ATOPO
Rexistros actuais: 1.625.156
Obxectos dixitais dispoñibles: 504.759

Acta de sesión 2006/01/25_Ordinaria

Área de identificación

  • Código(s) de referencia ES.GA.36038.ADPO.1.1.3.3.33.366/1.2006-01-25_Ordinaria

  • Título Acta de sesión 2006/01/25_Ordinaria

  • Data(s) 2006-01-25 (Creación)

  • Volume e soporte 1 acta de sesión

Área de contexto

Área de contido e estrutura

  • Alcance e contido Folla: No Salón de sesións da Excma. Deputación Provincial de Pontevedra, sendo as once horas e cinco minutos do día vinte e cinco de xaneiro do ano dous mil seis, baixo a Presidencia do Ilmo. Sr. Presidente D. Rafael Louzán Abal, reuníronse as/os Señoras/es Deputadas/os, D. Xosé Antón Araujo Quintas, Dona Nidia María Arévalo Gómez, D. Ramón Campos Durán, Dona Francisca Canal Gómez, D. Raúl Emilio Castro Rodríguez, D. Xosé Crespo Iglesias, D. José Juan Durán Hermida, D. Antonio Feliciano Fernández Rocha, D. José Manuel Figueroa Vila, D. Julio César García-Luengo Pérez, D. Emilio González Iglesias, D. Efrén Juanes Rodríguez, D. José Antonio Landín Eirín, Dona Clara Millán González, D. Xosé Cesáreo Mosquera Lorenzo, D. Constante Juan Muradas Ramos, D. Manuel Núñez Sestelo, D. Xosé Carlos Pazos Docampo, Dona María Teresa Pedrosa Silva, D. Juan Manuel Rey Rey, D. Alfredo Rodríguez Millares, D. Rodrigo Santiago Novas, Dona Belén Sío Lourido, D. José Enrique Sotelo Villar, D. Xabier Toba Girón e D. Jesús Vázquez Almuíña, co obxecto de celebrar sesión ordinaria do Pleno da Deputación, en primeira convocatoria, consonte á correspondente orde do día. Da fé do acto o Secretario Xeral, D. Carlos Cuadrado Romay, e está presente o Sr. Interventor Accidental, D. Antonio Graña Gómez. Declarada aberta a sesión e de orde da Presidencia éntrase seguidamente no exame da orde do día, adoptándose en relación coa mesma os seguintes acordos: 1.5338.- ACTA ANTERIOR Sr. Presidente.- Primeiro punto. Aprobación do borrador da acta da anterior sesión, ordinaria, do día 28 de decembro do ano 2005. Apróbase. Acórdase por unanimidade aprobar o borrador da acta da anterior sesión, ordinaria, do día 28 de decembro, do ano 2005. ------ Folla: 2.5339.- DELEGACIÓN DE COMPETENCIAS DO CONCELLO DE A CAÑIZA A FAVOR DO ORAL PARA A XESTIÓN, LIQUIDACIÓN E RECADACIÓN DAS MULTAS DE TRÁFICO Sr. Presidente.- Segundo punto. Delegación de competencias do Concello de A Cañiza a favor do ORAL, para a xestión, liquidación e recadación de multas de tráfico. ¿Votos en contra?. ¿Abstencións?. ¿A favor.? Visto o acordo do Consello Reitor do ORAL (Organismo Autónomo Provincial de Xestión de recursos Locais da Excma. Deputación Provincial de Pontevedra), de data 16 de decembro de 2005, sobre aceptación da delegación do Concello de A Cañiza para a xestión liquidación e recadación das multas de tráfico, o Pleno, de conformidade co dictame da Comisión Informativa de Economía, Facenda e Turismo, acorda por unanimidade: Aceptar, de conformidade co previsto no artigo 7.2 do Real decreto lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o Texto refundido da Lei reguladora das facendas locais, a delegación na Deputación Provincial de Pontevedra-ORAL, que en materia de xestión, liquidación e recadación das multas de tráfico, realizou o concello de A Cañiza, por acordo do Pleno de data 31 de outubro de 2005, seguindo o establecido nos artigos 106.3 da Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das bases de réxime local, e 7 do citado Real decreto lexislativo 2/2004. A citada delegación publicarase no Boletín Oficial da Provincia e no Diario Oficial de Galicia, tal como determina o meritado artigo 7.2 "in fine". ------ Folla: 3.5340.- DELEGACIÓN DE COMPETENCIAS DO CONCELLO DE TUI A FAVOR DO ORAL PARA A XESTIÓN DA LIQUIDACIÓN DEFINITIVA DO IMPOSTO SOBRE CONSTRUCIÓNS, INSTALACIÓNS E OBRAS, DA XESTIÓN DA LIQUIDACIÓN DEFINITIVA DA TAXA POR LICENZAS DE OBRAS E DA XESTIÓN, LIQUIDACIÓN E RECADACIÓN DO IMPOSTO SOBRE INCREMENTO DO VALOR DOS TERREOS DE NATUREZA URBANA Sr. Presidente.- Terceiro punto. Delegación de competencias do Concello de Tui a favor do ORAL para a xestión da liquidación definitiva do imposto sobre construcións, instalacións e obras, da xestión da liquidación definitiva da taxa por licenzas de obras e da xestión, liquidación e recadación do imposto sobre incremento do valor dos terreos de natureza urbana. ¿Votos en contra?. ¿Abstencións?. ¿A favor.? Visto o acordo do Consello Reitor do ORAL (Organismo Autónomo Provincial de Xestión de Recursos Locais da Excma. Deputación Provincial de Pontevedra), de data 16 de decembro de 2005, sobre aceptación da delegación do concello de Tui para realizar as facultades de xestión da liquidación definitiva do imposto sobre construcións, instalacións e obras, da xestión da liquidación definitiva da taxa por licenza de obras e da xestión, liquidación e recadación do imposto sobre o incremento do valor dos terreos de natureza urbana, o Pleno, de conformidade co dictame da Comisión Informativa de Economía, Facenda e Turismo, acorda por unanimidade: Aceptar, de conformidade co previsto no artigo 7.2 do Real decreto lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o Texto refundido da Lei reguladora das facendas locais, a delegación na Deputación Provincial de Pontevedra-ORAL, que en materia de xestión da liquidación definitiva do imposto sobre construcións, instalacións e obras, xestión da liquidación definitiva da taxa por licenza de obras e xestión, liquidación e recadación do imposto sobre o incremento do valor dos terreos de natureza urbana, realizou o concello de Tui, por acordo do Pleno de data 31 de outubro de 2005, seguindo o establecido nos artigos 106.3 da Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das bases de réxime local, e 7 do citado Real decreto lexislativo 2/2004. A citada delegación publicarase no Boletín Oficial da Provincia e no Diario Oficial de Galicia, tal como determina o meritado artigo 7.2 "in fine". ------ Folla: 4.5341.- DELEGACIÓN DE COMPETENCIAS DO CONCELLO DE BAIONA A FAVOR DO ORAL PARA A INSPECCIÓN E RECADACIÓN DA LIQUIDACIÓN DEFINITIVA DO IMPOSTO SOBRE CONSTRUCIÓNS, INSTALACIÓNS E OBRAS E DA LIQUIDACIÓN DEFINITIVA DA TAXA DE LICENZAS URBANÍSTICAS Sr. Presidente.- Punto número catro. Delegación de competencias do Concello de Baiona a favor do ORAL para a inspección e recadación da liquidación definitiva do imposto sobre construcións, instalacións e obras e da liquidación definitiva da taxa de licenzas urbanísticas. ¿Votos en contra?. ¿Abstencións?. ¿A favor.? Visto o acordo do Consello Reitor do ORAL (Organismo Autónomo Provincial de Xestión de Recursos Locais da Excma. Deputación Provincial de Pontevedra), de data 16 de decembro de 2005, sobre aceptación da delegación do concello de Baiona para a inspección e recadación da liquidación definitiva do imposto sobre construcións, instalacións e obras e da liquidación definitiva da taxa de licenzas urbanísticas, o Pleno, de conformidade co dictame da Comisión Informativa de Economía, Facenda e Turismo, acorda por unanimidade: Aceptar, de conformidade co previsto no artigo 7.2 do Real decreto lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei reguladora das facendas locais, a delegación na Deputación Provincial de Pontevedra-ORAL, que en materia de inspección e recadación da liquidación definitiva do imposto sobre construcións, instalacións e obras e da liquidación definitiva da taxa de licenzas urbanísticas, realizou o concello de Baiona, por acordo do Pleno de data 6 de outubro de 2005, seguindo o establecido nos artigos 106.3 da Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das bases de réxime local, e 7 do citado Real decreto lexislativo 2/2004. A citada delegación publicarase no Boletín Oficial da Provincia e no Diario Oficial de Galicia, tal como determina o meritado artigo 7.2 "in fine". ------ Folla: 5.5342.- APROBACIÓN INICIAL DO PROXECTO DENOMINADO "ENLACE VARIANTE DE CRECENTE COA ESTRADA ANTIGA". EXPOSICIÓN PÚBLICA DO MESMO. DECLARACIÓN DE UTILIDADE PÚBLICA DA OBRA. SOLICITUDE Á XUNTA DE GALICIA DA DECLARACIÓN DE URXENTE OCUPACIÓN. MOTIVACIÓN DA URXENCIA Sr. Presidente.- Punto número cinco. Aprobación inicial do proxecto denominado "enlace variante de Crecente coa estrada antiga". Exposición pública do mesmo, declaración de utilidade pública da obra, solicitude á Xunta de Galicia da declaración de urxente ocupación e motivación da urxencia. ¿Votos en contra?. ¿Abstencións?. ¿A favor?. O proxecto "Enlace variante de Crecente coa estrada antiga", que está dotado dun orzamento para coñecemento da Administración de 56.679,46 euros, desagregado en orzamento de execución por contrata por importe de 52.578,16 euros e capítulo de expropiacións por importe de 4.101,30 euros, ten por obxecto a conexión da nova variante de Crecente coa antiga estrada provincial A Cañiza-Crecente, e con iso dotar dun mellor acceso a este núcleo de poboación. Á vista do informe emitido polo Servizo de Intervención, no que se certifica a existencia de saldo de crédito dispoñible na partida 06/511.511-612.02 para facer fronte ó gasto da obra e das expropiacións que conleva, e do informe emitido polo enxeñeiro técnico de Vías e Obras, advertindo da necesidade de acometer a devandita obra, o Pleno acorda por unanimidade: 1. A aprobación inicial do proxecto "Enlace variante de Crecente coa estrada antiga", que está dotado dun orzamento para coñecemento da Administración de 56.679,46 euros, desagregado en orzamento de execución por contrata por importe de 52.578,16 euros e capítulo de expropiacións por importe de 4.101,30 euros. 2. A súa exposición pública e do expediente de expropiación que conleva, polo prazo regulamentario, para efectos de posibles reclamacións, entendéndose aprobado definitivamente, de forma automática, en caso de non producirse estas últimas. 3. A declaración de utilidade pública da obra con base no informe emitido polo enxeñeiro técnico de Vías e Obras, advertindo da urxencia que reviste a execución da obra. 4. A solicitude á Xunta de Galicia da declaración de urxente ocupación dos bens e terreos afectados pola referida obra. 5. A motivación da urxencia que se pretende dar ás expropiacións que xera dita obra, en base ó informe emitido o 16 de xaneiro de 2006 polo enxeñeiro técnico de Vías e Obras, no que se sinala que, "consciente do perigo que supoñía o paso da estrada provincial A Cañiza-Pousa polo núcleo de poboación de Crecente, a Deputación Provincial de Pontevedra decidiu levar a cabo, no seu momento, a construción dunha variante que permitise unir as localidades da Cañiza e Pousa sen atravesar o centro da localidade de Crecente. Non obstante e a pesar do bo resultado que dita variante leva ofrecendo durante anos ó evitar o grave perigo que para os peóns supoñía o paso da estrada polo centro da localidade, a conexión entre o núcleo de Crecente e a variante construída presenta importantes problemas de visibilidade. Co obxectivo de dotar dun mellor acceso a este núcleo de poboación redactouse o presente proxecto, cuxa urxencia se xustifica pola necesidade de mellorar substancialmente a visibilidade existente na conexión da variante e a antiga estrada. Esa falta de visibilidade, acrecentada polo feito de atoparnos cun enlace en curva, implica un grave risco para a circulación duns vehículos cuxos conductores, ó atoparse teren unhas deficientes condicións circulatorias, poñen en constante perigo tanto a súa integridade física coma a dos peóns. Por todo iso, e como queira que a obra conleva a afección de terreos de particulares, resulta imprescindible iniciar un expediente de expropiación forzosa cuxo carácter urxente queda sobradamente xustificado polos motivos antes expostos. ------ Folla: 6.5343.- DESAFECTACIÓN DUN TERREO LINDANTE COA VARIANTE EP 9206 PORTONOVO-ADINA (SANXENXO), ANTIGA PO-5413 E ALLEAMENTO Ó PROPIETARIO COLINDANTE COMO PARCELA SOBRANTE DE VÍA PÚBLICA Sr. Presidente.- Punto número seis da orde do día, desafectación dun terreo lindante coa variante EP 9206 Portonovo-Adina (Sanxenxo), antiga PO-5413 e alleamento ó propietario colindante como parcela sobrante de vía pública. Sr. D. Cesáreo Mosquera. Sr. Mosquera Lorenzo.- Bos días, moitas gracias Sr. Presidente. Esta é unha desafectación dun terreo practicamente pequeno, e para cederllo ou para allearllo ó propietario colindante que o solicitou e que pola información que se deu na Comisión está dentro dun polígono. Xa na Comisión fixemos advertencia e reiteramos de que estas valoracións oficiais que se fan son moi perigosas porque a partir de aí se esta Deputación ou o Concello de Sanxenxo queren facer algunha expropiación, pois hai un referente dunha valoración oficial alta en principio para estar dentro dun polígono, que pode ter unhas consecuencias absolutamente negativas e que por outro lado neste caso non habería ningún problema en que ese terreo da Deputación entrara no polígono como terreo máis e que polo tanto entrara nas cargas e beneficios e o poderá poxar ou entrar dentro do procedemento que fora, taxación conxunta, o que fora dentro do polígono e buscar outra solución. Así tal como está xa ten habido noutros Concellos antecedentes deste tipo que remataron sendo tremendamente negativos, neste caso é un trozo pequeno pero o grave é a valoración que se fai que en principio pode parecer correcta no sentido que é levada a esta Deputación, pero as consecuencias poden ser moi dañinas cara ó futuro. Nós dixemos na Comisión, é un tema relativamente enfarragoso, polo tanto non é cuestión de facer un debate plenario longo sobre o asunto pero creo que deberían reconsiderar en aras do que é a boa xestión tanto polo propio Concello como por esta Deputación ou calquera outra Administración cando teña que expropiar ou teña que xestionar terreos para algún equipamento público, porque se fan as contas segundo convén en cada caso e ó final as consecuencias, cando chega algo ó xurado de expropiación saen unhas valoracións absolutamente disparatadas e infinitamente por enriba do valor de mercado etc., en medio urbano, como é o caso. E pediríamos que o retiraran e foran por outra vía xa o fixemos na Comisión, se non queren dende logo nós a favor non vamos a votar. Sr. Presidente.- Moitas gracias Sr. Mosquera. Sr. D. Emilio González. Sr. González Iglesias.- Si, no mesmo sentido que na intervención anterior posto que hai outra fórmula de saída que é a integración no polígono, bueno a integración no polígono xa está e polo tanto por aí podería resolverse o tema sen ningún problema e sen que haxa ningunha variación ó que se está plantexando. Agora, hai que recordar que estamos falando dun terreo que no 2001, cando se expropiou toda a parte que se expropiou, foron sobre trescentas mil pesetas, estamos falando dunha contía agora mesmo de cincuenta e sete mil euros, entón ó mellor cando se desenvolva o polígono dentro de tres anos estamos falando dunha cantidade maior, sería bastante máis prudente deixalo e que se integrase no polígono, o cal a Deputación non perdería nada e os propietarios colindantes non terían ningún problema máis que participara a Deputación dentro dese polígono nada máis. Sr. Presidente.- Moitas gracias. Bueno, dicir neste caso que esta foi unha petición da persoa que ten alí unha propiedade e como vostedes saben afecta a unha estrada provincial mellorada nos últimos meses, diría xa hai case dous anos agora, por un convenio entre a Xunta de Galicia e a Deputación de Pontevedra, e que precisamente se vai a proceder nestes días á súa sinalización, e que en principio todo parece indicar e ademais así o informa Intervención e os servizos técnicos da casa, que están de acordo con esta valoración que se establece, que xa non é a primeira que se produce nesta mesma zona senón que hai un acordo anterior, que supuxo para esta casa, pois se mal non recordo, unha contía superior ós cincuenta millóns das antigas pesetas, nestes días produciuse outra tamén cunha valoración próxima ós oitenta millóns de pesetas, que recupera esta institución, porque tamén foi quen aboou no seu día as expropiacións, e polo tanto dicir que en principio conta con todos os informes favorables dos técnicos responsables da casa, por eso entendemos que é así como se debe aprobar en defensa, como digo, dos intereses da Deputación de Pontevedra. Sr. D. Cesáreo Mosquera. Sr. Mosquera Lorenzo.- Gracias Sr. Presidente. Neste caso ingresamos cincuenta e seis mil euros, o que sexa. O problema é que se mañá a Deputación alí ten que expropiar unha..., para ampliar un vial, hai un pé de partida que será este, entonces daquela non vamos a ingresar cincuenta e seis, igual vamos a gastar cinco millóns cando podemos gastar un ou dous, é que hai precedentes, eu non creo que sexa no Pleno o momento de dicilo. Hai precedentes, se pode dicir con pelos e sinais e se teñen unha expropiación pendente no xurado por aí e achegan esta documentación o palitroque que lle pode caer a esta Deputación ou ó Tribunal vai ser en proporción ó que se está valorando agora, ou sexa que se fixo a expropiación a x metros e agora se pon para a reversión a catro x, vai caer a expropiación a catro x, eso pode estar seguro. Entón se hai algunha pendente simplemente o que están facendo hoxe pode ser que a expropiación que teñamos pendente que igual son bastantes máis metros, ou sexa, ingresamos os euros que sexan e igual nos caen catro veces máis de indemnizacións por culpa deste acordo cando hai outra saída moi fácil. E bueno, hai precedentes en todas as vilas e cidades, eu cóntolle un con pelos e detalles que a COTOP fixo o mesmo nun polígono e a consecuencia foi que a expropiación da Eiriña en Pontevedra, viñeron triplicadas, porque claro hai un referente, ¿vostedes fixeron esta valoración?, neste caso a COTOP, ¡ah bueno!, pois entón as expropiacións exactamente igual, ¡pumba!, total que triplicaron as expropiacións ou cuadriplicáronas. Entón nunca imos a gañar por esta vía, non me ten que dicir que a Deputación ingresa porque a Deputación ten que expropiar unha cantidade de veces, as expropiacións a continuación van vir dez veces máis ou oito do que tal, entón a min paréceme un erro, se hai xa máis precedentes e demais, erro sobre erro. Alá vostedes. Sr. Presidente.- Bueno, dicir neste sentido que nós estamos actuando precisamente con interese para defender esta casa, eu entendo o que neste caso o Portavoz Sr. D. Cesáreo Mosquera nos está comentando, pero claro, ¿que diríamos nós se a valoración que nós faríamos sería a que vostede ben di?. Pero claro, hai que ter en conta que aí houbo unha recualificación urbanística neses terreos, entón por exemplo nunha das últimas que non é necesario que veña a Pleno, non é necesario, nós pagáramos por eses terreos que agora se lle reverten ó propietario aproximadamente trescentos mil euros. Ten agora mesmo unha diferente cualificación de solo coa que tiña con anterioridade, agora a Deputación vai a recuperar cincocentos mil euros, pagamos trescentos mil e vai a cobrar cincocentos mil. ¿Que quero dicir con esto?. É que con esto podemos estar suxeitos a moitas cousas pero quero que se vexa a transparencia coa que está actuando esta casa en relación a este tema, eu tamén entendo a súa preocupación e me parece tamén algo lóxico, pero é que nós por encima de todo temos que actuar con absoluta transparencia e dándolle o valor que neste momento supostamente os terreos teñen, en función da recualificación que tivo esa zona co novo Plan Xeral, por iso que é un tema delicado pero que se entenda neste caso, precisamente, que a Deputación de Pontevedra está actuando con absoluta transparencia para estes casos. Si é ben certo o que di o Sr. Mosquera, pero tamén é ben certo que o xurado de expropiación, probablemente cando actúe nun caso como este, vai a actuar en función co valor real que teñen nestes momentos os terreos, polo tanto nos podemos atopar nunha disxuntiva complicada, agora si a Deputación lles digo que está actuando baixo estrictamente os informes técnicos de valoración de empresas de taxación, para dicir, ¿que valor teñen estes terreos?, e en función deso saen estes números, claro, ó final nos podemos atopar nunha situación destas, pero ese risco o corremos sempre porque o xurado de expropiación vai a valorar en función da cualificación que nese momento teña ese solo, a cualificación que ten parece ser a que nos dan neste informe, por eso que calquera cousa ás veces é complicada, pero eu entendo que esta casa o que debe velar é pola primeira transparencia, en función da valoración que realmente debe ser efectiva para un caso coma este, tendo en conta que se actuamos doutra maneira ó mellor estaríamos indo en contra dos intereses xerais e sobre todo dos intereses da Deputación á hora de que a Deputación debe recadar o que nese momento valen os terreos, contando e salvando eso que probablemente cando o xurado de expropiación actúe ou o propietario do terreo ó mellor entre nesta valoración, pero ese risco o vamos a ter sempre, que o xurado de expropiación vai a actuar ó mellor en función dos criterios obxectivos da valoración que ten o terreo, por iso eu entendo que é un caso que si é ben certo que hai que ter en conta esa valoración, pero claro, nós debemos actuar, neste caso estamos actuando con defensa explícita dos intereses da Deputación para dicir: este é o valor do terreo en base ós criterios técnicos. En relación a actuacións futuras que a Deputación alí poida valorar, a actuación neste momento nesta estrada está feita para uns cantos anos, e bueno, non se prevé actuación alí, si é ben certo que probablemente actuemos noutra estrada nese termo municipal como é Dorrón, e se van a levar a cabo expedientes de expropiación ó mellor con cualificacións de solo parecidas a esta, entón pois aí imos a ver como actúa o xurado de expropiación, etc., pero é un tema complexo, agora eu entendo de que esta Corporación deba actuar cos criterios que neste momento son os de valoración real do terreo que a Deputación vai a revertir no propietario. Sr. D. Emilio González. Sr. González Iglesias.- Eu creo que non estamos discutindo ninguén a legalidade desta operación, pero tan legal é esta como a outra, e dicir, tan legal é vendelo como legal é que a Deputación participara no desenvolvemento do polígono, tan legal unha como a outra, ¿en transparencia?, pois probablemente sexa máis transparente que a Deputación participe no desenvolvemento do polígono, probablemente, pero tampouco é a cuestión, se nós non estamos entrando en problemas de transparencia nin de legalidade, senón que probablemente a Deputación defenda mellor os seus intereses e os intereses dos cidadáns coparticipando nese polígono, non se está poñendo trabas o desenvolvemento dese polígono, para nada en absoluto, simplemente se coparticipa e ó final sae o resultado que sae, non hai máis, ó mellor no momento que se desenvolva o polígono dentro de catro ou cinco anos, eses cincuenta e sete mil euros transfórmanse en douscentos mil e ó mellor en corenta mil tamén, pero bueno o probable é que sexa algo máis do que apareza agora, non se está a poñer trabas a ningún propietario para ese desenvolvemento por un lado e por outro lado se salvagardan os intereses dos cidadáns, polo tanto nós dende logo non vamos a votar a favor do plantexamento tal como está. Sr. Mosquera Lorenzo.- Si, bueno, practicamente xa o dixen, pero é que non sei porque hai tanto medo a participar no polígono, que siga as súas tal, incluso sería un bo precedente, se teñen no futuro que facer cousas destas saben que en principio se está contemplada no plan pois a Deputación lle tería que ter medo a dúas posibilidades, non, unha ou ben expropiar ou dúas deixar a edificabilidade a ocupar, se é que os propietarios aceptan, entón entraríamos nunha vía máis acorde co que é a lexislación urbanística e non andar con expropiacións ou non expropiacións, que aínda así xa hai un expropiado alí ó lado, de hai tres anos ou catro, se reclama pola recualificación polos valores veremos que pasaba, se cadra, ogallá que non pase, ogallá que non pase, pero se pasa os expropiados que hai alí ó lado que houbo esa valoración, esa recualificación, agora esa nova valoración, veríamos senón nos podía saír, esta broma nos podía saír nunha cantidade enorme. Gustaríame velo, gustaríame velo, mellor dito, prefiro non velo, que haxa sorte e que ninguén reclame. Exactamente é o que prefiro, pero sucede, porque as administracións públicas, eso xa se recualificou dende aquela é terriblemente discutible, terriblemente, hai eso que se chaman revaloracións, retasacións, o dereito de reversión e cousas desas, que gustaríame ver que pasaba se algún propietario que foi expropiado a ese prezo tan baixo, agora que se cambiou porque é máis alto, a Deputación fai esta operación, se non podía entrar perfectamente nesta valoración co cal ingresamos 56.000 euros e se nos saen quiñentos e pico por outro lado. Pero dende logo me parece absolutamente falta de ..., pero bueno se vostedes queren tirar nós vámonos abster e que haxa sorte e que haxa sorte, que haxa sorte que é o mellor que pode pasar. Sr. Presidente.- Moi ben. Bueno pois dicir eso, que eu creo que por parte da Deputación estamos actuando con absoluta transparencia e sobre todo suxeitos á legalidade como ben recordaba neste caso o Portavoz do Partido Socialista e bueno, en posibles actuacións futuras, como digo, esta creo que é a terceira que se produce e a Deputación está saíndo moi ben parada, eso non quere dicir que evidentemente no futuro pois poida tamén o Xurado de expropiación ou os propios veciños afectados nalgunhas estradas provinciais, pois reclamar nas mesmas condicións. Pero ese risco como vostedes saben o corremos sempre, e por eso que neste caso entendemos que é necesario pois sacar adiante tamén esta desafectación dun terreo. Polo tanto procedemos á votación do punto número 6. ¿Votos en contra?. ¿Abstencións?. ¿A favor?. 1.- A Deputación de Pontevedra levou a cabo a construción da variante denominada EP 9206 Portonovo-Adina (Sanxenxo), antiga PO-5413, realizando a expropiación dos terreos correspondentes entre os que se atopaba unha finca da que era titular o Arcebispado de Santiago de Compostela. Unha vez realizadas as obras quedou como zona de dominio público un noiro de forma irregular, cun desnivel considerable entre a cota de terreo e a parte máis alta da estrada. 2.- O Concello de Sanxenxo prestou aprobación ó PXOU, no ano 2003, configurando estes terreos como solo urbano non consolidado e prevendo un vial de 16 m. A estrada ten actualmente 14 m., 7 a cada lado do eixe da mesma. 3.- Don Camilo Besada Bea, propietario da parcela lindante co noiro, ó adquirila por compra ó Arcebispado de Santiago de Compostela solicita a venda deste terreo coa finalidade de levar a cabo obras de recheo e contención ata o límite da estrada a 8 m. do eixe da mesma, e así facer unha aliñación uniforme para evitar así posibles prexuízos. 4.- O Enxeñeiro xefe do servizo de Vías e Obras informa que a petición "non afecta ós intereses da vía provincial por canto as aliñacións fixadas no PXOU condicionan o ancho e aproveitamento da estrada e que o recheo proposto mellora as condicións de estabilidade e seguridade da mesma". Pola súa parte o servizo de Arquitectura efectúa un informe detallado sobre a valoración do noiro que cifra na contía de 57.536,32 euros. Ó cumprirse os requisitos establecidos na lexislación vixente en canto á oportunidade e legalidade ó non ser necesario este terreo como zona de dominio público ó establecer o PXOU do Concello de Sanxenxo o límite dese dominio a 8 m. do eixe da estrada, o Pleno acorda por maioría de votos a favor do PP e coas abstencións do PSOE e do BNG: 1.- Iniciar expediente de desafectación dun terreo en forma de noiro, de 205 m2 de superficie, colindante coa variante da EP 9602 (antiga PO-5413) Portonovo-Adina (Sanxenxo). 2.- Abrir un período de información pública dun mes a efectos de presentación de alegacións. 3.- De non producirse reclamacións e unha vez desafectado o dominio público e considerada, dende ese momento, como parcela sobrante, autorízase o alleamento a favor de Don Camilo Besada Bea, titular da Finca denominada "Pinar de Baltar-Carballeira parte norte" como único propietario colindante con esta parcela, na contía de 57.536,32 euros. 4.- Facúltase ó Presidente desta Deputación Provincial para a firma de cantos documentos e escrituras sexan necesarias para formalizar este alleamento. ------ Folla: 7.5344.- RESOLUCIÓN DE RECLAMACIÓNS E APROBACIÓN DEFINITIVA DO V ACORDO REGULADOR PARA PERSOAL FUNCIONARIO E I CONVENIO COLECTIVO PARA PERSOAL LABORAL DESTA EXCMA. DEPUTACIÓN PROVINCIAL Sr. Presidente.- Punto número 7. Resolución de reclamacións e aprobación definitiva do V Acordo regulador para persoal funcionario e I Convenio colectivo para persoal laboral desta Excma. Deputación Provincial. D. Jesús Vázquez Almuíña. Sr. Vázquez Almuíña.- Gracias Sr. Presidente. Por acordo adoptado no Pleno da Corporación Provincial en sesión celebrada o 26 de outubro do ano 2005, aprobouse o V Acordo regulador para o persoal funcionario e o I Convenio colectivo para o persoal laboral desta Excma. Deputación. Presentáronse dous tipos de alegacións, unha delas a cargo da CIGA, que formula en tempo e forma unha serie de alegacións que na documentación teñen digamos que tratada polo miúdo e vou facer un resume exactamente daquelas que foron consideradas e aquelas que non se consideran. Deste contido das alegacións da CIGA procede como corrección de erros, modificar o que corresponde ó artigo 8, xornada laboral, que se vai a modificar no traballo a turnos de forma que onde di 22,15 a 8,00 vai pasar a dicir de 22,15 a 7,45 horas. Na disposición adicional terceira tamén se subsana a omisión dun representante precisamente do sindicato CIGA na composición da Comisión paritaria mixta. E no anexo I, bases de adscrición a postos de superior categoría, corríxese tamén e pasa a denominarse anexo II. Son fundamentalmente como poden ver correccións de erros no escrito do Acordo. E hai outra serie de alegacións que se desestiman e no anexo I, a base de adscrición a postos de superior categoría, concretamente na base primeira, obxecto, no que procede incluír que esta convocatoria se publicará nos taboleiros de anuncios nos distintos centros de traballo. Por canto xa se di na base terceira de presentación de solicitudes que se efectuará a partir do día seguinte á publicación desta Resolución no Taboleiro de anuncios de todos os centros de traballo. Tamén en ningún momento do proceso de negociación se acordou incluír como anexos ó V Acordo regulador o Cadro de retribucións e a guía de funcións xa que eses foron negociados no Plan de emprego e non no propio Acordo. E tamén no artigo 87, tampouco se estima o que se fala de conceptos retributivos, non se considera necesario engadir que as retribucións complementarias sexan publicadas conforme ó establecido nas relacións de postos de traballo que se incorporan no anexo III. Por canto esta disposición xa vén recollida legalmente. Así mesmo mediante escrito presentado o 19 de decembro de 2005, a Delegación do Goberno en Galicia require a este Organismo provincial para a anulación dos citados acordos adoptados polo Pleno da Corporación en sesión, como dicían antes, do 26 de outubro do 2005, polo que se aprobaba o V Acordo regulador e o I Convenio colectivo. As diferentes digamos modificacións que propón a Delegación do Goberno foi digamos tamén estudiado pola Asesoría Xurídica da Deputación e polo servizo de Recursos Humanos para contestar a este requirimento no sentido de que acepta digamos a modificación da supresión do artigo 71, que era axuda social, a disposición adicional V de efectos económicos, o artigo 10 da xornada laboral de verán, que é o que se debe engadir é que é recuperable e as características de indivisibilidade do artigo 5, debendo permanecer intactos os restantes artigos, é dicir, o 16.6, licenza por estudos, o 6, carácter preferente e o 5, carácter mínimo e necesario. Visto todo esto presentouse na Comisión Informativa de Réxime Interior e Persoal e acordouse votar estas modificacións do acordo e a proposta de aprobación definitiva. Cos votos a favor do Partido Popular e a abstención do Partido Socialista e Bloque Nacionalista Galego. E se propón a este Pleno para votar a continuación modificar o V Acordo regulador e I Convenio colectivo, nos seguintes artigos como estaba, indiquei anteriormente; artigo 8, na xornada laboral rectificar as datas, as horas que falabamos de 22,15 a 8,00 para que sexa 22,15 a 7,45; o b, disposición adicional terceira, subsánase a omisión do representante do sindicato CIGA na composición da Comisión Paritaria Mixta. No Anexo I, bases de adscrición a postos de superior categoría, cámbiase Anexo I por Anexo II, que había este erro. Tamén a redacción do artigo 71 de axudas sociais suprímese pola reclamación da Subdelegación. E o artigo 10, xornada de verán, rectifícase a redacción para sinalar que esta redacción de xornada será recuperable. Así mesmo na Disposición adicional quinta do Acordo e sexto convenio, rectifícanse os efectos económicos que se retrotraen a 1 de xaneiro de 2006. No artigo 5, suprímese o carácter indivisible do Acordo regulador; no artigo 40 do V Acordo regulador actualízase o importe da indemnización a percibir como gasto da viaxe polo uso de vehículo particular en comisión de servizo, prevista no artigo 18.1 do Real decreto 462/2002 de 24 de maio, sobre indemnizacións por razón de servizo para quedar establecido, agora quedará en 0,19 euros por quilómetro recorrido, de conformidade coa Orde 3770 de 2005, a 1 de decembro de 2006. No punto 2 é desestimar a modificación do artigo 16.6, licenza por estudos, 6 carácter preferente e 5 carácter mínimo e necesario. E, 3, aprobar definitivamente o V Acordo regulador para persoal funcionario e I Convenio para persoal laboral con modificacións que xa se fixo referencia anteriormente. Fundamentalmente creo que este Acordo e Convenio colectivo chegouse despois dun amplo consenso en moito tempo de negociación cos sindicatos, entendemos que as modificacións que se presentan hoxe son de menor entidade e que si cremos que hai que telas en conta para que este Acordo regulador e este Convenio colectivo poidan seguir, digamos, empezar xa a estar aprobado definitivamente e que loxicamente os seus efectos poidan ser efectivos. Moitas gracias Sr. Presidente. Sr. Presidente.- Moitas gracias Sr. Vázquez Almuíña. Sr. Mosquera. Sr. Mosquera Lorenzo.- Gracias Sr. Presidente. Bueno, nós creo que déixamos bastante claro o noso posicionamento cando veu este asunto a Pleno a primeira vez en outubro, pero creo que merece unha reflexión un tanto demorada. Primeiro, recordar o que dixemos, é dicir, é que para nós non se aproveitou este convenio para racionalizar a estructura funcionarial da Deputación, é unha ocasión perdida, máis ben o que foi digamos é buscar unha vía para dar satisfacción ás aspiracións dos traballadores, lexítimas, pero non pasa de aí, e aquí algo está fallando, e non digo que falle nesta Deputación, que falla, pero en xeral algo está fallando e está fallando seriamente e creo que se merece unha reflexión. Está fallando que os mesmos sindicatos que pactan, que pactan en Madrid uns topes salariais, uns límites, cada ano, despois cando actúan na Administración local están buscando sempre as vías para que eses topes que eles mesmos acordaron pois aquí na Administración local non sexan de validez, se salten polas vías que sexa. E está fallando pois a normativa ó completo tal e como está montada porque pon á Administración local sempre na situación de ou ben ter paz social ou ben ter paz administrativo-xudicial. Se acada paz social mediante convenio entón resulta que o que ten é conflictividade ou litixios administrativos ou xudiciais porque se está saltando as normas que están fixadas nos orzamentos do Estado na Lei de acompañamentos. E se se aplica e incluso con xenerosidade os topes fixados entón parece que non pode haber paz social. En fin, é unha situación moi particular da Administración local, non sucede coa Administración estatal, ou incluso coa autonómica, e parece unha situación francamente estraña que alguén terá que algunha vez intentar darlle solución, ou ben a Administración local ten autonomía para pactar as súas plantillas, as súas retribucións, e as solucións á súa maneira de retribuír ós seus funcionarios, e quedan en campo libre, a ver que convenios van a saír e como van a funcionar, ou ben a normativa é estricta e non se lle están buscando todos os días solucións digamos estrañas para saltarse o que está fixado na Lei de acompañamento do Estado. Dito esto, tamén evidentemente sería moi simple, incluso demagóxico, dicir que hai que homologar todos os funcionarios, sexan da administración que sexan, porque todos sabemos na Administración local e canto máis pequena máis, un mesmo custe pode ter moita máis responsabilidade que unha administración que hai unha cadea moi longa e están moito máis repartidas as responsabilidades, eso é certo, eso se pode contemplar pola vía que corresponda e que as hai, agora, esta situación que se repite, é dicir, que xa empeza a ser aburrida por repetida, en Vigo, na Deputación, en Pontevedra, en todos os lados, en todos os lados algo falla e algo falla profundamente e que creo que teríamos ou quen teña a responsabilidade tería que pensar seriamente en que algo hai que cambiar nesta dinámica, non se pode poñer as Administracións locais, neste caso a Deputación, na tesitura de optar entre paz social e paz administrativa e cumprimento estricto da norma, creo que eso non é correcto, eso é un auténtico disparate e demais. Deixando claro repito o que dixemos cando veu a primeira vez a Pleno de que non, unha cuestión deste tipo forzada evidentemente por intentar saltarse os topes salariais fixados na Lei de acompañamentos, é evidente ademais, si, si se meteu esta Administración nesa vía cando menos de haber unha contrapartida, é dicir, se puidera ser conflictivo ou non pois sería outra cuestión, de aproveitar para reorganizar ata os extremos que foran necesarios para que resulte operativa a Administración e se adapte ós tempos e ás necesidades desta Administración, que repito non o vemos practicamente por ningún lado. Vamos manter o mesmo voto que tivemos na aprobación inicial, os cambios son mínimos, non cambian o plantexamento xeral, o incumprimento do requerimento tamén é claro, a pesar dalgúns cambios, ó fin e ó cabo tamén o entendemos, se pactan algo e o aproban, pois "sostenella e non enmendalla", pois é unha solución, máis ou menos é a solución que están agotando todas as administracións, aquí houbo unha advertencia na Comisión, houbo advertencias de que esto ía ser, ía ir un melón para outras administracións locais, non facía falta é evidente que sucedeu así, pero, en fin, esto falla, por algún lado falla, e vamos acumulando sentencia tras sentencia, de que hai un validum, de que non sei que, despois xa é cousa moito peor, porque esperamos que chegue a sentencia desta dentro de non sei canto tempo e hai funcionarios que en sentido estricto de aplicación da sentencia teñen que devolver cartos, claro, a situación xa é disparatada e ademais algo falla, algo falla e realmente quen ten a responsabilidade vía legal, evidentemente non é unha administración local en concreto, senón posiblemente na Lei de acompañamentos ou como sexa de resolver esto unha vez que o resolva porque senón vamos a estar así continuamente, continuamente, pasaremos este trago, xa está, vostedes conseguiron este convenio e paz social, pasaremos este trago e dentro de tres anos virá unha sentencia dicindo que os funcionarios teñen que devolver, non se aplicará, se aplicará, algún día igual hai que aplicala, ou sexa, un guirigai que nos parece que non ten demasiado sentido. Moitas gracias. Sr. Presidente.- Moitas gracias Sr. Mosquera. Sr. González Iglesias. Sr. González Iglesias.- Si, vamos a ver, creo que podemos repetir palabra por palabra la intervención de la aprobación inicial. El sentido del voto va a ser el mismo, se lo anticipo ahora, vamos a abstenernos, el por qué sigue siendo el mismo, en aquel momento planteábamos que había una inseguridad jurídica, a la vista del tiempo transcurrido y de las alegaciones del Estado seguimos manteniendo aquella posición, esto va a tener segunda vuelta, seguro, seguro que la va a tener, y simplemente también para hacer el mismo recordatorio de aquella intervención. Yo de verdad que quisiera que alcaldes del Partido Popular que se sientan en estos escaños, quería verlos en su Ayuntamiento haciendo el mismo planteamiento que se hace aquí, con la alegría que se hace aquí, de verdad que quería verlo, me consta que no es así en muchos de sus ayuntamientos. De todas formas repito, creemos que persiste el problema de la aprobación inicial y vamos a seguir absteniéndonos. Sr. Presidente.- Moitas gracias Sr. González. Sr. Vázquez Almuíña. Sr. Vázquez Almuíña.- Gracias Sr. Presidente. Home, evidentemente cando se plantexa a estimación dalgunha das alegacións presentadas se entende que é para mellorar o documento e cremos sinceiramente que as presentadas pola Delegación do Goberno non son sobre temas fundamentais e algunha delas se estima, co cal entendemos que non debera ocorrer o que noutras ocasións pode ter ocorrido, e con ese fin tamén se fai, é dicir, hai cousas que si se poden mellorar e se fixeron e outras que loxicamente entendemos que xuridicamente teñen unha base clara e non vamos a cambiala. Sobre a aposta que se fixo con este acordo, eu creo que se fixo un esforzo importante tratar de estudar todos os postos de traballo desta Deputación e chegar ó mellor acordo posible, evidentemente nunca, o ideal, non se parte de cero senón que se parte dunhas condicións determinadas. Pero creo que houbo un esforzo importante ó principio pola Deputación cun estudio realizado e despois pola negociación cos sindicatos, por eso loxicamente defendemos este acordo, este convenio, e entendemos que vai ser un bo acordo. Moitas gracias. Sr. Presidente.- Moitas gracias Sr. Vázquez Almuíña. Polo tanto procedemos á votación da resolución das reclamacións e aprobación definitiva do V Acordo regulador para persoal funcionario e I Convenio colectivo para persoal laboral desta Excma. Deputación. ¿Votos en contra?. ¿Abstencións?. ¿A favor?. Vista a alegación do sindicato CIG ó contido dos artigos 8, 37, disposición adicional terceira e anexo I do V Acordo Regulador para persoal funcionario e disposición adicional sexta do I Convenio Colectivo para persoal laboral aprobados polo Pleno da Corporación Provincial en sesión celebrada o 26 de outubro de 2005, así como o requirimento da Delegación do Goberno en Galicia sobre os artigos 5, 6, 10, 16.6, 71 e disposición adicional quinta, considerando os informes do Servizo de Asesoría Xurídica e de Recursos Humanos, ó amparo do establecido no artigo 49 da Lei 7/85, de 2 de abril, Reguladora das Bases de Réxime Local, o Pleno, de conformidade co dictame da Comisión Informativa de Réxime Interior e Persoal, acorda por maioría de votos a favor do PP e coas abstencións do PSOE e do BNG: 1) Modificar o V Acordo Regulador e o I Convenio Colectivo nos seguintes artigos: a) No artigo 8.- Xornada laboral, rectifícase o horario establecido para o traballo a quendas, de forma que onde di "de 22,15 a 8,00" debe dicir "de 22,15 a 7,45 horas". b) Na Disposición Adicional Terceira eméndase a omisión dun representante do sindicato CIG na composición da Comisión Paritaria Mixta. c) No Anexo I.- Bases de adscrición a postos de superior categoría cámbiase "Anexo I" por "Anexo II". d) A redacción do artigo 71, axudas sociais, suprímese. e) No artigo 10, xornada de verán, rectifícase a redacción para sinalar que esta redución de xornada será recuperable. f) Na Disposición adicional quinta do Acordo e sexta do Convenio rectifícanse os efectos económicos, que se retrotraen ó 1 de xaneiro de 2006. g) No artigo 5 suprímese o carácter indivisible do Acordo regulador. h) No artigo 40 do V Acordo regulador, actualízase o importe da indemnización a percibir como gasto de viaxe polo uso de vehículo particular en comisión de servizo, prevista no artigo 18.1 do Real decreto 462/2002, de 24 de maio, sobre indemnizacións por razón do servizo para quedar establecido en 0,19 ¤ por quilómetro percorrido, de conformidade co disposto na orde EHA 3770/2005 de 1 de decembro de 2006. i) No artigo 16.6 modifícase a duración máxima de licenza por estudo para adaptala ó disposto legalmente e reducila a un máximo de 40 horas anuais. 2) Desestimar a modificación dos artigos 16.6 (licenza por estudos en canto ó carácter retribuído), 6 (carácter preferente) e 5 (carácter mínimo e necesario). 3) Aprobar definitivamente o V Acordo regulador para persoal funcionario e o I Convenio colectivo para persoal laboral coas modificacións a que se fixo referencia anteriormente. ------ Folla: 8.5345.- COMUNICACIÓNS Sr. Presidente.- Punto número 8. Comunicacións. Sr. Secretario. Sr. Secretario.- Si, dar cuenta de los extractos de las Resoluciones Presidenciais dictados entre o 22 de decembro do ano pasado e o 21 de xaneiro deste ano. También dar cuenta de una Resolución según la cuál la sesión plenaria del 30 de diciembre se va a celebrar el 29 de diciembre; otra en la que la sesión de la Xunta de Goberno do vindeiro 6 de xaneiro se adelantó al 4 de xaneiro. Y luego también una Resolución en la que se delegan las atribuciones de la Presidencia durante la ausencia del Presidente en D. José Juan Durán Hermida, Vicepresidente de la Diputación, desde el 30 de diciembre del año pasado hasta el 5 de enero de este año. Sr. Presidente.- Moitas gracias Sr. Secretario. Queda enterado o Pleno das seguintes: A) De extractos de RRPP dictadas pola Presidencia entre os días 22 de decembro do ano 2005 e 21 de xaneiro do ano 2006 e que foron trasladados ós Voceiros dos distintos grupos políticos. B) De RP de 27-12-05 e 30-12-05 sobre cambios de días e horas da Xunta de Goberno correspondentes ó 30-12-05 e ó 06-01-06. C) De RP de 29-12-05 delegando as atribucións da Presidencia no Sr. Vicepresidente D. José Juan Durán Hermida entre os días 30-12-05 e 05-01-06 ambos inclusive. Sr. Presidente.- Fóra da orde do día. FÓRA DA ORDE DO DÍA, e previa declaración de urxencia, tratáronse os seguintes asuntos: Sr. Presidente.- Bueno, fóra da orde do día temos tres expedientes que serían os seguintes: Aprobación do Programa Operativo Local, obxectivo 1 do ano 2006; Aprobación do Plan Provincial de Cooperación ás obras e servizos de competencia municipal e estradas do ano 2006 e tamén a aprobación das Bases do Programa de Acción Municipal do ano 2006. ------ Folla: 9.5346.- APROBACIÓN DO PLAN PROVINCIAL DE COOPERACIÓN ÁS OBRAS E SERVIZOS DE COMPETENCIA MUNICIPAL E ESTRADAS DO ANO 2006 Sr. Presidente.- Aprobación do Plan Provincial de Cooperación ás obras e servizos de competencia municipal e estradas do ano 2006. A distribución queda como segue: achega do Estado, 2.860.000 euros; achega da Deputación, 2.340.000 euros; achega dos concellos, 1.560.000 euros; e outras achegas 27.500 euros. Esto fai un plan total de case 6,8 millóns de euros e que vai distribuído a todos os concellos da provincia de Pontevedra así como tamén á mellora de estradas provinciais. E aquí os concellos si achegan un pouco máis, a súa achega é do 20%, pero tamén achega máis a propia institución provincial, que achega case 2,4 millóns de euros. Polo tanto procedemos á súa aprobación. Primeiro votamos a urxencia. ¿Votos en contra?. ¿Abstencións?. ¿A favor?. E agora votamos o punto. ¿Votos en contra?. ¿Abstencións?. ¿A favor?. De conformidade co dictame da Comisión Informativa de Cooperación, o Pleno acorda por unanimidade aprobar o Plan Provincial de Cooperación 2006, seguindo o R.d. 835/2003, de 27 de xuño, polo que se regula a cooperación económica do Estado ás inversións das Entidades Locais, conforme ás seguintes estipulacións: 1) O Plan Provincial de Cooperación para 2006, afectará a tódolos concellos da Provincia con poboación inferior a 50.000 habitantes. 2) As obras incluídas no Plan seleccionáronse en base ás propostas formuladas polos concellos, adicadas fundamentalmente a cubrir os servizos básicos municipais, conforme prevé o artigo 26 a), da Lei 7/1985, e as normas do Ministerio de Administracións Públicas. 3) A distribución municipal cífrase en base a un módulo fixo e igual para tódolos concellos de TRINTA MIL EUROS (30.000,00 ¤), e outro proporcional por aplicación do índice medio deducido do número de habitantes de dereito e extensión territorial de cada termo municipal. A cantidade así obtida, co fin de que a achega do Estado non supere o 40%, repártese de tal sorte que sumadas as achegas da Deputación e do Estado fosen igual ó 60%. A parte destinada á rede viaria provincial polo Estado, increméntase cunha cantidade igual por parte da Deputación, a fin de que as obras se financien ó 50%, tal como establece o Real Decreto. 4) Desta maneira o financiamento total queda como segue: Achega do Estado 2.860.044,72 ¤ Achega da Deputación 2.340.033,40 ¤ Achega dos Concellos 1.560.034,27 ¤ Outras achegas 27.593,01 ¤ TOTAL 6.787.705,40 ¤ A cantidade que figura noutras achegas por importe total de 27.593,01 euros, é debido a que é achegada amais polos concellos seguintes: Arbo, Nigrán, Soutomaior e Tomiño. As obras incluídas no Plan contémplanse no listado de ordenador adxunto. 5) Apróbase así mesmo o Plan de actuacións complementarias, facultándose á Presidencia a seleccionar os proxectos e propoñelos ó MAP, para suplir anulacións de obras ou aplicacións de remanentes por baixas. 6) A Deputación delega nos concellos a contratación, seguimento e xustificación das obras incluídas no Plan. Se por cualquera causa algún concello non aceptara esta delegación, deberá ingresar na Tesourería Provincial a parte do financiamento que lle corresponda, no momento de serlle notificada a aprobación definitiva. 7) Seguiranse os trámites que prescribe a lexislación vixente en canto ás normas de exposición pública e participación ás Administracións interesadas. 8) Este Plan considerarase definitivamente aprobado se trala análise polo MAP non se fixeran observacións ó mesmo. Se se nos requirise para efectuar algunha modificación nas obras, por causas imputables ós concellos, que necesitasen acordo de rectificación do Pleno e conseguintemente nova exposición pública e informe da Subdelegación do Goberno e do Presidente da Comisión Provincial do Estado coas Corporacións Locais, estimarase anulada a obra, aplicando as economías como remanentes nas actuacións complementarias, neste caso, nun Concello distinto ó que producise o remanente. ------ Folla: 10.5347.- APROBACIÓN DO PROGRAMA OPERATIVO LOCAL, OBXECTIVO 1, DO ANO 2006 Sr. Presidente.- Se queren empezamos neste caso e aprobamos a urxencia do primeiro que é a aprobación do Programa Operativo Local, obxectivo 1, do ano 2006. Bueno, primeiro procedemos á votación da urxencia. ¿Votos en contra?. ¿Abstencións?. ¿A favor?. Concretamente o Programa Operativo Local para o ano 2006, o financiamento queda da seguinte maneira: a Administración central, fondos FEDER, 930.783 euros; a Administración local, fondos FEDER tamén, 5.807.289 euros; a Administración central 394.468 euros; Deputación, 1.809.000 euros; Concellos, 654.000 euros; e gasto non elixible, 174.000 euros, é dicir, que neste plan os concellos achegan o 10%. O total suma practicamente 10.000.000 de euros e que irá distribuído para todos os concellos. Dicir que aquí tamén está prevista unha actuación en estradas provinciais, que debería figurar, creo que teñen xa todos os grupos unha copia, me imaxino, das obras que se incluíron, porque afecta tanto neste como no PPC a obras en estradas provinciais á parte do que destinamos como acabo de dicir para colaboración directa cos concellos onde os concellos achegan pois ese 10% a este plan. ¿Algunha intervención?. Non habendo intervencións polo tanto procedemos á súa votación. ¿Votos en contra?. ¿Abstencións?. ¿A favor?. De conformidade co dictame da Comisión Informativa de Cooperación o Pleno acorda por unanimidade aprobar o Programa Operativo Local, Obxectivo 1, de 2006, seguindo o R.d. 835/2003, de 27 de xuño, polo que se regula a cooperación económica do Estado ás inversións das Entidades Locais, conforme ás seguintes estipulacións: 1.- O Programa Operativo Local para 2006, afectará a todos os Concellos da provincia, agás ós que superen os 50.000 habitantes. 2.- As obras incluídas no Programa seleccionáronse en base ás propostas formuladas polos Concellos, conforme ás normas do Ministerio de Administracións Públicas. 3.- A parte dedicada ós Concellos atinxe ó 70% do Programa, distribuíndose en base a un módulo fixo e igual de 60.000,00 euros para cada un dos Concellos, e outro medio proporcional ó 60% do número de habitantes de dereito, e o 40% da extensión territorial de cada termo municipal. Ós Concellos que non acaden os 60.000¤ mínimos para un único proxecto, a Deputación achegaralle a diferencia para poder integrarse no Programa. O resto dedícase a rede viaria provincial. 4.- O financiamento total queda como segue: ADMINISTRACIÓN IMPORTE Administración Central (FEDER) 930.783,32 Administración Local (FEDER) 5.807.288,90 Administración Central 394.468,27 Deputación 1.809.194,59 Concellos 654.588,68 Gasto non elixible 174.729,40 TOTAL 9.771.053,16 O gasto non elixible de 174.729,40 ¤ corresponde ás achegas que se fan amais polos Concellos de: Mos, Nigrán, Salvaterra, Tomiño e Vilagarcía de Arousa que ascenden a 151.797,51 ¤, para as obras números: 578, 599, 600, 602, 610, 616 e 660, e pola Deputación que achega 22.931,89 ¤ para acadar o mínimo esixible polo programa nas obras números 576 e 598 do Concello de Pontecesures e Mondariz-Balneario, respectivamente. Achéganse listados mecanizados de ordenador co financiamento por medidas e proxectos. 5.- Apróbase así mesmo o Plan de actuacións complementarias, desagregado por medidas, facultándose á Presidencia a seleccionar os proxectos e propolos ó MAP, por anulacións de obras ou aplicación de remanentes por baixas. 6.- A Deputación delega nos Concellos a contratación, seguimento e xustificación das obras incluídas no Programa. Se por calquera causa algún concello non aceptara esta delegación, deberá ingresar na Tesourería Provincial a parte do financiamento que lle corresponde no momento que lle sexa notificada a aprobación do Programa. 7.- Este Programa considerarase definitivamente aprobado se trala análise polo MAP non se fixeran observacións ó mesmo. Se se nos requirise para efectuar algunha modificación nas obras, por causas imputables ós Concellos, que necesitasen acordo de rectificación do Pleno e conseguintemente nova exposición pública e informes da Subdelegación do Goberno e do Presidente da Comisión Provincial de Colaboración do Estado coas Corporacións Locais, estimarase anulada a obra, aplicando as economías como remanentes nas actuacións complementarias, neste caso, nun Concello distinto ó que se producise o remanente. Seguiranse os trámites que prescribe a lexislación vixente. ------ Folla: 11.5348.- APROBACIÓN DAS BASES DO PROGRAMA DE ACCIÓN MUNICIPAL PAM ANO 2006 Sr. Presidente.- Aprobación das bases do Programa de Acción Municipal ano 2006. Este plan que parte cunha contía inicial de 33,5 millóns de euros, se non me equivoco, e que se rexe como en condicións anteriores e o que si vai ir con cargo ó financiamento de varias anualidades. Eu o que teño que dicir antes de nada, antes da exposición neste caso por parte do noso Portavoz, é que o plan de Acción Municipal, de actuación directa cos concellos, con achega integrada da Deputación de Pontevedra foi o máis ambicioso da historia desta casa cunha achega pois histórica como lles acabo de dicir, e que sobre todo con esa cláusula que establecéramos o ano pasado, de que este plan que o establece así a cláusula 13ª, as subvencións concedidas para o financiamento de obras e infraestructura de carácter básico, vai dirixido sobre todo a eso, contemplado no artigo 26 da Lei reguladora das bases de réxime local, poderán acadar o 100% do seu orzamento total mentres as obras contempladas no artigo 25 da mentada Lei só poderán acadar o 75%, quere dicir esto que irán dirixidas sobre todo a aquelas cuestións básicas que os concellos teñen que darlle ós seus veciños, e nos casos en que non sexan esas básicas pois o concello estará obrigado a achegar o 25% do financiamento. Por eso creo que é un tema moi importante o que hoxe vamos aprobar aquí e por eso creo que sería bo a aprobación por parte de todas as forzas políticas. Pero bueno para expoñelo neste caso o portavoz do Partido Popular, D. José Juan Durán, fai a exposición do Plan de Acción Municipal. Sr. Durán Hermida.- Ben, si Sr. Presidente, bos días. Bueno, despois da intervención pois incidir efectivamente nas cifras, estamos falando na sección de inversións de 33.500.000 euros e na sección de actividades de 800.000 euros. Con esta diferencia que a primeira delas ten un carácter trianual repartido nos seguintes importes: 7.404.000 para o presente exercicio, 14.106.000 para o 2007 e 11.990.000 para o ano 2008. Bueno, tamén comentar que no transcurso da Comisión Informativa se introduciu, no debate da mesma, ese aspecto do 50% de poboación e superficie e basicamente nesta primeira intervención pois suliñar efectivamente que se trata dun plan certamente ambicioso e que estamos convencidos que todos os concellos da provincia, concellos da provincia por suposto incluídos no mesmo, poderán planificar, poderán con vistas ós próximos anos levar a cabo unha serie de actuacións sen dúbida certamente importantes dentro do que é o ámbito que establece a lexislación de réxime local, os artigos ós que se aludía, o 25 e o 26 da Lei 7/85 para as súas actuacións, as súas planificacións dende o punto de vista da xestión municipal, as cuestións que non sexan prioritarias. E máis nada nesta intervención. Sr. Presidente.- Moitas gracias. Si, engadir que o ter aprobado o Orzamento nos permite pois traballar con esta celeridade. Estamos no mes de xaneiro e estamos aprobando un plan sobre todo para que estea operativo o antes posible para que os concellos poidan levar a cabo todas as accións, tanto de obras como de infraestructuras básicas nos concellos co tempo debido e sobre todo podendo actuar nos meses que mellor favoreza as obras xa que, bueno pois a situación climatolóxica nos meses de marzo en adiante pois é máis favorable. Dicir tamén que se pediu que os criterios de reparto, por algunha das forzas políticas, se determínase ó 50% poboación e 50% superficie. Dicirlles que eso xa foi establecido nas bases de Acción Municipal do ano 2004 e no ano 2005. Polo tanto ese é un criterio que entendemos razoable e xusto e por eso propuxo xa no seu día neste caso este equipo de goberno, que os criterios fosen 50% superficie, 50% poboación. E xa sen máis cédolle a palabra neste caso a D. Cesáreo Mosquera. Sr. Mosquera Lorenzo.- Gracias Sr. Presidente. Estamos ante un plan grande, grande, curiosamente o anterior, ten un pomposo nome, Plan provincial de cooperación ás obras e servizos de competencia municipal e estradas, pois case se queda nunha ridiculez en comparación a este. Ben, a primeira consideración evidentemente se podería sumir un noutro, é non estar facendo quiñentos plans distintos. Evidentemente eso non o van aceptar por un motivo elemental, non o fan porque este plan é moito máis discrecional e con certas facilidades ás veces esas facilidades son perigosas, de tramitación. A segunda consideración é que un pouco difícil de entender a que vén facer un plan trianual, trianual. Non parece que vai nun sentido razoable, a explicación que acaba de dar o Presidente vai exactamente en sentido contrario. Se esas obras van a ser adxudicadas cunha anterioridade enorme, verdade, por eso vén rápido, pois parecería que se ese trámite se logra por parte dos concellos parecería que esas obras van a estar acabadas antes do 2008. Non sería necesario poñer a finalización para ese ano salvo que se queira digamos arredor das municipais, este ano e a primeira mitade do que vén, pois, gastar unha boa cantidade de cartos a costa xa dos exercicios seguintes e coa única intención ou finalidade de que sexa un instrumento cara ás municipais, instrumentos que despois normalmente a eficacia que teñen é bastante floxa, por un lado e por outro lado o que provoca é que para o ano 2008 non haxa Plano de Acción Municipal, ou sexa, que vaiamos a golpes e os concellos non teñan digamos unha previsión razoable de que ingresos poden ter para ir planificando as súas actuacións. Parece francamente bastante fóra de lugar. Aparentemente son unhas cantidades enormes pero debían entre todos os concellos levar unhas obras relativamente de importancia, pero relativamente pequenas, á parte que case seguro que se vaian a fraccionar, ningún concello fará toda a súa achega nunha única obra co cal as posibilidades de executalas entre este ano e o que vén son todas, salvo algún problema e non se entende moi ben por que se vai ó 2008 salvo para crear problemas de Tesourería se a obra está acaba ou similares. Polo tanto, queda moi mono dicir que se fai un plan moi mono para os concellos e demais pero non entendemos moi ben salvo o que todos pensamos, de que é un intento de que esta Deputación sexa moi operativa cara ás próximas municipais. Engánanse totalmente por esta vía, pero bueno, unha cousa é a intención e outra cousa despois é a realidade. Pero a intención é evidente é evidente que é esa, pero por outro lado xa é unha práctica que outras veces ten sucedido, non é a primeira vez, esta vez se cadra con máis intensidade e con máis ... Ben, por outro lado o que acaba de dicir o Sr. Presidente non é certo, léase as bases do ano pasado e dicían exactamente o mesmo que as deste ano: Procurarase elaborar a distribución das subvencións entre os concellos, preferentemente en proporción á poboación e extensión do municipio. Eso é o que dicían as bases, absolutamente inadaptadas, non hai ningún criterio obxectivo, etc., a Lei de subvencións, etc., pero bueno, que despois aplicaron o 50-50 ou o que lle cadrou, eso xa é outra cousa, pero nas bases non o poñían, e nós o que pedimos non foi 50-50 nin 40-60 nin 80-20, nin enquisas de infraestructuras nin nada deso. O que pedimos foi que houbera uns criterios obxectivos, poñen estes, é o que están aplicando, seguen, pero póñennos, póñennos, cando menos que é unha obriga legal e de transparencia. Despois nas bases non vai e despois xa faremos. O que si debía ser, este procurarase que estaba escrito si se debía poñer para actividades, porque para actividades si que pode ser calquera cousa, poden ir todas a un concello ou a dous ou poden ir repartidas ou non, porque os criterios son absolutamente xenéricos e de difícil interpretación. Interese xeral da actividade, bueno interese xeral da actividade pois bueno, xeral ou particular segundo se poña, e ademais si que o debían poñer aínda que aquí parece que non teñen ningún interese en facer ningún criterio deste tipo. O que si procurarase, si, aí pode haber concellos que non teñan actividades e polo tanto procurarase, se non as piden pasarán para outros, pero debíase meter. E o que é máis grave, o que é máis grave é a utilización absolutamente perversa que se fai dunha cláusula que no seu momento vimos todos como razoable e que seguimos vendo pero non neste casto, non neste caso. Ou sexa que é a cláusula de que a Presidencia poderá dispor de ata un 20% do crédito total deste programa para asinala por tecnoloxía dixital. Parece excesivo, parece excesivo que o Presidente se reserve, xa sei que as Deputacións se están modernizando moito, polo tanto a tecnoloxía dixital está á orde do día, pero deixar 6,7 millóns de euros á asignación dixital parece francamente excesivo. Que nun programa máis

Área de documentación

Área de notas

  • Nota

Puntos de acceso

Área de control da descrición