Fondos
2006-05-31_Ordinaria. Acta de sesión 2006/05/31_Ordinaria
Acta de sesión 2006/05/31_Ordinaria
Área de identificación
Código(s) de referencia ES.GA.36038.ADPO.1.1.3.3.33.366/1.2006-05-31_Ordinaria
Título Acta de sesión 2006/05/31_Ordinaria
Data(s) 2006-05-31 (Creación)
Volume e soporte 1 acta de sesión
Área de contexto
Institución arquivística Arquivo Deputación de Pontevedra
Área de contido e estrutura
Alcance e contido Folla: No Salón de sesións da Excma. Deputación Provincial de Pontevedra, sendo as once horas do día trinta e un de maio do ano dous mil seis, baixo a Presidencia do Ilmo. Sr. Presidente D. Rafael Louzán Abal, reuníronse as/os Señoras/es Deputadas/os, D. Xosé Antón Araujo Quintas, Dona Nidia María Arévalo Gómez, D. Ramón Campos Durán, Dona Francisca Canal Gómez, D. Raúl Emilio Castro Rodríguez, D. Xosé Crespo Iglesias, D. José Juan Durán Hermida, D. Antonio Feliciano Fernández Rocha, D. José Manuel Figueroa Vila, D. Julio César García-Luengo Pérez, D. Emilio González Iglesias, D. Efrén Juanes Rodríguez, D. José Antonio Landín Eirín, Dona Clara Millán González, D. Xosé Cesáreo Mosquera Lorenzo, D. Constante Juan Muradas Ramos, D. Manuel Núñez Sestelo, D. Xosé Carlos Pazos Docampo, Dona María Teresa Pedrosa Silva, D. Juan Manuel Rey Rey, D. Alfredo Rodríguez Millares, D. Rodrigo Santiago Novas, Dona Belén Sío Lourido, D. José Enrique Sotelo Villar, D. Xabier Toba Girón e D. Jesús Vázquez Almuíña, co obxecto de celebrar sesión ordinaria do Pleno da Deputación, en primeira convocatoria, consonte á correspondente orde do día. Da fé do acto o Secretario Xeral, D. Carlos Cuadrado Romay, e está presente o Sr. Interventor Accidental, D. Antonio Graña Gómez. Declarada aberta a sesión e de orde da Presidencia éntrase seguidamente no exame da orde do día, adoptándose en relación coa mesma os seguintes acordos: ------ Folla: 1.5394.- ACTA ANTERIOR Sr. Presidente.- Punto primeiro. Aprobación do borrador da acta da anterior sesión, ordinaria, do día 26 de abril de 2006. ¿Algunha intervención?. Votamos. ¿Votos en contra?. ¿Abstencións?. Todos. Se aproba. Acórdase por unanimidade aprobar o borrador da acta da anterior sesión, ordinaria, do día 26 de abril de 2006. ------ Folla: 2.5395.- DELEGACIÓN DE COMPETENCIAS DO CONCELLO DE CUNTIS A FAVOR DO ORAL EN RELACIÓN CO IMPOSTO SOBRE O INCREMENTO DO VALOR DOS TERREOS DE NATUREZA URBANA, IMPOSTO SOBRE CONSTRUCIÓNS, INSTALACIÓNS E OBRAS, TAXA POLA EXPEDICIÓN DE LICENZAS URBANÍSTICAS E OUTROS RECURSOS MUNICIPAIS Sr. Presidente.- Segundo punto. Delegación de competencias do Concello de Cuntis a favor do ORAL en relación co imposto sobre o incremento do valor dos terreos de natureza urbana, imposto sobre construcións, instalacións e obras, taxas pola expedición de licenzas urbanísticas e outros recursos municipais. ¿Votos en contra?. ¿Abstencións?. ¿A favor?. Visto o acordo do Consello Reitor do ORAL (Organismo Autónomo Provincial de Xestión de Recursos Locais da Excma. Deputación Provincial de Pontevedra), de data 24 de marzo de 2006, sobre aceptación da delegación do Concello de Cuntis para realizar as facultades de xestión, liquidación, recadación e inspección do imposto sobre o incremento do valor dos terreos de natureza urbana, da liquidación definitiva da taxa por expedición de licenzas urbanísticas, así como a recadación executiva de todos aqueles recursos municipais que aínda non foron delegados, o Pleno, de conformidade co ditame da Comisión Informativa de Economía, Facenda e Turismo, acorda por unanimidade: Aceptar, de conformidade co previsto no artigo 7.2 do Real decreto lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o Texto refundido da Lei reguladora das facendas locais, a delegación na Deputación Provincial de Pontevedra-ORAL, que en materia de xestión de recursos locais, realizou o Concello de Cuntis, por acordo do Pleno de data 24 de novembro de 2005, seguindo o establecido nos artigos 106.3 da Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das bases de réxime local, e 7 do citado Real decreto lexislativo 2/2004. O detalle das facultades que delega o Concello de Cuntis son as seguintes: 1. A xestión, liquidación, recadación e inspección do imposto sobre o incremento de valor dos terreos de natureza urbana, estendéndose ós feitos impoñibles producidos con anterioridade á data de aprobación do acordo de delegación polo Pleno do Concello de Cuntis. 2. A recadación executiva de todos aqueles recursos municipais cuxa delegación non fora efectiva no ORAL, estendéndose os seus efectos ós expedientes iniciados en vía de constrinximento con anterioridade a data de aprobación do acordo de delegación polo Pleno do Concello de Cuntis. 3. A inspección e a emisión, notificación e recadación da liquidación definitiva do imposto sobre construcións, instalacións e obras. 4. A inspección e a emisión, notificación e recadación da liquidación definitiva da taxa pola expedición de licenzas urbanísticas. A citada delegación publicarase no Boletín Oficial da Provincia e no Diario Oficial de Galicia, tal como determina o meritado artigo 7.2 "in fine". ------ Folla: 3.5396.- EXPEDIENTE DE MODIFICACIÓN DE CRÉDITOS NÚMERO 2/2006 Sr. Presidente.- Punto número 3. Expediente de modificación de créditos número 2/2006. Sr. D. Cesáreo Mosquera. Sr. Mosquera Lorenzo.- Bos días. Gracias Sr. Presidente. Bueno, nesta modificación de crédito vamos a intervir, non pola súa contía, non é nada elevada, senón porque o feito desta modificación, a súa contía e todo o que leva asociado pois son unha demostración clara do que dixemos cando foi a liquidación do orzamento e da situación digamos da xestión desta Deputación. Estabamos afeitos todos os anos por estas alturas, incluso antes, incluso ás veces xa no mes de abril, e creo que un ano no mes de marzo, que vostedes fixeron expedientes de modificacións con contías elevadas porque había amplos remanentes, cousa que non sucede este ano, ó final os remanentes son uns 260.000 euros, que é unha auténtica miseria, practicamente temos para nós a firme sospeita de que incluso os remanentes reais deben andar moi cerca de ser negativos senón o son, sobre 140 ou 170 millóns de euros, onde se ... o orzamento consolidado, é dicir, que non chegue ós 200, que quede un cuarto de millón de euros parece que non é, en fin, se non é negativo dende logo hai uns axustes finísimos, e eso pois evidentemente é consecuencia do que temos xa denunciado neste Pleno, e que por un lado estiveron o ano pasado estimando á alza os ingresos, polo tanto houbo menos ingresos dos que contaban, ou sexa, que o orzamento foi inflado, e por outro lado estiveron tirando do gasto dunha maneira absolutamente desaforada e irreal por outro lado, gran parte do que meteron non se vai a dar executado porque a administración ten o seu ritmo e se mentres gobernaron en Madrid non lle acordou acelerar o ritmo desta institución por que de repente, cambiar un orzamento, inflalo e tirar do gasto, pois non cambia o ritmo, pero bueno, a vontade política está moi clara e eso dá un indicio moi claro do que temos dito e que os feitos están aí, e o ano pasado se non me acordo mal debe andar da orde dos 15 millóns de euros de remanentes que tiveron durante todo o ano para gastar. Incluso xa sabendo que os ingresos estaban inflados non se cortaron en adscribir eses 15 millóns para gastalos, e bueno, a consecuencia é que para este ano practicamente, practicamente non hai remanentes e nos traen estas modificacións así, que debe ser a máis pequena que se viu aquí en anos, en anos, home, igual houbo algunha pequeniña ó final de ano, dun axuste, e que en fin nestes momentos a Deputación non ten recursos para no resto do ano pois poder facer algunha outra modificación, e si que ten recursos, que ten todo eso, eses 6 ou 7 ou 8 millóns de euros que pode repartir o Presidente a dedo e demais, pero o que é orzamentariamente ou en canto a remanentes pois non ten recursos. E presentaron no Pleno pasado así como, en fin, como un trámite a cumprir polos tres meses e tal, ese plan de saneamento, xa poden pensar seriamente en ir facendo ese plan de saneamento pero na práctica, porque se seguimos, se o que pasou o ano pasado, de inflar os ingresos e despois non corresponderon os ingresos e practicamente estar sen remanentes, se o deste ano está igual e probablemente todos os indicios, non quero anunciar ata que haxa liquidación, evidentemente, e vai a pasar o mesmo pois entón si que vamos a ter un desequilibrio en serio, e o plan de saneamento vai ter que ser un pouquiño máis doloroso por dicilo dalgunha maneira, que o que nos presentaron aquí en Pleno recente. Nada máis. Sr. Presidente.- Moitas gracias Sr. D. Cesáreo Mosquera. Sr. D. Emilio González. Sr. González Iglesias.- Si, bueno estamos falando dunha modificación, que ó final son pouco máis de 800 mil euros, que dado que o Grupo Socialista votou en contra do orzamento loxicamente vai a votar en contra deste tema aínda que se dá algunha cuestión que estamos de acordo como os cartos dedicados ó proxecto Aquelando, pero tamén é certo que hai cuestións que non compartimos dentro desta modificación de crédito, e cuestións importantes para nós como é o tema de dedicar os 100.000 euros a esa operación de marquesiñas que vai a vir despois noutro punto, ou o detraer dos cartos dos concellos para outras cuestións en determinadas cousas. Polo tanto imos votar en contra. Sr. Presidente.- Moitas gracias. Sr. D. José Manuel Figueroa. Sr. Figueroa Vila.- Si, bos días. Bueno, polo que se ve a modificación de crédito non ten maiores problemas senón que se intenta facer un debate moito máis global. Nós o que podemos dicir dende o goberno é que bueno, temos outro punto de vista totalmente distinto ó que plantexa o BNG, no senso de que nós entendemos que esta Deputación ten unha economía saneada e que pode loxicamente facer as inversións que fixo nos últimos anos e seguir facendo o mesmo ritmo de inversións para os próximos anos, e que, bueno, pois hai unha forma de entender a política, uns ó mellor pensan que ter os cartos e non executar proxectos que é unha magnífica xestión, nós entendemos todo o contrario, que aquí estamos para administrar o mellor posible os cartos que se nos poñen para a nosa xestión diaria e anual e que pensamos que se hai diñeiro e hai posibilidade de facer inversións, aquí o que se trata é de facer inversións para mellorar a calidade de vida dos nosos cidadáns. Mire, son dúas formas distintas de entender a política. ¿Que ocorre?, hai grupos políticos que cando están na oposición fan o discurso da xestión económica e do saneamento das contas e cando chegan ó goberno pois fan o contrario, fan o que fai calquera goberno serio e responsable, facer as mellores inversións posibles dentro duns plans anuais ou bianuais ou como se planifique pero para redundar en beneficio dos cidadáns e creo que eso é o que aquí se está plantexando, nós nos inclinamos pola segunda opción, é dicir, que se hai posibilidade de facer inversións e facer proxectos e programas que beneficien a todos os nosos cidadáns da provincia os vamos a seguir facendo e eso é o que fixemos ata agora e vamos a continuar e deixar moi claro que as contas desta institución están perfectamente saneadas, que o traballo en canto á xestión económica eu creo que é bo, e que evidentemente vamos a seguir nesta liña de actuación, eu creo que non procedería facer outra cousa, eu creo que a ninguén nos perdoaría ter diñeiro para facer inversións que poidan mellorar a calidade de vida de todos os nosos conveciños e non facelo, e non sei cal sería a crítica se tivésemos o diñeiro e non investísemos, diríanos que non teríamos capacidade de xestión, que non teríamos proxectos, que non tiñamos ideas, etc., etc., bueno, pois agora nos din todo o contrario, nos veñen a dicir que temos ideas, que temos proxectos, que temos planificación, que temos programación, pero que gastamos o que temos, pois mire, nós preferimos gastar o que temos para redundar en beneficio de todos os conveciños e ese é o obxectivo que se plantexa como finalidade e como meta este goberno. Estou totalmente convencido que se tivésemos cartos para facer inversións e non os investísemos nos dirían todo o contrario, nos dirían que non tiñamos ideas nin tiñamos proxectos, entón cada un fai o seu discurso, nós vamos a facer o discurso que seguimos mantendo, é dicir, de investir dentro da medida das posibilidades que ten a economía desta casa para redundar en beneficio de todos. Sr. Presidente.- Moitas gracias Sr. Figueroa. Sr. D. Cesáreo Mosquera. Sr. Mosquera Lorenzo.- Si. Gracias Sr. Presidente. Home, proxectos e ideas me parece que exactamente teñen os mesmos que tiñan, exactamente. Non me leve o asunto polo río ese que estes debates, é moi fácil saírse pola tanxente porque os cartos estarían aí, e polo tanto non é un problema de que se gaste, todo o que se gaste nun ano ou noutro, ou se forza a maquinaria gastando en exceso co risco de caer en déficits profundos ou se agarda ó ano seguinte a ver como se liquida e a ver como foi, é toda a diferenza, ou sexa que non cambia para nada, vostede o sabe perfectisimamente. Ben, o que non me contestou foi o que dixen, primeiro, os orzamentos do ano pasado creo que por primeira vez en bastantes anos estiveron inflados en canto a ingresos, houbo como seis ou sete millóns de euros menos de ingresos do que vostedes presupostaron, ben, primeira cuestión. Segunda, é verdade que o ano pasado, o anterior, etc., andabamos falando do entorno de 15 millóns de euros de remanentes, que polo tanto se podían investir no que quixeran e este ano estamos falando dun cuarto de millón, ou sexa, sesenta veces menos remanentes dun ano para o outro, así de golpe, moitas ideas tiveron que ter, a idea fundamental que tiveron é tirar desto a escachar, ou sexa, gastar ata o límite que fora, esa foi a grande idea que tiveron, gastar, ¿en que?, xa case dá igual ou lles dá igual exactamente, esa é a cuestión, eso foi o que non me contestou, o resto unha perorata sobre se se inviste ou non, bueno, pois claro, claro que os cartos as administracións non os teñen para ter nun peto, pero si os teñen que xestionar ben e facer ben as previsións, esa é a cuestión. Sr. Presidente.- Moitas gracias Sr. D. Cesáreo Mosquera. Sr. D. José Manuel Figueroa. Sr. Figueroa Vila.- Si, non, para rematar, mire, é que depende como se queira analizar, nós entendemos que o ano pasado se fixo unha magnífica xestión e se executou o presuposto nun alto grado, e eso, bueno, pois quere dicir, que todo aquelo que se proxectou e todos os servizos e todos os responsables de cada departamento e a propia Presidencia pois fixo unha magnífica cuestión porque se executou o presuposto que se planificara. Bueno, pois esa é unha cuestión. Despois en canto á liquidación, bueno, pois veremos como queda ou non queda, é dicir, o analizaremos tamén se vostede quere, pero eu creo que algún día seguramente o faremos, porque este é un debate que claro ós cidadáns o único que lle preocupa realmente e se os cartos están ben investidos ou non están ben investidos. E home, e eu creo que esta casa, este goberno, estes catro anos, este mandato, se caracteriza por facer obras importantes na nosa provincia. Eu creo que se só nos cinguimos á cidade de Pontevedra, por non facer aquí un debate amplo de toda a provincia, que poderíamos facelo, e seguramente o teñamos que facer, porque eu creo que onde se pode facer unha valoración da xestión dun goberno é na relación de inversións coa rendibilidade que teñen esas inversións e se esas inversións foron ben feitas ou non. Mire, na cidade de Pontevedra só, falar dunha obra coma o Museo, supoño que é unha inversión importante, falar do Arquivo, falar dunha obra que vamos a facer como Pasarón, falar da nova ponte, é dicir, son só catro detalles que lle dou de inversións, que seguramente outras administracións nin o goberno central nin ninguén serían capaces de facer ou non fixeron. É que unha institución como esta provincial pode facer, falo da cidade de Pontevedra porque seguramente é a que coñecemos todos e na que estamos todos, pero poderíamos falar doutras inversións noutras partes da provincia. Bueno, pois esas son inversións que evidentemente requiriron uns investimentos importantes. Claro, porque vostede fala de presupostos, mire, eu llo volvo a dicir, e o digo sempre, non o digo aquí, o digo en todos os debates, eu non son técnico nin quero ser técnico, para eso está o Interventor, para eso hai economistas, para eso hai asesores, para eso hai persoas que nos din, pois mire, os números son así, as liquidacións son así, eu o único que quero saber como representante político dos cidadáns é, se teño cartos, se os cartos que teño son suficientes para facer inversións que rentabilicen en mellora de calidade dos nosos veciños e dos nosos concellos, eso é o que me interesa ou o que nos interesa a nós evidentemente. Vostede quere levar aquí este tema a un debate puramente técnico e a nós non, porque eu non son técnico, e o repito, incluso moitas veces cando me falan de urbanismo digo o mesmo, é dicir, é que non me interesa saber cuestións técnicas, non me interesa, para eso están os técnicos, para eso están os funcionarios, para eso hai persoas que gañaron unhas oposicións, e para eso hai asesores e miles de persoas que traballan e son persoal cualificado. Eu o único que lle digo é ós técnicos ¿temos capacidade de inversión suficiente, están as economías saneadas, non temos ningún problema nesta institución para seguir facendo inversións?, se nos din que si, pois nós, a obriga que temos como representantes de todos os cidadáns é buscar a mellor inversión posible e rentabilizala ó máximo, como se foran cartos nosos, e eso é o que estamos facendo, claro, porque vostede ten que entender, que obras importantes deste calado nesta institución nunca se fixeron, é dicir, estamos falando de inversións que evidentemente van a redundar nunha calidade de vida, nunha mellora dos servizos, etc., etc., bueno, pois eso é o que estamos buscando. E os técnicos que nos din, para pechar o discurso, os técnicos, os técnicos o que nos din é que a economía está saneada, que podemos seguir facendo inversións, e nós as facemos, e ese é o plantexamento que, que se vostede quere entrar nese discurso o facemos, pero bueno, eu creo que tampouco dá para máis, son seguramente dúas concepcións distintas, eu estou totalmente convencido Sr. Mosquera que se vostede estivera deste lado faría exactamente igual, igual, ó mellor tamén é certo que se nós estamos do seu lado faríamos a mesma crítica, bueno, pois é unha cuestión de onde está cada un posicionado en cada momento, vostede está na oposición, nós estamos no goberno, nós temos a responsabilidade do goberno e vostede licitamente e lexitimamente tamén ten a obriga de facer oposición porque para iso os cidadáns quixeron que foran oposición. Eu creo que son dous papeis que en democracia e nunha institución coma esta están perfectamente definidos. Nós seguimos dicindo que como goberno temos que seguir facendo o que estamos facendo e vamos a seguir facéndoo. Sr. Presidente.- Moitas gracias Sr. Figueroa. Procedemos á votación do punto número 3, expediente de modificación de créditos nº 2/2006. ¿Votos en contra?. ¿Abstencións?. ¿A favor?. Visto o expediente de modificación de créditos número 2/2006, dentro do vixente orzamento provincial, por un importe total de 846.538,73 euros, importe que supón unha modificación cuantitativa de 254.038,73 euros e unha modificación cualitativa de 592.500,00 euros, e que está motivado pola necesidade de realizar gastos que non poden demorarse ata o exercicio seguinte, e ó non existir consignación suficiente no estado de gastos do orzamento corrente financiarase da seguinte forma: -Os créditos extraordinarios, por importe global de 252.500,00 euros, con cargo a baixas do crédito de gastos das partidas do vixente orzamento provincial, 06/911.911.762.11, que minora o seu crédito en 150.000,00 euros e da partida 06/511.511.612.02 que igualmente minora o seu crédito en 102.500,00 euros. -Os suplementos de créditos, por importe de 254.038,73 euros, con cargo ó remanente líquido de tesourería. -As transferencias de crédito por importe global de 340.000,00 euros fináncianse coa partida 06/511.511.612.02 que minora o seu crédito por dito importe e van destinadas a incrementar o crédito nas partidas 06/911.911.662.02, 06/911.911.762.10 e 06/711.442.221.14, polos importes de 190.000,00 euros, 120.000,00 euros e 30.000,00 euros, respectivamente. O Pleno, de conformidade co dictame da Comisión Informativa de Economía, Facenda e Turismo, acorda por maioría de votos a favor do Partido Popular e cos votos en contra do PSOE e do BNG, aprobar o expediente de modificación de créditos número 2/2006, que resumido por capítulos presenta a seguinte estrutura: Capítulo 1º Gastos de persoal...................................... 81.600,00 ¤ Capítulo 2º Gastos en bens correntes e de servizos... 82.097,28 ¤ Capítulo 4º Transferencias correntes............................ 52.700,00 ¤ Capítulo 6º Investimentos reais.................................... 67.641,45 ¤ Capítulo 7º Transferencias de capital .......................... - 30.000,00 ¤ Total variacións por capítulos ........ 254.038,73 ¤ Dito expediente será exposto ó público, para efectos de reclamacións, por un período de quince días hábiles, quedando definitivamente aprobado en caso de non producirse estas. ------ Folla: 4.5397.- APROBACIÓN DEFINITIVA DO PROXECTO "EP 9703 VILANOVA-PONTEARNELAS (VARIANTE DE PONTEARNELAS)-VILANOVA DE AROUSA". DECLARACIÓN DA NECESARIA OCUPACIÓN DOS BENS AFECTADOS. APROBACIÓN DEFINITIVA DA RELACIÓN DE PROPIETARIOS AFECTADOS Sr. Presidente.- Punto número 4. Aprobación definitiva do proxecto "EP 9703 Vilanova-Pontearnelas (Variante de Pontearnelas)- Vilanova de Arousa". Declaración da necesaria ocupación de bens afectados. Aprobación definitiva da relación de propietarios afectados. ¿Votos en contra?. ¿Abstencións?. ¿A favor?. O Pleno da Deputación de Pontevedra, na sesión ordinaria que tivo lugar o día 30 de novembro de 2005, adoptou, entre outros, o acordo polo que se aprobaba inicialmente o proxecto "EP 9703 Vilanova-Pontearnelas (variante de Pontearnelas)" -Vilanova de Arousa, dotado dun orzamento para coñecemento da Administración de 382.647,10 euros, desagregado en orzamento de execución por contrata por importe de 220.000 euros e capítulo de expropiacións por importe de 162.647,10 euros, así como a declaración de utilidade pública da obra e a solicitude á Xunta de Galicia da declaración de urxente ocupación dos bens afectados. Este proxecto someteuse a información pública, durante o período regulamentario, en virtude de edito publicado no Boletín Oficial da Provincia con data 25 de abril de 2006 (BOP nº 32), no taboleiro de anuncios do Concello de Vilanova de Arousa, en varios periódicos da localidade, notificándolles ademais persoalmente a todos os afectados a apertura do citado período de información pública e non formularon alegacións. Co fin de dar continuidade ó expediente expropiatorio iniciado no seu día por esta entidade local, á vista dos informes que emitiu o Servizo de Vías e Obras e de conformidade co ditame da Comisión Informativa de Vías e Obras, o Pleno acorda por unanimidade: 1.- A aprobación definitiva do proxecto "EP 9703 Vilanova-Pontearnelas (variante de Pontearnelas) -Vilanova de Arousa", dotado dun orzamento para coñecemento da administración de 382.647,10 euros, desagregado en orzamento de execución por contrata por importe de 220.000 euros e capítulo de expropiacións por importe de 162.647,10 euros. 2.- A declaración da necesaria ocupación dos bens e dereitos afectados polo citado proxecto, en base ó informe emitido polo enxeñeiro técnico xefe da zona na que se indica que "a Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Transportes e a Deputación de Pontevedra decidiron acometer a mellora dun dos puntos máis conflitivos da estrada autonómica Mosteiro-Cambados, vía de enlace da capital da provincia con Cambados, ó seu paso polo lugar de Pontearnelas, actualmente cunha estreita ponte sobre o río Umia. Esta circunstancia obrigou a propoñer a construción dunha nova ponte e unha variante á estrada autonómica, o que implica que a estrada provincial 9703 Vilanova-Pontearnelas enlace no mesmo punto que a Consellería propón, xa que a construción dunha rotonda por parte deste organismo permitirá ordenar a circulación e suprimir o enlace da estrada provincial no tramo que quedará fóra de servizo e que actualmente accede en curva revestindo unha enorme perigosidade. Todo isto esixe unha variante ó tramo de estrada obxecto do presente proxecto e que, como se indicaba anteriormente, vén esixido pola nova ordenación do tráfico e a continuidade da estrada autonómica ata Vilanova de Arousa. En consecuencia, a necesaria e urxente ocupación vén motivada non só pola mellora en canto á seguridade viaria que se conseguirá coa nova proposta, senón que con este proxecto se pretende continuar o anteriormente citado xa en ensanche e cuxa obra debería culminarse de forma conxunta para, desa forma, poñela en servizo ó mesmo tempo. 3.- A aprobación definitiva da relación de propietarios e bens afectados segundo o seguinte detalle: Terreo número PROPIETARIO BENS 306 Nome: RAMÓN VÁZQUEZ GONZÁLEZEnderezo: Sobreiro, 13 (Oubiña)Cp./Municipio: Cambados 72,40 m2 labradío 353,50 m2 viña 6,00 Uds. Cabeceiras de viña 54,00 Uds. Postes de pedra (2,50x0,15x0,10) 353,50 m2 aramado 85,00 Uds. Cepas de viña antigas 1357 Nome: MANUEL CASTRO CORES (CURA COMBARRO)Enderezo: Cp./Municipio: 131,30 m2 labradío inculto 308 Nome: CONSUELO CORES GONZÁLEZEnderezo: Tombo, 8 (Oubiña)Cp./Municipio: Cambados 98,40 m2 monte 308-1 Nome: CARMEN MARIÑO OTEROEnderezo: Sobreiro, 1 (Oubiña)Cp./Municipio: Cambados 62,50 m2 monte 4,00 Uds. Carballos antigos 1346 Nome: CECILIA GONZÁLEZ BUCETAEnderezo: Outeiro, 6 (Oubiña)Cp./Municipio: Cambados 3,20 m2 monte 5,00 Uds. Carballos novos 1,00 Ud. Muro de rebos (6,5x0,40) 438-1 Nome: JAIME SANTOS MOARESEnderezo: Solobeira, 2Cp./Municipio: Vilagarcía 92,00 m2 viña 15,00 Uds. Pés novos albariño 2,00 Uds. Cabeceiras viña 3,00 Uds. Postes de pedra (2,50x0,12x0,12) 1,00 Ud. Muro de rebos (14x1,25) 541 Nome: Mª CECILIA GONZÁLEZ BUCETAEnderezo: Outeiro, 6 (Oubiña)Cp./Municipio: Cambados 938,30 m2 monte 1,00 Muro de rebos 15x1,00 3,00 Uds. Acivos antigos 14,00 Uds. Carballos antigos 4,00 Uds. Piñeiros antigos 9,00 Uds. Eucaliptos antigos 543 Nome: ANA BELÉN CASTRO GONZÁLEZEnderezo: R/Enxeñeiro Fernández Casariego, 12-2º B(La Felguera-Langreo)Cp./Municipio:Asturias 564,80 m2 monte 2,00 Uds. Loureiros 2,00 Uds. Carballos pequenos 3,00 Uds. Carballos antigos 545 Nome: Mª CECILIA GONZÁLEZ BUCETAEnderezo: Outeiro, 6 (Oubiña) Cp./Municipio: Cambados 256,00 m2 monte 1,00 Ud. Acibo 5,00 Uds. Carballos antigos 2,00 Uds. Loureiros 1,00 Muro de rebos (14,40x1,00) 554 Nome: ANGEL FARIÑA NÚÑEZEnderezo: Bouza do Rei, 10 (Oubiña)Cp./Municipio: Cambados 49,40 m2 viña en parra 12,00 Uds. Pés viña caíño mediano 6,00 Uds. Postes pedra (3,00 x0,15x0,15) 4,00 Uds. Viguetas (4m/l.) 49,40 m2 aramado 556-557 Nome: ISABEL TORRES AMOEDOEnderezo: Barcia, 42 B (Baión)Cp./Municipio: Vilanova de Arousa 609,20 m2 monte 5,00 Uds. Carballos antigos 28,00 Uds. Carballos medianos 3,00 Uds. Piñeiros antigos 558 Nome: MARCELINO FEIJOO ABALEnderezo: Gombra, 22 (Tremoedo)Cp./Municipio: Vilanova de Arousa 6,00 m2 monte 1,00 Ud. Nespereira nova 559 (1) Nome: ISIDORO DURÁN CABREIROEnderezo: Campo da Vila (Oubiña)Cp./Municipio: Cambados 130,60 m2 viña en espaller 9,00 Uds. Postes cabeceiras 559 (2) Nome: Mª JESÚS CASTRO MOLDESEnderezo: Gombra, 21 (Tremoedo) Cp./ Municipio: Vilanova de Arousa 135,90 m2 labradío 561 Nome: Mª CARMEN NOYA BAÑAJUANA BAÑA PADÍNEnderezo: Pontearnelas, 40 92,80 m2 viña cepa redonda 60,00 Uds. Pés cepa redonda mediana 562 Nome: LUCÍA LEIRO BLANCOEnderezo: Bouza do Rei, 24 (Oubiña)Cp./Municipio: Cambados 255,70 m2 labradío 57,00 m2 viña en parra 4,00 Uds. Pés albariño adultos 8,00 Uds. Pés albariño novos 5,00 Uds. Postes pedra (3,00x0,15x0,15) 2,00 Uds. Cabeceiras viña 57,00 m2 aramado 3,00 Uds. Viguetas (4 m/l) 563 Nome: Mª JESÚS CASTRO MOLDESEnderezo: Gombra, 21 (Tremoedo)Cp./Municipio: Vilanova de Arousa 8,00 m2 labradío 3,00 Uds. Cabeceiras viña 3,00 Uds. Postes pedra (2,50x0,10x0,15) 566 Nome: VICTORIA SANTORUM SUBIAEnderezo: Casas Novas, 5 (Oubiña)Cp./Municipio:Cambados 237,70 m2 monte 25,00 Uds. Piñeiros novos 2,00 Uds. Eucaliptos medianos 1,00 Ud. Sobreira 5,00 Uds. Carballos novos 567 Nome: ISABEL TORRES AMOEDOEnderezo: Barcia, 42 B(Baión)Cp./Municipio: Vilanova de Arousa 210,20 m2 monte 40,00 Uds. Piñeiros moi novos 568 Nome: NINFA ABAL DÍAZEnderezo: Cereixeira, 15 (Oubiña)Cp./Municipio: Cambados 71,50 m2 monte 3,00 Uds. Carballos moi antigos 731 Nome: CARMEN MOLDES TUBÍOEnderezo: Gombra, 19 (Tremoedo)Cp./Municipio: Vilanova de Arousa 97,80 m2 horta 114,00 m2 viña en parra 2,00 Uds. Cabeceiras viña 12,00 Uds. Postes pedra (2,50x0,15x0,10) 50,00 Uds.Pés viña antigos - medianos 4,00 Uds. Froiteiras antigas 1,00 Ud. Presa rego en terra 1-A Nome: LUIS OUBIÑA OTEROEnderezo: Bouza do Rei, 36 (Oubiña)Cp./Municipio:Cambados 130,30 m2 labradío 662,80 m2 monte 7,00 Uds. Piñeiros medianos 7,00 Uds. Eucaliptos medianos 1,00 Muro de rebos (16x0,80) 2,00 Uds. Cabeceiras viña 1,00 Ud. Pé viña antigo 4,00 Uds. Vimbios novos 6,00 m2 aramado 11,00 m2 viña en parra ------ Folla: 5.5398.- EXPEDIENTE DE DESAFECTACIÓN E PERMUTA DE PARCELA SOBRANTE NA "EP SAN VICENTE DO MAR-O GROVE" Sr. Presidente.- Punto número 5. Expediente de desafectación e permuta de parcela sobrante na "EP San Vicente do Mar-O Grove". ¿Votos en contra?. ¿Abstencións?. ¿A favor?. Visto que a Deputación de Pontevedra está a realizar as obras de ensanche e acondicionamento da EP San Vicente do Mar-O Grove, resultando destas unha parcela sobrante da estrada. Visto que Ricardo Muñiz Viéitez, que é titular dunha das propiedades afectadas por esa variante, solicitou permutar dito predio co sobrante da estrada anteriormente mencionado. Visto o informe favorable á permuta do enxeñeiro de Vías e Obras, e de conformidade co disposto no Real Decreto 1372/1986, de 13 de xuño, do Regulamento de bens das entidades locais, e de conformidade co ditame da Comisión Informativa de Vías e Obras, o Pleno acorda por unanimidade: Primeiro.- Iniciar o expediente de desafectación da parcela sobrante dunha superficie de 514,44 m2 , sita na parroquia de San Martiño, do termo municipal do Grove de propiedade provincial e debidamente identificada no plano topográfico realizado polo Servizo de Vías e Obras, que forma parte do expediente. Segundo.- Abrir un período de información pública durante un mes, para efectos de presentación de alegacións, mediante a publicación dun anuncio no Boletín Oficial da Provincia con carácter previo á resolución definitiva do expediente. Terceiro.- Proceder á permuta, previa a súa desafectación, da parcela referida no punto primeiro coa parcela denominada "Franqueira", sita na parroquia de San Martiño, do termo municipal do Grove, dunha extensión superficial de 452,28 m2 e terreo irregular, pertencente a Ricardo Muñiz Viéitez. Cuarto.- Facultar ó Ilmo. Sr. Presidente da Deputación de Pontevedra para o asinamento de cantos documentos e escrituras sexan necesarios para levar a efecto a permuta. ------ Folla: 6.5399.- PERMUTA DE DÚAS PARCELAS PERTENCENTES Á FINCA "GRANXA DE SALCEDO" (MISIÓN BIOLÓXICA) CON OUTRAS DÚAS DE PROPIEDADE PARTICULAR Sr. Presidente.- Punto número 6. Permuta de dúas parcelas pertencentes á finca "Granxa de Salcedo" (Misión Biolóxica) con outras dúas de propiedade particular. ¿Votos en contra?. ¿Abstencións?. ¿A favor?. Visto o escrito de data 2 de febreiro de 2005, subscrito pola directora da Misión Biolóxica, polo que se solicita que se proceda á permuta de dous terreos pertencentes á denominada "Granxa de Salcedo" -propiedade desta Deputación Provincial-, cuxo uso foi cedido no seu día ó antedito organismo por esta Institución Provincial, con outras dúas pertencentes ós esposos Miguel Valentín Jáudenes López de Castro e Isabel Dios Orozco e sitas igualmente no lugar de Salcedo, na estrada de Vigo a Pontevedra, Nacional 550 e lindeiras con aquelas. Visto o plano de medición topográfica elaborado polo Servizo de Vías e Obras e polo que se pon de manifesto a superficie e delimitación dos terreos ós que se refire a proposta de permuta. Visto o informe-valoración emitido polo enxeñeiro director do Servizo Agrario polo que se acredita que a diferenza de valor dos terreos a permutar non supera o límite que establece o artigo 112.2º do Regulamento de bens das entidades locais. Vistas as certificacións rexistrais e do catastro descritivas e gráficas obrantes no expediente. Vista a certificación expedida polo secretario xeral desta Deputación Provincial sobre a natureza demanial de servizo público, dos bens de propiedade provincial. O Pleno, de conformidade co ditame da Comisión Informativa de Vías e Obras, acorda por unanimidade: a) Iniciar o expediente de desafectación dos terreos sinalados coas letras A e B na medición topográfica realizada polo Servizo de Vías e Obras (obrante no expediente), cunha extensión respectivamente de 1.400 m2 e 750 m2, de propiedade provincial e pertencentes á denominada "Granxa de Salcedo". b) Abrir un período de información pública dun mes, para efectos de presentación de alegacións, mediante publicación no Boletín Oficial da Provincia, con carácter previo á resolución definitiva do expediente. c) Proceder á permuta -previa a súa desafectación- das parcelas referidas no apartado a) coas de propiedade dos esposos Miguel Valentín Jáudenes López de Castro e Isabel Dios Orozco, que na referida medición topográfica obrante no expediente veñen sinaladas coas letras C e D, cunha extensión superficial respectivamente de 1.210 m2 e 700 m2. d) Facultar ó Ilmo. Sr. Presidente da Deputación Provincial para a sinatura de cantos documentos e escrituras sexan necesarios para levar a efecto a permuta. ------ Folla: 7.5400.- CONVENIO DE COLABORACIÓN ENTRE A DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA E A CAIXA DE AFORROS DE VIGO, OURENSE E PONTEVEDRA-CAIXANOVA PARA O SUBMINISTRO E INSTALACIÓNS DE MARQUESIÑAS EN DIVERSAS PARADAS DE AUTOBUSES DA PROVINCIA DE PONTEVEDRA Sr. Presidente.- Punto número 7. Convenio de colaboración entre a Deputación Provincial de Pontevedra e a Caixa de Aforros de Vigo, Ourense e Pontevedra-Caixanova para o subministro e instalacións de marquesiñas en diversas paradas de autobuses da provincia de Pontevedra. Sr. D. Cesáreo Mosquera. Sr. Mosquera Lorenzo.- Si, gracias Sr. Presidente. Un pelín sorprendente que un asunto tan complexo como é o das marquesiñas aínda que non o pareza, pois que se pretenda resolver aquí contratando mediante concurso de ideas, non se sabe exactamente con que finalidade, digo concurso de ideas, se é para primar o sostemento, se é para primar a publicidade, se é para, en fin, primar o tamaño, verémolo no seu momento, este recurso que eu creo que todos os que temos xa certos anos, nos acordamos, que dende os anos 60-70-80, despois desapareceu un pouco, de vez en cando topabamos nas estradas por aí colocadas as marquesiñas con publicidade da Caixa, o Banco Pastor, de ELNOSA, e de calquera entidade en fin que parecía que facía un labor benefactor, que despois na práctica pois sabíamos como remataban, a cantidade de marquesiñas que estiveron colocadas nas nosas vías por aí, pois se perviviran, se colocaran adecuadamente, se desprazaran cando fora necesario, e se foran repostas pois probablemente, probablemente non, seguro que sobraban, sobraban pero en cantidade. Porque o problema de fondo que todos sabemos é que este tipo de instalacións son de difícil e custoso sostemento, creo que eso é de sobra coñecido e así hai que ir facendo pois outro tipo de solucións que pasan pois por telas, depende, nas cidades, telas adxudicadas a algunhas empresas que as sosteñan a cambio dalgunha prestación como publicidade ou similares, o que está claro é que o grave problema das marquesiñas e todos o sabemos é que o sostemento non é fácil nin moito menos e ó final pois sabemos cales son os resultados, bastante triste no sentido de ver por aí ciscadas marquesiñas para despois servir para calquera outro fin máis para o que foron creadas. Ben, entón que se quere, que conclusión, eu creo que é evidente, é dicir, este convenio pois volve a reincidir no mesmo tipo de erro que se veu repetindo durante moitisimos anos. E bueno poñemos unha marquesiña, o día que se pon é moi bonita, suponse que será moi bonita, xa veremos se é ou non, e ó final pois lle pasamos ós concellos, ou sexa repartidos en sesenta e pico entidades que nin teñen a capacidade nin, en fin, é un elemento estraño, supoño que nese concello hai dúas, ¿como se sosteñen esas dúas?, ¿ten relación directa coa empresa que as colocou, que non as colocou?, etc., etc. Ou sexa que o futuro pois parece que se vai a repetir e ó non quedar asegurado nin haber ningunha fórmula imaxinativa, nin buscar algunha solución, porque de todas estas marquesiñas por exemplo se houbera un contrato de publicidade, por exemplo pois haberá unhas mellores e outras peores, pois igual a empresa ten que encargarse de todas, se ten algunha boa que lle interesa pois ten que levar as outras, o cal nos garante o sostemento e tiñamos marquesiñas pois para dez, quince anos, e estabamos cumprindo unha función en colaboración con Caixanova e tiñamos marquesiñas funcionando, e bueno e ben organizadas, esto non se fai, non se apunta por ningún lado senón todo o contrario, entón os concellos se atoparan con sete ou oito ou dez modelos de marquesiñas, insostibles, alá se lle pasa ós concellos, se inauguran, se poñen moi monas, e ó final pois repetimos erros que se leva repetindo hai corenta anos e demais cando a solución está buscada, e xa digo e incluso por vía de financiamento privado ou como sexa, ou servizos experimento provincial, que eu non o aconsellaría porque non tería a Deputación, tería certas dificultades, pero bueno podía contratar cunha empresa ese sostemento, algo dese tipo, buscar algunha fórmula que realmente as marquesiñas non se deben poñer os logotipos moi monos e colgalas alí e despois pois bueno rematen no estado en que rematen, por desgracia máis ben pronto que tarde, polo tanto esto ten unha eiva de fondo tremenda, ten unha eiva de fondo tremenda, que o fan francamente pois bueno, pódese compartir, non está moi ben poñer as marquesiñas, si, pero é que eso xa levamos corenta anos colocándoas, está moi ben, pero ó final non damos resolto o problema e con esto tampouco se resolve, se poñerán máis e sen moita máis, incluso a propia condición, leo o convenio e tal, levará un anagrama de Caixanova, nin Caixanova ten moita fe en que esa publicidade ou o que sexa lle vai, é dicir, desfacerse dos cartos, é dicir, colóquenas e despois arránxenas, Caixanova non participa nada, os cartos e ala, poñan o logotipo e non quero saber nada, porque xa está escarmentada, claro, leva colocado centos delas, Caixa Pontevedra, Caixa Vigo e Caixa Ourense, levan colocado centos delas e sempre co mesmo resultado, sempre co mesmo resultado, creo que hai un erro, que o obxectivo en si estaría ben pero eu pediríalle que buscaran unha solución e se non podemos colocar x marquesiñas colocamos a metade ou as que sexan pero que as que se colocan realmente non dean esa imaxe de estar aí tiradas, incluso que é mala imaxe para a propia institución que as coloca co seu anagrama, é mala imaxe, e non resolve, é dicir, estamos sempre co mesmo problema, cando hoxe pois hai fórmulas que todos coñecemos que permiten dar unha solución pois máis ou menos acaída, se non é definitiva pois polo menos moito mellor que esta que se está propoñendo no convenio. Dende logo non se espremeron moito a cabeza, se cadra por eso que lle acaba de dicir o Portavoz Figueroa, vai por aí, non hai que saber nada desto, simplemente se está e aparece algo bo, pero o adxectivo bo se non se articula ben pois pode rematar sendo pois un fiasco. Sr. Presidente.- Moitas gracias Sr. Mosquera. Sr. D. Emilio González. Sr. González Iglesias.- Si, no orzamento levaban vostedes unha partida para comprar aparatos de xogos para parques infantís e repartilos polos diferentes concellos da provincia, debeulle parecer ben a idea que agora suman as marquesiñas, e as marquesiñas xa non vou a entrar no que lle estaba comentando o interveniente anterior, nós temos de mantemento e tal que creo que todos os coñecemos, pero si en dicirlle que hai fórmulas diferentes e vostedes sábeno, fórmulas diferentes ás de comprar marquesiñas e repartilas, fórmulas nas que poden entrar os concellos, na Comunidade Autónoma, as propias empresas de transporte, etc., etc., e facer un plan e facelo en condicións e facelo ben. Esto parece que alguén nunha noite se lle ocorreu esta historia, que non é nova, vén dando voltas moitos anos en diferentes sitios e realmente o que vamos a mirar ó final é que se había un modelo dos concellos, outro modelo da Xunta, outro modelo das empresas, como marquesiñas colocadas por aí, agora vai haber un novo máis que é este. É dicir, nós non estamos a favor de plantexar os temas deste xeito e vamos a votar en contra loxicamente. Sr. Presidente.- Si, moitas gracias. Sr. D. José Juan Durán. Sr. Durán Hermida.- Si, gracias Sr. Presidente. Bos días. Ben, estamos falando dun convenio que ten unha inversión, que supón a inversión nas anualidades 2006, 2007 e 2008, de cen millóns de pesetas, 600.000 euros, ó 50% entre esta institución e a entidade Caixanova, como ben se dixo. Estamos falando dun convenio que vai permitir instalar en diferentes puntos da provincia de Pontevedra tanto zonas urbanas como zonas rurais unha serie de marquesiñas que van a permitir en paradas de autobuses, paradas de autobuses por suposto de viaxeiros en xeral, pero tamén para transporte escolar, tamén para uso por suposto de persoas con discapacidade e persoas da terceira idade, dunhas infraestructuras, dunhas instalacións cremos que necesarias, necesarias para loxicamente o que é o acceso ó transporte público nunha serie de lugares. Estamos falando en definitiva de investimentos, estamos falando de cuestións que teñen que ver con mellorar a calidade de vida dos veciños, ese é o plantexamento que se fai e o que se pretende levar a cabo, e que nos consta ademais por parte de numerosos alcaldes que están desexando que se poña en marcha este convenio e se execute o mesmo para dese xeito poderse dotar en cada un dos seus concellos destas instalacións. Home, non debe ser algo tan descabellado nin debe haber esa descordenación da que falan vostedes ou esa multiplicidade de deseños cando a propia Xunta de Galicia ten en marcha un proxecto, un programa destas características, a diferenza, que é unha diferenza de matiz, é pequena, a verdade é que unha diferenza, é un lixo, é que a Deputación de Pontevedra vai a investir 100 millóns de pesetas nesta provincia e a Xunta de Galicia en catro provincias de Galicia vai a investir a metade. Pero bueno o importante Sr. Mosquera non vai ser o investimento senón que posiblemente algún destacado e glamoroso Vicepresidente pois inaugurará algunha marquesiña con todo o bombo, a pompa e boato destes casos, porque aquí do que se trata é de acusar ou criticar o que fan os demais e esquecerse de que, bueno, pois hai actuacións que realmente son difíciles de entender. Ás veces as intervencións que se producen no Pleno pois dá a sensación esa que alguén ten algún tipo de mala conciencia por algún tipo de fallos ou de carencia na xestión dalgunha outra institución de nivel superior a esta, e entón hai que atacar o que se fai dende aquí para tratar de desculpar o que se fai dende alí. Efectivamente ás veces se rompen as marquesiñas, se rompen ou se deterioran. Bueno, supoño que haberá autoridades e responsables que terán que tomar medidas en materia de atallar situacións de inseguridade ou de vandalismo que se están producindo de xeito crecente pero en todo caso tampouco esta institución provincial. O importante, o importante é que este convenio vai saír adiante e que nun prazo curto de tempo se poderán empezar a instalar esas marquesiñas, que ó final o que ten que usar o transporte público colectivo, o que lle importa sobre todo en zonas como Galicia, con inclemencias en grande parte dos meses do inverno, inclemencias importantes, é estar protexido e guarecido das mesmas mentres chegan os autobuses. Máis nada Sr. Presidente. Sr. Presidente.- Moitas gracias Sr. D. José Juan Durán. Sr. D. Cesáreo Mosquera. Sr. Mosquera Lorenzo.- Si, é que non alcanzo a entender, creo que se está dicindo algo, transmitindo unha experiencia que non é un problema nin puntual de agora nin que non sei se a Xunta quere facer ou desfacer e se o fai así non sei cales son as condicións, diría o mesmo, ademais que é unha experiencia que pasan todas as cidades, que pasan todas as vilas, alcaldes de vilas de certo tamaño intentan resolver o problema das marquesiñas desta maneira e a única maneira que se descubriu que funciona é a que acabo de dicir, entón non descubramos o Mediterráneo, e eu pregunto, pois a ver en Vigo como teñen as marquesiñas, ¿tamén as coloca o concello e as coloca a Deputación e despois quedan alí e non hai ningún sostemento?, non porque xa se sabe o que vai pasar, en Santiago igual, en Coruña igual e en Madrid igual, en Lisboa igual, onde queira, non descubramos o Mediterráneo, o que é evidente é que a provincia de Pontevedra, digo con este número que se vai poñer, seleccionalas, eu asegúrolle que unha empresa, se quere ir por esa vía, senón habería que poñer un servizo, se quere ir por esa vía porque é a que mellor coñezo, se lle encarga a unha empresa a cambio dos dereitos de publicidade que coloque a marquesiña, lle coloca todas gratis e despois llas sostén impecablemente, impecablemente durante o tempo. Se o problema non é o investimento o problema é como xerar para o sostemento. Entón esto, bueno, ogallá sala ben, que dá a sensación que queremos que sala mal, ogallá sala ben, pero o problema é que xa pasou unha vez, dúas, tres, levamos corenta anos así e todo o mundo rematou nesa situación e non é un problema que haxa hoxe máis vandalismo, eso fíxose hai dez anos, hai quince, hai vinte, é que é a realidade, e bueno, obviar a realidade e dicir que tal, bueno, pois non pasa nada, oia, se lles parece mal dicirllo, poñerlle a experiencia do que sucedeu noutros lados, a provincia de Pontevedra é bastante urbana, xa que hai interese, hai interese por parte das empresas en eso, xa digo pola outra vía, hai outras vías de sostemento en darllo a unha empresa e demais, pero sería gravoso para o interese público. É bastante urbana, quero dicir, hai interese en facelo, seguro, ou sexa, unhas mellor, outras peor, pero no conxunto, e llas colocan gratis, llas colocan gratis e moi boas, e despois o sosteñen, se o están facendo todas as administracións, todas as que teñen que necesitan marquesiñas. Bueno, inventan agora aquí unha fórmula que se demostrou fracasada, ben, ogallá lle sala ben, faltaría máis, porque as marquesiñas son necesarias, agora veremos se dentro de dous, tres ou catro anos pois non estamos na mesma situación. Bueno, agora volvemos a comprar máis, porque aquelas fallaron todas, despois vótanlle a culpa ó empedrado, a culpa é de que a Policía non as vixiou, a Garda Civil nas vixiou, a Policía Nacional nas vixiou, ou os concellos foron uns badanas, non, non, porque se fora un caso, pero é que xa está reiterado centos de concellos durante ducias de anos, polo tanto é algo que se sabe que é certo, bueno, se vostedes descobren sempre o Mediterráneo e fórmulas que todo o mundo tivo que ir aplicando e que se están aplicando e que están funcionando non valen aquí, aquí valen as que se demostran fracasadas pois nada, adiante, alá vostedes. Sr. Presidente.- Moitas gracias Sr. Mosquera. Sr. D. Emilio González. Sr. González Iglesias.- Si, Sr. Durán, mire, eu creo que na intervención anterior falei de incorporar precisamente á Consellería, ós concellos e ás empresas de transporte, é dicir, non me esquecín de nada como dicía vostede despois na seguinte intervención. Home, hai unha cousa que é certa, probablemente dende hai moitos anos, a Deputación é a primeira vez dende hai anos que volve a esta historia das marquesiñas, eso é verdade, pero é certo e vostede recoñecerá comigo porque gobernaron dezaseis anos na Xunta, que a Xunta dedicou anos a ese tema e entón parece normal, parece normal que dediquen bastantes menos cartos dos que vai dedicar esta institución nestes tres anos. Parece normal porque parece que levaba anos nesta mesma historia, porque non é de agora. Simplemente eu volvo a repetir, hai fórmulas diferentes, moito máis rentables para todos os veciños, porque se é rentable para o Concello, para a Deputación, para a Consellería e para as empresas de transporte tamén é rentable para os veciños, que non é só esta a fórmula. Sr. Presidente.- Moitas gracias. Sr. D. José Juan Durán. Sr. Durán Hermida.- Ben, xa de xeito máis breve, eu Sr. Mosquera dubido que haxa empresas, que haxa empresas como vostede dicía, dubídoo, que en determinados entornos rurais, entornos que a publicidade non ten unha posibilidade grande de poder cumprir co que é o seu fin, pois estean interesadas en colocar este tipo de marquesiñas. Estas son marquesiñas que ó final pois unhas van a estar en zonas peonís, en zonas comerciais certamente importantes, e eso si, pero hai outras, posiblemente a meirande parte que estean en ámbitos rurais, e en consecuencia creo que aí ese fin da publicidade, en consecuencia do interese que irían as empresas que vostede alude creo que non sería posible. En todo caso, en todo caso e enlazando coa intervención do Sr. González Iglesias ó mellor, ó mellor, se vostedes fan as xestións, porque non sei se as marquesiñas veñen pola banda de benestar da Vicepresidencia ou de Política Territorial, non, non o sei, é que non recordo agora mesmo o programa correspondente, pero si que por exemplo poden vostedes instar á Xunta de Galicia a que nesas zonas onde ó mellor non hai esa posibilidade de colocar marquesiñas, polo tema das empresas, pois que o faga directamente a Xunta e nós o faríamos no resto dos sitios, falando coa antelación precisa pois podemos encaixar o convenio nesa dirección. Nada máis. Sr. Presidente.- Moitas gracias. Procedemos polo tanto á votación e á aprobación do convenio de colaboración entre a Deputación e Caixanova, para a instalación desas marquesiñas. ¿Votos en contra?. ¿Abstencións?. ¿A favor?. De conformidade co ditame da Comisión Informativa de Vías e Obras, o Pleno acorda por maioría de votos a favor do Partido Popular e coas abstencións do PSOE e do BNG, aprobar o convenio de colaboración entre a Deputación Provincial de Pontevedra e a Caixa de Aforros de Vigo, Ourense e Pontevedra-Caixanova para o subministro e instalacións de marquesiñas en diversas paradas de autobuses da provincia de Pontevedra. Dito Convenio é como segue: CONVENIO DE COLABORACIÓN ENTRE A DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA E A CAIXA DE AFORROS DE VIGO, OURENSE E PONTEVEDRA-CAIXANOVA PARA O SUBMINISTRO E INSTALACIÓNS DE MARQUESIÑAS EN DIVERSAS PARADAS DE AUTOBUSES DA PROVINCIA DE PONTEVEDRA. En Pontevedra, de de 2006 REUNIDOS Dunha parte, o Ilmo. Sr. Rafael Louzán Abal, na súa condición de Presidente da Excma. Deputación Provincial de Pontevedra, actuando en virtude das facultades representativas que lle atribúe o artigo 34.1 b) da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases do réxime local e 105.1 a) da Lei 5/1997, do 22 de xullo, da administración local de Galicia. E doutra, D. Julio Fernández Gayoso, en nome e representación da entidade Caixa de Aforros de Vigo, Ourense e Pontevedra-Caixanova. As partes asinantes recoñécense mutuamente plena lexitimación, capacidade e representación para a sinatura do presente convenio, e, para estes efectos, EXPOÑEN Que a Deputación de Pontevedra entre as competencias que lle atribúe as leis do Estado e das Comunidades Autónomas, e en todo caso as que lle outorga o artigo 36 da Lei 7/1985, de 2 de abril Reguladora das Bases de Réxime Local, está a prestación de servizos públicos de carácter supramunicipal, a cooperación no fomento do desenvolvemento social e en xeral, o fomento e a administración dos intereses peculiares da provincia. As dúas entidades asinantes asumiron nos seus respectivos ámbitos o firme compromiso de mellorar a calidade na prestación dos servizos públicos, neste caso, mediante a instalación de marquesiñas para a espera dos autobuses, protexendo ós cidadáns das condicións atmosféricas adversas e permitindo unha espera máis cómoda e axeitada para aquelas persoas que teñen problemas de saúde e non poden estar un longo período de pé. A tales efectos, a Deputación proponse aproveitar os instrumentos que ofrece a normativa vixente, e en particular a Lei 30/1992, de 26 de novembro, de Réxime xurídico das administracións públicas e do Procedemento administrativo común, para que en interese do cidadán, como suxeito activo e protagonista principal na actividade da Administración pública, colaborar conxuntamente con Caixanova para levar a cabo a instalación de marquesiñas para diferentes paradas de autobuses da provincia. Con fundamento en canto queda exposto, e sendo patente a vontade de colaboración das entidades comparecentes, ámbalas dúas partes acordan a subscrición do presente convenio de colaboración, consonte ás seguintes: CLÁUSULAS PRIMEIRA.- OBXECTO. O presente convenio ten por obxecto a convocatoria dun concurso de ideas de marquesiñas para as paradas de autobuses da provincia con dúas variantes en función da súa ubicación urbana ou rural adaptándose en dimensión e deseño ó entorno. Asemade, contratarase a súa subministración e instalación en diversos concellos da provincia de Pontevedra. En todas as marquesiñas irán impresas os logotipos e nomes de ambas entidades, así como na publicidade derivada da execución do presente convenio. No caso de que as marquesiñas dispoñan dun espazo para a publicidade corresponderá o seu uso en exclusiva ó 50% para ambas institucións. SEGUNDA.- O importe a que se refire o presente convenio ascende a SEISCENTOS UN MIL DOCE EUROS (601.012¤) e comprenderá todos os gastos que derivan da subministración e instalación das marquesiñas que serán financiadas con cargo á partida 06/511.511.662.02 do vixente orzamento provincial e nas correspondentes das anualidades 2007 e 2008. As achegas de Caixanova xerarán crédito nas partidas anteriormente sinaladas. TERCEIRA.- Os investimentos necesarios para a realización da mencionada actuación serán financiados coa colaboración da Deputación de Pontevedra e Caixanova, mediante a achega das cantidades que se establecen de seguido: 2006 2007 2008 Deputación Provincial de Pontevedra 102.172 ¤ 102.172 ¤ 96.162 ¤ Caixanova 102.172 ¤ 102.172¤ 96.162¤ Investimento total 601.012¤ CUARTA.- A Deputación de Pontevedra asume as seguintes obrigas: a) Convocar un concurso de ideas de marquesiñas, e contratar a súa subministración e instalación mediante a tramitación do pertinente expediente cumprindo cos principios de igualdade, concorrencia e publicidade, coas disposicións recollidas no Real decreto lexislativo 2/2000, de 16 de xuño, que aproba o texto da Lei de contratos das Administracións Públicas e a demais lexislación vixente. b) Achegar a cantidade de TRESCENTOS MIL CINCOCENTOS SEIS EUROS (300.506¤) para a realización do obxecto do convenio, que se financiará ó longo dos exercicios 2006, 2007 e 2008 de conformidade co cadro da cláusula terceira. c) Recepcionar unha vez instaladas as marquesiñas comprobando o cumprimento de todas as especificacións técnicas esixidas no prego de condicións do expediente de contratación. QUINTA.- A Caixa de Aforros de Vigo, Ourense e Pontevedra-Caixanova asume as seguintes obrigas: a) Achegar á Deputación de Pontevedra a cantidade de TRESCENTOS MIL CINCOCENTOS SEIS EUROS (300.506 ¤) para a realización do obxecto do convenio, que se financiará ó longo dos exercicios 2006, 2007 e 2008 de conformidade co cadro da cláusula terceira. b) Procurar á Deputación de Pontevedra o acceso ó logotipo da entidade e permitir a súa utilización nas marquesiñas, e en todas as actuacións que se leven a cabo con referencia ó obxecto do presente convenio. SEXTA.- A Deputación decidirá o lugar da instalación das marquesiñas en cooperación e coordinación cos Concellos dos termos municipais nos que se ubiquen, que se farán cargo da xestión e do mantemento das mesmas. SÉTIMA.- Para o seguimento e control do cumprimento do presente acordo, así como para aclarar as dúbidas que suscite a súa interpretación, constituirase unha Comisión de Coordinación da que forman parte os Presidentes, ou persoas en quen deleguen ambas entidades. OITAVA.- O presente convenio entrará en vigor o día da súa sinatura e terá vixencia ata o cumprimento da finalidade nel establecida, que en ningún caso será posterior ó 31 de decembro do ano 2008. NOVENA.- Serán causas de resolución: a) O remate do prazo, e b) O incumprimento das obrigas derivadas deste convenio. E en proba de canto antecede, as partes que interveñen asinan o presente convenio por duplicado e a un só efecto no lugar e data reseñada no seu encabezamento. O PRESIDENTE DA DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA,Asdo.: Rafael Louzán Abal O DIRECTOR XERAL DE CAIXANOVA,Asdo.: Julio Fernández Gayoso 8.5401.- MOCIÓN DO GRUPO PROVINCIAL DO PARTIDO POPULAR SOBRE A RETRANSMISIÓN DA "XVIII COPA DO MUNDO DE FÚTBOL" Sr. Presidente.- Punto número 8. Moción do Grupo Provincial do Partido Popular sobre a retransmisión da "XVIII Copa do Mundo de Fútbol". Ten a palabra o Sr. D. José Juan Durán. Sr. Durán Hermida.- Si, ben, o Grupo Provincial do Partido Popular diante da preocupación que detectamos que entendemos que existe pois nun amplo sector da cidadanía, fundamentalmente nos milleiros e milleiros de afeccionados ó fútbol e que dentro do fútbol pois son afeccionados a ver os partidos da selección española, efectivamente co que é a previsible retransmisión dos mesmos a través dunha cadea de televisión destas últimas que foron concedidas, o Grupo Provincial do Partido Popular, repito, trae hoxe aquí esta Moción para instar a quen corresponda a posibilidade de que a cobertura no que é a visión deses partidos, dos partidos que se refiren ás cerimonias de inauguración e clausura, a todos os partidos que desenvolva, que celebre a selección nacional e ó mesmo tempo a final do campionato, se poidan, poida haber esa cobertura ata o 100% da poboación, ademais o facemos tamén en coherencia co desenvolto hai uns anos no Parlamento cando se fixo, pois e era lóxico por outra parte esgrimir cuestións de interese xeral, para o que son as retransmisións deportivas. Tal cal está a tecnoloxía nestes momentos, o que son as sinais analóxicas e a sinal convencional de recepción da televisión, pois coa tecnoloxía e coas cadeas que en principio, coa cadea que o vai retransmitir eso non sería posible. Por eso o Grupo Provincial Popular trae hoxe aquí esta Moción que evidentemente se trata dunha cuestión, dun espectáculo deportivo, pero entendemos que concita a preocupación dun número certamente importante de cidadáns que teñen dereito a presenciar o campionato, concretamente neste tipo de partidos que lles acabo de comentar, e así tamén por suposto dar cumprimento a esa Lei que antes lles falaba, que di no seu artigo 3, "que as competicións ou acontecementos deportivos de interese xeral deberán transmitirse en directo, en emisión aberta e para todo o territorio do Estado. Eu estou convencido que esta Moción pola súa ecuanimidade, polo seu evidente interese para todos os cidadáns, ou polo menos para esa grandísima maioría de cidadáns que seguen habitualmente as retransmisións deportivas, as futbolísticas e os campionatos do mundo de fútbol, estou seguro que vai acadar a anuencia de todos os grupos. Nada máis. Sr. Presidente.- Moitas gracias. Sr. D. Cesáreo Mosquera. Sr. Mosquera Lorenzo.- Gracias Sr. Presidente. Nós o outro día cando xa escoitamos a Moción na Comisión quedamos como un pouquiño sorprendidos, pero claro cando un ve que a mesma Moción se presenta en concellos por aquí de arredor, porque o ve na prensa e tal, se dá conta, ah, ah, bueno, ou sexa, hai unha guerra de concesións mediática en Madrid e non sei que historias, verdade, profundísima, que supoño que afectará de maneira elevada nas Cortes Xerais, que supoño que o seu grupo xa faría alí todo o que tiña que facer, pero pareceulle pouco e entón vannos a mandar a Moción circular para que a presenten por aí en todos os lados e convertemos un debate, en fin, escuro onde os haxa, en fin, porque a saber, claro, tanta libre competencia, quen paga máis, quen paga menos, este medio é afín, se presentou oferta mellor, se presentou peor, se tamén, porque claro se é de interese xeral eu creo que tamén había que cobrar, ou sexa, as primas que teñen os xogadores había que repartilas entre todos, había que fixar a nivel do Parlamento as primas, eu que sei, o interese xeral é unha cousa moi delicada, e resulta que todo o problema é algo que vén de a saber que guerra, a saber que guerra de concesións, medios afíns ou non afíns, que un ofrece máis, que un ofrece menos, e non sei que historias, cando e incluso cunha herdanza de cando fora aquelas dúas plataformas dixitais, etc., etc. Pois a verdade é que nos sentimos un tanto, non sei, falta de capacidade para definilos con profundidade e definición sobre o asunto, ¿que a xente poida ver o fútbol?, fantástico, ás veces igual era mellor que viran un pouco menos, pero bueno, ou que víramos un pouco menos, pero bueno non sería o problema. Pero xa o que hai de fondo, a verdade, o que hai de fondo a verdade é que se nos escapa, por desgracia igual era mellor estar no allo, e me parece que tamén se lles escapa en parte a vostedes. Mandaron a Moción, estamos aquí entretidisimos, verdade, pois tratando a Moción que lle mandaron de Madrid presentala en todos os concellos, cun éxito irregular nas instrucións, parece que algúns de vostedes non foron así de guiados e na presentaron, pareceulle que estaba un pouquiño de sobra, pero bueno, aquí presentárona, foron disciplinados e cumpriron. Miren, debátano en Madrid, sigan alá con esas batallas e demais non se metan neso. Vamos a votar en contra pero case mellor era non votar, case mellor é non votar, quédense vostedes coa Moción e díganlle ó seu grupo en Madrid, alí cumprimos, votámola. Mándenlle para alá o guión e xa está. Pero bueno, vámola deixar, como hai que votar algo vamos votar en contra. Sr. Presidente.- Moitas gracias pola súa intervención Sr. Mosquera. Sr. D. Emilio González. Sr. González Iglesias.- Si, realmente, realmente eu pensei que no Pleno deste mes íamos a falar por exemplo da posible multa que a Comunidade Europea pois nos ía a colocar polo saneamento da Ría de Vigo, pensei que íamos a mostrar o rexeitamento deste Pleno polo tráfico de mulleres que se vai producir ó abrigo do mundial precisamente en Alemaña, tal como están facendo outros colectivos, etc., etc., en moitas cousas, en moitisimas. A verdade é que en ningún momento pensei que se ía a tratar un tema deste "calibre", deste calibre entre moitisimas comiñas, e menos, e menos plantexado por aqueles que como vostedes se lle enche a boca falando do libre mercado, etc., etc., etc., de verdade que non pensei en tratar este tema. Dende logo este é un tema que o Grupo Provincial Socialista se nega a debater, nin a plantexar, nin a asumir, nin a votar sequera. Vamos absternos no tema, fagan o que queiran, se pensan vostedes que o grande problema importante é este nesta provincia alá vostedes, nós non participamos nesta cuestión. Sr. Presidente.- Moitas gracias D. Emilio González. Sr. D. José Juan Durán. Sr. Durán Hermida.- Si, gracias Sr. Presidente. Bueno, eu non acabo de entend
Área de documentación
Existencia e localización de copias Enlace para escoitar o audio da sesión do Pleno
Ãrea de notas
Nota