Fondos
2005-10-26_Ordinaria. Acta de sesión 2005/10/26_Ordinaria
Acta de sesión 2005/10/26_Ordinaria
Área de identificación
Código(s) de referencia ES.GA.36038.ADPO.1.1.3.3.33.365/3.2005-10-26_Ordinaria
Título Acta de sesión 2005/10/26_Ordinaria
Data(s) 2005-10-26 (Creación)
Volume e soporte 1 acta de sesión
Área de contexto
Institución arquivística Arquivo Deputación de Pontevedra
Área de contido e estrutura
Alcance e contido Folla: Da sesión ordinaria en primeira convocatoria, celebrada polo Pleno desta Excma. Deputación o día, 26 de outubro de 2005 No Salón de sesións da Excma. Deputación Provincial de Pontevedra, sendo as once horas do día vinte e seis de outubro do ano dous mil cinco, baixo a Presidencia do Ilmo. Sr. Presidente D. Rafael Louzán Abal, reuníronse as/os Señoras/es Deputadas/os, D. Xosé Antón Araujo Quintas, Dona Nidia María Arévalo Gómez, D. Ramón Campos Durán, Dona Francisca Canal Gómez, D. Raúl Emilio Castro Rodríguez, D. Xosé Crespo Iglesias, D. José Juan Durán Hermida, D. Antonio Feliciano Fernández Rocha, D. José Manuel Figueroa Vila, D. Julio César García-Luengo Pérez, D. Emilio González Iglesias, D. Efrén Juanes Rodríguez, D. José Antonio Landín Eirín, Dona Clara Millán González, D. Xosé Cesáreo Mosquera Lorenzo, D. Constante Juan Muradas Ramos, D. Manuel Núñez Sestelo, D. Xosé Carlos Pazos Docampo, Dona María Teresa Pedrosa Silva, D. Juan Manuel Rey Rey, D. Alfredo Rodríguez Millares, D. Rodrigo Santiago Novas, Dona Belén Sío Lourido, D. José Enrique Sotelo Villar, D. Xabier Toba Girón e D. Jesús Vázquez Almuíña, co obxecto de celebrar sesión ordinaria do Pleno da Deputación, en primeira convocatoria, consonte á correspondente orde do día. Da fé do acto o Secretario Accidental, D. Carlos Cuadrado Romay, e está presente o Sr. Interventor Accidental, D. Antonio Graña Gómez. Declarada aberta a sesión e de orde da Presidencia éntrase seguidamente no exame da orde do día, adoptándose en relación coa mesma os seguintes acordos: Sr. Presidente.- Membros da Corporación, compañeiros dos medios de comunicación e público, vamos a dar comezo a sesión ordinaria do Pleno da Corporación Provincial. ------ Folla: 2.5299.- APROBACIÓN DEFINITIVA DO PROXECTO "MELLORA DA SEGURIDADE VIAL NA INTERSECCIÓN EP 8001 COA EP 8702 (CATOIRA)". DECLARACIÓN DA NECESIDADE DE OCUPACIÓN. APROBACIÓN DEFINITIVA DA RELACIÓN DE PROPIETARIOS E BENS AFECTADOS Sr. Presidente.- O punto número 2. Aprobación definitiva do proxecto "Mellora da seguridade vial na intersección EP 8001 coa EP 8702 (no municipio de Catoira)". Declaración da necesidade de ocupación. Aprobación definitiva da relación de propietarios e bens afectados. Esta obra corresponde á mellora feita no seu día nas comunicacións entre a provincia de Pontevedra e a provincia da Coruña, na ponte de Catoira, que con esto se mellora definitivamente esa comunicación que sufriu unha remodelación total a ponte e agora falta esta intersección para comunicar a todos os que dalgunha maneira acceden a esta ponte que comunica as dúas provincias. ¿Votos en contra?. ¿Abstencións?. ¿A favor?. O Pleno da Excma. Deputación Provincial de Pontevedra, na sesión ordinaria do día 27 de xullo de 2005, adoptou, entre outros, o acordo polo que se aprobaba inicialmente o proxecto denominado "Mellora da seguridade vial na intersección da EP 8001 coa EP 8702 (Catoira)", pertencente a fondos propios 2005, dotado dun orzamento para coñecemento da administración de 157.668,70 euros, desagregado en orzamento de execución por contrata por importe de 137.004,70 euros e capítulo de expropiacións por importe de 20.664,00 euros, e cuxa finalidade é construír unha glorieta na intersección da EP 8001 coa EP 8702, que mellorará notablemente a seguridade vial neste enlace, así como a declaración de utilidade pública da obra e a solicitude á Xunta de Galicia da declaración de urxente ocupación dos bens afectados, someténdose a información pública, polo prazo regulamentario, o expediente expropiatorio e o proxecto da obra, en virtude de edicto publicado no BOP núm. 173, e co fin de dar continuidade ó expediente expropiatorio iniciado no seu día por esta entidade local, á vista dos informes que emitiu o Servizo de Vías e Obras, o Pleno de conformidade co dictame da Comisión Informativa de Vías e Obras acorda por unanimidade: 1. A aprobación definitiva do proxecto denominado "Mellora da seguridade vial na intersección da EP 8001 coa EP 8702 (Catoira)", pertencente a fondos propios 2005 e que está dotado dun orzamento para coñecemento da Administración de 157.668,70 euros, desagregado en orzamento de execución por contrata por importe de 137.004,70 euros e capítulo de expropiacións por importe de 20.664,00 euros. 2. A declaración da necesidade de ocupación dos bens afectados polo citado proxecto, que ten por obxecto a construcción dunha glorieta na intersección da EP 8001 coa EP 8702, que mellorará notablemente a seguridade vial neste enlace. 3. Aprobación definitiva da relación de propietarios e bens afectados: PARCELA PROPIETARIO DOMICILIO-SUPERFICIE (m²) 214 Mª Mercedes López Santiago Estrada Santa Baia, 43. Borreiros. Oeste 69,00 216 Santiago Figueira Castiñeiras 11,00 217 José García López Paseo Rei Romero, 8 Progreso. Oeste 17,00 218 Jesús Figueira Santiago Camiño A Devesa, 1 Borreiros. Oeste 25,00 219 María Cerqueiras Santiago Camiño A Devesa 9. Borreiros. Oeste 12,00 220 Concepción García Castro Trav. de Baiuca, 9 Baiuca. Oeste 17,00 222 Ramón Castiñeiras Rodríguez 53,00 224 Dolores Sumay López Camiño de Viladesuso, 3 Viladesuso. Oeste 245,50 635 Josefa López Jamardo Estrada Santa Baia, 20 Fabeira. Oeste 32,00 638 María Sumay López Trav. Tarrio á Menda e Gondar 245,50 639 Matilde Sumay López Estrada Santa Baia, 56 Borreiros. Oeste 450,00 1-B Comunidade de Montes de Oeste 15,00 Contra o presente acordo, que pon fin á vía administrativa, os interesados poderán interpoñer recurso potestativo de reposición ante o mesmo órgano que o dictou, no prazo dun mes a contar dende o día seguinte ó da recepción da presente notificación (artigos 107 e 117 da Lei 30/1992, de 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, de 13 de xaneiro), ou ben directamente recurso contencioso-administrativo, ante o xulgado do Contencioso-administrativo de Pontevedra, no prazo de dous meses, contados a partir do día seguinte ó da recepción da presente resolución (artigos 8 e 46 da Lei 29/1998, de 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa). Todo isto sen prexuízo da posibilidade de utilizar calquera outro recurso que estime procedente. ------ Folla: 3.5300.- DELEGACIÓN DE COMPETENCIAS DO CONCELLO DE BARRO A FAVOR DO ORAL PARA A INSPECCIÓN E RECADACIÓN DO IMPOSTO SOBRE CONSTRUCIÓNS, INSTALACIÓNS E OBRAS Sr. Presidente.- Punto número 3. Delegación de competencias do Concello de Barro a favor do ORAL para a inspección e recadación do imposto sobre construcións, instalacións e obras. ¿Votos en contra?. ¿Abstencións?. ¿A favor?. Visto o acordo do Consello Rector do ORAL (Organismo Autónomo Provincial de Xestión de Recursos Locais da Excma. Deputación Provincial de Pontevedra), de data 14 de outubro de 2005, sobre aceptación da delegación do Concello de Barro para a inspección e recadación da liquidación definitiva do imposto sobre construcións, instalacións e obras, o Pleno, de conformidade co dictame da Comisión Informativa de Economía, Facenda e Turismo, acorda por unanimidade: Aceptar, de conformidade co previsto no artigo 7.2 do Real decreto lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o Texto refundido da Lei reguladora das Facendas Locais, a delegación na Deputación Provincial de Pontevedra-ORAL, que en materia de inspección e recadación da liquidación definitiva do imposto sobre construcións, instalacións e obras, realizou o Concello de Barro, por acordo do Pleno de data 18 de xullo de 2005, seguindo o establecido nos artigos 106.3 da Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das bases de réxime local, e 7 do citado Real decreto lexislativo 2/2004. A citada delegación publicarase no Boletín Oficial da Provincia e no Diario Oficial de Galicia, tal como determina o meritado artigo 7.2 "in fine". ------ Folla: 4.5301.- DELEGACIÓN DE COMPETENCIAS DO CONCELLO DE PONTEAREAS A FAVOR DO ORAL PARA A INSPECCIÓN E RECADACIÓN DO IMPOSTO SOBRE CONSTRUCIÓNS, INSTALACIÓNS E OBRAS E DA TAXA POLA EXPEDICIÓN DE LICENZAS URBANÍSTICAS Sr. Presidente.- Punto número 4. O mesmo, delegación de competencias do Concello de Ponteareas a favor do ORAL para a inspección e recadación do imposto sobre construcións, instalacións e obras e da taxa pola expedición de licenzas urbanísticas. ¿Votos en contra?. ¿Abstencións?. ¿A favor?. Visto o acordo do Consello Rector do ORAL (Organismo Autónomo Provincial de Xestión de Recursos Locais da Excma. Deputación Provincial de Pontevedra), de data 14 de outubro de 2005, sobre aceptación da delegación do Concello de Ponteareas para a inspección e recadación do imposto sobre construcións, instalacións e obras, así como a inspección e recadación da taxa pola expedición de licenzas urbanísticas, o Pleno, de conformidade co dictame da Comisión Informativa de Economía, Facenda e Turismo, acorda por unanimidade: Aceptar, de conformidade co previsto no artigo 7.2 do Real decreto lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o Texto refundido da Lei reguladora das Facendas Locais, a delegación na Deputación Provincial de Pontevedra-ORAL, que en materia de inspección e recadación do imposto sobre construcións, instalacións e obras, así como da inspección e recadación da taxa pola expedición de licenzas urbanísticas realizou o Concello de Ponteareas, por acordo do Pleno de data 13 de setembro de 2005, seguindo o establecido nos artigos 106.3 da Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora da bases de réxime local, e 7 do citado Real decreto lexislativo 2/2004. A citada delegación publicarase no Boletín Oficial da Provincia e no Diario Oficial de Galicia, tal como determina o meritado artigo 7.2 "in fine". ------ Folla: 5.5302.- MODIFICACIÓN DA ORDENANZA REGULADORA DA TAXA POLOS SERVIZOS QUE SE PRESTAN NO ORAL Sr. Presidente.- Punto número 5. Modificación da ordenanza reguladora da taxa polos servizos que se prestan no ORAL. ¿Votos en contra?. ¿Abstencións?. ¿A favor?. Visto o acordo adoptado polo Pleno da Corporación Provincial, na súa sesión ordinaria do día 29 de novembro de 1996, relativo a aprobación inicial e ordenación da taxa por prestación dos servizos no Organismo Autónomo Provincial de Xestión de Recursos Locais (ORAL). Resultando que este acordo, exposto ó público mediante anuncio publicado no Boletín Oficial da Provincia número 239, do día 11 de decembro de 1996, foi elevado a definitivo e publicado no Boletín Oficial da Provincia número 18, do día 28 de xaneiro de 1997. Resultando que debido ó tempo transcorrido desde a súa aprobación, a modificación dos Estatutos reguladores do ORAL por acordo plenario de 30 de xuño de 2004, a delegación no ORAL da xestión de novos recursos, e a aprobación e publicación de nova normativa tributaria que afecta directamente ós tributos locais: a Lei 58/2003, de 17 de decembro, xeral tributaria; o Real decreto lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, que aproba o texto refundido da Lei reguladora das facendas locais; e o Real decreto 939/2005, de 29 de xullo, que aproba o Regulamento xeral de recadación, fan necesario adecuar ós tempos actuais determinados artigos da Ordenanza reguladora da taxa. Resultando que o Consello Rector do Organismo Autónomo Provincial de Xestión de Recursos Locais (ORAL), nas sesións do día 16 de setembro de 2005 e do día 14 de outubro de 2005 propón unha serie de modificacións puntuais desta ordenanza que fundamentalmente afectan ós tipos de gravame que figuran no artigo 5, e tamén ós artigos 8, 9 e 10 para aclarar as formas e procedementos de xestión e recadación de taxas, quedando fóra do ámbito da ordenanza a xestión catastral e as inspeccións consideradas como extraordinarias, tales como ICIO ou IAE, que se realizarán por convenio. No artigo 5 amplíase o apartado 1 para incluír o tipo de gravame a esixir no caso de que o recurso xestionado sexan as multas de tráfico, que será do 10% da recadación neta obtida, no caso de que o servizo se preste a unha entidade á que o ORAL xestiona os seus tributos e que será do 15 % se non os xestiona. Así mesmo recóllese que no caso de que a entidade delegante emita as súas liquidacións e o ORAL se limite a efectuar a recadación ou cobro, o tipo de gravame será do 1% da recadación neta obtida. Vistos o estudo económico do servizo e o informe de Intervención de data 15 de setembro de 2005, o Pleno, de conformidade co dictame da Comisión Informativa de Economía, Facenda e Turismo, acorda por unanimidade: -Aprobar a modificación da ordenanza reguladora da taxa por prestación de servizos polo Organismo Autónomo Provincial de Xestión de Recursos Locais (ORAL), dependente da Excma. Deputación Provincial de Pontevedra. - O expediente de modificación da ordenanza desta taxa exporase ó público por un prazo de trinta días hábiles mediante anuncio no Boletín Oficial da Provincia e nun diario dos de maior difusión da Provincia, a efectos de reclamacións. -No caso de non producirse reclamacións, este acordo considerarase elevado a definitivo. Estas modificacións entrarán en vigor a partir do día seguinte ó da súa publicación no Boletín Oficial da Provincia e aplicaranse a partir do 1 de xaneiro de 2006. ORDENANZA REGULADORA DA TAXA POR PRESTACIÓN DE SERVIZOS POLO ORGANISMO AUTÓNOMO PROVINCIAL DE XESTIÓN DE RECURSOS LOCAIS (ORAL), DEPENDENTE DA EXCMA. DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA INTRODUCIÓN Este organismo foi constituído con efectos desde o 1 de xaneiro de 1994, data en que asumiu as funcións do Servizo de Recadación xestionado directamente pola Deputación, iniciando a súa andadura coa subrogación do expresado Servizo, ampliadas con novas delegacións para a xestión, liquidación, inspección e recadación tributarias segundo o artigo 7 da Lei 39/88, reguladora das Facendas Locais, constituíndo a prestación destes servizos a actividade básica do organismo, ampliada nalgúns casos a recursos públicos non tributarios. A prestación de tales servizos púxose en marcha sobre a base dos acordos plenarios tipo, con idéntico contido, entre outros aspectos, sobre a compensación económica a percibir polos mesmos, polo que, despois do tempo transcorrido, coa experiencia acumulada, e tendo en conta a propia natureza destes servizos, ó non ser susceptibles de prestación pola iniciativa privada tanto por implicar unha manifestación de autoridade como pola reserva legal en favor das entidades locais, procede normalizar a esixencia das contraprestacións polos servizos prestados polo referido organismo autónomo, mediante a imposición e ordenación dunha taxa que cubra o custo dos mesmos, incorporando o contido dos acordos tipo, que se esixirá consonte ó previsto nesta ORDENANZA ÁMBITO DE APLICACIÓN Artigo 1.- A presente ordenanza ten por obxecto ordenar a aplicación dunha taxa polos servizos prestados polo Organismo Autónomo Provincial de Xestión de Recursos Locais (ORAL), dependente da Excma. Deputación Provincial de Pontevedra, e que se refiren á xestión, liquidación, inspección e recadación de tributos e outros recursos públicos de entidades locais da provincia de Pontevedra e, no seu caso, a outras Administracións Públicas e Institucións pola súa actuación na provincia. Quedan fóra do ámbito regulador da taxa as actividades de xestión catastral realizadas polo ORAL consecuencia de convenios asinados ou que se asinen coa Dirección Xeral do Catastro, así como as inspeccións extraordinarias dos diferentes recursos públicos, o que dará lugar a convenios ou acordos puntuais. FEITO IMPOÑIBLE Artigo 2.- Estará constituído pola prestación de calquera dos servizos indicados, é dicir, de xestión, liquidación, inspección e recadación de tributos ou doutros recursos públicos ás entidades, administracións e institucións que se mencionan no artigo un. SUXEITOS PASIVOS Artigo 3.- Serán suxeitos pasivos e contribuíntes por esta taxa as Entidades Locais da Provincia de Pontevedra e outras Administracións e Institucións que deleguen no Organismo Autónomo Provincial de Xestión de Recursos Locais (ORAL), a través da Excma. Deputación Provincial, todos ou algúns dos procesos de xestión, liquidación, inspección e recadación dos seus recursos tributarios e non tributarios de natureza pública no ámbito da provincia. BASES IMPOÑIBLE E LIQUIDABLE Artigo 4.- As bases impoñible e liquidable serán coincidentes, distinguíndose os seguintes supostos: 1.- Procesos que inclúan a recadación. Tomarase como bases impoñible e liquidable o importe da recadación neta obtida. 2.- Procesos que non inclúan a recadación. Tomarase como bases impoñible e liquidable o importe dos padróns, suma de documentos cobratorios emitidos e importe das liquidacións das actas de inspección. TIPOS DE GRAVAME E COTA Artigo 5.- A taxa esixirase consonte ós seguintes tipos de gravame e supostos: 1.- Procesos con recadación en voluntaria. a) O tipo de gravame fíxase no seis por cento (6%) da recadación neta obtida. b) No caso de que o recurso xestionado sexan as multas de tráfico, o tipo de gravame será, incluídos todos os custes, o seguinte: b.1) O quince por cento (15%) da recadación neta obtida. b.2) O dez por cento (10%) da recadación neta obtida, no caso de que o servizo se preste a unha entidade á que o ORAL xestiona os seus tributos. c) No caso de que a entidade delegante emita as súas liquidacións e o ORAL se limite a efectuar a recadación ou cobro, o tipo de gravame será do un por cento (1%) da recadación neta obtida. 2.- Procesos con recadación en voluntaria que alcancen ou superen determinadas porcentaxes do importe dos padróns ou doutros cargos. Ademais do tipo de gravame do apartado 1, aplicaranse os tipos de gravame seguintes: - O 0,50% cando a recadación alcance ou supere o 90 %. - O 0,75% cando a recadación alcance ou supere o 93 %. - O 1% cando a recadación alcance ou supere o 95 %. Estas porcentaxes non se aplicarán nos procesos de recadación de liquidacións por contraído previo. 3.- Procesos con recadación en executiva. O tipo de gravame e a cota será unha cantidade equivalente ós recargos de constrinximento e costas de procedemento, sen que en ningún caso poidan ser inferiores ó seis por cento (6%). 4.- Procesos con recadación en executiva que alcancen ou superen determinadas porcentaxes dos cargos. Ademais da cantidade do apartado 3, aplicaranse os tipos de gravame seguintes: - O 1% cando a recadación alcance ou supere o 45%. - O 1'25% cando a recadación alcance ou supere o 50%. - O 1'50% cando a recadación alcance ou supere o 60%. 5.- Procesos que non inclúan a recadación. O tipo de gravame será o catro por cento (4%) do importe dos padróns, listas cobratorias ou documentos equivalentes. A determinación dos tipos de gravame a que se refiren os apartados anteriores será independente dos intereses derivados das entregas a conta ou anticipos de recadación, que se efectúan periodicamente ós concellos e demais entidades delegantes, con cargo á operación de tesourería que se concerta ó efecto. Estes intereses serán por conta do ORAL na súa totalidade. EXENCIÓNS REDUCCIÓNS E BONIFICACIÓNS Artigo 6.- Non se recoñecen, segundo determina o artigo 9 do Real decreto lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, que aproba o texto refundido da Lei reguladora das Facendas Locais. PERÍODO IMPOSITIVO E DEVENGO Artigo 7.- O período impositivo coincidirá co ano natural para todas as actuacións ou servizos prestados polo ORAL e gravados con esta taxa, producíndose o devengo da mesma na data en que o respectivo servizo foi prestado. XESTIÓN E RECADACIÓN DA TAXA Artigo 8.- Para a xestión da taxa, tomarase como base os acordos e resolucións de delegación e aceptación, reflectidos nos correspondentes convenios, ós que se incorporará como anexo a presente ordenanza como elemento integrante dos mesmos. Artigo 9.- Periodicamente, segundo se determine polo Regulamento de organización e funcionamento do ORAL ou nos respectivos acordos, faranse liquidacións ás Entidades, Administracións e Institucións delegantes, determinando a contía e o importe da taxa. Artigo 10.- Como norma xeral, o ingreso da taxa devengada pola prestación de servizos de recadación, en período voluntario ou en executivo, farase descontando o seu importe do producto da recadación que periodicamente liquide o ORAL ás Entidades, Administracións e Institucións delegantes. Este procedemento seguirase tamén nas entregas a conta ou anticipos de recadación, polo que na liquidación definitiva soamente se aplicará a taxa sobre o saldo pendente. Nos procesos nos que non se poida utilizar esta vía do desconto, a xestión do cobro da taxa efectuarase segundo o establecido no Regulamento Xeral de Recadación. APLICACIÓN E APROBACIÓN Artigo 11.- Esta ordenanza entrará en vigor a partir da data da publicación no Boletín Oficial da Provincia da súa aprobación definitiva e do texto da mesma, aplicándose con carácter xeral a partir do 1 de xaneiro de 2006, incorporándose como anexo ós acordos e convenios vixentes na actualidade. Artigo 12.- Esta Ordenanza foi aprobada, a proposta do Consello Rector do ORAL, por acordo do Pleno da Excma. Deputación Provincial de Pontevedra, adoptado en sesión celebrada o de de 2005. ------ Folla: 6.5303.- MODIFICACIÓN DA ADDENDA Ó CONVENIO DE COLABORACIÓN ENTRE A EXCMA. DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA E CAIXANOVA PARA A ELABORACIÓN DUN PLAN ESTRATÉXICO DOS CONCELLOS DO VAL DO MIÑO Visto o acordo adoptado polo Pleno desta Corporación Provincial, na súa sesión ordinaria do día 25 de maio de 2005, relativo á aprobación da addenda ó convenio de colaboración entre a Excma. Deputación Provincial de Pontevedra e Caixanova para a execución dun plan estratéxico da provincia de Pontevedra (elaboración dun plan estratéxico para os concellos do Val do Miño). Resultando que na citada addenda se incluía como parte á Comunidade Intermunicipal do Vale do Minho, que a pesar de prestar conformidade para adherirse ó convenio mediante declaración de intencións plasmada en documento de 18 de xaneiro de 2005, así como nas reunións técnicas previas ó acordo definitivo acerca do texto final da addenda, esta Comunidade non firma a mencionada addenda debido a cuestións procedimentais de dereito interno portugués, totalmente alleas á Excma. Deputación Provincial de Pontevedra, procedendo de forma independente á adxudicación do plan estratéxico correspondente ó Val do Miño situado en territorio portugués a Caixanova. Resultando que ó pasar de ser tres partes asinantes a só dúas é necesario modificar a addenda aprobada polo Pleno, eliminando os parágrafos que fan referencia á mencionada entidade portuguesa, coa finalidade de realizar o plan estratéxico dos concellos do Val do Miño da provincia de Pontevedra, que se financiará cunha achega da Deputación, prevista no proxecto Unimiño, por importe de 211.750 euros. Vistos os informes do Secretario Accidental e do Servizo de Intervención, o Pleno, de conformidade co dictame da Comisión Informativa de Economía, Facenda e Turismo, acorda por unanimidade: -Modificar a addenda ó convenio de colaboración entre a Excma. Deputación Provincial de Pontevedra e Caixanova para a execución dun plan estratéxico da provincia de Pontevedra (elaboración dun plan estratéxico para os concellos do Val do Miño) aprobada polo Pleno desta Corporación Provincial, na súa sesión ordinaria do día 25 de maio de 2005, no sentido seguinte: Na introducción da Addenda, elimínase o seguinte parágrafo: "Por outra parte, D. António Rui Esteves Solheiro, Presidente do Conselho Directivo da Comunidade Intermunicipal do Vale do Minho, en adiante Comunidade, con Número de Identificación Fiscal 506842347 e sede social na Avenida Miguel Dantas 69, en Valença do Minho, actuando en nome e representación de dita entidade, e nos termos do artigo 86.º n. 1 al. e) do Decreto-lei 197/99 de 8 de Junho." O último parágrafo da cláusula segunda que establecía o seguinte texto: "Os Concellos incluídos son: Melgaço, Monçao, Paredes de Coura, Valença e Vilanova de Cerveira na zona de Portugal e na Provincia de Pontevedra, prioritariamente, os Concellos de Arbo, A Cañiza, O Covelo, Crecente, A Guarda, As Neves, Mondariz, Mondariz Balneario, Oia, Ponteareas, O Rosal, Salceda de Caselas, Salvaterra do Miño, Tomiño, Tui e Porriño. Dito traballo será realizado por Caixanova a través da súa Escola para as Administracións Públicas." Pasa a ter a seguinte redacción: "Os Concellos incluídos son: os Concellos de Arbo, A Cañiza, O Covelo, Crecente, A Guarda, As Neves, Mondariz, Mondariz Balneario, Oia, Ponteareas, O Rosal, Salceda de Caselas, Salvaterra do Miño, Tomiño, Tui e Porriño. Dito traballo será realizado por Caixanova a través da súa Escola para as Administracións Públicas." A cláusula terceira, que establecía o seguinte texto: "Terceira.- O custo do traballo obxecto da cláusula anterior fíxase en 296.750,00 (douscentos noventa e seis mil setecentos cincuenta) euros, impostos indirectos incluídos. Dado que a elaboración deste Plan Estratéxico está incluído dentro do Proxecto Uniminho, financiado con fondos da Comunidade Europea, e que o Xefe de Fila é o Presidente do Conselho Directivo da Comunidade Intermunicipal do Vale do Minho, Caixanova emitirá facturas independentes para aboar pola Deputación e pola Comunidade Intermunicipal portuguesa polos seguintes importes: o Á Deputación de Pontevedra, facturarase un importe de 211.750,00 euros. o Á Comunidade Intermunicipal Portuguesa, facturarase un importe de 85.000,00 euros. Facturarase a cada Entidade o 50% de ditas cantidades na finalización da Fase II descrita na cláusula Sexta desta Addenda, e o 50% restante na finalización do Plan Estratéxico." Pasa a ter a seguinte redacción: "Terceira.- O custo do traballo obxecto da cláusula anterior fíxase en 211.750,00 (douscentos once mil setecentos cincuenta) euros, impostos indirectos incluídos, sendo financiado o 75% desta cantidade (158.812,50 euros) a través do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER) e o 25% (52.937,50 euros) con fondos propios da Deputación. O 50% dos 211.750 euros facturarase na finalización da Fase II descrita na cláusula Sexta desta addenda e o 50% restante á presentación dos resultados finais." A cláusula cuarta establecía o seguinte texto: "Cuarta.- A presente Addenda terá vixencia ata o 31 de decembro de 2005, data límite para a elaboración do Plan Estratéxico. Por circunstancias excepcionais podería prorrogarse sempre e cando o autorice previamente a Dirección Xeral de Fondos Comunitarios do Ministerio de Economía como autoridade de xestión do programa Uniminho." Pasa a ter a seguinte redacción: "Cuarta.- A presente Addenda terá vixencia ata o 31 de decembro de 2005, data límite para a elaboración dos traballos finais. Este prazo entenderase automaticamente prorrogado sempre e cando o autorice previamente a Dirección Xeral de Fondos Comunitarios do Ministerio de Economía como autoridade de xestión do programa Uniminho." Facúltase ó Ilmo. Sr. Presidente para a sinatura da addenda modificada, sendo o teor literal da mesma o seguinte: ADDENDA Ó CONVENIO DE COLABORACIÓN ENTRE A EXCMA. DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA E CAIXANOVA PARA A EXECUCIÓN DOS TRABALLOS NECESARIOS E ELABORACIÓN DO PLAN ESTRATÉXICO DA PROVINCIA DE PONTEVEDRA 2003-2010, ASINADO O UN DE FEBREIRO DE 2004 En Pontevedra, a ... de ...... de 2005 REUNIDOS Por unha parte, D. Rafael Louzán Abal, Presidente da Excma. Deputación Provincial de Pontevedra, en adiante Deputación, con CIF 36000000-H e sede social en Montero Ríos s/n, actuando en nome e representación de dita entidade. Por outra parte, D. Julio Fernández Gayoso, Director Xeral da Caixa de Aforros de Vigo, Ourense e Pontevedra, en adiante CAIXANOVA, con CIF G36600369, e domiciliada en García Barbón 1-3 en Vigo, actuando en nome e representación de dita entidade. EXPOÑEN 1.- O Subcomité de Xestión do Subprograma 1, por resolución de data 20 de xullo de 2004 e no marco do programa de iniciativa comunitaria Interreg III-A España-Portugal, financiado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER) acordou a concesión dunha axuda de 333.000,00 euros sobre un proxecto de 444.000,00 euros, ó Proxecto Uniminho, presentado pola Comunidade Intermunicipal do Vale do Minho, en calidade de Xefe de Fila e figurando como socio a Deputación Provincial de Pontevedra. 2.- Entre as actividades comprendidas no Proxecto está prevista a elaboración dun Plan de Desenvolvemento Estratéxico para o Val do Miño Transfronteirizo, que comprende na zona de Portugal cinco concellos, Melgaço, Monçao, Paredes de Coura, Valença e Vilanova da Cerveira, e na provincia de Pontevedra, prioritariamente, os Concellos de Arbo, A Cañiza, O Covelo, Crecente, A Guarda, As Neves, Mondariz, Mondariz-Balneario, Oia, Ponteareas, O Rosal, Salceda de Caselas, Salvaterra do Miño, Tomiño, Tui e Porriño. Este Plan Estratéxico, concibido para realizar actividades no período 2007-2013, prevé a elaboración de programas operacionais para as seguintes materias: emprego, medio ambiente, sociedade da información, análise da viabilidade de servizos públicos transfronteirizos e outras actividades e infraestructuras, de forma moi especial a adopción de medidas para cualificar os recursos turísticos. Para o financiamento deste Plan Estratéxico figuran presupostadas no Proxecto Uniminho as cantidades de 85.000,00 euros pola Comunidade Intermunicipal do Vale do Minho e 211.750,00 euros pola Deputación de Pontevedra. 3.- A Deputación Provincial de Pontevedra e Caixanova subscribiron, con data 1 de febreiro de 2004, un Convenio de Colaboración para a elaboración dun Plan estratéxico da Provincia de Pontevedra cun horizonte do ano 2010, que ten como obxectivos fundamentais a identificación de necesidades e liñas de traballo a nivel provincial, seleccionar actuacións prioritarias transformando as liñas de traballo en proxectos concretos, reforzar a posición competitiva da provincia desde unha perspectiva de desenvolvemento sostible e adecuado, reforzar a colaboración e implicación con outras institucións e axentes sociais, etc. Para levar a cabo as conclusións deste plan que se plasmarán en liñas concretas de actuación, estanse realizando, nunha primeira fase, procesos de encuestación e recompilación de datos en cada un dos concellos da provincia de Pontevedra así como cos axentes sociais e económicos máis relevantes. En consecuencia, o estudo de infraestructuras dos concellos correspondentes á provincia de Pontevedra estase realizando e levando a cabo por un equipo de profesionais, que posúen os datos necesarios para elaborar un diagnóstico das necesidades desta zona. Parece pois oportuno aproveitar os datos obtidos no proceso realizado para a elaboración do Plan Estratéxico da Provincia de Pontevedra e evitar, na medida do posible, reiteracións de accións que poidan servir de base para o desenvolvemento do Plan Estratéxico previsto no Proxecto Uniminho para a zona transfronteiriza. 4.- Coa finalidade de acometer proxectos transfronteirizos de carácter estruturante, faise necesaria, pois, a contratación -mediante convenio cunha mesma entidade- da elaboración do Plan Estratéxico, considerando a unidade de actuación que se vai levar a cabo no espazo común do Val do Miño Transfronteirizo. 5.- Con fundamento en canto queda exposto e en aras de axilizar o proceso de elaboración do Plan Estratéxico para os municipios que comprende o Val do Miño transfronteirizo, e evitar reiteracións de estudos e de recompilación de datos xa realizados recentemente, as partes acordan subscribir a presente addenda ó citado convenio de colaboración con suxeición ás seguintes: CLÁUSULAS Primeira.- Mediante a presente Addenda, modifícanse o obxecto e o prezo do convenio de colaboración existente entre a Excma. Deputación Provincial de Pontevedra e Caixanova para a execución dos traballos necesarios para elaboración do plan estratéxico da provincia de Pontevedra 2003-2010, finalidade para a que se destinaban 390.000,00 euros, quedando en 253.250,00 euros. Desta cantidade, 90.000,00 euros corresponden a Caixanova e 163.250,00 á Deputación, dos cales 105.000,00 están xa facturados e 58.250 atópanse pendentes de facturación. Resultan, deste xeito, alteradas as porcentaxes das cantidades estipuladas no convenio inicial. Segunda.- A presente Addenda ten tamén por obxecto a elaboración dun Plan Estratéxico para os concellos que abarca o Val do Miño Transfronteirizo da provincia de Pontevedra para os anos 2007-2013, que debe incluír cinco programas: - Programa operacional de emprego. - Programa operacional de medio ambiente. - Programa operacional da sociedade de información. - Análise de viabilidade de servizos públicos transfronteirizos. - Outras actividades ou infraestructuras: atención especial para as medidas da área de cualificación dos recursos turísticos. Os Concellos incluídos son: Arbo, A Cañiza, O Covelo, Crecente, A Guarda, As Neves, Mondariz, Mondariz-Balneario, Oia, Ponteareas, O Rosal, Salceda de Caselas, Salvaterra do Miño, Tomiño, Tui e Porriño. Dito traballo será realizado por Caixanova a través da súa Escola para as Administracións Públicas. Terceira.- O custo do traballo obxecto da cláusula anterior fíxase en 211.750,00 (douscentos once mil setecentos cincuenta) euros, impostos indirectos incluídos, sendo financiado o 75% desta cantidade (158.812,50 euros) a través do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER) e o 25% (52.937,50 euros) con fondos propios da Deputación. O 50% dos 211.750 euros facturarase na finalización da Fase II descrita na cláusula Sexta desta addenda e o 50% restante á presentación dos resultados finais. Cuarta.- A presente Addenda terá vixencia ata o 31 de decembro de 2005, data límite para a elaboración dos traballos finais. Este prazo entenderase automaticamente prorrogado sempre e cando o autorice previamente a Dirección Xeral de Fondos Comunitarios do Ministerio de Economía como autoridade de xestión do programa Uniminho. Quinta.- Orientación e enfoque metodolóxico - Atención a áreas clave: A planificación obxecto desta Addenda parte da identificación xa realizada das áreas que deben ser obxecto de Programas Operacionais: o Programa operacional de emprego. o Programa operacional de medio ambiente. o Programa operacional da sociedade de información. o Análise de viabilidade de servizos públicos transfronteirizos. o Outras actividades ou infraestructuras: atención especial para as medidas da área de cualificación dos recursos turísticos. - Perspectiva integrada, que outorgue coherencia ós diferentes programas e facilite a traducción da acción estratéxica da Mancomunidade transfronteiriza nunha política territorial que teña como horizonte a cohesión económica e social e o desenvolvemento sostible. - Adecuación ás directrices de actuación europeas. - Implicación dos axentes sociais e institucionais, que, ademais de favorecer o desenvolvemento das súas accións estratéxicas, permita a participación da sociedade no proxecto de futuro para esta zona. Neste senso, os traballos de divulgación e difusión considéranse fundamentais no marco desta proposta. - Capacidade de seguimento, mediante a redacción dun Programa de Seguimento e Avaliación baseado en indicadores que teña unha dobre finalidade. En primeiro lugar utilizaranse indicadores específicos para cada programa operacional ou iniciativa estratéxica desenvolvida no Plan. Así mesmo, establecerase un sistema de indicadores globais de desenvolvemento, baseado no sistema utilizado no ESPON, que permita á Entidade Transfronteiriza que se cree, exercer o papel de observatorio territorial na zona transfronteiriza. Sexta.- Establécense as seguintes fases para a realización do Plan: Fase I: Descrición da situación: Nesta fase recollerase, sistematizarase e analizarase a información da área transfronteiriza. Esta información abarcará aspectos institucionais, económicos, sociais e ambientais do ámbito obxecto de planificación. Para esta análise inicial da situación utilizaranse cuestionarios e entrevistas que terán dúas vertentes, unha informativa, que se utilizará nesta fase, e outra prospectiva, que se utilizará na seguinte. Fase II: Identificación e validación de obxectivos estratéxicos, na que se elaborarán diagnósticos específicos das áreas estratéxicas e un diagnóstico prospectivo de carácter integral. Nesta fase do proceso é fundamental o contacto directo con institucións e axentes e organizaranse mesas de traballo institucionais, paneis mixtos en ámbitos operacionais concretos e enquisas e entrevistas a fondo con técnicos e responsables políticos. Como resultado deste proceso de interacción e participación constrúese unha visión da organización e establécense os obxectivos estratéxicos. Estes obxectivos serán validados nas mesas de traballo institucionais. Fase III: Análises de alternativas e validación de liñas estratéxicas: Unha vez definidos os obxectivos estratéxicos, e a través da análise de calidade e validación institucional, establécese a misión da organización. Establecida e validada a misión da Mancomunidade, pódese dar coherencia formal ás liñas estratéxicas, a partir das que se desenvolverán cursos de acción que incluirán os programas operacionais e as accións e proxectos específicos para ó seu desenvolvemento. Os cursos de acción e programas someteranse tamén a validación institucional. A partir de aquí, a redacción detallada dos Programas Operacionais seguirá un proceso de planificación formal. [NOTA S.P.D.B.: FALTAN CADROS "FASE I. DESCRICIÓN DA SITUACIÓN", "FASE II. DESEÑO NORMATIVO E PROSPECTIVO" E "FASE III. ANÁLISE E FORMULACIÓN ESTRATÉXICA". NON NOS E POSIBLE A SÚA IMPORTACIÓN A ESTE PROGRAMA. CONSULTAR LIBRO DE ACTAS] Fase IV: Recollida das determinacións do proceso de planificación estratéxica e formalización en diferentes documentos. Ademais dos Programas Operacionais, que se configurarían definitivamente nesta cuarta fase, elaboraranse outros documentos derivados do Plan. Estes documentos teñen carácter provisional e o seu contido coméntase no punto seguinte. No seguinte cadro recóllense sinteticamente as catro fases da planificación proposta. [NOTA S.P.D.B.: FALTA CADRO "FASES DA PLANIFICACIÓN PROPOSTA" NON NOS E POSIBLE A SÚA IMPORTACIÓN A ESTE PROGRAMA. CONSULTAR LIBRO DE ACTAS] Sétima.- Resultados do traballo. O Plan Estratéxico concíbese como un proceso, non como un documento. En consecuencia, non haberá un documento específico do Plan Estratéxico senón que os resultados relevantes do proceso de planificación recolleranse en diferentes módulos de información operativa. 1. Documento marco de xestión 2. Resume executivo do plan estratéxico 3. Programas operacionais 4. Fichas de proxectos 5. Programa de seguimento e avaliación Oitava.- Cronograma de traballo. O cronograma seguinte é unha orientación sobre a distribución dos traballos durante os 6 meses que durará o proceso de planificación estratéxica. [NOTA S.P.D.B.: FALTA CADRO "CALENDARIO DE TRABALLO" . NON NOS E POSIBLE A SÚA IMPORTACIÓN A ESTE PROGRAMA. CONSULTAR LIBRO DE ACTAS] A duración total do proxecto estímase en 6 meses, sen prexuízo dos termos recollidos na cláusula cuarta desta Addenda. Novena.- Entrada en vigor e duración. A presente addenda entrará en vigor o día seguinte da súa sinatura e manterá a súa vixencia ata o remate dos traballos de redacción do Plan, que deberá de ser aceptada e ratificada pola Dirección do Proxecto Uniminho. Décima.- Resolución de conflictos. A presente addenda ten carácter administrativo e correspóndelle á Deputación ostentar a prerrogativa de interpretación do mesmo e a resolución das dúbidas que xurdan sobre o seu cumprimento, e con carácter supletorio o establecido no Real Decreto 2/2000 de 16 de xuño, sendo competente, en caso de litixio, a xurisdicción contencioso - administrativa. As partes que interveñen comprométense a dar carácter de confidencialidade a toda a información facilitada entre elas e á que teña ese carácter. Undécima.- Comisión de Seguimento. Crearase unha Comisión para o seguimento do Plan, integrada por dous representantes de Caixanova e dous representantes da Deputación Provincial de Pontevedra. Reuniranse cando o solicite unha das partes e, ó menos, unha vez cada tres meses. SINATURA DA ADDENDA En proba de conformidade, asinan a presente Addenda por cuadriplicado exemplar e a un só efecto. Pola Excma. Deputación de Pontevedra Asdo: Rafael Louzán Abal Por Caixanova, Asdo: Julio Fernández Gayoso ------ Folla: 7.5304.- MODIFICACIÓN DE DIVERSAS ACTUACIÓNS NO PROGRAMA OPERATIVO LOCAL, OBXECTIVO 1, ANUALIDADE 2005 Sr. Presidente.- Punto número 7. Modificación de diversas actuacións no Programa Operativo Local, obxectivo 1, anualidade 2005. ¿Votos en contra?. ¿Abstencións?. ¿A favor?. De conformidade co dictame da Comisión Informativa de Cooperación e Mancomunidades o Pleno acorda por unanimidade aprobar as modificacións das actuacións que a continuación se expresan e que alteran o Programa Operativo Local, Obxectivo 1, anualidade 2005, aprobado na sesión do Pleno da Corporación Provincial de 25 de xaneiro de 2005: CAMBIO DE FINANCIAMENTO DA OBRA Nº 519 "REFORMA EXTERIOR DA PRAZA DE ABASTOS" E ANULACIÓN DA OBRA Nº 520 "INSTALACIÓN DE PUNTO DE RECOLLIDA DE VOLUMINOSOS E TRATAMENTO DE RESIDUOS VEXETAIS" AMBAS DO CONCELLO DE MOAÑA, E INCLUÍDAS NO POL/2005 Apróbase a petición do Concello de Moaña de anular a obra nº 520 "Instalación de punto de recollida de voluminosos e tratamento de residuos vexetais" incrementando o seu orzamento na obra nº 519 "Reforma exterior da praza de abastos", ambas incluídas no POL/2005 e cuxo financiamento queda como segue: Achega Feder (MAP).........................................12.276,21 ¤ Achega Feder (Admón. Local)........................ 134.886,89 ¤ Achega MAP..................................................... 5.261,26 ¤ Achega Deputación......................................... 33.333,22 ¤ Achega Concello......................................... 24.475,44 ¤ TOTAL .................................................... 210.233,02 ¤ CAMBIO DE APLICACIÓN DA OBRA Nº 546 DO CONCELLO DE MORAÑA, INCLUÍDA NO POL/2005 Apróbase a petición do Concello de Moraña do cambio de aplicación da obra nº 546, denominada "Acondicionamento de terreos Polígono Industrial Cortiñas" pola actuación do Plan Complementario "Urbanización Polígonos Industriais de Afieiras e Mírallos", co mesmo financiamento que a anterior e que a continuación se indica: Achega Feder (MAP)...................................... 7.465,55 ¤ Achega Feder (Admón. Local)........................ 71.870,38 ¤ Achega MAP.................................................... 3.199,54 ¤ Achega Deputación......................................... 17.970,01 ¤ Achega Concello............................................. 12.831,55 ¤ TOTAL .................................................... 113.337,03 ¤ CAMBIO DE APLICACIÓN DA OBRA Nº 464 DO CONCELLO DE SALCEDA DE CASELAS, INCLUÍDA NO POL/2005 Apróbase a petición do Concello de Salceda de Caselas de cambio de aplicación da obra nº 464, denominada "Obradoiro de Emprego en Landres", pola actuación do Plan Complementario "Saneamento rúa Gándara, rúa Rosalía de Castro e Ribeira", co mesmo financiamento que a anterior e que a continuación se indica: Achega Feder (MAP).........................................4.197,82 ¤ Achega Feder (Admón. Local)........................ 41.529,95 ¤ Achega MAP................................................... 1.799,07 ¤ Achega Deputación......................................... 10.357,58 ¤ Achega Concello............................................ 7.440,97 ¤ TOTAL .................................................... 65.325,39 ¤ CAMBIO DE APLICACIÓN DA OBRA Nº 523 DO CONCELLO DE SILLEDA, INCLUÍDA NO POL/2005 Apróbase a petición do Concello de Silleda do cambio de aplicación da obra nº 523, denominada "Acondicionamento para instalación de punto limpo e acondicionamento de vertedoiros de plásticos en puntos verdes", pola actuación do Plan Complementario "Alcantarillado r/Deporte en Bandeira", co mesmo financiamento que a anterior e que a continuación se indica: Achega Feder (MAP)......................................... 5.202,75 ¤ Achega Feder (Admón. Local)........................ 59.551,82 ¤ Achega MAP....................................................... 2.229,76 ¤ Achega Deputación............................................ 14.667,25 ¤ Achega Concello................................................. 10.854,97 ¤ TOTAL .................................................... 92.506,55 ¤ ------ Folla: 8.5305.- RATIFICACIÓN DE RESOLUCIÓN PRESIDENCIAL DESIGNANDO VOCAIS NOS CONSELLOS RECTORES DOS ORGANISMOS AUTÓNOMOS LOCAIS: TURISMO RÍAS BAIXAS, ESCOLA DE CANTEIROS E MUSEO PROVINCIAL DE PONTEVEDRA Sr. Presidente.- Punto número 8. Ratificación de Resolución Presidencial designando vocais nos Consellos Rectores dos organismos autónomos locais, Turismo Rías Baixas, Escola de Canteiros e Museo Provincial de Pontevedra. ¿Votos en contra?. ¿Abstencións?. ¿A favor?. De conformidade co dictame da Comisión Informativa de Réxime Interior e Persoal o Pleno acorda por unanimidade ratificar a seguinte Resolución Presidencial designando vocais nos Consellos Rectores dos organismos autónomos locais Turismo Rías Baixas, Escola de Canteiros e Museo Provincial de Pontevedra: "Dada conta da publicación no BOP nº 191 de 4 de outubro da modificación dos Estatutos dos Organismos Autónomos Locais "Turismo Rías Baixas", "Escola de Canteiros de Pontevedra" e "Museo Provincial", aprobados definitivamente en sesión plenaria do 28 de setembro de 2005, e, por conseguinte, da súa entrada en vigor. Resultando que compoñen o Consello Rector como órgano de goberno dos mesmos, en calidade de vocais, catro Deputados Provinciais elixidos pola Corporación Provincial en Pleno, con presencia de tódolos grupos políticos e en proporción á súa representación. Resultando a necesidade de celebrar a reunión ordinaria mensual que se viña realizando segundo o réxime de sesións acordado no seu día para os citados organismos. Considerando a urxencia da designación dos vocais para a constitución dos distintos Consellos Rectores, RESOLVO, 1º.- Designar como vocais dos distintos Consellos Rectores ós/ás seguintes Deputados/as: Consello Rector do Organismo Autónomo Local "Turismo Rías Baixas" D. José Juan Durán Hermida D. Jesús Vázquez Almuiña D. Constante Juan Muradas Ramos Dona Clara Millán González Consello Rector do Organismo Autónomo Local "Escola de Canteiros" D. José Manuel Figueroa Vila Dona Nidia Mª Arévalo Gómez D. Juan Manuel Rey Rey D. Xosé Antonio Araujo Quintas Consello Rector do Organismo Autónomo Local "Museo de Pontevedra" D. José Juan Durán Hermida D. Raúl Emilio Castro Rodríguez D. Juan Manuel Rey Rey D. Xosé Cesáreo Mosquera Lorenzo. 2º.- Esta Resolución elevarase ó Pleno para a súa ratificación, sen prexuízo da súa efectividade dende o día de hoxe, notificándoa a todos os servizos da Deputación." ------ Folla: 9.5306.- PLAN DE EMPREGO PARA PERSOAL FUNCIONARIO E LABORAL DESTA EXCMA. DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA Sr. Presidente.- Punto número 9. Plan de emprego para persoal funcionario e laboral desta Excma. Deputación Provincial de Pontevedra. Ten a palabra o Sr. Vázquez Almuíña. Sr. Vázquez Almuíña.- Si. Bos días Sr. Presidente. Sométese ó Pleno da Corporación Provincial a aprobación dun plan de emprego xeral para o persoal funcionario e laboral desta Excma. Deputación que ten por obxectivo racionalizar a actual estructura e recursos humanos deste organismo provincial, para adaptala ás necesidades cambiantes desta administración. Este plan ten orixe nun traballo de análise, diagnóstico, proposta e mellora efectuado a petición da Excma. Deputación de Pontevedra pola empresa Estratexia Organización EOSA, SA, no ano 2002. Finalizados os traballos e unha vez iniciadas as negociacións do novo catálogo de postos cos representantes sindicais en setembro de 2004, observouse a necesidade de revisar dito traballo por apreciar desaxustes de funcións e retribucións e denominacións inadecuadas. Para a elaboración do novo catálogo de postos de traballo e xa completada a información obtida pola empresa EOSA Consultores a través da primeira fase de información, análise e descrición de postos de traballo, diagnóstico e proposta de mellora dos recursos humanos con respecto á determinación do contido de cada posto de traballo xa sexa por modificación ou revisión dos existentes como por ampliación da plantilla con motivo da creación de novas prazas e postos de traballo. Desta maneira o catálogo recolle de forma ordenada e sistemática as características esenciais de todos os postos de traballo. Unha vez determinado o contido do posto efectuouse a valoración do mesmo coa finalidade de asignar un valor e un prezo a cada un dos postos que integran a organización que determine a súa importancia dentro da estructura organizativa. Este catálogo de postos de traballo configúrase coma un instrumento técnico a través do cal se realiza a ordenación do persoal da Corporación Provincial de acordo coas necesidades dos servizos incluíndo tanto o persoal funcionario de carreira e interino coma o laboral-fixo e eventual. O seu obxectivo fundamental consiste en racionalizar e optimizar a utilización dos recursos humanos de organización co fin de adecualos á estructura organizativa en aras a conseguir unha xestión máis eficaz e eficiente. A través do novo catálogo de postos de traballo preténdese con carácter xeral: a) actualizar a estructura organizativa da Deputación Provincial; b) determinar o contido de todos os postos de traballo identificando as características propias e singulares de cada un deles; c) valorar os postos de traballo a efectos retributivos; d) adecuar ó funcionario ó posto mediante a reclasificación de persoal que desenvolva maiores funcións de forma permanente e continuada dende fai varios anos sen que por iso foran retribuídos; e) regularizar a situación do persoal afectado pola sentencia do ano 2001, que anula o plan de emprego aprobado no ano 98 para reclasificar o persoal do Servizo de Vías e Obras, Castelo de Soutomaior, Finca Mouriscade, Finca Areeiro e Proceso de Datos, que viñan desempeñando postos de traballo de distinta e superior categoría profesional; e f) eliminar as diferencias económicas existentes entre postos de igual categoría profesional en canto á asignación dos distintos factores que integren o complemento específico. A valoración de postos permitirá efectuar unha nova distribución dos diversos complementos retributivos sobre bases puramente obxectivas e consensuadas. Por conseguinte para poder transformar a dotación inicial da plantilla e adaptala á estructura de persoal que se pretende aprobar será necesario aprobar un plan de emprego xeral e que dará como resultado unha nova estructura organizativa que se concreta nas seguintes medidas: 1)Modificacións en plantilla de persoal funcionario, coa reclasificación de prazas en plantilla, coa creación e amortización de prazas. 2)Modificación da relación de postos de traballo. Modificación do contido da relación de postos de traballo e modificación retributiva de persoal funcionario. Dentro da modificación retributiva de persoal funcionario vanse a facer unhas modificacións do nivel de complemento de destino, prazo de execución o ano 2007; unha modificación de complemento específico, modificación do importe do complemento específico e cun prazo de execución que dura tres anos e de forma concreta é especial dificultade técnica, modificarase para este ano 2005, se lle dará a todos os funcionarios de carreira, funcionarios interinos e persoal laboral-fixo que se atopen en activo a 1 de decembro de 2005. A responsabilidade no ano 2006, e a penosidade e perigosidade no ano 2006. Tamén hai cambios de adscrición de postos, modificacións retributivas do persoal laboral, sobre todo cunha modificación de complemento de convenio. Esto é un resume, evidentemente todos os datos están dentro da documentación que se distribuíu entre todos os grupos e quero recalcar fundamentalmente que o obxectivo fundamental deste equipo de goberno da Deputación e cunha negociación con todos os sindicatos é buscar unha solución a diferentes heteroxeneidades que había dentro da plantilla dende hai moitos anos que trata de corrixir ó longo deste acordo, un acordo a tres anos que foi asumido por todas as centrais sindicais que estiveron na mesa de negociación, que evidentemente conta cos informes favorables de Intervención e de Asesoría e de Secretaría, e que entendemos que é un paso importante para regularizar situacións ó longo destes anos que podían haber levado e de feito levaron a claros desaxustes tanto funcionais coma económicos do persoal. Polo tanto preséntase á aprobación deste Pleno neste punto o plan de emprego xeral. Moitas gracias Sr. Presidente. Sr. Presidente.- Moitas gracias Sr. Vázquez Almuíña. Ten a palabra o Sr. Mosquera. Sr. Mosquera Lorenzo.- Gracias Sr. Presidente. Bos días a todos e a todas. Ben, estamos perante un tema recorrente en todas as administracións e nesta casa en especial. Creo que deixando a un lado, hai que facer unha separación moi clara dos problemas que debía haber e que hai de desaxustes pero que non son o fondo da cuestión, que había que resolvelos. Pois xa digo, deixando eso a un lado, temos que recalcar o noso posicionamento como forza política, que sempre foi, están aí todas as propostas e todos os posicionamentos, que non se podía descargar no lombo dos traballadores e neste caso dos funcionarios, todas as políticas de axuste económico, chámese reducción do déficit, das administracións públicas ou chámese incremento de beneficio das empresas privadas e reparto digamos da riqueza entre, vamos, aumentando o capital e diminuíndo o dos traballadores vía conxelación salarial, ese foi sempre o noso posicionamento. E polo tanto nese sentido, nese sentido, digamos que as liñas gordas deste acordo pois non teríamos ningún problema en votalo a favor senón todo o contrario, senón estaríamos digamos en fin totalmente apoiando. Sorpréndenos que quen estivo fixando, que quen estivo fixando eses límites salariais durante oito anos, vías leis de acompañamento dos orzamentos do Estado, pois sexa agora tan dilixente para resolvelo, sen resolver o problema de fondo. Entón cando non se resolven os problemas de fondo e queremos resolver as cuestións que se derivan deles, ou sexa, a conxelación e a perda de poder adquisitivo neste caso dos funcionarios por vías que non están pensadas para eso pois é moi fácil caer na chapuza, é moi fácil caer na chapuza e aínda así, aínda así, escollendo esta vía que tamén se fixo noutros concellos, se fixo noutros lados, vía plan de emprego, vía reclasificación de todos os postos, aínda así, votaríamos a favor. Non dende logo polas razóns que dou o poñente do partido Popular, porque non hai máis que ler o informe ese que di Intervención para ver que non teñen nada que ver os motivos de fondo non teñen nada que ver cos motivos que dou o Sr. Almuíña, o catálogo está pouco detallado, non é unha vía moi discutible, etc., etc., porque é evidente coa lexislación actual é evidente que é unha vía moi moi forzada e demais e aínda así, aínda así estaríamos dispostos a apoialo, aínda que sexa unha vía digamos de intentar saltarse os topes salariais que se fixan en Madrid, que fixaron vostedes e que agora se manteñen aínda que suavizadas este ano, e por que coincide coa nosa postura que tivemos sempre en relación á distribución da riqueza e polo tanto da masa salarial e neste caso dos funcionarios. Pero, pero hai unha cuestión que si nos preocupa extraordinariamente, verdade, que é que esta Deputación historicamente, historicamente está demostrando unha ineficiencia e unha mala distribución dos recursos humanos absolutamente esaxerada, con recargas en certos sitios, con faltas de capacidade de actuación noutros, etc., etc., que creo que era obriga do equipo de goberno e non o fixo en absoluto, aproveitar, ou sexa, facer da necesidade un toute e aproveitar este proceso para que a Deputación se dotara dunha estructura e esa si sería un reclasificación que cubriría perfectamente os dous obxectivos, sería un plan de emprego que tería os dous obxectivos; unha digamos recuperar parte da capacidade adquisitiva perdida polos funcionarios, e dúas mellorar e poñer ó día, modernizar a estructura desta Deputación para convertila nunha administración como se agarda do século XXI e a maiores, que eso xa o dixen ó principio, eliminando certas inxustizas comparativas ou certos desfases que hai. Dende logo esto non se ve por ningún lado, non se ve absolutamente por ningún lado, se ten dito por activa e por pasiva, aínda hoxe sae na prensa, por exemplo podo referirme ós campos que mellor coñezo, de que esta Deputación debería prestar determinados servizos, non os presta, hoxe sae que si se vai facer mediante convenio ou non se vai facer, debía estar digamos con certo tipo de persoal de todas as categorías pero digamos novo ou recolocado cumprindo outras funcións que si son necesarias, debía de haber recargas en certas áreas e dotadas de maior eficiencia, etc., eso non se ve por ningún lado, absolutamente por ningún lado, por ningún lado, ou sexa non existe esa, vamos, esa decisión política senón simplemente é, bueno, pois conseguimos a paz social a través dun acordo que pola vía que a lei nos permite, moi forzada, pero que a lei parecería que, parecería, xa veremos se o permite ou non, pois por esa vía vamos a intentar eliminar algunhas inxustizas comparativas e vamos sobre todo a recuperar o poder adquisitivo de certos postos ou da maioría, obxectivo no que estamos de acordo, pero tal e como se fixo e digamos desaproveitando total e absolutamente a oportunidade e para, incluso para darlle certo incentivo a grande parte dos funcionarios que teñen algunhas funcións que ven que realmente son interesantes, que están cumprindo determinadas funcións de non estar atascados e en certas labores moi rutineiras que bueno, hoxe suben de categoría pero van ser as mesmas, realmente a eficiencia non se ve por ningún lado, incluso por eso, aínda que só fose por eso, aínda que só fora por eso, non só pola cuestión de recuperar o poder adquisitivo. Creo que é unha oportunidade perdida, máis ben non sei se non será nese sentido un retroceso, polo tanto e por responsabilidade na parte que nos toca, en relación a que non somos goberno, en relación ás funcións que esta Deputación debería cumprilas e o staf funcionarial que debería ter para poder cumprilas, creo que temos unha responsabilidade nese sentido e polo tanto nese aspecto non o podemos avalar, deixando claro a primeira parte, polo tanto vamos absternos. Moitas gracias. Sr. Presidente.- Moitas gracias Sr. Mosquera. Ten a palabra o Sr. González. Sr. González Iglesias.- Si, ben, a intervención loxicamente vai servir para os puntos 9, 10 e 11, porque están absolutamente interrelacionados e comezar dicindo que estes tres temas de suma importancia para a Deputación, non deberían haberse levado por urxencia como se levaron, e cambiando ou completando informes hora e media antes do Pleno, é dicir, demasiado correndo o tema. De tódolos xeitos queremos empezar felicitando ós sindicatos polo acordo acadado e esperando que todos os alcaldes do Grupo Popular cando se lle plantexen temas deste calibre sexan tan receptivos, alí onde teñan maioría absoluta, como o van a ser vostedes aquí. A discusión destes tres puntos, a discusión deste punto ten un custo e o custo é de 1.700.000 € en tres anos, e eso é das cuestións, eso e o futuro da plantilla dos traballadores é das cuestións que a nós nos parecía que deberían levarse con máis tento, porque se miran vostedes os informes xurídicos son favorables, pero son favorables coas observacións feitas, tanto a reclasificación como as modificacións das relacións de postos de traballo. E eso ¿que quere dicir?, pois a nós nos dá a sensación de que se está aprobando con certa inseguridade xurídica, o mesmo que levou a que o plan anterior e o convenio anterior fora recorrido e fora resolto negativamente, fora resolto negativamente e agora recorrido. O que si queremos plantexarlle ó grupo de goberno é que se o acordo é impugnado como foi o anterior, que a resolución dese acordo e a discusión sexa no Pleno e non mediante Resolución do Presidente, como fixeron no anterior. Eu creo que non nos queda máis que dicir, que loxicamente nós non vamos baixo ningún concepto a boicotear este acordo, loxicamente non vamos a votar en contra pero si vamos a absternos porque consideramos como dicía antes que plantexa certas inseguridades xurídicas. Nada máis, volvo a repetir, nos tres puntos vamos absternos. Sr. Presidente.- Moitas gracias Sr. González. Ten a palabra o Sr. Vázquez Almuíña. Sr. Vázquez Almuíña.- Moitas gracias Sr. Presidente. Simplemente dende logo creo que non é algo que se fixera correndo, é certo e explicamos por que foi vía de urxencia, precisamente para tratar de que xurdira efecto neste mesmo ano, pero dende logo temos que dicir que é un traballo que empeza no ano 2002 esta Deputación, e que foi un traballo arduo, por parte da empresa e despois, primeiro teño que felicitar ós sindicatos porque tiveron sempre unha actitude receptiva e colaboradora, e loxicamente ó persoal desta Deputación que trataron de limar as diferencias e chegar a este acordo final. Dende logo creo que se trata dende logo buscando a mellora na eficiencia do traballo da Deputación, porque moitas veces tamén con inxustas funcións desenvoltas por determinado persoal non se pode conseguir os obxectivos finais. Eu creo que hai que darlle tempo ó tempo, pero entendo que vai ser un bo acordo e que vai ser unha mellora importante para esta Deputación. Moitas gracias. Sr. Presidente.- Moitas gracias Sr. Vázquez Almuíña. Polo tanto procedemos á aprobación do Plan de Emprego para o persoal funcionario e laboral desta Deputación, que como ben acaba de dicir o Portavoz do Partido Popular é un acordo creo que moi importante, iniciado no ano 2002, e remata con bo fin no ano 2005 para a estabilidade e sobre todo para beneficio da institución e tamén dos propios traballadores. Procedemos á votación. ¿Votos en contra?. ¿Abstencións?. ¿A favor?. Vista a proposta da nova relación de postos de traballo desta Deputación Provincial, os informes que obran no expediente, a descrición do contido dos postos de traballo, as propostas sindicais presentadas por CC.OO., CIG e UXT e o estudo realizado pola empresa EOSA Consultores, con fundamento nos artigos 4.1 e 33.2 da Lei 7/85 de 2 de abril reguladora das bases de réxime local, en relación co artigo 70.3 do Regulamento de organización e funcionamento das entidades locais, art. 129.3 do Texto refundido de disposicións legais vixentes en materia de réxime local, art. 168 do Real decreto lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o Texto refundido da Lei reguladora das facendas locais, art. 18.1 da Lei 30/84, de 2 de agosto, de reforma da función pública, modificado pola Lei 22/93, artigo 2 do Real decreto 364/95, de 10 de marzo, de ingreso, provisión de postos de traballo e promoción profesional do persoal ó servizo da Administración Xeral do Estado, art. 29 da Lei 4/88, de 22 de maio, da función pública de Galicia, na redacción dada polo artigo 7 da Lei 3/95, de 10 de abril e o artigo 32, da Lei 9/87, de órganos de representación, determinación das condicións de traballo e participación do persoal ó servizo das administracións públicas, así como a sentenza do Tribunal Constitucional 27/1991, de 14 de febreiro e a sentenza do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia ditada no recurso contencioso-administrativo núm. 01/1886/1995, interposto polo avogado do Estado contra o acordo adoptado polo Pleno desta Deputación Provincial, na sesión que tivo lugar o 29 de setemb
Área de documentación
Existencia e localización de copias Enlace para escoitar o audio da sesión do Pleno
Ãrea de notas
Nota