ATOPO
Rexistros actuais: 1.617.768
Obxectos dixitais dispoñibles: 504.649

Acta de sesión 2004/12/29_Ordinaria

Área de identificación

  • Código(s) de referencia ES.GA.36038.ADPO.1.1.3.3.33.365/1.2004-12-29_Ordinaria

  • Título Acta de sesión 2004/12/29_Ordinaria

  • Data(s) 2004-12-29 (Creación)

  • Volume e soporte 1 acta de sesión

Área de contexto

Área de contido e estrutura

  • Alcance e contido Folla: Da sesión ordinaria en primeira convocatoria, celebrada polo Pleno desta Excma. Deputación o día, 29 de decembro de 2004 No Salón de sesións da Excma. Deputación Provincial de Pontevedra, sendo as once horas e dez minutos do día vinte e nove de decembro do ano dous mil catro, baixo a Presidencia do Ilmo. Sr. Presidente D. Rafael Louzán Abal, reuníronse as/os Señoras/es Deputadas/os, Dona Nidia María Arévalo Gómez, D. Ramón Campos Durán, Dona Francisca Canal Gómez,D. José Costa Díaz, D. José Crespo Iglesias, D. José Juan Durán Hermida, D. Antonio Feliciano Fernández Rocha, D. José Manuel Figueroa Vila, D. Emilio González Iglesias, D. Efrén Juanes Rodríguez, D. José Antonio Landín Eirín, D. José Antonio Lorenzo Rodríguez, Dona Clara Millán González, D. Xosé Cesáreo Mosquera Lorenzo, D. Constante Juan Muradas Ramos, D. Manuel Núñez Sestelo, D. Xosé Carlos Pazos Docampo, Dona María Teresa Pedrosa Silva, D. Juan Manuel Rey Rey, D. Alfredo Rodríguez Millares, D. Rodrigo Santiago Novas, Dona Belén Sío Lourido, D. José Enrique Sotelo Villar, D. Xabier Toba Girón e D. Jesús Vázquez Almuíña, co obxecto de celebrar sesión ordinaria da Deputación en Pleno, en primeira convocatoria, consonte á correspondente orde do día. Da fé do acto o Vicesecretario Accidental, D. Bernardo Sartier Boubeta, e está presente o Sr. Viceinterventor, D. Antonio Graña Gómez. Non asiste o Sr. Deputado D. Xosé Antón Araujo Quintas. Declarada aberta a sesión e de orde da Presidencia éntrase seguidamente no exame da orde do día, adoptándose en relación coa mesma os seguintes acordos: Sr. Presidente.- Vamos a dar comezo ó Pleno do día de hoxe que ten a seguinte orde do día. 1.5160.- ACTAS ANTERIORES Sr. Presidente.- Primeiro punto. Aprobación dos borradores das actas das anteriores sesións, ordinaria do día 24 de novembro e extraordinaria do día 3 de decembro, ámbalas dúas do ano 2004. Se non hai ningunha intervención, apróbanse. Acórdase por unanimidade aprobar os borradores das actas das anteriores sesións, ordinaria do día 24 de novembro e extraordinaria do día 3 de decembro, ámbalas dúas deste ano 2004. ------ Folla: 2.5161.- CONVENIO ENTRE O CONSELLO SUPERIOR DE INVESTIGACIÓNS CIENTÍFICAS, A CONSELLERÍA DE POLÍTICA AGROALIMENTARIA E DESENVOLVEMENTO RURAL, O CONSELLO REGULADOR DA DENOMINACIÓN DE ORIXE RÍAS BAIXAS E A EXCMA. DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA PARA A FINALIZACIÓN DO ESTUDIO VITÍCOLA E ENOLÓXICO DE 11 CLONS DA VARIEDADE ALBARIÑO E O INICIO DA SELECCIÓN CLONAL NA VARIEDADE TINTA FEMIA Sr. Presidente.- Punto número 2. Convenio entre o Consello Superior de Investigacións Científicas, a Consellería de Política Agroalimentaria e Desenvolvemento Rural, o Consello Regulador da Denominación de Orixe Rías Baixas e a Excma. Deputación Provincial de Pontevedra para a finalización do estudio vitícola e enolóxico de 11 clons da variedade albariño e o inicio da selección clonal na variedade tinta femia. Dicir que é un convenio a tres anos onde a Deputación de Pontevedra aportará 30.050 Euros anuais para, como digo, para facer este estudio e que ademais é asumido pola Consellería e que se vai a desenvolver na Misión Biolóxica de Galicia que está precisamente nunha finca propiedade da Deputación pero que está cedida ó Instituto de Investigacións Científicas que dalgunha maneira é quen vai desenvolver este convenio. Polo tanto se non hai ningunha intervención, ¿votos en contra?, ¿abstencións?, ¿a favor?. Resultando que o Pleno na súa reunión de 28 de abril adoptou, entre outros o seguinte acordo "Convenio específico entre o Consello Superior de Investigacións Científicas, a Consellería de Política Agroalimentaria e Desenvolvemento Rural da Xunta de Galicia e a Excma. Deputación Provincial de Pontevedra, para a finalidade do estudio vitícola e enolóxico de 11 clons da variedade albariño e o inicio da selección clonal na variedade caíño tinto". Resultando que o Convenio terá unha duración de tres anos que supón unha achega total da Deputación de 90.151,83 Euros, con cargo á partida 711.711.489.02 e que segundo informe de Intervención existe consignación suficiente para o presente exercicio por importe de 30.050,61 Euros con cargo á partida 04/711.711.489.02 segundo retención de crédito 200400027937. Vistos os informes do Vicesecretario dicindo que é correcto xuridicamente de data 13 de abril e 16 de decembro do presente ano, o do Enxeñeiro Director informando favorablemente de data 14 de decembro así como o dictame favorable da Comisión de Agricultura e Gandería de data 23 de decembro, acórdase por unanimidade, a adopción do seguinte acordo: Aprobar o "Convenio específico entre o Consello Superior de Investigacións Científicas, a Consellería de Política Agroalimentaria e Desenvolvemento Rural da Xunta de Galicia, a Excma. Deputación Provincial de Pontevedra e o Consello Regulador da Denominación de Orixe Rías Baixas para a finalización do estudio vitícola e enolóxico de 11 clons da variedade Albariño e o inicio da selección clonal na variedade Tinta Femia". Dito Convenio é como segue: CONVENIO ESPECÍFICO ENTRE O CONSELLO SUPERIOR DE INVESTIGACIÓNS CIENTÍFICAS, A CONSELLERÍA DE POLÍTICA AGROALIMENTARIA E DESENVOLVEMENTO RURAL DA XUNTA DE GALICIA, A EXCMA. DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA E O CONSELLO REGULADOR DA DENOMINACIÓN DE ORIXE RÍAS BAIXAS, PARA A FINALIZACIÓN DO ESTUDIO VITÍCOLA E ENOLÓXICO DE 11 CLONS DA VARIEDADE ALBARIÑO, E CONTINUACIÓN DA SELECCIÓN CLONAL NA VARIEDADE TINTA FEMIA, PARA A CESIÓN DE TITULARIDADE A FAVOR DO CONSELLO REGULADOR RÍAS BAIXAS. En Pontevedra, a de 2004 REUNIDOS O Excmo. Sr. Don CARLOS MARTINEZ ALONSO, en nome e representación do Consello Superior de Investigacións Científicas (en adiante CSIC), en virtude do disposto polo artigo 15.1 a e f do Estatuto de dito Organismo Autónomo, aprobado por Real Decreto 1945/2000, do 1 de decembro, así como polo Real Decreto 1238/2004, de 14 de maio, do seu nomeamento, e polo que establece a Disposición Adicional décimo terceira en relación co artigo 6 da Lei 30/1992, de 26 de novembro, de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común, na redacción dada por Lei 4/1999, de 13 de xaneiro. O Excmo. Sr. Don JOSE ANTONIO SANTISO MIRAMONTES, en nome da Consellería de Política Agroalimentaria e Desenvolvemento Rural da Xunta de Galicia, en virtude da facultade que lle atribúe o artigo 34.1 da Lei 1/1983, reguladora da Xunta e o seu Presidente, de 22 de febreiro. O Ilmo. Sr. Don RAFAEL LOUZÁN ABAL, en nome da Excma. Deputación Provincial de Pontevedra, na súa calidade de Presidente de acordo coas competencias que se lle outorgan segundo o artigo 34.1b da Lei 7/85 de dous de abril de Bases de Réxime Local. Dona MARIA SOLEDAD BUENO BERRIO-ATEGORTÚA en nome do Consello Regulador da Denominación de Orixe Rías Baixas na súa calidade de Presidenta e de conformidade co disposto no artigo 31 en relación co 26 do Regulamento da Denominación Rías Baixas e o seu Consello Regulador aprobado por Orde de 23 de outubro de 1996. Todas as partes recoñécense entre si con capacidade, poder e competencia suficientes para subscribir este Convenio a cuxo efecto EXPOÑEN I.- Que a través do Grupo de Viticultura 2 da Misión Biolóxica de Galicia (MBG), dependente do CSIC, este organismo desenvolve investigacións no campo da viticultura para obter clons seleccionados de variedades autóctonas de vide de Galicia e para a recuperación doutras antigas variedades en perigo de extinción, sendo responsable de ditos traballos a Dra. María del Carmen Martínez Rodríguez e o persoal que constitúe o seu equipo de investigación. II.- Que os clons de vide da variedade Albariño, seleccionados polo Grupo de Viticultura 2 da MBG, dirixido pola Dra. Martínez, propiedade do CSIC e en posesión da MBG, veñen identificados cos seguintes códigos: Denominación Equivale a Nome de obtentor CSIC-Rías Baixas-01 CSIC-IIAG+MBG-01 CSIC-Rías Baixas-02 CSIC-IIAG+MBG-02 CSIC-Rías Baixas-03 CSIC-IIAG+MBG-03 CSIC-Rías Baixas-04 CSIC-IIAG+MBG-04 CSIC-Rías Baixas-05 CSIC-IIAG+MBG-05 CSIC-Rías Baixas-06 CSIC-IIAG+MBG-06 CSIC-Rías Baixas-07 CSIC-IIAG+MBG-07 CSIC-Rías Baixas-08 CSIC-IIAG+MBG-08 CSIC-Rías Baixas-09 CSIC-IIAG+MBG-09 CSIC-Rías Baixas-10 CSIC-IIAG+MBG-10 CSIC-Rías Baixas-11 CSIC-IIAG+MBG-11 III.- Que a MBG posúe exemplares de cada un dos clons arriba relacionados, para realizar labores de investigación. IV.- Que unha das funcións dos Consellos Reguladores, é orientar a producción, elaboración e calidade dos viños. O Regulamento da Denominación de Orixe Rías Baixas, atribúe o fomento e control da calidade dos viños amparados, entre outros órganos, ó seu Consello Regulador, (O. 23/10/96, DOG nº 212, de 29 de outubro), dispoñendo, para iso, de atribucións decisorias, segundo o artigo 26 do citado Regulamento. V.- Que a MBG iniciou a selección clonal da variedade Tinta Femia =Caíño Tinto, de interese para Galicia e en especial para Pontevedra, potencialmente atractiva para o sector vitivinícola . VI.- Que a Consellería de Política Agroalimentaria e Desenvolvemento Rural da Xunta de Galicia dispón de Centros de investigación agraria que participan en programas de I+D relacionados coa viticultura e a enoloxía, contando con dotación específica para a realización de micro vinificacións, vinificacións e laboratorio de investigación dotado de instrumental adecuado para a analítica de viños e mostos. VII.- Que a Consellería de Política Agroalimentaria e Desenvolvemento Rural da Xunta de Galicia, a Deputación Provincial de Pontevedra e o Consello Regulador da Denominación de Orixe Rías Baixas, están interesados na continuación e colaboración nos estudios dos clons citados no expoñendo II, polo seu alto interese agrícola para a mellora da calidade dos viños amparados pola denominación de orixe e comercial para a zona. VIII.- Que o Consello Superior de Investigacións Científicas, a través de viveiro autorizado polo Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación, iniciou o procedemento de certificación, facendo a cesión do material vexetal a estes únicos e exclusivos fins. Por canto antecede, as partes formalizan o presente convenio de colaboración, que se rexerá polas seguintes CLÁUSULAS Primeira.- Constitúe o obxecto deste documento a colaboración das partes que o subscriben, en relación cos seguintes extremos: - Continuación e profundización por parte da MBG dos estudios relativos ós clons da variedade Albariño, e continuación da selección clonal da variedade Tinta Femia = Caíño tinto. - Colaboración na execución material e técnica da Consellería de Política Agroalimentaria e Desenvolvemento Rural da Xunta de Galicia e económica da Deputación Provincial de Pontevedra e do Consello Regulador da Denominación de Orixe Rías Baixas, no desenvolvemento dos estudios mencionados por parte da Misión Biolóxica de Galicia (MBG). - A cesión por parte do Consello Superior de Investigacións Científicas, dos clons seleccionados pola Misión Biolóxica de Galicia ó Consello Regulador da Denominación de Orixe Rías Baixas, para que este último, unha vez establecidas as condicións económicas leve a cabo a súa comercialización. Segunda.- A MBG do CSIC, a través do Grupo de Viticultura 2, desenvolverá, coa colaboración da Consellería de Política Agroalimentaria e Desenvolvemento Rural, os proxectos de investigación cuxa denominación se expresa seguidamente, e que serán dirixidos polos investigadores da MBG: 2.1.- "Estudio agronómico e de resistencia a enfermidades criptogámicas de clons de Albariño seleccionados" (Anexo I). 2.2.- "Continuación da selección clonal de Tinta Femia = Caíño tinto" (Anexo II) 2.3.- "Caracterización enolóxica dos clons de Albariño" (Anexo III) As especificacións científico-técnicas de cada un dos anteriores proxectos fanse constar nos correspondentes anexos (I, II, III) a este Convenio, do que forman parte integrante e inseparable. Terceira.- O CSIC, a través da Misión Biolóxica de Galicia deberá emitir e entregar por escrito e de forma fehaciente á Consellería de Política Agroalimentaria e Desenvolvemento Rural da Xunta de Galicia, á Deputación Provincial de Pontevedra e ó Consello Regulador da Denominación de Orixe Rías Baixas un informe anual sobre os resultados obtidos respecto ós estudios agronómicos e de resistencia a enfermidades criptogámicas dos clons de Albariño (Anexo I). A Misión continuará a selección clonal de Caíño tinto = Tinta Femia (Anexo II), e desenvolverá os estudios de caracterización enolóxica dos clons de Albariño (Anexo III), ata o momento de propiedade exclusiva do CSIC. Anualmente emitirá e entregará de forma fehaciente á Consellería de Política Agroalimentaria e Desenvolvemento Rural da Xunta de Galicia, á Deputación Provincial de Pontevedra e ó Consello Regulador da Denominación de Orixe Rías Baixas, un informe sobre os resultados obtidos respecto á selección clonal de Tinta Femia = Caíño tinto (Anexo II) e respecto á caracterización enolóxica dos clons de Albariño (Anexo III). Os investigadores da MBG comprométense a participar na formación dos bolseiros da Deputación Provincial de Pontevedra, adscritos á Estación de Viticultura e Enoloxía de Ribadumia, pertencente á Xunta de Galicia. Cuarta.- Os estudios de caracterización agronómica e resistencia a enfermidades criptogámicas nos clons de Albariño propiedade do CSIC, realizaranse nos exemplares de ditos clons que se atopan plantados desde fai 10 anos na parcela experimental da MBG. As vinificacións e posteriores estudios de caracterización e análises enolóxicos dos clons de Albariño propiedade do CSIC, realizaranse nos laboratorios da Misión Biolóxica de Galicia (MBG). Quinta.- As publicacións a que deran lugar os estudios sobre caracterización agronómica e de resistencia a enfermidades criptogámicas, así como nos de continuación da selección clonal de Tinta Femia = Caíño tinto, farase constar de forma expresa, que dito estudio foi encargado e financiado polo Consello regulador da Denominación de Orixe Rías Baixas e a Deputación Provincial de Pontevedra, con indicación expresa das entidades participantes tanto do CSIC, na súa calidade de executor e director das tarefas de investigación, como das demais institucións, na súa calidade de entidades financeiras ou colaboradoras. Sexta.- O presente convenio entrará en vigor no momento da súa sinatura e, polo que respecta ó cumprimento das obrigas previstas nos dous primeiros obxectivos da cláusula primeira deste documento, terá unha duración de tres anos, sen prexuízo da prórroga que, no seu caso, poidan acordar os intervenientes manifestándoo por escrito no oportuno documento. O referido prazo de tres anos non operará para o resto dos compromisos adquiridos e aceptados polos intervenientes. Sétima.- Cada unha das partes comprométese a non difundir, baixo ningún concepto, as informacións científicas ou técnicas pertencentes á outra parte, facilitadas por esa ou ás que puidera ter acceso con ocasión do desenvolto nos proxectos obxecto deste Convenio, salvo que estas informacións sexan de dominio público ou que a revelación das mesmas sexa requirida por Lei. En todo caso, as partes cumprirán as mesmas medidas de confidencialidade, que emprega para os seus propios coñecementos secretos, e non os divulgará nin utilizará en beneficio de calquera outra persoa física ou xurídica durante a vixencia deste Convenio e nos 10 anos seguintes á finalización do mesmo. En todo caso respectaranse as obrigas xerais recollidas nas normas reguladoras dos dereitos de propiedade intelectual, propiedade industrial e dereitos de autor. A titularidade dos resultados froito das investigacións a que se refire este documento corresponderá a todas as partes por igual, incluíndose todo o novo material vexetal que se obteña na execución do proxecto de continuación da selección clonal de Tinta Femia = Caíño tinto. Así mesmo, o CSIC poderá utilizar os resultados unilateralmente, en parte ou na súa totalidade, para a súa publicación como artigo científico, conferencia, etc. facendo sempre referencia ó presente Convenio. A divulgación de resultados ou de calquera aspecto do desenvolvemento do traballo de investigación a medios de comunicación (prensa escrita, TV, radio, internet) farase sempre de forma conxunta entre as partes. Oitava.- Sendo o obxectivo final da selección clonal, o que os viticultores amparados pola Denominación de Orixe, poidan dispoñer dun material base adecuado, tanto desde o punto de vista xenético como sanitario, que garanta unha calidade óptima e contribúa ó adecuado rendemento económico da producción, unha vez avaliados os resultados o CSIC e o Consello Regulador subscribirán o correspondente acordo para levar a cabo a efectiva cesión dos clons que permita a súa posterior distribución e comercialización. En dito acordo quedarán determinadas todas e cada unha das condicións económicas e de calquera outra índole na que vaia a efectuarse a referida cesión. Así, o Consello Regulador da Denominación de Orixe Rías Baixas, que ten como base da producción vitícola a uva procedente de cepas de albariño, para que despois do proceso de certificación e multiplicación, poida poñer a disposición dos viticultores pertencentes a esta Denominación de Orixe, directamente ou a través de viveiro multiplicador. Novena.- A Excma. Deputación Provincial de Pontevedra e o Consello Regulador da Denominación de Orixe Rías Baixas, comprométense a contribuír economicamente na realización das actividades que corresponden á MBG coa dotación de: · Excma. Deputación Provincial de Pontevedra 90.151,83 ¤ con cargo á partida orzamentaria 711.711.489.02 dos orzamentos do ano en curso. · Consello Regulador da Denominación de Orixe Rías Baixas, 69.320,53 ¤ do seu orzamento. Falta a partida orzamentaria. Nas cantidades indicadas están incluídos os impostos correspondentes e o IVE. Décima.- De conformidade coa cláusula precedente, os pagos faranse efectivos da seguinte forma: 1. Á sinatura do presente convenio 53.157,45¤, dos que 30.050,61¤ son aportados pola Excma. Deputación provincial e 23.106,84¤ polo Consello Regulador da Denominación de Orixe Rías Baixas. 2. Na data en que se cumpra o primeiro ano da sinatura do convenio 53.157,45¤, dos que 30.050,61¤ son aportados pola Excma. Deputación provincial e 23.106,84¤ polo Consello Regulador. 3. Na data en que se cumpra o segundo ano da sinatura do convenio 53.157,46¤, dos que 30.050,61¤ son aportados pola Excma. Deputación provincial e 23.106,85¤ polo Consello Regulador, destinados a gastos de mantemento da parcela experimental da MBG, pequeno material para recollida de mostras, material desbotable e de manipulación no laboratorio e invernadoiro, aparatos de laboratorio para estudios enolóxicos e vitícolas, axudas de custo e locomoción. No anexo IV desglósase cada un dos capítulos de gastos para o desenvolvemento do traballo. Os pagos realizaranse, mediante ingreso na conta corrente nº 0049.5117.29.2010104904 do Banco SANTANDER CENTRAL HISPANO de Madrid, aberta a nome do Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC), facendo referencia a este Convenio. Undécima.- Os científicos do equipo investigador da MBG, participarán na formación dos bolseiros, ós que fai referencia a cláusula terceira do presente convenio, a través dos traballos habituais de laboratorio e parcela, de forma que lles permita especializarse como técnicos de apoio en investigación vitivinícola e enolóxica. Non obstante, esta colaboración na formación dos bolseiros, non xerará, baixo ningunha circunstancia, relación laboral ou de outra índole entre o CSIC e ditas persoas, as cales, ademais, non poderán invocar ningún dereito sobre a súa integración no cadro de persoal do CSIC, unha vez concluído o presente convenio. Duodécima- Para o seguimento do presente convenio, créase unha comisión paritaria que estará constituída por dous representantes de cada institución, que levará a cabo a coordinación das accións previstas no presente convenio, así como de ser o caso, arbitrar os mecanismos de solución de controversias. Décimo terceira.- O presente convenio poderase resolver por algunha das seguintes circunstancias: - O mutuo acordo dos intervenientes. Dito acordo plasmarase no correspondente documento de resolución. - A denuncia efectuada por unha das partes e formulada por escrito ás outras cun mes de antelación á data en que pretenda darse por finalizado. - O incumprimento por unha das partes de calquera das obrigas contraídas en virtude deste documento, o que facultará ás outras para a resolución do convenio. O intercambio de documentación relacionada con este Convenio esixirá a firma do correspondente recibido ou o envío de acuse de recibo. Décimo cuarta.- Este documento ten a natureza dos Convenios de Colaboración previdos no artigo 3.1 c) da Lei de Contratos das Administracións Públicas, texto refundido aprobado por Real Decreto Lexislativo 2/2000, de 16 de xuño, quedando por tanto fóra da regulación de dita Lei, cuxos principios non obstante se aplicarán na resolución de dúbidas ou lagoas que puideran plantexarse. A orde xurisdiccional contencioso administrativo será a competente no coñecemento dos litixios que eventualmente se susciten como consecuencia da interpretación ou execución do presente Convenio. E en proba de conformidade, as partes firman este convenio por cuadriplicado exemplar, que consta de 18 folios (incluíndo os anexos), escritos por unha soa cara, no lugar e data consignado no encabezamento deste documento e a un só efecto. POLO CONSELLO SUPERIOR DE INVESTIGACIÓNS CIENTÍFICASCarlos Martínez-A POLA CONSELLERÍA DE POLÍTICA AGROALIMENTARIA E DESENVOLVEMENTO RURAL,José Antonio Santiso Miramontes POLA DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA,Rafael Louzán Aval POLO CONSELLO REGULADOR DA DENOMINACIÓN DE ORIXE RÍAS BAIXAS,Mª Soledad Bueno Berrio-Ategortúa ANEXO I FINALIZACIÓN DA CARACTERIZACIÓN AGRONÓMICA E NIVEL DE RESISTENCIA ÁS ENFERMIDADES FÚNXICAS DE MAIOR INCIDENCIA EN GALICIA (MILDÍU, OÍDIO, BOTRYTIS), DE 11 CLONS DE ALBARIÑO SELECCIONADOS NA MISIÓN BIOLÓXICA DE GALICIA (MBG) O sector vitivinícola galego é na actualidade un dos motores da agricultura e da economía de Galicia. Dentro deste sector destaca a traxectoria seguida polo Consello Regulador da DO Rías Baixas cuxa evolución poderíase cualificar de espectacular. Serva como exemplo a evolución ocorrida entre os anos 1987 e 1999, onde se pode observar que o número de viticultores inscritos pasou de 492 en 1987, a 4422 en 1999, e que o número de adegas pasou de 14 en 1987, a 147 en 1999. Á par da aparición e desenvolvemento da DO Rías Baixas, a partir dos anos 80 iniciouse en Galicia un proceso de substitución das variedades de baixa calidade (Alacante, Xerez...) e Híbridos Productores Directos, por variedades tradicionais na viticultura galega (Albariño, Treixadura, Loureiro...), susceptibles de producir viños de alta calidade. Comarcas pioneiras neste sentido foron as do Salnés e Baixo Miño, coa variedade Albariño. A industria vinícola da DO Rías Baixas coñeceu un profundo proceso de transformación e desenvolvemento digno de admiración, coa creación de grandes adegas, nas que se instalaron as tecnoloxías de elaboración de viño máis punteiras do momento. Sen embargo, por distintos motivos, esto nunca estivo acompañado da modernización do sector vitícola, onde a evolución foi nula. Por exemplo, non hai aínda estudios fiables sobre o tipo de poda e conducción máis adecuados para estas variedades, terreos e climatoloxía. Non hai estudios sobre o potencial agronómico e enolóxico dalgunhas das variedades autorizadas na DO, incluso hai variedades de alto interese que nin sequera existen oficialmente, porque nunca foron descritas, e tampouco hai planta seleccionada da variedade Albariño. É dicir, que cando un viticultor vai realizar unha plantación de Albariño, ninguén lle garante que o que está comprando nos viveiros sexa realmente Albariño, e menos que estea nunhas condicións sanitarias adecuadas. Isto pode chegar a provocar a aparición de certos problemas sanitarios en grandes plantacións realizadas fai 5 ou 6 anos, e incluso nalgúns casos obsérvase que o que se plantou como Albariño, non o é. No 1987 iniciouse unha selección clonal de Albariño no Instituto de Investigacións Agrobiolóxicas de Galicia (IIAG) dirixida polo Dr. Mantilla (finado en 1992) e a Dra. Martínez. O primeiro paso foi a localización e marcado (entre os anos 1987 e 1990) de máis de 40 exemplares centenarios de dita variedade, situados en distintos puntos de Galicia. A continuación emprendeuse un estudio in situ (entre os anos 1989-1992) dos diferentes órganos de cada unha destas plantas (brote, folla, acio, baga, semente). A partir do ano 1993, o traballo continuou na Misión Biolóxica de Galicia (MBG) baixo a dirección da Dra. Mª del Carmen Martínez. Seleccionáronse os 11 clons que, segundo os datos recollidos ata aquel momento, parecían presentar as características máis interesantes, e no 1993 puxéronse en colección na Misión Biolóxica de Galicia (MBG). Todos eles foron enxertados no mesmo porta enxerto e sometidos a idénticas condicións de cultivo. Dende o ano 1994 ata a actualidade realizáronse diferentes estudios sobre cada un: - Entre os anos 1995 e 1997: descrición ampelográfica completa (brote, folla, acio, baga, semente), e análise do ADN. - Entre os anos 1999 e 2000: estudio preliminar sobre as características agronómicas e de resistencia a Mildíu, Botrytis e Oídio. Na actualidade continúase a recollida de datos agronómicos e de resistencia de cada un deles, e xa dispoñemos de datos moi prometedores e altamente fiables sobre moitos destes aspectos. Dentro do grupo dos 11 clons, obsérvanse diferencias agronómicas entre eles (época de maduración, Kg de uva/cepa, rendemento, graduación alcohólica,....) que poidan ser interesantes a nivel comercial. Tamén observouse diferencia en canto o nivel de resistencia a Mildíu, Oídio ou Botrytis. Para poder confirmar que estas características (agronómicas e de resistencia), se manteñen constantes co paso do tempo, independentemente das condicións climatolóxicas de cada ano, sería necesario seguir recollendo datos, polo menos durante 3 anos máis. PLAN DE TRABALLO PARA A CARACTERIZACIÓN AGRONÓMICA E ESTUDIO DO NIVEL DE RESISTENCIA A ENFERMIDADES NOS CLONS DE ALBARIÑO: 1º ANO Dende o momento da brotación (maio) ata a vendima (outubro) recolleranse os datos agronómicos e de resistencia. Datos agronómicos: -Estados fenolóxicos segundo o método de Eichhorn e Lorenz - (1977) e Baggliolini (1952). - Kg uva/cepa. - Índice fertilidade. - Peso acio. - Lonxitude e anchura do acio. - Lonxitude do pedúnculo do acio. - Nº de bagas/acio. - Largo e ancho das bagas. - Peso bagas. - Nº sementes/baga. - Lonxitude sementes. - Peso sementes. - Rendemento en mosto. - Grado alcohólico probable. - Acidez total, pH. - Peso madeira de poda . Datos sobre resistencia a Mildíu, Oídio e Botrytis: Entre a brotación e envero realizaranse as dúas mostraxes de resistencia en folla (ataques primarios e secundarios), mediante cámara fotográfica dixital. As imaxes de cada unha destas follas almacenaranse no ordenador para analizalas durante a época de repouso da planta. Na época de maduración realizaranse as mostraxes de acio para cuantificar o nivel de resistencia neste órgano. De forma simultánea, e para cada un dos clons, analizarase o nivel de resistencia no laboratorio, mediante unha técnica de inoculación e cultivo do fungo na folla. Entre os meses de outubro e abril, durante a época de repouso da planta, realizaranse as análises de imaxes nas follas almacenadas para determinar o grao de resistencia de cada un dos clons, mediante o método posto a punto polo noso equipo de traballo e as análises estatísticas correspondentes a tódolos datos da campaña. 2º e 3º ANO As mostraxes e análises descritas, repetiranse durante os 3 anos que dure o estudio. Ó final de cada campaña entregarase unha memoria dos datos obtidos ó longo de cada ciclo vexetativo, a cada unha das partes asinantes do convenio. Ó cabo dos 3 anos de duración do proxecto entregarase unha memoria completa con tódolos resultados e conclusións finais do traballo. ANEXO II INICIO DA SELECCIÓN CLONAL DE CAÍÑO TINTO Froito dos traballos iniciados no 1987 no Instituto de Investigacións Agrobiolóxicas de Galicia (IIAG) por parte do Dr. Mantilla, a Dra. Martínez e José Enrique Pérez, marcáronse en diferentes puntos de Galicia numerosos exemplares da variedade Caíño e Tinta Femia. Despois de realizar diferentes estudios sobre as características dalgunhas destas cepas in situ, elixiuse un exemplar centenario de cada unha das dúas variedades, recolleuse madeira e enxertouse na colección de variedades de vide da MBG no 1993, baixo a dirección da Dra. Martínez. No 1999, financiado a través dun Proxecto de Investigación do Programa Nacional de Alimentación (Ministerio de Ciencia e Tecnoloxía, INIA), (VIN00-036-C6-3) emprendeuse un traballo sobre caracterización de variedades de vide minoritarias de previsible interese comercial. No marco deste proxecto José Luis Santiago Blanco, cunha bolsa da Deputación Provincial de Pontevedra e baixo a dirección da Dra. Martínez, iniciou a súa Tese doutoral cuxo tema foi a descrición ampelográfica e agronómica, así como as análises de ADN de diferentes variedades de vide denominadas Caíño (Caíño tinto, Caíño longo, Caíño bravo.....) e a Tinta Femia. A parte experimental deste traballo está rematada e os resultados serán presentados como Tese doutoral o 25 de xuño do 2004. Unha das conclusións ás que se chegou dunha forma clara e definitiva é que Caíño tinto (Salnés, Rosal, Condado e Ulla) e Tinta Femia (Morrazo) son sinónimos. Sen embargo algúns exemplares centenarios de Caíño e de Tinta Femia presentan características que, sen saírse do que é o marco da variedade, permítenos diferenciar uns exemplares doutros, sobre todo no aspecto agronómico (época de brotación, época de maduración, fertilidade, grao alcohólico, acidez etc.). Estas diferencias poderían deberse a que se trata de clons diferentes dunha mesma variedade a cultivar. Estes resultados constitúen un excelente punto de partida para iniciar a selección clonal dunha das variedades tintas autorizadas na DO Rías Baixas. Non esquezamos que nunha selección clonal o que as plantas estean libres de virus é un dos factores a ter en conta, pero non é o único. O verdadeiro valor comercial dun clon vén dado ademais polas características do froito que produce, polo viño que se pode obter a partir deses froitos, e por outros aspectos cómo o rendemento, resistencia a enfermidades, etc., que determinan en grande medida a rendabilidade de cada un deses clons. O obxectivo será iniciar a obtención de clons seleccionados de Caíño=Tinta Femia, que ademais de estar en óptimo estado sanitario, presenten unhas características ben coñecidas en canto ó aspecto ampelográfico, agronómico e de resistencia a enfermidades criptogámicas. PLAN DE TRABALLO NA SELECCIÓN CLONAL DE CAÍÑO TINTO 1º ANO Iniciarase unha prospección para localizar e marcar novos exemplares centenarios de Caíño Tinto (Salnés, Rosal, Condado, Ulla) e Tinta Femia (Morrazo), e engadir ós xa localizados e estudiados en anos anteriores. Sobre cada un deles realizaranse unha análise de ADN (microsatélites STMS) e estudio ampelográfico (OIV, 1983) para comprobar a súa pertenza á variedade e un Test ELISA para coñecer o seu estado sanitario fronte á virose. 2º ANO Eliminaranse todas aquelas que o ano anterior deron positivo fronte á virose nos test ELISA, ou que a nivel ADN e ampelográfico presentan algunha dúbida sobre a súa identidade varietal. Na época da poda (xaneiro - marzo) recollerase do resto dos clons, e enxertaranse 10 exemplares por clon no mesmo patrón e sometidos todos eles ás mesmas condicións de cultivo. De forma paralela, plantaranse en maceta varios exemplares de cada un deles con dous obxectivos, por un lado para mantelos illados do chan ó abrigo de virose e por outro para realizar estudios de resistencia a enfermidades en maceta. Antes de realizar o enxerto, realizarase un novo Test ELISA para comprobar que os que o ano anterior estaban sans, seguen libres de virus. 3º ANO Recollerase de novo madeira nas cepas in situ, para substituír os eventuais fallos do ano anterior. Realizarase un novo Test ELISA, tanto ás plantas en maceta, como ás plantadas na parcela experimental e ás cepas in situ das que se faga necesario recoller madeira de novo. Iniciaranse as primeiras tomas de datos agronómicos (época de brotación, peso madeira de poda....) e de resistencia a enfermidades. ANEXO III ESTUDIO DE POTENCIAL ENOLÓXICO DOS CLONS DA VARIEDADE ALBARIÑO O estudio enolóxico da variedade Albariño comezará cunha caracterización en profundidade da uva e do seu mosto. As características da uva, no que ó seu potencial enolóxico se refire, teranse en conta para caracterizar os clons. A este respecto, ademais do contido en azucres e ácidos, determinarase, na data da vendima, os aromas varietales da natureza terpénica, C13 norisoprenoides e alcoholes bencénicos (2 feniletanol e alcohol bencilico tanto na forma libre coma ligada) Coñecer as características do mosto de cada un destes clons servirá por un lado para poder diferenciar uns doutros dunha forma moito máis precisa, pero sobre todo servirá para determinar o interese comercial que poidan chegar a ter no mercado vitícola, xa que o potencial enolóxico de cada un deles será sen dúbida un dos factores máis importantes para o viticultor á hora de decidirse por un ou outro clon. De forma paralela realizarase un estudio que nos permita contrastar o seu potencial enolóxico mediante a realización de microvinificacións a pequena escala e vinificacións a grande escala. Ó final da fermentación realizaranse análises que nos permitan coñecer parámetros clásicos (grao, acidez, etc.), aromas fermentativos (alcoholes superiores, ésteres e acetatos) e en especial, aromas varietales de natureza terpénica (hidrocarburos e monoterpenos) C13-norisoprenoides e alcoholes bencénicos. Tamén se realizarán estudios de evolución dos viños en botella, durante un ano, en especial no referente ós seus aromas, e en tódolos casos levaranse a cabo análises sensoriais que poñan de manifesto se as diferencias nos resultados analíticos son percibidas polos sentidos. O poder dispoñer de clons de Albariño que presentan diferencias entre eles en canto a características aromáticas, grao alcohólico, acidez etc., contribuirá a diminuír a uniformidade que ás veces se observa nos viños de Albariño que se encontran no mercado, e contribuiría a darlles unhas características particulares que serían o resultado da combinación entre o clon utilizado, terreo, clima, sistema de poda e procesos de elaboración do viño. Por último aclarar que o estudio enolóxico que se propón realizaríase nesta primeira fase a pequena escala (50 litros como máximo), posto que neste momento sería moi custoso realizar plantacións máis amplas dos 11 clons. Nunha segunda etapa, sería necesario emprender un estudio máis amplo con aqueles que resulten de maior interese. Este tipo de estudio tería necesariamente que desenvolverse nunha adega experimental que nos permitira estudiar a nivel industrial ditos clons. O obxectivo xeral que nos propoñemos a nivel enolóxico é demostrar o valor comercial de 11 clons da variedade Albariño (Vitis vinífera L.), seleccionados na Misión Biolóxica de Galicia (MBG), determinando o seu potencial enolóxico, para o cal nos plantexamos os seguintes obxectivos específicos: 1.- Coñecer o momento óptimo de maduración fisiolóxica de cada clon con fins enolóxicos. 2.- Estudiar o potencial aromático dos distintos clons, determinando en uva aromas varietales, en forma libre e ligada. 3.- Estudiar o potencial enolóxico mediante a realización de vinificacións en pequeno volume, con lévedo autóctono e en idénticas condicións de elaboración. 4.- Levar a cabo análises nos viños para coñecer as súas características físico-químicas e aromáticas para poder valorar a tipicidade dos aromas de clon. 5.- Realizar estudios da evolución dos aromas nos viños embotellados para ver se si atopan diferencias na súa conservación. PLAN DE TRABALLO NA CARACTERIZACIÓN ENOLÓXICA DE CLONS DE ALBARIÑO O plan de traballo proposto realizaríase durante tres vendimas consecutivas para poder obter uns resultados fiables. 1º ANO Obxectivo 1.- Estudiar o momento óptimo de maduración de cada un dos clons con fins enolóxicos. Realizaranse avaliacións por refractometría do contido de azucres de mostos das diferentes variedades a distintos tempos de maduración. Tamén se realizará un exame organoléptico dos mostos a nivel aromático unicamente. No momento óptimo da vendima para cada variedade, recollerase a uva, que se transportará á adega en caixas de plástico perforadas para evitar os problemas de fermentacións antes de chegar á adega. Obxectivo 2.- Avaliar o potencial aromático da uva dos distintos clons, determinando na data da vendima compostos responsables do aroma varietal: hidrocarburos e alcoholes terpénicos, C13-borisoprenoides e alcoholes bencenoides, tanto nas súas formas libres como glicosiladas. Obxectivo 3.- Estudiar o potencial enolóxico. Realizaranse microvinificacións de cada un dos clons utilizando pé de cuba, en volumes de mosto de 3 litros. A uva en adega será despalillada e estrullada e a pasta de cada un dos clons será sulfitada, pasando cada unha delas ós matraces para realizar a fermentación alcohólica. Os recipientes de fermentación sementaranse con pé de cuba, preparado previamente. Realizarase un seguimento das fermentacións e estudio da actividade fermentativa durante o proceso. Para iso cuantificarase a densidade celular do medio mediante espectrofotometría (absorbancia 550 nm -namómetros-) a distintos tempos e mediante reconto de células viables/ml. Obxectivo 4.- Estudiar o potencial enolóxico dos viños elaborados. (A realizar polos dous equipos) Unha vez rematada a fermentación realizaranse as análises químicas de tódolos viños. Densidade relativa 20/20; Azucres reductores; Grao alcohólico 20ºC; Acidez total; Acidez volátil; Ácido málico; pH; SO2 libre e total; Glicerol; Extracto seco total. Todas as análises realizaranse seguindo os métodos oficiais de análises comunitarios aplicables no sector do viño (Regulamento (CEE) nº 2676/90 da Comisión) Para avaliar a tipicidade dos aromas levarase a cabo: - A determinación por cromatografía en fase gasosa das 2 grandes familias de aromas fermentativos dun viño, alcoholes superiores e ésteres polos métodos propostos por Bertrand (1981,1968). - A determinación de compostos terpénicos seguindo o método proposto por Di Stefano e colaboradores (1991), que implica un fraccionamento previo por extracción en fase sólida (SPE) e evolución selectiva, antes da análise por cromatografía de gases FID. - A análise organoléptica mediante un panel de catadores profesionais. Obxectivo 5.- Evolución na botella dos viños elaborados. Analizaranse os diferentes parámetros aromáticos para ver a súa evolución ó longo dun ano, período habitual de consumo dos viños xoves. 2º e 3º ANO As mostraxes e análises descritos repetiranse durante os 3 anos que dure o estudio. Ó final de cada campaña entregarase unha memoria dos datos obtidos a cada unha das partes asinantes do convenio. Ó cabo dos 3 anos de duración do proxecto entregarase unha memoria completa con tódolos resultados e conclusións finais do traballo. ANEXO IV ORZAMENTO DE GASTOS PARA TERMINAR O TRABALLO DE SELECCIÓN DE CLONS DE ALBARIÑO (ANEXO I) E INICIAR A SELECCIÓN DE CLONS DE CAÍÑO TINTO (ANEXO II) 1º ANO Gastos de mantemento das cepas na parcela experimental da MBG - Traballos de mantemento 14.015,90¤ - 5 xornais de dous enxertadores especializados para enxerto dos clons de Caíño na parcela experimental (31,89¤/día) 159,45¤ - Tratamentos fitosanitarios e herbicidas 610,21¤ - Macarrón para atado de cepas, rede antipaxaros, plástico para cobertura de solos 180,30¤ - 2 tesoiras grandes de despunte 100,00¤ - 2 mascarillas con filtro para aplicación de tratamentos fitosanitarios 253,34¤ Pequeno material para recollida de mostras en campo: - Caixas e bandexas plásticas para o transporte da uva, tesoiras de poda e vendima, rotuladores indelebles 610,00¤ - Roupas e guantes de traballo 240,40¤ - Tubos de centrifugar para medida de rendemento en mosto e gradillas 150,00¤ - 2 tarxetas para cámara fotográfica dixital 32,22¤ - Pinzas, espátulas, agullas enmangadas, bisturís, coladores 210,35¤ Material desbotable e de manipulación en laboratorio e invernadoiro (datos agronómicos, Test Elisa para virosis, ...): - Papel cel, Parafilm, resmas de papel de filtro, guantes de látex, bolsas de plástico, etiquetas e coitelas de bisturí 390,66¤ - Bandexas alveolares, macetas, titores, hormona enraizamento, turba, vermiculita 901,51¤ - Material fotográfico e informático para análises de imaxes (papel fotográfico, disquettes, CD, Zips, Cartuchos impresora) 991,67¤ - Reactivos para a realización do Test ELISA 781,31¤ Material inventariable: - Cámara fotográfica Dixital con cargador de batería 1.750,00¤ - Ordenador con impresora para ampliar o banco de imaxes de follas e acios 2.250,00¤ - Balanza analítica de rango 210 g. Lexibilidade de 0.0001 1.713,00¤ - Balanza analítica de rango 3200 g. Lexibilidade de 0.01 1.425,10¤ - Refractómetro dixital portátil con 7 escalas de medida seleccionables 1.302,19¤ - 2 Calibres dixitais, de 15 cm. Con lexibilidade 0,1 e de 20 cm. Con lexibilidade de 0,01cm 249,08¤ Axudas de custo e locomoción para realización de mostraxes (Caíño tinto e tinta femia): - 5 viaxes anuais Pontevedra-O Rosal, 1 día de duración, 3 persoas (150 km ida/volta) + 30 km. Percorrido zona, a 0,17¤/km. 175,50¤274,95¤ - 5 viaxes anuais Pontevedra - Salnés, 1 día de duración, 3 persoas, (60 km. Ida/volta) + 40 km. Percorrido zona, a 0,17¤/km 85,00¤ Media axuda de custo 18,33¤ x5 viaxes x3 persoas 274,95¤ - 5 viaxes anuais Pontevedra O Condado, 1 día de duración, 3 persoas (30 km. Ida/volta) + 25 km. Percorrido zona a 0,17¤/km. 46,75¤ Media axuda de custo a 18,33¤ x 5 viaxes x 3 persoas 274,95¤ - 5 viaxes anuais Pontevedra -Ulla, 1 día de duración, 3 persoas (100 km. Ida/volta) + 30 km. Percorrido zona a 0,17¤/km. 110,50¤ Media axuda de custo a 18,33¤ x 5 viaxes x 3 persoas 274,95¤ SUBTOTAL 1º ANO 29.834,24¤ 2º ANO Gastos de mantemento das cepas na parcela experimental da MBG: - Traballos de mantemento 14.436,37¤ - Tratamentos fitosanitarios e herbicidas 610,21¤ - Macarrón para atado de cepas, reparación plásticos de cobertura de solos, reparación rede antipaxaros 80,00¤ Material desbotable e de manipulación en laboratorio e invernadoiro (datos agronómicos, Test ELISA...) - Papel cel, Parafilm, resmas papel de filtro, guantes de látex, bolsas plástico, etiquetas, coitelas bisturí 390,66¤ - Bandexas alveolares, macetas, titores, hormona enraizamento, turba, vermiculita 901,51¤ - Material fotográfico e informático para análises de imaxes (papel fotográfico, disquetes, CD, Zips, Cartuchos impresora) 991,67¤ - Reactivos para a realización do Test ELISA 781,31¤ Axudas de custo e locomoción para a realización de mostreos (Caíño tinto e tinta femia): - 5 viaxes anuais Pontevedra - O Rosal, 1 día de duración, 3 persoas (150 km. Ida/volta) + 30 km. Percorrido zona, a 0,17¤/km 175,50¤ Media axuda de custo 18,33¤ x 5 viaxes x 3 persoas 274,95¤ - 5 viaxes anuais Pontevedra - Salnés, 1 día de duración, 3 persoas, (60 km. Ida/volta) + 40 km. Percorrido zona, a 0,17¤/km 85,00¤ Media axuda de custo 18,33¤ x 5 viaxes x 3 persoas 274,95¤ - 5 viaxes anuais Pontevedra O Condado, 1 día de duración, 3 persoas, (30 km. Ida/volta) + 25 km. Percorrido zona a 0,17¤/km 46,75¤ Media axuda de custo a 18,33¤ x 5 viaxes x 3 persoas 274,95¤ - 5 viaxes anuais Pontevedra-Ulla, 1 día de duración, 3 persoas (100 km ida/volta) + 30 km. Percorrido zona a 0,17¤/km 110,50¤ Media axuda de custo a 18,33¤ x 5 viaxes x 3 persoas 274,95¤ SUBTOTAL 2º ANO 19.710,28¤ 3º ANO Gastos de mantemento das cepas na parcela experimental da MBG - Traballos de mantemento 14.869,46¤ - Tratamentos fitosanitarios e herbicidas 610,21¤ - Macarrón para atado de cepas, reparación de plásticos de cobertura de solos, reparación rede antipaxaros 80,00¤ Material desbotable e de manipulación en laboratorio e invernadoiro (datos agronómicos, Test Elisa ...): - Papel cel, Parafilm, resmas de papel de filtro, guantes de látex, bolsas de plástico, etiquetas e coitelas de bisturí 390,66¤ - Bandexas alveolares, macetas, titores, hormona enraizamento, turba, vermiculita 901,51¤ - Material fotográfico e informático para análises de imaxes (papel fotográfico, disquettes, CD, Zips, Cartuchos impresora) 991,67¤ - Reactivos para a realización do Test ELISA 781,31¤ Axudas de custo e locomoción para a realización de mostreos (Caíño tinto e tinta femia): - 1 viaxe anual Pontevedra - O Rosal, 1 día de duración, 3 persoas (150 km. Ida/volta) + 30 km. Percorrido zona, a 0,17¤/km 30,60¤ Media axuda de custo 18,33¤ x 1 viaxe x 3 persoas 54,99¤ - 1 viaxe anual Pontevedra - Salnés, 1 día de duración, 3 persoas, (60 km. Ida/volta) + 40 km. Percorrido zona, a 0,17¤/km 17,00¤ Media axuda de custo a 18,33¤ x 1 viaxe x 3 persoas 54,99¤ - 1 viaxe anual Pontevedra - O Condado, 1 día de duración, 3 persoas, (30 km. Ida/volta) + 25 km. Percorrido zona, a 0,17¤/km 9,35¤ Media axuda de custo a 18,33¤ x 1 viaxe x 3 persoas 54,99¤ - 1 viaxe anual Pontevedra - Ulla, 1 día de duración, 3 persoas, (100 km. Ida/volta) + 30 km. Percorrido zona, a 0,17¤/km 22,10¤ Media axuda de custo a 18,33¤ x 1 viaxe x 3 persoas 54,99¤ SUBTOTAL 3º ANO 18.923,83¤ ORZAMENTO 3 ANOS 1º ano 29.834,24¤ 2º ano 19.710,28¤ 3º ano 18.923,83¤ TOTAL 3 ANOS 68.468,35¤ ANEXO V ORZAMENTO DE GASTOS PARA REALIZAR O ESTUDIO ENOLÓXICO DOS 11 CLONS DE ALBARIÑO (Anexo III) 1º, 2º e 3º ANO Inventariable - Placa calefactora Rc 177¤ - Axitador magnético con calefacción 311¤ - Axitador de tubos RX3 196¤ - Centrífuga Digicen c/rotor 2.100¤ - Microscopio biolóxico CH20 843¤ - Arcón conxelador vertical de -20ºC 1.950¤ - Neveira KGB 4046 1.100¤ - Baño de precisión con circulación de auga 1.000¤ - Microcentrífuga c/rotor 1.472¤ - Autoclave vertical de 75 litros Presoclave 75 4.371¤ - Estufa de cultivo Memmert con 53 litros de volume interior 1.236¤ - Axitador incubador pechado con estufa incubadora TH15 (+5ºC, 60ºC) 4.847¤ - Centrífuga refrixerada 10.393¤ - Autoanalizador de viños Agro200/lisa200 con ordenador e impresora externa 35.000¤ Funxible - Probetas de vidro e plástico 50¤ - Vasos graduados 200¤ - Micropipetas, aspirador de pipetas e dispensador 2.000¤ - Asas de sementar, xiringas de plástico, espátulas, etc.. 210¤ - Frascos ISO graduados 135¤ - Porta e cubre obxectos, placas Petri, filtros millipore e cinta adhesiva indicadora autoclave 500¤ - Medios de cultivo para levaduras 800¤ - Puntas para micropipetas, pipetas desbotables de plástico 150¤ - Gases para cromatografía 10.100¤ - Nitróxeno gas para concentrar extractos e nitróxeno para conxelar mostras de uva 1.263¤ - Columnas cromatográficas 4.800¤ - Disolventes 3.000¤ - Cartuchos para extracción en fase sólida 2.800¤ ORZAMENTO 3 ANOS 1º ano 30.334,67¤ 2º ano 30.334,67¤ 3º ano 30.334,67¤ TOTAL 3 91.004,00¤ ANOS ------ Folla: 3.5162.- RECTIFICACIÓN DO INVENTARIO XERAL DE BENS E DEREITOS DA DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA CON DATA 31 DE DECEMBRO DE 2003 Sr. Presidente.- O punto número tres é rectificación do Inventario Xeral de Bens e Dereitos da Deputación Provincial de Pontevedra con data 31 de decembro de 2003. Non habendo intervencións ¿votos en contra?, ¿abstencións?, ¿a favor?. Visto que o Pleno da Corporación Provincial, en sesión ordinaria de data 26 de novembro de 2003 acordou aprobar o Inventario Xeral de Bens e Dereitos desta Deputación Provincial con data 31 de decembro de 2002. Considerando que o artigo 33 do Regulamento de Bens das Entidades Locais, establece que o inventario se rectificará anualmente e nel deberanse reflectir as visicitudes de toda índole sufridas polo conxunto de bens e dereitos, é polo que co obxecto de cumprir con tal fin se elaborou unha relación de variacións sufridas no Inventario durante o ano 2003, para así poder rectificar dito Inventario con data 31 de decembro de 2003. Considerando que o órgano competente para aprobar a rectificación do Inventario será o Pleno da Corporación, así o recolle o artigo 34 do mencionado Regulamento de Bens. O Pleno, de conformidade co dictame da Comisión Informativa de Economía, Facenda e Turismo, acorda por unanimidade, aprobar o expediente de rectificación do Inventario a data 31 de decembro de 2003, por un importe total de 54.654.392,98 Euros, e co seguinte detalle por epígrafes: EPIGRAFE BENS VALOR INVENTARIO VALOR ALTAS VALOR BAIXAS VALOR INVENTARIO O 31-12-2002 ANO 2003 ANO 2003 31-12-2003 1º Inmobles 41.992.628,99¤ 41.992.628,99¤ 3º Mobles de carácter 3.524.254,44¤ 643,00¤ 3.524.897,44¤ histórico, artístico ou de considerable valor económico 4º Valores mobiliarios 784.861,71¤ 784.861,71¤ créditos e dereitos de carácter persoal da Corporación 5º Vehículos 1.571.673,44¤ 1.761.761,10¤ 319.605,24¤ 3.653.039,78¤ 6º Semoventes 35.718,69¤ 3.320,00¤ 3.900,00¤ 42.938,69¤ 7º Mobles non 3.919.416,98¤ 696.867,78¤ 39.741,61¤ 4.656.026,37¤ comprendidos nos anteriores enunciados TOTAL 51.828.554,25¤ 2.462.591,88¤ 363.246,85¤ 54.654.392,98¤ ------ Folla: 4.5163.- ADHESIÓN DO CONCELLO DE PORRIÑO Ó CONVENIO DE COLABORACIÓN EN MATERIA CATASTRAL No comezo deste punto número catro retírase da reunión o Sr. Deputado D. Emilio González Iglesias e xa non volve á mesma. Sr. Presidente.- Punto catro. Adhesión do Concello de Porriño ó Convenio de colaboración en materia catastral. En principio non habendo ningún tipo de intervención esta é a adhesión dun Concello máis a todos, vamos, a case totalidade que se están adherindo, á xestión que está facendo o ORAL, neste caso en materia catastral e polo tanto tamén o facemos co caso de Porriño. ¿Votos en contra?. ¿Abstencións?. ¿A favor?. Visto o acordo do Consello Rector do Organismo Autónomo Provincial de Xestión de Recursos Locais (ORAL), adoptado na sesión do día 17 de decembro de 2004, polo que se acepta a petición do Concello de O Porriño, de adhesión ó Convenio de colaboración en materia de xestión catastral subscrito entre a Dirección Xeral do Catastro e a Deputación Provincial de Pontevedra (ORAL) o 13 de xuño de 2001, solicitada polo Sr. Alcalde Presidente do Concello de O Porriño mediante escrito de data 29 de novembro de 2004, o Pleno, de conformidade co dictame da Comisión Informativa de Economía, Facenda e Turismo, acorda por unanimidade, ratificar o referido acordo do Consello Rector do Organismo Autónomo Provincial de Xestión de Recursos Locais (ORAL), aceptando a adhesión do Concello de O Porriño ó Convenio de colaboración en materia de xestión catastral. ------ Folla: 5.5164.- APROBACIÓN DA MEMORIA XUSTIFICATIVA E EXPEDIENTE SOBRE ACTIVIDADE ECONÓMICA PARA A PROMOCIÓN E XESTIÓN DE SOLO INDUSTRIAL E DE EQUIPAMENTOS EMPRESARIAIS, CONSTITUCIÓN PARA A XESTIÓN DA CITADA ACTIVIDADE DO ORGANISMO AUTÓNOMO DENOMINADO "INSTITUTO PARA A PROMOCIÓN E EQUIPAMENTO DE SOLO INDUSTRIAL DA PROVINCIA DE PONTEVEDRA (IPESPO)" E APROBACIÓN DOS SEUS ESTATUTOS FORMULADOS POLA COMISIÓN DE ESTUDIO NOMEADA Ó EFECTO MEDIANTE ACORDO PLENARIO DE 29-09-04 Sr. Presidente.- Punto número 5. Aprobación da memoria xustificativa e expediente sobre actividade económica para a promoción e xestión de solo industrial e de equipamentos empresariais, constitución para a xestión da citada actividade do organismo autónomo denominado "Instituto para a promoción e equipamento de solo industrial da provincia de Pontevedra (IPESPO)" e aprobación dos seus Estatutos formulados pola Comisión de Estudio nomeada ó efecto mediante acordo plenario de 29-09-04. Si, ten a palabra o Sr. Mosquera. Sr. Mosquera Lorenzo.- Moi bos días. Gracias Sr. Presidente. Estamos ante un asunto de importancia e creo que merece que se analice e se comente cal foi a súa orixe e cal é a súa situación actual e incluso cal debería ser o seu futuro. Creo que non podemos esquecer que a idea de crear tanto o Consorcio con Barro-Meis coma con Covelo é a mesma idea de sacar un organismo, que hoxe concretamos a súa figura xurídica en forma de organismo autónomo, que se dedique a promocionar ou xestionar solo industrial e inclusive vivendas de protección na provincia de Pontevedra, e tivo a súa orixe na negativa de Xestur a xestionar o Polígono de Barro-Meis, e posiblemente tamén o de Covelo, non me consta, o de Barro-Meis si. Claro, efectivamente é unha solución que se está aplicando desde a Deputación para xerar solo industrial, o que hoxe vamos aprobar aquí, pero non podemos esquecer que con este organismo, con este organismo pois vamos a ter catro organismos de ámbito provincial ou galego, que se dediquen a estes mesmos fins, que serían Xestur, a Zona Franca e o Solo empresarial do Atlántico, esto preveo a Xunta co Plan Galicia. Quixen facer unha análise de por que non se están cubrindo por parte dos outros entes os obxectivos que se queren suplir coa creación do IPESPO, e inclusive con cuestións que francamente darían bastante que pensar de que fai a Deputación, o que fan os nosos representantes, o que fan os nosos cartos, os da Deputación, en certo ... porque nestes momentos xa hai tempo, a Deputación ten parte do capital social de Xestur, co cal pois digamos que é unha solución pero non é a solución óptima, é unha solución que hai que adoptar, a creación desto é unha crítica real e aberta á xestión doutros organismos que fan o mesmo pero non corramos, ou creo que estamos correndo o risco de incidir nos mesmos erros que inciden, ou que supostamente inciden a Xunta e a Zona Franca na súa xestión, cando non se fixo unha análise correcta de por que non se está cubrindo por parte deses organismos e francamente parece que catro entes creando solo industrial á parte dos concellos, dentro da provincia de Pontevedra, parece excesivo, ou sexa, que é a constatación de disfuncións e existen esas disfuncións, a creación deste organismo é a constatación desas disfuncións, e polo tanto pois como vén a resolver os problemas nós estamos de acordo, pero creo que si sería necesario, si sería necesario facer un estudio máis polo miúdo de por que é necesario e cales son os factores que levan a estas disfuncións tan tremendas como para que teña que haber catro, xa habendo tres, haxa que quedar un carto ente que se dedique á xestión de solo industrial. Ben, dito esto pois nós cremos que houbo unha, que hai, vamos esta vai ser unha oportunidade perdida para realizar algo que incidiría, incidiría en corrixir os problemas que teñen os outros entes e prestar un servizo ós concellos que todos sabemos que non poden prestar. Creouse no seu momento o ORAL coas súas dificultades de orixe, de xestión, pero que está prestando, como se ve estanse adherindo todos os concellos dun certo nivel para abaixo, se están adherindo porque un concello por si só, sobre todo se ten un tamaño pequeno, é moi difícil que xestione correctamente todo o fárrago cada vez máis complicado das taxas, prezos públicos, impostos, catastro, etc., non ten estructura empresarial para facelo. Da mesma maneira que a inmensa maioría dos concellos non teñen estructura administrativa funcionarial como para realizar o que é a xestión urbanística, que cada vez é máis complexa, con leis cambiantes, con choques de intereses e que todos sabemos que é bastante complicado e que estamos convencidos de que esta Deputación debería prestar ese servizo. Ben, cremos que nese sentido é unha ocasión perdida, nós presentamos na Comisión, tanto na Comisión de estudio como na Comisión Informativa, presentamos unhas emendas, votos particulares, como se lle queira chamar, precisamente para corrixir ou para aproveitar esta oportunidade no sentido de crear un órgano que por un lado tivera ese staf técnico que é unha das eibas que teñen os outros organismos, chámese Xestur, Zona Franca ou Solo Empresarial do Atlántico, que precisamente a carencia dese staf técnico entre outros motivos lle está elevando a que as tramitacións se eternicen e que, digamos, a capacidade de reacción ante as demandas do mercado sexa moi lenta e ese mesmo staf técnico que creara a Deputación sería capaz perfectamente de asesorar e prestar os servizos de xestión urbanística ós concellos. Ben, por eso dixen antes que corremos o risco de caer nos mesmos problemas de falta de axilidade que teñen os outros organismos que operan, que busquen a oportunidade perdida e por eso presentamos o voto particular este de que o IPESPO, non, o organismo autónomo se encargue á súa vez de asesorar e mesmo xestionar, podía haber unha delegación de xestión, porque non hai ninguén que o supla, non hai ninguén que o suplan. No obxectivo principal teoricamente hai tres entes como dixen antes xestionando o solo, que podían facelo, non o fan, polo tanto correcto o crear nós este aínda que xa digo, con todos os problemas de disfuncións. Pero hai unha necesidade que teñen os concellos e os particulares, ó final todos os particulares promotores de solo dalgún tipo, dalgún tipo, aínda que sexa de autopromoción, urbanizables, residenciais, comerciais ou industriais, que está creando bastantes problemas e que non se suple ó non poñer no obxecto do IPESPO o asesoramento ós concellos. Por outro lado sorprende moitísimo que no Consello Asesor, pois en algo que ten que ver dunha maneira tan clara cos axentes sociais pois non estean no dereito representantes das organizacións empresariais, dos sindicatos ou mesmo das organizacións medio ambientais. Está sucedendo aquí nun organismo que é o Padroado de Turismo Rías Baixas no que están representados os colectivos afectados, Axencias de Viaxes, Hoteis, etc., e cremos que bueno, que está funcionando dunha maneira polo menos nese aspecto correcta. Francamente non entendemos porque se pecha digamos a composición dun Consello Asesor sen dar representación directa ós que realmente están vivindo no día a día as cuestións ou os problemas de carencia de solo ou da xestión do solo industrial no momento en que se plantexa. Por eso nos sorprende, por eso presentamos esta emenda que na Comisión non quixeron aceptar, e nos parece absolutamente equivocado, pero bueno, nós mantémola e agardemos que rectifiquen. E despois moi concomitante coa primeira, pois cremos que se esta Deputación realmente vai a entrar como vamos acordar neste Pleno, nunha área tan potente como é nunha xestión de solo pois non ten moito sentido que estea adscrita á área económica, había que crear a área de medio ambiente e urbanismo ou como se queira chamar e adscribila aí. Por eso en todo caso sería un efecto secundario consecuencia de modificar o obxecto da primeira modificación que presentamos. Parece francamente un escaqueo desta Deputación, que se a Lei, poño un detalle, a Lei obriga que os proxectos de máis de 50 millóns teñen que estar supervisados, a oficina de supervisión pois non sei se existe nalgún concello da provincia, existe en dous, e pon que caso de que algún concello non teña oficina de supervisión será a Deputación Provincial. A Deputación Provincial non crea ese servizo que por Lei tería que cumprir. De todas as maneiras en consonancia co que estivemos defendendo ata agora vamos a votar a favor pero vamos a deixar patente o noso posicionamento de que nos parece que é incidir no mesmo que xa está funcionando, que ten uns defectos que vamos a suplir creando un organismo para que cubra o que non cubren outros pero cos mesmos defectos dos outros organismos, cando poderíamos dar un paso adiante e crear un organismo que realmente funcionara máis áxil do que funcionan os outros, en primeiro lugar, e en segundo lugar prestar uns servizos que son absolutamente necesarios para a boa marcha de toda a xestión urbanística na provincia de Pontevedra. Nada máis. Sr. Presidente.- Moitas gracias Sr. Mosquera. Sr. Santiago Novas. Sr. Santiago Novas.- Si, bos días. Vamos a ver, retrotraer agora o debate á conveniencia ou non de creación desta figura, deste organismo autónomo para desenvolver, xestionar e promocionar solo industrial, creo que xa non procede porque había que retrotraelo ó acordo aprobado en setembro que foi cando se aprobou levar adiante este proxecto. Si quero centrar un pouco a nosa intervención en canto ós debates producidos na Comisión creada ó efecto. Ben, nós estamos totalmente de acordo na conveniencia de que este organismo tivera como obxectivo tamén compartir coa xestión e promoción do solo o asesoramento en materia urbanística ós concellos. Nos parece un asunto de moita relevancia e de moita importancia e sobre todo dende o coñecemento da situación real dos concellos pequenos, con poucos recursos nesta materia. Ese era un dos votos particulares que nós asumimos e compartimos, os outros dous cremos que son de menor importancia en relación con este primeiro obxecto que debera recoñecerse nos Estatutos, e en todo caso dicir de que soamente podemos entender dende un inicio dunha partida desa Comisión, onde entendíamos que todos os grupos estabamos de acordo, eso se debateu, e había un principio de acordo en relación a este asunto. Entendemos que logo na reflexión política do grupo de goberno se puidera entender a non conveniencia de facelo neste intre, neste momento, momento de arranque e posta en funcionamento desta institución. En todo caso cremos que compartido o criterio en canto á necesidade de prestar eses servizos ós concellos. Polo tanto dende o noso grupo o que solicitamos é que se por conveniencia coxuntural, é dicir, que se neste intre non se entende que é o momento oportuno para incluílo como obxecto deste organismo, que si se retome esta Deputación no momento da posta en funcionamento, no momento en que se dote de servizos de persoal a esta institución e que entendemos que debera quedar reflectido en acta ese compromiso e unha vez que estea en funcionamento ese servizo, esta institución, este organismo, se reconsidere a posibilidade de prestar os servizos ós concellos, eu creo que ese é o punto relevante no que en principio, insisto, partíamos dunha posición común todos os grupos e logo porque non se deron as explicacións no seu momento e nós sabemos o por que o grupo de goberno non asumiu como obxecto deste organismo tamén esa función de prestar eses servizos ós concellos. Polo tanto que se reconsidere e se plasme o compromiso de que esto no momento en que se poña en funcionamento o servizo se poida prestar eses servizos que cremos de vital importancia para os concellos, sobre todo para os pequenos concellos. Sr. Presidente.- Moitisimas gracias. Sr. Durán Hermida. Sr. Durán Hermida.- Si, bos días Sr. Presidente, señoras e señores Deputados. Ben, eu quixera empezar esta intervención desde un plano positivo e felicitarnos porque o labor que se nos encomendou á Comisión formada ó efecto, que xa se citou aquí o pasado 29 de setembro, pois culmina os seus traballos e culmina os seus traballos desde o acordo plenario de hoxe para poñer en marcha este organismo autónomo para promoción económica, que era a cuestión que se nos encomendara e que era na que ó longo destas últimas semanas, destes últimos meses se estivo traballando e é tamén un motivo para que faga mención aquí do agradecemento do noso grupo pola participación e polas achegas dos grupos da oposición. Eso desde un punto de vista dun plantexamento xeral e poñendo tamén en relación todo esto e con algo que escoitei aquí coma todos os que estamos, cando foi o debate dos orzamentos, é que alguén dicía que desde o grupo

Área de documentación

Área de notas

  • Nota

Puntos de acceso

Área de control da descrición