Fondos
2004-12-03_Extraordinaria. Acta de sesión 2004/12/03_Extraordinaria
Acta de sesión 2004/12/03_Extraordinaria
Área de identificación
Código(s) de referencia ES.GA.36038.ADPO.1.1.3.3.33.365/1.2004-12-03_Extraordinaria
Título Acta de sesión 2004/12/03_Extraordinaria
Data(s) 2004-12-03 (Creación)
Volume e soporte 1 acta de sesión
Área de contexto
Institución arquivística Arquivo Deputación de Pontevedra
Área de contido e estrutura
Alcance e contido Folla: Da sesión extraordinaria en primeira convocatoria, celebrada polo Pleno desta Excma. Deputación o día, 3 de decembro de 2004 No Salón de sesións da Excma. Deputación Provincial de Pontevedra, sendo as dezasete horas e dez minutos do día tres de decembro do ano dous mil catro, baixo a Presidencia do Ilmo. Sr. Presidente D. Rafael Louzán Abal, reuníronse as/os Señoras/es Deputadas/os, D. Xosé Antón Araujo Quintas, Dona Nidia María Arévalo Gómez, D. Ramón Campos Durán, Dona Francisca Canal Gómez, D. José Costa Díaz, D. José Crespo Iglesias, D. José Juan Durán Hermida, D. Antonio Feliciano Fernández Rocha, D. José Manuel Figueroa Vila, D. Emilio González Iglesias, D. Efrén Juanes Rodríguez, D. José Antonio Landín Eirín, D. José Antonio Lorenzo Rodríguez, Dona Clara Millán González, D. Xosé Cesáreo Mosquera Lorenzo, D. Constante Juan Muradas Ramos, D. Manuel Núñez Sestelo, D. Xosé Carlos Pazos Docampo, Dona María Teresa Pedrosa Silva, D. Juan Manuel Rey Rey, D. Alfredo Rodríguez Millares, D. Rodrigo Santiago Novas, Dona Belén Sío Lourido, D. José Enrique Sotelo Villar, D. Xabier Toba Girón e D. Jesús Vázquez Almuíña, co obxecto de celebrar sesión extraordinaria da Deputación en Pleno, en primeira convocatoria, consonte á correspondente orde do día. Da fé do acto o Secretario Accidental, D. Carlos Cuadrado Romay, e está presente o Sr. Interventor, D. Bautista Pérez Carnero. Declarada aberta a sesión e de orde da Presidencia éntrase seguidamente no exame da orde do día, adoptándose en relación coa mesma os seguintes acordos: ------ Folla: 1.5158.- EXPEDIENTE DE MODIFICACIÓN DE CRÉDITOS NÚMERO 8/2004 Sr. Presidente.- Comezamos o Pleno da Corporación Provincial do día de hoxe e como primeiro punto deste Pleno extraordinario temos o expediente de modificación de créditos nº 8/2004, que se hai algunha intervención senón procedemos á súa votación. Procedemos polo tanto á súa votación. ¿Votos en contra?. ¿Abstencións?. ¿A favor?. Visto o expediente de modificación de créditos número 8/2004, dentro do vixente orzamento provincial, por un importe total de 667.400,00 Euros, motivado pola necesidade de realizar gastos que non poden demorarse ata o exercicio seguinte, e ó non existir consignación suficiente nas partidas 04/123.121.226.02, 04/911.911.662.00, 04/911.911.462.00 e 04/911.911.762.45 do estado de gastos do orzamento corrente será financiado mediante unha transferencia de crédito coas partidas 04/611.011.310.00 e 04/111.111.233.00, de acordo ó seguinte detalle: As partidas 04/123.121.226.02, 04/911.911.662.00, 04/911.911.462.00 e 04/911.911.762.45 incrementan o seu crédito en 2.400,00 Euros, 165.000,00 Euros, 30.000,00 Euros e 470.000,00 Euros, respectivamente, financiándose coas partidas 04/611.011.310.00 e 04/111.111.233.00, que minoran o seu crédito por importe de 368.700,00 Euros e 298.700,00 Euros respectivamente. O Pleno de conformidade co dictame da Comisión Informativa de Economía, Facenda e Turismo, acorda por maioría de votos a favor do Grupo Popular e coas abstencións do Grupo Socialista e do BNG, aprobar o expediente de modificación de créditos número 8/2004, que resumido por capítulos presenta a seguinte estructura: Capítulo 2º.- Gastos en bens correntes e de servizos.............................. -296.300,00¤ Capítulo 3º.- Gastos financeiros................................ -368.700,00¤ Capítulo 4º.- Transferencias correntes........................ 30.000,00¤ Capítulo 6º.- Investimentos reais................................ 165.000,00¤ Capítulo 7º.- Transferencias de capital....................... 470.000,00¤ Total variacións por capítulos.......................................... 0,00¤ Dito expediente exporase ó público, para efectos de reclamacións, por un período de quince días hábiles, quedando definitivamente aprobado en caso de non producirse estas. ------ Folla: 2.5159.- APROBACIÓN INICIAL DO ORZAMENTO XERAL DA DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA E DOS SEUS ORGANISMOS AUTÓNOMOS PARA O EXERCICIO 2005 Sr. Presidente.- Punto número dous. Aprobación inicial do Orzamento Xeral da Deputación Provincial de Pontevedra e dos seus Organismos Autónomos para o Exercicio 2005. Ten a palabra o Sr. Figueroa. Sr. Figueroa Vila.- Boas tardes. Hoxe o goberno presenta ó Pleno desta Corporación os presupostos para o ano 2005. Presupostos que ascenden á cantidade de 136 millóns de euros, é dicir, 16 millóns de euros máis que o ano pasado, que falábamos de 120 millóns de euros e cunha serie de características que vamos a reseñar na primeira intervención para coñecemento de todos vostedes. En canto ó capítulo 1, hai unha serie de variacións debido á reducción das previsións do recargo provincial do IAE e tamén a inclusión en previsión por participación en rendimentos do IRPF. Así mesmo tamén se recolle por primeira vez a participación en impostos indirectos do Estado, en canto á alcohol, cervexa, tabaco, hidrocarburos e esto significa unhas cantidades de ingresos a maiores importantes. Esta é a reseña máis importante en canto ó capítulo de ingresos, o demais pois é algo similar ós anos anteriores. En canto ó capítulo de gastos estamos falando dun importe para o capítulo 1, de persoal, de 27.541.000 euros que veñen dados por unha serie de cuestións que vamos a resaltar. A creación de 26 prazas, o incremento do 2,7% do incremento do IPC, a diferencia de incremento de destino que por Lei lle corresponde 220.000 euros, unha serie de contratacións debido ó crecemento e desenrolo desta casa como pode ser sobre todo para Príncipe Felipe a creación do Centro de Día, a Unidade de Primeira Acollida, tamén o servizo da cociña, que é un dos servizos, que bueno, eu en dezasete anos debido á política é a primeira vez que miro que un servizo se desprivatiza, é dicir, pois é un tema tamén importante cando outros grupos sempre falan de intentar municipalizar ou facer de servizos públicos algún, pois este consideramos, e facendo números, que nos parecía idóneo para o bo funcionamento desa instalación facer este cambio de xestión. Tamén cubrir unha serie de vacantes que hai. Despois aí hai un incremento tamén importante dentro do Plan Labora, dos Programas de Cooperación, hai que dicir que tamén nalgunhas destas partidas hai ingresos polo tanto é un incremento pero que tamén no capítulo de ingresos se produce a súa aportación. A negociación tamén para o Catálogo de postos de traballo. Hai unha indemnización dun tema relacionado co Prestige, cando foi a contratación dos traballadores do Prestige, a aportación, o que percibían estes traballadores era unha cantidade pequena, en torno ás 80.000 pesetas, e se considerou debido ós traballos que prestaban de darlle unha paga extra, e polo tanto esa é a diferencia e polo cal nos parece correcto e nos sigue parecendo correcto porque era unha cantidade que para algúns traballadores ou persoas que se dedicaron a esas tarefas non lle cubría nin para os gastos de desprazamento nalgúns casos. Tamén hai unha cantidade para o Plan de Formación, para o Plan de Pensións, e bueno, tamén se deixa unha cantidade para as sentencias. En canto ó capítulo 2, de gastos correntes, estamos falando de 14.335.000 euros, bueno, e aí van reflexadas todas as xestións que se fan e todas as contratacións que se fan por parte desta casa para o desenrolo da labor diaria e cotidiana. Tamén hai 1.450.000 euros no capítulo 3. No capítulo 4, estamos falando de 21.125.000 euros, e aquí bueno, pois van unha serie de transferencias correntes, que bueno, que depois resaltarei algunhas das máis importantes. En canto ó capítulo 6 e 7, estamos falando dun total de 72.000.000 de euros aproximadamente, no capítulo 6, 37.558.000 euros, que son as inversións propias desta Deputación e tamén as transferencias de inversións no capítulo 7, 33.742.000 euros. Esto se vostedes analizan estas dúas partidas, están por riba do 50%, 53,4% en total dos 136.000.000 de euros. Bueno, estes son os números que todos coñecen e que están reflexados nos documentos que lles presentamos. Nós consideramos que este é un presuposto que dá satisfacción, dá resposta ás demandas dos cidadáns e dos colectivos da provincia de Pontevedra, presupostos que van encamiñados dunha maneira clara á un grande desenrolo de políticas sociais, estamos falando en canto a números e ó destino destes números para política social da provincia de Pontevedra de 15.500.000 euros e o digo ben, 15.500.000 euros, e aquí van reflexados unha serie de programas importantes que hai que darlle continuidade, como son teleasistencia, axudas a libros, apoio á asilos, ás mulleres maltratadas, axudas ás asociacións de mulleres, axudas tamén a servizos especializados de persoas disminuidas, reposición de vivendas para persoas necesitadas, drogadicción, terceira idade, convenios asistenciais, voluntariado, proxecto home, e inversións nalgúns casos en instalacións e cuestións que requiren da nosa resposta. E tamén en Príncipe Felipe estamos falando de 11.500.000 euros, esta é unha instalación que nos últimos tempos se está potenciando e así se ve reflexado tamén cando falaba do capítulo 1, dese incremento nunha serie de servizos como o Centro de Día, a Unidade de Primeira Acollida, o Servizo de Cociña, etc.., etc. Polo tanto en canto ás políticas sociais, volvo a repetir, estamos falando dunha aportación de 15.500.000 euros. En canto a Cultura, é dicir, apoios ás Universidades, a estudios, deseños, o que pode ser Escolas de Música, Conservatorios, Certames de Bandas e o Plan Cultural, onde aquí me vou a meter un pouco porque é un capítulo importante onde damos resposta ás peticións de seiscentos grupos máis ou menos que temos na provincia. Tamén hai partidas importantes para Premios de Investigación, para todo tipo de Fundacións, como Camilo José Cela, Marco, Valle Inclán, Casares, etc., etc., convenios con editores e bueno pois unha serie de relacións que eu creo que tampouco hai que extenderse máis para analizalas. Polo tanto destinados a Cultura 4.500.000 de euros, e digo ben, 4.500.000 euros. As políticas deportivas tamén están contempladas dunha maneira clara nestes presupostos, e estamos falando aproximadamente de 5.000.000 de euros para políticas deportivas, axudas a clubes e axudas a entidades deportivas de base, a recambio de material de instalacións, a instalacións co convenio coa Xunta de Galicia que tamén é unha partida importante e pensamos en canto a este capítulo, incluso me atrevería a dicir que é un dos capítulos dentro das porcentaxes deste presuposto máis elevado, pero tamén é certo que hai unha cantidade de colectivos importantísimos que realizan actividades ó longo de todo o ano con respecto ós deportes. Tamén hai premios a deportistas a nivel individual, becas, etc., etc. Para turismo hai aproximadamente 2.500.000 euros, 2,4 e pico millóns de euros, onde tamén se ve reflexada a intención e o interese deste goberno en seguir desenrolando as políticas turísticas da nosa provincia. Creo que aí se reflexa claramente coa compra dunha nova sede, unha nova sede emblemática na cidade de Pontevedra que está dando resposta a todo o sector turístico, onde nestes momentos ademais do que pode ser o sector se están facendo actos de todo tipo, por peticións que están facendo colectivos, porque consideran que ó ser unhas instalacións dignas tamén dan acollida a todos estes colectivos e sectores que poden facer as súas presentacións, e ó mesmo tempo pois é un reflexo do que pode ser as políticas de expansión, promoción e difusión da nosa provincia. En canto ó Servizo Agrario, bueno, pois estamos falando de 7.500.000 euros, o que aportan estes presupostos a todo o Servizo Agrario e Pesca, é dicir, creo que é unha cantidade significativa coas dúas fincas que temos e todos os proxectos que hai de investigación, desenrolo, de actividades e promoción e apoio tanto ó sector agrícola como tamén ás confrarías, é dicir, onde hai importantes partidas de apoio, de promoción e tamén de recuperación e inversións en instalacións e en compra das súas embarcacións. Un dos temas que creo que nos últimos tempos e no último ano se deu unha mostra clara de xestión desta casa foron os programas europeos, programas europeos que se está acadando inversións importantes para a nosa provincia, resaltar por exemplo o apoio de saneamento de municipios do entorno do Miño, un programa con municipios do norte de Portugal. E estamos falando que neste ano vamos a ter un importe de 7.000.000 de euros, 5.800.000 aportados de fondos europeos e un millón e pico da Deputación. Polo tanto aquí é onde se mira realmente que este equipo de goberno e esta Presidencia está intentando relanzar todo tipo de captación, de financiamentos externos que son importantes para esta casa. Así mesmo podemos falar dos plans de Cooperación para os Concellos, onde estamos falando de máis de 44.000.000 de euros, entre o PPC, o POL e Acción Municipal, e tamén o apoio ás estradas provinciais. E en canto ó capítulo de inversións, que algunhas xa explicitei pero que creo que podemos recoller tamén, está o apoio ás estradas provinciais, é dicir, que hai que seguir mantendo as estradas propiedade desta administración e que é unha cuestión que nos últimos anos creo que se deu mostra clara e evidente da rehabilitación, do mantemento e das condicións en que están a maior parte das nosas estradas. É certo que hai que seguir facendo un esforzo inversor, porque o mantemento, todo o diñeiro que se meta sempre é pouco. Seguimos tamén e se ve reflexada neste documento, a aportación á construcción do Museo, obra importantísima para tamén o desenrolo da cidade de Pontevedra, e tamén da provincia e eu creo incluso diría que para a nosa Comunidade Autónoma. Hai poucas instalacións que vaian a ter as características desta e pensamos que é un proxecto tamén fundamental, estratéxico para o desenrolo da cultura da provincia de Pontevedra. Despois temos tamén partida importante, 1.200.000 euros para saneamento da Ría de Pontevedra. Os proxectos de investimentos, que antes falaba de proxectos europeos, convenios entre Xunta-Deputación para estradas, para algún campo de fútbol, para instalacións deportivas; tamén coa Fundación Rías do Sur para intentar rematar a piscina olímpica de Pontevedra, así mesmo tamén para o proxecto do novo Pasarón que esperemos que se poida ir concretando esta inversión nos próximos meses, é unha instalación que necesita o Pontevedra club de fútbol e a cidade de Pontevedra polas condicións nas que se atopa o actual estadio. Así tamén como unha partida para sinalización turística que se ve incrementada tamén con outra de 500.000 euros que aceptou unha emenda dun grupo da oposición, cun convenio tamén que temos coa Xunta de Galicia para a rehabilitación de casas consistoriais, para material e equipos informáticos, así tamén como unha partida importante para intentar que os Concellos poidan ir desenrolando os seus Plans xerais e o seu Planeamento. E tamén unha partida importante para Comunidades Veciñais, que consideramos que é fundamental tamén para o desenrolo de pequenas entidades veciñais que carecen de axuda e de apoio nalgúns casos. E tamén resaltar pois os convenios que hai con Pesca e Medio Ambiente, etc., etc. Eu creo que en resume podemos dicir que temos un presuposto equilibrado, un presuposto riguroso, un presuposto que dá resposta ás demandas que presenta a cidadanía pontevedresa e ó mesmo tempo tamén que intenta vertebrar o que pode ser a provincia interior coas zonas da provincia da costa, é dicir, esto é fundamental sobre todo na provincia en que vivimos, onde está perfectamente definido unha franxa de costa cunha zona do interior, e pensamos que se somos capaces de articular as políticas necesarias que acabamos de explicar tanto culturais, sociais, deportivas e estratéxicas, tanto en agricultura como en pesca e tamén dar satisfacción a esas inquietudes, esas propostas que hai enriba da mesa, de proxectos puntuais como poden ser o Museo, o Estadio de Pasarón e algunhas instalacións deportivas a nivel individual, a nivel de cada un dos Concellos, que están reclamando continuamente o mantemento tamén por suposto da nosa rede de estradas, eu penso que ó final estes presupostos cando remate o ano se verán gratificados con esas instalacións e esa mellora da calidade de todos os nosos veciños, que ó final é o que nos ten que importar a todos. Eu creo que hai poucos sectores desta casa que non teñan unha atención prioritaria. Eu diría que case ningún, evidentemente sempre pode quedar algunha cuestión atrás porque os presupostos é imposible que cheguen a todos os recunchos e a todas as necesidades que ten a nosa provincia, pero é importante, é importante que con estes presupostos se poida dar un alto grado de satisfacción ó que nos demandan os nosos cidadáns. Tampouco me vou olvidar, a pesares de que algúns fixeron algunha promesa electoral de que seguimos, seguimos coa aportación á peaxe da autopista, é dicir, que está tamén contemplado nestes presupostos e que vamos a seguir mantendo ese compromiso ata que alguén que no seu momento prometeu nunhas eleccións e se puxo diante dunha pancarta, cumpra con ese compromiso e ó final sexa capaz de resolver este problema. Ó mesmo tempo estamos abertos a todo tipo de suxerencias ou cuestións que se nos poidan ir plantexando dende os propios Concellos para anos vindeiros, as políticas non se terminan única e exclusivamente nun ano senón que hai que facer proxectos a corto, a medio e a longo prazo. E nesa liña de traballo vamos a continuar tanto a Presidencia que dirixe esta Corporación e este equipo de goberno como todo o equipo de goberno. Seguramente me quedarán detalles e cuestións que ó longo do debate se poden producir e ó mellor se ampliarán e se matizarán algúns temas. Eu creo que se fixo ou fixemos ou intentamos fixar unha exposición clara e coherente, unha exposición precisa e a partir de aí bueno pois no debate abriremos se é necesario algunha cuestión que seguramente se poida quedar atrás. Estes son os números en liñas xerais, quería ser breve, vou a intentar ser breve e polo tanto vou rematar a miña primeira intervención. Sr. Presidente.- Moitas gracias Sr. Figueroa. Ten a palabra neste caso o Sr. Mosquera. Sr. Mosquera Lorenzo.- Gracias Sr. Presidente. Bos días ou boas tardes, o hábito de que os Plenos sexan pola mañá leva a esto, a todos e a todas. Ben, estamos ante teoricamente o Pleno máis importante do ano, ou o asunto máis importante do ano nunha institución, que é aprobar os seus orzamentos. Nesta institución baixan de categoría en canto ó significado que teñen dado a intensísima e masiva modificación que sufre todos os anos, que é un procedemento correcto pero que fai que o resultado final desvie bastante do que inicialmente se plantexou, aínda así evidentemente estamos falando do destino de 136.000.000 de euros que é o montante deste orzamento. E obrigatoriamente creo que con bo criterio quen lexislou sobre os orzamentos obriga a que haxa unha memoria da Presidencia na que se fixen os obxectivos, que necesidades se pretenden satisfacer dos cidadáns a través dos orzamentos. E en coherencia, e noutras institucións que os programas políticos detraen, neste caso, como na Deputación eso non sucede pois en coherencia cos obxectivos que se marquen. Se un le a memoria da Presidencia, que o Portavoz do Partido Popular fixo referencia a ela e a goleo, non hai nada de nada con respecto a eses obxectivos. Nada de nada. Suben os ingresos, suben os gastos, baixa unha partida, sube outra, e os obxectivos pois non aparecen por ningún lado, evidentemente cando un nun fárrago de cifras, de centos de miles de cifras, e destas contías, pois bueno, para poñer un pouco de orde terá que, pois mira un, pois bueno a ver, a ver, que é exactamente o que se pretende, que é o que estamos pretendendo con estes orzamentos á parte de repartir 136.000.000 de euros. Entón vai un ó capítulo 4, mira o capítulo 2, vai ó capítulo 4, vai ó capítulo 6, vai ó capítulo 7, mira, anexo investimentos, e di, bueno a ver se aquí aparece algo, a ver se hai algo que nos dea luz, sobre que é o que se pretende máis que repartir 136.000.000 de euros á parte de que se xustifique que aquí sube unha partida e alí baixe outra. Ben, créanme que mirei con suma calma, con suma calma, os orzamentos máis expansivos, máis importantes da historia desta casa, a ver que obxectivos había debaixo, que é o que se pretendía, porque se hai tantos cartos e se hai tantas posibilidades, será o momento de acometer grandes cousas. Bueno, pois resulta que, poñamos un sector, é que a Universidade está sobrada, non pide nada, pois resulta que non, resulta que sempre houbo a tradicción nesta casa de colaborar en que na provincia de Pontevedra, campus de Vigo e Pontevedra se melloraran as instalacións, rómpese esa tradición, é dicir, é que non o necesitará, non, si o necesita, e non é só que non o necesite senón que esta institución ten un compromiso firmado o 2 de xuño do 2003, de facer esas aportacións neste caso ó campus de Pontevedra. Ou sexa que non é, non é ese campo que se cubreu e demais, e como hai tantos cartos este ano vamos a darlle un impulso que suporía facer un campus de territorio, de urbanización decente en Pontevedra á parte de acabar as súas instalacións. Rómpese unha tradicción e rómpese incluso un compromiso e non aparece. Bueno, pero será que ese famoso, famosísimo, que leva tantos anos dando voltas, sempre prometido pero ó final nunca realizado, de vamos a potenciar os recursos turísticos da provincia, sexa o camiño de Santiago, sexan miradores, sexan patrimonio edificatorio, sexa o que sexa, e nos vamos a meter de cabeza aí dunha vez por todas, ou sexa sinalización turística, vamos a meternos dunha vez por todas, que está prometido hai non sei canto tempo. Pois non, aprobouse parcialmente cunha cantidade bastante pequena, unha Moción nosa, supoño, non sei que pasou coas emendas, se se recolleron ou non, porque hai varias pendientes e non nos enteramos se se recolleron ou non, e pero non, non era eso, non aproveitamos que temos un orzamento tremendamente expansivo segundo esas contas para facer eso. Bueno, será o ano en que nos metamos en promoción económica dunha maneira, vamos pero de cabeza, sobran cartos e tal, pois non, Polígono de Barro-Meis 300.000 euros que despois tamén se subeu por unha emenda nosa, pero tampouco son cantidades para pensar que esta Deputación vai actuar dunha maneira decidida e potente nun campo no que parece ser e é evidente que se necesitan, é unha partidiña, algo é algo, pero tampouco. Bueno, será que nos metemos noutro tipo de infraestructuras, noutro, igual non avistamos nós na análise que facemos pois non, se meten noutro tipo de infraestructuras, pois bueno, algunha estrada que non nos fai outra administración, ou que esta Deputación ten que facer algo moi importante, unha obra de empaque, non repartir aquí 300.000 euros para corrixir unha curva, que eso é o que se fai todos os anos, 200.000 euros para non sei que, 100.000 euros para alá. Tampouco, tampouco, é dicir, bueno ¿onde está?, ¿onde están os obxectivos deste grandioso orzamento?. ¿onde están?. E, vou procurar ser breve, porque non creo que por alargarnos máis vaiamos a aclarar máis. Un xa leva tempo nesta casa, esto lle recorda, lle recorda cantidade, cantidade, non estaba, despois estaba, ó período aquel 88-93, pero clavado, tamén eran, sempre se recorría a crédito, neste caso non se paga. É máis esaxerado que agora porque eran distintas as contas, e peor o financiamento, sempre había cartos para todo, nunca para nada serio, e unha utilización desta institución a fondo, pero a fondísimo a través da estructura do Partido Popular única e exclusivamente a través da estructura do Partido Popular era repartir, repartir, repartir, para engraxar, engraxar a maquinaria do Partido Popular, coas consecuencias que tivo porque despois quen veu detrás tivo que sanear esta institución e poñela en orde e incluso intentar facer algo medianamente razoable coas finanzas e cos obxectivos desta Deputación. Ben, os extremos de discrecionalidade, por exemplo chega a que as bases de subvencións, que evidentemente non se acepta ningunha emenda, non se adaptan nin á Lei, pero evidentemente queremos seguir coas mans libres para aquelo do que parte ben reparte, a pesar de que a Lei, Lei súa, Lei súa, do PP de Madrid, pois nin se aplica e se lle pide que se fagan unhas bases de todas as subvencións, incluído o PAC, calquera outro tipo de subvención do 4 ou do 7, adaptadas á Lei, nin eso, nin eso, non o aceptan, emenda presentada. Entón estamos, repito, desgraciadamente me recorda moitísimo, moitísimo, aquela época, verdade. Entón nós presentamos emendas, son coñecidas, polo tanto non será cuestión de repetilas, pero si creo, si creo que merecen especial atención o tema dos convenios aínda que sexa brevemente. A ignorancia con respecto ós convenios é elevada. Nesta Deputación xa houbo convenios, cos concellos de Pontevedra e Vigo. Co Concello de Vigo para refrescarlle a memoria foi aquel famoso convenio no que ía o saneamento e máis o elefante, se se acordan ía o saneamento e máis o elefante. O elefante non sei que lle pasou, parece que lle quedou a trompa alá en Kenia, pero o saneamento mal que ben foise facendo. E o que se plantexou agora e dende logo negociar con vostedes nada, e como, vamos é peor que perder o tempo, porque aínda por riba se podía ocupar noutras cousas máis simpáticas. O que se falou agora foi que en vez de que os concellos de Pontevedra e Vigo estiveran cada ano pedindo subvencións pequenas, de saneamentos ou o que sexan, facer convenios para grandes infraestructuras. Ó final quedou nun convenio cada ano sobre cousas francamente menores porque tal como estaban concebidas non había outra maneira porque á parte ben enrevesados non, que se lle cambia unha peseta, vai aquí, ven alá, vai acolá, é unha cousa francamente enrevesada. Pero á parte mal plantexados, mire eu estou disposto, nós estamos dispostos a que dende esta institución na que estou falando como Deputado Provincial e dende a do lado tamén, se queren, que os convenios sexan iguais para todos. Ou sexa se en Vigo queren ter no capítulo 6, Pontevedra tamén no capítulo 6, correcto, ou en Vigo no 6 ou no 7 nos dá igual. Agora, agora ben, se o convenio hai que negocialo coa Portavoz da oposición en Pontevedra entón en Vigo negocian con Lois Pérez Castrillo e máis co Portavoz do PSOE, evidentemente, ou senón con Xabier Toba ou Belén Sio. O que non ten pes nin cabeza é que os cartos que a través dos plans ata agora o concello de Pontevedra e de Vigo recibían desta institución á parte de que Vigo está recibindo bastante máis do que recibía antes, cousa que proporcionalmente non sería así exactamente, depende dos criterios, pero vamos, non vamos a entrar neso, pois que o mecanismo de xestión sexa exactamente o mesmo, sexa exactamente o mesmo. Entón fágano vostedes como queiran, o que non poden é facer de tal maneira, díxenno onte e repítoo, de que tal é como está o orzamento, 27.000 millóns de euros que hai para transferencias ós concellos o concello de Pontevedra reciba cero euros. E, mire, son tan coherentes, son tan coherentes, que a partida de sinalización turística que como se sabe é un problema local o poñen no 7, o transfiren ós concellos, será para que cada concello acople segundo o seu criterio diferente para ser orixinais, ou sexa, que a sinalización turística da provincia sexa diferente en cada concello. Verdade, curioso, curiosísimo, curiosísimo. Mire, me parece que se pasaron de frenada bastante, bastante, e gravemente, curiosamente dos grandes proxectos que hai en marcha nesta Deputación en toda a provincia case todos veñen do mandato anterior, vostedes están volvendo á política de hai quince anos, catorce ou o que sexa, unha utilización así de curtas miras desta casa para cuestións pequenas e demais. E só me queda unha dúbida, eses convenios con Pontevedra e Vigo, se hai que negocialos cos Portavoces da oposición, quédame unha dúbida se o de Pontevedra tamén o temos que negociar co Sr. Rivas. Esa dúbida non sei se me poderán aclarar ou non, como me quedaron de aclarar antes deste Pleno outras dúbidas que non me aclararon ningunha, agardo que esa me dean aclarado, porque árdelle o eixo, árdelle o eixo que entre as relacións entre as dúas institucións se poida facer falcatruadas dese calibre. Ben, evidentemente quedan moitisimas cousas no tinteiro, como quedamos, como quedamos en que había unha comisión o mércores que ía aclarar, non aclarou, pero bueno, ía aclarar, e que no debate de hoxe non nos íamos centrar nas emendas e cousas máis pequenas, pois eu vou ir dando por rematada a miña intervención por agora agardando que o sentidiño común se impoña e que haxa serios retoques nestes orzamentos senón as consecuencias políticas pois xa saben cales van ser. Moitas gracias. Sr. Presidente.- Moitas gracias Sr. Mosquera. Ten a palabra o Sr. González Iglesias. Sr. González Iglesias.- Si, boas tardes. Sr. Figueroa para empezar non, vou a facer referencia a algo que facía vostede referencia ó final da súa intervención, dicía que ía a manter o tema da peaxe mentres quen se poñía detrás dunha pancarta, me parece que dicía, non cumpre o seu compromiso electoral. Creo que dicía algo así. Supoño que sen pancartas se debía estar referindo vostede ó Sr. Rajoy, candidato á Presidencia do Goberno do Partido Popular, que anunciou eso e en catro anos non o cumpriu. Bueno, vamos ó tema do orzamento. A verdade é que eu fixen un invento hoxe e foi coller os orzamentos do ano pasado, de hai dous anos, de hai tres, e nalgunhas cousas, concretamente para dicirlle unha cousa concreta, nas bases, mirar base por base, liña por liña, renglón por renglón, e non é que sexan iguais e non son iguais, teñen unha variante, só teñen unha variante, unha soa. Cando nas do ano pasado para conxuncións globais inferiores a 120.000 euros non facía falta bases para subvencións, este ano pasan a 150.000 euros, é a única variante que hai, non hai ningunha outra, absolutamente ningunha outra. Podería parecer unha casualidade, non é ningunha casualidade, ningunha en absoluto, é seguir na dinámica histórica do Partido Popular nesta Deputación, que despois vou a, falarei moi pouco dese tema pero hai que dicilo porque senón deixaríamos pasar unha parte que temos que seguir nomeando sempre. Para continuar Sr. Figueroa, falaba vostede do capítulo de ingresos, fala vostede, fala a Memoria da Presidencia, e todo é o mesmo, é dicir, nos están dicindo capítulo de ingresos se incrementa porque hai unha maior participación da aportación do Estado e porque participamos con outras cantidades en determinados tributos. Perfecto, eso é, e ademais deso o tema da non amortización da débeda, é dicir, a débeda actual a 1 de xaneiro vai ser 44 millóns de euros, a 30 de decembro do 2005 vai a ser os mesmos 44 millóns de euros porque non se amortiza, fan uso do período de carencia, anunciabámolo o ano pasado que o ían a facer, loxicamente poden facelo, como se van a crédito, o dixen o ano pasado e o sigo mantendo este ano. Nós para determinadas cuestións estamos dispostos a chegar a acordos porque hai cuestións que nós entendemos que serían importantes para a provincia, e ó mellor momentos determinados que hai que ir a crédito e non nos ían a doer prendas para dicir que si e para recoñecelo. Do mesmo xeito que lle recoñecemos sen ningún problema, vostede presumía da aportación dos fondos europeos, porque por primeira vez esta Deputación se está metendo neses programas etc., etc. De acordo, perfecto, estamos todos de acordo, a desgracia deste tema é que algúns levamos anos e anos solicitando esta historia e o grupo de goberno só o fai dende agora, antes non o facía. Digo que desgracia, porque home, agora cando están rematando os fondos europeos a Deputación de Pontevedra acórdase de meterse nesta dinámica cando outras Deputacións e outros concellos grandes están dende hai máis de seis anos con esta historia. Pero bueno, aínda que sexa tarde realmente llo recoñecemos ó actual grupo de goberno que o están facendo, nos parece perfecto. E vamos a cuestións que dicía vostede na súa intervención, ou vamos ó que lle comentaba antes. A memoria da Presidencia como lle dicía ou a súa intervención vén a ser practicamente o mesmo, hai outro acto curioso, curiosísimo, na memoria da Presidencia, di o Sr. Presidente que é quen firma a memoria loxicamente, di, é un exemplo na páxina dúas, "estado de ingresos en pasivos financieros, existe una baja del 100% que se explicará posteriormente. Estado de gastos, pasivos financieros, reduce su dotación en el 100% al no estar prevista la amortización de la deuda." Eu non mirei a explicación posterior por ningún sitio salvo que sexa esta. E haina, haina, pero teñen que dicila, mire, o noso obxectivo é dedicar estes cartos a esta cuestión, e nos parece absolutamente fundamental que se faga este ano e nos parece tan fundamental que esa é a razón do por que non se amortiza a débeda este ano. Perfecto. Pero díganno, díganno, non o deixen aí a ver que é o que pasa. E na cuestión dos gastos, bueno, pois vostede nos conta aquí e nos di, non, inversións, aportacións ós concellos, máis de 33.000.000 de euros, perfecto, discutiremos sempre as bases, nós sempre seguimos mantendo a mesma teses, que gran parte desas bases van fundamentalmente a beneficiar ós concellos, a uns concellos determinados que saben de sobra cales son, non os vou a nomear, son os que vostedes fundamentalmente gobernan e ó resto vanlle poñendo chiniñas para que se lle torza a aportación e teñan menor aportación, sexa por un camiño ou polo outro. En inversións propias da Deputación sigue sendo tremendamente curioso, que hai aquí unha cantidade tan importante a estradas provinciais e volve a ser, é dicir, a elección a que queren vostedes, a que queren, mire, xa non falo nin de catálogo nin de historias, fan no sitio que queren e cando queren, punto, e lles toca cando a vostedes lles dá a gana. Eso é realmente o obxectivo político que ten un orzamento como o que presentan vostedes, e volvo a repetir, se fora a primeira vez ó mellor podería cabernos algunha dúbida, pero non é nin a primeira vez nin a segunda nin a terceira. Loxicamente, loxicamente cando se plantexan estas cuestións no orzamento, un empeza a mirar organismos autónomos e empeza a ver cuestións tremendas, tremendas pola importancia económica que están tendo. E nos diferentes organismos autónomos que en total no seu orzamento suban aproximadamente 13.000.000 de euros o ORAL se leva máis de 5.000.000 de euros, e claro deses 5.000.000 de euros hai unha cantidade importantísima, máis do 50% desa cantidade, que se vai en persoal, e un empeza a sospeitar que aquí se está creando un auténtico monstruo dentro desta Deputación co tema do ORAL, e un auténtico monstruo porque seguramente se vostedes se van a outras Deputacións de España, que están facendo este tipo de cuestións mirarán que o custe está bastante por debaixo que o do ORAL. E realmente, realmente, ollo, que aquí estamos falando dos cartos cos que contan os concellos, a maioría dos concellos da Provincia que teñen os impostos e as taxas no ORAL. Volvo a repetir, teñan coidado, esto se está convertindo nun auténtico monstruo, polo custe do servizo e polo servizo en si, que bueno, eso será cuestión de analizar noutro momento e probablemente noutro Pleno. Siguen con cuestións históricas anecdóticas, agora mesmo xa empezan a ser anecdóticas pola cantidade pero non son anecdóticas no reparto. É dicir, cando se fala de 3.000.000 de euros para repartir material a algúns concellos e digo algúns, resulta que curiosamente, curiosamente, eu podo nomearlle concellos desta provincia que non reciben nin un só euro deses 3.000.000 de euros, nin un só, polo tanto ese material, algún día, ó mellor dada a transparencia de que o Presidente fai gala moitas veces, algún día nos enteraremos de a onde van e con que criterios se reparten, igual que con moitos outros plans e moitas outras cuestións. Podo falarlle esto mesmo en Cultura, podo falarlle esto mesmo en Deportes, é dicir, non vou a facer referencia unha por unha ás emendas que presentamos, simplemente voulle agradecer a súa xenerosidade por admitir as tres e media máis ou menos das vinte e catro que presentou o Grupo Socialista, pois doulle as gracias por esa xenerosidade, pero hai algunhas das emendas ás que si me vou referir en concreto, fundamentalmente porque algunhas delas poderían significar unha variante, un cambio na aportación da Deputación a diferentes concellos e no que nós entendemos que debe ser realmente unha Deputación, é dicir, que está para suplir ós concellos fundamentalmente, para suplir ós concellos, alí onde os concellos por cuestións económicas de todos sabidas non poden. E das que nos admitiron, algunhas permítame dicirlle con claridade que me parece, home, agradézolle que no lo admitan pero me parece que seguen sendo vostedes sorprendentes no tema, é dicir, cando incrementan en 30.000 ou en 40.000 euros o tema dos conservatorios ou o tema dos libros de texto e cando nos libros de texto siguen aparecendo cantidades superiores en máis de 60.000 euros ás aportacións en bolsas de estudio para funcionarios e fillos de funcionarios ás que levan vostedes para toda a provincia. E efectivamente, é unha cuestión que se dixo o ano pasado e hai dous anos e hai tres, pero sigue ocurrindo e é realmente demencial, é realmente demencial que a aportación non sexa maior, ou é igual de demencial que vostedes nos fagan ou vostede concretamente nos faga un cántico a uns orzamentos absolutamente solidarios etc., etc., cando a única cantidade que hai no orzamento para o fondo galego de solidariedade é de 12.000 euros e non hai ningunha aportación máis, absolutamente ningunha, en todo o orzamento da Deputación para colaborar con temas que vostedes sorprendentemente cando estaban na oposición no Estado antes, supoño que a partir de agora farano tamén, estaban falando de achegarse ó 0,7% para inversión en causas deste tipo e aquí con 12.000 euros se despacha todo o tema. No tema das mulleres, aí si que llo digo con toda a claridade do mundo, eu agradezo eses 300.000 euros que asumen vostedes e o tema da prisión da Lama, esa partida aberta tamén. Nas que non aceptan, pois, home, se quere que lle diga a verdade, eu hai algunha das cuestións que como se trataron outros anos xa nin vou a facer referencia a elas, pero hai outras que son novas e que me parece que non tratalas sequera significa entre outras cousas que vostedes teñan nalgúns casos moi pouca sensibilidade, noutros están ó contrario do que di o seu partido, concretamente me refiro á de augas termais, é curioso o Conselleiro antes de onte falaba de substituír o camiño xacobeo nunha intervención pública, o camiño xacobeo polo turismo da auga e facía unha referencia moi importante ó tema das augas termais. Eu case lle plantexaría que de cara ó ano que vén que replantexen o tema, entre outras cousas porque nese tema si estamos de acordo co Conselleiro. O outro tema é a vivenda, é dicir, cando estes días se está dicindo que o 40% dos xoves entre 25 e 34 anos están nas casas dos seus pais, me parece que non facer un esforzo, que pode ser, no plantexamento que lle facíamos nós na emenda ou noutro que nos poñan vostedes enriba da mesa, non facer un esforzo nese sentido pois nos parece de pouca sensibilidade. O mesmo que lle podo dicir que, home, cando aquí se aproba unha moción para o tema dos carrís de bicis e se aproba con respecto ás estradas provinciais pois o lóxico é que cando se plantexa para que ese tema se impulse nos Concellos que se teña unha sensibilidade diferente á que plantexaron vostedes, que dixeron que non. Pero a min, a min de verdade hai dúas cuestións que realmente me sorprenden, unha, que é da do Plan de Emprego, e digo que me sorprende porque o Presidente da Comisión na Comisión do mércores o dixo con toda a claridade do mundo, di, non, non, pero é que este tema, si nós levamos máis de, piden vostedes 600.000 euros para un plan de emprego e nós levamos 625.000, si levamos máis. Eu lle dicía que non era exactamente o que vostedes levaban, é dicir, o que hai, o que vostedes lle chamaban Plan de Emprego na Deputación son 600.000 euros dedicados a contratar persoal que se reparten diferentes concellos. Nós, me permito lerlle só un parágrafo do que dicía esto, é dicir, o devandito Plan debería estar dotado suficientemente e contemplar módulos de formación que nos permitan combater a marxinalidade na que ás veces se ve abocada unha parte da nosa xuventude. Mellorar a capacidade de inserción profesional e fomentar a igualdade de oportunidades. É dicir, nada que ver con contratar directamente a unha serie de persoas ou non é exactamente eso. E despois outra das cuestións que a min realmente me sorprendeu que dixeran que non de entrada, foi o plantexamento dunha aportación á Área Metropolitana de Vigo, é dicir, todos sabemos que a Área Metropolitana vaise debater no Parlamento en breve tempo, que no ano que vén estará funcionando, parecía que todos estabamos de acordo, ou parece que todos estamos de acordo en querer funcionar na Área Metropolitana e parece tamén que en todas partes dicimos o mesmo, si, pero para que funcione faltan as aportacións, están as dos concellos e falta a da Deputación e falta a da Comunidade Autónoma. Pois nós plantexabámoslle unha cantidade pois por poñer unha cantidade, é dicir, podían vostedes plantexar outra diferente, é dicir, o único que queríamos era que se considerase realmente que houbera unha partida para a Área Metropolitana, para implicar á Deputación no apoio a esa Área Metropolitana. Non había outro sentido diferente a ese. Ó mellor incluso, pois mire o de abrir partida con un euro como fan no tema da Lama. E eso significaría ter a suficiente sensibilidade que volvo a repetir non teñen vostedes ata agora ou polo menos non demostran neste tipo de cuestións. Hai máis cuestións do orzamento que eu vou a deixar para a seguinte intervención ou non porque realmente estamos falando, como dicía antes, dunha copia absoluta doutros anos, é dicir, daríanse dúas cuestións, e salvo as cuestións novas no demais dúas frases e non hai nada máis. De todos os xeitos, anúnciolle que nós vamos a votar en contra. Nada máis. Sr. Presidente.- Moitas gracias Sr. González. Ten a palabra o Sr. Figueroa. Sr. Figueroa Vila.- Si, bueno, despois destas dúas intervencións eu creo que aínda o equipo de goberno se ratifica moito máis aínda no presuposto que acaba de presentar. E voullo a dicir claro. Eu lin as súas emendas con detemento dende o venres, tivemos pouco tempo é certo, dende a Xunta de Portavoces á Comisión, pero eu tampouco miro ningún plan estratéxico, ningún plan de futuro que presenten vostedes, ningún, e o único, os dous que poden ter a mesma liña llos apoiamos, que foi o apoio para Barro-Meis, que xa tiñamos unha partida. E lle vou a explicar porque só dotamos dunha partida de 300.000 euros, porque estamos na constitución dese consorcio. Tamén temos a vontade e llo digo claramente aquí, e ademais o compañeiro Alcalde de Barro é compañeiro noso, Sr. Landín, que o sabe perfectamente por boca do Sr. Presidente e dos membros do equipo de goberno, que o desenrolo dese consorcio e desa zona industrial vai ter todo o apoio desta casa. Polo tanto para constituír un Consorcio evidentemente pensamos que con 300.000 euros é máis que suficiente e á partir de aí se desenrolarán por fases todas esas cuestións. E, bueno, vostedes fixeron esa aportación, se recolleu. Están falando dun tema de sinalización turística, se presentou unha emenda que tamén recollemos de 500.000 euros para captación de recursos culturais e turísticos, está recollido nesta emenda que vostedes presentaron. Pero eu do Partido Socialista só vexo emendas de incremento de gasto, é que se vostedes teñen que facer o presuposto, Díos mío, Díos nos colla confesados. Porque entón si que o gasto corrente, ou quere que lle sume, claro é que ás veces non se pensan as cousas que se din, e un as fai e cando ten a réplica do contrario, do adversario di, metín a pata, e por que metín a pata, porque se lle sumo todas as emendas que vostedes presentaron o 99,9% son incremento de gasto corrente. Non o fixen pero o teño mentalmente e estou convencido que é unha cantidade importante, porque proxectos de inversións, plans a medio e longo prazo, eu non miro absolutamente ningún, por eso digo que nós nos ratificamos neste presuposto. Bueno, aquí se dicía que a memoria da Presidencia carece de obxectivos. Home, eu creo que para eso están os Plenos, para eso están os debates e evidentemente aquí estamos expresando cal é a vontade deste presuposto, cales son os obxectivos destes presupostos, están perfectamente definidos, ese apoio ás políticas sociais, culturais, deportivas, de infraestructuras, se vostedes recollen os números de 130.000.000 de euros, aproximadamente a mitade deste diñeiro, de 136.000.000 de euros vai destinado ós concellos. Non se di aquí que a Deputación ten que ser o vertebrador e aglutinador de todos os concellos. Pois a política a fan os concellos, pero por outro lado vostedes critican e din, non, non lle deades ós concellos, distribuílos dende aquí, que vós tedes a dirección política e se fai a dirección política dende esta institución. A ver, aclárense, que queren, que os concellos teñan autonomía propia ou que esta institución faga o control das políticas dende esta casa. Porque se están contradicindo vostedes mesmos. Home, eu creo que é o que entendo, por un lado nos din que esta casa faga políticas claras e plans de iniciativa propia e por outro lado nos din denlle diñeiro ós concellos para que os concellos articulen as súas políticas. As dúas cousas é imposible, unha ou outra se exclúe, teñen que aclaralo e dicirlle que neste presuposto preto da metade vai destinado ós concellos que son os que marcan as políticas de cada un e marcan as directrices dende a súa propia institución. Eu creo que debe ser así. ¿Onde actúa esta Deputación?. En complemento desas políticas onde os concellos non teñen competencia. E por eso actuamos en apoios sociais que os concellos non poden chegar, en políticas deportivas, eu creo que a política desta institución, e llo digo claramente, repase todas as institucións provinciais e se dará conta que é importantísima e elevada e aí está o recoñecemento de todos os clubs. Se fan un repaso dos concellos non hai ningún concello que chegue á metade do que lle dá esta institución a cada unha das entidades deportivas da provincia de Pontevedra. Ningún. Estou convencido e fago unha afirmación, que calquera subvención desta institución a calquera entidade deportiva duplica o que lle dá calquera concello da provincia. E se non é certo demóstremo. Porque lle fago un repaso de todos, dos máis importantes os teño na cabeza. ¿Canto se lle dá ó Teucro?. ¿Canto se lle dá ó Pontevedra?. ¿Canto se lle dá ó Arxil?. ¿A calquera?. ¿A calquera?. Porque esas evidentemente si que son políticas que chegan a sectores sociais importantes. Ou facer un plan de infraestructuras de campos de herba sintética non son políticas importantes para esta provincia. Neste ano van cinco ou seis e é unha demanda que están continuamente poñendo encima da mesa todos os concellos da Provincia. ¿Por que?. Porque un campo de fútbol dá servizo a 300 nenos de cada un dos municipios. E eso é importante, son políticas sociais que tanto vostedes defenden. Porque claro eu escoito ó Partido Socialista no Goberno Central e di que hai que inclinar e apoiar as políticas sociais dunha maneira clara. Por outro lado aquí as están criticando, polo tanto aclárense porque eu creo que é importante. En canto ó tema que falaban os dous grupos da amortización. Mire, lle vou a dar un dato, o ano pasado o endebedamento desta casa estaba en torno a un 45%, aproximadamente. Nestes momentos está no 37,28. ¿Que queren vostedes?. Que cheguemos a un momento en que esta casa non teña ningunha débeda. Mire, lle vou a facer outra afirmación para que quede enriba da mesa. Mire, esta Institución Provincial é a Institución a nivel nacional que ten menos porcentaxe de endebedamento. Búsqueno, búsqueno, se queren búsqueno. Lle estou facendo esta afirmación, colla todas as Deputacións Provinciais, porque a min me gusta falar con datos obxectivos. Búsqueas. Eu lle digo sinceramente que intentei chamar a bastantes, aínda me queda algunha, ó mellor pode ser que algunha do país vasco. Pero as demais ningunha. Bueno, pois entón ¿que queren vostedes?. Home, eu creo que esta política económica que se marcou dende esta Institución tiña uns fins claros e eu que son íntimo amigo de Julio Pedrosa, mo dicía, chegar a un endebedamento en torno o 45 ou 50% e non rebaixalo. ¿Por que?. Porque eu creo que como administración evidentemente temos que dar servizo ós cidadáns, e ese é o criterio que vamos a manter. Nós en ningún caso vamos a incrementar a débeda mentres teñamos responsabilidade e o estamos facendo, fixemos un refinanciamento dunha operación de crédito, que eu creo que foi exemplar, para copiar. Busquen tamén cantas hai desas características. Nos deron uns anos de carencia e actuaremos en consecuencia. Mire, esta Deputación ó día de hoxe se quixera endebedarse podería endebedarse, lle vou a dar tamén os datos, en 86.000.000 de euros, sen acudir a nadie, só con chegar a este Pleno, por vontade do equipo de goberno, unha maioría, é dicir, 86.000.000 de euros. A política económica e financeira desta casa é exemplar. E teñen vostedes que coincidir con nós que evidentemente, bueno pois nós intentamos que dentro desa liña de actuación pois manter os equilibrios e tomar as decisións políticas que consideremos máis oportunas, porque por amortizar este ano ou deixar de amortizar o ano que vén eu creo que non vai a significar absolutamente nada. En eso coincido con vostede, é dicir, o problema non é non amortizar, o problema é se os cartos se invirten ben e nós pensamos que os cartos se están invertindo ben. Porque mire, para entrar en plans, un plan de estradas, supoño que consideran que é necesario, supoño. Se temos 2.000 km. de estradas evidentemente teremos que facer inversións nas estradas e melloralas paulatinamente. O Plan de Infraestructuras Deportivas é unha realidade que está aí, tamén son necesarios. ¿Cantas instalacións deportivas se fixeron nos últimos anos e se siguen facendo dende esta institución?, pavillóns, campos de fútbol, instalacións náuticas, eu llas conto se quere. Vostedes teñen un campo marabilloso en Redondela con apoio desta casa ¿si ou non?. ¿Cantos nenos disfrutan dese campo?. Catrocentos ou quiñentos, pois eu o que escoito dese campo e de moitos outros que son instalacións lindísimas e instalacións que demandan eses colectivos. O Plan de Infraestructuras Culturais, a ver quen discute eso. A renovación do Museo, do Arquivo Provincial ¿o discute alguén?. Pois están aí, eso non cae do ceo, supoño que dirán que existe, ou nos van a dicir que non existe tampouco ese Plan de Infraestructuras Culturais. Estou falando de iniciativas propias, porque as do Concello teñen que coincidir con nós, en que o lóxico é que as directrices as marquen os propios Concellos, polo tanto o diñeiro que vai para Redondela, ou que vai para Vigo ou que vai para Soutomaior, supoño que os Alcaldes toman esa decisión onde queren investilos. Esa, home, polo menos non nos carguen a nós tamén con ese morto. Os plans para os Concellos están aí. O Plan de Emprego, aquí non había un Plan de Emprego nesta casa, agora o hai, ¿que é necesario moito máis?, evidentemente, ¿que se pode ir mellorando ano a ano?, pois vamos mellorando pouco a pouco. Pero cando chegamos había cero pesetas e agora hai 625.000 euros. O Plan para o desenrolo dos Plans urbanísticos está aí tamén, supoño que coincide con nós en que é necesario. Claro, é dicir, pero están aí dotados nos presupostos, é dicir, se quere lle leo outra vez o capítulo 6 e o capítulo 7. O novo Pasaron é un proxecto ambicioso, ¿si ou non?. A Piscina Olímpica de Pontevedra ¿que é?. ¿Ese non é un plan?. O saneamento da Ría de Pontevedra, tampouco é un proxecto importante. Home, eu creo que ás veces cando se fan afirmacións hai que ser o suficientemente responsables como para ser coherentes e saber que existen, é dicir, porque negar a evidencia é totalmente imposible. Nos dicían que os proxectos europeos, vostedes viñan reivindicando, é que a nós nos parece que a a labor da oposición é esa, pórlle ó goberno cada día o listón máis alto para ter que saltalo. E o fixemos, supoño que aí nos dirán que estamos aprobados. Porque se nun ano se acadan 7.000.000 de euros de financiamento supoño que algunha parte de xestión ou de culpa terá este goberno. E bueno, e en canto a outras cuestións, que se a Sra. Pedrosa ten que ser a interlocutora ou non, mire, Sr. Mosquera eu llo digo claramente a Sra. Pedrosa é unha Vicepresidenta desta Deputación. Vostede ten mala sorte que coincide que é a xefa da oposición no Concello de Pontevedra. Aquí coincide que é unha responsable do goberno igual que calquera de nós, polo tanto ten capacidade de decisión como calquera e ¿quen é o que toma as decisións nunha institución?, o que goberna, eso é de perogrullo, e ela ten á parte igual que teñen os demais. Evidentemente como comprenderá non vou a ser eu o que teña que negociar con vostede o que hai que facer en Pontevedra. Negociarei en tal caso co Sr. Toba para a ver se me apoia algún tema que ó mellor é necesario os votos. Por eso, pero eu xa o fago, eu xa intento sacar os temas adiante porque como non temos votos, ó mellor temos que, é a axilidade mental que ten que facer un, e é lóxico que ela teña que negociar, quen vai saber cales son os problemas de Pontevedra, ela está aquí representando á cidade de Pontevedra nesta institución e é lóxico que ela poida negociar con vostede, o que sería bo para todos e que tivera un bo entendemento entre os dous para poder acadar un alto grado de consenso e facer as cousas, bueno pois, co beneplácito de todos. Eu creo que, bueno, eso non o pode vostede discutir e creo que, ten que tamén entender que ten que ser así. Despois nos falaba do tema dos convenios. Mire, vostede sabe perfectamente que para a cidade de Pontevedra hai 600.000 euros, o sabe perfectamente porque tivemos conversacións e sabe que están nos presupostos. ¿Cal é o motivo de metelo no capítulo 6?, e llo vou a dicir claramente e llo digo co máximo respecto, non pretendo, lle vou a dar a xustificación pola cal o ano pasado que se fixo unha modificación de crédito e vostede o sabe, sabe que se fixo á mitade de mandato unha modificación de crédito que a modificación de crédito estaba no capítulo 6 e despois vostede lle fixo unha suxerencia ó Sr. Presidente para intentar pasalo ó capítulo 7. E se accedeu sen ningún tipo de problema, e vostede o sabe, se pactaron e se firmou un convenio que vostede o coñece perfectamente, se firmou o 11 de xuño creo que foi aproximadamente, o 16 de xuño do 2004, onde marcaron unha serie de relacións de obras acordadas e supoño que co beneplácito do equipo de goberno de Pontevedra. E mire, o problema que hai é que vostedes ó día de hoxe non adxudicaron nin un euro desas obras, é a realidade Sr. Mosquera, e de verdade que non é con ánimo de criticalos nestes momentos senón de facer un debate constructivo e nós cando miramos que a día de hoxe non hai nin un só euro adxudicado, home, o día 23 de novembro nos mandan unha modificación dunha serie de proxectos. Nós hoxe na Xunta de Goberno tomamos a decisión de darlle o visto bo a estes proxectos. Polo tanto eu creo que non hai mala vontade, se vostedes o presentan o 23 o firman, o 24 ten data de Rexistro e resulta que a día de hoxe, que é día 3, lle damos o visto bo na Xunta de Goberno quere dicir que estamos coa mellor intención de que esas obras se adxudiquen. E ¿cal foi o motivo?. Visto que non se había adxudicado nin un só euro dixemos, pois o ano que vén os adxudicamos nós porque no primeiro trimestre se saca adiante. Ó mellor é un problema que teñen os concellos, eu llo dixen a vostede en privado e llo repito aquí, que nós llo dixemos ó Presidente, que preferíamos que o adxudicara con respecto a Vigo e Pontevedra a Deputación, porque tiñamos ás veces problemas de tramitación no propio concello, porque bueno, porque os procesos administrativos pois eran máis lentos. Nestes momentos o diñeiro de Vigo está adxudicado nun 95%, bueno, pois esa é a diferencia, e nós o goberno desta institución estamos dispostos, mire o que lle digo, se vostedes no primeiro trimestre, porque a partida está no capítulo 6 pero como está dentro do mesmo grupo de función, cunha Resolución Presidencial se pode cambiar ó 7 como se fixo o ano pasado. Nós estamos dispostos que se vostedes dentro do primeiro trimestre nos presentan uns proxectos e se comprometen con nós a adxudicalos, a facer unha Resolución Presidencial e darlle ó 7, é dicir, só é única e exclusivamente un problema de xestión que non sei se é porque vostedes teñen os mesmos problemas que podemos ter os concellos grandes, de que os procedementos de contratación son complicados ou porque non chegaron a un acordo para cales eran as obras nas que había que investir, e llo digo con toda a honestidade, que esta foi a conversa que tivemos o Presidente, a Sra. Pedrosa e máis eu. E se me quere crer, que creo que pode crerme, porque lle dei mostras en moitas ocasións de rigor e seriedade o faga e senón bueno pois alá vostede. Lle volvo a repetir, nós non temos absolutamente ningún problema en que este diñeiro vaia no capítulo 7 pero vostede ten que adquirir con nós un compromiso que nun tempo razoable estas obras teñen que adxudicarse porque agora se vai a atopar cos 600.000 euros, bueno eu non sei se ó mellor o fixo a propósito, porque así agora veñen as eleccións autonómicas, xa xunta os dous, o do ano pasado e máis os deste. Pero bueno, esa é unha apreciación miña, pero se vostede adquire ese compromiso nós non temos absolutamente ningún problema. Eu creo que bueno, que podíamos seguir falando de moitas outras cuestións pero o importante para nós son uns presupostos cun grado de inversión importante que é o fundamental e vostede o analiza, é dicir, o 52% e o 53% está no capítulo 6 e 7. Se 60.000.000 de euros van destinados ós concellos, home, temos unha capacidade de maneobra, tampouco hai que negala, pero relativa, e esa capacidade de maneobra a onde vai destinada, pois ás políticas que lle dicía anteriormente e que non lle vou volver a repetir, home, que esteamos aportando case 16.000.000 de euros para políticas sociais eu creo que é unha boa política, que se estea aportando máis de 6.000.000 de euros para temas deportivos a min me parece que é unha política acertada e para temas culturais, ídem. de ídem. Home, a min me gustaría, e llo digo de corazón tamén, que cando teñamos un certame como o das bandas que se pasen por alí, que nos axuden incluso a entregar os premios, pero para que miren, eu creo que ¿sabe cal é o problema que creo eu?, que me pasaba a min tamén, que vostedes non coñecen realmente as actividades que realiza esta casa, eu estou totalmente convencido deso, totalmente convencido, porque como non acuden á maior parte dos actos non saben as actividades e a cantidade de cidadáns que participan nelas. O certame de bandas é algo que a min me impresionou, pero non só eso, moitas máis outras cuestións que hai enriba da mesa e que se están apoiando dende esta casa. Home, o apoio ós Asilos eu creo que se triplicou dende que estamos gobernando. A min me parece que esas son políticas claras para xente desfavorecida e para xente con problemas, aí están reflexadas, non nos estamos inventando absolutamente nada. A política en cuestións agrarias e de pesca eu creo que aínda que non son competencia claramente nosas, home, eu creo que se está facendo un bo traballo en Areeiro e en Mouriscade, creo, eu creo que si. Cunha política de investigación e de cuestións de cara ó futuro, eu creo que se está facendo un magnífico traballo. En Príncipe Felipe ídem. de ídem., é dicir, é unha instalación que para rendabilizala ten as súas dificultades pois eu creo que se está dando un magnífico servizo. Home, o tema do turismo eu creo que nun ano non se pode pedir máis. É certo que a partir de agora temos unha responsabilidade importante para que as políticas turísticas se poidan realizar e se poidan implantar. Agora vén o difícil, tamén llo digo eu, e seguramente a partir de agora si que poderán ter un motivo de crítica se non somos capaces cos medios que se nos deu dende a Presidencia e dende este goberno de sacar adiante esas políticas. Pero bueno, eu creo que agora mesmo xa empeza a ser un referente, polo menos a ser, sen entrar en máis, pero ese é un tema fundamental porque en turismo se vende moita imaxe. E é certo, pois aí está tamén, o Museo, e volvo a repetir o mesmo discurso porque ó final é que claro, é que claro, é que están aí os datos, están aí os números, están aí as inversións e están aí os plans e é que creo que iso é evidente e non o pode negar absolutamente nadie. E mire, con que din que volvemos a políticas anteriores, home, un dos dous non coincide co discurso que se está facendo porque o Sr. Mosquera di que volvemos ó ano 88 e o Sr. González di que este presuposto é o mesmo do ano pasado, do anterior e do anterior. Teñen que aclararnos a ver, eu non sei se ó mellor os dous grupos, claro, é que son discursos distintos. O Sr. Mosquera di, esta Deputación volve ó ano 88, e o Sr. González di, este presuposto é o mesmo do 2004, do 2003 e do 2002. Bueno, aclárense, ou polo menos transmítanos, home tampouco teñen a obriga, cada un ten o seu discurso e a súa forma de ver as cousas pero algún dos dous non está na boa dirección dentro da crítica que se lle quere facer ó goberno. E, mire, eu non vou a intervir máis, eu creo que os tratei con absoluto respecto, dicindo o que penso, como é o noso estilo e vai a seguir sendo así, cando teñamos que ser duros vamos a ser duros pero dentro da contienda política, e, bueno, pois como xa sabemos que non nos van aprobar os presupostos, pois nós si que vamos a votar a favor destes presupostos. E tamén lle digo unha cousa, onde gobernan vostedes vou a repasar todas as emendas dos nosos compañeiros a ver si aceptan algunha. Se queixan de que nós lle aceptamos algunha, home, creo que polo menos algunha lle aceptamos e algunha é importante, que tampouco é cuestión menor, eu creo que por riba de dous millóns e medio de euros, foron aportacións de emendas que presentaron vostedes. Home, non lle vamos a admitir todas evidentemente porque senón tampouco terían moito interese político. Pero eu creo que tamén é un xesto pola nosa parte que lle admitísemos algunhas emendas, que vostedes non o fan, vostedes nin as estudian, é dicir, eu falo cos compañeiros nosos que están na oposición e arrasan, meten o rodillo e tiran para adiante que é unha marabilla. Moitas gracias. Sr. Presidente.- Moitas gracias Sr. Figueroa. Sr. Mosquera. Sr. Mosquera Lorenzo.- Ben, gracias Sr. Presidente. Ben, eu crin que este Pleno ía a ser máis breve, polo menos era a idea, síntome na obriga de aclarar algunhas cuestións, vou procurar manter o compromiso de seguir sendo breve. Ben, nos acusa, que realmente ese era o centro da discusión, de que non hai un plan estratéxico ou non hai os obxectivos políticos por parte dos grupos da oposición, parte do discurso eu non sei se estará dirixido, se é un, se é outro, perdinme, ás veces porque non o aclarou, parecía claramente unhas veces para un lado e outras veces para outro, pero na parte que nos toca, cando menos, e creo que hai bastantes cousas, outras non, evidentemente como o seu grupo
Área de documentación
Existencia e localización de copias Enlace para escoitar o audio da sesión do Pleno
Ãrea de notas
Nota