ATOPO
Rexistros actuais: 1.617.768
Obxectos dixitais dispoñibles: 504.649

Acta de sesión 2005/12/28_Ordinaria

Área de identificación

  • Código(s) de referencia ES.GA.36038.ADPO.1.1.3.3.33.365/3.2005-12-28_Ordinaria

  • Título Acta de sesión 2005/12/28_Ordinaria

  • Data(s) 2005-12-28 (Creación)

  • Volume e soporte 1 acta de sesión

Área de contexto

Área de contido e estrutura

  • Alcance e contido Folla: Da sesión ordinaria en primeira convocatoria, celebrada polo Pleno desta Excma. Deputación o día, 28 de decembro de 2005 No Salón de sesións da Excma. Deputación Provincial de Pontevedra, sendo as once horas e cinco minutos do día vinte e oito de decembro do ano dous mil cinco, baixo a Presidencia do Ilmo. Sr. Presidente D. Rafael Louzán Abal, reuníronse as/os Señoras/es Deputadas/os, D. Xosé Antón Araujo Quintas, Dª Nidia María Arévalo Gómez, D. Ramón Campos Durán, Dª Francisca Canal Gómez, D. Raúl Emilio Castro Rodríguez, D. Xosé Crespo Iglesias, D. José Juan Durán Hermida, D. Antonio Feliciano Fernández Rocha, D. José Manuel Figueroa Vila, D. Julio César García-Luengo Pérez, D. Efrén Juanes Rodríguez, D. José Antonio Landín Eirín, Dª Clara Millán González, D. Xosé Cesáreo Mosquera Lorenzo, D. Constante Juan Muradas Ramos, D. Manuel Núñez Sestelo, D. Xosé Carlos Pazos Docampo, Dª María Teresa Pedrosa Silva, D. Juan Manuel Rey Rey, D. Alfredo Rodríguez Millares, D. Rodrigo Santiago Novas, Dona Belén Sío Lourido, D. José Enrique Sotelo Villar e D. Jesús Vázquez Almuíña, co obxecto de celebrar sesión ordinaria do Pleno da Deputación, en primeira convocatoria, consonte á correspondente orde do día. Da fé do acto o Secretario Accidental, D. Bernardo Sartier Boubeta, e está presente o Sr. Interventor Accidental, D. Antonio Graña Gómez. Declarada aberta a sesión e de orde da Presidencia éntrase seguidamente no exame da orde do día, adoptándose en relación coa mesma os seguintes acordos: Sr. Presidente.- Vamos a dar comezo a esta sesión plenaria. ------ Folla: 2.5329.- RECTIFICACIÓN DO INVENTARIO XERAL DE BENS E DEREITOS DA DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA CON DATA 31 DE DECEMBRO DE 2004 Sr. Presidente.- O segundo punto é rectificación do Inventario Xeral de Bens e Dereitos da Deputación de Pontevedra con data 31 de decembro do 2004. Non habendo ningunha intervención polo tanto apróbase en principio a rectificación do Inventario. O Pleno da Corporación Provincial, en sesión ordinaria de data 29 de decembro de 2004, acordou aprobar a rectificación do Inventario Xeral de Bens e Dereitos desta Excma. Deputación Provincial a data 31 de decembro de 2003. O artigo 33 do RD 1372/1986 de 13 de xuño polo que se aproba o Regulamento de Bens das Entidades Locais dispón que o Inventario se rectificará anualmente, e nel deberanse reflectir as vicisitudes de toda índole sufridas polo conxunto de bens e dereitos durante esa etapa. Co fin de dar cumprimento ó disposto na norma antedita, elaborouse a preceptiva relación de variacións producidas no Inventario durante o ano 2004. De conformidade co disposto no artigo 34 do citado Regulamento de Bens, o órgano competente para aprobar a rectificación é o Pleno da Corporación. En consecuencia, e de conformidade co dictame da Comisión Informativa de Economía, Facenda e Turismo, o Pleno acorda por unanimidade, aprobar o expediente de rectificación do Inventario a data 31 de decembro de 2004, por un importe total de 57.573.852,47 Euros, co seguinte detalle por epígrafes: EPÍGRAFE /BENS/VALOR INVENTARIO O 31-12-2004/VALOR ALTAS ANO 2004/VALOR BAIXAS ANO 2004/INVENTARIO 31-12-2004: 1º ---Inmobles---41.992.628,99 ¤---2.103.000 ¤---0---44.095.628,99 ¤ 3º---Mobles de carácter histórico, artístico ou de considerable valor económico---3.524.897,44 ¤---17.190 ¤---0---3.542.087,44 ¤ 4º Valores mobiliarios, créditos e dereitos de carácter persoal da Corporación ---784.861,71 ¤---181.355,40 ¤---0---966.217,11¤ 5º---Vehículos---3.653.039,78 ¤---137.367 ¤---97.363,97 ¤---3.693.042,81¤ 6º---Semovientes---42.938,69 ¤---72.310,50 ¤---6.226,29 ¤---109.023 ¤ 7º---Mobles non comprendidos nos anteriores enunciados ---4.656.026,37 ¤ 527.889,74 ¤---16.062,89 ¤---5.167.853,22 ¤ TOTAL: 54.654.392,98 ¤---3.039.112,64 ¤---119.653,15 ¤--57.573.852,47¤ ------ Folla: 3.5330.- ADDENDA Ó CONVENIO DE COLABORACIÓN ENTRE A CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E TRANSPORTES DA XUNTA DE GALICIA E A DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA PARA O FINANCIAMENTO E ARTICULACIÓN DA SUBVENCIÓN DO CUSTE DA PEAXE NO TREITO O MORRAZO-VIGO DA AUTOESTRADA AP-9 PARA OS RESIDENTES NA PROVINCIA DE PONTEVEDRA Sr. Presidente.- O punto número 3. Addenda ó convenio de colaboración entre a Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Transportes da Xunta de Galicia e a Deputación de Pontevedra para o financiamento e articulación da subvención do custe da peaxe no treito O Morrazo-Vigo da Autoestrada AP-9 para os residentes na provincia de Pontevedra. Sr. Mosquera. Sr. Mosquera Lorenzo.- Bos días. Moitas gracias Sr. Presidente. Aproveito para felicitar as festas a todo o mundo, supoño que o Pleno irá tamén con este espírito navideño, e con respecto a este punto pois recordar o noso posicionamento de sempre, que mantemos agora, e incluso veu ó Pleno pasado tamén, hoxe o que vén é unha variación da cantidade por incremento na contía de 900.000 euros iniciais a 1.300.000, pero, vamos, non vamos a entrar en que si é máis ou é menos senón no fondo da cuestión e polo tanto vamos a votar en contra. Sr. Presidente.- Moitas gracias. Bueno, non habendo máis intervencións trasladando ademais unha copia ós medios de comunicación que lle daremos do que aquí vamos a falar que é a Addenda ó convenio, coa insistencia e a reiteración de que en principio esto así foi no seu día, que é un convenio nesta materia que era provisional e como provisional o entendemos, e reclamando dende aquí que no mes de xaneiro tal e como é o compromiso do Presidente da Xunta de Galicia nos proporá unha solución definitiva a este asunto. Polo tanto aprobamos neste caso a Addenda ó convenio para a subvención do financiamento da articulación do custe da peaxe do tramo O Morrazo-Vigo da autoestrada AP-9. ¿Votos en contra?. ¿Abstencións?. ¿A favor?. Visto o escrito da Dirección Xeral de Obras Públicas de data 17 de novembro de 2005, co que se achega unha Addenda ó convenio de colaboración entre a Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Transportes da Xunta de Galicia e a Deputación Provincial de Pontevedra, asinado o 8 de xaneiro de 2002, para o financiamento e articulación da subvención do custe da peaxe no treito O Morrazo-Vigo da autoestrada AP-9 para os residentes na provincia de Pontevedra. Resultando que a sinatura de addendas entre ambas administracións en relación ó citado convenio establécese na cláusula sexta do mesmo, co obxecto de fixar as anualidades e partidas que se destinen para este fin, e que nos anos 2003 e 2004 asináronse as correspondentes addendas para o financiamento do custe da peaxe nos exercicios seguintes. Resultando que as modificacións propostas nesta addenda afectan ás cantidades que deben asumir a Xunta de Galicia, a través da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Transportes e a Deputación Provincial de Pontevedra para o ano 2006, que se cifran en 1.300.000,00 euros, para cada unha das Administracións, e que veñen sendo o 50%, do custe deste sistema de subvención da peaxe no mencionado treito da AP-9. Vistos os informes do Secretario Xeral e do Sr. Interventor Accidental, nos que se lle deixa constancia de que a nova addenda é correcta xuridicamente para os fins propostos, e que na partida 06/511.511.489.14 do presuposto provincial para o exercicio de 2006 aprobado inicialmente polo Pleno, na sesión extraordinaria do día 2 de decembro de 2005, figura unha dotación orzamentaria de 900.000,00 euros, cantidade insuficiente en 400.000,00 euros para afrontar o gasto que lle corresponde á Deputación de Pontevedra e que se cifra en 1.300.000,000 euros. O Pleno, de conformidade co dictame da Comisión Informativa de Economía, Facenda e Turismo, acorda por maioría de votos a favor do PP, cos votos en contra do BNG e coas abstencións do PSOE, prestar aprobación á addenda ó convenio de colaboración entre a Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Transportes da Xunta de Galicia e a Deputación Provincial de Pontevedra, asinado o 8 de xaneiro de 2002, para o financiamento e articulación da subvención do custe da peaxe no treito O Morrazo-Vigo da autoestrada AP-9 para os residentes na provincia de Pontevedra que se une como anexo a este acordo, e que se efectúe, no seu momento, a modificación orzamentaria correspondente, para incrementar en 400.000,00 euros o crédito da partida 06/511.511.489.14 do presuposto provincial para o exercicio de 2006. Así mesmo, facúltase ó Ilmo. Sr. Presidente desta Deputación para levar a cabo a sinatura desta addenda e de cantas outras actuacións sexan necesarias en relación ás condicións establecidas na mesma. Dita addenda é como segue: ADDENDA Ó CONVENIO DE COLABORACIÓN ENTRE A CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E TRANSPORTES DA XUNTA DE GALICIA E A DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA PARA O FINANCIAMENTO E ARTICULACIÓN DA SUBVENCIÓN DO CUSTO DA PEAXE NO TREITO O MORRAZO-VIGO DA AUTOESTRADA AP-9 PARA OS RESIDENTES NA PROVINCIA DE PONTEVEDRA Santiago de Compostela, de de dous mil cinco REUNIDOS Dunha parte, a Excma. Sra. Dona Mª José Caride Estévez Conselleira de Política Territorial, Obras Públicas e Transportes da Xunta de Galicia, facultada para a formalización deste convenio pola Lei 1/1983, de 22 de febreiro, reguladora da Xunta e do seu Presidente. Doutra parte, o Ilmo. Sr. D. Rafael Louzán Abal, na súa condición de Presidente da Deputación de Pontevedra, actuando en virtude das facultades representativas que lle atribúe o artigo 34.1 b ) da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases do réxime local. Tódalas partes recoñécense mutuamente na calidade en que interveñen con capacidade legal necesaria e EXPOÑEN O día 8 de xaneiro de 2002 a Xunta de Galicia e a Deputación Provincial de Pontevedra asinaron un convenio de colaboración para o financiamento e articulación da subvención do custo da peaxe no treito O Morrazo-Vigo da autoestrada AP-9 para os residentes na provincia de Pontevedra. Na cláusula sexta do mencionado convenio, establécese que para anos posteriores asinaríanse as correspondentes addendas entre ambas administracións onde se fixarían as anualidades e as partidas que se destinen para este fin. O día 2 de xaneiro de 2003 asinouse unha addenda ó anterior convenio no que se modificaban as cláusulas SEGUNDA e TERCEIRA e se establecían os créditos para o ano 2003. O día 30 de decembro de 2003, asinouse unha addenda ó anterior convenio onde se establecían os créditos para o ano 2004. O día 10 de decembro de 2004, asinouse unha addenda ó anterior convenio onde se establecían os créditos para o ano 2005. Á vista de regular a colaboración entre ambas Administracións para establecer os créditos necesarios para 2006, formalízase a presente addenda con suxeición á seguinte: CLÁUSULA ÚNICA. A Xunta de Galicia, a través da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Transportes, asumirá o 50% do custe deste sistema de subvención da peaxe no treito O Morrazo-Vigo, para o que ten previsto consignar a cantidade de un millón trescentos mil euros (1.300.000,00 euros) con cargo á partida 06.03.413B.480 dos presupostos da Consellería para 2006. A Deputación de Pontevedra asumirá o 50% restante, para o que se incluirá unha cantidade igual nos presupostos da Deputación para 2006. Ambas administracións comprométense a facer fronte exclusivamente á súa parte do financiamento, podendo incrementar a partida consignada para este fin se fose necesario, non asumindo en ningún caso a parte de financiamento correspondente á outra administración. Cada administración librará os fondos por separado, desvinculando así as obrigas que corresponde a cada unha delas do grao de execución da outra. E en proba de conformidade asinan o presente convenio por triplicado exemplar. A CONSELLEIRA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E TRANSPORTES Asdo.: Mª José Caride Estévez O PRESIDENTE DA DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA Asdo.: Rafael Louzán Abal ------ Folla: 4.5331.- APROBACIÓN INICIAL DO PROXECTO DENOMINADO "ENSANCHE EP 9214 SAMIEIRA-BUSTO (SANXENXO)". EXPOSICIÓN PÚBLICA DESTE. DECLARACIÓN DE UTILIDADE PÚBLICA DA OBRA. SOLICITUDE Á XUNTA DE GALICIA DA DECLARACIÓN DE URXENTE OCUPACIÓN. MOTIVACIÓN DA URXENCIA Sr. Presidente.- O punto número 4. Aprobación inicial do proxecto denominado "Ensanche EP 9214 Samieira-Busto (Sanxenxo)". Exposición pública desta. Declaración da utilidade pública da obra e solicitude á Xunta de Galicia da declaración de urxente ocupación e motivación da urxencia. ¿Votos en contra?. ¿Abstencións?. ¿A favor?. O proxecto "Ensanche EP 9214 Samieira-Busto (Sanxenxo)" pertencente a fondos propios 2005, e que está dotado dun presuposto para coñecemento da Administración de 17.773,79 euros, desagregado en presuposto de execución por contrata por importe de 6.471,59 euros e capítulo de expropiacións por importe de 11.302,20 euros, ten por obxecto o ensanche da explanación, con derrubamento e construción de valos en nova aliñación, incluso novos valos de contención ou sostemento necesarios para obter a plataforma desexada, formación de paseos e cunetas e perfilado de noiros en todo tipo de terreo, nunha lonxitude de 135 metros. Á vista do informe emitido polo Servizo de Intervención, no que se certifica a existencia de saldo de crédito dispoñible na partida 05/511.511-612.02 para facer fronte ó gasto da obra e das expropiacións que conleva, e do informe emitido polo enxeñeiro técnico de Vías e Obras, advertindo da necesidade de acometer dita obra, o Pleno acorda por unanimidade: 1.- A aprobación inicial do proxecto "Ensanche EP 9214 Samieira-Busto (Sanxenxo)", dotado dun presuposto para coñecemento da Administración de 17.773,79 euros, desagregado en presuposto de execución por contrata por importe de 6.471,59 euros e capítulo de expropiacións por importe de 11.302,20 euros. 2.- A súa exposición pública e do expediente expropiatorio que conleva, polo prazo regulamentario, a efectos de posibles reclamacións, entendéndose aprobado definitivamente, de forma automática, en caso de non producirse estas. 3.- A declaración de utilidade pública da obra con base no informe emitido polo enxeñeiro técnico de Vías e Obras, advertindo da premura que reviste a execución da obra. 4.- A solicitude á Xunta de Galicia da declaración de urxente ocupación dos bens e terreos afectados pola referida obra. 5.- A motivación da urxencia que se pretende dar ás expropiacións que xera dita obra, en base ó informe emitido o 15 de decembro de 2005 polo enxeñeiro técnico de Vías e Obras, no que se sinala que "A Excma. Deputación Provincial de Pontevedra vén acometendo dende hai anos a mellora da súa rede de estradas na zona do Salnés, entrelazándose a través desta, viais de titularidade autonómica e estatal". Entre as obras levadas a cabo nos últimos anos encóntrase a unión da vía de alta capacidade do Salnés coa Armenteira e o acceso ó campo de golf. Ademais en colaboración coa Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Transportes, esta entidade local está levando a cabo o acondicionamento da estrada PO 303 Samieira-Castrelo, tramo de Simes-Alto de Dorrón (Meaño), estando licitados os traballos necesarios para conseguir o enlace de dita estrada coa estrada provincial 9213 A Granxa-Dorrón (Sanxenxo). Co obxectivo de mellorar a confluencia dos mencionados viais coa estrada que une Samieira co Busto ata a Armenteira, a Excma. Deputación Provincial de Pontevedra realizou importantes obras de acondicionamento da estrada provincial 9214 Samieira-Busto, grazas á colaboración da maioría de veciños que cederon parte dos terreos precisos para acometer ditas melloras. Como queira que para a eficaz conclusión dos traballos iniciados faise necesario actuar nun último tramo de 135 metros, redactouse o presente proxecto, cuxa urxencia se xustifica, pola necesidade de mellorar os anchos primitivos e así evitar, na medida do posible, os accidentes e a perigosidade que supoñían para a circulación. A maiores, o feito de mellorarse os primeiros tramos da citada estrada implica un aumento de velocidade na circulación duns vehículos cuxos condutores, ó encontrarse co deficiente trazado do tramo final, poderían poñer en perigo tanto a súa integridade física como a dos peóns. Por todo isto, e como queira que a obra conleva a afección de terreos de particulares, resulta imprescindible iniciar un expediente de expropiación forzosa cuxo carácter urxente vén sobradamente xustificado polos motivos antes expostos. ------ Folla: 5.5332.- APROBACIÓN DEFINITIVA DO PROXECTO "TERMINACIÓN EP 7106 FOLGOSO-FORCAREI". DECLARACIÓN DA NECESARIA OCUPACIÓN DOS BENS E DEREITOS AFECTADOS. APROBACIÓN DEFINITIVA DA RELACIÓN DE PROPIETARIOS E BENS AFECTADOS Sr. Presidente.- Punto número 5. Aprobación definitiva do proxecto "Terminación EP 7106 Folgoso-Forcarei". Declaración da necesaria ocupación dos bens e dereitos afectados. Aprobación definitiva da relación de propietarios e bens afectados. ¿Votos en contra?. ¿Abstencións?. ¿A favor?. O Pleno da Deputación Provincial de Pontevedra, na sesión extraordinaria que tivo lugar o día 9 de setembro de 2005, adoptou, entre outros, o acordo polo que se aprobaba inicialmente o proxecto "Terminación EP 7106 Folgoso-Forcarei" pertencente a fondos propios 2005, dotado dun presuposto para coñecemento da administración de 47.957,15 euros, desagregado en presuposto de execución por contrata por importe de 32.975,75 euros e capítulo de expropiacións por importe de 14.981,40 euros e cuxo obxecto é rematar o ensanche da citada estrada e mellorar o firme actual, así como declarar de utilidade pública a obra e máis solicitarlle á Xunta de Galicia a declaración de urxente ocupación dos bens afectados. Despois de someter a información pública dito proxecto, durante o período regulamentario, en virtude de edito publicado no Boletín Oficial da Provincia de data 11 de novembro de 2005 (BOP nº 217), no taboleiro de anuncios dos concellos de Cerdedo e de Forcarei, en varios xornais da localidade, notificándoselles ademais persoalmente a todos os afectados a apertura do citado período de información pública, estes non expuxeron alegacións. Co fin de dar continuidade ó expediente de expropiación iniciado no seu día por esta entidade local, á vista dos informes emitidos polo Servizo de Vías e Obras, o Pleno acorda por unanimidade: 1. A aprobación definitiva do proxecto denominado "Terminación EP 7106 Folgoso-Forcarei" pertencente a fondos propios 2005, dotado dun presuposto para coñecemento da administración de 47.957,15 euros, desagregado en presuposto de execución por contrata por importe de 32.975,75 euros e capítulo de expropiacións por importe de 14.981,40 euros. 2. A declaración da necesaria ocupación dos bens e dereitos afectados polo citado proxecto, que ten por obxecto a terminación do ensanche da citada estrada así como a mellora do firme actual. 3. A aprobación definitiva da relación de propietarios e bens afectados segundo o seguinte detalle: FINCA PROPIETARIO DOMICILIO BEN 1 Celia Fraiz PK 0+120 Cerdedo 973,00 m2 monte 10,00 uds. árbores 2 Taboada Fraiz, Dolores PK 1+100-Cerdedo 180,00 m2 monte 12,00 uds.árbores 3 Taboada Fraiz, Dolores PK 1+300-Cerdedo 270,00 m2 monte 9,00 uds. árbores 4 Taboada Fraiz, Felisa PK 1+400-Cerdedo 85,00 m2 monte 6,00 uds. árbores 5 Taboada Fraiz, Felisa PK 1+500-Cerdedo 50,00 m2 monte 7,00 uds. árbores 6 Taboada Fraiz, Dolores PK 1+770-Cerdedo 15,00 m2 monte 5,00 uds. árbores 7 Taboada Fraiz, Dolores PK 1+825-Cerdedo 60,00 m2 monte 8 Taboada Fraiz, Dolores PK 1+900-Cerdedo 70,00 m2 monte 9 Taboada Fraiz, Dolores PK 2+400-Cerdedo 29,00 m2 monte 10 Ramos Dapena, PK 3+700-Vieiro, 2 Forcarei José Carlos 80,00 m2 monte 11 Lorenzo Bugallo, PK3+700 Rúa das Olivas, 9 Pontevedra Mª Carmen 260,00 m2 monte 12 Descoñecido PK 3+700 180,00 m2 monte 13 Cavada Fernández, PK 3+700-Murada, 6 Forcarei Victoriano 137,00 m2 monte 14 Lorenzo Bugallo, PK 3+700-Rúa das Olivas, 9 Pontevedra Mª Carmen 260,00 m2 monte 15 Cavada Fernández, PK 3+700-Murada, 6 Forcarei Mª Carmen 75,00 m2 monte 16 Cavada Fernández, PK 5+000 Murada, 6 Forcarei Mª Carmen 120,00 m2 monte Contra o presente acordo, que pon fin á vía administrativa, os interesados poderán interpoñer recurso potestativo de reposición ante o mesmo órgano que o ditou, no prazo dun mes, a contar desde o día seguinte ó da recepción da presente notificación (artigos 107, 116 e 117 da Lei 30/1992, de 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, de 13 de xaneiro), ou ben directamente recurso contencioso-administrativo, ante o xulgado do contencioso-administrativo de Pontevedra, no prazo de dous meses, contados a partir do día seguinte ó da recepción da presente resolución (artigos 8 e 46 da Lei 29/1998, de 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa). Todo isto sen prexuízo da posibilidade de utilizar calquera outro recurso que estime procedente. ------ Folla: 6.5333.- RESOLUCIÓN DE RECLAMACIÓNS E APROBACIÓN DEFINITIVA DO ORZAMENTO XERAL DA DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA E DOS SEUS ORGANISMOS AUTÓNOMOS PARA O EXERCICIO 2006 Sr. Presidente.- Punto número 6. Resolución de reclamacións e aprobación definitiva do presuposto xeral da Deputación Provincial de Pontevedra e dos seus organismos autónomos para o exercicio 2006. Sr. Mosquera. Sr. Mosquera Lorenzo.- Si, gracias Sr. Presidente. Ben, o que vén hoxe aquí, se vén tan sequera senón xa non viría, é porque houbo unha reclamación, pero, bueno, fóra de prazo ou non fóra, non vamos a entrar nesa cuestión, senón no fondo, o que se vén aquí é a aprobar definitivamente os presupostos e que non é cuestión de reproducir o debate que houbo na súa aprobación inicial simplemente reiterar que mantemos o noso voto negativo. Sr. Presidente.- Moitas gracias. Polo tanto procedemos á aprobación neste caso definitiva do Presuposto da Deputación de Pontevedra para o exercicio 2006. ¿Votos en contra?. ¿Abstencións?. ¿A favor?. Dictaminándose favorablemente pola Comisión Informativa de Economía, Facenda e Turismo, conxuntamente coa de Réxime Interior e Persoal, a estimación en parte, das alegacións efectuadas polo sindicato Confederación Intersindical Galega (CIG), mediante escrito de data 5 de decembro de 2005 (Rexistro de Entrada número 36.321) ó Plan de Emprego Xeral para persoal funcionario e laboral da Deputación Provincial de Pontevedra, e dado que as mesmas repercuten no presuposto para o exercicio de 2006, aprobado inicialmente polo Pleno na sesión do día 2 de decembro de 2005, no senso seguinte: -É necesario modificar a relación de postos de traballo en canto á valoración do factor perigosidade e penosidade dentro do complemento específico nos seguintes postos: - 1 Vixilante Axudante Agrícola Finca Mouriscade: 3 puntos no lugar de 2 - 1 Encargado Electricista Vías e Obras:3 puntos no lugar de 2 - 1 Encargado Obradoiro Vías e Obras: 3 puntos no lugar de 2 - 2 Psicólogos Cidade Infantil:1 punto no lugar de 0 - É necesario modificar, como consecuencia do anterior, a dotación orzamentaria das partidas que a continuación se relacionan, por importe global de 1.622,40 euros, non implicando un incremento do gasto do capítulo I, ó detraerse esta cantidade das partidas de gratificacións e productividade, de acordo co seguinte detalle: Partidas que incrementan crédito Partidas que reducen crédito 422.422.121.02 648,96 euros 422.422.151.00 648,96 euros 511.511.121.02 648,96 euros 511.511.151.00 648,96 euros 711.711.121.02 324,48 euros 711.711.150.04 324,48 euros O Pleno de conformidade co dictame da Comisión Informativa de Economía, Facenda e Turismo conxuntamente coa de Réxime Interior e Persoal, acorda por maioría de votos a favor do PP e cos votos en contra do PSOE e do BNG: - Desestimar a reclamación efectuada pola Confederación Intersindical Galega (CIG), contra o acordo de aprobación inicial do presuposto da Deputación Provincial de Pontevedra para o exercicio 2006, que tivo entrada no Rexistro Xeral o día 26 de decembro de 2005 co número 38.573 de entrada, na que se reproducen as alegacións plantexadas ó plan de emprego, por estar fóra de prazo. - A aprobación definitiva do Presuposto Xeral da Deputación Provincial de Pontevedra para o exercicio de 2006, coa inclusión das modificacións reseñadas en relación ós postos de traballo e á dotación orzamentaria das partidas citadas, e que comprende: -O Presuposto da Deputación, por importe de....140.420.000,00 Euros -O Presuposto dos Organismos Autónomos polos importes que se sinalan: -Escola de Canteiros................................................ 757.291,00 Euros -Museo Provincial..................................................2.792.631,00 Euros -Escola Universitaria de Enfermería.................... 415.600,00 Euros -IPESPO ...............................................................1.102.100,00 Euros -Padroado de Turismo "Rías Baixas".................. 2.773.012,00 Euros -Caixa de Anticipos de Cooperación................... 1.910.000,00 Euros ORAL……………………………………….. 5.400.000,00 Euros - O Presuposto Xeral consolidado, por importe de: -En Ingresos .....................................................145.794.195,00 Euros -En Gastos .......................................................145.794.195,00 Euros -Apróbanse as Bases de Execución do Presuposto Xeral da Deputación e específicas dos Organismos Autónomos. -Apróbanse os cadros do persoal funcionario, as relacións de postos de traballo e os cadros do persoal laboral da Deputación e dos seus Organismos Autónomos e dos novos méritos específicos para a praza de Interventor. -Apróbase o Anexo de inversións para o exercicio 2006. -Apróbase concertar unha operación de crédito/préstamo por importe de 16.680.000,00 euros, coas características que se sinalan nas bases de execución. -Apróbase os resumes por capítulos dos Estados de Gastos e Ingresos dos Presupostos indicados, que son os seguintes: ORZAMENTO DA DEPUTACIÓN ESTADO DE GASTOS Capítulo 1º.- GASTOS DE PERESOAL 29.371.215,00 ¤ Capítulo 2º.- GASTOS DE BENS CORRENTES E SERVIZOS 15.224.603,00 ¤ Capítulo 3º.- GASTOS FINANCEIROS 1.700.003,00 ¤ Capítulo 4º.- TRANSFERENCIAS CORRENTES 27.862.999,00 ¤ Capítulo 6º.- INVESTIMENTOS REAIS 35.313.637,00 ¤ Capítulo 7º.- TRANSFERENCIAS DE CAPITAL 30.707.143,00 ¤ Capítulo 8º.- ACTIVOS FINANCEIROS 240.400,00 ¤ TOTAL 140.420.000,00 ¤ ESTADO DE INGRESOS Capítulo 1º.- IMPOSTOS DIRECTOS 9.742.820,00 ¤ Capítulo 2º.- IMPOSTOS INDIRECTOS 9.804.760,00 ¤ Capítulo 3º.- TAXAS E OUTROS INGRESOS 2.261.720,00 ¤ Capítulo 4º.- TRANSFERENCIAS CORRENTES 85.961.773,00 ¤ Capítulo 5º.- INGRESOS PATRIMONIAIS 1.462.050,00 ¤ Capítulo 6º.- ALIENACIÓN DE INVESTIMENTOS REAIS 2.152,00 ¤ Capítulo 7º.- TRANSFERENCIAS DE CAPITAL 14.264.675,00 ¤ Capítulo 8º.- ACTIVOS FINANCEIROS 240.050,00 ¤ Capítulo 9º.- PASIVOS FINANCEIROS 16.680.000,00 ¤ TOTAL 140.420.000,00 ¤ ORZAMENTOS DOS ORGANISMOS AUTÓNOMOS: ESCOLA UNIVERSITARIA DE ENFERMERÍA Estado de Gastos Capítulo 1º.- 67.000,00 ¤ Capítulo 2º.- 43.500,00 ¤ Capítulo 3º.- 100,00 ¤ Capítulo 6º.- 5.000,00 ¤ TOTAL 415.600,00 ¤ Estado de Ingresos Capítulo 3º.- 74.500,00 ¤ Capítulo 4º.- 336.000,00 ¤ Capítulo 5º.- 100,00 ¤ Capítulo 7º.- 5.000,00 ¤ TOTAL 415.600,00 ¤ INSTITUTO PARA A PROMOCIÓN E EQUIPAMENTO DO SOLO INDUSTRIAL DA PROVINCIA DE PONTEVEDRA (IPESPO) Estado de Gastos Capítulo 1º.- 119.501,00 ¤ Capítulo 2º.- 391.500,00 ¤ Capítulo 3º.- 1,00 ¤ Capítulo 6º.- 591.098,00 ¤ TOTAL 1.102.100,00 ¤ Estado de Ingresos Capítulo 4º.- 509.002,00 ¤ Capítulo 5º.- 2.000,00 ¤ Capítulo 6º.- 100,00 ¤ Capítulo 7º.- 590.998,00 ¤ TOTAL 1.102.100,00 ¤ ESCOLA DE CANTEIROS Estado de Gastos Capítulo 1º.- 276.811,00 ¤ Capítulo 2º.- 335.373,00 ¤ Capítulo 3º.- 91,00 ¤ Capítulo 4º.- 97.016,00 ¤ Capítulo 6º.- 48.000,00 ¤ TOTAL 757.291,00 ¤ Estado de Ingresos Capítulo 3º.- 66.730,00 ¤ Capítulo 4º.- 41.761,00 ¤ Capítulo 5º.- 800,00 ¤ Capítulo 7º.- 48.000,00 ¤ TOTAL 757.291,00 ¤ MUSEO PROVINCIAL Estado de Gastos Capítulo 1º.- 1.186.100,00 ¤ Capítulo 2º.- 836.931,00 ¤ Capítulo 3º.- 3.300,00 ¤ Capítulo 4º.- 38.250,00 ¤ Capítulo 6º.- 710.000,00 ¤ Capítulo 9º.- 18.050,00 ¤ TOTAL 2.792.631,00 ¤ Estado de Ingresos Capítulo 3º.- 8.350,00 ¤ Capítulo 4º.- 2.065.281,00 ¤ Capítulo 5º.- 9.000,00 ¤ Capítulo 7º.- 710.000,00 ¤ TOTAL 2.792.631,00 ¤ TURISMO "RÍAS BAIXAS" Estado de Gastos Capítulo 1º.- 328.502,00 ¤ Capítulo 2º.- 1.968.410,00 ¤ Capítulo 3º.- 100,00 ¤ Capítulo 4º.- 375.000,00 ¤ Capítulo 6º.- 71.000,00 ¤ Capítulo 7º.- 30.000,00 ¤ TOTAL 2.773.012,00 ¤ Estado de Ingresos Capítulo 3º.- 1.000,00 ¤ Capítulo 4º.- 2.668.012,00 ¤ Capítulo 5º.- 3.000,00 ¤ Capítulo 7º.- 101.000,00 ¤ TOTAL 2.773.012,00 ¤ CAIXA DE ANTICIPOS Estado de Gastos Capítulo 1º.- 42.500,00 ¤ Capítulo 2º.- 5.200,00 ¤ Capítulo 8º. 1.862.300,00 ¤ TOTAL 1.910.000,00 ¤ Estado de Ingresos Capítulo 3º.- 721,00 ¤ Capítulo 4º.- 37.240,00 ¤ Capítulo 5º.- 10.000,00 ¤ Capítulo 7º.- 600.000,00 ¤ Capítulo 8º.- 1.262.039,00 ¤ TOTAL 1.910.000,00 ¤ ORAL Estado de Gastos Capítulo 1º.- 3.368.770,00 ¤ Capítulo 2º.- 1.659.230,00 ¤ Capítulo 3º.- 50.000,00 ¤ Capítulo 4º.- 21.000,00 ¤ Capítulo 6º.- 240.000,00 ¤ Capítulo 8º.- 61.000,00 ¤ TOTAL 5.400.000,00 ¤ Estado de Ingresos Capítulo 3º.- 3.562.000,00 ¤ Capítulo 4º.- 1.312.000,00 ¤ Capítulo 5º.- 225.000,00 ¤ Capítulo 7º.- 300.000,00 ¤ Capítulo 8º.- 1.000,00 ¤ TOTAL 5.400.000,00 ¤ O ORZAMENTO CONSOLIDADO Estado de Gastos Capítulo 1º.- 35.060.399,00 ¤ Capítulo 2º.- 20.464.747,00 ¤ Capítulo 3º.- 1.753.595,00 ¤ Capítulo 4º.- 20.960.824,00 ¤ Capítulo 6º.- 36.978.735,00 ¤ Capítulo 7º.- 28.394.145,00 ¤ Capítulo 8º.- 2.163.700,00 ¤ Capítulo 9º.- 18.050,00 ¤ TOTAL 145.794.195,00 ¤ Estado de Ingresos Capítulo 1º.- 9.742.820,00 ¤ Capítulo 2º.- 9.804.760,00 ¤ Capítulo 3º.- 5.975.021,00 ¤ Capítulo 4º. 86.097.628,00 ¤ Capítulo 5º.- 1.711.950,00 ¤ Capítulo 6º.- 2.252,00 ¤ Capítulo 7º. 14.276.675,00 ¤ Capítulo 8º.- 1.503.089,00 ¤ Capítulo 9º. 16.680.000,00 ¤ TOTAL. 145.794.195,00 ¤ Nestes intres incorpórase á sesión o Sr. Vicepresidente D. José Juan Durán Hermida. ------ Folla: 7.5334.- APROBACIÓN DO CONVENIO DE COLABORACIÓN ENTRE A DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA, A CONSELLERÍA DE CULTURA E DEPORTES DA XUNTA DE GALICIA E O CONCELLO DE PONTEVEDRA "PARA A CONSTRUCIÓN DO CAMPO DE FÚTBOL DE PASARÓN E O COMPLEXO DEPORTIVO EN A PARDA" Sr. Presidente.- Punto número 7. Aprobación do Convenio de colaboración entre a Deputación Provincial de Pontevedra, a Consellería de Cultura e Deportes da Xunta de Galicia e o Concello de Pontevedra para a construción do campo de fútbol de Pasarón e o Complexo deportivo en A Parda". Sra. Pedrosa. Sra. Pedrosa Silva.- Bos días a todos. O convenio que hoxe se presenta xa foi ditaminado favorablemente na Comisión Informativa de Deportes, e ten un investimento de 11.220.000 euros para investir na cidade de Pontevedra en instalacións deportivas. Por unha banda preténdese a construción dun campo de fútbol en Pasarón, cun presuposto de 8.520.000 euros, e dun Complexo deportivo na Parda de 2.700.000 euros. Este convenio é froito dun protocolo inicialmente asinado entre a Xunta de Galicia e a Deputación de Pontevedra e posteriormente incorporouse o Concello de Pontevedra, para facer ámbalas dúas instalacións deportivas e xa leva neste momento algún retraso xa que a data do inicio do mesmo foi alá polo ano 2003 e aínda non está comezado. Neste momento asinándose este convenio a Deputación de Pontevedra comprométese a licitar a obra de Pasarón, e a Xunta de Galicia a obra de A Parda, para o que aínda falta algunha cousa como a totalidade dos terreos e a modificación do proxecto que está neste momento a facerse para adaptarse ó mesmo. Unha vez aprobado xa no Concello de Pontevedra e na Xunta de Galicia e na Deputación, nos vindeiros días asinarase o convenio entre ámbalas tres institucións para proceder a iniciar os trámites para a construción de ámbalas dúas infraestruturas deportivas. Polo que se refire ós prazos, o convenio ten unha vixencia ata o 31 de decembro do 2008 e están consignadas por parte desta Deputación anualidades no ano 2005, 500.000 euros; 2006, un millón de euros; 2007, outro millón de euros; e, 2008, dous millóns de euros; para rematar sendo a Deputación a institución que aporta unha maior contía económica para a realización de ámbalas dúas infraestruturas deportivas. Este é en síntese o convenio que hoxe pretende asinarse aquí para incrementar a práctica deportiva na cidade de Pontevedra consolidándose como un dos presupostos deportivos máis grandes da historia da cidade. Moitas gracias. Sr. Presidente.- Moitas gracias. Vamos polo tanto a proceder a este convenio importante para a cidade de Pontevedra, onde a Deputación pois asume unha contía moi importante para o financiamento desta obra necesaria e eu diría que transcendente para o Concello de Pontevedra. ¿Votos en contra?. ¿Abstencións?. ¿A favor?. De conformidade co dictame favorable da Comisión Informativa de Deportes, o Pleno acorda por unanimidade, aprobar o convenio de colaboración entre a Deputación Provincial de Pontevedra, a Consellería de Cultura e Deportes da Xunta de Galicia e o concello de Pontevedra "para a construción do campo de fútbol de Pasarón e o Complexo deportivo en A Parda" mediante a achega de 4.500.000,00 ¤ que se repartirán nas anualidades de 2005 a 2008, que se financiarán con cargo á partida 05/451.452.662.02, facultando ó Ilmo. Sr. Presidente para a súa sinatura. Dito convenio é como segue: CONVENIO DE COLABORACIÓN A SUBSCRIBIR ENTRE A XUNTA DE GALICIA, A TRAVÉS DA CONSELLERÍA DE CULTURA E DEPORTE, A EXCMA. DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA E O EXCMO. CONCELLO DE PONTEVEDRA En Santiago de Compostela, a de de 2005. REUNIDOS Dunha parte, a Excma. Sra. Dona Ánxela Bugallo Rodríguez, actuando en representación da Consellería de Cultura e Deporte, en uso das competencias que lle outorgan o Decreto 213/2005, do 3 de agosto, polo que se lle nomea titular da Consellería de Cultura e Deporte, así como o Decreto 232/2005, do 11 de agosto, polo que se fixa a estructura orgánica dos departamentos da Xunta de Galicia. Doutra, o Ilmo. Sr. D. Rafael Louzán Abal, actuando en representación da Excma. Deputación Provincial de Pontevedra, en virtude da súa condición de Presidente, segundo o disposto no artigo 34 da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases do réxime local e no artigo 105.1.a) da Lei 5/1997, do 22 de xullo, de administración local de Galicia, e expresamente facultado para este acto en virtude do acordo adoptado en sesión celebrada o día de de 2005. E doutra, o Ilmo. Sr. D. Miguel Anxo Fernández Lores, Alcalde-Presidente do Excmo. Concello de Pontevedra, ó abeiro do disposto no artigo 21.1.b) da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases do réxime local e no artigo 61.1.a) da Lei 5/1997, do 22 de xullo, de administración local de Galicia, e expresamente facultado para este acto en virtude do acordo adoptado en sesión celebrada o día de de 2005. As partes comparecentes recoñécense mutuamente plena lexitimación, capacidade e representación para a sinatura do presente convenio de colaboración, e a estes efectos, EXPOÑEN I.- As administracións públicas asinantes do presente son conscientes de que o incremento da práctica deportiva reclama unha mellor dotación de infraestrutura, de forma que permita dar satisfacción á crecente demanda social existente na materia. Esta inquietude xa se concretara na sinatura de dous protocolos de colaboración entre estas mesmas administracións públicas: o Protocolo de colaboración entre a Xunta de Galicia (extinta Consellería de Familia, Xuventude, Deporte e Voluntariado) e a Deputación Provincial de Pontevedra, de data 20 de maio de 2003, e o protocolo de colaboración entre a Xunta de Galicia (extinta Consellería de Familia, Xuventude, Deporte e Voluntariado), a Deputación Provincial de Pontevedra e o Concello de Pontevedra para a construción dun novo campo de fútbol de Pasarón e dun complexo deportivo na Parda, de data 7 de maio de 2004. Estes protocolos pretenden agora desenvolverse e materializarse a través da sinatura do presente convenio. Igualmente sustenta o presente convenio a firme vontade de exercer de xeito coordenado as competencias que en materia deportiva ostentan as administracións intervenientes. Así, a Lei orgánica 1/1981, do 6 de abril, do Estatuto de Autonomía de Galicia no artigo 27.22, sinala a competencia da Comunidade Autónoma de Galicia, en materia de promoción do deporte, ó tempo que, entre outras, as funcións relativas á colaboración coas administracións locais na promoción e difusión da cultura física e do deporte, previndo a posibilidade da utilización, para o logro das funcións asignadas, de convenios interadministrativos. Ademais, a Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases do réxime local, establece dunha banda, a competencia xenérica dos concellos, nos termos da lexislación do Estado e das Comunidades Autónomas, en moi diversas materias, entre as que se contan, a realización de actividades en instalacións deportivas (artigo 25.2.m), doutra establecer, co carácter de servizo mínimo obrigatorio, en concellos de máis de 20.000 habitantes, os relativos a instalacións deportivas (artigo 26.1.c). A Lei 11/1997, do 22 de agosto, Xeral do Deporte de Galicia contempla no seu artigo 9 a posibilidade de colaboración da administración deportiva autonómica coas administracións locais. Ademais, no marco da lexislación básica de réxime local do Estado (Lei 7/1985 de 2 de abril, reguladora das de réxime local), a Lei 5/1997, do 22 de xullo, de Administración Local de Galicia establece, dunha parte, a competencia xenérica dos concellos, nos termos da lexislación do Estado e das Comunidades Autónomas, en varias materias, entre as que se inclúen as actividades e instalacións deportivas (art. 80.2), doutra, establece que os concellos de máis de 20.000 habitantes teñen a obriga de prestar o servizo de instalacións deportivas de uso público (art. 81.c); e finalmente encomenda ás deputacións provinciais a coordinación dos servizos públicos en todo o territorio da provincia (art. 109.1.a), podendo formalizar as entidades locais coa Xunta de Galicia convenios de colaboración para unha xestión máis eficaz das súas competencias (art. 198). II.- Pretende o presente convenio exercer as competencias atribuídas ás administracións asinantes e a dotación das instalacións deportivas precisas ó deporte federado e á cidadanía en xeral, atendendo as necesidades que en materia deportiva presenta a infraestrutura do Concello de Pontevedra, para o fin de que poida dar servizo ós diferentes colectivos deportivos municipais, levando a cabo as actuacións xa proxectadas nos dous protocolos de colaboración anteriormente referidos. Por todo o anterior, a Xunta de Galicia, a través da súa Consellería de Cultura e Deporte, a Deputación Provincial de Pontevedra e o Concello de Pontevedra, subscriben o presente convenio, que se suxeitará ás seguintes: CLÁUSULAS Primeira.- Obxecto do Convenio. É obxecto do presente convenio establecer as bases de colaboración entre a Xunta de Galicia, por medio da súa Consellería de Cultura e Deporte, a Deputación Provincial de Pontevedra e o Concello de Pontevedra, para execución das obras de "construción dun novo campo de fútbol en Pasarón e dun complexo deportivo na Parda, na cidade de Pontevedra". Segunda.- Investimento programado. O investimento estimado ó que se refire o presente convenio fíxase en once millóns douscentos vinte mil euros (11.220.000,00¤), importe que comprende os destinados ós presupostos de execución por contrata de construción dun novo campo de fútbol en Pasarón, estimado en oito millóns cincocentos vinte mil euros (8.520.000¤), e dun complexo deportivo na Parda, dous millóns setecentos mil euros (2.700.000¤). Terceira.- Compromiso das administracións asinantes. 1.- Con respecto á obra de construción dun novo campo de fútbol en Pasarón: A) A Deputación Provincial de Pontevedra, para a execución da obra de construción dun novo campo de fútbol en Pasarón, comprométese: A.1) A asumir a licitación e contratación da obra de construción dun novo campo de fútbol en Pasarón. Da respectiva mesa de contratación desta obra formarán parte, con voz e voto, un representante por cada unha das partes asinantes, ademais daqueles que resulte preceptivo, en virtude da normativa de aplicación. A.2) A achegar, con cargo ós seus presupostos de gastos, a contía de catro millóns cincocentos mil (4.500.000,00¤), destinada a financiar a obra de construción dun novo campo de fútbol en Pasarón, repartidos en anualidades, do xeito que de seguido se sinala: Anualidade de 2005 500.000,00¤ Anualidade de 2006 1.000.000,00¤ Anualidade de 2007 1.000.000,00¤ Anualidade de 2008 2.000.000,00¤ Importe total 4.500.000,00¤ Asemade asumirá os custes de dirección de obra de arquitecto técnico, de coordinación de seguridade e saúde, así coma calquera outro esixido pola normativa de aplicación. B) A Xunta de Galicia, para a execución da obra de construción dun novo campo de fútbol en Pasarón, comprométese: B.1) A achegar a contía de douscentos setenta mil euros (270.000,00), destinada a financiar a obra de construción dun novo campo de fútbol en Pasarón, que se imputará á aplicación orzamentaria e anualidade que de seguido se sinalan: Aplicación orzamentaria.............................................58.04.355A.760.0 Código de proxecto:....................................................2004.00272 Anualidade de 2005: 60.000,00¤ Anualidade de 2006: 210.000,00¤ Importe total: 270.000,00¤ Á marxe dos compromisos económicos anteriores, a Xunta de Galicia ten asumido os custes de redacción de proxecto técnico e os de dirección de obra de arquitecto. C) O Concello de Pontevedra, para a execución da obra de construción dun novo campo de fútbol en Pasarón, comprométese: C.1) A poñer a disposición da Deputación Provincial de Pontevedra os terreos axeitados e suficientes para posibilitar a obra, libres de cargas e gravames, identificados nos planos que se acompañan ó presente convenio como anexo I. Os referidos terreos serán aptos urbanisticamente para permitir a execución da obra programada e o conseguinte uso pretendido. Será responsabilidade do Concello de Pontevedra garantir que os terreos onde se pretende a execución da obra estean dotados, ó pé da parcela, dos servizos de acceso rodado, abastecemento de auga potable, rede de sumidoiro e subministro de enerxía eléctrica. C.2) Suposta a corrección técnica do proxecto das obras, a expedición da pertinente licenza municipal de obras, así como a dos demais permisos e autorizacións de competencia municipal precisos para levar a cabo a obra, serán responsabilidade do Concello de Pontevedra. O Concello de Pontevedra, propietario dos terreos nos que se edificará a instalación deportiva, ten a consideración de dono da obra e, consecuentemente, ningunha das administracións alleas á outorgante da licenza municipal de obra, nin terceiros a estas, terá que facer fronte a ningunha liquidación pola expedición daquela, nin por calquera outro tributo municipal con motivo das obras. C.3) O Concello de Pontevedra comprométese a asumir as obrigas económicas derivadas deste convenio, que se concretan na achega, con cargo ós seus presupostos de gastos, da contía de tres millóns setecentos cincuenta mil euros (3.750.000¤), repartidos en anualidades, do xeito que de seguido se sinala: Anualidade de 2005: 920.000,00¤ Anualidade de 2006: 1.415.000,00¤ Anualidade de 2007: 1.415.000,00¤ Importe total: 3.750.000,00¤ En todo caso o Concello de Pontevedra renuncia expresamente a reter da achega do propio concello calquera tipo de tributo con motivo das obras. C.4) A asumir, unha vez recepcionada a obra, e previa comunicación da Deputación Provincial de Pontevedra a súa explotación, mantemento e conservación. 2.- Con respecto á obra de construción dun complexo deportivo na Parda: A) A Xunta de Galicia, comprométese: A.1) A asumir, por medio da súa Consellería de Cultura e Deporte, a licitación e contratación da obra de construción dun complexo deportivo na Parda. Da mesa de contratación desta obra formarán parte, con voz e voto, un representante por cada unha das partes asinantes, ademais daqueles que resulte preceptivo, en virtude da normativa autonómica de aplicación. A.2) A achegar a contía de dous millóns setecentos mil euros (2.700.000,00), destinada a financiar a obra de construción dun complexo deportivo na Parda, que se imputará ás aplicacións orzamentarias e anualidades que de seguido se sinalan: Aplicación orzamentaria.............................................58.04.355A.622.1 Código de proxecto:....................................................2003.00025 Anualidade de 2005: 80.000,00¤ Anualidade de 2006: 458.000,00¤ Anualidade de 2007: 1.567.000,00¤ Anualidade de 2008: 595.000,00¤ Importe total: 2.700.000,00¤ Á marxe dos compromisos económicos anteriores, a Xunta de Galicia ten asumido os custes de redacción de proxecto técnico e os de dirección de obra de arquitecto. B) Concello de Pontevedra, para a execución da obra de construción dun complexo deportivo na Parda, comprométese: B.1) A poñer a disposición da Xunta de Galicia (Consellería de Cultura e Deporte), os terreos axeitados e suficientes para posibilitar a obra, libres de cargas e gravames, identificados nos planos que se acompañan ó presente convenio como anexo I. Os referidos terreos serán aptos urbanísticamente para permitir a execución da obra programada e o conseguinte uso pretendido. Será responsabilidade do Concello de Pontevedra garantir que os terreos onde se pretende a execución da obra estean dotados, ó pé da parcela, dos servizos de acceso rodado, abastecemento de auga potable, rede de sumidoiro e subministro de enerxía eléctrica. B.2) Suposta a corrección técnica do proxecto das obras, a expedición da pertinente licenza municipal de obras, así como a dos demais permisos e autorizacións de competencia municipal precisos para levar a cabo a obra, serán responsabilidade do Concello de Pontevedra. O Concello de Pontevedra, propietario dos terreos nos que se edificará a instalación deportiva, ten a consideración de dono da obra e, consecuentemente, ningunha das administracións alleas á outorgante da licenza municipal de obras, nin terceiros a estas, terá que facer fronte a ningunha liquidación pola expedición daquela, nin por calquera outro tributo municipal con motivo das obras. B.3) En todo caso o Concello de Pontevedra renuncia expresamente a reter da achega do propio concello calquera tipo de tributo con motivo das obras. B.4) Asumir, unha vez recepcionada a obra, e previa comunicación da Consellería de Cultura e Deporte, a súa explotación, mantemento e conservación. Cuarta.- Reaxuste nos compromisos de cofinanciamento das obras como consecuencia de incidencias no curso da súa licitación. É intención das partes asinantes do presente, levar a cabo simultaneamente, a licitación das dúas obras ás que o presente se refire. No caso de que tal finalidade non poida ser acadada procederase á remodelación das anualidades asignadas a tales obras e a imputación ás distintas administracións cofinanciadoras. Constatada a incidencia que impida levar a cabo a licitación simultánea das obras, a Comisión de Seguimento á que refire a cláusula sétima, queda autorizada para efectuar proposta relativa á remodelación das anualidades inicialmente previstas. Quinta.- Xestión, mantemento e conservación das futuras instalacións. A xestión, mantemento e conservación das instalacións deportivas a construír será responsabilidade exclusiva do Concello de Pontevedra, sendo de conta deste a totalidade dos gastos que as mesmas xeren, sen que a Xunta de Galicia nin a Deputación Provincial de Pontevedra como partes asinantes do presente convenio posúan ningunha responsabilidade respecto delas. O Concello de Pontevedra acreditará a asunción desta responsabilidade mediante testemuño do acordo adoptado ó respecto polo órgano competente do concello, expedido polo Secretario. A asunción da responsabilidade á que refire o parágrafo primeiro anterior, non obviará a responsabilidade que á sociedade adxudicataria corresponde na policía e conservación das obras ata a extinción do período de garantía da obra construída. Sexta.- Inspección da obra. As partes resérvanse o dereito a inspeccionar as obras da instalación deportiva consecuencia do presente convenio, en exclusiva, ó órgano de contratación, a emisión de ordes que incidan no curso das mesmas. A Dirección Xeral para o Deporte da Consellería de Cultura e Deporte, comunicará á Deputación Provincial de Pontevedra e ó Concello de Pontevedra a data sinalada para a realización dos actos de comprobación do replánteo e de recepción da obra de construción dun complexo deportivo na Parda, por se fose do seu interese asistir ós mesmos, ós únicos efectos de contar coa suficiente información en relación co grao de cumprimento do Convenio e sen que de tal asistencia se poidan derivar consecuencias de orde contractual. A Deputación Provincial de Pontevedra comunicará á Dirección Xeral para o Deporte da Consellería de Cultura e Deporte, e ó Concello de Pontevedra, a data sinalada para a realización dos actos de comprobación do replanteo e de recepción da obra de construción dun novo campo de fútbol en Pasarón, por se fose do seu interese asistir ós mesmos, ós únicos efectos de contar coa suficiente información en relación co grao de cumprimento do Convenio e sen que de tal asistencia se poidan derivar consecuencias de orde contractual. Sétima.- Comisión de seguimento. Para o seguimento do grao de execución do presente convenio, a solución de controversias que a súa interpretación poida motivar, créase unha Comisión integrada por dous representantes de cada unha das administracións asinantes. Oitava.- Vixencia.- A vixencia do presente convenio estenderase ata o 31 de decembro de 2008, salvo denuncia do seu incumprimento por calquera das partes, ou da súa prórroga expresa de ser esta necesaria como consecuencia de incidencias xurdidas no curso da execución das obras. A denuncia que, requirirá o acordo previo do órgano competente da administración que a pretenda, surtirá efectos ós noventa días da súa presentación diante da Comisión a que se refire a base anterior. O incumprimento de calquera das cláusulas deste Convenio será causa bastante para a súa denuncia. Novena.- Lexislación de aplicación, natureza do Convenio e Xurisdicción competente. I.- Para a confección e tramitación do presente téñense observado as prescricións sinaladas na Resolución de 8 de abril de 1991 (DOG do 30) e no Decreto 246/1992, do 30 de xullo, da Consellería de Economía e Facenda da Xunta de Galicia, polo que se regulan determinadas condicións de execución de obras públicas en réxime de cooperación coas corporacións locais e outros entes de dereito público (DOG do 17 de agosto). II.- O presente Convenio é de natureza administrativa e consecuentemente, as cuestións litixiosas que xurdan na súa aplicación, interpretación e cumprimento serán competencia da Xurisdicción contencioso-administrativa. En proba de conformidade, asínase o presente Convenio de cooperación en triplicado exemplar no lugar e data indicadas. A CONSELLEIRA DE CULTURA E DEPORTE, Ánxela Bugallo Rodríguez O PRESIDENTE DA EXCMA. DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA, Rafael Louzán Abal. O ALCALDE-PRESIDENTE DO EXCMO. CONCELLO DE PONTEVEDRA Miguel Anxo Fernández Lores. ------ Folla: 8.5335.- RESOLUCIÓN DE RECLAMACIÓNS Ó PLAN DE EMPREGO Sr. Presidente.- Punto número 8. Resolución de reclamacións ó Plan de Emprego. Non hai intervencións. Polo tanto procedemos á súa votación. ¿Votos en contra?. ¿Abstencións?. ¿A favor?. Visto o escrito presentado no Rexistro Xeral desta Excma. Deputación Provincial o 5 de decembro de 2005, polo Sindicato CIG a través do cal formula, en tempo e forma, reclamacións ó Plan de Emprego Xeral para persoal funcionario e laboral deste organismo provincial, aprobado por acordo adoptado no Pleno da Corporación Provincial en sesión celebrada o 26 de outubro de 2005, ó amparo do establecido no artigo 105 da Lei 30/92, de 26 de novembro, de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común e artigo 150 do RDL 2/2004, do 5 de marzo, que aproba o Texto Refundido da Lei Reguladora de Facendas Locais o Pleno acorda por maioría de votos a favor do PP e coas abstencións do PSOE e do BNG: 1) Desestimar a modificación do complemento de destino dos técnicos especialistas de educación nocturna, ós que corresponde o nivel 21, e non o 20, asignado ós técnicos especialistas de educación diúrna, técnicos de imprenta, analistas de laboratorio e FPII informáticos o nivel 20, ó terse establecido esta diferencia en atención a criterios de competencia e mando dentro do servizo, especialización teórica e práctica no desempeño das funcións, cualificación do posto de traballo, responsabilidade e complexidade nas tarefas a desenvolver. 2) Desestimar a modificación da valoración da responsabilidade nos postos de traballo de oficiais de costura, ós que se atribuíron 3,5 puntos mentres que ós oficiais de costura e roupeiro 3 puntos, en base ás características particulares de cada posto de traballo e en atención á importancia relativa das tarefas a desenvolver en cada un destes postos de traballo. 3) Subsanar o erro padecido na asignación de puntos de perigosidade e penosidade ós seguintes postos, ós que se outorgan os seguintes puntos: .- Vixilante Axudante Agrícola Finca Mouriscade 3 puntos no lugar de 2 .- Encargado Electricista Vías e Obras 3 puntos no lugar de 2 .- Encargado Taller Vías e Obras 3 puntos no lugar de 2 O custe total deste incremento ascende a 973,44¤ en concepto de complemento específico, que se imputará ás seguintes partidas: 511.511.121.02 648,96¤ 711.711.121.02 324,48¤ A tal efecto ditas cantidades detraeranse das partidas 511.511.151.00 e 711.711.150.04. 4) Desestimar a revisión da valoración da perigosidade e penosidade dos seguintes postos cuxa puntuación coincide coa que reclama este sindicato: .- Garda Vixilante A Lanzada 2 puntos .- Oficial de Almacén Vías e Obras 1 punto 5) Desestimar a asignación do factor perigosidade e toxicidade nos seguintes postos de traballo ó non ter variado as circunstancias que xustifican o seu recoñecemento: .- Encargado Almacén Cidade Infantil 0 puntos .- Operario Almacén-Cidade Infantil Non existe este posto Así mesmo, subsánase o erro padecido na relación de postos de traballo adscritos á Cidade Infantil "Príncipe Felipe", asignándolle o factor perigosidade ós tres postos de Psicólogo, non só a un. O custe total deste incremento ascende a un total de 648,96 ¤ en concepto de complemento específico e imputarase á partida 422.422.121.02. A tal efecto dita cantidade detraerase da partida 422.422.151.00. ------ Folla: 9.5336.- COMUNICACIÓNS Sr. Presidente.- Comunicacións. Sr. Secretario. Sr. Secretario.- Simplemente Sr. Presidente para dar cuenta de las Resoluciones Presidenciales dictadas entre el 25 de noviembre y el 21 de diciembre del año 2005. Nada más Sr. Presidente. Queda enterado o Pleno das seguintes: A) De extractos de Resolucións Presidenciais dictadas pola Presidencia entre os días 25 de novembro e 21 de decembro do ano 2005 e que foron trasladados ós Voceiros dos distintos grupos políticos. B) De Resolución Presidencial de data 16 de decembro de 2005, cambiando a data e hora da Xunta de Goberno do día 23 de decembro ás 10,00 horas, para o día 21 de decembro ás 18,30 horas. ------ Folla: 10.5337.- ROGOS E PREGUNTAS Sr. Presidente.- Punto número 10. Rogos e preguntas. Sr. Mosquera. Sr. Mosquera Lorenzo.- Bueno, eu non sei se estes son uns rogos ou unha carta ós Reis Magos, porque son asuntos que levan coleando moitísimo tempo e que parece que a pesar de que si e que non, con eso, non, é unha boa época para facer bos propósitos para o ano que vén, e polo tanto neste sentido o entendan, non pretendo nin tan sequera que me contesten senón basicamente son uns rogos ou unha carta ós Reis Magos, como se queira entender. O primeiro, supoño que para o ano que vén a Xunta de Portavoces que segundo anunciou a bombo e platillo pois funcionará de verdade, reunirase para preparar os Plenos cando menos, senón para outros mesteres, etc. En segundo lugar, supoño que para o ano que vén e con premura pois procederemos a elaborar o novo regulamento orgánico que xa tiña que estar hai un ano, e que sempre vai e estou convencido de que neste espírito de novo ano pois sucederá. Tamén estou convencido de que a relación dos famosos campos de fútbol de herba sintética, mellor dito a famosa relación de campos de fútbol de herba sintética, pois queremos coñecemento deles, íamos ter coñecemento hai sete meses, pero bueno, ó final de ano sempre é moi apurado e ten moita carga de traballo e hai que acabar non sei cantas cousas e entón supoño que para o ano que vén saberemos dunha vez en que concellos ou que campos de fútbol se van a realizar. E por fin, supoño que para o ano que vén pois estas dificultades que está habendo nas relacións entre esta casa e a Universidade, no famoso Protocolo do ano 2003, que non se cumpre e demais, e que está afectando á construción dalgúns edificios no campus de Pontevedra, pois tamén terá vía libre, resolverase e seremos felices e comeremos perdices. Nada máis. Sr. Presidente.- Moitas gracias Sr. Mosquera pola súas preguntas, o seu espírito navideño que non falte, eso tamén é importante. Pásolle a palabra ó Sr. Pazos Docampo. Sr. Pazos Docampo.- Si, bo día. Eu á parte de que no Pleno do mes pasado quedóuseme de contestar dúas preguntas por escrito, que a día de hoxe aínda non se levou a cabo, si quería preguntar sobre esta cuestión, a Xunta de Goberno aproba o 25 de novembro o expediente para a contratación de diverso material para a Volvo Ocean Race, concurso que se publica no Boletín da Provincia do día 7 de decembro e no DOGA do día 14 de decembro. En principio non ten ningún problema todo este expediente senón fora porque a Volvo Ocean Race sae de Vigo o día 12 novembro, e como se pode convocar un concurso para material que está repartido o día 12 de novembro en decembro, é unha pregunta sen máis. Sr. Presidente.- Moitas gracias. Sr. Figueroa. Sr. Figueroa Vila.- Bos días. Vamos a ver, con motivo da Volvo, dende o Consello Superior de Deportes da Xunta de Galicia se fixo unha achega para material náutico. Non é exclusivamente nin cunha finalidade da Volvo, é con motivo da Volvo fan esa achega dentro dun convenio marco entre as tres institucións, se firma o convenio pois en torno a outubro e novembro, que é cando vén o Secretario de Estado e á partir de aí se saca a licitación. Dentro do ano estamos en prazo para que os clubs náuticos da provincia de Pontevedra poidan beneficiarse dun programa cunha achega do Consello Superior de Deportes para embarcacións e material náutico, ese é o único obxectivo, non era cunha finalidade expresa para que fora co prazo que a Volvo saía, senón con motivo da Volvo aproveitarse dun proxecto que se puxo en marcha polo Consello Superior de Deportes para potenciar os deportes náuticos. Polo tanto estamos en prazo, tempo, se vai a producir a adxudicación e polo tanto a partir de aí os clubs náuticos da provincia de Pontevedra se beneficiarán dese proxecto. Sr. Presidente.- Moitas gracias Sr. Figueroa. Sr. Pazos. Sr. Pazos Docampo.- Só unha pequena percepción, entón a Xunta de Goberno debería cambiar o título do, porque explicitamente di material deportivo destinado ó densenvolvemento da volta ó mundo Ocean Race, en todo caso procedería. Nada máis. Sr. Presidente.- Moitas gracias. Sr. Santiago Novas. Sr. Santiago Novas.- Si, bos días. As miñas preguntas están relacionadas co anuncio feito por vostede Sr. Presidente, o día 18 do presente mes, con motivo dunha visita creo recordar que a Meis, ó Concello de Meis, onde vostede anunciaba a construción dun tanatorio e un complexo deportivo. Ben, tendo en conta que un tanatorio non é un servizo municipal dos contemplados como obrigatorios para municipios das características de Ribadumia, Meaño ou Meis, a pregunta sería, ¿que razóns aconsellan que a Deputación de Pontevedra financie a devandita obra substituíndo a iniciativa privada cando ademais existe un servizo desta clase no veciño concello de Cambados?, sería unha pregunta. Considerando que a Deputación debe estudiar e resolver problemas de ámbito provincial, a pregunta sería se, ¿ten vostede pensado impulsar obras coma esta noutros concellos da provincia e cales serían eses concellos?. E logo tamén coñecer cal é a participación económica dos concellos de Ribadumia, Meaño e Meis, e por último, ¿quen xestionará os servizos que se pretenden implantar?, se a administración provincial, se a administración local ou ben unha empresa privada, é todo, moitas gracias. Sr. Presidente.- Moitas gracias. Déixame ver. Primeiro, bueno, a pregunta primeira, que vostede me diga que estes tres concellos teñen un servizo en Cambados, é como se en Pontevedra hai non sei que e por habelo en Pontevedra non o pode haber nestes tres concellos. Sabendo que son servizos que hoxe en día son necesarios, por desgracia, pero son necesarios. Polo tanto esa pregunta vamos é unha pregunta que se contesta por si soa, vamos que habendo un servizo en Cambados como tamén o hai en Vilagarcía ou pois tamén o hai en moitos municipios, eso non ten nada que ver, o que aquí se trata é precisamente de optimizar recursos e se se fai para tres e para que cada un deles non faga un e teña un gasto importante neste sentido, porque esto, con esto lle contesto á segunda pregunta, de que se ten financiado a Deputación de Pontevedra a construción doutros, pois si ten financiado, claro, como non se vai a financiar, en concellos que evidentemente os custes da implantación dun servizo coma este son elevados pois non hai posibilidade e aquí de feito se xestionou a posibilidade de que houbera iniciativa privada, que a pode haber agora no concurso que se saque, que eso xa o veremos efectivamente o concurso como saia redactado para que a iniciativa privada se faga cargo. E terceiro, son preguntas que se contestan por si soas, quen vai xestionar, efectivamente van xestionar os tres propios concellos a través da propia Mancomunidade como teñen outros servizos que só ó mellor afectan ós nove concellos ou afectan a dous, a un, ou a tres, esa é a fórmula que dalgunha maneira entendemos que deben administralo. Pero neste momento está presentado un anteproxecto, cando teñamos o proxecto definitivo e cando teñamos as conversas máis avanzadas lle iremos informando de todo esto. De todas maneiras dicirlle que a nós nos preocupan os servizos que deben ter os cidadáns e neste caso este é un dos servizos que os cidadáns demandan hoxe en día e que polo tanto entendemos coma unha necesidade. E dende ese punto de vista e lóxica de optimizar recursos, precisamente optimizar gastos, o que hai que facer pois non facerlle un para cada un dos tres senón facer un para os tres e que estea situado xeograficamente nun sitio axeitado para que dea un bo servizo e unha boa cobertura que neste caso é do que se trata. Pero vamos lle terei máis información cando vaiamos máis avanzados, de momento presentamos un anteproxecto e vamos a ver como van as cousas. Sr. Santiago Novas.- Simplemente como aclaración. Crin entenderlle de que xa a Deputación financiara algún tanatorio, ¿me podería dicir cal? E se teñen en mente pois implantar algún máis na provincia. Sr. Presidente.- Si. Algún concello que me acorde, Campola

Área de documentación

Área de notas

  • Nota

Puntos de acceso

Área de control da descrición