Fondos
2006-06-28_Ordinaria. Acta de sesión 2006/06/28_Ordinaria
Acta de sesión 2006/06/28_Ordinaria
Área de identificación
Código(s) de referencia ES.GA.36038.ADPO.1.1.3.3.33.366/1.2006-06-28_Ordinaria
Título Acta de sesión 2006/06/28_Ordinaria
Data(s) 2006-06-28 (Creación)
Volume e soporte 1 acta de sesión
Área de contexto
Institución arquivística Arquivo Deputación de Pontevedra
Área de contido e estrutura
Alcance e contido Folla: No Salón de sesións da Excma. Deputación Provincial de Pontevedra, sendo as once horas e quince minutos do día vinte e oito de xuño do ano dous mil seis, baixo a Presidencia do Ilmo. Sr. Presidente D. Rafael Louzán Abal, reuníronse as/os Señoras/es Deputadas/os, D. Xosé Antón Araujo Quintas, Dona Nidia María Arévalo Gómez, D. Ramón Campos Durán, Dona Francisca Canal Gómez, D. Raúl Emilio Castro Rodríguez, D. Xosé Crespo Iglesias, D. José Juan Durán Hermida, D. Antonio Feliciano Fernández Rocha, D. José Manuel Figueroa Vila, D. Julio César García-Luengo Pérez, D. Emilio González Iglesias, D. Efrén Juanes Rodríguez, D. José Antonio Landín Eirín, Dona Clara Millán González, D. Xosé Cesáreo Mosquera Lorenzo, D. Constante Juan Muradas Ramos, D. Manuel Núñez Sestelo, D. Xosé Carlos Pazos Docampo, Dona María Teresa Pedrosa Silva, D. Juan Manuel Rey Rey, D. Alfredo Rodríguez Millares, D. Rodrigo Santiago Novas, Dona Belén Sío Lourido, D. José Enrique Sotelo Villar, D. Xabier Toba Girón e D. Jesús Vázquez Almuíña, co obxecto de celebrar sesión ordinaria do Pleno da Deputación, en primeira convocatoria, consonte á correspondente orde do día. Da fé do acto o Secretario Xeral, D. Carlos Cuadrado Romay, e está presente o Sr. Interventor Accidental, D. Antonio Graña Gómez. Declarada aberta a sesión e de orde da Presidencia éntrase seguidamente no exame da orde do día, adoptándose en relación coa mesma os seguintes acordos: Sr. Presidente.- Damos comezo á sesión ordinaria do Pleno da Corporación Provincial. ------ Folla: 1.5404.- ACTA ANTERIOR Sr. Presidente.- Primeiro punto. Aprobación do borrador da acta da anterior sesión, ordinaria, do día 31 de maio do ano 2006. Non habendo intervencións apróbase. Acórdase por unanimidade aprobar o borrador da acta da anterior sesión, ordinaria, do día 31 de maio do ano 2006. ------ Folla: 2.5405.- APROBACIÓN DO PROXECTO EUROPEO REDESANEA PERTENCENTE Á INICIATIVA INTERREG III-A ESPAÑA-PORTUGAL, E APROBACIÓN DO SEU CADRO DE FINANCIAMENTO Sr. Presidente.- Segundo punto. Aprobación do proxecto europeo REDESANEA pertencente á iniciativa INTERREG III-A España-Portugal, e aprobación do seu cadro de financiamento. Sr. D. Cesáreo Mosquera. Sr. Mosquera Lorenzo.- Moi bos días. Gracias Sr. Presidente. Vamos a votar a favor pero sorprende un pouquiño que nesta, non son grandes cantidades nin grandes, bueno, o fin é correcto, e o compartimos, que non aparece onde se van a colocar esas pequenas depuradoras nin nada polo estilo, polo menos no expediente non aparece, é un gasto para o 2006-2007 que aínda non sabemos se hai terreos ou se non hai, se é un sitio protexido, se se van autorizar ou non, se non hai permiso e tal, sorprende, sorprende un pouco cando menos, ou suterfúxiase, é dicir, non é que vamos a comprar tres depuradoras, dúas máis grandes e tres máis pequenas, non sei que e ala escapamos deste problema. Bueno, a estas alturas co programa aprobado pois creo que debería ir un pouquiño máis concreto e veremos se non crea problemas para a súa execución por falta de tempo e de problemas con, mesmo coas tramitacións, porque esto ten que ter autorización e demais. Pero bueno, alá vostedes coa súa responsabilidade de xestión e vamos a votar a favor. Sr. Presidente.- Moitas gracias Sr. D. Cesáreo Mosquera. Creo que é un proxecto importante dentro dese número importantísimo de proxectos europeos que ten a Deputación en marcha, e que dalgunha maneira pois ante ese déficit que está intentando corrixir a Deputación en toda a provincia pois se vén a sumar esta actuación que pola súa contía, bueno pois é unha contía importante para dalgunha maneira poder sanear parte do río Umia e parte do río Lérez tamén. Procedemos á súa votación. ¿Votos en contra?. ¿Abstencións?. ¿A favor?. De conformidade co ditame da Comisión Informativa de Promoción Económica e Emprego, o Pleno acorda por unanimidade, aprobar o proxecto REDESANEA SP1.P129/03 financiado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER) no marco do Programa de Iniciativa Comunitaria Interreg III-A España-Portugal cun orzamento asignado á Deputación de Pontevedra de 1.000.000,00 euros, dos cales 750.000,00 euros corresponden a fondos europeos, e 250.000,000 euros a fondos propios da Deputación de Pontevedra distribuídos nos anos 2006 e 2007 de acordo co seguinte detalle: SOCIO TOTAL SOCIO FEDER(75%) FONDOS PROPIOS (25%) GASTO TOTAL2006 GASTO FONDOS PROPIOS 2006 GASTO TOTAL2007 GASTO FONDOS PROPIOS 2007 SOCIO1:DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA 1.000.000,00 750.000,00 250.000,00 302.200,00 (30,22%) 75.550,00 697.800,00 (69,78%) 174.450,00 Así mesmo apróbase que a xestión deste proxecto se realice a través do módulo "Proxecto de Gastos" de acordo coa Base 27ª de execución do orzamento 2006 tal e como se especifica no informe de Intervención de data 10-05-06. ------ Folla: 3.5406.- APROBACIÓN DO PROXECTO INTERREG III-A ECO-LOGISTIC SP1.E.157/03 E AUTORIZACIÓN Ó IPESPO PARA A SÚA XESTIÓN Sr. Presidente.- O punto número tres. Aprobación do proxecto INTERREG III-A ECO-LOGISTIC SP1.E.157/03 e autorización ó IPESPO para a súa xestión. Si, Sr. D. Cesáreo Mosquera. Sr. Mosquera Lorenzo.- Gracias Sr. Presidente. Se no punto anterior sabemos, en principio está dedicado ás cuncas do Lérez e do Umia, neste caso é que do expediente non demos deducido e para eso que o preguntamos, pedimos documentación ó Secretario e en fin, algunha documentación nos baixaron aí á última hora, exactamente en que consiste a historia. Plataforma loxística inversa, canalización dos refugallos ou residuos xerados de diverso tipo, non se sabe, en fin, ata Vilanova da Cerveira non se sabe nin o ámbito xeográfico nin nada, non se sabe exactamente por que está por exemplo Cambados aí, non, no expediente non consta, vamos, para coordinar a xestión, creo que é o obxectivo que pon o expediente, creo que é todo o que se deduce. E non se sabe nin a aproximación de que tipo de refugallos se van a incorporar ou se van a tratar, fai unha referencia das PYMES, fai unha referencia dese tipo, ou hai outra documentación ou francamente esto case é un problema de conciencia votar a favor, nós por norma como saben votamos sempre a favor de pedir cartos de fóra, e despois xa criticaremos aquí o uso que sexa, pero é que neste caso como non se nos explique exactamente en que consiste, ou sexa, non digo o proxecto, é dicir, que se vai facer un muro de formigón de tal, eso é unha parte, algo que aproxime a que estamos votando, hai unha solicitude acollida ó Interreg III que se mete como Interreg III, hai que poñer un socio, ten que ser socio de distintos estados e se mete a Vilanova da Cerveira. Ben, correcto. A partir de aí explíquesenos en que consiste todo esto porque nos gustaría, e sabe que é norma deste grupo votar sempre a favor deste tipo de solicitudes, a partir de aí non sabemos, que se explique. Sr. Presidente.- Moitas gracias Sr. D. Cesáreo Mosquera. Sr. D. José Juan Durán. Sr. Durán Hermida.- Si, bos días Sr. Presidente, Deputadas e Deputados. Efectivamente xa tivéramos un debate parecido a este no seo do propio IPESPO, no Consello Reitor do IPESPO. Posiblemente as dúbidas que plantexa o Sr. Mosquera poden quedar clarexadas dende a perspectiva seguinte que é unha vez analizado e tal. O proxecto do que estamos falando, o proxecto Eco-logistic, ten un antecedente inmediato e en función dese antecedente inmediato xurde a súa solicitude, no proxecto Loxística Norlogis que liderou no seu día a Mancomunidade do Salnés e que supuxo a creación dunha plataforma loxística. Como consecuencia dese proxecto que tivo unha serie de plasmacións prácticas que teña pois loxicamente en toda esa zona da provincia unha implicación moi directa xurdiu despois o que era a solicitude no seu momento, do Eco-logistic que estamos falando, xa concedido, e que despois a presenza dun concello portugués neste caso como pode ser Vilanova, neste caso da Cerveira, pois ten que ver tamén co que son estes proxectos transfronteirizos que creo que eso xa o explicáramos no IPESPO, que esixen a concorrencia de diferentes concellos de calquera de ámbolos dous países. Entón dende esa perspectiva para darlle continuidade, para aproveitar tamén xa infraestruturas e proxectos en marcha, do Logística, perdón, Logística Norlogis, que foi o antecedente, xurde este segundo. Porque no contexto, na exposición, na motivación do proxecto se fala da creación dun eixe central da área sur de Galicia-Norte de Portugal, tampouco sería unha cuestión de falar só do Salnés ou de Barro que é limítrofe, ou de Meis, ó fin e ó cabo é un polígono industrial o de Barro que estará a cabalo entre dúas zonas ou dúas comarcas. Precisamente por eso é a cuestión, non sei se satisface as súas dúbidas pero en todo caso esta é digamos a explicación final tamén de por que como vostede plantexaba está tamén o concello de Cambados, que era, fora o promotor daquela primeira, un dos socios daquela primeira solicitude da Mancomunidade do Salnés no que era o Logística de Norlogis, o anterior, un Interreg anterior. Sr. Presidente.- Moitas gracias Sr. Durán. Sr. D. Emilio González. Sr. González Iglesias.- Si, é que eu estaba esperando a explicación para poder votar unha cousa ou outra, a verdade é que quedei como estaba ou peor. É dicir, mire, non parece moi sensato que este tema vaia ó IPESPO e no IPESPO non se saiba dicir o por que, con que criterios se vai facer en Cambados e non en outro sitio e con que criterios se vai facer esto e non outras cousas. Nin no IPESPO nin agora aquí, é dicir, eu a verdade é que non entendín absolutamente nada do que nos están plantexando, polo tanto nós vamos absternos e cando nos plantexen o proxecto enriba da mesa e poidamos miralo con calma e de verdade a ver se procede esto ou algunha outra cousa no Interreg e entón poderíamos cambiar o voto pero mentres non. Sr. Presidente.- Moitas gracias Sr. D. Emilio González. Sr. D. Cesáreo Mosquera. Sr. Mosquera Lorenzo.- Si, eu ía a facer unha pregunta que é dos que estivemos atentos que levante a man quen se enterou realmente do que vai a votar, porque non hai maneira, á parte de perpetrar, eu xa non me atrevo a meterme se é Eco-logistic e tal, de perpetrar palabras en inglés e tal que queda moi mono, é absolutamente imposible. Home, eu creo que en fin, estamos nun Pleno, podo entender perfectamente que estean nun estadio relativamente inicial, que haxa relativamente pouca concreción, pero algunha haberá, algunha haberá, quero dicir, todo o concepto que se verte é plataforma loxística inversa, todos sabemos o que significa, evidentemente hai que telas, e vou aventurar, vou aventurar, o que non vén no expediente, ou sexa, se quere facer un centro de recepción, clasificación e reenvío ou tratamento de refugallos, ben, hai que telo nalgún lado, non pasa nada, home, se son nucleares a min preocuparíame pero supoño que non, non temos plantas nucleares por aquí supoño que non será eso. Bueno, non pasa nada, pero bueno, pero póñano nalgún sitio, dígano, non vai pasar nada, o que pasa é que nós non podemos votar a favor, non vai pasar nada, digo, depende o que sexa exactamente non, é dicir, non vamos votar a favor de algo que no expediente non sabemos o que é, simplemente por eso, e o sentimos de verdade, e me parece que se vostedes non queren aclarar para que é pois cerran o debate, nós ímonos abster pero por eso, nós sempre, sempre votamos a favor de que se pidan cartos, o que hai que saber é para que, polo menos. Sr. Presidente.- Moitas gracias Sr. Mosquera. Sr. D. José Juan Durán. Sr. Durán Hermida.- Si, ben Sr. Presidente. Eu a contestación que fixen foi en función das preguntas que fixo o Sr. González Iglesias e o Sr. Mosquera, e das preguntas que fixo e das preguntas que fixo e das dúbidas que se plantexaron no Consello Reitor do IPESPO. Se vostede ten outro tipo de dúbidas as plantexe e se podemos responderllas llas responderemos. ¿Que é o que se trata? Se plantexaba en esencia no Consello Reitor do IPESPO, en esencia, na primeira intervención do Sr. Mosquera, se plantexaba fundamentalmente o papel do concello de Cambados, e eu expliquei que este proxecto Eco-logistic, Ecologística se vostede quere, era unha consecuencia dun proxecto anterior no que participara ese concello no seo da Mancomunidade do Salnés e que tiña unha serie de implicacións na Mancomunidade do Salnés, podemos ler as cuestións que implicaba e as iniciativas que se levaron a cabo, eso era o que tratamos de explicar, que se entendera ou non se entendera, bueno, pois eso xa é outra cuestión da dispoñibilidade de cada un de querer entendelo ou non querer entendelo. Eso era do que se estaba falando. Tamén é certo, tamén é certo, que o grao de concreción do actual proxecto, estamos falando do Eco logistic, virá, virá pois, en función dunha serie de fases que haberá que ir cumprindo e que están documentadas en toda a tramitación anterior e que terá por suposto na maior parte dos casos a través de asistencias técnicas que irse plasmando, pero eso é unha cousa que vén a posteriori, este é un proxecto ó que se presenta ó que concorre a Deputación como calquera outro proxecto europeo que ten unhas fases, ten unha memoria e que resulta avaliado e se concede e logo desa concesión pois se firman unha serie de documentacións e de convenios para poñelo en práctica e cumprindo todo eso que establece a normativa xeral e concreta de proxectos europeos e cousas destas, é na fase na que estamos, non hai interese no grupo de goberno de presentar nada que non corresponda a estas premisas, o que estamos é cumprindo a tramitación correspondente, e dentro da tramitación correspondente figura este trámite plenario, como figurou a reunión do Consello Reitor do IPESPO, ou da Comisión Informativa de Economía que tamén pasou por ela, é deso o que se trata, dicir outra cousa pois bueno, creo que está fóra de lugar. Gracias. Sr. Presidente.- Sr. D. Cesáreo Mosquera. Sr. Mosquera Lorenzo.- Si, gracias Sr. Presidente. Sr. Durán, explícase como un libro aberto, só que aquí o Sr. Presidente se explica moitísimo mellor, porque vamos ás hemerotecas e exactamente en que consiste esto e que vai a supoñer e que se vai tocar aí o ten explicado o Sr. Presidente como un gran éxito ... ou algo así e entendémolo todos. A min me parece unha falta de respecto que cando vén o tema ó Pleno e o temos que votar, non se nos explique coa mesma claridade. Eu me remito ó expediente e no expediente non aparece nada e entón non sei se cambiaron de idea, se é outra cousa se está aberta e vai noutra dirección ou o que sexa, co cal non me pida votar algo a favor que non sabemos exactamente o que é. Nada máis, quero dicir que como non está claro, que non queren explicar non queren, esto non pasa nada e pasamos ó seguinte punto. Sr. Presidente.- Moitas gracias Sr. D. Cesáreo Mosquera. Bueno, eu creo que este tema está perfectamente debatido, primeiro a súa aprobación xa só por parte da comisión Galicia-Norte de Portugal, pois tivo que competir cunha serie de proxectos que quedaron fóra e este foi un proxecto elixido, dalgunha maneira eu creo que hai unha idea básica sobre este proxecto que aportaron os técnicos que elaboraron poñelo en marcha, e aquí aínda que o título pon así "Aprobación do proxecto", non é exactamente eso de aprobación do proxecto senón o que é a aprobación de que sexa o IPESPO quen xestione este proxecto, que sexa o IPESPO quen xestiona este proxecto, trámite que tivo que sufrir tamén na comisión Galicia-Norte de Portugal para a súa aprobación definitiva. Tivemos que levalo alí de novo e que autorizara a comisión do INTERREG III-A Galicia-Norte de Portugal, pois que sexa o xestor do mesmo o IPESPO. E despois partindo desa idea básica que é a creación desta plataforma loxística inversa para a recollida de residuos industriais que se produzan nestes polígonos tanto no caso do de Barro-Meis, porque participa un concello como é Cambados, pero tamén participa un concello portugués, na mesma idea, e Cambados participa máis cunha cantidade relativamente pequena, neste proxecto, para un polígono que ten en marcha. Polo tanto, eu o que os invito é a que unha vez que todos os técnicos que temos nesta casa que están traballando en proxectos europeos, por certo con moito éxito nos últimos meses sobre todo na captación de proxectos europeos, pois que lle deixemos traballar tamén para que presenten a idea definitiva para poñelo en marcha. E aquí xa digo o que estamos aprobando é, neste caso o financiamento plurianual, porque creo que vai en dous anos se mal non recordo, que ten que ser o Pleno quen decida o mesmo e polo tanto tamén que sexa o IPESPO quen faga a xestión e a posta en marcha deste proxecto. E eso creo que é todo, polo tanto, procedemos á súa votación. Sr. D. Emilio González. Sr. González Iglesias.- Sr. Presidente, punto 3 da orde do día, aprobación do proxecto Interreg III-A Eco logistic, e a autorización ó IPESPO para a súa xestión. En ningún momento hai proxecto, en ningún momento hai a aprobación dun gasto plurianual, aquí non está. Sr. Presidente.- Bueno, Sr. D. Emilio González, xa o aclarei eu, vamos a ver se aplicamos un pouquiño o sentido común, porque eu sei que a vostede lle gusta, lle gusta dicir, oe, como pon o título, xa o dixen eu, ou sexa, quixen ser máis xeneroso que vostede, díxeno eu, díxeno eu, xa lle dixen eu que o título non é exactamente ese de aprobación de proxecto, porque non está aquí, pero xa lle dixen cal é o espírito desto. O discutía neste caso co Secretario e o Interventor, polo tanto, o que pasa é que a vostede lle gusta dicir, non é que o Partido Popular se confundiu á hora de poñerlle o título a este tema. ¿Que quere?. ¿Poñerlle eso?. Entón, ¿que quere?. Sr. González Iglesias.- Non, o que ocorre é que nós non acostumbramos a votar o espírito. Sr. Presidente.- Pero vostede pide unha copia do que presentamos ante a Comisión Galicia-Norte de Portugal, que foron quen o aprobaron. ¿Quere unha copia deso?. Sr. González Iglesias.- Vamos a ver, mire, Sr. Louzán, na orde do día hai dous folios, na carpeta hai dous folios. Sr. Presidente.- Non hai dous folios, non, hai máis. Sr. González Iglesias.- Bueno, vale, catro folios, me dá igual. Sr. Presidente.- Ah, bueno, entón si, pero non é igual. Sr. González Iglesias.- Pero non hai un proxecto, o proxecto non está en ningún sitio. E o que está non se corresponde co que vén na orde do día, e punto. Vamos absternos. Sr. Presidente.- Bueno, perfectamente, que se absteña me parece perfecto. Eu o que lle digo é que hai unha comisión que valorou este proxecto, que quedaron moitos proxectos fóra, e que polo tanto esa comisión, supoño que haberá un equipo de técnicos de todas as ideoloxías para que aproben un proxecto como este, desta envergadura, e polo tanto vén a contribuír ademais cunha medida importante, que é un proxecto medio ambiental que vai beneficiar neste caso a ese polígono Barro-Meis, e tamén a Cambados, incluso a outro creo que portugués. E ese é o espírito deste proxecto no cal nós cremos en el, e por eso se presentou e por eso foi aprobado. Por eso procedemos á votación. ¿Votos en contra?. ¿Abstencións?. ¿A favor?. Á vista do acordo do Consello Reitor do IPESPO de 21 de xuño de 2006, polo que aproba e acepta as condicións do proxecto "ECO-LOGISTIC", así como dos informes do Secretario da Deputación de 10 de abril de 2006 e do Interventor de 21 de xuño de 2006, o Pleno, de conformidade co ditame da Comisión Informativa de Economía, Facenda e Turismo, acorda por maioría de votos a favor do PP e coas abstencións do PSOE e do BNG, aprobar o proxecto ECO-LOGISTIC SP1.E.157/03, cun tipo de gasto que desenvolverá o Xefe de Fila IPESPO e que será o seguinte: TIPO DE GASTO GASTO ELIXIBLE % Obras públicas 3.470.000,00 ¤ 88,61083 Adquisición de materiais 290.000,00 ¤ 7,40552 Prestación de servizos 76.000,000 ¤ 1,94076 Gastos de persoal 80.000,00 ¤ 2,04290 Total 3.916.000,00 ¤ 100 Tamén se aproba o cadro financeiro do proxecto e a súa distribución por anos, que será a que segue: PARTÍCIPE TOTAL PROXECTO GASTO 2006 FINANCIAC. SOCIO 06 FINANCIAC. FEDER 06 GASTO 20007 FINANCIAC. SOCIO 07 FINANCIAC. FEDER 07 IPESPO(Xefe de Fila) 3.916.000,00 1.566.400,00 391.600,00 1.174.800,00 2.349.600,00 587.400,00 1.762.200,00 Concello de Cambados (socio 1) 98.000,00 39.200,00 9.800,00 29.400,00 58.800,00 14.700,00 44.100,00 Cámara M. Vilanova da Cerveira (socio 2) 133.333,33 53.333,33 13.333,33 40.000,00 80.000,00 20.000,00 60.000,00 TOTAL 4.147.333,33 1.658.933,33 414.733,33 1.244.200,00 2.488.400,00 622.100,00 1.866.300,00 e que a súa xestión se realice a través do módulo do "Proxecto de Gastos", tal como establece a Base 27ª de execución do Orzamento Provincial, pois ó actuar o IPESPO como Xefe de Fila, coordina a totalidade do proxecto, aínda que cada socio é responsable de executar, en tempo e forma, as accións que lle corresponden. Posteriormente o IPESPO realizará as modificacións orzamentarias necesarias para dotar os créditos correspondentes á anualidade do exercicio 2006 e xestionar o proxecto dentro do módulo de "Proxecto de Gastos". Por último, acórdase autorizar ó IPESPO a desenvolver cantas actuacións sexan necesarias para o correcto desenvolvemento e execución das accións contidas no proxecto ECO-LOGISTIC, ata a súa completa finalización. ------ Folla: 4.5407.- RESOLUCIÓN DE ALEGACIÓNS Ó PROXECTO "TERMINACIÓN DO ENSANCHE EP 9107 VIRXE DAS MAREAS (O GROVE)". APROBACIÓN DEFINITIVA DO PROXECTO. DECLARACIÓN DA NECESARIA OCUPACIÓN DOS BENS E DEREITOS AFECTADOS. APROBACIÓN DEFINITIVA DA RELACIÓN DE BENS E PROPIETARIOS AFECTADOS Sr. Presidente.- Seguinte punto da orde do día. Punto número 4. Resolución de alegacións ó proxecto "Terminación do ensanche EP 9107 Virxe das Mareas (O Grove)". Aprobación definitiva do proxecto. Declaración da necesaria ocupación dos bens e dereitos afectados, e aprobación definitiva da relación de bens e propietarios tamén afectados. Non habendo intervencións procedemos á súa votación. ¿Votos en contra?. ¿Abstencións?. ¿A favor?. O Pleno desta Deputación Provincial, en sesión ordinaria que tivo lugar o 29 de marzo de 2006, adoptou, entre outros, o acordo de aprobación inicial do proxecto denominado "Terminación do ensanche EP 9107 Virxe das Mareas (O Grove)", que está dotado dun orzamento para coñecemento da administración de 19.368,59 euros, desagregado en orzamento de execución por contrata por importe de 14.007,13 euros e capítulo de expropiacións por importe de 5.361,46 euros, así como a declaración de utilidade pública da obra e a solicitude á Xunta de Galicia da urxente ocupación dos bens afectados. Sometendo a información pública este proxecto, durante o período regulamentario, en virtude de edito publicado no Boletín Oficial da Provincia con data 12 de maio de 2006 (BOP número 91), no taboleiro de anuncios do concello do Grove e en varios xornais da localidade, á vista do informe do enxeñeiro técnico xefe da zona norte, e co fin de dar continuidade ó expediente expropiatorio que iniciou no seu día a Excma. Deputación Provincial de Pontevedra, o Pleno, de conformidade co ditame da Comisión Informativa de Vías e Obras, acorda por unanimidade aprobar o seguinte: 1.- A resolución das alegacións presentadas ó citado proxecto por Dona María Teresa Pérez Barral e D. Miguel Pérez Barral, propietarios do predio nº 1, e por D. Manuel Cao Pérez, propietario do predio nº 3, en base ó informe que emitiu o enxeñeiro técnico da zona, segundo o seguinte detalle: a) En canto ás manifestacións relativas a que a anchura das beirarrúas diminúe "ata un metro na curva onde se encontra a antiga casa do conde" e que nesa propiedade "o muro non segue a liña establecida para o resto de usuarios", cabe resaltar que tal circunstancia se debe a que o citado inmoble se encontra protexido polas normas subsidiarias do concello do Grove, como casa e finca singular (capítulo 12 - Patrimonio arqueolóxico, arquitectónico, artístico, etnográfico e cultural); en consecuencia o ancho da beirarrúa de 1 metro nese tramo é o máximo que se podía conseguir, non sen resolver antes numerosos problemas técnicos e xurídicos e grazas á colaboración do propietario. b) Desestimar as alegacións relativas á construción de cerramentos xa que a Deputación Provincial só realiza cerramentos naqueles predios que xa contaban con eles; neste caso a propiedade de Manuel Cao Pérez carece de cerramento e en consecuencia non pode esixir que esta administración o realice. Si en cambio pode esixir un prezo polo terreo, prezo que se intentou negociar sen chegar a ningún tipo de acordo. c) Desestimar as alegacións que cuestionan as dimensións do ensanche do vial xa que a través do presente proxecto se expropia o terreo mínimo que é necesario para este tipo de obras; así a nova explanación será de 12,60 metros, o que permitirá a construción de dous carrís de circulación, dúas beirarrúas e un aparcamento. d) Desestimar as alegacións que se refiren ás diferentes anchuras das beirarrúas situadas a un e outro lado do vial, xa que tal circunstancia se debe a que naquelas zonas nas que os veciños cederon terreo sen contraprestación económica ningunha, é lóxico que só se esixa un mínimo que sexa suficiente para a construción dunha beirarrúa que reúna os requisitos técnicos imprescindibles, como é o caso. e) Canto ás alegacións relativas á valoración dos bens e dereitos afectados "non xa a prezo de mercado senón de compra", serán tidas en conta no trámite procedimental oportuno, a saber, na fase de xustiprezo. 2.- A aprobación definitiva do proxecto "Terminación do ensanche EP 9107 Virxe das Mareas (O Grove)", que está dotado dun orzamento para coñecemento da administración de 19.368,59 euros, desagregado en orzamento de execución por contrata por importe de 14.007,13 euros e capítulo de expropiacións por importe de 5.361,46 euros. 3.- A declaración da necesaria ocupación dos bens afectados en base ó informe que emitiu o enxeñeiro de zona no que sinala que: "Mediante un convenio de colaboración subscrito no seu día entre a Excma. Deputación Provincial de Pontevedra e o Concello do Grove, executouse a obra derivada do proxecto denominado "Ensanche, pavimentación e dotación de servizos en Virxe das Mareas", obras que se levaron a cabo grazas á colaboración desinteresada da maioría dos veciños da zona que, conscientes da importancia do proxecto, cederon parte dos terreos precisos para acometer estas melloras. Como queira que para a eficaz conclusión dos traballos iniciados no seu día é preciso actuar nunha serie de fincas cuxos propietarios non cederon o terreo necesario, redactouse o proxecto "Terminación ensanche EP 9107 Virxe das Mareas", xustificado pola necesidade de mellorar os anchos primitivos e así evitar, na medida do posible, os accidentes e a perigosidade que supoñían para a circulación. A maiores, o feito de que este vial sirva de comunicación entre dúas importantes empresas conserveiras supón que teña que soportar, por un lado, un notable aumento do tráfico de vehículos, tanto lixeiros como pesados, e por outro a constante presenza de peóns que, ó encontrarse cunhas deficientes condicións circulatorias, poñen en perigo a súa integridade física". 4.- A aprobación definitiva da relación de propietarios e bens afectados segundo o seguinte detalle: Nº Predio PROPIETARIO BENS AFECTADOS 1 Mª Teresa Pérez Barral/Miguel Pérez Barral 57,75 m2 terreo 2 Carmen Padín Besada 46,28 m2 terreo 3 Manuel Cao Pérez 34,97 m2 terreo 4 Gerardo Devesa Iglesias 32,40 m2 terreo20,35m2muro de bloque6,46m2 muro prefabricado5 uds. Columnas formigón ------ Folla: 5.5408.- EXPEDIENTE DE SUPLEMENTO DE CRÉDITOS NÚMERO 2/2006 DO ORGANISMO AUTÓNOMO PROVINCIAL DE XESTIÓN DE RECURSOS LOCAIS (ORAL) Sr. Presidente.- Punto número 5. Expediente de suplemento de créditos número 2/2006 do organismo autónomo provincial de xestión de recursos locais (ORAL). Non habendo intervencións procédese á súa votación. ¿Votos en contra?. ¿Abstencións? ¿A favor?. Visto o expediente de suplemento de crédito número 2/2006 do Organismo Autónomo Provincial de Xestión de Recursos Locais (ORAL), por un importe total de 169.500,00 euros, motivado pola necesidade de realizar gastos que non poden demorarse ata o exercicio seguinte, e ó non existir consignación suficiente no estado de gastos do orzamento corrente financiarase con cargo ó remanente de tesourería procedente da liquidación do orzamento do Organismo Autónomo Provincial de Xestión de Recursos Locais (ORAL) correspondente ó exercicio de 2005. O Pleno, de conformidade co ditame da Comisión Informativa de Economía, Facenda e Turismo, acorda por maioría de votos a favor do PP e coas abstencións do PSOE e do BNG, aprobar o expediente de suplemento de créditos número 2/2006 do Organismo Autónomo Provincial de Xestión de Recursos Locais (ORAL), aplicándolles os gastos a financiar ás partidas e polo importe que a continuación se detalla: -06/861.611.202.00 Arrendamentos-edificios e outras construcións 20.500,00 ¤ -06/861.611.212.00 Reparacións-edificios e outras construcións 120.000,00 ¤ -06/861.611.212.01 Edificios e outras construcións.- Comunidade de Propietarios 3.000,00 ¤ -06/861.611.213.00 Reparacións-maquinaria, instalacións e útiles 5.000,00 ¤ -06/861.611.215.01 Reparacións-mobiliario e enseres 3.000,00 ¤ -06/861.611.227.00 Limpeza e aseo 3.000,00 ¤ -06/861.611.625.01 Adquisición-mobiliario e enseres 15.000,00 ¤ TOTAL......................... 169.500,00 ¤ O financiamento do expediente realízase con cargo ó remanente de tesourería procedente da liquidación do orzamento do Organismo Autónomo Provincial de Xestión de Recursos Locais (ORAL) correspondente ó exercicio de 2005 e contabilizarase a través do concepto de ingresos 2006/861.870.01 "Remanente de tesourería para financiamento de suplementos de crédito". Dito expediente será exposto ó público, para efectos de reclamacións, por un período de quince días hábiles, quedando definitivamente aprobado en caso de non producirse estas. ------ Folla: 6.5409.- CONTRATACIÓN DUN PRÉSTAMO CON APERTURA DE CRÉDITO DESTINADO Ó FINANCIAMENTO DE PARTE DO "PLAN DE INVERSIÓNS" DO VIXENTE ORZAMENTO Sr. Presidente.- Punto número 6. Contratación dun préstamo con apertura de crédito destinado ó financiamento de parte do "Plan de Inversións" do vixente orzamento. Sr. D. Cesáreo Mosquera. Sr. Mosquera Lorenzo.- Ben, gracias Sr. Presidente. Bueno, o propio feito de que teña que vir aquí é moi significativo, significa que é un crédito enorme, pero ese asunto está debatido, pasa do 10% de recursos ordinarios, por eso ten que vir a Pleno senón o terían contratado. E o que vén non queremos abrir o debate sobre o que significa esto e a súa política económica, senón sobre a política de confrontación, se lle pediu ofertas, no expediente había vinte e unha empresas, o apartado 5, bancos, o apartado 5 poñen unhas condicións, ofrecen unhas condicións. A sorpresa, a sorpresa é que as condicións ofertas por eses bancos e caixas son peores que as que están ofertando noutras institucións, son peores, o cal é francamente sorprendente, máxime pois Caixanova que ten unha relación con esta Deputación bastante forte e é máis o cal non sabemos exactamente a que se debe, ou sexa, hai unha valoración, pódolle dicir por exemplo, Sr. Figueroa, está ben abrir a boca e facer admiracións sobre todo cando se descoñece. Crédito que acaba de contratar Pontevedra hai un mes, aquí é o euribor máis 0,02, en Pontevedra é o euribor máis 0,001, aquí é trimestral fixo, alí elixe o concello se é trimestral, semestral ou anual, e sabe que eses son moitos, é un diferencial elevado. Alí ten un tope máximo de 5,5 e aquí non ten tope máximo, ou sexa se os intereses se van ó 20 e aquí teremos que pagar o crédito ó 20. As condicións son peores cando tradicionalmente foron iguais ou mellores na Deputación que nos concellos. Non sei se hai algunha valoración de fondo das propias entidades bancarias sobre a, non sei como fan as contas, sobre riscos, situación económica ou o que sexa da institución ou hai outra cousa, porque senón é francamente inintelixible. Tradicionalmente esta Deputación conseguiu mellores condicións nos créditos, ou iguais que a maioría das outras corporacións locais, e neste caso pois non é así, non é así, co cal se cadra o que nós estivemos dicindo de que están apretando o pedal e a xestión económica empeza a crear dúbidas, pois igual se está reflectindo ata nas ofertas. Claro que dirán, non é que é moi pouquiño, 0,1, 0,1, non, é moi pouquiño pero son claramente peores, son claramente peores, é dicir, o que non sucedía tradicionalmente, non sucedía, co cal máis ben andaban igual, incluso ás veces esta Deputación conseguía algo mellores, creo que é tremendamente significativo de que a súa xestión económica empeza a crear certos recelos e non o dicimos só nós, dío o sector privado, dío o sector bancario, de que non estiman que esta sexa unha casa especialmente, solvente ou fiable, non sei como fan as cousas, solvente si é, toda administración pública sempre é solvente. Ben, de todas maneiras á parte deste comentario como é coñecido a orixe e o funcionamento, e para que este crédito, o noso posicionamento é que vamos a votar en contra. Pero quixemos deixar claro esta, vamos, o feito que sucedeu neste proceso de contratación. Sr. Presidente.- Moitas gracias Sr. D. Cesáreo Mosquera. Sr. D. Emilio González. Sr. González Iglesias.- Si, vamos a ver, visto o expediente e para empezar a falar de cousas nas que nós non puidemos participar antes porque era un tema que plantexaba o equipo de goberno, é dicir, a nós por exemplo estrañábanos moito e estráñanos moito, que as bases que rexen nesta petición de ofertas deixen aberta a posibilidade de que as entidades bancarias fagan a súa oferta a interese fixo ou a interese variable, digo, ¿por que razón?, bueno, porque uns poden facelo a interese fixo e outros a interese variable e despois hai que interpretar e interpretar sempre é unha cuestión moi subxectiva, cal é a mellor oferta das dúas. Entendíamos que ó mellor xa as propias bases debían contemplar unha posibilidade ou a outra, pero bueno eso tamén é, en dito caso pode ser unha cuestión discutible. O que non é discutible, o que non é discutible e é algo polo que nós non podemos votar a favor de operacións deste tipo, o que non é discutible é que seguimos, ou segue o grupo de goberno, coa súa fórmula de que a oposición non estea representada nas mesas de contratación. E eso é algo que leva claramente a este grupo a votarlle en contra loxicamente de calquera operación deste tipo. Tamén é certo que mirando o expediente había unha advertencia no expediente do Interventor accidental, na que dicía que o contrato que lle presenta Caixanova, a proposta de contrato para formalizar o crédito que lle presenta Caixanova á Deputación, contradí a oferta e os criterios establecidos nas bases para a concertación da operación. Este informe é do 20 de xuño do 2006. É certo que despois aparece aí unha, é dicir, unha proposta de engadidos que vén con membrete de Caixanova que corrixe ou parece que corrixe ese informe do Interventor. Pero claro, se dá a circunstancia que no expediente, polo menos esta mañá, nin estaba a proposta de formalización, completa, non estaba, e si aparece ese informe do Viceinterventor e despois aparece, volvo a repetir, unhas addendas, unha addenda ou dúas ou tres, que parece que corrixen ese informe, pero claro, ó non ter o anterior pois tampouco temos moi claro se o corrixe definitivamente ou non. De todos os xeitos, volvo a repetir, nós temos que votar en contra obrigatoriamente de algo no que non se nos permite participar. É dicir, aquí as mesas de contratación soamente forma parte delas o grupo de goberno, non neste caso senón en máis casos tamén, e nós non vamos avalar ningunha actuación na que non esteamos presentes, ou que non estea presente a oposición como tal. Sr. Presidente.- Moitas gracias. Sr. D. José Manuel Figueroa. Sr. Figueroa Vila.- Si, mire, bos días. Sr. Mosquera seguramente vostede igual que todos os cidadáns percibe, percibe cal é a situación económica neste país nos últimos meses, o incremento do tipo de interese nos cartos, pois mire, eu creo que ó mellor tenlle que preguntar vostede ós seus socios ou cosocios de goberno na Xunta de Galicia o que están facendo en Madrid, se a economía deste país segue na mesma liña que a deixou o Partido Popular ou se os tipos de interese, eu non sei se vostede, supoño que vostede se ten hipoteca percibiría nos últimos meses algún incremento nas cotas que paga do recibo mensual, polo menos eu si o percibín. Non sei se vostede o percibiu ou non o percibiu. Mire, eu creo que esta é unha boa operación dentro dos límites que están establecidos nos últimos días, nas últimas semanas, todos saben que se vostede me está falando dunha operación que fixo vostede hai dous ou tres meses, pois bueno, pois hai algunha variación, aínda que tampouco veña agora vostede aquí a falar de variacións substanciais, é dicir, está falando, vostede me di do 0,01 e aquí estamos falando do 0,02. Home, eu creo que é case insignificante, pero bueno, pero dito esto a min o que máis me preocupa na mensaxe que vostede quere transmitir, é dicir, esa é unha mensaxe falsa e vostede o sabe e ademais é confundir á opinión pública e eso loxicamente é grave, porque que vostede poida dicir que ó mellor é que as entidades crediticias miren a esta Deputación con falta de solvencia ou con outras cuestións que vostede queira deixar no aire, lle digo que está mentindo, e ademais llo digo rotundamente, porque mire, esta casa a día de hoxe aínda está no 64% do límite de débeda sobre os recursos correntes, bueno, pois mire, aínda poderíamos ter un colchón de aproximadamente uns 50 millóns de euros máis para o que marca a Lei poder endebedarnos. E mire, lle vou a dar outro dato, que seguramente vostede si que non é, este si que non é capaz de rebatelo. Se colle os capítulos 6 e 7, 6 e 7, do ano 2003, 2004 e 2005, e 2006, verá que nesta casa se fixo unha inversión por riba dos 260 millóns de euros, é dicir, é o que reflicten os presupostos, capítulos 6 e 7, ¿sabe vostede en cantos nos endebedamos deses 260 millóns de euros?. En 18 millóns, 16 que estamos aquí máis dous e pico que foi a compra do Palacete das Mendoza. E a maiores se fixo unha operación de 11 millóns de euros para o IPESPO, millóns que son recuperables, que vostede sabe que, bueno, pois é unha inversión a medio e longo prazo, que esta casa vai a recuperar integramente. Polo tanto a ver se vostede nalgunha institución onde gobernan é capaz de dar estes datos, de 260 millóns de euros investidos nesta casa nos capítulos 6 e 7 só acudimos a 18 millóns en préstamos. Bueno, pois eso está aí, é dicir, son datos, é dicir, obxectivos, non son datos que os inventemos nós, polo tanto, e ademais hai unha cuestión, é dicir, hai que analizar as inversións que está facendo esta institución, inversións importantes para mellorar a calidade de vida de toda a nosa provincia, de todos os veciños e veciñas da nosa provincia. E tamén lle vou a dar algo máis, creo que vostedes, home, busque os datos da Deputación onde gobernan vostedes, búsqueos, eu non quero comparalo, pero só lle pido que os busque, e se melloran estes eu me comprometo a facer un debate neste Pleno con todos estes datos. É dicir, colla vostede a Deputación de A Coruña, que a gobernan vostedes tamén, porque claro vostedes parece que non gobernan a Deputación de Coruña, que só apoian ese goberno, busque os datos e mire o nivel de endebedamento que ten a Deputación da Coruña, ou outras Deputacións, calquera que vostede queira, eu lle digo, e lle digo e o afirmo rotundamente, que de todas as Deputacións de Galicia, de todas esta é a que ten o nivel de endebedamento máis baixo, non hai ningunha que supere a esta que estamos no 64%, bueno, pois vostede búsqueo, é dicir, eu creo que eso quere dicir que se está facendo unha boa xestión, evidentemente hai que seguir e continuar cuns niveis de endebedamento razoables, pero que tampouco é normal, ou polo menos nós entendémolo así, porque ademais vostedes son expertos, é dicir, expertos en que nós saneemos as contas das institucións e veñan vostedes e as endebeden, neso son expertos, e despois cando temos que volver nós a gobernar ou a xestionar certas administracións temos que volver outra vez a recortar a débeda e entón para que, para que cando veñan vostedes endebeden todo ó máximo que poidan, ó límite, din que son políticas progresistas, é o que din vostedes, políticas sociables, políticas culturais, políticas de axuda e de proximidade ó veciño e á veciña, pois mire, eu creo que nós esas políticas xas estamos aplicando onde gobernamos e este é o resultado e eu lle pido por favor, lle pediría por favor, que non deixen no ambiente, porque senón teremos que entrar noutro tipo de debate, e a min non me gusta facer comparacións, pero se vostede deixa no ambiente ou no aire que pode ser motivado este tipo de operacións a que esta institución non teña solvencia, sabe que está mentindo e loxicamente entón si que ó mellor teríamos que entrar noutro debate, no que pasa nalgúns concellos concretos, é dicir, algúns que van a levar o presuposto proximamente, ou vostedes que xa o aprobaron recentemente, e se quere entrar nese debate tamén entramos porque non lle vamos a permitir baixo ningún concepto que poida deixar ningún atisbo de dúbida ante a opinión pública para confundir, eu creo que é todo o contrario e senón só lle vou a facer, voulle a marcar un camiño, é dicir, vamos a ver as operacións que se fagan a partir de agora noutras institucións incluso gobernadas por vostedes a ver que tipo de xuros e que tipo de préstamos presentan as entidades crediticias, eu creo que seguramente, seguramente en peores condicións que esta. E mire, mo poñen moi fácil, eu creo que a economía deste país empeza a ir como empeza a ir e ó mellor eso si que empezan a ser os primeiros atisbos ou as primeiras sombras do que pode pasar no futuro. Sr. Presidente.- Moitas gracias por esa amplísima explicación Sr. D. José Manuel Figueroa. Sr. D. Cesáreo Mosquera. Sr. Mosquera Lorenzo.- Si, mire, Sr. Portavoz do Partido Popular, é habitual que cando non saen razóns e cando a incapacidade e demais pois en fin, se recorre a descualificacións. Vamos a ver, e despois dunha perorata absolutamente enorme. De verdade non sei que ten, que atractivo ten para vostedes a oposición no concello de Pontevedra, porque é que todos se colocan, estamos na Deputación, estamos falando dun crédito da Deputación, e sempre se colocan en que vou sacar de aquí, vou sacar, aquí ou o outro lado, pero bueno, no concello de Pontevedra ou noutro, me parece que teñen unha ilusión de oposición, bueno, o Presidente todos os días e todas as horas, unha ilusión da oposición que, verdadeiramente, vamos, é gratificante ver que se poida ter esa ilusión, ese entusiasmo en exercer do que non se é, pero querer colocarse nese sentido máis sorprendente no seu caso cando é goberno en Vigo. Pero bueno, o que non se pode ter é tan pouco rigor, tan pouco rigor, empezar a falar de todo o habido e por haber, e chegar a dicir que este é un problema de como vai a economía, deixe de ir, mire, o euribor que eu saiba, que eu saiba, non o fixa nin a autonomía nin o Estado, para nada, para nada, estamos falando dunha escala móbil, euribor máis ou menos, entón se os tipos de interese soben, se o Estado fai unha política económica calamitosa, porque só vostedes a fan ben, se a autonomía que non ten competencias en economía pero fai unha política económica calamitosa e máis non sei canto, pois o euribor subirá e os tipos de interese se poñerán en función de como vaian os tipos de interese e se poñerá un diferencial, e, é que con esa rixidez, porque é que hai, é claramente peor, é claramente peor, porque o non poder elixir trimestral, semestral, cando está subindo, pode supoñer un 0,5, un diferencial de 0,5 ó final do ano. Ben, eu con respecto ó tema en si eu creo que os feitos están aí, os feitos están aí, e é evidente que hai unha certa retracción, que hai unha certa retracción das entidades bancarias á hora de contratar créditos coas administracións públicas, vese que o número de ofertas por exemplo é máis baixo, pero ese é un fenómeno que xa pasa hai varios meses, estamos falando dun diferencial de 15-20 días, un mes, eso non cambia nada, eso cambiou hai tempo, e sorprendentemente, pois suceden estas cousas, que a Deputación non consegue, incluso tendo a propia entidade bancaria Caixanova oferta unhas condicións mellores. Vostede non entra á interpretación, solta unha batallita que de verdade non ten nin pés nin cabeza con respecto ó que estamos falando, e presumen vostedes. Esta institución que eu saiba e para desgracia da propia institución e dos cidadáns sempre foi gobernada por vostedes, por tanto non houbo endebedamento nin alguén que a deixou, deixaron vostedes en quebra técnica e despois o sanearon vostedes tamén, digo partido político na época de Abeledo, agora volven outra vez practicamente a metela en quebra técnica, bueno, alá vostedes, porque claro, é dicir "é que facemos un investimento brutal", mire e que andar sempre con esa ladaíña eu creo que só lle faltou dicir pola falta de rigor do que está dicindo e polas notas que lle pasan que sempre son descontextualizadas só lle faltou dicir que somos mellores xogando ó futbolín porque ten tanto que ver o que estamos falando co que vostede dixo, como eso como o de xogar ó futbolín. ¿Como pode comparar a capacidade inversora dun concello coa Deputación?, eso é como se me di que a COPTOP e moito máis inversora polo tanto moito máis fenómena que a Consellería de Sanidade, pois mire vostede a tontería que está dicindo é de tal calibre, e que claro un concello é basicamente prestador de servizos e servizos e gasto corrente polo tanto a capacidade de investimento é a que ten, esto é basicamente colaborador dos concellos e coa obra pública e polo tanto ten capacidade de investimento, é que só faltaría, é que claro, é que hai que escoitar a un, á outra, unha nada, é que de verdade sempre entra a dúbida de se entrar a respostarlle ou deixar que sega con esas ladaíñas dunha imprecisión monumental. Entón evidentemente non van a facer caso pero deberían tomar en serio a política económica xeral, plural desta Deputación, porque ó final tampouco lle vai valer para nada estar tirando do gasto dunha maneira tan tremenda por riba das posibilidades cando non por eso lles vai valer para nada, van a deixar a Institución en mala situación cunhas tensións de funcionamento enormes para nada senón xa o verán, o tempo o dirá. Sr. Presidente.- Sr. D. Emilio González.... Sr. González Iglesias.- Si, Sr. Figueroa, eu quero pensar que vostede hoxe ten un mal día, claro, e senón teño que pensar que é un indocumentado, entón prefiro pensar que ten un mal día, é que home efectivamente hai uns anos se medía os tipos de interese en algo que se chamaba mibor e dende uns anos para acá en algo que se chama euribor, a diferencia é fundamental e importante, supoño que non fai falta aclararlle por onde vai o tema. Dicir aquí e ter as santas narices de responsabilizar ó goberno de España da subida dos tipos de interese, pois volvo ó mesmo de antes hai que ser un indocumentado, ou ¿tamén é o goberno de España o responsable da política económica de Alemania, de Francia, de toda a Comunidade Europea?, ¿tamén o é?, home a verdade é que hai que ser un pouco bruto para dicir estas cuestións, tamén debe ser responsable ese mesmo Goberno pois de que as economías emerxentes de Asia estean comprando as materias primas como están comprando para crecer, teñen todo o dereito do mundo ou tamén debe ser responsable segundo vostede da guerra do Golfo aquela que nos metían a todos por aquelo do petróleo e demais, ¿no sei si se recorda?, pois o resultado final de todos os compoñentes é o que é, home tamén é certo que vostedes naquel goberno anterior tiñan persoas que de cartos sabían moito, eso é verdade, sabían moitisimo, é dicir eu, creo que estes días o Consello de Estado estaba dicindo que o Sr. Aznar era incompatible para ter fichado por unha empresa privada, curiosamente hoxe se esta dicindo na mesma prensa que leva dous anos cobrando desa fundación, bueno, acordouse dous anos máis tarde que era incompatible. Miren eu creo que xa o dixeron hai un momento e eu creo que é así, se algo tivo de ... esta Deputación debeuse ó Partido Popular, se chegou á situación que chegou polo Partido Popular, gobernaron case sempre excepto o primeiro mandato, e con maioría, polo tanto, non poden corresponsabilizar ós demais de iso e por certo falando dos orzamentos, xa lle gustaría a todos os concellos, a todos gustaríalle que a porcentaxe máis alta de ingresos provera do Estado e que por taxas e impostos fora mínima a porcentaxe de ingresos, lle garanto que seguramente todos os concellos, incluído o seu aprobarían os orzamentos en tempo e forma, pero se dá a circunstancia que os concellos teñen a forma de financiamento que teñen e eso da lugar a problemas sempre. Nada máis, vamos a votar en contra. Sr. Presidente.- Moitas gracias Sr. D. Emilio González. Sr. D. José Manuel Figueroa. Sr. Figueroa Vila.- Creo que cando non lles gusta o que dicimos dende o goberno, vostedes entran nas descualificacións, pero bueno esa é unha cuestión que xa é moi habitual. Mire, Sr. Mosquera, o exemplo de Pontevedra o puxo vostede, a ver se me vai a votar a min a culpa de que puxera vostede o exemplo de Pontevedra. É que hai discursos que ás veces son incoherentes. Me está dicindo a min que poño como exemplo Pontevedra cando vostede empeza o seu discurso dicindo que na cidade de Pontevedra, no concello de Pontevedra, que se levou unha, fixeron unha operación x, e vostedes outra e nós outra, bueno, pois mire, non entre vostede nese debate, eu o único que lle digo é que o endebedamento desta casa está por debaixo do límite de endebedamento doutras institucións comparadas con Deputacións de Galicia, é o máis baixo, e volvo a repetirllo. E segunda cuestión, vostedes tamén obvian o que queren e esquéceno e non din tamén porque se chega a este tipo de operacións, porque mire, nós tiñamos cando chegamos neste mandato este equipo de goberno, pois un contencioso co SERGAS de aproximadamente trinta millóns de euros. Non, é que claro, pero é que non queren que lles diga a verdade, é dicir, parece que lles molesta. Miren, cando nós chegamos aquí, a min me pasou unha nota, a primeira reunión que tiven co anterior Interventor foi unha nota onde me dicía que había unha previsión que podía haber unha sentenza de preto de trinta e pico millóns de euros con referencia ó hospital. E se fixo unha negociación, en dous anos e medio se fixo unha negociación que desa previsión que había pois se pasaron a nove millóns e medio de euros, nove millóns e medio de euros que vostedes saben que están incluídos e que xa se aboaron ó SERGAS dentro do compromiso que había, e está no presuposto deste ano, no presuposto do ano 2006, e esa é unha débeda a maiores, é dicir, que non ten que ver coa xestión corrente desta Deputación. Cando os anteriores compañeiros de Corporación que fixeron a xestión económica sempre contemplaban a posibilidade deses trinta millóns de euros, por iso fixeron unha política económica nesa liña, que nos ía a dar un endebedamento aproximado dos corenta e pico que deixaron máis trinta, pois uns setenta millóns de euros que é o que considerábamos e considerábamos os membros do Partido Popular que podiamos endebedar esta Deputación. Esa era a previsión que eles tiñan dentro do seu escenario económico desta casa dende o ano 2000 ou 2008 ou 2009, que era o límite onde podía estar a sentenza do SERGAS, e eso foi o que fixemos. Nós tan pronto como analizamos a situación económica e miramos que chegamos a un compromiso co SERGAS de aboarlle eses nove millóns e medio de euros, pois establecemos o límite do endebedamento no que temos, estamos falando de setenta millóns menos once que vostede sabe que son recuperables, é dicir, esta casa segundo as previsións do noso escenario económico aínda podería endebedarse sen ningún tipo de problema en catorce ou quince millóns de euros, dentro da previsión que temos nós como orientativa dende o noso goberno, dende o noso partido. Eso non quere dicir que se puidese endebedar aínda máis neses cincuenta millóns que dixen con anterioridade. Polo tanto, home, eu creo que tamén haberá unha parte de xestión en cancelar dunha vez por todas esa débeda que tiñamos co SERGAS dos nove millóns e medio de euros. Vostede sabe que se nós fixésemos un aprazamento do pago ó SERGAS ou fixésemos un crédito contra esa operación que finalizamos pois estaríamos falando só de seis millóns de euros de débeda real que acudiriamos ó préstamo neste momento, pero non, consideramos que era o mellor, o metemos polo capítulo 2, se pagou e creo que, bueno pois esta casa finalizou todos os contenciosos que tiña importantes, que lle volvo a repetir, porque teño que repetilo, estabamos falando de trinta e pico millóns de euros que era a previsión que se tiña. Se fixo eu creo que unha magnífica xestión, e non só eso, é que eses nove millóns e medio de euros debido á xestión que fixo o Presidente co SERGAS, coa Consellería de Sanidade, non só eso, senón que van a reverter en inversións na propia provincia. Hai un convenio, un acordo, coa Consellería, para que eses nove millóns e medio revertan en temas sanitarios na propia provincia. Polo tanto estamos recuperando a propia inversión, ou o propio endebedamento que estamos facendo nós o estamos recuperando. E mire, Sr. González, vostede non quere escoitalo, ¿pero como estaban os tipos de interese cando chegou o goberno do Partido Popular en Madrid?, si, pero é que non queren escoitalo, pero é que é curioso, cos únicos que soben os tipos de interese son cando gobernan vostedes. Non me fale da economía mundial nin da globalización, nin de todo o que queira, só lle faltou falar da guerra de Iraq, é o único que lle faltou. Sr. Presidente.- Non, falou, falou. Sr. Figueroa Vila.- ¿Tamén falou?. Sr. Presidente.- Tamén, tamén. Sr. Figueroa Vila.- Pois mire non o tiña, non o cazara, pero mire, tamén. Sr. Presidente.- Faltoulle o Prestige, me parece que lle faltou o Prestige. Sr. Figueroa Vila.- É o único que lle faltou. Cando chegamos nós ó goberno ¿a como estaban os intereses?, a un 16, a un 17, a un 15%, a un 14, dá igual. ¿Cando deixamos o goberno a como estaban?, a un 3, un tres e pico, pois mire que hai diferenza. E agora chegan vostedes e en dous anos xa están un punto por riba ou un punto e medio dende que deixamos o goberno, e o que lle queda. Bueno, pois mire, ¿sabe o que queren os cidadáns?, a min non me fale vostede de mibor, de euribor, nin de nada, o que me fala é a Sra. Dona Teresa que tiña unha póliza ou unha hipoteca que pagaba cen mil pesetas e agora paga cento dez ou cento quince. Eso é o que lle preocupa ó cidadán, ó veciño, ó que non ten nin entende destes temas, é chegar ó final de mes e que teñen que pagar ó mellor unha hipoteca de corenta mil ou corenta e cinco mil pesetas pois cinco ou seis mil pesetas máis dende que están gobernando vostedes. Vótelle a culpa a China, a Asia ou a Perú, ou a Francia. Sr. Presidente.- Moitas gracias Sr. Figueroa. A verdade é que hoxe o Sr. González na súa disertación económica nos abraiou, pódese dicir, nos abraiou cun dato importante, el dicía que agora se mide en euribor, verdade, e eu teño que dicirlle que hoxe nos adiantou unha boa noticia o Sr. González, que neste caso o Partido Socialista vai a culpar probablemente á Unión Europea dos seus males económicos, todo parece indicar que eso vai ser así, porque só hai un dato, que ademais eso vostede non o pode rebater, porque así o fixeron os analistas económicos, que si é ben certo que agora se miden en euribor, pero que probablemente se se medise como se facía antes coa moeda española, probablemente houbera que devaluar a peseta tres veces no seu magnífico goberno socialista. ¿Que lle parece?. E ademais é un dato que teñen os seus compañeiros, porque é un dato que é irrebatible. Pero, tamén dicirlle, dicirlle que para a súa tranquilidade e para a tranquilidade de todos, esta casa neste momento ten depositado nos bancos máis de cincuenta millóns de euros, preto de dez mil millóns de pesetas depositados nos bancos, ¿sabe como?, pois lle vou a dicir, ten depositado eso cobrando o euribor, e nós temos un préstamo da rede de financiamento desta casa cando a situación económica en España era bastante mellor que a de hoxe, pagando o euribor menos cero, cero, tres. De aí tamén lle contesto ó Sr. Mosquera que esa é realmente a diferencia da situación económica en España hai dous anos, dous anos e medio, case tres, e agora a situación económica que temos. Probablemente, tamén lle recordo ó Sr. Mosquera, que o seu préstamo que pediu o concello, que por certo alguén falaba de que non participaran na mesa da contratación dese préstamo, que por certo a oposición nosa tampouco participou na mesa de contratación do concello de Pontevedra, por certo, por certo, nin a oposición. Pero como neste caso o goberno fórmano as dúas partes, pois xa vai un pouco para os dous, así vai repartida a cousa. Para deixarlle ben claro ese asunto dicirlle que non participaron os nosos compañeiros tampouco aí, por eso para tranquilidade que quede ben claro que a Deputación ten depositado como lle digo case dez mil millóns de pesetas, das antigas pesetas, nos bancos, recibindo máis neste momento do que estamos pagando polo préstamo de refinanciamento cando a situación económica en España precisamente era ben distinta. Pois polo tanto, como eses datos non son rebatibles e están aí, pois esa é a grande diferenza. E probablemente dende que vostede asinou o préstamo ese famoso a hoxe xa a situación económica en España á hora de contratos de préstamos xa houbera cambiado a peor por certo, a peor. E eso o din os analistas económicos e calquera medio económico que vostede poida estudiar ou ver todos días, só nun mes a situación económica en España variou a peor. Eso é para que teñan os datos reais e fiables da situación nosa da Deputación. Sr. D. Cesáreo Mosquera. Sr. Mosquera Lorenzo.- Si, o seu dende logo é para nota, mire, se cre que eso debeu ser firmado hai dez días e debeuse de adxudicar hai vinte ou vintecinco. Ou sexa que non me veña con monsergas, o que é real, o que é real é que a mesma entidade fai unhas ofertas a administracións locais, e non quero falar de Pontevedra, estou falando da actitude da entidade prestataria, non do concello, que quede claro, non quero falar aquí do concello de Pontevedra, que é a súa verdadeira afición. Miren vostedes, o seu é tan tremendo, ou sexa, aquí á oposición néganlle o pan e a sal, non está en ningunha mesa, non os deixa participar en nada, ata os papeis hai que pedilos aí a última hora para que nolos dean, temos aquí un Deputado que tivo que falar en quiñentos idiomas para que lle deran os papeis que non lle deron ó final, lle dan un día pero despois non lle dan. E no concello de Pontevedra están presentes a oposición en todas as mesas de contratación, e non encubran a súa vagancia, que non van á maioría delas, con que non se deixen estar, caramba. É que bueno, o seu é para nota, de verdade o seu é para nota, o seu, o da democracia aínda o teñen, e despois soltan unha patada dese calibre que non está, é visto, non hai ningún problema, simplemente por pura vagancia de non ir, que é certo que non van a grande parte delas, nin ós tribunais de oposicións nin cousas desas, pero eso xa é outro, eso xa é outro problema, que o seu dende logo facendo demagoxia é absolutamente increíble, agora eu dende logo poñernos aquí a discutir, eu díxeno antes e Sr. Figueroa lle pediría que abrira o debate do futbolín, de quen xoga mellor ó futbolín, porque se un crédito dá para falar de todo esto eu creo que ben se merece nestes días de oleadas futboleiras e tal, tremendas e desgracias, e en fin, e ciclotinias, verdade, nacionais, como din vostedes, pois eu creo que o do futbolín sería importantísimo falalo porque seguramente, seguramente, son, á parte que usan unha argumentación, evidentemente eu non vou a defender, nós non estamos gobernando en Madrid, usan unha argumentación tan pobre, tan pobre, ou sexa, a quen lle poden facer crer, a quen lle poden facer crer, aquí que eu saiba a cidadanía tivo sempre metido na cabeza que quen mandaba economicamente en Europa, quen fixaba os tipos de interese, quen tiña a sartén polo mango, pois eran Alemania, Francia, e como moito o Reino Unido alá nunha esquina. Agora, se resulta que a política económica europea e todas as desgracias se opoñen, vostedes o que están reforzando é dicindo que o goberno do estado actual, o goberno do estado actual, é tan poderoso e ten tal capacidade que dirixe a política económica europea, si o están reforzando con esa mensaxe, non sexan tan animais, home, alá vostedes, segan dándolle a eso, pero claro é como dicir pois eso que ten a capacidade de decidir se Estados Unidos quita os presos de Guantánamo. O que están é transmitindo a idea de que o goberno es la repera, porque bueno, son tan viscerais, tan miúras, tan primarios, que se meten nuns debates, primeiro, que non ten nada que ver co que estamos falando e segundo conseguen o efecto contrario, conseguen o efecto contrario, alá vostedes, fagan o que lles dea a gana, e nos sentamos aquí a escoitar a ver o do futbolín como vai. Sr. Presidente.- Moitas gracias Sr. Mosquera. Sr. González Iglesias. Sr. González Iglesias.- Si, vamos a ver Sr. Figueroa. Do crédito dixo unha soa cousa e equivocouse, e equivocouse. Dicía vostede na súa intervención, foi o único que dixo, que o valor total da débeda ía a ser de 70 millóns de euros, son 72, equivocouse, os datos tenos aí. A verdade é que para o Deputado que leva a comisión é tal, un erro de dous millóns de euros é importante, pero bueno, si, si, non, números redondos, 72 millóns de euros, porque hai algo máis, números redondos, por abaixo me quedan 72 e se non é certo o que digo pois poña os papeis enriba da mesa. Sigo co tema. Se nos tirou, toda a argumentación que nos deu durante cinco minutos foi a do grande acordo co SERGAS, e por certo facendo unha loa especial do Presidente da Deputación polo grande acordo que obtivo co SERGAS, que para nada ten que ver con este contrato de préstamo, é dicir, o contrato de préstamo é unha cousa, o acordo co SERGAS é outra, xa nolo contou dúas veces, hoxe foi a terceira, e lle recordo unha cousa, lle recordo unha cousa, mire, antes, na súa primeira intervención vostede estaba facendo referencia ó desastre da Deputación da Coruña, dicía vostede, pois esa mesma Deputación chegou a ese acordo co SERGAS tamén só que uns días antes, curioso, curioso, claro, é que se é tan bo será tan bo nos dous sitios, non só é un invento do Sr. Louzán. Di que los ciudadanos, mire, os cidadáns votan o que queren, efectivamente, votan, eso llo digo eu, o que queren os cidadáns, non, non, pero é que os cidadáns o que queren o fan moi clariño, o vemos todos, cando depositan o voto. E ultimamente, ultimamente non teñen vostedes esa sorte de ser os maioritarios nesas eleccións e de non formar goberno. Polo tanto está claro por onde vai o tema. E mire, Sr. Louzán, mire unha cousa home, eu de verdade, de verdade, e pode crerme ou non, eu non estou facendo ningunha desculpa, aquí quen sacou, quen sacou o tema do desastre da economía española foron vostedes, o único que tratei de dicirlle é que a economía española está
Área de documentación
Existencia e localización de copias Enlace para escoitar o audio da sesión do Pleno
Ãrea de notas
Nota