Fondos
2005-07-27_Ordinaria. Acta de sesión 2005/07/27_Ordinaria
Acta de sesión 2005/07/27_Ordinaria
Área de identificación
Código(s) de referencia ES.GA.36038.ADPO.1.1.3.3.33.365/3.2005-07-27_Ordinaria
Título Acta de sesión 2005/07/27_Ordinaria
Data(s) 2005-07-27 (Creación)
Volume e soporte 1 acta de sesión
Área de contexto
Institución arquivística Arquivo Deputación de Pontevedra
Área de contido e estrutura
Alcance e contido Folla: Da sesión ordinaria en primeira convocatoria, celebrada polo Pleno desta Excma. Deputación o día, 27 de xullo de 2005 No Salón de sesións da Excma. Deputación Provincial de Pontevedra, sendo as once horas e cinco minutos do día vinte e sete de xullo do ano dous mil cinco, baixo a Presidencia do Ilmo. Sr. Presidente D. Rafael Louzán Abal, reuníronse as/os Señoras/es Deputadas/os, D. Xosé Antón Araujo Quintas, Dona Nidia María Arévalo Gómez, D. Ramón Campos Durán, Dona Francisca Canal Gómez, D. José Costa Díaz, D. Xosé Crespo Iglesias, D. José Juan Durán Hermida, D. Antonio Feliciano Fernández Rocha, D. José Manuel Figueroa Vila, D. Emilio González Iglesias, D. Efrén Juanes Rodríguez, D. José Antonio Landín Eirín, D. José Antonio Lorenzo Rodríguez, Dona Clara Millán González, D. Xosé Cesáreo Mosquera Lorenzo, D. Constante Juan Muradas Ramos, D. Manuel Núñez Sestelo, D. Xosé Carlos Pazos Docampo, Dona María Teresa Pedrosa Silva, D. Juan Manuel Rey Rey, D. Alfredo Rodríguez Millares, D. Rodrigo Santiago Novas, Dona Belén Sío Lourido, D. José Enrique Sotelo Villar e D. Jesús Vázquez Almuíña, co obxecto de celebrar sesión ordinaria da Deputación en Pleno, en primeira convocatoria, consonte á correspondente orde do día. Non asiste o Sr. Deputado Provincial D. Xabier Mª Toba Girón. Da fé do acto o Secretario Accidental, D. Carlos Cuadrado Romay, e está presente o Sr. Interventor Accidental, D. Antonio Graña Gómez. Declarada aberta a sesión e de orde da Presidencia éntrase seguidamente no exame da orde do día, adoptándose en relación coa mesma os seguintes acordos: Sr. Presidente.- Vamos a dar comezo á sesión ordinaria do Pleno da Corporación Provincial. ------ Folla: 2.5244.- DELEGACIÓN DE COMPETENCIAS DO CONCELLO DE SOUTOMAIOR, A FAVOR DO ORAL PARA A XESTIÓN, LIQUIDACIÓN, INSPECCIÓN E RECADACIÓN DA LIQUIDACIÓN DEFINITIVA DO IMPOSTO SOBRE CONSTRUCIÓNS, INSTALACIÓNS E OBRAS Sr. Presidente.- Segundo punto. Delegación de competencias do Concello de Soutomaior a favor do ORAL para a xestión, da liquidación, inspección e recadación da liquidación definitiva do imposto sobre construcións, instalacións e obras. Se queredes leo o número 3 e o número 4, que tamén son ampliación da delegación de competencias efectuada polo Concello de Tui a favor do ORAL para a xestión e recadación das sancións de tráfico e a recadación executiva doutros recursos locais; e tamén delegación de competencias do Concello de Nigrán a favor do ORAL para a recadación de todos os recursos tributarios e prezos públicos así como das liquidacións de calquera outros de natureza pública no período executivo. ¿Votamos os tres xuntos?. Procedemos á votación dos puntos 2, 3 e 4. ¿Votos en contra?. ¿Abstencións?. ¿A favor?. Visto o acordo do Consello Rector do ORAL (Organismo Autónomo Provincial de Xestión de Recursos Locais da Excma. Deputación Provincial de Pontevedra), de data 29 de xuño de 2005, sobre aceptación da delegación do Concello de Soutomaior para a xestión, liquidación, inspección e recadación da liquidación definitiva do imposto sobre construcións, instalacións e obras, o Pleno de conformidade co dictame da Comisión Informativa de Economía, Facenda e Turismo, acorda por unanimidade: Aceptar, de conformidade co previsto no artigo 7.2 do Real decreto lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o Texto refundido da Lei reguladora das facendas locais, a delegación na Deputación Provincial de Pontevedra-ORAL, que en materia de xestión, liquidación, inspección e recadación da liquidación definitiva do imposto sobre contrucións, instalacións e obras, realizou o Concello de Soutomaior, por acordo do Pleno de data 13 de maio de 2005, seguindo o establecido nos artigos 106.3 da Lei 7/1985, de 2 de abril, Reguladora das bases de réxime local, e 7 do citado Real decreto lexislativo 2/2004. A citada delegación publicarase no Boletín Oficial da Provincial e no Diario Oficial de Galicia, tal como determina o meritado artigo 7.2 "in fine". ------ Folla: 3.5245.- AMPLIACIÓN DA DELEGACIÓN DE COMPETENCIAS EFECTUADA POLO CONCELLO DE TUI A FAVOR DO ORAL PARA A XESTIÓN-RECADACIÓN DAS SANCIÓNS DE TRÁFICO E A RECADACIÓN EXECUTIVA DOUTROS RECURSOS LOCAIS Visto o acordo do Consello Rector do ORAL (Organismo Autónomo Provincial de Xestión de Recursos Locais da Excma. Deputación Provincial de Pontevedra), de data 29 de xuño de 2005, sobre aceptación da ampliación da delegación feita polo Concello de Tui para a xestión-recadación das sancións de tráfico, así como da recadación executiva das infraccións urbanísticas, infraccións administrativas, e das taxas, prezos públicos, etc..., pendentes de cobro na Tesourería municipal. O Pleno de conformidade co dictame da Comisión informativa de Economía, Facenda e Turismo, acorda por unanimidade: Aceptar, de conformidade co previsto no artigo 7.2 do Real decreto lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o Texto refundido da Lei reguladora das facendas locais, a ampliación da delegación feita o 25 de setembro de 1992 na Deputación Provincial de Pontevedra -ORAL, que en materia xestión-recadación de sancións de tráfico, así como da recadación executiva das infraccións urbanísticas, infraccións administrativas, e das taxas, prezos públicos, etc..., pendentes de cobro na Tesourería municipal, realizou o Concello de Tui, por acordo do Pleno de data 17 de decembro de 1993, seguindo o establecido nos artigos 106.3 da Lei 7/1985, de 2 de abril, Reguladora das bases de réxime local, e 7 do citado Real decreto lexislativo 2/2004. A citada delegación publicarase no Boletín Oficial da Provincia e no Diario Oficial de Galicia, tal como determina o meritado artigo 7.2 "in fine" ------ Folla: 4.5246.- DELEGACIÓN DE COMPETENCIAS DO CONCELLO DE NIGRÁN, A FAVOR DO ORAL PARA A RECADACIÓN DE TODOS OS RECURSOS TRIBUTARIOS E PREZOS PÚBLICOS ASÍ COMO DAS LIQUIDACIÓNS DE CALQUERA OUTROS DE NATUREZA PÚBLICA NO PERÍODO EXECUTIVO Visto o acordo do Consello Rector do ORAL (Organismo Autónomo Provincial de Xestión de Recursos Locais da Excma. Deputación Provincial de Pontevedra), de data 29 de xuño de 2005, sobre aceptación de delegación do Concello de Nigrán para a recadación de todos os recursos tributarios e prezos públicos, así como das liquidacións de calquera outros de natureza pública no período executivo, o Pleno, de conformidade co dictame da Comisión Informativa de Economía, Facenda e Turismo, acorda por unanimidade: Aceptar, de conformidade co previsto no artigo 7.2 do Real decreto lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o Texto refundido da Lei reguladora das facendas locais, a delegación na Deputación Provincial de Pontevedra-ORAL, que en materia de recadación de todos os recursos tributarios e prezos públicos, así como das liquidacións de calquera outros de natureza pública no período executivo, realizou o Concello de Nigrán, por acordo do Pleno de data 29 de abril de 2005, seguindo o establecido nos artigos 106.3 da Lei 7/1985, de 2 de abril, Reguladora das bases de réxime local, e 7 do citado Real decreto lexislativo 2/2004. A citada delegación publicarase no Boletín Oficial da Provincia e no Diario Oficial de Galicia, tal como determina o meritado artigo 7.2 "in fine". ------ Folla: 5.5247.- EXPEDIENTE DE MODIFICACIÓN DE CRÉDITOS NÚMERO 3/2005 Sr. Presidente.- Expediente de modificación de créditos número 3/2005. Sr. Figueroa. Sr. Figueroa Vila.- Si, bos días. Este expediente de modificación de crédito ten un contido total de 603.933 Euros, vai destinado preferentemente a transferencias para axudas a deporte e xuventude, 272.000 euros; outra transferencia de Acción Social por 110.000 euros; tamén un convenio que hai firmado coa Federación Española de Municipios e co Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación, para internet no rural, por un importe tamén de 80.000 euros; e despois outras contías menores do Servizo de Publicacións 18.000, algún tema de material de oficina, e tamén unha transferencia ó Consorcio da Zona Franca que quedaba dunha anualidade de 1.503 euros. Esto significan 603.933 euros e é o que traemos á aprobación do Pleno e á ratificación dos grupos políticos. Sr. Presidente.- Moitas gracias Sr. Figueroa. ¿Algunha intervención?. Sr. Mosquera. Sr. Mosquera Lorenzo.- Moi bos días. Moitas gracias Sr. Presidente. Ben, non vamos a entrar na contía entre outras cousas, nin tan sequera se explica moi ben na modificación cal son os destinos destas partidas. Non vamos a entrar na contía nin nos destinos senón simplemente reiterar que tal como se fixo o presuposto, tal como se xestiona no avalamos, polo tanto vamos a votar en contra da modificación. Sr. Presidente.- Moitas gracias. Sr. González Iglesias. Sr. González Iglesias.- Si, nós non votamos a favor do presuposto e polo tanto non vamos a compartir unha modificación dada a contía e os fins que son vamos absternos. Sr. Presidente.- De acordo. Moitas gracias. Procedemos polo tanto á votación do punto número 5. ¿Votos en contra?. Bloque Nacionalista Galego. ¿Abstencións?. Partido Socialista. ¿A favor?. Partido Popular. Visto o expediente de modificación de créditos número 3/2005, dentro do vixente presuposto provincial, por un importe total de 603.933,22 euros, motivado pola necesidade de realizar gastos que non poden demorarse ata o exercicio seguinte, e ó non existir consignación suficiente no estado de gastos do presuposto corrente financiarase, os suplementos de crédito por importe de 602.430,22 euros e os créditos extraordinarios por importe de 1.503,00 euros, con cargo ó remanente de Tesourería dispoñible. O Pleno, de conformidade co dictame da Comisión Informativa de Economía, Facenda e Turismo, acorda por maioría, co voto a favor do PP, co voto en contra do BNG e coa abstención do PSOE, aprobar o expediente de modificación de créditos número 3/2005, que resumido por capítulos presenta a seguinte estructura: Capítulo 2º Gastos en bens correntes e de servizos ........ 35.230,22 ¤ Capítulo 4º Transferencias correntes .................... 358.703,00 ¤ Capítulo 7º Transferencias de capital .................... 210.000,00 ¤ Total variacións por capítulos .................... 603.933,22 ¤ Dito expediente será exposto ó público, para efectos de reclamacións, por un período de quince días hábiles, quedando definitivamente aprobado en caso de non producirse estas. ------ Folla: 6.5248.- APROBACIÓN DEFINITIVA DA CONTA XERAL DA DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA, QUE INCLÚE AS DOS SEUS ORGANISMOS AUTÓNOMOS, CORRESPONDENTE Ó EXERCICIO DE 2004 Sr. Presidente.- Punto número 6. Aprobación definitiva da Conta Xeral da Deputación de Pontevedra, que inclúe as dos seus organismos autónomos, correspondente ó exercicio de 2004. Procedemos polo tanto á votación deste punto xa que é unha cuestión de trámite, supoño que está todo correcto e así procedemos á súa votación. ¿Votos en contra?. ¿Abstencións?. ¿A favor?. Partido Socialista e Partido Popular. Dictaminada favorablemente pola Comisión Especial de Contas, en sesións celebradas os días 18 de maio e 20 de xullo de 2005, a Conta Xeral da Deputación Provincial de Pontevedra e os seus Organismos Autónomos, correspondente ó exercicio de 2004, ó non producirse reclamacións, reparos ou observacións contra a mesma, durante o prazo regulamentario que estivo exposta ó público, e a teor do disposto nos artigos 116 da Lei 7/1985 de 2 de abril , en concordancia co artigo 212-3º do Real decreto lexislativo 2/2004, de 5 de marzo polo que se aproba o Texto refundido da Lei reguladora das facendas locais, o Pleno acorda por maioría, cos votos a favor do PP e do PSOE e coa abstención do BNG: Aprobar a Conta Xeral da Deputación Provincial de Pontevedra correspondente ó exercicio de 2004, e que a forman a da propia Deputación e a dos organismos autónomos seguintes: Escola de Canteiros, Museo Provincial, Escola Universitaria de Enfermería, Centro de Formación Profesional Fogar Provincial, Padroado de Turismo Rías Baixas, Caixa de Anticipos de Cooperación e Organismo Autónomo Provincial de Xestión de Recursos Locais (ORAL), integradas polos estados e contas anuais, os anexos ós estados anuais e a xustificación dos estados e contas anuais, a que se refiren as regras 416, 425 e 415 da Instrucción de Contabilidade para a Administración Local, aprobadas por Orde do Ministerio de Economía e Facenda de 17 de xullo de 1990. ------ Folla: 7.5249.- APROBACIÓN INICIAL DO PROXECTO "MELLORA DA SEGURIDADE VIAL NA INTERSECCIÓN DA EP 8001 COA EP 8702 (CATOIRA)". EXPOSICIÓN PÚBLICA DO MESMO. DECLARACIÓN DE UTILIDADE PÚBLICA DA OBRA. SOLICITUDE Á XUNTA DE GALICIA DE DECLARACIÓN DE URXENTE OCUPACIÓN. MOTIVACIÓN DA URXENCIA Sr. Presidente.- Punto número 7. Aprobación inicial do proxecto de "Mellora da seguridade vial na intersección da EP 8001 coa EP 8702 (Catoira)". Exposición pública do mesmo. Declaración de utilidade pública da obra. Solicitude á Xunta de Galicia de declaración de urxente ocupación e motivación da urxencia. Se non hai ningunha intervención procedemos polo tanto á votación. ¿Votos en contra?. ¿Abstencións?. ¿A favor?. O proxecto "Mellora da seguridade viaria na intersección da EP 8001 coa EP 8702" (Catoira), pertencente a fondos propios 2005 e que está dotado dun presuposto para coñecemento da Administración de 157.668,70 euros, desagregado en presuposto de execución por contrata por importe de 137.004,70 euros e capítulo de expropiacións por importe de 20.664,00 euros, ten por obxecto a construción dunha glorieta na intersección da EP 8001 coa EP 8702, que mellorará notablemente a seguridade viaria neste enlace. A vista do informe que emitiu o Servizo de Intervención, no que se certifica a existencia de saldo de crédito dispoñible na partida 05/511.511.612.02 para facer fronte ó gasto da obra e das expropiacións que supoña e do informe emitido polo enxeñeiro técnico de Vías e Obras, advertindo da necesidade de acometer esta obra, o Pleno acorda por unanimidade: 1. A aprobación inicial do proxecto "Mellora da seguridade viaria na intersección da EP 8001 coa EP 8702" (Catoira), pertencente a fondos propios 2005 e que está dotado dun presuposto para coñecemento da Administración de 157.668,70 euros, desagregado en presuposto de execución por contrata por importe de 137.004,70 euros e capítulo de expropiacións por importe de 20.664,00 euros. 2. A exposición pública deste e mais do expediente expropiatorio, no prazo regulamentario, para efectos de posibles reclamacións, entendéndose aprobado definitivamente, de forma automática, en caso de non producirse. 3. A declaración de utilidade pública da obra, con base no informe emitido polo enxeñeiro técnico de Vías e Obras, advertindo da prema que reviste a execución da obra. 4. A solicitude á Xunta de Galicia da declaración de urxente ocupación dos bens e terreos afectados pola referida obra. 5. A motivación da urxencia que se pretende dar ás expropiacións que xera esta obra, en base ó informe emitido o 15 de xullo de 2005 polo enxeñeiro técnico de Vías e Obras, no que se sinala que "a intersección das estradas provinciais 8001 (Caldas-Carracedo-Catoira) e 8702 (Catoira-Torres do Oeste) existente na actualidade é un enlace en "T". Recentemente a Deputación Provincial de Pontevedra, en convenio coa Deputación Provincial da Coruña, procedeu á reparación da ponte que une ambas provincias, obra longamente demandada polos concellos de ambas marxes e polos usuarios desta importante infraestructura, eixe de comunicación entre a península do Barbanza e a provincia de Pontevedra. Entre ambas actuacións levadas a cabo na citada mellora da ponte inclúese a instalación dunha pasarela cuberta de madeira, a modo de beirarrúa, ó longo de toda a ponte e que supón un importante elemento para a seguridade dos viandantes ademais dun incomparable miradoiro sobre a desembocadura do ría Ulla e as ruínas das Torres do Oeste. Debido á proximidade do enlace en "T" das estradas provinciais citadas no primeiro parágrafo coa ponte produciuse unha diminución da visibilidade do tráfico que accede desde a EP 8702 (Catoira-Torres do Oeste) á EP 8001 (Caldas-Carracedo-Catoira), motivado pola construción da pasarela. Esta diminución da visibilidade implica un elevado risco para a seguridade viaria neste enlace. Co obxecto de solucionar o problema contémplase a construción dunha glorieta, modificando deste modo o enlace existente. Para iso se redacta o proxecto de "Mellora da Seguridade Vial na Intersección da EP 8001 coa EP 8702 (Catoira)". Dado que para a construción da glorieta é preciso ocupar terreos pertencentes a particulares solicítaselle á Xunta de Galicia a declaración de urxente ocupación, estando a urxencia motivada pola perigosidade que supón a situación actual da intersección en base ós argumentos expostos anteriormente. ------ Folla: 8.5250.- APROBACIÓN DO FINANCIAMENTO E DO PROXECTO DA OBRA DE "PAVIMENTACIÓN E MELLORA ACCESO CURRO-PORTELA (BARRO)" NAS ANUALIDADES DE 2005 E 2006 Sr. Presidente.- Punto número 8. Aprobación do financiamento e do proxecto da obra de "Pavimentación e mellora acceso Curro-Portela (Barro)" nas anualidades de 2005 e 2006. Procedemos polo tanto á votación. ¿Votos en contra?. ¿Abstencións?. ¿A favor?. Dada conta de que esta Deputación Provincial encargou a redacción, no ano 2003, do proxecto de "Pavimentación e mellora do acceso da estrada provincial 0506 Curro-Portela (Barro)". Visto que a separata nº 1 deste proxecto ascende á contía de 733.988,97 euros, informándose polo Enxeñeiro Director do Servizo de Vías e Obras que no presente exercicio non será posible a execución de máis do 50% debendo, en consecuencia, financiarse en dúas anualidades cun importe cada unha delas de 366.994,49 euros. E visto que ó estar a execución da obra financiada en dúas anualidades corresponde a aprobación do proxecto e o seu financiamento ó Pleno da Corporación Provincial. É polo que, de conformidade co dictame favorable da Comisión Informativa de Vías e Obras o Pleno acorda por unanimidade, aprobar o financiamento e o proxecto da obra de "Pavimentación e mellora do acceso da estrada provincial 0506 Curro-Portela (Barro)", nas anualidades de 2005 e 2006. ------ Folla: 9.5251.- MODIFICACIÓN DOS ESTATUTOS DO ORGANISMO AUTÓNOMO LOCAL "PADROADO DE TURISMO RÍAS BAIXAS" Sr. Presidente.- Modificación dos Estatutos do organismo autónomo local "Padroado de Turismo Rías Baixas". Sr. Mosquera. Sr. Mosquera Lorenzo.- Gracias Sr. Presidente. Bueno, a intervención a vamos facer para o punto 9 e 10, porque á parte de que se adapte dunha forma particular de adaptación, pero bueno, adaptación á nova lexislación, e se xeran novos órganos, co cal vamos a ver no futuro o funcionamento, tanto órgano, pero bueno, en principio vamos aceptalo. Si hai un problema de fondo bastante serio, que xa saltou con respecto a outros Estatutos aquí, en concreto aprobouse en Comisión, o IPESPO, pero que está sempre coleando a súa concepción da participación. Nun Consello Asesor, neste caso do Padroado de Turismo Rías Baixas ou na Escola de Canteiros, pois non contemplan que ningún sector que poida estar directamente implicado poida ter unha participación a través dos representantes que eles elixan. Ou sexa, nin contempla os sectores nin contempla que poidan elixir representantes. Explícome, o Consello Asesor estará integrado polos membros do Consello Rector e outros membros representativos ou relacionados co sector elixidos pola Xunta Rectora, eso é o que está textualmente nos dous Estatutos, ou sexa que se agora do sector do Padroado de Turismo Rías Baixas e do sector das axencias de viaxes pois quen elixe un representante, pois a Xunta Rectora, non parece razoable, ou na Escola de Canteiros, ¿quen elixe o representante dos alumnos?, se é que hai representante dos alumnos, que non figura, pois a Xunta Rectora, non son os propios alumnos quen o elixen, non se contempla en ningún sitio. Volvo a repetir, artigo 13.2, tanto duns Estatutos coma doutros. Que nin contempla por un lado que sectores en principio terían, se entenden como relacionados como no ámbito, nas Rías Baixas, no caso do punto 10 é moi claro, pois serán os profesores, os alumnos, incluso a Xunta de Montes, porque está, ten unha relación directa, e no caso do Padroado tamén habería que dicir algo, non se di, pero a maiores o mecanismo de elección é cando menos curioso, ou sexa, creamos un Consello Asesor no que se nomea por parte do órgano executivo todos os seus representantes sen dar a posibilidade de que se elixa. Realmente é algo moi particular desta Institución, en todos os Consellos Asesores, incluso da Xunta, o Consello Escolar ou o que sexa, sempre os sectores elixen os seus representantes, elixen os seus representantes, está fixado qué sectores están representados, é o mecanismo de elección e neste caso non, non parece, queda cando menos aberta a porta tal como está, non, aberta non, claramente dixital, ou sexa os representantes pois eso dos sectores afectados para o que está xestionando ese órgano pois son elixidos polo Consello Rector do órgano, ou sexa, polos Deputados, ou sexa, dunha maneira política e corporativa directamente sen darlle ningunha participación real á composición do órgano. Nos parece francamente desafortunado e dende logo se queda así, se queda así, nós non podemos votar a favor destes Estatutos. Sr. Presidente.- Moitas gracias Sr. Mosquera. Ten a palabra o Sr. Muradas. Sr. Muradas Ramos.- Si, incidir un poco en lo mismo y si mal no recuerdo en la última reunión del Patronato de Turismo se acordó, se acordó el incluir en el Consejo Ejecutivo un representante de la asociación de agentes de viaje, de la Federación Provincial de Hostelería y de empresas de hoteles. A eso hay que incidir que con estos Estatutos queda un órgano ejecutivo puramente político, es la composición de una Comisión Informativa pura y dura y la experiencia precisamente en el Patronato de Turismo yo creo que fue bastante positiva con la participación de esta gente. Que se pueda ir luego en el Consejo Consultivo hasta quince miembros pues si, pero yo creo que si tenemos una administración autonómica con competencias en turismo, si tenemos el sector empresarial relacionado con el turismo perfectamente organizado, que nombre a su representante me parece una soberbia que no entren en el Consejo Ejecutivo. En ese sentido sino se incluyen estos miembros nuestro grupo se abstendría en esta propuesta. Sr. Presidente.- Sr. Durán. Sr. Durán Hermida.- Si, ben, bos días Sr. Presidente, bos días compañeiros de Corporación. Efectivamente empezando polas últimas palabras do Deputado Sr. Muradas, a pasada semana, o mércores pasado na reunión do Padroado de Turismo se fixo por parte do Presidente executivo o matiz ese de incluír aquela representación que vostede falaba e dende ese punto de vista non habería problema por parte do grupo de goberno en que así sexa e así conste, que eso digamos foi o acordo que se tomou alí hai unha semana. E respecto xa da intervención anterior do Sr. Mosquera, falaba de problemas de fondo, de Consello Asesor, etc., etc., eu creo que este tema que se comentou nunha xunta de voceiros e tamén o mércores pasado, estes Estatutos, o texto dos mesmos, é practicamente un, están inspirados nos Estatutos do organismo provincial de promoción do solo, do IPESPO, que foron redactados e todo o mundo o coñece, porque concretamente tamén o Sr. Mosquera formara parte daquela comisión técnica, por un grupo de xuristas e que digamos que nos ceñimos ós mesmos porque entendemos que eran axeitados e operativos para levar adiante os fins que corresponde, e tamén dende esa perspectiva do equipo de goberno de uniformizar o que é o funcionamento dos organismos autónomos desta institución con independencia loxicamente, como tamén comentamos no seu momento de especificidades que habería que preservar como pode ser o caso do Museo de Pontevedra, ou algunha outra que pode haber por aí e dende esa perspectiva e sen ningún outro tipo de matiz nin consideración pois os traemos hoxe aquí á consideración do Pleno. Nada máis Sr. Presidente. Sr. Presidente.- Moitas gracias. Sr. Mosquera Lorenzo. Sr. Mosquera Lorenzo.- Gracias Sr. Presidente. Vamos a ver, eu precisamente fixen referencia ó IPESPO porque daquela xa saltara ese debate e non se quixo aceptar que puidera haber representantes dos sectores, naquel caso sería empresarial ou sindical. Vamos a ver, a nós nos gustaría votar a favor, son uns Estatutos que van quedar aí, esperemos que bastante tempo, polo tanto que si digamos, incluso ata pasaríamos con que non se fixen, no IPESPO si estaban fixados, alcaldes, etc., estaba fixado quen eran, aquí non están. Ata pasaríamos con que non se fixen, agora o que non, o que non parece de recibo que quede nos Estatutos, que poida haber un compromiso verbal agora e dicir, non, se se vai a respectar, ou sexa, se as axencias de viaxe se poñen de acordo e din, mandamos ó Presidente, ou sexa, eso quedaría de palabra, ou sexa, se aí se pon, se aí se puxera no punto 13.2, estar integrado por todos os membros do Consello Rector e outros membros representativos relacionados co sector, elixidos pola Xunta Rectora e se puxera a proposta de cada un dos sectores representados, ou sexa, deixar unha marxe polo menos de que elixan, de que propoñan eles, ou sexa a proposta de, ou sexa, que esto tal e como está redactado sería estatutario que collera a maioría da Xunta Rectora e di, este, este, este e este, son os representantes, acabou, non parece razoable, non parece razoable, tanto neste coma nos seguintes, a proposta de, poñelo a proposta, non aí sería no 3.2 ou final do primeiro parágrafo poñer, ... a proposta do sector representado, algo dese tipo, e vamos se se acepta eso votamos a favor. Sr. Presidente.- Moitas gracias. Sr. Durán. Sr. Durán Hermida.- Si, efectivamente, Sr. Presidente na liña que acaba de expoñer o Sr. Mosquera, si que estamos de acordo, a proposta de cada sector, perfectamente se pode incluír, non hai problema ningún. Sr. Presidente.- Sen máis entón procedemos á votación. Sr. Muradas. Sr. Muradas Ramos.- Si, entiendo que en el Consejo Rector además de los miembros Diputados que ya están ahora entraría un representante de la Comunidad Autónoma, en materia de turismo, entraría un representante de la asociación provincial de viajes, un representante de la federación provincial de hostelería y un representante de la asociación provincial de empresarios de hoteles, quedaría compuesto así. Sr. Presidente.- Non, eu polo que me matizan ademais aquí, eu creo que esa era a proposta que se fixera para o Consello Asesor. Sr. Muradas Ramos.- Non, non, Rector, Rector, Consejo Rector. Sr. Presidente.- Aquí figura que, neste caso, modificación dos Estatutos, en relación a este tema polo Sr. Muradas maniféstase que a representación dos sectores relacionados co turismo, que actualmente están representados na Xunta Rectora, siga estando no Consello Asesor que se crea. Sr. Muradas Ramos.- No, no, hombre, si el Consejo Consultivo va a tener quince, difícilmente no van a entrar en el Consultivo, pero yo creo que es un sector perfectamente organizado y con la suficiente importancia como para que tenga funciones ejecutivas y no meramente consultivas, si la finalidad del Patronato es el promover el turismo en esta provincia, dejar a todo el sector que vive de eso fuera de las funciones ejecutivas no me parece razonable. Y que el Consejo Rector sea puramente político no tiene mucho sentido. Sobre todo basándonos en la experiencia de que es un patronato que hasta ahora funcionó relativamente bien, gracias a la participación de esta gente, obviamente. Sr. Presidente.- Eu non digo o contrario, de todas as maneiras lle cedo a palabra ó Sr. Durán, pero antes quixera dar un dato, a aposta decidida por este sector evidentemente nos últimos, só falta ver os últimos dous anos a aposta decidida, incluída a contribución a mero de ideas que puideron propoñer os propios representantes do sector, quero dicir a aposta decidida en iniciativa e en contribución económica foi desta casa clarisimamente, outra cousa é que ese Consello Asesor igual que no espírito que vai a figurar no Pleno do próximo venres, que vamos a cambiar cincuenta anos despois os Estatutos do Museo, claro aí temos unha situación moi similar onde dalgunha maneira hai persoas vinculadas a esa institución dende hai máis de cincuenta anos, e dalgunha maneira pois tes que buscarlle unha regulación e entón o que non podemos é aplicarlle criterios distintos para precisamente segundo que institución. Entón como a contribución de maneira practicamente total é desta casa, quen debe levar a iniciativa a esta casa sen perder nunca dalgunha maneira a boa vontade e a contribución que poidan facer os sectores implicados. Por eso creamos este órgano asesor, pero bueno, eu de todas maneiras cédolle a palabra a D. José Juan Durán que é quen está levando toda esta cuestión. Sr. Durán Hermida.- Si, ben, gracias Sr. Presidente. Eu teño a sensación que estivéramos o Sr. Muradas e nós na mesma reunión e na mesma reunión eu creo recordar que en ningún momento nos referimos ó que é o Consello Rector, nos referíamos loxicamente polo que é pola súa condición de órgano consultivo de asesoramento, que todas esas persoas, a proposta como dicía antes, respecto da intervención do Sr. Mosquera, se integrarían nese consello asesor, do mesmo xeito que sucede nos outros organismos autónomos. Efectivamente o Consello Rector ten unha composición que todos coñecemos e coidamos que se debe manter así, é unha cuestión de adaptación da Lei de modernización do goberno local que a Deputación e tamén respectando todo o que é os criterios de proporcionalidade con respecto á composición desta Corporación pois así se fixo, e o criterio é o que levamos a ese padroado e ós outros padroados, é o que defendeu este grupo, é o que conversou cos grupos da oposición, foi o que se votou e foi o que se dictaminou. Nada máis. Sr. Presidente.- Moitas gracias. Sr. Muradas. Sr. Muradas Ramos.- Si, yo creo que la propuesta quedo clara y yo creo que el Presidente del Patronato la entendió perfectamente, o sea que para el consejo consultivo no tiene lógica ninguna, ni siquiera la propuesta, la propuesta la hice yo y la hice para el consejo rector, que es donde me parece que debe estar. En cuanto a que la Diputación es la que aporta más, pues si ... Sr. Presidente.- No, máis non, achega o financiamento ... Sr. Muradas Ramos.- ... o que tiene una apuesta decidida por el turismo, ese no es el debate, el debate es dejar a un sector perfectamente organizado, fuera de un patronato con funciones ejecutivas, en cualquier caso la maioría de la Diputación dentro de ese consejo quedaría garantizada, o sea, no entiendo el por qué sobre todo habiendo una experiencia muy positiva del funcionamiento de este órgano rector. En cuanto a la adaptación de la Lei no la altera en absoluto, que todos los Estatutos de todos los patronatos tengan que tener el mismo reglamento no me parece un argumento sólido, en absoluto, cada patronato tiene sus características y en función de esas cada una tiene sus Estatutos. Yo entiendo que ahí ese órgano rector con funciones ejecutivas tiene que estar representado todo el sector turístico de la provincia. Nada más. Sr. Presidente.- Ese é o noso espírito e polo tanto aí están representados. Só lle digo que aí coincidimos neste caso o Bloque Nacionalista Galego e nós mesmos, porque eu estiven na planificación da adaptación ós novos Estatutos, pero eu teño que dicirlle que tal e como se detecta desta acta asinada polo Secretario, si a xunta do, o que pasa é que aí hai que aclarar ben porque ás veces se leva a confusión pois o que é o órgano rector e o consello asesor, que son palabras distintas pero, aquí pon: a Xunta Rectora do Padroado Provincial de Turismo Rías Baixas, na sesión celebrada o día 20 de xullo do ano 2005, acordou entre outros o seguinte: Modificación dos Estatutos: Polo Presidente dáse conta de que a modificación obedece en primeiro lugar á necesidade de adaptar os Estatutos á Lei 57/2003, de 16 de decembro de medidas para a modernización do goberno local e que así mesmo se buscou uniformar a regulación de todos os organismos autónomos provinciais. Polo Secretario se explican os aspectos legais. Polo Sr. Muradas maniféstase que a representación dos sectores relacionados co Turismo que actualmente están representados na Xunta Rectora, sigan estando no Consello Asesor que se crea. Sometidos a votación os mesmos son aprobados por maioría coa abstención do Sr. Muradas. O que lle traslado para o seu coñecemento, cumprimento e demais efectos. Esto é o que se acordou, vamos é o que está aquí. Sr. Muradas Ramos.- Está ahora porque hace media hora no estaba. Esa fue un acta que se hizo a toda velocidad porque hace una hora que acabo de preguntar por ella y aún no estaba redactada. En cualquier caso la propuesta la hice yo, me habré explicado mal. Pero ahora que me estoy explicando bien. O sea si yo en la argumentación para incluir a esos representantes digo que deben de tener funciones ejecutivas y no meramente consultivas, estoy hablando del consejo rector no estoy hablando del consultivo. Insisto difícilmente todo ese sector va a quedar fuera del consultivo, ya sería el colmo, simplemente defiendo, defiendo que el sector relacionado directísimamente con ese Patronato tiene que tener funciones ejecutivas como tuvo hasta ahora y que el Patronato funcionó muy bien gracias a los conocimientos y a las aportaciones de sus representantes. Nada más. Sr. Presidente.- Sr. Muradas. Eu comparto con vostede pero dalgunha maneira o que non me gustaría facer demagoxia deste tema porque se alguén velou polo sector foi este goberno provincial no sentido de que fixo a aposta máis decidida por este sector que se fixo nos últimos trinta anos nesta provincia. Polo tanto neso non hai ningunha dúbida de que nós queremos implicarnos co sector, e de feito se lle escoitou e se lle vai a escoitar sempre e por eso van a figurar aí nese consello asesor que xa lle anticipo que non vai haber practicamente diferenzas en relación á súa proposta, o que propoñía o Consello Asesor, sobre os acordos que se vaian a levar ó consello rector. Por eso que nós o que queremos precisamente é o mellor para ese sector porque para eso se fixo dende esta casa a maior aposta da historia para darlle un significado que o ten, é fundamental e transcendental, para a provincia de Pontevedra. Sr. Mosquera. Sr. Mosquera Lorenzo.- Si, gracias. Vamos a ver, volvo ó artigo 13.2, quero que quede claro, parece que se aceptou, tanto no punto 9 coma no 10, sería "ata un máximo de 15, a proposta do propio sector". Pero hai un erro máis, porque fala de Xunta Rectora cando non se fala no resto, ou sexa, un pouquiño antes di "elixidos pola Xunta Rectora", será polo Consello Rector, tanto un coma outro, hai un erro de que se debeu andar xogando cos nomes nos borradores, tanto nun coma noutro, entón quedaría "elixidos polo Consello Rector, ata un máximo de 15 a proposta do propio sector, estamos falando de sectores, parece que está aceptada, quedaría redactada así. Sr. Presidente.- A proposta do Bloque Nacionalista Galego é que se manteña tal e como está aquí, tamén. Sr. Mosquera Lorenzo.- Non, non, o que acabo de dicir. Sr. Presidente.- Non, non, está ben, pero en relación á composición do consello asesor e do consello rector que se manteña tal e como se acordou. Non, non, eso ten que quedar perfectamente claro, así foi proposto e polo tanto eso debe quedar perfectamente claro. Polo tanto ¿eso está claro?. Sr. Durán, ¿quería pedir a palabra?. Sr. Durán Hermida.- Si, ben, eu para, penso que para rematar o tema abondar brevemente no tema que plantexaba o Sr. Muradas respecto a esa circunstancia do consello rector e do consello asesor. Evidentemente os temas que se debatan no consello rector van a ser sobre a base de propostas que vai facer ese consello rector que vai a ter unha amplísima participación sectorial e entón dende esa perspectiva penso que queda perfectamente salvagardada calquera circunstancia das que se aludía e por outra banda a todos nos consta, tamén ó Sr. Muradas, que hai unha serie de institucións de organismos que desexan participar e incorporarse ó Padroado de Turismo, a Cámara de Comercio, etc., etc. Se nós fixéramos un plantexamento coma o que di o Sr. Muradas posiblemente despois tivéramos que estirar e ampliar ata circunstancias pouco recomendables esa composición dese consello rector. Dígoo por aportar unha argumentación máis. E dende logo o que sería desexable e que estou seguro que vai ser así, é que esa composición do consello asesor reflicta xa o que hai actualmente e outras institucións e outras instancias que manifestaron nos últimos meses, nos últimos tempos ese interese. Sr. Presidente.- Moitas gracias. Procedemos polo tanto á votación, co engadido proposto polo Sr. Mosquera no artigo 13, desta modificación de Estatutos do organismo autónomo local Padroado de Turismo Rías Baixas. Si, si, aceptamos esas modificacións, aceptamos coa composición que se acaba de propoñer tanto para o consello rector como para o consello asesor. ¿Votos en contra?. En contra o Partido Socialista. ¿Abstencións?. ¿A favor?. Bloque Nacionalista Galego e Partido Popular. Dada conta do expediente tramitado referente á modificación dos Estatutos do Organismo Autónomo "Turismo Rías Baixas". Resultando que foi dictaminado favorablemente pola Comisión Informativa de Réxime Interior e Persoal na súa sesión de 20 de xullo de 2005. Considerando o disposto no artigo 49 da Lei /85, de 2 de abril, o Pleno acorda por maioría, cos votos a favor do PP e do BNG e co voto en contra do PSOE, a adopción do seguinte acordo: 1.- Aprobar inicialmente a modificación dos Estatutos do Organismo Autónomo Local "Turismo Rías Baixas". 2.- Sometelo a información pública polo prazo de 30 días mediante anuncio no BOP. No caso de que neste período de información pública non se presenten reclamacións o suxestións entenderase aprobado definitivamente. Ditos Estatutos son os seguintes: ESTATUTOS DO ORGANISMO AUTÓNOMO LOCAL "TURISMO RÍAS BAIXAS" CAPÍTULO I DISPOSICIÓNS XERAIS Artigo 1.- Natureza Xurídica A Deputación Provincial de Pontevedra, no exercicio das competencias que lle son propias, de acordo cos artigos 26 a 36 da Lei 7/1985, reguladora das Bases de Réxime Local (LBRL), e o artigo 30 do Real Decreto Lexislativo 781/1986, de 18 de abril, crea un organismo autónomo, con suxeición ó disposto no artigo 85.2 b) e 85 bis da citada Lei, segundo a redacción dada a estes pola Lei 57/2003, de 16 de decembro, de medidas de modernización do goberno local, coa finalidade xenérica do fomento do turismo na provincia. Artigo 2.- Denominación O organismo autónomo provincial así creado denominarase "Turismo Rías Baixas", como entidade de dereito público, goza de personalidade xurídica propia e independente, plena capacidade xurídica e autonomía económica e administrativa para cumprir os seus fins con suxeición ás leis. Este organismo, creado e tutelado pola Deputación Provincial de Pontevedra, adscríbese á súa área de turismo dependente do deputado-delegado de cultura. Artigo 3.- Domicilio O domicilio do Organismo Autónomo "Turismo Rías Baixas" queda establecido na cidade de Pontevedra no Palacete Das Mendoza. Artigo 4.- Obxecto O obxecto do Organismo Autónomo é a prestación de servizos de asistencia ó turismo na provincia de Pontevedra, sinalándose como finalidades específicas as seguintes: - Organización de actos encamiñados á atracción do turismo. - Realización de accións e xestións tendentes a mellorar a imaxe turística da provincia de Pontevedra. - Edición directa ou en colaboración de información turística sobre a provincia. - Promover o estudo da vida provincial na orde turística, ben directamente ou a través de distintos organismos especializados e concretar con eles accións de promoción e perfeccionamento de cantas profesións se relacionen co turismo, executando as accións precisas. - Coordinar o labor neste campo co Ministerio competente, a Comunidade Autónoma de Galicia, outras provincias e outras entidades nacionais ou estranxeiras, tendente o cumprimento das finalidades do padroado. - Realización e promoción de estudos turísticos. - En xeral, cantos asuntos relacionados co turismo sexan de interese para a provincia. Artigo 5.- Instrumentos Xurídicos Para o adecuado exercicio das súas funcións o Organismo Autónomo "Turismo Rías Baixas", poderá de acordo coa lexislación aplicable: a) Subscribir convenios de promoción e xestión con outros organismos e entidades, en especial con corporacións locais. b) Desenvolver as funcións que ten atribuídas directamente, ou por órgano ou órganos existentes, ou as que a tal efecto se poidan crear. c) Constituír e participar en asociacións, empresas e consorcios, por si mesmo ou en colaboración con corporacións locais con outros entes públicos ou de iniciativa privada para o desenvolvemento dos seus fins. Artigo 6.- Réxime xurídico 1. O Organismo Autónomo ten personalidade xurídica e patrimonio propio, goza de autonomía administrativa e económica e posúe plena capacidade de obrar tanto no campo do Dereito público como no do Dereito privado para o cumprimento dos seus fins con suxeición á lexislación que lle sexa aplicable. Así mesmo goza das prerrogativas e beneficios fiscais que se establezan nas leis para as Administracións públicas de tal natureza. 2. En consecuencia co anterior, o Organismo autónomo provincial poderá: a) Adquirir, vender, posuír, reivindicar, permutar, ceder, alugar e administrar o seu patrimonio. b) Constituír, modificar, pospoñer e cancelar hipotecas e demais dereitos reais. c) Conceder subvencións, créditos e empréstitos así como subsidiar os intereses devengados polos préstamos concedidos para as actuacións protexibles en materia de vivenda. d) Concertar créditos e empréstitos para financiar as súas actividades nos termos establecidos na normativa orzamentaria de aplicación. Estes créditos poderán ir avalados nos termos de dita normativa. e) Celebrar contratos e convenios. f) Establecer e explotar obras e servizos. g) Constituír e participar en sociedades, empresas, consorcios ou asociacións. h) Interpoñer os recursos establecidos e exercer as accións previstas nas leis. O Padroado rexerá o seu funcionamento segundo a normativa fixada nos presentes estatutos, polo regulamento orgánico e funcional que se aprobe e polas disposicións da lexislación sobre réxime local aplicables ás deputacións provinciais. CAPÍTULO II ORGANIZACIÓN Artigo 7.- Órganos Por razón da súa competencia os órganos do organismo autónomo provincial serán os seguintes: a) Órganos de Goberno: - Consello rector - Presidente nato - Presidente executivo b) Órganos de Dirección e Administración - Director c) Órganos de consulta - Consello Asesor. SECCIÓN 1ª Do Consello Rector Artigo 8.- Composición do Consello rector: 1. O Consello rector estará formado polos seguintes membros: Presidente: O da Deputación de Pontevedra Presidente executivo: O Deputado en quen delegue a Presidencia. Vocais: Catro Deputados provinciais, elixidos pola Corporación Provincial en Pleno con presenza de todos os grupos políticos e en proporción a súa representación no Pleno da Deputación. 2. O Secretario e o Interventor da Deputación, ou os funcionarios nos que aqueles deleguen que asistirán ás reunións con voz pero sen voto, actuando no exercicio das funcións que lle son propias. 3. Asistirá tamén ás reunións, con voz e sen voto, o Director con obxecto de informar ou asesorar dos asuntos que lle concirnan. Artigo 9. - Funcións do Consello rector e dereitos dos seus membros 1. Son funcións do Consello rector, ademais da organización e a alta dirección do organismo, as seguintes: a) Aprobar o programa de actuación. b) Aprobar a memoria anual da xestión realizada, así como o inventario de bens. c) Aprobar o organigrama e o cadro de persoal elevando os acordos ó Pleno da Deputación para a súa ratificación. d) Aprobar a proposta de modificación dos estatutos. e) Aprobar os regulamentos e normas de carácter xeral que regulen a organización e funcionamento do organismo para a súa posterior ratificación por parte do Pleno da Deputación. f) Aprobar a proposta inicial do Presuposto do organismo en virtude do disposto no artigo 168-2 do TRLHL, así como a proposta das súas modificacións cando requiran aprobación do Pleno da Deputación, e elevalas, no seu caso, ó Pleno da Deputación para a súa aprobación, de acordo coas bases de execución do presuposto. g) Aprobar anualmente a conta xeral para os efectos previstos no artigo 212 TRLHL, para a súa tramitación conxunta coa conta xeral da Deputación. h) Nomear ó Director a proposta do Presidente. i) A resolución de expedientes por faltas graves ou moi graves cometidas polo persoal do organismo. j) Aprobar, no seu caso, os criterios para asignarlle incentivos ó persoal cos límites das dotacións orzamentarias. k) Aprobar a concertación de operacións de crédito dándolle conta ó Pleno da Deputación para efectos da súa autorización cando proceda. l) A contratación de obras, servizos, subministros, e adquisicións cando a competencia non lle corresponda ó presidente do organismo. m) As demais que, non atribuídas especificamente nestes estatutos a algún dos órganos de goberno ou dirección, lle correspondan ó Pleno da Deputación, entre elas a creación ou participación en sociedades mercantís. 2. Os membros do Consello Rector terán os seguintes dereitos: a) Asistirán con voz e voto ás reunións do Consello. b) Poderán examinar os expedientes e cantos antecedentes se relacionen con asuntos comprendidos na orde do día, co fin de coñecelos antes das deliberacións. c) Poderán elevar ó Consello as mocións e propostas que estimen pertinentes, relativas ós fins do organismo. d) Poderán solicitar coa suficiente antelación, petición de inclusión de asuntos na orde do día. e) Terán dereito ás asistencias que se fixen nas bases do presuposto, incluídos todos os asistentes. SECCIÓN 2ª Do Presidente nato Artigo 10.- Atribucións do Presidente nato O presidente nato do Organismo Autónomo é o Presidente da Deputación e, como tal terá as seguintes atribucións: a) Representar o Padroado nos actos ou reunións ós que asista. b) Presidir, cando asista, as sesións dos órganos colexiados e demais actos que se celebren. SECCION 3ª Do Presidente Executivo Artigo 11.- Atribucións do Presidente executivo O Presidente executivo do Organismo Autónomo será o Deputado en quen delegue a Presidencia e, como tal terá as seguintes atribucións: a) Representar o Organismo Autónomo e presidir as sesións dos órganos colexiados cando non o faga o Presidente nato. b) Dirixir o goberno e a administración do Organismo Autónomo, e, en xeral, as equivalentes ás establecidas no Réxime Xurídico Local para o Presidente da Deputación, coas excepcións previstas nestes Estatutos e as que se poidan, en materia económica, establecer a través das bases de execución do presuposto. No obstante, no caso de que a algún membro do Organismo Autónomo se lle encomende algunha xestión de conformidade co artigo anterior, seranlle aboados os servizos prestados na contía que se acorde por algún dos órganos de goberno do Padroado. SECCIÓN 4ª Do Director Artigo 12.- Director O Director do organismo autónomo será designado polo Consello Rector, a proposta do Presidente da Deputación, de entre os funcionarios con habilitación nacional ou persoal cualificado segundo o artigo 85 bis-1-b da Lei 7/1985, este é, funcionarios de carreira ou laboral das Administracións Públicas ou un profesional do sector privado, titulados superiores en ambos casos, e con máis de cinco anos de exercicio profesional no segundo. Correspóndelle ó director as facultades seguintes: a) Resolver aquelas materias que expresamente sexan atribuídas polo regulamento orgánico ou calquera outra encomendada polo Pleno da Deputación, polo Consello rector ou polo Presidente. b) A inmediata dirección e administración do organismo, das que lles dará conta, periodicamente, ó Consello rector e, de continuo, ó seu presidente. c) Cumprir os acordos e resolucións do Consello rector e do Presidente. d) En particular, son as súas funcións: 1. Dictar actos administrativos, en relación ó exercicio das funcións de xestión que lles correspondan. 2. Dirixir, organizar e xestionar o organismo, supervisar e inspeccionar as actividades que constitúen o seu obxecto. 3. Autorizar, por delegación da Presidencia para realizar horas extraordinarias, comisións de servizos con dereito a indemnización así como resolver os expedientes de devolución de ingresos indebidos. 4. Propoñer ó Presidente a distribución do persoal na forma que o esixan as necesidades do servizo, podendo trasladar as diferentes zonas ou dependencias a calquera empregado, con suxeición á normativa legal aplicable. 5. Exercer a representación do organismo por delegación da Presidencia. 6. Realizar a xestión económica de acordo co presuposto aprobado, e de acordo coas competencias que lle atribúan as bases de execución do presuposto. 7. Todas aquelas que lle sexan delegadas expresamente polo Presidente executivo. SECCIÓN 5ª Do Consello Asesor Artigo 13.- Consello Asesor 1. O Consello Asesor actuará como órgano consultivo no deseño dos plans de actuación do organismo autónomo, así como do seu seguimento e avaliación. 2. Estará integrado por todos os membros do Consello rector e outros membros representativos ou relacionados co sector, elixidos polo Consello Rector, ata un máximo de quince a proposta do propio sector. En función da natureza dos asuntos a tratar poderase invitar ás sesións do Consello Asesor a axentes sociais ou económicos e, no seu caso, a representantes doutras Administracións Públicas. 3. Asistirán ás sesións do Consello Asesor con voz pero sen voto, os señores director, secretario e interventor. 4. O Consello Asesor reunirase, polo menos unha vez ó trimestre para ser informado da marcha e actuacións do organismo. Debatirá a memoria de xestión de cada exercicio e o seu programa de actuación, podendo presentar modificacións para o seu estudo. En todo caso, os seus acordos non serán vinculantes. SECCIÓN 6ª Das funcións de Secretaría, Intervención e Tesourería Artigo 14.- Secretaría, Intervención e Tesourería As funcións propias de Secretaría e Intervención desempeñaranse polos titulares da Deputación Provincial ou, mediante delegación, por funcionarios da Deputación ou do propio organismo. As funcións de Tesourería desempeñaranse, no seu caso, de acordo co que se estableza nas bases de execución do presuposto. CAPÍTULO III RÉXIME DE SESIÓNS Artigo 15.- Sesións 1. O Consello rector reunirase, previa convocatoria efectuada a iniciativa do seu presidente ou a petición de tres dos seus membros, tantas veces como sexa necesario para o bo funcionamento do organismo e, ordinariamente, ó menos unha vez cada mes. O Consello Asesor reunirase polo menos unha vez ó trimestre. 2. A convocatoria dos consellos rector e asesor, salvo en casos de urxencia apreciada polo seu presidente, cursarase por escrito, directa e persoalmente, polo menos con dous días hábiles de antelación e irá xunto coa orde do día da sesión. 3. O Consello rector quedará validamente constituído cando concorran á reunión, polo menos, tres deputados membros, sempre que un deles sexa o presidente e asista o secretario. Non poderá ter lugar ningunha sesión sen a asistencia do presidente e do secretario ou das persoas que legalmente lle substitúan. 4. Os acordos adoptaranse por maioría de votos dos asistentes. En caso de empate, o presidente terá voto de calidade. 5. No non previsto nos números anteriores aplicarase a normativa sobre o funcionamento de réxime de sesións do Pleno da Deputación, segundo determina a lexislación de réxime local, excepto no relativo á súa publicidade e da información e participación cidadá. CAPÍTULO IV ORGANIZACIÓN ADMINISTRATIVA Artigo 16.- Persoal O persoal do organismo estará integrado por: a) Funcionarios propios do organismo. b) Persoal laboral contratado polo organismo. c) Funcionarios da Deputación que presten os seus servizos no organismo, a xornada completa, ou parcial, segundo o réxime de adscrición. d) Outro persoal colaborador da Deputación. Artigo 17.- Persoal funcionario e laboral 1. O persoal funcionario dependerá funcionalmente do presidente do organismo e percibirá as súas remuneracións do organismo autónomo. Poderáselles aplicar, no seu caso, as normas do persoal funcionario da Deputación, previa adaptación ó mesmo aprobada polo Consello Rector e polo Pleno da Deputación. 2. O persoal laboral quedará sometido ó estatuto dos traballadores, ó convenio colectivo e á demais normativa legal vixente. A este persoal poderáselle aplicar, no seu caso, as normas do persoal laboral da Deputación, previa adaptación ó mesmo aprobada polo Consello Rector e polo Pleno da Deputación. 3. A contratación ou nomeamento non lle conferirá ós empregados a condición de persoal ou funcionario da Deputación de Pontevedra, tendo en conta a natureza xurídica do organismo e da relación contractual existente. Artigo 18.- Retribucións As retribucións de todo o persoal fixaranse cada ano no presuposto do organismo, respectando os límites legais e os acordos regulados en convenio e nas normas emanadas da Deputación. CAPÍTULO V RÉXIME PATRIMONIAL Artigo 19.- Patrimonio Constitúe o patrimonio do organismo autónomo: a) Os bens que son de titularidade do organismo. b) Os bens que a Deputación de Pontevedra lle transfira ó organismo. c) Os bens que adquira por calquera título lexítimo e que sexan convenientes ou necesarios para a consecución dos seus fins. d) Os productos, rendas e incrementos do seu propio patrimonio. e) Calquera outro que se lle poida atribuír conforme ás disposicións en vigor. Artigo 20.- Recursos Os recursos económicos do Organismo están integrados por: a) As transferencias, participacións, anticipos da Deputación de Pontevedra que, en todo momento e circunstancia, asegurarán, xunto co equilibrio orzamentario, a liquidez precisa para a atención inmediata das obrigas e compromisos de índole económica. b) O producto de operacións de crédito. c) Os rendementos do organismo. d) Os ingresos procedentes do seu patrimonio e outros de dereito privado. e) Taxas e prezos públicos. f) Calquera outro recurso que lle poida ser legalmente atribuído. Artigo 21.- Inventario O Padroado formará e manterá actualizado un inventario da totalidade dos seus bens e dereitos que constitúan o seu patrimonio, así como os que lle foran adscritos para o cumprimento dos seus fins, coa única excepción dos de carácter funxible. O inventario revisarase, no seu caso, anualmente, con referencia ó 31 de decembro de cada ano, e remitirase á área económico financeira da Deputación. CAPÍTULO VI RÉXIME ECONÓMICO-FINANCEIRO SECCIÓN 1ª Contratación, financiamento e planificación Artigo 22.- Réxime de contratación A contratación do Organismo Autónomo réxese polas previsións contidas ó respecto na lexislación de contratos das Administracións Públicas. Artigo 23.- Operacións financeiras O Organismo Autónomo poderá concertar operacións de crédito en todas as súas modalidades, así como operacións financeiras de cobertura e xestión do risco do tipo de interese e do tipo de cambio. Non obstante, precisará a previa autorización do Pleno da Deputación e Informe da Intervención para a concertación de operacións de crédito a longo prazo, conforme ó disposto no TRLHL. SECCIÓN 2ª Contabilidade e control Artigo 24.- Contabilidade 1. O Organismo Autónomo estará sometido ó réxime de contabilidade pública nos termos establecidos no TRLHL. 2. Sen prexuízo da facultade de fiscalización que lle corresponde á Intervención, serán competencias desta e levar a contabilidade pública establecida pola citada Lei e as disposicións que a desenvolvan. Para a retirada ou saída de fondos ou cargos nas contas bancarias do organismo son necesarias as sinaturas que se determinen nas bases de execución do presuposto. 3. A contabilidade do organismo levarase a cabo axustándose ó plan de contas e outras normativas aplicables ós organismos autónomos locais. 4. As contas do organismo terá que rendelas o presidente e someteranse ó Consello rector, órgano que as aprobará inicialmente, elevándoas á Deputación para que poidan ser integradas na conta xeral da entidade. Artigo 25.- Réxime de control A Deputación de Pontevedra exercerá coa extensión e efectos que se determina no TRLHL as funcións de control interno respecto da xestión económica do Padroado na súa triple acepción de función interventora, función de control financeiro e función de control de eficacia. SECCIÓN 3ª Réxime orzamentario Artigo 26.- Elaboración do presuposto O Consello rector aprobará inicialmente o presuposto anual do Organismo Autónomo que lle será remitido antes do 15 de setembro de cada ano á Deputación co fin de que poida ser integrado no seu presuposto xeral e aprobado polo Pleno da Deputación. CAPITULO VII FACULTADES E TUTELA DA DEPUTACIÓN Artigo 27.- Tutela 1. A función tutelar do organismo autónomo será exercida pola Deputación de Pontevedra, que a levará a cabo por medio dos seus órganos competentes da área á que queda adscrito o organismo. 2. As facultades tutelares acadarán todos aqueles actos que requiran a aprobación do Pleno da Deputación, enumerados ó longo dos presentes estatutos e os que estableza a lexislación de réxime local. 3. O presidente da Deputación poderá suspender os acordos do organismo autónomo cando se referiran a asuntos que non sexan da súa competencia, constituíndo unha infracción manifesta das leis ou por calquera causa que atente gravemente ós intereses da Deputación. Así mesmo, poderá reclamar dos seus órganos de goberno e administración toda clase de informes e documentos, así como ordenar as inspeccións que considere oportunas. CAPITULO VIII MODIFICACIÓN E DISOLUCIÓN Artigo 28.- Modificación A aprobación das propostas de modificación destes estatutos esixirá o voto favorable da maioría absoluta legal dos membros do Consello rector. Artigo 29.- Disolución 1. O Organismo Autónomo terá unha duración indefinida, determinada polo cumprimento das finalidades recollidas nos presentes estatutos. 2. O Organismo Autónomo provincial poderá disolverse por: a) Imposibilidade legal ou material de realizar os seus fins. b) Acordo do Pleno da Deputación Provincial de Pontevedra. c) Calquera outra circunstancia legal. Se se extinguise, a Deputación sucederao universalmente. Declarada a disolución, o Consello rector transformarase en comisión liquidadora do organismo co obxecto de determinar e valorar os bens, dereitos e obrigas que constitúen o seu patrimonio e, no prazo máximo de tres meses, elevará a súa proposta á consideración da Deputación Provincial de Pontevedra. DISPOSICIÓNS FINAIS Primeira.- En todo o que non estea expresamente regulado nos presentes estatutos, resultará de aplicación a lexislación de réxime local aplicable ás deputacións e, de modo supletorio, as normas que configuran o réxime xurídico dos organismos autónomos do Estado. Segunda.- Os presentes estatutos aprobounos o Pleno da Deputación Provincial de Pontevedra en data ____ e entrarán en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Boletín Oficial da Provincia. ------ Folla: 10.5252.- MODIFICACIÓN DOS ESTATUTOS DO ORGANISMO AUTÓNOMO LOCAL "ESCOLA DE CANTEIROS" Sr. Presidente.- Punto número 10. Modificación dos Estatutos do organismo autónomo local "Escola de Canteiros". Sr. Mosquera. Sr. Mosquera Lorenzo.- Gracias Sr. Presidente. Ben, reitero o mesmo, quero dicir en canto á redacción do artigo 13.2 e que están calcados, polo tanto sería a redacción, a 3ª liña do artigo 13.2 quedaría "consello rector ata un máximo de quince a proposta do propio sector". De todas maneiras permítaseme explicar as razóns digamos de apoiar este tipo de composición do consello rector, e a razón de fondo, a razón de fondo é que damos por boa a homoxeneización de todos os organismos e basicamente a damos por boa en función de algo que virá ó Pleno do venres que é o do Museo. Esa razón de peso que se está argumentando, por primeira vez en moitos anos que é a primeira vez que é unha batalla que estamos levando, practicamente xa ata estes momentos xa estaba digamos amortiguada polo tempo que se levou para que o Museo tivera unha actualización real dos Estatutos e non foran digamos uns Estatutos absolutamente franquistas e corporativos, hai que chamarlle ás cousas polo seu nome, corporativos cando menos porque naceu na época das, incluso cando naceu, pois se a razón, digamos universal para sacar adiante esa modificación do Museo é que todos sexan iguais pois a damos por boa, porque o de cambiar o Museo e o de lograr que haxa unha intervención máis directa desta Deputación e das forzas políticas aquí representadas no Museo me parece unha razón de moitísimo peso e o próximo venres a discutiremos con calma. Polo tanto se avalamos esta composición do consello rector con ese transfondo que nos parece absolutamente fundamental. Sr. Presidente.- Moitas gracias e bueno, dicirlle que nese sentido ese foi o espírito e que tivemos bastantes horas na reunión do Padroado do Museo, e creo que finalmente se chegou a un bo acordo porque ese era o espírito de manter precisamente pois o labor feito nos últimos anos pero tamén adaptándose á nova lexislación que establece precisamente a composición que como vostede acaba de dicir o próximo venres traeremos aquí. Son como digo cincuenta anos onde, bueno, pois era necesario adaptar eso e así o vamos a facer. Por eso non queríamos tampouco, porque para nós é moi difícil que hai tres organismos que hai que adaptar e non establecer diferencias en relacións a uns e outros, aínda que si poida haber matizacións, que as hai, como a proposta neste caso do Sr. Muradas de que participen xa directamente, os que estaban ata agora que pasen directamente ó consello asesor sen que sexan elixidos de novo polas súas organizacións, etc. Por eso que hai matizacións, pero ó mesmo tempo o espírito está perfectamente claro. Sr. Durán. Sr. Durán Hermida.- Non, retiro xa a intervención. Xa está de abondo. Sr. Presidente.- Procedemos polo tanto á votación da modificación dos Estatutos, co engadido proposto polo Sr. Mosquera no artigo 13, do organismo autónomo local da Escola de Canteiros. ¿Votos en contra?. ¿Abstencións?. ¿A favor?. A favor todos os grupos. Dada conta do expediente tramitado referente á modificación dos Estatutos do Organismo Autónomo Local "Escola de Canteiros": Resultando que foi dictaminado favorablemente pola Comisión Informativa de Réxime Interior e Persoal na súa sesión de 20 de xullo de 2005. Considerando o disposto no artigo 49 da Lei /85, de 2 de abril, o Pleno acorda por unanimidade, a adopción do seguinte acordo: 1.- Aprobar inicialmente a modificación dos Estatutos do Organismo Autónomo Local "Escola de Canteiros". 2.- Sometelo á información pública polo prazo de 30 días mediante o anuncio no BOP. No caso de que neste período de información pública non se presenten reclamacións ou suxestións entenderase aprobado definitivamente. Ditos Estatutos son como seguen: "ESTATUTOS DO ORGANISMO AUTÓNOMO LOCAL "ESCOLA DE CANTEIROS DE PONTEVEDRA" CAPÍTULO I DISPOSICIÓNS XERAIS Artigo 1.- Natureza Xurídica A Deputación Provincial de Pontevedra, no exercicio das competencias que lle son propias, de acordo cos artigos 26 a 36 da Lei 7/1985, Reguladora das Bases de Réxime Local (LBRL), e o artigo 30 do Real decreto lexislativo 781/1986, de 18 de abril, crea un organismo autónomo, con suxeición ó disposto no artigo 85.2 b) e 85 bis da citada Lei, segundo a redacción dada a estes pola Lei 57/2003, de 16 de decembro, de medidas de modernización do goberno loc
Área de documentación
Existencia e localización de copias Enlace para escoitar o audio da sesión do Pleno
Ãrea de notas
Nota