contrata (1.237.398,09 ¤) e capítulo de expropiacións (95.480,87 ¤), así como a súa exposición pública, a declaración de utilidade pública da obra e a solicitude á Xunta de Galicia da declaración de urxente ocupación dos bens afectados; e como queira que durante o período de información pública presentaron diversas alegacións os propietarios titulares de terreos, á vista destas e do informe emitido o 20/08/2003 polo Enxeñeiro Técnico Xefe da Zona Sur, e de conformidade co dictame da Comisión Informativa de Vías e Obras, o Pleno acorda por unanimidade: 1. A resolución das alegacións presentadas ó proxecto "Mellora EP 4202 Rubiós-Carrasqueira (As Neves)", durante a súa exposición pública, consonte o seguinte detalle: A) Estima-la alegación presentada por D. César Manuel Iglesias Fernández (DNI núm. 35.554.006 -P) en relación co terreo número 443 do parcelario da obra, no sentido de modifica-la súa titularidade, pois onde figuraba como propietaria Dª. Purificación Correa, debe figurar D. César Manuel Iglesias Fernández como constata a escritura de compravenda outorgada o 11/10/1999 perante o notario do Ilustre Colexio da Coruña, D. Álvaro Lorenzo-Fariña Domínguez. B) Estima-la alegación presentada por D. Humberto Gil Rodríguez, en relación co terreo número 404, no sentido de modifica-la súa titularidade, pois onde figuraba como propietario D. Humberto Rodríguez Palleiro debe figurar D. Humberto Gil Rodríguez. C) Estima-la alegación presentada por Dona Mª Lina Carballo Costa, en relación co terreo número 401, no sentido de modifica-la súa titularidade, pois onde figuraba D. Manuel Carballo debe figurar como propietaria Dona Mª Lina Carballo Costa. D) Estima-la alegación presentada por D. Manuel García González (DNI 35.998.136-J) e Dona Concepción Groba Fernández (DNI 35.867.845-Y) en relación cos terreos números 421, 424 e 427, no sentido de modifica-las súas titularidades, pois onde figuraba como propietario D. Manuel Groba Cuña, deben figura-los mencionados alegantes, segundo a escritura de compravenda outorgada o 22/08/1985 perante o notario do Ilustre Colexio da Coruña, D. José Mª. Rueda Pérez. Estimar igualmente a referida alegación no sentido de que en caso de corroborarse in situ, a existencia dun valo no terreo número 427, procederase á súa reposición durante a execución da obra, nas mesmas condicións que presente na actualidade, tal e como sinala o informe do Enxeñeiro Técnico Xefe da Zona Sur, emitido o 20/08/2003. Desestima-la referida alegación no sentido de variar a taxación do terreo afectado que posúe viñedo, toda vez que na valoración do terreo a expropiar se tiveron presentes todos os posibles froitos que da súa plantación se deriven, como advirte o referido informe técnico de 20/08/2003. 2. A aprobación definitiva do proxecto "Mellora EP 4202 Rubiós-Carrasqueira (As Neves)", cun orzamento para coñecemento da Administración 1.332.878,97 ¤, desagregado en orzamento de execución por contrata (1.237.398,09 ¤) e capítulo de expropiacións (95.480,87 ¤). 3. A declaración de necesidade de ocupación dos bens e dereitos afectados por tal obra. 4. A aprobación definitiva da relación de bens e propietarios afectados, segundo o seguinte detalle: Número parcela PROPIEDADE PARCELA TITULAR T. TERREO ÁREA (m2) 401 Mª. Lina Carballo Costa cultivo 125 402 Irmáns José Núñez cultivo 95 403 Irmáns José Núñez cultivo 489 404 Humberto Gil Rodríguez cultivo 38 405 María Rodríguez cultivo 35 406 Sara cultivo 121 407 Aníbal Rodríguez Palleiro cultivo 369 408 Antonio cultivo 125 409 Casimiro Pérez cultivo 192 410 José González Postes cultivo 138 411 Amadeo Seoane Araújo cultivo 207 412 Ignacio Fernández Núñez cultivo 109 413 Purificación Gil Álvarez cultivo 129 414 Purificación Moldes cultivo 121 415 Purificación Álvarez cultivo 167 416 Rectoral cultivo 883 417 Elvira Fortes Rodríguez cultivo 475 419 Evaristo Estévez cultivo 161 420 Elvira Fortes Rodríguez cultivo 89 422 María Núñez cultivo 12 423 José Rodríguez cultivo 13 424 Manuel García González e Mª. Concepción Groba Fernández cultivo 18 425 José Rodríguez cultivo 48 426 Alejandro Rodríguez cultivo 259 427 Manuel García González e Mª. Concepción Groba Fernández cultivo 178 428 Alejandro Rodríguez cultivo 153 429 Gloria cultivo 79 430 Gloria cultivo 54 431 Elvira Fortes Rodríguez cultivo 14 433 José Rodríguez cultivo 46 434 José Rodríguez cultivo 31 435 Lina González cultivo 82 436 Lina González cultivo 24 437 Regina Míguez García cultivo 412 439 Aníbal Rodríguez cultivo 9 440 Alejandro Alonso Palleiro cultivo 146 441 Alejandro Alonso Palleiro cultivo 111 442 Marcelino Rodríguez cultivo 171 443 César M. Iglesias Fernández cultivo 165 444 Alejandro Míguez cultivo 87 445 Marcelino Barreiro cultivo 19 446 Alejandro Míguez Álvarez cultivo 82 447 Mª. Preciosa Míguez Álvarez cultivo 134 448 Mª. Preciosa Míguez Álvarez cultivo 33 449 Regina Míguez Iglesias cultivo 725 450 Mª. Preciosa Míguez Álvarez cultivo 33 451 Francisco Alonso Alonso cultivo 44 452 Guillermo Rodríguez Martínez cultivo 93 453 Lourdes Vidal Álvarez cultivo 14 454 Francisco Alonso Alonso cultivo 154 455 Lourdes Vidal Álvarez cultivo 5 456 Mª Luisa Rodríguez Fortes cultivo 9 457 Feliciano Núñez cultivo 91 459 José González Dávila cultivo 22 460 Feliciano Núñez cultivo 80 461 Mª Luisa Rodríguez Fortes cultivo 45 462 José Rodríguez Dávila cultivo 45 463 Rosa Estévez Dávila cultivo 17 464 Elvira García Eiro cultivo 56 466 Mª Esther Dávila cultivo 37 467 Terreo público cultivo 37 468 Francisco Rodríguez Pino cultivo 290 469 Mª. Rosario Rodríguez Pino cultivo 200 470 Obdulia Tato cultivo 260 471 Custodia Tato cultivo 43 472 Elvira García cultivo 28 473 Obdulia Tato cultivo 261 474 Isabel Núñez Rodríguez cultivo 44 475 Viviana Pérez cultivo 76 476 José Gil Leiro cultivo 44 477 Carmen Martínez Rodríguez cultivo 41 478 Horacio Pino cultivo 73 479 Isabel Núñez Rodríguez cultivo 132 480 Carmen Núñez Rodríguez cultivo 115 481 Horacio Pino cultivo 237 482 Horacio Pino cultivo 72 483 Carmen Núñez Rodríguez cultivo 42 484 Horacio Pino cultivo 68 485 Gloria Melón Alonso cultivo 80 486 Gloria Melón Alonso cultivo 26 487 Amelia Alonso cultivo 34 488 Silvino González cultivo 43 489 Descoñecido cultivo ------- 490 Manuel Fortes cultivo 6 491 Carlos Rodríguez cultivo 15 492 Amparo González cultivo 15 493 Mª Luisa Rodríguez Fortes cultivo 21 494 Vicente Castro cultivo 34 495 Marcial Pino cultivo 48 496 Rosa Estévez Ucha cultivo 275 497 Horacio Pino Melón cultivo 169 498 Primitiva Domínguez Gómez cultivo 16 499 Sofía Valiño Álvarez cultivo 135 500 Mª Inés Álvarez Álvarez cultivo 5 501 Antonio Álvarez Álvarez cultivo 225 502 Sofía Valiño Álvarez cultivo 66 504 Preciosa Vidal Fernández cultivo 447 505 Preciosa Vidal Fernández cultivo 125 506 Irmáns María Álvarez Carreira cultivo 9 507 José Alonso cultivo 243 508 Mª Elisa Rodríguez cultivo 6 509 María Rodríguez Domínguez cultivo 40 510 José Alonso Gómez cultivo 6 511 Mª. Cristina Alonso Vázquez cultivo 173 513 Cándido Rodríguez Domínguez cultivo 139 516 Irmáns Otilio Sertaje cultivo 71 518 Cándido Rodríguez Domínguez cultivo 140 519 María Rodríguez Domínguez cultivo 34 520 Manuel Fernández Fortes cultivo 53 521 Manuel Novoa Rey cultivo 52 522 Irmáns Manuel Vidal Groba cultivo 133 523 Aurelia Alonso Álvarez cultivo 600 525 Máximo Alonso Álvarez cultivo 53 526 Máximo Alonso Álvarez cultivo 47 527 José Conde Carrera cultivo 4 528 Francisco Alonso cultivo 318 529 Irmáns Manuel Conde cultivo 69 530 Horacio Pino cultivo 75 531 Eugenio Fontán cultivo 23 532 Rosa Domínguez Gómez cultivo 54 533 Jaime Rodríguez cultivo 35 534 Concepción Domínguez cultivo 28 535 María cultivo 26 536 Amelia Carballo cultivo 14 537 Aurelia Lago cultivo 18 538 Antonio Álvarez Vidal cultivo 169 539 Eugenio Conde Carrera cultivo 41 540 Isabel Conde Fernández cultivo 82 541 Secundino Rodríguez Rodríguez cultivo 92 542 Descoñecido cultivo 62 543 Secundino Rodríguez Rodríguez cultivo 151 545 Marcial Fernández Martínez cultivo 329 546 José Manuel Conde cultivo 72 547 Francisco Carrera Andrés cultivo 100 548 Antonio Álvarez Vidal cultivo 264 549 Antonio Álvarez Vidal cultivo 57 Contra o presente acordo poderán interpoñer os interesados recurso potestativo de reposición perante o órgano que o dictou, no prazo dun mes a partir do día seguinte ó da notificación deste acordo, ou ben recurso contencioso-administrativo no prazo e perante os órganos que determina o artigo 46.1º da Lei da Xurisdicción Contencioso–Administrativa. ------ Folla: 4. 4932.- MODIFICACIÓN DA ORDENANZA REGULADORA DO RECARGO PROVINCIAL SOBRE O IMPOSTO DE ACTIVIDADES ECONÓMICAS Sr. Presidente.- Punto número catro. Modificación da Ordenanza Reguladora do Recargo Provincial sobre o Imposto de Actividades Económicas. Ten a palabra o Deputado Sr. Figueroa. Sr. Figueroa Vila.- O único que se trata é de adaptar á nova Lei como todos vostedes saben, dende o Goberno Central se fixo a supresión do IAE, dentro do sistema estable do financiamento local, porque se consideraba que era un imposto que estaba desfasado, que non era corresponsable, que non era moderno, que non era eficiente. Na política económica do goberno central se intentou adaptar e suprimir este imposto para adaptalo dentro das políticas, que eles seguiron, de suficiencia, de corresponsabilidade, de modernidade, e de eficiencia para buscar unha serie de melloras dentro das políticas de emprego e das políticas económicas. O que se trata aquí é única e exclusivamente de adaptalo á nova Lei. Para nós é importante que dentro da provincia de Pontevedra hai 29.887 contribuintes que van a deixar de pagar este imposto. Teño aquí datos que nalgúns Concellos, como ter unha fontanería podía costar 667,00 Euros, ter un despacho de avogado setecentos e pico. Eso respondía un pouco ás rúas, á categoría das rúas, etc., pero o que si é importante, o dato que a nós nos gustaría significar, é que na provincia de Pontevedra hai 29.887 contribuintes que deixan de pagar o IAE, deles 22.247 son persoas físicas e 7.640 son persoas xurídicas. Eu creo que é unha decisión para economías de pequenos empresarios e comerciantes que loxicamente lles beneficia para poder seguir creando emprego e seguir modernizando ás súas empresas. Polo tanto ese é o dato que a nós nos gusta resaltar. O tema de hoxe é exclusivamente adaptalo á nova Lei para axustarnos ó que marca á norma. Moitas gracias. Sr. Presidente.- Moitas gracias Sr. Figueroa. Sr. González Iglesias. Sr. González Iglesias.- Quería facerlle unha pregunta ó Deputado que leva a Comisión de Economía. ¿Podría dicirnos como vai a compensa-lo déficit que se produce nos Concellos e na Deputación concretamente?. Sr. Figueroa Vila.- Eu creo que eso se está estudiando e nos parece que vai haber unha decisión. Non se vai prexudicar ós Concellos nin á Deputación. Loxicamente son cuestións de macroeconomía, cuestións de decisións doutras Institucións, pero eu creo que aquel alarmismo que houbo no seu momento de que ía a ser unha cuestión deficitaria e que ía crear problemas ós Concellos e neste caso á Deputación, eu creo que non se está producindo senón todo o contrario. A nós nos parece que no próximo borrador de presupostos se recollerán perfectamente e se definirá como se vai a contrarestar e a compensar todo este tipo de situacións. É adiantarnos a un debate que nós loxicamente non coñecemos nin podemos explicalo, pero estamos totalmente convencidos que foi unha boa decisión do goberno do Partido Popular. É unha decisión que os pequenos comerciantes e os pequenos empresarios aceptaron de bo grado. Era un compromiso que había e polo tanto eu creo que nos próximos meses podemos abrir, se vostede quere, este debate e teremos os datos na man dentro dese borrador de presupostos que eu creo que nos próximos días teremos coñecemento tódalas administracións. Sr. Presidente.- Sr. González Iglesias. Sr. González Iglesias.- Nós pensábamos que o Deputado xa tiña eses datos e por eso facía o plantexamento de mante-lo mesmo 30%. En principio nós estamos de acordo agora mesmo con mante-lo 30%, e en función despois de que sexan certas as posibles previsións que estaba facendo agora o Deputado de Economía faríamos un plantexamento, o mesmo ou diferente. De tódolos xeitos, non se pode cantar tantas alabanzas a día de hoxe porque o normal é que xa tódolos Concellos e tódalas Deputacións tiveran absolutamente clara cal era a cantidade que lles correspondía por compensación e entón poderíamos facer o discurso que estaba facendo vostede, pero non tendo claro, non deixa de ser un acto de fe e cada un ten a que queira ter. Nada máis. Gracias. Sr. Presidente.- Gracias. Sr. Mosquera. Sr. Mosquera Lorenzo.- Si. Moitas gracias. Vamos a ver, nós con respecto a este imposto a nosa postura foi sempre clara, que non debería existir polo menos na forma en que estaba por ser unha auténtica barbaridade. Parécenos ben a decisión de suprimilo. Parece que a discusión aquí vai sobre a supresión ou non, e non é só que nos pareza ben senón que dende que se puxo levamos batallando para que se suprima. O que si é certo é que a día de hoxe a Administración Local non cobrou aínda nada por compensación o que supón cando menos problemas de Tesourería. E o que hai que ser é coherentes e se suprimimos un imposto, que ten que recada-la Administración Local e que era unha barbaridade, haberá que facer participar á Administración Local nos ingresos doutros impostos que mantén o Estado en tempo e forma e eso non se está a facer. O normal sería ter previsto como se compensaba e incluso suprimilo dunha maneira máis drástica, suprimirllo a todo o mundo, pero ter previsto que volume xeneraba, e a conta doutros impostos que recada o Estado transferilo en tempo e forma porque vai haber Concellos que o van a pasar francamente mal a cargo deste cambio. Eu creo que o Sr. Figueroa, nesta nova política de convertir esto nun Parlamento e falar de todo o habido e por haber, nos está explicando un asunto, está levando o debate por unha parte que creo que non ten moito sentido.É axustalo á nova regulación e punto, acabemos aí e xa está, porque se nos poñemos a discutir a política económica do Goberno e a estructura de ingresos e o reparto da riqueza, etc., pola nosa parte encantado; se cadra está bastante máis divertido que moitos puntos dos que veñen aquí, pero non é o obxecto do que estamos discutindo. Sr. Figueroa Vila.- A nós nos parece moi ben que tanto ó Bloque Nacionalista Galego coma ó Partido Socialista non lles guste entrar nestes debates, pero teñen que comprender que nós, como membros dun grupo político concreto e ademais que está nestes momentos desempeñando as funcións do goberno no Estado da Nación, loxicamente se hai unha medida importante tamén nos gusta que os cidadáns a coñezan e poder transmitila. A nós si que nos interesa que os cidadáns coñezan que hai 30.000 contribuintes menos que se van a beneficiar desta decisión. Evidentemente que hai que buscar unha forma de compensación e eu creo que se vai a producir. Bueno, pois, mire, loxicamente o excepticismo e as dúbidas que a vostede se lle poidan plantexar sobre estas cuestións; como actúa o goberno, non teñen nada que ver con estes últimos oito anos de política económica deste goberno. Vostedes non coincidirán, farán un debate totalmente catastrofista ou negativo, pero nós temos que dicir que a liña que se está levando é boa e polo tanto vamos a ter confianza nos nosos dirixentes e nos nosos responsables políticos en Madrid se a política que se está facendo é boa. Non lle gustará escoitalo. Á parte da política e de facer cousas, de xestionar, nós tamén temos unha misión que é transmitirlle ós cidadáns aquelo que pode beneficiarlles e eso é o que estamos facendo única e exclusivamente. ¿Que querían?. Que estiveramos mudos e calados. Non. Sr. Presidente.- Sr. Mosquera. Sr. Mosquera Lorenzo.- Non, evidentemente non queremos que estean mudos nin calados, Sr. Portavoz do PP, faltaría máis, o único que digo é que a medida tal e como se adoptou, primeiro, nós xa a defendemos dende sempre, polo tanto adoptáronna seis anos despois de estar no goberno; pero, segundo, nestes momentos, pode ser beneficiosa cara á imaxe do goberno central, non o nego, pero está sendo prexudicial para a Administración Local. Vostedes están sendo aquí portavoces da Administración Central, do Goberno, e se vamos por aí me parece que vamos a reproducir, supoño que ata marzo que vai haber eleccións xerais, un debate sobre as xerais, e tan ricamente. Me parece verdadeiramente absurdo e non colocarse onde hai que colocarse. Nestes momentos non beneficia a esta Institución, non a beneficia, pode ser que non a prexudique, está por ver, beneficiala seguro que non. Tapan que non está beneficiando e que pode prexudicar a esta Institución á conta de vende-las flores do Goberno Central; é unha liña de debate que non temos ningún problema en entrar, absolutamente, pero nos parece un pouco inoportuno. Sr. Figueroa Vila.- Con que beneficie a 30.000 cidadáns xa nos damos por satisfeitos como representantes de tódolos cidadáns da provincia de Pontevedra. Sr. Presidente.- Sr. González Iglesias. Sr. González Iglesias.- Si, vamos a ver Sr. Figueroa, efectivamente hai unha cousa que é certa, é dicir, todos coincidimos en que perfecto, retirouse, de acordo, hai menos contribuintes, de acordo, pero a realidade a día de hoxe é que a Administración Local, tanto os Concellos como as Deputacións están perdendo cartos. A realidade é moi sencilliña de aclarar.Esta é unha medida que adopta o Goberno Central hai dez meses aproximadamente, e estamos a tres para que acabe o ano, e topámonos tódolos Concellos e a Deputación con que non só non recibiron os cartos, non só non reciben a compensación, senón que ademais non saben cal é aínda o que lles vai tocar. Probablemente vostedes beneficiaron a 8.000 persoas, a 22.000 persoas, a 30.000, ás que queira vostede, pero hai unha cousa que é certa, prexudicaron de entrada nesta provincia a tódolos cidadáns desta provincia que son bastantes máis que 22.000, ata o día de hoxe. Nada máis. Sr. Figueroa Vila.- Están transmitindo unha mensaxe que non é certa, é dicir, non se prexudicou a nadie porque de momento esa decisión non está tomada e vostede está facendo un discurso adiantándose ós acontecementos e polo tanto lle volvo a repetir que seguramente nestes dous meses teremos tempo a facer ese debate, pero nós, volvo a repetirlle, estamos plenamente confiados en que non se van a prexudica-los Concellos e que se van a busca-las compensacións correspondentes para que ese diñeiro que se deixa de ingresar ó final se poida captar por outro tipo de recursos ou por outro tipo de financiamento. Sr. Presidente.-Eu creo que teñen que saber que xa existe unha Lei de modificación das Facendas Locais, polo tanto é unha pregunta que non é necesaria porque xa existe unha medida de compensación. Sr. Crespo. Sr. Crespo Iglesias.- Ben, só simplemente para aclararlle ó Sr. González Iglesias que aínda que é un tema de carácter económico e que non me toca falar a min, dicirlle que hai un compromiso público do Goberno da Nación, coa Federación Española de Municipios e Provincias, de garantir que ningún Concello perda o que estaba cobrando, é dicir, practicamente tódolos Concellos de carácter rural van ter unhas perdas importantes no que toca ó IAE, pero o que si é certo é que se van buscar solucións para compensar, ben a través da participación dos fondos do Estado, ou ben a través de calquera outro mecanismo, pero hai un compromiso fehaciente do Goberno do Estado coa Federación Española de Municipios e Provincias de que ningún Concello vai ter merma polo IAE, ningún Concello e ningunha Deputación. Hai un compromiso político, temos que pensar que non vai ser en Pontevedra onde non o cumpran, digo eu. Sr. Presidente.- Eu creo que son coñecedores de que existe precisamente xa regulada esa compensación. Polo tanto sobra máis comentario. De momento o que si está claro é que o goberno do Partido Popular cumpre os seus compromisos, e este tamén o cumpriu por suposto e polo tanto así nos irán mellor as cousas. ¿Votos en contra?. ¿Abstencións?. ¿A favor?. Tódolos grupos. Vista a Memoria da Presidencia de data 13 de agosto de 2003, pola que se propón a modificación da Ordenanza reguladora do recargo provincial sobre o imposto de actividades económicas, que se fai necesaria como consecuencia da modificación do apartado 2 do artigo 124 da Lei 39/88, de 28 de decembro (LRHL), efectuada polo artigo 42 da Lei 51/2002, de 27 de decembro, de Reforma da LRHL. Resultando que as modificacións que se propoñen afectan ós artigos 1º, 2º, 3º e 4º da Ordenanza e pasa a te-lo seguinte contido literal: Artigo 1º: "A Deputación Provincial de Pontevedra, no uso da potestade que lle confire o artigo 124 da Lei 39/88, de 28 de decembro, reguladora das Facendas Locais, establece un recargo do 30 por cento sobre as cotas municipais modificadas polo coeficiente de ponderación previsto no artigo 87 da mesma norma." Artigo 2º: "A xestión do recargo será levada a cabo, xunto co imposto sobre o que recae, pola entidade que teña atribuída a xestión deste". Artigo 3º: "Cando a xestión a leve a cabo por entidade distinta á Deputación, esta deberá entregarlle á Deputación o recadado, en período voluntario de cobranza da matrícula ou padrón, no prazo de 45 días naturais contados dende o último de dito período de cobranza. Así mesmo, cada mes entregaráselle á Deputación o recadado no mes anterior canto a altas novas, actas de inspección, etc. ... e o recadado en período executivo." A entidade xestora verase na obriga de entregarlle á Deputación: - Copia certificada do padrón e da relación de altas. - Certificación do recadado en período voluntario e executivo. - Calquera información que poida ser requirida en relación coa xestión do recargo provincial. No artigo 4º modifícase a referencia que se fai ó artigo 36 da Lei Xeral Presupostaria, debendo facerse ó artigo 58.2, c) da Lei Xeral Tributaria. Considerando que o informe conxunto de Secretaría e Intervención, de data 13 de agosto de 2003, pon de manifesto que a proposta desta Ordenanza se axusta á normativa existente na actualidade sobre a materia, o Pleno, de conformidade co dictame da Comisión Informativa de Economía, Facenda e Turismo, acorda por unanimidade: - Aproba-la modificación da Ordenanza reguladora do recargo provincial sobre o imposto de actividades económicas, quedando o seu texto íntegro da seguinte forma: ORDENANZA FISCAL DO RECARGO PROVINCIAL SOBRE O IMPOSTO DE ACTIVIDADES ECONÓMICAS Artigo 1º.- A Deputación Provincial de Pontevedra, no uso da potestade que lle concede o artigo 124 da Lei 39/88, de 28 de decembro, reguladora das facendas locais, establece un recargo do 30 por cento sobre as cotas municipais modificadas polo coeficiente de ponderación previsto no artigo 87 da mesma norma. Artigo 2º.- A xestión do recargo será levada a cabo, xunto co imposto sobre o que recae, pola entidade que teña atribuída a xestión deste. Artigo 3º.- Cando a xestión sexa levada a cabo por entidade distinta á Deputación, esta deberá entregarlle á Deputación o recadado, en período voluntario de cobranza da matrícula ou padrón, no prazo de 45 días naturais contados dende o último de dito período de cobranza. Así mesmo, cada mes entregaráselle á Deputación o recadado no mes anterior canto a altas novas, actas de inspección, etc. ... e o recadado en período executivo. A entidade xestora verase obrigada a entregarlle á Deputación: - Copia certificada do padrón e da relación de altas. - Certificación do recadado en período voluntario e executivo. - Calquera información que poida ser requirida en relación coa xestión do recargo provincial. Artigo 4.- A falta de ingreso da recadación nos prazos indicados permitiralle á Deputación esixir o interese de demora previsto no art. 58.2.c) da Lei Xeral Tributaria e, en todo caso, a reter calquera cantidade que a Deputación lle deba facer efectiva por calquera motivo á entidade xestora, podendo practica-las compensacións correspondentes, directamente ou ben solicitala da Dirección Xeral de Coordinación coas Facendas Territoriais, segundo o regulamento de Recadación, con cargo ás participacións en tributos do Estado; a estes efectos a Deputación poderá levar a cabo estimacións indirectas das cantidades liquidadas e recadadas en base á contía dos padróns e ás altas do propio exercicio ou exercicios anteriores, estimando a recadación nun 90% do liquidado. Disposición final.- O acordo de aprobación inicial destas modificacións adquiriu carácter definitivo o día ... de ... de 2003. Estas modificacións entrarán en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Boletín Oficial da Provincia. - O expediente de modificación de dita Ordenanza exporase ó público por prazo de trinta días hábiles mediante anuncio no Boletín Oficial da Provincia e nun diario dos de maior difusión da provincia, a efectos de reclamacións. - No caso de non producirse reclamacións, este acordo considerarase elevado a definitivo. Estas modificacións entrarán en vigor e aplicaranse a partir do día seguinte ó da súa publicación no Boletín Oficial da Provincia, de acordo co disposto na disposición final. ------ Folla: 5.4933.- EXPEDIENTE DE MODIFICACIÓN DE CRÉDITOS Nº 5/2003 Sr. Presidente.- Punto número cinco. Expediente de modificación de créditos nº 5/2003. Sr. Figueroa, Deputado de asuntos económicos. Sr. Figueroa Vila.- Esta é unha modificación de crédito onde vamos a incrementar unha serie de partidas para infraestructuras, bens naturais e conservación, que sería de 1.000.000 de Euros, e para melloras nos edificios da Deputación que serían 70.000 Euros, polo tanto o importe total son 1.070.000 Euros e retraense dunha partida de remanentes de Tesourería. Polo tanto, nós pensamos que é importante este suplemento de crédito para seguir funcionando. Cando hai eleccións, pasa en tódalas administracións, os presupostos hai que reaxustalos. Eu creo que tódalas administracións nestes momentos están coa mesma problemática. Creo que é para cuestións importantes, para o desenvolvemento de traballos que nestes momentos hai pendientes en toda a provincia e polo tanto pedimos o apoio de toda a Corporación. Sr. Presidente.- Moitas gracias. Sr. Mosquera. Sr. Mosquera Lorenzo.- Moitas gracias. Ben, suponse que esta é a primeira medida que adopta o novo goberno provincial,en canto que se supostamente hai remanentes fixe as súas prioridades incorporando unha modificación. O feito mesmo de facer unha modificación parécenos correcto, o orzamento debe ser algo vivo, sempre hai remanentes ou hai novas necesidades ou hai modificacións que hai que ir facendo. Polo feito de facer expedientes de modificación non temos nada que dicir, pero si temos bastante que dicir con respecto ó fondo. Parece que a primeira decisión que toma o goberno é incorporar un millón de euros á partida Infraestructuras, bens naturais e conservación, a famosa partida dos bacheos e do chapapote, que parece que a grande decisión que se toma cos cartos que temos non comprometidos. É seguir coa mesma política de engordar cada vez máis esa partida, que por outro lado xa fora engordada noutras modificacións. Ó final poñemos unha cantidade enorme para ese fin en detrimento doutros fins moi necesarios e que parece que aquí non se reflexan nas prioridades do grupo de goberno. Con relación ó informe de Intervención, incluso con esa modificación, estamos nunha situación moi curiosa. Permítanme que fale de Madrid, porque o Sr. Portavoz do PP así o fixo. Resulta que en Madrid fannos unhas bárbaras leis de estabilidade presupostaria, practicamente imposibles de aplicar na Administración Local e que aínda non saben exactamente en que vai consistir nalgúns casos e aquí se a saltan á torera. O informe di exactamente: "coa tramitación deste expediente non se cumpre a Lei de Estabilidade Presupostaria". Hai unha oposición a esta Lei e polo tanto non se cumpre, pero vostedes son os forofos do que se está facendo en Madrid e unha Lei de Estabilidade Presupostaria se a saltan con esta modificación tal e como consta no informe de Intervención. O coherente sería que critiquen publicamente a Lei e que digan que a cambien, que realmente é un disparate cara á Administración Local. En xeral habería moitisimo que discutir, pero tecnicamente para a Administración Local é bastante disparatada, ou se non cumprila que para eso a aprobaron o seu partido en Madrid. Eso é o que di textualmente o informe de Intervención, á parte da finalidade que me parece que deixa moi en evidencia ese pretendido cambio de política aquí. Esa modernización queda cos feitos absolutamente demostrado que non hai tal, seguimos co mesmo, exactamente co mesmo de sempre. Sr. Presidente.- Moitas gracias Sr. Mosquera. Sr. González Iglesias. Sr. González Iglesias.- Estamos diante do 5º expediente e é certo o que di o Presidente da Comisión de Economía, esto é perfectamente lícito, faise en tódalas administracións, perfecto, nós tampouco temos nada que dicir a ese tema. O que lle aconsellaríamos ó novo encargado da situación económica desta Deputación é que axustara un pouquiño mellor a partida de infraestructuras e de vías e obras. Digo esto porque de cinco expedientes, en catro polo menos se está dotando esta partida. Axústenna un pouquiño mellor, hai un problema de desconexión e hai un problema de falta de organización e de previsión. En todo caso, dada a contía que é absolutamente menor respecto ó Presuposto da Deputación, nós vamos absternos. Sr. Presidente.- Moitas gracias Sr. González Iglesias. Sr. Figueroa. Sr. Figueroa Vila.- Ó Sr. Mosquera contestarlle que el ben sabe tamén que o problema de que non se cumpra a Lei de Estabilidade Presupostaria é un problema única e exclusivamente contable. Vostede sabe que os capítulos do 1 ó 7 teñen que equilibrar ingresos e gastos, e despois ó final podería ir noutro capítulo, pero esa é unha norma que está establecida así, pero a Lei de Estabilidade Presupostaria non se incumpre no básico e no fondo do tema. Loxicamente a Intervención ten que facer esta manifestación que é correcta, pero tamén vostede sabe a outra parte, é dicir, non a obvie; todos coñecemos tamén que ás veces para salvar certas situacións hai que tirar para adiante e vostede o sabe, polo tanto non ignore esa parte porque eu creo que tamén debería dicilo si é honrado consigo mesmo. E dicirlle tamén ós dous grupos que é curioso esto da política; ás veces os alcaldes dos seus grupos veñen aquí a entrevistarse co Sr. Presidente e piden que lle arranxen o vial de non sei que, a rúa de non sei canto, e ó final que lle manden a máquina para arranxa-lo campo de fútbol de non sei que, para arranxa-la grada de non sei que, etc., etc., e creo que é unha petición diaria de tódolos Alcaldes, tanto do Bloque coma do Partido Socialista. Vostedes fan un dobre discurso, queremos por un lado que ós alcaldes se lle arranxen os viais, e por outro lado fan este discurso. Eu creo que ó final ó Partido Popular non lle vai tan mal, e se non lle vai tan mal é porque os cidadáns ven que hai unha boa xestión. Mentras os cidadáns nos segan mantendo aquí no número que estamos e nos dean esas maiorías que nos están dando e porque estamos facendo políticas correctas para eles. Eu creo que ó final ese é o sentido da democracia. Cando a un lle votan ou lle deixan de votar non é por casualidade, é dicir, os cidadáns son suficientemente intelixentes como para saber o que están facendo e polo tanto se esta Deputación segue mantendo unha maioría con estas políticas e porque son as acertadas. Sr. Presidente.- Sr. Mosquera. Sr. Mosquera Lorenzo.- Si, moitas gracias Sr. Presidente. Ata na argumentación, cando se quedan sen argumentos en algo, son clons, ou sexa, exactamente os Deputados tamén seus do Partido Popular que estiveron no anterior mandato, se acordarán perfectamente de que era o mesmo rollo, o mesmo carrete, sempre que se quedan sen argumentos. Ou sexa que nótase un grande cambio, un cambio tremendo; digan que van a seguir ó pé da letra a política que seguían anteriormente, incluso agravada ou digamos recalcando máis as mesmas liñas e punto. Pero no nos pretendan vender que van a cambiar algo aquí cando despois fan o mesmo en canto ás decisións que toman, incluso a argumentación que usan. Con respecto á Lei, se a Lei é unha chapuza cara á Administración Local pidan a modificación, pidan a modificación. Non queda nada bonito que unha administración gobernada por vostedes se estea saltando unha Lei que sacaron vostedes en Madrid, unha contradicción evidente. Usen os mecanismos que teñan para pedir esa modificación, que por outro lado creo que é un clamor que está mal concebida esa Lei e nin tan sequera en Madrid saben exactamente como aplicala; agora se van aclarando un pouco por ser unha auténtica barbaridade. Agora non a salten alegremente e digan que Madrid o está facendo moi ben e aquí tamén e aquí paz e despois gloria, eso non parece moi coherente. E con respecto ós Alcaldes, repítolle por última vez, digo por última vez porque está repetido noutros mandatos cantidade de veces, evidentemente tódolos Alcaldes cumpren coa súa obriga intentando que onde lle poden dar fondos, e pola liña que lle dean fondos, pois pedilos. Polo tanto se esta Deputación tivera unha liña para facer casas de cultura, pois pedirían para casas de cultura, pero como non a ten e o ten só para chapapote pois veñen a pedir para chapapote, cumpren perfectamente coa súa obriga. Ben, a decisión é daquí, ¿que se prioriza?, séguese priorizando o asfalto en frio, ese famoso electoral que á parte funciona moi ben porque vótase nunhas eleccións, ó momento, as primeiras o destrozan, as segundas acaban con el e entón outra vez, veñen outras eleccións e vólvese a votar, pois moi ben, seguimos ciscando por aí este tipo de actuacións, ¿esa é a súa prioridade?, bueno pois díganno, e se lle vai ben pois bueno tamén o digan, pero creo que non é, dende logo, primeiro ningún cambio, e segundo moito menos unha maneira de xestiona-los recursos públicos dunha maneira correcta. Repito, os Alcaldes fan o que teñen que facer, e se aquí, houbera cartos ou fondos para outras intervencións, pois virían a pedir outras intervencións, como non o hai veñen a pedi-lo que hai. Evidentemente veñen a pedir o que hai, eso é de caixón. Sr. Presidente.- Gracias Sr. Mosquera. Sr. González Iglesias. Sr. González Iglesias.- Sr. Figueroa, ¿dígame cal é o criterio de reparto de aglomerado nesta Deputación?. ¿Dígame onde están escritos eses criterios obxectivos de reparto?. No momento que mo diga podemos empezar a discutir deste tema e poderíamos empezar a ver que os Alcaldes non estarían facendo procesións na porta dalguén. Se os Alcaldes tiveran clariño cales son os criterios de reparto, o único que farían é remitir un escrito a Deputación facendo a súa petición en tempo e forma e sabían o que lles ía a tocar, e falo de aglomerado como podo falar doutras cousas. Nas outras cousas teñen uns criterios que poidan gustarnos máis ou menos ós demais, pero nese concreto e que non hai ningún tipo de criterio, nin quilómetros de estradas nin historias, ningún, simplemente o dedo do que vostedes queiran, nin máis nin menos. E é certo que vostedes seguen tendo a maioría, pero teñen bastante menos da que tiñan, ou sexa que algo mal deben estar facendo tamén. Sr. Presidente.- Sr. Crespo. Sr. Crespo Iglesias.- Simplemente polo que toca a Vías e Obras, non por outra cousa. Nas modificacións de créditos desta casa case sempre hai unha partida que ten que ir para o Parque de Maquinaria porque o Parque traga todo o que lle voten e moito máis, porque a rede provincial de Pontevedra é unha das redes máis extensas de Galicia. Coa cantidade de quilómetros que temos creo que non están en malas condicións; somos a Deputación de Galicia que mellor cumpre a regulamentación europea en materia de estradas provinciais, pero quedan moitas estradas provinciais con deficiencias no seu mantemento. En todo caso dicirlle que aquí os Alcaldes, Sr. González, sexan do partido que sexan, cando viñeron pedir calquera tipo de arranxo nalgunhas pistas municipais foron considerados todos sen distinción política. Outra cousa é que historicamente o Parque de Maquinaria chamábanlle o parque dos votos. O cidadán de Galicia, e de Pontevedra especialmente, está suficientemente maduro politicamente para non dar un voto por un feixe de aglomerado; eu creo que eso pasou á historia; hoxe a xente é máis madura e cando vota non vota, Sr. Mosquera, porque lle arranxes a pista con aglomerado ou non. Eu recórdolle que cando accederon vostedes á alcaldía, esta Deputación acababa de empatena-lo rural de Pontevedra, non quedou nin un metro cadrado sen aglomerado, e vostedes conseguiron a alcaldía. Se por esa regra fora gañaríamos nós cunha maioría aplastante, así que xa ve vostede que o aglomerado vótase onde hai que votalo, aínda facía falta moito máis, e aquí calquera Alcalde que veña, de calquera grupo político, saben vostedes perfectamente que na medida das posibilidades sempre se lle atendeu por igual, e xa non dá votos o aglomerado, non se preocupe, se é que os dou algún día, dá votos a boa xestión en tódolos eidos. Sr. Presidente.- Gracias Sr. Crespo. Sr. Mosquera. Sr. Mosquera Lorenzo.- Soamente dúas cousiñas, primeiro, non lle vou volver a chamar portavoz ó Sr. Figueroa porque parece que se cela o Sr. Crespo e automaticamente intervén; e dúas, o que é evidente é que temos que modifica-lo Regulamento Orgánico a toda a velocidade. Primeiro, prohibe, eu estaría intervindo fóra do Regulamento, prohíbeo por cada grupo que interveña máis de un, vostedes teñen intervido tres no anterior punto; é urxente, ou sexa que vámolo a modificar porque é evidente que temos un Regulamento que non corresponde para nada co que estamos facendo agora aquí. Sr. Presidente.- Sr. Mosquera, somos un equipo perfectamente compenetrado e polo tanto pode falar calquera deles sen ningún tipo de problema; ese problema poderao ter no seu grupo, no noso lle aseguro que non hai ningún tipo de problema nese sentido. Sr. González Iglesias. Sr. González Iglesias.- Sr. Crespo, alégrome que por primeira vez recoñezan vostedes que sempre utilizaron o aglomerado en clave electoral, acaba de facelo na súa intervención. Empatenan todo o rural de Pontevedra para este tema e aínda así nin de coña. Eu só pedín a palabra para unha cousa, a pregunta que lle fixen ó Sr. Figueroa fágolla a vostede como responsable de Vías e Obras, dígame, ¿cal é o criterio, onde está escrito, e cal é o criterio obxectivo para o reparto de aglomerado nesta casa?, porque non o hai, salvo o da procesión, non hai outro. Sr. Presidente.- Moitas gracias Sr. González Iglesias. Sr. Crespo Iglesias.- Está claro, o reparto é o que é, e o que foi e é o que será; pero en todo caso temos a mellor Rede Provincial de Galicia, o 80% das nosas estradas provinciais están adaptadas á normativa europea, polo tanto manter eso costa cartos. A Rede Provincial é a que traga o 90% do aglomerado que se fai nesta casa. Sr. Presidente.- Moitas gracias Sr. Crespo. Tal e como dicía o Deputado Vicepresidente de Vías e Obras a maior parte desta partida vai precisamente para as nosas estradas; o outro son actuacións e necesidades urxentes que se van plantexando en distintos Concellos da provincia de Pontevedra. ¿Votos en contra?. O BNG. ¿Abstencións?. O Grupo Socialista. ¿A favor?. O Partido Popular. Visto o expediente de modificación de créditos (suplemento de crédito) nº 5/2003, dentro do vixente orzamento provincial, por un importe total de 1.070.000,00 Euros, motivado pola necesidade de realizar gastos que non poden demorarse ata o exercicio seguinte, e ó non existir consignación suficiente no estado de gastos do orzamento corrente que se financiará con cargo ó remanente de Tesourería procedente da liquidación do orzamento correspondente ó exercicio de 2002, o Pleno, de conformidade co dictame da Comisión Informativa de Economía, Facenda e Turismo, acorda, por maioría de votos a favor do Grupo Popular e co voto en contra do BNG e a abstención do PSOE, aproba-lo expediente de modificación de créditos (suplemento de crédito) nº 5/2003, aplicándose os gastos a financiar ás partidas e polos importes que a continuación se detallan: -03/511-511-210.00 Infraestructuras, bens naturais e conservación 1.000.000,00 Euros -03/432-432-622.03 Melloras arquitectura e urbanismo 70.000,00 Euros TOTAL 1.070.000,00 Euros O financiamento do expediente realízase con cargo ó remanente de Tesourería procedente da liquidación do orzamento correspondente ó exercicio de 2002, conlevando dito financiamento o incremento das previsións de ingreso no subconcepto. -03/870.01 Aplicación ó financiamento de suplementos de crédito. 1.070.000,00 Euros Dito expediente exporase ó público a efectos de reclamacións por un período de quince días hábiles, quedando definitivamente aprobado en caso de non producirse estas. ------ Folla: 6.4934.- COMUNICACIÓNS Sr. Presidente.- Punto número seis. Comunicacións. Sr. Secretario.- Nada más que darles cuenta de las Resoluciones Presidenciales dictadas entre los días 5 y 30 de este mes de agosto que ya fueron trasladadas a los Portavoces de los Grupos Políticos. Queda enterado o Pleno das seguintes: - De extractos de Resolucións Presidenciais dictadas pola Presidencia entre os días 5 e 30 de agosto do ano 2003, e que foron trasladadas ós Voceiros dos distintos grupos políticos. ------ Folla: 7.4935.- ROGOS E PREGUNTAS Sr. Presidente.- Punto número sete da orde do día. Rogos e preguntas. Sr. Mosquera. Sr. Mosquera Lorenzo.- Si Sr. Presidente, moitas gracias. Si, é relativo ó campo de Monte da Vila do Grove que era unha actuación urxente do convenio de Infraestructura Deportiva, que adxudicou a Deputación e anunciaron que ía estar para o inicio da temporada. Me parece que se iniciou, e sen embargo as obras seguen a ritmo bastante lento e non hai un horizonte moi claro de cando se vai completar este campo, realmente convertilo nun campo de herba sintética, co problema que lle está creando tanto para entrenar como para xogar ós equipos do Grove, e entón a pregunta é: ¿hai algunha previsión de remate, que prazo había para facelo, que previsión hai para rematar a obra?. E o rogo é que se axilice o máis posible. Sr. Presidente.- Sr. Mosquera, gracias neste caso á iniciativa do Partido Popular se levaron adiante estas obras tan necesarias no Grove, se lle están dotando ultimamente de moitas instalacións deportivas. Precisamente leva moitos anos pedindo unhas instalacións dignas para un campo de fútbol, para un equipo que ten en terceira división e outro en primeira rexional, así como categorías inferiores. As obras foron licitadas, si mal non recordo, por importe de 160.000.000 de pesetas aproximadamente, e xa se fixeron proxectos reformados para adaptar instalacións, porque as obras se están facendo no mesmo campo que existía no seu día e hai obras de aumento que creo que superan os 57.000.000 de pesetas. Eu manifestara na miña visita ás obras que ibamos a intentar que estiveran rematadas para o inicio da temporada; evidente a temporada empezou o pasado domingo e aínda non se remataron, pero tamén xustifiquei precisamente ese retraso, que había posibilidade de que houbera algún retraso porque as obras foron aumentando. Tamén dicirlle ó mesmo tempo que estas obras eran necesidade fai moitos anos, e non recordo eu que o seu grupo dende alí houbera facilitado nada as cousas,precisamente para que esto se houbera feito antes. Vostede sabe que o Concello do Grove pon unha parte do seu presuposto para esta obra e como non había acordo nin nunca se puxeron de acordo en dicir se apoiaban este campo ou apoiaban a creación dun novo, a verdade é que non facilitaron para nada esa inversión. Finalmente se pudo lograr e neste momento as obras van a un ritmo importante, pero como hai aumentos tamén moi importantes, que se fixeron por seguridade, sobre todo valos de peche, etc., esperamos que se rematen canto antes. ¿Algunha pregunta?. Sr. Mosquera Lorenzo.- ¿Que horizonte temporal teñen?. Sr. Presidente.- Pois o horizonte vamos a intentar que sexa o máis corto posible. Sr. Mosquera Lorenzo.- ¿Cal?. Sr. Presidente.- Non llo podo dicir exactamente porque non son técnico nin contratista, pero vai se-lo máis breve posible. De todas maneiras, ó Alcalde do Grove estamos buscándolle solucións alternativas para que teñan onde xogar. Sr. Presidente.- Sr. D. Juan Manuel Rey. Sr. Rey Rey.- Teño aquí unha queixa dun grupo de veciños de Valga que din que na ampliación da pista de Fondóns-Magariños, que se está acometendo a través da Deputación, ó parecer a empresa, que é TRACSA, non está deixando os accesos ás fincas, incluso está esixindo o cobro dalgunhas cantidades para reposición de materiais para poder acceder. Así mesmo a mitade da pista había unha pequena comunidade de regantes que queda agora sen protección e con bastante perigo para a circulación nesa zona. Como ademais parece que chove sobre mollado e que tamén sobre outro programa de saneamento nas parroquias de Cordeiro, Campaña e Xanza tamén se cobraron algunhas cantidades, entenden os veciños que de xeito irregular, rogaría a apertura dunha investigación e que á maior brevedade se dera unha contestación. Sr. Presidente.- Quero entender que debe ser un plan do Concello e polo tanto as obras son adxudicadas polo Concello. Que eu recorde esta Deputación non ten nada adxudicado á empresa TRACSA. Polo tanto entendo que deben ser obras municipais, aínda que poden estar financiadas cun plan noso, pero son obras adxudicadas polo propio Concello e polo tanto quen ten que velar serán os técnicos municipais que son quen van a certifica-la obra. De todas maneiras non hai ningún problema en que tomemos nota deso e o averiguamos. Sr. Rey Rey.- Dada a premura coa que me entregaron a documentación, eu tampouco podo confirmar se realmente é como din, simplemente traslado a pregunta dos veciños por se se puidera estar incorrendo nalgunha deficiencia. Sr. Presidente.- Ningún problema para aclaralo, pero xa lle digo, creo que non ten ningunha adxudicación esa empresa e ademais debe ser dalgún plan. Os plans adxudícanos directamente os Concellos. Máis preguntas. Si, Sr. Núñez Sestelo. Sr. Núñez Sestelo.- Eu presentei a pregunta por escrito, pero de todas maneiras voulle a dar lectura. A primeira refírese á estrada Gondomar-Areiña, é dicir o acceso de Gondomar á autoestrada, unhas obras de ancheamento e mellora que está facendo a Deputación. Alí estanse executando obras de ancheamento e mellora do vial, en xeral os terreos foron cedidos gratuitamente polos propietarios e como compensación a Deputación procede á minoración dos danos feitos en valos, traídas de augas, entradas, etc., adoptando en cada caso as oportunas medidas. Pero, como queda claro na fotografía que se achega, hai un caso singular; a todos lle foron repostos os valos, os contadores de auga devoltos ó seu sitio, etc., agás a dous veciños, estes dous veciños son os irmáns Alvaro e Armando Expósito González e as preguntas son:1º.- ¿Por que esa discriminación?. 2º.- ¿Se pode ser debido á afinidade dos devanditos co PSdeG-PSOE?. 3º.- ¿De Enxeñeiro Director de obra e contratista, encargado xeral, resolvedor de entortos, etc., actúa un exdeputado provincial, pregunto se coa anuencia da Deputación?. A seguinte pregunta ou rogo e que se actue axiña e que se resolva a cuestión co mesmo trato de igualdade para tódolos veciños. A seguinte pregunta refírese a Borreiros, a estrada Mañufe-A Xunqueira, no treito de Ponte da Xunqueira-Telleiro. Alí é unha encomenda do vecindario de Borreiros e un rogo, que se trate de revisa-lo calamitoso estado do pavimento da estrada que foi regado fai menos dun ano e xa está todo aberto e desfeito. Fixo unha ponte nova, está recién feita, é de supoñer que con toda a garantía do mundo, entón preguntar se non se pode retira-lo sinal de limitación de peso que hai alí e non deixan pasa-los camións e complícanlle a vida ó vecindario. Despois hai un rogo que fan os veciños, que debe ser de moi pouco custo, que refírese a que para anchea-la estrada eles houberon de perde-los seus dereitos e tiveron que adaptar un novo espacio para un xogo de bolos da Xunqueira. Pedían agora unha barandilla de seguridade e colocar un sistema de drenaxe no campo. Con respecto á última pregunta do vial de Donas, á famosa estrada de Clemente ou rúa do Pelotazo ou acceso á depuradora, como lle queiramos chamar, esta é unha vía de comunicación que enlaza a parroquia de Donas coa estrada de Gondomar-A Ramallosa. Primeiro, preguntar ¿quen é o titular actual dese vial?, ¿cantos metros ten de ancho e de longo?, porque podo medilos pero non sei as servidumes que ten; ¿cal é a zona de servidume?, e quería dispoñer dun plano acoutado. Segundo, ¿como se accedeu a esa propiedade?, ¿si por compra, indicar prezo, si por cesión gratuita, si por cesión condicionada?, quería sabe-las condicións, ou por convenio, quería saber ¿cal?. Terceiro, sobre unha pedra colocouse alí unha placa conmemorativa da inauguración da obra, que tardou máis en inaugurarse que as pirámides, facendo consta-lo nome do Presidente da Deputación e do Sr. Alcalde de Gondomar, e pregúntome eu, ¿e o Sr. Alcalde de Nigrán non pinta nada?, porque parte da obra, parte do vial, o tramo principal do vial, e parte da ponte están no municipio de Nigrán, ou esa faise a inauguración noutra fase. Bueno, nada máis. Sr. Presidente.- Gracias Sr. Núñez Sestelo. Primeiro paréceme ben as preguntas que fai aquí; de todas maneiras hai algún apartado que eu creo que non se achega á realidade á parte eu creo que habería que corrixilo en certa maneira porque se todos empezamos con comentarios deste tipo: carretera de Clemente, rúa do Pelotazo e acceso á depuradora, creo que non é moi correcto. E segundo, lle contestaremos no próximo Pleno con datos, porque agora aquí nos temos, pero lle contestaremos con datos. En relación á última pregunta que vostede nos facía, creo que a estrada, se mal non recordo, comeza da ponte hacia a parroquia de Donas (Gondomar), da ponte hacia atrás é de Nigrán, pero o Alcalde de Nigrán non ten ningún problema de recelo nese sentido, e sabe que a maior parte estaba en Gondomar e polo tanto ese non é o problema. O que si hai que dicir é que no pasado Pleno eu lle comentara aquí ó Deputado Sr. Araúxo, que non ía a facer máis esa pregunta porque a estrada ibámola a inaugurar e a verdade é que estivemos alí os dous inaugurando a estrada e polo tanto xa os veciños teñen un acceso digno que era do que realmente se trataba. En relación ó tema do valo que aparece por aquí, eu pedirei un informe ó técnico provincial, que levou as xestións concretas destas obras e espero que foi un tratamento técnico, non un tratamento nin persoal nin político, e polo tanto haberá que regulariza-la situación con quen corresponda. Polo tanto lle digo que nese sentido averiguaremos todo e lle teremos informado no próximo Pleno destas circunstancias. ¿Máis preguntas ou algún rogo máis?. FÓRA DA ORDE DO DÍA, e previa declaración de urxencia, tratouse o seguinte asunto: Sr. Presidente.- Mocións. Hai v
Área de documentación
Existencia e localización de orixinais Enlace para escoitar o audio da sesión do Pleno
Ãrea de notas
Nota