Fondos
2003-12-30_Ordinaria. Acta de sesión 2003/12/30_Ordinaria
Acta de sesión 2003/12/30_Ordinaria
Área de identificación
Código(s) de referencia ES.GA.36038.ADPO.1.1.3.3.33.364/2.2003-12-30_Ordinaria
Título Acta de sesión 2003/12/30_Ordinaria
Data(s) 2003-12-30 (Creación)
Volume e soporte 1 acta de sesión
Área de contexto
Institución arquivística Arquivo Deputación de Pontevedra
Área de contido e estrutura
Alcance e contido Folla: Da sesión ordinaria en primeira convocatoria, celebrada polo Pleno desta Excma. Deputación o día, 30 de decembro de 2003 No Salón de sesións da Excma. Deputación Provincial de Pontevedra, sendo as once horas e dez minutos do día trinta de decembro do ano dous mil tres, baixo a Presidencia do Ilmo. Sr. Presidente D. Rafael Louzán Abal, reuníronse as/os Señoras/es Deputadas/os, D. Xosé Antón Araujo Quintas, Dona Nidia María Arévalo Gómez, D. Ramón Campos Durán, D. José Costa Díaz, D. José Crespo Iglesias, D. José Juan Durán Hermida, D. Antonio Feliciano Fernández Rocha, D. José Manuel Figueroa Vila, D. Emilio González Iglesias, D. Efrén Juanes Rodríguez, D. José Antonio Landín Eirín, D. José Antonio Lorenzo Rodríguez, Dona Clara Millán González, D. Xosé Cesáreo Mosquera Lorenzo, D. Constante Juan Muradas Ramos, D. Manuel Núñez Sestelo, D. Xosé Carlos Pazos Docampo, Dona María Teresa Pedrosa Silva, Dona María Corina Porro Martínez, D. Juan Manuel Rey Rey, D. Alfredo Rodríguez Millares, D. Rodrigo Santiago Novas, Dona Belén Sío Lourido, D. José Enrique Sotelo Villar e D. Jesús Vázquez Almuíña, co obxecto de celebrar sesión ordinaria da Deputación en Pleno, en primeira convocatoria, consonte á correspondente orde do día. Da fé do acto o Secretario Xeral, D. Rogelio Nicieza de la Cerra, e está presente o Sr. Interventor, D. Bautista Pérez Carnero. Declarada aberta a sesión e de orde da Presidencia éntrase seguidamente no exame da orde do día, adoptándose en relación coa mesma os seguintes acordos: Sr. Presidente.- Vamos a dar comezo á celebración do Pleno ordinario do día de hoxe. 1.4970.- ACTAS ANTERIORES Sr. Presidente.- Primeiro punto. Aprobación dos borradores das actas das anteriores sesións, ordinaria e extraordinaria do día 26 de novembro e extraordinaria do día 1 de decembro, todas elas do ano 2003. ¿Apróbanse?. Apróbanse as actas por tódolos grupos. Apróbanse por unanimidade os borradores das actas das anteriores sesións, ordinaria e extraordinaria do día 26 de novembro e extraordinaria do día 1 de decembro, todas elas de 2003. ------ Folla: 2.4971.- ADDENDA Ó CONVENIO DE COLABORACIÓN ENTRE A CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA DA XUNTA DE GALICIA E A DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA PARA O FINANCIAMENTO E ARTICULACIÓN DA SUBVENCIÓN DO CUSTO DA PEAXE NO TREITO O MORRAZO-VIGO DA AUTOESTRADA A-9 PARA OS RESIDENTES NA PROVINCIA DE PONTEVEDRA DURANTE 2004 Sr. Presidente.- Punto número dous da orde do día. Addenda ó Convenio de colaboración entre a Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda da Xunta de Galicia e a Deputación de Pontevedra para o financiamento e articulación da subvención do custo da peaxe no treito O Morrazo-Vigo da autoestrada A-9 para os residentes na provincia de Pontevedra durante o ano 2004. Sr. Mosquera. Sr. Mosquera Lorenzo.- Gracias Sr. Presidente. Bos días a todos e todas. Ben, soamente para anuncia-lo noso voto negativo. É unha prolongación do convenio do ano anterior e do anterior, co cal non creo que sexa momento de reitera-los argumentos utilizados cando se debateu o primeiro convenio, que por outro lado son de todos coñecidos. Esto é algo discriminatorio, que sigue mantendo en vigor o problema da peaxe na Ponte de Rande e que a esta Administración non lle correspondería para nada financialo, senón tomar unha postura de firmeza para lograr que se eliminara definitivamente esta peaxe. Moitas gracias. Sr. Presidente.- Gracias Sr. Mosquera. Sr. González Iglesias. Sr. González Iglesias.- O que vén aquí hoxe na orde do día significa 700.000 euros en vez de 660.980 que vostedes levaban en Presuposto. Esto non é nada novo, o debate está feito, pero cando se producen este tipo de acordos, que se van a producir ano a ano, o Grupo Socialista lle vai a preguntar ó Presidente da Deputación que xestións se fixeron para que Fomento se faga cargo deste tema, porque loxicamente todos sabemos que este non é un tema que teña que acomete-la Deputación. Que xestións se fixeron por parte da Presidencia da Deputación e que xestións se fixeron por parte da Consellería correspondente para que, volvo a repetir, Fomento se faga cargo deste tema, porque se non estaríamos, e o dixemos no seu día, diante dunha fórmula que se ía a estender no tempo, en principio ata que rematara a concesión. Fórmula tremendamente cara para pagar cos impostos dos cidadáns da provincia de Pontevedra en tanto en canto é un tema que non lle corresponde á Deputación nin á Xunta, por suposto. Entón vamos a votar en contra porque é a prolongación daquel convenio, pero nos gustaría que cada vez que veña a addenda, que virá cada ano, o Presidente da Deputación nos dera conta das xestións que se fixeron e en que situación están, tendo en conta que o compromiso máis forte por parte dun representante do Goberno no seu día era da persoa que vai a ser candidata á Presidencia do Estado Español, o Sr. Rajoy, que se comprometeu a que esto desaparecía. Supoñemos que agora que vai a ser candidato terá máis forza para facer que este tema desapareza. Nada máis. Sr. Presidente.- Moitas gracias Sr. González Iglesias. Sr. Figueroa. Sr. Figueroa Vila.- Coincido cos demais grupos que este é un tema que está totalmente debatido. O único que se trae aquí é unha addenda ó convenio doutros anos, que significan 700.000 euros que aportará cada Administración. Nos reiteramos na nosa posición, que é importante que un problema que teñen uns veciños da provincia se poida ir resolvendo e pensamos que esto si é beneficioso para os cidadáns. Loxicamente vamos apoialo como non podía ser doutra maneira. Sr. Presidente.- Moitas gracias Sr. Figueroa. En relación á pregunta do Sr. González Iglesias, esta Deputación e neste caso a Xunta de Galicia de momento o que fixeron foi poñer en marcha polo menos un mecanismo que dalgunha forma, non definitivamente, pero si de maneira provisoria solucione un problema que existe cunha zona moi determinada e concreta. Seguiremos evidentemente na liña de facer xestións con quen dalgunha forma nos facilite as posibilidades para chegar a esa supresión ou eliminación definitiva. Sabemos que todo esto é unha difícil labor pero vamos no bo camiño. Estamos e esperamos seguir nesta liña de traballo constante para que se logre. É todo o que podemos dicir neste sentido. Sr. González Iglesias. Sr. González Iglesias.- Me dá a sensación de que as xestións vostedes van a facelas cando perdan o goberno en Madrid. Ata agora eu non mirei ningún resultado de xestión por ningún tipo, van a empezar a facelas despois. Sr. Figueroa, a súa argumentación é perfecta. Fai moi pouco tempo, o Grupo Socialista presentou unha Moción para que a Deputación colaborara cos Concellos, no tema de SOGAMA, a pagar o incremento do importe de SOGAMA, e era unha colaboración temporal e o dicíamos en tres anos, e naquel momento o argumento do Sr. Crespo, que era quen o defendía, é que non era un tema que fora competencia da Deputación, exactamente igual que este, nin máis nin menos. Vamos a votar en contra. Sr. Presidente.- Moitas gracias. Sr. Figueroa. Sr. Figueroa Vila.- Por suposto que se esta Deputación e calquera outra Institución puidese resolve-los problemas de tódolos cidadáns sería un dos obxectivos que tiñamos que ter todos, pero ás veces tamén se priorizan, é dicir, hai cuestións puntuais que tamén se poden aceptar e outras que non. Esta é unha situación moi puntual que afecta a unha determinada zona da provincia, que hai un problema que está sen resolver e pensamos que pode ser unha cuestión prioritaria. Vostede sabe que tódalas políticas son cuestión de prioridades. Ogallá que esta Deputación e tódalas Institucións puidésemos resolver tódolos problemas e tódalas demandas que se plantexan. Sería o perfecto, sería utópico, pero vostede sabe que hai o que hai e ás veces hai que priorizar. Nas cuestións de prioridades tamén están as vontades políticas e cada un escenifícaas como considera mellor. Eu creo que ó final ese tamén é o sentido da democracia, se non todos faríamos exactamente o mesmo. Sr. Presidente.- Moitas gracias Sr. Figueroa. Eu me reitero no mesmo, é dicir, que o único que se fixo dende aquí é contribuír a buscar unha solución aínda que non é definitiva, pero xa avanzamos e moito. Polo tanto, votación. ¿Votos en contra?. Bloque e Partido Socialista. ¿Abstencións?. Non hai. ¿A favor?. Partido Popular. Visto o escrito da Dirección Xeral de Obras Públicas da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, de data 5 de novembro de 2003, co que se achega unha addenda ó convenio de colaboración entre a CPTOPV da Xunta de Galicia e a Deputación de Pontevedra, asinado o 8 de xaneiro de 2002, para o financiamento e articulación da subvención do custo da peaxe no treito O Morrazo-Vigo da autoestrada A-9 para os residentes na provincia de Pontevedra durante o exercicio de 2004. Visto que a sinatura de addendas entre ambas administracións en relación ó citado convenio establécese na cláusula sexta do mesmo, co obxecto de fixa-las anualidades e partidas que se destinen para este fin. Visto que as modificacións propostas nesta addenda afectan ás cantidades que deben asumi-la CPTOPV e a Deputación de Pontevedra para o ano 2004, que se cifran en 700.000,00 euros, para cada unha das Administracións, e que veñen sendo o 50%, do custe deste sistema de subvención da peaxe no mencionado treito da A-9. Vista que a mencionada addenda conta co informe do Vicesecretario e de Intervención, onde se manifesta que non se lle pon ningún reparo ó texto remitido, informando que na partida 04/511.511.489.14 do orzamento provincial para o exercicio de 2004, aprobado inicialmente polo Pleno na sesión extraordinaria do día 1 de decembro deste ano, inclúe unha dotación de 660.920,00 euros, á que se lle imputarán os compromisos derivados do mesmo, sen que iso supoña ningún inconveniente por canto a Deputación comprométese a facer fronte ó 50% do custo, e se fose necesario a incrementa-la consignación da citada partida se a dotación fose insuficiente. O Pleno, de conformidade do dictame da Comisión Informativa de Economía, Facenda e Turismo acorda por maioría de votos a favor do PP e os votos en contra do PSOE e do BNG, prestar aprobación a addenda ó convenio de colaboración entre a Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda da Xunta de Galicia e a Deputación Provincial de Pontevedra, asinado o 8 de xaneiro de 2002, para o financiamento e articulación da subvención do custo da peaxe no treito O Morrazo-Vigo da Autoestrada A-9 para os residentes na provincia de Pontevedra que se une como anexo a este acordo. Así mesmo, facúltase ó Ilmo. Sr. Presidente desta Deputación para levar a cabo a sinatura desta addenda e de cantas outras actuacións sexan necesarias en relación ás condicións establecidas na mesma. Dita Addenda é como segue: ADDENDA Ó CONVENIO DE COLABORACIÓN ENTRE A CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA DA XUNTA DE GALICIA E A DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA PARA O FINANCIAMENTO E ARTICULACIÓN DA SUBVENCIÓN DO CUSTO DA PEAXE NO TREITO O MORRAZO-VIGO DA AUTOESTRADA A-9 PARA OS RESIDENTES NA PROVINCIA DE PONTEVEDRA Santiago de Compostela, .................de ......................de dous mil catro. REUNIDOS Dunha parte, o Excmo. Sr. D. Alberto Núñez Feijóo, Conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda da Xunta de Galicia, facultado para a formalización deste convenio pola Lei 1/1983, de 22 de febreiro, reguladora da Xunta e do seu Presidente. Doutra parte, o Ilmo. Sr. D. Rafael Louzán Abal, na súa condición de Presidente da Deputación de Pontevedra, actuando en virtude das facultades representativas que lle atribúe o artigo 34.1 b) da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases do Réxime Local. Tódalas partes se recoñecen mutuamente na calidade en que interveñen con capacidade legal necesaria e EXPOÑEN O día 8 de xaneiro de 2002 a Xunta de Galicia e a Deputación Provincial de Pontevedra asinaron un convenio de colaboración para o financiamento e articulación da subvención do custo da peaxe no treito O Morrazo-Vigo da autoestrada A-9 para os residentes na provincia de Pontevedra. Na cláusula sexta do mencionado convenio, establécese que para anos posteriores se asinarán as correspondentes addendas entre ámbalas dúas administracións onde se fixarían as anualidades e as partidas que se destinen para este fin. O día 2 de xaneiro de 2003 asinouse unha addenda ó anterior convenio no que se modificaban as cláusulas SEGUNDA e TERCEIRA e se establecían os créditos para o ano 2003. Á vista de regula-la colaboración entre ámbalas dúas administracións, para o fin mencionado, formalízase a presente addenda con suxeición á seguinte CLÁUSULA PRIMEIRA.- A Xunta de Galicia, a través da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, asumirá o 50% do custe deste sistema de subvención da peaxe no treito O Morrazo-Vigo, para o que ten previsto consignar a cantidade de setecentos mil euros (700.000,00 euros) con cargo á partida 06.03.413B 480 dos orzamentos da Consellería para 2004. A Deputación de Pontevedra asumirá o 50% restante, para o que se incluirá unha cantidade igual nos orzamentos da Deputación para 2004. Ámbalas dúas administracións comprométense a facer fronte exclusivamente á súa parte do financiamento, podendo incrementa-la partida consignada para este fin se fose necesario, non asumindo en ningún caso a parte de financiamento correspondente á outra administración. Cada administración librará os fondos por separado, desvinculando así as obrigas que corresponde a cada unha delas do grao de execución da outra. E en proba de conformidade asinan o presente convenio por triplicado exemplar. O CONSELLEIRO DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA, Asdo. Alberto Núñez Feijóo O PRESIDENTE DA DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA, Asdo. Rafael Louzán Abal ------ Folla: 3.4972.- ADHESIÓN DA EXCMA. DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA Ó CONVENIO DE INTERCAMBIO DE INFORMACIÓN E COLABORACIÓN NA XESTIÓN RECADATORIA, ASINADO POLA FEDERACIÓN ESPAÑOLA DE MUNICIPIOS E PROVINCIAS (FEMP) E A AXENCIA TRIBUTARIA PARA A SÚA UTILIZACIÓN POLO ORGANISMO AUTÓNOMO PROVINCIAL DE XESTIÓN DE RECURSOS LOCAIS (ORAL) Sr. Presidente.- Punto número tres. Adhesión da Excma. Deputación Provincial de Pontevedra ó Convenio de intercambio de información e colaboración na xestión recadatoria, asinado pola Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP) e a Axencia Tributaria para a súa utilización polo Organismo Autónomo Provincial de Xestión de Recursos Locais (ORAL). ¿Algunha intervención?. Non hai intervencións. Polo tanto procedemos á súa votación. ¿Votos en contra?. ¿Abstencións?. ¿A favor?. Tódolos grupos. Visto o acordo do Consello de Administración do Organismo Autónomo Provincial de Xestión de Recursos Locais (ORAL), adoptado na sesión celebrada o 17 de decembro de 2003, relativo á adhesión da Deputación Provincial de Pontevedra, a través do ORAL ó Convenio de Intercambio de Información e Colaboración na Xestión Recadatoria asinado pola Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP) e a Axencia Estatal de Administración Tributaria con data 15 de abril de 2003, o Pleno, de conformidade co dictame da Comisión Informativa de Economía, Facenda e Turismo, acorda por unanimidade: 1) Ratifica-lo referido acordo do Consello de Administración do ORAL e aproba-la adhesión da Deputación Provincial de Pontevedra ó Convenio de Intercambio de Información e Colaboración na Xestión Recadatoria asinado pola Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP) e a Axencia Estatal de Administración Tributaria con data 15 de abril de 2003, para a súa aplicación no ORAL. 2) Facultar ó Ilmo. Sr. Presidente desta Deputación para levar a cabo a sinatura de cantos documentos e actuacións sexan necesarias en relación á formalización da adhesión a dito Convenio. ------ Folla: 4.4973.- DELEGACIÓN DE COMPETENCIAS DO CONCELLO DE SOUTOMAIOR A FAVOR DO ORAL PARA A XESTIÓN DA TAXA POR RECOLLIDA DO LIXO Sr. Presidente.- Punto número catro. Delegación de competencias do Concello de Soutomaior a favor do ORAL para a xestión da taxa por recollida do lixo. Non hai intervencións. ¿Votos en contra?. ¿Abstencións?. ¿A favor?. Tódolos grupos. Visto o acordo do Consello de Administración do ORAL (Organismo Autónomo Provincial de Xestión de Recursos Locais da Excma. Deputación Provincial de Pontevedra), de data 17 de decembro de 2003, sobre aceptación da delegación do Concello de Soutomaior para a xestión e recadación da taxa polo servicio de transporte, tratamento e eliminación de residuos sólidos urbanos, o Pleno, de conformidade co dictame da Comisión Informativa de Economía, Facenda e Turismo, acorda por unanimidade: Aceptar, de conformidade co previsto no artigo 7.2 da Lei 39/1988, de 28 de decembro, reguladora das Facendas Locais, a delegación na Deputación Provincial de Pontevedra-ORAL, que en materia de xestión e recadación da taxa polo servicio de transporte, tratamento e eliminación de residuos sólidos urbanos, realizou o Concello de Soutomaior, por acordo plenario de data 30 de outubro de 2003, seguindo o establecido nos artigos 106.3 da Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das bases de réxime local, e 7 da citada Lei 39/1988. A citada delegación publicarase no Boletín Oficial da Provincia e no Diario Oficial de Galicia, tal como determina o meritado artigo 7.2 "in fine". ------ Folla: 5.4974.- APROBACIÓN INICIAL DO PROXECTO "ENSANCHE, PAVIMENTACIÓN E DOTACIÓN DE SERVICIOS EN VIRXE DAS MAREAS (O GROVE)". EXPOSICIÓN PÚBLICA. DECLARACIÓN DE UTILIDADE PÚBLICA DA OBRA E NECESIDADE DE OCUPACIÓN DOS BENS AFECTADOS. SOLICITUDE Á XUNTA DE GALICIA DE DECLARACIÓN DE URXENTE OCUPACIÓN E MOTIVACIÓN DA URXENCIA Sr. Presidente.- Punto número cinco. Aprobación inicial do proxecto "Ensanche, pavimentación e dotación de servicios en Virxe das Mareas (O Grove)". Exposición pública. Declaración de utilidade pública da obra e necesidade de ocupación dos bens afectados e ó mesmo tempo solicitude á Xunta de Galicia de declaración de urxente ocupación e motivación da urxencia. Sr. Mosquera. Sr. Mosquera Lorenzo.- Gracias Sr. Presidente. Vamos a ver, en principio é unha obra de urbanización dun vial provincial, nunha extensión de 1.100 metros, e non habería nada que dicir en relación á finalidade nin á tramitación. Pero visto o expediente hai cousas francamente estrañas que eu quero poñer aquí de manifesto para a súa corrección porque pode ter os seus problemas. Primeiro, vaise solicita-la urxente ocupación duns bens que non aparece a relación por ningún lado. Se aparece, supoño que existirá nalgún lado, métanno no expediente. O informe de Vías e Obras di claramente que non hai esa relación de bens nin superficie nin propietarios nin nada. É unha condición fundamental que exista esa relación. Se existe, alegrámonos; dende logo, o outro día non existía. E despois en canto ó proxecto en si ten unha contradicción francamente estraña nun proxecto, que cambia totalmente o deseño da obra e incluso o cumprimento de normativas. Por un lado na memoria pon que as beirarrúas van de dous metros e nos planos, os únicos planos que fan seccións, que son o 071 e o 072, as beirarrúas teñen 1,5, a sección pon 1,5, co cal cambian totalmente tódolos anchos das calzadas. O mesmo proxecto, na memoria, contradícese coas seccións e cos planos. Co cal ó final non sabemos exactamente que estamos aprobando, se ten dous metros evidentemente cumpre a normativa de accesibilidade, se ten 1,5 non. Non aparece nin tan sequera a sección de estacionamento ou da calzada, entón evidentemente esto hai que corrixilo, non sei cal será o momento procesal. En todo caso son fallos que están aí e que sería ben corrixilos porque se non non sabemos exactamente o que estamos aprobando. Sr. Presidente.- Moitas gracias Sr. Mosquera. Son coñecedor do proxecto redactado polo Concello do Grove, non por esta Institución. O ben afectado é unha única parcela. Eu teño que agradecer precisamente que sendo unha estrada de titularidade provincial o Alcalde do Grove leva bastantes meses xestionando tódolos terreos e finalmente dounos conseguido na súa totalidade excepto un propietario. Non sei se evidentemente figura aí a relación, porque non é competencia miña senón dos técnicos. O revisaremos. Creo que é unha obra transcendental e fundamental precisamente para O Grove, pola zona que afecta e levábase proxectando varios meses e finalmente se concreta. Nós aportamos unha parte importante e o Concello de O Grove aporta outra parte importante. O Sr. Mosquera ten algo máis que preguntar. Sr. Mosquera Lorenzo.- Non, digo que non está no expediente, alegraríame que estivera. Sr. Presidente.- Ah, eu non sei. Sr. Mosquera Lorenzo.- O problema é que estamos aprobando o expediente. Sr. Presidente.- Eu si o coñezo e polo tanto sei como é porque mo explicou o Alcalde e estiven no sitio. Sr. Mosquera Lorenzo.- Mírenno porque se non non se sabe o que estamos aprobando. Miren no expediente se está. O informe de Vías e Obras di que non e eu no expediente non o vin. Entón mírenno. Sr. Presidente.- O proxecto é do Concello. Sr. Mosquera Lorenzo.- Xa, xa, pero mírenno. Sr. Presidente.- Bueno aquí fai mención. No propio informe di que hai que corrixir unha serie de puntualizacións. Entendo que unha obra tan importante non debe ser paralizada. Polo tanto que se corrixan esas dúas pequenas deficiencias que poida haber. Sr. Mosquera Lorenzo.- Vamos a ver, o proxecto eu non sei en que sentido se vai corrixir porque na memoria pon 2 metros na beirarrúa e nos planos pon 1,5. ¿En que sentido se vai corrixir?. Eu o que quero é que se corrixa, que se faga, que quede claro. Queremos que se corrixa e que se faga, pero é que estamos aprobando algo que non sabemos moi ben o que é. Sr. Presidente.- Vamos a aprobar precisamente todo esto que aquí poñemos, a aprobación inicial do proxecto, con esas correccións que fai mención precisamente o técnico provincial. E ó mesmo tempo á Xunta para que declaren urxente ocupación dese terreo. Polo tanto, como é unha obra fundamental para O Grove, vamos acelerar este proceso e ó mesmo tempo que se fagan esas dúas correccións ou aclaracións oportunas que neste caso se precisan. ¿Votos en contra?. ¿Abstencións?. O BNG. ¿A favor?. Os Grupos Popular e Socialista. Téndose aprobado pola Comisión de Goberno da Deputación Provincial, de data 22-03-03, o convenio de colaboración co Concello de O Grove para a execución da obra "Ensanche, pavimentación e dotación de servicios en Virxe das Mareas", con orzamento para coñecemento da Administración de 470.240,54 Euros, desglosado en orzamento de execución por contrata de 463.956,84 Euros, e capítulo de expropiacións por importe de 6.283,70 Euros, aportando cada Institución o 50% do orzamento; téndose emitido por Intervención documentos RC nos que se certifica a existencia de saldo de crédito dispoñible na partida 03/511.511-612.02; e, visto o informe emitido polo Enxeñeiro Técnico Xefe da Zona Norte, sinalando que o acceso de O Grove en Virxe das Mareas convirtiuse nun tramo practicamente urbano, debido a que, ademais do incremento da poboación e edificacións no poboado de Virxe das Mareas, instalouse unha das fábricas conserveiras máis importantes de Galicia, o que conleva un grande movemento de operarios e vehículos, polo que se fai precisa a urxente dotación de servicios na mencionada zona, o Pleno acorda por mairoía de votos a favor dos Grupos Popular e Socialista e coa abstención do BNG: 1.- A aprobación inicial do proxecto "Ensanche, pavimentación e dotación de servicios en Virxe das Mareas (O Grove)", con orzamento para coñecemento da Administración de 470.240,54 Euros, desglosado en orzamento de execución por contrata de 463.956,84 Euros, e capítulo de expropiacións por importe de 6.283,70 Euros. 2.- A exposición pública do citado proxecto e do expediente expropiatorio, por prazo de quince días hábiles, a efectos de reclamacións, quedando aprobado definitivamente, de forma automática, de non producirse as mesmas. 3.- A declaración de utilidade pública da obra e a necesidade de ocupación dos bens afectados, con base no informe do Enxeñeiro Técnico Xefe da Zona Norte. 4.- A solicitude á Xunta de Galicia de declaración de urxente ocupación dos bens e dereitos afectados pola obra. 5.- A motivación da urxencia que se solicita en base ó informe do Enxeñeiro Técnico Xefe da Zona Norte, no que sinala que o acceso a O Grove no poboado de Virxe das Mareas, convertiuse nos últimos anos nun tramo practicamente urbano, xa que ó incremento de poboación e edificacións na zona, hai que engadi-la recente instalación dunha das fábricas conserveiras máis importantes de Galicia, o que supón un incremento importantísimo de tráfico de vehículos e camións, o que converte en apremiante a necesidade de dota-la referida zona dunha adecuada pavimentación e rede de servicios. ------ Folla: 6.4975.- ADXUDICACIÓN DA OBRA DE "AMPLIACIÓN DO MUSEO DE PONTEVEDRA E REHABILITACIÓN DO EDIFICIO SARMIENTO" [ACS] Sr. Presidente.- Punto número seis da orde do día. Adxudicación da obra de "Ampliación do Museo de Pontevedra e rehabilitación do Edificio Sarmiento". ¿Algunha intervención?. Sr. Juanes. Sr. Juanes Rodríguez.- Non sei se por parte da Presidencia se quere facer unha exposición do tema. Sr. Presidente.- Non hai ningún problema. Sr. Crespo. Sr. Crespo Iglesias.- Ben, bos días a todos. Como vostedes saben o pasado día 9 do actual mes de decembro concluíu o prazo para a presentación das plicas para a rehabilitación do Edificio Sarmiento. A Mesa de Contratación da que formaban parte un Arquitecto da Xerencia de Infraestructuras e Equipamento do Ministerio de Educación e Cultura, o Subdirector Xeral do Instituto de Conservación e Restauración de Bens Culturais da Xunta de Galicia, o Arquitecto Provincial, o Secretario Xeral e o Interventor da Deputación, constituíuse o día 12, procedendo á apertura das 22 plicas presentadas ó concurso. Como ven a Mesa de Contratación ten un carácter eminentemente técnico que garantiza dalgún xeito a obxectividade das ofertas segundo os criterios establecidos no prego que ó seu efecto foi aprobado. Estaba previsto así mesmo que formara parte da Mesa o Director do Museo, que renunciou debido á súa incompatibilidade por ter asesorado a algunha das empresas en temas artísticos. Polo tanto a Mesa quedou sen o Director do Museo. A Mesa de Contratación decidiu ese mesmo día solicitar informe dos técnicos para que posteriormente, visto o informe dos mesmos, valora-las ofertas para o órgano de adxudicación. Para te-los elementos de xuízo máis amplos posible solicitouse así mesmo un informe ós redactores do proxecto, ós que gañaron o concurso como vostede sabe. Este informe basicamente non puido ser tido en conta pola Mesa de Contratación por non axustarse no seu contido ós criterios de selección incluídos no prego de condicións. Pero nas súas conclusións propón á Mesa de Contratación que se tiveran como máis vantaxosas dende o punto de vista cualitativo as empresas que segundo o seu criterio son as idóneas para realizar este proxecto, a saber Construcciones San José, Dragados, ACS, Necxo, FCC, Ferrovial, nesa orde. O informe elaborado polos técnicos desta casa axústase escrupulosamente ós criterios establecidos no prego de condicións, que foi que se valorou para determina-la contratación nos seguintes apartados: Pola reducción do prezo, como saben vostedes, o prego daba ata 8 puntos; nas melloras se habían de valorar, tiñan que ser valoradas e aceptadas pola Mesa de Contratación, tiña ata 4 puntos; o prazo e o programa de construcción tiña outros 4 puntos; o plan de utilización dos equipos e medios da empresa tiña 3 puntos; e o plan e período de mantemento 3 puntos; para rematar co plan de control de calidade con outros 3 puntos. Os criterios aplicados polos técnicos foron analizados como necesidade pola Mesa de Contratación, que escoitou durante máis de 3 horas o que opinou cada un deles, e consonte ós seguintes soamente catro empresas superaron os dous tercios da puntuación total. Presentan unha oferta económica situada entre a banda limitada inferiormente e a oferta máis económica e superiormente polo valor medio de todas elas, resultando destas catro que obtén maior puntuación a empresa ACS. A Mesa de Contratación considerou que os criterios manexados para a valoración das ofertas son tecnicamente axustados ó prego de condicións e polo tanto dende o punto de vista obxectivo correctos e conseguintemente considera que a referida empresa, con arreglo ás normas establecidas no concurso, debe ser adxudicataria da obra, coincidindo neste senso co informe dos arquitectos redactores do proxecto. Os técnicos redactores do proxecto recoñecen no seu informe que deben seguir os seus criterios de selección incluídos no prego e con arreglo a estes criterios, lamentablemente, as empresas que eles consideran en primeiro lugar e segundo, San José e Dragados, non superaron os dous tercios da puntuación total ó non obte-los 16,66 puntos; pero neste caso, incluso de habelo superado, dada a súa oferta económica superior ós trece millóns de euros, é dicir, no caso de San José oitocentos mil euros máis cara da media, non entrarían na banda das seleccionadas. En consecuencia consideramos que a proposta efectuada pola mesa de contratación é a máis correcta e obxectiva e axustada ós criterios de valoración previstos nos pregos de condicións e ás ofertas valoradas correctamente. E logo, ó longo de todo este proceso que foi con razoable premura debido a que había que adxudicalo dentro deste ano, podíao adxudica-la Comisión de Goberno pero nós quixemos que fora ó Pleno, quixemos traelo ó Pleno para que houbera debate político e para que puideran opinar tódolos grupos e para darlle, se cabe, máis transparencia, pois o BNG presentou unha serie de reclamacións pedindo que se reunira a Mesa de Contratación ou no seu caso unha comisión. Como a Mesa de Contratación, por haber técnicos de Madrid, era practicamente imposible de reunir en tan pouco tempo, atendendo a petición do BNG, eu como Presidente da mesa convoquei unha reunión para onte onde vimos o escrito que fixo o Bloque Nacionalista Galego, onde participou o seu voceiro, onde tamén houbo representante do PSOE, e escoitamos todas e cada unha das consideracións que fixo o Sr. Mosquera e seguimos mantendo o mesmo posicionamento debido a que, independentemente dese fallo aritmético, corrixido o mesmo, non cambiaba para nada a puntuación final. Basicamente no escrito do BNG faise alusión a que hai unha serie de erros e realmente o que hai é un detalle aritmético que corrixido segue sendo ACS a que máis puntuación ten, e o resto son criterios da Mesa de Contratación, son criterios que non son erros. A diferencia de que o BNG opina que son erros, nós entendemos que son criterios, toda vez que dentro das alegacións múltiples que fai á hora de tomar unha determinación, sobre todo naquelas puntuacións que foron liñais para todo, como no tocante a medios que se lle dou a tódalas empresas 3 puntos, e tamén noutro apartado que tamén se lle dou a máxima puntuación a todos, porque os técnicos da Mesa de Contratación decidiron que era moi difícil, por ser imposible de valorar, que medios podían ter tódalas empresas. En principio supúxose, ou así o reflexou a Mesa de Contratación, que tódalas empresas tiñan medios sobrados para facer a referida obra, independentemente de que uns tiveran máis que outros, pero calquera deles tería medios suficientes en principio. Foi o motivo polo que se lle dou a todos 3 puntos sen entrar a profundizar máis no escrito. Polo tanto, en definitiva, con independencia desa corrección que se fixo, desa media aritmética que non afectou á puntuación final, o resto, como digo, son criterios que asumiu a Mesa de Contratación. E xa remato, simplemente dicir que creo que foron unhas normas claras, como demostra o alto número de participantes no concurso, que figuraron non só empresas de alto nivel da nosa Comunidade Autónoma senón de todo o Estado, que é o que perseguía esta Institución, que permitira seleccionar unha boa empresa, que todos desexamos que leve a bo fin as obras do Museo. Con respeto á transparencia do proceso, eu creo que foi un proceso claro e transparente. Nós dende a Deputación quixemos busca-lo mellor para a mesma. Ás veces parece que doen as insinuacións que se poden facer ante a opinión pública por parte do BNG neste escrito, como se o procedemento da selección da empresa non se axustara ás bases. O procedemento axústase en todo momento ás bases, independentemente de que algunhas determinacións que tomou a Mesa foron criterios da propia Mesa escoitados os técnicos, porque algunha había que tomar, porque o prego non ata matematicamente a todo, senón que deixa suxectividade á hora dalgúns apartados que son de difícil valoración. En fin, termino dicindo que eu creo que a proposta da Mesa de Contratación é a máis axeitada ós intereses desta casa, de acordo co prego que elaboramos no seu momento; é a que reune as mellores condicións para afronta-la referida obra. Nada máis Sr. Presidente. Sr. Presidente.- Moitas gracias Sr. Crespo. Sr. Juanes. Sr. Juanes Rodríguez.- Si, bos días. Eu antes de iniciar e expo-la postura do Grupo Socialista quixera saber o que vamos a votar. Porque tivemos unha xuntanza da Comisión de Vías e Obras hai vinte minutos, no cal houbo un compromiso da proposta de acordo, da proposta da Mesa de Contratación cambiala e facer unha proposta de acordo da Comisión de Vías e Obras corrixindo un erro, vamos a etiquetalo de aritmético, pero que a nós tampouco nos satisface porque temos máis argumentos para dicir que non se fixo ben a adxudicación, pero quixera saber o que vou a votar agora neste momento. Sr. Presidente.- Agora lle explica o Sr. Crespo. Sr. Crespo Iglesias.- Ben, de acordo co que se acordou na Comisión a raíz da suxerencia que fixo o compañeiro de Marín, o que vamos a votar é o informe da Comisión onde se propón a adxudicación cos votos favorables do Partido Popular, a abstención do Partido Socialista na Comisión que acabamos de realizar, e o voto en contra do BNG. O que vamos votar é ese informe que recolle esa modificación concreta, como suxería o seu compañeiro de Marín. Unha vez corrixido ese detalle aritmético non cambia a puntuación final, e como non se reuniu esa Mesa de Contratación para cambiar ese criterio, a propia Comisión Informativa é a que fai a proposta coa valoración definitiva final. Sr. Presidente.- Si, Sr. Muradas. Sr. Muradas Ramos.- Vamos a ver. Como parece que va a ser una adjudicación bastante problemática y que las empresas que se sientan perjudicadas disponen de gabinetes en condiciones, quisiera hacer dos propuestas. La primera es que se vote la urgencia de este asunto en el orden del día, dado que cuando se convocó el Pleno no estaba dictaminado el asunto, punto primero. Y punto segundo, si lo que va a votarse aquí es el dictamen, como no está en el expediente, propongo que se suspenda el Pleno hasta que esté redactado el dictamen y forme parte del expediente. Nada más. Sr. Crespo Iglesias.- Estao redactando o Xefe de Contratación nestes momentos, pero creo que o acordo é claro. Sr. Muradas Ramos.- Si, si, el acuerdo es claro pero formalmente no está, o sea se va a votar un dictamen que no está en el expediente. Sr. Crespo Iglesias.- Sr. Presidente, eu creo que pode face-lo debate que vai a durar suficientemente e logo que traia o informe da Comisión e lémolo ó final como queda redactado. As posturas dos grupos políticos están claras nese sentido, facemos o debate e votamos a urxencia para atar, como di o compañeiro de Marín, o mellor posible o tema por se hai calquera tipo de reclamación, e mentras tanto que o Xefe de Contratación remate o dictame. Sr. Presidente.- Moi ben. Sr. Crespo Iglesias.- Empezamos o debate Sr. Juanes. Sr. Juanes Rodríguez.- Bueno, vamos a ver, o que si evidencia esto é que as cousas non se fixeron ben. Estamos falando da obra máis importante en canto ó montante económico que fixo esta Institución en toda a súa historia, e debería dar un exemplo de como se deben face-las cousas, xa que é a adxudicación máis importante da historia desta casa. Se fai todo o contrario. Se fai unha adxudicación moi pouco rigurosa, unha adxudicación moi chapuceira, estamos falando dunha obra que o seu orzamento de licitación superaba os quince millóns de euros. O prego de condicións se utilizou ríxida ou flexiblemente sen ningún criterio aparente. Creo que hai erros, como agora explicaremos, hai erros aritméticos claros, e despois hai erros que eu non diría que son erros de interpretación senón erros de valoración. E ó haber un erro de valoración loxicamente eso na puntuación final inflúe, non é soamente un erro de interpretación, que eu entendo que unha Mesa de Contratación está tamén para interpretar criterios, pero baixo o punto de vista do Grupo Socialista dende logo hai un erro na valoración. Eu creo que con tres exemplos é suficiente, para dicir o mal e o chapuceiramente que se fixeron as cousas. Dentro dos parámetros ou dos factores de valoración que falaba antes o Sr. Crespo hai un que é o capítulo de melloras na obra. Hai un informe dos arquitectos que fixeron o proxecto, onde se di que se están valorando melloras que son absolutamente incompatibles co seu proxecto, eso consta aí, eu creo que non fai falta repetir literalmente o informe dos arquitectos, dos que fixeron o proxecto porque todos o coñecemos. E sen embargo outras melloras que realmente eran importantes para mellorar, e valga a redundancia, o proxecto non se tiveron en conta. Sr. Presidente.- Perdón Sr. Juanes, unha matización, no prego figura que as melloras teñen que vir valoradas, para ir aclarando punto a punto. Sr. Juanes Rodríguez.- Sr. Presidente, despois me contesta. Para min é un erro, pero é un erro na valoración, as melloras son para enriquece-lo proxecto e se están puntuando ou valorando melloras que non son para enriquecer senón para deteriorar, que serían absolutamente incompatibles co proxecto, e outras que realmente enriquecerían o proxecto non se están valorando. Eso por un lado. Creo que xa é grave. En canto ó control de calidade, hai unha porcentaxe que as empresas poñen para que a propia Institución, a propia Deputación adxudique o control de calidade a outra empresa. Loxicamente non se pode valora-lo mesmo a empresas que ofertan para este control de calidade 450 e pico mil euros a outras que ofertan 330 mil euros. Loxicamente a labor desa empresa que se lle adxudica o control de calidade non pode ser igual habendo esta diferencia de diñeiro. E sen embargo se valoran exactamente igual e incluso algunhas por debaixo doutras. E dende logo no plan de mantemento é onde realmente se recoñece que se fixeron as cousas absolutamente ó revés; aínda que se vai corrixi-lo erro aritmético, ó noso grupo non lle valería só con eso; non se valora en que vai consistir ese plan de mantemento e soamente se fala dos meses que cada unha das empresas vai a ter presencia aí, incluso sen saber se son dous operarios, catro, seis, oito ou dez. Creo que son erros, e hai máis e durante o debate sairán, pero creo que tampouco nos podemos perder polas ramas senón ir ó realmente significativo desta cuestión. Ó Grupo Socialista creo que coma a tódolos cidadáns en xeral lles van a quedar dúbidas serias sobre se a empresa que vai levar a adxudicación é a mellor de todas. Nos van a quedar dúbidas. Nós, dende logo, con estes argumentos e ante digamos o enroque neste caso do goberno provincial de non cambiar absolutamente nada salvo este erro aritmético, que é significativo ata certo punto, pero sen ter en conta para nada estas consideracións que eu espuxen, que creo que son importantes, e facendo gala creo que dunha responsabilidade, se esto non sae agora, o Grupo Socialista se vai abster, e se vai abster tamén porque nós levamos aquí moito tempo pedindo, pedindo que se inclúa á oposición nesas Mesas de Contratación. Señores do goberno vostedes o guisan e vostedes o comen. Loxicamente é unha evidencia que non fixeron as cousas ben. A puntuación entre as empresas que están por arriba é moi semellante. Se estes argumentos, que digamos que son dos máis importantes, se houberan tido en conta, posiblemente outra empresa se houbera quedado coa adxudicación. Supoño que ó longo do debate volverán a saír cousas, pero creo que esta é a postura esencial do Grupo Socialista. Sr. Presidente.- Moitas gracias Sr. Juanes. Sr. Mosquera. Sr. Mosquera Lorenzo.- Gracias Sr. Presidente. Creo que é interesante neste asunto facer un pouquiño de historia e dos plantexamentos porque se non podemos perder un pouco de vista cal é a situación real e cal foi o devir dos feitos. O proxecto destas obras foi adxudicado a un gabinete e leva moitisimo tempo aquí, se non me acordo mal creo que dende o ano pasado. Quedou parado non se sabe por que, e houbo tempo máis que sobrado para ir facendo o prego de condicións e ir facendo as cousas con calma independentemente de que faltara algún compromiso dalgunha administración para asina-lo convenio, para proceder á súa adxudicación. Cando viñeron as bases ó Pleno, viñeron moi á présa e non se recollía ningunha das reivindicacións históricas da oposición, como a presencia da oposición na Mesa de Contratación, e algunhas emendas. Só se aceptou unha, que creo que no fondo melloraban bastante o prego, pois todos os grupos votamos a favor, incluso tragándonos o sapo de poñer unha Mesa na que non había a nosa presencia, máxime para unha obra deste calibre. Polo tanto a vontade, a consciencia da importancia desta obra e a vontade de que saia adiante sen poñerlle ningún atranco está máis que demostrado. Pero se eso non fora suficiente o escrito que presentou este grupo o sábado pasado tiña un dobre obxectivo, por un lado se o grupo de goberno tiña a ben considerar o que creo que no seu foro interno ten claro, que é que non están ben valoradas as ofertas, pois reconsideralo, facer un dictame da Comisión como se fixo hoxe e traelo a Pleno. Pero en caso de que nos topáramos coa cerrazón do grupo de goberno, cando menos da-la oportunidade de que os erros e gazapos evidentes que había se corrixisen e non deixar así un flanco aberto para que un recurso puidera paralizalo en seco. Ben, evidentemente se estivéramos actuando de mala fe con respecto ó procedemento, poderíamos deixalo pasar e quedaba aí un flanco dunha debilidade tremenda que podía ser moi prexudicial para a obra, ogallá non o fose pero podía ser. Polo tanto, en toda esta tramitación houbo un espíritu moi constructivo por parte deste grupo, por parte de todos creo, pero por parte deste grupo en particular con respecto a que á obra saíse adiante, incluso tragándose algunha cuestión de principios como a presencia na Mesa. Ben, dito esto entramos no que se detectou, os erros que se detectaron e demais. Aquí temos unha disquisición co Presidente da Comisión de Vías e Obras, o Sr. Crespo, unha disquisición que non é baladí; el di que son criterios, nós sostemos que son erros conceptuais, que non é o mesmo, non é o mesmo un criterio que un erro conceptual. Os criterios son discrecionais e os erros son erros e polo tanto non son discrecionais. Se vamos ó informe do técnico, a xustificación de por que se adxudican unhas valoracións a uns e outros non existe por ningún lado; non é baladí que nunha cousa desta transcendencia se ten en conta unhas melloras, outras non, por que, etc., non se xustifica nin razoa en ningún lado. Na Mesa o terían moi claro, polo que din, pero dende logo non se xustifica porque é difícil de xustificar. Podemos pasar a mirar cales foron eses erros conceptuais que van flagrantemente en contra do escrito nas bases. Criterio dous, prazo de execución e programa de obras. Valóranse esas dúas cousas e o programa de obras. Valoración do programa de obras, non existe. Un erro tan monumental como que a obra ten dúas fases; hai que rematar totalmente a primeira e unha vez rematada totalmente a primeira, a que dá a Sierra, vamos Sierra-Padre Amoedo, traslada-los fondos do Edificio Sarmiento, que levará o seu tempo, e empezar coa reforma do Edificio Sarmiento. Ben, pois resulta que empresas que poñen ese traslado, é dicir, que saben de que están falando na obra e lle poñen de traslado dous meses pois se penaliza porque poñen dous meses para eso. E outras que non saben de que están falando nin contemplan para nada o traslado, e hai que facelo, lle valora a reducción porque non contemplan eses dous meses. No criterio tres, melloras na calidade, efectivamente o prego esixía memorias valoradas. Pero eu, que vin e mirei unhas cantas ofertas, ningunha presenta nada que se poida chamar memoria valorada. O que pon é, vamos a poñer azulexos, vamos a mellora-los cristais, mellorar non sei que, mellorar non sei canto, e esto importa tanto. E outras empresas que poñen exactamente, vamos a poñer unha cámara tipo tal tal, non poñen o valor, entón cero puntos. Por se esto fora pouco, resulta que á hora de valorar melloras suponse que os que terán que valoralas ou polo menos será unha opinión de peso serán os autores do proxecto e resulta que melloras que os autores din textualmente que son incompatibles coa súa obra, ou sexa, máis que unha mellora é un empeoramento, son as máis valoradas con catro puntos. E melloras que os autores din que realmente, valga a redundancia, melloran a súa obra, se valoran con cero. Eso está aí nos escritos, non estamos inventando nada. No criterio catro, control de calidade, resulta que xa fixo referencia o Sr. Juanes. Resulta que di, se queres o podo ler: plan de control da calidade da obra que a empresa manterá durante a súa execución, especificando a porcentaxe que asigne así como a acreditación por parte da mesma da disposición dun certificado de calidade, etc. Pois resulta que o único que se valora é que poñan 3% nalgún lado ou 2%; pero unhas empresas din 3% do orzamento en licitación e poñen a cifra, 457.662 euros, e outros din que é o 3% do orzamento de adxudicación e execución material que nalgúns casos é a metade máis ou menos. Bueno, pois tres puntos a cada unha cando hai unhas diferencias moi claras, sen entrar xa no que di plan de control. O que hai que valorar é o plan de control, as cifras que propón e como pensa facer ese control aínda que a Deputación sexa quen adxudique eso. Eso é un erro conceptual que vai frontalmente en contra do prego. No criterio cinco, tal como están, porque están desordenados con respecto ó prego, di plan de utilización dos equipos, maquinaria e demais medios que a empresa poña de acordo co programa de construcción presentado. Ou sexa que parece clarísimo que se dirixe fundamentalmente a valora-lo plan de utilización dos medios e os medios tamén, pero fundamentalmente o plan de utilización dos medios en relación co programa de construcción. Non se valora o programa, como dixen antes, e agora tampouco se valora para nada o plan de utilización dos medios e hai diferencias substanciais. Resulta que hai algunha empresa, se non recordo mal, que pon que non sei en que época van a entra-las palas excavadoras cando tres meses antes di que xa acabou toda a excavación. Bueno, pois tres puntos a todas cando hai unhas diferencias abismales. E no plan e período de mantemento, as diferencias tamén son absolutamente abismales. Por exemplo, hai unha empresa que oferta dous operarios presenciais durante dez horas diarias alí para facer o sostemento e un equipo externo para chamalo cando haxa algún problema, durante dous anos. E outra empresa di, oferto ninguén presencial, 950 horas cada ano e se as agota o primeiro ano acabouse, durante dous anos. E se lle valora exactamente igual. E a maiores hai diferencias grandes porque hai empresas que manteñen un plan de sostemento, se encargan dos pequenos materiais, etc., etc., e outras non se encargan de nada, simplemente cobran tódolos materiais, non cobran a man de obra. Bueno, pois se valora exactamente igual, á parte dos erros materiais que xa se corrixen. Ben, creo que así traducido máis ou menos non se valoraron, con respecto ós 25 puntos, da orde de 8 puntos co cal o resultado final varía dunha maneira absolutamente drástica. Ben, insisten en que a Mesa era absolutamente técnica. Bueno, vamos a ver unha cousa, vostedes lle encargan un informe ós arquitectos que fixeron o proxecto, que se supón que serán os que máis saben do seu proxecto, e resulta que por problemas de que un día non puideron aterra-los vos e demais fixeron un informe breve, pero no que se ve claramente que quitando os últimos dous criterios, que non lle dou tempo a miralos, parece ser, lle dá un varapau monumental á valoración que existía, lle dá un varapau monumental, é unha discrepancia clarísima. Estes señores puderon ser invitados á Mesa de Contratación para valorar, esa é unha decisión da Presidencia da Mesa, como asesores ou como membros, porque faltaba un membro que non podía estar. Bueno, pois como asesores ou como membros, dá igual, puderon telos chamado para que aportaran o seu criterio na mesma. E non digamos as cuestións de sostemento. Non teñen ningún especialista aquí en sostemento, eso corresponde a enxeñería industrial, non o teñen, entón a valoración está feita como está. Tiñan unha oportunidade polo menos con respecto ó que era o fondo da obra, que era invitar ós arquitectos á Mesa de Contratación para que deran a súa opinión. Non o fixeron, evidentemente esa é unha decisión política, non o fixeron unha vez coñecido o informe, porque o informe é do 18 e a Mesa foi o 23, ou sexa que tiveron tempo ou nese mesmo día puderon invitalos sen ningún problema. Non o fixeron, o que quere dicir que lles gustaba moito máis outro informe, que ten moitos erros, non digo por parte dos técnicos, digo erros por parte de decisións que se tomaron. En principio preferiría pensar que foron erros, vista toda a tramitación xa me entra máis dúbida. Está claro que aí vostedes tiveron unha marxe de xogo enorme e nunha decisión aparentemente menor que é que lle facemos caso a un informe ou lle facemos caso a outro. Evidentemente a este non lle fixeron absolutamente ningún caso cando é o dos autores do proxecto. Ou sexa, o que era criterio, criterio de valoración, co seu marxe de discrecionalidade por parte da Mesa ou por parte dos técnicos non o usaron para nada. E a cambio meteron cantidade de erros conceptuais non adaptándose ó plano. Eu nestes momentos, lle digo con toda sinceridade, estou convencido, de que o resultado final cos arquitectos autores da obra presentes e dando os seus argumentos razoados e aplicando os criterios de selección con rigor e non con eses sesgos de falta de valoración, o resultado final houbera sido francamente diferente. Cando menos as empresas seleccionadas para o final coincidirían, como moito, se é que entraban, teño dúbidas, coincidiría ACS, que o dubido. Dende logo as catro empresas seleccionadas seguro cambiaban ou todas ou case todas. Non tiven tempo a mirar toda a documentación nin tiven o soporte técnico para discutilo cos técnicos e demais pero estou absolutamente convencido e creo que os técnicos desta casa, e creo que tamén máis que os técnicos os responsables, tamén están convencidos de que eso non foi o máis correcto. Entón visto esto, non podemos avalar este proceso que é evidente que é absolutamente incorrecto. Pero repito, votamos en contra, pero nos encargamos de que arranxaran os erros para que teñan menos problemas se é que hai algún problema. Que quede claro. Porque sabemos todos como podemos actuar, podemos non dicilo ou dicilo no Pleno, que quede na acta, verdade, que é pública, pero non está no expediente, co cal está dando argumentos para que digan, mire, por aquí, por aquí pode mete-lo dedo no ollo, e fixemos todo o contrario. Que quede claro porque é moi fácil facer infundios e demais sobre posicións pero os feitos son os que son. E nada máis por agora. Sr. Presidente.- Moitas gracias Sr. Mosquera. Sr. Crespo. Sr. Crespo Iglesias.- Con respecto ó que dixo o compañeiro Sr. Juanes, que califica a proposta de adxudicación de pouco rigurosa, eu non podo estar de acordo. A proposta de adxudicación é o máis rigurosa que se pode facer tendo en conta o complicado dun proceso como este, e tendo en conta que xogábamos con pouco tempo. Dicía o Sr. Mosquera que tivemos moito tempo porque o proxecto leva aquí dende hai moito tempo. Pero seguro, e vostedes teñen responsabilidade de goberno en temas municipais, seguro que no Concello tamén lles pasa con algúns proxectos algo parecido, proxectos que pola razón que sexa quedan atrancados con espera de financiamento, con espera de facer algún reformado, etc., etc., é dicir, que é certo que este proxecto leva un tempo encima da Mesa, pero non é menos certo que saben vostedes que este ano foi un ano complicado porque foi un ano con eleccións municipais, cambios de goberno, e ó fin e ó cabo nesta casa cambiou a Presidencia, cambiou todo, retomouse todo, e logo había que asinar un convenio co Ministerio. Sabe vostede unha cousa, e como responsable municipal parece mentira que faga esa afirmación Sr. Mosquera; cando se hai que poñer de acordo as dúas administracións é complicado e cando hai que poñer a tres é moito máis complicado. E neste caso houbo que poñer de acordo ó Ministerio, houbo que poñer de acordo á Xunta de Galicia e a esta casa. Polo tanto non nos diga que tivemos o proxecto durmido porque dende que tomou posesión o actual equipo de goberno colleuse e foi a cousa que máis axilizou. Obviamente ten que quedar claro que sempre é complicado poñer de acordo a varias administracións. Así que non nos acuse de desidia nun tema que agora, ó final, foi cun proceso razoadamente rápido pero que houbera pasado en calquera administración local nun ano coma este. Aclarado eso, con respecto ó que dicía o Sr. Juanes, os informes dos técnicos que non se tiveron en conta eu creo que xa expliquei na primeira exposición; en todo caso sigo dicindo o mesmo, si se tiveron en conta tódolos informes, e esto dígollo ós dous grupos, os informes son unha base para a Mesa de Contratación. Vostedes cren que ás veces un informe técnico hai que consagralo; pois non señor, un informe técnico faino un técnico que pode estar de acordo con el ou non a Mesa de Contratación. A Mesa de Contratación o ten como base de debate e para ter un criterio o máis obxectivo posible, pero non é exclusivamente o informe técnico porque por esa regra de tres pedimos un informe técnico exhaustivo e o que diga o informe técnico é o que facemos e non é o caso, o informe técnico está como soporte a unha Mesa de Contratación. E con respecto ó que dicía do control de calidade, eu simplemente para a súa tranquilidade dicirlle que en moitos destes casos, e deso preocupámonos nesta casa, as empresas adxudicatarias, por sistema nos pregos, son as que fan o propio control de calidade. Nesta casa quixemos facer ó revés, quixemos que a empresa pague ese control de calidade, á marxe desa valoración que dicía o Sr. Mosquera, quixemos que a empresa pague o control de calidade, pero o control de calidade vaino adxudicar esta casa. Quere eso dicir que a empresa non vai a se-la que contrate o control de calidade, independentemente de que era perfectamente lexítimo e legal. Nós cremos que é moito máis transparente que esta casa, cos cartos que ten que poñe-la empresa para ese efecto, contrate, saque o concurso pertinente e contrate o seu propio control de calidade. Entendemos que pode ser máis aséptico, se se pode chamar dalgunha maneira, ese control de calidade. É dicir, eu creo que ó final o importante das cousas é que queden ben e que vaian para adiante. Con respecto ó que dicía o Sr. Mosquera, eu xa lle expliquei que non podemos acepta-la crítica de que o proxecto estivo durmido e que houbo desidia por parte do grupo de goberno. E vostede, repítollo unha vez máis, sabe perfectamente como se moven as cousas, porque tennas que mover, e seguro que lle dá moito traballo cando ten que negociar con outra administración e se ten que negociar con dúas xa non lle digo nada. Xa entrando polo miúdo no seu escrito, dicirlle que no criterio 2 do prazo de execución dos programas de obras non se valora en absoluto o programa de obras cando era un dos criterios de selección. É certo, que era un dos criterios de selección e existen diferencias de calidade importantes, pero non se valoran porque a Mesa de Contratación, e esto foi posto encima da mesa por parte do técnico da casa, os programas das obras axústanse ós prazos e entón se valorámolo prazo por un lado xa se está dalgún xeito valorando o programa de obras. É dicir, eu creo que non é o mesmo un programa de obras para 36 meses, que propoñen algunhas empresas, a outro que propón 33 meses, ademais e neso é certo o que vostede di, pero xa saíu a relucir na Mesa de Contratación que ás veces as empresas co ánimo de colle-los proxectos fan ofertas que ás veces son difíciles de realizar. Precisamente neste apartado hai unha variabilidade importante nas empresas, dende as que ofrecen ata 23 meses a outras que ofertan ata 38 meses. Sen embargo precisamente a que propón a Mesa non é a máis axeitada, porque eu estou de acordo con vostede que trasladar cousas leva tempo, por eso non cabe dúbida que aquí neste proceso obsérvase ás empresas que claramente estudiaron o proxecto e as empresas que fixeron unha oferta dicindo voulle a poñer unha porcentaxe e punto. Obsérvase esa clara diferencia. Dende logo, a que propón a Mesa de Contratación nótase que é unha das empresas que o valorou, e sae mal parada porque é unha das que leva prazo máis lonxe. Pero os técnicos da Mesa de Contratación, sobre todo os do Estado, dixeron que ollo con ese criterio, que si o poñían as bases houbo que respectalo, que son bos para quitar puntos pero á hora da verdade non se dá cumprido. Os técnicos coincidiron en que facer esa obra en 23 meses era imposible, era moi difícil. Sen embargo a empresa que puxo 23 meses é a que máis puntuación ten, que ten catro puntos. Sen embargo a que leva a proposta de adxudicación é unha das que menos leva neste punto. ¿Por que?. Porque propuxo 36 meses frente ós 23 e 24 doutras empresas. Con respecto ó apartado tres, da mellora da calidade, di que as ofertas non teñen memoria valorada, agás unha cifra global. Ben, esto non é exactamente certo, senón que si que se valoran; outra cousa é que as memorias valoradas son subxectivas, Sr. Mosquera, e vostede sábeo coma min, pero eu quero pensar que para a Mesa de Contratación substentarse en algo á hora de poñerlle aquí uns puntos, dunha maneira ou doutra, precisamente terán que ve-los informes técnicos. E os técnicos que estudiaron os proxectos foron os que valoraron as melloras de calidade; dende logo, eu non as valorei porque non sei valoralas, nin teño capacidade para o mesmo, os técnicos si as valoraron, e cada un fixo a súa apreciación e a Mesa ó final tomou unha determinación. Incluso algún técnico que podía ver doutra maneira algún punto, algún apartado, ó discutilo entre eles, ó final chegamos a unha conclusión de decidir todo por unanimidade se era posible, e foi posible decidilo por unanimidade, polo tanto non había uns posicionamentos técnicos tan enconados, porque non chegaríamos a acordo, e como digo decidiuse todo por unanimidade. Con respecto ó control de calidade di que non se valora o plano de control. É certo, pero o que vostede califica como erros conceptuales eu chámolle criterios conceptuales. Vostede ás veces demoniza o informe técnico, e ás veces quere poñelo como o único importante. Eu xa lle digo que o informe técnico é un soporte para a Mesa de Contratación e como tal soporte pode ter algún erro, pero eso non significa nada, é un soporte, non é o que realmente vai á misa, o que vai á misa é a proposta da Mesa de Contratación visto os pros e os contras de cada unha das cousas. Porque coincidirá comigo que é moi difícil valorar este proceso, non é algo que se poida facer matematicamente perfecto, porque hai certas partidas que son subxectivas e dentro desa obxectividade, o máis amplia posible, cada un ten o seu criterio e ó final hai que optar por un. O control de calidade simplemente repetirlle que o vai a facer esta casa, creo que esa é unha nota importante, non por nada, pero polo menos non hai a sospeita de que a empresa que contrata o control de calidade poida ter condescendencia sobre a empresa adxudicataria do mesmo. Polo tanto farao esta casa á parte e precisamente déuselle esa puntuación a todos porque os técnicos dixeron que, unha vez contratado por esta casa, non debería influír demasiado, independentemente de que un poña máis horas e outro poña menos horas. É dicir, no tema de control de calidade o que supón é unha porcentaxe e por eso aí non son tódalas puntuacións liñales, senón que hai algunhas que teñen 2 puntos e a maioría ten 3, precisamente por ese criterio que defendeu o técnico da casa. Alegaban con respecto ó plano de utilización de medios, que non son todos iguais. Xa o expliquei antes, é dicir, é moi difícil; en principio, os técnicos coincidiron todos por unanimidade en que era moi difícil valorar se unha empresa tiña medios ou non, por eso se lle dou a todos 3 puntos dunha maneira liñal, precisamente porque era difícil e porque suponse que as empresas teñen todas cando menos cualificación para poder face-las obras, por eso o fixo desa forma liñal. No plano do período de mantemento xa quedou claro ese gazapo técnico que foi corrixido, polo tanto aí non hai nada que dicir, estaban vostedes no certo. Unha vez feito o corte a 2/3, quedan sete ou oito empresas, logo unha vez collida a media entre a oferta máis barata e a media quedan esas 4. Para rematar este segundo turno de intervención, dicirlle que o importante é as obras e sobre todo que queden o mellor posible, e creo que a Mesa eso si o tivo en conta. Unha empresa non oferta melloras nun aspecto, outra ofertaba noutras, e ó final eu creo que sae proposta unha empresa, a terceira máis barata en canto a prezo, sobradamente coñecida e polo tanto con capacidade sobrada manifesta para levar a bon porto as obras do Museo, independentemente dos problemas que xurdan ó longo da súa execución, que xurdirán e moitos, eso non é ningunha novidade. Saben vostedes que ás veces as empresas para gaña-los concursos veñen cunhas ofertas estupendas e maravillosas e despois poñen os seus técnicos a pelexar cos técnicos da casa e cos directores de obra para intentar arrancar reformados e complementarios, etc., etc., en tódalas administracións, e a vostede seguro que lle ten pasado no Concello en máis dunha ocasión. Saben que face-la mellor oferta para colle-la obra, e despois intentar convencer ós técnicos dun reformado e de complementarios, eso é a técnica habitual. E vistos os pros e os contras a Mesa por unanimidade decidiu que esta empresa era a que ibamos a propoñer por ser a máis adecuada de acordo co prego de bases, independentemente que nalgún detalle do informe técnico poida haber algún tipo de opinión distinta. E con respecto ós informes, que hai dous informes, non é que un anule o outro. O informe dos de Madrid, dicía vostede metelo na Mesa de Contratación. Se se puidera dar marcha atrás si, eu houbéraos metido na Mesa de Contratación, así sería o correcto, pero xa expliquei que por parte do Museo, e coñecía o proxecto perfectamente, estaba Carlos Valle, e Carlos Valle estaba na Mesa de Contratación e despois ó final el foi o que renunciou. Caeuse da Mesa de Contratación porque se autoexcluiu e ó final en vez de meter a Carlos Valle houbéramos metido a eles, que houbera sido o mesmo, porque ám
Área de documentación
Existencia e localización de copias Enlace para escoitar o audio da sesión do Pleno
Ãrea de notas
Nota