ATOPO
Rexistros actuais: 1.625.156
Obxectos dixitais dispoñibles: 504.759

Acta de sesión 2006/04/26_Ordinaria

Área de identificación

  • Código(s) de referencia ES.GA.36038.ADPO.1.1.3.3.33.366/1.2006-04-26_Ordinaria

  • Título Acta de sesión 2006/04/26_Ordinaria

  • Data(s) 2006-04-26 (Creación)

  • Volume e soporte 1 acta de sesión

Área de contexto

Área de contido e estrutura

  • Alcance e contido Folla: No Salón de sesións da Excma. Deputación Provincial de Pontevedra, sendo as once horas do día vinte e seis de abril do ano dous mil seis, baixo a Presidencia do Sr. Vicepresidente D. José Manuel Figueroa Vila, reuníronse as/os Señoras/es Deputadas/os, D. Xosé Antón Araujo Quintas, Dona Nidia María Arévalo Gómez, D. Ramón Campos Durán, Dona Francisca Canal Gómez, D. Raúl Emilio Castro Rodríguez, D. Xosé Crespo Iglesias, D. José Juan Durán Hermida, D. Antonio Feliciano Fernández Rocha, D. Julio César García-Luengo Pérez, D. Emilio González Iglesias, D. Efrén Juanes Rodríguez, D. José Antonio Landín Eirín, Dona Clara Millán González, D. Xosé Cesáreo Mosquera Lorenzo, D. Constante Juan Muradas Ramos, D. Manuel Núñez Sestelo, D. Xosé Carlos Pazos Docampo, Dona María Teresa Pedrosa Silva, D. Juan Manuel Rey Rey, D. Alfredo Rodríguez Millares, D. Rodrigo Santiago Novas, Dona Belén Sío Lourido, D. José Enrique Sotelo Villar, D. Xabier Toba Girón e D. Jesús Vázquez Almuíña, co obxecto de celebrar sesión ordinaria do Pleno da Deputación, en primeira convocatoria, consonte á correspondente orde do día. Non asiste o Ilmo. Sr. Presidente D. Rafael Louzán Abal. Da fé do acto o Secretario Xeral, D. Carlos Cuadrado Romay, e está presente o Sr. Interventor Accidental, D. Antonio Graña Gómez. Declarada aberta a sesión e de orde da Presidencia éntrase seguidamente no exame da orde do día, adoptándose en relación coa mesma os seguintes acordos: Sr. Presidente.- Orde do día. ------ Folla: 1.5383.- ACTAS ANTERIORES Sr. Presidente.- Punto primeiro. Aprobación dos borradores das actas das anteriores sesións, extraordinaria do día 17 de marzo e ordinaria do día 29 de marzo, deste ano 2006. ¿Algunha intervención?. Votamos. ¿Votos en contra?. ¿Abstencións?. Todos. Se aproba. Acórdase por unanimidade aprobar os borradores das actas das anteriores sesións, extraordinaria do día 17 de marzo e ordinaria do día 29 de marzo, deste ano 2006. ------ Folla: 2.5384.- MODIFICACIÓN DO CONVENIO DE COOPERACIÓN TRANSFRONTEIRIZA ENTRE A COMUNIDADE INTERMUNICIPAL DO VALE DO MINHO E A EXCMA. DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA, E DOS ESTATUTOS DA NOVA ENTIDADE SUPRAMUNICIPAL DE CARÁCTER TRANSFRONTEIRIZO "UNIMINHO-ASOCIACIÓN DO VAL DO MINHO TRANSFRONTEIRIZO" Sr. Presidente.- Punto dous. Modificación do Convenio de cooperación transfronteiriza entre a Comunidade Intermunicipal do Vale do Minho e a Excma. Deputación Provincial de Pontevedra, e dos Estatutos da nova entidade supramunicipal de carácter transfronteirizo "Uniminho-Asociación do Val do Minho Transfronteirizo". ¿Algunha intervención?. Votamos. ¿Votos en contra?. ¿Abstencións?. Todos. Se aproba. Visto o acordo adoptado polo Pleno desta Corporación Provincial, na súa sesión ordinaria do día 28 de setembro de 2005, relativo á aprobación do Convenio de Cooperación Transfronteiriza entre a Comunidade Intermunicipal do Vale do Minho e a Deputación Provincial de Pontevedra así como dos Estatutos da "Unimiño - Asociación do Val do Miño Transfronteirizo". Resultando que con posterioridade á data de aprobación dos documentos na sinalada sesión plenaria se tivo noticia de certas modificacións nos textos dos referidos documentos debido a cuestións procedimentais de dereito interno portugués alleas á Excma. Deputación Provincial de Pontevedra, en concreto, escrito procedente da Comissão de Coordenação e Desenvolvimento Regional do Norte de 12 de outubro de 2005. Resultando que os citados documentos sufriron modificacións como consecuencia da introdución dos cambios dado que as versións finais dos documentos redactados nas linguas portuguesa, galega e castelá deben ser literais e facer igualmente fe, procedendo posteriormente á correspondente publicación e realización e sinatura da escritura pública de constitución da entidade "Unimiño - Asociación do Val do Miño Transfronteirizo". Visto o escrito do Subdirector Xeral da Subdirección Xeral de Relacións Institucionais e Cooperación Local no que se afirma que o texto do Convenio de Cooperación Transfronteiriza e os Estatutos se estima adaptado ás observacións formuladas polos Ministerios de Administracións Públicas e de Asuntos Exteriores e Cooperación coas modificacións propostas. Visto o informe xurídico de Secretaría Xeral así como o informe do departamento de Intervención a través dos que se estima correcto o expediente para a súa tramitación e aprobación a través de sesión plenaria da Excma. Deputación de Pontevedra. Visto o informe técnico da xefa do Servizo de Acción Social de data 17 de abril de 2006, o Pleno acorda por unanimidade: -Modificar o Convenio de Cooperación Transfronteiriza entre a Comunidade Intermunicipal do Vale do Minho e a Deputación Provincial de Pontevedra así como os Estatutos da "Unimiño - Asociación do Val do Miño Transfronteirizo" aprobados polo Pleno desta Corporación Provincial, na súa sesión ordinaria do día 28 de setembro de 2005, no sentido seguinte: 1. Con relación a ambos textos prodúcense os seguintes cambios: -Realízanse as correccións na numeración de parágrafos especificadas a continuación. 2. Con relación ao Convenio de Cooperación Transfronteiriza entre a Comunidade Intermunicipal do Vale do Minho e a Deputación Provincial de Pontevedra prodúcense os seguintes cambios: -Na totalidade do texto, substitúese a expresión "partes" pola de "entidades asinantes", a excepción do artigo 5º alínea b) no que se elimina a palabra "parte". -Na cláusula primeira, engádese o seguinte texto ao final como apartado 3º: "3 - Non está permitida a admisión de novos membros na Unimiño." -Na cláusula segunda, onde dicía "...no territorio da provincia de Pontevedra..." debe dicir "...na provincia de Pontevedra..." -Na cláusula terceira, onde dicía "...equipamentos e servizos comúns ás entidades e instancias parte no presente convenio e desenvolver accións que lle permitan beneficiarse do programa da Iniciativa Comunitaria INTERREG III-A, ou a outros instrumentos aceptados polas partes que substitúan a aquel programa ou de calquera outros programas e instrumentos comunitarios aplicables ás partes ou a entidades por elas creadas." debe dicir "...equipamentos e servizos comúns ás instancias e entidades asinantes no presente convenio e desenvolver accións que lle permitan beneficiarse do programa da Iniciativa Comunitaria ou de calquera outros programas e instrumentos comunitarios aplicables ás entidades asinantes ou a entidades por elas creadas." -Varía a numeración do clausulado de forma correlativa ao engadir a cláusula sétima co seguinte texto: § Sétima.- Ámbito e límite da responsabilidade dos membros. 1 - Cada unha das Entidades territoriais asociadas será responsable dos prexuízos que cause á Unimiño polo cumprimento das obrigas financeiras asumidas nestes estatutos, concretamente a mora das contribucións que nos termos destes Estatutos se obriga a entregar ou de calquera ingresos ou dotacións financeiras que voluntariamente asumira o compromiso de entregar á Unimiño para a persecución das súas actividades. 2 - Sen prexuízo do establecido no número 1 deste artigo, as entidades territoriais asociadas responderán, solidariamente e en igual proporción, ante terceiros prexudicados polos actos practicados pola Unimiño ou por contratos por esta outorgados para a regular persecución dos seus fins, mais soamente despois de executados xudicialmente todos os bens desta Asociación." -Na cláusula décimo terceira onde dicía "duración" debe dicir "vixencia". 3. Con relación aos Estatutos da "Unimiño - Asociación do Val do Miño Transfronteirizo" entre a Comunidade Intermunicipal do Vale do Minho e a Deputación Provincial de Pontevedra prodúcense os seguintes cambios: -Na totalidade do texto, onde dicía a palabra "Parte" debe utilizarse a expresión "instancia e entidade territorial" excepto no artigo 5º alínea b) no que se elimina a palabra "parte". -No artigo 1º, parágrafo 1º onde dicía "...persoa colectiva de dereito público portugués, que se rexerá pola Convención Luso-Española sobre Cooperación Transfronteiriza entre Instancias e Entidades Territoriais, de 3 de outubro de 2002, pola lexislación portuguesa aplicable a esas asociacións públicas, concretamente polo Decreto-Lei nº 412/89, de 29 de novembro, e polos presentes Estatutos..." debe dicir "...asociación de dereito público portugués, que se rexerá pola Convención Luso-Española sobre Cooperación Transfronteiriza entre Instancias e Entidades Territoriais, de 3 de outubro de 2002, pola lexislación portuguesa aplicable a esas asociacións públicas, concretamente pola Lei nº 11/2003, de 13 de maio, e polos presentes Estatutos." -No Artigo 1º, engádese o seguinte texto como parágrafo segundo "2 - Non está permitida a admisión de novos membros na Unimiño." -No artigo 2º, onde dicía "Duración" debe dicir "Vixencia". -No artigo 3º parágrafo 2º, onde dicía "A Unimiño, ten unha Delegación en local a designar polo Presidente da Deputación desa Provincia e poderá crear outras delegacións en diferentes localidades situadas na área xeográfica da circunscrición territorial da Unimiño na Provincia de Pontevedra, mediante deliberación da asemblea xeral, baixo proposta do Conselho Directivo" debe dicir "A Unimiño, ten obrigatoriamente unha Delegación na provincia de Pontevedra en local elixido pola Asemblea Xeral baixo proposta do Conselho Directivo, podendo ser creadas outras delegacións na área xeográfica de Unimiño." -No artigo 5º alínea c), onde dicía "Desenvolver accións que lle permitan beneficiarse do programa da Iniciativa Comunitaria INTERREG III-A, ou a outros instrumentos aceptados polas partes e que substitúan aquel programa ou calquera outros programas e instrumentos comunitarios aplicables ás partes ou a entidades por elas creadas" debe dicir "Desenvolver accións que lle permitan beneficiarse do programa da Iniciativa Comunitaria, ou calquera outros programas e instrumentos comunitarios aplicables ás entidades e instancias territoriais ou a entidades por elas creadas". -No artigo 10º, onde dicía "...adquiridos a calquera título" debe dicir "adquiridos por calquera título". -Varía a numeración do articulado de forma correlativa ao engadir dous artigos cos números 12º e 13º cos seguintes textos: § "Artigo 12º .- Réxime de Contratación: O réxime xurídico de contratación de obras públicas arrendamento e adquisición de bens mobles e servizos será o establecido pola lexislación portuguesa para as asociacións de municipios." § "Artigo 13º .- Ámbito e límite da responsabilidade dos membros. 1 - Cada unha das Entidades territoriais asociadas será responsable dos prexuízos que cause á Unimiño polo cumprimento das obrigas financeiras asumidas nestes estatutos, concretamente a mora das contribucións que nos termos destes Estatutos se obriga a entregar ou de calquera ingresos ou dotacións financeiras que voluntariamente asumira o compromiso de entregar á Unimiño para a persecución das súas actividades. 2 - Sen prexuízo do establecido no número 1 deste artigo, as entidades territoriais asociadas responderán, solidariamente e en igual proporción, ante terceiros prexudicados polos actos practicados pola Unimiño ou por contratos por esta outorgados para a regular persecución dos seus fins, mais soamente despois de executados xudicialmente todos os bens desta Asociación." -No artigo 17º onde dicía "Sesións" debe dicir "Reunións" e no parágrafo 3, onde dicía "As sesións, ordinarias ou extraordinarias, realizaranse na sede da Unimiño, cando a presidencia estivese atribuída ó presidente do Conselho Directivo da Comunidade Intermunicipal do Vale do Minho e na delegación de Pontevedra cando aquela estivese atribuída ó Presidente da Deputación de Pontevedra", debe dicir "As reunións, ordinarias ou extraordinarias, realizaranse na sede da Unimiño ou na da súa delegación de Pontevedra, segundo a presidencia do seu Conselho Directivo estivese atribuída ó presidente do Conselho Directivo da Comunidade Intermunicipal do Vale do Minho ou ó presidente da Deputación de Pontevedra, salvo se a Asemblea houbera deliberado de forma distinta en sesión anterior." 4. Facúltase ó Ilmo. Sr. Presidente para a sinatura do Convenio de Cooperación Transfronteiriza cos estatutos correspondentes modificados, sendo o teor literal dos mesmos o seguinte: CONVENIO DE COOPERACIÓN TRANSFRONTEIRIZA ENTRE A COMUNIDADE INTERMUNICIPAL DO VALE DO MINHO E A DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA A Comunidade Intermunicipal do Vale do Minho, representada polo Presidente do Conselho Directivo e a Deputación de Pontevedra, representada polo seu Presidente, Tendo en conta a necesidade de crear un marco xurídico regulador das actividades de cooperación transfronteiriza que tradicionalmente e de modo informal veñen sendo desenvolvidas polos pobos que habitan o territorio de cada unha das entidades asinantes, institucionalizando así esa cooperación. Considerando que esa cooperación, por ter como finalidade dominante a realización de obras e a xestión de servizos públicos, así como a candidatura a programas comunitarios ou doutra natureza que permitan o (co-)financiamento desas accións, só poderá ser plenamente perseguida por un organismo de cooperación con personalidade xurídica, do tipo Associação Pública ou Consorcio, Con respecto polas normas e principios contidos na Convención Luso-Española sobre Cooperación Transfronteiriza entre Instancias e Entidades Territoriais, de 3 de outubro de 2002, concretamente o disposto no artigo 4º e na alínea a) do nº 3 do artigo 9º e no artigo 11º desa Convención, e no ámbito das respectivas circunscricións territoriais, Con vistas a promover a cooperación transfronteiriza nos dominios da cultura, deporte, lecer, patrimonio, turismo, aproveitamento conxunto e protección do río Miño, medio ambiente e recursos naturais, Acordan outorgar o presente Convenio de Cooperación Transfronteiriza para constituír un organismo con personalidade xurídica, baixo a forma de Associação de Direito Público, regulada polo dereito portugués, que teña como finalidade perseguir esa cooperación a través da realización de obras públicas, da xestión de equipamentos sociais -concretamente culturais, deportivos, recreativos, artísticos- propiedade das entidades asinantes neste convenio, xestión de servizos públicos comúns ou de interese común a ambas entidades asinantes, candidaturas a programas ou instrumentos comunitarios en calquera área de actividade que non estea prohibida ou excluída a súa intervención por lei interna das entidades asinantes, dereito aplicable ou pola Convención Luso-Española sobre Cooperación Transfronteiriza, de 3 de outubro de 2002, e que se rexerá polas seguintes cláusulas: Capítulo I Disposicións xerais Primeira Constitución dun Organismo de Cooperación Transfronteiriza con Personalidade Xurídica 1 - A Comunidade Intermunicipal do Vale do Minho e a Deputación Provincial de Pontevedra, en conformidade co disposto na alínea a) do nº 3 do artigo 9º e no artigo 11º da Convención Luso-Española sobre Cooperación Transfronteiriza, de 3 de outubro de 2002, e no ámbito das respectivas circunscricións territoriais, acordan constituír, por un período de oito anos, prorrogable por iguais períodos de tempo, un organismo de cooperación transfronteiriza con personalidade xurídica baixo a forma de Associação de Direito Público, que se rexerá polas normas do dereito portugués aplicables ás Associações de Direito Público. 2 - O período de oito anos arriba referido cóntase a partir da data da publicación oficial deste convenio, e a súa prórroga será feita a través de instrumento apropiado que, para efectos do establecido no dereito interno español e portugués, teña o valor de convenio de cooperación transfronteiriza. 3 - Non está permitida a admisión de novos membros na Unimiño. Segunda Denominación e Sede 1 - A Associação de Direito Público aquí creada denomínase Uniminho - Associação do Vale do Minho Tansfronteiriço (Unimiño - Asociación do Val do Miño Transfronteirizo), a partir de agora designada Unimiño, e ten a súa sede na Avenida Miguel Dantas, nº 69, 4930-678 Valença do Minho, Portugal. 2 - A Asociación Tansfronteiriza terá obrigatoriamente unha delegación na Provincia de Pontevedra en local elixido pola Asemblea Xeral baixo proposta do Conselho Directivo, podendo ser creadas outras delegacións. Terceira Finalidades da Unimiño A Unimiño, con respecto polas atribucións e competencias que o respectivo dereito interno lle confire, así como polo establecido no artigo 11º da Convención Luso-Española sobre Cooperación Transfronteiriza, de 3 de outubro de 2002, ten como finalidades realizar obras públicas, xestionar equipamentos e servizos comúns ás instancias e entidades asinantes no presente convenio e desenvolver accións que lle permitan beneficiarse do programa da Iniciativa Comunitaria ou de calquera outros programas e instrumentos comunitarios aplicables ás entidades asinantes ou a entidades por elas creadas. Cuarta Dominios da cooperación A Unimiño, con respecto polo dereito interno de cada unha das entidades asinantes, polas súas atribucións e competencias e das finalidades consagradas na cláusula terceira deste convenio, desenvolverá a súa actividade de cooperación transfronteiriza no dominio das obras públicas, a xestión de equipamentos sociais - concretamente culturais, deportivos, recreativos, artísticos - propiedade das entidades asinantes neste convenio, xestión de servizos públicos comúns ou de interese común a ámbalas dúas entidades asinantes, candidaturas a programas ou instrumentos comunitarios en calquera área de actividade que non estea prohibida ou excluída a súa intervención por lei interna das entidades asinantes, polo dereito aplicable ou pola Convención Luso-Española sobre Cooperación Transfronteiriza, de 3 de outubro de 2002. Quinta Ámbito xeográfico A Unimiño desenvolverá as súas actividades na zona xeográfica que en Portugal corresponde ó territorio da Comunidade Intermunicipal do Vale do Minho -municipios de Melgaço, Monçao, Paredes de Coura, Valença e de Vila Nova da Cerveira- e en España ós municipios da provincia de Pontevedra, con prioridade para os de Arbo, A Cañiza, O Covelo, Crecente, A Guarda, As Neves, Mondariz, Mondariz-Balneario, Oia, Ponteareas, O Porriño, O Rosal, Salceda de Caselas, Salvaterra do Miño, Tomiño, e Tui. Capítulo II Disposicións diversas Sexta Patrimonio e Réxime de financiamento 1 - A Unimiño ten patrimonio e fondos propios na forma establecida nos estatutos. Sétima Ámbito e límite da responsabilidade dos membros 1 - Cada unha das Entidades territoriais asociadas será responsable dos prexuízos que cause á Unimiño polo cumprimento das obrigas financeiras asumidas nestes estatutos, concretamente a mora das contribucións que nos termos destes Estatutos se obriga a entregar ou de calquera ingresos ou dotacións financeiras que voluntariamente asumira o compromiso de entregar á Unimiño para a persecución das súas actividades. 2 - Sen prexuízo do establecido no número 1 deste artigo, as entidades territoriais asociadas responderán, solidariamente e en igual proporción, ante terceiros prexudicados polos actos practicados pola Unimiño ou por contratos por esta outorgados para a regular persecución dos seus fins, mais soamente despois de executados xudicialmente todos os bens desta Asociación. Oitava Solución de controversias 1 - As controversias entre as entidades asinantes que integran a Unimiño deberán ser solucionadas pola Comisión Luso-Española para a Cooperación Transfronteiriza, conforme o disposto nas alíneas c) e e) do nº 2 do art. 8 da Convención Luso-Española sobre Cooperación Transfronteiriza de 2002. 2 - Se, transcorridos seis meses dende a data de presentación do caso, á Comisión Luso-Española para a cooperación transfronteiriza, non fose presentada ningunha solución por esta, ou se unha das entidades asinantes rexeitase por escrito dirixido á outra, a solución ofrecida pola referida Comisión, calquera das entidades asinantes poderá recorrer á vía xudicial, quedando desde xa estipulado que o foro competente é o da Comarca de Valença do Minho ou calquera outro tribunal portugués competente por razón de xerarquía, materia ou territorio. Novena Modificación dos Estatutos da Unimiño 1 - A modificación dos estatutos da Unimiño terá que ser discutida e aprobada por consenso das entidades asinantes que a integran, en asemblea xeral da Unimiño. 2 - A extinción e liquidación do patrimonio da Unimiño estarán rexidas polo dereito interno portugués aplicable ás Associações de Direito Público e polos estatutos desa Asociación. Décima Estrutura orgánica A estrutura orgánica, as competencias, os réximes de funcionamento, presuposto, balance e fiscalización das contas, ámbito e límites das responsabilidades dos seus membros, a liquidación e regras relativas ó estatuto e xestión do persoal son as definidas nos estatutos da Unimiño. Capítulo III Disposicións finais Décimo primeira Cumprimento dos compromisos adquiridos e dereito subsidiario 1 - As instancias e entidades territoriais asinantes do presente Convenio están obrigadas, dende a súa celebración, a cumprir os compromisos que nel se determinan. 2 - O dereito aplicable ás obrigas estipuladas no presente Convenio, ás cuestións relativas ó funcionamento da Unimiño non especificamente reguladas nel, é o da entidade asinante correspondente á instancia ou entidade territorial onde se localiza a sede da Asociación. 3 - As dúbidas de interpretación ou de aplicación das disposicións contidas no presente Convenio serán sometidas á consulta da Comisión Luso-Española para a cooperación transfronteiriza, conforme o disposto nas alíneas c) e e) do nº 2 do art. 8 da Convención Luso-Española sobre cooperación transfronteiriza de 2002. Décimo segunda Ámbito de aplicación 1 - O presente Convenio e as decisións tomadas con base no mesmo vinculan exclusivamente ás instancias e entidades territoriais asinantes, e en ningún caso producirán efectos na esfera xurídica doutras instancias ou entidades territoriais. 2 - España e Portugal non quedan obrigados polas estipulacións ou polos efectos resultantes da execución do presente Convenio. Décimo terceira Vixencia A Asociación aquí constituída ten unha vixencia de oito anos, contados a partir da data da publicación oficial do presente convenio e os seus estatutos, podendo ser prorrogado por igual período a través de instrumento apropiado que, para efectos do establecido no dereito interno español e portugués, teña o valor de convenio de cooperación transfronteiriza. Décimo cuarta Aprobación e publicación A aprobación do presente convenio polas instancias e entidades territoriais participantes, está suxeita, nos termos do nº 4 do artigo 4º da Convención Luso-Española sobre Cooperación Transfronteiriza de 2002, ás regras procesuais e de control establecidas para tal efecto no respectivo dereito interno, debendo ser obxecto de publicación oficial en Portugal e en España, conforme o disposto no respectivo ordenamento xurídico. Décimo quinta Modificación A modificación do presente convenio deberá ser feita por consenso nos termos do disposto no nº 8 do artigo 11º da Convención Luso-Española sobre Cooperación Transfronteiriza de 2002, e en reunión especialmente convocada para o efecto por calquera das entidades asinantes, debendo a que pretenda promovela, enviar á outra a respectiva proposta con antelación de, polo menos, trinta días. Décimo sexta Denuncia e cesación de vixencia 1 - Calquera outorgante pode denunciar anticipadamente o presente convenio, no que a el respecta, en tanto que comunique á outra entidade asinante a súa intención de o facer, cunha antelación mínima de seis meses. 2 - A cesación de vixencia do presente convenio non afectará ás medidas de cooperación fronteiriza xa adoptadas e executadas ou que estean en execución, debendo constituírse, neste último caso, un Comité Paritario, designado pola Comisión Luso-Española para a Cooperación Transfronteiriza, coa finalidade de asegurar a conclusión da execución de tales medidas, de acordo co calendario e demais condicións nelas previstas. Décimo sétima Extinción da Unimiño 1 - Extinto o presente convenio por transcurso do prazo, denuncia ou por calquera outra forma legalmente admitida, extínguese automaticamente a Unimiño por el creada. 2 - Extinta a Unimiño, as entidades asinantes quedan obrigadas a regularizar os seus débitos para con ela necesarios á persecución ata o final dos traballos ou das actividades en curso á data da extinción, sendo tamén aplicable a disposición do número 18 do artigo 11º da Convención Luso-Española sobre a Cooperación Transfronteiriza entre Instancias e Entidades Territoriais, de 3 de outubro 2002. 3 - A decisión de extinción non poderá prexudicar a concreción de proxectos e obras comúns que, de acordo con programas anteriormente aprobados, teñan sido iniciados e que aínda non estean concluídos á data da decisión. Décimo oitava Lexislación aplicable 1. Será de aplicación ó presente convenio a Convención entre a República Portuguesa e o Reino de España sobre Cooperación Transfronteiriza entre Instancias e Entidades Territoriais, de 3 de outubro de 2002. 2. En todo o non disposto na Convención en canto ó réxime xurídico dos convenios de cooperación transfronteiriza, serán de aplicación, respectivamente, os principios xerais do dereito administrativo portugués e español así como: a) En Portugal, as normas que regulan os contratos de dereito público coas adaptacións necesarias; b) En España, as normas que regulan os convenios de colaboración entre administracións públicas, así como as normas españolas que teñen o carácter de dereito supletorio en relación coas anteriores, tanto os principios xerais da Lei de Contratos das Administracións Públicas como as normas de dereito privado. Décimo novena Anexo ó Convenio Nos termos do disposto no número 7 do artigo 11º da Convención Luso-Española sobre Cooperación Transfronteiriza de 2002, queda anexo a este convenio o estatuto da Uniminho - Associação do Vale do Minho Tansfronteiriço (Unimiño - Asociación do Val do Miño Transfronteirizo). Como expresión do seu libre consentimento, as entidades e instancias territoriais intervenientes outorgan o presente Convenio en Valença, a de de , celebrado nun acto único, en tres exemplares, nas linguas portuguesa, española e galega, facendo os tres textos igualmente fe. Pola Comunidade Intermunicipal do Vale do Minho Pola provincia de Pontevedra António Rui Esteves SolheiroO Presidente da Comunidade Intermunicipal do Vale do Minho Rafael Louzán AbalO Presidente da Excma. Deputación Provincial de Pontevedra Estatutos da "Unimiño - Asociación do Val do Miño Transfronteirizo" CAPÍTULO I Disposicións Xerais ARTIGO 1.º Denominación e Natureza 1 - A Comunidade Intermunicipal do Vale do Minho e a Deputación de Pontevedra constitúen a "UNIMINHO - ASSOCIAÇÃO DO VALE DO MINHO TRANSFRONTEIRIÇO" (UNIMIÑO - ASOCIACIÓN DO VAL DO MIÑO TRANSFRONTEIRIZO)", en adiante designada abreviadamente Unimiño, Asociación de dereito público portugués, que se rexerá pola Convención Luso-Española sobre Cooperación Transfronteiriza entre Instancias e Entidades Territoriais, de 3 de outubro de 2002, pola lexislación portuguesa aplicable a esas asociacións públicas, concretamente pola Lei nº 11/2003, de 13 de maio, e polos presentes Estatutos. 2 - Non está permitida a admisión de novos membros na Unimiño. ARTIGO 2.º Vixencia A Unimiño está constituída por un período de oito anos, contados a partir da data da publicación oficial do Convenio de Cooperación Transfronteiriza entre as instancias e entidades territoriais asociadas, podendo ser prorrogado por iguais períodos a través de instrumento apropiado que, para efectos do establecido no dereito interno español e portugués, teña o valor de convenio de cooperación transfronteiriza. ARTIGO 3.º Sede e delegacións 1- A Unimiño ten a súa sede na Avenida Miguel Dantas, 69, 4930-678 Valença do Minho. 2- A Unimiño, ten obrigatoriamente unha Delegación na provincia de Pontevedra en local elixido pola Asemblea Xeral baixo proposta do Conselho Directivo, podendo ser creadas outras delegacións na área xeográfica de Unimiño. ARTIGO 4.º Ámbito xeográfico A Unimiño desenvolverá as súas actividades na zona xeográfica que en Portugal corresponde ó territorio da Comunidade Intermunicipal do Vale do Minho: municipios de Melgaço, Monçao, Paredes de Coura, Valença e Vila Nova da Cerveira, e en España á área de circunscrición da Deputación de Pontevedra, preferentemente os municipios de Arbo, A Cañiza, O Covelo, Crecente, A Guarda, As Neves, Mondariz, Mondariz-Balneario, Oia, Ponteareas, O Porriño, O Rosal, Salceda de Caselas, Salvaterra do Miño, Tomiño e Tui. ARTIGO 5.º Finalidades e Dominios 1- A Unimiño, con respecto polas atribucións e competencias que o respectivo dereito interno lle confire, así como polo establecido no artigo 11º da Convención Luso-Española sobre cooperación transfronteiriza, de 3 de outubro de 2002, e exclusivamente no dominio da cooperación transfronteiriza entre as instancias e entidades territoriais asociadas, ten como finalidades: a) - Realizar obras públicas; b) - Xestionar equipamentos e servizos comúns ás entidades e instancias nos presentes estatutos; c) - Desenvolver accións que lle permitan beneficiarse do programa da Iniciativa Comunitaria, ou calquera outros programas e instrumentos comunitarios aplicables ás entidades e instancias territoriais ou a entidades por elas creadas. d) - Realizar calquera intereses das entidades territoriais asociadas nos dominios da cooperación transfronteiriza que, pola súa natureza, non sexan prohibidos por convención ou pola Lei. 2- A Unimiño persegue as súas finalidades con vistas a realizar a cooperación transfronteiriza nos dominios: a) - Agricultura, pesca e desenvolvemento económico; b) - Medio ambiente, recursos naturais e ordenamento do territorio; c) - Saúde e asuntos sociais; d) - Uso e aproveitamento conxunto e protección do río Miño; e) - Administración autárquica; f) - Educación, formación e emprego; g) - Cultura, deporte, lecer, patrimonio e turismo; h) - Infraestruturas de saneamento básico e de abastecemento público; i) - Defensa do río Miño e respectiva conca hidrográfica; j) - Calquera outra materia conexa coas indicadas nas alíneas a) a i) deste número. ARTIGO 6.º Obxecto A Unimiño ten por obxecto a persecución das súas finalidades indicadas no artigo 5º deste Estatuto nos dominios aí referidos. ARTIGO 7.º Relacións con Autoridades Superiores e de Control e con Terceiros 1 - As relacións da Unimiño coas autoridades de control (tutela) estarán reguladas polo dereito interno portugués. 2 - As relacións entre a Unimiño e terceiras persoas públicas ou privadas estarán reguladas por contratos, convenios, protocolos ou outros instrumentos legalmente admitidos onde se definirán os dereitos e deberes recíprocos. ARTIGO 8.º Dereitos dos asociados Constitúen dereitos das instancias e entidades territoriais asociadas: a) Elixir e ser electo para todos os órganos sociais, nos termos establecidos na Convención Luso-Española de 3 de outubro de 2002 e nestes estatutos; b) Exercer os poderes e as facultades previstas na Convención Luso-Española de 3 de outubro de 2002, na lei e nestes estatutos; c) Participar en todas as actividades da Unimiño; d) Propor a elaboración de proxectos, de programas de actividades e a realización de obras en conformidade coas finalidades e obxecto da Unimiño; e) Solicitar e obter informacións, documentos e publicacións da Unimiño. ARTIGO 9.º Deberes dos asociados Constitúen deberes dos asociados: a) Respectar e facer respectar os presentes estatutos; b) Colaborar na programación e na execución das actividades da Unimiño; c) Defender os intereses, o prestixio e a reputación da Unimiño; d) Contribuír á realización dos obxectivos estatutarios, en harmonía coas orientacións e directivas emanadas dos órganos sociais; e) Exercer os cargos para os que fose electo; f) En cada exercicio e nos prazos establecidos para o efecto, entregar á Unimiño contribucións a ela destinadas que tivesen sido incluídas nos respectivos presupostos, logo da aprobación destes; g) Cumprir e facer cumprir as disposicións legais e regulamentarias con respecto á Unimiño, así como os estatutos e as deliberacións dos órganos da mesma; h) Solicitar sempre e en primeiro lugar á Unimiño a prestación de servizos ou a execución de tarefas que poden por ela ser realizados e utilizar preferencialmente os seus bens e equipamentos; i) Pagar á Unimiño as contías a esta debidas pola prestación de servizos, da realización de obras ou de calquera outra tarefa; j) Prestar á Unimiño a colaboración necesaria para a integral realización das súas finalidades, absténdose de practicar actos incompatibles cos seus fins e obxecto, ou de que poidan resultar obstáculos ou impedimentos para a persecución desas finalidades. k) Pagar, no prazo máximo de 60 días a contar dende a data do vencemento da obriga, as contías debidas á Unimiño por servizos por esta prestados, pola realización de tarefas ou pola utilización de bens ou equipamentos seus. ARTIGO 10.º Patrimonio e finanzas 1 - A Unimiño ten patrimonio e finanzas propios, constituídos polos bens e dereitos a ela transferidos ou adquiridos por calquera título, concretamente as dotacións, contribucións e ingresos que lle foran concedidos polas instancias e entidades territoriais asociadas, os montantes de co-financiamentos comunitarios ou doutras orixes que legalmente lle sexan atribuídos, e ademais: a) Por calquera outras doazóns, ingresos ou co-participacións de que veña a beneficiarse; b) Polas taxas recibidas polos servizos prestados, pola xestión de servizos, pola utilización de bens e equipamentos seus, así como pola realización de tarefas; c) Por outros rendementos de bens propios, do producto do seu alleamento ou da atribución de dereitos sobre eles; d) Polas herdanzas e legados que lle teñan sido deixadas, así como polas doazóns que lle teñan sido feitas; e) Polos bens ou patrimonio que, a título gratuíto ou oneroso, lle sexan atribuídos por lei, contrato ou por calquera outro acto xurídico; f) Por calquera outros ingresos permitidos por Lei. ARTIGO 11.º Réxime de Financiamento 1- O financiamento da Unimiño está asegurado polas contribucións das instancias e entidades territoriais asociadas incluídas no respectivo presuposto, por ingresos ou outras dotacións financeiras que estas lle concedan, así como polos produtos e ingresos referidos nas alíneas a) a f) do artigo anterior. 2 - A Unimiño, nos termos das regras sobre financiamento aplicable ás entidades de dereito público portugués, pode ademais financiarse a través de préstamos que a curto, medio e longo prazo poderá contraer con calquera institucións autorizadas por lei a conceder crédito. 3- A Unimiño non pode contratar préstamos a favor de calquera das instancias e entidades territoriais asociadas. ARTIGO 12.º Réxime de Contratación O réxime xurídico de contratación de obras públicas arrendamento e adquisición de bens mobles e servizos será o establecido pola lexislación portuguesa para as asociacións de municipios. ARTIGO 13º Ámbito e límite da responsabilidade dos membros 1 - Cada unha das Entidades territoriais asociadas será responsable dos prexuízos que cause á Unimiño polo cumprimento das obrigas financeiras asumidas nestes estatutos, concretamente a mora das contribucións que nos termos destes Estatutos se obriga a entregar ou de calquera ingresos ou dotacións financeiras que voluntariamente asumira o compromiso de entregar á Unimiño para a persecución das súas actividades. 2 - Sen prexuízo do establecido no número 1 deste artigo, as entidades territoriais asociadas responderán, solidariamente e en igual proporción, ante terceiros prexudicados polos actos practicados pola Unimiño ou por contratos por esta outorgados para a regular persecución dos seus fins, mais soamente despois de executados xudicialmente todos os bens desta Asociación. CAPÍTULO II Estrutura Orgánica e Funcionamento SECCIÓN I Órganos ARTIGO 14.º Órganos da Unimiño 1 - Son órganos da Unimiño: a) - Asemblea Xeral; b) - Conselho Directivo. SECCIÓN II Da Asemblea Xeral ARTIGO 15.º Natureza e composición 1- A asemblea xeral é o órgano deliberativo da Unimiño. 2- A asemblea xeral está constituída polas instancias e entidades territoriais asociadas, que nela serán representadas por unha delegación de 17 membros por cada unha, competendo a súa indicación ós respectivos presidentes. ARTIGO 16.º Funcionamento da Asemblea Xeral 1- A asemblea xeral está dirixida por unha mesa constituída por un Presidente, un Vicepresidente e dous Secretarios, a elixir de entre os seus membros e de acordo coas regras de paridade. 2- O Presidente será substituído, nas súas faltas ou impedimentos, polo Vicepresidente, sendo este substituído, nas súas faltas ou impedimentos, por un dos Secretarios. 3 - Na primeira reunión ata a elección da mesa da asemblea xeral, a presidencia será exercida conxuntamente polos Presidentes da Deputación Provincial de Pontevedra e do Conselho Directivo da Comunidade Intermunicipal do Vale do Minho, que indicarán dous Secretarios á súa elección de entre os membros e de acordo coas regras de paridade. ARTIGO 17.º Reunións 1 - A asemblea xeral reunirase ordinariamente dúas veces por ano, unha durante o mes de abril e outra durante o mes de outubro. 2 - A asemblea xeral reunirase extraordinariamente sempre que sexa necesario, mediante convocatoria do presidente da mesa, por iniciativa propia ou a requirimento de calquera das partes asociadas. 3 - As reunións, ordinarias ou extraordinarias, realizaranse na sede da Unimiño ou na da súa delegación de Pontevedra, segundo a presidencia do seu Conselho Directivo estivese atribuída ó presidente do Conselho Directivo da Comunidade Intermunicipal do Vale do Minho ou ó presidente da Deputación de Pontevedra, salvo se a Asemblea houbera deliberado de forma distinta en sesión anterior. 4- A asemblea pode deliberar en termos distintos da regra consagrada no número anterior sempre que así se xustifique e sexa aprobado por consenso. ARTIGO 18.º Competencias da Asemblea Xeral Compete á asemblea xeral: a) - Elixir a Mesa da Asemblea; b) - Fixar anualmente na reunión de abril, baixo proposta do Conselho Directivo, os montantes mínimos e máximos das contribucións das instancias e entidades territoriais asociadas para o exercicio seguinte, e na reunión de outubro deliberar sobre o concreto montante da contribución de cada instancia e entidade territorial para ser inscrito no presuposto da Unimiño; c) - Apreciar e votar na reunión ordinaria de abril os documentos de prestación de contas e apreciar o cumprimento do plano de actividades, a calidade da xestión, da prestación de servizos e das tarefas realizadas; d) - Deliberar e votar, na reunión ordinaria de outubro, o plano de actividades para o ano seguinte, a proposta de presuposto, presentadas polo Conselho Directivo, así como apreciar o inventario de todos os bens, dereitos e obrigas patrimoniais e a calidade e eficiencia da xestión da Asociación. e) - Aprobar, baixo proposta do Conselho Directivo, a celebración de protocolos, convenios ou contratos con entidades terceiras; f) - Fixar, baixo proposta do Conselho Directivo, os prezos de prestación de servizos e de tarefas, concretamente da xestión de servizos públicos comúns, nos termos da Lei; g) - Aprobar o seu regulamento; h) - Autorizar, baixo proposta do Conselho Directivo, a creación e extinción de delegacións da Asociación con carácter permanente ou temporal, con excepción da delegación permanente na provincia de Pontevedra; i) - Deliberar sobre a disolución da Unimiño e a liquidación do seu patrimonio. j) - Autorizar ó Conselho Directivo a adquirir, allear ou gravar bens inmobles, fixando as respectivas condicións xerais, podendo determinar, expresamente, o recurso a poxa pública; k) - Autorizar ó Conselho Directivo a negociar e contraer préstamos, a curto, medio e longo prazo. l) - Fixar a remuneración do persoal dirixente, administrativo e técnico. m) - Exercer os demais poderes que lle sexan conferidos por lei, polos presentes estatutos ou polo seu regulamento. ARTIGO 19.º Formas de adopción de decisións A adopción de decisións pola asemblea xeral debe ser por consenso e con respecto polo principio de paridade, nos termos do disposto no nº 11 do artigo 11º da Convención Luso-Española sobre Cooperación Transfronteiriza de 2002, con excepción da materia prevista no número 13 do artigo 11 da mesma Convención en que a decisión debe ser tomada por unanimidade. ARTIGO 20.º Linguas Oficiais As linguas oficiais adoptadas pola Unimiño serán o portugués, o castelán e o galego. As deliberacións tomadas polos órganos deberán ser sempre redactadas nas tres linguas oficiais. ARTIGO 21.º Competencias do Presidente da Asemblea Xeral Compete ó presidente da mesa da asemblea xeral: a)- Convocar a asemblea xeral para as reunións ordinarias e extraordinarias; b)- Dirixir os traballos da asemblea; c)- Exercer os demais poderes que lle sexan conferidos por lei, polos estatutos, ou polo regulamento da asemblea. SECCIÓN III Do Conselho Directivo ARTIGO 22.º Natureza e composición 1- O Conselho Directivo é o órgano executivo da Unimiño e está composto por catro membros, Presidente, Vicepresidente e dous Vocais. 2 - O Presidente do Conselho Directivo é, por inherencia de funcións, o Presidente do Conselho Directivo da Comunidade Intermunicipal do Vale do Minho e o Presidente da Deputación de Pontevedra, alternadamente e por períodos de dous anos. 3 - Cando o Presidente do Conselho Directivo da Asociación fose o Presidente do Conselho Directivo da Comunidade Intermunicipal do Vale do Minho, será Vicepresidente o Presidente da Deputación de Pontevedra e así, alternadamente. 4 - Os dous vocais serán nomeados polos presidentes das instancias e entidades territoriais. 5 - O Conselho Directivo será coadxuvado tecnicamente por un Secretario, contratado para ese efecto, e que non terá dereito a voto. 6 - O secretario terá as funcións que lle foran encomendadas polo regulamento do Conselho e todas aquelas que lle foran delegadas polo Presidente do Conselho, en materia puramente executiva. 7 - Compete ademáis ó secretario dirixir os servizos administrativos e presentar ó Conselho Directivo, nos meses de xuño e decembro, unha memoria sobre a xestión da Unimiño e sobre a execución dos planos, proxecto, tarefas e demais actividades programadas. 8 - A adopción de decisións do Conselho Directivo debe ser por consenso e con respecto polo principio de paridade nos termos do disposto no número 11 do artigo 11 da Convención Luso-Española sobre cooperación transfronteiriza de 2002. ARTIGO 23.º Competencias do Conselho Directivo 1- Compete ó Conselho Directivo no ámbito da organización e funcionamento: a) - Asegurar o cumprimento das deliberacións da asemblea; b) - Representar, a través do seu Presidente, á Asociación en xuízo e fóra del en todos os actos e contratos; c) - Dirixir as actividades e os servizos técnicos e administrativos da Unimiño, de acordo coas súas finalidades e obxecto; d) - Elaborar e someter á aprobación da asemblea xeral o plano de actividades e a proposta de presuposto; e) -Executar o presuposto e o plano, os proxectos e os programas de investimento e desenvolvemento transfronteirizo, así como o plano de actividade para cada exercicio; f) -Propor anualmente á asemblea xeral na súa reunión de abril os montantes mínimos e máximos das contribucións das instancias e entidades territoriais asociadas para o exercicio seguinte; g) - Presentar á asemblea xeral propostas concretas de protocolos, convenios ou contratos que pretenda celebrar con terceiros e requira autorización para a celebración deses instrumentos; h) - Propor á asemblea xeral, para fixación, os prezos de prestación de servizos e de tarefas, concretamente da xestión de servizos públicos comúns, nos termos da lei; i) - Propor á asemblea xeral a creación e extinción de delegacións da Asociación con carácter permanente ou temporal, con excepción da delegación permanente na provincia de Pontevedra; j) - Solicitar á asemblea xeral autorización para adquirir, allear ou gravar bens inmobles, e para fixar as respectivas condicións xerais; k) - Presentar, á asemblea xeral, para aprobación e autorización, proposta de negociación de préstamos, a curto, medio e longo prazo que pretenda contraer; l) - Presentar á asemblea xeral proposta de remuneración do persoal dirixente, administrativo e técnico. m) - Elaborar e aprobar normas de control interno, así como o inventario de todos os bens, dereitos e obrigas patrimoniais e respectiva avaliación e, ademais, os documentos de presentación de contas, a someter á apreciación e votación da asemblea; n) - Velar pola calidade dos servizos prestados pola Unimiño e acompañar a realización dos planos e actividades programadas e en execución; o) - Elaborar e presentar candidaturas a programas comunitarios, portugueses ou españois ou de calquera outra entidade de financiamento ou de co-financiamento das actividades desenvolvidas pola Asociación; 2 - Compete ademáis ó Conselho Directivo: a) Sen prexuízo dos poderes conferidos ás respectivas entidades concesionarias, coordenar e xestionar as redes de abastecemento de auga, saneamento básico, xestión dos residuos sólidos urbanos, industriais e hospitalarios transfronteirizos; b) Concibir, coordenar e apoiar programas integrados de xestión das infraestruturas e equipamentos culturais, deportivos, de recreo e lecer transfronteirizos; c) Xestionar equipamentos colectivos comúns destinados á protección civil, loita contra incendios, de hixiene e limpeza urbanas, equipamentos culturais, museolóxicos, deportivos, de recreo, turísticos ou de lecer, de ámbito transfronteirizo. 3- O Conselho Directivo poderá delegar no seu Presidente as competencias previstas no presente artigo que, pola súa natureza, non deban ser exercidas colexiadamente. ARTIGO 24.º Competencia do Presidente do Conselho Directivo 1- Compete ó Presidente do Conselho Directivo: a) - Convocar as reunións ordinarias e extraordinarias e dirixir os respectivos traballos; b) - Executar as deliberacións do Conselho Directivo e coordinar a respectiva actividade; c) - Autorizar o pagamento dos gastos orzamentados; d) - Asinar e visar a correspondencia do Conselho Directivo con destino a calquera entidades ou organismos públicos; e) - Representar á Unimiño en xuízo e fóra del; f) - Exercer os demais poderes que lle sexan conferidos por convención, lei, por estes estatutos ou por deliberación do Conselho Directivo. 2 - O Presidente do Conselho Directivo pode delegar ou subdelegar o exercicio das súas competencias nos demais membros do Conselho. ARTIGO 25.º Autorización para a práctica de actos en caso de excepcional e xustificada urxencia e suxeición deses actos a ratificación O Presidente do Conselho Directivo pode practicar calquera actos da competencia do Conselho, sempre que o esixan circunstancias excepcionais e que non sexa posible reunilo extraordinariamente en tempo útil, quedando, non obstante, os actos practicados suxeitos a subsecuente ratificación polo Conselho na súa inmediata reunión. ARTIGO 26.º Competencia do Vicepresidente e dos Vocais O Vicepresidente e os Vocais terán as competencias que lles foran conferidas por convención, lei ou por estes estatutos e as que lles foran delegadas polo Conselho Directivo ou polo presidente. ------ Folla: .../... 2.5384.- MODIFICACIÓN DO CONVENIO DE COOPERACIÓN TRANSFRONTEIRIZA ENTRE A COMUNIDADE INTERMUNICIPAL DO VALE DO MINHO E A EXCMA. DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA, E DOS ESTATUTOS DA NOVA ENTIDADE SUPRAMUNICIPAL DE CARÁCTER TRANSFRONTEIRIZO "UNIMINHO-ASOCIACIÓN DO VAL DO MINHO TRANSFRONTEIRIZO" ARTIGO 27.º Reunións O Conselho Directivo reúnese, ordinariamente, unha vez por mes e, extraordinariamente, sempre que sexa necesario, por iniciativa de calquera dos seus membros. CAPÍTULO III Persoal ARTIGO 28.º Servizos de apoio técnico e administrativo 1- A Unimiño está dotada de servizos de apoio técnico e administrativo destinados a recoller e sistematizar a información e para elaborar os estudos necesarios á preparación das decisións, así como promover a respectiva execución. 2- A natureza, a estructura e o funcionamento dos servizos previstos no número anterior serán definidos nun regulamento aprobado pola asemblea xeral, baixo proposta do Conselho Directivo. ARTIGO 29.º Réxime de persoal 1- A Unimiño disporá de cadro de persoal propio, aprobado pola asemblea xeral, mediante proposta do Conselho Directivo, debendo prever no seu presuposto as necesarias dotacións para o pagamento das remuneracións e demais encargos. 2 - O cadro a que se refire o número anterior será completado por concurso público, que se rexerá, na parte aplicable ó recrutamento e á selección de persoal, polas disposicións da Lei nº 23/2004, de 22 de Junho, sendo o persoal contratado por contrato individual de traballo regulado polo Código de Traballo en vigor en Portugal. ARTIGO 30.º Remuneracións e demais encargos co persoal As remuneracións e demais encargos co persoal serán soportados exclusivamente polo presuposto da Unimiño. CAPÍTULO IV Xestión financeira e patrimonial ARTIGO 31.º Réxime de contabilidade Na elaboración do presuposto da Unimiño serán observados, coas necesarias adaptacións, os principios e as regras legalmente establecidos para a contabilidade das Asociacións Públicas do dereito portugués. ARTIGO 32.º Documentos de presentación de contas 1- O Conselho Directivo elaborará, con referencia de 31 de decembro de cada ano, e presentará á asemblea xeral, no mes de abril do ano seguinte, os documentos de presentación de contas, para apreciación e aprobación. 2- Na memoria de actividades, o Conselho Directivo exporá e xustificará a acción desenvolvida, demostrará a regularidade orzamentaria da realización dos gastos e discriminación dos financiamentos obtidos co mapa de orixe e aplicación de fondos e prestará todos os esclarecementos necesarios para a interpretación das contas presentadas. ARTIGO 33.º Fiscalización e xulgamento das contas 1- As contas da Unimiño están suxeitas á apreciación e xuízo consagrados pola orde xurídica portuguesa para as Asociacións Públicas. 2- As contas deben ser enviadas polo Conselho Directivo á entidade fiscalizadora competente, dentro dos prazos legalmente establecidos. 3- As contas deberán ademáis ser enviadas á asemblea xeral, no prazo dun mes despois da deliberación de aprobación polo Conselho Directivo. CAPÍTULO V Disposicións finais ARTIGO 34.º Alteracións estatutarias Os estatutos poden ser modificados por acordo das entidades e instancias territoriais asociadas e con respecto polo establecido no nº 8 do artigo 11º da Convención Luso-Española. ARTIGO 35.º Extinción da Unimiño 1 - Rematado o período de oito anos, a Unimiño extínguese, por decurso do prazo se, por acordo das instancias e entidades territoriais asociadas, non fose prorrogado o prazo de vixencia do convenio que a constituiu. 2- No caso de extinción da Unimiño procédese á liquidación do seu patrimonio. 3- As instancias e entidades territoriais quedan obrigadas a regularizar os seus débitos para coa Unimiño necesarios para a persecución ata o final dos traballos ou das actividades en curso á data da extinción, sendo ademais aplicable a disposición do número 18 do artigo 11º da Convención Luso-Española sobre Cooperación Transfronteiriza entre Instancias e Entidades Territoriais, de 3 de outubro 2002. 4- A decisión de extinción non poderá prexudicar a concreción de proxectos e obras comúns que, de acordo con programas anteriormente aprobados, teñan sido iniciadas e que aínda non estean concluídas á data da decisión. ARTIGO 36.º Liquidación 1 - Deliberada a liquidación da Unimiño, esta mantén a súa personalidade xurídica para efectos de liquidación e ata a aprobación final das contas polos liquidadores. 2 - Pode ser liquidador o Conselho Directivo, se así fose deliberado pola asemblea xeral. 3 - O patrimonio da Unimiño será repartido, sen prexuízo de terceiros, entre as instancias e entidades territoriais asociadas na proporción da respectiva contribución para a súa constitución. ARTIGO 37º Foro Competente A teor do disposto no artigo 11 nº 17 da Convención Luso-Española sobre a Cooperación Transfronteiriza entre Instancias e Entidades Territoriais, de 3 de outubro de 2002, o foro competente para a resolución de todos os litixios entre as instancias e entidades territoriais asociadas xurdidos da aplicación ou interpretación destes estatutos ou entre a Asociación e calquera das entidades e instancias territoriais ou terceiros é o Tribunal da Comarca de Valença ou calquera outro tribunal portugués que, por razón da xerarquía, materia ou territorio, sexa o competente nos termos da lexislación portuguesa." ------ Folla: 3.5385.- APROBACIÓN INICIAL DA "1ª FASE DO PROXECTO DE MELLORA DE TRAZADO E CAPA DE RODAMENTO NA EP 9701 BAIÓN-ANDRÁS (VARIANTE ENTRE O PK 0+550 A 1+150)VILANOVA DE AROUSA". EXPOSICIÓN PÚBLICA DO MESMO. DECLARACIÓN DE UTILIDADE PÚBLICA DA OBRA. SOLICITUDE Á XUNTA DE GALICIA DA DECLARACIÓN DE URXENTE OCUPACIÓN. MOTIVACIÓN DA URXENCIA Sr. Presidente.- Punto tres. Aprobación inicial da "1ª fase do proxecto de mellora de trazado e capa de rodamento na EP 9701 Baión-András (Variante entre o PK 0+550 a 1+150) Vilanova de Arousa". Exposición pública do mesmo. Declaración de utilidade pública da obra. Solicitude á Xunta de Galicia da declaración de urxente ocupación. Motivación da urxencia. Intervencións. Votamos. ¿Votos en contra?. ¿Abstencións?. Todos a prol. O proxecto "1ª fase do proxecto de mellora de trazado e capa de rodamento na EP 9701 Baión-András (Variante entre PK 0+550-1+150) (Vilanova de Arousa)", que está dotado dun presuposto para coñecemento da Administración de 248.068,01 euros, desagregado en presuposto de execución por contrata por importe de 166.806,34 euros e capítulo de expropiacións por importe de 81.261,67 euros, ten por obxecto a mellora do trazado e da capa de rodamento da EP 9701 nun tramo de 600 metros. Á vista do informe que emitiu o Servizo de Intervención, no que se certifica a existencia de saldo de crédito dispoñible na partida 06/511.511-612.02 para facer fronte ó gasto da obra e das expropiacións que conleva, e do informe que emitiu o enxeñeiro técnico de Vías e Obras, advertindo da necesidade de acometer esta obra, o Pleno, de conformidade co ditame da Comisión Informativa de Vías e Obras, acorda por unanimidade: 1.- A aprobación inicial da "1ª fase do proxecto de mellora de trazado e capa de rodamento na EP 9701 Baión-András (Variante entre PK 0+550-1+150) (Vilanova de Arousa)", que está dotado dun presuposto para coñecemento da Administración de 248.068,01 euros, desagregado en presuposto de execución por contrata por importe de 166.806,34 euros e capítulo de expropiacións por importe de 81.261,67 euros. 2.- A súa exposición pública e do seu expediente de expropiación, polo prazo regulamentario, para efectos de posibles reclamacións, entendéndose aprobado definitivamente, de forma automática, en caso de non habelas. 3.- A declaración de utilidade pública da obra con base no informe que emitiu o enxeñeiro técnico de Vías e Obras, advertindo da prema que reviste a execución da obra. 4.- A solicitude á Xunta de Galicia da declaración de urxente ocupación dos bens e terreos ós que afecta a referida obra. 5.- A motivación da urxencia que se pretende dar ás expropiacións que xera esta obra, en base ó informe que emitiu o 18 de abril de 2006 o enxeñeiro técnico de Vías e Obras, no que sinala que "A estrada provincial 9701 une a estrada que discorre desde Pontevedra a Vilagarcía de Arousa co lugar de Solobeira e András, servindo ademais de acceso a Vilanova de Arousa, evitando así o paso por Vilagarcía de Arousa, o que provoca que o citado vial soporte unha importante densidade de tráfico todo o ano. Ese fluxo de vehículos provocou, por un lado, que o firme da zona de circulación se deteriorara notablemente e, por outro, que os anchos primitivos non resolvan os problemas xerados polo continuo paso de vehículos. Por iso se redactou o proxecto de referencia cuxa tramitación polo procedemento de urxencia se xustifica pola necesidade de mellorar os anchos primitivos e así evitar, na medida do posible, os accidentes e o perigo que supoñían para a circulación. A maiores, o feito de que este vial se atope próximo a un centro escolar e a un centro de saúde xera a constante presencia de peóns que, ó encontrarse cunhas deficientes condicións circulatorias, poñen en perigo a súa integridade física. Debido á magnitude do proxecto executarase en distintas fases, abordando a primeira delas nun tramo de 600 metros, ademais do exposto anteriormente, a supresión de varias curvas que revisten un grande perigo para a seguridade vial. ------ Folla: 4.5386.- APROBACIÓN DEFINITIVA DO PROXECTO "ENSANCHE EP 9214 SAMIEIRA-BUSTO (POIO-MEAÑO)". DECLARACIÓN DA NECESARIA OCUPACIÓN DOS BENS E DEREITOS AFECTADOS. APROBACIÓN DEFINITIVA DA RELACIÓN DE PROPIETARIOS E BENS AFECTADOS. Sr. Presidente.- Punto catro. Aprobación definitiva do proxecto "Ensanche EP 9214 Samieira-Busto (Poio-Meaño)". Declaración da necesaria ocupación dos bens e dereitos afectados. Aprobación definitiva da relación de propietarios e bens afectados. Intervencións. Votamos. ¿Votos en contra?. ¿Abstencións?. Todos a prol. O Pleno da Deputación Provincial de Pontevedra, na sesión ordinaria que tivo lugar o día 28 de decembro de 2005 adoptou, entre outros, o acordo polo que se aprobaba inicialmente o proxecto "Ensanche EP 9214 Samieira-Busto", dotado dun presuposto para coñecemento da Administración de 17.773,79 euros, desagregado en presuposto de execución por contrata por importe de 6.471,59 euros e capítulo de expropiacións por importe de 11.302,20 euros e co obxecto de realizar o ensanche da explanación, con derrubamento e construción de muros en nova aliñación, incluso novos muros de contención ou sostemento necesarios para obter a plataforma desexada, formación de paseos e cunetas e perfilado de noiros en todo tipo de terreo, nunha lonxitude de 135 metros, así como a declaración de utilidade pública da obra e a solicitude á Xunta de Galicia da declaración de urxente ocupación dos bens afectados. Este proxecto someteuse a información pública durante o período regulamentario, en virtude do edito publicado no Boletín Oficial da Provincia con data 14 de febreiro de 2006 (BOP número 31), no taboleiro de anuncios dos concellos de Poio e de Meaño, en varios xornais da localidade, notificándoselles ademais persoalmente a todos os afectados a apertura do dito período de información pública, e non formularon alegacións. Co fin de dar continuidade ó expediente expropiatorio iniciado no seu día por esta entidade local, á vista dos informes que emitiu o Servizo de Vías e Obras, o Pleno, de conformidade co ditame da Comisión Informativa de Vías e Obras, acorda por unanimidade: 1.- A aprobación definitiva do proxecto "Ensanche EP 9214 Samieira-Busto", dotado de presuposto para coñecemento da Administración de 17.773,79, desagregado en presuposto de execución por contrata por importe de 6.471,59 euros e capítulo de expropiacións por importe de 11.302,20 euros. 2.- A declaración da necesaria ocupación dos bens e dereitos ós que afecta o citado proxecto en base ó informe que emitiu o Servizo de Vías e Obras, que sinala que "a Excma. Deputación Provincial de Pontevedra vén acometendo desde hai anos a mellora da súa rede de estradas na zona do Salnés, entrelazándose a través dela viais de titularidade autonómica e estatal. Entre as obras levadas a cabo nos últimos anos encóntrase a unión da vía de alta capacidade do Salnés coa Armenteira e o acceso ó campo de golf. Ademais, en colaboración coa Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Transportes, esta entidade local está levando a cabo o acondicionamento da estrada PO-303 Samieira-Castrelo, tramo de Simes-Alto de Dorrón (Meaño), estando licitados os traballos necesarios para conseguir o enlace desta estrada coa estrada provincial 9213 A Granxa-Dorrón (Sanxenxo). Co obxectivo de mellorar a confluencia dos mencionados viais coa estrada que une Samieira co Busto ata a Armenteira a Deputación Provincial de Pontevedra realizou importantes obras de acondicionamento da estrada provincial 9214 Samieira-Busto, grazas á colaboración da maioría de veciños, que cederon parte dos terreos precisos para acometer estas melloras. Como queira que para a eficaz conclusión dos traballos iniciados se fai necesario actuar nun último tramo de 135 metros redactouse o presente proxecto, cuxa urxencia se xustifica pola necesidade de mellorar os anchos primitivos e así evitar, na medida do posible, os accidentes e o perigo que supoñían para a circulación. A maiores, o feito de que mellorar os primeiros tramos desta estrada implica un aumento de velocidade na circulación duns vehículos cuxos condutores, ó encontrarse co deficiente trazado do tramo final, poderían poñer en perigo tanto a súa integridade física coma a dos peóns. 3.- A aprobación definitiva da relación de propietarios e bens afectados consonte ó seguinte detalle: Número terreo Propietario Bens afectados 1 Eulogio Rosales Sanmartín e Rosa Guijanes PardoCamiño do Curro, nº 7Combarro-Poio 256 m2 de terreo incluído arboredo 2 Eulogio Rosales Sanmartín e Rosa Guijanes PardoCamiño do Curro, nº 7Combarro-Poio 212 m2 de terreo incluído arboredo ------ Folla: 5.5387.- MODIFICACIÓN DA ORDENANZA REGULADORA DA TAXA POR EXPEDICIÓN DE DOCUMENTOS DO ORAL Sr. Presidente.- Punto cinco. Modificación da ordenanza reguladora da taxa por expedición de documentos do ORAL. Intervencións. Votamos. ¿Votos en contra?. ¿Abstencións?. Todos a prol. Visto o acordo do Consello Reitor do ORAL (Organismo Autónomo Provincial de Xestión de Recursos Locais da Excma. Deputación Provincial de Pontevedra), de data 24 de marzo de 2006, para a modificación da ordenanza reguladora da taxa por expedición de documentos polo ORAL, co obxecto de adaptala á normativa vixente, transformar os importes das súas tarifas ó euro e para recoller na ordenanza as tarifas por novas actuacións administrativas no que respecta á entrega de impresos de declaración de alteración de titular catastral e ás certificacións expedidas polo ORAL dende o punto de información catastral, o Pleno, de conformidade co ditame da Comisión Informativa de Economía, Facenda e Turismo, acorda por unanimidade: -Aprobar a modificación da ordenanza reguladora da taxa por expedición de documentos administrativos polo Organismo Autónomo Provincial de Xestión de Recursos Locais da Excma. Deputación Provincial de Pontevedra (ORAL). - O expediente de modificación da ordenanza desta taxa exporase ó público por un prazo de trinta días hábiles mediante anuncio no Boletín Oficial da Provincia e nun diario dos de maior difusión da Provincia, a efectos de reclamacións. -No caso de non producirse reclamacións, este acordo considerarase elevado a definitivo. Estas modificacións entrarán en vigor e aplicaranse a partir do día seguinte ó da súa publicación no Boletín Oficial da Provincia. ORDENANZA REGULADORA DA TAXA POR EXPEDICIÓN DE DOCUMENTOS POR PARTE DO ORAL Art. 1º.- FUNDAMENTO E NATUREZA No uso das facultades conferidas polos artigos 133.2 e 142 da Constitución e polo artigo 106 da Lei 7/85 (LRBRL), e de conformidade co disposto nos artigos 15 ó 1

Área de documentación

Área de notas

  • Nota

Puntos de acceso

Área de control da descrición