ATOPO
Rexistros actuais: 1.618.278
Obxectos dixitais dispoñibles: 504.649

Acta de sesión 2004/02/27_Ordinaria

Área de identificación

  • Código(s) de referencia ES.GA.36038.ADPO.1.1.3.3.33.364/3.2004-02-27_Ordinaria

  • Título Acta de sesión 2004/02/27_Ordinaria

  • Data(s) 2004-02-27 (Creación)

  • Volume e soporte 1 acta de sesión

Área de contexto

Área de contido e estrutura

  • Alcance e contido Folla: Da sesión ordinaria en primeira convocatoria, celebrada polo Pleno desta Excma. Deputación o día, 27 de febreiro de 2004 No Salón de sesións da Excma. Deputación Provincial de Pontevedra, sendo as once horas e cinco minutos do día vintesete de febreiro do ano dous mil catro, baixo a Presidencia do Ilmo. Sr. Presidente D. Rafael Louzán Abal, reuníronse as/os Señoras/es Deputadas/os, D. Xosé Antón Araujo Quintas, Dona Nidia María Arévalo Gómez, D. Ramón Campos Durán, Dona Francisca Canal Gómez, D. José Costa Díaz, D. José Crespo Iglesias, D. José Juan Durán Hermida, D. Antonio Feliciano Fernández Rocha, D. José Manuel Figueroa Vila, D. Emilio González Iglesias, D. Efrén Juanes Rodríguez, D. José Antonio Landín Eirín, D. José Antonio Lorenzo Rodríguez, Dona Clara Millán González, D. Xosé Cesáreo Mosquera Lorenzo, D. Constante Juan Muradas Ramos, D. Manuel Núñez Sestelo, D. Xosé Carlos Pazos Docampo, D. Juan Manuel Rey Rey, D. Alfredo Rodríguez Millares, D. Rodrigo Santiago Novas, Dona Belén Sío Lourido, D. José Enrique Sotelo Villar, D. Xabier Toba Girón e D. Jesús Vázquez Almuíña, co obxecto de celebrar sesión ordinaria da Deputación en Pleno, en primeira convocatoria, consonte á correspondente orde do día. Da fé do acto o Secretario Xeral, D. Rogelio Nicieza de la Cerra, e está presente o Sr. Interventor, D. Bautista Pérez Carnero. Non asiste a Sra. Deputada Dona María Teresa Pedrosa Silva. Declarada aberta a sesión e de orde da Presidencia éntrase seguidamente no exame da orde do día, adoptándose en relación coa mesma os seguintes acordos: Sr. Presidente.- Comezamos o Pleno ordinario do día de hoxe. 1.5010.- ACTA ANTERIOR Sr. Presidente.- O primeiro punto da orde do día. Aprobación do borrador da acta da anterior sesión, ordinaria, do día 28 de xaneiro do ano 2004. Votamos a favor tódolos grupos a aprobación da acta. Acórdase por unanimidade aproba-lo borrador da acta da anterior sesión, ordinaria, do día 28 de xaneiro de 2004. ------ Folla: 2.5011.- PRÓRROGA DE CONVENIO DE TELEASISTENCIA 2004 Sr. Presidente.- Punto número dous. Prórroga de Convenio de Teleasistencia para o ano 2004. Sra. Sio Lourido. Sra. Sio Lourido.- Si. El Convenio de Teleasistencia, la prórroga exactamente del Convenio de Teleasistencia, que ya fue presentada en la Comisión nos parece que es importante. La Teleasistencia domiciliaria en nuestra provincia es necesaria para un gran número de personas mayores y hasta ahora este Convenio ha sido desaprovechado, infrautilizado, y aunque se firman Convenios y prórrogas no tienen efectos si no se gestiona adecuadamente. Es más, creemos que menos de 300 personas utilizan este Convenio actualmente y para la gestión tienen que estar informados los pequeños Ayuntamientos y también las personas porque incluso en los Ayuntamientos grandes de la provincia se reciben, y lo digo en el caso del Ayuntamiento de Vigo, demandas de personas de Ayuntamientos de la Provincia que necesitan teleasistencia y no tienen esa información de sus propios Ayuntamientos. Este Convenio, esta prórroga que es de 743.000,00 Euros y le toca un 65% de financiación al INSERSO y un 35% a la Diputación, exactamente 260.000,00 Euros, es bastante más amplio que los convenios anteriores. Pero, viendo que en la Diputación sólo hay 34.000,00 Euros de consignación presupuestaria para este Convenio, nos preguntamos cómo se va a solucionar este tema sabiendo que además es necesario y el número ridículo de usuarios que tiene este Convenio se tiene que ampliar lo suficiente en los próximos años, y lo saben ustedes y lo sabemos nosotros por todo lo que tiene que ver con el índice de personas mayores que tenemos en nuestra Provincia. Sr. Presidente.- Si, moitas gracias Sra. Sio Lourido. Sra. Arévalo. Sra. Arévalo Gómez.- Moi bos días. Gracias Sr. Presidente. Eu dicirlle que por suposto que nós cremos que é importante por eso o estamos levando adiante. En canto a que fala de que está desaproveitado, infrautilizado, que non se xestiona adecuadamente, que non se informa, dicirlle que aquí se fixeron varias xornadas xa, onde se convocaron a tódolos Concellos que aínda non están adheridos ó Convenio de Teleasistencia e pola nosa banda ademais temos todo o equipo de Asuntos Sociais, a diario, semanalmente, en conexión cos Concellos para que os Concellos que quedan sen adherirse o fagan. É dicir, que somos conscientes de que deben estar tódolos Concellos da Provincia e o esforzo que estamos facendo é máximo. Ademáis dicirlle que a Deputación non é un 35% o que pon senón que é un 20% neste Convenio, o outro 15% é do Concello que se adhire ó programa e que cremos e queremos que este próximo ano sexa moito maior o número de usuarios de Teleasistencia e non teña dúbida que estamos facendo todo o empeño posible, así como estamos pedíndolle á empresa que se fai cargo desto de que poña medios materiais e humanos para que esto se poida levar adiante. Sr. Presidente.- Si. Moitas gracias Sra. Sio Lourido. Sra. Sio Lourido.- Si. Cuando estábamos en la Comisión yo le había pedido un informe sobre lo que tenía que ver con la Telasistencia, exactamente cuántos usuarios hay en estos momentos en la provincia y además si aún teniendo el 20% que le corresponde del presupuesto a la Diputación, la consignación presupuestaria que existe en este momento es menor para este asunto. Sra. Arévalo Gómez.- ¿Menor de que?. Non, non é menor. Temos neste momento 300 usuarios, e dicirlle que todo o que me pediu na Comisión eu lle din orde ó Secretario da Comisión de que llo pasara ós demais grupos; se non o fixo pedireille que o faga. Sra. Sio Lourido.- La consignación que existe son 34.000,00 Euros y es menor del 20% y lo dice el informe de Intervención. Sr. Presidente.- Eu quero engadir ó mesmo tempo que neste momento teño xa comunicación por parte da Consellería de que imos a aumenta-las prazas porque hai un convenio coa Federación Española de Municipios e Provincias, co Ministerio de Traballo e Asuntos Sociais, coa Xunta de Galicia a través da Consellería de Traballo e Servicios Sociais para un incremento moi importante do número de prazas. Polo tanto en función das necesidades que se vaian plantexando nos distintos Concellos da provincia de Pontevedra, a Deputación incorporará a contía necesaria para as peticións que se demanden. Xa que polo tanto o número que se vai aumentar de prazas vai a ser moi considerable, e en función deso cando se vexa a previsión dos Concellos, nós vamos a ampliar a asignación presupostaria que en principio estaba prevista, pero vamos a ampliala ata cubri-las demandas das prazas. Agora mesmo as previsións que hai por parte da Consellería son moito máis amplias das 300 que tiñamos agora e polo tanto nese sentido non vai haber maior problema para que se inclúa a partida presupostaria suficiente para atender esa demanda. Polo tanto procedemos á votación do punto número 2 que é a aprobación do Convenio de Teleasistencia para o exercicio 2004. ¿Votos en contra?. ¿Abstencións?. ¿A favor?. Tódolos grupos. De conformidade co dictame favorable da Comisión Informativa de Benestar Social e Muller, o Pleno acorda por unanimidade, aproba-la prórroga do Convenio de Teleasistencia Domiciliaria 2004 e con carácter excepcional segundo dispón o artigo 155.5 da Lei de Facendas Locais de 28-12-98 para o que existe consignación na partida 04/313.313.227.20 de 34.000,00 Euros. Dita prórroga é como segue: PRÓRROGA DO CONVENIO DE COLABORACIÓN ASINADO O 1 DE XULLO DE 1998 ENTRE O IMSERSO, A FEMP E A DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA, PARA O DESENVOLVEMENTO DUN PROXECTO DE TELEASISTENCIA DOMICILIARIA DURANTE O EXERCICIO ECONÓMICO DO ANO 2004 Cláusula 1ª.- Segundo se establece na cláusula décimo primeira do Convenio de colaboración subscrito o 1 de xullo de 1998 coa FEMP e a Deputación Provincial de Pontevedra, acórdase prorroga-la vixencia do mencionado convenio durante o exercicio económico de 2004, de acordo coas seguintes previsións en canto ó volume de usuarios e custe do servicio: Prezo máximo do servicio mensual sen unidade móvil: 1. Usuario titular 22,24¤ 2. Usuario con unidade control remoto 11,12¤ 3. Usuario sen unidade control remoto 8,90¤ O número total de usuarios ó remata-lo exercicio económico estímase que acadará a cifra de 4881. Cláusula 2ª.- O custe máximo do proxecto no exercicio económico de 2004 será de 743.638,88 Euros, de acordo coas previsións económicas que se adxuntan como Anexo 1 a este instrumento de prórroga. O IMSERSO aportará ó proxecto neste exercicio, como máximo, a cantidade de CATROCENTOS OITENTA E TRES MIL TRESCENTOS SESENTA E CINCO EUROS CON VINTESETE CÉNTIMOS (483.365,27¤), equivalente ó 65%. Cláusula 3ª.- En calquera difusión que se realice do presente proxecto, para coñecemento da poboación en xeral e dos posibles usuarios en particular, deberán figura-los entes concertantes. Cláusula 4ª.- Continuará sendo de aplicación o contido do convenio de colaboración asinado o 1 de xullo de 1998 naqueles aspectos que non foran modificados polo presente documento de prórroga. Cláusula 5ª.- Non obstante, quedará condicionada a validez e eficacia do presente acordo á existencia de crédito adecuado e suficiente nos presupostos respectivos de gastos e dotacións para o exercicio económico de 2004. Madrid, 31 de decembro de 2003 POLO IMSERSO, Antonio Lis Darder POLA FEMP, Alberto Torres Pérez POLA DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA, ------ Folla: 3.5012.- BASES DE AXUDAS DE EMERXENCIA SOCIAL 2004 Sr. Presidente.- Punto número tres. Bases de axudas de Emerxencia Social para o exercicio 2004. Se non hai intervencións. Si, Sra. Sio Lourido. Sra. Sio Lourido.- Si, a pesar de que se han cambiado las bases y se ha aumentado el presupuesto destinado para el acondicionamiento de viviendas, pensamos que sigue siendo ridículo, que está bien la intención de ayudar a familias con problemas, pero que sigue pareciendo una política de maquillaje. Creo que todos sabemos también que las necesidades que son objeto de estas bases en toda la Provincia, tanto en los Ayuntamientos pequeños como en los Ayuntamientos grandes, que si se pudiese hacer todo lo que habría que hacer, había que habilitar oficinas especiales seguramente que en todos los Ayuntamientos. Nosotros vamos a aprobar las bases pero seguramente el Instituto Gallego de la Vivienda y Suelo tiene datos de las necesidades de este tipo, para el arreglo de este tipo de viviendas en la provincia, también los equipos de los planes de inclusión de Galicia, y nos gustaría o propondríamos que se hiciese un intento de coordinación entre las distintas administraciones refiriéndonos al tema del Instituto Gallego de la Vivienda y Suelo y también a los equipos de los Ayuntamientos del plan de inclusión de Galicia, un esfuerzo de coordinación y también de aumento presupostario para próximos ejercicios, en el tema del objeto de estas bases. Sr. Presidente.- Si, moitas gracias Sra. Sio Lourido. Sra. Arévalo Gómez. Sra. Arévalo Gómez.- Bueno, dicirlle primeiro que me sorprende que se estas bases se lle deron co tempo suficiente non houbera dito esto, cando na Comisión se lle preguntou de se tiñan algo que dicir en canto ás bases. Segundo, de que se atenden tódalas demandas que chegan á Deputación. Entón hai Concellos onde se lles di, cando nos din unha maior axuda lles dicimos que o Concello tamén axude, que fagan unha maior aportación e a Deputación a fará. Pero recalcar que aquí non queda ningún caso de ningún Concello da Provincia sen atender. E bueno, dicirlles que aquí está claro que hai un aumento de presuposto en función das demandas do ano pasado e tamén en función do que se lle preguntou a tódolos Concellos, que se lles chamou un por un, pedíndolle tamén colaboración en canto á elaboración destas bases e en canto ás necesidades que prevían para o próximo ano. Nada máis. Sr. Presidente.- Moitas gracias Sra. Arévalo. Como ben recordaban hai un incremento creo que importante e polo tanto, primeiro, cúmprese ese obxectivo, e segundo, que se atenden, como se recordaba agora, todas aquelas peticións que dalgunha maneira nos demandan os Concellos. Tamén pedimos a súa colaboración e polo tanto esa é a nosa liña de seguir aumentando todo o que se poida a política social desta casa. ¿Votos en contra?. ¿Abstencións?. ¿A favor?. Tódolos grupos. De conformidade co dictame favorable da Comisión Informativa de Benestar Social e Muller, o Pleno acorda por unanimidade aproba-las Bases de axudas de emerxencia social 2004 cunha consignación de 270.000,00 Euros na partida 04/313.313.780.01, e que son as seguintes: BASES PARA AXUDAS DE EMERXENCIA SOCIAL CON DESTINO A FAMILIAS CON PROBLEMÁTICA SOCIO-ECONÓMICA PARA O ACONDICIONAMENTO DE VIVENDAS. ANO 2004. A Deputación de Pontevedra, preocupada polos graves problemas sociais que se dan na nosa sociedade, quere contribuir un ano máis á resolución dos mesmos, convocando con este fin axudas de Emerxencia Social para o acondicionamento de vivendas, arbitrando unha fórmula de colaboración entre a Deputación e os Concellos da Provincia que permita apoiar ás familias afectadas por este problema. Dita fórmula pretende acadar basicamente tres obxectivos: 1. Detecta-las necesidades en materia de vivenda a nivel da provincia. 2. Unificar criterios á hora de valora-las solicitudes. 3. Sumar esforzos a fin de incrementa-las axudas. BASES DA CONVOCATORIA PRIMEIRA.- Presuposto.- A cantidade consignada para este fin na Partida 04/313.313.780.01 do Presuposto ordinario da Deputación Provincial do presente ano ascende a 270.000,00 euros. SEGUNDA.- Destinatarios.- Os Concellos da Provincia que acorden asumi-las Bases da presente convocatoria como beneficiarios e entidades colaboradoras. Para os Concellos que teñan menos de 20.000 habitantes destinaranse inicialmente 212.526,00 euros e para os que teñan de 20.000 en diante 57.474,00 euros. No suposto de existir sobrantes poderá ser destinado ós Concellos que o soliciten con independencia do seu número de habitantes. TERCEIRA.- Requisitos.- 1) Dos Concellos Os Concellos interesados en beneficiarse das axudas desta convocatoria deberán aportar unha cantidade equivalente á porcentaxe establecida sobre a achega inicial máxima da Deputación, segundo os seguintes criterios: Concellos/Nº Habitantes Achega inicial máxima da Deputación Achega Concello De menos de 5.000 3.725,00¤ 30%=1.117,50¤ De 5.001 a 10.000 3.921,00¤ 40%=1.568,40¤ De 10.001 a 20.000 4.333,00¤ 50%=2.166,50¤ De 20.001 a 50.000 7.000,00¤ 70%=4.900,00¤ De máis de 50.000 7.000,00¤100%=7.000,00¤ As solicitudes resolveranse a partir da achega inicial máxima fixada pola Deputación, e no caso de que non esgotase o presuposto total da convocatoria, o sobrante distribuirase entre os Concellos que quixeran facer unha maior achega (sempre será a porcentaxe establecida anteriormente sobre a achega que faga a Deputación) e así o fixeran constar no acordo remitido á Deputación, seleccionándose aquelas solicitudes que obtiveran unha maior puntuación segundo baremo Anexo 2. 2) Dos beneficiarios das axudas Poderán ser beneficiarias das axudas aquelas familias que estean empadroadas ou teñan residencia efectiva en calquera dos Concellos da Provincia e que reúnan os seguintes requisitos: a) Que a vivenda para a que se solicita a axuda (primeira vivenda) sexa propiedade do solicitante e do seu cónxuxe ou parella, dos pais dos mesmos cando formen unha unidade de convivencia, ou cando exista un contrato de usufructo en favor dos solicitantes b)Que a vivenda non reúna condicións de habitabilidade por falta ou deterioro da instalación eléctrica, auga, servicios hixiénicos, fosa séptica, malas condicións da cubertura ou necesidade doutras reformas interiores. c) Non ter dereito a outras axudas oficiais establecidas para o mesmo fin, salvo que se acorde establecela como complementaria. d) Que os seus ingresos se axusten ó baremo recollido no apartado 3 destas Bases. e) Quedan excluídas aquelas solicitudes dirixidas ó pagamento de créditos bancarios hipotecarios da vivenda obxecto da axuda 3) Dos Ingresos da Unidade Familiar Para poder optar ás axudas é requisito indispensable que os ingresos económicos da unidade familiar se axusten ó seguinte baremo, tendo en conta os seus ingresos por tódolos conceptos durante o ano 2003. No caso de que a súa situación se encontre incluída no mesmo, haberá que segui-las indicacións dos apartados I/ (ingresos da unidade familiar) e II ( ingresos da unidade de convivencia) do anexo 2 para avalia-la situación económica posteriormente. Se supera este baremo non terá dereito a axuda Nº de membros da familia Ingresos netos anuais Ingresos netos medios mensuais Familias de 2 membros ata 6.316,80 526,40 euros/mes Familias de 3 membros ata 7.396,80 616,40 euros/mes Familias de 4 membros ata 8.476,80 706,40 euros/mes Familias de 5 membros ata 9.556,80 796,40 euros/mes Familias de 6 membros ata 10.636,80 886,40 euros/mes Familias de 7 membros ata 11.716,80 976,40 euros/mes Familias de 8 membros ata 12.796,80 1.066,40 euros/mes Familias de 9 membros ata 13.876,80 1.156,40 euros/mes Considérase unidade familiar a formada polo pai, nai, titor ou persoa encargada da garda e protección dos fillos solteiros do solicitante menores de vinteséis anos que convivisen no domicilio familiar ata a data da publicación da presente convocatoria. Considérase unidade de convivencia a formada por tódolos membros, incluída a unidade familiar, que convive no mesmo domicilio. A efectos de valoración teranse en conta os ingresos de calquera procedencia: salarios, pensións contributivas e non contributivas, prestacións, rendas, rendementos por actividades profesionais. 4) Valoración das solicitudes Tendo en conta que as axudas están destinadas a familias con grave problemática socioeconómica, as situacións que se valorarán serán as seguintes: número de membros que compoñen a unidade familiar e características dos mesmos, ingresos da unidade familar, ingresos da unidade de convivencia, características da vivenda e problemática social, puntuándose estes datos segundo baremo establecido que se fará chegar ós Traballadores Sociais dos Servicios Sociais de Atención Primaria No caso de que o número das solicitudes que reúnan os requisitos esixidos supere o importe destinado ás mesmas, darase prioridade ás daquelas familias que obteñan unha maior puntuación con independencia do Concello ó que pertenzan. CUARTA.- Contía das axudas.- A contía máxima inicial das axudas (Deputación máis Concello), segundo o tipo da obra e o fin ó que van destinadas, establécense de acordo cos seguintes criterios: - Para instalación de fosa séptica ata un máximo de 1.500,00¤. - Para reforma de/ou instalación eléctrica ata un máximo de 1.000,00¤. - Para cuarto de aseo ata un máximo de 3.000,00¤, incluídas instalacións. - Outras reformas interiores ata un máximo de 3.000,00¤. - Para melloras de cuberta e para outras obras ata un máximo de 3.725,00¤, por cada un destes conceptos, no caso de que o Concello non participe no programa cunha maior achega á establecida inicialmente (base 3, apartado 1), e no caso de que o faga, a contía que lle corresponda (segundo a porcentaxe establecida en función do número de habitantes do Concello), sobre a axuda da Deputación. A cantidade que recibirá o solicitante será a suma da axuda da Deputación maila que lle corresponde ó Concello (% determinado sobre a axuda da Deputación). QUINTA.- Tramitación de expedientes e prazos.- 1) A concesión de subvencións realizarase polo réxime de concorrencia competitiva, correspondéndolle a instrucción ó Servicio de Acción Social e a adxudicación á Xunta de Goberno, previo informe da Comisión Informativa de Benestar Social e Muller. 2) O prazo máximo para resolver e notifica-la resolución do procedemento será de seis meses dende a publicación da convocatoria, podendo ampliarse por tres meses máis se as circunstancias o aconsellan e non se causa prexuízo a terceiros, segundo dispón o artigo 49 da Lei 30/92 de 26 de novembro do Procedemento Administrativo. Contra a Resolución, que esgota a vía administrativa, poderá interporse recurso de reposición no prazo dun mes perante a Xunta de Goberno, ou contencioso-administrativo no prazo de dous meses perante o Xulgado correspondente de Pontevedra, segundo dispoñen os artigos 116 e 117 da Lei 30/92 de 26 de novembro e artigo 46 da Lei 29/98 de 23 de xullo do contencioso-administrativo. Transcorrido o prazo citado sen notificarse a resolución da solicitude entenderase desestimada por silencio administrativo. 3) Os Concellos interesados en participar nesta convocatoria terán que remitir á Deputación ata o 31 de maio inclusive os seguintes documentos: a) Certificación do acordo do Pleno, Xunta de Goberno ou Decreto da Alcaldía facendo constar expresamente : 1.- A aceptación das presentes Bases, especificando ademais a cantidade que está disposto a aportar (a sinalada na Base 3ª apartado 1, ou por encima dela, concretando neste caso a mesma), cantidade que sempre será a porcentaxe establecida no mesmo apartado sobre a da Deputación. 2.- Proposta da resolución de axudas especificando os conceptos e as contías totais aprobadas (axuda da Deputación e a do Concello) para cada un deles. b) Proxecto económico segundo Anexo 1: A certificación do acordo remitida polos Concellos á Deputación deberá ir acompañada exclusivamente dos seguintes documentos: 1.- Fotocopia da solicitude 2.- Informe social individual, Anexo 3, emitido pola Traballadora Social de Atención Primaria, no que se faga constar con amplitude no apartado da proposta os motivos que xustifican a concesión da axuda. 3.- Presuposto das obras. 4) As solicitudes das familias presentaranse no Rexistro dos Concellos correspondentes que se adhiran ás Bases da presente convocatoria no prazo sinalado por cada un deles e acompañadas dos documentos que cada Concello estime necesarios para cumprimenta-lo expediente. 5) As propostas dos Concellos serán resoltas pola Xunta de Goberno previo informe da Comisión Informativa de Benestar Social e Muller. SEXTA.- Publicidade.- En toda publicidade que elabore o Concello sobre a presente convocatoria deberá facer consta-la colaboración da Deputación, Área de Acción Social. SÉTIMA.- Pagamento.- Unha vez resoltas as propostas presentadas á Deputación polos Concellos, estes xustificarán a obra nun prazo máximo de tres meses dende o seu remate e como máximo ata o 15 de decembro, cos seguintes documentos: a) Facturas orixinais ou fotocopias compulsadas detallando material, prezo unitario, traballos por administración (man de obra). b) Informe do Técnico municipal correspondente. c) Declaración de percibir ou non outras axudas para o mesmo fin. Con carácter excepcional e por resolución motivada, poderá autorizarse un anticipo ata o 50% nos casos que teñan que efectuarse pagos inmediatos. O pagamento efectuarase por transferencia ó Concello. OITAVA.- Reintegro.- No caso de non cumprir total ou parcialmente o obxectivo, modifica-la finalidade para a que foi concedida a subvención sen ter recibida autorización expresa para iso ou incumprir algunha das Bases da presente convocatoria, o beneficiario reintegrará a contía concedida, sempre que non transcorran catro anos dende a súa concesión. Os catro Anexos ós que se fai referencia nestas Bases remitiranse ós Servicios Sociais de Atención Primaria de tódolos Concellos. ------ Folla: 4.5013.- BASES DE AXUDAS PARA LIBROS DE TEXTO 2004-05 Sr. Presidente.- Punto número catro da orde do día. Bases de axudas para Libros de Texto 2004-05. Sr. Mosquera. Sr. Mosquera Lorenzo.- Gracias Sr. Presidente. Bos días. A intervención podía ir para unha serie das bases e convenios dos que estamos falando. Se se suma todo o que se está investindo dende esta Deputación neste tipo de cubertura de necesidades sociais, a suma é bastante ridícula e está dividida nunha serie de plans que o funcionamento é cando menos curioso. Algo se fai, evidentemente non vamos a votar en contra de que se faga algo, pero sempre cunhas limitacións na impulsión dunha política real de soluciona-los problemas que poida haber de infravivenda ou de asistencia domiciliaria ou dos libros de texto, tan raquítica que inclusive nos poden dicir que con estes orzamentos se cubre, cando son francamente ridículas as dúas cousas, a política que se fai máis os orzamentos que corresponden. Un exemplo paradigmático pode ser este, a base de axudas para libros de texto para toda a provincia na que se destinan 96.000,00 euros. Eu recordo perfectamente o primeiro ano que se puxo esto, que costou moitisimo máis a xestión que as propias axudas. Así, se poñen unhas cifras de ingresos para poder acceder a estas axudas e demais moi baixos, tan baixos que ó final hai moi pouca xente que se poida acoller e a tramitación é realmente endemoniada. Seguen cunha política absolutamente continuista, raquítica, nestes ámbitos e a nós nos poñen nunha situación difícil no sentido de que algo se fai, polo tanto non vamos opoñernos a que se faga algo, pero o que nos gustaría é que se fixera algo francamente máis serio, máis simple e máis operativo á hora de resolver problemas reais e non un reparto así tan pequeno, tan raquítico que ó final incluso son concomitantes con outras axudas, ou sexa, unha tramitación enfarrogosisima para unhas cifras tremendamente pequenas. Ese famoso cambio que ía haber na Deputación non se ve absolutamente por ningún lado. Máis ben é un continuismo, incluso nos programas que demostraron que ben por tramitación, ben por escasez, ben por estar desafinados non se corresponde coas necesidades reais dos cidadáns da Provincia, aquí seguen erre que erre, non se plantexan ningún cambio a fondo, xa digo na dirección de resolver problemas dunha maneira real, e non soamente marxinal. Algo facemos, pero cunhas políticas e cunhas consignacións que para ben pouco van. Dezaseis millóns para tódolos alumnos da provincia de Pontevedra a verdade é que parece unha cifra francamente ridícula, que xa digo, leva máis cartos, costa máis a tramitación, contado en persoal e demais, costa máis que esas axudas. Conten os traballos das asistentas sociais dos Concellos, os traballos das asistentas sociais daquí, o esforzo que teñen que facer, e costa bastante máis que a propia axuda que se fai. Creo que eso é un índice claro do fracaso dunha política nun ámbito. Sr. Presidente.- Moitas gracias Sr. Mosquera. Sra. Sio Lourido. Sra. Sio Lourido.- Siguiendo la misma línea que decía antes y también lo que está diciendo el Sr. Mosquera, creemos también que en estas bases el presupuesto es ridículo porque el Ayuntamiento de Vigo, por ejemplo, en el año 2003 destinó algo más de 150.000 Euros a becas para libros de texto. La ayuda de la Diputación para toda la provincia asciende a 96.100 Euros. Este dato yo creo que es suficiente. Incidiendo en lo que ha dicho el Sr. Mosquera, cuesta muchísimo más la tramitación de la documentación que deben aportar los interesados, los informes, y acaba colapsando los Servicios Sociales de los Ayuntamientos, sabiendo que además la Consellería de Educación se viene incorporando desde hace más bien poco tiempo a la gratuidad en los libros de texto, se podría también establecer una política de coordinación, seguramente con más dotación económica, pero con las otras administraciones, no sólo para libros de texto sino para otro tipo de materiales que son necesarios para los escolares, incluso también encauzando las subvenciones con los Ayuntamientos para quienes tengan comedores escolares. Hay que estudiar como van avanzando las cosas y apostar por una política integral de servicios sociales y no dar puntadas separadas en cualquier tema de estos. Nada más. Pedirles una política de coordinación con otras administraciones, además son de su mismo color político y están haciendo cosas de estas y trabajar más con los Ayuntamientos. Sr. Presidente.- Moitas gracias Sra. Sio Lourido. Sra. Arévalo. Sra. Arévalo Gómez.- Eu no discurso do Sr. Mosquera xa non quero nin entrar porque sempre é igual, política ridícula, continuista, raquítica. Pero igual que dixen antes, eu lle pediría que me houbera pasado o seu grupo un informe do que pensaban cando lles deron as bases para ver se tiñan algo que dicir. O mesmo que lle digo á Sra. Sio, igual que dixen antes, estas cantidades se fan en función das axudas que se veñen dando ata agora e que non queda ningún Concello, ningunha persoa na Provincia sen recibir esta axuda. E recalcar que hai un aumento tanto na ensinanza primaria coma en ESO e que igual que o ano pasado non lle vamos a dar axudas ós escolares de 6º de Educación Primaria, e igual que o novo curso se é que agora a Consellería o saca, co cal estamos demostrando que estamos perfectamente coordinados con outras administracións e cos Concellos porque igualmente que dixen antes todo esto se debe falar con tódalas traballadoras sociais antes de trae-las bases ó Pleno. Moitas gracias. Sr. Presidente.- Gracias Sra. Arévalo. Sr. Mosquera. Sr. Mosquera Lorenzo.- Si, gracias. O momento de consignacións son os orzamentos e a señora que actúa de Portavoz do PP neste caso non vin eu que se queixara de falta de cantidade. Se no orzamento está fixada unha cantidade dificilmente despois se pode cambiar. De tódalas maneiras simplemente lle fago unha pregunta ¿canto dedica esta casa para axuda dos estudios dos funcionarios e canto dedica a todos os libros, axuda de estudios, da provincia?. Me parece que anda no doble o que se dedica só ós funcionarios desta casa, que non estamos en contra deso, pero simplemente para que vexa o ridículo desta cantidade. Se vostede non ten política, non ten peso no grupo de goberno para que lle dediquen máis cartos a eso, mala sorte, será un problema de quen leve a xestión. Pero dende logo creo que é palmario as cantidades ridículas e as políticas de falta de impulsión de aplicación e de resolvelos problemas sociais que hai na provincia de Pontevedra que leva esta casa; creo que é palmario e as cifras están aí. E dende logo costa moito máis a tramitación que o que se dá. Ogallá na provincia tiveramos tal situación de bonanza, tal situación de falta de discusión social, como para que esta cifra arranxara algo, ogallá, pero non é esa a situación, e ben o sabe e incluso o mesmo caso dos funcionarios, que xa digo as vantaxas sociais dos convenios nos parecen correctas, e me parece se non me acordo mal que se leva o dobre desta cantidade, só os fillos de 400 funcionarios fronte a tódolos escolares da provincia. Sr. Presidente.- Moitas gracias Sr. Mosquera. Sra. Arévalo. Sra. Arévalo Gómez.- A cantidade que vén aquí é a cantidade suficiente para cubrir tódalas necesidades que se piden aquí na Deputación. E recordarlle que mire no presuposto o aumento que viña reflexado en todo o departamento de Servicios Sociais, e no que vén aquí hai un aumento de 50.000 euros de axudas de anos anteriores. Nada máis. Sr. Presidente.- Moitas gracias. Sra. Sio Lourido. Sra. Sio Lourido.- Que diga usted que es suficiente el presupuesto para toda la provincia, el de libros de texto, muestra un desconocimiento total de la situación real y de las necesidades de esta provincia. Y le voy a decir otra cosa, nosotros presentamos una enmienda al presupuesto por este tema, que no fué contemplada, un aumento presupostario. Es más, en un Pleno anterior hubo un convenio que se firmaba con algún país, creo que era con Argentina, por un tema de becas, que era algo más de quince millones. Hicimos alusión que a los niños de la provincia sólo se repartía entre todos los Ayuntamientos quince millones. Yo creo que muchos Ayuntamientos ya no solicitan este tipo de ayuda porque el inconveniente de la tramitación no les compensa el dinero que reciben para repartir entre los escolares que lo necesitan. Y se lo digo con conocimiento de causa. Además el Ayuntamiento de Vigo recibía de la Diputación exactamente 500.000 pesetas, 500.000 antiguas pesetas, cuando él destina 150.000 euros. Quiero decir que hay un desfase entre la realidad que ustedes plantean y la realidad que se ve desde los Ayuntamientos. Nada más. Sr. Presidente.- Moitas gracias Sra. Sio Lourido. Sra. Arévalo. Sra. Arévalo Gómez.- Só recalcar outra vez que aquí se cubren tódalas demandas que se solicitan. E se vostede me fala de Vigo eu lle podo falar de Mos, e lle digo que benditas as axudas da Deputación para os libros de texto dos nenos de Mos. Sr. Presidente.- Moitas gracias. Bueno, eu tamén quería engadir algo que falta aquí tamén por engadir. O Sr. Mosquera eu lle preguntaría cantos servicios hai no Concello que son rentables, ¿cantos servicios ten vostede que dan máis beneficios do que realmente a vostede lle costan alí no Concello?. Porque vostede di que neste caso tramitar todo esto sae máis caro; evidentemente hai cantidade de cousas que vostede sabe no Concello de Pontevedra ou en calquera outro Concello, que supoño que serán máis caros que o servicio que realmente van a dar ou que van a prestar. Eso pasa en tódalas administracións e supoño que pasará no Concello de Pontevedra e non será o Concello de Pontevedra ningunha excepción. E tamén recalcando o que dicía a Sra. Arévalo, que se lle mandou as bases fai tempo, vostede sabe que o Orzamento é un documento vivo e que se pode ir cambiando en función das necesidades que se vaian plantexando. Foron admitidas no Orzamento varias emendas presentadas por vostedes; todas evidentemente non teñen cabida pero si algunhas e como o Orzamento é un documento vivo se pode ir modificando en función das necesidades tamén que vaian aparecendo. E despois fai mención tamén ó que dedicamos neste caso a Deputación para os fillos de funcionarios, pero que non está en desacordo con eso. Entón que quere dicir, ou sexa, ¿está de acordo ou está en desacordo?. Se realmente está de acordo, esa é a cantidade que se asinou nun convenio, e polo tanto vostede está de acordo parece ser que con esa cantidade que se estipulou dende un principio, porque así o manifesta. E no caso da Sra. Sio Lourido, engade tamén ademais que o diñeiro pola nosa parte se considera suficiente; eu creo que nunha administración cando son axudas nunca é suficiente evidentemente, sempre hai máis demandas das que realmente se crean. Por eso lle quero engadir e quérolle insistir, en que, supoño que cando vostedes tiveron responsabilidades no Concello de Vigo, non creo que deran atendido todo o que era suficiente senón que hai que ir atendendo en función do que se pode e do que realmente a xente demanda. Como ben recordaba neste caso a Sra. Arévalo se incrementou a política social desta casa, en relación ás cinco liñas de axudas que hai previstas, en relación a anos anteriores, tamén se aumenta en colaboracións que vamos decidindo incrementar durante o ano sobre todo naqueles colectivos máis deficitarios para a mellora das súas instalacións e que seguiremos ademais nesa mesma liña. Sr. Mosquera, ¿quere engadir algo?. Sr. Mosquera Lorenzo.- Si, é que empezamos xa a estar habituados a estes debates a dúo en que polo Partido Popular interveñen dous. Eu creo que era mellor que intervira directamente o Presidente e nos aforrabamos intervencións. Non teño ningunha intención de rematar ningún debate, pero como hai intervencións variadas vamos a contestar. Creo que xa o dixen claramente. Non temos nada en contra dos funcionarios, agora ben, se son bastante menos aquí, está claro que a conclusión tería que ser que había que multiplicar por catro ou por cinco esta cantidade. É francamente ridículo crear unha liña de axudas que a xestión coste moito máis que as axudas a que se destinan. É francamente ridículo, eso me parece que non pasa en ningún lado salvo nesta casa. Vamos agora a repartir 100.000 pesetas entre non sei que, e resulta que o custe desa xestión lle custa 2.000.000; reparta 2.100.000 por outro procedemento e non se atopa con este fárrago espantoso que o único que fai é gastar máis. Sr. Presidente, sexamos claros, empezaron con esto forzados no seu momento, cunhas cantidades ridículas e seguen cunhas cantidades ridículas. Pois mire, ¿é unha necesidade clara que aparece e demais?. Si. ¿Hai que simplificar a xestión?. Si. ¿Hai que impulsar este tipo de políticas?. Si. ¿Hai que dedicarlle máis consignación?. Si. Pois fáganno e punto, o resto son disculpas bastante estrañas sobre unha situación que cada vez é máis grave e todos sabemos o que está a pasar con estes problemas de exclusión ou non exclusión porque o término exclusión é algo que varía incluso no tempo e con certos sectores infantís ou escolares, vamos, que vai ter moitas consecuencias para o futuro, vai ter moitas consecuencias. A Xunta e o Goberno Central non fai a gratuidade do libro de texto e a Deputación se quere meter, métase en serio, é unha necesidade que hai aí, métase en serio, pero non con estas cantidades que hai aí porque ó final, xa digo, son bastante ridículas. Sr. Presidente.- Moitas gracias Sr. Mosquera. Dicirlle unha vez máis que nós estamos perfectamente coordinados con outras administracións e polo tanto non se suma só a colaboración da Deputación, senón que se suman a Xunta de Galicia, evidentemente os Concellos, e que esa debe se-la nosa liña e polo tanto aí vamos a seguir, aumentando dentro do posible a política social desta casa e na medida do posible noutras liñas que tamén son necesarias. Se me cuantifica só esto, evidentemente os números non son tan grandes como parecen, pero hai que sumar distintas liñas de colaboración que a Deputación ten establecidas cos Concellos, que esas si suman contías importantes e eso é o que realmente a nós nos preocupa e nesa liña vamos a seguir. Polo tanto procedemos á votación do punto número 4 da orde do día. Bases de axudas para Libros de Texto 2004-05. ¿Votos en contra?. ¿Abstencións?. O BNG. ¿A favor?. Partido Popular e Partido Socialista. De conformidade co dictame favorable da Comisión Informativa de Benestar Social e Muller, o Pleno acorda por maioría, cos votos a favor do PP e do PSOE e coa abstención do BNG, aproba-las Bases de axudas para Libros de Texto, curso 2004/05 cunha consignación de 96.100,00 Euros, na partida 04/313.313.462.05, e que son as seguintes: BASES DE AXUDAS PARA A ADQUISICIÓN DE LIBROS DE TEXTO, CURSO 2004-2005, CON DESTINO A FAMILIAS CON PROBLEMÁTICA SOCIO-ECONÓMICA A Deputación de Pontevedra, co obxecto de apoiar ás familias que se atopan nunha situación carencial a nivel socioeconómico, convoca axudas para a adquisición de Libros de Texto, curso 2004-2005, colaborando cos Concellos da Provincia. B A S E S DA CONVOCATORIA PRIMEIRA.- Presuposto.- A cantidade consignada para este fin na Partida 04/313.313.462.05 do Orzamento ordinario da Deputación Provincial do presente ano ascende a 96.100,00 euros. SEGUNDA.- Destinatarios.- Os Concellos da Provincia que acorden acepta-las Bases da presente convocatoria. TERCEIRA.- Requisitos.- A) Dos Concellos Os Concellos interesados deberán participar cunha cantidade equivalente á porcentaxe establecida sobre a achega inicial máxima da Deputación, segundo os seguintes criterios: Concellos/Nº Habitantes Achega máxima inicial Achega Concello Deputación De menos de 5.000 1.255,00 euros 30% = 376,50 euros De 5.001 a 10.000 1.405,00 euros 40% = 562,00 euros De 10.001 a 20.000 1.555,00 euros 50% = 777,50 euros De 20.001 a 50.000 2.455,00 euros 70% = 1.718,50 euros De máis de 50.001 3.055,00 euros 100% = 3.055,00 euros Resolveranse as solicitudes tendo en conta a achega inicial máxima fixada pola Deputación, e no caso de que non se esgotase o presuposto total da convocatoria, o sobrante distribuirase entre os Concellos que quixeran facer unha maior achega (sempre segundo a porcentaxe establecida anteriormente segundo o número de habitantes do Concello sobre a achega que faga a Deputación) e así o fixeran constar no acordo correspondente, seleccionándose aquelas solicitudes con independencia do Concello que as presente, que obtiveran unha maior puntuación segundo baremo Anexo 2. A contía das axudas que se aproben nos Concellos serán a suma de ámbalas dúas achegas. B) Dos beneficiarios das axudas Poderán ser beneficiarias das axudas aquelas familias que estean empadroadas ou teñan residencia efectiva en calquera dos Concellos da Provincia e teñan fillos en centros sostidos con fondos públicos, e que realicen algún dos seguintes estudios: - Educación Infantil: Nivel A - Ensinanza Primaria: Nivel B - ESO: Nivel C Non poderán acceder a estas axudas aqueles rapaces que cursen 6º de Educación Primaria ou aqueles cursos nos que se implante o acceso ós libros gratuitamente a través da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria no curso 2004/05. C) Dos Ingresos da Unidade Familiar Para poder optar ás axudas é requisito indispensable que os ingresos económicos da unidade familiar se axusten ó seguinte baremo, tendo en conta os ingresos da unidade familiar no ano 2003 seguindo as indicacións do Anexo 2, apartado I/, punto 2, para avaliala e desestimándose as que o superen: Nº de membros da familia Ingresos netos anuais Ingresos netos medios mensuais Familias de 2 membros ata 6.316,80 526,40 euros/mes Familias de 3 membros ata 7.396,80 616,40 euros/mes Familias de 4 membros ata 8.476,80 706,40 euros/mes Familias de 5 membros ata 9.556,80 796,40 euros/mes Familias de 6 membros ata 10.636,80 886,40 euros/mes Familias de 7 membros ata 11.716,80 976,40 euros/mes Familias de 8 membros ata 12.796,80 1.076,40 euros/mes Familias de 9 membros ata 13.876,80 1.156,40 euros/mes Considérase unidade familiar a formada polo pai, nai, titor ou persoa encargada da garda e protección do menor e os fillos solteiros do solicitante menores de 26 anos que convivisen no domicilio familiar ata a data da publicación da presente convocatoria, e por ingresos netos da unidade familiar os ingresos globais da unidade familiar descontando o aluguer da vivenda ou amortización da mesma, sen que estes superen 247 euros mensuais e os gastos fixos de calquera membro da mesma en razón de enfermidade ou problemática social con repercusións económicas que se deberán de xustificar e que serán estudiadas en cada caso concreto. Considérase unidade de convivencia a formada por tódolos membros, incluída a unidade familiar, que convive no mesmo domicilio. A efectos de valoración teranse en conta os ingresos de calquera procedencia: salarios, pensións contributivas e non contributivas, prestacións, rendas, rendementos por actividades profesionais, industriais, agrarias, deportivas e artísticas, tanto de carácter fixo como eventual e outras. D) Valoración das solicitudes Tendo en conta que as axudas están destinadas a familias con grave problemática socioeconómica, (non se atenderán aquelas solicitudes que só presenten problemática económica) valorándose os seguintes aspectos: ingresos da unidade familar, ingresos da unidade de convivencia, número de fillos en idade escolar e a problemática social, puntuándose cada unha delas segundo baremo que figura no Anexo 2. CUARTA.- Contía das axudas.- En función do nivel de estudios a contía das axudas será a seguinte: Nivel A: Educación Infantil .......................... 52 Euros Nivel B: Ensinanza Primaria ....................... 85 Euros Nivel C: ESO.............................................. 120 Euros QUINTA.- Tramitación de expedientes e prazos.- A) Os Concellos interesados en participar nesta convocatoria remitirán á Deputación ata o 15 de xuño inclusive os seguintes documentos: 1) Certificación do acordo do Pleno, Xunta de Goberno ou Decreto da Alcaldía no que se faga constar expresamente: a.- A aceptación das presentes bases especificando ademais a cantidade que está disposto a aportar (a sinalada na base 3ª, apartado A ou por encima dela concretando a mesma), cantidade que sempre será a porcentaxe establecida no mesmo sobre a que aporte a Deputación. b.- Proposta de resolución de axudas. c.- Compromiso de exposición pública da proposta do Concello. Ó mesmo tempo do envío da certificación do acordo á Deputación, o Concello procederá a: 1. A expoñer publicamente as axudas concedidas nas que se recollerán os seguintes datos: Nome do solicitante, DNI, nome dos nenos ós que se lle aproba a axuda, estudios que realizan e puntuación global obtida. 2. A abrir un prazo de 10 días para reclamacións, e no caso de que houbera algunha, deberá ser remitida á Deputación para o seu estudio e resolución. De aceptarse, o Concello afectado deberá facer fronte ó pagamento da mesma. 2) Proxecto segundo Anexo 1. A certificación do acordo remitida polo Concello á Deputación deberá ir acompañada exclusivamente dos seguintes documentos: 1.- Fotocopia da solicitude. 2.- Estadillo completo das solicitudes, segundo modelo Anexo 4, na que deberán quedar reflexadas por orde de prioridade en canto á puntuación obtida. 3.-Informe social individual (Anexo 3) emitido pola Traballadora Social dos Servicios Sociais de Atención Primaria, no que faga constar con amplitude no apartado da proposta os motivos que xustifican a concesión da axuda. 4.- Recibos relativos ó aluguer da vivenda ou de pago de créditos hipotecarios ou no seu caso os gastos fixos derivados de enfermidade ou problemática social dalgún membro da familia con repercusión económica que se deberán xustificar e que serán estudiados en cada caso. B) As solicitudes das familias presentaranse no Rexistro dos Concellos correspondentes que se adhiran ás Bases da presente convocatoria no prazo fixado por cada un deles e acompañadas dos documentos que cada Concello estime necesarios para cumprimenta-lo expediente. C) As propostas dos Concellos serán resoltas pola Xunta de Goberno previo informe da Comisión Informativa de Benestar Social e Muller. SEXTA.- Publicidade.- En toda publicidade que elabore o Concello sobre a presente convocatoria deberá facer consta-la colaboración da Deputación, Área de Acción Social. SÉTIMA.- Pagamento.- Unha vez resoltas as propostas presentadas á Deputación polos Concellos e que os seus Secretarios destes certifiquen como data máxima ata o 15 de decembro que: 1. As axudas (especificando o importe global das mesmas achega da Deputación máis a achega do Concello-) lle foron concedidas ós rapaces nas condicións que figuran nos expedientes remitidos á Deputación e que, 2. Tódolos rapaces teñen adquirido o material escolar, a Deputación procederá a transferir a aqueles a cantidade aprobada. No caso de que se produxese algunha baixa nas axudas, esta repercutirá respectando as porcentaxes establecidas tanto na Deputación coma no Concello. Contra esta Resolución que esgota a vía administrativa, poderá interpoñerse recurso de reposición no prazo dun mes perante a Xunta de Goberno ou contencioso-administrativo no prazo de dous meses no Xulgado de Pontevedra segundo dispoñen os artigos 116 e 117 da Lei 30/92 de 26 de novembro de Procedemento Administrativo e o artigo 46 da Lei 29/88 de 23 de xullo do contencioso-administrativo. OITAVA.- Reintegro.- No caso de non cumprir total ou parcialmente o obxectivo, modifica-la finalidade para a que foi concedida a subvención sen ter recibida autorización expresa para iso ou incumprir algunha das Bases da presente convocatoria, o beneficiario reintegrará a contía concedida, sempre que non transcorran catro anos dende a súa concesión. Os catro Anexos ós que se fai referencia nestas Bases remitiranse ós Servicios Sociais de Atención Primaria de tódolos Concellos. ------ Folla: 5.5014.- BASES DE AXUDAS A ASOCIACIÓNS DE MULLERES 2004 Sr. Presidente.- Punto número 5 da orde do día. Bases de axudas a Asociacións de Mulleres para o ano 2004. Sr. Mosquera. Sr. Mosquera Lorenzo.- Gracias Sr. Presidente. Temos demandado neste Pleno de maneira reiterada sen ningún éxito, por certo, que cando se presentan orzamentos, modificacións de crédito, etc., etc., se nos dea a letra miúda e poñerlle unhas liñas máis para que nos puderamos enterar claramente cal era a súa finalidade, pois todos sabemos que o destino concreto dos cartos está nesas bases e non en partidas xenéricas como axudas a asociacións, colaboracións con Concellos e cousas desas que son as que nos pasan. Pero é que afortunadamente nestas bases tiveron un fallo, que saiu exactamente no informe de Intervención, na descripción dos 158.000 euros que hai para esta finalidade. Di textualmente "ayudas a asociaciones de mulleres rurais", finalidade concreta á que vostedes destinan os cartos neste caso exacto. E, bueno, alegrámonos moito de que ó final nos enteremos de que algo así como o 90% destas axudas ou o 95% están indo de maneira sistemática dende que existen bases, antes de existir bases pasaba máis ou menos o mesmo, ás distintas asociacións de mulleres rurais, que serán moi presentes na provincia pero non dende logo nesas cifras nas que están concedendo as axudas. Esa é a situación, xa digo, alegrámonos, esperemos que esa famosa literatura de a onde vai cada fin, pois nos poidamos enterar e rectifique o Sr. Figueroa a última intervención que tivo no Pleno dicindo que de ningunha maneira nolo ía dar. Agora entendemos por que de ningunha maneira nolo vai dar, porque teñen xa o destino, cada unha das obras, actuacións ou o que sexa, en letra miúda, pero eso é o que non lle queren dar á oposición dunha maneira que é absolutamente incorrecta porque esa documentación hai que dala. Sr. Presidente.- Bueno, o Sr. Mosquera, debe ser por rizar un pouco o rizo, nos di que no informe, neste caso non no informe, di no RC de Intervención, pero sen embargo no dictame da Comisión e na orde do día da Comisión figura bases de axudas para asociacións de mulleres sen fins de lucro exercicio 2004. No RC de Intervención aparece ayudas a asociacións de mulleres rurais, pero en principio eso é un tema de Intervención, non era o espíritu da liña de subvencións. Eu creo que está perfectamente claro, e polo tanto así aparece recollido. Polo tanto, procedemos á votación do punto número 5 da orde do día. Bases de axudas a asociacións de mulleres 2004. ¿Votos en contra?. O BNG. ¿Abstencións?. ¿A favor?. Partido Popular e Partido Socialista. De conformidade co informe favorable da Comisión Informativa de Benestar Social e Muller, o Pleno acorda por maioría, cos votos a favor do PP e do PSOE e co voto en contra do BNG, aproba-las Bases de Axudas ás Asociacións de Mulleres sen fins de lucro 2004, cunha consignación na partida 04/313.313.480.02 de 158.000,00 Euros, e que son as seguintes: BASES DE AXUDAS PARA ASOCIACIÓNS DE MULLERES SEN FINS DE LUCRO. ANO 2004 A Excma. Deputación Provincial de Pontevedra, consciente do papel a desenvolver pola muller na sociedade de hoxe, convoca para o ano 2004 axudas destinadas a subvencionar actividades desenvoltas por Asociacións de Mulleres ou por aquelas outras que conten con departamentos ou vocalías da muller e así o acrediten, todas elas sen fins de lucro, dirixidas basicamente á formación de cara a súa integración no mundo laboral, segundo as seguintes BASES PRIMEIRA.- Presuposto.- A contía consignada para a realización de actividades promovidas por ditas Asociacións ascende a 158.000,00 euros con cargo á Partida 04/313.313.480.02 do Orzamento ordinario da Deputación Provincial. SEGUNDA.- Actividades a subvencionar.- Por tratarse de subvencións destinadas a gastos correntes, soamente poderán ser financiadas as actividades que se desenvolvan durante o ano 2004 e que estean enmarcadas nalgún dos apartados seguintes: 1) De carácter formativo: - Organización de cursos ós que ademais das mulleres que forman a Asociación poderán acceder aquelas outras que estean incluídas nos Programas de Apoio dos Servicios Sociais de Atención Primaria Municipais ou de Saúde. - Organización de congresos específicos da muller. - Organización de xornadas informativas ou divulgativas. 2) Para a posta en marcha de fórmulas de emprego, como cooperativas ou outras formas de integración no mercado laboral. 3) Estudios de investigación a calquera nivel sobre temas específicos da muller. 4) Para Federacións de Asociacións as actividades a subvencionar serán: a. Organización de xornadas informativas ou divulgativas. b. Congresos. c. Estudios de investigación. d. Cursos de carácter supramunicipal. Para a realización das actividades a Deputación subvencionará, a maiores, ó 100% das instalacións do Centro de A Lanzada, incluída a pernocta, en datas que están libres. Na contía da axuda farase constar a parte correspondente á actividade e a destinada ó pago das instalacións, contía esta que a Deputación transferirá directamente ó Centro de A Lanzada. O importe da manutención sería a cargo das interesadas. Para que se poida utilizar esta fórmula as actividades han de ser intensivas (mínimo de 7,30 horas por xornada completa) e os cursos ter unha duración mínima de 30 horas e máxima de 45. Ás Federacións de Asociacións, no caso de elixir esta fórmula para a realización de cursos, poderán aprobárselles axudas para catro cursos simultáneos dirixidos a catro grupos de mulleres, sempre as mesmas por grupo e curso. Quedan excluídas aquelas solicitudes dirixidas ó pago dos locais e gastos de mantemento destes cando sexan a sede habitual da Asociación, así como tamén as dirixidas ó desenvolvemento da actividade xeral da Asociación ó longo do ano. TERCEIRA.- Requisitos e condicións para ter dereito ás axudas.- 1. As Asociacións desenvolverán a súa actividade na provincia de Pontevedra e deberán estar debidamente legalizadas na Xunta. 1. Cada Asociación só poderá presentar un proxecto. En caso da realización de cursos, dirixido a un só grupo de mulleres. O proxecto ha de conter cada un dos apartados que se sinalan no "Anexo 1". 2. No caso das Federacións ver na Base 2 as explicacións correspondentes ó punto 4. 3. Consideraranse cursos aquelas actividades formativas dirixidas a un grupo estable de mulleres, como norma xeral non superior a 15, que realizarán as horas que a Asociación fai constar no proxecto do curso. 4. Só se subvencionarán: a) Cursos cun mínimo de 30 horas de duración. b) Cursos que non teñan como fin actividades de desenvolvemento persoal, ou técnicas que formen na busca de emprego. 6. No caso da posta en marcha de fórmulas de emprego teranse en conta o número de traballadoras que se contraten, grao de dificultade na súa inserción laboral e demanda do recurso. 7. Cando se trate de estudios de investigación unha copia quedará nos arquivos da Deputación, podendo ser utilizados os datos recollidos no mesmo. 8. En toda publicidade que se elabore deberase facer consta-la colaboración da Deputación, Área de Acción Social. 9. Na realización dos cursos, a partir de 200 horas a contía da axuda non se verá incrementada. CUARTA.- Concesións.- Non se concederán axudas a aquelas asociacións que non tiveran a 31 de marzo xustificada ou rexeitada por escrito a actividade (ou actividades) subvencionada en anos anteriores. As axudas serán resoltas pola Xunta de Goberno previo informe da Comisión Informativa de Benestar Social e Muller. QUINTA.- Documentación.- As solicitudes, no modelo oficial adxunto, presentaranse no Rexistro da Deputación Provincial debidamente cumprimentadas e acompañadas dos seguintes documentos: 1. Proxecto da actividade no que consten os epígrafes do"Anexo 1". 2. Se a peticionaria é unha Asociación: a. Fotocopia do DNI da súa representante legal e acreditación do seu cargo a través dunha certificación da secretaria da entidade ou fotocopia compulsada da acta na que se recolla a composición do órgano de dirección. b. CIF da Asociación. c. No caso de que non sexa unha Asociación de Mulleres e sexa a primeira vez que presenta unha solicitude, achegar certificación conforme ten constituída a Vocalía da Muller. 3. As Asociacións que soliciten axudas para por en marcha algunha fórmula de emprego deberán presentar memoria explicativa da viabilidade técnica, económica e financeira do proxecto empresarial feito polo/a Técnico/a Local de Emprego. No caso de non conta-lo concello con este poderá ser presentado polas Técnicas da Deputación. De non cumprirse ditos requisitos poderán ser rectificados segundo o disposto no artigo 71 da Lei 30/1992, de 26 de novembro, de Procedemento Administrativo. SEXTA.- Prazos.- O prazo de presentación de solicitudes será de trinta días hábiles a partir do día seguinte ó da súa publicación no BOP. SÉTIMA.- Contía.- 1. A contía das axudas fixarase tendo en conta os seguintes criterios: a) O importe da subvención na realización dos cursos estará en función do número de horas e das características dos mesmos. No caso de que unha vez realizada a actividade non se cumprisen os obxectivos do curso en canto o número de horas e características do mesmo, a contía da axuda será reducida segundo baremo establecido. b) As contías a subvencionar serán fixadas mediante baremo. 2. As contías máximas a subvencionar serán: a) Para a realización de cursos: 4.200 Euros. b) Para a celebración de congresos: 3.000 Euros. c) Para a posta en marcha dalgunha fórmula de emprego: 7.200 Euros. A axuda terá como fin a adquisición de material específico non inventariable para o desenvolvemento práctico da actividade empresarial, a formación que posibilite a autoxestión da fórmula e os gastos de persoal (non superiores ó SMI do ano 2004/persoa). d) Para estudios de investigación: 4.200 Euros. e) Para Federacións de Asociacións: 4.200 Euros. En ningún caso a contía de axudas recibidas por tódolos conceptos poderá supera-lo custo total da actividade. OITAVA.- Pagamento das subvencións.- As Asociacións ás que se lles conceda unha subvención quedan obrigadas a xustifica-la actividade nos tres meses seguintes á súa realización, e en todo caso, por motivos xustificados, antes do 15 de decembro de 2004, salvo situacións excepcionais de prórroga. Os documentos a presentar serán os seguintes: 1. Facturas orixinais ou compulsadas xustificativas do gasto da actividade. 2. Memoria da mesma ou estudio realizado debidamente asinado e selado no que consten os epígrafes recollidos no "ANEXO 2". 3. Relación de axudas públicas e/ou privadas solicitadas, concedidas ou pendentes de resolución para desenvolvemento do proxecto que se presenta, facendo consta-lo custo total da actividade realizada. Cando a actividade consista na celebración de Cursos ou Congresos os conferenciantes ou monitores que pertenzan á Xunta Directiva da propia Asociación non poderán percibir ningunha remuneración con cargo á subvención que se outorga. NOVENA.- Reintegro das subvencións.- No caso de non cumprir total ou parcialmente o obxectivo, modifica-la finalidade para a que foi concedida a subvención sen ter recibida autorización expresa para iso ou incumprir algunha das Bases da presente convocatoria, o beneficiario reintegrará a contía concedida, sempre que non transcorran catro anos dende a súa concesión. ------ Folla: 6.5015.- BASES DE AXUDAS PARA ASOCIACIÓNS SEN FINS DE LUCRO 2004 Sr. Presidente.- Punto número 6. Bases de axudas para Asociacións sen fins de lucro para o exercicio 2004. En principio non hai intervencións, son a liña de axudas establecidas tamén en tódolos exercicios anteriores e polo tanto procedemos á votación. ¿Votos en contra? ¿Abstencións?. O BNG. ¿A favor?. Partido Popular e Partido Socialista. De conformidade co dictame favorable da Comisión Informativa de Benestar Social e Muller, o Pleno acorda por maioría, cos votos a favor do PP e do PSOE e coa a abstención do BNG, aproba-las Bases de axudas para Asociacións sen fins de lucro en Servicios Sociais Especializados-2004, cunha consignación na partida 04/313.313.480.02 de 198.000,00 Euros, e que son as seguintes: BASES DE AXUDAS PARA ASOCIACIÓNS SEN FINS DE LUCRO QUE REPRESENTEN A COLECTIVOS QUE ESTEAN INCLUÍDOS NO ÁMBITO DOS SERVICIOS SOCIAIS ESPECIALIZADOS. ANO 2004 A Excma. Deputación Provincial de Pontevedra, consciente dos problemas de tipo socioeducativo e formativo da poboación en xeral e especialmente daquela máis desfavorecida, convoca para o ano 2004 axudas destinadas a subvencionar actividades desenvoltas por Asociacións sen fins de lucro que representen a colectivos que estean incluídos no ámbito dos Servicios Sociais Especializados (Lei 4/1993 de 14 de abril) e que vaian dirixidas basicamente á formación de cara á súa integración social e/ou laboral, segundo as seguintes B A S E S PRIMEIRA.- Presuposto.- A contía consignada para este fin na Partida 04/313.313.480.02 do Orzamento ordinario da Deputación Provincial ascende a 198.000,00 Euros. SEGUNDA.- Actividades a subvencionar.- Por tratarse de subvencións destinadas a gastos correntes soamente poderán ser financiadas as actividades que se desenvolvan no ano 2004 e que estean promovidas por Asociacións sen fins de lucro que representen a colectivos incluídos no ámbito dos servicios sociais especializados e que estean comprendidas nalgún dos apartados seguintes: 1) De carácter socioeducativo e formativo. a) Organización de cursos para os afectados que forman a Asociación. b) Organización de congresos específicos para os colectivos afectados. c) Organización de Xornadas informativas ou divulgativas. 2) Para a posta en marcha de fórmulas de emprego, como cooperativas ou outras formas de integración no mercado laboral. 3) Estudios de investigación a calquera nivel sobre temas específicos dos colectivos afectados. 4) Para Federacións de Asociacións as actividades a subvencionar serán: a) Organización de xornadas informativas ou divulgativas. b) Congresos. c) Estudios de investigación. d) Cursos de carácter supramunicipal. Para a realización das actividades a Deputación subvencionará, a maiores, ó 100% das instalacións do Centro de A Lanzada, incluída a pernocta, en datas que estean libres. Na contía da axuda farase constar a parte correspondente á actividade e a destinada ó pago das instalacións, contía esta que a Deputación transferirá directamente ó Centro de A Lanzada. O importe da manutención sería a cargo dos interesados. Para que se poida utilizar esta fórmula as actividades han de ser intensivas (mínimo de 7,30 horas por xornada completa) e os cursos ter unha duración mínima de 30 horas e máxima de 45. Ás Federacións de Asociacións, no caso de elixir esta fórmula para a realización de cursos, poderán aprobárxelles axudas para catro cursos simultáneos dirixidos a catro grupos de persoas, sempre as mesmas por grupo e curso. Quedan excluídas aquelas solicitudes dirixidas ó pagamento dos locais e gastos de mantemento destes cando sexan a sede habitual da Asociación, así como tamén aquelas actividades socioeducativas ou formativas que forman parte da actividade xeral da Asociación ó longo do ano. TERCEIRA.- Requisitos e condicións para ter dereito ás axudas.- 1. As Asociacións desenvolverán a súa actividade na provincia de Pontevedra, e deberán estar debidamente legalizadas na Xunta. 2. Cada Asociación só poderá presentar un proxecto que ha de conter cada un dos apartados que se sinalan no "Anexo 1". En caso da realización de cursos dirixido a un só grupo de persoas. 3. No caso das Federacións ver a Base 2 o punto 4. 4. Consideraranse cursos aquelas actividades formativas dirixidas a un grupo estable de persoas, como norma xeral non superior a 15, que realizarán as horas que a Asociación fai constar no proxecto. 5. Só se subvencionarán cursos: a) cun mínimo de 30 horas de duración. b) que non teñan como fin actividades de desenvolvemento persoal, ou técnicas que formen na busca de emprego. 6. No caso da posta en marcha de fórmulas de emprego teranse en conta o número de traballadoras que se contraten, grao de dificultade na súa inserción laboral e demanda do recurso. 7. Cando se trate de estudios de investigación unha copia quedará nos arquivos da Deputación, podendo ser utilizados os datos recollidos no mesmo. 8. En toda publicidade que se elabore deberase facer consta-la colaboración da Deputaci

Área de documentación

Área de notas

  • Nota

Puntos de acceso

Área de control da descrición