ATOPO
Rexistros actuais: 1.618.278
Obxectos dixitais dispoñibles: 504.649

Acta de sesión 2004/03/31_Ordinaria

Área de identificación

  • Código(s) de referencia ES.GA.36038.ADPO.1.1.3.3.33.364/3.2004-03-31_Ordinaria

  • Título Acta de sesión 2004/03/31_Ordinaria

  • Data(s) 2004-03-31 (Creación)

  • Volume e soporte 1 acta de sesión

Área de contexto

Área de contido e estrutura

  • Alcance e contido Folla: Da sesión ordinaria en primeira convocatoria, celebrada polo Pleno desta Excma. Deputación o día, 31 de marzo de 2004 No Salón de sesións da Excma. Deputación Provincial de Pontevedra, sendo as once horas e dez minutos do día trinta e un de marzo do ano dous mil catro, baixo a Presidencia do Ilmo. Sr. Presidente D. Rafael Louzán Abal, reuníronse as/os Señoras/es Deputadas/os, D. Xosé Antón Araujo Quintas, Dona Nidia María Arévalo Gómez, D. Ramón Campos Durán, Dona Francisca Canal Gómez, D. José Costa Díaz, D. José Crespo Iglesias, D. José Juan Durán Hermida, D. Antonio Feliciano Fernández Rocha, D. José Manuel Figueroa Vila, D. Emilio González Iglesias, D. Efrén Juanes Rodríguez, D. José Antonio Landín Eirín, D. José Antonio Lorenzo Rodríguez, Dona Clara Millán González, D. Xosé Cesáreo Mosquera Lorenzo, D. Constante Juan Muradas Ramos, D. Manuel Núñez Sestelo, D. Xosé Carlos Pazos Docampo, Dona María Teresa Pedrosa Silva, D. Juan Manuel Rey Rey, D. Alfredo Rodríguez Millares, D. Rodrigo Santiago Novas, Dona Belén Sío Lourido, D. José Enrique Sotelo Villar, D. Xabier Toba Girón e D. Jesús Vázquez Almuíña, co obxecto de celebrar sesión ordinaria da Deputación en Pleno, en primeira convocatoria, consonte á correspondente orde do día. Da fé do acto o Secretario Xeral, D. Rogelio Nicieza de la Cerra, e está presente o Sr. Interventor, D. Bautista Pérez Carnero. Declarada aberta a sesión e de orde da Presidencia éntrase seguidamente no exame da orde do día, adoptándose en relación coa mesma os seguintes acordos: 1.5032.- ACTA ANTERIOR Sr. Presidente.- Primeiro punto. Aprobación do borrador da acta da anterior sesión, ordinaria, do día 27 de febreiro do ano 2004. ¿Algunha intervención?. Apróbase. Apróbase o borrador da acta da anterior sesión, ordinaria, do día 27 de febreiro de 2004. ------ Folla: 2.5033.- RECTIFICACIÓN DA BASE 3ª DAS BASES DE AXUDAS DE EMERXENCIA SOCIAL Sr. Presidente.- Punto número dous da orde do día. Rectificación da Base 3ª das Bases de axudas de Emerxencia Social. Como pasou pola Comisión Informativa, todos teñen información, polo tanto, procedemos á súa votación. ¿Votos en contra?. ¿Abstencións?. ¿A favor?. De acordo. De conformidade co informe favorable da Comisión Informativa de Benestar Social e Muller, o Pleno acorda por unanimidade, aproba-la rectificación da Base 3ª.3 das Bases de Axudas de Emerxencia Social-2004, publicadas no BOP nº 48 de 10-03-04, ó amparo do disposto no artigo 105 da Lei 30/92 de 26/11 de Procedemento Administrativo ó advertirse erro no número de membros e ingresos e quedando a escala no senso seguinte: Observado erro material na Base 3ª, punto 3, das Bases para Axudas de Emerxencia Social para arranxo de vivenda do ano 2004, aprobadas polo Pleno da Corporación do 27 de febreiro de 2004, referida á escala de ingresos, rectifícase a mesma no seguinte senso, de conformidade co artigo 105 da Lei 30/92 de 26 de novembro de Procedemento Administrativo: Nº de membros da familia Ingresos netos anuais Ingresos netos medios mensuais Familias de 1 membro ata 6.316,80 526,40 euros/mes Familias de 2 membros ata 7.396,80 616,40 euros/mes Familias de 3 membros ata 8.476,80 706,40 euros/mes Familias de 4 membros ata 9.556,80 796,40 euros/mes Familias de 5 membros ata 10.636,80 886,40 euros/mes Familias de 6 membros ata 11.716,80 976,40 euros/mes Familias de 7 membros ata 12.796,80 1.066,40 euros/mes Familias de 8 membros ata 13.876,80 1.156,40 euros/mes Familias de 9 membros ata 14.956,80 1.246,40 euros/mes ------ Folla: 3.5034.- BASES DE AXUDAS PARA ADQUISICIÓN DE SEMENTE PARA REXENERACIÓN DOS BANCOS MARISQUEIROS DA PROVINCIA DE PONTEVEDRA Sr. Presidente.- Punto número tres da orde do día. Bases de axudas para adquisición de semente para rexeneración dos bancos marisqueiros da provincia de Pontevedra. ¿Algunha intervención?. Non hai intervencións. Polo tanto procedemos á súa votación. ¿Votos en contra?. ¿Abstencións?. ¿A favor?. Apróbase por unanimidade. Visto o dictame da Comisión Informativa de Pesca e Cultivos Mariños de data 24-03-2004 na que por unanimidade se aproban as Bases de axuda para a adquisición de semente para rexeneración dos Bancos Marisqueiros da provincia de Pontevedra, o Pleno acorda por unanimidade, aproba-las Bases de axuda para a adquisición de semente para a rexeneración dos Bancos Marisqueiros da provincia de Pontevedra que son como seguen: BASES REGULADORAS DE AXUDAS PARA ADQUISICIÓN DE SEMENTE PARA REXENERACIÓN DOS BANCOS MARISQUEIROS DA PROVINCIA DE PONTEVEDRA PRIMEIRA.- Principios xerais. A Deputación de Pontevedra, consciente da importancia que o marisqueo ten dentro da actividade económica galega, propiciada polas excepcionais condicións naturais que concorren nas rías e augas marítimas interiores, establece axudas económicas para a adquisición de semente para a rexeneración dos bancos marisqueiros da provincia de Pontevedra, que se rexerán polas presentes bases. SEGUNDA.- Obxecto da convocatoria. Constitúe o obxecto das presentes bases defini-lo conxunto de condicións e o proceso que se seguirá para a concesión das axudas que outorga a Excma. Deputación Provincial de Pontevedra, cun crédito inicial de CENTO OITENTA MIL EUROS (180.000,00) con cargo á partida presupostaria 04/711.711.479.01, para adquisición de semente para a rexeneración dos bancos marisqueiros da provincia de Pontevedra. TERCEIRA.- Actuacións susceptibles de axuda e contía da subvención. As axudas destinaranse á adquisición de semente, de tamaño preferente de 12-15 mm de lonxitude, para a rexeneración dos bancos marisqueiros no exercicio 2004, podendo acadar ata o 50% da axuda solicitada. O Ilmo. Sr. Presidente ou a Xunta de Goberno desta Deputación Provincial queda facultado para a concesión destas axudas, de acordo coas Bases de Execución do Orzamento, previo informe da Comisión Informativa de Pesca e Cultivos Mariños, salvo casos de urxencia nos que poderá concederse dándolle conta despois á Comisión. CUARTA.- Beneficiarios. Poderá solicita-la axuda as Confrarías de Pescadores da provincia de Pontevedra. QUINTA.- Formalización de solicitudes. As solicitudes, asinadas polo Patrón Maior da Confraría, dirixiranse ó Ilmo. Sr. Presidente da Deputación Provincial de Pontevedra, achegando a seguinte documentación: - Copia do plan de explotación marisqueira para o ano 2004. - Memoria explicativa das accións de rexeneración a desenvolver no ano 2004 nos bancos marisqueiros do ámbito territorial da Confraría, cos obxectivos, cronograma e accións de seguimento, segundo o Anexo I asinado polo Biólogo. - Presuposto da empresa que subministra a semente. - Certificación dos datos bancarios da entidade. - Fotocopia compulsada da tarxeta do CIF da entidade. - Certificacións de estar ó corrente de pago coa Seguridade Social e AEAT. O Servicio Agrario da Deputación Provincial poderá solicita-las aclaracións ou ampliacións da información, así como propoñer que se condicione a concesión da subvención a acepta-las modificacións que se establezan sobre a actuación proposta. SEXTA.- Prazo de presentación de solicitudes. As axudas suxeitas á presente convocatoria poderanse solicitar dende o momento da súa publicación no Boletín Oficial da Provincia durante 30 días naturais, presentándose no Rexistro Xeral da Deputación Provincial. SÉTIMA.- Valoración do proxecto. Os proxectos serán valorados polos Servicios Técnicos da Deputación unha vez vistas as solicitudes correspondentes, tendo en conta as características e o interese da actividade. OITAVA.- Xustificación e pagamento das subvencións. Aprobadas as axudas, cos informes previstos da Intervención Provincial, estas serán aboadas ós solicitantes previa xustificación das accións de rexeneración, que deberá facerse mediante presentación de facturas orixinais ou fotocopia compulsada das mesmas. Nesta mesma factura deberá figura-lo aceptado, conforme e recibido, asinado polo Patrón Maior da Confraría coa data do día no que se presente dita xustificación. Así mesmo, deberán presentar unha certificación do Biólogo da Confraría, conforme as accións foron realizadas e unha declaración expedida polo Patrón Maior, no que conste se se solicitaron e/ou obtiveron axudas para estas actuacións doutras Administracións Públicas, e a súa contía con respecto ó gasto total realizado. Os técnicos do Servicio Agrario informarán sobre a realidade das accións. O prazo para a xustificación das axudas será de 9 meses, contados a partir da data de notificación da concesión da axuda, se ben, antes de remata-lo prazo, poderá ampliarse solicitando prórroga pola entidade interesada. Estas axudas serán incompatibles con outras que cos mesmos obxectivos estableza a Administración, sempre que se supere o 100% de axuda solicitada. NOVENA.- Responsabilidades. O incumprimento de calquera dos requisitos esixidos nestas bases e demais normativa aplicable poderá dar lugar á esixencia de responsabilidades e a devolución, no seu caso, das cantidades percibidas. As responsabilidades anteriormente citadas esixiranse de acordo co procedemento previsto na Lei de Réxime Xurídico das Administracións Públicas. Así mesmo, o reintegro das cantidades efectuarase de acordo co procedemento previsto no Regulamento Xeral de Recadación. DÉCIMA.- Control e seguimento das subvencións. Os técnicos do Servicio Agrario da Deputación Provincial velarán porque se cumpran as condicións que se esixen para a concesión das subvencións e para que se realicen correctamente as actuacións previstas, para o que se realizarán as inspeccións e comprobacións oportunas, reflectindo o resultado no correspondente informe, así como solicita-la información que se considere necesaria sobre os beneficiarios de tales axudas. ------ Folla: 4.5035.- BASES DO IV CERTAME PROVINCIAL DE BANDAS DE MÚSICA Sr. Presidente.- Punto número catro da orde do día. Bases do IV Certame Provincial de Bandas de Música. En principio non hai intervencións. Dicir só que se adquirira un compromiso de aumenta-la dotación presupostaria para este certame e así se vai facer gracias á colaboración da entidade Caixa Galicia que asume o dobre de financiamento en relación ó ano 2003. Polo tanto, ¿votos en contra?. ¿Abstencións?. ¿A favor?. Tódolos grupos. De conformidade co dictame favorable da Comisión Informativa de Cultura, o Pleno acorda por unanimidade aproba-las Bases do IV Certame Provincial de Bandas de Música "Deputación Provincial de Pontevedra", e que son as seguintes: IV CERTAME PROVINCIAL DE BANDAS DE MÚSICA "DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA" BASES PRIMEIRA.- O IV Certame Provincial de Bandas de Música "Deputación Provincial de Pontevedra" terá lugar os días 1, 2 e 3 de outubro no Pazo da Cultura de Pontevedra. O Comité Organizador, baixo o patrocinio da Excma. Deputación Provincial de Pontevedra e coa colaboración das institucións que se relacionan na súa composición, é o órgano de goberno, administración e coordinación de tódolos aspectos do certame. SEGUNDA.- Dado o carácter promocional que pretende este certame poderán optar a participar tódalas bandas de música da provincia que o desexen. TERCEIRA.- Limítase o número de bandas de música participantes e o seu número de músicos, segundo as distintas categorías a: Sección Especial 4 bandas participantes de 80 a 115 músicos Sección Primeira 4 bandas participantes de 60 a 80 músicos Sección Segunda 10 bandas participantes de 45 a 60 músicos Sección Terceira 12 bandas participantes de 35 a 45 músicos Nesta clasificación de seccións inclúese a posible colaboración en cada banda de música de catro instrumentistas alleos para a sección terceira, cinco para a sección segunda, seis para a sección primeira e oito para a sección especial. Ningún músico estará autorizado para actuar en dúas bandas de música inscritas na mesma sección. CUARTA.- Sobrepasado o número de bandas de música inscritas por seccións e para establece-las participantes así como a orde da súa actuación realizarase un sorteo público. Cada banda de música interpretará unha obra obrigada, proposta polo Comité Organizador, e unha obra de libre elección. As bandas de música interpretarán en primeiro lugar a obra obrigada e a continuación a obra de libre elección. (A Deputación Provincial de Pontevedra non se fai responsable das xestións legais que lles poidan afectar ás bandas de música polo uso das partituras das obras de libre elección). A duración das obras de libre elección e os tempos totais de desviación que se lles permite a cada agrupación serán os seguintes: Sección Especial 20±7 minutos Sección Primeira 20±7 minutos Sección Segunda 15±5 minutos Sección Terceira 12±5 minutos O exceso será penalizado na puntuación do xurado. QUINTA.- O escenario e as instalacións sobre as que se desenvolva o Certame serán os mesmos para tódalas bandas de música participantes nunha mesma sección. A dita instalación será competencia exclusiva do Comité Organizador e non se poderán introducir modificacións que non efectúen este Comité. SEXTA.- O Xurado estará composto por cinco personalidades do mundo da música, o Presidente, que será o Ilmo. Sr. Presidente da Excma. Deputación Provincial, ou deputado en quen delegue, e un secretario, actuando o titular da institución ou funcionario en que delegue (con voz, pero sen voto). Os membros do Xurado percibirán as indemnizacións correspondentes a axudas de custo e desprazamentos polas reunións nas que se redacte acta, segundo establece o RD 462/2002 de 24 de maio e as actualizacións posteriores para o Grupo 1. As asistencias percibiranse por asimilación, segundo as contías fixadas para os membros de tribunais de selección de persoal do Grupo A. No suposto de estar incluído algún membro que, pola súa orixe, circunstancia, motivos e/ou causas xustificadas, estea relacionado con algunha banda de música participante no Certame, mediante proposta da Federación Galega de Bandas de Música Populares eliminarase do Xurado, procedendo o Comité Organizador a designar unha nova personalidade musical para formar parte del como vocal. SÉTIMA.- As bandas de música terán dereito a percibir en concepto de participación as seguintes cantidades: Sección Especial 3.600¤ Sección Primeira 3.000¤ Sección Segunda 2.400¤ Sección Terceira 1.800¤ OITAVA.- Concederanse os seguintes premios: Primeiro premio Ás bandas de música que obteñan de 341 a 400 puntos Segundo premio Ás bandas de música que obteñan de 291 a 340 puntos Terceiro premio Ás bandas de música que obteñan de 221 a 290 puntos Cada membro con dereito a voto poderá concederlle de 0 a 10 puntos, sen fraccións, a cada banda de música participante no Certame por cada un dos seguintes aspectos: afinación, sonoridade (dinámica, planos sonoros, equilibrios harmónicos, etc.) interpretación e técnica, tanto na obra obrigada coma na de libre elección. A suma delas determinará os premios correspondentes. As puntuacións maior e menor que os membros do Xurado lle outorguen a cada unha das obras interpretadas, sempre que exista unha diferencia superior a tres puntos respecto á media, quedarán excluídas do cómputo total e serán substituídas pola media das tres restantes, sendo a puntuación total a resultante das sumas das parciais de cada unha das obras interpretadas. NOVENA.- A decisión do Xurado darase a coñecer unha vez rematadas as actuacións de tódalas bandas de música de cada sección, para ser posteriormente ratificada polo Ilmo. Sr. Presidente ou órgano competente en quen delegue. DÉCIMA.- A Fundación Caixa Galicia, de acordo co criterio do Xurado, concederalles ás bandas de música que obteñan a Mención Especial os seguintes premios: Sección Especial 5.700¤ Sección Primeira 4.800¤ Sección Segunda 3.900¤ Sección Terceira 3.000¤ A Deputación Provincial establece para todo o conxunto das agrupacións participantes o Premio "Manuel Quiroga", dotado con 1.800¤, á interpretación dunha obra inédita, de autoría ou temática galega, que segundo o criterio do Xurado mereza tal recoñecemento. A Federación Galega de Bandas de Música Populares, no apoio ás súas agrupacións, concederá un premio de 1.800¤ á mellor interpretación da obra obrigada (máxima puntuación acadada) por parte das bandas de música federadas que participen no Certame. O empate implica o reparto do premio. Musical Pontevedra concederalles cheques por valor instrumental ás bandas de música que obteñan a Mención de Honra por importe de: Sección Especial 1.500¤ Sección Primeira 1.200¤ Sección Segunda 1.050¤ Sección Terceira 900¤ DÉCIMO PRIMEIRA.- As bandas de música inscritas interpretarán como obras obrigadas as seguintes: Sección Especial A Pedra da Liberdade (Ciclo para Banda; I, IV e V tempos) R. Groba Sección Primeira A Pedra da Liberdade (Ciclo para Banda; II e III tempos) R. Groba Sección Segunda Suite Galaica (I e II tempos) X.Comesanha Sección Terceira Anaquiños d'a Terra (Suite Galega: III e IV tempos) Luis Araque DÉCIMO SEGUNDA.- O prazo de inscrición será de 30 días naturais a partir do seguinte ó da publicación das presentes bases no Boletín Oficial da Provincia. As inscricións deberán formularse mediante solicitude asinada polo representante legal de cada banda de música, segundo o modelo de instancia que figura ó final destas bases, presentándoa no Rexistro Xeral da Deputación de Pontevedra. Durante o período de inscrición, e no Servicio de Cultura, estarán a disposición das bandas de música para a súa consulta as obras obrigadas de cada sección. DÉCIMO TERCEIRA.- Co obxecto de determinar nas bandas de música participantes a orde de actuación, realizarase un sorteo público no Pazo Provincial, sede da Deputación, perante o Presidente da Corporación ou deputado en quen delegue, e os membros do Comité Organizador. As bandas de música que, unha vez admitidas e sorteadas, non participen na competición, salvo por causa grave xustificada, quedarán inhabilitadas para poder actuar no Certame por un período de tres anos consecutivos, segundo o dictame do Comité Organizador. DÉCIMO CUARTA.- O Comité Organizador adoptará as medidas necesarias para informar, comunicar, enviar e recibi-lo material das bandas de música participantes no Certame. Comunicada a súa inclusión ás agrupacións, estas teñen 30 días naturais para remitirlle ó Servicio de Cultura da Deputación Provincial o historial da Banda, a súa foto e mailo curriculum do director, así como cinco exemplares da partitura da obra de libre elección, indicando a súa duración. A non presentación das partituras no prazo indicado significará a renuncia da banda de música a participar no Certame. DÉCIMOQUINTA.- Para o control dos instrumentistas das bandas de música participantes establécense os seguintes puntos: 1.- Constitúese unha comisión de control que estará formada por 2 membros designados pola Federación Galega de Bandas de Música Populares e por 2 funcionarios do Servicio de Cultura da Deputación Provincial. A comisión de control será a entidade competente para controlar e vixia-la composición dos instrumentistas das agrupacións participantes. Para estes efectos queda plenamente facultada para adoptar cantas medidas sexan oportunas para realiza-la tarefa de investigación, vixilancia e control e requirir e solicita-la documentación que estime necesaria das bandas de música participantes, utilizando así mesmo calquera dato dos listados das agrupacións incluídos nos plans culturais da Deputación Provincial así como os que posúe a Federación Galega de Bandas de Música Populares. Poderá formularlle ó Comité Organizador as propostas que considere convenientes, incluídas as referentes á cancelación da inscrición provisional e impeditivas de actuación da banda de música infractora así como a súa descualificación antes da decisión, aplicándolles a tódalas agrupacións, sexan ou non federadas, o regulamento de cadros de persoal de bandas de música para efectos de certames competitivos establecido pola Federación Galega de Bandas de Música Populares. 2.- Cada banda de música deberá comparecer cos seus propios músicos, sen reforzarse ou completarse con intérpretes doutras agrupacións musicais, salvo os alleos expresamente permitidos nestas bases. O criterio básico de adscrición dun músico a unha banda de música é pertencer a esta de maneira real e efectiva. Para acreditalo achegarán os seguintes listados: 2.1.- Para as Agrupacións integradas na Federación Galega de Bandas de Música Populares: relación nominal dos integrantes por instrumentos, co seu DNI ou pasaporte. 2.2.- Para as Agrupacións non integradas na Federación Galega de Bandas de Música Populares: relación nominal certificada dos integrantes por instrumentos, co seu DNI ou pasaporte, expedida polo secretario da banda de música e co visto e prace do presidente, na que conste unha declaración de pertenza ininterrompida e efectiva do músico á agrupación durante os dous últimos anos, lugar e data de nacemento e enderezo actual. 3.- Tódalas bandas de música presentaranse no lugar da actuación, coa antelación suficiente, conforme ós horarios que fixe a organización. A banda de música que no momento da súa actuación non estea presente no lugar no que se desenvolva o Certame quedará eliminada automaticamente. DÉCIMO SEXTA.- O Comité Organizador tomará as medidas oportunas para asegura-lo correcto desenvolvemento do Certame. No caso de que algunha proba teña que ser aprazada ou interrompida por causa xustificada, o Comité arbitrará as medidas oportunas para o seu posterior desenlace. No desenvolvemento da actividade organizativa e formando parte do Comité Organizador do evento, o Presidente designará a persoa que ha de asumir a Dirección Técnica, que será retribuída polos servicios prestados. A inscrición no Certame implica a completa aceptación das súas bases. As decisións tomadas polo Comité Organizador na execución e desenvolvemento das presentes bases e todas aquelas cuestións non previstas resolveranse, en cada caso, de maneira irrevogable polo propio Comité. A sede oficial do Comité Organizador do Certame será no Servicio de Cultura da Deputación Provincial de Pontevedra. Finalizado o Certame, cada banda de música participante que o solicite poderá coñecer no Servicio de Cultura as actas do Xurado cos resultados obtidos e os detalles dos votos emitidos con respecto á súa agrupación. DÉCIMO SÉTIMA.- O Comité Organizador do IV Certame Provincial de Bandas de Música "Deputación Provincial de Pontevedra" ten a potestade de interpretación das bases e estará constituído da seguinte maneira: Presidente: Ilmo. Sr. Presidente da Excma. Deputación Provincial de Pontevedra ou Deputado en quen delegue. Vocais: Dous representantes da Deputación Provincial de Pontevedra. Un representante da Federación Galega de Bandas Populares. Un asesor musical nomeado pola Presidencia. Os membros do Comité percibirán as indemnizacións correspondentes a axudas de custo e desprazamentos polas reunións nas que se redacte acta segundo establece o RD 462/2002 de 24 de maio e actualizacións posteriores para o Grupo 1. As asistencias percibiranse por asimilación, segundo as contías fixadas para os membros de tribunais de selección de persoal do Grupo A. ------ Folla: 5.5036.- ADHESIÓN DOS CONCELLOS DE BARRO E MOAÑA Ó CONVENIO DE COLABORACIÓN EN MATERIA CATASTRAL Sr. Presidente.- Punto número cinco da orde do día. Adhesión dos Concellos de Barro e Moaña ó Convenio de colaboración en materia catastral. ¿Votos en contra?. ¿Abstencións?. ¿A favor?. Apróbase por unanimidade. Vistos os acordos do Consello de Administración do ORAL, adoptados nas sesións celebradas o 23 de xaneiro e 20 de febreiro de 2004, polos que se aceptan as peticións dos Concellos de Moaña e Barro, respectivamente, de adhesión ó Convenio de colaboración en materia de xestión catastral subscrito entre a Dirección Xeral do Catastro e a Deputación Provincial de Pontevedra (ORAL) o 13 de xuño de 2001, solicitadas por acordos do Pleno do Concello de Moaña, en sesión do día 4 de decembro de 2003, e do Pleno do Concello de Barro, en sesión do día 21 de xaneiro de 2004 o Pleno, de conformidade co dictame da Comisión Informativa de Economía, Facenda e Turismo, acorda por unanimidade, ratifica-los referidos acordos do Consello de Administración do ORAL, aceptando a adhesión dos Concellos de Moaña e Barro ó Convenio de colaboración en materia de xestión catastral. ------ Folla: 6.5037.- DELEGACIÓN DE COMPETENCIAS DO CONCELLO DE SALVATERRA DE MIÑO A FAVOR DO ORAL PARA A XESTIÓN E RECADACIÓN DA TAXA POR RECOLLIDA DE LIXO E DO IMPOSTO SOBRE O INCREMENTO DE VALOR DOS TERREOS DE NATUREZA URBANA Sr. Presidente.- Punto número seis da orde do día. Delegación de competencias do Concello de Salvaterra de Miño a favor do ORAL para a xestión e recadación da taxa por recollida de lixo e do imposto sobre o incremento de valor dos terreos de natureza urbana. ¿Votos en contra?. ¿Abstencións?. ¿A favor?. Apróbase por unanimidade. Visto o acordo do Consello de Administración do ORAL (Organismo Autónomo Provincial de Xestión de Recursos Locais da Excma. Deputación Provincial de Pontevedra), de data 20 de febreiro de 2004, sobre aceptación da delegación do Concello de Salvaterra de Miño para a xestión e recadación da taxa por recollida de lixo e do imposto sobre o incremento de valor dos terreos de natureza urbana, o Pleno, de conformidade co dictame da Comisión Informativa de Economía, Facenda e Turismo, acorda por unanimidade, aceptar, de conformidade co previsto no artigo 7.2 do Real Decreto Lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o Texto refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais, a delegación na Deputación Provincial de Pontevedra-ORAL, que en materia de xestión e recadación da taxa por recollida de lixo e do imposto sobre o incremento de valor dos terreos de natureza urbana realizou o Concello de Salvaterra de Miño, por acordo da Xunta de Goberno de data 29 de xaneiro de 2004, seguindo o establecido nos artigos 106.3 da Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das Bases de Réxime Local, e 7 do citado Real Decreto Lexislativo 2/2004. A citada delegación publicarase no Boletín Oficial da Provincia e no Diario Oficial de Galicia, tal como determina o meritado artigo 7.2 "in fine". ------ Folla: 7.5038.- EXPEDIENTE DE MODIFICACIÓN DE CRÉDITOS NÚMERO 1/2004 Sr. Presidente.- Punto número sete da orde do día. Expediente de modificación de créditos número 2/2004. Sr. Figueroa. Sr. Figueroa Vila.- Hoxe traemos un expediente de modificación de créditos por un importe de 8.279.464 Euros. Estas modificacións fináncianse con remanentes de Tesourería e aquí inclúense unha serie de proxectos que consideramos importantes, varias solicitudes para programas de integración laboral, inversións en diversos Concellos, unha partida importante de un millón oitocentos para o Arquivo de Pontevedra. Tamén 711.000 Euros en inversións en asociacións de asilos, Cáritas, asociacións de persoas necesitadas, vinte asociacións de toda a provincia por un importe de setecentos e pico mil euros. Tamén se cumpre o compromiso da Presidencia dos convenios cos Concellos de Vigo e Pontevedra e outros Concellos máis, por un importe de 2.490.000 Euros e tamén unha partida importante de 500.000 Euros para a Caixa de Anticipos. Nós quixéramos facer nesta modificación de créditos unha emenda porque xa se chegou a un acordo co Concello de Pontevedra. Na partida de investimentos xestionados para Concellos por un importe de 2.490.000 Euros apartar unha partida, cambiala ó capítulo sete. Desta intervención xa teñen coñecemento, por importe de 100.000.000 de pesetas que serían seiscentos e pico mil euros. Esta é a modificación que traemos. Resalta-lo máis importante para nós, que á parte desas inversións tanto no Arquivo de Pontevedra como nas inversións que se poidan realizar nestes Concellos da provincia, os programas de integración, así como os convenios con Vigo e Pontevedra, pensamos que a partida de asociacións de máis necesitados é unha inversión importante para vinte asociacións que realmente tiñan unha demanda en canto á mantementos, equipamentos, renovación de instalacións, algúns incluso sen calefacción, lavadoras industriais, neveiras, utensilios diversos que pensamos que é unha partida importante, e ademais estas persoas realmente están facendo unha labor encomiable neste tipo de asociacións e necesitaban da renovación das súas instalacións. Esta é a modificación de crédito que traemos para aprobación ó Pleno no día de hoxe, con esa emenda que facemos para que o Sr. Interventor a recolla e a corrixa. Sr. Presidente.- Moitas gracias Sr. Figueroa. ¿Algunha intervención?. Sr. Mosquera. Sr. Mosquera Lorenzo.- Bos días, Sr. Presidente, gracias. Xa empeza a ser histórico nesta Deputación, pois á conta de remanentes empezamos a modifica-lo orzamento, cousa da que non temos nada en contra, pero que nos dá unha idea da falta da previsión, porque realmente estamos tratando case un orzamento paralelo, pola súa contía e polo seu destino, cando realmente estas previsións, aínda que quedaran pendentes para unha modificación cando se incorporaran os remanentes, se deberían ter incorporado para o debate dos orzamentos, vía previsións, que para eso hai posibilidades administrativas de facelo, cousa que non se fai. Aquí se van acumulando as demandas e unha vez que están sobre a mesa por vía goteo se van resolvendo. Evidentemente ten unha complexidade enorme este expediente e non vamos a entrar a reproducir o que podía ser case outro debate dos orzamentos, en canto a tratar partida por partida, nin vamos a entrar a discuti-la xestión concreta que levou a unha serie de incorporacións nesta modificación, que evidentemente non compartimos, e que podían dar lugar a certos debates que xa se deron no orzamento e se darán no seu momento cando se fale na Comisión ou no Pleno sobre os diversos aspectos da vida da Deputación. Dito esto, que en principio está aí e que mantén absolutamente tódalas características da xestión política coa consecuencia económica, orzamentaria, que se reflexa, o que si é certo é que a última hora ou como se queira dicir, esta modificación recolle en parte cuestións que foron plantexadas con bastante insistencia por este grupo, en xeral polos grupos da oposición pero algunha das cuestións por este grupo, no debate dos orzamentos, e fundamentalmente voume referir a dúas cuestións. Unha, a cuestión social, no que se facemos memoria incluso en Plenos posteriores ó dos orzamentos houbo un debate incluso ás veces agrio sobre a carencia ou a escasez de aportacións á área social desta Deputación, que neste expediente se corrixen, no sentido de que se inxectan bastantes cartos. Non vamos a entrar a discutir, que si daría bastante tamén, con que filosofía e con que fins, pero en xeral se corrixe. O feito de que ata hoxe os Concellos de Vigo e Pontevedra non tiñan ningún reflexo presupostario tamén foi obxecto de demandas e reclamacións deste grupo no debate dos orzamentos. Polo tanto, estamos de acordo; non é que estemos de acordo, é que foi reivindicación deste grupo os convenios con Pontevedra e Vigo; estamos de acordo de que se aumente as dotacións para fins sociais, pero seguimos sen estar de acordo coa xestión xeral e coas directrices políticas de actuación. Non só estar de acordo, senón congratularnos que se teña chegado a estas conclusións por parte do grupo de goberno, e ter reflexado as partidas para estes fins, e como non estamos de acordo coa filosofía xeral e cos plantexamentos que se están facendo de xestión desta Deputación vámonos abster neste expediente. Sr. Presidente.- Moitas gracias Sr. Mosquera. Sr. González Iglesias. Sr. González Iglesias.- En principio viendo el expediente que se nos trae hoy aquí lo primero que se nos ocurre es que completan ustedes el presupuesto por así decirlo, el presupuesto que trajeron a aprobación en su día. ¿Por qué se completa?. Pues se completa porque en temas anunciados varias veces por ustedes y reivindicados por los demás, por primera vez se dotan económicamente los convenios de Pontevedra y Vigo y los convenios con otros Ayuntamientos que aparecen por ahí y que también en diferentes ocasiones tanto los Ayuntamientos como los grupos de la oposición estuvimos planteando. Es cierto que hay una dotación a mayores importante para la Caja de Anticipos, importante por lo que supone para los Ayuntamientos. Esto engloba por primera vez el presupuesto como punto único y si en el presupuesto nosotros estábamos en contra por toda la filosofía del presupuesto, no sería muy congruente que cambiásemos de opinión, por lo que vamos a seguir manteniendo el mismo criterio de voto. Lo que si es cierto y queríamos resaltar es que hay cuestiones, como las ayudas a centros asistenciales, que nos parece muy bien que se doten con esta cantidad y si es necesario incluso con mayor cantidad, pero lo que no nos parece nada bien es la fórmula de reparto que estuvo haciendo el grupo de gobierno. Sabemos que hay Diputados y Diputadas del grupo de gobierno que estuvieron anunciando, curiosamente previamente a las elecciones, en cada centro asistencial las cantidades que iban a tener, etc., etc. Esto ocurrió en Ayuntamientos cercanos a Redondela, y además se lo digo con toda la claridad del mundo. Por lo tanto, por respeto a las instituciones entendemos que esto no debe hacerse más. Puede ocurrir que por un error, o por novatos, o por lo que sea, se haya hecho en una ocasión. Entendemos que esta no es la fórmula de hacer las cosas y si hay carencias, y sabemos que las hay en estos centros, los técnicos de la casa que emitan un informe previo. Los demás nos enteraremos, en cuanto se emita ese informe previo, de las carencias que hay. Entendemos que el grupo de gobierno si no lo hizo así fue por que no lo conocía en el momento del presupuesto. Si lo conociese en el momento de la confección del presupuesto también lo hubiese dotado con esta cantidad o con más si pudiesen. Pero la tramitación o el anuncio no lo hicieron en el momento adecuado, sobre todo porque era época electoral y es un mal momento para anunciar estas cosas. De todas formas, ya le digo, nosotros vamos a votar en contra por ser consecuentes con lo que votamos en el Pleno de los presupuestos. Sr. Presidente.- Moitas gracias Sr. González Iglesias. Só engadirlle unha cousa: que son máis de 100 millóns das antigas pesetas as que vamos adicar á atención de servicios sociais. Funcionamos como un equipo e ese equipo o que fixo foi visitar a cada un destes centros e ó mesmo tempo variar o que se lle concedía por Navidade, que parece ser que se lle mandaban antes uns lotes a uns centros e dende esta casa se dixo que non; se adquiriu unha serie de compromisos para obras e necesidades importantes e se está cumprindo con todos eses compromisos. Despois dicía algo de falta de previsión; bueno, pois esto é cumprir precisamente co que temos, coa execución do presuposto, adaptándoo ós nosos compromisos e cumprindo cos nosos compromisos, especialmente con Vigo e Pontevedra. E despois, na Caixa de Anticipos, como vostede ben dicía, vai unha cantidade de quiñentos mil euros para resolver definitivamente un tema importante como é o proceso de segregación de dous municipios, de Vilanova de Arousa e a Illa de Arousa, que conxuntamente coa política de coordinación da Xunta de Galicia resolverá ese problema definitivamente. Sr. Figueroa ¿quere engadir algunha cousa?. Sr. Figueroa Vila.- As manifestacións da oposición non teñen réplica por parte do equipo de goberno. Sr. Presidente.- Moitas gracias. Polo tanto procedemos á votación do punto número 7 da orde do día. Expediente de modificación de créditos. ¿Votos en contra?. O Grupo Socialista. ¿A favor?. Partido Popular. ¿Abstencións?. O BNG. Visto o expediente de modificación de créditos número 1/2004, dentro do vixente orzamento provincial, por un importe total de 8.279.464,55 Euros, motivado pola necesidade de realizar gastos que non poden demorarse ata o exercicio seguinte, e ó non existir consignación suficiente no estado de gastos do orzamento corrente financiarase, os suplementos de crédito por importe de 4.728.516,36 Euros e os créditos extraordinarios por importe de 3.550.948,19 Euros, con cargo ó remanente de Tesourería dispoñible. O Pleno, de conformidade co dictame da Comisión Informativa de Economía, Facenda e Turismo, acorda por maioría de votos a favor do Grupo Popular, coa abstención do BNG e os votos en contra do Grupo Socialista, aproba-lo expediente de modificación de créditos número 1/2004, que resumido por capítulos presenta a seguinte estructura, recolléndose a emenda "in voce" proposta polo Sr. Figueroa Vila: Capítulo 1º Gastos de persoal 417.228,44¤ Capítulo 2º Gastos en bens correntes e de servicios 310.924,50¤ Capítulo 4º Transferencias correntes 157.005,61¤ Capítulo 6º Investimentos reais 5.520.256,00¤ Capítulo 7º Transferencias de capital 1.874.050,00¤ TOTAL EXPEDIENTE 8.279.464,55¤ Dito expediente exporase ó público, para efectos de reclamacións, por un período de quince días hábiles, quedando definitivamente aprobado en caso de non producirse estas. ------ Folla: 8.5039.- APROBACIÓN DO CONVENIO DE COLABORACIÓN ENTRE A CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA DA XUNTA DE GALICIA, A DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA E A ENTIDADE CAIXANOVA PARA O FUNCIONAMENTO DUNHA TARXETA, OU OUTRO DISPOSITIVO ELECTRÓNICO, PARA A SUBVENCIÓN DA PEAXE NO TRAMO VIGO-O MORRAZO DA AUTOESTRADA AP-9 Sr. Presidente.- Punto número oito da orde do día. Aprobación do convenio de colaboración entre a Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda da Xunta de Galicia, a Deputación Provincial de Pontevedra e a entidade Caixanova para o funcionamento dunha tarxeta, ou outro dispositivo electrónico, para a subvención da peaxe no tramo Vigo-O Morrazo da Autoestrada AP-9. Sr. Mosquera. Sr. Mosquera Lorenzo.- Si, gracias Sr. Presidente. É unha modificación en certo modo menor se non fose polo fondo. Esto xa foi debatido aquí máis dunha vez, e temos manifestado a nosa oposición por significar a consolidación da peaxe e non ter resolto ou crear visos de resolve-la liberación da peaxe da ponte. O que pasa é que neste convenio nin máis nin menos que se recolle unha previsión de que eso se manteña de por vida e tanto é así que cando se nos trouxo a primeira vez se dicía vamos votalo a andar un ano en plan experimental, vamos agardar que mentres tanto se resolva, que a ver se se pode libera-la peaxe, todos estamos de acordo, etc., e neste convenio xa se dá por dous anos automaticamente, e coa previsión de prorrogalo. Ou sexa que parece que cando menos a Consellería e a Deputación teñen as súas previsións, aínda que non haxa unha liberación da peaxe, unha supresión da peaxe da ponte de Rande en anos. E a nós nos parece grave porque creemos que é un tema que leva anos estando encima da mesa, que debe seguir encima da mesa e que debemos aspirar a que en corto prazo se poida suprimir e polo tanto adica-los cartos, tanto da Consellería coma da Deputación, a outros fins e non a seguir tapando problemas de política estatal con respecto a esta autoestrada e a Galicia. Polo tanto, en consonancia co que votamos no seu momento, e incluso agravado por estas previsións do propio convenio, vamos a votar en contra. Sr. Presidente.- Moitas gracias Sr. Mosquera. Sr. González Iglesias. Sr. González Iglesias.- En principio yo creo que estamos en la misma tesis de siempre. Lo que se está planteando aquí es una modificación prácticamente técnica. De todas formas como estamos en contra del fondo de esta cuestión, como anunciamos en diferentes ocasiones, vamos a seguir manteniendo el voto contrario a esta modificación. Nada más. Sr. Presidente.- Moitas gracias. Sr. Figueroa. Sr. Figueroa Vila.- Nós vamos a seguir mantendo a nosa coherencia dos últimos anos con respecto a este tema, vamos a seguir apoiando este convenio e tamén eu creo que como para algúns era moi fácil resolver este tema, esperemos que este sexa o último ano. É o único que podemos afirmar. Sr. Presidente.- Parece ser que o Sr. González Iglesias nos vai a dar unha resposta importante a este tema. Sr. González Iglesias.- Sr. Presidente, este grupo, en diferentes ocasiones, le planteó que ya que la persona que era candidato a la Presidencia del Gobierno por el Partido Popular tuvo altas responsabilidades en el Gobierno y se comprometió, hace cuatro años y pico, a eliminar el tema del peaje, etc., etc., y no lo cumplió, yo en más de una ocasión le planteé que el Presidente de la Diputación sostuviese entrevistas con el Ministro de Fomento y con la Xunta, porque en aquel momento Audasa era del Estado y que nos informase de esas entrevistas. El Sr. Presidente se rió bastantes veces del tema y ni el actual Presidente ni el anterior, los dos del Partido Popular, plantearon ni una sóla vez el tema. Curiosamente ahora dicen que será más fácil para otros. Lo que está claro es una cosa, ustedes se comprometieron a algo, el que llevaban de candidato a la Presidencia del Gobierno una vez más mintió, no hizo honor ni hizo verdad de lo que prometió en su día. Déjenos a los demás al menos que intentemos hacer lo que dijimos. No presuman ustedes de lo que no hicieron, déjennos a los demás a ver si lo hacemos o no. Aún en funciones, pero todavía, gobierna el Partido Popular; parece que no, porque ustedes ya están ocupando todos los papeles. Pero realmente en funciones todavía están gobernando ustedes y no les he visto plantear en este tema absolutamente nada diferente, simplemente malgastar el dinero de la provincia, de los ciudadanos de la provincia y de los ciudadanos de Galicia. Curiosamente para que alguien, quién fuese, que se quedó con Autopistas, tuviese mejor negocio, ni más ni menos. Sr. Presidente.- A verdade é que, Sr. González, eu pensei que vostede nos ía a dar unha grande noticia hoxe, igual que o Sr. Louro, que nos dixeron que ían a suspende-la peaxe, pero non é así. É que vostedes parece ser que non teñen memoria cando lle ampliaron a concesión da autopista, e gobernaban vostedes, non hai memoria dese acordo. Estamos en funcións, pero dixo xa o Sr. Louro que vostedes van a suprimi-la peaxe. Ou sexa, que rectifican un erro que cometeron habéndolle ampliado a concesión, o cal é importante, e se logramos ese obxectivo aquí estaremos todos encantados. Sr. González Iglesias.- Mire, Sr. Louzán, yo a usted y a los que tienen cargos de responsabilidad en el Partido Popular, por su bien, por el bien de ustedes como partido, les recomendaría que cambiasen las formas y las actitudes, porque esa misma que está utilizando usted es la que les ha llevado a donde les ha llevado. Todavía a día de hoy el Gobierno está conformado por el Partido Popular, cuando haya otro Presidente del Gobierno, que yo espero que sea muy pronto, podrán ustedes decir lo que quieran. Mientras por Dios, por Dios, tranquilos, con calma, no se preocupen. Sr. Presidente.- Sr. González o único que buscou solucións, e precisamente este punto fala deso, foi o goberno do Partido Popular da Xunta de Galicia e desta Deputación Provincial de Pontevedra. Sr. González Iglesias.- Y el Sr. Rajoy. Sr. Presidente.- Bueno, vostede fai unha interpretación das súas palabras que eu non comparto. Pide a palabra o Sr. Mosquera. Sr. Mosquera Lorenzo.- Eu creo que houbo un posicionamento unánime, cando menos de palabra, deste Pleno, de que debiamos batallar todos pola supresión da peaxe de Rande. Hai unha demanda social fortísima para a supresión desta peaxe e nós vamos a seguir na mesma liña de esixir que se suprima a peaxe de Rande. Ata agora é evidente que non se cumpriu con esa promesa, e eu agardo que se abran as posibilidades de que se cumpra, pero agardo que como Deputados Provinciais defendamos, cousa que vostedes e o Partido Popular ata agora non fixo, os intereses da provincia e a partir de agora, que se pode abrir un novo escenario, sigamos ou retomemos esa liña de traballo e con esa liña de traballo poidamos efectivamente consegui-lo que todos desexamos. Sr. Presidente.- Moitas gracias Sr. Mosquera. Sr. Figueroa. Sr. Figueroa Vila.- Eu fixen unha afirmación que é real, é dicir, algúns pensaban que era moi fácil suprimilo, é dicir, así inmediatamente, e nós o único que estamos pensando se o suprimen tan fácil é que nos vamos aforrar este diñeiro. De todas maneiras, dende esta Deputación e dende o goberno da mesma, nós temos un obxectivo claro, o obxectivo é beneficiar ós veciños de toda a bisbarra e nós vamos a seguir mantendo o noso criterio e a nosa coherencia, porque ese é o obxectivo final, e ó final o importante é que hai unha serie de veciños que se benefician desta situación. Esperemos que se poidan facer as suspensións e as xestións a outros niveis para que nós poidamos aforrar e destinar estes diñeiros a outras cuestións. Pero o compromiso deste equipo de goberno segue sendo o mesmo. Sr. González, eu non sei por que se ten que mosquear, o único é que vostedes durante estes anos culparon sempre ó Partido Popular desta situación. Dicían que era moi fácil, que había que suprimilo, que era unha cuestión de vontade política, que tendo o goberno de Madrid que eso se resolvía; bueno pois vostedes van a ter esa posibilidade, van a ter un tempo importante por diante para poder resolvelo, e se o resolven moito mellor. De tódalas maneiras ten que entender que a nós nos preocupe este tema relativamente, hai outros que nos preocupan moito máis e claro aquí poderíamos facer outro debate e outro discurso de moitas cuestións. Nestes días saíu nos medios de comunicación que o AVE Vigo-Ourense non era prioritario e non pasou nada, seguramente se fora ó revés ó mellor xa tiñamos algaradas ou tiñamos consellos económicos e social, manifestacións, etc., etc. E eso a nós nos preocupa, e nos preocupa tamén que ó día seguinte de gaña-las eleccións vostedes retiren o seu programa electoral de internet e o descolguen inmediatamente. Bueno, pois claro que nos preocupa, ¿como non nos vai a preocupar?. Eu lle fago unha pregunta ¿se vostede a información de que o AVE Vigo-Ourense non fora prioritario e tiveramos un goberno do Partido Popular, vostede hoxe non estaría presentando aquí unha moción xa?. Inmediatamente. Estou totalmente convencido, inmediatamente, pero están calados. O AVE Vigo-Ourense é unha pelexa de moita xente durante moitos anos e hai que seguir pelexando por ela. Pero vostedes me parece que non quixeron entrar nese debate nin nese discurso. Fixen unha manifestación dicindo que como para algúns era fácil suprimir a peaxe, agora esperemos que o resolvan e encantados, nós o vamos apoiar, nos aforramos 700.000 Euros tódolos anos, que os podemos dedicar a servicios sociais e outras prioridades que ten a provincia. Esperemos que sexa así por ben de todos, e volvo a repetirlle, aínda que en Madrid goberne quen goberne, nós vamos a seguir coa liña coherente deste proxecto, porque ó final o importante é que os veciños do Morrazo se beneficien desta situación. Moitas gracias. Sr. Presidente.- Moitas gracias Sr. Figueroa. Sr. González Iglesias. Sr. González Iglesias.- Sr. Figueroa, dicía vostede que é moi fácil facer este tema, que nós dicíamos que era moi fácil, que a ver cando o facemos, ben, perfecto. A postura do Grupo Socialista estivo absolutamente clara, a postura dos candidatos do Partido Socialista nestas eleccións está absolutamente clara, e a postura do Partido Socialista neste tema está absolutamente clara, non variou, para nada, é a mesma que era hai tres meses, hai seis ou cando vostedes trouxeron este tema aquí. Hai que recoñecer unha cousa, era bastante máis fácil facelo cando estaba nas mans do Estado que unha vez privatizada, a verdade é que si, se supón que é bastante máis fácil. Pero bueno, volvo a repetir, a postura non variou. Me plantexa vostede o tema do AVE Vigo-Ourense; efectivamente é un pelexa de moita xente na que moitos estábamos e outros non estaban, fundamentalmente do Partido Popular. Pero xa que me fala de temas de prensa, tamén curiosamente enterámonos que aquela famosa inversión garantizada de fondos europeos que vostedes nos estiveron plantexando, resulta que non estaba feita, e nolo estiveron vendendo durante toda a campaña electoral, e antes da campaña electoral, é dicir, cuestións desas non sei cantas quere, pero podemos sacar cincuenta mil. Eu podía entender de determinados grupos políticos que tiveran gañas de que o PP perdera o Goberno do Estado e podería entendelo que os Socialistas tivéramos gañas de que o PP perdera o Goberno do Estado, o que a min me sorprende tremendamente é que os propios membros do PP teñan esas gañas, porque resulta que nos están plantexando que o Partido Socialista faga cousas nun goberno do que aínda non é goberno, é curioso, é curioso o tema, é tremendamente curioso. E unha vez máis, a fórmula de facer política que vostedes instauraron dende hai uns anos neste país e que pensan que poden seguir por ese camiño, lle volvo a repetir, polo seu ben lle digo, que cambien de fórmula de facer política porque esa deulle os resultados que lles deu. Agora, vexo que tamén tiñan vostedes moitas gañas de perde-las eleccións cando están facendo oposición a un Goberno que aínda non é Goberno. Ben, encantados da vida, non se preocupen que daremos conta do recado, dese tamén. Nada máis. Sr. Presidente.- Eso quere dicir que van a cumprir con ese compromiso ¿verdade Sr. González?. Faremos un seguimento exhaustivo para ver en canto tempo se produce. Sr. González Iglesias.- O mesmo que fixeron da promesa do Sr. Rajoy, Sr. Louzán. Mire, vostedes neste tema teñen que estar caladiños, caladiños. Sr. Presidente.- Faremos un seguimento exhaustivo e minucioso do tema. Moitas gracias. Procedemos á votacion do punto número 8 da orde do día. ¿Votos en contra?. Os dous grupos. ¿A favor?. Partido Popular. Aprobado por maioría. Visto o escrito da Dirección Xeral de Obras Públicas da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, de data 4 de marzo de 2004, co que se achega unha copia do Convenio de Colaboración entre a Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda da Xunta de Galicia, a Deputación Provincial de Pontevedra e a entidade CAIXANOVA para o funcionamento dunha tarxeta, ou outro dispositivo electrónico, para a subvención da peaxe no tramo Vigo-O Morrazo da autoestrada AP-9, que foi xa aprobado polo Consello da Xunta de Galicia o día 20 de febreiro de 2004. Resultando que este novo convenio vén a substituír ó anterior de 12 de abril de 2002, para adaptalo á normativa establecida no Decreto 416/2003, e poder ó mesmo tempo, en base á experiencia adquirida, establecer diversas melloras para a xestión do proceso, e que as novidades máis significativas son que o número de viaxes seguen sendo ata un máximo de 80 por mes, se ben non hai un mínimo como establecía o anterior convenio, a validez das tarxetas é como máximo de dous anos naturais, un ano máis que no anterior, e a vixencia do novo convenio é ata o 31 de decembro de 2005, coa posibilidade de renovalo por anualidades. Resultando que este novo convenio foi informado favorablemente polo Sr. Vicesecretario e por Intervención en data 10 de marzo de 2004, deixando constancia que se estima correcto xuridicamente e que na partida 04/511.511.489.14 existe consignación por 660.920,00 Euros, cantidade que se considera suficiente para facer fronte ó pago do 50% do custe do mesmo. O Pleno, de conformidade co dictame da Comisión Informativa de Economía, Facenda e Turismo, acorda, por maioría de votos a favor do Grupo Popular e cos votos en contra do PSOE e do BNG, aproba-lo Convenio de colaboración entre a Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda da Xunta de Galicia, a Deputación Provincial de Pontevedra e a entidade Caixanova para o funcionamento dunha tarxeta, ou outro dispositivo electrónico, para a subvención da peaxe no tramo Vigo-O Morrazo da autoestrada AP-9, que se une como anexo a este acordo. Así mesmo facúltase ó Ilmo. Sr. Presidente desta Deputación para levar a cabo a sinatura deste convenio e de cantas outras actuacións sexan necesarias en relación coas condicións establecidas no mesmo. Dito Convenio é como segue: CONVENIO DE COLABORACIÓN ENTRE A CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA DA XUNTA DE GALICIA E A DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA E A ENTIDADE CAIXANOVA PARA O FUNCIONAMENTO DUNHA TARXETA, OU DOUTRO DISPOSITIVO ELECTRÓNICO, PARA A SUBVENCIÓN DA PEAXE NO TRAMO VIGO-O MORRAZO DA AUTOESTRADA AP-9 Santiago de Compostela, de de dous mil catro REUNIDOS Dunha parte, o Excmo. Sr. Don Alberto Núñez Feijóo, Conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda da Xunta de Galicia, facultado para a formalización deste convenio pola Lei 1/1983, de 22 de febreiro, reguladora da Xunta e do seu Presidente. Doutra parte, o Ilmo. Sr. Don Rafael Louzán Abal, Presidente da Deputación de Pontevedra, actuando en virtude das facultades representativas que lle atribúe o artigo 34.1 b) da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases do réxime local. Doutra parte o Sr. Don Julio Fernández Gayoso, Director Xeral de Caixanova, segundo se acredita con poder bastante ó efecto. Tódalas partes se recoñecen mutuamente na calidade en que interveñen con capacidade legal necesaria para o outorgamento deste convenio e para o efecto EXPOÑEN I. O 12 de abril de 2002 asinouse un convenio de colaboración entre a Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda da Xunta de Galicia, a Deputación Provincial de Pontevedra e a entidade Caixanova para a posta en funcionamento dunha tarxeta para a subvención da peaxe no tramo Vigo-O Morrazo da autoestrada AP-9, como consecuencia do Decreto 419/2001. II. O 20 de novembro de 2002 (corrección de erros 22 de novembro) publicouse un novo Decreto sobre axudas ós usuarios da AP-9, entre Vigo e O Morrazo residentes na provincia de Pontevedra e entre A Coruña e A Barcala residentes na provincia da Coruña. III. O 27 de novembro de 2003 publicouse un novo Decreto có obxecto de mellorar e simplifica-la xestión. De acordo co citado Decreto a xestión das axudas previstas realizarase a través dunha entidade colaboradora. IV. Á vista do novo Decreto, de como se desenvolveu durante o presente ano o proceso de axudas e da experiencia adquirida, realizouse unha avaliación do impacto que a citada medida está tendo. Como consecuencia desta avaliación propúxose redactar un novo convenio co fin de axeitalo ó novo Decreto, para resolver adecuadamente as variadas situacións ás que se deu lugar e mellora-la xestión do proceso. V. Por outra parte en abril de 2003 púxose en marcha a peaxe dinámica para o control do pagamento da peaxe, supoñendo unha mellora considerable para a comodidade do usuario e na xestión pola empresa concesionaria. VI. Que en consecuencia, tódalas partes asinantes conveñen en colaborar ó efecto levando a cabo o presente convenio de colaboración consonte ás seguintes CLÁUSULAS PRIMEIRA.- OBXECTO. O obxecto do presente convenio é regula-la colaboración entre a Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, a Deputación de Pontevedra e Caixanova para a participación desta última na emisión dunha tarxeta -coas características que se especifican no anexo I- ou activación do sistema da peaxe dinámica existente, á que se fai referencia no Decreto da Xunta de Galicia 416/2003, do 27 de novembro, sobre axudas ós usuarios da AP-9 entre Vigo e O Morrazo residentes na provincia de Pontevedra. SEGUNDA.- COMPROMISOS DE CAIXANOVA. Caixanova, dentro do marco do presente convenio, comprométese a deseñar e por en funcionamento o sistema que, tendo como soporte unha tarxeta ou outro dispositivo electrónico para a peaxe dinámica, permita a xestión das axudas da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda e da Deputación de Pontevedra ós usuarios da autoestrada AP-9, residentes nos municipios da provincia de Pontevedra de acordo co recollido no Decreto 416/2003 antes citado. Para o mencionado fin deberá respecta-las obrigas que como entidade colaboradora lle corresponden de acordo coa normativa en materia de subvencións. Quedan excluídas expresamente das obrigas de Caixanova, en relación coa xestión do sistema, a avaliación da capacidade dos solicitantes de optar ás subvencións establecidas no marco do Decreto 416/2003, así como a veracidade dos datos que os organismos correspondentes lle subministren. TERCEIRA.- Compromisos da Xunta de Galicia e Deputación de Pontevedra. A Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda colaborará con Caixanova entregando toda a información necesaria para a posta en marcha do sistema. Para tal fin enviará en soporte informático ou calquera outro medio que se determine, as solicitudes resoltas favorablemente nas que se farán consta-los datos necesarios para a expedición das tarxetas ou inclusión na peaxe dinámica. Entre outros datos incluiranse: Nome e apelidos, NIF, dirección, código postal, teléfono de contacto, código conta cliente completo no que deben facerse os cargos, número de OBE no seu caso, así como calquera outra información que se determine como necesaria para a posta en marcha do sistema. Así mesmo comprométese a enviar e xestiona-la información necesaria para o correcto funcionamento do sistema de acordo co establecido neste convenio. Tanto a Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda como a Deputación de Pontevedra comprométense a realiza-los pagos, a través de Caixanova, polos conceptos de subvención da peaxe que lle corresponda, así como facer fronte ós custes de mantemento do sistema que se establezan de acordo co recollido na cláusula quinta deste convenio. CUARTA.- XESTIÓN DO SISTEMA. A).- CONDICIÓNS PARA USO DA TARXETA De acordo co artigo 2 do citado Decreto 416/2003, as axudas con cargo a cada tarxeta será do 100% do custe da peaxe (IVE incluído) subvencionaranse tódalas viaxes realizadas ata o número máximo de 80 viaxes por mes exclusivamente nos itinerarios Vigo-O Morrazo e O Morrazo-Vigo. Os solicitantes da subvención deberán ter unha conta soporte de tarxeta na que se farán os cargos correspondentes á mesma. Expedirase unha tarxeta ou incluirá un dispositivo de peaxe dinámica por cada persoa física. B).- EXPEDICIÓN DA TARXETA OU ACTIVACIÓN DO OBE Recibida da Consellería a información favorable sobre a procedencia de outorga-la tarxeta ou inclusión do OBE, e en base a esta información, Caixanova tramitará a expedición da tarxeta, que será enviada á Xunta de Galicia, ou incluirá o OBE como sistema de contabilización do bono-peaxe. A información recibida da Consellería, no soporte que oportunamente se determine, deberá incluír tódolos datos necesarios para poder completar este proceso. O prazo máximo dende que Caixanova reciba a autorización da emisión da tarxeta ata o seu envío á Xunta será de sete días hábiles. Como sistema de envío da tarxeta utilizarase o correo ou calquera outro medio que garanta unha rápida recepción das tarxetas pola Xunta, que será a encargada de envíalas ós usuarios mediante correo certificado. A tarxeta remitirase operativa. Os prazos para a inclusión do OBE como sistema de contabilización do bono-peaxe determinaranse entre a Xunta de Galicia e Caixanova en función de: a mellor operatividade entre ámbalas partes para a transmisión dos datos e dunha sinxela información para o uso do particular. C).- FUNCIONAMENTO Caixanova acordará coa empresa concesionaria, nos termos que se recollan no contrato ó que se fai referencia na cláusula sexta, o prazo de remisión mensual da relación de pasos efectuados por cada tarxeta ou OBE durante o mes anterior, especificando os que están dentro da subvención (tódalas viaxes realizadas ata 80 inclusive) coas cantidades que lle deben ser aboadas. A concesionaria enviará a Caixanova a información necesaria para que esta poida, á súa vez, remitir á Consellería, a que se indica máis adiante. De acordo co establecido no decreto, o sistema de xestión do pago das axudas será o seguinte: Unha vez que a empresa concesionaria da autoestrada liquide ós usuarios a través de Caixanova as cantidades correspondentes a cada tarxeta por meses vencidos, Caixanova efectuará o proceso de cargo da seguinte maneira: - Os importes subvencionables notificaranse á Xunta de Galicia, quen, unha vez comprobados os datos e á maior brevidade posible: dictará a resolución sobre a procedencia do pagamento que corresponde á Xunta de Galicia e á Deputación de Pontevedra, notificará a esta última e realizará a transferencia a favor de Caixanova. A Deputación de Pontevedra, unha vez que reciba a notificación, transferirá o importe que lle corresponde á maior brevidade posible. - Os importes non subvencionables cargaranse directamente nas contas facilitadas polos usuarios. Sen prexuízo de que no extracto de movementos mensuais que se realiza ós usuarios se sinale o detalle das cantidades subvencionadas. Caixanova facilitará á Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, mensualmente e en soporte informático: 1) un listado do ficheiro cos seguintes datos: - Período de facturación. - Número de tarxeta. - Nome e apelidos do titular. - NIF. - Enderezo. - Número de viaxes realizadas. - Importe total das viaxes. - Importe do aboo subvencionable. - Importe do aboo non subvencionable. 2) Toda a información recibida da empresa concesionaria sobre o uso da autoestrada. Cada usuario deberá conserva-los comprobantes de paso se quere cotexa-lo contido da liquidación do aboo, no cal constará a citada información. O Director Xeral de Obras Públicas resolverá mensualmente sobre a procedencia do aboo a efectuar polas peaxes subvencionadas, e transferirase a parte do custe asumido pola Xunta (50% do importe total subvencionado) a Caixanova na conta que esta sinale, durante os 5 días seguintes á recepción da documentación enviada por ésta. Así mesmo notificará á Deputación de Pontevedra sobre as resolucións adoptadas para que proceda, en relación co 50% restante, da mesma maneira e no mesmo prazo dende que reciba a documentación da Consellería. A Deputación poderá solicitar á Consellería a documentación que xustificou o pagamento para realiza-las comprobacións que estime oportunas. A entidade colaboradora, en relación coa subvención que a Consellería comunique como denegadas, e polos importes que lle sexan comunicados, efectuará o oportuno proceso de cargo ós usuarios. Este proceso deberá instrumentarse atendendo ós formatos e usos establecidos na compensación bancaria. Caixanova terá dereito a cobrar da Consellería e Deputación, ou dos usuarios da tarxeta non beneficiarios da subvención no seu caso, os aboos realizados á concesionaria dende o día en que os realice. De acordo co sistema de xestión sinalado nesta cláusula, establécese que a partir da data en que Caixanova aboe á concesionaria as cantidades correspondentes á tarxeta bono-peaxe ou OBE activado, os mencionados importes deberán ser aboados á maior brevidade posible pola Xunta e Deputación. Xunta de Galicia e Deputación de Pontevedra ingresarán á sinatura do convenio na correspondente conta instrumental para o pago desta subvención, un anticipo do 20% do orzamento anual destinado á subvención en concepto de pago parcial anticipado, a fin de que se poidan realiza-los pagos a Caixanova o mesmo día en que se notifique. A cantidade recollida no orzamento da Xunta de Galicia para 2004 é de 700.000,00 euros na partida 06.03.413B 480.0. A Xunta de Galicia e a Deputación de Pontevedra realizarán mensualmente os ingresos, segundo a cantidade xustificada que emita Caixanova, en concepto de pagos parciais. O anticipo reporase a medida que se efectúen os libramentos mensuais. Tanto a Xunta de Galici

Área de documentación

Área de notas

  • Nota

Puntos de acceso

Área de control da descrición