ATOPO
Rexistros actuais: 1.625.156
Obxectos dixitais dispoñibles: 504.759

Acta de sesión 2005/11/30_Ordinaria

Área de identificación

  • Código(s) de referencia ES.GA.36038.ADPO.1.1.3.3.33.365/3.2005-11-30_Ordinaria

  • Título Acta de sesión 2005/11/30_Ordinaria

  • Data(s) 2005-11-30 (Creación)

  • Volume e soporte 1 acta de sesión

Área de contexto

Área de contido e estrutura

  • Alcance e contido Folla: Da sesión ordinaria en primeira convocatoria, celebrada polo Pleno desta Excma. Deputación o día, 30 de novembro de 2005 No Salón de sesións da Excma. Deputación Provincial de Pontevedra, sendo as once horas e dez minutos do día trinta de novembro do ano dous mil cinco, baixo a Presidencia do Ilmo. Sr. Presidente D. Rafael Louzán Abal, reuníronse as/os Señoras/es Deputadas/os, D. Xosé Antón Araujo Quintas, Dona Nidia María Arévalo Gómez, D. Ramón Campos Durán, Dona Francisca Canal Gómez, D. Raúl Emilio Castro Rodríguez, D. Xosé Crespo Iglesias, D. José Juan Durán Hermida, D. Antonio Feliciano Fernández Rocha, D. José Manuel Figueroa Vila, D. Julio César García-Luengo Pérez, D. Emilio González Iglesias, D. Efrén Juanes Rodríguez, D. José Antonio Landín Eirín, Dona Clara Millán González, D. Xosé Cesáreo Mosquera Lorenzo, D. Constante Juan Muradas Ramos, D. Manuel Núñez Sestelo, D. Xosé Carlos Pazos Docampo, Dona María Teresa Pedrosa Silva, D. Juan Manuel Rey Rey, D. Alfredo Rodríguez Millares, D. Rodrigo Santiago Novas, Dona Belén Sío Lourido, D. José Enrique Sotelo Villar e D. Jesús Vázquez Almuíña, co obxecto de celebrar sesión ordinaria do Pleno da Deputación, en primeira convocatoria, consonte á correspondente orde do día. Non asiste o Sr. Deputado Provincial D. Xabier Mª Toba Girón, quen excusa a súa ausencia. Da fé do acto o Secretario Xeral, D. Carlos Cuadrado Romay, e está presente o Sr. Interventor Accidental, D. Antonio Graña Gómez. Declarada aberta a sesión e de orde da Presidencia éntrase seguidamente no exame da orde do día, adoptándose en relación coa mesma os seguintes acordos: Sr. Presidente.- Bueno, moi bos días ante todo. Comezamos a sesión ordinaria do Pleno da Corporación Provincial. ------ Folla: 2.5317.- RESOLUCIÓN DE ALEGACIÓNS Ó PROXECTO "EP 8004 VILANOVIÑA-CALDAS (MEIS-PORTAS)". APROBACIÓN DEFINITIVA DA RELACIÓN DE BENS E PROPIETARIOS AFECTADOS. DECLARACIÓN DE NECESIDADE DE OCUPACIÓN Sr. Presidente.- Punto número 2. Resolución de alegacións ó proxecto da EP 8004 Vilanoviña- Caldas na EP Meis-Portas que afecta ós dous municipios. Aprobación definitiva da relación de bens e propietarios afectados e declaración de necesidade da ocupación. ¿Votos en contra?, ¿abstencións?, ¿a favor?. Apróbase por unanimidade. O Pleno desta Deputación Provincial, en sesión ordinaria que tivo lugar o 29 de xuño de 2005, adoptou, entre outros, o acordo de aprobación inicial do proxecto denominado "Terminación do ensanche e mellora da EP 8004 Vilanoviña-Caldas", pertencente ó Programa Operativo Local 2005 (POL), dotado dun presuposto para coñecemento da Administración de 160.000 euros, desagregado en presuposto de execución por contrata por importe de 118.642,60 euros e capítulo de expropiacións por importe de 41.357,40 euros, así como a declaración da utilidade pública da obra e a solicitude á Xunta de Galicia da urxente ocupación dos bens afectados. Despois de someterse a información pública dito proxecto, durante o período regulamentario, en virtude de edito publicado no Boletín Oficial da Provincia con data 8 de setembro de 2005 (BOP núm. 173), no taboleiro de anuncios dos concellos de Meis e Portas, e en varios periódicos da localidade, á vista do informe emitido polo enxeñeiro técnico xefe da zona norte, e co fin de dar continuidade ó expediente expropiatorio iniciado no seu día pola Excma. Deputación Provincial de Pontevedra, o Pleno acorda por unanimidade: 1. A resolución das alegacións presentadas ó citado proxecto pola letrada Myriam Gómez Andrés, en representación de Mª. del Pilar Lestón Seoane, terreo núm.13, Elsa Vila López, terreos núms. 17 e 18, Jorge Martínez Buceta, terreo núm. 11, José Martínez Bustelo, terreo núm. 12, Mª. del Carmen Abalo, terreo núm. 9, Álvaro Ferreiro Abal, terreo núm. 15, Carmen Dorgambide López, terreos núms. 20 e 26 e Concepción Méndez Domínguez, terreos núms. 4, 5 e 6, segundo o seguinte detalle: a) Estimar parcialmente as alegacións presentadas por Mª. del Pilar Lestón Seoane e Mª. del Carmen Abalo no sentido de rectificar a titularidade dos terreos núms. 13 e 9, que en realidade son da súa propiedade como herdeiras de Manuel Lestón Salgueiro e Eligio Vila Abalo respectivamente. b) Desestimar as alegacións que cuestionan a necesidade de ocupación e a tramitación pola vía de urxencia do presente expediente, no sentido de que co proxecto "Terminación do ensanche e mellora da EP 8004 Vilanoviña-Caldas" se pretende finalizar unha obra, moi demandada pola maioría dos veciños e os concellos da zona, que permitirá mellorar notablemente a seguridade vial, tanto de vehículos como de peóns, así como dotar á estrada das condicións adecuadas para facer fronte ó denso tráfico que soporta, xa que o tramo que nos ocupa ten unha grande importancia por tratarse da conexión de gran parte da zona norte da provincia coa comarca do Salnés, circunstancias, todas elas, que xustifican de maneira fidedigna tanto a declaración da necesaria ocupación dos bens afectados como a solicitude á Xunta de Galicia da declaración de urxente ocupación. c) Desestimar as alegacións relativas ás canalizacións de traída de auga potable, recollida de augas pluviais e accesos ás propiedades, xa que na execución das obras se reporán as canalizacións afectadas e os accesos ás vivendas, mentres que as augas pluviais se recollerán conforme existían ó facer a estrada. d) Desestimar as alegacións relativas ós bens afectados situados nos terreos núms. 9 e 13, xa que o galpón ó que se refire o propietario do primeiro dos terreos, non se afecta, ocupándose tan só a rampla de entrada, mentres que as árbores ornamentais ás que se refire o propietario do terreo núm. 13, están reflectidas na valoración. 2. A aprobación definitiva do proxecto "Terminación do ensanche e mellora da EP 8004 Vilanoviña-Caldas" (Meis-Portas), pertencente ó Programa Operativo Local 2005 (POL) e que está dotado dun presuposto para coñecemento da Administración de 160.000 euros, desagregado en presuposto de execución por contrata por importe de 118.642,60 euros e capítulo de expropiacións por importe de 41.357,40 euros. 3. A aprobación da necesidade de ocupación dos bens afectados xa que co proxecto "Terminación do ensanche e mellora da EP 8004 Vilanoviña-Caldas" se pretende finalizar unha obra, moi demandada pola maioría dos veciños e os concellos da zona, que permitirá mellorar notablemente a seguridade vial, tanto de vehículos como de peóns, así como dotar á estrada das condicións adecuadas para facer fronte ó denso tráfico que soporta, xa que o tramo que nos ocupa ten unha grande importancia por tratarse da conexión de gran parte da zona norte da provincia coa comarca do Salnés. 4. A aprobación definitiva da relación de propietarios e bens afectados segundo o seguinte detalle: TERREO: PROPIETARIO: BENS: 1 Nome: Gallego Martínez, Antonio Dirección: Villadeamigo CP / Municipio: 36658 - PORTAS 31 m2 monte piñeiral 1 ud. carballo (adulto) 3 uds. piñeiro (adultos) 2 Nome: Gallego Martínez, Antonio Dirección: Villadeamigo CP / Municipio: 36658 - PORTAS 154 m2 monte piñeiral 14 uds. piñeiro (adultos) 10 uds. piñeiro (novos) 10 uds. eucalipto (novos) 3 Nome: Santamaría Buceta, Mª. Luisa Dirección: San Benito - LantañoCP / Municipio: 36658 - PORTAS 37 m2 valo mampostería (0,60 m) 9,50 m2 forxado (enreixado) 3 m2 rede metálica flexible 1 ud. portal forxado (enreixado): 1,90 x 2,30 1 ud. portal (malla): 2,00 x 5,70 3 uds. columnas granito: 0,20x0,20x3m. 4 uds. cabezais 2 uds. postes (medios) 15 uds. cepas de viña 2 uds. árbores ornamentais (sobre valo) 40 m2 terreo a xardín 28 m2 terreo a viña en parra 4 Nome: Méndez Domínguez, Concepción Dirección: Almirante - Lantaño CP / Municipio: 36658 - PORTAS 138 m2 labradío inculto 15 m2 valo de contención (mampostería) 5 Nome: Méndez Domínguez, Concepción Dirección: Almirante - Lantaño CP / Municipio: 36658 - PORTAS 88 m2 horta 3 m2 sebe 6 Nome: Méndez Domínguez, Concepción Dirección: Almirante - Lantaño CP / Municipio: 36658 - PORTAS 48 m2 labradío 3 uds. postes granito (0,20x0,20x3,5 m) 7 Nome: Buceta Buceta, Olimpio Dirección: Fontenla CP / Municipio: 36658 - PORTAS 127 m2 viña en parra 90 m2 valo mampostería (0,60 m) 2 uds. cabezais 10 uds. postes (medios) 26 uds. cepas (caíño) 9 Nome: Abalo, Mª. del Carmen Dirección: Paredes. PORTAS 46 m2 labradío 77 m2 explanada (recheo) 34 m2 aparcadoiro (aglomerado) 10 Nome: Rivas Pereira, ManuelDirección: Paredes CP / Municipio: 36658 - PORTAS 43 m2 viña en parra 30 m2 valo de bloques de formigón 15 m2 rede metálica flexible 2 uds. cabezais 5 uds. postes (medios) 20 uds. cepas (albariño) 11 Nome: Martínez Buceta, Jorge Dirección: Paredes CP / Municipio: 36658 - PORTAS 20 m2 labradío 12: Nome: Martínez Bustelo, José Dirección: CachalC.P. / Municipio: 36658 - PORTAS 123 m2 labradío 148 m2 horta 27 m2 viña (parra e espaller) 6 m2 soleiro de formigón 3 uds. cabezais 10 uds. postes 2 uds. columnas (0,40x0,40x3,50 m) 18 uds. cepas (albariño) 52 m2 rede metálica flexible 2 m2 cerre de padias 13 Nome: Lestón Seoane, Pilar 206 m2 labradío 72 m2 xardín e horta 4 m2 lousa rústica 1 ud. cabezal 1 ud. poste (medio) 10 uds. cepas (espaller) 4 m2 valo perpiaño 5 m2 valo ladrillo revestido 5 uds. piares ladrillo revestido (0,25x0,25x1,0 m) 2 m2 sebe 1 ud. árbore ornamental 5 uds. plantas ornamentais 14 Nome: Abalo Méndez, Manuel Dirección: El Prado CP / Municipio: Caldas de Reis 76 m2 monte piñeiral 15 Nombre: Ferreiro Abal, Álvaro Dirección: ParedesC.P. / Municipio: 36658 - PORTAS 56 m2 monte piñeiral 4 uds. piñeiro 2 uds. carballo (novo) 16 Nome: Abal Vila, José Manuel Dirección: Cachal CP / Municipio: 36658 - PORTAS 79 m2 labradío 4 uds. postes (0,10x0,15x2,0 m) 17 Nome: Vila López, Elsa Dirección: LantañónCP / Municipio: MEIS 76 m2 monte piñeiral 4 piñeiros (adultos) 2 eucaliptos (adultos) 1 carballo (adulto) 18 Nome: Vila López, Elsa Dirección: Lantañón CP / Municipio: MEIS 98 m2 labradío 19 Nome: Méndez Domínguez, Nemesio Dirección: ParedesCP / Municipio: 36658 - PORTAS 65 m2 monte piñeiral 20 Nome: Ares Cacabelos, Ramón Rivas Dorgambide, Carmen Dirección: Fontenla - PORTAS 94 m2 labradío 21 Nome: Freire Frieiro, Francisco Vila Casal, Eladia Dirección: Cachal CP / Municipio: 36658 - PORTAS 120 m2 labradío inculto 101 m2 labradío e emparrado de kiwis 20 m2 soleiro de formigón 2 uds. cabezais 4 uds. postes de brazo (formigón) 8 uds. plantas de kiwi 40 m2 sebe (bogs) 22 Nome: Vila López, Elsa Dirección: Lantañón CP / Municipio: MEIS 78 m2 monte piñeiral 23 Nome: Vila Casal, Eladia Dirección: Cachal CP / Municipio: 36658 - PORTAS 146 m2 monte piñeiral 15 uds. árbores (novas) 24 Nome: Abal Vila, José Manuel 148 m2 viña (en espaller) 108 m2 labradío e prado 20 m2 soleiro de formigón 4 uds. cabezais 10 uds. postes (medios) 30 uds. cepas de viña 5 m2 valo de contención 11 m.l. canaleta de pedra (rega) 8 uds. vimbio 25 Nombre: Rosende Gómez, Vitoriano Dirección: Baión CP / Municipio: Vilanova de Arousa 105 m2 viña 2 uds. cabezais 14 uds. postes (medios) 50 uds. cepas (adultos) 26 Nome: Ares Cacabelos, Ramón, Rivas Dorgambide, Carmen Dirección: FontenlaCP / Municipio: 36658 - PORTAS 472 M2 labradío Contra o presente acordo, que pon fin á vía administrativa, os interesados poderán interpoñer recurso potestativo de reposición, ante o mesmo órgano que a ditou, no prazo dun mes a contar desde o día seguinte ó da recepción da presente notificación (artigos 107, 116 e 117 da Lei 30/1992, de 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, de 13 de xaneiro), ou ben directamente recurso contencioso-administrativo, ante o xulgado do contencioso- administrativo de Pontevedra, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ó da recepción da presente resolución (artigos 8 e 46 da Lei 29/1998, de 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa). Todo isto sen prexuízo da posibilidade de utilizar calquera outro recurso que estime procedente. ------ Folla: 3.5318.- APROBACIÓN INICIAL DO PROXECTO "EP 9703 VILANOVA-PONTEARNELAS (VARIANTE DE PONTEARNELAS) (VILANOVA DE AROUSA)". EXPOSICIÓN PÚBLICA DO MESMO. DECLARACIÓN DE UTILIDADE PÚBLICA DA OBRA E DA NECESIDADE DE OCUPACIÓN. SOLICITUDE Á XUNTA DE GALICIA DA DECLARACIÓN DE URXENTE OCUPACIÓN. MOTIVACIÓN DA URXENCIA Sr. Presidente.- Punto número 3. Aprobación inicial do proxecto da estrada provincial 9103 Vilanova-Pontearnelas, Variante de Pontearnelas no termo municipal de Vilanova de Arousa. Exposición pública da mesma, declaración de utilidade pública da obra e da necesidade de ocupación. Solicitude á Xunta de Galicia da declaración de Urxente Ocupación e a motivación da urxencia. Bueno, dicir que esta estrada é a continuación da variante propiamente de Pontearnelas da ponte que se vai a construír alí, e que nos levará practicamente ata o polígono de Tremoedo en Vilanova de Arousa. Con esto unha vez que nos declaren de urxente ocupación pois poderemos, como digo, rematar toda esta conexión que nos levará á mellora dunha conexión con este polígono e ó mesmo tempo coa estrada recentemente construída de Cambados a Vilagarcía. ¿Votos en contra?. ¿Abstencións?. ¿A favor?. Apróbase por unanimidade. O proxecto denominado "EP 9703 Vilanova-Pontearnelas (variante de Pontearnelas)-Vilanova de Arousa", está dotado dun presuposto para coñecemento da Administración de 382.647,10 euros, desagregado en presuposto de execución por contrata por importe de 220.000 euros e capítulo de expropiacións por importe de 162.647,10 euros. Á vista do informe emitido polo Servizo de Intervención, no que se certifica a existencia de saldo de crédito dispoñible na partida 05/511.511-612.02 para facer fronte ó gasto das expropiacións que conleva, e do informe emitido polo enxeñeiro técnico xefe da zona norte advertindo da necesidade de acometer dita obra, o Pleno acorda por unanimidade: 1. A aprobación inicial do proxecto "EP 9703 Vilanova-Pontearnelas (variante de Pontearnelas)-Vilanova de Arousa", que está dotado dun presuposto para coñecemento da Administración de 382.647,10 euros, desagregado en presuposto de execución por contrata por importe de 220.000 euros e capítulo de expropiacións por importe de 162.647,10 euros. 2. A exposición pública deste e do expediente expropiatorio que conleva, polo prazo regulamentario, a efectos de posibles reclamacións, entendéndose aprobado definitivamente, de forma automática, en caso de que non se produzan. 3. A declaración de utilidade pública da obra e da necesidade de ocupación, con base no informe emitido polo enxeñeiro técnico de Vías e Obras, advertindo da premura que reviste a execución da obra. 4. A solicitude á Xunta de Galicia da declaración de urxente ocupación dos bens e terreos afectados pola referida obra. 5. A motivación da urxencia que se pretende dar ás expropiacións que xera dita obra, en base ó informe emitido o 18 de novembro de 2005 polo enxeñeiro técnico xefe da zona norte, no que se sinala que "a Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Transportes e a Excma. Deputación Provincial de Pontevedra decidiron acometer a mellora dun dos puntos máis conflictivos da estrada autonómica Mosteiro-Cambados, vía de enlace da capital da provincia con Cambados, ó seu paso polo lugar de Pontearnelas, actualmente cunha estreita ponte sobre o río Umia". Esta circunstancia obrigou a cuestionarse a construción dunha nova ponte e dunha variante á estrada autonómica, o que implica que a estrada provincial 9703 Vilanova-Pontearnelas enlace no mesmo punto que a Consellería propón, xa que a construción dunha rotonda por parte de dito organismo permitirá ordenar a circulación e suprimir o enlace da estrada provincial no tramo que quedará fóra de servizo e que actualmente accede en curva revestindo unha enorme perigosidade. Todo isto esixe unha variante ó tramo de estrada obxecto do presente proxecto e que, como se indicaba anteriormente, vén esixido pola nova ordenación do tráfico e a continuidade da estrada autonómica ata Vilanova de Arousa. En consecuencia, a urxente ocupación vén motivada non só pola mellora en canto á seguridade vial que se conseguirá coa nova proposta, senón que con este proxecto preténdese continuar o anteriormente citado xa en ensanche e cuxa obra debería culminarse de forma conxunta, para desa forma poñer a súa posta en servizo ó mesmo tempo. ------ Folla: 4.5319.- APROBACIÓN INICIAL DO PROXECTO "TERMINACIÓN EP VIDUEIROS-AMEDO (DOZÓN)". EXPOSICIÓN PÚBLICA DO MESMO. DECLARACIÓN DE UTILIDADE PÚBLICA DA OBRA E DA NECESIDADE DE OCUPACIÓN. SOLICITUDE Á XUNTA DE GALICIA DA DECLARACIÓN DE URXENTE OCUPACIÓN. MOTIVACIÓN DA URXENCIA Sr. Presidente.- Punto número 4. Aprobación inicial do proxecto terminación EP Vidueiros-Amedo en Dozón. Exposición pública da obra e da necesidade de ocupación, solicitude á Xunta de Galicia da declaración de urxente ocupación. motivación da urxencia. ¿Votos en contra?. ¿Abstencións?. ¿A favor?. Apróbase por unanimidade. O proxecto denominado "Terminación da variante EP 6101 Vidueiros-Amedo" (Dozón), pertencente a Fondos Propios 2005, está dotado dun presuposto para coñecemento da Administración de 32.466,73 euros, desagregado en presuposto de execución por contrata por importe de 27.027,73 euros e capítulo de expropiacións por importe de 5.439,00 euros. Á vista do informe emitido polo Servizo de Intervención, no que se certifica a existencia de saldo de crédito dispoñible na partida 05/511.511-612.02 para facer fronte ó gasto das expropiacións que conleva, e do informe emitido polo enxeñeiro técnico xefe da zona norte advertindo da necesidade de acometer dita obra, o Pleno acorda por unanimidade: 1. A aprobación inicial do proxecto "Terminación da variante EP 6101 Vidueiros-Amedo" (Dozón), pertencente a Fondos Propios 2005, que está dotado dun presuposto para coñecemento da Administración de 32.466,73 euros, desagregado en presuposto de execución por contrata por importe de 27.027,73 euros e capítulo de expropiacións por importe de 5.439,00 euros. 2. A súa exposición pública e do expediente expropiatorio que conleva, polo prazo regulamentario, a efectos de posibles reclamacións, entendéndose aprobado definitivamente, de forma automática, no caso de que non se produzan estas. 3. A declaración de utilidade pública da obra e da necesidade de ocupación dos bens afectados, con base no informe emitido polo enxeñeiro técnico de Vías e Obras, advertindo da premura que reviste a execución da obra. 4. A solicitude á Xunta de Galicia da declaración de urxente ocupación dos bens e terreos afectados pola referida obra. 5. A motivación da urxencia que se pretende dar ás expropiacións que xera dita obra, en base ó informe emitido o 18 de novembro de 2005 polo enxeñeiro técnico xefe da zona norte, no que se sinala que "o trazado da EP 6101 Vidueiros-Amedo conseguiu mellorarse nos seus 9.365 metros grazas á cesión, por parte dos propietarios afectados, dos terreos necesarios para conseguir o ensanche do citado vial, conscientes da importancia que a obra tiña para unha zona illada que no seu día ocupou a capitalidade do concello, e que ten nesa vía a principal comunicación entre a estrada nacional Santiago-Ourense e o vial autonómico Lalín-Monforte. Coa finalidade de mellorar a seguridade vial, tanto de vehículos como de persoas, reducindo desa forma a perigosidade existente derivada da sinuosidade do actual trazado, proxectouse unha pequena variante que tamén se realizou, na súa parte principal, grazas á cesión de terreos polos propietarios afectados; como queira que a explanación nos enlaces coa antiga estrada non deron o resultado previsto no seu día, fíxose necesaria a redacción do presente proxecto, cuxa urxencia vén derivada da necesidade de concluír a obra e poñela en servizo con todos os condicionantes de seguridade para a que se realizou. ------ Folla: 5.5320.- APROBACIÓN INICIAL DO PROXECTO "ENSANCHE E MELLORA EP 9701 BAIÓN-ANDRÁS (ANDRÁS-SOLOBEIRA) (VILANOVA DE AROUSA)". EXPOSICIÓN PÚBLICA DO MESMO. DECLARACIÓN DE UTILIDADE PÚBLICA DA OBRA E DA NECESIDADE DE OCUPACIÓN. SOLICITUDE Á XUNTA DE GALICIA DA DECLARACIÓN DE URXENTE OCUPACIÓN. MOTIVACIÓN DA URXENCIA Sr. Presidente.- Punto número 5. Aprobación inicial do proxecto ensanche e mellora da EP 9701 Baión-András en András-Solobeira en Vilanova de Arousa. Exposición pública do mesmo. Declaración de utilidade pública da obra e da necesidade de ocupación. Solicitude á Xunta de Galicia da declaración de urxente ocupación e motivación da urxencia. ¿Votos en contra?. ¿Abstencións?. ¿A favor?. Apróbase por unanimidade. O proxecto denominado "Ensanche e Mellora EP 9701 Baión-András (András-Solobeira)-Vilanova de Arousa", está dotado dun presuposto para coñecemento da Administración de 195.992,43 euros, desagregado en presuposto de execución por contrata por importe de 132.063,18 euros e capítulo de expropiacións por importe de 63.929,25 euros. Á vista do informe emitido polo Servizo de Intervención, no que se certifica a existencia de saldo de crédito dispoñible na partida 05/511.511-612.02 para facer fronte ó gasto das expropiacións que conleva, e do informe emitido polo enxeñeiro técnico xefe da zona norte advertindo da necesidade de acometer dita obra, o Pleno acorda por unanimidade: 1. A aprobación inicial do proxecto "Ensanche e Mellora EP 9701 Baión-András (András-Solobeira)-Vilanova de Arousa", que está dotado dun presuposto para coñecemento da Administración de 195.992,43 euros, desagregado en presuposto de execución por contrata por importe de 132.063,18 euros e capítulo de expropiacións por importe de 63.929,25 euros. 2. A súa exposición pública e do expediente expropiatorio que conleva, polo prazo regulamentario, a efectos de posibles reclamacións, entendéndose aprobado definitivamente, de forma automática, no caso de que non se produzan estas. 3. A declaración de utilidade pública da obra e da necesidade de ocupación dos bens afectados, con base no informe emitido polo enxeñeiro técnico de Vías e Obras, advertindo da premura que reviste a execución da obra. 4. A solicitude á Xunta de Galicia da declaración de urxente ocupación dos bens e terreos afectados pola referida obra. 5. A motivación da urxencia que se lles pretende dar ás expropiacións que xera dita obra, en base ó informe emitido o 22 de novembro de 2005 polo enxeñeiro técnico xefe da zona norte, no que se sinala que dentro dos obxectivos marcados pola Deputación Provincial de Pontevedra para dotar ás calzadas das vías provinciais por un lado, dun ancho mínimo que permita a circulación de vehículos pesados, tanto de autobuses coma de transportes de mercadorías, así como a realización de dúas beirarrúas coas dimensións adecuadas que permitan o paso de peóns, esta entidade local emprendeu as obras de ensanche e mellora da EP 9701 Baión-András, iniciándoa cun primeiro tramo que une a EP Vilanova-Pontearnelas coa estrada autonómica que accede a Vilagarcía de Arousa desde Pontearnelas. Para isto contouse coa colaboración dos veciños afectados, que cederon de forma voluntaria os seus terreos, conscientes da importancia da obra xa que ó tratarse dunha zona densamente poboada, con vivendas que lindan coa estrada existente, mellorouse notablemente a seguridade vial. Como queira que no tramo final xa non existen tantas edificacións e que o trazado actual ten numerosas curvas proxectouse unha reforma deste mellorando substancialmente en planta as características da estrada e realizando unha pequena variante, obra que aumentará notablemente a seguridade vial ó tempo que permitirá concluír o tramo anteriormente citado. A urxencia da obra xustifícase, en consecuencia, pola necesidade de reducir a sinuosidade do trazado, actualmente cheo de curvas, e desa forma poder evitar, na medida do posible, os accidentes e a perigosidade que os anchos primitivos supoñían para a circulación. A maiores, o feito de mellorarse os primeiros tramos da citada estrada implica un aumento de velocidade na circulación duns vehículos cuxos condutores, ó encontrarse co deficiente trazado do tramo final, poderían poñer en perigo tanto a súa integridade física coma a dos peóns. ------ Folla: 6.5321.- APROBACIÓN DO CONVENIO DE COLABORACIÓN ENTRE A DEPUTACIÓN PROVINCIAL E O CONCELLO DE MEAÑO PARA A EXECUCIÓN DA OBRA DE "DOTACIÓN DE BEIRARRÚAS E SERVIZOS NA EP 9303 MEAÑO-DENA (MEAÑO)" Sr. Presidente.- Punto número 6. Aprobación do Convenio de Colaboración entre a Deputación Provincial e o Concello de Meaño para a execución da obra da dotación de beirarrúas e servizos na estrada provincial 9303 Meaño-Dena no municipio de Meaño. Esta é unha actuación que comprende rematar esta obra que estamos executando neste momento o ensanche da mesma e agora fixemos un convenio para dotación de servizos co Concello onde o Concello achega o trinta e cinco por cento da inversión en colaboración coa Deputación de Pontevedra. ¿Votos en contra?. ¿Abstencións?. ¿A favor?. Apróbase por unanimidade. Visto que os convenios entre as Administracións Públicas constituen o instrumento adecuado para desenvolver a súa cooperación en cuestións de interese común, tal e como establecen os artigos 6 e seguintes da Lei 30/92, de 26 de novembro, do Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común, preténdese asinar un convenio de colaboración entre a Deputación de Pontevedra e o Concello de Meaño para realizar as obras necesarias para a dotación de beirarrúas e servizos da EP 9303 Meaño-Dena, que se orzamenta en 1.077.275,03 euros. Visto o informe favorable do Secretario da Corporación sobre o Convenio de colaboración, e visto así mesmo, o informe emitido por intervención, de data 22 de novembro de 2005, o Pleno acorda por unanimidade aprobar o Convenio de colaboración entre a Deputación Provincial de Pontevedra e o Concello de Meaño para a execución da obra de dotación de beirarrúas e servizos na EP 9303 Meaño-Dena. Así mesmo, facúltase ó Presidente da Deputación para a formalización do mencionado convenio mediante a súa sinatura. Dito Convenio é como segue: CONVENIO DE COLABORACIÓN ENTRE A EXCMA. DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA E O CONCELLO DE MEAÑO PARA A DOTACIÓN DE BEIRARRÚAS E SERVIZOS NA EP 9303 MEAÑO-DENA. En Meaño, a xxx de xxxxxx de 2005 REUNIDOS O Ilmo. Sr. D. Rafael Louzán Abal, na súa condición de Presidente da Excma. Deputación Provincial de Pontevedra, actuando en virtude das competencias que lle atribúe o artigo 34.1.b) da Lei 7/1985, de 2 de abril, Reguladora das Bases de Réxime Local D. Jorge Domínguez Rosal, Alcalde-Presidente do Concello de Meaño, en virtude de nomeamento efectuado polo Pleno da Corporación na súa sesión constitutiva e actuando en virtude das facultades representativas que lle atribúe o artigo 21.1.b) da Lei 7/1985, de 2 de abril, Reguladora das Bases de Réxime Local, coa modificación dada pola Lei 57/2003, de 16 de decembro, de medidas de modernización do Goberno Local. Ambas partes recoñécense con capacidade para formalizar o presente convenio, en base ós principios de colaboración, cooperación, coordinación e eficacia que deben presidir as actuacións das Administracións Públicas. EXPOÑEN I.- Que os convenios entre as Administracións Públicas constitúen o instrumento adecuado para desenvolver a súa cooperación en cuestións de interese común, tal como establecen os art. 6 e seguintes da Lei 30/92, de 26 de novembro, de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común, 3.c) do RDL 2/2000, de 16 de xuño, polo que se aproba o Texto Refundido la Lei de Contratos das Administracións Públicas, 57 da Lei 7/85, de 2 de abril, Reguladora das Bases de Réxime Local e 198 e seguintes da Lei 5/97, de 22 de xullo, de Administración Local de Galicia. II.- Que a lexislación vixente en materia de Réxime Local encomenda ás deputacións a que dirixan a súa actividade a asegurar a prestación integral e adecuada dos servizos de competencia municipal, a tal efecto, e co fin de posibilitar a consecución real e efectiva dos mesmos, é polo que instrumenta dito convenio dirixido ó cumprimento das obrigas impostas pola normativa vixente. III.- Con fundamento en canto queda exposto, e sendo patente a vontade de colaboración das Entidades comparecentes, ámbalas dúas partes acordan a subscrición do presente convenio, consonte ás seguintes: CLÁUSULAS Primeira.- O obxecto do presente convenio, no marco da cooperación da Excma. Deputación Provincial de Pontevedra e o Excmo. Concello de Meaño ten por obxecto a realización da obra, dotación de beirarrúas e de servizos na EP 9303 Meaño-Dena. Segunda.-. Á Excma. Deputación Provincial de Pontevedra correspóndelle a licitación, dirección, execución e recepción das obras contempladas no proxecto técnico, que serán financiadas con cargo á partida 511.511.612.02. O Concello de Meaño poderá nomear a un técnico facultativo para a comprobación material da execución das obras, que non formará parte da súa dirección. Terceira.- O Concello de Meaño, obrígase a poñer a disposición da Excma. Deputación Provincial de Pontevedra, os terreos necesarios para poder levar a cabo a execución das obras relacionadas na cláusula primeira, así como de obter a correspondente licenza municipal e tramitar ante outros organismos as autorizacións pertinentes que foran precisas. Cuarta.- O importe a que se refire o presente convenio ascende a 1.077.275,03 euros e comprenderá todos os gastos que derivan da obra a realizar, incluídos os gastos de dirección de obra e de seguridade e saúde, sendo a cargo do Concello e excluídos do presente Convenio os honorarios correspondentes á redacción do Proxecto. Quinta.- Os investimentos necesarios para a realización das mencionadas obras serán financiados coa colaboración da Deputación de Pontevedra e o Concello de Meaño, mediante a achega das cantidades que se establecen de seguido: -Excma. Deputación Provincial de Pontevedra con cargo á partida orzamentaria do Presuposto provincial: Anualidade 2005 2006 2007 Cantidade 30.000 ¤ 400.000¤ 270.230,03 ¤ Investimento total 700.230,03 ¤ -O Concello de Meaño con cargo á partida orzamentaria do Presuposto municipal: Anualidade 2005 2006 2007 Cantidade 18.850 ¤ 207.375 ¤ 150.820 ¤ Investimento total 377.045 ¤ A achega do Concello de Meaño xerará crédito na partida 511.511.612.02 do presuposto ordinario da Deputación Provincial de Pontevedra. Sexta.- O Concello de Meaño comprométese á xestión, mantemento e conservación da estrada unha vez rematadas as obras, tendo a asunción de dita responsabilidade dende o día seguinte ó da realización da acta de recepción de obras. Sétima.- Para o seguimento e control do cumprimento do presente convenio, así como para aclarar as dúbidas que suscite a súa interpretación, constitúese unha Comisión de Coordinación da que forman parte os Presidentes, ou persoas en quen deleguen e un Técnico de cada Entidade Local, que se reunirá dentro do prazo de tres días, a contar dende a petición expresa realizada por calquera delas, na sede do organismo requirido. Oitava.- O presente convenio entrará en vigor na data do seu asinamento e terá vixencia ata o 31 de decembro de 2007. A vixencia do presente convenio poderá prorrogarse coa conformidade expresa das partes intervenientes no caso de que non se rematasen as obras obxecto do mesmo. Novena.- Serán causas de resolución: a) O remate do prazo, e b) O incumprimento das obrigas derivadas deste convenio. Décima.- O presente convenio ten natureza administrativa, rexéndose polas cláusulas establecidas nel, e quedando sometido á Xurisdicción Contencioso-Administrativa, a falta de entendemento previo pola comisión citada na cláusula sétima, na resolución de posibles controversias que puideran suscitar o incumprimento ou interpretación do convenio. E en proba de canto antecede, as partes que interveñen asinan o presente Convenio por cuadriplicado e a un só efecto no lugar e data reseñada no seu encabezamento. Pola Deputación Provincial Polo Concello de Meaño. de Pontevedra Rafael Louzán Abal Jorge Domínguez Rosal ------ Folla: 7.5322.- DELEGACIÓN DE COMPETENCIAS DO CONCELLO DE LALÍN A FAVOR DO ORAL PARA A INSPECCIÓN E RECADACIÓN DA LIQUIDACIÓN DEFINITIVA DO IMPOSTO SOBRE CONSTRUCIÓNS, INSTALACIÓNS E OBRAS Sr. Presidente.- Punto número 7. Delegación de competencias do Concello de Lalín a favor do ORAL para a inspección e recadación da liquidación definitiva do imposto sobre construcións, instalacións e obras. ¿Votos en contra?. ¿Abstencións?. ¿A favor?. Apróbase por unanimidade. Visto o acordo do Consello Rector do ORAL (Organismo autónomo provincial de xestión de recursos locais da Excma. Deputación Provincial de Pontevedra), de data 18 de novembro de 2005, sobre aceptación da delegación do Concello de Lalín para a inspección e recadación da liquidación definitiva do imposto sobre construcións, instalacións e obras no período voluntario, o Pleno, de conformidade co dictame da Comisión Informativa de Economía, Facenda e Turismo, acorda por unanimidade: Aceptar, de conformidade co previsto no artigo 7.2 do Real decreto lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o Texto refundido da Lei reguladora das facendas locais, a delegación na Deputación Provincial de Pontevedra-ORAL, que en materia de inspección e recadación da liquidación definitiva do imposto sobre construcións, instalacións e obras no período voluntario, realizou o Concello de Lalín, por acordo do Pleno de data 25 de outubro de 2005, seguindo o establecido nos artigos 106.3 da Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das bases de réxime local, e 7 do citado Real decreto lexislativo 2/2004. A citada delegación publicarase no Boletín Oficial da Provincia e no Diario Oficial de Galicia, tal como determina o meritado artigo 7.2 "in fine". ------ Folla: 8.5323.- ADDENDA Ó CONVENIO DE COLABORACIÓN ENTRE A CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E TRANSPORTES DA XUNTA DE GALICIA E A DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA PARA O FINANCIAMENTO E ARTICULACIÓN DA SUBVENCIÓN DO CUSTE DA PEAXE NO TREITO O MORRAZO-VIGO DA AUTOESTRADA AP-9 PARA OS RESIDENTES NA PROVINCIA DE PONTEVEDRA Sr. Presidente.- O punto número 9. Addenda ó Convenio de Colaboración entre a Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Transportes da Xunta de Galicia e a Deputación de Pontevedra para financiamento e articulación da subvención do custe da peaxe no treito Morrazo-Vigo da autoestrada AP-9 para os residentes na Provincia de Pontevedra. Sr. D. Cesáreo Mosquera. Sr. Mosquera Lorenzo.- Moitas gracias Sr. Presidente, bos días a todos e a todas. Ben, este é un tema recorrente que ten vido aquí moitisimas veces e no que temos fixado unha postura reiterada polo tanto vamos manter neste caso, non creemos que sexa a solución, se podía entender que a prórroga completara este ano, o cal pois bueno, se está xa comprometido e completalo, pero bueno, non cremos que sexa solución, eu creo que sería pesado repetir todas as argumentacións, simplemente anunciar que en consonancia co que fixemos ata agora vamos a votar en contra. Sr. Presidente.- Moitas gracias Sr. D. Cesáreo Mosquera. Sr. D. Emilio González. Sr. González Iglesias.- Si, vamos a ver. O Grupo Socialista dende o ano 2002 que se asinou este convenio vin votando en contra das diferentes addendas que era o que lle poñía os cartos ó convenio que se asinou en 2002. Realmente o que aparece hoxe aquí é un incremento con respecto ó previsto para este ano que como di no expediente en función de que hai máis tráfico do previsto ou máis usuarios dos previstos. Nós, no ano 2002 plantexabamos que votamos en contra fundamentalmente por dúas razóns, unha razón era e segue sendo a mesma exactamente que entendíamos que os cartos da Deputación non son para este tema, entendíamos no ano 2002 e o seguemos entendendo hoxe; e outro que era un dos dous temas importantes, o outro é que, realmente aquel convenio non tiña límite no tempo, a realidade era que non se lle plantexaba, non era un convenio nin a cinco anos nin a dez nin a vinte, e dicir, non había limite de tempo no convenio. Agora mesmo si é certo que por diferentes declaracións de diferentes membros da Xunta parece que vai a ter límite no tempo, nós seguimos pensando o mesmo, seguimos pensando que hai que poñerlle límite no tempo a este convenio. Polo tanto en funcións desas declaracións si podemos variar a nosa posición no voto, pero si plantexaríamos que de cara a que o voto do grupo socialista fora afirmativo poríamos como condición que o Presidente da Deputación negociara coa Consellería o límite de tempo a ese convenio. Polo tanto hoxe vamos absternos e nas próximas addendas si realmente se alcanza un acordo, un acordo que, volvo a repetir entre o Presidente da Deputación e a Consellería debería poñérselle ese límite, nós estaríamos dispostos a votar a favor. Nada máis. Sr. Presidente.- Moitas gracias Sr. D. Emilio González. Si, D. José Enrique, despois eu tamén ... Sr. Sotelo Villar.- Eu en primeiro lugar debo felicitar ó Sr. D. Cesáreo Mosquera pola súa coherencia política e tamén por que non dicilo a D. Emilio Gónzalez ¡Bienvenido al reino de los creyentes!. Porque eu creo que o que antes non servía agora parece ser que vai a servir. ¿Límite no tempo?, eu creo que desde un principio sempre se falou aquí que era unha medida provisional, e así se recollía nas actas de todas e cada unha das sesións celebradas aquí onde tivemos o tema do bono-peaxe, considerábamos naquel momento que era unha medida provisional que era unha boa medida, a única medida posible, e o seguimos considerando agora. O que pasa, pois bueno, é que as declaracións dos señores que neste momento no goberno da Xunta tamén hai que dicilo son declaracións efectuadas en momentos preelectorais, xa veremos e o tempo será testemuña, xa veremos se estas declaracións se cumpren. Eu creo que obxectivamente as circunstancias son as mesmas, por eso este equipo de goberno aposta ou vai a votar favorablemente esta addenda o que pasa para vostedes para os señores socialistas o único que cambiou e que antes estaban na oposición e agora están no goberno, esa é a cruda e dura realidade. Vostedes non creron antes no bono-peaxe porque había un equipo de goberno do Partido Popular, agora cren, bueno pois eu me alegro, ¡bienvenido al mundo de los creyentes! Sr. González. Sr. Presidente.- Moitas gracias D. José Enrique, eu dicir, xa lle paso evidentemente a palabra ós grupos da oposición, que o do límite no tempo é unha proposta do Partido Popular evidentemente, e nos alegramos de que se sume o Partido Socialista, neste caso a esa proposta porque eu advertira con anterioridade á celebración das eleccións autonómicas de que o goberno da Deputación de Pontevedra neste caso formado polo Partido Popular non ía ter este compromiso cunha duración indefinida, polo tanto entendíamos que esto tiña que ter unha duración limitada e o dixen no mes de abril, no mes de maio, xuño e o dixen despois e polo tanto non hai ningún tipo de cambio no plantexamento feito antes cun goberno do Partido Popular e cun goberno despois do Partido Socialista e do Bloque Nacionalista Galego. Por eso nos alegramos de que se sumen a esta iniciativa, como digo posta en marcha polo Partido Popular, de que pedimos evidentemente un límite para dalgunha maneira solucionar este problema, que é un problema da provincia de Pontevedra, dalgunha maneira determinante dunha zona moi concreta, q ue é Vigo e O Morrazo e O Morrazo e Vigo, pero que entendemos que ten que ter unha solución por parte da Xunta de Galicia e do Goberno Central e que ademais se dá a circunstancia de que os dous partidos con opción de goberno, neste caso o Partido Socialista e o Partido Popular, cada un fixo unha proposta de supresión da peaxe e a cada un lle toca a responsabilidade en función do momento. Ó Partido Popular neste momento na Xunta de Galicia lle toca a responsabilidade de ser oposición ó Partido Socialista lle toca a responsabilidade de gobernar e polo tanto os plantexamentos que se fixeron e o programa que é o contrato cos cidadáns, hai que cumprilo e se dixo por parte do actual Presidente da Xunta de Galicia que no mes de xaneiro, poucos días faltan, se ía a poñer enriba da mesa a proposta da solución definitiva á peaxe de Rande, e nós evidentemente dixemos que esperaríamos ata aí, non vaia a ser que pase coma o Sr. Louro que o ano pasado o 13 de decembro remataba o prazo do ano 2004, rematou o prazo que el pedira de seis meses, porque nós incluso somos dialogantes, con bo talante e esperamos o tempo que sexa necesario, esperamos seis meses a que este Deputado nacional nos ía a poñer a proposta enriba da mesa, pasaron os seis meses e nada de nada, pasou un ano agora, seguimos en lo mesmo, pero bueno, como o actual Presidente da Xunta de Galicia nos dixo que en xaneiro íamos ter a proposta da solución definitiva enriba da mesa, bueno pois, leva catro meses no goberno e entón entendemos que debemos darlle ese tempo que el estimou necesario e queremos e temos que ter encima da mesa a solución definitiva á peaxe de Rande, e nós estaremos aí porque somos os únicos que garantimos o bono peaxe ata agora, o goberno da Deputación de Pontevedra e o goberno da Xunta de Galicia neste caso representado en ámbolos casos polo Partido Popular, polo tanto eu creo que a coherencia é bo instrumento en política que non debe ser alterada aínda que algúns casos como se acaba de ver agora pois varía substancialmente, unha cousa é predicar e outra cousa é dar trigo, sonche cousas ben distintas. Por eso faltan días, falta un mes para que nos poñan enriba da mesa a solución definitiva e por suposto que nós somos os que pedimos para este tema límite no tempo así como tamén pedimos que esa obra importante para O Morrazo, a vía de alta capacidade pois se poida abrir tamén o antes posible, o que nos levará, o que nos levará con toda seguridade a un aumento considerable de utilización de tarxetas de bono peaxe. Ós miles que temos agora mesmo concedidos pois como digo vanse ampliar de maneira importante porque coa apertura desta nova infraestructura van a acceder maior número de vehículos e polo tanto pois se vai a pedir máis tarxetas, esto quererá dicir que o custe aínda se vai a incrementar máis. Pero o que si temos claro é que nós queremos garantir a estes miles de persoas que viven en ámbolos dous sitios, pois que poidan ter os mesmos dereitos e por eso temos en marcha este tema que era provisional e que polo tanto esperamos de maneira urxente e con prazos encima da mesa a solución definitiva. Sr. González. Sr. González Iglesias.- Si, bueno, Sr. Presidente, Sr. Alcalde de Cangas, miren dificilmente me pode levar como di ó "redil dos creyentes" porque non estou nese campo, non estou nese campo, non son nin creyente nin no creyente, son outra historia, polo tanto eu non estou nese campo, non vou a ese redil. Sinceramente invítoo a que collan as actas do ano 2002 cando se firma este tema, e alí en ningún momento, en ningún momento falan de ningún prazo, en ningún momento. Realmente o señor, eu si mirei declaracións do Sr. Presidente que como ben dixo lle puxo data, en maio e en abril, en maio empezou a dicir que había que poñerlle unha data, que había que poñerlle un límite, en marzo e en abril, estamos falando de algo que comezou no ano 2002, onde por certo, onde por certo, había fórmulas diferentes sen chegar a que nin a Deputación nin a Xunta tiveran que facer este tema. Pero bueno, así o fixeron e o fixeron por unha razón, porque estaban comprometidos con ese tema e non tiñan a solución que comprometeran, e se buscaron un invento que foi este, bueno, a realidade tremenda é que se despois de oito anos gobernando vostedes en Madrid, de dezaseis anos gobernando vostedes na Xunta de Galicia, agora resulta que o Presidente di, non hai que poñerlle límite en xaneiro e a partir de xaneiro tal, mire, home somos bos gobernando, as cousas como son, bastante bos, pero se lle pode poñer unha data, se lle pode dar unha solución en xaneiro como dixo o Presidente, pero de darlle a solución en xaneiro a telo solucionado en xaneiro que me dá a sensación que é o que vostede pretende, é diferente. Sr. Presidente.- Non, non. Sr. González Iglesias.- Ah, bueno, a solución en xaneiro. Eu o que lle estou aportando, o que lle estou dicindo, é que vostede, o dixo en abril que había que poñerlle data, había que poñerlle, non é poñerlle, o que lle estamos plantexando é que negocie coa Consellería e póñanlle un prazo, pero de verdade, nós seguimos pensando o que pensabamos no ano 2002, este non era un tema da Deputación e este non era un tema da Consellería. E para facer unha operación deste tipo pois houbéranlles sacado vostedes outras cousas ó goberno de Madrid ou ó mesmo goberno da Xunta. E non o fixeron naquel momento e non o fixeron porque gobernaron aquí con maioría absoluta e en Santiago con maioría absoluta e en Madrid con maioría absoluta tamén, ese foi o tema e non hai outro. E recoñecerá comigo que si hai unha variación no tema, é dicir, si hai unhas declaracións onde se está plantexando un límite e unha posible solución. Bueno, pois cando poñan enriba da mesa esa posible solución eu lle estou dicindo negocie vostede un límite e limite o tema, é dicir, que faltan, un ano máis, dous anos máis, tres anos máis, ben, pois xa está. E nada máis. Vamos absternos como dicía antes. Sr. Presidente.- Si. Sr. D. José Enrique. Sr. Sotelo Villar.- Si, moi brevemente Sr. Presidente. Eu Sr. González non sei se é crente ou non, ou se é ateo, agnóstico, non llo sei, nin me preocupa, dende logo o que si é ben certo que vostede tivo un cambio, ou vostedes teñen un cambio de comportamento en relación ó que plantexaron no seu día cando por primeira vez se trouxo aquí o bono peaxe. Eso é evidente, é evidente, as hemerotecas pois están aí, están aí, eu só repetir unha frase, "todos somos reos do que nalgún momento dixemos" independentemente de se hai eleccións ou non hai eleccións, e eso é evidente e vostedes tamén son reos do que no seu momento dixeron. Ben, despois dicirlle e xa para rematar que todos estamos ansiosos dese plantexamento que nos van a facer no mes de xaneiro, esperemos que o ano remate o 31 de decembro e non se alongue no tempo como solen facer vostedes, porque eu tamén lles lembro as declaracións dun ilustre Deputado en Madrid onde en seis meses nos ían a presentar unha proposta que estamos esperando a estas horas. Polo tanto insisto, bueno, pois estamos ansiosos de que chegue o mes de xaneiro para que o Partido Socialista, para que o Presidente da Xunta de Galicia, a Xunta de todos os galegos nos presente unha solución definitiva, unha solución definitiva ó problema da peaxe de Rande e como dixo o Presidente aquí non estamos plantexando unha solución para o mes de xaneiro, senón que teña caducidade, unha data con caducidade no tempo, unha data concreta, eso é o que pedimos aquí dende a Deputación, o Presidente creo que nas súas declaracións en distintas ocasións, manifestou, bueno, que un ano, dous anos, un prazo razoable se pode esperar, o que non se pode é eternizar no tempo unha cuestión como o bono peaxe, que vostedes ridiculizaron no seu momento e que agora e aí tamén fago unha referencia a esas hemerotecas e que vostedes consideran a panacea agora. Polo tanto é máis, si, si, aí están as declaracións do Sr. Presidente da Xunta de Galicia onde di que a solución á peaxe de Rande era a bono peaxe e aí está nun medio de comunicación de importante tirada na nosa comunidade autónoma aí está a declaración do Presidente da Xunta. En definitiva eu creo, insisto unha vez máis, estamos ansiosos de que chegue o mes de xaneiro para que o Sr. Presidente da Xunta nos presente esa alternativa. E logo di vostede que son bos gobernando, bueno, esa é unha afirmación gratuita que evidentemente os cidadáns son os que teñen que decidir se son bos ou malos gobernando e para eso cada catro anos pois temos eleccións. Sr. Presidente.- Moitas gracias. Eu, evidentemente, ratifico as palabras que acaba de dicir o Alcalde de Cangas porque esa precisamente era a nosa idea de que sexamos coherentes e polo tanto non podemos facer un plantexamento dicindo que no mes de xaneiro nos poñan, está solucionado, non, non, non, no mes de xaneiro o que hai que poñernos encima da mesa é calendario e prazos, e evidentemente como somos razoables, agora coherentes, razoables e coherentes, pois ese prazo ten que ter un límite, e terminado ese límite si evidentemente se traerá aquí e veremos como se concreta todo eso no mes de xaneiro, o traeremos aquí e entón, os únicos que ata agora garantimos unha medida para todos os veciños, miles de veciños de ámbalas dúas zonas foi o goberno da Deputación de Pontevedra e o goberno da Xunta de Galicia no seu momento. Polo tanto nós evidentemente temos a idea perfectamente clara, agora ben, cando un fai unha manifestación dese tipo porque non a fixen eu, a dixo o Presidente da Xunta de Galicia, primeiro co seu contrato e o seu programa, dicindo que el tiña tamén a solución, como a propuxo tamén o Partido Popular enriba da mesa, e nos dixo que no mes de xaneiro que estaría. Estamos agardando porque somos como dixen antes dialogantes e vamos a esperar ese tempo necesario que se aproxima de maneira inmediata para que se nos contemple con calendario, con prazos, con todo perfectamente establecido e a partir de aí evidentemente a Deputación de Pontevedra pois xa terá o límite, sempre e cando no lo dean, evidentemente, pero con moitos datos enriba da mesa e a partir de aí como digo remataremos con todo este proceso porque entendemos que é algo que debe asumir precisamente o Goberno, que agora é o Goberno amigo de Madrid, e que dalgunha maneira pois, vostede dicía antes Sr. González que nós gobernamos oito anos pero vostedes gobernaron trece, e os únicos que puxemos enriba da mesa unha solución para todos os veciños, os miles de veciños, foi o goberno da Xunta de Galicia e o goberno do Partido Popular, unha solución provisional, provisional, que xa o dixo claramente o Alcalde de Cangas que ademais así consta no convenio asinado. Ten a palabra o Sr. González. Sr. González Iglesias.- Si, simplemente dúas cousas. Mire, Sr. Sotelo, fala vostede dun compromiso electoral, é certo, está aí o compromiso electoral, e o Partido Socialista vai a cumprir ese compromiso electoral, pero falando de compromisos electorais o primeiro que se produciu no ano 1999 foi do Sr. Mariano Rajoy, e tardaron tres anos, tres anos, en traer, entre a Xunta e a Deputación esta historia aquí, non a que se había comprometido o Sr. Mariano Rajoy tres anos antes, tardaron tres anos, foi no 2002, pero non era aquel compromiso, esto que se trouxo aquí era outra historia, non aquel compromiso, volvo a repetir. Ben, pois o actual Presidente da Xunta plantexou en seis meses unha alternativa, no mes de xaneiro unha alternativa, porá esa alternativa enriba da mesa e efectivamente vai no programa electoral, pero os programas electorais que eu saiba seguen sendo contratos a catro anos, que eu saiba, e volvo a repetir, vostedes o sufriron, o miraron e o dixeron no ano 99 e acabou o mandato do Partido Popular en Madrid e a solución non a houbo, e houbo no 2002 esta solución que se fixo dende a Deputación e a Xunta, non dende quen se comprometera no tema. Polo tanto, bueno, pois, as hemerotecas están para todo. Sr. Presidente.- Moitas gracias Sr. González. Si, D. José Enrique. Sr. Sotelo Villar.- Si, unha pequena frase, simplemente Sr. González lembrarlle que antes de que gobernara o Partido Popular no Goberno central houbo un partido que foi o Partido Socialista que estivo moitos anos, lémbrolle e dígollo con toda a rotundidade que o pouco ou o moito que se fixo pola peaxe de Rande fíxoo o Partido Popular, que no seu momento aplicou unha rebaixa do IVA a toda a autopista de peaxe A-9, o pouco ou moito por primeira vez, por primeira vez, mentres subía a peaxe ó mellor noutros sitios aquí baixou, o pouco ou moito o fixera o Partido Popular, o pouco ou moito fíxoo o Partido Popular tamén co bono peaxe e alégrome, insisto, de que vostedes o que antes ridiculizaron pois agora o aplaudan. Nada máis. Sr. Presidente.- Moitas gracias. Sr. González Iglesias.- Non, simplemente para dicirlle ó Sr. Sotelo ¿que se refire, á privatización?. Sr. Presidente.- Non, bueno, vostede. Sr. Sotelo Villar.- Non, é que non. Sr. Presidente.- Non, quere dicirlle o Sr. González que en relación a eso temos responsabilidades comúns, eles ampliaron a concesión durante un tempo e despois evidentemente nós para facer máis obra pois. Sr. González Iglesias.- Sr. Louzán, aclárolle. Cando se amplía a concesión é no goberno do Partido Socialista é cando a autopista era unha empresa do Estado. O que se fixo no goberno con maioría absoluta do Partido Popular foi ampliar a concesión e inmediatamente empezar a privatización. É diferente. Sr. Sotelo Villar.- Evidentemente que é diferente Sr. González, vostedes renovaron unha concesión 25 anos a cambio de nada e o Partido Popular a cambio desa ampliación, si, Sr. González, conseguiu que aquelas famosas barreiras que había en Puxeiros pois desapareceran e o tramo de Fene pois está libre de peaxes. Esa é a diferencia, vostedes o fixeron a cambio de nada e o Partido Popular, pois home, se puido haber quitado máis, evidentemente, evidentemente que si, seguramente. Sr. Presidente.- Moitas gracias. Sr. González Iglesias.- Sr. Sotelo. Volvemos ás hemerotecas, declaracións de vostede, naquel momento cando dicía xusto había que arranxar o tema da peaxe de Rande antes da privatización, e había de ser moi complicado facelo despois. E o dixo vostede, non o dixen eu, vostede o dixo. Sr. Sotelo Villar.- Evidentemente que o dixen e ás probas me remito, evidentemente, eu non nego o que dixen no seu momento, claro que era moito máis difícil, pero tamén insisto a diferencia é evidente do que fixo o Partido Popular e o que fixo o Partido Socialista. Vostedes renovaron a concesión a cambio de nada. Sr. Presidente.- Esa é a diferencia exactamente, o que a acaba de dicir D. José Enrique, de que nolo puxeron difícil porque eles ampliaron a concesión. Pero o importante é que damos esta prórroga ata o mes de xaneiro para ter enriba da mesa, e seremos implacables á hora de esixir prazos e conclusións neste proceso. Polo tanto procedemos á votación desta addenda ó convenio que como digo incrementa a participación da Deputación para todos os beneficiarios deste tramo do Morrazo-Vigo, Vigo-Morrazo. ¿Votos en contra?. Bloque Nacionalista Galego. ¿Votos a favor?. ¿Abstencións?. Partido Socialista. Visto o escrito da Dirección Xeral de Obras Públicas de data 20 de outubro de 2005, co que se achega unha addenda ó convenio de colaboración entre a Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Transportes da Xunta de Galicia e a Deputación Provincial de Pontevedra, asinado o 8 de xaneiro de 2002, para o financiamento e articulación da subvención do custo da peaxe no treito O Morrazo-Vigo da autoestrada AP-9 para os residentes na provincia de Pontevedra. Resultando que a sinatura de addendas entre ambas administracións en relación ó citado convenio establécese na cláusula sexta do mesmo, co obxecto de fixar as anualidades e partidas que se destinen para este fin, e que nos anos 2003 e 2004 asináronse as correspondentes addendas para o financiamento do custe da peaxe nos exercicios seguintes. Resultando que os créditos establecidos para 2005 son insuficientes para subvencionar totalmente o custe da peaxe no treito O Morrazo-Vigo da autoestrada AP-9 durante este ano, é necesario que ambas administracións amplíen, mediante unha nova addenda, o crédito en 958.160,00 euros, desta cantidade o 50% corresponde á Xunta de Galicia e o outro 50% restante á Deputación de Pontevedra. Vistos os informes do Secretario Xeral e do Sr. Interventor Accidental, nos que se lle deixa constancia de que a nova addenda é correcta xuridicamente para os fins propostos, e que na partida 05/511.511.489.14 do vixente presuposto provincial existe crédito suficiente para afrontar o gasto que lle corresponde á Deputación de Pontevedra e que se cifra en 479.080,00 euros. O Pleno, de conformidade co dictame da Comisión Informativa de Economía, Facenda e Turismo, acorda por maioría de votos a favor do PP, cos votos en contra do BNG e coas abstencións do PSOE, prestar aprobación a addenda ó convenio de colaboración entre a a Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Transportes da Xunta de Galicia e a Deputación Provincial de Pontevedra, asinado o 8 de xaneiro de 2002, para o financiamento e articulación da subvención do custo da peaxe no treito O Morrazo-Vigo da autoestrada AP-9 para os residentes na provincia de Pontevedra que se une como anexo a este acordo. Así mesmo, facúltase ó Ilmo. Sr. Presidente desta Deputación para levar a cabo a sinatura desta addenda e de cantas outras actuacións sexan necesarias en relación ás condicións establecidas na mesma. Dita addenda é como segue: ADDENDA Ó CONVENIO DE COLABORACIÓN ENTRE A CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E TRANSPORTES DA XUNTA DE GALICIA E A DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA PARA O FINANCIAMENTO E ARTICULACIÓN DA SUBVENCIÓN DO CUSTO DA PEAXE NO TREITO O MORRAZO-VIGO DA AUTOESTRADA AP-9 PARA OS RESIDENTES NA PROVINCIA DE PONTEVEDRA Santiago de Compostela, de de dous mil cinco REUNIDOS Dunha parte, a Excma. Sra. Dona Mª José Caride Estévez Conselleira de Política Territorial, Obras Públicas e Transportes da Xunta de Galicia, facultada para a formalización deste convenio pola Lei 1/1983, de 22 de febreiro, reguladora da Xunta e do seu Presidente. Doutra parte, o Ilmo. Sr. D. Rafael Louzán Abal, na súa condición de Presidente da Deputación de Pontevedra, actuando en virtude das facultades representativas que lle atribúe o artigo 34.1 b ) da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases do réxime local. Tódalas partes recoñécense mutuamente na calidade en que interveñen con capacidade legal necesaria e EXPOÑEN O día 8 de xaneiro de 2002 a Xunta de Galicia e a Deputación Provincial de Pontevedra asinaron un convenio de colaboración para o financiamento e articulación da subvención do custo da peaxe no treito O Morrazo-Vigo da autoestrada AP-9 para os residentes na provincia de Pontevedra. Na cláusula sexta do mencionado convenio, establécese que para anos posteriores asinaríanse as correspondentes addendas entre ambas administracións onde se fixarían as anualidades e as partidas que se destinen para este fin. O día 2 de xaneiro de 2003 asinouse unha addenda ó anterior convenio no que se modificaban as cláusulas SEGUNDA e TERCEIRA e se establecían os créditos para o ano 2003. O día 30 de decembro de 2003, asinouse unha addenda ó anterior convenio onde se establecían os créditos para o ano 2004. O día 10 de decembro de 2004, asinouse unha addenda ó anterior convenio onde se establecían os créditos para o ano 2005. Os créditos establecidos para 2005 na addenda mencionada no parágrafo anterior, son insuficientes para subvencionar totalmente o custe correspondente a este ano, debido ó incremento do número de tarxetas e a unha maior difusión desta subvención, polo que cómpre amplialos con obxecto de non interromper a liña de axuda. Á vista de regular a colaboración entre ambas Administracións para o fin mencionado, formalízase a presente addenda con suxeición á seguinte CLÁUSULA ÚNICA. Ambas Administracións amplían o crédito para facer fronte á subvención da peaxe no treito O Morrazo-Vigo, correspondente a 2005 en 958.160,00 euros, dos que o 50% corresponderá á Xunta de Galicia (479.080,00 euros) con cargo á partida 06.03.413B 480 dos presupostos da Consellería para 2005 e o outro 50% restante á Deputación de Pontevedra (479.080,00 euros). E en proba de conformidade asinan o presente convenio por triplicado exemplar. A CONSELLEIRA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E TRANSPORTES Asdo.: Mª José Caride Estévez O PRESIDENTE DA DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA Asdo.: Rafael Louzán Abal ------ Folla: 9.5324.- MOCIÓN DO GRUPO PROVINCIAL DO PSOE RELATIVA Ó ARRANXO DA ESTRADA "NIGRÁN-VINCIOS" Sr. Presidente.- Punto número 9. Moción do Grupo Provincial do Partido Socialista Obrero Español relativa ó arranxo da estrada Nigrán-Vincios. Sr. Juanes. Sr. Juanes Rodríguez.- Si, bos días, gracias Sr. Presidente. Non, simplemente e moi rápido pois agradecer a receptividade que esta proposta tivo no resto dos grupos, que se pactou na propia Comisión Informativa cambiar un pouco a proposta de acordo e se convertera en que esta obra se vai converter nunha prioridade para esta Deputación, e simplemente dicir que é unha obra que vai a axudar á interconexión do val Miñor, que ten problemas serios de interconexión entre Nigrán, Baiona e Gondomar, e ó mesmo tempo vai a posibilitar que as súas conexións co exterior, neste caso co Concello de Vigo, pois tamén sexan mellor dunha estrada que está nun estado absolutamente lamentable en case oito quilómetros. Simplemente dicir que esa prioridade, dende logo, e creo que cumprirei coa miña obriga, de que estarei vixiante para que esa prioridade sexa efectiva. Moitas gracias. Sr. Presidente.- Moitas gracias Sr. Juanes. Bueno, dicirlles que xa vamos por diante de vostede porque o proxecto desta estrada, da estrada provincial 2102, Nigrán-Vincios, teño na miña man o proxecto que foi adxudicado no ano 2004 por importe de case 94.000 euros ou o que é o mesmo 16 millóns das antigas pesetas. Ou sexa que xa levamos traballando nesta iniciativa, só evidentemente hai un pequeno problema, que vamos a intentar solucionalo, que é que o proxecto ascende a 4.282.847,81 euros, unha suma importante, que supera os 700 millóns das antigas pesetas, e que aquí teño no meu poder, como digo, o proxecto que foi sacado a concurso público porque entendíamos que era unha actuación necesaria, o que si haberá que ir acometendo por fases, porque como digo é unha obra importante pero tamén non hai que esquecer que neste momento en todo ese núcleo de poboación importante, Nigrán-Gondomar, a Deputación de Pontevedra estamos investindo pois case preto dos 1.500 millóns das antigas pesetas ou o que é o mesmo, uns nove millóns de euros, estamos investindo neste momento en practicamente nestes dous concellos o cal é unha cifra sumamente importante e haberá que intentar pois tamén incorporar dentro do posible, como xa lle digo que está todo feito, vamos o que é o tramo previo, que é elaborar un proxecto, sacar a concurso público, e aquí están no noso poder tanto os planos como a memoria, para que vostede tamén o poida revisar e polo tanto poder acometelo coa maior brevidade posible pero terá que ir por fases. Eso é un pouco o que eu lle quería contestar e ademais creo que foi aprobada unha moción conxunta na comisión, que se todos estamos de acordo que di o seguinte: Despois de diversas intervencións chégase ó acordo unánime de que a petición da moción queda redactada da seguinte forma: Que será unha prioridade para a Deputación de Pontevedra o arranxo dos tramos da estrada Nigrán-Vincios, que nos últimos tres anos non sufriron ningunha mellora e que son oito quilómetros aproximadamente os que se atopan nun estado, aquí pon lamentable, evidentemente non están no mellor estado posible. Sr. Juanes Rodríguez.- Podémolo cambiar. Sr. Presidente.- Pero, bueno, si, sei que está en mal estado porque eu a coñezo ben e non hai, vamos ben, non tanto coma os que viven diariamente alí, pero si, en principio ese é o noso interese porque senón xa lle digo, non houbéramos gastado case dezaseis millóns de pesetas na redacción do proxecto que é un tema tremendamente serio. E polo tanto, bueno pois se os tres grupos acordamos evidentemente que será u

Área de documentación

Área de notas

  • Nota

Puntos de acceso

Área de control da descrición