Fondos
2005-01-25_Ordinaria. Acta de sesión 2005/01/25_Ordinaria
Acta de sesión 2005/01/25_Ordinaria
Área de identificación
Código(s) de referencia ES.GA.36038.ADPO.1.1.3.3.33.365/2.2005-01-25_Ordinaria
Título Acta de sesión 2005/01/25_Ordinaria
Data(s) 2005-01-25 (Creación)
Volume e soporte 1 acta de sesión
Área de contexto
Institución arquivística Arquivo Deputación de Pontevedra
Área de contido e estrutura
Alcance e contido Folla: Da sesión ordinaria en primeira convocatoria, celebrada polo Pleno desta Excma. Deputación o día, 25 de xaneiro de 2005 No Salón de sesións da Excma. Deputación Provincial de Pontevedra, sendo as dezasete horas e quince minutos do día vinte e cinco de xaneiro do ano dous mil cinco, baixo a Presidencia do Ilmo. Sr. Presidente D. Rafael Louzán Abal, reuníronse as/os Señoras/es Deputadas/os, D. Xosé Antón Araujo Quintas, Dona Nidia María Arévalo Gómez, D. Ramón Campos Durán, Dona Francisca Canal Gómez, D. José Costa Díaz, D. José Crespo Iglesias, D. José Juan Durán Hermida, D. Antonio Feliciano Fernández Rocha, D. José Manuel Figueroa Vila, D. Emilio González Iglesias, D. Efrén Juanes Rodríguez, D. José Antonio Landín Eirín, D. José Antonio Lorenzo Rodríguez, Dona Clara Millán González, D. Xosé Cesáreo Mosquera Lorenzo, D. Constante Juan Muradas Ramos, D. Manuel Núñez Sestelo, D. Xosé Carlos Pazos Docampo, Dona María Teresa Pedrosa Silva, D. Juan Manuel Rey Rey, D. Alfredo Rodríguez Millares, D. Rodrigo Santiago Novas, Dona Belén Sío Lourido, D. José Enrique Sotelo Villar, D. Xabier Toba Girón e D. Jesús Vázquez Almuíña, co obxecto de celebrar sesión ordinaria da Deputación en Pleno, en primeira convocatoria, consonte á correspondente orde do día. Da fé do acto o Secretario Accidental, D. Carlos Cuadrado Romay, e está presente o Sr. Interventor, D. Bautista Pérez Carnero. Declarada aberta a sesión e de orde da Presidencia éntrase seguidamente no exame da orde do día, adoptándose en relación coa mesma os seguintes acordos: Sr. Presidente.- Vamos a dar comezo á sesión do Pleno ordinario do día de hoxe. ------ Folla: 2.5169.- SUPRESIÓN DA TAXA POR SERVIZOS DE ASESORAMENTO CON DESPRAZAMENTO ÓS ENTES LOCAIS POLO CPAM Sr. Presidente.- Segundo punto. Supresión da taxa por servizos de asesoramento con desprazamento ós entes locais polo Centro Provincial de Asesoramento Municipal. Como non hai tampouco ningunha intervención, dicir que se suprime esta taxa, que ademais era unha cantidade relativamente pequena. Creo que entendemos que ademais cobrarlles ós concellos non se xustificaba, polo tanto entendemos a súa supresión. Visto o acordo adoptado polo Pleno desta Corporación Provincial na sesión ordinaria de data 27 de outubro de 2004, no que se aprobaron inicialmente a modificación das ordenanzas reguladoras das diversas taxas provinciais, e que adquiriu carácter definitivo o día 16 de decembro de 2004 e visto o expediente tramitado a proposta do Servizo de Intervención desta Deputación para a supresión da taxa polos servizos do CPAM de asesoramento con desprazamento ós entes locais, polos motivos, segundo consta na memoria da Presidencia de que se trata dun servizo obrigatorio da Deputación, para non desincentivar a demanda de asesoramento por parte dos concellos e polo escaso poder recadatorio e os elevados custes de xestión e recadación. Visto así mesmo o informe de Intervención de data 12 de xaneiro de 2005, o Pleno, de conformidade co dictame da Comisión Informativa de Economía, Facenda e Turismo, acorda por unanimidade, aprobar a supresión da taxa polos servizos do CPAM de asesoramento con desprazamento ós entes locais. O expediente de supresión desta taxa exporase ó público por un prazo de trinta días hábiles mediante anuncio no Boletín Oficial da Provincia e nun diario dos de maior difusión da Provincia, a efectos de reclamacións. No caso de non producirse reclamacións, este acordo considerarase elevado a definitivo, e procederase á publicación do mesmo no Boletín Oficial da Provincia. ------ Folla: 3.5170.- RESOLUCIÓN DE ALEGACIÓNS Ó PROXECTO "EP VILALONGA - FIANTEIRA (SANXENXO)". APROBACIÓN DEFINITIVA DA RELACIÓN DE BENS E PROPIETARIOS AFECTADOS. DECLARACIÓN DE NECESIDADE DE OCUPACIÓN Sr. Presidente.- Punto número tres. Resolución de alegacións ó proxecto "EP Vilalonga-Fianteira, no termo municipal de Sanxenxo". Aprobación definitiva da relación de bens e propietarios afectados e declaración de necesidade de ocupación. Sr. Mosquera. Sr. Mosquera Lorenzo.- Boas tardes. Gracias Sr. Presidente. Non, simplemente recordarlle que cando un punto vén na orde do día, e non a dar conta, sendo ordinario, pois convén votar, aínda que sexa por unanimidade, pois convén votar. Sr. Presidente.- Perdón, si, me di o Secretario que se entende, que ó non haber intervencións hai unanimidade, pero bueno, dalgunha maneira e como a vostede lle gusta ser correcto, eu tamén vou a ser correcto con vostede, e polo tanto neste caso pois tamén procedemos á votación. ¿Votos en contra?. ¿Abstencións?. ¿A favor?. Por unanimidade. Acordándose polo Pleno desta Deputación Provincial, en sesión de 30-06-2004, a aprobación inicial do proxecto "EP Vilalonga-Fianteira (Sanxenxo)", pertencente a fondos propios 2004, dotado dun orzamento para coñecemento da Administración de 38.811,39 ¤, desagregado en orzamento de execución por contrata por importe de 29.713,12 ¤, e expropiacións por importe de 9.098,27 ¤, coa finalidade de ensanchar a explanación de tal vial e dotalo de zonas de paseo e beirarrúas, así como a declaración de utilidade pública da obra e a solicitude á Xunta de Galicia da declaración de urxente ocupación dos bens afectados, someténdose a información pública, por prazo regulamentario, o expediente expropiatorio e o proxecto da obra en virtude de edicto publicado no Boletín Oficial da Provincia nº 193; e, co fin de dar continuidade ó expediente expropiatorio iniciado no seu día pola Deputación Provincial de Pontevedra, á vista do informe emitido polo Enxeñeiro Técnico Xefe da Zona Norte, o Pleno, de conformidade co dictame da Comisión Informativa de Vías e Obras, acorda por unanimidade: 1.- A estimación parcial da alegación presentada por D. Moisés Enríquez Amado (DNI nº 35205941) e Dona María Dolores Prieto Vidal (DNI nº 35431239), no sentido de rectificar a titularidade das fincas nº 3 e 4 do parcelario da obra que, en realidade, son propiedade de D. Baltasar Prieto Vidal e Dona María Dolores Prieto Vidal, respectivamente, como acredita a escritura pública de doazón outorgada o 09-11-1982 que aportan os alegantes. En canto á advertencia da existencia dun pozo de auga que abastece a súa vivenda, que podería verse afectado pola expropiación, comprobarase in situ no momento do levantamento de actas previas á ocupación. 2.- A desestimación parcial de dita alegación, segundo informe técnico de 19-11-2004, en canto a que a modificación do trazado non é viable dado que o mesmo se adaptará ó planeamento municipal existente, e en canto a que a oposición dos alegantes á valoración realizada por esta Administración deberá de aprazarse ata o momento procedimental oportuno, a saber, fase de xustiprezo. 3.- A aprobación definitiva do proxecto "EP Vilalonga-Fianteira (Sanxenxo)", pertencente a fondos propios 2004, con orzamento para coñecemento da administración de 38.811,39 ¤, desagregado en orzamento de execución por contrata por importe de 29.713,12 ¤, e expropiacións por importe de 9.098,27 ¤. 4.- A declaración de necesidade de ocupación dos bens afectados por tal obra que ten por obxecto o ensanche do vial con dotación de beirarrúas, no seu enlace coa C-550, a efectos de evitar a invasión continua da calzada polos viandantes co perigo que iso conleva para os mesmos e para os vehículos que circulan por tal estrada. 5.- A aprobación definitiva da relación de propietarios e bens afectados: Nº FINCA PROPIETARIO BENS AFECTADOS 1 Moisés Enríquez AmadoAvda. do Cruceiro, nº 3936990 - Vilalonga - Sanxenxo - 111 m² de terreo - 2 ud. de limoeiros - 1 ud. de palmera de 40 cm. de diámetro - 1 pino de 15 cm. de diámetro - 1 acebo - 2 cepas 2 DESCOÑECIDO - 23,50 m² de terreo 3 Baltasar Prieto VidalR/Fernando El Católico, nº 52Arrecife-Lanzarote - 89,50m² de terreo 4 Mª Dolores Prieto VidalSalgueira, nº 6 Vilalonga-Sanxenxo - 140 m² de terreo Contra o presente acordo que pon fin á vía administrativa, os interesados poderán interpoñer recurso potestativo de reposición perante o órgano que o dictou no prazo dun mes a partir do día seguinte ó da notificación do presente acordo, ou ben recurso contencioso-administrativo no prazo e perante os órganos que determina o artigo 46-1 da Lei da Xurisdicción Contencioso-Administrativa. ------ Folla: 4.5171.- PLAN PROVINCIAL DE COOPERACIÓN ÁS OBRAS E SERVIZOS DE COMPETENCIA MUNICIPAL E ESTRADAS DO ANO 2005 [PPC 2005] Sr. Presidente.- O punto número 4 da orde do día é o Plan Provincial de Cooperación ás obras e servizos de competencia municipal e estradas para o ano 2005. ¿Algunha intervención?. Sr. Muradas. Sr. Muradas Ramos.- Si, buenas tardes. Anunciar que nuestro grupo en este tema nos vamos a abstener, porque a pesar ya de haber conseguido que el reparto sea de un 60 y 40 con respecto a población y superficie y de que ya no se descuenta por tener el casco urbano, seguimos aún con algún vicio oculto como es el aplicar la población referida al primero de xaneiro de 2003, cuando salía en los medios de comunicación que por Real Decreto de 23 de diciembre del año pasado está aprobado el nuevo censo. Esto no implica ningún trabajo extraordinario pues el reparto simplemente es un reparto proporcional, sencillísimo, que yo creo que lo lógico si el plan es para este año, se aplique a la población que está vigente en este momento. Al tiempo que quería sugerir a la Presidencia que los actos de presentación a los Alcaldes del dinero que le va a tocar, etc., se hacen con posterioridad a que esta corporación lo apruebe. Yo creo que habría que medir los tiempos y que esto venga antes que los corporativos tengamos conocimiento para su aprobación antes de que sea presentado a los alcaldes de los ayuntamientos, que es un hecho muy democrático, muy bonito, pero que yo creo que no respeta la representatividad que tienen estos Deputados. Sr. Presidente.- Si, bueno, eu quixera engadir unha cousa, eso se vén facendo por norma para dicirlle a documentación que teñen que presentar pero en ningún momento se lle trata de dar máis alá do que. Sr. Muradas Ramos.- No, pero se le facilita ya la cantidad que les va a tocar. Sr. Presidente.- Bueno, pero eso se fixo todos os anos así, ou sexa que non se fixo nada estraño para variar. Sr. Muradas Ramos.- Bien, pero, precisamente, bien hombre, pero yo no digo que no se haya hecho todos los años, yo digo que no me parece procedente, yo digo que no me parece procedente, creo que lo lógico lo apruebe antes esta Corporación y luego se les reúna, se les diga lo que les toca, lo que tienen que presentar, etc. En cualquier caso hago una propuesta de enmienda para que esto, por ejemplo, ahora usted va a tener que votar que no, porque como ya le dijo a los Alcaldes el dinero que le tocaba puesto que es una simple operación matemática para adaptar los planes a la población actual, usted ahora lo va a tener difícil votar que si a esta enmienda que le propongo. Sr. Presidente.- Moitas gracias. Sr. Mosquera. Sr. Mosquera Lorenzo.- Gracias Sr. Presidente. Eso que, enlazando con esto era un tema dos que quería comentar. Os criterios que acordamos, que se acordan para a distribución deste Plan Provincial de Cooperación, son unha decisión da Deputación, da Deputación. Por exemplo, a Deputación está poñendo o 30%, houbo algunha Deputación que poñía o 40, outras Deputacións poñen o 20%, ou incluso non poñen nada. Hai unha serie de decisións tomadas, o que o fixo, sobre como se van repartir, etc., que son realmente o que hai que decidir, ou sexa vostedes o que fan e, acordan o gordo, despois lle pasa ós concellos canto lle toca e polo tanto que metan unha obra por ese importe e agora nos traen eso a votar. Neste Salón de Plenos xa temos escoitado máis dunha vez e máis de dúas, e ata unha vez foi así, ata unha vez foi así, que os criterios, os criterios se pasaron antes por Comisión, de dalos por bos e repartirllos ós alcaldes ou alcaldesas. Eso xa sucedeu nesta casa e non pasou nada, non pasou absolutamente nada. Polo tanto non parece, digamos é unha falta de respecto a esta Corporación e a este Pleno facer as cousas desta maneira porque non sería ningún problema, ningún problema que o que realmente, a decisión gorda que é a do reparto, pasara por Comisión ou incluso por Pleno. E por outro lado teñen unha mecánica francamente curiosa, porque nós aprobamos este Plan e rebotamos ó MAP, ese punto 8 do acordo, rebotamos ó MAP e ós Concellos, se a Deputación non ten ningunha responsabilidade nesto. Apróbao, mándao para alá e nada máis, parece ser. Porque din, "este plan considerarase definitivamente aprobado se trala análise polo MAP non se fixeran observacións ó mesmo". Pero se o MAP decide facer unha modificación nas obras, por causas imputables ós Concellos, se cae a obra e punto. Nós teremos algunha responsabilidade, teremos que dicirlle a un Concello "esa obra non é asumible" segundo os criterios aprobados polo MAP, cambia, agora, digo que será vinculante por un lado. E ¿que sucede se a obra é da Deputación?. Exerzamos un pouquiño, verdade, e non, exerzamos un pouquiño a nosa obriga de que se é un plan do Estado, con financiamento, e hai unhas normas, pois dicir se o Plan cumpre ou non cumpre as normas e se se cumpre pois haberá que facelo de maneira vinculante. Nin máis nin menos que nós lle estamos dicindo ós Concellos a obra que acaba de propoñer segundo ese reparto que non se aprobou neste Pleno, que van a aprobar agora a posteriori, se o Concello propuxo unha obra e agora resulta que o MAP lle di que esa obra non vale, o Concello se queda sen a obra e parece que ese é un trámite de absoluta rutina, que en principio pois teríamos que, digamos, dunha maneira vinculante, o Plan é único e polo tanto se esta Deputación lle dá o visto e prace a todo o Plan, se algo ten problemas, e senón pois digámoslle a un Concello que esa obra non está en condicións de metela e polo tanto que a substitúa, pero digámosllo nós antes e non esperemos a que o MAP nolo diga. Sr. Presidente.- Moitas gracias Sr. Mosquera. Ten a palabra o Sr. Figueroa. Sr. Figueroa Vila.- Si, boas tardes. Vou a ser moi breve porque eu creo que bueno, o Plan eu creo que é un Plan interesante onde se está falando de 6.700.000 Euros, para unha poboación, o reparto dos criterios da poboación 60 e superficie 40, e dicirlle, bueno, Sr. Muradas, que nós estabamos preocupados tamén por esa cuestión e proba diso non lle estou falando de memoria nin porque si, senón con datos e documentos. Nós lle remitimos en setembro do 2004 ó Sr. Delegado do INE a seguinte carta: "Ruego a usted tenga a bien facilitar al Portavoz de la Presidencia los siguientes datos: 1º, certificación o fotocopia compulsada del último Padrón de habitantes, población de derecho de los ayuntamientos de la provincia; 2, certificación o fotocopia compulsada de los habitantes de derecho del núcleo de población de la capitalidad de los ayuntamientos de más de 20.000 habitantes. Le encarezco la mayor diligencia en la entrega de estos datos que nos son imprescindibles para la elaboración de la planificación de la cooperación económica local". Firmado polo Presidente da Deputación. E a contestación é a seguinte: Pontevedra, octubre de 2004. Ilmo. Sr. Presidente da Excma. Deputación Provincial. En contestación a su escrito de solicitud de datos se adjuntan los siguientes: 1º, fotocopia compulsada de la publicación del INE, población de los municipios españoles, previsión del Padrón municipal a 1 de xaneiro del 2003, última vigente. 2, fotocopia compulsada de publicación electrónica del Padrón 2003, explotación estadística y nomenclátor A 1103 del núcleo de población capital de los ayuntamientos de más de 20.000 habitantes. Polo tanto esto son papeis oficiais, é dicir, a contestación nola fan eles, que a última vixente é a do ano 2003, esa é única e exclusivamente, e bueno, eu lle dou os datos e vostede se quere ten fotocopia, llas podemos dar, pódollas fotocopiar, pero non lle estou engañando é dicir, estou dando os datos tal cal se están producindo. Se abstén. Bueno. Polo tanto eu creo que bueno, con esa información, evidentemente nós confeccionamos con respecto ó Padrón 2003, que a nós nos sería exactamente igual facelo co do 2004, estamos facilitando cando se solicita o presuposto. E bueno, eu creo que non hai máis contestación porque está perfectamente claro a definición dos datos e dos repartos e polo tanto o noso grupo vai va votar a favor deste Plan. Sr. Presidente.- Bueno, eu engadir unha cousa ó que preguntaba neste caso o Sr. Muradas, que xa o acaba de reiterar o Sr. Figueroa, para a elaboración do presuposto nós temos que saber que cantidade se vai a incluír en cada un dos plans, polo tanto, para eso necesitamos saber a poboación nese momento, cando estamos coa elaboración dos plans. E ¿que quero dicir con esto?, que ¿cando aprobamos o presuposto nós? O aprobamos evidentemente no mes de decembro pero xa estabamos coa súa elaboración dende o mes de outubro, e nese mes de outubro é cando lle pedimos ó INE que nos mande os datos e aí sacaba de que a finais de outubro o INE nos manda os datos referidos ó ano 2003, polo tanto eso ten que ir, é unha relación, non é dicir fixémolo nós porque quixemos, fixémolo porque era necesario ese dato para neste caso a elaboración do presuposto. E creo que eso está perfectamente claro. Cédolle a palabra. Sr. Muradas Ramos.- Si, ese argumento Sr. Presidente no es válido en absoluto porque aquí lo que se está cuestionando es el reparto, la población de cada municipio no el total de la población de la provincia, eso no vale, no vale, el último censo vigente, vigente, es, insisto, de un Real Decreto, me parece que es el 2348, si la memoria no me falla, publicado el 30 de diciembre. En cualquier caso, en cualquier caso insisto que es un reparto proporcional, sencillito, que no tiene complejidad ninguna, que no tiene repercusión ninguna con la elaboración del presupuesto. Y eso que me acaba de enseñar el Sr. Figueroa pues nos refleja ni más ni menos que ustedes aún siguen trabajando con sistemas del siglo pasado, del siglo pasado, eso que me acaba de leer, fíjese como es que la petición del censo al INE, que antes no se publicaba, yo le recomiendo que usted entre en internet y que en la página www.ine.es y ustedes tienen ahí actualizado el último censo aprobado de cada municipio de la provincia, no tienen que pedirle nada al INE, y mucho menos, y mucho menos, o por lo menos si lo siguen haciendo, preocúpense de cambiar la petición, porque para que quieren ustedes los núcleos de población, ahora ya no se descuenta la capitalidad del municipio, o sea, aún no cambiaron el escrito de petición de datos que tenían del siglo pasado, aún no lo cambiaron, ya lo se que está ahí, yo lo que cuestiono es que se está aplicando una población que en este momento y para este año no es la vigente y la que es vigente es referida a 1º de xaneiro del 2004, tampoco estoy pidiendo ninguna cosa de otro mundo, o sea, ustedes entran en la página, y este reparto proporcional simplemente lo corrigen de acuerdo con la población que está aprobada, el último censo oficial, no el de octubre, usted me está enseñando datos de octubre del año pasado y ya está, y no pasa nada. Sr. Presidente.- Sr. Figueroa. Sr. Figueroa Vila.- Mire, nós empezamos a confeccionar o presuposto en setembro, é dicir, o 30 de decembro, que é cando vostede di que se dan os últimos datos, o presuposto está aprobado xa, está aprobado xa definitivamente, polo tanto hai unha cuestión clara, é dicir, home a Delegación Provincial do INE supoño que estará para algo, digo eu, porque senón, se non vale para dar esta información, eu creo que, ou sexa, se hai unha persoa responsable ó frente dese departamento e se lle solicita, e ademais se lle di claramente para o que é, porque se di, para a elaboración da planificación da cooperación económica local, se lle di claramente, non se lle está pedindo un dato porque si, o lóxico, bueno, se aí houbese esa persoa que vostede di que é tan hábil e tan moderna pois o lóxico sería que dixera, bueno, pois miren vostedes, se vai a publicar os datos estatísticos tal día, esperen vostedes a eses datos. Pero é que el nos contesta, nos contestan claramente e está firmado polo Delegado Provincial, eu non coñezo de nada a este señor, D. Alberto González Burdiel. ¿Que facemos nós entón?. Eu, bueno, vostede non quere entendelo, nós traballamos con esa honestidade e creo que o facemos coa mellor intención, non o fixemos con ningunha outra intención. Polo tanto os datos que tiñamos cando confeccionamos o presuposto eran estes. Sr. Presidente.- Sr. Muradas. Sr. Muradas Ramos.- O me explico mal, yo no estoy cuestionando su honestidad ni su buena voluntad, simplemente estoy cuestionando su sistema de trabajo, y la excusa de que se está elaborando el presupuesto no vale porque estamos hablando de repartir una cantidad, ustedes la cantidad la ponen en el presupuesto y luego se reparte, estamos cuestionando que la población sobre la que se hace no es la real, no es la que está oficialmente aprobada en este momento para el 2005. Sr. Presidente.- Pero, Sr. Muradas, cando estamos elaborando o presuposto municipal, ou provincial, perdón, temos que ter unha cantidade consignada para o Programa Operativo Local, nós temos que ter unha, temos que saber canto necesitamos para ese programa. Entón teríamos que ir a unha modificación de créditos xa agora, se houbera unha variación ou para arriba ou para abaixo da poboación, ou sexa, que nos está dando a razón, de que dalgunha maneira temos que aternos á información que consta nese momento porque nola acaba de mandar o INE, eu creo que ademais é unha discusión que non ten moito sentido porque a uns pódeos beneficiar e a outros prexudicar sensiblemente, porque é unha leve orientación, pero nós traballamos con ese documento porque dalgunha maneira é o que nos vale para facer o reparto agora, por eso digo que é o documento básico e fundamental, polo tanto procedemos neste caso á aprobación do Programa Operativo Local, Obxectivo 1, do ano 2005. Si. Sr. Mosquera Lorenzo.- E que se engañou no enunciado, estamos no catro e non no cinco. Sr. Presidente.- No catro, si, no catro, xa mo estaba dicindo o Secretario. Plan Provincial de Cooperación ás obras e servizos de competencia municipal e estradas do ano 2005. Sr. Muradas Ramos.- Cuestión de orden, por aquello de votar las cosas. Yo hice una enmienda que hay que votar. O sea, yo sospecho el resultado, pero, si es tan amable. Sr. Presidente.- Votamos entón a emenda do Sr. Muradas. ¿Votos en contra?. Grupo Popular. ¿Abstencións?. Bloque Nacionalista Galego. ¿A favor?. Grupo Socialista. Votamos o punto agora. ¿Votos en contra?. ¿Abstencións?. ¿A favor?. De conformidade co dictame da Comisión Informativa de Cooperación, o Pleno acorda por maioría de votos a favor do PP e coas abstencións do PSOE e do BNG, aprobar o Plan Provincial de Cooperación 2005, seguindo o RD 835/2003, de 27 de xuño, polo que se regula a cooperación económica do Estado ás inversións das entidades locais, conforme ás seguintes estipulacións: 1) O Plan Provincial de Cooperación para 2005, afectará a tódolos concellos da provincia con poboación inferior a 50.000 habitantes. 2) As obras incluídas no Plan seleccionáronse en base ás propostas formuladas polos concellos, adicadas fundamentalmente a cubrir os servizos básicos municipais, conforme prevé o artigo 26 a), da Lei 7/1985, e as normas do Ministerio de Administracións Públicas. 3) A distribución municipal cífrase en base a un módulo fixo e igual para tódolos concellos de TRINTA MIL EUROS (30.000,00), e outro proporcional por aplicación do índice medio deducido do número de habitantes de dereito e extensión territorial de cada termo municipal. A cantidade así obtida, co fin de que a achega do Estado non supere o 40%, repártese de tal sorte que sumadas as achegas da Deputación e do Estado fosen igual ó 70%. A parte destinada á rede viaria provincial polo Estado, increméntase cunha cantidade igual por parte da Deputación, a fin de que as obras se financien ó 50%, tal como establece o Real Decreto. 4) Desta maneira o financiamento total queda como segue: Achega do Estado 2.860.065,87 ¤ Achega da Deputación 2.340.053,78 ¤ Achega dos Concellos 1.560.036,68 ¤ Outras achegas 55.896,78 ¤ TOTAL 6.816.053,11 ¤ A cantidade que figura noutras achegas por importe total de 55.896,78 Euros, é debido a que é aportada a máis polos concellos seguintes: Arbo, 6.646,10 ¤; Cotobade, 281,80 ¤; Nigrán, 45.838,14 ¤ e Soutomaior, 3.130,74 ¤. As obras incluídas no Plan contémplanse no listado de ordenador adxunto. 5) Apróbase así mesmo o Plan de Actuacións Complementarias, facultándose á Presidencia a seleccionar os proxectos e propoñelos ó MAP, para suplir anulacións de obras ou aplicacións de remanentes por baixas. 6) A Deputación delega nos concellos a contratación, seguimento e xustificación das obras incluídas no Plan. Se por calquera causa algún concello non aceptara esta delegación, deberá ingresar na Tesourería Provincial a parte do financiamento que lle corresponda, no momento de serlle notificada a aprobación definitiva. 7) Seguiranse os trámites que prescribe a lexislación vixente en canto ás normas de exposición pública e participación ás Administracións interesadas. 8) Este Plan considerarase definitivamente aprobado se trala análise polo MAP non se fixeran observacións ó mesmo. Se se nos requirise para efectuar algunha modificación nas obras, por causas imputables ós concellos, que necesitasen acordo de rectificación do Pleno e conseguintemente nova exposición pública e informe da Subdelegación do Goberno e do Presidente da Comisión Provincial do Estado coas Corporacións Locais, estimarase anulada a obra, aplicando as economías como remanentes nas actuacións complementarias, neste caso, nun concello distinto ó que producise o remanente. ------ Folla: 5.5172.- PROGRAMA OPERATIVO LOCAL, OBXECTIVO 1, DO ANO 2005 Sr. Presidente.- Punto cinco. Programa Operativo Local, ano 2005. ¿Algunha intervención?. Sr. Mosquera. Sr. Mosquera Lorenzo.- Gracias Sr. Presidente. Bueno, estamos cos mesmos problemas do plan anterior, de que noutros anos, agravado neste caso por criterios de reparto dese premio de eficacia, e se aplica só ós de menos de 20.000 e cun mínimo se está premiando no reparto ós concellos máis pequenos. De todas maneiras igual que no anterior, fago por reproducidas o que xa dixen no anterior, pero un elemento máis que tratándose de fondos FEDER e demais, son, é francamente perigoso, que é o famoso punto cinco, que, "apróbase así mesmo o plan de actuacións complementarias, facultándose á Presidencia a seleccionar proxectos e propolos ó MAP, por anulación ou baixas". Esto é moi perigoso, ¿por que?, porque ningún concello vai actuar ou pode actuar coa suficiente claridade ou normalidade nunha cousa deste tipo. ¿Por que?, porque se saca a licitación a obra e ten unha baixa do 30%, como é por obra ese 30% pérdeo, revertería na Deputación, co cal é posible que os responsables políticos de alí tiraran das orellas por facelo mal, por facelo mal e por perder cartos, aínda que a obra a fixeran. E en segundo lugar unha discrecionalidade que despois o Presidente adxudica a obra dos posibles axustes de, houbo anos que houbo baixas e houbo axustes de financiamento á alza dunha maneira absolutamente discrecional. Eu non sei como poderían resolver esto, pero o que si está claro, todos sabemos despois o que pasa, que en fin, pois pasan cousas moi sorprendentes de que todas as obras estas pois saen a licitación practicamente sen baixas ou con melloras ou cun concurso extrañisimo ademais, que non pasou nada pero pode pasar en calquera momento. Dende logo só un vistazo a como vai a licitación de todas estas obras, calquera que estea na administración e vexa as baixas dalgunhas destas obras vamos lle cheira a can dunha maneira inmediata. Por agora non pasou nada, pero pode pasar. Deberían estudiar en cambiar o sistema dalgunha maneira porque por aí nos pode dar un disgusto e que os disgustos que está dando, que xa os houbo, no financiamento de Fondos FEDER e demais pode ser devolver se cadra unha boa atacada no momento. Cousa que agardo que non suceda e en todo caso que se miren medidas ou que se estudie como resolvelo para outros anos porque así non é, vamos nos podemos meter en problemas, conste que debe de ser unha práctica bastante xeralizada máis ou menos nesta Deputación, pero por aí ten o seu perigo. Sr. Presidente.- Moitas gracias. Sr. Muradas. Sr. Muradas Ramos.- Si, anunciar también la abstención de nuestro grupo en este punto, por la razón aducida en el punto anterior, de la aprobación, y además porque ese premio a la eficacia, bien es cierto que el MAP recomienda que ese premio se dirija preferentemente a los municipios de menos de 20.000 habitantes, no dice que sea en su totalidad, y se da la paradoja de que esa preferencia se convierte en la totalidad del premio en esos municipios que superan a los de más de 20.000 habitantes. Entonces por esas dos razones nos vamos a abstener también en este punto. Sr. Presidente.- Moitas gracias Sr. Muradas. Sr. Figueroa. Sr. Figueroa Vila.- Si, bueno, dicirlle ó Sr. Mosquera que como el sabe e ademais por experiencia, é dicir, estas obras ó ser cantidades non pequenas, pero non dunha contía elevada, evidentemente as baixas son menores que aquelas obras importantes e bueno contestarlle dicindo que seguro que se facemos o resumo ó final do ano das baixas que se producen as contías non son elevadas. E en canto ó Sr. Muradas xa me contestou el mesmo, é dicir, nós tivemos unha suxerencia do Ministerio de Administracións Públicas, firmada polo Director Xeral D. Manuel Zafra, onde nos di que os criterios de asignación ás entidades territoriais beneficiarias foron abordados na reunión do Comité de Seguimento de data de 24 de marzo de 2004, e que para o ámbito dos pequenos municipios se traduxeron nas seguintes orientacións: Asignación, elixirase preferentemente a reforzada medida 5 3, infraestructura e equipamentos colectivos en municipios menores de 20.000 habitantes. E nós seguindo esa recomendación porque consideramos que é importante tamén seguir as recomendacións do Ministerio porque despois eses premios tamén se producen por esas situacións á parte da eficacia e a eficiencia á hora de xestionalos e tamén por seguir as recomendacións que eles nos fan e polo tanto que favorecer ós concellos de menos de 20.000 habitantes pois é unha boa medida, unha medida solidaria, son os concellos seguramente que máis necesitan de infraestructuras e medios para saír adiante e polo tanto, bueno pois, ese foi o criterio que se adoptou dunha maneira especial sobre todo pola recomendación do Ministerio pero tamén crendo firmemente que é unha boa decisión política apoiar a eses concellos de menos de 20.000 habitantes. Sr. Presidente.- Moitas gracias Sr. Figueroa. Polo tanto creo que está perfectamente claro, e con toda a documentación da man pois podamos votar este punto. ¿Votos en contra?. ¿Abstencións?. ¿A favor?. De conformidade co dictame da Comisión Informativa de Cooperación o Pleno acorda por maioría de votos a favor do PP e coas abstencións do PSOE e do BNG, aprobar o Programa Operativo Local, Obxectivo 1, de 2005, seguindo o RD 835/2003, de 27 de xuño, polo que se regula a cooperación económica do Estado ás inversións das Entidades Locais, conforme ás seguintes estipulacións: 1.- O Programa Operativo Local para 2005, afectará a tódolos concellos da provincia, agás os que superen os 50.000 habitantes. 2.- As obras incluídas no Programa seleccionáronse en base ás propostas formuladas polos concellos, conforme as normas do Ministerio de Administracións Públicas. 3.- A parte adicada ós concellos atinxe ó 70% do Programa, distribuíndose en base a un módulo fixo e igual de 60.000,00 euros para cada un dos concellos, e outro medio proporcional ó 60% do número de habitantes de dereito, e o 40% da extensión territorial de cada termo municipal. Ós concellos que non acaden os 60.000¤ mínimos para un único proxecto, a Deputación achegaralle a diferenza para poder integrarse no Programa. O resto dedícase a rede viaria provincial. 4.- O financiamento total queda como segue: ADMINISTRACIÓN IMPORTE Administración Central (FEDER) 931.982,16 Administración Local (FEDER) 7.952.589,71 Administración Central 393.707,33 Deputación 2.293.666,67 Concellos 1.078.992,72 Gasto non elixible 29.158,72 TOTAL 12.680.097,31 Da inversión prevista, 3.054.614,24 euros corresponden á asignación obtida "da reserva de eficacia xeral ós resultados obtidos e ás normas de boa xestión financeira", notificada á Deputación a través do escrito do MAP de 2 de xuño de 2004, onde se di que dita asignación "dirixirase preferentemente a reforzar a medida 5.3 (Infraestructura e equipamentos colectivos con municipios menores de 20.000 habitantes)". O gasto non elixible de 29.158,72¤ corresponde ás achegas que se fan a máis polos concellos de: Mos e Nigrán que ascenden a 15.754,81¤, para as obras números: 487 e 490, e pola Deputación que aporta 13.403,91¤ para acadar o mínimo esixible polo programa na obra número 485 do Concello de Mondariz-Balneario. Achéganse listados mecanizados de ordenador co financiamento por medidas e proxectos. 5.- Apróbase así mesmo o Plan de Actuacións Complementarias, desglosado por medidas, facultándose á Presidencia a seleccionar os proxectos e propolos ó MAP, por anulacións de obras ou aplicación de remanentes por baixas. 6.- A Deputación delega nos concellos a contratación, seguimento e xustificación das obras incluídas no Programa. Se por calquera causa algún concello non aceptara esta delegación, deberá ingresar na Tesourería Provincial a parte do financiamento que lle corresponde no momento que lle sexa notificada a aprobación do Programa. 7.- Este Programa considerarase definitivamente aprobado se trala análise polo MAP non se fixeran observacións ó mesmo. Se se nos requirise para efectuar algunha modificación nas obras, por causas imputables ós concellos, que necesitasen acordo de rectificación do Pleno e conseguintemente nova exposición pública e informes da Subdelegación do Goberno e do Presidente da Comisión Provincial de Colaboración do Estado coas Corporacións Locais, estimarase anulada a obra, aplicando as economías como remanentes nas actuacións complementarias, neste caso, nun Concello distinto ó que producise o remanente. Polo Servizo de Intervención adecuarase o orzamento ó financiamento que se aproba. Seguiranse os trámites que prescribe a lexislación vixente. ------ Folla: 6.5173.- BASES REGULADORAS DO PROGRAMA DE ACCIÓN MUNICIPAL DO ANO [PAM] 2005 Sr. Presidente.- O punto número seis. Bases reguladoras do Programa de Acción Municipal do ano 2005.¿Algunha intervención?. Sr. Mosquera. Sr. Mosquera Lorenzo.- Bueno, estamos ante o Plan de Acción Municipal no que vai empeorando ano a ano, vai empeorando, sempre temos a mesma discusión, pero cada ano en vez de mellorar no sentido das, de darlle unha obxectividade e transparencia pois cada vez vai empeorando. Vai empeorando porque o 20% que se reserva a Presidencia para repartir, pois ó subir as cantidades dunha maneira elevada, estamos falando de máis de once millóns de euros, pois quedan unhas cantidades para repartir así sen ningún criterio pois francamente substanciosas, co cal se agrava. Pero seguen mantendo polo mesmo procedemento, como nestes plans hai acordado por vostedes e non aprobado nesta Corporación pero comunicado ós concellos, hai un baremo de 60-40, aquí pon preferentemente en base a extensión e poboación. Preferentemente e seguiremos co mesmo, xa o ano pasado tivemos unha discusión, non hai ningún problema que vaia ser, non me acordo o que dixeron, o que se lle ocorreu seguro, 50-50, 60-40, non se recolle nas bases, volverán a dicir o mesmo, imaxínome, non se recolle nas bases, non, e nada máis, co cal estamos ante unhas bases moi discutibles e que seguen, que seguen empeorando dunha maneira que non é de recibo. Nós dende logo ou se reduce o do 20%, vamos a contía na que está e se, vamos, e se poñen os criterios claros de reparto se non vamos a votar en contra. Sr. Presidente.- Sr. Muradas. Sr. Muradas Ramos.- Yo quisiera proponer que la base décimo tercera que habla expresamente que la aprobación generada referida a primero de xaneiro de 2003, ahora que no hay excusa de aprobación del presupuesto, sigo sin entender que tenía que ver, que se corrigen a las referidas a primero de xaneiro del 2004, porque es el vigente, es el censo oficial vigente, entonces yo creo que estamos a tiempo de corregir eso y que la aprobación de referencia sea la que está actualmente en vigor. Y concatenando con el punto anterior, como la palabra coincide que es la misma, la de recomendación del MAP, para repartir ese premio, preferentemente en los ayuntamientos menores de 20.000 habitantes, espero que sean tan exquisitos como y que interpreten igualmente la palabra preferentemente de estas bases y se reparta en proporción a población y superficie. Espero que esa exquisitez que tuvieron para la interpretación de la recomendación del MAP la tengan ahora para la interpretación de las bases que van a aprobar, nada más. Sr. Presidente.- Sr. Figueroa. Sr. Figueroa Vila.- Si, bueno, eu creo que dende o Goberno teño que dicirlle ó Presidente e ós compañeiros que vamos mellorando porque eu teño a costume de coller sempre as actas e lelas, dos Plenos anteriores similares ó ano pasado, e bueno, e os discursos do Sr. Mosquera llo digo co máximo, co máximo respecto, sen ánimo de criticalo, falaba do 20 % o mesmo que agora, falaba de Vigo e Pontevedra, bueno, a metade do discurso xa vamos mellorando porque agora Vigo ou Pontevedra xa están incluídos, polo tanto xa nos vamos aproximando ó que vostede quere, supoño que ó mellor ó terminar o mandato igual xa o discurso xa, xa non se produce, polo tanto, eu creo que estamos intentando que estes plans, en este en concreto de Acción Municipal, se vaian mellorando o tema da poboación e superficie, está no 50-50 para poboación e 50 para superficie. Estamos falando como dicía o Sr. Mosquera de 11.300.000, máis as cantidades destinadas a Vigo e Pontevedra que si xa están reflectidas no presuposto aprobado no mes de decembro. Polo tanto, para resumir, hai que pensar que estamos falando de 3 plans de apoio ós concellos, que estamos falando de 30.000.000 de Euros e que é unha cantidade importante para reparto e apoio de inversións na provincia e nos concellos, e que consideramos que é importante para que estes concellos que teñen problemas vaian saíndo adiante e pouco a pouco se vaian mellorando as infraestructuras de cada un deles que consideramos que é necesario e polo tanto o aprobar hoxe estes plans, pois significa que sigamos mellorando a calidade de vida de todos os cidadáns da provincia de Pontevedra. Sr. Presidente.- Moitas gracias Sr. Figueroa. Sr. Mosquera. Sr. Mosquera Lorenzo.- Si, haber, estamos lendo papeis distintos, supoño, porque, ¿onde está eso de 50 e 50?, aquí no expediente aparece preferentemente en proporción á poboación e extensión do Municipio, preferentemente, e se cambiaran aleluias, se cadra é que estamos imaxinando papeis distintos ou e que na súa imaxinación o que non está no papel está na imaxinación e se resolve doutra maneira. E dende logo o de Pontevedra e Vigo eu prefiro non falalo, prefiro non volver a centrar aquí o debate verdade, sobre, sobre o reparto e ben reparto que están facendo con respecto ás cidades e dentro das cidades e con respecto ó outro porque creo que non é obxecto deste plan agora, xa o falamos, cando foi o orzamento e teremos ocasión de falalo, de falalo máis veces, debíanse poñer como un pouco colorados do que están facendo, pero bueno, igual agora non é bo para poñerse colorados, xa un está colorado pola hora, entón deixámolo para outro momento, pero falaremos, non se preocupe. Sr. Presidente.- Bueno, eu creo que está perfectamente claro o que dixo o Sr. Figueroa, o que pasa é que, claro, os que están na oposición teñen que dicir que a cousa vai así, pero a verdade é que o ano pasado estábamos debatendo nestas mesmas datas o Plan de Acción Municipal e a súa crítica que figura nas actas do Pleno do ano pasado, figuraba pois unha recriminación importante, porque empeoramos, que pasará con Vigo e Pontevedra, non se sabía e tal, agora resulta que Vigo e Pontevedra, pois, xa teñen unha cantidade, estipulada, con criterio, con unha cantidade, creo que sumamente importante, oxalá fora máis, pero creo que unha cantidade sumamente importante, claro, e vostedes agora o discurso hai que buscalo por outro lado e temos que dicir outra cousa. Pero bueno, como onde hai papeis calan barbas, eu creo que é máis que suficiente os datos, e agora doulle a palabra xa, en relación, doulle a palabra ó Sr. Mosquera, pero en relación ó que dicía neste caso o Deputado Sr. Muradas, dicir que aquí pon polo INE ata a data do 01-01-03, entendo que neste sentido debe dicir 01-01-04, non, que é o que vostede pedía, eso nese caso non debe de haber problema porque é a data correcta, ou sexa, que eso polo tanto entendemos que debe ser ademais un erro de transcrición, non, haber. Sr. Muradas Ramos.- Es que esta situación es exactamente igual que las de los otros planes. Sr. Presidente.- Non. Sr. Muradas Ramos.- Es exactamente igual, es igual. Sr. Presidente.- Non. Sr. Muradas Ramos.- Es igual, igual, o sea los otros planes podían venir ahora igual que viene este en las bases, exactamente lo mismo, y podía venir ... Esto está puesto expresamente, o sea, usted acepta la modificación de esta cláusula, la décimo tercera, la que en vez de 01-01-03 ponga 01-01-04, no, me está diciendo eso. Sr. Presidente.- No que vostede di que debe ser un erro. Sr. Muradas Ramos.- No, no, no digo que sea un error, digo que no hay necesidad de que esa sea la población, que en este momento el censo aprobado es el referido a 01-01-04 y es lo que pido que en estas bases se ponga referido a 01-01-04. Sr. Presidente.- Pero vostede ten que estar de acordo comigo en que neste non vai variar a cantidade global pero nos outros si podería variar evidentemente a cantidade que tivese que poñer a Deputación, e polo tanto .. Sr. Muradas Ramos.- No, no, yo estoy hablando de la población de cada municipio, yo no estoy hablando de la cantidad global. Sr. Presidente.- No, pero a cantidade global me refiro á que ten que haber unha xustificación para a elaboración de algo como esto ten que haber unha xustificación e a xustificación básase na elaboración do presuposto. Nada máis. Sr. Muradas Ramos.- De eso ya me convenció, de ahí desisto porque me explico muy mal. Yo lo único que digo es que si ustedes aceptan modificar esta base décimo tercera y que a estos efectos a poboación dos concellos considerarase a facilitada polo INE á data do 01-01-04, que es la que está vigente. Sr. Presidente.- Vamos a ver, pero eu creo que neste momento, se dalgunha maneira todos os plans foron suxeitos sempre ó mesmo condicionante e se pediu a documentación en tempo e forma creo que se debe manter así, cara á anos próximos o que vostedes deben facer é que na elaboración dos presupostos terán que argumentar e dicir, non, nós queremos que dalgunha maneira a cantidade que fixa a Deputación para os distintos plans pois que se ateña á poboación do ano que está en curso que neste caso é o 2005. Pero, polo tanto, se todos os plans van na mesma dirección vamos a intentar mantelos así, cara a anos próximos cando esteamos coa elaboración dos presupostos terán que dicir, bueno, pois queremos que o reparto do diñeiro dos plans de Acción Municipal, Programa Operativo Local e Plan Provincial de Cooperación, se ateña á poboación referida ó ano que se executen as obras e analizaremos se eso é viable ou non e viable. Neste momento, todos, todos os plans, o Plan Provincial de Cooperación, o Programa Operativo Local e o Plan de Acción Municipal están todos referidos á mesma data e o que non é normal que esta Deputación pois para un poña unha data e para outro pois poña outra data distinta, haberá que intentar que todos coincidan na mesma data, digo eu, porque senón, dirán, non por que se ateñen a un e non a outra. Bueno, eu creo que esto está perfectamente claro. Sr. Mosquera. Sr. Mosquera Lorenzo.- Si, gracias Sr. Presidente. Mire, se o ano pasado estivemos falando de Pontevedra e Vigo foi por un motivo, porque estaba ou era, non sei se xa coñecido naquel momento, ía a ser, que ía haber cambio de alcaldía e polo tanto o que acordáramos de que Pontevedra e Vigo ía a ser 1-2 moito ... que se ía a romper, e así foi, e así foi, e os criterios de extensión e poboación non contan no reparto entre Pontevedra e Vigo, verdade, os nosos temores se confirmaron. Pois ese era outro debate que non quería metelo aquí pero se queren vostedes metelo pois métano. Pero, a maiores nos topamos coa sorpresa de que no POL, no PPC e no PAM, en todos, a Deputación delega nos concellos a contratación, seguimento e xustificacións das obras incluídas no programa menos a Pontevedra para Vigo, porque lle convén a Vigo, está claro, ou sexa, a nosa preocupación non é só, non é só, que estea, ou sexa que o dixéramos senón que está absolutamente demostrada cos feitos, está demostrada cos feitos. Entón usan o reparto como queiran, aí hai pouco escoitei ó Sr. Figueroa dicir, non, é que "os concellos pequenos son os que máis necesidade teñen". Pois claro, efectivamente, sexamos solidarios, pero entre Vigo e Pontevedra, Vigo ten mellor financiamento que Pontevedra. Por exemplo debíase aplicar o mesmo reparto, é dicir, aí un córtase, se están cambiando de criterio sempre en función do momento político e do que lle conveña e a nosa preocupación daquel momento está plasmada hoxe en feitos, está plasmada hoxe en feitos que están aí coas contas e demais en que o acordo era un convenio con Pontevedra e Vigo que fora Vigo o dobre que Pontevedra, e ó final quedou tres veces máis que Pontevedra, como corresponde que colleron vostedes a alcaldía, se non a colleran pois xustificarían vostedes o contrario sen ningún problema. Eso é tal, por eso a nosa preocupación naquel momento. Sr. Presidente.- Sr. Figueroa. Sr. Figueroa Vila.- Sr. Mosquera, eu, home, me gustaría que hoxe o Pleno fose tranquilo, pero vostede sabe perfectamente cal é a situación do que pasou este ano co diñeiro da Deputación no Concello de Pontevedra, que non foron capaces de xestionalo. É que eu non me gusta entrar neso porque vostedes saben que non me gusta, porque vostede sabe que non me gusta, e sobre todo, home, sendo colega seu gobernando creo que non é esta a cuestión, pero teño que dicilo, pero eu sabe vostede que se vostede non mo pon enriba da mesa non llo ía a sacar, pero claro, se vostedes non foron capaces de xestionalo ese foi o motivo, e sabe tamén, e a min me gusta ser riguroso, que hai un acordo con vostede que se xustifican esas obras, creo que habíamos quedado antes do 31 de marzo, deses 100.000.000 de pesetas, que a xestión van a facela vostedes, creo que acordamos eso, creo que si, non me deixa por mentireiro, creo que se vostedes xustifican eses 100.000.000 do ano pasado antes do 31 de marzo, hai un acordo que os proxectos do ano 2005, vannos a xestionar vostedes como queiran e se lle entregarán, se quedou así, e ademais hai un compromiso do Presidente para facer unha Resolución Presidencial para que así sexa. Nós á altura do ano pasado do presuposto xa estabamos gobernando na cidade de Vigo. E ademais hai unha cuestión á marxe de que quede perfectamente reflectido as cantidades eu se fago un repaso e creo que xa o fixen, e teño por aí, non o teño hoxe aquí comigo pero algún día se quere llo dou, en Vigo se facían inversións tamén importantes e considerables desta Deputación e no Concello de Pontevedra se ían facendo tamén inversións importantes. Polo tanto, home, eu creo que tanto Vigo como Pontevedra da Deputación nunca houbo unha queixa importante, é dicir, que agora estea conformado no presuposto, pois mellor que mellor, así non temos que estar pedindo continuamente. Sabemos que temos aí unhas cantidades, as distribuímos, facemos con elas o que consideramos máis oportuno, pero vostede sabe que tanto en Vigo como en Pontevedra, se facemos un reparto e facemos un estudio dos últimos dez anos desta Deputación, eu estou convencido que por habitante e por poboación, pois ó mellor se aproxima bastante ó que reciben os concellos pequenos, digo en proporción, por suposto non na cantidade global. Sr. Presidente.- Eu quixera engadir neste caso ó Sr. Mosquera, que eu creo que ese discurso xa non vende, primeiro, porque o Sr. Mosquera que leva moitos anos nesta casa, sabe que cos repartos anteriores Pontevedra levaba pouco máis de 50.000.000 millóns das antigas pesetas, creo se mal non recordo, que algo así como 58 e con ese convenio que firmamos o ano pasado pois vostedes pasaron a ter pois 100.000.000 das antigas pesetas, ou sexa incrementaron pois o dobre da cantidade que percibían. Polo tanto ese convenio non é malo, ou sexa, é tremendamente interesante do cal eu me alegro para Pontevedra. Segundo tema, eso estaba nun capítulo onde evidentemente tería que contratar a Deputación, como vostede sabe, vostede nos pediu que debería contratar o Concello, cambiamos do capítulo onde estaba e dixemos que o contrate o Concello. Resulta que no caso das obras de Vigo, as de Vigo que as contratou a Deputación porque quixeron que as contratara a Deputación, están practicamente todas na súa totalidade executadas. As de Pontevedra a día de hoxe, a día de hoxe non sei se se iniciou algunha pero creo que estaban a punto de adxudicalas ou as adxudicaron fai moi poucos días. Polo tanto, claro, con todos eses datos que lle estamos dando Sr. Mosquera, eu creo que non hai debate, ou sexa, a cousa está clara, ogallá, eu teño que pedir máis para Pontevedra, e sobre todo Teresa Pedrosa e todos os concelleiros de Pontevedra, pero creo que as melloras son tremendamente notables e polo tanto cada día que, e cada ano que pasa, pois vamos tendo en conta que, e Pontevedra necesita da colaboración e por eso temos en marcha moitas obras, como vostede ben sabe en estradas provinciais, etc., con esta cidade. Se algún día sacáramos realmente o que a Deputación de Pontevedra colabora coa cidade de Pontevedra, co municipio de Pontevedra, eu creo que son números tremendamente satisfactorios que quixeran todos os concellos en igualdade de condicións para si, pero creo que non se dan os casos, pero eu me alegro ademais que a capital da provincia pois teña ese trato preferencial que ten por parte da Deputación de Pontevedra. Por eso lle digo que eu creo que eso xa, como ademais é de todos coñecido, pois xa non vende, non hai discurso e creo que a realidade é máis que evidente. Sr. Muradas ¿pedía a palabra?. Si. Despois lle cedo tamén a palabra ó Sr. Mosquera. Sr. Muradas Ramos.- Seguís hablando de Pontevedra, Pontevedra, Vigo, poneis aquí como partido de vuelta y esas cosas. Yo quería insistir porque los argumentos no me convencen. O sea, decir que los otros planes no se pueden modificar con la población porque ya había que repartirlos con anterioridad al presupuesto y tal, vale. Decirme que ahora este tiene que ser igual a los anteriores no me vale. Este lo vamos aprobar ahora, lo vamos aprobar hoy. Yo referir la población al censo vigente no me parece ningún disparate. Si no tienen internet pues el INE, el señor ese que es tan amable con esta casa, el Delegado Provincial, la vez pasada le contesto en cuatro días a la petición. O sea, mañana usted le pone un escrito y tienen en esta casa el censo oficial de la provincia. No le veo el problema por ningún lado a que esta población sea la referida al censo actual, francamente no se lo veo. Tampoco veo lo que usted estaba diciendo ahora de que si los otros dan una población, o sea, que si los otros están mal vamos hacerlos todos mal. Sr. Presidente.- Non, mal non. Sr. Muradas Ramos.- Si, están mal, los planes del 2005 que tienen que ir con la población vigente. Sr. Presidente.- Non, mal non. Sr. Muradas Ramos.- Los otros van mal pues ahora vamos hacerlos todos mal. De acuerdo. Sr. Presidente.- Sr. Deputado, nós elaboramos un presuposto provincial e polo tanto traballamos con antelación suficiente e por eso entendemos, e ademais estamos, eu estou disposto con vostede a que nos presupostos do ano 2005, quero dicir do 2006, se elabore con tempo e se faga esa anotación que vostede pide para que nos próximos se teña en conta. Sr. Muradas Ramos.- Quiere seguir con la del 2003 toda la vida. Sr. Presidente.- Non, non. Sr. Muradas Ramos.- Claro, si para el año que viene, seguimos con la del 2003 toda la vida. Cuando uno se encariña con algo se encariña y ustedes están encariñados con esa información, pues denle para delante. Sr. Presidente.- Non, home non, nós queremos ... Sr. Muradas Ramos.- Le estoy diciendo que el censo, o sea, las bases dicen, dicen, digo por darle cumplimiento a las bases. Y espero e insisto que sean tan exquisitos con el término preferentemente igual que lo fueron con la recomendación del MAP para el reparto del premio. Si dicen que preferentemente se van a repartir entre población y superficie, pues cojan la población real, lo que está aprobado en este momento de aprobar, no ya en un censo que está obsoleto, que ya no es el vigente. Sr. Presidente.- É o que estaba vixente cando elaboramos o presuposto provincial. Sr. Muradas Ramos.- Bueno, desisto, yo de verdad que desisto de razonar con usted, de verdad, desisto. Sr. Presidente.- Claro, é o que tiñamos nese momento. Sr. Muradas Ramos.- Desisto, desisto. Sr. Mosquera Lorenzo.- Si, vamos a ver, eu é que dixen antes que non tiña ganas de certos debates agora aquí porque non queremos monopolizalos, pero dende logo están obsesionados con Pontevedra, foron vostedes ... Sr. Presidente.- Pero para ben. Sr. Mosquera Lorenzo.- Claro que si. Pero é que o malo é que as contradiccións son tan flagrantes que aquí, ou sexa, é encantador que falen porque cada un que fala a vai arranxando. Ou sexa o Sr. Figueroa nos di que a Pontevedra e Vigo lle están dando grandes cantidades e que se segue na mesma liña polo tanto agora non hai ningún trato a favor para Vigo e Pontevedra tampouco, faltaría máis. E logo vén o Presidente por atrás a dicir, non, é que Pontevedra leva o dobre. Non é verdade nin unha cousa nin outra, está nun termino medio, Pontevedra está levando unha media arredor duns 80 millóns, o Presidente colle o ano que menos levou e eu podo coller o ano que máis levou e pasou dos 100, e bueno, depende do ... Sr. Presidente.- Non, nunca. Sr. Mosquera Lorenzo.- Si, si, si. O ano que se comprou o ... bueno é igual. Sr. Presidente.- Sr. Mosquera, digamos a verdade sempre. Sr. Mosquera Lorenzo.- É igual, si, claro, pero o problema mire vostede, actualice o que vai no PAM, claro é que non é igual un PAM de 6 millóns que de 12, se o actualiza pois probablemente pois tivéramos nas cifras anteriores, ou sexa, actualizadas, o que vén agora por riba dos 100. Bueno, vamos a deixar de discutir eso e demais. Pero digo, un di unha cousa e outro di a contraria. Pero a min paréceme fantástico o argumento de que non están xustificadas, e ¿se lle aplica ó resto dos concellos?. Non. Soamente se lle aplica a Pontevedra, é fantástico. Quedamos, quedamos en que a proporción ía ser 1-2, ó final durou exactamente ata que vostedes tiveron a alcaldía en Vigo que non houbo a proporción 1-2. E agora xa, o que xa nos deleita, o que nos acaba de dicir o Sr. Figueroa, o que dixo o Sr. Figueroa no Pleno dos orzamentos que ratificou o Sr. Presidente era que se o Concello de Pontevedra tiña o proxecto listo para licitar en marzo, que entón se pasaba, agora o que dixo non foi eso, igual é pola hora. Dixo se estaban xustificadas as do ano pasado en marzo, cousa que é imposible. Sr. Presidente.- Non, non. Sr. Mosquera Lorenzo.- O que acaba de dicir foi eso. Sr. Presidente.- Bueno, pois, ben, pero matizo agora. Sr. Mosquera Lorenzo.- Non, non, se matiza, se mantén o compromiso xa está. E a verdade, non teño gana de falar máis porque a verdade o asunto está moi claro, ou sexa, están pegando unha varrida para Vigo prexudicando ó Concello, non digo obras dentro de Pontevedra, ó Concello de Pontevedra todo o que poden. Bueno, alá vostedes co uso das institucións da maneira que fan. Ben, eu creo que está suficientemente claro, non hai moitas máis voltas que dar. Sr. Presidente.- Sr. Figueroa. Sr. Figueroa Vila.- Non, se non, se ten razón o Sr. Mosquera, se dixen outra cousa me trabuquei eu, é dicir, eu recoñezo que non hai ningún problema, o acordo é que se vostedes antes do 31 de marzo adxudican as obras, ten toda a razón vostede, se dixen outra cousa pois. Sr. Presidente.- Non, eu creo que quedou moi claro o que dixo vostede e o ratifiquei eu. Sr. Figueroa Vila.- Bueno, eu non teño ningún problema home. Sr. Presidente.- Non, pero Sr. Mosquera, vamos a ver, vamos a ver, hai máis evidencias que comproban o mesmo, onte, vostede no nos acompañou pero me acompañou a alcaldesa accidental de Pontevedra, fomos a visitar unhas obras por importe de case 300 millóns das antigas pesetas, onde a Deputación puxo 65 e o Concello 35, aproximadamente. Esas obras van a moi bo ritmo, é certo que coa colaboración do Concello. Pero eso é un exemplo máis de como se xestiona nesta casa e como se xestiona noutras. Esas obras probablemente foron adxudicadas, pois non quero mal recordar, pero case ó final do ano pasado, non eran esas obras do convenio senón que eran doutro convenio a maiores, e dentro de dous, tres meses, xa van a estar practicamente rematadas ou incluso antes. Polo tanto, digo unha vez máis que dende aquí se está xestionando ben, vostede supoño que quere que as obras do Concello de Pontevedra se xestionen ben e se fagan o antes posible para que as disfruten os cidadáns, supoño que ese é o seu interese. Polo tanto a Deputación de Pontevedra unha vez máis pon exemplo das súas actuacións e claro vostedes, pois lle demos o diñeiro se mal non recordo, no mes de marzo, no mes de marzo, e sacáronnos a licitación no mes de decembro, máis ou menos, ou sexa, votaron pois dez meses para sacalas a licitación. Polo tanto, claro, dez meses de retraso na licitación das obras, mailo tempo que leva executalas, pois eu creo que é unha demora tremendamente importante que non se xustifica. Por eso que, eu creo que está máis que debatido pero, ¿quere falar?. Sr. Mosquera Lorenzo.- Pero é que, é que de verdade, deixe de falar. Mire o convenio este das obras que foi ver, enténdeme, meteuse no orzamento con nomes e apelidos de abril do 2003, 2003, tardaron ano e medio en adxudicalas. Sr. Presidente.- Non, non. Sr. Mosquera Lorenzo.- Hai non, que va, están, míreo, está na modificación dos orzamentos da Deputación no ano 2003, con nomes e apelidos para o convenio co Concello de Pontevedra. E é un tempo razoable, eu non lle vou criticar por eso. E non digamos as de Montecelo, as de Montecelo aínda non acabaron agora e levan cinco anos con elas, cinco. Sr. Presidente.- ¿Como non acabaron?. Sr. Mosquera Lorenzo.- Bueno home, se acabaron, daquela maneira. Ben, se acabaron, foi onte. Cinco anos levou a obra. Sr. Presidente.- Pero Sr. Mosquera, se non se terminaron sería porque o terreo, o Concello de Pontevedra tiña que xestionar os terreos e agora nos encontramos que nalgún caso pois non hai xestionados os terreos ó día de hoxe. Sr. Mosquera Lorenzo.- Mire, deixemos o asunto. Deixámolo. Sr. Presidente.- Vamos a votar entón. Votamos entón a emenda que propoñía o Sr. Muradas. ¿Votos en contra?. Porque é a mesma circunstancia da anterior. Partido Popular. ¿Abstencións?. Bloque Nacionalista Galego. ¿A favor?. PSOE. Votamos o punto. Que era o punto número 6. Bases reguladoras do Programa de Acción Municipal do ano 2005. ¿Votos en contra? ¿Abstencións?. ¿A favor?. De conformidade co dictame da Comisión Informativa de Cooperación, o Pleno acorda por maioría de votos a favor do PP, cos votos en contra do BNG e coas abstencións do PSOE, aprobar as Bases reguladoras do Programa de Acción Municipal do ano 2005 e que son as seguintes: BASES REGULADORAS DO PROGRAMA DE ACCIÓN MUNICIPAL DO ANO 2005 A Excma. Deputación Provincial de Pontevedra, no uso das facultades que lle confiren os artigos 36 da Lei 7/85, de 2 de abril, e 30 do RDL 781/86, de 18 de abril, acorda establecer e facer público o seguinte Plan de Acción Municipal para o exercicio 2005. O seu financiamento e réxime acomodaranse ó disposto nestas B A S E S Disposicións Xerais PRIMEIRA.- O Plan por importe de once millóns trescentos mil euros (11.300.000,00), financiarase con cargo ó consignado no orzamento de 2005 nas partidas 911.911.462.00 e 911.911.762.45. En todo caso as economías producidas por baixas na contratación utilizaranse para subvencionar novas obras e servizos. SEGUNDA.- O obxectivo das obras que se acollan ás subvencións deste Programa de Acción Municipal será asegurar a prestación integral e adecuada dos Servizos de competencia municipal, dirixido a tódolos concellos da provincia con poboación inferior a 50.000 habitantes. TERCEIRA.- Incumbe ós concellos: . Solicitar as obras ou actividades que desexan realizar. . A tramitación dos respectivos expedientes. . A execución e conservación das obras e a realización das actividades que se acollan a este programa. CUARTA.- Os concellos interesados presentarán solicitude expresa por cada unha das obras ou actividades que se pretendan executar acolléndose ó Plan. A dita solicitude acompañaranse inexcusablemente os seguintes documentos: . Instancia subscrita polo Sr. Alcalde. . Proxecto ou memoria e orzamento. . Informe do Sr. Alcalde de se obtivo ou solicitou calquera outra axuda ou subvención para a mesma obra ou actividade. . Resolución ou certificación do acordo do órgano competente do Concello polo que se determine a obra ou actividade e solicite a subvención para a súa realización. No caso de obras concretarase como mínimo, na súa denominación, o tipo de actuación e a súa localización a nivel de núcleo. QUINTA.- As subvencións suxeitas á presente convocatoria deberán solicitarse dende o momento da súa publicación no Boletín Oficial da Provincia durante trinta días naturais. Ditas solicitudes axustaranse ó modelo que se adxunta ás Bases. SEXTA.- Unha vez dictado o acordo ou resolución de concesión da subvención non se admitirá o cambio de aplicación da mesma se non se solicita antes do 31 de marzo de 2006, sempre que existan razóns excepcionais que o aconsellen e así o decida o Presidente ou Deputado en quen delegue, ou no seu caso a Xunta de Goberno, e se poida realizar a nova obra no prazo de execución que teña establecido a obra precedente. Non se admitirán cambios de aplicación das subvencións concedidas para actividades. SÉTIMA.- As obras serán contratadas na súa totalidade orzamentaria nun só acto e a un só adxudicatario, segundo a solicitude formulada, e deberán ser executadas despois do 1 de xaneiro do presente exercicio e xustificadas antes do 31 de outubro de 2006. OITAVA.- Poderá prorrogarse o prazo de xustificación cando existan razóns excepcionais debidamente acreditadas polo concello, sempre que se solicite antes da data máxima prevista para a súa xustificación, e así o decida a Xunta de Goberno, Presidente ou Deputado delegado. NOVENA.- En canto á competencia para a concesión destas subvencións estarase ó disposto nas Bases de Execución do Orzamento Provincial, previo informe da Comisión correspondente, salvo razóns de urxencia en que poderán concederse dándose conta posteriormente á Comisión. Co fin de atender imprevistos ou accións que non admitan demora, a Presidencia poderá dispor de ata un 20% do crédito total deste Programa, destinado a calquera tipo de Entidade Local fóra dos prazos sinalados, sen necesidade do informe previo anterior. Sección: Inversións DÉCIMA.- Poderán acollerse a este Programa calquera das inversións previstas nos arti
Área de documentación
Existencia e localización de copias Enlace para escoitar o audio da sesión do Pleno
Ãrea de notas
Nota