Fondos
2005-05-25_Ordinaria. Acta de sesión 2005/05/25_Ordinaria
Acta de sesión 2005/05/25_Ordinaria
Área de identificación
Código(s) de referencia ES.GA.36038.ADPO.1.1.3.3.33.365/2.2005-05-25_Ordinaria
Título Acta de sesión 2005/05/25_Ordinaria
Data(s) 2005-05-25 (Creación)
Volume e soporte 1 acta de sesión
Área de contexto
Institución arquivística Arquivo Deputación de Pontevedra
Área de contido e estrutura
Alcance e contido Folla: Da sesión ordinaria en primeira convocatoria, celebrada polo Pleno desta Excma. Deputación o día, 25 de maio de 2005 No Salón de sesións da Excma. Deputación Provincial de Pontevedra, sendo as once horas e quince minutos do día vinte e cinco de maio do ano dous mil cinco, baixo a Presidencia do Ilmo. Sr. Presidente D. Rafael Louzán Abal, reuníronse as/os Señoras/es Deputadas/os, D. Xosé Antón Araujo Quintas, Dona Nidia María Arévalo Gómez, Dona Francisca Canal Gómez, D. José Costa Díaz, D. Xosé Crespo Iglesias, D. José Juan Durán Hermida, D. Antonio Feliciano Fernández Rocha, D. José Manuel Figueroa Vila, D. Emilio González Iglesias, D. Efrén Juanes Rodríguez, D. José Antonio Landín Eirín, D. José Antonio Lorenzo Rodríguez, Dona Clara Millán González, D. Xosé Cesáreo Mosquera Lorenzo, D. Constante Juan Muradas Ramos, D. Manuel Núñez Sestelo, D. Xosé Carlos Pazos Docampo, Dona María Teresa Pedrosa Silva, D. Juan Manuel Rey Rey, D. Alfredo Rodríguez Millares, D. Rodrigo Santiago Novas, Dona Belén Sío Lourido, D. José Enrique Sotelo Villar, D. Xabier Toba Girón e D. Jesús Vázquez Almuíña, co obxecto de celebrar sesión ordinaria da Deputación en Pleno, en primeira convocatoria, consonte á correspondente orde do día. Non asiste o Sr. Deputado D. Ramón Campos Durán. Da fé do acto o Secretario Accidental, D. Carlos Cuadrado Romay, e está presente o Sr. Interventor Accidental, D. Antonio Graña Gómez. Declarada aberta a sesión e de orde da Presidencia éntrase seguidamente no exame da orde do día, adoptándose en relación coa mesma os seguintes acordos: Sr. Presidente.- Moi bos días. Vamos a dar comezo á sesión ordinaria do Pleno da Corporación Provincial. ------ Folla: 2.5226.- ADHESIÓN DO CONCELLO DE AS NEVES Ó CONVENIO DE COLABORACIÓN EN MATERIA DE XESTIÓN CATASTRAL Sr. Presidente.- O punto número dous. Adhesión do Concello de As Neves ó Convenio de colaboración en materia de xestión catastral que neste momento está xestionando o ORAL. ¿Votos en contra?. ¿Abstencións?. ¿A favor?. Visto o acordo do Consello Rector do Organismo Autónomo Provincial de Xestión de Recursos Locais (ORAL), adoptado na sesión do día 20 de abril de 2005, polo que se acepta a petición do Concello de As Neves, de adhesión ó Convenio de colaboración en materia de xestión catastral subscrito entre a Dirección Xeral do Catastro e a Deputación Provincial de Pontevedra (ORAL) o 13 de xuño de 2001, solicitada por acordo da Xunta de Goberno do Concello de As Neves adoptado na sesión do día 17 de marzo de 2005, o Pleno, de conformidade co dictame da Comisión Informativa de Economía, Facenda e Turismo, acorda por unanimidade ratificar o referido acordo do Consello Rector do Organismo Autónomo Provincial de Xestión de Recursos Locais (ORAL), aceptando a adhesión do Concello de As Neves ó Convenio de colaboración en materia de xestión catastral. ------ Folla: 3.5227.- DELEGACIÓN DE COMPETENCIAS DO CONCELLO DE CALDAS DE REIS A FAVOR DO ORAL PARA A XESTIÓN, LIQUIDACION, INSPECCIÓN E RECADACIÓN DAS MULTAS DE TRÁFICO Sr. Presidente.- Punto número tres. Delegación de competencias do Concello de Caldas de Reis a favor do ORAL para a xestión, liquidación e recadación das multas de tráfico. Sr. Mosquera. Sr. Mosquera Lorenzo.- Moi bos días a todas e a todos. Gracias Sr. Presidente. Bueno, o fondo da cuestión non ten maior problema, sen embargo a tramitación si. A solicitude do concello de Caldas é para xestión e recadación das multas de tráfico e aquí pois se lle pon xestión, liquidación, inspección e recadación. Xa o outro día na Comisión quixen observar esto, non sei exactamente onde existe a inspección das multas de tráfico, non sei se é ir detrás dos gardas a ver se as poñen ben ou mal, ou algo dese tipo. Quedárase de quitar pero non se quitou, cousa habitual por outro lado, que é o caso que se fai ó que se fala nas Comisións, pois é exactamente nulo, ó menos que alguén me explique en que consiste a inspección, porque no IBI si, no IBI hai un Padrón e se está ben ou mal, pero nas multas exactamente non sabemos, nin é o que solicita o concello por outro lado, nin é o que solicita. Sr. Presidente.- Ben, en principio creo que estamos de acordo en que o tema da inspección neste tema non ten lugar por eso se acepta neste caso esa proposta de modificación, de que o tema da inspección non ten sentido nesta redacción. E despois no espíritu do punto en si con tal de evidentemente beneficiar ós concellos para a mellor recadación pois eu creo que é realmente do que se trata. Por eso procedemos á votación deste punto. ¿Votos en contra? ¿Abstencións?. ¿A favor?. Visto o acordo do Consello Rector do ORAL (Organismo Autónomo Provincial de Xestión de Recursos Locais da Excma. Deputación Provincial de Pontevedra), de data 20 de abril de 2005, sobre aceptación da delegación do Concello de Caldas de Reis para a xestión, liquidación, inspección e recadación das multas de tráfico, o Pleno, de conformidade co dictame da Comisión Informativa de Economía, Facenda e Turismo, e aceptando a proposta do Sr. Mosquera, acorda por unanimidade: Aceptar, de conformidade co previsto no artigo 7.2 do Real decreto lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei reguladora das facendas locais, a delegación na Deputación Provincial de Pontevedra-ORAL, que en materia de xestión, liquidación e recadación das multas de tráfico, realizou o Concello de Caldas de Reis, por acordo do Pleno de data 25 de febreiro de 2005, seguindo o establecido nos artigos 106.3 da Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das bases de réxime local, e 7 do citado Real decreto lexislativo 2/2004. A citada delegación publicarase no Boletín Oficial da Provincia e no Diario Oficial de Galicia, tal como determina o meritado artigo 7.2 "in fine". ------ Folla: 4.5228.- ADDENDA Ó CONVENIO DE COLABORACIÓN ENTRE A EXCMA. DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA E CAIXANOVA PARA A EXECUCIÓN DUN PLAN ESTRATÉXICO DA PROVINCIA DE PONTEVEDRA (ELABORACIÓN DUN PLAN ESTRATÉXICO PARA OS CONCELLOS DO VAL DO MIÑO) Sr. Presidente.- O punto número catro. Addenda ó Convenio de colaboración entre a Excma. Deputación Provincial de Pontevedra e Caixanova para a execución dun Plan estratéxico da provincia de Pontevedra (elaboración dun Plan estratéxico para os concellos do Val do Miño). Esto antes de nada, só dar unha explicación, en principio a Deputación ten un convenio para a redacción do Plan estratéxico da provincia con Caixanova, e entón dentro dos proxectos europeos que foron subvencionados a esta Deputación entre os cales figura un Interreg concretamente que se chama Unimiño, pois nese, na subvención e no proxecto en si desta iniciativa contempla a elaboración dun Plan estratéxico para os concellos limítrofes, neste caso da fronteira portuguesa e da fronteira española. Como eramos conscientes de que a Deputación de Pontevedra estaba elaborando un Plan estratéxico de toda a provincia, entendíamos que a mellor maneira era pois facer outro convenio probablemente de colaboración, entre Caixanova, xa que estaba elaborando o da provincia de Pontevedra, pois podía elaborar incluso tamén este específico para as dúas zonas transfronteirizas, porque bueno, entendíamos que ademais se ían a reducir custes, como estou seguro que así vai ser, e á parte como xa hai un traballo que se está elaborando, que levan un ano e pico nesta redacción do Plan estratéxico, pois cremos oportuno este asunto. Pero vamos, xa sen máis debatemos o asunto e lle cedo a palabra ó Sr. Mosquera. Sr. Mosquera Lorenzo.- Gracias Sr. Presidente. Home, vamos a ver, o fondo tal como se explicou na Comisión e explica o Presidente agora pois en principio parece razoable, pero hai unha serie de cuestións que non acabamos de ver. Primeiro, que se vaia a facer dende agora, dende que se asina, ata final de ano, que parece un prazo moi sorprendente para obxectivo, en principio, segundo a memoria, tan ambicioso. Segundo, costa practicamente igual que o plan novo estratéxico de toda a provincia. Ou sexa que, suponse que os traballos serán da mesma índole, non sei aí como se casa eso, en fin, me parece que faltan ou nos parece que faltan unhas cantas explicacións, en principio esto se vai a 296.000 euros creo que é, e o plan estratéxico da provincia non me acordo, pero anda por aí, ata non sei se é menos, ata non sei se é 253.000, algo dese tipo. Un plan estratéxico que leva un ano, que leva moito tempo, que esto se vai facer en seis meses co mesmo importe, o plan estratéxico parcial dunha zona. Bueno, non parece que aí hai algo que chirría. Sr. Presidente.- Non, non, agora lle explicamos. Me pasa o Interventor os datos, onde eu lle vou a ceder a palabra ó Interventor que vai explicar este asunto. Sr. Interventor.- Gracias Sr. Presidente. O que di o Sr. Deputado en parte ten razón, é dicir, por unha parte o convenio que tiña firmado a Deputación con Caixanova para facer o plan estratéxico da provincia elevábase a 390.000 euros, e agora con esta addenda o que se fai é que parte do obxecto que estaba conveniado con Caixanova pásase a este convenio, dentro do proxecto Unimiño, é dicir, o cal conta con financiamento europeo. É dicir, o convenio inicial con Caixanova que está elaborando o plan estratéxico da provincia, vai quedar agora en 163.250 euros de custe, e traspásanse 136.750, como dixen antes, ó convenio que hai con Caixanova, co cal queda un custe pois moi parecido ó anterior. Pero redúcese dun lado e increméntase aquí, coa idea que é razoable que é de conseguir o financiamento europeo, de parte do convenio inicial. Non sei se lle aclara esto ó Sr. Deputado a dúbida que tiña. Sr. Mosquera Lorenzo.- Si, o que non me aclara é como con este custe se vai facer en seis meses, pero bueno, eso xa me aclara, xa me costa máis entendelo e o custe incluso desta propio montante, deste propio obxecto. Hai unha desproporción aí que non acaba de explicarse. Sr. Presidente.- Bueno, eu teño que dicir que neste caso o dato está, agora está máis claro, a pregunta ten sentido, pero unha vez que se dan os datos aí vén a aclaración, onde hai unha reducción importante no custe do plan estratéxico provincial debido a que conseguimos fondos europeos, non para o plan estratéxico provincial senón para unha parte afectada, neste caso pola redacción do plan estratéxico provincial, que son os concellos transfronteirizos na zona, neste caso de Pontevedra, onde reducimos sensiblemente a nosa contía en 136.000 euros, esto deben ser pois cerca de 30 millóns das antigas pesetas, que dalgunha maneira se traspasan para conseguir os fondos Interreg que neste caso van facer un traballo máis amplo coa parte tamén portuguesa, que hai que contar que aquí entra tamén o financiamento da parte portuguesa. Ou sexa, que eu neste sentido quero entender que está ben plantexado porque ademais así o levaron adiante os que están xestionando esto, que hai unha comisión onde forman parte técnicos da asociación do Val do Miño, máis os técnicos nosos que están na redacción e no seguimento dos proxectos que foron subvencionados con fondos europeos e dunha maneira especial os Interreg. No fondo, para que se entenda un pouco máis incluso en que consiste o proxecto Unimiño. Unimiño dende a aprobación por parte do Parlamento Español e por parte do Parlamento tamén Portugués, este proxecto é coa idea de analizar as necesidades e as carencias nestas dúas zonas transfronteirizas. Pero ó mesmo tempo nace que a partir de agora se poden constituír agrupacións de interese mutuo entre España e Portugal, formadas por concellos, que con esto pois ata agora non se podía permitir, que tiña que estar aprobado polo Parlamento de cada un dos países e como digo dende hai, dende finais do ano 2004, se aprobaron, como digo, en ámbolos dous Parlamentos a posibilidade de creación de entes ou vamos, empresas de xestión, por chamalo así, entre municipios portugueses e municipios españois. Entón esto é un documento necesario tamén para ver dalgunha maneira as carencias, necesidades, infraestructuras, etc., das que neste momento carecen municipios destas dúas zonas específicas, que son todo o Miño a ambas marxes, tanto o lado portugués como o lado español. Sr. Mosquera Lorenzo.- Si, vamos a ver Sr. Presidente, a ver, deixémonos de darlle voltas e falemos claro. A ver, vamos a ver, aquí houbo durante bastantes anos á conta dos fondos FEDER, os programas transfronteirizos, chamábanlle transfronteirizos directamente ou Interreg. Ben, o lóxico sería ter feito o plano estratéxico antes de empezar a meter todas aquelas estradas que se meteron, aquela Cañiza-Cañiza, Cañiza-Cañiza, Cañiza-Cañiza, non, que se fixeron todas, ben feitas ou mal feitas están pero que non houbo ningunha planificación deses fondos. Agora, a Unión Europea quere recortar o Interreg e quere que sexan digamos xa combinados dun lado a outro da raia, cousa que é correcta. Entón inténtanse salvar por esa vía que poida haber eses fondos, xa veremos, estamos falando do período 2005-2013, por eso hai que traelos á final deste ano, etc., a ver se cola aí. Bueno, ese é o fondo da cuestión, porque ata agora non se plantexou, evidentemente había que plantexalo antes. Pero aínda así, os trámites da, vamos deste plano estratéxico e demais, digo que hai cousas que non casan, é dicir, que vaia a custar case tanto o que saia de aquí ó final de ano para non sei, quince concellos ou dezaseis, creo que son dez portugueses, algo así, case tanto como toda a provincia, é un traballo de seis meses igual que un traballo que vai levar dous ou tres anos, etc., non é, aí hai algo que non me casa, aínda que non custe o mesmo, aínda que custe o 60%, non casa, nin por prazos, nin por tipo de traballo, nin polo ámbito xeográfico, e moito menos cando parte del está pagado polo outro, está pagado polo plan estratéxico, debería estar, da provincia, non me casa, eso é ó que me estaba referindo antes, o fondo da cuestión é evidente, aquí houbo cartos dos fondos FEDER, nos programas estes, Interreg ou Transfronteirizo, que nestes momentos, nestes momentos non, xa hai un tempo, neste período de fondos xa dende o 2000, pois puxo, empezou a poñer limitacións a Unión Europea e non era dar cartos para resolver problemas cada un polo seu lado senón que se fixera combinado, cousa que é de difícil dixestión e demais e se está intentando salvar, correcto, ata aí estamos todos de acordo para que se consiga, agora ó que nos estamos referindo é que este trámite non acabamos de velo, non acabamos de velo. Sr. Presidente.- Pois eu o vexo perfectamente claro, xa lle dixen que reducimos ó 50% aproximadamente a elaboración do plan estratéxico, e á hora, os números están aquí e están perfectamente fáciles de ver e se poden constatar, hai que sumar á parte dos 18 concellos españois, dentro deste custe inclúe o financiamento do plan estratéxico da parte portuguesa, ou sexa que eso que quede claro. Me imaxino e quero entender que a elaboración se ciñe a este exercicio 2005, porque así é o concepto da propia subvención e terán que apurar máis e moverse máis porque dalgunha maneira eu creo que era a anualidade do 2005 a que contempla o Interreg. Que vostede falaba da posibilidade de que debería de haber antes pois probablemente un plan estratéxico. Eu xa lle dixen cal é o espíritu precisamente deste plan estratéxico. É porque ata agora aínda que eran concellos pegados, só os separaba neste caso o río Miño e que tiñan probablemente as mesmas carencias, as mesmas necesidades, pois a partir de agora se poden constituír entes que antes non se podía, porque non estaba establecido legalmente, agora si, para traballar precisamente en común en ámbalas dúas zonas da fronteira sen ningún tipo de inconvenientes, como digo administrativos legais que o podían imposibilitar ata agora e que agora non, e creo, por eso van, vamos eu creo que vén moi oportuno, que exista esta nova regulamentación que permite traballar en común. Vostede agora, o outro día me dicía o alcalde, precisamente esa palabra xa lla teño oído bastantes veces, Cañiza-Cañiza, Cañiza-Cañiza, e agora me dicía o alcalde da Cañiza me dicía, pero agora son Pontevedra-Pontevedra-Pontevedra. Díxenlle eu, bueno, sería que aí xa estades ben de infraestructuras e agora cambiamos para Pontevedra. O cal é oportuno, e eu encantado por certo. ¿Algunha intervención máis?. Procedemos á votación polo tanto deste punto. ¿Votos en contra?. ¿Abstencións?. ¿A favor?. De conformidade co dictame da Comisión Informativa de Economía, Facenda e Turismo o Pleno acorda por maioría, cos votos a favor do PP e do PSOE e coa abstención do BNG, prestar aprobación á addenda ó Convenio de colaboración entre a Excma. Deputación Provincial de Pontevedra e Caixanova para a execución dun Plan Estratéxico da Provincia de Pontevedra, para levar a cabo a elaboración do Plan Estratéxico e cinco programas operativos para o Val do Miño Transfronteirizo, que comprende cinco concellos na zona de Portugal (Melgaço, Monçao, Paredes de Coura, Valença e Vilanova da Cerveira) e na provincia de Pontevedra os concellos limítrofes coa fronteira portuguesa, que corresponden, maioritariamente, ás Comarcas de Paradanta, Condado e Baixo Miño. O financiamento desta addenda para a realización do Plan Estratéxico e os seus cinco programas operativos previstos, levarase a cabo cos orzamentos que figuran no Proxecto Uniminho por un importe de 85.000,00 euros, como achega da Comunidade Intermunicipal do Val do Miño e 211.750,00 euros como achega da Deputación Provincial de Pontevedra. Facúltase ó Ilmo. Sr. Presidente para a sinatura da addenda, sendo o teor literal da mesma ó seguinte: ADDENDA Ó CONVENIO DE COLABORACIÓN ENTRE A EXCMA. DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA E CAIXANOVA PARA A EXECUCIÓN DOS TRABALLOS NECESARIOS E ELABORACIÓN DO PLAN ESTRATÉXICO DA PROVINCIA DE PONTEVEDRA 2003-2010, ASINADO O UN DE FEBREIRO DE 2004 En Pontevedra, a 26 de maio de 2005 REUNIDOS Por unha parte, D. Rafael Louzán Abal, Presidente da Excma. Deputación Provincial de Pontevedra, en adiante Deputación, con CIF 36000000-H e sede social en Montero Ríos s/n, actuando en nome e representación de dita entidade. Por outra parte, D. António Rui Esteves Solheiro, Presidente do Conselho Directivo da Comunidade Intermunicipal do Vale do Minho, en adiante Comunidade, con Número de Identificación Fiscal 506842347 e sede social na Avenida Miguel Dantas 69, en Valença do Minho, actuando en nome e representación de dita entidade, e nos termos do artigo 86.º n. 1 ó e) do Decreto-lei 197/99 de 8 de Junho. Por outra parte, D. Julio Fernández Gayoso, Director Xeral da Caixa de Aforros de Vigo, Ourense e Pontevedra, en adiante CAIXANOVA, con CIF G36600369, e domiciliada en García Barbón 1-3 en Vigo, actuando en nome e representación de dita entidade. EXPOÑEN 1.- O Subcomité de Xestión do Subprograma 1, por resolución de data 20 de xullo de 2004 e no marco do programa de iniciativa comunitaria Interreg III-A España-Portugal, financiado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder) acordou a concesión dunha axuda de 333.000,00 euros sobre un proxecto de 444.000,00 euros, ó Proxecto Uniminho, presentado pola Comunidade Intermunicipal do Vale do Minho, en calidade de Xefe de Fila e figurando como socio a Deputación Provincial de Pontevedra. 2.- Entre as actividades comprendidas no Proxecto está prevista a elaboración dun Plan de Desenvolvemento Estratéxico para o Val do Miño Transfronteirizo, que comprende na zona de Portugal cinco concellos, Melgaço, Monçao, Paredes de Coura, Valença e Vilanova de Cerveira, e na Provincia de Pontevedra, prioritariamente, os Concellos de Arbo, A Cañiza, O Covelo, Crecente, A Guarda, As Neves, Mondariz, Mondariz Balneario, Oia, Ponteareas, O Rosal, Salceda de Caselas, Salvaterra do Miño, Tomiño, Tui e Porriño. Este Plan Estratéxico, concibido para realizar actividades no período 2007-2013, prevé a elaboración de programas operacionais para as seguintes materias: emprego, medio ambiente, sociedade da información, análise da viabilidade de servizos públicos transfronteirizos e outras actividades e infraestructuras, de forma moi especial a adopción de medidas para cualificar os recursos turísticos. Para o financiamento deste Plan Estratéxico figuran orzamentadas no Proxecto Uniminho as cantidades de 85.000,00 euros pola Comunidade Intermunicipal do Vale do Minho e 211.750,00 euros pola Deputación de Pontevedra. 3.- A Deputación Provincial de Pontevedra e Caixanova subscribiron, con data 1 de febreiro de 2004, un Convenio de Colaboración para a elaboración dun Plan estratéxico da Provincia de Pontevedra cun horizonte do ano 2010, que ten como obxectivos fundamentais a identificación de necesidades e liñas de traballo a nivel provincial, seleccionar actuacións prioritarias transformando as liñas de traballo en proxectos concretos, reforzar a posición competitiva da provincia desde unha perspectiva de desenvolvemento sostible e adecuado, reforzar a colaboración e implicación con outras institucións e axentes sociais, etc. Para levar a cabo as conclusións deste plan que se plasmarán en liñas concretas de actuación, estanse realizando, nunha primeira fase, procesos de encuestación e recompilación de datos en cada un dos concellos da Provincia de Pontevedra así como cos axentes sociais e económicos máis relevantes. En consecuencia, o estudio de infraestructuras dos concellos correspondentes á Provincia de Pontevedra estase realizando e levando a cabo por un equipo de profesionais, que posúen os datos necesarios para elaborar un diagnóstico das necesidades desta zona. Parece pois oportuno aproveitar os datos obtidos no proceso realizado para a elaboración do Plan Estratéxico da Provincia de Pontevedra e evitar, na medida do posible, reiteracións de accións que poidan servir de base para o desenvolvemento do Plan Estratéxico previsto no Proxecto Uniminho para a zona transfronteiriza. 4.- Coa finalidade de acometer proxectos transfronteirizos de carácter estructurante, faise necesaria, pois, a contratación -mediante convenio cunha mesma entidade- da elaboración do Plan Estratéxico, considerando a unidade de actuación que se vai levar a cabo no espazo común do Val do Miño Transfronteirizo. 5.- Con fundamento en canto queda exposto e en aras de axilizar o proceso de elaboración do Plan Estratéxico para os municipios que comprende o Val do Miño transfronteirizo, e evitar reiteracións de estudios e de recompilación de datos xa realizados recentemente, as partes acordan subscribir a presente addenda ó citado convenio de colaboración con suxeición ás seguintes: CLÁUSULAS Primeira.- Mediante a presente Addenda, modifícanse o obxecto e o prezo do convenio de colaboración existente entre a Excma. Deputación Provincial de Pontevedra e Caixanova para a execución dos traballos necesarios e elaboración do plan estratéxico da provincia de Pontevedra 2003-2013, finalidade para a que se destinaban 390.000,00 euros, quedando en 253.250,00 euros. Desta cantidade, 90.000,00 euros corresponden a Caixanova e 163.250,00 á Deputación, dos cales 105.000,00 están xa facturados e 58.250,00 atópanse pendentes de facturación. Resultan, deste xeito, alteradas as porcentaxes das cantidades estipuladas no convenio inicial. Segunda.- A presente Addenda ten tamén por obxecto a elaboración dun Plan Estratéxico para os concellos que abarca o Val do Miño Transfronteirizo para os anos 2007-2013, que debe incluír cinco programas: - Programa operacional de emprego. - Programa operacional de medio ambiente. - Programa operacional da sociedade de información. - Análise de viabilidade de servizos públicos transfronteirizos. - Outras actividades ou infraestructuras: atención especial para as medidas da área de cualificación dos recursos turísticos. Os Concellos incluídos son: Melgaço, Monçao, Paredes de Coura, Valença e Vilanova de Cerveira na zona de Portugal e na Provincia de Pontevedra, prioritariamente, os Concellos de Arbo, A Cañiza, O Covelo, Crecente, A Guarda, As Neves, Mondariz, Mondariz Balneario, Oia, Ponteareas, O Rosal, Salceda de Caselas, Salvaterra do Miño, Tomiño, Tui e Porriño. Dito traballo será realizado por Caixanova a través da súa Escola para as Administracións Públicas. Terceira.- O custo do traballo obxecto da cláusula anterior fíxase en 296.750,00 (douscentos noventa e seis mil setecentos cincuenta euros), impostos indirectos incluídos. Dado que a elaboración deste Plan Estratéxico está incluído dentro do Proxecto Uniminho, financiado con fondos da Comunidade Europea, e que o Xefe de Fila é o Presidente do Conselho Directivo da Comunidade Intermunicipal do Vale do Minho, Caixanova emitirá facturas independentes para aboar pola Deputación e pola Comunidade Intermunicipal portuguesa polos seguintes importes: o Á Deputación de Pontevedra, facturaráselle un importe de 211.750,00 euros. o Á Comunidade Intermunicipal Portuguesa, facturaráselle un importe de 85.000,00 euros. Facturaráselle a cada Entidade o 50% de ditas cantidades na finalización da Fase II descrita na cláusula Sexta desta Addenda, e o 50% restante na finalización do Plan Estratéxico. Cuarta.- A presente Addenda terá vixencia ata o 31 de decembro de 2005, data límite para a elaboración do Plan Estratéxico. Por circunstancias excepcionais podería prorrogarse sempre e cando o autorice previamente a Dirección Xeral de Fondos Comunitarios do Ministerio de Economía como autoridade de xestión do programa Uniminho. Quinta.- Orientación e enfoque metodolóxico. - Atención a áreas clave: A planificación obxecto desta Addenda parte da identificación xa realizada das áreas que deben ser obxecto de Programas Operacionais: o Programa operacional de emprego. o Programa operacional de medio ambiente. o Programa operacional da sociedade de información. o Análise de viabilidade de servizos públicos transfronteirizos. o Outras actividades ou infraestructuras: atención especial para as medidas da área de cualificación dos recursos turísticos. - Perspectiva integrada, que outorgue coherencia ós diferentes programas e facilite a traducción da acción estratéxica da Mancomunidade transfronteiriza nunha política territorial que teña como horizonte a cohesión económica e social e o desenvolvemento sostible. - Adecuación ás directrices de actuación europeas. - Implicación dos axentes sociais e institucionais, que, ademais de favorecer o desenvolvemento das súas accións estratéxicas, permita a participación da sociedade no proxecto de futuro para esta zona. Neste senso, os traballos de divulgación e difusión considéranse fundamentais no marco desta proposta. - Capacidade de seguimento, mediante a redacción dun Programa de Seguimento e Avaliación baseado en indicadores que teña unha dobre finalidade. En primeiro lugar utilizaranse indicadores específicos para cada programa operacional ou iniciativa estratéxica desenvolvida no Plan. Así mesmo, establecerase un sistema de indicadores globais de desenvolvemento, baseado no sistema utilizado no ESPON, que permita á Entidade Transfronteiriza que se cree, exercer o papel de observatorio territorial na zona transfronteiriza. Sexta.- Establécense as seguintes fases para a realización do Plan: Fase I: Descrición da situación: Nesta fase recollerase, sistematizarase e analizarase a información da área transfronteiriza. Esta información abarcará aspectos institucionais, económicos, sociais e ambientais do ámbito obxecto de planificación. Para esta análise inicial da situación utilizaranse cuestionarios e entrevistas que terán dúas vertentes, unha informativa, que se utilizará nesta fase, e outra prospectiva, que se utilizará na seguinte. Fase II: Identificación e validación de obxectivos estratéxicos, na que se elaborarán diagnósticos específicos das áreas estratéxicas e un diagnóstico prospectivo de carácter integral. Nesta fase do proceso é fundamental o contacto directo con institucións e axentes e organizaranse mesas de traballo institucionais, paneis mixtos en ámbitos operacionais concretos e enquisas e entrevistas a fondo con técnicos e responsables políticos. Como resultado deste proceso de interacción e participación constrúese unha visión da organización e establécense os obxectivos estratéxicos. Estes obxectivos serán validados nas mesas de traballo institucionais. Fase III: Análises de alternativas e validación de liñas estratéxicas: Unha vez definidos os obxectivos estratéxicos, e a través da análise de calidade e validación institucional, establécese a misión da organización. Establecida e validada a misión da Mancomunidade, pódese dar coherencia formal ás liñas estratéxicas, a partir das que se desenvolverán cursos de acción que incluirán os programas operacionais e as accións e proxectos específicos para o seu desenvolvemento. Os cursos de acción e programas someteranse tamén a validación institucional. A partir de aquí, a redacción detallada dos Programas Operacionais seguirá un proceso de planificación formal. [NOTA S.P.D.B.: FALTAN CADROS "FASE I. DESCRICIÓN DA SITUACIÓN", "FASE II. DESEÑO NORMATIVO E PROSPECTIVO" E "FASE III. ANÁLISE E FORMULACIÓN ESTRATÉXICA". NON NOS E POSIBLE A SÚA IMPORTACIÓN A ESTE PROGRAMA. CONSULTAR LIBRO DE ACTAS] Fase IV: Recollida das determinacións do proceso de planificación estratéxica e formalización en diferentes documentos. Ademais dos Programas Operacionais, que se configurarían definitivamente nesta cuarta fase, elaboraranse outros documentos derivados do Plan. Estes documentos teñen carácter provisional e o seu contido coméntase no punto seguinte. No seguinte cadro recóllense sinteticamente as catro fases da planificación proposta. [NOTA S.P.D.B.: FALTA CADRO "FASES DA PLANIFICACIÓN PROPOSTA" NON NOS E POSIBLE A SÚA IMPORTACIÓN A ESTE PROGRAMA. CONSULTAR LIBRO DE ACTAS] Sétima.- Resultados do traballo. O Plan Estratéxico concíbese como un proceso, non como un documento. En consecuencia, non haberá un documento específico do Plan Estratéxico senón que os resultados relevantes do proceso de planificación recolleranse en diferentes módulos de información operativa. 1. Documento marco de xestión. 2. Resume executivo do plan estratéxico. 3. Programas operacionais. 4. Fichas de proxectos. 5. Programa de seguimento e avaliación. Oitava.- Cronograma de traballo. O cronograma seguinte é unha orientación sobre a distribución dos traballos durante os 8 meses que durará o proceso de planificación estratéxica. [NOTA S.P.D.B.: FALTA CADRO "CALENDARIO DE TRABALLO" . NON NOS E POSIBLE A SÚA IMPORTACIÓN A ESTE PROGRAMA. CONSULTAR LIBRO DE ACTAS] A duración total do proxecto estímase en 8 meses, sen prexuízo dos termos recollidos na cláusula cuarta desta Addenda. Novena.- Entrada en vigor e duración. A presente addenda entrará en vigor o día seguinte da súa sinatura e manterá a súa vixencia ata o remate dos traballos de redacción do Plan, que deberá de ser aceptada e ratificada pola Dirección do Proxecto Uniminho. Décima.- Resolución de conflictos. A presente addenda ten carácter administrativo e correspóndelle á Deputación ostentar a prerrogativa de interpretación do mesmo e a resolución das dúbidas que xurdan sobre o seu cumprimento, e con carácter supletorio o establecido no Real Decreto 2/2000 de 16 de xuño, sendo competente, en caso de litixio, a xurisdicción contencioso-administrativa. As partes que interveñen comprométense a dar carácter de confidencialidade a toda a información facilitada entre elas e a que teña ese carácter. Undécima.- Comisión de Seguimento. Crearase unha Comisión para o seguimento do Plan, integrada por dous representantes de Caixanova e dous representantes do Proxecto Uniminho, un por parte da Deputación de Pontevedra e outro por parte da Comunidade Intermunicipal do Vale do Minho. Reuniranse cando o solicite unha das partes e, ó menos, unha vez cada tres meses. SINATURA DA ADDENDA En proba de conformidade, asinan a presente Addenda por cuadriplicado exemplar e a un só efecto. Pola Excma. Deputación de Pontevedra Asdo: Rafael Louzán Abal Por Caixanova Asdo: Julio Fernández Gayoso Pola Comunidade Intermunicipaldo Vale do Minho Asdo: António Rui Esteves Solheiro ------ Folla: 5.5229.- MOCIÓN PRESIDENCIAL SOBRE DESIGNACIÓN DE MEMBROS NO CONSELLO GALEGO DE SAÚDE Sr. Presidente.- Punto número cinco. Moción Presidencial sobre designación de membros no Consello Galego de Saúde. Lee o Secretario. Sr. Secretario.- La moción de la Presidencia dice lo siguiente: O Decreto 74/2005, de 14 de abril, polo que se determina a composición do Consello Galego de Saúde, determina no seu artigo 3, apartado 3, que entre os vocais en representación dos cidadáns, haberá un vocal por cada unha das Deputacións provinciais da Comunidade Autónoma. Resultando que o Conselleiro de Sanidade, mediante comunicación de 26 de abril, solicita a esta Presidencia a designación dun membro titular e un suplente para formar parte do Consello Galego de Saúde. Polo exposto, proponse ó Pleno da Corporación a adopción do seguinte acordo: Designar en representación desta Deputación para formar parte do Consello Galego de Saúde ó/á deputado/a D. José Juan Durán Hermida e Dona Francisca Canal Gómez, como membros titular e suplente, respectivamente. Sr. Presidente.- Muchas gracias. Sr. Mosquera. Sr. Mosquera Lorenzo.- Gracias Sr. Presidente. Home, eu dende logo admiro a capacidade que ten o Sr. Durán para representar a esta Deputación absolutamente en tódolos lados ultimamente, co cal supoño que terá unha carga excesiva. Pero non era eso ó que me quería referir, vamos a ver, estamos falando, xa o dixo, de que hai, para constituír ese Consello Galego de Saúde, doce vocais en representación dos cidadáns. Ben, a Deputación propón un vocal en representación dos cidadáns, claro, se vamos con esta vía todos, despois catro son da Deputación e oito propón a FEGAMP, se vamos todos a designar por grupos políticos entón sería mellor poñer doce en representación dos partidos políticos e se acababa. Eu creo que está pervertendo seriamente o que é o espíritu de filosofía deste consello. Porque senón se poñemos doce en representación dos partidos políticos, que o puxeran na normativa e problema arranxado, porque senón esto non ten, ou sexa hai oito sindicatos que representan, oito de non sei quen, oito dos colexios, non sei canto, pero a representación dos cidadáns ó final, se todos fan como fan vostedes aquí pois quedaría nunha representación estricta dos partidos políticos e polo tanto estaría pervertida esa intención do lexislador de que haxa unha representación dos cidadáns e que delega na administración local que os nomeen supoño que na hipóteses de que son a administración máis próxima ós cidadáns e poden buscar un representante dos cidadáns máis directamente que facelo todo dende a Xunta. Pero esto non nos parece procedemento, saen do paso dicindo ala, nomeamos un, vai para alá, pero non nos parece o procedemento, deberon exprimirse un pouquiño a cabeciña, buscar a alguén por aí que teña unhas, bueno capacidade de representación polo menos, ou que poida entenderse que pode ter certas condicións para eso, incluso consultalo cos demais grupos, cousa difícil no seu caso, pero bueno, ata podería ser, ou similar, pero é propoñer algo, non saír deste trámite dunha forma que me parece que non é ningunha forma correcta, está pervertindo profundamente o que é o espíritu da normativa que regula este Consello Galego da Saúde. Sr. Presidente.- Moitas gracias. ¿Algunha intervención máis?. Bueno, en principio a min cando se me propón a posibilidade de designar entendo que hai que designar a unha persoa, o cal primeiro agradezo a invitación que se nos fai para formar parte deste novo órgano, e dalgunha maneira pois entendemos que estas dúas persoas teñen capacidade suficiente para esta tarefa, e bueno, no cal nos temos algún que outro asunto tamén por aí que tamén valoraremos e daremos a nosa opinión tamén a ese tema. Por eso entendemos que é un tema importante e onde agradecemos que se invite á Deputación a participar. Sr. Mosquera. ¿Algunha cousa máis?. Sr. Mosquera Lorenzo.- Si, é que é absolutamente sorprendente a súa intervención. Non se lle invita, se pon nunha normativa que cada Deputación nomee a un e oito a FEGAMP, non se lle invita ou deixa de invitar, non é ningunha delicadeza, é coa intención de que sexa representante dos cidadáns, o que dixen antes, e estano pervertendo absolutamente, é dicir, agora diga claramente, teñen a orde política de nomear todos os que poidan do PP, verdade, para que nese Consello non haxa cidadáns nin haxa tal senón que o teñan absolutamente maioritario. Bueno, pois moi ben pero están pervertindo a normativa dunha maneira clarísima, clarísima. Sr. Presidente.- Estea tranquilo por eso que vamos a recoller o reflexo do que nos digan os cidadáns. Polo tanto, temos que votar entón esto. ¿Votos en contra?. ¿Abstencións?. ¿A favor?. Vista a moción de data 10 de maio de 2005 do Presidente desta Excma. Deputación Provincial, sobre designación de membros no Consello Galego de Saúde, de conformidade co dictame da Comisión Informativa de Réxime Interior, o Pleno acorda por maioría, co voto a favor do PP, o voto en contra do BNG e a abstención do PSOE, aprobar a mesma que é do seguinte teor: "O Decreto 74/2005, de 14 de abril, polo que se determina a composición do Consello Galego de Saúde, determina no seu artigo 3, apartado 3, que entre os vocais en representación dos cidadáns, haberá un vocal por cada unha das Deputacións Provinciais da Comunidade Autónoma. Resultando que o Conselleiro de Sanidade, mediante comunicación de 26 de abril, solicita a esta Presidencia a designación dun membro titular e un suplente para formar parte do Consello Galego de Saúde. Designar en representación desta Deputación para formar parte do Consello Galego de Saúde ó/á deputado/a D. José Juan Durán Hermida e Dona Francisca Canal Gómez, como membros titular e suplente, respectivamente." ------ Folla: 6.5230.- COMUNICACIÓNS Sr. Presidente.- Comunicacións. Sr. Secretario. Sr. Secretario.- Es el extracto de las Resoluciones Presidenciais dictadas entre el 23 de abril y el 19 de maio do presente ano. Queda enterado o Pleno das seguintes: - De extractos de Resolucións Presidenciais dictadas entre o 23 de abril e o 19 de maio de 2005 e que foron trasladados ós Voceiros dos distintos grupos políticos. Sr. Presidente.- Fóra da orde do día. Non hai. ------ Folla: 7.5231.- ROGOS E PREGUNTAS Sr. Presidente.- Rogos e preguntas. Vamos a ver, Sr. Juanes. Sr. Juanes Rodríguez.- Si, moitas gracias Sr. Presidente. Co debido respecto. Urte bat eta hamaika hilabete bete dirá Talde Sozialistak Makineriaren Parke Probintzialak egindako lanei buruz eta Aldundi honek probintziako udaletara aglomeratua banatzeari buruz informazioa eskatu zuenetik, eta oraindik erantzuna noiz jasoko gaude. Berriro ere orduko galdera hura egingo diogu presidenteari, baina oraingo honetan euskaraz: Noiz emateko asmoa du Presidenteak orduan eskatu genion informazioa?. Ohartzen al da Presidentea hainbat eta hainbat aldiz egin diodan galderari erantzunik ez emateko jarrera horrekin Diputatuoi dagokigun informazioa jasotzeko eskubidea urratzen ari dela?. Sr. Presidente, un ano e once meses, segue facendo evidentemente clientelismo e caciquismo co Parque Provincial de Maquinaria. Vostede non é só o responsable, tamén é responsable o Deputado-Delegado de Vías e Obras e hoxe xefe de campaña do Partido Popular. Seguen asfaltando camiños, Sr. Presidente, onde viven concelleiros do PP a espaldas de gobernos que non son da súa cor. Si, si, creo que estou lexitimado polo menos para ter desconfianza de que esto se está facendo porque vostede me hurta a información. E algo máis grave Sr. Presidente, está incumprindo a normativa vixente en canto a información de cargos electos das entidades locais. O invito Sr. Presidente a que lea unha normativa básica como é a Lei, valga a redundancia, a Lei de Bases de Réxime Local no seu artigo 77 onde fala que todos os membros das Corporacións Locais teñen dereito á obter do Alcalde ou Presidente cantas informacións obren en poder dos servicios da Corporación e resulten precisos para o desenvolvemento da súa función. A solicitude do exercicio do dereito recollido no parágrafo anterior haberá de ser resolta motivadamente nos cinco días naturais a aquel en que se houbese presentado. Agora si que nos podemos rir todos, nos podemos rir todos porque a norma di cinco días; un ano e case once meses esperando, ou sexa, nos podemos destornillar aquí polos escaños, de risa en canto á súa deslealtade, neste caso en canto a pasarlle información á Corporación. Tamén o invito a que se lea o artigo 14 do Regulamento de Organización e Réxime Xurídico das Entidades Locais, que é máis do mesmo, que di o artigo 77 da Lei de Bases de Réxime Local. Responsable vostede Sr. Presidente e responsable o Deputado-Delegado de Vías e Obras, á postre xefe de campaña do PP e agora mesmo estou lexitimado Sr. Presidente para dicir que o Parque Provincial de Maquinaria, que o Parque Provincial de Maquinaria, forma parte tamén, forma parte tamén, forma parte tamén, mentres non me pasen esa información creo que estou lexitimamente, esto lexitimado para dicir que o Parque Provincial de Maquinaria se está utilizando como parte tamén da campaña do Partido Popular. ¿Por que se nos furta ós grupos políticos esta información?, habendo outro Presidente tamén do PP nesta casa se fixo a petición un mes e ó mes seguinte tiñamos toda a información de onde estaban as máquinas e onde se repartía o aglomerado da Deputación polos concellos. O que furta a información realmente algo esconde Sr. Presidente. Me reitero, seguirei nas miñas dotes de políglota evidentemente, seguirei buscando idiomas e esperando a que vostede me comprenda, esperando chegarlle á súa sensibilidade máis profunda e senón, se realmente se segue incumprindo a normativa vixente desgraciadamente me verei obrigado a utilizar outras cauces que este Deputado realmente non desexa, porque o que desexamos todos é independentemente de confrontacións electorais e a forma que teña cada un de xestionar, é que as institucións funcionen nun clima de concordia normal e sen estas tensións innecesarias. Teño máis preguntas Sr. Presidente. Se eso llas fago todas, como queira. Sr. Presidente.- Como queira. Eu logrei algo importante, que un Deputado traballe pola labor de cultivarse nos idiomas o cal eso é unha cousa moi importante, e vostede o está intentando, comezou por catalán e agora vamos no vasco e podemos seguir, non hai ningún problema, pero eu me alegro de ter conseguido un reto importante que nos tiñamos proposto e vostede é aplicado e polo tanto pois eso é fantástico. En relación ó resto pois eu cando lle deamos toda a documentación pois vai ter tempo para estudiala con máis, a outra é pouca. O que non acepto é ese tema, porque tirar a pedra e esconder a man, dicindo que se lle pavimenta algunha pista para algún concelleiro do PP, digo que os concelleiros do PP vivirán nalgún sitio, pero non creo que me poña vostede a min un caso de que se lle fixera excepcionalmente para ese concelleiro do PP, pero, como eso é fácil, o de acusar así sen ningún tipo de probas nin demais, porque ó final eu tamén lle podo dicir a vostede non, é que, algún concello cun plan determinado está asfaltando unha pista onde vive un concelleiro do PSOE, e vostede me vai dicir, non, pero terá dereito a vivir ou terá dereito a que teña un acceso digno á súa vivenda, digo eu. Pero bueno o importante é que, como digo, á parte do debate parlamentario por dicilo así aquí no Pleno da Corporación pois conseguimos outras cousas que non está nada mal. E o tema do Dr. Crespo, eu sei que a vostede lle preocupa que el sexa o responsable da campaña, pero bueno, eu creo que ten tempo para todo e polo tanto vamos a dar boa conta do recado agora nas eleccións. Máis preguntas. Sr. Juanes Rodríguez.- Si, Sr. Presidente. Ten vostede ou ten esta Institución no presuposto máis de 14.000.000 de euros para asfaltado de estradas provinciais, este Deputado loxicamente pois interesa cales van ser as prioridades do equipo de goberno xa que non lle dan opción sequera a que poidamos opinar ó respecto antes de que vostedes tomen calquera decisión, aquí aínda seguimos esperando polo famoso plan provincial de estradas onde se marquen unhas prioridades claras e por que se inviste aquí e non se inviste alí, independentemente da cor política de onde estea a estrada en cuestión. Ben, nos servizos técnicos eu outros anos non tiña problema en que me deran esta información. Bueno, pois os millóns de euros para estradas provinciais vanse facer nestas estradas, bueno, pois agora teño problemas e non se me dá esta información. E eu lle faría dúas preguntas Sr. Presidente. Primeiro, ¿que tipo de criterios pensa vostede utilizar á hora de gastarse eses máis de catorce millóns de euros en arranxos de estradas provinciais, e á par lle faría un rogo de que por favor se lle pasaran ós grupos políticos se pode ser eses criterios e que nós podamos aportar en base a eses criterios que estradas poden ter cabida, ou senón o normal é que vaiamos a política de feitos consumados, que se nos pase a relación das estradas que van a arranxar con eses máis de catorce millóns de euros, supoño que terá previsto e que non será unha improvisación permanente o arranxo das estradas. Sr. Presidente.- Bueno, dicirlle ó respecto, eu creo que nunca foi un criterio político senón que é un criterio estrictamente técnico na mellora global das estradas da provincia, e bueno, eu creo que nestes momentos están nun estado aceptable e temos unha rede de estradas, podo dicir que en bastante bo estado, salvando algunha excepción que neste momento ó mellor tivemos algunha dificultade cos terreos. Pero dicir que aqueles concellos que nos poñan facilidade cos terreos e que esa mellora pois sexa necesaria se vai a ir cumprimentando e para aí é para onde van a decidirse eses catorce millóns de euros que vostede ben preguntaba e polo tanto esperamos que os técnicos acerten na inversión que vamos a acometer. Sr. Juanes Rodríguez.- Lle vai a pasar á oposición. Sr. Presidente.- ¿Ten algunha que estea mal, que considere vostede que non está en debido estado?. Pódema aportar que intentamos dicirllo ós técnicos que vostede o acaba de comentar, que hai que revisar e que a intentaremos mellorar. Sr. Juanes Rodríguez.- Polo que vexo segue sen haber criterios e non me contesta a pregunta e o rogo que lle fago é se me pode pasar esa información e que estradas vai arranxar con eses catorce millóns de pesetas, de euros, perdón. Non vale a pena prolongar a cuestión. E xa para rematar teño unhas preguntas sen ánimo de polemizar, se é posible, para a Deputada Nidia Arévalo, que segue na súa voráxine electoralista polo seu concello e parece que non acaba de asumir que non debe de haber alcaldes paralelos e que debe haber unha política de colaboración entre os gobernos locais e os Deputados da localidade. Pero bueno, esa é unha cuestión que quen o entende enténdeo que quen non pois segue facendo a guerra pola súa conta e vendo sempre enimigos onde non os hai. As preguntas son as seguintes: Prometeu vostede Dona Nidia Arévalo, en datas recentes, nestes últimos días, visitou varias asociacións, non estou afirmando nada, simplemente lle fago a pregunta e espero que vostede me conteste. ¿Prometeulle vostede á asociación ASODIFI, ASODIFISI, que é a asociación de discapacitados físicos e psíquicos de Mos, unha axuda de 24.000 euros?. ¿Prometeulle vostede ó centro cultural Celado de Vela, 18.000 euros?. ¿Prometeulle vostede ó centro cultural de Torroso 12.000 euros?. ¿Prometeulle vostede á Coral Vento do Val 3.000 euros?. ¿Prometeu unha axuda de 15.000 euros para o entorno e igrexa de San Martín de Tameiga?. Estas son promesas que parece ser que xente desas asociacións si dixo que se fixeran. Eu quero que para aclarar e que non haxa malos entendidos, este é o foro adecuado, que nos diga vostede Dona Nidia se realmente fixo estas promesas, e se realmente as fixo en base, que consignación ou que partidas orzamentarias vai a utilizar, porque moitas delas aínda están, vamos as bases saíron publicadas o venres e outras aínda están as solicitudes en período de mecanización como vostede ben sabe. ¿É certo todo esto que lle estou dicindo, estas promesas que lle fixo ós colectivos?, ou simplemente son malos entendidos e que non hai nada desto. Sr. Presidente.- Bueno, eu voulle dar a palabra evidentemente á Deputada dicindo primeiro que se fai esa xestión benvido sexa para o meu concello ou para o de calquera, supoño que vostede non estará en contra de que se fagan inversións nese concello, aínda que con relación a eso que pregunta dese concello tan peculiar, eu tiven que desmentir varias veces á alcaldesa dese municipio, porque resulta que a Deputación inviste tres veces máis do que inviste o concello e resulta que ela negou datos sistematicamente en relación a todo eso, en relación á axudas que houbo aquí, e eu a recibín cando me pediu a visita oportuna, eu encantado, creo que foi nunha ou dúas ocasións, e dende aquí incluso pois se lle mandou toda a documentación das subvencións e algunha delas por certo ademais se perdeu, ó mellor pois igual hai que facer un labor distinto no sentido de que bueno, pois se ela non se encarga dos asuntos do seu concello, pois benvido sexa quen se encargue, pero despois supoño que saberá máis se a Deputada tivo esas xestións tan importantes. Sra. Arévalo Gómez.- Si, Sr. Juanes, eu quixera que, primeiro que me contestara vostede, ¿se é que está en contra de que a Deputación axude a algúns colectivos?. Non. Vamos a empezar por aí, ¿vostede está en contra de que a Deputación colabore cunha asociación de disminuídos ou coa restauración dunha igrexa?, ¿está en contra deso?, vamos a empezar por aí, ou ¿está en contra da alcaldesa do Partido Socialista de Mos?. Eu creo que o problema é que o goberno de Mos está moi nervioso, está moi preocupado, porque parece que quen goberna en Mos é a Deputación de Pontevedra, e a ver se empezan a facer algo polos veciños de Mos ademais de cobrarse uns soldos millonarios. Entón que actúen, que gobernen e que traballen, e que traballen. E a min de verdade que me parece lamentable que vostede veña aquí unha vez máis con asuntos de Mos, eu creo que a Sra.. Alcaldesa de Mos debería de informarlle un pouco máis antes de que vostede veña aquí a preguntar. Entón eu agora me pregunta por datos que eu non teño unha memoria tan grande como para dicirlle se son esas cantidades ou se son outras, pero dende logo que a Deputada cando vai a unha asociación a prometer, promete e cumpre. Quero dicir, eu se vou a unha asociación que me comentan que teñen unha necesidade dunha furgoneta, e na Deputación hai posibilidades de entregarlle unha furgoneta e colaborar con eles, como a outros colectivos da provincia non soamente os do Concello de Mos, a Deputada si vai a prometer, non vai a prometer, vai a dicirlle pois que a Deputación vai a colaborar e vai cun papel asinado do Presidente de que se lle vai a comprar esa furgoneta, por exemplo. Pero vostede ¿que pensa?, que eu vou as asociacións a dicirlle vamos a facer, vamos a tal, e non vamos a cumprir, é que non sei a que vén esta pregunta. Porque ou está intentando preguntarme de se o compromiso se vai levar adiante ou non, ou é que me está intentando dicir que están en contra, porque eu non entendo a pregunta, de que unha Deputada que forma parte dun equipo de goberno se ocupe das necesidades dun concello da provincia, eu non o entendo. Sr. Presidente.- Moitas gracias. Sr. Juanes, lle damos a vostede un turno de réplica. Sr. Juanes Rodríguez.- Gracias Sr. Presidente, porque, bueno, evidentemente, eu o digo moitas veces, cada un ten a capacidade de entendemento que ten, eu creo que as preguntas foron absolutamente claras e non hai que terxiversar para nada a mensaxe. Dona Nidia Arévalo, evidentemente eu non estou en contra de que as asociacións sexan de Mos ou de onde sexan teñan as axudas que teñan que ter, evidentemente, pero vostede como Deputada, como Deputada do Departamento de Servizos Sociais debería saber, debería saber, que polo menos na política din que non hai só que ser bo senón parecelo, coma a muller do César, pois ben, vostede as formas para empezar se las pasa ya por aquel sitio. Porque mire vostede debería saber que as bases para axudas a servizos sociais específicos tal é o caso deste colectivo, saíron no Boletín o outro día, aínda nin sequera houbo a posibilidade que outros colectivos plantexaran as súas necesidades para que vostede puidera decidir. A que vén senón é que estamos en período preelectoral ou case electoral, a que vén este adiantamento, porque pode haber outros colectivos da provincia que teñan incluso máis necesidades que este, en vez de 24.000 euros pois habería que darlle 12.000 ou 40.000, me dá igual, me dá igual. Pero evidentemente as bases que aquí se aproban está claro que me parece que non serven absolutamente para nada, absolutamente para nada. E como eso o resto, o resto dos colectivos. Non serei eu Sr. Presidente, non serei eu, quen busque confrontacións entre os gobernos locais e o goberno desta casa, xa se encarga vostede soliño de crear esa confrontación que tan expertos son os do Partido Popular. Bastante, dende logo vou a contribuír en que haxa un clima de concordia entre as institucións e así presentei eu fai meses aquí unha moción para que non se puentearan ós gobernos lexítimos de cada unha das localidades e que os Deputados Delegados non estiveran como gobernos paralelos e eso está ocorrendo en Mos e está ocorrendo noutros concellos. Non desprestixie, non desacredite vostede á alcaldesa de Mos como fixo vostede na súa primeira intervención, e non se, vostede é Presidente desta institución provincial independentemente da súa cor política, e vostede cada vez máis, cada vez máis Sr. Presidente, e lle fago un chamamento profundo á reflexión, vostede é Presidente da Deputación Provincial de Pontevedra, institución, separe por favor o seu cargo do de Presidente do Partido Popular, cada vez o diferencia menos Sr. Presidente, con cordialidade lle fago este chamamento a esta reflexión. Moitas gracias. Sr. Presidente.- Moitas gracias amigo D. Efrén, pero é que claro, se aforca vostede só, porque está nun partido, pero parece mentira, coño, que estamos en campaña e que se aforque vostede só. Mire, a semana pasada un Secretario de Estado de Infraestructura preséntase en Vigo de novo cun tal Touriño, Secretario de Estado, preséntase cun tal Touriño a remolque, non, home, non, por favor, é igual, é que vostede provoca tanto, no fondo eu sei que ó mellor no seu espíritu lle gustaría que eso fose así, pero entón vostede está nun partido equivocado, póñase nun partido independente para poder falar deso, porque que vostede me fale que veñen Ministros aquí, desembarcan aquí, sen falar nin co Presidente, que vostede dicía, respecten as institucións lexitimamente que teñen ós seus representantes elixidos nas urnas, home, que me fale vostede deso cando hai un Presidente da Xunta de Galicia de momento, e vai a ser por moito tempo máis, Presidente de todos os galegos, aparecen aquí un desembarco de Ministros que se pasan por aquel sitio o tema da relación institucional. Bueno, vai o Sr. Touriño pois a Ferrol, a Vigo o outro día, pero vamos a ver, incluso ata a repartir diñeiro. Pero vamos a ver home, pero que vostede, é que claro, primeiro ten que mirar a súa casa e despois cando a súa casa estea limpa precisamente destas circunstancias falamos. Pero que, home, parece mentira, eu sei que vostede no fondo ese espíritu político teno, pero entón vostede sitúese noutro partido, porque bueno, pois todos cometemos erros, pero que vostede poña o seu partido de exemplo para eso, sobre todo, é que o estamos vivindo agora mesmo, estes días, hai unha semana, hai quince días, hai un mes, pero como vostede me pode plantexar cousa semellante, pero por favor, home, teña un pouco de ética polo menos, é dicir, bueno pois, cúlpese a vostede mesmo, ó seu partido, a nós tamén, e despois a partir de aí cando queira falamos, pero que vostede veña a falarnos de impunidade, é que, vamos, eu creo que eso non o cre nadie, claro, porque ademais as copias dos periódicos de todos os días pois están aí para ver, por favor, home. Bueno, máis preguntas que teño por aquí. Sr. Pazos. Sr. Pazos Docampo.- Bo día. Intentarei non incidir nos nervios preelectorais. Eu no Pleno do mes pasado fixen tres preguntas que o Presidente quedou de contestar por escrito. Eu agradecería que se me contestara. Sr. Presidente.- Si, si, xa están ademais. Sr. Secretario.- Están en marcha porque terminamos el acta hace muy poquito. Sr. Presidente.- Moitas gracias Sr. Pazos. Seguimos entón por arriba. Sr. Araújo. Sr. Araújo Quintas.- Gracias Sr. Presidente. Brevemente tamén, no anterior, no último Pleno tamén lle fixen unha serie de preguntas, quedaron de contestalas por escrito e a día de hoxe eu non as teño. Non sei se é que, se é que pensan contestar ou non. Gustaríame saber delas. Sr. Presidente.- Si, vamos a contestar, como non. Porque vostede non quererá aprender ningún idioma como ... Sr. Araújo Quintas.- Bueno, se vostede insiste xa lle anuncio que eu iría a polas linguas clásicas. Sr. Presidente.- Bueno, sigamos entón co turno de preguntas por aquí por este lado. Sr. Santiago Novas. Sr. Santiago Novas.- Si, bos días. Facía vostede na anterior pregunta relación ás notas de empresa, que están para comprobalas. Vexo que na sesión de hoxe estivo vostede repasando o dossier de prensa. Sr. Presidente.- Non, aínda non acabei. Sr. Santiago Novas.- ¿Non acabou?. En todo caso o dou por enterado dada a transcendencia da noticia de prensa que sae hoxe a nivel comarcal en Arousa e a nivel provincial nun medio de comunicación, relativa a un incumprimento das bases no primeiro premio Valle Inclán celebrado o ano pasado. En todo caso llo resumo sinteticamente no sentido de que hai unhas acusacións en canto a que se incumpren as bases porque nas bases din que o premio ten que ser inédito, e o premio ten que ser orixinal, e segundo a versión deste periodista que subscribe esa noticia de prensa non é nin inédito nin tampouco orixinal. É dicir, este traballo que obtivo este primeiro premio, premio de Valle Inclán do ano 2004, parece que se corresponde integramente e de forma extractada cunha tese doutoral; en segundo lugar non soamente eso senón que ademais está publicado pola Universidade de Santiago e para máis inri está posto á venda polo prezo módico de nove euros e medio. Polo tanto segundo a versión deste periodista se están incumprindo estas bases. Se eso xa é grave, se eso xa é grave de por si, eu espero que esto se solvente de oficio ós efectos de que se fagan as indagacións oportunas, se chegue ás conclusións que se deriven desa investigación. O que si me parece máis grave e por eso o traio a este Pleno, no sentido de que nós entendemos de que existen responsabilidades políticas claras, evidentes, responsabilidades políticas en canto á designación deses membros do xurado, na mesma nota de prensa se denuncia que membros dese xurado coñecían perfectamente que eso se correspondía, que ese traballo se correspondía cunha tese doutoral, e en segundo lugar, porque curiosamente, curiosamente, un dos premiados cunha tese foi o que dirixiu esa tese doutoral. Polo tanto existe unha responsabilidade política no sentido da designación dos membros do xurado que se sabía perfectamente a relación que tiñan con este asunto. E en segundo lugar, outra responsabilidade política clara, porque Sr. Presidente, vostede e o responsable Deputado da Área de Cultura, formaron parte deste Tribunal. Eu quero pensar, eu quero pensar que nas deliberacións, ós efectos de analizar os traballos presentados, os membros do xurado tiveron que facer nalgún momento referencia a este asunto. É curioso, é curioso que durante esas deliberacións se silenciara, polo menos a nivel de actas, este asunto, e máis curioso resulta que o director desa tese doutoral resultara tamén premiado cun accésit. En todo caso, insisto, me gustaría que vostede como Presidente deste organismo e tamén como Presidente do xurado, nos dera unha explicación ó respecto e na parte política que tipo de medidas vai a tomar para que esto non volva a suceder. Nós cremos que a institución novamente, unha vez máis, volve a quedar danada, desacreditada publicamente e esto merece algún tipo de medida política, polo tanto o que solicito é explicación sobre o ocorrido e que medidas se van a tomar dos responsables políticos nesta actuación. Moitas gracias. Sr. Presidente.- Moitas gracias Sr. Santiago Novas. Ten a palabra o Sr. Durán. Sr. Durán Hermida.- Ben, bos días Sr. Presidente. Efectivamente, diante da terrible noticia que nos conmove no día de hoxe, como ben dicía o Deputado Sr. Santiago Novas, e creo que a portada nos informativos da CNN tamén e non sei se Alyazira, pero bueno algún do seu grupo posiblemente que practique o árabe nolo poida confirmar, pero digo, diante desta circunstancia, eu ... Sr. Presidente.- Por favor Sr. González. Sr. Durán Hermida.- Coa venia da Presidencia, efectivamente, diante da terrible noticia que conmove ó Deputado Sr. Santiago Novas, Deputado ademais que se acaba de enterar hoxe deste tipo de tema, deputado ademais que non tiña ningún tipo de predeterminación a investigar neste asunto. Sei que hoxe se sorprendeu igual que eu cando viu esto publicado. Diante desto eu quero dicir que a diferencia do que sucede co Sr. Deputado Santiago Novas, bueno, estabamos no xurado, había unha serie de expertos, penso que son persoas absolutamente reputadas e prestixiosas dentro do mundo da cultura de Galicia, podemos citar aquí, por suposto que ó Presidente da Cultura Galega, a Víctor Fernández Freixanes, a Carlos Valle, a Margarita Santos Zas, etc., etc. Eu evidentemente carezo dos coñecementos e incluso de traballos publicados e doutra serie de cuestións e dende esa perspectiva estou nunha situación que non me permite loxicamente saber cando hai esas deliberacións se hai traballos publicados, senón son publicados, etc. etc., cal é o tema. O que si é certo, o que si é certo señores do Grupo Socialista e neste caso o Sr. Santiago Novas é que vostede na súa concepción da acción política é unha persoa que se dedica de xeito constante a tratar de desprestixiar o que fan os adversarios políticos e o fai en sede provincial e o fai en sede municipal. Eso é digamos que público e notorio. E como vostede no seu momento no debate plenario non foron tidas en conta unha serie de cuestións que plantexaba sobre este premio, sobre este galardón, que por outra parte dunha iniciativa de hai varios anos foi activado por este Deputado de Cultura, pois hai que atacar o premio e hai que tratar de desprestixiar o premio, desprestixialo vostede e desprestixialo o asesor que ten vostede nestes temas, que vostede e eu xa sabemos quen lle achega os argumentos, e entón eso é do que estamos falando e vostedes os socialistas, vostedes os socialistas, entenden que a Cultura, a promoción cultural, e todo ese tipo de cuestións son patrimonio exclusivo seu e se queren apropiar desas cousas e basta que o fagan os demais para que vostedes os ataquen e fagan este tipo de persecucións políticas sobre perspectivas das que vostedes non tiveron posibilidade ou queren levalas por outros vieiros, e eso é o que pasa, e eso é o que pasa, e agora se trata deso e despois se tratará doutra cuestión. Sr. Presidente eu estou convencido da categoría intelectual do xurado do premio Valle Inclán que está fóra de toda dúbida, que está fóra de toda dúbida, loxicamente as cuestións sempre son opinables, pero que evidentemente non sería eu quen lle emende a plana a eses persoeiros e se o Grupo Socialista quere seguir sendo ou pretendendo ser o amo e se
Área de documentación
Existencia e localización de copias Enlace para escoitar o audio da sesión do Pleno
Ãrea de notas
Nota