ATOPO
Rexistros actuais: 1.618.278
Obxectos dixitais dispoñibles: 504.649

Acta de sesión 2004/06/14_Extraordinaria

Área de identificación

  • Código(s) de referencia ES.GA.36038.ADPO.1.1.3.3.33.364/3.2004-06-14_Extraordinaria

  • Título Acta de sesión 2004/06/14_Extraordinaria

  • Data(s) 2004-06-14 (Creación)

  • Volume e soporte 1 acta de sesión

Área de contexto

Área de contido e estrutura

  • Alcance e contido Folla: Da sesión extraordinaria en primeira convocatoria, celebrada polo Pleno desta Excma. Deputación o día, 14 de xuño de 2004 No Salón de sesións da Excma. Deputación Provincial de Pontevedra, sendo as once horas e dez minutos do día catorce de xuño do ano dous mil catro, baixo a Presidencia do Ilmo. Sr. Presidente D. Rafael Louzán Abal, reuníronse as/os Señoras/es Deputadas/os, D. Xosé Antón Araujo Quintas, Dona Nidia María Arévalo Gómez, D. Ramón Campos Durán, Dona Francisca Canal Gómez, D. José Costa Díaz, D. José Crespo Iglesias, D. José Juan Durán Hermida, D. Antonio Feliciano Fernández Rocha, D. José Manuel Figueroa Vila, D. Emilio González Iglesias, D. Efrén Juanes Rodríguez, D. José Antonio Landín Eirín, D. José Antonio Lorenzo Rodríguez, Dona Clara Millán González, D. Xosé Cesáreo Mosquera Lorenzo, D. Constante Juan Muradas Ramos, D. Manuel Núñez Sestelo, D. Xosé Carlos Pazos Docampo, Dona María Teresa Pedrosa Silva, D. Juan Manuel Rey Rey, D. Alfredo Rodríguez Millares, D. Rodrigo Santiago Novas, Dona Belén Sío Lourido, D. José Enrique Sotelo Villar, D. Xabier Toba Girón e D. Jesús Vázquez Almuíña, co obxecto de celebrar sesión extraordinaria da Deputación en Pleno, en primeira convocatoria, consonte á correspondente orde do día. Da fé do acto o Secretario Xeral, D. Rogelio Nicieza de la Cerra, e está presente o Sr. Interventor, D. Bautista Pérez Carnero. Declarada aberta a sesión e de orde da Presidencia éntrase seguidamente no exame da orde do día, adoptándose en relación coa mesma o seguinte acordo: ------ Folla: 1.5076.- DESIGNACIÓN DE REPRESENTANTES DA CORPORACIÓN NA ASEMBLEA XERAL DE CAIXANOVA Sr. Presidente.- Debemos proceder á designación de representantes da Deputación na Asemblea Xeral de Caixanova. Podo ler ademais o acordo que se tomou na Comisión Informativa. Despois pediremos a conformidade de tódolos grupos. A Comisión de Réxime Interior e Persoal por unanimidade dos asistentes informa favorablemente ó Pleno da Corporación a adopción do seguinte acordo: De conformidade co disposto nos Estatutos de Caixanova e no Decreto 180/2002, de 23 de maio, da Consellería de Economía e Facenda, que modifica á súa vez o Decreto 153/1989, de 27 de xullo, de órganos rectores das Caixas de Aforros Galegas, acórdase designar ás seguintes persoas como representantes da Deputación na Asemblea Xeral de Caixanova. Só dar un dato, que a representación proporcional está establecida en catro representantes do Partido Popular, dous do Partido Socialista e un do Bloque Nacionalista Galego. Polo tanto: Partido Popular: Víctor Nogueira García, Magín Alfredo Froiz Planes, Pedro Pérez Torres e Juan Ramón Iglesias Alvarez; Partido Socialista: Jaime Rey Barreiro e Manuel Loureiro Adán; Bloque Nacionalista Galego: Julio Barreiro Lubián. Polo tanto procedemos á votación das tres propostas dos distintos grupos. ¿Abstencións?. ¿En contra?. ¿A favor?. Tódolos grupos. De conformidade co disposto nos Estatutos de Caixanova e no Decreto 180/2002, de 23 de maio, da Consellería de Economía e Facenda, que modifica á súa vez o Decreto 153/1989, de 27 de xullo, de órganos rectores das Caixas de Aforros Galegas acórdase por unanimidade designar ás seguintes persoas como representantes da Deputación Provincial na Asemblea Xeral de Caixanova: - Sr. D. Víctor Nogueira García - Sr. D. Magín Alfredo Froiz Planes - Sr. D. Pedro Pérez Torres - Sr. D. Juan Ramón Iglesias Alvarez - Sr. D. Jaime Rey Barreiro - Sr. D. Manuel Loureiro Adán - Sr. D. Xulio Barreiro Lubián E non habendo máis asuntos que tratar, polo Sr. Presidente, sendo as once horas e quince minutos do expresado día, dáse por rematada a sesión e dela esténdese a presente Acta, que asinará o Ilmo. Sr. Presidente comigo, o Secretario, que dou fe. ------

Área de documentación

Área de notas

  • Nota

Puntos de acceso

Área de control da descrición