Fondos
2005-06-29_Ordinaria. Acta de sesión 2005/06/29_Ordinaria
Acta de sesión 2005/06/29_Ordinaria
Área de identificación
Código(s) de referencia ES.GA.36038.ADPO.1.1.3.3.33.365/2.2005-06-29_Ordinaria
Título Acta de sesión 2005/06/29_Ordinaria
Data(s) 2005-06-29 (Creación)
Volume e soporte 1 acta de sesión
Área de contexto
Institución arquivística Arquivo Deputación de Pontevedra
Área de contido e estrutura
Alcance e contido Folla: Da sesión ordinaria en primeira convocatoria, celebrada polo Pleno desta Excma. Deputación o día, 29 de xuño de 2005 No Salón de sesións da Excma. Deputación Provincial de Pontevedra, sendo as once horas do día vinte e nove de xuño do ano dous mil cinco, baixo a Presidencia do Ilmo. Sr. Presidente D. Rafael Louzán Abal, reuníronse as/os Señoras/es Deputadas/os, D. Xosé Antón Araujo Quintas, Dona Nidia María Arévalo Gómez, D. Ramón Campos Durán, Dona Francisca Canal Gómez, D. José Costa Díaz, D. Xosé Crespo Iglesias, D. José Juan Durán Hermida, D. Antonio Feliciano Fernández Rocha, D. José Manuel Figueroa Vila, D. Emilio González Iglesias, D. Efrén Juanes Rodríguez, D. José Antonio Landín Eirín, D. José Antonio Lorenzo Rodríguez, Dona Clara Millán González, D. Xosé Cesáreo Mosquera Lorenzo, D. Constante Juan Muradas Ramos, D. Manuel Núñez Sestelo, D. Xosé Carlos Pazos Docampo, Dona María Teresa Pedrosa Silva, D. Juan Manuel Rey Rey, D. Alfredo Rodríguez Millares, D. Rodrigo Santiago Novas, Dona Belén Sío Lourido, D. José Enrique Sotelo Villar, D. Xabier Toba Girón e D. Jesús Vázquez Almuíña, co obxecto de celebrar sesión ordinaria da Deputación en Pleno, en primeira convocatoria, consonte á correspondente orde do día. Da fé do acto o Secretario Accidental, D. Carlos Cuadrado Romay, e está presente o Sr. Interventor Accidental, D. Antonio Graña Gómez. Declarada aberta a sesión e de orde da Presidencia éntrase seguidamente no exame da orde do día, adoptándose en relación coa mesma os seguintes acordos: Sr. Presidente.- Comezamos a sesión ordinaria do Pleno da Corporación Provincial. ------ Folla: 2.5233.- ADHESIÓN DO CONCELLO DE COVELO Ó CONVENIO DE COLABORACIÓN EN MATERIA DE XESTIÓN CATASTRAL Sr. Presidente.- Punto número dous. Adhesión do Concello de Covelo ó Convenio de colaboración en materia de xestión catastral. Visto o acordo do Consello Rector do Organismo Autónomo Provincial de Xestión de Recursos Locais (ORAL), adoptado na sesión do día 13 de maio de 2005, polo que se acepta a petición do Concello de Covelo, de adhesión ó Convenio de colaboración en materia de xestión catastral subscrito entre a Dirección Xeral do Catastro e a Deputación Provincial de Pontevedra (ORAL) o 13 de xuño de 2001, solicitada por acordo do Pleno do Concello de Covelo adoptado na sesión do día 13 de abril de 2005, o Pleno, de conformidade co dictame da Comisión Informativa de Economía, Facenda e Turismo, acorda por unanimidade, ratificar o referido acordo do Consello Rector do Organismo Autónomo Provincial de Xestión de Recursos Locais (ORAL), aceptando a adhesión do Concello de Covelo ó Convenio de colaboración en materia de xestión catastral. ------ Folla: 3.5234.- EXPEDIENTE DE SUPLEMENTO DE CRÉDITO NÚMERO 1/2005 DO CENTRO DE FORMACIÓN PROFESIONAL "FOGAR PROVINCIAL" Sr. Presidente.- Punto número tres. Expediente de suplemento de crédito número 1/2005 do Centro de Formación Profesional "Fogar Provincial". Sr. Mosquera. Sr. Mosquera Lorenzo.- Presidente, me parece que hai que votar. Sr. Presidente.- Bueno pero xa, demos por unanimidade. No caso, como ese é un tema, agora o que estamos é no terceiro. ¿Quere intervir?. Sr. González. Sr. González Iglesias.- Si, para anunciar que o Grupo Socialista nos puntos 3, 4 e 5, independentemente que nalgún deles compartimos a finalidade, vámonos abster porque forma parte do presuposto e votamos en contra do presuposto. Polo tanto nos tres puntos nos vamos abster. Sr. Presidente.- Moitas gracias. Sr. Figueroa. Sr. Figueroa Vila.- Bos días. Bueno, vou facer unha intervención do 3, 4, 5 e 6, creo que ó final é o mesmo pero con matices distintos. O punto 3 é un suplemento de crédito do Fogar Provincial por un importe de 379.800 euros para mellora de edificios. No punto 4 é un suplemento para a Escola Universitaria de Enfermería, de 34.000 euros para distribucións básicas e seguridade social. O punto 5 é un suplemento de crédito de Turismo Rías Baixas para unha serie de partidas, decisións que se tomaron no propio Padroado de incremento dalgunhas partidas para promoción e fomento do turismo, incluso para, en temas de becarios e algúns gastos máis, pois material informático, estudios e traballos técnicos, en aportacións tamén a subvencións ós concellos; uns concursos que se fixeron tamén dunhas enquisas e unha serie de cuestións que pasaron polo Padroado por un importe de 84.928 euros. E despois temos unha modificación de crédito de 907.587 euros que vai pois para aportacións a programas europeos que xa estaban comprometidos o que pasa que naquel momento non se abriu a partida e non sabíamos a cantidade que nos ía a supoñer eses gastos; despois tamén hai algunhas transferencias, mobiliario de enseres e adquisición tamén para o Fogar Provincial, transferencias a mancomunidades e tamén inversións xestionadas por concellos que bueno, algúns temas que hai dalgúns convenios con concellos, que bueno, hai algunha matización que facer e vamos aportar unha cantidade de diñeiro tamén para eso. E eso é en liñas xerais, bueno estes catro puntos de suplemento e de modificación de créditos, son a maioría, están totalmente xustificados e pedimos o voto favorable de todos os grupos para sacar adiante estes temas. Sr. Presidente.- Moitas gracias Sr. Figueroa. Sr. Mosquera. Sr. Mosquera Lorenzo.- Si, gracias Sr. Presidente. Bos días. É unha pregunta referida ó punto 6, que aparecen senón recordo mal, 240.000 euros para investimentos xestionados en convenio con concellos, a partida 911.911, me gustaría, alí non aparece en ningún lado no expediente exactamente a que se refire. Sr. Figueroa Vila.- Trátase dunha provisión, porque hai convenios con algúns concellos que se incrementan algunha contía, incluso creo que Pontevedra ou Vigo, algunha modificación puntual, dalgunha mellora de cantidades á hora de facer os presupostos deses concellos pois nos dá unha cantidade, e facemos unha previsión para telo en conta, son de 240.000 euros, estamos falando de 35 ou 40 millóns de pesetas. Esa é a previsión que nos pasan os servizos para tela en conta. Sr. Presidente.- ¿De acordo?. Procedemos. ¿Votamos os puntos 3, 4, 5 e 6 xuntos?, ou, tres, non, non votamos, 3, 4 e 5, non, 3 e 4, pois votamos o punto 3 e 4. ¿Votos en contra?. ¿Abstencións?. ¿A favor?. Visto o expediente de suplemento de crédito nº 1/2005 do Padroado do Centro de Formación Profesional "Fogar Provincial", por un importe total de 379.800,00 Euros, motivado pola necesidade de realizar gastos que non poden demorarse ata o exercicio seguinte, e ó non existir consignación suficiente no estado de gastos do presuposto corrente financiarase con cargo ó remanente de tesourería procedente da liquidación do presuposto do Padroado correspondente ó exercicio de 2004. O Pleno, de conformidade co dictame da Comisión Informativa de Economía, Facenda e Turismo, acorda por maioría, cos votos a favor do PP e do BNG e coas abstencións do PSOE, aprobar o expediente de suplemento de crédito nº 1/2005 do Padroado do Centro de Formación Profesional "Fogar Provincial", aplicándolles os gastos a financiar á partida e polo importe que a continuación se detalla: -05/843.422.622.03 Mellora de edificios 379.800,00¤ TOTAL 379.800,00¤ O financiamento do expediente realízase con cargo ó remanente de tesourería procedente da liquidación do presuposto do Padroado correspondente ó exercicio de 2004, conlevando dito financiamento o incremento das previsións de ingreso no subconcepto. -05/843.870.01 Aplicación ó financiamento de suplementos de crédito 379.800,00¤ Dito expediente exporase ó público, para efectos de reclamacións, por un período de quince días hábiles, quedando definitivamente aprobado en caso de non producirse estas. ------ Folla: 4.5235.- EXPEDIENTE DE SUPLEMENTO DE CRÉDITO NÚMERO 1/2005 DA ESCOLA UNIVERSITARIA DE ENFERMERÍA Visto o expediente de suplemento de crédito nº 1/2005 do Padroado da Escola Universitaria de Enfermería, por un importe total de 34.000,00 ¤, motivado pola necesidade de realizar gastos que non poden demorarse ata o exercicio seguinte, e ó non existir consignación suficiente no estado de gastos do presuposto corrente financiarase con cargo ó remanente de tesourería procedente da liquidación do presuposto do Padroado correspondente ó exercicio de 2004. O Pleno, de conformidade co dictame da Comisión Informativa de Economía, Facenda e Turismo, acorda por maioría, cos votos a favor do PP e coas abstencións do PSOE e do BNG, aprobar o expediente de suplemento de crédito nº 1/2005 do Padroado da Escola Universitaria de Enfermería, aplicándolles os gastos a financiar ás partidas e polo importe que a continuación se detalla: -05/842.422.130.00 Retribucións básicas 24.000,00¤ -05/842.422.160.01 Seguridade Social 10.000,00¤ TOTAL 34.000,00¤ O financiamento do expediente realízase con cargo ó remanente de tesourería procedente da liquidación do presuposto do Padroado correspondente ó exercicio de 2004, conlevando dito financiamento o incremento das previsións de ingreso no subconcepto. -05/842.870.01 Aplicación ó financiamento de suplementos de crédito 34.000,00¤ Dito expediente exporase ó público, para efectos de reclamacións, por un período de quince días hábiles, quedando definitivamente aprobado en caso de non producirse estas. ------ Folla: 5.5236.- EXPEDIENTE DE SUPLEMENTO DE CRÉDITO NÚMERO 1/2005 DO PADROADO PROVINCIAL DE TURISMO "RÍAS BAIXAS" Sr. Presidente.- Punto número 5. Expediente de suplemento de crédito número 1/2005 do Padroado Provincial de Turismo "Rías Baixas". Votamos entón o punto número 5. ¿Votos en contra?. ¿Abstencións?. ¿A favor?. Visto o expediente de suplemento de crédito nº 1/2005 do Padroado de Turismo "Rías Baixas", por un importe total de 84.928,10 Euros, motivado pola necesidade de realizar gastos que non poden demorarse ata o exercicio seguinte, e ó non existir consignación suficiente no estado de gastos do presuposto corrente financiarase con cargo ó remanente de tesourería procedente da liquidación do presuposto do Padroado correspondente ó exercicio de 2004. O Pleno, de conformidade co dictame da Comisión Informativa de Economía, Facenda e Turismo, acorda por maioría, cos votos a favor do PP e coas abstencións do PSOE e do BNG, aprobar o expediente de suplemento de crédito nº 1/2005 do Padroado de Turismo "Rías Baixas", aplicándolles os gastos a financiar ás partidas e polo importe que a continuación se detalla: -05/875.751.203.00 Aluguer maquinaria, instalacións e utillaxe 161,74¤ -05/875.751.213.00 Maquinaria, instalacións e utillaxe 560,79¤ -05/875.751.216.00 Equipo para proceso de información 97,44¤ -05/875.751.220.00 Ordinario non inventariable 24,67¤ -05/875.751.220.01 Prensa, revistas e outros 132,80¤ -05/875.751.220.02 Material informático non inventariable 3.248,00¤ -05/875.751.221.01 Auga 269,80¤ -05/875.751.221.04 Vestiario 286,00 -05/875.751.222.00 Comunicacións telefónicas 2.076,07¤ -05/875.751.223.00 Transportes 1.442,83¤ -05/875.751.226.02 Publicidade e propaganda 28.999,99¤ -05/875.751.226.20 Gastos de promoción 322,88¤ -05/875.751.226.23 Fomento do turismo 7.192,46¤ -05/875.751.227.06 Estudios e traballos técnicos 6.629,97¤ -05/875.751.462.02 Subvencións a Concellos 3.810,00¤ -05/875.751.462.03 Concursos, etc. 20.000,00 -05/875.751.626.01 Adquisición 9.672,66¤ TOTAL 84.928,10¤ O financiamento do expediente realízase con cargo ó remanente de tesourería procedente da liquidación do presuposto do Padroado correspondente ó exercicio de 2004, conlevando dito financiamento o incremento das previsións de ingreso no subconcepto. -05/875.870.01 Aplicación ó financiamento de suplementos de crédito 84.928,10¤ Dito expediente exporase ó público, para efectos de reclamacións, por un período de quince días hábiles, quedando definitivamente aprobado en caso de non producirse estas. ------ Folla: 6.5237.- EXPEDIENTE DE MODIFICACIÓN DE CRÉDITOS NÚMERO 2/2005 Sr. Presidente.- Punto número 6. Expediente de modificación de créditos número 2/2005. ¿Votos en contra?. ¿Abstencións?. ¿A favor?. Visto o expediente de modificación de créditos número 2/2005, dentro do vixente presuposto provincial, por un importe total de 907.587,70 Euros, motivado pola necesidade de realizar gastos que non poden demorarse ata o exercicio seguinte, e ó non existir consignación suficiente no estado de gastos do presuposto corrente financiarase, os suplementos de crédito por importe de 864.110,00¤ e os créditos extraordinarios por importe de 43.477,70¤, con cargo ó remanente de tesourería dispoñible. O Pleno, de conformidade co dictame da Comisión Informativa de Economía, Facenda e Turismo, acorda por maioría, cos votos a favor do PP e coas abstencións do PSOE e do BNG, aprobar o expediente de modificación de créditos número 2/2005, que resumido por capítulos presenta a seguinte estructura: Capítulo 1º Gastos de persoal 8,00¤ Capítulo 2º Gastos en bens correntes e de servizos 111.822,70¤ Capítulo 3º Gastos financeiros 1,00¤ Capítulo 4º Transferencias correntes 238.003,00¤ Capítulo 6º Investimentos reais 377.503,00¤ Capítulo 7º Transferencias de capital 180.250,00¤ Total variacións por capítulos 907.587,70¤ Dito expediente exporase ó público, para efectos de reclamacións, por un período de quince días hábiles, quedando definitivamente aprobado en caso de non producirse estas. ------ Folla: 7.5238.- APROBACIÓN INICIAL DO PROXECTO "EP VILANOVIÑA-CALDAS (MEIS-PORTAS)" (POL 2005). EXPOSICIÓN PÚBLICA DO MESMO. DECLARACIÓN DE UTILIDADE PÚBLICA DA OBRA. SOLICITUDE Á XUNTA DE GALICIA DA DECLARACIÓN DE URXENTE OCUPACIÓN. MOTIVACIÓN DA URXENCIA Sr. Presidente.- Punto número 7. Aprobación inicial do proxecto "EP Vilanoviña-Caldas (Meis-Portas)" (POL 2005). Exposición pública do mesmo. Declaración de utilidade pública da obra. Solicitude á Xunta de Galicia da declaración de urxente ocupación. Motivación da urxencia. ¿Votos en contra?. ¿Abstencións?. ¿A favor?. O proxecto "Terminación do ensanche e mellora da EP 8004 Vilanoviña-Caldas (Meis-Portas)", pertencente ó Programa Operativo Local 2005 (POL) e que está dotado dun presuposto para coñecemento da Administración de 160.000 euros, desagregado en presuposto de execución por contrata por importe de 118.642,60 euros e capítulo de expropiacións por importe de 41.357,40 euros, ten por obxecto o remate do ensanche de dita estrada, así como a mellora do firme actual. Á vista do informe emitido polo Servizo de Intervención, no que se certifica a existencia de saldo de crédito dispoñible na partida 05/911.511-611.03 para facer fronte ó gasto da obra e das expropiacións que conleva, e do informe emitido polo Enxeñeiro Técnico de Vías e Obras, advertindo da necesidade de acometer dita obra, o Pleno acorda por unanimidade: 1.- A aprobación inicial do proxecto "Terminación do ensanche e mellora da EP 8004 Vilanoviña-Caldas (Meis-Portas)", dotado dun presuposto para coñecemento da Administración de 160.000 euros, desagregado en presuposto de execución por contrata por importe de 118.642,60 euros e capítulo de expropiacións por importe de 41.357,40 euros. 2.- A exposición pública do mesmo e do expediente expropiatorio que conleva, polo prazo regulamentario, a efectos de posibles reclamacións, entendéndose aprobado definitivamente, de forma automática, en caso de non producirse as mesmas. 3.- A declaración de utilidade pública da obra, con base no informe emitido polo Enxeñeiro Técnico de Vías e Obras, advertindo da premura que reviste a execución da obra. 4.- A solicitude á Xunta de Galicia da declaración de urxente ocupación dos bens e terreos afectados pola referida obra. 5.- A motivación da urxencia que se pretende dar ás expropiacións que xera dita obra, en base ó informe emitido o 21 de xuño de 2005 polo Enxeñeiro Técnico de Vías e Obras, no que se sinala que "durante os últimos anos veuse actuando na estrada provincial 8004 Vilanoviña-Caldas, mediante diversos plans de obras, co ambicioso fin de lograr unha estrada adecuada ás condicións de tráfico que soporta e, ó mesmo tempo, mellorar notablemente a seguridade do viandante, sendo esta segunda condición fundamental por tratarse dunha zona densamente poboada. Coa finalidade de contribuír ó grande desenvolvemento que experimentou nos últimos anos a comarca do Salnés, cunha mellora substancial nas súas infraestructuras entre as cales se atopan as vías de comunicación, abórdase o presente proxecto xa que o tramo de estrada Vilanoviña-Caldas ten unha grande importancia por tratarse da conexión de grande parte da zona norte da provincia (A Estrada, Cuntis, Caldas, Portas, Moraña ...) coa comarca do Salnés, sendo esto especialmente relevante na época estival, por ser a ruta utilizada para o acceso ás praias. Polo exposto anteriormente, e co fin de lograr canto antes o remate da mellora da citada estrada, preséntase con carácter de urxencia o presente proxecto. ------ Folla: 8.5239.- RATIFICACIÓN DE RESOLUCIÓN PRESIDENCIAL DE NOMEAMENTO DE REPRESENTANTES NO COMITÉ DE DIRECCIÓN DA AGRUPACIÓN DE DESENVOLVEMENTO ÁREA METROPOLITANA DE VIGO Sr. Presidente.- Punto número 8. Ratificación de Resolución Presidencial de nomeamento de representantes no Comité de Dirección da Agrupación de desenvolvemento Área Metropolitana de Vigo. Ten a palabra o Secretario para dar conta da proposta. Sr. Secretario.- Si. Se adoptó por urgencia debido a la necesidad del Área Intermunicipal y se nombró a las diputadas provinciais Doña Nidia Arévalo Gómez y Doña Francisca Canal Sánchez. Y ahora procede la ratificación. Sr. Presidente.- Bien, procedemos á votación. ¿Votos en contra?. ¿Abstencións?. ¿A favor?. Vista a Resolución Presidencial de data 29 de abril de 2005, pola que se nomea ás Deputadas Provinciais Dona Nidia María Arévalo Gómez e Dona Francisca Canal Gómez, membros do Comité de Dirección da Agrupación de Desenvolvemento da Área Metropolitana de Vigo, encargada da execución do Proxecto "CONTA CON ELAS" presentado por esta Excma. Deputación Provincial dentro do marco da Iniciativa Comunitaria EQUAL e financiado polo Fondo Social Europeo, coa finalidade de facilitar a inserción laboral e a promoción profesional das mulleres en sectores de actividade e ocupacións masculinizados, o Pleno acorda por maioría, cos votos a favor do PP e coas abstencións do PSOE e do BNG, ratificar a devandita Resolución Presidencial. ------ Folla: 9.5240.- APROBACIÓN DEFINITIVA DOS ESTATUTOS DO CONSORCIO PARA O SERVIZO CONTRA INCENDIOS E SALVAMENTO DA COMARCA DO MORRAZO Sr. Presidente.- Punto número 9. Aprobación definitiva dos Estatutos do Consorcio para o Servizo contra incendios e salvamento da Comarca do Morrazo. ¿Algunha intervención?. Non hai intervencións. Polo tanto procedemos á votación neste caso da aprobación definitiva dos Estatutos do Consorcio contra incendios do Morrazo. ¿Votos en contra?. ¿Abstencións?. O Partido Socialista. ¿A favor?. Bloque Nacionalista Galego e Partido Popular. Visto o expediente iniciado sobre constitución do Consorcio para o Servizo contra Incendios e Salvamento da Comarca do Morrazo, do que forman parte a Deputación Provincial de Pontevedra e os Concellos de Bueu, Cangas e Moaña, e visto, así mesmo, o borrador dos Estatutos que rexerán o seu funcionamento, aprobado provisoriamente pola Asemblea do Consorcio en sesión de 28 de febreiro de 2005, e tendo en conta o disposto no art. 141.1 da Lei 5/1997, de 22 de xullo de Administración Local de Galicia, o Pleno acorda por maioría absoluta, cos votos a favor do PP e do BNG e coa abstención do PSOE, aprobar definitivamente os Estatutos do Consorcio para o Servizo contra incendios e Salvamento da Comarca do Morrazo, que remite a Secretaria da Comisión Xestora do Consorcio, e designar como representantes desta Excma. Deputación Provincial no Consorcio a Dona Francisca Canal Gómez e a Dona Nidia María Arévalo Gómez como titular e suplente respectivamente. ------ Folla: 10.5241.- COMUNICACIÓNS Sr. Presidente.- Punto número 10. Comunicacións. Sr. Secretario.- En primer lugar tenemos los extractos de las Resoluciones Presidenciales dictadas entre el 20 de maio y el 22 de xuño do presente ano y una Resolución Presidencial en la que se acuerda que las sesiones ordinarias de la Xunta de Goberno de los vindeiros días 3, 10 e 17 de xuño se celebren ás 8,30 en vez de ás 10 horas. Queda enterado o Pleno das seguintes: A) De extractos de Resolucións Presidenciais dictadas entre o 20 de maio e o 22 de xuño de 2005 e que foron trasladados ós Voceiros dos distintos grupos políticos. B) De Resolución Presidencial de data 1 de xuño de 2005 sobre modificación temporal dos horarios da Xunta de Goberno debido á convocatoria de eleccións ó Parlamento Galego. ------ Folla: 11.5242.- ROGOS E PREGUNTAS Sr. Presidente.- Rogos e preguntas. Sr. Mosquera. Sr. Mosquera Lorenzo.- Si, estamos no punto 11, rogos e preguntas. Eu era para recordar e retomar un asunto que creo que pode ser un bo momento, o momento xa foi hai tempo pero pasou. A finais do 2003 aprobouse aquí unha moción a iniciativa, para a elaboración dun novo regulamento ou regulamentos de organización (ROF) desta Corporación. Ben, pudo haber a partir daquel momento certa, un tempo prudencial en que se puido deixar, bueno porque estaba a nova experiencia elaborar os regulamentos pola Lei de modernización da Administración Local, bueno, a Lei de grandes cidades que se chama ás veces. Pero bueno, xa me parece que pasou un tempo, verdade, polo menos levamos coma un ano de retraso, no que non se dou absolutamente ningún paso e parece que é un erro, é un erro por dous motivos, un porque o que temos é moi antigo, moi desfasado, moi autoritario e de feito non se está aplicando para nada nos Plenos, e dous porque o novo marco lexislativo dá unha serie de posibilidades de organización da Corporación que creo que se deberían cando menos explorar e aproveitar cara á organización ou cara deixar digamos a carcasa organizativa cara o futuro, que permitira dunha maneira digamos establecida no regulamento, pode ser que o permita por outras vías pero sempre son máis complicadas permitilas, digamos ter un marco axeitado ou máis actualizado para funcionar. Vai alá pois eso, ano e medio, e non se dou ningún paso, creo que sería oportuno e non o tomo, é dicir se fora pola cuestión dun desprezo por unha moción aprobada a iniciativa nosa pois bueno, o utilizaríamos hai un mes ou hai dous, en precampaña, non se trata deso, trátase de que estamos convencidos de que hai que facelo e bueno, e queixarnos polo retraso e non ter dado ningún paso. Sr. Presidente.- Ben, pois atenderemos esa petición que iniciamos nesta Corporación para darlle un novo impulso precisamente a esa situación. ¿Máis preguntas?. Sr. Juanes. Sr. Juanes Rodríguez.- Si, bos días a todos. Moitas gracias Sr. Presidente. Non os vou a deleitar máis xa coas miñas dotes de políglota, sigo esperando, levamos un ano e once meses esperando por esa información, creo que é sobre todo triste e indignante, e bueno, podémoslle poñer todos os calificativos que vostedes queiran. E digo que non sigo coas miñas dotes de políglota porque vexo que vostedes perderon o humor ou nunca o tiveron, non o sei porque despois do que ocurriu no último Pleno coa miña intervención e as intervencións groseras, de mal gusto por parte dalgúns membros desta Corporación pois realmente me fan pois retomar a cuestión e non continuar con cuestións que poden ser mal interpretadas e que xa digo, que caemos nun debate grosero, de mal gusto e que di moi pouco a favor desta Institución e de todos os que formamos esta Institución. E como lles gusta a política seria polo que vexo, moi seria, e o tema este é da suficientemente gravidade, pois vou tamén eu a facer unha política seria. Sr. Presidente os meus dereitos como Deputado están sendo claramente vulnerados. Eu teño un dereito á información que se me nega sistematicamente. Sr. Presidente eu esto non é nin moito menos unha ameaza nin unha advertencia, é un rogo, un rogo que estamos en ese apartado e lle rogo que me dea esa información, llo rogo encarecidamente. Se realmente no próximo Pleno eu non teño esa información, Sr. Presidente en base a esa seriedade que vostedes lle queren dar ou mal entendida seriedade, que lle queren dar a política desta casa, non me verei, vamos me verei na obriga de comunicar ó Fiscal que os meus dereitos como cargo público e como Deputado nesta casa están sendo claramente vulnerados. Espero porque non me gusta ter que chegar a esa situación e lle rogo encarecidamente que me dea esa información canto antes, se non é así dende logo me verei obrigado a poñelo en coñecemento do Fiscal porque me vexo, vamos, nunha absoluta situación de indefensión e os meus dereitos como cargo público vulnerados e a verdade é que crea unha frustración persoal, política e social. E creo que bueno, que non debemos chegar a eses extremos e polo tanto lle rogo encarecidamente que me dea esa información e de verdade que non quero entrar en debate, non quero entrar en debate. Moitas gracias Sr. Presidente. Sr. Presidente.- Gracias Sr. Juanes. Xa estamos traballando neso para darlle exhaustivo traballo en relación a esa documentación que vostede pide. Sr. Araujo. Sr. Araujo Quintas.- Gracias Sr. Presidente. Eu tamén é unha reiteración, no Pleno do mes de abril fixen unha pregunta, no mes de maio volvín a reiterala, estamos no Pleno de xuño e sigo sen ter contestación sobre esa pregunta que lle fixera, sobre a creación da rede de escolas de gaitas na provincia de Pontevedra. Ben, eu non sei se é tan complicado contestala, ou se realmente hai algo que o goberno entende que a oposición non debemos saber. En todo caso insisto, reitero, que se me conteste canto antes, e rógolle que esa contestación se nos dea. Gracias. Sr. Presidente.- Moitas gracias. Bueno, dicirlle primeiro que o que vostede está afirmando agora é certo en parte, aquí se lle deu unha contestación ampla, clara, abundante e ó mesmo tempo vostede sabe, porque bueno, eu sei que algún dos colectivos, que gracias a que neste caso a Deputación puxo en marcha un proxecto, pois outros lle xurdiu a idea tamén de facer algo. E a min me parece fantástico que alguén se movese, gracias a que a Deputación, a iniciativa precisamente doutra asociación ou dunha federación importante da provincia pois quixera facer un proxecto. Entón como diálogo tamén temos e talante tamén, escoitamos a eses outros que, a algúns dos que vostede coñece, e dalgunha maneira pois presentaron un proxecto e parece ser que vai haber ámbolos dous proxectos, que era un pouco o que vostede dicía, aínda que de momento aquí o único que se estaba traballando e na clase de gaita e percusión. Entón, bueno, eu me alegro precisamente de que gracias a que a Deputación puxo en marcha un proxecto pois dende aí nacera unha posibilidade de facer un proxecto conxunto incluso. E neso se está traballando ou sexa que polo tanto vostede non diga que non ten información porque se lle deu aquí en persoa como digo, e se hai algunha cuestión técnica que haxa que contestarlle supoño que estará dada a orde para que se lle conteste por escrito. Pero no resto, pois, nos alegramos todos de que gracias á iniciativa e o impulso que ten esta casa, independentemente de que incluso a algúns lle poida molestar máis ou menos, o importante é facer cousas, porque non se equivoca aquel que non fai nada, evidentemente ese non se equivoca nunca. Agora os que facemos cousas pois tamén evidentemente somos humanos, agora, neste caso creo que puxemos en marcha un importantísimo proxecto para a provincia e por eso que de aí xurdiu a posibilidade de que se incorpore outro novo proxecto conxuntamente e poidan facer algo, como digo, que poida ser bo para precisamente recuperar pois o que é a cultura e a identificación propia da nosa provincia. E neso se está traballando. Sr. Araujo Quintas.- Mire, eu se me permite, paréceme moi ben todo eso, creo que o mérito en todo caso había que repartilo, pero non vou a entrar nese tema. A cuestión é que eu fixen unhas preguntas moi concretas, moi concretiñas ademais e que non se me contestaron. Eu falo dende a miña condición de Deputado dende este Pleno e polo tanto a resposta que espero é da Presidencia deste Pleno, é dicir, a min os intermediarios, eu podo falar, deixar de falar, ese é un tema que non vén a conto, eu fixen unhas preguntas e quero que se me respondan. É tan simple coma eso, nada máis. Sr. Presidente.- Pois se son técnicas xa llas contestarán de todas maneiras, algunha eu creo que xa o propio Secretario xa lle contestou nalgunha, creo que algunha se lle contestou xa, non sei se hai, pero xa non afectan, precisamente a eso que están preguntando senón que afectan precisamente a outras preguntas. Pero vamos, se algunha falta por contestar, algunha que sexa con contido expresamente técnico, pois se lle dará, pero eu sei que algunha xa se contestou. Moitas gracias. Sr. Pazos. Sr. Pazos Docampo.- No Pleno do mes de abril eu presentei tres preguntas, o Presidente comprometeuse a respondelas por escrito, xa van dous meses e aínda non teño resposta por escrito. Sr. Presidente.- Me di o Secretario que xa están respondidas. Eu teño unha fotocopia aquí, pero xa lla mandaron, ou sexa que aquí está a copia e xa lla enviou o Secretario. Sr. Pazos Docampo.- Está ben. Sr. Presidente.- ¿Máis preguntas?. Non hai máis preguntas, oposición, goberno, non hai máis preguntas. Levántase a sesión. Moi bos días. E non habendo máis asuntos que tratar, polo Sr. Presidente, sendo as once horas e trinta minutos do expresado día, dáse por rematada a sesión e dela esténdese a presente Acta, que asinará o Ilmo. Sr. Presidente comigo, o Secretario, que dou fe. ------ Folla: 1.5232.- ACTA ANTERIOR Sr. Presidente.- Primeiro punto. Aprobación do borrador da acta da anterior sesión, ordinaria, do día 25 de maio do 2005. Apróbase. Apróbase por unanimidade o borrador da acta da anterior sesión, ordinaria, do día 25 de maio de 2005. ------
Área de documentación
Existencia e localización de copias Enlace para escoitar o audio da sesión do Pleno
Ãrea de notas
Nota