ATOPO
Rexistros actuais: 1.618.278
Obxectos dixitais dispoñibles: 504.649

Acta de sesión 2004/06/30_Ordinaria

Área de identificación

  • Código(s) de referencia ES.GA.36038.ADPO.1.1.3.3.33.364/3.2004-06-30_Ordinaria

  • Título Acta de sesión 2004/06/30_Ordinaria

  • Data(s) 2004-06-30 (Creación)

  • Volume e soporte 1 acta de sesión

Área de contexto

Área de contido e estrutura

  • Alcance e contido Folla: Da sesión ordinaria en primeira convocatoria, celebrada polo Pleno desta Excma. Deputación o día, 30 de xuño de 2004 No Salón de sesións da Excma. Deputación Provincial de Pontevedra, sendo as once horas e dez minutos do día trinta de xuño do ano dous mil catro, baixo a Presidencia do Ilmo. Sr. Presidente D. Rafael Louzán Abal, reuníronse as/os Señoras/es Deputadas/os, D. Xosé Antón Araujo Quintas, Dona Nidia María Arévalo Gómez, D. Ramón Campos Durán, Dona Francisca Canal Gómez, D. José Costa Díaz, D. José Crespo Iglesias, D. José Juan Durán Hermida, D. Antonio Feliciano Fernández Rocha, D. José Manuel Figueroa Vila, D. Emilio González Iglesias, D. Efrén Juanes Rodríguez, D. José Antonio Landín Eirín, D. José Antonio Lorenzo Rodríguez, Dona Clara Millán González, D. Xosé Cesáreo Mosquera Lorenzo, D. Constante Juan Muradas Ramos, D. Manuel Núñez Sestelo, D. Xosé Carlos Pazos Docampo, Dona María Teresa Pedrosa Silva, D. Juan Manuel Rey Rey, D. Alfredo Rodríguez Millares, D. Rodrigo Santiago Novas, Dona Belén Sío Lourido, D. José Enrique Sotelo Villar, D. Xabier Toba Girón e D. Jesús Vázquez Almuíña, co obxecto de celebrar sesión ordinaria da Deputación en Pleno, en primeira convocatoria, consonte á correspondente orde do día. Da fé do acto o Vicesecretario, D. Carlos Cuadrado Romay, e está presente o Sr. Interventor, D. Bautista Pérez Carnero. Declarada aberta a sesión e de orde da Presidencia éntrase seguidamente no exame da orde do día, adoptándose en relación coa mesma os seguintes acordos: Sr. Presidente.- Damos comezo á sesión ordinaria do día de hoxe, 30 de xuño do 2004. 1.5077.- ACTAS ANTERIORES Sr. Presidente.- Primeiro punto da orde do día. Aprobación dos borradores das actas das anteriores sesións, ordinaria do día 26 de maio e extraordinaria do día 14 de xuño, ámbalas dúas do ano 2004. Apróbanse polo tanto. Acórdase por unanimidade aprobar os borradores das actas das anteriores sesións, ordinaria do día 26 de maio e extraordinaria do día 14 de xuño, ámbalas dúas deste ano 2004. ------ Folla: 2.5078.- RESOLUCIÓN DO RECURSO DE REPOSICIÓN PRESENTADO POR D. CARLOS ALVES ALVAREZ CONTRA ACORDO PLENARIO DE 25-02-2004, POLO QUE SE RESOLVEU A ALEGACIÓN FORMULADA CONTRA O PROXECTO DE "TERMINACIÓN DA EP GONDOMAR-VILAZA (GONDOMAR)" Sr. Presidente.- Segundo punto. Resolución do recurso de reposición presentado por D. Carlos Alves Alvarez contra acordo plenario de 25-02-2004, polo que se resolveu a alegación formulada contra o proxecto de "Terminación da EP Gondomar-Vilaza (Gondomar)". Procedemos á súa votación. ¿Votos en contra?. ¿Abstencións?. ¿A favor?. Todos os grupos. O Pleno desta Deputación Provincial acordou, en sesión de 29-10-2003, a aprobación inicial do proxecto de "Terminación da CP 2303 Gondomar-Vilaza" cun presuposto para coñecemento da Administración de 36.985,60 Euros, desagregado en presuposto de execución por contrata por importe de 28.500,00 Euros, e capítulo de expropiacións por importe de 8.485,60 Euros, así como a declaración de utilidade pública da obra e a solicitude á Xunta de Galicia de declaración de urxente ocupación dos bens afectados, e con data 30-04-2004 Carlos Alves Alvarez interpuxo recurso potestativo de reposición fronte ó citado acordo plenario de 27-02-2004, resolutorio da alegación presentada por este fronte ó referido proxecto; e á vista dos informes emitidos o 26-05-2004, polo enxeñeiro técnico xefe da zona sur e pola xefa da sección de Vías e Obras, o Pleno acorda por unanimidade: Desestimar o recurso de reposición interposto, en tempo e forma por Carlos Alves Alvarez (DNI nº 35.923.091 fronte ó acordo plenario desta Deputación Provincial, de 27-02-2004, en base ás seguintes razóns: 1.- A rectificación da cualificación do terreo afectado na finca número 13, propiedade do recorrente, levouse a cabo no acordo plenario recorrido, pasando a considerarse "cultivo", non "monte" como inicialmente se describía no expediente. 2.- O informe de 26-05-2004 do enxeñeiro técnico xefe da zona sur, no que sinala que o prezo do viñedo se encontra xa englobado no do metro cadrado de cultivo, sen que a súa maior ou menor taxación poida dirimirse neste momento procedimental por pertencer a un trámite posterior do expediente. 3.- Como sinala o informe de 26-05-2004 da xefa de sección de Vías e Obras, non se pode admitir a alusión que o recorrente fai ó "voo da finca" toda vez que unha parcela é un ben inmoble estático, situado nun lugar determinado, a rentes do solo. Contra o presente acordo poderá interpoñerse recurso contencioso-administrativo no prazo e perante os órganos que determina o artigo 46.1 da Lei 29/1998, de 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa. ------ Folla: 3.5079.- RESOLUCIÓN DAS ALEGACIÓNS PRESENTADAS Ó PROXECTO "TERMINACIÓN DO ENSANCHE DA EP 9305 COIRÓN-RIBADUMIA-LEIRO". DECLARACIÓN DE NECESIDADE DE OCUPACIÓN. APROBACIÓN DEFINITIVA DO PROXECTO E DA RELACIÓN DE BENS E PROPIETARIOS AFECTADOS Sr. Presidente.- Punto número 3. Resolución das alegacións presentadas ó proxecto "Terminación do ensanche da EP 9305 Coirón-Ribadumia-Leiro". Delcaración de necesidade de ocupación. Aprobación definitiva do proxecto e da relación de bens e propietarios afectados. ¿Votos en contra?. ¿Abstencións?. ¿A favor?. O proxecto de "Terminación do ensanche EP 9305 Coirón-Ribadumia-Leiro (Meaño-Ribadumia)", cun presuposto para coñecemento da Administración de 15.817,57 Euros, desagregado nun presuposto de execución por contrata cun importe de 12.103,89 Euros, e nun capítulo de expropiacións por importe de 3.713,68 Euros, aprobouse inicialmente en virtude dun acordo plenario desta Deputación Provincial de 31-03-2004 e sometido a información pública nun edicto publicado no BOP nº 76, de 22-04-2004, a efectos de posibles reclamacións; e, posto que durante o citado período de exposición pública os propietarios afectados presentaron diversas alegacións, á vista dos informes do enxeñeiro técnico xefe da zona norte e da xefa de sección de Vías e Obras, o Pleno acorda por unanimidade: 1.- A resolución das alegacións presentadas por diversos propietarios afectados pola obra "Terminación do ensanche EP 9305 Coirón-Ribadumia-Leiro (Meaño-Ribadumia)", segundo o seguinte detalle: A) Desestimar a alegación que presentou ELSA SABORIDO MARTÍNEZ, con base no informe de 21-05-2004 do enxeñeiro técnico xefe da zona norte, no que sinala que a ocupación prevista non afecta en absoluto á estructura da vivenda, como tampouco o fará no futuro o tráfico, toda vez que o proxecto creará unha zona de aparcamento e logo beirarrúas. Así mesmo a valoración dos bens afectados realizarase no momento oportuno do procedemento despois do levantamento das actas previas á ocupación. B) Desestimar a alegación que se presentou por EUGENIA RODRÍGUEZ PAZ, con base no informe que emitiu o enxeñeiro técnico xefe da zona norte o 21 de maio de 2004, no que sinala que o ensanche do vial provincial é unha fase anterior á de urbanización da zona polo Concello e se lle dea solución ó problema das augas, que en ningún caso alterarán o seu discorrer coa execución do ensanche. C) Desestimar a alegación que presentou EDELMIRO LEDE NOYA (DNI número 35430838-M) con base no informe de 26 de maio de 2004 do enxeñeiro da zona, que sinala que o ensanche da citada estrada se realizou en distintas fases debido á contía da obra, mediante a cesión de terreos por parte dos veciños. Redactouse o proxecto de terminación do ensanche despois de convocar unha reunión cos afectados para darlle coñecemento da obra, sen que se presentasen nela, e, así mesmo, en base ó informe que emitiu a xefa de sección de Vías e Obras o 16 de xuño de 2004 no que se advirte que se cumpriron todos os trámites previstos na Lei de expropiación forzosa, relativos á aprobación inicial do proxecto, declaración de utilidade pública da obra, solicitude á Xunta de Galicia de declaración de urxente ocupación, e a súa exposición pública así como do expediente expropiatorio que supón, sen que en ningún caso se vulneraran os dereitos do propietario alegante, toda vez que tivo coñecemento do expediente dende o seu inicio, como constata a súa personación mediante a alegación que se resolve nesta proposta, sen que ademais o proxecto supoña actuación puntual desta Administración, senón terminación dun ensanche coa afección de todas as parcelas situadas no tramo pendente deste ensanche. 2.- A aprobación definitiva do proxecto "Terminación do ensanche EP 9305 Coirón-Ribadumia-Leiro (Meaño-Ribadumia)", con presuposto para coñecemento da Administración de 15.817,57 Euros, desagregado en presuposto de execución por contrata por importe de 12.103,89 Euros, e capítulo de expropiacións por importe de 3.713,68 Euros. 3.- A declaración da necesidade de ocupación dos bens e dereitos afectados toda vez que o referido vial o ensanchou a Deputación Provincial en sucesivas fases mediante a cesión de terreos polos veciños, quedando pendente de mellora unicamente o tramo obxecto do referido proxecto que resulta imprescindible para dotar a todo o vial do ancho necesario para garantir a seguridade vial nunha zona de alta densidade de poboación. 4.- A aprobación definitiva da relación de bens e propietarios afectados, segundo o seguinte detalle: Nº predio Propietario Bens afectados 1 ELSA SABORIDO MARTÍNEZ -13,05 m² horta-27,84 m² inculto-42,90 m² inculto- 8 uds. Postes- 20 uds. Plantas xardín- 42,90 m² pavimento beirarrúa- 19 m² pechamento predio 2 EDELMIRO LEDE NOYA - 89,10 m² horta- 8 uds. Postes grandes 3 EUGENIA RODRÍGUEZ PAZ - 170 m² hora- 7 uds. Cepas 35 m² emparrado- 8 uds. Postes Contra o presente acordo, que pon fin á vía administrativa, poderán os interesados interpoñer recurso potestativo de reposición perante o órgano que o dictou, no prazo dun mes, a partir do día seguinte ó da notificación deste acordo, ou ben recurso contencioso-administrativo no prazo e perante os órganos que determina o artigo 46-1 da Lei da xurisdicción contencioso-administrativa. ------ Folla: 4.5080.- RESOLUCIÓN DA ALEGACIÓN Ó PROXECTO "TERMINACIÓN DO ENSANCHE DA EP 6407 CASEDA-BRANDARIZ". DECLARACIÓN DE NECESIDADE DE OCUPACIÓN. APROBACIÓN DEFINITIVA DO PROXECTO E DA RELACIÓN DE BENS E PROPIETARIOS AFECTADOS Sr. Presidente.- Punto número 4 da orde do día. Resolución da alegación ó proxecto "Terminación do ensanche da EP 6407 Caseda-Brandariz". Declaración de necesidade de ocupación. Aprobación definitiva do proxecto e da relación de bens e propietarios afectados. Procedemos á súa votación. ¿Votos en contra? ¿Abstencións?. ¿A favor?. O Pleno desta Deputación Provincial acordou, en sesión de 31-03-2004, a aprobación inicial do proxecto de "Terminación do ensanche EP Caseda-Brandariz (Vila de Cruces)", cun presuposto para coñecemento da Administración de 14.061,14 Euros, desagregado en presuposto de execución por contrata por importe de 11.499,01 Euros, e expropiacións por importe de 2.612,13 Euros, así como a declaración de utilidade pública da obra e a solicitude á Xunta de Galicia de declaración de urxente ocupación; como queira que durante o período de exposición pública do proxecto, Alejandro Martín López en representación de Regina Mella Lareo formulou alegación, e á vista dos informes de 16 e 17 de xuño de 2004 da xefa de sección de Vías e Obras e do enxeñeiro técnico xefe da zona norte, respectivamente, o Pleno acorda por unanimidade: 1.- A desestimación da alegación presentada por Alejandro Martín López en representación de Regina Mella Lareo, veciña de Silleda, fronte ó proxecto de "Terminación do ensanche EP 6407 Caseda-Brandariz (Vila de Cruces)", con base no informe de 16-06-2004 emitido pola xefa de sección de Vías e Obras, no que sinala que o proxecto comprende a globalidade da obra conducente á terminación do ensanche de dito vial, como o seu propio nome indica, e que está dotado dunha "memoria" descritiva das obras que se han realizar, materiais que se han empregar e custes, así como dunha pormenorización das propiedades particulares que se verán afectadas; e con base no informe de 17-06-2004 do enxeñeiro técnico xefe da zona norte no que advirte que a obra resulta imprescindible para dotar ó vial da sección mínima que a circulación require, que noutros tramos se realizou coa colaboración dos veciños, e que resultaría ilóxico que quedase interrompida no tramo obxecto do proxecto. 2.- A aprobación definitiva do proxecto de "Terminación do ensanche EP 6407 Caseda-Brandariz (Vila de Cruces)" cun presuposto para coñecemento da Administración de 14.061,14 Euros, desagregado en presuposto de execución por contrata por importe de 11.499,01 Euros, e expropiacións por importe de 2.612,13 Euros. 3.- A declaración de necesidade de ocupación dos bens afectados con base nos informes técnicos emitidos. 4.- A aprobación definitiva da relación de propietarios e bens afectados segundo o seguinte detalle: Nª finca Propietario Bens afectados 1 REGINA MELLA LAREO - 213,12 m² de monte- 18 unid de piñeiro de 12 cm de diámetro- 5 unid de piñeiro de 20 cm de diámetro 2 REGINA MELLA LAREO - 51,00 m² de monte 3 REGINA MELLA LAREO - 390 m² de monte- 12 unid de piñeiro de 30 cm de diámetro- 8 unid de piñeiro de 15 cm de diámetro- 2 unid de carballo novo Contra o presente acordo que pon fin á vía administrativa, os interesados poderán interpoñer recurso potestativo de reposición perante o órgano que o dictou, no prazo dun mes, a partir do día seguinte ó da notificación deste acordo, ou ben recurso contencioso-administrativo no prazo e perante os órganos que determina o artigo 46.1 da Lei da xurisdicción contencioso-administrativa. ------ Folla: 5.5081.- APROBACIÓN INICIAL DO PROXECTO "TERMINACIÓN ACCESO IGREXA DE VILALONGA (SANXENXO)". EXPOSICIÓN PÚBLICA DO MESMO. DECLARACIÓN DE UTILIDADE PÚBLICA DA OBRA. SOLICITUDE Á XUNTA DE GALICIA DE DECLARACIÓN DE URXENTE OCUPACIÓN. MOTIVACIÓN DA URXENCIA Sr. Presidente.- Punto número 5. Aprobación inicial do Proxecto "Terminación acceso Igrexa de Vilalonga (Sanxenxo)". Exposición Pública do mesmo. Declaración de utilidade pública da obra. Solicitude á Xunta de Galicia de declaración de urxente ocupación. Motivación da urxencia. E no mesmo sentido outra estrada tamén no mesmo, que é o punto número 6, que podemos votalos conxuntamente, que é a aprobación inicial do proxecto da "EP Vilalonga-Fianteira (Sanxenxo)". Declaración de utilidade pública da obra. Solicitude á Xunta de Galicia de declaración de urxente ocupación. Motivación da urxencia Polo tanto procedemos á votación dos puntos 5 e 6. ¿Votos en contra? ¿Abstencións?. ¿A favor?. O proxecto de "Terminación do acceso á igrexa de Vilalonga (Sanxenxo)", pertencente a Fondos Propios 2004 e dotado dun presuposto para coñecemento da Administración de 67.336,19 Euros, desagregado en presuposto de execución por contrata, cun importe de 35.032,19 Euros, e en expropiacións, cun importe de 32.304,00 Euros, ten por obxecto o ensanche da explanación deste vial, coa construcción de novos valos de contención necesarios para obter a plataforma desexada, a formación de paseos e foxos, cunha lonxitude de 190 m., a mellora do firme actual e beirarrúas de 1,80 e 1,90 m de ancho; e, á vista dos documentos RC emitidos por Intervención nos que se certifica existencia de saldo de crédito dispoñible na partida 04/511.511-612.02 para facer fronte ó gasto da obra así como ó das súas expropiacións, e do informe emitido polo enxeñeiro técnico xefe da zona norte, de 23-06-2004, advertindo que é urxente a culminación da obra para garantir a seguridade vial e de peóns, o Pleno acorda por unanimidade: 1.- A aprobación inicial do proxecto de "Terminación do acceso á igrexa de Vilalonga (Sanxenxo)", con presuposto para coñecemento da Administración de 67.336,19 Euros, desagregado en presuposto de execución por contrata, cun importe de 35.032,19 Euros, e en expropiacións, cun importe de 32.304,00 Euros. 2.- A exposición pública deste e do expediente de expropiación que conleva, por prazo regulamentario, a efectos de posibles reclamacións, entendéndose apobado definitivamente e de forma automática en caso de non se producir estas. 3.- A declaración de utilidade pública da obra, con base no informe emitido polo enxeñeiro técnico xefe da zona norte, advertindo da présa que reviste a execución da obra e da urxencia da culminación da obra, para garantir a seguridade vial e de peóns nunha zona de uso moi frecuente por ser o acceso ó cemiterio parroquial e á igrexa. 4.- A solicitude á Xunta de Galicia da declaración de urxente ocupación dos bens e terreos afectados pola referida obra. 5.- A motivación da urxencia que se pretende dar ás expropiacións que xera dita obra, en base ó informe do enxeñeiro técnico xefe da zona norte, de 23-06-2004, no que sinala que nos últimos anos se foi mellorando a EP 9209 C-550 Igrexa de Vilalonga, mediante convenio subscrito co Concello de Sanxenxo, para dotala de aparcamento e dúas beirarrúas, gracias á cesión de gran parte dos afectados, a excepción do tramo obxecto do presente proxecto. Este afecta a tres propietarios que non accederon á cesión, polo que é urxente a culminación da obra para garantir a seguridade vial e de peóns nunha zona de uso moi frecuente por ser o acceso ó cemiterio parroquial e á igrexa. ------ Folla: 6.5082.- APROBACIÓN INICIAL DO PROXECTO "EP VILALONGA-FIANTEIRA (SANXENXO)". EXPOSICIÓN PÚBLICA DO MESMO. DECLARACIÓN DE UTILIDADE PÚBLICA DA OBRA. SOLICITUDE Á XUNTA DE GALICIA DE DECLARACIÓN DE URXENTE OCUPACIÓN. MOTIVACIÓN DA URXENCIA O proxecto de "EP Vilalonga-Fianteira (Sanxenxo)", pertencente a Fondos Propios 2004, e dotado dun presuposto para coñecemento da Administración de 38.811,39 Euros, desagregado en presuposto de execución por contrata, cun importe de 29.713,12 Euros, e en expropiacións, cun importe de 9.098,27 Euros, ten por obxecto o ensanche da explanación deste vial, coa construcción de valos de contención nos lugares onde sexan necesarios, a formación de paseos, foxos e beirarrúas de 0,90 e 1,80 m de ancho; e, á vista dos documentos RC emitidos por Intervención nos que se certifica a existencia de saldo de crédito dispoñible na partida 04/511.511-612.02 para facer fronte ó gasto da obra e das súas expropiacións, e do informe emitido polo enxeñeiro técnico xefe da zona norte, de 23-06-2004, advertindo a necesidade de acometer dita obra, o Pleno acorda por unanimidade: 1.- A aprobación inicial do proxecto de "EP Vilalonga-Fianteira (Sanxenxo)", con presuposto para coñecemento da Administración de 38.811,39 Euros, desagregado en presuposto de execución por contrata, cun importe de 29.713,12 Euros, e en expropiacións, cun importe de 9.098,27 Euros. 2.- A exposición pública do mesmo e do expediente de expropiación que conleva, por prazo regulamentario, a efectos de posibles reclamacións, entendéndose aprobado definitivamente e de forma automática en caso de non se producir as mesmas. 3.- A declaración de utilidade pública da obra, con base no informe emitido polo enxeñeiro técnico xefe da zona norte, no que manifesta que debido á profusión de construcción de vivendas, no seu primeiro tramo, o vial convertiuse practicamente nunha rúa á cal o Concello de Sanxenxo dotou de servizos con beirarrúas e iluminación gracias a acordos cos afectados, a excepción do enlace coa C-550 onde se crea un grave conflicto para o abundante tráfico que accede ás vivendas e á zona industrial, obrigando ademais ós viandantes a invadir a calzada. 4.- A solicitude á Xunta de Galicia da declaración de urxente ocupación dos bens e terreos afectados pola referida obra. 5.- A motivación da urxencia que se pretende dar ás expropiacións que xera dita obra, en base ó informe do enxeñeiro técnico xefe da zona norte, de 23-06-2004, sinalando que debido á profusión de construcción de vivendas no seu primeiro tramo, o citado vial convertiuse practicamente nunha rúa á cal o Concello de Sanxenxo dotou de servizos con beirarrúas e iluminación, gracias a acordos cos afectados, a excepción do enlace coa C-550, onde se crea un grave conflicto para o abundante tráfico que accede ás vivendas e á zona industrial, obrigando ademais ós viandantes a invadir a calzada, por todo o cal se redactou o presente proxecto coa finalidade de acometer a obra coa maior brevidade posible. ------ Folla: 7.5083.- MODIFICACIÓN DOS ESTATUTOS DO ORGANISMO AUTÓNOMO PROVINCIAL DE XESTIÓN DE RECURSOS LOCAIS (ORAL), PARA ADAPTALOS Á LEI 57/2003 Sr. Presidente.- Punto número 7. Modificación dos Estatutos do Organismo Autónomo Provincial de xestión de recursos locais ORAL para adaptalos á Lei 57/2003. Se non hai ningunha intervención procedemos á súa votación ¿Votos en contra? ¿Abstencións?. ¿A favor?. Todos os grupos. Visto o acordo do Consello de Administración do ORAL (Organismo Autónomo Provincial de Xestión de Recursos Locais da Excma. Deputación Provincial de Pontevedra), de data 21 de maio de 2004, para a modificación dos seus Estatutos. Resultando que a Deputación Provincial de Pontevedra, na sesión plenaria de 30 de decembro de 1993, acordou crear e aprobar os estatutos deste organismo autónomo, de carácter administrativo, como forma instrumental de xestión directa dos recursos locais de entidades da provincia, iniciando as súas actividades con efectos de 1 de xaneiro de 1994. Ditos estatutos foron modificados por acordo plenario da Deputación na súa sesión do 24 de xaneiro de 2002, modificación que entrou en vigor o 7 de abril do mesmo ano. Resultando que a Lei 57/2003, de 16 de decembro, de medidas para a modernización do goberno local, modificou diversos artigos da Lei 7/1985, reguladora das bases do réxime local, entre eles o artigo 85 no referente ás formas de xestión dos servizos públicos locais, á vez que introduciu o artigo 85 bis que regula determinados aspectos dos organismos autónomos e entidades públicas empresariais locais, remitindo, ademais, expresamente ó regulado para este tipo de entes nos artigos 45 a 52 e 53 a 60, respectivamente, da Lei 6/1997, de 14 de abril, de organización e funcionamento da Administración xeral do Estado (LOFAXE), concedendo a "disposición transitoria terceira" de dita Lei un prazo de seis meses para adecuar os actuais OO.AA. locais ó previsto na normativa que se indica. O Pleno, de conformidade co dictame da Comisión Informativa de Economía, Facenda e Turismo, acorda por unanimidade aproba-la modificación dos estatutos do Organismo Autónomo Provincial de Xestión de Recursos Locais (ORAL) que pasan a ter 26 artigos, unha disposición transitoria, unha disposición final e unha derogatoria e quedan co seguinte sentido: ESTATUTOS DO ORGANISMO AUTÓNOMO PROVINCIAL DE XESTIÓN DE RECURSOS LOCAIS (ORAL) DA EXCMA. DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA CAPÍTULO 1 NATUREZA, DENOMINACIÓN E FINS Artigo 1.- A Deputación Provincial de Pontevedra, no exercicio das competencias que lle son propias, de acordo cos artigos 26 e 36 da Lei 7/1985, reguladora das bases de réxime local, e o artigo 30 do Real decreto lexislativo 781/1986, crea un organismo autónomo de carácter administrativo, con suxeición ó que preceptúa o artigo 85.2 b) e 85 bis da citada Lei, segundo a redacción dada a estes pola Lei 57/2003, de 16 de decembro, de medidas de modernización do goberno local, todo isto en relación co artigo 7 do texto refundido da Lei reguladora das facendas locais, aprobado por Real decreto lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, coa finalidade de levar a cabo a xestión e recadación dos recursos dos entes locais e outros organismos que o soliciten e tamén a xestión de actividades catastrais segundo os convenios e a normativa que así o dispoña. Artigo 2.- O organismo autónomo provincial así creado denominarase "Organismo Autónomo Provincial de Xestión de Recursos Locais (ORAL)". O organismo, como entidade de dereito público, goza de personalidade xurídica propia e independente, plena capacidade xurídica e autonomía económica e administrativa para cumprir os seus fins, con suxeición ás leis. Este organismo, creado e tutelado pola Deputación, adscríbese á súa área económico-financeira , dependente do deputado-delegado para asuntos económicos. Artigo 3.- O domicilio do organismo autónomo queda establecido na cidade de Pontevedra. A estructura organizativa do organismo componse dos servizos centrais, situados na cidade de Pontevedra, e dos servizos periféricos, que comprenden as diferentes oficinas situadas naqueles municipios que resulte conveniente para unha mellor prestación do servizo. O Consello rector queda facultado para acordar o traslado do domicilio dentro da cidade de Pontevedra. Artigo 4.- O Organismo Autónomo Provincial de Xestión de Recursos Locais (ORAL), ten por obxecto prestar os seguintes servizos: a) Formar e manter os padróns de tributos locais co alcance e condicións que se conveñan. b) Practicar as liquidacións para determinar as débedas tributarias e outros actos de xestión delegados. c) Recadar en período voluntario e en vía de constrinximento toda clase de tributos, así como outros ingresos de dereito público das entidades locais da provincia de Pontevedra, incluída a Deputación Provincial de Pontevedra. d) Xestionar e recadar os recursos doutras entidades de dereito público dentro do ámbito da provincia de Pontevedra. e) Colaborar en tarefas de inspección dos tributos locais, de acordo coas disposicións legais vixentes. f) Asesoramento xurídico en materia tributaria e defensa e representación xurídica ás entidades que delegaron a súa xestión. g) Asesoramento económico e contable en materia tributaria ás entidades delegantes. h) Prestar calquera outra actividade ou servizo conexo, derivado ou necesario, para a mellor efectividade dos anteriores, especialmente os relativos ás funcións catastrais segundo os convenios que se asinen e a normativa que así o dispoña. Artigo 5.- O organismo autónomo provincial rexerá o seu funcionamento segundo a normativa fixada nos presentes estatutos, polo regulamento orgánico e funcional que se aprobe e polas disposicións da Lei de bases de réxime local, texto refundido da Lei reguladora das facendas locais, Lei xeral tributaria e regulamentos de aplicación, e Lei xeral orzamentaria. En materia laboral rexerase polo estatuto dos traballadores, polos convenios colectivos que se pacten e polo resto da normativa laboral que lle sexa de aplicación. CAPÍTULO II ORGANIZACIÓN Artigo 6.- Por razón da súa competencia, os órganos do organismo autónomo serán os seguintes: Órganos de Goberno: - Consello rector - Comisión xestora - Presidente do organismo - Vicepresidente Órgano de Dirección e Administración: - Director Órgano de consulta: - Consello asesor SECCIÓN 1ª DO CONSELLO RECTOR E DA COMISIÓN XESTORA Artigo 7.- A) Consello rector 1.- O Consello rector estará formado polos seguintes membros: Presidente: o da Deputación de Pontevedra ou deputado en que delegue. Vicepresidente: designarao o Pleno da Deputación de entre os seus membros. Vocais: un mínimo de dous e un máximo de catro, que designará o Pleno da Deputación de entre os seus membros. 2.- O secretario, o interventor e o tesoureiro da Deputación, ou os funcionarios nos que deleguen, asistirán ás reunións con voz pero sen voto, actuando no exercicio das funcións que lles son propias. 3.- Asistirá tamén ás reunións, con voz e sen voto, o director co obxecto de informar ou asesorar dos asuntos que lle concirnan. B) Da Comisión xestora A Comisión xestora estará formada polo vicepresidente do organismo, que actuará como presidente, salvo que asista o propio presidente, caso no que será este último quen actúe como tal, e polos señores director, secretario, interventor e tesoureiro do organismo. Ás reunións da Comisión xestora poderán convocarse os xefes de servizo ós que afecten os asuntos que se vaian tratar. Artigo 8.- A) Funcións do Consello rector e dereitos dos seus membros. 1.- Son funcións do Consello rector, ademais da organización e a alta dirección do organismo, as seguintes: a) Aprobar o programa de actuación. b) Aprobar a memoria anual da xestión realizada, así como o inventario de bens. c) Aprobar o organigrama e o cadro de persoal, elevando os acordos ó Pleno da Deputación para a súa ratificación. d) Aprobar a proposta de modificación dos estatutos. e) Aprobar os regulamentos e normas de carácter xeral que regulen a organización e funcionamento do organismo para a súa posterior ratificación por parte do Pleno da Deputación. f) Aprobar a proposta inicial do presuposto do organismo en virtude do disposto no artigo 168-2 do texto refundido da Lei reguladora das facendas locais, aprobado polo Real decreto lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, así como a proposta das súas modificacións, de acordo coas bases de execución e elevalas ó Pleno da Deputación para a súa aprobación. g) Aprobar anualmente a conta xeral para os efectos previstos no artigo 212 do texto refundido da Lei reguladora das facendas locais, aprobado polo Real decreto lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, para a súa aprobación definitiva polo Pleno da Deputación. h) Nomear o director a proposta do presidente. i) A resolución de expedientes por faltas graves ou moi graves cometidas polo persoal do organismo. j) Aprobar, no seu caso, os criterios para asignarlle incentivos ó persoal cos límites das dotacións orzamentarias. k) Aprobar a concertación de operacións de crédito dándolle conta ó Pleno da Deputación para efectos da súa autorización cando proceda. l) A contratación de obras, servizos, subministracións e adquisicións cando a competencia non lle corresponda ó presidente do organismo. m)As demais que, non atribuídas especificamente nestes estatutos a algún dos órganos de goberno ou dirección, lle correspondan ó Pleno da Deputación, entre elas a creación ou participación en sociedades mercantís se isto fose preciso para as actividades catastrais e outras relacionadas coa súa actividade (artigo 62.1 f) da Lei 6/1997). 2.- Os membros do Consello rector terán os seguintes dereitos: a) Asistirán con voz e voto ás reunións do Consello. b) Poderán examinar os expedientes e cantos antecedentes se relacionen cos asuntos comprendidos na orde do día, co fin de coñecelos antes das deliberacións. c) Poderán elevar ó Consello as mocións e propostas que estimen pertinentes, relativas ós fins do organismo. d)Poderán solicitarlle ó presidente calquera información ou documento. e) Poderán solicitar coa suficiente antelación, petición de inclusión de asuntos na orde do día. f) Terán dereito ás asistencias que se fixen nas bases do presuposto, incluídos todos os asistentes. B)Funcións da Comisión xestora A Comisión xestora terá as seguintes funcións: a. Coordinar e impulsar as actividades do organismo b. Asistir e informar nos asuntos que se sometan ó Consello c. Seguir o desenvolvemento dos acordos e resolucións dos órganos de goberno e dirección d. As que, no seu caso, lle delegue o Consello rector e/ou o presidente SECCIÓN 2ª DO PRESIDENTE Artigo 9.- O presidente do organismo terá as seguintes atribucións: a) Convocar o Consello rector e o Consello asesor, e presidir e dirixir as súas sesións cando asista. b) Representar ó organismo autónomo en toda clase de actos, accións e contratos perante calquera autoridade e organismo, e outorgar un apoderamento para tal efecto. c) Dictar as resolucións particulares que sexan precisas para executar os acordos do Consello rector. d) Formar a orde do día, convocar, presidir, suspender e levantar as sesións dos órganos colexiados, dirixir as deliberacións e dirimir os empates co voto de calidade. e) Elaborar o programa de actuación e elevalo ó Consello rector para a súa aprobación. f) Elaborar a memoria anual e o inventario de bens, elevándoos ó Consello rector para a súa aprobación. g) Elaborar o organigrama e cadro de persoal do organismo, elevándoo ó Consello rector para a súa aprobación e posterior ratificación polo Pleno da Deputación. h) Elaborar o proxecto de presuposto do organismo, a proposta das súas modificacións cando a aprobación destas lle corresponda ó Consello rector, así como a proposta inicial da conta xeral. i) Aprobar as modificacións do presuposto cando sexan da súa competencia, segundo as bases de execución. j) Aprobar inicialmente a liquidación do presuposto. k) Adoptar as medidas de urxencia que sexan necesarias en defensa dos intereses do organismo. l) Resolver, a proposta do director, o nomeamento e o cese do persoal para postos de especial responsabilidade e dirección. m)Resolver, a proposta do director, o despido de persoal laboral e someter dita resolución á ratificación do Consello rector. n)Aprobar a asignación individualizada de incentivos ó persoal. ñ)Contratar obras, servizos e subministración nos supostos autorizados pola lei ós presidentes das entidades locais. o)Calquera outra facultade que lle corresponda por lei ou regulen os presentes estatutos e non estean atribuídas a outros órganos. Artigo 10.- Do vicepresidente 1.- Corresponderalle suplir ó presidente en todas as súas actuacións cando a súa asistencia non sexa posible por calquera motivo ou circunstancia. 2.- Asumirá todas as actuacións que o presidente delegue nel. SECCIÓN 3ª DO DIRECTOR Artigo 11.- O director do organismo autónomo designarao o Consello rector, a proposta do presidente da Deputación, de entre os funcionarios con habilitación nacional ou persoal, cualificado segundo o artigo 85 bis-1-b da Lei 7/1985. Corresponderanlle ó director as facultades seguintes: a) Resolver aquelas materias que expresamente lle sexan atribuídas polo regulamento orgánico ou calquera outra encomendada polo Pleno da Deputación, polo Consello rector, pola Comisión xestora ou polo presidente. b) A inmediata dirección e administración do organismo, das que lles dará conta, periodicamente, ó Consello rector e á Comisión Xestora e, de continuo, ó seu presidente. c) Cumprir os acordos e resolucións do Consello rector, da Comisión xestora e do presidente. d) En particular, son as súas funcións: 1.- Dictar os actos administrativos que, con relación ó exercicio das funcións de xestión censual, tributaria e recadadora lle correspondan. 2.- Dirixir, organizar e xestionar o organismo, supervisar e inspeccionar as actividades que constitúen o seu obxecto. 3.- Propoñer a adopción de medidas conducentes a cubrir as necesidades dos servizos e do persoal co fin de dotalos dunha maior eficacia. 4.- Censurar e dar conformidade, no seu caso, ós informes e comunicados dirixidos ós organismos dos que se realice a súa xestión. 5.- Vixiar o cumprimento das disposicións regulamentarias e normas legais a que estean sometidas as actuacións do organismo. 6.- Autorizar, por delegación da Presidencia, para realizar horas extraordinarias, comisións de servizo con dereito a indemnización, así como resolver os expedientes de devolución de ingresos indebidos. 7.- Propoñerlle ó presidente a contratación do persoal laboral e propoñer a resolución da relación xurídica que o vincule co organismo de acordo cos cadros de persoal previamente aprobados polo Consello rector e ratificados polo Pleno da Deputación. 8.- Propoñerlle ó presidente a ordenación e instrucción de expedientes disciplinarios e formular pregos de cargo do persoal laboral. 9.- Propoñerlle ó presidente a imposición de sancións que correspondan ó persoal do organismo pola comisión de calquera feito constitutivo de falta leve. Por delegación, o director poderá resolver os expedientes por faltas de natureza leve. 10.- Propoñerlle ó presidente a autorización de asistencia a cursos, congresos e demais convocatorias para a formación e perfeccionamento do persoal do organismo. 11.- Propoñerlle ó presidente a distribución do persoal na forma que o esixan as necesidades do servizo, podendo trasladar a diferentes zonas ou dependencias a calquera empregado, con suxeición á normativa legal aplicable. 12.- Propoñerlle ó presidente a aprobación do plan xeral anual de vacacións de todo o persoal. 13.- Propoñerlle ó presidente a resolución de toda clase de peticións de licencias, excedencias e outras situacións administrativas do persoal. 14.- Propoñerlle ó presidente o nomeamento dos cargos de especial responsabilidade. 15.- Exercer a representación do organismo por delegación da Presidencia. 16.- Realizar a xestión económica de acordo co presuposto aprobado. 17.- Todas aquelas que lle sexan delegadas expresamente polo presidente ou o vicepresidente. SECCIÓN 4ª DO CONSELLO ASESOR Artigo 12.- 1.- O Consello asesor actuará como órgano consultivo no deseño dos plans de actuación do organismo autónomo, así como do seu seguimento e avaliación. 2.- Estará integrado por todos os membros do Consello rector e máis dez alcaldes dos municipios que teñan delegada a súa xestión no organismo. Os alcaldes serán designados polo Pleno da Corporación provincial de entre todos os grupos políticos e independentes. A renovación dos membros do Consello asesor producirase coas eleccións locais. En todo caso, cando, por calquera circunstancia, se produza o relevo do alcalde nalgún municipio que fose membro do Consello asesor, ocupará automaticamente o seu lugar o substituto legalmente nomeado. 3.- Asistirán ás sesións do Consello asesor, con voz pero sen voto, os señores director, secretario, interventor e tesoureiro. 4.- O Consello asesor reunirase, polo menos, unha vez ó trimestre para ser informado da marcha e actuacións do organismo. Debaterá a memoria de xestión de cada exercicio, podendo presentar mocións para o seu estudio. En todo caso, os seus acordos non serán vinculantes. SECCIÓN 5ª DAS FUNCIÓNS DE SECRETARÍA, INTERVENCIÓN E TESOURERÍA Artigo 13.- As funcións que lles corresponden ó secretario, ó interventor e ó tesoureiro serán as legalmente establecidas, sendo desempeñadas polos titulares da Deputación ou por funcionarios de carreira do organismo ou da Deputación en quen deleguen. Tamén poderán encomendárselles outras actividades ou funcións que, pola súa especial relación ou incidencia nas regulamentarias, poidan contribuír a mellorar os aspectos funcionais do organismo. CAPÍTULO III RÉXIME DE SESIÓNS Artigo 14.- 1.- O Consello rector reunirase, previa convocatoria efectuada a iniciativa do seu presidente ou a petición de tres dos seus membros, tantas veces como sexa necesario para o bo funcionamento do organismo e, ordinariamente, unha vez ó mes. O Consello asesor reunirase, polo menos, unha vez ó trimestre. A Comisión xestora reunirase, como mínimo, unha vez cada quince días. 2.- A convocatoria dos consellos rector e asesor, salvo en casos de urxencia apreciada polo seu presidente, cursarase por escrito, directa e persoalmente, polo menos con corenta e oito horas de antelación e irá xunto coa orde do día da sesión. 3.- O Consello rector quedará validamente constituído cando concorran á reunión, polo menos, tres deputados membros, sempre que un deles sexa o presidente e asista o secretario. Non poderá ter lugar ningunha sesión sen a asistencia do presidente e do secretario ou das persoas que legalmente os substitúan. 4.- De non producirse quórum de asistencia, o Consello rector reunirase en segunda convocatoria unha hora despois da sinalada para a primeira. 5.- Os acordos adoptaranse por maioría de votos dos asistentes. En caso de empate, o presidente terá voto de calidade. 6.- No non previsto nos números anteriores aplicarase a normativa sobre funcionamento de réxime de sesións do Pleno da Deputación, segundo determina a lexislación de réxime local, excepto no relativo á súa publicidade e á información e participación cidadá. Artigo 15.- Contra os actos propios de xestión e recadación tributaria procederá recurso de reposición, que esgotará a vía administrativa previa á contencioso-administrativa. CAPÍTULO IV ORGANIZACIÓN ADMINISTRATIVA Artigo 16.- O organismo estructurarase en servizos centrais e servizos periféricos. Os servizos centrais organizaranse en servizos, seccións e negociados, de acordo co organigrama vixente en cada momento. Os servizos periféricos organizaranse en unidades, situadas en diferentes municipios, de acordo coas necesidades que dimanen da prestación do servizo no conxunto dos municipios. Artigo 17.- O persoal do organismo estará integrado por: a) Funcionarios propios do organismo b) Persoal laboral contratado polo organismo c) Funcionarios da Deputación que presten os seus servizos no organismo Artigo 18.- 1.- O persoal funcionario quedará sometido á mesma regulación cós funcionarios da propia Deputación. Dependerán funcionalmente do presidente do organismo e percibirán as súas remuneracións do organismo autónomo. 2.- O persoal laboral quedará sometido ó estatuto dos traballadores, ó convenio colectivo e á demais normativa legal vixente. A contratación ou nomeamento non lles conferirá ós empregados a condición de funcionarios da Deputación de Pontevedra, tendo en conta a natureza xurídica do organismo e da relación contractual existente. Artigo 19.- As retribucións de todo o persoal fixaranse cada ano no presuposto do organismo, respectando os límites legais e os acordos regulados en convenio e máis as normas emanadas da Deputación (artigo 85 bis-1-e da Lei 7/1985). CAPÍTULO V PATRIMONIO E RÉXIME ECONÓMICO Artigo 20.- Constitúe o patrimonio do organismo autónomo: a) Os bens que son da titularidade do organismo b) Os bens que a Deputación de Pontevedra lle transfira ó organismo c) Os bens que adquira por calquera título lexítimo e que sexan convenientes ou necesarios para a consecución dos seus fins. d) Calquera outro que se adscriba Artigo 21.- Os recursos económicos do Organismo están integrados por: a) As transferencias, achegas e anticipos da Deputación de Pontevedra que, en todo momento e circunstancia, asegurarán, xunto co equilibrio orzamentario, a liquidez precisa para a atención inmediata das obrigas e compromisos de índole económica. b) O producto de operacións de crédito c) Os rendementos do organismo d) Os ingresos procedentes do seu patrimonio e outros de dereito privado e) Calquera outro recurso que lle poida ser legalmente atribuído Artigo 22.- O Consello rector aprobará inicialmente o presuposto anual do organismo, que lle será remitido á Deputación co fin de que poida ser integrado no seu presuposto xeral e aprobado polo Pleno da Deputación. Artigo 23.- 1.- Sen prexuízo da facultade de fiscalización que lle corresponde á Intervención, serán competencia desta e da Tesourería, respectivamente, levaren a contabilidade pública establecida pola citada lei e as disposicións que a desenvolven. Para a retirada ou saída de fondos ou cargos nas contas bancarias do organismo son necesarias as sinaturas conxuntas do presidente, do interventor e do tesoureiro. 2.- A contabilidade do organismo levarase a cabo polos seus propios medios de informatización e axustarase ó plan de contas e outras normativas aplicables ós organismos autónomos locais de carácter administrativo. 3.- As contas do organismo renderaas o presidente e someteranse ó Consello rector, órgano que as aprobará inicialmente, elevándoas á Deputación para que poidan ser integradas na conta xeral da entidade. CAPÍTULO VI FACULTADES E TUTELA DA DEPUTACIÓN Artigo 24.- 1.- A función tutelar do organismo exerceraa a Deputación de Pontevedra, que a levará a cabo por medio dos seus órganos competentes da área á que queda adscrito o organismo. 2.- As facultades tutelares acadarán todos aqueles actos que requiran a aprobación do Pleno da Deputación, enumerados ó longo dos presentes estatutos e os que estableza a lexislación de réxime local. 3.- O presidente da Deputación poderá suspender os acordos do organismo autónomo cando se refiran a asuntos que non sexan da súa competencia, constituíndo unha infracción manifesta das leis, ou por calquera outra causa que atente gravemente ós intereses da Deputación. Así mesmo, poderá reclamar dos seus órganos de goberno e administración toda clase de informes e documentos, así como ordenar as inspeccións que considere oportunas. CAPÍTULO VII MODIFICACIÓN E DISOLUCIÓN Artigo 25.- A aprobación das propostas de modificación destes estatutos esixirá o voto favorable da maioría absoluta legal dos membros do Consello rector. Artigo 26.-. 1.- O organismo autónomo terá unha duración indefinida, determinada polo cumprimento das finalidades recollidas nos presentes estatutos. 2.- A Deputación resérvase o dereito de modificar a forma de xestión dos servizos obxecto destes estatutos cando o crea conveniente, de acordo co procedemento legalmente establecido. 3.- O organismo autónomo provincial poderá disolverse por: a) Imposibilidade legal ou material de realizar os seus fins b) Acordo do Pleno da Deputación de Pontevedra c) Calquera outra circunstancia legal 4.- Ó extinguirse o Organismo Autónomo Provincial de Xestión de Recursos Locais da Deputación de Pontevedra, esta sucederalle universalmente. Declarada a disolución, o Consello rector transformarase en comisión liquidadora do organismo co obxecto de determinar e valorar os bens, dereitos e obrigas que constitúen o seu patrimonio e, no prazo máximo de tres meses, elevará a súa proposta á consideración da Deputación Provincial de Pontevedra. DISPOSICIÓN TRANSITORIA Ata tanto sexa nomeado o director do organismo autónomo, de conformidade co previsto nos estatutos, desempeñará o cargo de director o tesoureiro da Deputación Provincial de Pontevedra, en canto ten a titularidade, como función propia, da xefatura dos servizos de recadación da Deputación. DISPOSICIÓNS FINAIS Primeira.- En todo o que non estea expresamente regulado nestes estatutos, será de aplicación a lexislación de réxime local e, de modo supletorio, as normas que configuran o réxime xurídico dos organismos autónomos do Estado. Segunda: estes estatutos aprobounos o Pleno da Deputación Provincial de Pontevedra en data ............. e entrarán en vigor a partir de ................ DISPOSICIÓN DEROGATORIA Quedan derogados os actuais estatutos reguladores do Organismo Autónomo Provincial de Xestión e Recadación de Recursos Locais (ORAL), aprobados polo Pleno da Deputación Provincial na sesión do 24 de xaneiro do 2002. O expediente de modificación de ditos Estatutos exporase ó público por prazo de trinta días hábiles mediante anuncio no Boletín Oficial da Provincia, a efectos de reclamacións. No caso de non producirse reclamacións, este acordo considerase elevado a definitivo. Estas modificacións entrarán en vigor a partir do día seguinte ó da súa publicación no Boletín Oficial da Provincia. ------ Folla: 8.5084.- EXPEDIENTE DE MODIFICACIÓN DE CRÉDITOS (SUPLEMENTOS) DO ORGANISMO AUTÓNOMO CAIXA DE ANTICIPOS DE COOPERACIÓN Sr. Presidente.- Punto número 8. Expediente de modificación de créditos (suplementos) do Organismo Autónomo Caixa de Anticipos de Cooperación. ¿Algunha intervención?. Non hai intervencións. ¿Votos en contra?. ¿Abstencións?. Partido Socialista. ¿A favor?. Bloque Nacionalista Galego e Partido Popular. Visto o expediente de modificación de créditos do presuposto para 2004 da Caixa de Anticipos de Cooperación, por un importe total de 37.143,42 Euros, co obxecto de facer fronte a posibles compromisos derivados de acordos adoptados pola Xunta Administradora no actual exercicio e os que se adoptarán durante o segundo semestre, resulta necesario suplementa-la partida 04/911.821.01 de concesión de préstamo ou anticipos a Entidades Locais, e que será financiado con cargo ó remanente de Tesourería dispoñible, o Pleno, de conformidade co dictame da Comisión Informativa de Economía, Facenda e Turismo, acorda por maioría, cos votos a favor do PP e do BNG e coa abstención do PSOE, aprobar o expediente suplementando a seguinte partida: PARTIDA DENOMINACIÓN CONTÍA DO SUPLEMENTO 04/911.821.01 Préstamos ou anticipos Concellos 37.143,42 Euros Total suplemento 37.143,42 Euros Dito expediente exporase ó público, para efectos de reclamacións, por un período de quince días hábiles, quedando definitivamente aprobado no caso de non producirse estas. ------ Folla: 9.5085.- APROBACIÓN DEFINITIVA DA CONTA XERAL DA DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA, QUE INCLUE A DOS ORGANISMOS AUTÓNOMOS, CORRESPONDENTE Ó EXERCICIO DE 2003 Sr. Presidente.- Punto número 9 da orde do día. Aprobación definitiva da Conta Xeral da Deputación Provincial de Pontevedra, que inclue a dos organismos autónomos, correspondente ó exercicio de 2003. Sr. Mosquera. Sr. Mosquera Lorenzo.- Gracias Sr. Presidente. Bos días. Bueno, xustificar o noso voto neste punto que vai ser a abstención. Este é un documento no que se recollen todas as actuacións contables da Deputación durante o ano 2003, pero nin votamos a favor do presuposto nin compartimos a maneira de comprometer o gasto e facer a xestión. Polo tanto vámonos abster. Sr. Presidente.- Sr. González Iglesias. Sr. González Iglesias.- Si, o Grupo Socialista vaise abster do mesmo xeito que fixemos no punto anterior. Son temas relacionados co presuposto, non os votamos a favor e polo tanto vamos absternos tamén. Sr. Presidente.- Polo tanto procedemos á votación deste punto. ¿Votos en contra?. ¿Abstencións?. ¿A favor?. Dictaminada favorablemente pola Comisión Especial de Contas, en sesións celebradas os días 19 de maio e 23 de xuño de 2004, a Conta Xeral da Deputación Provincial de Pontevedra e os seus Organismos Autónomos, correspondente ó exercicio de 2003, ó non producirse reclamacións, reparos ou observacións contra a mesma, durante o prazo regulamentario que estivo exposta ó público, e a teor do disposto nos artigos 116 da Lei 7/1985 de 2 de abril, en concordancia co artigo 212-3º do Real Decreto Lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais, o Pleno acorda por maioría, cos votos a favor do PP e coas abstencións do PSOE e do BNG: - Aprobar a Conta Xeral da Deputación Provincial de Pontevedra correspondente ó exercicio de 2003, e que a forman a da propia Deputación e a dos organismos autónomos seguintes: Escola de Canteiros, Museo Provincial, Escola Universitaria de Enfermería, Centro de Formación Profesional Fogar Provincial, Padroado de Turismo Rías Baixas, Caixa de Anticipos de Cooperación e Organismo Autónomo Provincial de Xestión de Recursos Locais (ORAL), integradas polos estados e contas anuais, os anexos ós estados anuais e a xustificación dos estados e contas anuais, a que se refiren as regras 416, 425 e 415 da Instrucción de Contabilidade para a Administración Local, aprobadas por Orde do Ministerio de Economía e Facenda de 17 de xullo de 1990. ------ Folla: 10.5086.- CONVENIO ESPECÍFICO DE COLABORACIÓN ENTRE A EXCMA. DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA E O EXCMO. CONCELLO DE A ESTRADA PARA A REALIZACIÓN DO PROXECTO "AESTRADA DIXITAL" Sr. Presidente.- Punto número 10 da orde do día. Convenio específico de colaboración entre a Excma. Deputación Provincial de Pontevedra e o Excmo. Concello de A Estrada para a realización do proxecto "Aestradadixital". ¿Votos en contra?. ¿Abstencións?. ¿A favor?. De conformidade co dictame da Comisión Informativa de Cooperación de 19 de maio de 2004, o Pleno acorda por unanimidade aprobar o Convenio de colaboración entre a Excma. Deputación Provincial de Pontevedra e o Excmo. Concello de A Estrada para a realización do Proxecto "A Estrada Dixital". A achega da Deputación é de 180.000,00 Euros durante os exercicios de 2004, 2005 e 2006, a razón de 60.000,00 Euros anuais. Dito Convenio é como segue: CONVENIO ESPECÍFICO DE COLABORACIÓN ENTRE A EXCMA. DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA E O EXCMO. CONCELLO DE A ESTRADA PARA A REALIZACIÓN DO PROXECTO "A ESTRADA DIXITAL" En Pontevedra, a 11 de xuño de 2004 REUNIDOS Dunha parte, D. Rafael Louzán Abal na súa condición de Presidente, actuando en nome e representación da Excma. Deputación de Pontevedra, con domicilio social en Pontevedra, Avda. Montero Ríos s/n. Doutra, D. Ramón Campos Durán na súa condición de Alcalde-Presidente, actuando en nome e representación do Excmo. Concello de A Estrada con domicilio en A Estrada (Pontevedra), Praza da Constitución, nº 1. Actuando ámbalas dúas partes na respectiva representación que ostentan e recoñecéndose reciprocamente a capaciade legal necesaria para o outorgamento do presente documento, EXPOÑEN QUE 1.- O Ministerio de Ciencia e Tecnoloxía (actual Ministerio de Industria, Turismo e Comercio), dentro da iniciativa Info XXI, puxo en marcha o Proxecto de Cidades Dixitais como un Proxecto de telecomunicacións cuxo obxectivo é a promoción e implantación da sociedade da información en temas tales como teleadministración, comercio/negocio electrónico, teletraballo, teleformación, telemedicina, xestión de servicios de uso público, aplicacións para colectivos con requerimentos especiais, cultura, turismo e ocio, entorno doméstico e móvil, etc. Todo iso baseado en redes de telecomunicacións a alta velocidade. Este Proxecto execútase en colaboración coas Comunidades Autónomas mediante a sinatura dun convenio de colaboración. 2.- Este Programa á súa vez, forma parte, en canto ás actuacións que se realizarán nas Comunidades Autónomas obxectivo 1, do Programa Operativo para a Sociedade da Información, dentro do Programa FEDER da Unión Europea, que se desenvolve durante o período 2000-2006, de acordo coas disposicións establecidas na xestión dos Fondos Estructurais europeos. Dado que a Comunidade de Galicia é zona obxectivo 1, o Ministerio de Ciencia e Tecnoloxía (actual Ministerio de Industria, Turismo e Comercio) terá como retorno no programa FEDER, o 50% da aportación a este Proxecto. A partir de todas estas premisas, e como continuidade a diferentes accións realizadas no municipio de A Estrada, definiuse o proxecto "aestradadixital" que terá como misión establecer un marco xeral atractivo para os diferentes sectores de actividade locais e para os cidadáns estradenses a través da dispoñibilidade xeralizada de servizos avanzados e de calidade; e coadxuvando a consolidar o despegue socio-económico do concello, situándoo entre os pioneiros e líderes na posta en marcha da Sociedade da Información. En atención ós anteriores criterios, as partes na representación que ostentan, suscriben o presente Convenio de colaboración, que articulan de acordo común a teor das seguintes: CLÁUSULAS Primeira.- Obxecto do Convenio. O presente Convenio ten por obxecto plasmar as condicións consonte ás cales se levará a cabo a colaboración entre o Excmo. Concello de A Estrada e a Excma. Deputación Provincial de Pontevedra para a realización do proxecto "aestradadixital". Os detinatarios deste Proxecto son todos os habitantes, empresas e institucións do mencionado municipio de A Estrada. Segunda.- Entrada en vigor e duración. O presente Convenio comezará a producir efectos a partir da data da súa sinatura e enmárcase dentro do Convenio que se asinará entre a Administración Xeral do Estado, a través do Ministerio de Industria, Turismo e Comercio e a Xunta de Galicia para a realización do Proxecto de Cidade Dixital na Comunidade Autónoma de Galicia. Terá unha vixencia de 36 meses a partir do inicio do proxecto. No caso de retraso no cumprimento dos obxectivos do Convenio, valorarase no seu momento a posibilidade de prorrogar o mesmo. Terceira.- Autorizacións ou aprobacións para a sinatura do Convenio. A sinatura do presente Convenio aprobarase pola Comisión de Goberno do Excmo. Concello de A Estrada. Cuarta.- Ente que levará a cabo a xestión do Proxecto. O Ente encargado da xestión do Proxecto "aestradadixital" será o Excmo. Concello de A Estrada. Tanto a Deputación Provincial de Pontevedra como o Concello de A Estrada, contarán cos servizos da Fundación Cultural de A Estrada ou cos servizos de consultoría e asistencia técnica das empresas, asociacións ou fundacións que estime necesarios. O Concello de A Estrada emitirá un informe cada 2 meses á Deputación Provincial de Pontevedra sobre a evolución do Proxecto. Quinta.- Contratos, convenios e outros acordos para a execución do Proxecto. A Deputación Provincial de Pontevedra, e o Concello de A Estrada establecerán os contratos, convenios, acordos, etc., necesarios para a execución do Proxecto. Non obstante, a Deputación Provincial de Pontevedra e o Concello de A Estrada poderán transferir fondos á Fundación Cultural A Estrada co obxecto de que esta contrate ou estableza convenios ou acordos destinados á execución do Proxecto. Por outra parte, para o desenvolvemento do proxecto poderanse producir adhesións de empresas e entidades colaboradoras que vaian participando e aporten ó proxecto diferentes recursos que aseguren o bo desenvolvemento do mesmo. Sexta.- Presuposto do proxecto e aportacións das entidades participantes. A Deputación Provincial de Pontevedra aportará ó Concello de A Estrada 180.000 Euros, desglosados cun cargo anual de 60.000 Euros ós exercicios 2004, 2005 e 2006. O compromiso do conxunto de transferencias e pagamentos por parte da Deputación de Pontevedra estará condicionado á xustificación que o Concello de A Estrada faga á mesma das súas aportacións, actividades, gastos e pagamentos. O Concello de A Estrada enviará os certificados e xustificantes de pagamento correspondentes ás actuacións financiadas polas Administracións Públicas. Ó final do Proxecto, realizarase a lilquidación sobre as bases anteriores, tendo en conta as modificacións que aprobe a Comisión Mixta de Control e Seguimento. Sétima.- Contido do Proxecto. O conxunto das actuacións descritas nesta cláusula constitúen o Proxecto obxecto deste Convenio. As actuacións financiadas pola Deputación de Pontevedra son as seguintes, coas súas aportacións e pagamentos anuais. Actuación nº 1 - AED-PR01: Infraestructura de Rede e Equipamento. Obxectivo: dotar de acceso a Internet por medio de banda ancha, facendo especial fincapé no entorno rural. Referencia de execución: Especialmente importante é o entorno rural, no que reside o 65% da poboación de A Estrada e onde as actuais limitacións da tecnoloxía de comunicacións con que conta non permiten ofrecer acceso a Internet. Para facer posible o éxito da Cidade Dixital acercarase a banda ancha ó entorno rural, ó mesmo tempo que no urbano se extenderá a unha maior porcentaxe de poboación. Colectivos ós que se dirixe: Poboación do ámbito urbano e do ámbito rural do municipio de A Estrada. Indicadores Operativos: - Nº de usuarios novos. - Nº de sustitucións de RTB e TRAC por banda ancha. - Nº de solicitudes de conexión de banda ancha. - Incremento de usuarios con respecto á media galega. - Incremento da cuota de internautas no ámbito rural. Coste aproximado da actuación: 1.342.814 Euros. Inclue: o despregue dunha rede de comunicacións que permita a conexión de banda ancha no entorno rural. O Pleno Municipal do Concello de A Estrada deberá asumir o compromiso de realizar as consignacións necesarias en cada anualidade para completar o financiamento desta actuación. No caso de que as actuacións con aportación das Administracións Públicas se realizaran parcialmente ou cun custo inferior ó previsto, as aportacións globais de cada Administración Pública, reduciranse proporcionalmente ás indicadas neste Convenio. Actuación nº: 6 - Plan de difusión e marketing do proxecto. Actuación nº: 7 - Posta en marcha e operatividade do proxecto. Oitava.- Información, documentación e revisión das actividades. A Deputación Provincial poderá requerir, en determinadas actuacións do Proxecto e en calquera das fases do mesmo (posta en marcha, definición do prego de especificacións, contratacións, convenios, acordos, seguimento e recepción de obra, etc.), toda a información e documentación elaborada sobre o tema, así como a revisión das actividades previstas ou en execución relacionadas co mesmo. O Concello de A Estrada suministrará a información e documentación indicada, e proporcionará canto sexa necesario para a revisión de ditas actividades. Cando se produza unha modificación de consideración nas aportacións ou na execución prevista do proxecto, o Concello de A Estrada, comunicarao á Deputación de Pontevedra. Novena.- Dispoñibilidade dos resultados do proxecto como demostradores, para a súa difusión. O contido deste Convenio poderá ser utilizado pola Dirección Xeral para o desenvolvemento da Sociedade da Información, do Ministerio de Industria, Turismo e Comercio, para outras iniciativas, proxectos e convenios, do Programa de Cidades Dixitais. En xeral tratarase de que os desenvolvementos e aplicacións que se realicen especificamente para este proxecto, poidan ser utilizados en calquera outro Concello ou Municipio da Provincia de Pontevedra. Décima.- Referencia á Deputación de Pontevedra, Xunta de Galicia, ó Ministerio de Ciencia e Tecnoloxía (actual Ministerio de Industria, Turismo e Comercio) e á Comisión da Unión Europea. A Deputación Provincial e o Concello de A Estrada comprométense a citar á Xunta de Galicia, Ministerio de Industria, Turismo e Comercio e á Comisión da Unión Europea (Programa FEDER), como Administracións que cofinanciaron o proxecto "aestradadixital", en todas as referencias ás actividades e resultados do mesmo. Esto suporá unha referencia ó cofinanciamento da Unión Europea e ó contido das actuacións conxuntas e ó papel da Unión Europea na aplicación dos seus Fondos. Undécima.- Participación no órgano de seguimento. Co fin de asegurar un adecuado control e seguimento do proxecto Cidades Dixitais na Comunidade de Galicia, constituirase un órgano de seguimento, no cal a Deputación Provincial de Pontevedra terá un representante, cuxos compoñentes e funcións se desenvolverán no Convenio que as partes asinen co Ministerio de Industria, Turismo e Comercio para a realización de dito proxecto. Décimo segunda.- Réxime xurídico e cuestións litixiosas. O presente Convenio de colaboración é de carácter administrativo e considérase incluído no artigo 3.1. c) do Real Decreto Lexislativo 2/2000, de 16 de xuño, polo que se aproba o Texto Refundido da Lei de Contratos das Administracións Públicas, polo que queda fóra do ámbito da súa aplicación, sen prexuízo da aplicación dos principios e criterios de dito Real Decreto Lexislativo para resolver as dúbidas e lagoas que puideran presentarse e rexerase polas súas propias cláusulas e, supletoriamente, polas normas xerais do Dereito Administrativo. A resolución das controversias que puideran plantexarse sobre a interpretación e execución do presente Convenio, deberán solventarse de mutuo acordo entre as partes. Cando o carácter do tema o implique, levarase ó órgano de seguimento referido na cláusula undécima. Se non puidera acadarse dito acordo, as posibles controversias deberán ser resoltas, tal e como se dispón no artigo 44 da Lei 29/1998, de 13 de xullo, Reguladora da Xurisdicción Contencioso-Administrativa. Décimo terceira.- Causas de resolución e efectos da mesma. O presente Convenio resolverase por mutuo acordo das partes asinantes ou por decisión unilateral delas por causas excepcionais e xustificadas que obstaculicen ou impidan o cumprimento das estipulacións que constituen o seu contido, previa denuncia en forma fehaciente cun prazo dun mes. No suposto de extinción do Convenio por causa diferente á expiración do prazo de vixencia, procederase á liquidación económica e administrativa das obrigas contraídas ata ese momento. E en proba de conformidade, asínase o presente Convenio, por duplicado no lugar e data indicados no encabezamento. O PRESIDENTE DA DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA, Asdo. Rafael Louzán Abal O ALCALDE DO CONCELLO DE A ESTRADA, Asdo. Ramón Campos Durán ------ Folla: 11.5087.- CONVENIO DE COLABORACIÓN ENTRE A EXCMA

Área de documentación

Área de notas

  • Nota

Puntos de acceso

Área de control da descrición