Fondos
2005-04-27_Ordinaria. Acta de sesión 2005/04/27_Ordinaria
Acta de sesión 2005/04/27_Ordinaria
Área de identificación
Código(s) de referencia ES.GA.36038.ADPO.1.1.3.3.33.365/2.2005-04-27_Ordinaria
Título Acta de sesión 2005/04/27_Ordinaria
Data(s) 2005-04-27 (Creación)
Volume e soporte 1 acta de sesión
Área de contexto
Institución arquivística Arquivo Deputación de Pontevedra
Área de contido e estrutura
Alcance e contido Folla: Da sesión ordinaria en primeira convocatoria, celebrada polo Pleno desta Excma. Deputación o día, 27 de abril de 2005 No Salón de sesións da Excma. Deputación Provincial de Pontevedra, sendo as once horas e catorce minutos do día vinte e sete de abril do ano dous mil cinco, baixo a Presidencia do Ilmo. Sr. Presidente D. Rafael Louzán Abal, reuníronse as/os Señoras/es Deputadas/os, D. Xosé Antón Araujo Quintas, Dona Nidia María Arévalo Gómez, D. Ramón Campos Durán, Dona Francisca Canal Gómez, D. José Costa Díaz, D. Xosé Crespo Iglesias, D. José Juan Durán Hermida, D. Antonio Feliciano Fernández Rocha, D. José Manuel Figueroa Vila, D. Emilio González Iglesias, D. Efrén Juanes Rodríguez, D. José Antonio Landín Eirín, D. José Antonio Lorenzo Rodríguez, Dona Clara Millán González, D. Xosé Cesáreo Mosquera Lorenzo, D. Constante Juan Muradas Ramos, D. Manuel Núñez Sestelo, D. Xosé Carlos Pazos Docampo, Dona María Teresa Pedrosa Silva, D. Juan Manuel Rey Rey, D. Alfredo Rodríguez Millares, D. Rodrigo Santiago Novas, Dona Belén Sío Lourido, D. José Enrique Sotelo Villar, D. Xabier Toba Girón e D. Jesús Vázquez Almuíña, co obxecto de celebrar sesión ordinaria da Deputación en Pleno, en primeira convocatoria, consonte á correspondente orde do día. Da fé do acto o Secretario Accidental, D. Carlos Cuadrado Romay, e está presente o Sr. Interventor Accidental, D. Antonio Graña Gómez. Declarada aberta a sesión e de orde da Presidencia éntrase seguidamente no exame da orde do día, adoptándose en relación coa mesma os seguintes acordos: Sr. Presidente.- Bos días a todos, compañeiros dos medios de comunicación. ------ Folla: 2.5212.- BASES DE AXUDAS A ASOCIACIÓNS DE COLECTIVOS ENMARCADOS NO ÁMBITO DE SERVIZOS ESPECIALIZADOS (ANO 2005) Sr. Presidente.- Punto número dous. Bases de axudas a asociacións de colectivos enmarcados no ámbito de servizos especializados (ano 2005). Sr. Mosquera. Sr. Mosquera Lorenzo.- Moi bos días. Gracias Sr. Presidente. A intervención ímola facer para o punto dous e tres conxuntamente. Vamos, é evidente lendo as bases e xa sen entrar en certos sesgos con respecto ás finalidades que serían moi discutibles, pois que non se adapta á Lei de Subvencións, como así o fai explícito o informe de Intervención, dicindo que o punto 7 onde hai, vamos, un simulacro de obxectivos ou de preferencias á hora de conceder as subvencións habería que explicitalos e dar un baremo claro e definido e non o que está recollido, que é "as axudas concederanse preferentemente, leo textualmente, a contía das axudas virá determinada fundamentalmente polos seguintes factores, o número de horas, a intensidade do curso e a realización de prácticas en empresas", sen saber cal vai ser o precedente ou non, ou que peso van ter ou se vai haber outros factores. Polo tanto non podemos votar a favor destas bases, ímonos abster e pediríamos que para outros anos se corrixiran este tipo de ambigüidades que deixan unha marxe de discrecionalidade francamente inapropiada, cando se está falando de axudas con cartos públicos, en concorrencia cuns obxectivos que deben estar claramente fixados e baremados. Sr. Presidente.- Moitas gracias. A ver se os problemas técnicos nos deixan seguir. Ten a palabra neste caso a Deputada Sra. Arévalo. Sra. Arévalo Gómez.- Moi bos días. Bueno, en contestación aquí á intervención do Sr. Mosquera, teño que dicirlle que me dá bastante pena que me diga esto cando o seu grupo tivo a oportunidade, coma todos os anos, de cerca de un mes e medio, de revisar as bases e de dicirnos todo aquilo que considerase que as ía a enriquecer ou ben quitándollo ou engadíndollo. A resposta pois coma todos os anos foi de que non recibimos ningunha suxerencia por parte do seu grupo e teño que dicirlle que son as bases que sempre se presentaron aquí, que participan todas as asociacións da provincia, de que son unhas axudas pois eu creo que importantes, para o seu desenvolvemento como asociación e de que por suposto que nós entendemos de que hai que subvencionar en base ó número de horas, porque non é o mesmo pois o que poida dar de si un curso de 50 horas que un curso de 200. Pero en si o que si lle insisto é que vostede tivo oportunidade de facernos suxerencias e non o fixo. Gracias. Sr. Presidente.- Moitas gracias Sra. Arévalo. Sr. Mosquera. Sr. Mosquera Lorenzo.- Gracias Sr. Presidente. Mire, é bastante desafortunada a intervención, primeiro porque o cumprimento da Lei non é cuestión de suxerencias senón ou non, primeira cuestión, e polo tanto esto non se adapta, claramente e como así o advirte incluso a Intervención, é evidente advertira ou non advertira. E segunda cuestión, dende logo podemos facer todas as suxerencias que se queiran pero a verdade é que estamos un pelín aburridos de facer as que fagan falta, fagan suxerencias para que o caso que fagan sexa exactamente caso omiso, e estas bases, fixéronse suxerencias para bases anteriores, bases doutros programas e sempre é o mesmo, sempre é a mesma música, vostedes teñen decidido deixar esto o máis aberto posible para ter o máximo de discrecionalidade cando non arbitrariedade, e polo tanto pois a decisión a teñen tomada e punto, senón non é só que este grupo o teña feito en todas as bases senón que incluso llo fai a mesma Intervención e aínda así non as corrixen, ou sexa, que é evidente que hai unha decisión política e non me veñan con estas historias de suxerencias e demais porque temos feito e a fago agora, ou sexa, retíreas que non pasa nada por un mes e modifíquea se quere. Se houbera esa vontade política puideron corrixilas cando viron o informe de Intervención e poden corrixilas agora no Pleno sen ningún problema. Evidentemente, non están dispostos, se están dispostos retírenas tanto a dúas como a tres e para o próximo Pleno traen unha proposta como lle dicimos nós e que se adapte á Lei de Subvencións e que obxectivos, baremos, para conceder as subvencións. Sr. Presidente.- Moitas gracias Sr. Mosquera. Sra. Arévalo. Sra. Arévalo Gómez.- Si, bueno, eu vou a insistirlle no mesmo, que me veña a dicir aquí de que está aburrido de facer suxerencias, eu quería mirar a primeira, tanto para asociacións de mulleres coma para servizos sociais especializados, que son as que veñen hoxe aquí. Eu quería, de verdade estaría encantada de ter un montón de suxerencias de vostedes pero non as teño nin o meu grupo as ten, nin servizos sociais as ten. Polo tanto lle insisto de que as bases son as de todos os anos e sempre se lles dá a oportunidade a vostedes de que digan o que cren que se debería cambiar e o discurso sempre é o mesmo na Comisión non din nada, non a revisan nunca e plasman aquí o discurso de todos os anos. E lles digo que son unhas bases pois importantes para o desenvolvemento de moitas asociacións e así se van a manter. Sr. Presidente.- Moitas gracias. Bueno, insistindo na mesma liña eu penso que é un tema de moito calado e de moita importancia e polo tanto entendemos que deben saír adiante e polo tanto así o propoñemos para a súa votación. Polo tanto votación do punto número 2, bases de axudas a asociacións de colectivos enmarcados no ámbito de servizos especializados-ano 2005. ¿Votos en contra?. ¿Abstencións?.¿A favor?. Partido Popular e Partido Socialista. A Deputación Provincial de Pontevedra, consciente dos problemas de tipo socio educativo e formativo da poboación en xeral, pero especialmente daquela máis desfavorecida convoca para o ano 2005 axudas destinadas a subvencionar actividades desenvoltas por asociacións sen fins de lucro que representen a colectivos que estean incluídos no ámbito dos Servizos Sociais Especializados (Lei 4/1993 de 14 de abril), e que vaian dirixidas basicamente á formación dos referidos colectivos de cara á súa integración social e laboral, e á vista dos informes emitidos o 11 e 29 de marzo de 2005, polo Sr. Secretario Xeral Accidental e o Sr. Interventor en funcións, respectivamente e con arranxo ó dictame favorable da Comisión Informativa de Benestar Social e Muller, acórdase por maioría, cos votos a favor do PP e do PSOE e coa abstención do BNG, aprobar as Bases de axudas para asociacións sen fins de lucro que representen a colectivos que estean incluídos no ámbito dos Servizos Sociais Especializados, ano 2005, polo importe de 200.000 euros con cargo á Partida 05/313-313-480.02 do vixente Orzamento Provincial, con arranxo ó clausulado que figura nas mesmas. Ditas Bases son como segue: BASES DE AXUDAS PARA ASOCIACIÓNS SEN FINS DE LUCRO QUE REPRESENTEN A COLECTIVOS QUE ESTEAN INCLUÍDOS NO ÁMBITO DOS SERVIZOS SOCIAIS ESPECIALIZADOS. ANO 2005. A Excma. Deputación Provincial de Pontevedra, consciente dos problemas de tipo socio educativo e formativo da poboación en xeral pero especialmente daquela máis desfavorecida, convoca para o ano 2005 axudas destinadas a subvencionar actividades desenvoltas por Asociacións sen fins de lucro que representen a colectivos que estean incluídos no ámbito dos Servizos Sociais Especializados (Lei 4/1993 de 14 de abril), e que vaian dirixidas basicamente á formación de cara á súa integración social e/ou laboral, segundo as seguintes CLÁUSULAS PRIMEIRA.- Actividades a subvencionar. Por tratarse de subvencións destinadas a gastos correntes, soamente poderán ser financiadas as actividades que se desenvolvan no ano 2005, promovidas por Asociacións sen fins de lucro que representen a colectivos incluídos no ámbito dos Servizos Sociais Especializados e que estean comprendidas nalgún dos apartados seguintes: 1. De carácter socio educativo e formativo: a) Organización de cursos para os afectados. b) Organización de Congresos específicos para os colectivos afectados. c) Organización de Xornadas informativas ou divulgativas. 2. Para a posta en marcha de fórmulas de emprego, como cooperativas ou outras formas de integración no mercado laboral. 3. Estudios de investigación a nivel socioeducativo, sociosanitario, sociofamiliar, sociolaboral, etc., e divulgación sobre temas específicos dos colectivos afectados. 4. Para Federacións de Asociacións as actividades a subvencionar serán: a) Organización de xornadas informativas ou divulgativas de carácter supramunicipal. b) Congresos. c) Estudios de investigación a nivel socioeducativo, sociosanitario, sociofamiliar, sociolaboral, etc. e divulgación, sobre temas específicos dos colectivos afectados. d) Cursos de carácter supramunicipal. Para a realización das actividades ou como parte complementaria ó desenvolvemento das mesmas a Deputación ofrece o uso das instalacións do Centro da Lanzada en datas que estean libres, subvencionándoas, incluída a pernocta, ó 100%. A manutención sería a cargo dos interesados. Na contía da axuda, no caso de que fose aprobada, farase constar a parte correspondente á actividade e a destinada ó pago das instalacións, contía esta que a Asociación aboará directamente ó Centro da Lanzada ó finalizar a realización da actividade. Quedan excluídas as solicitudes dirixidas ó pago dos locais e gastos de mantemento destes cando sexan a sede habitual da Asociación. Excepto no caso de Asociacións de persoas maiores, non se subvencionarán aquelas actividades socio educativas ou formativas que forman parte da actividade xeral da Asociación ó longo do ano. SEGUNDA. Financiamento A contía consignada para este fin na Partida 05/313.313.480.02 do Orzamento ordinario da Deputación Provincial ascende a 200.000 ¤, contía que representa o máximo de obrigas que se poden adquirir con cargo a esta convocatoria de axudas, mentres non se amplíe o crédito da partida. TERCEIRA. Requisitos. 1. Nin a Asociación nin a súa representante legal poden atoparse incursas en ningún dos supostos de prohibición para recibir subvencións previstos no artigo 13 da Lei 38/2003, de 17 de novembro, Xeral de Subvencións. 2. As Asociacións desenvolverán a súa actividade na Provincia de Pontevedra e deberán estar debidamente recoñecidas ou inscritas como tales na Xunta. 3. Cada Asociación só poderá presentar un proxecto que ha de conter cada un dos apartados que se sinalan no "Anexo 1". No caso de que presente varios, a Deputación elixirá o máis viable segundo as bases da convocatoria. 4. No caso de elixir un curso formativo como actividade a desenvolver, este irá dirixido a un só grupo de persoas. 5. No caso das Federacións axustaranse á Cláusula 1ª punto 4. 6. Consideraranse cursos aquelas actividades formativas dirixidas a un grupo estable de persoas, como norma xeral non superior a 15, que realizarán as horas que a Asociación fai constar no proxecto do curso 7. Só se subvencionarán cursos a partir de 40 horas 8. No caso da posta en marcha de fórmulas de emprego teranse en conta o número de traballadoras que se contraten, grao de dificultade na súa inserción laboral e demanda do recurso. 9. Cando se trate de estudios de investigación unha copia quedará nos arquivos da Deputación, podendo ser utilizados os datos recollidos no mesmo. 10. En toda publicidade que se elabore deberase facer constar a colaboración da Deputación, Área de Acción Social. 11. Na realización dos cursos, a partir de 300 horas a contía da axuda non se verá incrementada. CUARTA. Concesións. 1. Non se concederán axudas a aquelas asociacións que non tiveran a 31 de marzo xustificada ou rexeitada por escrito, a actividade (ou actividades) subvencionada pola Deputación en anos anteriores. 2. A concesión de subvencións realizarase polo réxime de concorrencia competitiva, correspondéndollela instrucción ó Servizo de Acción Social e a adxudicación á Xunta de Goberno, previo informe da Comisión Informativa de Benestar Social e Muller. 3. O prazo máximo para resolver e notificar a resolución do procedemento será de seis meses dende a publicación da convocatoria, non podendo ampliarse dito prazo ó teor do artigo 42.2 da Lei 30/92 e artigo 25.4 da Lei 38/2003. Contra a Resolución, que esgota a vía administrativa, poderá interporse recurso de reposición no prazo dun mes perante a Xunta de Goberno, ou Contencioso-Administrativo no prazo de dous meses perante o Xulgado correspondente de Pontevedra, segundo dispoñen os artigos 116 e 117 da Lei 4/1999 de 13 de xaneiro de modificación da Lei 30/92 de 26 de novembro e artigo 46 da Lei 29/98 de 23 de xullo do Contencioso-Administrativo. Transcorrido o prazo citado sen notificarse a resolución da solicitude entenderase desestimada por silencio administrativo. QUINTA. Documentación. As solicitudes, no modelo oficial adxunto, presentaranse no Rexistro da Deputación Provincial, ou nos rexistros e lugares ós que fai referencia o artigo 38 da LRJAP e PAC, debidamente cumprimentadas e acompañadas dos seguintes documentos: 1. Proxecto da actividade no que consten os epígrafes do "ANEXO 1" 2. Fotocopia do DNI do representante legal da Asociación e acreditación do seu cargo a través dunha certificación do secretario da entidade ou fotocopia compulsada da acta na que se recolla a composición do órgano de dirección. 3. CIF da Asociación. 4. As Asociacións que soliciten axudas para por en marcha algunha fórmula de emprego deberán presentar memoria explicativa da viabilidade técnica, económica e financeira do proxecto empresarial feito polo/a Técnico/a Local de Emprego. No caso de non contar o Concello con este poderá ser presentado polos Técnicos da Deputación. 5. Copia da aprobación da adaptación de estatutos da Asociación á L.O. 1/2002 de 22 de marzo (regulamento do Rexistro Nacional de Asociacións) expedida pola Delegación Provincial da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais. No seu defecto copia da solicitude da adaptación de estatutos presentada en dita Delegación. De non cumprirse ditos requisitos poderán ser subsanados segundo o disposto no artigo 71 da Lei 30/1992 de 26 de novembro de Procedemento Administrativo, modificada pola Lei 4/1999, de 13 de xaneiro concedéndose, a teor do indicado precepto legal, un prazo de 10 días para que se repare a falta ou acompañe os documentos preceptivos con indicación de que si así non o fixera, entenderase que rexeita a petición. SEXTA. Prazos. O prazo de presentación de solicitudes será de trinta días hábiles a partir do día seguinte ó da publicación das Bases no BOP. SÉTIMA. Contía. Sempre que haxa solicitudes que reúnan os requisitos esixidos na presente convocatoria, concederanse axudas ata que se esgote o orzamento. 1. Contías máximas a subvencionar: a) Para proxectos de carácter preventivo: 2.100 euros. Para proxectos de carácter conducente á integración social e/ou laboral dos colectivos afectados: 4.425 euros. Excepcionalmente e dentro desta contía, poderán atenderse actividades de carácter asistencial, ata 600 euros, sempre e cando estas sexan complementarias para o desenvolvemento do proxecto de formación. b) Para a celebración de Congresos: 3.600 euros. c) Para a posta en marcha dalgunha fórmula de emprego: 7.200 euros. A axuda terá como fin a adquisición de material específico non inventariable para o desenvolvemento práctico da actividade empresarial, a formación que posibilite a autoxestión da fórmula e os gastos de persoal. d) Para estudios de investigación: 4.425 euros. e) Para cursos de carácter supramunicipal: 4.425 euros. f) Para organización de xornadas informativas ou divulgativas de carácter supramunicipal: 3.600 euros. 2. A contía das axudas para a realización de cursos virá determinada fundamentalmente por os seguintes factores: a) O número de horas do curso. b) A intensidade do mesmo (nº de horas por semana). c) A realización de prácticas laborais en empresas. A reducción do número de horas do curso unha vez aprobada a axuda pola Deputación, levará consigo a reducción da axuda segundo baremo establecido para a determinación da contía da subvención. En ningún caso a contía de axudas recibidas por tódolos conceptos poderá superar o custo total da actividade. OITAVA. Pagamento e xustificación. As Asociacións ás que se lles conceda unha subvención quedan obrigadas a xustificar a actividade de acordo co establecido no artigo 30 da Lei 38/03 Xeral de Subvencións nos tres meses seguintes á súa realización, e en todo caso por motivos xustificados antes do 15 de decembro de 2005 salvo situacións excepcionais de prórroga, tendo que presentar os seguintes documentos: 1. Xustificación do cumprimento da finalidade para a que se concedeu a axuda ou subvención: a) Memoria explicativa da actividade indicando a súa repercusión social e si se cumpriron os obxectivos propostos. No caso da realización de cursos a memoria debe recoller ademais o nome do proxecto, descrición do curso, nº de horas impartidas, prácticas laborais e espectativas laborais do alumnado, nome e DNI do monitor, relación de participantes e DNI. b) Xustificación das obrigas impostas (difusión da axuda, etc.) 2. Xustificación de gastos: a) Conta xustificativa de gastos (detalle dos gastos por conceptos, sinalando por cada un deles prezos unitarios e prezo total do concepto). b) Xustificación dos gastos con facturas ou documentos con valor probatorio no ámbito mercantil e administrativo. c) Declaración responsable de que os gastos que figuran na conta se aplicaron á finalidade subvencionada. 3. Xustificación dos ingresos: a) Conta xustificativa de ingresos (detalle por entidades, organismos, particulares, etc.) b) Recursos propios utilizados. c) Declaración responsable de que os ingresos ou recursos alleos non superan o custo ou gasto da actividade, proxecto, etc., subvencionado. 4. Certificación de datos bancarios. Cando a actividade consista na celebración de Cursos, Xornadas ou Congresos os conferenciantes ou monitores que pertenzan á Asociación demandante da axuda, non poderán percibir ningunha remuneración con cargo á subvención que outorga a Deputación 1. Facturas, recibos e demais documentos fidedignos que reúnan os requisitos legais segundo o RD 1496/03 de 28 de novembro, sobre confección de facturas e recibos. 2. Memoria da mesma ou estudio realizado debidamente asinado e selado. 3. No caso da realización de cursos a memoria debe recoller como mínimo os datos seguintes: Nome do proxecto realizado, nome e DNI do monitor que impartiu o curso, nº de horas deste e distribución das mesmas, relación de participantes e DNI, descripción do curso, prácticas laborais e espectativas laborais do alumnado. 4. Relación de axudas públicas e/ou privadas solicitadas, concedidas ou pendentes de resolución para desenvolvemento do proxecto que se presenta, facendo constar o custo total da actividade realizada. 5. Certificación de datos bancarios. Cando a actividade consista na celebración de Cursos, Xornadas ou Congresos os conferenciantes ou monitores que pertenzan á Asociación demandante de axuda, non poderán percibir ningunha remuneración con cargo á subvención que outorga a Deputación. NOVENA. Reintegro. No caso de non cumprir total ou parcialmente o obxectivo, modificar a finalidade para a que foi concedida a subvención sen ter recibida autorización expresa para iso ou incumprir algunha das cláusulas fixadas na presente Convocatoria, o beneficiario deberá reintegrar a cantidade percibida á Deputación. Infraccións e sancións. Aplicaranse as establecidas nos artigos 52 e seguintes da Lei 38/2003 de 17 de novembro, Xeral de Subvencións. DÉCIMA. Control. Os beneficiarios someteranse ás actuacións de control financeiro que leve a cabo a Deputación Provincial e ás previstas na lexislación do Consello de Contas, tendo que facilitar toda a información que lles sexa requirida. DÉCIMO PRIMEIRA. Dereito Supletorio. En todo o que non prevexan as presentes bases, estarase ó disposto na Lei 38/03, Xeral de Subvencións. ------ Folla: 3.5213.- BASES DE AXUDAS A ASOCIACIÓNS DE MULLERES SEN FINS DE LUCRO (ANO 2005) Sr. Presidente.- Terceiro punto. Bases de axudas a asociacións de mulleres sen fins de lucro (ano 2005). Se non hai intervencións procedemos tamén á súa votación. ¿Votos en contra?. ¿Abstencións?. ¿A favor?. A Excma. Deputación Provincial de Pontevedra, consciente do papel a desenvolver pola muller na sociedade actual e en consideración ás dificultades coas que conta para o acceso e promoción dentro do mundo laboral convoca para o ano 2005 axudas destinadas a subvencionar actividades desenvoltas por Asociacións de Mulleres ou por aquelas outras que conten con departamentos ou vocalías da muller e así o acrediten, todas elas sen fins de lucro, dirixidas basicamente á formación de mulleres cara a súa integración no mundo laboral, e á vista dos informes emitidos o 11 e 29 de marzo de 2005, polo Sr. Secretario Xeral Accidental e o Sr. Interventor en funcións, respectivamente e con arranxo ó dictame favorable da Comisión Informativa de Benestar Social e Muller, acórdase por maioría, cos votos a favor do PP e do PSOE e coa abstención do BNG, aprobar as Bases de axudas para asociacións de mulleres sen fins de lucro, ano 2005, polo importe de 165.000 euros con cargo á Partida 05/313-313-480.02 do vixente Orzamento Provincial, con arranxo ó clausulado que figura nas mesmas. Ditas bases son como segue: BASES DE AXUDAS PARA ASOCIACIÓNS DE MULLERES SEN FINS DE LUCRO, ANO 2005 A Excma. Deputación Provincial de Pontevedra, consciente do papel a desenvolver pola muller na sociedade actual e en consideración ás dificultades coas que conta para o acceso e promoción dentro do mundo laboral convoca para o ano 2005 axudas destinadas a subvencionar actividades desenvoltas por Asociacións de Mulleres ou por aquelas outras que conten con departamentos ou vocalías da muller e así o acrediten, todas elas sen fins de lucro, dirixidas basicamente á formación de cara á súa integración no mundo laboral, segundo as seguintes C L Á U S U L A S PRIMEIRA.- Actividades a subvencionar. Por tratarse de subvencións destinadas a gastos correntes, soamente poderán ser financiadas as actividades que se desenvolvan durante o ano 2005 e que estean enmarcadas nalgún dos apartados seguintes: 1. De carácter formativo: a través da organización de cursos que poidan facilitar o acceso das alumnas ó mundo laboral. 2. Para a posta en marcha de fórmulas de emprego, como cooperativas ou outras formas de integración no mercado laboral. 3. Estudios de investigación e divulgación sobre temas específicos da muller 4. Para Federacións de Asociacións as actividades a subvencionar serán: a. Organización de xornadas de carácter supramunicipal. b. Congresos. c. Estudios de investigación sobre temas específicos da muller. Quedan excluídas aquelas solicitudes dirixidas ó pago dos locais e gastos de mantemento destes cando sexan a sede habitual da Asociación, así como tamén as dirixidas ó desenvolvemento da actividade xeral da Asociación ó longo do ano. SEGUNDA.- Financiamento. A contía consignada para a realización de actividades promovidas por ditas Asociacións ascende a 165.000,00 euros cantidade que representa o máximo de obrigas que se pode adquirir con cargo a este programa de axudas, mentres non se amplíe o crédito da Partida 05/313.313.480.02 do Orzamento ordinario da Deputación Provincial. TERCEIRA.- Requisitos. 1. Nin a Asociación nin a súa representante legal poden atoparse incursas en ningún dos supostos de prohibición para recibir as subvencións previstas no artigo 13 da Lei 38/2003, de 17 de novembro, Xeral de Subvencións. 2. As Asociacións desenvolverán a súa actividade na Provincia de Pontevedra e terán que estar recoñecidas na Xunta. 3. Cada Asociación, só poderá presentar un Proxecto que ha de conter cada un dos apartados que se sinalan no "Anexo 1". No caso de que presente varios, a Deputación elixirá o máis viable segundo as bases da convocatoria. 4. No caso de elixir un curso formativo como actividade a desenvolver, este irá dirixido a un só grupo de mulleres. 5. No caso das Federacións axustaranse á Cláusula 1ª punto 4. 6. Consideraranse cursos aquelas actividades formativas dirixidas a un grupo estable de mulleres, como norma xeral non superior a 15, que realizarán as horas que a Asociación fai constar no proxecto do curso. 7. Só se subvencionarán cursos a partir de 40 horas de duración . 8. No caso da posta en marcha de fórmulas de emprego teranse en conta o número de traballadoras que se contraten, o grao de dificultade na súa inserción laboral e a demanda do recurso. 9. Cando se trate de estudios de investigación unha copia quedará nos arquivos da Deputación, podendo ser utilizados os datos recollidos no mesmo. 10. En toda publicidade que se elabore deberase facer constar a colaboración da Deputación, Área de Acción Social. 11. Na realización dos cursos, a partir de 300 horas a contía da axuda non se verá incrementada. CUARTA.- Concesións. 1. Non se concederán axudas a aquelas asociacións que non tiveran a 31 de marzo xustificada ou rexeitada por escrito, a actividade (ou actividades) subvencionada pola Deputación en anos anteriores. 2. A concesión de subvencións realizarase polo réxime de concorrencia competitiva, correspondéndolle a instrución ó Servizo de Acción Social e a adxudicación á Xunta de Goberno, previo informe da Comisión Informativa de Benestar Social e Muller. 3. O prazo máximo para resolver e notificar a resolución do procedemento será de seis meses dende a publicación da convocatoria, non podendo ampliarse ó teor do artigo 42.2 da Lei 30/1992 de Procedemento Administrativo e artigo 25.4 da Lei 38/2003 Xeral de Subvencións. Contra a Resolución, que esgota a vía administrativa, poderá interporse recurso de reposición no prazo dun mes perante a Xunta de Goberno, ou contencioso-administrativo no prazo de dous meses perante o Xulgado correspondente de Pontevedra, segundo dispoñen os artigos 116 e 117 da Lei 4/1999 de 13 de xaneiro de modificación da Lei 30/92 de 26 de novembro e artigo 46 da Lei 29/98 de 23 de xullo do Contencioso-Administrativo. Transcorrido o prazo citado sen notificarse a resolución da solicitude entenderase desestimada por silencio administrativo. QUINTA.- Documentación. As solicitudes, no modelo oficial adxunto, presentaranse no Rexistro da Deputación Provincial ou nos rexistros e lugares ós que fai referencia o artigo 38 da LRJAP e PAC, debidamente cumprimentadas e acompañadas dos seguintes documentos: 1. Proxecto da actividade no que consten os epígrafes do "Anexo 1" . 2. Fotocopia do DNI da representante legal da Asociación e acreditación do seu cargo a través dunha certificación da secretaria da entidade ou fotocopia compulsada da acta na que se recolla a composición do órgano de dirección. 3. CIF da Asociación. 4. No caso de que non sexa unha Asociación de Mulleres e sexa a primeira vez que presenta unha solicitude, achegar certificación conforme ten constituída a Vocalía da Muller. 5. As Asociacións que soliciten axudas para por en marcha algunha fórmula de emprego deberán presentar memoria explicativa da viabilidade técnica, económica e financeira do proxecto empresarial feito polo/a Técnico/a Local de Emprego. No caso de non contar o Concello con este poderá ser redactado polos Técnicos da Deputación. 6. Copia da aprobación da adaptación dos estatutos da Asociación á LO 1/2002 de 22 de marzo (regulamento do Rexistro Nacional de Asociacións) expedida pola Delegación Provincial da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais. No seu defecto, copia da solicitude da adaptación de estatutos presentada en dita Delegación 7. Declaración xurada da secretaria da Asociación de que nin esta nin a súa representante legal se atopan incursas en ningún dos supostos de prohibición para recibir subvencións previstos no artigo 13 da Lei 38/2003, de 17 de novembro, Xeral de Subvencións. De non cumprirse ditos requisitos poderán ser subsanados segundo o disposto no artigo 71 da Lei 30/1992 de Procedemento Administrativo, modificada pola Lei 4/1999 de 13 de xaneiro, concedéndose a teor do indicado precepto legal, un prazo de 10 días para que se repare a falta ou acompañe os documentos preceptivos con indicación de que si así non o fixera, entenderase que rexeita a petición. SEXTA.- Prazos. O prazo de presentación de solicitudes será de trinta días naturais a partires do día seguinte ó da publicación das Bases no BOP SÉTIMA.- Contía. Sempre que haxa solicitudes que reunan os requisitos esixidos na presente convocatoria, concederanse axudas ata que se esgote o orzamento. 1. Contías máximas a subvencionar: a) Para a realización de cursos: 4.425 euros. b) Para a posta en marcha dalgunha fórmula de emprego: 7.200 euros. Esta axuda terá como fin a adquisición de material específico non inventariable para o desenvolvemento práctico da actividade empresarial, a formación que posibilite a autoxestión da fórmula e os gastos de persoal. c) Para estudios de investigación: 4.425 euros. d) Para a celebración de Congresos: 3.600 euros (valorables en función do número de xornadas de traballo e contidos). e) Para a organización de xornadas de carácter supramunicipal: 3.600 euros. 2. A contía das axudas para a realización de cursos virá determinada fundamentalmente polos seguintes factores: a) O número de horas do curso. b) A intensidade do curso (número de horas por semana). c) A realización de prácticas laborais en empresas. A reducción do número de horas do curso unha vez aprobada a axuda pola Deputación, levará consigo a reducción da mesma segundo baremo establecido para a determinación da contía da subvención. En ningún caso a contía de axudas recibidas por tódolos conceptos poderá superar o custo total da actividade. OITAVA.- Xustificación e pagamento. As Asociacións ás que se lles conceda unha subvención quedan obrigadas a xustificar a actividade, de conformidade co previsto no artigo 30 da Lei 38/2003 Xeral de Subvencións, nos tres meses seguintes a súa realización, e en todo caso, por motivos xustificados, antes do 15 de decembro de 2005 salvo situacións excepcionais de prórroga. Os documentos a presentar serán os seguintes: 1. Xustificación do cumprimento da finalidade para a que se concedeu a axuda ou subvención: a) Memoria explicativa da actividade indicando a súa repercusión social e si se cumpriron os obxectivos propostos. No caso da realización de cursos a memoria debe recoller ademais o nome do proxecto, descrición do curso, nº de horas impartidas, prácticas laborais e espectativas laborais do alumnado, nome e DNI do monitor, relación de participantes e DNI. b) Xustificación das obrigas impostas (difusión da axuda, etc.) 2. Xustificación de gastos: a) Conta xustificativa de gastos (detalle dos gastos por conceptos, sinalando por cada un deles prezos unitarios e prezo total do concepto). b) Xustificación dos gastos con facturas ou documentos con valor probatorio no ámbito mercantil e administrativo. c) Declaración responsable de que os gastos que figuran na conta se aplicaron á finalidade subvencionada. 5. Xustificación dos ingresos: a) Conta xustificativa de ingresos (detalle por entidades, organismos, particulares, etc.) b) Recursos propios utilizados. c) Declaración responsable de que os ingresos ou recursos alleos non superan o custe ou gasto da actividade, proxecto, etc., subvencionado. 4. Certificación de datos bancarios. Cando a actividade consista na celebración de Cursos, Xornadas ou Congresos os conferenciantes ou monitores que pertenzan á Asociación demandante da axuda, non poderán percibir ningunha remuneración con cargo á subvención que outorga a Deputación. NOVENA.- Reintegro. No caso de non cumprir total ou parcialmente o obxectivo, modificar a finalidade para a que foi concedida a subvención sen ter recibida autorización expresa para iso ou incumprir algunha das Cláusulas da presente Convocatoria, o beneficiario reintegrará a contía concedida, sempre que non transcorran catro anos dende a súa concesión. Infracción e sancións. Aplicaranse as establecidas nos artigos 52 e seguintes da Lei 38/2003 de 17 de novembro, Xeral de Subvencións. DÉCIMA.- Control. Os beneficiarios someteranse ás actuacións de control financeiro que efectúe a Deputación Provincial e ás previstas na lexislación do Consello de Contas, tendo que facilitar toda a información que lles sexa requirida. DÉCIMO PRIMEIRA.- Dereito Supletorio. En todo o que non prevexan as presentes Bases estarase ó disposto na Lei 38/2003 Xeral de Subvencións. ------ Folla: 4.5214.- RESOLUCIÓN DOS RECURSOS DE REPOSICIÓN INTERPOSTOS FRONTE Ó ACORDO PLENARIO DE 25-01-2005 SOBRE RESOLUCIÓN DE ALEGACIÓNS Ó PROXECTO "EP VILALONGA-FIANTEIRA (SANXENXO)" Sr. Presidente.- Punto número catro da orde do día. Resolución dos recursos de reposición interpostos fronte ó acordo plenario de 25-01-2005 sobre Resolución de alegacións ó proxecto "EP Vilalonga-Fianteira (Sanxenxo)". Como non hai intervencións polo tanto procedemos á súa votación. ¿Votos en contra?. ¿Abstencións?. ¿A favor?. Acordándose polo Pleno desta Deputación Provincial, en sesión celebrada o 30-06-2004, a aprobación inicial do proxecto "EP Vilalonga-Fianteira (Sanxenxo)", con orzamento para coñecemento da administración de 38.811,39 euros, desagregado en orzamento de execución por contrata por importe de 29.713,12 euros, e capítulo de expropiacións por importe de 9.098,27 euros, así como o acordo de exposición pública do proxecto, a declaración de utilidade pública da obra e a solicitude á Xunta de Galicia da declaración de urxente ocupación dos bens e dereitos afectados. Acordándose no Pleno de 25-01-05 a resolución ás alegacións presentadas durante o período de exposición pública do proxecto, así como a aprobación definitiva do mesmo e da relación de bens e propietarios afectados. Interpoñéndose, con data 23 de marzo de 2005, sendos recursos de reposición por D. Moisés Enríquez Amado e por Dona María Dolores Prieto Vidal, respectivamente, fronte ó acordo plenario de 25-01-05. Á vista dos informes emitidos polo Enxeñeiro Técnico Xefe da Zona Norte, o 6 de abril de 2005, e co fin de dar continuidade ó expediente administrativo desta obra, o Pleno ACORDA por unanimidade: A.- Desestimar o recurso de reposición interposto por D. Moisés Enríquez Amado, fronte ó acordo plenario de 25-01-2005, en base ás seguintes razóns: 1.- En canto á modificación do trazado, que solicita D. Moisés Enríquez Amado, non é posible, dado que o mesmo é conforme co Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Sanxenxo. 2.- En canto á advertencia, que realiza o alegante, da existencia dun pozo de auga que abastece a súa vivenda e que podería verse afectado pola expropiación, comprobarase tal advertencia in situ, no momento do levantamento de actas previas á ocupación. 3.- En canto á oposición á valoración efectuada por esta Administración, esta será tida en conta no trámite procedimental oportuno, a saber, na fase de xustiprezo. B.- 1. Estimar parcialmente o recurso de reposición interposto por Dona María Dolores Prieto Vidal, fronte ó acordo plenario de 25-01-2005, en canto á advertencia que realiza a recorrente, da existencia dun hórreo da súa propiedade e que debido á expropiación de parte do terreo, quedaría emprazado no medio da calzada, no sentido de proceder, con cargo á obra, á retirada e nova ubicación do referido hórreo. 2. Desestimar o resto de alegacións da recorrente, en base ós seguintes fundamentos: a) En canto á modificación do trazado, que solicita Dona María Dolores Prieto Vidal, non é posible, dado que o mesmo é conforme co Plan Xeral de Ordenación municipal do Concello de Sanxenxo. b) En canto á oposición á valoración efectuada por esta Administración, esta será tida en conta no trámite procedimental oportuno, a saber, na fase de xustiprezo. ------ Folla: 5.5215.-EXPEDIENTE DE MODIFICACIÓN DE CRÉDITOS NÚMERO 1/2005 Sr. Presidente.- Punto número 5. Expediente de modificación de créditos número 1/2005. Sr. Mosquera. Sr. Mosquera Lorenzo.- Perdón polo retraso, pero supuxemos que un expediente deste calado que son pois nove millóns e medio de euros pois ía a ter algún tipo de explicación e xustificación por parte da ponencia, como non é así pois entramos no asunto. Ben, eu á parte de que unha modificación de créditos corresponde ó grupo de goberno e corresponde á súa filosofía, pois neste caso cremos que é un indicativo moi claro do seu enfoque do que é o goberno provincial, á parte de que haxa un número elevadísimo, centos de modificacións, creo que as máis significativas son moi relevantes e indican moi ás claras por onde vai a política desta institución. Antes de nada destacar que veñen cento vinte é unha, a cifra non é baladí, cento vinte e unha partidas para recoñecemento extraxudicial de crédito. Ben, evidentemente vostedes nos dirán que nos miles ou centos de miles de partidas ou facturas que ó cabo do ano xestiona esta institución pois cento vinte e un non é unha cifra moi elevada e á parte incluso a partida en moitos casos é relativamente reducida, cuestión coa que estaríamos de acordo se non fora pola súa habitual demagoxia de que cando están nalgunha institución na oposición pois cando vai algo en recoñecemento extraxudicial poñen o grito no ceo coma se fora un pecado mortal ou practicamente un delito. Digo que conste e que quede claro a súa dobre virtude ou dobre comportamento, cando este número non o vin nunca en ningunha institución, bueno, si, nesta, nesta hai anos. Ben, non vamos a incidir máis no asunto senón recalcar fundamentalmente a súa dobre lectura e o que parece que aquí é razoable e xustificable se mete, e o será por outro lado, parece que cando se está na oposición pois é pecado mortal e motivo de alboroto e de alaraca. Ben, despois xa, politicamente en canto ás decisións da maioría do gasto que se está comprometendo, eu creo que é absolutamente relevante que estando dotado no orzamento en principio dunha maneira correcta, moi similar a outros anos pois agora se nos descolguen con que nin máis nin menos que tres millóns de euros se van á famosa partida 511.511.210, ou sexa, traducido en infraestructuras e bens materiais, ou sexa, traducido en formas vulgares, bicho chapapote, variado e vario pinto do capítulo 2. Ben, é dicir, bueno pois tamén é necesario, xa vemos cal é a resposta e en vez de facer outro tipo de política, pois ciscar chapapote en período electoral. Pero, contrasta vivamente esta decisión súa de incorporar unha cifra moi elevada, de feito é que haxa terceira parte de toda esta incorporación de remanentes cando sen embargo teñen un compromiso asinado coa Universidade, un protocolo asinado de que ían aportar cartos, estamos aquí, incluso estes días foi obxecto de polémica o financiamento da Universidade, o financiamento da Escola de Enfermería, etc., teñen un Protocolo asinado, asinado pola Presidencia desta institución, e resulta que aí non meten nin un euro, nin un euro. E hai, hai, estamos falando de 9.500.000 de euros de remanentes, polo tanto non é problema de que a dificultade é que non haxa que o hai, agora vostedes clarisimamente prefiren engordar ata o parosismo, ata sen límite, pois a política de chapapote, e ves que algún día haberá que poñelo no capítulo 4º porque realmente se é un gasto corrente e se fan uns bens que non son desta Deputación, e que a maioría se fai en pistas municipais, ás veces incluso veciñais, terá que ser no capítulo 4º, non no 2, pero ó que ía, engordando ata o parosismo este tipo de partidas, poderíamos aceptar que igual é necesario aumentar non nestas cantidades, e mentres tanto hai cartos absolutamente para todos, fundamentalmente para partidas deste tipo e non as hai para a Universidade ou para outro tipo de fins, outro tipo de fins e esta Deputación historicamente si estivo comprometida con colaborar, con, vamos, na provincia de Pontevedra estiveran ben dotadas e a educación pública estivera cada vez mellor e a un nivel digno, e se prioriza dunha maneira descarada este tipo de partidas. Comprenderá que nós non compartimos en absoluto esa política e polo tanto vamos a votar claramente en contra desa modificación. Sr. Presidente.- Moitas gracias Sr. Mosquera. Ten a palabra o Sr. González. Sr. González Iglesias.- Si, bos días, vamos a ver. Estamos ante un expediente que son 9.400.000 euros aproximadamente, un expediente que realmente es una cantidad importante, a los cuatro meses de aprobar el presupuesto estamos hablando de una cantidad muy importante. Hay una parte del expediente que nos alegra que lo hagan así, es decir, nosotros veníamos históricamente, veníamos diciendo en todos los expedientes que cuando se trata de reincorporación de remanentes lo lógico sería hacer un plan específico para algo, dotar los planes que tengan, que ya tenían previstos en presupuesto, hasta ahora no lo venían haciendo así, aquí aparece un plan para infraestructuras deportivas con 3.000.000 de euros, perfecto, nos parece muy bien, pero las dos terceras partes del expediente sigue siendo pues el expediente típico de esta casa. Yo calculo o estoy convencido que parte de este expediente lo estaban haciendo ustedes con miras electorales de octubre y les cogieron con el pié cambiado con lo cuál hay esa parte de pichi y demás que no les va a dar demasiado tiempo, pero bueno, no pasa nada, los avatares de la política son así y a veces cogen a uno con el pié cambiado, que se le va a hacer. De todas formas, ya le digo, independientemente que nos parece bien en el tema de infraestructuras deportivas, en el resto no estamos de acuerdo, votamos en contra del presupuesto y lógicamente tenemos que votar en contra de este expediente. Nada más. Sr. Presidente.- Moitas gracias Sr. González. Dicirlle que como o Partido Socialista e máis o BNG pediran eleccións anticipadas pois aí as teñen. Sr. Figueroa. Sr. Figueroa Vila.- Si. Bos días. Tráese a aprobación un expediente de modificación de crédito por un importe de nove millóns de euros aproximadamente. E bueno, eu me alegro do discurso que acaban de facer, primeiro porque mo poñen bastante ben para contestarlles, primeiro, din que é un expediente habitual noutros anos, se é habitual noutros anos é difícil que nos colla co pé cambiado, porque quere dicir que seguimos coa mesma tónica, e entón polo tanto Sr. González eu creo que ese discurso non vale, non nos colleu co pé cambiado, a nós nos colleu co pé dando o salto perfectamente correspondente, sabíamos perfectamente o que tiñamos que facer, o que temos que facer, e eu creo que están á marxe dunhas eleccións porque nestes temas se vén traballando e dende hai anos. Aquí hai temas importantes como poden ser axudas a parques comarcais, tanto do Morrazo coma do Porriño, hai axudas a concellos tamén gobernados por vostede dunha forma específica, é dicir, non hai discriminación nin sectarismo, é dicir, todo o contrario, é dicir, hai cantidades para concellos do BNG e do Partido Socialista e tamén do Partido Popular, e ó mesmo tempo tamén nós seguimos defendendo a política social de proximidade, do que teñen que facer os concellos, eu creo que está nun debate destas últimas semanas do que é o municipalismo, esa carta de victoria que tanto o Partido Socialista como o Partido Popular estamos defendendo, onde se lle dá un realce especial e o protagonismo ós municipios. E que máis protagonismo lle podemos dar ós municipios que as beirarrúas, os camiños, e os viais estean en mellores condicións. Nós que somos dun municipio, eu son dun municipio urbano pero cun rural importante, unha das demandas máis importantes que plantexan os veciños e os colectivos é o arranxo de beirarrúas e viais, eu creo que a ningún dos que estamos aquí que pertencemos a concellos se nos escapa que esa é unha reivindicación. Se vostede fai unha enquisa, seguramente unha das prioridades que ten a maior parte do rural da provincia de Pontevedra e de Galicia é a defensa de beirarrúas e viais, polo tanto eu creo que estamos na política acertada. ¿Que facemos os gobernantes?, escoitar ós cidadáns e priorizar en base ó que nos piden. ¿Que é o que nos piden maioritariamente os concellos e os veciños?. Beirarrúas, viais, arranxo de camiños que están en malas condicións, polo tanto creo que política acertada. Segunda cuestión. Apoios a parques comarcais de bombeiros, creo que se está facendo. E a terceira, e claro, eu me alegro de que polo menos o Partido Socialista mencione, o Sr. Mosquera nin a mencionou, pois facer un plan de instalacións deportivas con 30 campos de herba sintética de 12.000.000 de euros eu lle podo dicir que é o proxecto máis ambicioso que se fixo nesta provincia nos últimos anos. Eu creo que eso é incuestionable, que todos os concellos e todos os nenos e nenas desta provincia están pedindo instalacións deportivas non nos poden negar vostedes que é así, polo tanto ó mellor no segundo posto ou no terceiro de peticións que teñen os propios concellos son instalacións deportivas, ¿por que?, mire, porque, e non é demagoxia, é dicir, eu creo que cada día os nenos e nenas da nosa provincia necesitan instalacións acordes para que poidan disfrutar de tempo de lecer, de ocio e a nivel deportivo. Se vostede fai unha análise dos campos de fútbol que temos na provincia que son preto de 250 ou de 260, a maior parte deles están en moi malas condicións. ¿Que creamos con esta construcción de 30 novos campos de fútbol de herba sintética?. Bueno, pois mire, ó mellor unha instalación de fútbol a poden utilizar diariamente pois uns cen ou cento vinte rapaces todos os días, eso significa multiplicado polo número de usos e polo número de campos que vamos a facer, pois moitas actividades ó longo do ano e ademais lle damos a facilidade de que estes rapaces pois poidan disfrutar de instalacións en condicións óptimas, é dicir, condicións non a nivel nacional, é dicir, estamos facendo instalacións con rango e con categoría a nivel internacional e mundial, é dicir, eu creo que son, van a ser das mellores instalacións deportivas que existan no mundo, é dicir, equiparadas a calquera delas, polo tanto, que a provincia de Pontevedra poida ter o privilexio de ter 30 ou máis instalacións deportivas deste nivel, eu creo que nos ten que orgullecer a todos os gobernantes, polo menos ó equipo de goberno desta Deputación e do Partido Popular nos xera gran satisfacción que sexa así, porque tamén é unha demanda que plantexan os concellos. Eu creo que se falamos dunha cantidade importante de diñeiro, como son 9.000.000 de euros, e resulta que tres das prioridades máis importantes que demandan os concellos están contempladas, eu creo que acertamos nas políticas que estamos facendo. Polo tanto eu o discurso que fan vostedes non o comparto, porque senón poñan vostedes as prioridades que necesita a provincia. Eu creo que, volvo a repetirlle, beirarrúas, viais, e arranxo de camiños, prioridade primeira dos veciños do rural, á parte de abastecemento e saneamento que son competencias municipais e doutras administracións. E a continuación pois zona de lecer, de ocio, estamos eu creo que no século da cultura, do deporte, do ocio e iso se ve reflectido aquí e proba diso é que enriba da mesa pois hai unha petición importante de concellos que o están solicitando. E cuarta característica deste expediente de modificación de créditos, é que xa non poden facer o discurso do sectarismo, non o poden facer, porque está destinada a concellos de todas as cores políticas. E creo que esto é importante, é a primeira vez que non fan ese discurso, polo tanto ¿que quere dicir?, que a Deputación está en base ó que escoita dos veciños, da sociedade, do que pide a sociedade, eu creo que o Partido Socialista ultimamente está moi dado a falar dese talante, pois ese é o talante que estamos tendo aquí, escoitamos á sociedade, lle facemos caso, atendemos ás peticións e ó mesmo tempo non somos sectarios nin discriminamos a ningún concello, porque este é un proxecto tanto de campos de fútbol, como o tema de beirarrúas, viais e tamén o de parques comarcais e algunhas outras modificacións que están aquí concretas que van para concellos de todas as cores políticas. Polo tanto nós pedimos o apoio, claro que a vostedes é difícil nestes momentos dar o apoio a un proxecto tan importante e programas tan importantes como van aquí, tamén temas europeos que se acadaron nos últimos tempos nesta casa cantidade de subvencións doutros organismos. ¿Que quere dicir?. Que antes se criticaba porque dende esta Deputación non nos presentabamos a ningún tipo de programas europeos, agora loxicamente o estamos facendo e non temos un nin dous nin tres nin catro, temos moitos programas europeos que están dando un excelente resultado e que creo que incluso non só contemplando o gasto corrente, hai cantidade de programas europeos onde se está falando de capítulos de inversións importantes como son a depuración, creo que estamos dando unha resposta importante con algún programa europeo a temas de depuradoras que tiñan pendientes algúns concellos desta provincia. Vostedes saben perfectamente que un dos maiores problemas que existen é o de abastecemento, saneamento e depuración, pois tamén aínda que non sexa competencia nosa estamos acudindo con outros concellos tanto da nosa provincia como de Portugal, optando a eses programas europeos e esas depuradoras, van a estar en funcionamento e van a dar cobertura a moitos habitantes da nosa provincia. Polo tanto alégrame que se faga o discurso político de que nos colleu co pé cambiado, non, é dicir nos colleu en boa liña e vamos a seguir traballando neste tipo de programas e de actuacións e ademais, bueno, eu creo que unha administración ó final o que ten que facer é ese diñeiro que ten dispoñible é utilizalo da mellor maneira posible eu eu creo que esta é a demanda que nos plantexan os veciños e nós como escoitamos ós veciños e ós representantes municipais pois vamos a intentar aprobar, esperemos que cos votos do Grupo Popular, e se puidese ser algún máis tamén que eu creo que tamén sería bo e ademais traballaríamos todos en pro de colaborar coa provincia. Moitas gracias. Sr. Presidente.- Gracias Sr. Figueora. Sr. Mosquera. Sr. Mosquera Lorenzo.- Eu quédome cada vez máis admirado, e dígollo con cariño, das intervencións do Sr. Figueroa, porque tanto valen para un roto como para un descosido, e el tira para adiante e xa está. Home, evidentemente non fixemos ningunha referencia, vostede sabe a ese plan de campos de fútbol de herba sintética porque vén noutro punto da orde do día. E que vostede vote man del quere dicir que do que é do expediente de modificación realmente pouco ten que dicir e en fin non queremos eternizarnos pero eses famosos proxectos europeos pois están aquí todo cun euro, cun euro, cun euro, eso é o grande destino que teñen que efectivamente votamos a favor no seu momento e demais. Pero posto a mezclar asuntos xa saca da chisteira cousas moi curiosas. ¿Onde vai o das beirarrúas?, ¿pódemo dicir?. Ou é que agora, ou é que é o subconsciente e entón resulta que a Deputación vai facer beirarrúas nos seus viais á conta do gasto corrente, porque estamos falando do capítulo 2, estamos no 511.511.210. Entón, ¿onde demonio vai o de beirarrúas?, esto é chapapote puro e duro, ben, e é a pregunta, a afirmación que se fixo dende este grupo pois non contestou, ou sexa, de todo esto, cantidades, tantos proxectos, tantos tal, o de, digamos, dar cumprimento a un compromiso feito pola Presidencia desta Deputación con respecto á Universidade non ten cabida, non ten cabida, pode ter cabida 3.000 de euros para chapapote, pode ter cabida non sei cantas cousas, agora, eso parece ser que non ten cabida. Ou sexa, vostedes priorizan, que está ben priorizalo, ata certo límite, pero priorizan ata o paroxismo certas partidas, como é o da política do chapapote en detrimento da política universitaria. Eso é evidente, a eso non contestou evidentemente porque non pode, porque é flagrante, ou sexa, vostedes prefiren destinar todo ós fins que teñen previstos e non digamos a fins como o financiamento universitario. Entón resultou un discurso aquí que poderíamos desmontar en cantidade de puntos pero non creo que teña sentido porque creo que esto ten a enxundia suficiente para centrar no que é central, este é un reflexo bastante claro da política que están vostedes facendo no que é preferible ciscar por aí chapapote e dar pequenas subvencións en todos os lados e a todo o habido, que non digo que estea mal, priorizar absolutamente eso en contra de asuntos de transcendencia e estratéxicos, a palabra que está agora tan de moda e tan turbada e demais. Eses asuntos parece que non existen nesta Deputación inclusive saltándose compromisos firmados pola Presidencia desta Deputación. Nos parece grave, nos parece grave, polo tanto non espere que lle vaiamos avalar este tipo de política porque se esto estivera moi mal financiado e resulta que hai que priorizar e tal, pois resulta que compartiríamos ou non, pero non é a situación, esta casa non está mal financiada, e polo tanto ten recursos, e outra cousa é que vostedes o destinen ó que queren destinalo que dende logo non compartimos para nada e ademais nos parece francamente escandaloso, francamente escandaloso que se actúe desta maneira. Nada máis. Sr. Presidente.- Moitas gracias Sr. Mosquera. Sr. González. Sr. González Iglesias.- Si, vamos a ver, Sr. Figueroa, yo es que había hecho una intervención antes muy suave, pero ya que se mete en estas historias pues vamos hablar de éllas. Mire, yo no se como el Presidente de la Comisión de Economía, que es usted, puede hablar de previsión en los presupuestos y de planificación y demás cosas cuando resulta que cuatro meses después de aprobado definitivamente el presupuesto, aún no los cuatro meses, aparece una partida de 622.047 euros para compra de maquinaria para los parques comarcales. Mire, si hacían falta hace cuatro meses lo hubiese metido en presupuesto y si los meten ahora es porque hay una falta de planificación y de previsión. Son 622.000 euros, no es la compra de una pala, hablan de palas, rodillos y motoniveladoras, no estamos hablando de dos cosas precisamente. Lo mismo puedo decirle en chapapotes y demás, es decir, no me diga usted que a los cuatro meses ve que tiene una necesidad de tres millones de euros más, hombre, por favor, un poquito de seriedad en este tema. Y, nos dice usted también que van cantidades para ayuntamientos también gobernados por el PSOE. Hombre, sólo fastidiaría, hombre, ¿qué pasa?, que un ayuntamiento gobernado por el PSOE ¿no tiene derecho a dinero de la Diputación?, o por alguien diferente al PP ¿no tiene derecho?, sólo fastidiaría. Lo que si es curioso, perdónenme que se lo diga, lo que si es curioso es que aparezca dotación, y precisamente estoy hablando de un ayuntamiento gobernado por el PSOE, que aparezca una dotación de 200.000 euros para el ayuntamiento de Vilagarcía cuando el convenio se aprobó aquí hace más de seis meses. Y aparece ahora la modificación de créditos, previsión también, total y absoluta. Mire, podríamos hablar de más cosas, a mi simplemente me resulta curioso un planteamiento que hace usted, dice, hombre, por primera vez no hablan ustedes de sectarismo, no se que y tal, ¿qué pasa?, que implícitamente están reconociendo que antes si eran sectarios y ahora lo son menos. Pues si es así nos estaría dando la razón a lo que decíamos antes. Y por cierto también, hablando de programas europeos, hombre, mire, llevan ustedes aquí gobernando unos cuantos años, unos cuantos años, y le puedo decir que todos los grupos de oposición, todos, en diferentes años, le plantearon el tema de los programas europeos. Y hasta hace muy poco tiempo no entraron en ese tema, hasta hace muy poco tiempo no les interesaba, no sólo le hablamos de que entrase la Diputación, le hablamos de más cosas, de que la Diputación encabezase a los ayuntamientos para entrar, estoy hablando de programas y de planteamientos de hace diez años, de hace ocho años, cuando ustedes no querían ni oír hablar del tema. Ahora reconocen que, bueno, que es una buena fórmula de financiamento para obras, perfecto, bien, tarde, tarde, pero que le vamos hacer. Yo, de verdad, en el último tema que usted tanto adornó, ya se lo dije, que nosotros llevamos tiempo planteándolo, lo que sea para un plan que esté tal, nosotros estaremos de acuerdo, claro, es que si nos lo meten dentro de los 9.400.000 euros pues vamos a votar que no, al plan, que es otra historia, pues ya hablaremos después fuera del orden del día. Nada más. Sr. Presidente.- Moitas gracias Sr. González. Dicirlle en relación ó tema de Vilagarcía que está vostede unha vez máis confundido, non existe ningún convenio asinado co concello de Vilagarcía ata a data. Polo tanto quero reiterarlle que en Vilagarcía estamos construíndo unha instalación deportiva importante, cun presuposto de máis de 600.000 euros, ou sexa, máis de cen millóns de pesetas, e esta concretamente é outra actuación deportiva distinta á que estamos construíndo que se vai inaugurar nos próximos días, polo tanto non ten nada que ver, non hai ningún convenio asinado aínda, porque falta que o concello de Vilagarcía nos envíe, porque nolo vai a enviar porque así nolo manifestou o alcalde, a súa aportación a esta mellora que concretamente é a mellora das instalacións deportivas do campo municipal de A Lomba en Vilagarcía. Por eso quería aclararlle eso, e ó mesmo tempo tamén, e xa lle cedo a palabra ó Sr. Figueroa, agradecémoslle a súa felicitación porque a Deputación acaba de ser subvencionada con máis de 18 millóns de euros de fondos europeos, o cal para esta casa é un beneficio importante sobre todo que vai a distintos puntos da provincia e eso vai a beneficiar a miles e miles de cidadáns desta provincia co cal pois é un bo labor e agradecemos moito a súa felicitación. Sr. Figueroa. Sr. Figueroa Vila.- Dicirlle que a xustificación da modificación de créditos politicamente ten a súa lóxica e a vou a explicar. É dicir, cando se confecciona un presuposto no mes de setembro loxicamente se está falando dos ingresos e gastos correntes que se teñen previsiblemente e en base a eso se fai un presuposto. Cando no mes de febreiro ou marzo aproximadamente se ten as contas da liquidación dese presuposto pois se fala dunhas cantidades de remanente de Tesourería que se incorpora, que é cando se poden facer planteamentos de novos programas. Polo tanto quere dicir que as modificacións de crédito sempre e cando os obxectivos que se cumpran políticos e sociais, sexan os correspondentes é unha situación que se produce en todos os lados e ademais é o lóxico, porque mire, eu llo dicía o outro día, que sucedeu algo parecido nun Pleno do meu concello, dicía que hai dous discursos, un, se os remanentes de Tesourería e esa dispoñibilidade económica se fan para proxectos e programas se pode criticar, como neste caso se pode estar criticando aínda que suavemente, e tamén se pode facer outro discurso cando chega o mes de setembro, se pode dicir, señores, vostedes do goberno son uns incompetentes, uns ineficaces, coa cantidade de demandas e problemas que teñen os veciños ¿como vostedes teñen aí eses remanentes e esa dispoñibilidade económica e non a utilizan?. Sería por parte do goberno unha incompetencia, sería unha falta de capacidade de xestión, e eso nós non o queremos, nós preferimos se temos dispoñibilidade económica para investir e facer proxectos e programas facelo, e eso é o que estamos facendo e dicirlle ó Sr. Mosquera, eu xa sei que non van ver as rúas aquí pero nos proxectos de beirarrúas hai outras partidas do presuposto que as vamos a ir facendo, polo tanto ¿que quere dicir?, que a demanda que plantean os veciños, foi o que quixen dicir, que hai beirarrúas e viais, que aquí hai viais e as beirarrúas se están acometendo por capítulos do propio presuposto. E eso é o que temos que facer, eu creo que a obriga que temos os gobernantes é administrar o mellor posible os recursos que temos e creo que aquí, dentro desta modificación de crédito pois hai proxectos ambiciosos e proxectos moi importantes para a nosa provincia, ¿quen podería pensar algún día que un equipo de goberno e un Presidente desta Deputación puidese por en marcha un programa deportivo por un importe de 2.000 millóns de pesetas, das antigas pesetas, 12.000 e pico de euros sen acudir a ningún tipo de endebedamento. Fagan tamén esa reflexión, que non se está endebedando a esta casa, é dicir, os límites de endebedamento están nas porcentaxes que estaban, que esa é outra reflexión importante, que eu creo que ós cidadáns hai que transmitirlle, señores, estamos facendo un proxecto de 2.000 millóns de pesetas sen acudir a ningún tipo de endebedamento. Eu creo que iso se produce en moi poucas administracións, eu creo que en ningunha, en calquera concello dos nosos para facer unha operación de inversión hai que acudir a operación de crédito, aquí non, é dicir, estamos sacando proxectos adiante sen acudir a endebedamento, e claro, claro, que se pode facer ó revés, podía non facerse ese proxecto e reducir a débeda que temos, que ese é outro discurso que moitas veces a través dos medios de comunicación se fan, se di, non, é que nesta Deputación tiñan uns niveis de endebedamento x, estaban reducindo a débeda en anos en tal porcentaxe e resulta que, e ó final dicíamos que é o discurso que vostede facía que eu o comparto ademais, ¿que se facía?, pois nada, pois reducir o endebedamento e proxectos non os había, eu creo que se hai proxectos importantes ó final e non se produce endebedamento eu creo que a xestión política é a correcta E con respecto ós programas europeos, home, eu non sei o que pasou anteriormente aquí, nin quero tratalo nin falar, pero o que está claro é o que acaba de dicir o Presidente, nestes dous anos que levamos de mandato pois acadamos preto de 18.000.000 de euros de financiamento europeo, eu creo que é moi importante para esta Deputación e para esta administración acadar os 18.000.000 de euros, estamos falando de preto de 3.000 millóns das antigas pesetas, é dicir, eu creo que iso, supoño que non negarán que detrás deso hai xestión, hai que presentar os proxectos, hai que acudir ós proxectos, hai que buscar socios, hai que intentar que esas subvencións e eses proxect
Área de documentación
Existencia e localización de copias Enlace para escoitar o audio da sesión do Pleno
Ãrea de notas
Nota