ATOPO
Rexistros actuais: 1.625.156
Obxectos dixitais dispoñibles: 504.759

Acta de sesión 2005/12/02_Extraordinaria

Área de identificación

  • Código(s) de referencia ES.GA.36038.ADPO.1.1.3.3.33.365/3.2005-12-02_Extraordinaria

  • Título Acta de sesión 2005/12/02_Extraordinaria

  • Data(s) 2005-12-02 (Creación)

  • Volume e soporte 1 acta de sesión

Área de contexto

Área de contido e estrutura

  • Alcance e contido Folla: Da sesión extraordinaria en primeira convocatoria, celebrada polo Pleno desta Excma. Deputación o día, 2 de decembro de 2005 No Salón de sesións da Excma. Deputación Provincial de Pontevedra, sendo as doce horas e cinco minutos do día dous de decembro do ano dous mil cinco, baixo a Presidencia do Ilmo. Sr. Presidente D. Rafael Louzán Abal, reuníronse as/os Señoras/es Deputadas/os, D. Xosé Antón Araujo Quintas, Dona Nidia María Arévalo Gómez, D. Ramón Campos Durán, Dona Francisca Canal Gómez, D. Raúl Emilio Castro Rodríguez, D. Xosé Crespo Iglesias, D. José Juan Durán Hermida, D. Antonio Feliciano Fernández Rocha, D. José Manuel Figueroa Vila, D. Julio César García-Luengo Pérez, D. Emilio González Iglesias, D. Efrén Juanes Rodríguez, D. José Antonio Landín Eirín, Dona Clara Millán González, D. Xosé Cesáreo Mosquera Lorenzo, D. Constante Juan Muradas Ramos, D. Manuel Núñez Sestelo, D. Xosé Carlos Pazos Docampo, Dona María Teresa Pedrosa Silva, D. Juan Manuel Rey Rey, D. Alfredo Rodríguez Millares, D. Rodrigo Santiago Novas, Dona Belén Sío Lourido, D. José Enrique Sotelo Villar, D. Xabier Toba Girón e D. Jesús Vázquez Almuíña, co obxecto de celebrar sesión extraordinaria do Pleno da Deputación, en primeira convocatoria, consonte á correspondente orde do día. Da fé do acto o Secretario Xeral, D. Carlos Cuadrado Romay, e está presente o Sr. Interventor Accidental, D. Antonio Graña Gómez. Declarada aberta a sesión e de orde da Presidencia éntrase seguidamente no exame da orde do día, adoptándose en relación coa mesma o seguinte acordo: ------ Folla: BIS .../... 1.5327.- APROBACIÓN INICIAL DO ORZAMENTO XERAL DA DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA E DOS SEUS ORGANISMOS AUTÓNOMOS PARA O EXERCICIO 2006 E mire Sr. Mosquera, vostede sabe o endebedamento que ten o seu concello, porque claro, aquí vén vostede a predicar e dar exemplo ¿de que?. Vostede no ano 2000 ten un 82% de endebedamento, no 2005, sen contar o 2006, o 82%, ¿sabe o que é iso?, o 82, porque non aplica vostede as políticas que está aquí no seu concello, que xa leva bastantes anos gobernando, o 82%, e isto quero que o recollan ben, o concello de Pontevedra ten o 82% de endebedamento, e non o digo eu, o saquei dun informe, que llo vou a ler, non, non, é que claro, se ri, agora se ri, o problema é que cando gobernan tamén poden recibir crítica, mire: o importe da operación proxectada no presuposto para o exercicio 2005 é de 4.600.000 euros, polo que a devandita porcentaxe verase incrementada o 82,146%. ¿Sabe o que significa todo o endebedamento da Deputación despois de aprobar estes presupostos?. O 66%, 66%. É dicir, aínda nos queda bastante por chegar a onde están vostedes. Pero non só esto, agora estaba falando por teléfono, porque pedín o endebedamento da Deputación da Coruña, e mire, o endebedamento da Deputación da Coruña que vostedes din nos seus presupostos que ten unha economía moi saneada, e o dixeron hai uns días, din os defensores dos que presentaron o presuposto, que é unha Deputación exemplar economicamente, saneada, que ten capacidade inversora, etc., etc., etc., ¿sabe que porcentaxe de endebedamento ten?. O 72%. Mire, seis puntos máis que nós aínda, está por riba de nós. O 72%. E ese é un discurso que fixeron, que eu o lin nos medios de comunicación, e os medios de comunicación poden chamar ós seus compañeiros da Coruña. Que falan de que a Deputación da Coruña é a máis saneada, que ten unhas políticas claras, inversoras, etc., etc., pois ten o 72%, e nós estamos no 66%, volvo a repetirllo. Máis cuestións, claro, vostede non quere que lle fale do chan industrial, non lle gusta, non lle gusta dicir que esta casa ten un proxecto de chan industrial e non só para Barro-Meis senón para toda a provincia, é que tivemos que pedir un crédito de 11 millóns e medio de euros. Claro, vostede por un lado fai o discurso e di, "se están endebedando e están xerando a bancarrota desta Deputación" e por outro lado di "o chan industrial para a provincia de Pontevedra e para Pontevedra é imprescindible e hai que levalo a cabo. A ver, póñase de acordo. Vamos a ver, ¿eses doce millóns ou once millóns e medio de endebedamento é unha boa operación ou non é?, ¿explíquemo?, eu quero que mo diga, ou que llo diga ós cidadáns, que lle diga ós cidadáns, o Sr. Mosquera non quere que a Deputación se endebede e así non se poida desenvolver chan industrial. Dígalle eso ós cidadáns vostede. Porque está facendo un discurso demagóxico. Por un lado di, necesitamos chan industrial, a Deputación acomete ese proxecto sen débeda e por outro lado di, non, non, Deputación non te endebedes. ¿Explíquemo?, porque eu quero que mo explique. Claro que si que teño que falar do chan industrial, porque se vai executar este ano e porque vostede está falando do endebedamento xeral da Deputación. E mire, en dous temas só, en dous temas só concretos, que viñan de temas anteriores, por exemplo, a débeda do SERGAS, nove millóns máis doce son vinteún millóns de euros. Eu supoño que vostede estará de acordo que hai que pagar esa débeda, pero esa débeda é recuperable, porque se vai a reinvestir na nosa provincia, se reinviste na nosa provincia e os once millóns e medio que temos agora mesmo de crédito pedido vamos a recuperalo tamén. En canto a políticas chulescas que se di aquí, home, Sr. González, eu creo que vostedes deso non poden dar exemplo de case nada, de case nada, de políticas chulescas, eu creo que de case nada, porque eu non sei onde está a chulería aquí, a chulería que é, que unha Conselleira veña a visitar unha obra desta casa e o Presidente da Deputación non sexa nin chamado nin recibido. Eu supoño que hai unha orde institucional. Ou que os Delegados de vostedes se reúnan cos xefes da oposición e ninguneen ós nosos alcaldes. ¿Cantos exemplos quere que lle poña deses?, ¿cantos?, lle poño os que queira, ¿cantos quere deses?, porque eses están á orde do día, eso non fai falta nin acudir ós medios de comunicación, só chamar ós alcaldes e lle explican claramente cal é o tema. Fotocopia calcada di dos presupostos, un proxecto de 12 millóns de euros, fala de fotocopia calcada de proxectos en cultura e deportes. Pois mire, sabe unha cousa, acaban de chamar agora mesmo hai media hora ó Sr. Presidente pedíndolle o prego de condicións dos campos de fútbol, do concello de Madrid. Mire, vostede mire se estamos nós sendo exemplo a nivel nacional, agora mesmo, hai media hora. Supoño que vostede coincidirá que ese non é unha fotocopia calcada dos presupostos anteriores, é un novo proxecto onde se van a investir 12 millóns de euros. En canto á política cultural, o facer unha inversión e unha aposta polo Museo da cidade de Pontevedra de 16 millóns de euros ¿é unha fotocopia calcada?. Supoño que non. O desenvolver o Arquivo e facer un proxecto novo de Arquivo ¿é unha fotocopia calcada?. Supoño que non. Miren, eu creo, sinceiramente, a área metropolitana de Vigo, home, pregúntelle á súa amiga e á miña tamén, porque é amiga miña, a Presidenta do Parlamento porque non o tramita, se levan seis meses gobernando, cinco meses gobernando e aínda non iniciaron ningún expediente, supoño que lle terá que preguntar vostede por que non o leva ó Parlamento. Vostede ten confianza que eu sei, boa relación, eu tamén a teño, ó mellor temos que chamala os dous para que inclúa dentro dun Pleno a área metropolitana de Vigo. Como vamos asinar unha cantidade de diñeiro para un organismo ou unha institución que non está constituída aínda. Eu creo que sería, nos criticarían dunha maneira dura, pero bueno, o que pasa é que teñen que facelo, e bueno, eu o entendo. Mire, ¿sabe cal é o triste de todo?, que falamos de datos, de números, por eso a miña intervención foi unha intervención puramente política, porque a min, a nós o que nos preocupa, é que os presupostos que van dirixidos ós cidadáns, que os cidadáns saiban o que estamos facendo, vostedes critican que se mellore as vías e as estradas da nosa provincia. Pois eu creo que esa crítica non se pode facer baixo ningún concepto, porque cada día temos máis accidentes, e nós por desgracia, por desgracia, acabamos de sufrir un dun compañeiro noso aínda hai unhas horas. Eu supoño que os cidadáns quere que se melloren as estradas, que se fagan inversións, por suposto, que se utilicen en melloras de asfaltados, ¿como non se vai a utilizar as melloras de asfaltados?. Vostedes fan un discurso demagóxico do chapapote, pero é que o chapapote é necesario, ou vostede no seu concello non lle vota chapapote ós seus camiños dos veciños, eu supoño que lle votará chapapote tamén. Polo tanto eu creo que non, non falamos, ou vostedes non quixeron entrar no fondo do tema, se quedaron en catro números, en catro números, que bueno, que estarán buscando un titular, o titular é que a oposición pide a retirada dos presupostos. E nós dicimos claramente, mire, lle vamos a dar outro titular e se queren rebátanmo, se é mentira rebátanmo, esta Institución o ano 2006, mire o que lle vou a dicir, eu creo que poucos gobernos poden dicir esto, do ano 2006, vai tramitar en Patrimonio e Contratación desta casa 129.000.000 de euros. ¿Sabe o que é iso?, 21.000.000.000 das antigas pesetas. Rebátanme eso se son capaces dalgunha maneira, rebátanmo, me gustaría que mo rebatesen. Lle volvo a repetir, esta Institución vai a pasar por Patrimonio e Contratación 129.000.000 de euros, é dicir, 21.000.000.000 das antigas pesetas, rebátanmo, esa é a política, díganme que non é certo esto, se vostedes son capaces díganme que non é certo, porque os teño aquí diante e están os medios de comunicación diante. Se vostedes son capaces de dicirme que nós non vamos a executar 21.000.000.000 de pesetas, 21.000.000.000 de pesetas, 129.000.000 de euros durante o ano 2006, eu rectifico e corrixo as miñas palabras. ¿Díganmo?, porque esa é a realidade, eso é o que queren os cidadáns escoitar. Quere dicir que unha institución, miren vostedes con 140.000.000 de euros, mire o que lle estou dicindo, que con 140.000.000 de euros de presuposto, vamos a pasar por Patrimonio e Contratación 129.000.000 de euros o ano 2006. ¿Sabe que quere dicir eso?. Que vai haber cidadáns da nosa provincia, todos os cidadáns da nosa provincia, e todos os concellos da nosa provincia que van recibir dunha maneira ou outra inversións por un importe de 129.000.000 de euros durante o ano 2006, se lle vai a contratar as obras, se lle vai a sacar a concurso as obras, se vai facer melloras de centros sociais, culturais, de saneamentos, etc., etc., díganme que non é certo. A min me gustaría que me dixeran que non é certo e estou recalcando porque para nós é importante, ó final esa é a realidade social, é a realidade política, é o que queren escoitar os cidadáns, os cidadáns queren escoitar que esta casa é capaz de xestionar en inversións 21.000.000.000 de pesetas durante o ano 2006. Claro, e vostedes me dirán, é que vostede está mesturando todo aquí, non, non estou mesturando, é a realidade. Vostedes non queren falar do IPESPO, non queren falar do crédito do IPESPO, din que xa fixo nunha operación durante este ano 2005. Pero eu lle digo que se vai a contratar durante o ano 2006 e lle digo que se vai empezar a desenvolver durante o ano 2006. Claro. Miren, o importante de todo esto e resumo porque eu creo que o debate xa non dá para máis, vostedes entran noutro tipo de debate, o debate de intentar pois loxicamente criticar estes presupostos que é a súa laboura dende a oposición, pero, ¿sabe o que voto de menos tamén?, que non presentaran emendas. Porque sabe no único que se pode reflectir a alternativa, nas emendas. E é moi fácil dicir que retiren o presuposto. Eu sabe porque creo que non presentaron vostedes emendas, porque teñen difícil presentalas, temas moi puntuais, moi puntuais, pero nada máis, é dicir, temas moi puntuais. E claro, o lóxico é que digan, retiramos o presuposto, piden a retirada do presuposto, esto xera unha expectativa na opinión pública cando loxicamente non se corresponde coa realidade, coa realidade social que ten esta provincia, a realidade social e a realidade social está reflectida nestes presupostos, están destinados á sociedade da provincia de Pontevedra estes presupostos dunha maneira clara. Vostede antes falaba, poñía un exemplo ademais que coñezo ben, o tema do deporte. ¿Como poden vostedes dicir dende as bancadas da oposición que o colectivo e o sector do deporte non está contento?. Home, eu creo que se hai un departamento que funciona francamente ben nesta casa, hai dous claros, deportes e cultura, á parte dos demais, pero deportes e cultura non teño ningún tipo de dúbida de que son os departamentos de que máis alto grao de resposta satisfactoria teñen dos nosos colectivos e dos nosos veciños. Eu creo que hai moi poucos concellos onde teñan unhas subvencións perfectamente baremadas e cunhas cantidades tan importantes como hai nesta Institución. Un plan de infraestructuras deportivas superambiciosos, en temas culturais, eu creo que critican continuamente, están criticando continuamente que estamos axudando demasiado, moitas veces con remanentes ó sector cultural. O que pasa é que claro, vostedes, eso é difícil que poidan valoralo dunha maneira positiva. Eu creo que, bueno, o debate me parece que non dá para máis, é dicir, nós temos perfectamente claro dende o goberno que son uns bos presupostos para a provincia de Pontevedra, que dan resposta, volvo a repetir, a toda a demanda de diversos sectores, de toda a sociedade e que ademais contempla un alto grado de inversións. E lle volvo a repetir, 129.000.000 de euros que Patrimonio e Contratación vai xestionar durante o ano 2006, da Deputación de Pontevedra. O volvo a repetir e o digo claro para que quede perfectamente reflectido, se me din que non díganme por que e eu lle explicarei cal vai ser a fórmula de xestionar desta casa. Moitas gracias. Sr. Presidente.- Moitas gracias Sr. Figueroa. Sr. Mosquera. Sr. Mosquera Lorenzo.- Gracias. Eu antes de nada dicir que en principio vai ser a última intervención co cal agradecería que si, como ten sucedido outras veces, se o Sr. Presidente vai a ter a ben intervir pois que o faga agora, porque senón despois abriremos novas quendas e a liaremos, digo que quede, advírtoo, se vai intervir que interveña agora e despois seguimos ou senón pois vamos a pedir a palabra. Sr. Presidente.- Non, só dicirlle que xa o Sr. Figueroa dou boa conta de todos os datos, os datos que acaba de dar o Sr. Figueroa son moito máis relevantes que calquera opinión que eu poida dar, e por eso esas afirmacións son claras. Polo tanto déixolle a vostede a palabra. Sr. Mosquera Lorenzo.- Moi ben. Sr. Figueroa eu téñolle dito algunha vez que eu de maior quero ser como vostede, ou sexa, cando está falando dunha cousa, mestúraa con outra, salta para outro lado, está falando de alá do que sae, é igual, o asunto é falar para adiante e parecer que se di algo e punto. Do presuposto en si, de verdade estou sacando a sensación de que o coñecemos nós mellor do que o coñece vostede, porque ou eso non o quero crer, polo tanto é evidente que no quere defender nos seus termos e se agarra a saír por peteneras para non defender o que se lle dixo. Creo que está claro que a traxectoria por exemplo do polígono Barro-Meis é evidente, nós votamos a favor dese crédito, entón se votamos a favor dese crédito e demais, o único que dixemos é que é do ano pasado. Polo tanto non sei que sentido ten traelo aquí, ou sexa, que ese é o eixo do debate, ou o Museo que este ano leva millón e pico, polo tanto xa está en exercicios pasados, ou cousas polo estilo. E foi vostede moi transparente porque ó querer falar moito desviando a atención e mirando para o outro lado, foi vostede moi transparente, é que non me quitou a razón en nada do que dixen, en nada, ou sexa, aquí había un peto para o SERGAS moi elevado, e a actuación de vostedes con respecto a eso, dixo vostede, é que dos 30 millóns os eliminaron e xa cando sabía que había que pagar nove e medio nin os nove e medio contemplaron e os deixaron para o ano que vén. Dixo vostede polo tanto non hai, agora eso si, no medio dunha leria tremenda e máis non sei canto. A comparación cos concellos, eu creo que fun bastante claro antes, pero bueno, parece que vostedes seguen erre que erre, ou sexa, que sentido ten vir aquí con cal é a xestión económica de calquera institución da provincia. Ou sexa, non ten argumentos para defender a súa aquí, bueno, pois entón non sei que sentido ten, o concello de Pontevedra, dentro do que é un concello que é totalmente distinto a unha Deputación, xa o dixen antes, dunha excelente saúde económica e non cae en inestabilidade nin de lonxe como cae esta Institución, advírteo o Interventor, dío o Interventor no seu escrito, agora xa nin tan sequera os papeis que ven se lle fai caso. E por outro lado nos vén coa historia da suspensión das obras da Xunta. Non sei que terá que ver, pero se é que ten algo que ver lea hoxe a prensa porque parece que a FEGAMP tamén está de acordo. A ver se as fisuras do PP ata chegan a ese extremo. Por un lado uns montando unha algarada e despois por outro lado, a FEGAMP que eu saiba ten maioría o Partido Popular, parece que o ve razoable ou senón está mal recollido. Pois miren vostedes que argumentos, que argumentos de peso para defender un presuposto, un presuposto que dixen antes claramente cal era a traxectoria, non creo que pague a pena que llo recorde, non sei, como non contestou a nada igual vale a pena que llo recorde. E de repente saca unha cifra máxica, é dicir, eu tamén lle vou dar outra, mire Intervención vai facer 30.424 mandamentos de pago, négueme vostede esa cifra. Vamos a ver, déixese de bromas, mire, aínda así unha cifra de xestión interna que non ten nada que ver o que pode pasar aquí, que podía pasar doutra maneira, porque podían estar Patrimonio e Contratación separado, podían estar, pasar as nóminas por Contratación, etc., que non teñen por que pasar, vostede quere deslumbrar cunha cifra que o único que demostra é o desastre de xestión que son. Ou sexa, nos están dicindo, traducido, que vai pasar por Patrimonio e Contratación 129.000.000 de euros e se son todos de nova creación, se non son trámites sucesivos, porque se poden sumar e restar, quere dicir que o presuposto deste ano, que lle deron ó pedal brutamente por culpa das autonómicas teñen moitísimo sen executar e o teñen que executar o ano que vén e o suman ó do ano que vén. Ou sexa eso é o que nos están dicindo, eu quero sacar unha cifra así descontextualizada pois é absolutamente bárbaro. Oia, este presuposto que eu saiba dá para que en Patrimonio e Contratación pase o que pasa, bueno, se pasa moito máis, que eu non llo vou a discutir aquí, pero xa o discutira, alá vostede coa súa adiviña, ó final de ano do ano que vén o veremos, o que quere dicir é que ten moitísimo sen executar deste ano, que vai executar o ano que vén, porque senón dígame vostede, a menos que teña a maquiniña dos billetes, e vaia sacar de repente, pois eso, miren vostedes, nós mantemos o noso posicionamento, asegúrolle que quere deixar así unha, digamos coma unha crítica velada, unha suposición de que non se fixeron emendas, porque bueno, porque non tiñamos gañas ou o que sexa, asegúrolle que, quero que quede claro, é dicir, é que, dende logo, se hai un marco macroeconómico, se hai un marco macroeconómico deste calibre, deste calibre, poñerse con emendas parciais, que evidentemente hainas e non tiñamos máis que baixar as que se presentaron outros anos, ou facer outras novas que é un momento, en comparación ó que leva traballar todo esto, non ten ningún sentido cando o que estamos discutindo é o marco se lle quere chamar macroeconómico, aínda que non sería o termo exacto. Ou sexa, este presuposto non pode vir sen un plan de estabilidade ó lado. Ou sexa, non pode vir, e a situación desta casa aínda non é tan grave como para que non se poida facer un plan de estabilización decente. Agora vostedes non teñen esa vontade, traerano cando lle parece pero a vontade xa dixen antes, a vontade é seguir tirando dunha maneira moi bruta e chegar a eso. Remato cunha cousa esta Deputación en canto ó presuposto nominal cando menos vai tardar moitos anos, moitos anos, en ter un presuposto coma o do 2005, moitisimos anos, xa llo dixen antes e quitando os remanentes comprometidos, quitando os remanentes comprometidos, estamos nunhas cifras do 2005 altísimas, altísimas, tremendamente altas, que vai tardar, por moito que recorran a crédito, vai tardar anos en ter unhas cifras similares. Vostede di que se nota un montón cara fóra, bueno, pois se notará, pois se notará, eu o que quere que lle diga é que se con estas cifras se executará se cadra o ano que vén se verá algo, pero se con estas cifras o que se ve desta Deputación é o que se está vendo, nos próximos exercicios que as cifras van ser peores na realidade por moito que nominalmente as inflen cun crédito ou o que sexa, en fin, saquen a conclusión, saquen a conclusión. Agora unha demostración á parte da perversión que hai na Institución, eso que nos anunciou do PAM, é, como non temos cartos suficientes para o 2006 e 2007, vamos a meter, a ver se facemos unha manobra e no 2006 permitimos gastar os cartos para o 2008. Mire, sexan serios, eu se quere doulle solucións, se quere doulle solucións, como apelan tanto e lle preocupa tanto o que está pasando noutros concellos. Sr. Presidente.- Perdón. Perdón, Sr. Mosquera. Pasa o Sr. Figueroa. Sr. Figueroa Vila.- Si, perdón, continúe. Sr. Mosquera Lorenzo.- Se quere, pero eso sería sentarse a discutir que solucións aplicamos, se quere doulle solucións, e as solucións é priorizar o presuposto e ir a programas plurianuais en serio e non de repente o que levan facendo historicamente. Ou sexa, vías provinciais este ano, 14.000.000 de euros, bueno, pois 14.000.000 de euros, entón facemos cachiños, cachiños, non sei que e demais, é dicir esta Institución aínda ten capacidade de actuar con potencia dentro da prestación de servizos se é que é o que se pretende. Evidentemente non é o que se pretende, o que se pretende o describín moi ben antes e polo tanto non me vou volver a repetir porque Sr. Portavoz do Partido Popular en ningún momento contestou a ningunha das cifras que din. Ou sexa, este ano o presuposto real sen crédito son 124.000.000, baixa drasticamente con respecto ó ano pasado, formalmente sube, e esta Institución agrava tremendamente a súa situación económica, non me contestou, me vén a dicir que noutros lados, noutros sitios e non sei que, peor ou mellor. Esta Institución está en inestabilidade orzamentaria, non me contestou; esta Institución tería que presentar con este presuposto o plan de saneamento, non o presentou. Bueno, entón este presuposto xa non o usamos, pero mire vostede, mire vostede, aprobamos un presuposto cunha advertencia de Intervención, lea se quere, no que di que hai que facer unha, o aforro neto diminúe dunha maneira drástica e polo tanto hai que facer unha política de restricción do gasto corrente neste presuposto. Bueno, a ver como vamos facer neste presuposto cando vostedes o aproban así e despois dentro de tres, catro ou o que lle pete, mirar un plan para que, para recortar o que, o que xa estaba aprobado e non executaron. Xa dixen antes que non entro na formalidade, que se é obrigatorio que veña hoxe ou non veña hoxe, pero tiña que vir, a boa práctica, a boa práctica económica e administrativa di que tiña que vir hoxe aquí e non vén, e non vén, senón todo o contrario, é máis, e á parte, eu pódolle aceptar como vostede me aceptou que houbo un erro serio en eliminar os remanentes, non foi un erro, foi o 2004 autonómico, vamos das eleccións autonómicas, erro ningún. Agora ben, tamén mire que a subida de gasto corrente que hai que conter para evitar caer en déficit que aínda temos aforro bastante, e unha institución sería disparatado que caera en aforro negativo. Fíxese que o gasto corrente que están metendo é todo consolidado, moi difícil de baixar, moi difícil de baixar e a advertencia de Intervención é que o baixen, que o baixen porque senón vamos caer en problemas. ¿Quere que lle lea o parágrafo ou teno aí?. Bueno, pois entón creo que hai esas posibilidades, hai esas posibilidades de facelo, a Deputación pode meterse en investimentos serios, non ter incluso esta trapallada de que meten moitas cousas un ano que non executan e pasan ó ano seguinte a proxectiños, senón se pode proxectos máis potentes, xa sabemos que non se pagan todos no ano, polo tanto se pode ir a plans plurianuais, pero vaia, fágano e presénteno e non esto que realmente con esta vía vamos francamente mal e a verdade sen que se noten de maneira tan brillante como vostede intenta transmitir, para nada. Se dende logo non abre un novo fronte nós non estamos por seguir prolongando o debate, non contestaron a nada do que é o fondo das contas porque non poden contestar, ou sexa, as contas empeoran drasticamente e empeoran porque o 2004, o 2005 máis ben, fixeron, tiraron da manivela dunha maneira irreal, dunha maneira irreal, absolutamente irreal e entraron e ingresos e demais, xa o dixen antes e me parece que sería pesado repetilo. Moitas gracias. Nestes intres pasa a presidir a sesión o Sr. Vicepresidente D. José Manuel Figueora Vila por ausentarse o Ilmo. Sr. Presidente. Sr. Presidente.- Moitas gracias Sr. Mosquera. Sr. González. Sr. González Iglesias.- Si, Sr. Presidente, case estou por pensar que como lle sala outro máis ten que repetir votación. Non sei se o Presidente. Non sei se o Presidente e o Sr. Sotelo están de acordo coas propostas nosas. Sr. Presidente.- Non se preocupe, volvo a empezar o discurso, non se preocupe. Sr. González Iglesias.- Xa mo imaxinaba. Vamos ó tema. Sr. Figueroa, mire, eu en ningún momento saquei o tema da Deputación da Coruña, pero se quere sacalo podemos falar del sen ningún problema. Teña en conta unha cousa, vostedes dos últimos 26 anos gobernaron case 18 nela, algo terán que ver con ese endebedamento, digo eu, ou era gratis o que facían vostedes. Eu creo que algo debe ter que ver. En ningún momento, en ningún momento critiquei o tema do chapapote, e en ningún momento dixen que non había que arranxar as estradas provinciais, o que lle digo este ano e os outros anteriores, é exactamente o mesmo e que hai que priorizar as inversións e se priorizan cun plan de estradas, non cunha lista, que é o que fixeron vostedes. E mentres non plantexen ese plan e o poñan enriba da mesa pois non conten con nós para o tema. Tan claro como eso. Home, a min faime gracia o tema dos 129.000.000 a adxudicar por Contratación da Deputación, da Deputación dixo ¿non?, se se fai o tema en puridade non van a ser 129.000.000, se se fai en puridade, como hai que facelo.Porque os do IPESPO, os de Rías Baixas e demais non habería que facelos en Contratación da Deputación senón de cada organismo autónomo e entón por aí empezo a deducir e xa non serían 129. Pero de todos os xeitos, de todos os xeitos, mire, se a cifra a saca vostede, nin nos preocupa. Que sexa eso ou non, ou que pasa, que ían a coller o presuposto e tiralo, como dicía un compañeiro meu, á rapañota a ver quen colle máis, non home, os presupostos hai que, claro, entón como non vale eso, pois loxicamente ten que pasar por Contratación e adxudicarse, é dicir, non hai máis historias que esas. Eu de verdade, de verdade, Sr. Figueroa que llo dixen antes, creo que deixei moi clariño o tema, é dicir, cando se conta cun documento no que estamos todos de acordo e tan importante coma o plan estratéxico e se fai unha previsión de inversións para este ano a espaldas dese documento, é dicir, así de claro, é dicir, mire, nós volvo a repetirlle a opción, estamos dispostos a discutir sobre o tema, a falar do tema, a pactar incluso temas do plan estratéxico, pero póñanas enriba da mesa e se poñen enriba da mesa cun presuposto, co presuposto deste ano que debería ser o primeiro, e hai mes e pico que se entregou, debería conter liñas dese plan estratéxico, non me diga as que xa estaban en marcha, non me volva a facer o mesmo recurso de antes, do IPESPO e de tal. E en campos de fútbol, eu non discutín en ningún momento das inversións en campos de fútbol, en ningún momento, simplemente dixen que nos outros temas de cultura e deportes é exactamente unha fotocopia, salvo os temas de inversións, llo dixen exactamente así e segue sendo unha fotocopia. E mire, e mire, para rematar xa porque eu creo que esto non dá en absoluto para máis, doulle un consello gratuíto, home, non lle diga vostede ós periodistas cal ten que ser o titular de mañá, saben eles perfectamente cal é o titular, sábeno perfectamente. Non o faga dende esa silla, porque dende esa silla é un pouco un absurdo e se entendería mal. Ben, como, volvo a repetir, está claro que retirar non o van a retirar, nós anunciámoslle o voto en contra con toda a claridade do mundo, se quere falar de temas máis concretos e noutro momento falamos, sen ningún problema. Sr. Presidente.- Bueno, para ir rematando, vamos a ver, Sr. Mosquera, só unha matización para que quede claro, se vostede sabe perfectamente igual que todos, é dicir, que hai un incremento deses nove millóns e medio do gasto corrente que é o que fai que o aforro neto loxicamente, bueno, pois produza un pequeno desequilibrio, pero vostede sabe perfectamente que o ano que vén, non se van a ter eses nove millóns quinientos mil euros, se vostede o sabe, se vostede o sabe igual que o sabemos todos. Polo tanto se este ano están incluídos no capítulo 4, porque eso é importante, porque ó mellor hai cidadáns que non coñecen ese tema e que poden pensar, non é que se está producindo pois unha situación, se sumas o capítulo 2 máis o 4, pois loxicamente se pode disparar, pero vostede sabe que temos, non, non me poña tal, porque sei que teño que falar, non se preocupe, non, non se preocupe que vou ter tempo para falar aínda que non teño papeis diante falo igual, vostede estea tranquilo. Ata aí chego. Entón vostede sabe, quería intervir, vostede sabe que hai eses nove millóns catrocentos mil que van no capítulo 4 que loxicamente desequilibran o 2 e o 4, pero o ano que vén, eses nove millóns e medio non os vamos a ter, aínda que incrementemos un pouquiño, imaxínese que bueno, que poñemos o gasto corrente un pouco máis en órbita e dicimos tres ou catro millóns, home, vostede sabe que vai haber seis ou sete millóns de aforro no capítulo 2 e o 4. En canto ó endebedamento, nós non estamos falando nin queremos criticar a outras institucións, o único facer un exemplo de como están as outras institucións. Esta casa eu creo que ten unha economía supersaneada e que non ten absolutamente ningún problema e ademais é un discurso que vostedes estiveron facendo sempre, se hai proxectos, se hai inversións importantes vamos a endebedarnos, home, eu por eso lle poño o exemplo de Barro-Meis, porque é unha inversión importante, porque é unha inversión que se vai recuperar, e porque pensamos que é para a nosa provincia e sobre todo para a comarca de Pontevedra pois vai ter unha repercusión importante tanto no desenvolvemento económico como tamén na creación de postos de traballo e por eso lle poño o exemplo. E tamén vostede ten que recoñecer e o sabe, porque a vostede tamén lle pasa e pasa en todos os concellos, que hai presupostos ou hai partidas presupostarias que non se levan a cabo porque a de Barro-Meis se puxo en marcha no mes de novembro era totalmente imposible executala. Por eso eu digo que no ano 2006 si se vai a executar esa cantidade de diñeiro, e cando eu falaba dos 30 millóns de euros eu non lle dicía que tivese 30 millóns de euros en remanentes senón que nos dicían que había unha débeda aproximada co SERGAS que podía ser de 30 millóns de euros e sempre contemplábamos esa cantidade por se nun momento determinado, era necesario. Agora se fixo unha xestión boa e tamén, agora eu creo que teñen que valorar esa xestión que se fixo, era o que quería dicir eu. E con respecto ós proxectos e ás inversións, home, eu creo que as inversións que agora mesmo temos en marcha, non hai ningunha inversión caprichosa, non hai ningunha inversión que poidan vostedes criticar dunha maneira clara porque sexa caprichosa, eu creo que a maior parte dela, estou totalmente convencido que se as poñemos enriba da mesa aceptamos sen ningún tipo de problema, é dicir, creo que tanto os campos de fútbol, coma o Museo, o Arquivo, Pasarón, etc., etc., non tiñamos ningún problema. En canto ó plan estratéxico, vostede sabe que moitos dos aspectos que marca ese plan estratéxico están tamén recollidos neste presuposto. E claro, vostede me di, que o funcionamento do ORAL, ou o funcionamento doutros organismos, eu cando falo da Deputación, falo en conxunto, falo en conxunto, eu falo, eu non podo falar loxicamente dunha maneira individual do que é o presuposto da Deputación e coller e dicir, este organismo autónomo funciona dunha maneira ou doutra. Cando falamos de inversións falamos do conxunto de todas as inversións. Por eso eu dicía que se van a executar esa cantidade de diñeiro que falaba, duns 20.000.000.000 das antigas pesetas, porque dunha maneira ou doutra están recollidos, ou están en partidas que se van a incorporar ós presupostos do ano 2006, ou están en execución para o ano 2006. Bueno, eu creo que non dá para máis o debate, a min, non sei, podemos poñelo á votación, vostedes piden a retirada, hai que por a votación a retirada e despois votar o fondo do tema. ¿Votos en contra da retirada?. ¿Abstencións?. BNG e Partido Socialista votan a favor da retirada. Fondo do tema. A retirada queda rexeitada. Votamos o fondo do tema. ¿Votos en contra?. BNG e Partido Socialista. Abstencións non hai. E a favor o Partido Popular. Polo tanto quedan aprobados os presupostos para o ano 2006. Moitas gracias. Bos días. Dictaminándose favorablemente pola Comisión Informativa de Economía, Facenda e Turismo, conxuntamente coa de Réxime Interior e Persoal, a aprobación inicial do Presuposto Xeral da Deputación Provincial de Pontevedra para o exercicio de 2006, e ó obxecto de atender as diversas obrigas de competencia provincial e dado que o mesmo se elaborou con observancia das prescricións legais e regulamentarias relativas ó mesmo, o Pleno acorda por maioría de votos a favor do PP e cos votos en contra do PSOE e do BNG, a aprobación inicial do Presuposto Xeral da Deputación Provincial de Pontevedra para o exercicio de 2006 que comprende: -O Presuposto da Deputación, por importe de..... 140.420.000,00 Euros -O Presuposto dos Organismos Autónomos polos importes que se sinalan: -Escola de Canteiros................................................ 757.291,00 Euros -Museo Provincial..................................................2.792.631,00 Euros -Escola Universitaria de Enfermería.................... 415.600,00 Euros -IPESPO ............................................................. 1.102.100,00 Euros -Padroado de Turismo "Rías Baixas".................. 2.773.012,00 Euros -Caixa de Anticipos de Cooperación................... 1.910.000,00 Euros ORAL……………………………………….. 5.400.000,00 Euros - O Presuposto Xeral consolidado, por importe de: -En Ingresos .....................................................145.794.195,00 Euros -En Gastos .......................................................145.794.195,00 Euros -Apróbanse as Bases de Execución do Presuposto Xeral da Deputación e específicas dos Organismos Autónomos. -Apróbanse os cadros do persoal funcionario, as relacións de postos de traballo e os cadros do persoal laboral da Deputación e dos seus Organismos Autónomos. -Apróbase o Anexo de inversións para o exercicio 2006. -Apróbase concertar unha operación de crédito/préstamo por importe de 16.680.000,00 euros, coas características que se sinalan nas bases de execución. -Apróbase os resumes por capítulos dos Estados de Gastos e Ingresos dos Presupostos indicados, que son os seguintes: ORZAMENTO DA DEPUTACIÓN ESTADO DE GASTOS Capítulo 1º.- GASTOS DE PERSOAL..................................29.371.215,00 ¤ Capítulo 2º.- GASTOS DE BENS CORRENTES E 15.224.603,00 ¤ SERVIZOS Capítulo 3º.- GASTOS FINANCEIROS.................................. 1.700.003,00 ¤ Capítulo 4º.- TRANSFERENCIAS CORRENTES.................27.862.999,00 ¤ Capítulo 6º.- INVESTIMENTOS REAIS ............................. 35.313.637,00 ¤ Capítulo 7º.- TRANSFERENCIAS DE CAPITAL................. 30.707.143,00 ¤ Capítulo 8º.- ACTIVOS FINANCEIROS ............................... 240.400,00 ¤ TOTAL 140.420.000,00 ¤ ESTADO DE INGRESOS Capítulo 1º.- IMPOSTOS DIRECTOS................................ 9.742.820,00 ¤ Capítulo 2º.- IMPOSTOS INDIRECTOS............................. 9.804.760,00 ¤ Capítulo 3º.- TAXAS E OUTROS INGRESOS.................... 2.261.720,00 ¤ Capítulo 4º.- TRANSFERENCIAS CORRENTES................ 85.961.773,00 ¤ Capítulo 5º.- INGRESOS PATRIMONIAIS ......................... 1.462.050,00 ¤ Capítulo 6º.- ALIENACIÓN DE INVESTIMENTOS REAIS ..... 2.152,00 ¤ Capítulo 7º.- TRANSFERENCIAS DE CAPITAL............... 14.264.675,00 ¤ Capítulo 8º.- ACTIVOS FINANCEIROS ............................. 240.050,00 ¤ Capítulo 9º.- PASIVOS FINANCEIROS .......................... 16.680.000,00 ¤ TOTAL 140.420.000,00 ¤ ORZAMENTOS DOS ORGANISMOS AUTÓNOMOS: ESCOLA UNIVERSITARIA DE ENFERMERÍA Estado de Gastos Capítulo 1º.-........................................................................... 367.000,00 ¤ Capítulo 2º.-........................................................................... 43.500,00 ¤ Capítulo 3º.-............................................................................ 100,00 ¤ Capítulo 6º.- ........................................................................... 5.000,00 ¤ TOTAL......................... 415.600,00 ¤ Estado de Ingresos Capítulo 3º.-........................................................................... 74.500,00 ¤ Capítulo 4º.-........................................................................... 336.000,00 ¤ Capítulo 5º.-........................................................................... 100,00 ¤ Capítulo 7º.-............................................................................ 5.000,00 ¤ TOTAL......................... 415.600,00 ¤ INSTITUTO PARA A PROMOCIÓN E EQUIPAMENTO DO SOLO INDUSTRIAL DA PROVINCIA DE PONTEVEDRA (IPESPO) Estado de Gastos Capítulo 1º.-........................................................................... 119.501,00 ¤ Capítulo 2º.-............................................................................ 391.500,00 ¤ Capítulo 3º.-............................................................................ 1,00 ¤ Capítulo 6º.-............................................................................ 591.098,00 ¤ TOTAL......................... 1.102.100,00 ¤ Estado de Ingresos Capítulo 4º.-............................................................................ 509.002,00 ¤ Capítulo 5º.-............................................................................ 2.000,00 ¤ Capítulo 6º.-............................................................................ 100,00 ¤ Capítulo 7º.-............................................................................ 590.998,00 ¤ TOTAL......................... 1.102.100,00¤ ESCOLA DE CANTEIROS Estado de Gastos Capítulo 1º.-............................................................................ 276.811,00 ¤ Capítulo 2º.-............................................................................ 335.373,00 ¤ Capítulo 3º.-........................................................................... 91,00 ¤ Capítulo 4º.-............................................................................ 97.016,00 ¤ Capítulo 6º.-............................................................................ 48.000,00 ¤ TOTAL......................... ............................................................757.291,00 ¤ Estado de Ingresos Capítulo 3º.-........................................................................... 66.730,00 ¤ Capítulo 4º.-........................................................................... 641.761,00 ¤ Capítulo 5º.-............................................................................ 800,00 ¤ Capítulo 7º.-........................................................................... 48.000,00 ¤ TOTAL................................................................................ 757.291,00 ¤ MUSEO PROVINCIAL Estado de Gastos Capítulo 1º.-...................................................................... 1.186.100,00 ¤ Capítulo 2º.-............................................................................ 836.931,00 ¤ Capítulo 3º.-........................................................................... 3.300,00 ¤ Capítulo 4º.-............................................................................ 38.250,00 ¤ Capítulo 6º.-............................................................................ 710.000,00 ¤ Capítulo 9º.-............................................................................ 18.050,00 ¤ TOTAL................................................................................ 2.792.631,00 ¤ Estado de Ingresos Capítulo 3º.-.......................................................................... 8.350,00 ¤ Capítulo 4º.-..........................................................................2.065.281,00 ¤ Capítulo 5º.-.......................................................................... 9.000,00 ¤ Capítulo 7º.-............................................................................ 710.000,00 ¤ TOTAL......................... ..........................................................2.792.631,00 ¤ PADROADO DE TURISMO "RÍAS BAIXAS" Estado de Gastos Capítulo 1º.-........................................................................... 328.502,00 ¤ Capítulo 2º.-........................................................................ 1.968.410,00 ¤ Capítulo 3º.-............................................................................ 100,00 ¤ Capítulo 4º.-............................................................................ 375.000,00 ¤ Capítulo 6º.-............................................................................ 71.000,00 ¤ Capítulo 7º.-............................................................................ 30.000,00 ¤ TOTAL................................................................................ 2.773.012,00 ¤ Estado de Ingresos Capítulo 3º.-............................................................................ 1.000,00 ¤ Capítulo 4º.-..........................................................................2.668.012,00 ¤ Capítulo 5º.-............................................................................ 3.000,00 ¤ Capítulo 7º.-............................................................................ 101.000,00 ¤ TOTAL......................... ..........................................................2.773.012,00 ¤ CAIXA DE ANTICIPOS Estado de Gastos Capítulo 1º.-........................................................................... 42.500,00 ¤ Capítulo 2º.-............................................................................ 5.200,00 ¤ Capítulo 8º.-..........................................................................1.862.300,00 ¤ TOTAL............................................................................... 1.910.000,00 ¤ Estado de Ingresos Capítulo 3º.-............................................................................ 721,00 ¤ Capítulo 4º.-............................................................................ 37.240,00 ¤ Capítulo 5º.-............................................................................ 10.000,00 ¤ Capítulo 7º.-......................................................................... 600.000,00 ¤ Capítulo 8º.-..........................................................................1.262.039,00 ¤ TOTAL......................... ..........................................................1.910.000,00 ¤ ORAL Estado de Gastos Capítulo 1º.-..........................................................................3.368.770,00 ¤ Capítulo 2º.-..........................................................................1.659.230,00 ¤ Capítulo 3º.-............................................................................ 50.000,00 ¤ Capítulo 4º.-............................................................................ 21.000,00 ¤ Capítulo 6º.-............................................................................ 240.000,00 ¤ Capítulo 8º.-............................................................................ 61.000,00 ¤ TOTAL................................................................................ 5.400.000,00 ¤ Estado de Ingresos Capítulo 3º.-..........................................................................3.562.000,00 ¤ Capítulo 4º.-..........................................................................1.312.000,00 ¤ Capítulo 5º.-............................................................................ 225.000,00 ¤ Capítulo 7º.-............................................................................ 300.000,00 ¤ Capítulo 8º.-............................................................................ 1.000,00 ¤ TOTAL......................... .........................................................5.400.000,00 ¤ O ORZAMENTO CONSOLIDADO Estado de Gastos Capítulo 1º.-........................................................................35.060.399,00 ¤ Capítulo 2º.-........................................................................20.464.747,00 ¤ Capítulo 3º.-........................................................................ 1.753.595,00 ¤ Capítulo 4º.-........................................................................20.960.824,00 ¤ Capítulo 6º.-........................................................................36.978.735,00 ¤ Capítulo 7º.-........................................................................28.394.145,00 ¤ Capítulo 8º.-........................................................................ 2.163.700,00 ¤ Capítulo 9º.-............................................................................ 18.050,00 ¤ TOTAL......................... ......................................................145.794.195,00¤ Estado de Ingresos Capítulo 1º.-....................................................................... 9.742.820,00 ¤ Capítulo 2º .-...................................................................... 9.804.760,00 ¤ Capítulo 3º.-........................................................................ 5.975.021,00 ¤ Capítulo 4º.-........................................................................86.097.628,00 ¤ Capítulo 5º.-........................................................................ 1.711.950,00 ¤ Capítulo 6º.-............................................................................ 2.252,00 ¤ Capítulo 7º.-........................................................................14.276.675,00 ¤ Capítulo 8º.-....................................................................... 1.503.089,00 ¤ Capítulo 9º.-..................................................................... 16.680.000,00 ¤ TOTAL......................... .....................................................145.794.195,00 ¤ Ditos presupostos exporanse ó público, a efectos de reclamacións, por un período de quince días hábiles, quedando definitivamente aprobados no caso de non producirse estas. E non habendo máis asuntos que tratar, polo Sr. Presidente, sendo as trece horas e cincuenta e cinco minutos do expresado día, dáse por rematada a sesión e dela esténdese a presente Acta, que asinará o Ilmo. Sr. Presidente comigo, o Secretario, que dou fe. O Presidente, O Secretario Xeral, ------ Folla: 1.5327.- APROBACIÓN INICIAL DO ORZAMENTO XERAL DA DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA E DOS SEUS ORGANISMOS AUTÓNOMOS PARA O EXERCICIO 2006 Sr. Presidente.- Comezamos o Pleno do día de hoxe cun único punto que é a aprobación inicial do presuposto xeral da Deputación Provincial de Pontevedra e dos seus organismos autónomos para o exercicio 2006. Ten a palabra o Sr. D. José Manuel Figueroa. Sr. Figueroa Vila.- Si, bos días. Vamos a facer unha exposición dos presupostos para o ano 2006 desta Deputación. Farei unha primeira intervención reseñando as características máis importantes destes presupostos, e despois loxicamente, supoño que despois da intervención dos grupos da oposición faremos un debate de fondo de cada unha das cuestións que poidan xurdir ó longo das intervencións. O Presuposto do ano 2006 desta Deputación ascende a 140.420.000 euros, é o maior Presuposto da historia desta casa, e por capítulos, en canto ó capítulo de ingresos, en impostos directos temos 9.742.820 euros, para algunha reseña os impostos directos son a cesión do IRPF e o recargo do IAE. En canto a impostos indirectos uns ingresos de 9.804.760 euros, estes impostos indirectos son a cesión de IVE, cesión de imposto de alcohol, cerveza, tabaco, hidrocarburos e outros impostos de productos intermedios que suman a cantidade de 9.804.760 euros. Tamén por taxas e outros ingresos que son vendas de efectos, de libros, impresos, froitas, venda de gando, dereitos de exame, taxas de Cidade Infantil, anuncios do BOP, etc., temos uns ingresos de 2.261.720 euros. En canto a transferencias correntes, estamos falando de 85.971.773 euros; aquí temos os fondos complementarios de financiamento, enquisas de infraestructuras, convenios de MAP, convenios do Ministerio de Medio Ambiente, compensación da reforma do IAE, outros convenios en canto a instalacións deportivas, empresas públicas, convenio de proxectos de vías atlánticas, etc., etc. En canto a ingresos patrimoniais temos unha cantidade de 1.462.050 euros que son os intereses de bancos, depósitos de bancos, aluguer da Pousada do Castelo de Soutomaior, e outros ingresos patrimoniais. Estes suman nos capítulos 5, un total de operacións correntes de 109.233.123 euros. No capítulo 6 e na asignación de inversións 2.152 euros, como vostedes comprenderán hai poucas referencias neste apartado. En transferencias de capital estamos falando de 14.264.675 euros, aquí están os plans provinciais de cooperación, o programa operativo local, as achegas de Cultura para obras do Museo, convenios coa Xunta de Galicia, diversos convenios; intereses de demora de achegas do MAP ós concellos, etc., etc. Variacións de activos financeiros, reintegros de préstamos de persoal, 240.050 euros. En canto a variacións de pasivos financeiros, operacións de crédito 16.680.000 euros. Total operacións de capital suman 31.186.876,75 euros que suman a cantidade de 140.420.000 euros no capítulo de ingresos. En canto ó capítulo de gastos, gastos de persoal 29.371.215 euros; gastos en bens correntes e servizos 15.224.603 euros; gastos financeiros 1.700.000 euros; transferencias correntes 27.862.999 euros; total operacións correntes 74.158.820 euros; inversións reais, no capítulo 6, 35.313.000 euros; e transferencias de capital, que tamén son inversións, 30.707.000 euros; activos financeiros 240.400 euros; total operacións de capital 66.261.180 euros; total o presuposto de gastos 140.420.000 euros; quería dar estes datos porque creo que é importante para que todos nos situemos no escenario no que vamos a debater. Dicir que estes presupostos son uns presupostos nivelados en canto a ingresos e gastos, como non podía ser doutra maneira e que reflicten unha vontade política desta Deputación e deste equipo de goberno nun importante programa e proxectos de inversións para a nosa provincia. Aquí como todos vostedes comprenderán os temas máis importantes que estamos falando de inversións, estamos falando do Museo de Pontevedra, do Arquivo Provincial, da construción ou da nova construción do estadio municipal de Pasarón, en convenio co Concello coa Xunta de Galicia, estamos falando tamén de convenios específicos como así se fixo xa no seu momento, foi vontade deste goberno e desta corporación os convenios específicos coa cidade de Vigo e Pontevedra, estamos falando tamén dun plan importante de sinalización, que se fixo un estudo durante todo este último semestre, está rematado e finalizado e con 500.000 euros que temos no presuposto do ano 2005, vamos a incorporar outros 500.000 euros para o 2006 e facer un plan de sinalización importante, eu creo que é ambicioso, que continuaremos en anos sucesivos porque como todos vostedes comprenderán este plan de sinalización non se pode rematar nin conclúe nun ano porque a inversión vai ser forte, pero xa temos un millón de euros agora mesmo que vamos a sacar a concurso inmediatamente. Hai un plan claro de promoción turística, tamén temos un plan ambicioso de infraestructuras deportivas para municipios de cantidades pequenas pero eu creo que importantes, para todos os concellos da nosa provincia, e tamén vostedes xa coñecen o plan de campos de fútbol de herba sintética que son trinta campos, que estamos falando dunha inversión por riba dos doce millóns de euros. Tamén hai partidas para outros convenios puntuais con concellos, en convenios coa Xunta de Galicia e cos propios concellos, partidas tamén de saneamento que se remata este ano para a Ría de Pontevedra, que levamos xa catro anos, aportando unhas cantidades importantes para todo o saneamento da Ría de Pontevedra, e dunha maneira especial creo que tamén a vontade e que vén reflectida nas últimas iniciativas tomadas por este goberno, que é o desenvolvemento de chan industrial na bisbarra de Pontevedra con esa inversión que xa temos, ese crédito que solicitamos de once millóns e medio de euros para Barro-Meis, que pensamos que é un dos proxectos máis importantes que ten toda a bisbarra de Pontevedra, a súa comarca, para o desenvolvemento de chan industrial tan necesitado, non só nesta zona senón en toda a provincia e eu diría que en toda Galicia. Esta é unha novidade importante desta casa, desta Deputación que se ve reflectida dunha maneira clara coa vontade do equipo de goberno e tamén co apoio da Corporación para levar a cabo pois máis de dous millóns de metros cadrados de solo industrial que despois do de Salvaterra-As Neves creo que é un dos proxectos máis importantes que hai agora mesmo en marcha. Volvo a dicir que este é un tema novo porque á parte de chan industrial se vai a crear emprego e se vai a dar cobertura á demanda tan necesitada que ten a nosa provincia e eu diría que toda Galicia. Esto en canto ás inversións que agora temos en marcha, que estamos falando de, xa agora mesmo, no presuposto de 6, 7 millóns, setenta e dous millóns que están contemplados no presuposto, máis eses once millóns e medio do proxecto de Barro-Meis, e tamén é importante, que vén reflectido, que un plan de acción municipal ambicioso, plurianual, onde temos contemplado dez millóns e medio de euros no ano 2006, pero tamén xa vén reflectido dentro dese capítulo de inversións plurianuais, vinte millóns de euros para o ano 2007, e dezasete millóns e medio para o ano 2008. O que conforma unha inversión a curto prazo xa regulada e marcada e definida e concretada para todos os concellos da nosa provincia preto dos cincuenta millóns de euros. Deixei o capítulo 2 e o 4 dunha maneira intencionada para o final, porque creo que son dous capítulos que este ano teñen unha serie de características especiais, se vostedes fan unha referencia e suman as cantidades do capítulo 2 e 4 do ano anterior, se darán conta que este ano hai unha cantidade moi concreta que se caracteriza polo seu volume, que son 9.435.000 euros, que é ese acordo que se chegou co SERGAS para aboar a cantidade que tiñamos pendente dende hai moitos anos, da transferencia do Hospital que pensamos que foi un bo acordo económico, moi bo acordo, porque se estaba facendo unha valoración próxima ós trinta e tantos millóns de euros, que xa había esa posibilidade, se houbese unha sentencia se non tivésemos esa negociación, o cal si diminúe esa cantidade, se estamos falando agora mesmo de 9.430.000 euros que están concretados, pero a maiores hai un compromiso, un protocolo tamén co SERGAS para que esa cantidade de diñeiro, eses nove millóns e pico de euros se poidan reinvestir en centros de saúde da nosa provincia, que supoño que teremos que chegar a un acordo co SERGAS e tamén por suposto cos municipios implicados para que ese plan se poida reinvestir na nosa provincia na súa totalidade. O cal dunha maneira non reflectida nos presupostos pero si polas negociacións que se levaron a cabo e os convenios que se asinaron, eu creo que polos acordos que son moi positivos para esta casa, non só non temos enriba de nós o perigo de ter que pagar trinta e tantos millóns de euros senón que se reduce esa cantidade pero a maiores esa cantidade se reinviste en centros de saúde que van beneficiar ós nosos concellos e ós nosos cidadáns. Dicía que se vostedes suman esas cantidades con respecto ó ano anterior e reducen os 9.435.000 euros, se darán conta que o gasto corrente en si diminúe en preto de un millón de euros, o cal quere dicir que o presuposto real de gasto corrente e de transferencias correntes está diminuído con respecto ó ano anterior ó retirarlle a cantidade dos 9.435.000 euros. A maiores aquí está reflectida unha política clara de participación dunha maneira clara en canto a aspectos de relevancia de acción social, cultural, deportiva, creo que esta política, a política desta casa vénse manifestando ó longo de moitisimos anos pero dunha maneira especial nestes últimos que temos a responsabilidade de facer os presupostos, dunha política clara de aproximación ó cidadán, de atender ás demandas de moitos colectivos, de moitas asociacións e de moitos veciños que a través do seu esforzo, é dicir, sen ánimo de lucro de ningún tipo, senón todo o contrario, fomentando o asociacionismo e fomentando as relacións sociais e culturais pois vén reflectida en moitos colectivos de diversa índole, dende os deportivos que se ve reflectida unha política clara dende esta casa de apoio ós clubs deportivos de base dunha maneira concreta e que incluso hai un alto grado de satisfacción dentro destes colectivos polas achegas que lle chegan dende esta institución, que ó final redundan dunha maneira clara, non só nos clubs que representan e que representan dunha maneira digna á nosa provincia en España e en Europa como algún caso concreto dos Frigoríficos do Morrazo que por, pois é o único club que agora mesmo está representando a Galicia e a Cangas e a Pontevedra en Europa, senón tamén na base dunha maneira pois concreta cuns baremos, unha política clara e transparente con respecto a estas subvencións. Tamén podíamos falar do aspecto cultural, que creo que é un referente importantísimo na nosa provincia, aí están todos os convenios con agrupacións musicais, culturais, e doutros sectores onde se ve reflectido ese apoio dunha maneira clara dentro destes presupostos. A maiores creo que se está facendo un esforzo tremendo nas inversións que se están realizando en temas culturais, como é a inversión do Museo de Pontevedra para desenvolver as políticas dentro da política museística dentro da nosa provincia, creo que o Museo de Pontevedra é unha referencia a nivel nacional. Tamén o Arquivo que é tamén unha das partes desta casa que ten unha grande relevancia, pois ten unha especial atención dentro destes gastos correntes e dentro de programas e proxectos que poderíamos definir pero que loxicamente non me vou a alongar en facer unha relación de cada un deles. En canto a Príncipe Felipe eu creo que se está dando un exemplo de xestión en Príncipe Felipe, ultimamente incrementado con outros servizos importantes, creo que se dinamizou dunha maneira clara ese centro dunha maneira clara ese centro. Un centro social que ten grande acollida e que seguramente ó mellor había que debater se tería que ser competencia desta institución ou doutras institucións, pero pensamos que ó final os veciños e os cidadáns o que pretenden é que lle deamos os mellores servizos e pensamos que creo que está demostrado dunha maneira clara que ese centro se dinamizou, que hai unha grande labor política, e ó fronte unha grande dirección, creo que se acertou dunha maneira clara na persoa que se puxo ó fronte, que ó final tamén é decisivo para levar as políticas que se poidan coordinar e dirixir dende esta casa, dende a clase política, pero é importante que a parte técnica, a parte de dirección, a parte de xerencia funcione, e creo que Príncipe Felipe está dando un exemplo, en dous anos, a min cando cheguei aquí me dicían que era un dos centros que tiña unha grande conflictividade laboral e durante os últimos anos pois eu creo que non se mostrou. Loxicamente sempre hai cuestións puntuais que se poden mellorar pero que están funcionando dunha maneira clara e cun alto grado de satisfacción. En canto a outros centros do Servizo Agrario, eu creo que tamén esta casa está potenciando dunha maneira clara o sector agrario e gandeiro e creo que se están facendo políticas de investigación claras que son un exemplo que incluso hai expertos e técnicos a nivel nacional e internacional que veñen a esta casa, a esta institución, a estudiar e a investigar e pensamos que se está facendo un magnífico traballo tamén nese departamento. E despois por suposto temos, eu creo que o organismo do Padroado de Turismo, que bueno, que os resultados están aí, foi unha aposta clara deste Presidente desta Deputación e tamén do equipo de goberno, onde primeiro pois se fixo unha inversión importante na compra dun inmoble que á parte de dar un grande servizo ó sector é un referente dentro da arquitectura da cidade de Pontevedra e tamén da provincia e de Galicia, pero a maiores tamén se dotou dun servizo humano e tamén por suposto das políticas de promoción clara da potenciación do sector servizos, do sector turístico e os resultados están aí. Eu creo que poderíamos facer un debate longo de todas estas cuestións pero os resultados deste verán último pois se reflicten cunha afluencia masiva de turistas ás Rías Baixas e bueno, loxicamente é un esforzo de todos. Aquí tampouco podemos dicir que sexa única e exclusivamente un labor puntual do que estamos facendo pero o que quere dicir, e eu creo que tamén hai un alto grao de satisfacción dentro do sector, de que se está potenciando, axudando e os resultados ó final se acadan. Despois podíamos falar pois dos presupostos de todos estes organismos autónomos, pois, Enfermería que ten catro centos quince mil euros, FP, saben vostedes que este foi un tema que se fixo tamén unha magnífica xestión, onde tiñamos un presuposto de 970.000 euros e se transferiu cun convenio onde pagamos unha cantidade mínima, creo que tamén é magnífico traballo dos compañeiros delegados desta área e do propio Presidente. En Canteiros, eu creo que o labor de Canteiros está perfectamente clara eu creo que non vamos a entrar, ten un presuposto tamén de 757.000 euros. O Museo de 2.792.000 euros; Turismo de 2.773.000 euros; o ORAL 5.400.000 euros, e pensamos que a xestión do ORAL está dando un magnífico resultado e incluso hai unha captación clara de moitos concellos que debido a que teñen dificultades para facer a xestión pois acadan nesta casa e nesta institución unha maneira de colaboración importante para a recadación, e creo que se está demostrando, proba diso é que nos últimos Plenos viñeron pois adhesións de moitos concellos en determinados tributos e en determinados impostos que se recadan, pero non só eso senón que incluso a achega e adhesión de novos concellos que non participaban e formaban parte deste organismo que dá creo que é un magnífico servizo. O que é importante tamén e que se demostra neste servizo que bueno, pois que hai unha pluralidade clara, que todos os concellos están incluídos de diversas cores pol

Área de documentación

Área de notas

  • Nota

Puntos de acceso

Área de control da descrición