Fondos
2004-11-24_Ordinaria. Acta de sesión 2004/11/24_Ordinaria
Acta de sesión 2004/11/24_Ordinaria
Área de identificación
Código(s) de referencia ES.GA.36038.ADPO.1.1.3.3.33.365/1.2004-11-24_Ordinaria
Título Acta de sesión 2004/11/24_Ordinaria
Data(s) 2004-11-24 (Creación)
Volume e soporte 1 acta de sesión
Área de contexto
Institución arquivística Arquivo Deputación de Pontevedra
Área de contido e estrutura
Alcance e contido Folla: Da sesión ordinaria en primeira convocatoria, celebrada polo Pleno desta Excma. Deputación o día, 24 de novembro de 2004 No Salón de sesións da Excma. Deputación Provincial de Pontevedra, sendo as once horas e cinco minutos do día vinte e catro de novembro do ano dous mil catro, baixo a Presidencia do Ilmo. Sr. Presidente D. Rafael Louzán Abal, reuníronse as/os Señoras/es Deputadas/os, D. Xosé Antón Araujo Quintas, Dona Nidia María Arévalo Gómez, Dona Francisca Canal Gómez, D. José Costa Díaz, D. José Juan Durán Hermida, D. Antonio Feliciano Fernández Rocha, D. José Manuel Figueroa Vila, D. Emilio González Iglesias, D. Efrén Juanes Rodríguez, D. José Antonio Landín Eirín, D. José Antonio Lorenzo Rodríguez, Dona Clara Millán González, D. Xosé Cesáreo Mosquera Lorenzo, D. Constante Juan Muradas Ramos, D. Manuel Núñez Sestelo, D. Xosé Carlos Pazos Docampo, Dona María Teresa Pedrosa Silva, D. Juan Manuel Rey Rey, D. Alfredo Rodríguez Millares, D. Rodrigo Santiago Novas, Dona Belén Sío Lourido, D. José Enrique Sotelo Villar, D. Xabier Toba Girón e D. Jesús Vázquez Almuíña, co obxecto de celebrar sesión ordinaria da Deputación en Pleno, en primeira convocatoria, consonte á correspondente orde do día. Da fé do acto o Secretario Accidental, D. Carlos Cuadrado Romay, e está presente o Sr. Interventor, D. Bautista Pérez Carnero. Non asisten os Sres. Deputados, D. Ramón Campos Durán nin D. Xosé Crespo Iglesias. Declarada aberta a sesión e de orde da Presidencia éntrase seguidamente no exame da orde do día, adoptándose en relación coa mesma os seguintes acordos: Sr. Presidente.- Moi bos días. Vamos a dar comezo á sesión ordinaria do Pleno da Corporación Provincial. 1.5147.- ACTA ANTERIOR Sr. Presidente.- Primeiro punto da orde do día. Aprobación do borrador da acta da anterior sesión, ordinaria, do día 27 de outubro de 2004. Apróbase. Acórdase por unanimidade aprobar o borrador da acta da anterior sesión, ordinaria, celebrada o día 27 de outubro de 2004. ------ Folla: 2.5148.- EXPEDIENTE DE SUPLEMENTO DE CRÉDITO NÚMERO 2/2004 DO CENTRO DE FORMACIÓN PROFESIONAL "FOGAR PROVINCIAL" Sr. Presidente.- Punto número dous. Expediente de suplemento de crédito número 2/2004 do Centro de Formación Profesional "Fogar Provincial". Sr. Figueroa Vila.- Si, bos días. Vou a facer unha intervención para os tres puntos. Este é un suplemento de crédito, o primeiro por un importe de 40.000 euros para a mellora dos edificios e para a supresión de barreiras arquitectónicas no Centro de Formación Profesional "Fogar Provincial" e unha partida de 40.000 euros contra o remanente de Tesourería dese Padroado. O seguinte tamén é da Escola de Canteiros, é unha partida de 9.500 euros para a Seguridade Social, tamén coa mesma aplicación, e o expediente de modificación de créditos por un importe de 121.000 euros que é para o servizo de cultura, comercio e interior e tamén para o servizo agrario unha partida de 100.000 euros e outra de 21.000 euros. Estes son os tres expedientes que traemos hoxe ó Pleno de suplemento dous e un de modificación de créditos. Sr. Presidente.- Moitas gracias Sr. Figueroa. Polo tanto procedemos á votación, ah, perdón. Sr. González Iglesias. Sr. González Iglesias.- Si, vamos a ver, o Grupo Socialista aínda que estamos de acordo co fondo da cuestión, dado que no orzamento votamos en contra, vamos a absternos nos tres. Sr. Presidente.- Moi ben. Polo tanto procedemos á votación do punto número dous. Expediente de suplemento de crédito número 2/2004 do Centro de Formación Profesional "Fogar Provincial". ¿Votos en contra?. ¿Abstencións?. ¿A favor?. Visto o expediente de suplemento de crédito nº 2/2004 do Padroado do Centro de Formación Profesional "Fogar Provincial", por un importe total de 40.000,00 Euros, motivado pola necesidade de realizar gastos que non poden demorarse ata o exercicio seguinte, e ó non existir consignación suficiente no estado de gastos do orzamento corrente financiarase con cargo ó remanente de Tesourería procedente da liquidación do orzamento do Padroado correspondente ó exercicio de 2003. O Pleno de conformidade co dictame da Comisión Informativa de Economía, Facenda e Turismo, acorda por maioría, cos votos a favor do PP e do BNG e coa abstención do PSOE, aprobar o expediente de suplemento de crédito nº 2/2004 do Padroado do Centro de Formación Profesional "Fogar Provincial", aplicándolles os gastos a financiar á partida e polo importe que a continuación se detalla: 04/843.422.622.03 Mellora de edificios 40.000,00¤ TOTAL 40.000,00¤ O financiamento do expediente realízase con cargo ó remanente de Tesourería procedente da liquidación do orzamento do Padroado correspondente ó exercicio de 2003, conlevando dito financiamento o incremento das previsións de ingreso no subconcepto. 04/843.870.01 Aplicación ó financiamento de suplementos de crédito 40.000,00¤ Dito expediente exporase ó público, para efectos de reclamacións, por un período de quince días hábiles, quedando definitivamente aprobado no caso de non producirse estas. ------ Folla: 3.5149.- EXPEDIENTE DE SUPLEMENTO DE CRÉDITO Nº 1/2004 DA ESCOLA DE CANTEIROS DE PONTEVEDRA Sr. Presidente.- Punto número tres da orde do día. Expediente de suplemento de crédito número 1/2004 da Escola de Canteiros de Pontevedra. ¿Votos en contra?. ¿Abstencións?. ¿A favor?. Visto o expediente de suplemento de crédito número 1/2004 do Padroado da Escola de Canteiros de Pontevedra, por un importe total de 9.500,00 Euros, motivado pola necesidade de realizar gastos que non poden demorarse ata o exercicio seguinte, e ó non existir consignación suficiente no estado de gastos do orzamento corrente financiarase con cargo ó remanente de Tesourería procedente da liquidación do orzamento do Padroado correspondente ó exercicio de 2003. O Pleno, de conformidade co dictame da Comisión Informativa de Economía, Facenda e Turismo, acorda por maioría, cos votos a favor do PP e do BNG e a abstención do PSOE, aprobar o expediente de suplemento de crédito nº 1/2004 do Padroado da Escola de Canteiros de Pontevedra, aplicándolles os gastos a financiar á partida e polo importe que a continuación se detalla: 04/844.422.160.01 Seguridade Social 9.500,00¤ TOTAL 9.500,00¤ O financiamento do expediente realízase con cargo ó remanente de Tesourería procedente da liquidación do orzamento do Padroado correspondente ó exercicio de 2003, conlevando dito financiamento o incremento das previsións de ingreso no subconcepto. 04/844.870.01 Aplicación ó financiamento de suplementos de crédito 9.500,00¤ Dito expediente exporase ó público, para efectos de reclamacións, por un período de quince días hábiles, quedando definitivamente aprobado no caso de non producirse estas. ------ Folla: 4.5150.- EXPEDIENTE DE MODIFICACIÓN DE CRÉDITOS NÚMERO 7/2004 Sr. Presidente.- Punto número catro. Expediente de modificación de créditos número 7/2004. Sr. Mosquera. Sr. Mosquera Lorenzo.- Moi bos días. Gracias Sr. Presidente. Ben, este é un expediente de modificación de créditos, en principio dunha contía, para o que é esta institución relativamente baixa, pero hai algunhas cuestións asociadas con esto que creo que é interesante comentar. Primeira, é que unha das partidas que se minora, a maior, á que se lle saca practicamente os 110 ou os 120.000 euros, é sinalización turística, cousa sorprendente. Creo que non estamos sobrados e aí algo fallou, fallou Cooperación, fallou o que fose, pero algo fallou e polo tanto non parece moi razonable que poidan sobrar cartos nun aspecto no que a provincia é deficitaria, é bastante deficitaria, e que si é necesario pois facer todos eses esforzos, parece que había unha previsión orzamentaria de facer ese esforzo que ó final polo que fose non se fixo e non está aclarado. E con respecto ós destinos do resto estamos de acordo coa finalidade da partida maior pero non deixa de sorprendernos que unha subvención para feiras, a Cámara de Comercio de Pontevedra, estamos de acordo no fondo, se siga tramitando por Cultura, cando de alí un pouco pois veñen que hai promoción do emprego, que se vai crear unha unidade de fomento do emprego, que xa existe o servizo, etc., etc., co cal seguimos sen entender que papel xoga o servizo de Cultura ou Cultura desta Deputación, que parece que é o caixón desastre onde se mete todo, e pisando competencias a outras dependencias cun tipo de funcionamento que non acabamos de entender e que temos moitas veces denunciado. Polo tanto vamos a absternos porque non nos parece, vamos o destino nos parece ben, pero deixando claro que estes aspectos tanto de sinalización turística como o da xestión que se está levando no servizo de Cultura meténdose en ámbitos que debían ser doutros servizos, nós non estamos de acordo. Sr. Presidente.- Moitas gracias Sr. Mosquera. Sr. Figueroa. Sr. Figueroa Vila.- Si, explicarlle por que esta situación da sinalización turística e todos vostedes saben que o Padroado de Turismo Rías Baixas puxo en marcha o funcionamento da sede no mes de xullo, agosto, e había unha partida para sinalización turística, tamén tiñamos un plan director en marcha, plan director que se acaba de adxudicar hai uns meses, que se está rematando, e que se considerou que técnica e politicamente era convinte esperar por ese plan director para que nos deran as directrices a seguir durante os próximos anos. Pero non só esto senón que tamén dende a Deputación había un traballo de hai catro ou cinco anos aproximadamente, cun tema de sinalización de toda a provincia, por un importe global duns 6 e pico millóns de euros, e o que queremos é intentar os dous expedientes, o plan director máis este de sinalización turística global que está agora mesmo en poder da propia Deputación, pois facer unha análise cos técnicos e facer unha proposta a curto, a medio e a longo prazo, para os próximos anos. Todos vostedes saben que a partida que había aquí era unha partida insignificante, que é importante e que temos que sumar, pero tamén lles digo que a vontade deste goberno é que cando teñamos ese plan director totalmente rematado, con ese estudio que temos na propia Deputación e que o vamos aproveitar, vamos a por o plan de sinalización turística en marcha para os próximos anos e non só sería esta partida senón que é unha decisión política que hai que ter clara, nunha partida moito máis ampla para que se poida levar a cabo. Polo tanto ese é única e exclusivamente o motivo de non empezar agora un traballo que consideramos que seguramente se non temos unhas directrices claras a onde queremos ir, pois quedaría aí sen significado e sen contido ningún, porque serían unhas cantas sinais que colocaríamos sen criterio e que loxicamente eu creo que incluso sería peor, porque senón se ten totalmente rematado e non sabemos a onde queremos ir ó final pois perderíamos ese diñeiro ou sería un diñeiro utilizado, eu creo que dunha maneira que se podería incluso tirar e nós non queremos eso. E ese é única e exclusivamente o motivo desta cuestión. Sr. Presidente.- Moitas gracias Sr. Figueroa. Polo tanto procedemos á votación do punto número catro. ¿Votos en contra?. ¿Abstencións?. ¿A favor?. Visto o expediente de modificación de créditos número 7/2004, dentro do vixente orzamento provincial, por un importe total de 121.000,00 Euros, motivado pola necesidade de realizar gastos que non poden demorarse ata o exercicio seguinte, e ó non existir consignación suficiente nas partidas 04/451.622.489.10 e 04/711.711.489.02 do estado de gastos do orzamento corrente financiarase mediante unha transferencia de crédito coas partidas 04/911.911.762.02 e 04/611.611.310.00, de acordo ó seguinte detalle: - As partidas 04/451.622.489.10 e 04/711.711.489.02 incrementan o seu crédito en 100.000,00 Euros e 21.000,00 Euros, respectivamente, financiándose coas partidas 04/911.911.762.02 e 04/611.611.310.00, que minoran o seu crédito por importe de 110.200,00 Euros e 10.800,00 Euros, respectivamente. O Pleno, de conformidade co dictame da Comisión Informativa de Economía, Facenda e Turismo, acorda por maioría, cos votos a favor do PP e do BNG e coa abstención do PSOE, aprobar o expediente de modificación de créditos número 7/2004, que resumido por capítulos presenta a seguinte estructura: Capítulo 3º Gastos financeiros -10.800,00¤ Capítulo 4º Transferencias correntes 121.000,00¤ Capítulo 7º Transferencias de capital -110.200,00¤ TOTAL VARIACIÓNS POR CAPÍTULOS 0,00¤ Dito expediente exporase ó público, para efectos de reclamacións, por un período de quince días hábiles, quedando definitivamente aprobado en caso de non producirse estas. ------ Folla: 5.5151.- DELEGACIÓN DE COMPETENCIAS DO CONCELLO DE Ponte Caldelas A FAVOR DO ORAL PARA A XESTIÓN, LIQUIDACIÓN, INSPECCIÓN E RECADACIÓN DE DIVERSOS IMPOSTOS E TAXAS MUNICIPAIS Sr. Presidente.- Punto número cinco. Delegación de competencias do Concello de Ponte Caldelas a favor do ORAL para a xestión, liquidación, inspección e recadación de diversos impostos e taxas municipais. ¿Votos en contra?. ¿Abstencións?. ¿A favor?. Visto o acordo do Consello Rector do ORAL (Organismo Autónomo Provincial de Xestión de Recursos Locais da Excma. Deputación Provincial de Pontevedra), de data 22 de outubro de 2004, sobre aceptación da delegación do Concello de Ponte Caldelas para a xestión, liquidación, inspección e recadación do Imposto sobre Vehículos de Tracción Mecánica (IVTM), así como das taxas polos servizos de recollida de lixo, sumidoiros, distribución de auga, mercado, entradas de vehículo e reservas de vía pública e licenza de autotaxis, o Pleno, de conformidade co dictame da Comisión Informativa de Economía, Facenda e Turismo, acorda por unanimidade, aceptar, de conformidade co previsto no artigo 7.2 do Real decreto lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o Texto refundido da Lei reguladora das facendas locais, a delegación na Deputación Provincial de Pontevedra-ORAL, que en materia de xestión, liquidación, inspección e recadación do Imposto sobre Vehículos de Tracción Mecánica (IVTM), así como das taxas polos servizos de recollida de lixo, sumidoiros, distribución de auga, mercado, entradas de vehículos e reservas de vía pública e licenza de autotaxis, realizou o Concello de Ponte Caldelas, por acordo do Pleno de data 23 de setembro de 2004, seguindo o establecido nos artigos 106.3 da Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das bases de réxime local, e 7 do citado Real decreto lexislativo 2/2004. A citada delegación terá efectos a partir do día 1 de xaneiro de 2005 e publicarase no Boletín Oficial da Provincia e no Diario Oficial de Galicia, tal como determina o meritado artigo 7.2 "in fine". ------ Folla: 6.5152.- COMUNICACIÓNS Sr. Presidente.- Comunicacións. Ten a palabra o Sr. Secretario. Sr. Secretario.- Una Resolución de la Presidencia delegando las atribuciones de la misma en el Vicepresidente de la Diputación, Sr. Figueroa, durante los días 9 a 12 por ausencia de aquel. Y luego extractos de las Resoluciones Presidenciales entre el 22 de octubre y el 18 de noviembre de este año. Sr. Presidente.- Moitas gracias. Queda enterado o Pleno da seguinte: - De Resolución Presidencial de data 8 de novembro de 2004, delegando as funcións da Presidencia, por ausencia do titular, no Sr. Vicepresidente D. José Manuel Figueroa Vila, durante os días 9 a 12 de novembro, ámbolos dous inclusive. - De extractos de Resolucións Presidenciais dictadas pola Presidencia entre os días 22 de outubro e 18 de novembro de 2004, e que foron trasladados ós voceiros dos distintos grupos políticos. FÓRA DA ORDE DO DÍA, e previa declaración de urxencia, tratáronse os seguintes asuntos: Sr. Presidente.- Fóra da orde do día. Si, Sr. Juanes. Sr. Juanes Rodríguez.- Si, Sr. Presidente, bos días, moitas gracias. Simplemente quero pensar que é por un erro administrativo, e na Comisión de Cooperación se tratou, se rexeitou, pero se tratou, ía na orde do día da Comisión, unha moción do Grupo Socialista sobre a mellora na colaboración e na comunicación institucional entre Concellos e Deputación. Quero pensar que é un erro político e polo tanto. Sr. Presidente.- Político non, administrativo. Sr. Juanes Rodríguez.- Perdón, perdón, me traicionou o subconsciente, un erro administrativo e que polo tanto pido que se debata neste Pleno por favor. Sr. Presidente.- Eu sei que vostede pensa e pensa ben e nós pensamos en debatila neste Pleno polo tanto. Agora procedemos ó debate da mesma. Sr. González. Sr. González Iglesias.- A ver, Sr. Presidente, o Grupo Socialista presentou unha moción que foi a Comisión por vía de urxencia, cando non debería de ir, pero bueno, votaron vostedes en contra da urxencia, pedindo unha comisión de investigación e hoxe debería estar na orde do día do Pleno. Queremos saber se se vai a debatir ou non porque senón vamos a presentala fóra da orde do día. Sr. Presidente.- En principio como ese tema está suficientemente debatido e ademais a petición propia do grupo de goberno, especialmente de quen lles fala, polo tanto entendemos que non procede. Porque ademais foi este Presidente quen compareceu a petición propia. Polo tanto creo que é un tema suficientemente debatido e entendemos que non procede polo tanto a súa urxencia porque xa foi precisamente debatido aquí no Pleno da Corporación que é o sitio axeitado. Sr. González Iglesias.- Vamos a ver, ata agora, ata agora, dende a toma de posesión desta Corporación seguiuse unha tramitación de tódalas mocións que de seguirse a mesma con esta entenderíase que tiña que vir fóra da orde do día. Se vostedes se negan a discutilo é que cambiaron de opinión na fórmula utilizada ata agora e se cambiaron de opinión, Sr. Presidente, teño que dicirllo con toda a claridade do mundo, vostede algo que ocultar debe ter. Cando se nega a un debate que era seguir o trámite que ata agora se seguiu con todas as mocións. Xa a levaron a Comisión fóra da orde do día por urxencia cando non tiña porque ser así porque entrara en tempo e forma para que entrara na orde do día da Comisión. Se alí votaron en contra da urxencia se supón, se supón, que acto seguido no seguinte Pleno ten que vir dentro da orde do día. Se así non vén, eu volvo a repetir, algo terá que ocultar o Sr. Presidente e entón si que nos obriga a utilizar outras fórmulas. Como vostede queira. Sr. Presidente.- Perfecto Sr. González, eu sei que a vostede lle encanta darlle a volta ás cousas. Mire, vostede sabe e todos saben precisamente que aquí foi debatido o tempo que foi necesario, nadie lle coartou de tempo nin de nada, se lle dou tempo ademais para que toda a documentación estea á súa disposición, ou sexa, absolutamente todo, ou sexa, que a vostede lle gusta darlle volta ás cousas. Neste sentido teño que reiterarlle que a petición propia, xa non a petición de grupo, este Presidente e o grupo de goberno xa compareceron aquí e se lle dou todo o tempo do mundo para debatir eso. Eu sei que vostede pois intenta na medida do posible levalo ó terreo político para intentar a ver se vamos a intentar, home, hai, eu creo que nese sentido hai que ser máis serios, entendo eu e polo tanto procede, procede que vostede recoñeza que aquí se dou todo o tempo do mundo para debatir unha cuestión, unha cuestión, o cal evidentemente pois vostedes puideron comprobar, porque ademais así consta nos documentos desta casa, que todas aquelas tramitacións que se fixeron dende esta casa foron totalmente correctas, correctas e precisamente sen ningún tipo de mala interpretación nin cousa parecida. Polo tanto, eu creo que está suficientemente debatido. En relación a outra moción que vostedes presentan, si, tamén a temos aí, e en principio esa se dixo que non, se votou, pero se dixo que non porque se estaba levando a cabo precisamente esas actuacións que vostedes piden aí e polo tanto pois poderemos debatila. Para aquela xa houbo un Pleno expreso, un Pleno expreso para todo eso, porque ademais foi o primeiro punto da orde do día, e polo tanto non procede a súa votación. Sr. González Iglesias.- Vamos a ver Sr. Presidente. O Grupo Socialista naquel momento solicitou unha comisión de investigación e o Sr. Presidente optou, optou el, por facer unha comparecencia no Pleno. Sr. Presidente.- Evidentemente. Sr. González Iglesias.- Que non ten nada que ver unha cuestión ca outra, absolutamente nada, son cuestións totalmente diferentes. Vostede pode optar polo que queira, pero a realidade é a que é, e o lóxico, o lóxico Sr. Presidente, volvo a repetir senón vainos a, vamos a ter que adoptar outro tipo de medidas. Sr. Presidente.- As que queiran. Sr. González Iglesias.- O lóxico é que se debata coma todas as mocións que se presentan nesta institución e volvo a repetir se así non o fai é que algo ten que ocultar. E mire, xa poñéndonos a falar do tema, home, é tremendamente curioso, tremendamente curioso que naquel momento lle facemos catro preguntas concretas, non contesta a ningunha e hai unha semana, hai unha semana que unha das preguntas no las contesta como sempre un medio de prensa. Preguntabámoslle se tiña algunha relación comercial con algunha empresa, cálase, non contesta e resulta que nos enteramos pola prensa unha vez máis, unha vez máis, que ten un piso alquilado a unha empresa. Que por certo, que por certo, empresa que é propiedade tamén dun militante do PP, porque aquí parece tamén que hai unha trama económica do Partido Popular, recoñecido pola propia persoa que falaba nese medio de comunicación, e entón aí vostede naquel momento ocultoulle unha información a esta institución, non dixo ningunha mentira, pero ocultou esa información. Volvo a repetir ¿ten algo que ocultar?. É escandaloso, é escandaloso o que se está producindo. Sr. Presidente.- Sr. González, Sr. González, Sr. González, está mentindo, está mentindo, está mentindo, está mentindo. Sr. González Iglesias.- Para nada, para nada, dígame en que mentín. Sr. Presidente.- Non, non, está mentindo, vostede acaba de dicir, eu sei que vostede quere entrar no xogo e non lle vou a permitir ese xogo. Sr. González Iglesias.- Dígame en que mentín. En absoluto. Sr. Presidente.- Está mentindo porque ningunha das empresas mencionadas aquí, mencionadas no Pleno da Corporación Provincial, se vinculou. Sr. González Iglesias.- Sr. Presidente, vaia á acta, a pregunta concreta é ¿ten vostede algunha relación comercial con algunha empresa?. Con algunha empresa, non dixen coas empresas que se estaba falando aquí. Vaia á acta. Sr. Presidente.- Sr. Emilio González, vostede está mentindo. Sr. González Iglesias.- Lea na acta o que pon. Eu non estou mentindo Sr. Louzán. Sr. Presidente.- Sei que lle gusta encubrir. Sr. González Iglesias.- Non estou mentindo nin estou encubrindo nada. Vaia á acta, lea na acta o que di a pregunta e non me acuse de mentir. Ata agora o que ocultou información aquí é vostede. Eu para nada mentín, vostede ocultou información. Sr. Presidente.- Sr. González, eu sei que a vostede lle gusta darlle voltas ás cousas. Bueno, pois eu teño que acusalo de mentir porque aquí non se oculta nada, aquí non se oculta ningún tipo de información. Sr. González Iglesias.- Ocultouna, volvo a repetir, mire na acta e vaia á pregunta concretamente. Sr. Presidente.- E polo tanto termino este debate, porque non hai debate neste tema, non hai absolutamente ningún tipo de debate, vostede cando teña, contraste ben o tipo de información, lea a acta vostede, eu non a teño que ler, lea vostede e polo tanto cando teña algunha dúbida a presente por escrito. Sr. González Iglesias.- Sr. Presidente lea na acta a pregunta. Lea na acta a pregunta. Sr. Presidente.- Este tema está máis que debatido. ¿De acordo?. Perfecto. Procedemos á votación da moción primeira que presentou o Sr. Juanes. Sr. Secretario. ------ Folla: 7.5153.- MOCIÓN DA PRESIDENCIA EN RELACIÓN COA MODIFICACIÓN DA DESIGNACIÓN DE REPRESENTANTES DESTA DEPUTACIÓN PROVINCIAL NA FUNDACIÓN MARCO E NA SOCIEDADE DE GARANTÍA RECÍPROCA (SOGARPO) Sr. Secretario.- La Moción de la Presidencia dice lo siguiente: Debido a la imposibilidad de que o Sr. Vicepresidente de esta Excma. Diputación Provincial D. José Manuel Figueroa Vila asista a todas las reuniones de la Fundación Marco y de la Sociedad de Garantía Recíproca da Mediana e Pequena Empresa (SOGARPO), faise preciso modificar a composición de representantes desta Deputación nos citados organismos. Resultando que o Pleno de 24 de xullo de 2003 aprobou Moción desta Presidencia sobre nomeamento de representantes desta Deputación en órganos colexiados, modificado por acordo de 28 de xaneiro de 2004 como consecuencia da dimisión da Deputada Dª María Corina Porro Martínez. Esta Presidencia somete á consideración do Pleno o seguinte acordo: "Modificar a designación de representantes desta Deputación Provincial nos Organismos que de seguido se relacionan: Na Fundación MARCO: designar a Dª Francisca Canal Gómez en substitución de D. José Manuel Figueroa Vila. Na Sociedade de Garantía Recíproca da Pequena e Mediana Empresa (SOGARPO): designar a Dª Francisca Canal Gómez en substitución de D. José Manuel Figueroa Vila. Sr. Presidente.- Procedemos neste caso á votación da moción. Votamos a urxencia. ¿Votos en contra?. ¿Abstencións?. ¿A favor?. Votamos a moción. ¿Votos en contra?. ¿Abstencións?. ¿A favor?. Seguinte. O Pleno acorda por maioría de votos a favor do Grupo Popular e coas abstencións do PSOE e do BNG, aprobar a Moción da Presidencia en relación coa modificación da designación de representantes desta Deputación Provincial na Fundación Marco e na Sociedade de Garantía Recíproca (SOGARPO) seguinte: Debido á imposibilidade de que o Sr. Vicepresidente desta Excma. Deputación Provincial, D. José Manuel Figueroa Vila, asista a todas as reunións da Fundación MARCO e da Sociedade de Garantía Recíproca da Pequena e Mediana Empresa (SOGARPO), faise preciso modificar a composición de representantes desta Deputación nos citados organismos. Resultando que o Pleno de 24 de xullo de 2003 aprobou Moción desta Presidencia sobre nomeamento de representantes desta Deputación en órganos colexiados, modificado por acordo de 28 de xaneiro de 2004 como consecuencia da dimisión da Deputada Dona María Corina Porro Martínez. Esta Presidencia somete á consideración do Pleno o seguinte acordo: "Modificar a designación de representantes desta Deputación Provincial nos Organismos que de seguido se relacionan: - Na Fundación MARCO: designar a Dona Francisca Canal Gómez en substitución de Don José Manuel Figueroa Vila. - Na Sociedade de Garantía Recíproca da Pequena e Mediana Empresa (SOGARPO): designar a Dona Francisca Canal Gómez en substitución de Don José Manuel Figueroa Vila. ------ Folla: 8.5154.- ADDENDA Ó CONVENIO DE COLABORACIÓN ENTRE A CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA DA XUNTA DE GALICIA E A DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA PARA O FINANCIAMENTO E ARTICULACIÓN DA SUBVENCIÓN DO CUSTO DA PEAXE NO TREITO O MORRAZO-VIGO DA AUTOESTRADA AP-9 PARA OS RESIDENTES NA PROVINCIA DE PONTEVEDRA Sr. Presidente.- Addenda ó Convenio de colaboración entre a Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda da Xunta de Galicia e a Deputación de Pontevedra para o financiamento e articulación da subvención do custo da peaxe no treito O Morrazo-Vigo da autoestrada AP-9 para os residentes na provincia de Pontevedra. Procedemos neste caso á votación da urxencia. ¿Votos en contra?. ¿Abstencións?. ¿A favor?. Bueno, esto creo que estaba no expediente. O Sr. Mosquera pide a palabra. Sr. Mosquera Lorenzo.- Non, siga, siga, explíqueo, explíqueo. Sr. Presidente.- Pois dicirlles que como estaba ademais no expediente, a conclusión da mesma é que neste caso ambas administracións amplían o crédito para facer fronte á subvención da peaxe no treito Morrazo-Vigo, correspondente ó ano 2004, en 284.531,54 euros, dos que o 50% corresponderá á Xunta de Galicia, 144.775,77 euros con cargo á partida dos orzamentos da Consellería e outro 50% restante neste caso outra cantidade similar á Deputación de Pontevedra. Sr. Mosquera. Sr. Mosquera Lorenzo.- Gracias Sr. Presidente. Ben, creo que é un asunto coñecido, igual de coñecido é o noso posicionamento nos parece que esto é taparlle, foi no seu momento taparlle, sigue sendo taparlle as espaldas á administración central con respecto a un problema de toda a parte sur da provincia pero especialmente o que é do Morrazo, tanto no custo como na dificultade de conexión para a maioría, no custo excesivo que ten a peaxe e con respecto ó Morrazo a única alternativa, polo tanto no seu momento nos opuxemos dando a argumentación que demos e seguimos mantendo e polo tanto vamos a votar en contra. Sr. Presidente.- Moitas gracias. Sr. González Iglesias. Sr. González Iglesias.- Si, as circunstancias non variaron en absoluto, seguen sendo as mesmas, a argumentación a mesma e o sentido do voto do Grupo Socialista é exactamente igual, é dicir, vamos a votar en contra. Sr. Presidente.- Bueno, polo tanto procedemos neste caso á votación da Addenda ó Convenio de cooperación entre a COTOP e a Deputación de Pontevedra, para o financiamento e articulación da subvención do custo da peaxe no treito Morrazo-Vigo. ¿Votos en contra?. ¿Abstencións?. ¿A favor?. Visto o escrito da Dirección Xeral de Obras Públicas da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, de data 19 de novembro de 2004, co que se achega unha addenda ó convenio de colaboración entre a Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda da Xunta de Galicia e a Deputación Provincial de Pontevedra, asinado o 8 de xaneiro de 2002, para o financiamento e articulación da subvención do custo da peaxe no treito O Morrazo-Vigo da autoestrada AP-9 para os residentes na provincia de Pontevedra. Resultando que a sinatura de addendas entre ambas administracións en relación ó citado convenio establécese na cláusula sexta do mesmo, co obxecto de fixar as anualidades e partidas que se destinen para este fin. Resultando que as modificacións propostas nesta addenda afectan ás cantidades que deben asumir a CPTOPV e a Deputación Provincial de Pontevedra para o ano 2005, que se cifran en 660.920,00 Euros, para cada unha das Administracións, e que veñen sendo o 50%, do custe deste sistema de subvención da peaxe no mencionado treito da AP-9, así como a ampliación de crédito na cantidade de 284.531,54 Euros, para facer fronte á subvención da peaxe do ano 2004, sendo a cantidade de 144.765,77 Euros a que lle corresponde, en concepto do 50%, á Deputación Provincial de Pontevedra. Visto que a mencionada addenda conta co informe do Secretario Accidental que a estima correcta xuridicamente para os fins propostos e co de Intervención no que deixa constancia de que a Deputación Provincial de Pontevedra, na sesión plenaria que tivo lugar o día 27 de outubro de 2004, xa suplementou a partida 04/511.511.486.14 para facer fronte ás súas obrigas co convenio e que o importe previsto na addenda para 2005, por importe de 660.920,00 Euros, coincide co previsto no proxecto de orzamento da Deputación para 2005, partida 05/511.511.489.14. O Pleno acorda por maioría de votos a favor do PP, a abstención do PSOE e o voto en contra do BNG, prestar aprobación á addenda ó convenio de colaboración entre a Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda da Xunta de Galicia e a Deputación Provincial de Pontevedra, asinado o 8 de xaneiro de 2002, para o financiamento e articulación da subvención do custo da peaxe no treito O Morrazo-Vigo da autoestrada AP-9 para os residentes na provincia de Pontevedra que se une como anexo a este acordo. Así mesmo, facúltase ó Ilmo. Sr. Presidente desta Deputación para levar a cabo a sinatura desta addenda e de cantas outras actuacións sexan necesarias en relación ás condicións establecidas na mesma. Dita addenda é como segue: ADDENDA Ó CONVENIO DE COLABORACIÓN ENTRE A CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA DA XUNTA DE GALICIA E A DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA PARA O FINANCIAMENTO E ARTICULACIÓN DA SUBVENCIÓN DO CUSTO DA PEAXE NO TREITO O MORRAZO-VIGO DA AUTOESTRADA AP-9 PARA OS RESIDENTES NA PROVINCIA DE PONTEVEDRA Santiago de Compostela, ...............de ....................................de dous mil catro. REUNIDOS Dunha parte, o Excmo. Sr. D. Alberto Núñez Feijóo, Vicepresidente Primeiro e Conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda da Xunta de Galicia, facultado para a formalización deste convenio pola Lei 1/1983, de 22 de febreiro, reguladora da Xunta e do seu Presidente. Doutra parte, o Ilmo. Sr. D. Rafael Louzán Abal, na súa condición de Presidente da Deputación de Pontevedra, actuando en virtude das facultades representativas que lle atribúe o artigo 34.1b) da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases do réxime local. Tódalas partes recoñécense mutuamente na calidade en que interveñen con capacidade legal necesaria e EXPOÑEN O día 8 de xaneiro de 2002 a Xunta de Galicia e a Deputación Provincial de Pontevedra asinaron un convenio de colaboración para o financiamento e articulación da subvención do custo da peaxe no treito O Morrazo-Vigo da autoestrada AP-9 para os residentes na provincia de Pontevedra. Na cláusula sexta do mencionado convenio, establécese que para anos posteriores asinaríanse as correspondentes addendas entre ambas administracións onde se fixarían as anualidades e as partidas que se destinen para este fin. O día 2 de xaneiro de 2003, asinouse unha addenda ó anterior convenio no que se modificaban as cláusulas SEGUNDA e TERCEIRA e se establecían os créditos para o ano 2003. Os créditos establecidos para 2004 na addenda mencionada no parágrafo anterior, son insuficientes para subvencionar totalmente o custe correspondente a este ano, debido ó incremento non previsto do número de tarxetas, a ampliación do prazo de solicitudes a todo o ano, a diferencia do 2003 e a unha maior difusión desta subvención, polo que cómpre amplialos con obxecto de non interrumpir a liña de axuda. Á vista de regular a colaboración entre ambas administracións para o fin mencionado e establecer os créditos necesarios para 2005 e ampliar o correspondente a 2004, formalízase a presente addenda con suxeición ás seguintes CLÁUSULAS PRIMEIRA.- A Xunta de Galicia, a través da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, asumirá o 50% do custe deste sistema de subvención da peaxe no treito O Morrazo-Vigo, para o que ten previsto consignar a cantidade de SEISCENTOS SENSENTA MIL NOVECENTOS VINTE EUROS (660.920,00¤) con cargo á partida 06.03.413B 480 dos orzamentos da Consellería para 2005. A Deputación de Pontevedra asumirá o 50% restante, para o que se incluirá unha cantidade igual nos orzamentos da Deputación para 2005. Ambas administracións comprométense a facer fronte exclusivamente á súa parte do financiamento, podendo incrementar a partida consignada para este fin se fose necesario, non asumindo en ningún caso a parte de financiamento correspondente á outra administración. Cada administración librará os fondos por separado, desvinculando así as obrigas que corresponde a cada unha delas do grao de execución da outra. SEGUNDA.- Ambas Administracións amplían o crédito para facer fronte á subvención da peaxe no treito O Morrazo-Vigo, correspondente a 2004 en 284.531,54 Euros, dos que o 50% corresponderá á Xunta de Galicia (144.765,77 euros) con cargo á partida 06.03.413B 480 dos orzamentos da Consellería para 2004 e o outro 50% restante á Deputación de Pontevedra (144.765,77 euros). E en proba de conformidade asinan o presente convenio por triplicado exemplar. O VICEPRESIDENTE PRIMEIRO E CONSELLEIRO DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA Asdo, Alberto Núñez Feijóo O PRESIDENTE DA DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA, Asdo. Rafael Louzán Abal ------ Folla: 9.5154.- APROBACIÓN DO PROXECTO DA UNIDADE DE PROMOCIÓN E DESENVOLVEMENTO (UPD) Sr. Presidente.- Bueno, traemos aquí, fóra da orde do día, por procedemento de urxencia, neste caso a comunicación da subvención para o proxecto de Unidade de Promoción e Desarrollo, que nos foi comunicada no día de onte, que di, neste caso, o seguinte: A Deputación Provincial de Pontevedra presentou o proxecto da Unidade de Promoción e Desarrollo dentro da convocatoria anual da Xunta de Galicia, segundo o disposto na orde de 6 de marzo pola que desarrolla o Decreto 134/2001, do 7 de xullo, na que establecen as bases reguladoras da concesión de axudas e subvencións ó funcionamento das Unidades de Promoción e Desarrollo UPD. Este proxecto foi aprobado pola Xunta de Goberno Provincial o pasado 16 de xullo de 2004 e contempla a contratación de un director, cinco técnicos, e dous administrativos de persoal de apoio, con fecha 23 de novembro de 2004, resolveuse a aprobación de dito proxecto por parte da Xunta de Galicia, pero que neste caso a modificación do equipo a contratar para esta Unidade varía neste caso e propoñen a contratación de un director, catro técnicos e dous administrativos. Neste caso se propón ó Pleno da Corporación o seguinte acordo: Aprobar o proxecto reformulado da UPD cos cofinanciamentos correspondentes que neste caso sería, para o ano 2005, contribución da Deputación, para a fase 1, 18.088 euros, para a fase 2, 16.796 euros. Neste caso a Consellería aportaría para a fase 1, 102.463,95 euros, e para a fase 2, 105.537,87 euros, o total do proxecto na fase 1 serían 120.552 euros e na fase 2, 122.334 euros, aproximadamente cantidades similares, porque é un proxecto a dous anos, cantidades similares para o exercicio 2006. ¿Algunha intervención?. Sr. Mosquera. Sr. Mosquera Lorenzo.- Si, este asunto fora dictaminado en Comisión no mes de xullo, se non recordo mal, naquel momento votáramos a favor e vamos a manter o voto, parece un bo obxectivo, son os fondos sociais europeos e sempre se pode colaborar, con eficacia relativa pero bueno con algunha, a promover o emprego na provincia. Sr. Presidente.- Exactamente, esta subvención que se logra de novo, vén para reforzar precisamente todos os proxectos europeos INTERRREG e EQUAL, conseguidos ultimamente, e que dalgunha maneira pois con este equipo técnico pois podemos realizar con maior axilidade. Polo tanto procedemos á votación da urxencia. ¿Votos en contra?. ¿Abstencións?. ¿A favor?. Votamos entón o cofinanciamento e a aprobación do mesmo. ¿Votos en contra?. ¿Abstencións?. ¿A favor?. A Deputación Provincial de Pontevedra presentou o proxecto da Unidade de Promoción e Desenvolvemento dentro da convocatoria anual da Xunta de Galicia segundo o disposto na orde de 6 de marzo de 2004, pola que se desenvolve o Decreto 134/2001, do 7 de xullo, na que se establecen as bases reguladoras da concesión de axudas e subvencións ó funcionamento das Unidades de Promoción e Desenvolvemento (UPD). Este proxecto aprobouse pola Xunta de Goberno Provincial o pasado 16 de xullo de 2004, e contemplaba a contratación de un director, cinco técnicos, e dous administrativos de persoal de apoio. Con data 23 de novembro de 2004, resolveuse a aprobación de dito proxecto por parte da Xunta de Galicia, pero coa modificación do equipo a contratar para esta Unidade de Promoción e Desenvolvemento, que finalmente será de 1 director, 4 técnicos e 2 administrativos. Por todo o anteriormente exposto, o Pleno acorda por unanimidade aprobar o proxecto reformulado da Unidade de Promoción e Desenvolvemento, presentado á Xunta de Galicia en xullo de 2004, cos cofinanciamentos correspondentes: 2005 2006 2005-06 FASE 1 FASE 2 FASE 3 FASE 4 TOTAL FASES Contribución 18.088,84 16.796,49 18.631,50 17.124,83 70.648,66 Deputación Contribución 102.463,95 105.537,87 105.537,87 108.704,00 422.243,69 Consellería TOTAL 120.552,79 122.334,36 124.169,37 125.828,84 492.892,36 PROXECTO ------ Folla: 10.5156.- MOCIÓN DO GRUPO PROVINCIAL SOCIALISTA SOBRE A COLABORACIÓN INTERINSTITUCIONAL NAS OBRAS E SERVIZOS DE COMPETENCIA MUNICIPAL Sr. Presidente.- E esta era a outra moción que si se debateu pero que se votou en contra por parte do Partido Popular, neste caso do Grupo Socialista e que presentaba D. Efrén Juanes Rodríguez, que, se quere lela, ou a expón. Sr. Juanes Rodríguez.- Gracias Sr. Presidente. En canto á lectura digo se os señores Deputados a coñecen pois podemos pasar. Ben, vamos a ver, a moción aínda que parece unha perogrullada creo que non é. Ou sexa algo que se debería dar por feito, que é a perfecta comunicación e coordinación entre os concellos e a Deputación, que ó fin e ó cabo todo é Administración Local e que debería ser unha comunicación fluída, en moitos casos non o é, a realidade nos di unha cousa ben distinta. E esta comunicación non é boa por motivos, baixo o noso punto de vista, absolutamente políticos, non porque haxa concellos que estean máis apartados da Deputación ou porque as vías de comunicación sexan malas, do tipo que sexa. Estos problemas de comunicación ocurren con Concellos que están gobernados polo Partido Socialista ou polo Bloque Nacionalista Galego. Ten esta Deputación outros cauces de comunicación e de interrelación e de coñecer as necesidades deses Concellos por outras vías. E lle poño o caso daqueles sitios onde non teñen goberno e se teñen un Deputado Provincial da localidade, ese Deputado actúa de conseguidor, é o cauce regulamentario para levar as necesidades dos Concellos á Deputación. Eso ocurre en varios Concellos desta Provincia. Onde non teñen goberno e non teñen Deputado Provincial, pois bueno, pois funcionan con asociacións afíns ó Partido Popular, que ou ben as constitúen para ese fin concreto ou bueno, pois son da súa corda política. Esas asociacións son as que incluso fan obras con subvencións súas de carácter público, obras de competencia absolutamente municipal, sen ningún tipo de obra, sen marcar prioridades, sen coordinarse absolutamente coas obras que ten o Concello e que incluso nalgún caso son obras manifestamente ilegais e que se subvencionan con cartos desta casa. A moción vai con todo o bo talante, porque hoxe están vostedes aquí gobernando e espero que dentro de pouco estemos nós aí e realmente non queremos, non queremos que esto ocurra. E entón o que se trata, e a proposta de acordo da moción en aras a corrixir e non confundir, que creo que esta Presidencia desgraciadamente o confunde moi a menudo, que é a Institución con Partido. A Institución está para servir a todos os cidadáns exactamente igual, sexa do color político que sexa. Vostedes, Sr. Presidente, e permítame a crítica política, confunde demasiado a menudo Partido Popular con Deputación Provincial. Demasiado a menudo. E se realmente está disposto a corrixir e a darme a razón en que eso non é así, non debería ter ningún problema en aceptar esta moción porque o que se di na proposta de acordo é algo que soa a perogrullo, llo dicía ó principio, algo que se debe dar xa por sentado que ten que ser así. Calquera subvención, calquera inversión ou subvención que teña como finalidade unha obra ou servizo de competencia municipal, incluídas as que están dentro do Plan de Acción Comunitaria, serán previamente discutidas e pactadas nos gobernos municipais respectivos. E todas as actuacións que realice o Parque Provincial de Maquinaria, sobre viais ou terreos de titularidade municipal serán acordados previamente co respectivo Concello correspondéndolle a este último marcar as prioridades nas actuacións. Os que están lexitimamente e democraticamente lexitimados, e valga a redundancia Sr. Presidente, para falar con vostede e plantexar as prioridades dos Concellos son os gobernos municipais democraticamente elixidos. Desde esta casa moitas veces, demasiadas, se puentea a eses gobernos lexitimamente elixidos. Precisamente o fondo desta moción está en acabar con esas prácticas. Vai con todo o bo talante e con todo o sentido común. Espero que así o tomen. Moitas gracias. Sr. Presidente.- Moitas gracias Sr. Juanes, polo talante. Ten a palabra o Sr. Figueroa. Sr. Figueroa Vila.- Vamos a ver, eu creo que neste Pleno se está intentando confundir á opinión pública, e ese é un obxectivo que seguramente, me parece que ultimamente o Partido Socialista o está poñendo en práctica. Mire Sr. Juanes, nesta casa se está facendo todo correctamente segundo marca a normativa e segundo está establecido pola Lei. E para eso hai uns Interventores e un Secretario Xeral. E xa está ben de estar poñendo en dúbida permanente a forma de xestionar nesta casa. Porque o vamos a rexeitar enerxicamente e o discurso seguramente sexa correcto para vostedes, para nós non, porque estamos traballando en prol sempre do beneficio dos cidadáns e proba diso é que parece que vostede se caracteriza por este tipo de afirmacións. Nós non miramos nin unha soa crítica dos alcaldes do Partido Socialista con referencia a esta casa, ningunha. Pero ¿sabe por que?. Porque están recibindo un trato exquisito desta casa, non como fan vostedes, mírense no espello de vostedes cando gobernan noutras administracións o que fan. A alcaldesa de Vigo leva seis meses esperando que a reciban algúns Ministros, pero os dos gobernos que presiden vostedes si que os reciben. E incluso non só eso, senón que hai Ministros que veñen aquí e se fan fotografías co Sr. Touriño para anunciar inversións en Galicia. O Sr. Touriño que eu sepa non ten ningún cargo institucional en Galicia. Ten un cargo político, non institucional. Polo tanto déixense xa destas mandangas e destes rollos patateros que ó final o único que van a levar é a confundir a todo o mundo e baixo ningún concepto vamos aceptar que nos dean clase de nada, absolutamente de nada, porque non é cuestión de mirar para atrás ou mirar o que están facendo vostedes onde gobernan. Pero tamén se podería facer perfectamente. Nós lle volvemos a repetir, estamos facendo absolutamente todo o que marca a Lei. Porque senón están cuestionando ó Secretario e ó Sr. Interventor. ¿Ou non se fan as certificacións dos plans comunitarios por parte dos alcaldes?. ¿Quere que lle enseñe todos os expedientes?. Eu teño tempo dispoñible para vostede, o que queira, tráigame o expediente onde vostede considere que non se actuou correctamente e o miramos diante da opinión pública e diante dos medios de comunicación. Pero dígame un só, déame un dato só, se vostede ten o dato, déame aquí agora mesmo e ó terminar vamos a xunto do Interventor e do Secretario, sacamos o expediente con todos os medios de comunicación diante. Porque xa está ben, home, de calumniar, de estar difamando continuamente, home, un tamén se cansa, tamén ten dignidade, ten orgullo, ten amor propio e ten honestidade á hora de traballar. Dígame un só expediente, quero que me diga un, un só, dígamo, se o ten dígamo, porque eu supoño que vostede para facer esas afirmacións ten que ter un expediente ou algo que ratifique o que está dicindo vostede, porque falar non ten cancelas. Pero hai que demostralo, demóstreo, e se o ten traiao aquí, eu me comprometo agora mesmo a ir a Intervención, porque eu tamén os firmo, e diante da opinión pública e dos medios de comunicación miramos expediente a expediente a ver cal non se fixo correctamente. Home, xa está ben, eu creo que xa está ben, está chegando ó límite da paciencia nosa tamén, porque tanto calumniar, tanto difamar, tanta historia. Se vostedes nos tiveran agarrados irían ó xulgado rapidamente, pero como eso é mentira, utilizan a triquiñuela política de que calumnia que algo queda e despois un ten que saír a rectificar permanentemente. E como se dixo anteriormente aquí, evidentemente, claro que si, que hai medios de comunicación que están intentado manchar a imaxe e a honestidade das persoas, pero de momento non demostraron absolutamente nada. ¿Por que non van ó xulgado vostedes se o teñen tan claro?. Eu os animo a que vaian ó xulgado contra alguén desta corporación se teñen algo tan claro. Vaian ó xulgado, non teñen esa valentía e se coraxe político de facelo. Lle dicimos e llo anuncio claramente, este vai ser o último debate que vamos a celebrar con respecto a estes temas. Porque senón a actuación deste grupo político vai ser outra totalmente distinta, e non é ningún tipo de ameaza é a defensa da honestidade, da honradez e do traballo de todos os corporativos que formamos este Pleno e esta Corporación e este equipo de goberno. Nós tamén sabemos falar e tamén sabemos buscar datos. Xa está ben. Sr. Presidente.- Moitas gracias Sr. Figueroa. Sr. Juanes. Sr. Juanes Rodríguez.- Si, gracias Sr. Presidente. Con todo o respecto Sr. Figueroa, pero eu creo que hai algo que se chama esquizofrenia política e creo que ó mellor estaba vostede baixo os efectos dunha esquizofrenia política, si, si, esquizofrenia política, e creo que ó mellor estaba vostede baixo os efectos dunha esquizofrenia política, porque realmente non aceptan o debate dunha comisión de investigación e aproveita agora unha moción, que non sei a que vén eso de cuestionar a legalidade, que o leve ó xulgado. Bueno, pois ben, senón quedou satisfeito coa intervención do Presidente co debate co meu compañeiro Emilio non aproveite o debate desta moción para intentar remendar a mala actuación do Presidente, porque non vén a conto agora mesmo neste punto da orde do día a súa actuación. Porque eu aquí o que fixen, din argumentos políticos, é tratar de mellorar a coordinación institucional. E vostede me vén co xulgado, con cuestionar a legalidade, a fixación é a súa, vostede traía a mensaxe preparada e independientemente do que lle dixera eu soltou a mensaxe e eso se chama esquizofrenia política. En absoluto cuestionei eu aquí para nada a legalidade, nin falei de expedientes, nin nada deso, pero bueno, alá vostede, eu lle pregunto e vostede contesta o que lle dá a gana. Me parece moi ben. Mire, exemplos de descoordinación e de tratos senón de favor polo menos discriminatorios hai e de abondo, hai e de abondo. Nesta provincia, en Concellos desta provincia, con cartos desta subvención se paralizaron obras. Sr. Presidente.- ¿Se paralizaron?. Sr. Juanes Rodríguez.- Se paralizaron, non se chegaron a paralizar, se denunciaron, perdón, ese é o termino adecuado, se denunciaron por parte de administracións competentes obras que se estaban facendo con cartos desta casa. Eso son evidencias e as evidencias non se discuten. Hai Deputados, Deputados desta casa, que van diante das máquinas, diante das máquinas do Parque de Maquinaria Provincial, asfaltando viais que son de titularidade do Concello, sen que o Concello sepa. Sr. Presidente.- Pero ¿serán conductores?, ¿serán conductores?, se van diante das máquinas serán conductores. Sr. Juanes Rodríguez.- Perdón, mire, vostede non é nada simpático Sr. Presidente, non é nada simpático, terá outras virtudes pero a simpatía non é o seu. Ben, vostede me entende perfectamente. Ocupando ou tratando de usurpar o lugar da concellería de obras, en vez de Deputados Provinciais se convirten en concelleiros de obras. E eso ocurriu, Deputados-Deputadas, as/os, porque tamén hai Deputadas que mandan as máquinas a asfaltar viais dos Concellos onde o propio goberno municipal non sabe absolutamente nada deso. Sr. Presidente.- Me permite que lle corrixa unha cousa. Nós aquí non actuamos en ningún sitio senón hai un permiso municipal. Sr. Juanes Rodríguez.- Non, non, non rematei Sr. Presidente, non permito que me corrixa. Perdón. Sr. Presidente.- Se non hai permiso municipal e vostede o sabe non actuamos en ningún Municipio da provincia de Pontevedra. Sr. Juanes Rodríguez.- Sr. Presidente, eso non é certo. En campaña electoral que se saltan todo a torera, en campaña electoral, se asfaltaron viais de Concellos nesta provincia, sen, non é autorización, porque tampouco sería a cuestión, sen coñecemento dos concellos respectivos. Esas realidades ocurren Sr. Presidente, ocurren. Sr. Presidente, se me deixa rematar. Sr. Presidente.- Volvemos ó mesmo, non tire a pedra e esconda a man. Traia o primeiro sitio onde non hai permiso municipal para poder actuar. Traia o primeiro sitio, cando mo traia falamos. Mire, de leria e de contos está o mundo cheo. Sr. Juanes Rodríguez.- Sr. Presidente, no Concello de Mos, ¿foi o Parque de Maquinaria da Deputación Provincial asfaltar algún vial sen coñecemento do goberno municipal?, ¿é vostede consciente deso?. Por pórlle un exemplo, por pórlle un exemplo. Continúo. Sr. Presidente.- Eu insisto, en todo actuamos con permiso municipal. Sr. Juanes Rodríguez.- Continúo. Subvencionan vostedes obras Sr. Presidente que son absolutamente ilegais, unha obra, dentro do Plan de Acción Comunitaria houbo unha obra que parou a Dirección Xeral de Patrimonio, vostede ten que ser consciente diso, que fixen aquí unha pregunta no Pleno, e vostede me dixo que se a obra estaba feita, e que se os técnicos acreditaban que estaba feita, vostede a ía a pagar. Loxicamente esta Deputación está sendo cómplice dunha ilegalidade porque a Dirección Xeral de Patrimonio parou esa obra. Entón, loxicamente non se pode ser cómplice dunha ilegalidade manifesta cando hai unha paralización neste caso por parte da Dirección Xeral de Patrimonio. Eso é por traballar descoordinadamente cos Concellos que son os que mellor coñecen a realidade dos sitios. Dende logo empezo a entender Sr. Presidente, empezo a entender, o por que despois de ano e varios meses que lle solicitamos aquí a información sobre os traballos do Parque de Maquinaria e os subministros de aglomerado que dan vostedes ós Concellos. Vostede fala de transparencia, aquí todo es muy transparente. Ano e medio que lle fixen eu ese rogo, e vostede me dixo, si, que para a semana seguinte o tiña e levo ano e varios meses esperando. Despois desto evidentemente e das prácticas habituais desta casa entendo por que non me quere dar esa información, porque estou absolutamente lexitimado para dicir Sr. Presidente, que vostedes fan clientelismo político co Parque de Maquinaria da Deputación Provincial. E se quere, evidentemente onde hai papeis calan barbas, se vostede me argumenta que hai un trato equitativo e xusto con tódolos Concellos, pero se non me dá información, evidentemente, bueno pois, as palabras levas o vento, eso mo vén dicindo dende fai ano e pico Sr. Presidente. Non lle creo, sinceiramente non lle creo. Ben, sen ánimo, creo que as cousas están claras, non por repetir unha cousa máis veces vai a quedar máis clara, valga a redundancia, co cal espero non ter que facer uso outra vez do turno de palabra. Moitas gracias. Sr. Presidente.- Moitas gracias Sr. Juanes. Sr. Figueroa. Sr. Figueroa Vila.- Si, Sr. Presidente, eu chego a unha conclusión persoal, se están facendo francamente ben as cousas. E ¿por que?. Porque se o Sr. Juanes e o Partido Socialista con estes temas se sinte aludido ou se sinte prexudicado, supoño que será porque os corporativos do equipo de goberno traballan. Porque home, Sr. Juanes, acaba de dicir unha cuestión que a min me molesta tremendamente. ¿Para que estamos os Deputados aquí?. Para vir a levantar a man e cobrar os Plenos e Comisións. Non. Eu estou tremendamente orgulloso de que os meus compañeiros estean diante, detrás das máquinas e se fai falta enriba das máquinas, porque quere dicir que seguen as obras que esta Deputación fai, que é a nosa obriga, a nosa obriga. Ou que quere que adxudiquemos as obras e que as vaia a vender vostede. Non, vostede está na oposición e está ben na oposición onde está, cando estea no goberno fágao, que xa tivo responsabilidades de goberno e cando estamos no goberno o facemos. A oposición é para eso, é para criticar, para ler os expedientes, para animar a que o goberno faga mellor as cousas. E eso é o que facemos cando estamos na oposición. Polo tanto eu lle digo a todos os meus compañeiros, estamos facendo ben as cousas, e a Deputada de Mos ou a Deputada doutro lado, ou a de Vigo ou a de Cangas, o lóxico é que estea diante das máquinas para controlar se se fan ben os traballos, se os cidadáns quedan contentos, home, que quere, nós se queremos, cando vaian as máquinas a Nigrán en vez de estar o Alcalde ou o concelleiro de obras pois mandámolo a vostede, e ben pode ir, eu estou convencido que se vostede estivera aquí faría exactamente o mesmo que o que estamos facendo nós, exactamente o mesmo. Polo tanto eu creo que ese é o traballo que temos que facer, se vostedes queren desvirtuar o debate político e queren levalo por outro lado evidentemente claro que o poden facer. Pero eu lle volvo a repetir, eu leo todos os días os medios de comunicación e non hai nin unha soa crítica dun Alcalde nin do BNG nin do Partido Socialista contra este Presidente nin contra a forma de actuar desta Deputación. Ningún. Dígame un, dígame, non pero eu quero que me diga un, porque aquí o único que hai é datos evidentes e concretos, dígame, pero dígame, dígame, dígame, dígame, dígame alcaldes que estean descontentos co trato que lles dá esta Deputación. Evidentemente todos queremos máis ou todos queren máis, eso é lóxico que o fagan así e de feito o alcalde está para pedir e as outras administracións están para intentar priorizar naquelas cuestións que son importantes. Home, eu creo que, de verdade, e o digo sinceiramente e agora seguramente noutro tono, poñamos un pouco de cordura todos, porque se empezamos a facer debates que se apartan do que é a xestión do día a día e do que é o ámbito político eu creo que ó final non conduce a nada, conduce a encher páxinas e máis páxinas e ó final eu creo que non é bo nin para a Institución, nin para a clase política, nin para os corporativos, nin para nadie que representamos as institucións. Polo tanto eu creo que temos ou teñen algúns que tranquilizarse un pouquiño, as eleccións autonómicas aínda están moi lonxe, temos tempo de quentar os motores, pero home, agora veñen as navidades vamos a afloxar un pouco o pé do acelerador, hai tempo, imaxínense vostedes ata novembro ou outubro do ano que vén, Díos mío, os debates que se teñen que producir nesta Institución e noutras. Temos tempo máis que suficiente, eu lle pediría a todos un pouco de cordura porque senón a situación eu creo que non é boa para nadie, alá cada un co que faga, coa súa responsabilidade, nós dende logo vamos a seguir traballando, vamos a seguir animando a que os Deputados estean diante das máquinas, e se algún pode estar ó lado do maquinista tamén, porque eso quere dicir que hai boa comunicación cos traballadores, cos funcionarios e hai unha cuestión clara, vostede se rie, pero eu sei que vostede se rie, ¿sabe por que se rie?, porque os cidadáns están contentos, porque os paisanos de todos os Concellos cando lles asfaltan os camiños quedan totalmente satisfeitos. E bueno, vostedes non teñen a responsabilidade agora e cando a teñan fáganno e nós ó mellor tamén criticaremos algo, que eu supoño que tamén ó final é lóxico que se vostedes non fan a crítica evidentemente tamén lles cuestionarían dende o seu partido, dende os seus propios Concellos, os seus compañeiros de estar aquí e non facer nin dicir absolutamente nada. Pero esta mensaxe tamén lla traslado para os medios de comunicación, non se confundan os medios de comunicación, dende esta casa se están facendo as cousas correctamente, axustándose á legalidade e eu creo que traballando como nunca ou máis que nunca e a proba diso é que o traballo que está facendo esta Deputación e este Presidente eu creo que van a pasar no futuro á historia polo que se está facendo e invertindo en toda a provincia, e ademais con criterio, con rigor, con coherencia. Eu creo que hai poucas actuacións que vostedes poidan criticar, moi pouquiñas, ¿ou asfaltar camiños é malo?, ¿ou arranxar as estradas provinciais é malo?, ¿ou dar diñeiro para como vostede di o chapapote é malo?. Non é malo, todo o contrario, é bo, ¿para que?, para que se beneficien os cidadáns, para que os camiños estean en condicións, para que as estradas estean ben, para que se invirta en temas culturais, en temas sociais, en temas turísticos, porque fagan algunha crítica da xestión, a min me gustaría que nos fixeran algunha crítica da xestión, o que é a xestión pura e dura desta administración, pero non teñen argumentos e entón intentan desviar a atención con outras cuestións, pero fálenos de algo, do sector turístico, do sector cultural, non falan que se duplicou o presuposto, non falan que se consiguen máis que nunca proxectos europeos nesta casa, non falan que se conseguiu máis que nunca esponsabilizacións de empresas importantes da provincia para eventos que se benefician moito os cidadáns. Non falan que en Príncipe Felipe se está remodelando Príncipe Felipe e se está adaptando e se está rendabilizando ó máximo. ¿A que non falan de nada deso?. Ou de Deportes, que me di a compañeria Teresa Pedrosa. Falen. Falen de todo eso, por que non facemos un debate de todo eso. Saquen eses temas, traian mocións constructivas facendo debates de temas concretos. Claro é mellor desviar a atención manchando a todo o mundo. Eu dixen un día, todas estas cuestións, teñen efecto boomerang, e o digo por experiencia, teñen efecto boomerang. Eu levo xa bastantes anos en política e todos aqueles que sinalaron co dedo e mancharon ós demais acáballe caendo todo enriba de volta. E o digo por experiencia, fagamos debates políticos a ver onde teñen vostedes o contido ese, onde hai ese contido, a ver onde hai unha crítica durante un ano e medio de xestión desta casa, porque eso é o que verdadeiramente lle importa ós cidadáns, o demais leria. Sr. Presidente.- Moitas gracias Sr. Figueroa. Sr. Juanes e despois Sr. Mosquera. Bueno. Sr. Juanes Rodríguez.- Si, agradezo que o Sr. Presidente me conceda este turno de palabra. A verdade é que non tiña pensado intervir, pero, o Sr. Figueroa, Sr. Figueroa, eu me estaba rindo pero non me estaba rindo de vostede, me estaba rindo con vostede que vostede sabe que me merece todos os respectos, pero con vostede me podo rir, evidentemente como vostede o mesmo comigo. Non me entende Sr. Figueroa, non me entende, evidentemente, bueno, pois agora estou tendo certos complexos e terei que non sei, pois as miñas dotes de comunicación melloralas bastante, porque realmente se lle ocurre a todo mundo o que me ocurre co Sr. Figueroa realmente teño eu un problema grave. Pero bueno, menos mal que só me pasa co Sr. Figueroa porque o resto da xente me entende bastante ben. Mire, cando falo dos Deputados, as máquinas que tanto lle gustou, o exemplo, intentaba trasladar un exemplo de descoordinación, que é precisamente o fondo da moción, que a vostede non se referiu para nada o tema da moción, fala de todo menos da moción que eu presento. Me refería a esa descoordenación que existe co Parque Provincial de Maquinaria, de aí que nos surten a información, e que realmente o Parque Provincial de Maquinaria está favorecendo dunha forma descarada ós concellos do PP e que asfaltan camiños de titularidade municipal sen sequera o previo aviso do Concello respectivo. A eso me refería cando falaba dos Deputados diante das máquinas, pero evidentemente vostede entende o que lle dá a gana. E Sr. Figueroa o que é máis grave para un político é non estar ó tanto da actualidade, vostede non está ó tanto da actualidade, non lee a prensa Sr. Figueroa, non lee a prensa, porque que me diga que non hai alcaldes que se queixan da xestión da Deputación, é non coñecer a realidade. E é triste para un político, eu creo que das cousas máis graves que lle poden suceder a un político é non coñecer a realidade e hai alcaldes que están cabreados, moi cabreados coa actitude da Deputación, e algúns incluso o din publicamente, na prensa, Sr. Figueroa, lea a prensa, eu creo que un político debe estar informado. Esta moción, repito, e conclúo, vai con toda a boa vontade de mellorar os canles de comunicación entre esta Deputación e os Concellos e eso vai redundar no fin último que ten a política e a local en concreto Sr. Figueroa, o fin último, e é que os veciños teñan os mellores servizos e que o esforzo inver
Ãrea de notas
Nota