ATOPO
Rexistros actuais: 1.625.193
Obxectos dixitais dispoñibles: 504.759

Acta de sesión 2006/07/26_Ordinaria

Área de identificación

  • Código(s) de referencia ES.GA.36038.ADPO.1.1.3.3.33.366/2.2006-07-26_Ordinaria

  • Título Acta de sesión 2006/07/26_Ordinaria

  • Data(s) 2006-07-26 (Creación)

  • Volume e soporte 1 acta de sesión

Área de contexto

Área de contido e estrutura

  • Alcance e contido Folla: No Salón de sesións da Excma. Deputación Provincial de Pontevedra, sendo as once horas do día vinte e seis de xullo do ano dous mil seis, baixo a Presidencia do Ilmo. Sr. Presidente D. Rafael Louzán Abal, reuníronse as/os Señoras/es Deputadas/os, D. Xosé Antón Araujo Quintas, Dona Nidia María Arévalo Gómez, D. Ramón Campos Durán, Dona Francisca Canal Gómez, D. Raúl Emilio Castro Rodríguez, D. Xosé Crespo Iglesias, D. José Juan Durán Hermida, D. Antonio Feliciano Fernández Rocha, D. José Manuel Figueroa Vila, D. Julio César García-Luengo Pérez, D. Emilio González Iglesias, D. Efrén Juanes Rodríguez, D. José Antonio Landín Eirín, Dona Clara Millán González, D. Xosé Cesáreo Mosquera Lorenzo, D. Constante Juan Muradas Ramos, D. Manuel Núñez Sestelo, D. Xosé Carlos Pazos Docampo, Dona María Teresa Pedrosa Silva, D. Juan Manuel Rey Rey, D. Alfredo Rodríguez Millares, D. Rodrigo Santiago Novas, Dona Belén Sío Lourido, D. José Enrique Sotelo Villar, D. Xabier Toba Girón e D. Jesús Vázquez Almuíña, co obxecto de celebrar sesión ordinaria do Pleno da Deputación, en primeira convocatoria, consonte á correspondente orde do día. Da fé do acto o Secretario Xeral, D. Carlos Cuadrado Romay, e está presente o Sr. Interventor Accidental, D. Antonio Graña Gómez. Declarada aberta a sesión e de orde da Presidencia éntrase seguidamente no exame da orde do día, adoptándose en relación coa mesma os seguintes acordos: ------ Folla: 1.5412.- ACTA ANTERIOR Sr. Presidente.- Primeiro punto. Aprobación do borrador da acta da anterior sesión ordinaria do día 28 de xuño de 2006. Apróbase. Acórdase por unanimidade aprobar o borrador da acta da anterior sesión, ordinaria, do día 28 de xuño, do ano 2006 ------ Folla: 2.5413.- APROBACIÓN DA CONTA XERAL DA DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA, QUE INCLÚE A DOS SEUS ORGANISMOS AUTÓNOMOS, CORRESPONDENTE Ó EXERCICIO 2005 Sr. Presidente.- Punto número dous. Aprobación da conta xeral da Deputación de Pontevedra, que inclúe a dos seus organismos autónomos, correspondente ó exercicio 2006. Sr. D. Cesáreo Mosquera. Sr. Mosquera Lorenzo.- Gracias Sr. Presidente. Moi bos días. Evidentemente non son dous dos organismos autónomos senón que son todos os seus organismos autónomos, e con respecto ó fondo da cuestión, bueno esto é unha conta e na que se reflicte toda a xestión orzamentaria do ano 2005 que nós non compartimos polo tanto vámonos abster. Sr. Presidente.- Procedemos polo tanto á aprobación do punto número 2. Aprobación da conta xeral. ¿Votos en contra?. ¿Abstencións?. ¿A favor?. Ditaminada favorablemente pola Comisión Especial de Contas, en sesións celebradas os días 24 de maio e 19 de xullo de 2006, a Conta Xeral da Deputación Provincial de Pontevedra e os seus organismos autónomos, correspondente ó exercicio de 2005, ó non producirse reclamacións, reparos ou observacións contra a mesma, durante o prazo regulamentario que estivo exposta ó público, e a teor do disposto nos artigos 116 da Lei 7/1985 de 2 de abril, en concordancia co artigo 212 -3º do Real decreto lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei reguladora das facendas locais, o Pleno acorda por maioría de votos a favor do PP e coas abstencións do PSOE e do BNG, aprobar a Conta Xeral da Deputación Provincial de Pontevedra correspondente ó exercicio de 2005, e que a forman a da propia Deputación e a dos organismos autónomos seguintes: Escola de Canteiros, Museo Provincial, Escola Universitaria de Enfermería, Centro de Formación Profesional Fogar Provincial, Turismo Rías Baixas, Caixa de Anticipos de Cooperación, Instituto para a Promoción e o Equipamento do Solo Industrial da Provincia de Pontevedra (IPESPO) e Organismo Autónomo Provincial de Xestión de Recursos Locais (ORAL), integradas polos estados e contas anuais, os anexos ós estados anuais e a xustificación dos estados e contas anuais, a que se refiren as regras 416, 425 e 415 da Instrución de Contabilidade para a Administración Local, aprobadas por Orde do Ministerio de Economía e Facenda de 17 de xullo de 1990. ------ Folla: 3.5414.- AMPLIACIÓN DA DELEGACIÓN DE COMPETENCIAS DO CONCELLO DE SILLEDA A FAVOR DO ORAL PARA A XESTIÓN, LIQUIDACIÓN E RECADACIÓN DAS MULTAS DE TRÁFICO Sr. Presidente.- Punto número 3. Ampliación da delegación de competencias do concello de Silleda a favor do ORAL para a xestión, liquidación e recadación das multas de tráfico. ¿Votos en contra?. ¿Abstencións?. ¿A favor?. Visto o acordo do Consello Reitor do ORAL (Organismo Autónomo Provincial de Xestión de Recursos Locais da Excma. Deputación Provincial de Pontevedra), de data 16 de xuño de 2006, sobre aceptación da ampliación da delegación do Concello de Silleda para realizar tamén a xestión e liquidación das multas de tráfico, o Pleno, de conformidade co ditame da Comisión Informativa de Economía, Facenda e Turismo, acorda por unanimidade: Aceptar, de conformidade co previsto no artigo 7.2 do Real decreto lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o Texto refundido da Lei reguladora das facendas locais, a ampliación da delegación na Deputación Provincial de Pontevedra-ORAL, da recadación das multas de tráfico, incluíndo as facultades de xestión e liquidación, así como a colaboración na xestión procedimental das mesmas dende a imposición da denuncia ata o inicio do proceso recadador, delegacións que realizou o Concello de Silleda, por acordo do Pleno de data 25 de maio de 2006, seguindo o establecido nos artigos106.3 da Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das bases de réxime local, e 7 do citado Real decreto lexislativo 2/2004. A citada delegación publicarase no Boletín Oficial da Provincia e no Diario Oficial de Galicia, tal como determina o meritado artigo 7.2 "in fine". ------ Folla: 4.5415.- AMPLIACIÓN DA DELEGACIÓN DE COMPETENCIAS DO CONCELLO DE LALÍN A FAVOR DO ORAL PARA A XESTIÓN, LIQUIDACIÓN E RECADACIÓN DAS MULTAS DE TRÁFICO Sr. Presidente.- Punto número 4. Ampliación da delegación de competencias do concello de Lalín a favor do ORAL para a xestión, liquidación e recadación das multas de tráfico. ¿Votos en contra?. ¿Abstencións?. ¿A favor?. Visto o acordo do Consello Reitor do ORAL (Organismo Autónomo Provincial de Xestión de Recursos Locais da Excma. Deputación Provincial de Pontevedra), de data 19 de xullo de 2006, sobre aceptación da ampliación da delegación do Concello de Lalín para realizar tamén as facultades de xestión, liquidación e recadación en período voluntario das multas de tráfico, o Pleno, de conformidade co ditame da Comisión Informativa de Economía, Facenda e Turismo, acorda por unanimidade: Aceptar, de conformidade co previsto no artigo 7.2 do Real decreto lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o Texto refundido da Lei reguladora das facendas locais, a ampliación da delegación na Deputación Provincial de Pontevedra-ORAL, da xestión das multas de tráfico, incluíndo as facultades de xestión, liquidación e recadación en período voluntario, así como a colaboración na xestión procedimental das mesmas dende o comezo do procedemento sancionador ata o inicio do proceso recadador, delegación que realizou o Concello de Lalín, por acordo do Pleno de data 30 de maio de 2006, seguindo o establecido nos artigos 106.3 da Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das bases de réxime local, e 7 do citado Real decreto lexislativo 2/2004. A citada delegación publicarase no Boletín Oficial da Provincia e no Diario Oficial de Galicia, tal como determina o meritado artigo 7.2 "in fine". ------ Folla: 5.5416.- AMPLIACIÓN DA DELEGACIÓN DE COMPETENCIAS DO CONCELLO DE MOS A FAVOR DO ORAL PARA A XESTIÓN DAS MULTAS DE TRÁFICO Sr. Presidente.- E o punto número cinco tamén. Ampliación da delegación de competencias do concello de Mos a favor do ORAL para a xestión, liquidación e recadación das multas de tráfico. ¿Votos en contra?. ¿Abstencións?. ¿A favor?. Visto o acordo do Consello Reitor do ORAL (Organismo Autónomo Provincial de Xestión de Recursos Locais da Excma. Deputación Provincial de Pontevedra), de data 19 de xullo de 2006, sobre aceptación da ampliación da delegación do Concello de Mos para realizar as facultades de xestión das multas de tráfico en período voluntario e executivo, o Pleno, de conformidade co ditame da Comisión Informativa de Economía, Facenda e Turismo, acorda por unanimidade: Aceptar, de conformidade co previsto no artigo 7.2 do Real decreto lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o Texto refundido da Lei reguladora das facendas locais, a ampliación da delegación na Deputación Provincial de Pontevedra-ORAL, da xestión das multas de tráfico en período voluntario e executivo, así como a colaboración na xestión do procedemento sancionador, delegación que realizou o Concello de Mos, por acordos do Pleno de datas 26 de maio de 2005 e 30 de marzo de 2006, seguindo o establecido nos artigos 106.3 da Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das bases de réxime local, e 7 do citado Real decreto lexislativo 2/2004. A citada delegación publicarase no Boletín Oficial da Provincia e no Diario Oficial de Galicia, tal como determina o meritado artigo 7.2 "in fine". ------ Folla: 6.5417.- DELEGACIÓN DE COMPETENCIAS DO CONCELLO DE MOS A FAVOR DO ORAL PARA A XESTIÓN, INSPECCIÓN, LIQUIDACIÓN E RECADACIÓN DO IMPOSTO SOBRE O INCREMENTO DE VALOR DOS TERREOS DE NATUREZA URBANA E DA RECADACIÓN EN VÍA EXECUTIVA DE DIVERSOS RECURSOS MUNICIPAIS Sr. Presidente.- Punto número 6. Delegación de competencias do concello de Mos a favor do ORAL para a xestión, inspección, liquidación e recadación do imposto sobre o incremento de valor dos terreos de natureza urbana e da recadación en vía executiva de diversos recursos municipais. ¿Votos en contra?. ¿Abstencións?. ¿A favor?. Visto o acordo do Consello Reitor do ORAL (Organismo Autónomo Provincial de Xestión de Recursos Locais da Excma. Deputación Provincial de Pontevedra), de data 16 de xuño de 2006, sobre a aceptación da resolución do contrato de servizos asinado co Concello de Mos o 30 de xaneiro de 1996 e que vence o 30 de xaneiro de 2007, así como da delegación que realizou o citado concello, por acordo do Pleno na sesión que tivo lugar o 27 de abril de 2006, a favor da Deputación Provincial de Pontevedra para realizar as facultades de xestión, liquidación, inspección e recadación, tanto en período voluntario como en executivo, do imposto sobre o incremento do valor dos terreos de natureza urbana, e da recadación en vía executiva do imposto sobre vehículos de tracción mecánica e outros recursos municipais, o Pleno, de conformidade co ditame da Comisión Informativa de Economía, Facenda e Turismo, acorda por unanimidade: 1.- Aceptar a resolución de contrato de arrendamento de servizos asinado entre o Concello de Mos e a Deputación Provincial de Pontevedra, o día 30 de xaneiro de 1996, e que vence o 30 de xaneiro de 2007, para realizar as facultades de xestión, liquidación e recadación executiva de diversos recursos municipais. A denuncia de dito contrato acordouna o Pleno do Concello de Mos na sesión do día 26 de xaneiro de 2006. 2.- Aceptar, de conformidade co previsto no artigo 7.2 do Real decreto lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o Texto refundido da Lei reguladora das facendas locais, a delegación na Deputación Provincial de Pontevedra-ORAL, que en materia de xestión, liquidación, inspección e recadación de recursos locais, realizou o Concello de Mos, por acordo do Pleno de data 27 de abril de 2006, seguindo o establecido nos artigos 106.3 da Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das bases de réxime local, e 7 do citado Real decreto lexislativo 2/2004. O detalle das facultades que delega o Concello de Mos, con efectos dende o 31 de xaneiro de 2007, son as seguintes: a) A xestión, inspección, liquidación e recadación, tanto en período voluntario como en período executivo, do imposto sobre o incremento de valor dos terreos de natureza urbana. b) A recadación en vía executiva dos seguintes recursos municipais. q Imposto sobre vehículos de tracción mecánica. q Liquidación provisional do imposto sobre instalacións, construcións e obras. q Taxa por licenza de apertura de establecementos. q Taxa por servizo de cemiterios. q Taxa por licenza urbanística. q Taxa por matadoiro municipal. q Taxa por entrada de vehículos. q Taxa por licenza de autotaxi e demais vehículos de aluguer. q Taxa por recollida de lixo. q Taxa por servizo de sumidoiros. q Taxa por abastecemento de auga. q Infraccións urbanísticas. q Outros ingresos de dereito público de carácter non tributario a excepción dos canons polas parcelas municipais. A citada delegación publicarase no Boletín Oficial da Provincia e no Diario Oficial de Galicia, tal como determina o meritado artigo 7.2 "in fine". ------ Folla: 7.5418.- EXPEDIENTE DE MODIFICACIÓN DE CRÉDITOS NÚMERO 3/2006 Sr. Presidente.- Punto número 7. Expediente de modificación de créditos número 3/2006. Sr. D. Cesáreo Mosquera. Sr. Mosquera Lorenzo.- Gracias Sr. Presidente. Bueno unha modificación relativamente pequena aínda que non menor, porque un millón de euros, bueno, acabáronse os remanentes abundantes polo tanto non hai capacidade para eso e estamos outra vez, lamento ter que insistir do millón de euros seiscentos mil se van para a partida de... chapapote sei que non lle gusta, bueno vías, sostemento de vías. E aquí estamos no de sempre: unha de dúas ou esto é un saco sen fondo ou que presuposta moi mal, porque todos os anos esta partida se amplía sucesivamente a parte cuns fins que non son só estradas provinciais nin nada que se lle pareza. Evidentemente vamos a votar en contra. Sr. Presidente.- Moitas gracias Sr. Cesáreo Mosquera. Sr. Emilio González. Sr. González Iglesias.- Si, á marxe, que coincidimos no tema deses seiscentos mil euros, hai outra partida que nos chama a atención salvo que nos expliquen que é para outro tema, e que aparece hai un convenio co concello de Ponteareas, para facer obras no concello de Ponteareas, un convenio de 100.000 euros, senón é unha vía provincial a que se vai a actuar por propiedade do convenio estamos ante unha actuación nova e queriamos que nos explicaran, de todos xeitos os 600.000 euros de vías e obras dan para votar en contra esta modificación. Pero queríamos que nos explicaran esa partida de 100.000 euros. Sr. Presidente.- Bueno vamos a ver, na modificación de crédito se inclúe esa cantidade da que falamos, das cales eu teño constancia de que hai un convenio con Ponteareas que une dúas vías provinciais se mal non recordo, ou sexa que ... a actuación me parece que é, eu non teño diante miña o proxecto que debe estar por contratación, pero eu teño constancia de que é un enlace de dúas vías provinciais, pero bueno pediremos máis documentación se é preciso. ¿Algunha cuestión máis?. ¿Votos en contra?. ¿Abstencións?. ¿A favor?. . Visto o expediente de modificación de créditos número 3/2006, dentro do vixente orzamento provincial, por un importe total de 1.095.000,00 euros, motivado pola necesidade de realizar gastos que non poden demorarse ata o exercicio seguinte, e ó non existir consignación suficiente no estado de gastos do orzamento corrente financiarase con cargo ó remanente de tesourería dispoñible por importe de 935.000,00 euros, e con cargo á anulación ou baixa de crédito na partida 06/511.511.612.02, por importe de 160.000,00 euros. O Pleno, de conformidade co ditame da Comisión Informativa de Economía, Facenda e Turismo, acorda por maioría de votos a favor do PP e cos votos en contra do PSOE e do BNG, aprobar o expediente de modificación de créditos número 3/2006, que resumido por capítulos presenta a seguinte estrutura: Capítulo 2º Gastos en bens correntes e de servizos... 759.500,00 ¤ Capítulo 4º Transferencias correntes.............................. 175.500,00 ¤ Capítulo 6º Investimentos reais....................................... 160.000,00 ¤ Total variacións por capítulos 1.095.000,00 ¤ Dito expediente será exposto ó público, para efectos de reclamacións, por un período de quince días hábiles, quedando definitivamente aprobado en caso de non producirse estas. ------ Folla: 8.5419.- APROBACIÓN INICIAL DO PROXECTO "TERMINACIÓN DA EP 0506 CURRO-PORTELA". EXPOSICIÓN PÚBLICA DO MESMO. DECLARACIÓN DE UTILIDADE PÚBLICA DA OBRA. SOLICITUDE Á XUNTA DE GALICIA DA DECLARACIÓN DE URXENTE OCUPACIÓN. MOTIVACIÓN DA URXENCIA Sr. Presidente.- O punto oito. Aprobación inicial do proxecto de terminación da estrada provincial 0506 Curro-Portela, exposición pública do mesmo, declaración de utilidade pública da obra, solicitude á Xunta de Galicia da declaración de urxente ocupación e motivación da urxencia. ¿Votos en contra?. ¿Abstencións?. ¿A favor?. O proxecto "Terminación da EP 0506 Curro-Portela (Barro)", que está dotado dun orzamento para coñecemento da Administración de 299.105,17 euros, desagregado en orzamento de execución por contrata por importe de 249.349,93 euros e capítulo de expropiacións por importe de 49.755,24 euros ten por obxecto o ensanche e a mellora do pavimento da EP 0506 Curro-Portela nunha lonxitude de 956 metros. Á vista do informe emitido polo Servizo de Intervención, no que se certifica a existencia de saldo de crédito dispoñible na partida 06/511.511-612.02 para facer fronte ó gasto da obra e das expropiacións que conleva, e do informe emitido polo Enxeñeiro Técnico de Vías e Obras, advertindo da necesidade de acometer dita obra, o Pleno de conformidade co ditame da Comisión Informativa de Vías e Obras, acorda por unanimidade: 1.- A aprobación inicial do proxecto "Terminación da EP 0506 Curro-Portela (Barro)", que está dotado dun orzamento para coñecemento da administración de 299.105,17 euros, desagregado en orzamento de execución por contrata por importe de 249.349,93 euros e capítulo de expropiacións por importe de 49.755,24 euros. 2.- A exposición pública do mesmo e do expediente expropiatorio que conleva, polo prazo regulamentario, a efectos de posibles reclamacións, entendéndose aprobado definitivamente, de forma automática, en caso de non producirse as mesmas. 3.- A declaración de utilidade pública da obra con base no informe emitido polo Enxeñeiro Técnico de Vías e Obras, advertindo da premura que reviste a execución da obra. 4.- A solicitude á Xunta de Galicia da declaración de urxente ocupación dos bens e terreos afectados pola referida obra. 5.- A motivación da urxencia que se pretende dar ás expropiacións que xera dita obra, en base ó informe emitido o 18 de xullo de 2006 polo Enxeñeiro Técnico de Vías e Obras, no que se sinala que "O proxecto Terminación EP 0506 Curro-Portela (Barro)" ten por obxecto o ensanche e acondicionamento do pavimento da citada estrada coa finalidade de mellorar un dos vieiros de maior transcendencia dentro da rede provincial xa que comunica a estrada autonómica Pontevedra-Cambados coa estrada nacional 550 Pontevedra-Santiago. Trátase ademais dun vial que soporta unha grande densidade de tráfico, por un lado porque no seu comezo enlaza coa vía de alta capacidade do Salnés e por outro, porque atravesado pola autoestrada, permite acceder á estación de A Portela, estación que se revitalizará nun futuro próximo co paso do tren de alta velocidade. Conscientes da importancia da estrada, esta mellorouse na maior parte do seu trazado grazas á colaboración desinteresada duns veciños que cederon o terreo necesario para a execución das obras. Como queira que para a eficaz conclusión dos traballos iniciados faise necesario actuar nunha serie de tramos cuxa lonxitude total acada 956 metros, redactouse o presente proxecto, cuxa urxencia se xustifica, porque ó tratarse dunha zona altamente poboada faise imperiosa a necesidade de mellorar os anchos primitivos e desa forma incrementar notablemente a seguridade de vehículos e peóns. A maiores, o feito de terse mellorado certos tramos da citada estrada implica un aumento de velocidade na circulación duns vehículos cuxos condutores, ó encontrarse co deficiente trazado dos tramos que quedan por mellorar, poñen en perigo tanto a súa integridade física como a dos peóns. Por todo iso, e como queira que a obra conleva a afección de terreos de particulares, resulta imprescindible iniciar un expediente de expropiación forzosa cuxo carácter urxente queda sobradamente xustificado polos motivos antes expostos. ------ Folla: 9.5420.- APROBACIÓN INICIAL DO PROXECTO "TERMINACIÓN DE MELLORA DA EP 0507 PORTELA-VALIÑAS-PORTAS". EXPOSICIÓN PÚBLICA DO MESMO. DECLARACIÓN DE UTILIDADE PÚBLICA DA OBRA. SOLICITUDE Á XUNTA DE GALICIA DA DECLARACIÓN DE URXENTE OCUPACIÓN. MOTIVACIÓN DA URXENCIA Sr. Presidente.- Punto número 9, tamén do concello de Barro. Aprobación inicial do proxecto terminación de mellora da estrada provincial 0507 Portela-Valiñas-Portas. Exposición pública do mesmo. Declaración de utilidade pública da obra. Solicitude á Xunta de Galicia da declaración de urxente ocupación e motivación da urxencia. ¿Votos en contra?. ¿Abstencións?. ¿A favor?. . O proxecto "Terminación EP 0507 Portela-Valiñas-Portas (Barro- Portas)", que está dotado dun orzamento para coñecemento da Administración de 231.403,95 euros, desagregado en orzamento de execución por contrata por importe de 151.283,28 euros e capítulo de expropiacións por importe de 80.120,67 euros, ten por obxecto o ensanche e a mellora do pavimento da estrada provincial 0507 Portela-Valiñas-Portas. Á vista do informe emitido polo Servizo de Intervención, no que se certifica a existencia de saldo de crédito dispoñible na partida 06/511.511-612.02 para facer fronte ás expropiacións que implica, e do informe emitido polo enxeñeiro técnico de Vías e Obras, advertindo da necesidade de acometer dita obra, o Pleno de conformidade co ditame da Comisión Informativa de Vías e Obras, acorda por unanimidade: 1. A aprobación inicial do proxecto "Terminación EP 0507 Portela- Valiñas-Portas (Barro-Portas)", que está dotado dun orzamento para coñecemento da Administración de 231.403,95 euros, desagregado en orzamento de execución por contrata por importe de 151.283,28 euros e capítulo de expropiacións por importe de 80.120,67 euros. 2. A exposición pública deste e do expediente de expropiación que implica, polo prazo regulamentario, para efectos de posibles reclamacións, entendéndose aprobado definitivamente, de forma automática, en caso de non producirse estas. 3. A declaración de utilidade pública da obra con base no informe emitido polo enxeñeiro técnico de Vías e Obras, advertindo da prema que reviste a execución da obra. 4. A solicitude á Xunta de Galicia da declaración de urxente ocupación dos bens e terreos afectados pola referida obra. 5. A motivación da urxencia que se pretende dar ás expropiacións que xera dita obra, en base ó informe emitido o 18 de xullo de 2006 polo enxeñeiro técnico de Vías e Obras, no que se sinala que "O proxecto Terminación EP 0507 Portela-Valiñas-Portas (Barro-Portas) ten por obxecto o ensanche e a mellora do pavimento da estrada provincial 0507 Portela-Valiñas-Portas; coa finalidade de contribuír ó grande desenvolvemento que experimentou nos últimos anos a comarca do Umia, abórdase o presente proxecto xa que a estrada provincial 0507 ten unha grande importancia porque comunica o lugar de Portela, desde a estrada Curro-Portela, ata o lugar de Portas, atravesando a estrada Goulla- Porráns". A urxencia de acometer canto antes as obras vén xustificada pola necesidade de mellorar os anchos primitivos e así evitar, na medida do posible, os accidentes e o perigo que supoñen para a circulación. A maiores, o feito de mellorarse a maior parte dos tramos da citada estrada implica un aumento de velocidade na circulación de vehículos, cuxos condutores, ó atoparse co deficiente trazado dos tramos intermedios obxecto do presente proxecto, poñen en perigo tanto a súa integridade física coma a dos peóns. Por todo iso, e dado que a obra implica a afección de terreos de particulares, resulta imprescindible iniciar un expediente de expropiación forzosa cuxo carácter urxente queda sobradamente xustificado polos motivos antes expostos. ------ Folla: 10.5421.- SOLICITUDE DE CAMBIO DE APLICACIÓN DA OBRA Nº 661 DO CONCELLO DE PONTEAREAS, INCLUÍDA NO POL/06 Sr. Presidente.- Punto número dez. Solicitude de cambio de aplicación da obra nº 661 do concello de Ponteareas, incluída no programa operativo local do ano 2006. ¿Votos en contra?. ¿Abstencións?. ¿A favor?. De conformidade co ditame da Comisión Informativa de Cooperación e Mancomunidades, o Pleno acorda por unanimidade aprobar o cambio de aplicación da obra nº 661, incluída no POL 2006, medida 5.9, denominada "Centro de estancias diurnas para persoas con discapacidade", por un importe de 90.000,00 euros, pola actuación complementaria nº 61, medida 3.3 denominada "Saneamento San Roque", modificando o seu orzamento a 84.000,00 euros, dado que é unha obra con distinta medida, quedando o seu financiamento como de seguido se relaciona: ADMINISTRACIÓN IMPORTE Administración Central (FEDER) 8.702,40 Euros Administración Local (FEDER) 54.297,60 Euros Administración Central 3.477,60 Euros Deputación 13.314,00 Euros Concellos 4.208,40 Euros Gasto non elixible 0,00 TOTAL 84.000,00 Euros ------ Folla: 11.5422.- SOLICITUDE DE CAMBIO DE APLICACIÓN DA OBRA Nº 630 DO CONCELLO DE SALCEDA DE CASELAS, INCLUÍDA NO POL/06 Sr. Presidente.- Punto número once. Solicitude de cambio de aplicación da obra nº 630 do concello de Salceda de Caselas, incluída no programa operativo local 2006. ¿Votos en contra?. ¿Abstencións?. ¿A favor?. De conformidade co ditame da Comisión Informativa de Cooperación e Mancomunidades, o Pleno acorda por unanimidade, aprobar o cambio de aplicación da obra nº 630, incluída no POL 2006, medida 5.3, denominada "Abastecemento auga San Xurxo, Entenza e Parderrubias", por un importe de 83.947,82 euros, pola actuación complementaria nº 45, medida 3.3 denominada "Pluviais: R/V P. Vidal, Rosalía de Castro", co financiamento da anterior e detallada como se relaciona: ADMINISTRACIÓN IMPORTE Administración Central (FEDER) 8.117,75 Euros Administración Local (FEDER) 50.645,71 Euros Administración Central 3.475,43 Euros Deputación 13.305,72 Euros Concellos 8.403,21 Euros Gasto non elixible 0,00 TOTAL 83.947,82 Euros ------ Folla: 12.5423.- SOLICITUDE DE CAMBIO DE APLICACIÓN DA OBRA Nº 640 DO CONCELLO DE MORAÑA, INCLUÍDA NO POL/06 Sr. Presidente.- Punto número doce. Solicitude de cambio de aplicación da obra nº 640 do concello de Moraña, incluída no programa operativo local 2006. ¿Votos en contra?. ¿Abstencións?. ¿A favor?. De conformidade co ditame da Comisión Informativa de Cooperación e Mancomunidades, o Pleno acorda por unanimidade, aprobar o cambio de aplicación da obra nº 640, incluída no POL 2006, medida 5.3, denominada "Explanación/acondicionamento terreos Polígono Industrial Cortiñas", por un importe de 77.077,85 euros, pola actuación complementaria nº 53, medida 3.3 denominada "Urbanización Polígono Industrial Mírallos", co financiamento da anterior e detallada como se relaciona: ADMINISTRACIÓN IMPORTE Administración Central (FEDER) 7.453,42 Euros Administración Local (FEDER) 46.501,06 Euros Administración Central 3.191,02 Euros Deputación 12.216,83 Euros Concellos 7.715,52 Euros Gasto non elixible 0,00 TOTAL 77.077,85 Euros ------ Folla: 13.5424.- SOLICITUDE DE CAMBIO DE APLICACIÓN DA OBRA Nº 616 DO CONCELLO DE TOMIÑO, INCLUÍDA NO POL/06 Sr. Presidente.- Punto número trece. Solicitude de cambio de aplicación da obra número 616 do concello de Tomiño, incluída no programa operativo local 2006. Sr. D. Cesáreo Mosquera. Sr. Mosquera Lorenzo.- Gracias, non, era simplemente unha aclaración, porque na orde do día temos, temos, nos aparece a obra 626, agora acaba de ler a obra 616 que é o correcto, era esa aclaración. Sr. Presidente.- Moitas gracias Sr. Mosquera. ¿Votos en contra?. ¿Abstencións?. ¿A favor?. De conformidade co ditame da Comisión Informativa de Cooperación e Mancomunidades, o Pleno acorda por unanimidade, aprobar o cambio de aplicación da obra nº 616, incluída no POL 2006, medida 5.3, denominada "Saneamento en Sobrada", por un importe de 119.886,88 euros, pola actuación complementaria nº 32, medida 3.3 denominada "Rede de sumidoiro en Sobrada", co financiamento da anterior e detallada como se relaciona: ADMINISTRACIÓN IMPORTE Administración Central (FEDER) 5.791,06 Euros Administración Local (FEDER) 36.129,75 Euros Administración Central 2.479,31 Euros Deputación 9.492,07 Euros Concellos 5.994,69 Euros Gasto non elixible 60.0000,00 Euros TOTAL 119.886,88 Euros ------ Folla: 14.5425.- RATIFICACIÓN DO ACORDO ADOPTADO POLA COMISIÓN XESTORA DO CONSORCIO CONTRA INCENDIOS E SALVAMENTO DAS COMARCAS DO BAIXO MIÑO, CONDADO E LOURIÑA, PARA A CONTINUACIÓN DO PROCEDEMENTO DE CONSTITUCIÓN DO MESMO SEN OS CONCELLOS DE A GUARDA E PONTEAREAS Sr. Presidente.- Punto número 14. Ratificación do acordo adoptado pola Comisión Xestora do Consorcio contra incendios e salvamento das comarcas do Baixo Miño, Condado e Louriña, para a continuación do procedemento de constitución do mesmo sen os concellos de A Guarda e Ponteareas. Sr. D. Cesáreo Mosquera. Sr. Mosquera Lorenzo.- Gracias Sr. Presidente. Isto témolo debatido en cantidade de ocasións, segue mal plantexado e polo tanto pois as dificultades soben, segue sen haber unha definición clara e das competencias de cada quen e pasan cousas como esta, temos que recordar por exemplo que parte dos que se fixeron, o da Estrada-Deza, incluso o do Salnés, posteriormente pois se pagaban os concellos, se despois non pagaban os concellos, pasaron por todas esas visicitudes e aquí hai unha Lei de Bases de Réxime Local que está en vigor, parece que ninguén está de acordo con ela, polo menos se encarga de saltala cada dous por tres, pero que está en vigor no que a diferencia entre concellos é clarísima os que teñen máis de 20.000 habitantes teñen obriga de ter parque de bombeiros e os que teñen menos de 20.0000 non teñen esa obriga, ou sexa se entende que a Deputación e a Xunta se teñen que facer cargo desa obriga e sen que os concellos participen. Neste caso se non me acordo mal o acordo era 40-40-20 ou sexa que os concellos achegan o 20%. Todos os concellos incluídos, a grande maioría non teñen a obriga de achegar, agora se marchan dous, van ter que achegar bastante máis. Vamos a ver como queda esto, se cadra dentro duns meses virá aquí "non agora non pagan os concellos" "e agora outro cambio", senón ó tempo porque eso está mal plantexado, e bueno vaise tirando para adiante, pero non creo que tirar para adiante xustifique que si que hai, hai que crear parques e demais pero xustifique o facelo dunha maneira tan chapuceira, e non estou botando a culpa en concreto á Deputación de Pontevedra, creo que é un problema xeral tanto das Deputacións como da Xunta, que ben herdado, que non se acaba de aclarar e que está sempre bailando, e neste caso tirar sempre para diante cuns financiamentos que á parte dos concellos que agora se calculaban o que podían asumir antes, cousa dubidosa, pois agora vai ser peor porque van ter que achegar máis para compensar a achega destes dous concellos que non se adhiren, á parte da situación de fondo de que un concello non ten a obriga de ter bombeiros, polo tanto non ten a obriga de meterse no consorcio, nin de pagar, e resulta que segundo a vontade por cuestión da corporación pois vai ter bombeiros ou non os vai ter. Os cidadáns deses concellos van ter servizo de bombeiros ou non, teoricamente é así, na práctica xa sabemos que os bombeiros despois van por obrigación. Segundo o que pasa en cada corporación se queren pagar, non queren pagar o que sexa, a situación é moi chapuceira, polo tanto non a vamos a avalar, xa o temos dito moitas veces vámonos a abster, recoñecendo o que haxa que facer pero o que está facendo dende logo non é especialmente correcto. Sr. Presidente.- Moitas gracias Sr. D. Cesáreo Mosquera. Bueno, en relación a eso se nunha parte da súa intervención podemos estar de acordo, pero hai unha parte moito máis importante que é que eu calculo que a finais deste ano podemos estar dando servizo, cobertura por dicilo así, do servizo contra incendios na práctica totalidade da provincia de Pontevedra. O cal era algo que vostede por certo demandara aquí en moitas ocasións que eu recordo e que neste caso o grupo de goberno foi poñendo en marcha esta iniciativa, que como digo vostede ten falado dela en moitas ocasións aquí e eu o entendín como xusto e razoable, e tamén o entenderon anteriores presidentes desta casa e polo tanto que aí está ou vai a estar na práctica totalidade da provincia, si é ben certo que creo que merece un debate largo e sobre todo con datos encima da mesa de como debe ser o financiamento destes parques porque si é ben certo que a Deputación de Pontevedra dentro de moi pouco tempo de pagar cero euros vai a pagar pois da orde de para que nós entendamos, en pesetas, entre 300 e 400 millóns das antigas pesetas, anualmente para manter este servizo, o cal como vostede ben acaba de dicir, necesita unha reorientación e necesita unha armonización para que todos os parques dalgunha maneira teñan unha financiamento similar ou se non é similar totalmente parecida para iso, eu aposto por esa creación dese consorcio provincial contra incendios, que debería ser dalgunha maneira quen coordine toda esta labor porque quizás hai aspectos que haxa que cambiar, o outro día plantexaba que non ten sentido que agora mesmo temos un xerente en cada parque que ten un custo elevadísimo, senón que debería haber unha coordinación provincial que asumise eso, e polo tanto a partir de aí xa poderíamos empezar a funcionar cun ente provincial que regule o funcionamento dos mesmos, para iso teñen que entrar en funcionamento os dous que faltan, o do Morrazo que o vai a facer proximamente, e o do Porriño pois cara final do ano, primeiros do ano 2007, o cal nos vai a permitir como dixen antes facer unha cobertura, pero eu lle invito a participar nun debate en relación a este asunto para que se é ben certo que aqueles concellos que teñen obrigación tal e como establece a Lei de Bases de Réxime Local, aqueles municipios de máis de 20.000 pois haberá que buscar unha adaptación para o financiamento deste importantísimo servizo que eu creo que é un servizo fundamental na sociedade de hoxe en día, pero que necesita como si é ben certo, no que no apartado de financiamento por parte das administracións, unha reorientación e sobre todo que sexa armonioso e paguen igual todos os concellos dunha dimensión e os que teñan xa obrigación pois que tamén teñan que contribuír a iso doutra forma distinta. Pero bueno, eu digo que en relación a esto iremos camiñando nos próximos meses para cara final de ano, ou incluso para incluír nos presupostos do ano que ben, ter claro cal vai a ser o financiamento para os parques de bombeiros da provincia de Pontevedra. Pero vamos, xa sen máis, se algunha cousa , Sr. D. Cesáreo Mosquera. Sr. Mosquera Lorenzo.- Si gracias, é que parece que estamos nunhas cifras de absoluto optimismo, nestes momentos así unha estimación moi somera dos parques que están en funcionamento dan que andamos sobre os 12 millóns de euros anuais no seu sostemento. Sr. Presidente.- Totais. Sr. Mosquera Lorenzo.- Totais, contando o de Vigo e o de Pontevedra. Sr. Presidente.- Ah!, Vigo e Pontevedra. Sr. Mosquera Lorenzo.- Claro, pero e que Vigo e Pontevedra cobren 40 ou 30 concellos da provincia, entonces esto está absolutamente sesgado e aparte se está cobrando a concellos que non teñen esa capacidade de financiamento miserias, miserias por manter o principio de cobrarlle, cando habería que atacarlle ó problema bastante máis de fondo e incluso esa idea da coordinación provincial pois porque está a Deputación, probablemente tivera que ser un Consorcio, por moito que tivera delegacións a nivel galego, digo que todas ... da provincia, non ten sentido que haxa un corte de xestión porque pode cubrir perfectamente uns doutros e demais, entón esto é un problema que está sen resolver, agora mesmo vamos a aprobar, ¿en que situación van a quedar A Guarda e Ponteareas? ¿en que situación van a quedar?. Sr. Presidente.- Pois a situación queda, primeiro Ponteareas ten un grupo de intervención rápida, que bueno suple, daquela maneira, pero suple o servizo. E despois incluso hai moitos concellos desa zona que me plantexaron a posibilidade de que os servizos contra incendios que teñen as cámaras municipais portuguesas, que chegarían bastante antes do que poida chegar neste caso desde Porriño a Arbo por exemplo, que poidan cubrir ese servizo. O que temos que tratar en cuestións que afectan a vidas humanas, pois, o que temos que tratar, é de ser efectivos e neste sentido por eso xa se esta traballando concretamente entre a Cámara de Melgaço e o concello de Arbo, por exemplo, de articular fórmulas en común que agora si se poden facer gracias a esa modificación a nivel estatal, que concellos españois e portugueses poden articular e xestionar servizos públicos, polo tanto eu digo que esto merece un amplísimo debate e unha orientación clara de cal debe ser a financiamento e como debemos levala adiante cara ós próximos anos de aí que é ben certo que no caso dalgún concello que poida quedar descolgado pois a ver como se articula, pero dalgunha maneira hai que entender que no caso de Ponteareas e no caso de A Guarda foron os propios concellos quen tomaron esta decisión, ou sexa que lexitimamente e soberanamente tomaron esa decisión, eu non sei si acertada ou equivocada eso xa o terán que saber eles pero neste caso hai que asumila como e. Ou sexa xa digo que cando teñamos finalizado este tramo de poñer en marcha os que faltan, eu creo que traeremos aquí, a un debate do Pleno da Corporación provincial, cales deben ser, eu convídoo ademais a que cada unha das forzas políticas traia unha proposta neste sentido, si é ben certo que o aspecto máis positivo de todos é que a partir de agora, cuestión de poucos meses, vamos a dar cobertura practicamente á totalidade da provincia, cuestión que noutras provincias non se dan, ou sexa que na nosa va moi avanzado, agora si é ben certo que necesita harmonizar o financiamento por parte de concellos, por parte da Deputación e por parte da Xunta de Galicia que creo que neste momento é necesario. Sr. Mosquera Lorenzo.- Pero e, vamos a ver, perdón igual non é momento e evidentemente esto se discutiu moitas veces, sempre ven aquí a fío dun consorcio a fío en concreto, vamos a ver, é que estes concello ben están servidos, ben están servidos, se hai un incendio nunha vivenda, ou sexa con perigo para vidas, ou se hai algún accidente de tráfico no seu termo municipal que non sería o propio concello, pero se hai servizo de excarceración vai a ir, o que ten que pagar é ridículo en comparación á achega, ou sexa van a estar servidos igual. Esa é a realidade, esa é a absoluta realidade, ou sexa como se esixe ós outros que paguen, e moi voluntariosos pagan, e demais cando estes mediante esas maiorías, minorías que non son quen son, e demais que ó final dan unha solución moi curiosa, ¿verdade? Pero ó final van a estar servidos igual, e dicir ... unha perversión, ... unha perversión, eu repito creo que hai que avanzar nesta liña queda moitísimo por avanzar pero á conta de avanzar sobre uns plantexamentos mal centrados, sobre máis que se podían ter resolto antes e avanzar ó mesmo ritmo, pois se están creando chapuzas e inxustizas comparativas entre concellos e cidadáns que non creo que sexan moi de recibo, cando eran moi facilmente solucionables, o problema é ben simple concellos de menos de 20.000 non teñen a obriga, ¿quen ten a obriga a Deputación ou a Xunta?, pois asuman e punto, xa está, con ese principio problema resolto, e se os de 20.000 non queren entrar polo aro, é fácil, a Deputación lle está mandando cartos e a Xunta tamén, o cal lle di ..., pois xa está, ou sexa non hai ningún problema, sería manifestamente ilegal reterlle cartos porque é un consorcio voluntario que fixeron e non teñen obriga, entón é moi sinxelo, é tremendamente sinxelo, cando as cousas empezan a complicar e cando saen estas cousas, pero bueno defendémolos no seu momento dunha maneira clara e definida e agora veñen estas cousas pois bueno adiante pero nos ímonos a abster. Sr. Presidente.- Moitas gracias Sr. D. Cesáreo Mosquera. Sr. D. José Crespo que pide a palabra. Sr. Crespo Iglesias.- Si, simplemente para dicirlle ó Sr. Mosquera que a fronteira dos 20.000 habitantes é unha fronteira ficticia porque se ben e certo que hai que aplicarlle a diferenza entre un concello que teña 17, 18 ou 15 mil habitantes e un de 20 mil, pois vostede tópase nesta provincia que un concello de 17.000 habitantes ten moitísimo máis presuposto que moitos de 20.000, por tanto se ben é certo que a normativa esta así, non cabe dúbida que estamos loitando os concellos por cambiala. Despois houbo un plan específico da Xunta onde ubicou os parques de acordo coa situación estratéxica e non precisamente os ubicou nos concellos de 20.000, por tanto mire eu creo que o tema do consorcio de bombeiros necesita dun replanteamento integral tendo en conta que ademais se van a readxudicar os novos grumires ó longo do que queda deste ano e do ano que vén para empezar a funcionar os definitivos a primeiros de xaneiro do ano 2008 eu creo que terá que sentarse a Xunta que ten que ser quen encabece a coordinación, terá que sentarse coas Deputacións, as Deputacións cada unha ten unha filosofía, Coruña e Pontevedra pois pagan o que pagan e as outras dúas Deputacións non exactamente, por tanto aí haberá que buscar a forma de cofinanciar os parques de bombeiros, e os concellos se teñen que pagar, pero o feito de que a fronteira estea nos 20.000 non estamos de acordo porque non hai posibilidade, é dicir porque un concello de 20.000 vostede sabe as necesidades que se necesitan hoxe, un mínimo dunha dotación dun corpo de bombeiros non o dá asumido, é inasumible dende todos os puntos de vista, nós temos un parque comarcal no Deza, ese parque comarcal está ó mínimo, ese parque comarcal se o ten que ter Lalín ou A Estrada en por si, por moito que lle obrigue a Lei é inviable, porque non hai con que facerlle fronte, polo tanto algunha solución haberá que buscar e haberá que procurar que sexa unha solución pactada globalmente e que cubra todo o territorio e como encima neses casos como pode ser o caso de Ponteareas pode quedar razoablemente descuberto eso pódese arranxar cos grupos municipais de intervención rápida porque vai a haber unha resignación, eso foi o que se pactou e agora mesmo hai 70 grumires creo que en Galicia e por tanto haberá que, algún que está nunha zona, que cambialo de área, de feito onde hai parques de bombeiros xa non vai a ter un grumir senón que vai a pasar a outro concello limítrofe da mesma zona. Sr. Presidente.- Moitas gracias Sr. D. José Crespo. Sr. D. Cesáreo Mosquera. Sr. Mosquera Lorenzo.- Non, só unha precisión, me parece que me expliquei horriblemente mal, non propuxemos que houbera un parque en cada concello de máis de 20.000 ou bordeando 20.000, senón que a obriga de financiar, cousa que se pode corrixir facilmente, como comprenderá graduando a partida de 10.000 ou o que sexa, non ten sentido que concellos moi pequeniños o este vostede financiando ou senón hai moitas fórmulas, agora creo que non se propuxo que houbera un parque en cada un, sabemos que e absolutamente insostible. Sr. Presidente.- Moitas gracias Sr. D. Cesáreo Mosquera. Vamos entón a aprobar este punto que como digo vén motivado pola urxencia para comunicarlle á Xunta de Galicia, para que non perda unha subvención que está en marcha de Fondos Europeos, que así me foi pedida, e polo tanto nós colaboramos para que como digo non se perda unha importante subvención para este consorcio que está tramitada a través da Xunta de Galicia-Deputación ante a Unión Europea que neste caso procede do Interreg III-A. ¿Votos en contra?. ¿Abstencións?. ¿A favor?. De conformidade co ditame da Comisión Informativa de Cooperación e Mancomunidades, o Pleno acorda por maioría absoluta, cos votos a favor do PP e do PSOE e coa abstención do BNG, ratificar o acordo da Comisión Xestora do Consorcio contra Incendios e Salvamento das Comarcas do Baixo Miño, Condado e Louriña, adoptado na reunión realizada o 29 de xuño pasado, a través do cal se informa sobre a situación procedimental da tramitación do Consorcio e redistribución de achegas pola non incorporación a este dos concellos de Ponteareas e A Guarda. A devandita Comisión Xestora, por unanimidade, acorda continuar co procedemento de constitución do Consorcio sen os concellos de A Guarda e Ponteareas, asumindo os concellos de Mondariz, Mondariz-Balneario, Mos, As Neves, O Rosal, Salceda de Caselas, Salvaterra de Miño, Tomiño e Tui as achegas correspondentes ós concellos de A Guarda e Ponteareas. O Anexo I dos estatutos do Consorcio quedaría redactado da seguinte forma: ANEXO I Relación dos concellos que integran o Consorcio e ratios de participación, no 20% dos gastos de construción e equipamento: CONCELLOS % ACHEGAS MONDARIZ 3,61 MONDARIZ-BALNEARIO 0,48 MOS 9,66 AS NEVES 3,02 O PORRIÑO 50,00 O ROSAL 4,07 SALCEDA DE CASELAS 4,64 SALVATERRA DE MIÑO 5,45 TOMIÑO 8,00 TUI 11,07 TOTAL 100,00 ------ Folla: 15.5426.- MOCIÓN DO GRUPO PROVINCIAL DO PARTIDO POPULAR RELATIVA Á CONSTRUCIÓN DUNHA ROTONDA NAS CONFLUENCIAS DA ESTRADA AUTONÓMICA C-531 E A ESTRADA PROVINCIAL 8004 NA PARROQUIA DE PARADELA (CONCELLO DE MEIS) Sr. Presidente.- Punto número 15. Moción do grupo provincial do Partido Popular relativa á construción dunha rotonda nas confluencias da estrada autonómica C-531 e a estrada provincial 8004 na parroquia de Paradela no concello de Meis. Sr. Emilio González. Sr. González Iglesias.- Si, antes da intervención, eu quería preguntar polas xestións, na Comisión quedouse que por parte do grupo de goberno facíanse unhas xestións e que se nos daba conta antes do Pleno, entón quería saber si se fixeron esas xestións ou non. Sr. Presidente.- Si, agora lle contesto. Vamos dicirlle que en relación a este tema o Alcalde de Meis así como neste caso enxeñeiros e veciños, os enxeñeiros desta casa e veciños desta zona pois ante unha mellora importante que está cometendo a Deputación de Pontevedra na estrada coñecida como Noalla-Caldas aínda que esto está á altura máis menos á metade desta estrada conflúe coa estrada comarcal 531 da Xunta de Galicia que se fixo unha actuación que eu puiden comprobala in situ ademais co Alcalde de Meis e esta actuación cren os veciños, enxeñeiros, etc., que así llo trasladan ó Alcalde e a nós tamén, pois que en principio plantexa un serio perigo para os condutores, un serio perigo porque hai que cruzar dous carrís para incorporarse a un terceiro, polo tanto se fixo falsa rotonda que nunha recta como esa onde hai esta estrada, debe ser unha das que ten a Xunta de Galicia con maior densidade de vehículos/día, pois que estamos ante unha situación de perigo evidente, entón como conflúe cunha estrada da Deputación, que por certo nestes meses de verán ten moitísimo tráfico tamén, pois entendemos que se debería proceder, de aí que o solicitamos, a construción non desta falsa rotonda, ou semi rotonda, senón a construción dunha rotonda que permita primeiro pois unha fluidez do tráfico, unha redución importante nesta estrada, na comarcal 531, da velocidade do tráfico e polo tanto que dea seguridade e cobertura a esta zona que neste momento non a ten, se cabe está aínda máis perigosa que antes, entón entendemos que debemos instar á Xunta de Galicia a que proceda neste caso a unha construción dunha rotonda neste punto que é un dos máis concorridos en relación ó número de vehículos probablemente da provincia de Pontevedra incluso a través dunha estrada autonómica e unha estrada provincial. Sr. González Iglesias.- Vamos a ver, nunha palabra, non fixeron ningunha xestión, esa é a realidade, na comisión celebrada o mércores pasado nos plantexamos que o normal neste tipo de xestión é que antes da moción haxa unha xestión da Deputación de Pontevedra coa Consellería de Ordenación do Territorio do mesmo xeito que se en calquera concello desta provincia pasara unha estrada provincial e houbera algún problema, o normal é que o alcalde dese concello se dirixirá ó Presidente da Deputación ou ó Deputado de Vías e Obras para plantexar o tema, e non que aprobaran antes unha moción e o plantexaran despois, e iso foi o que se plantexou na Comisión. Na Comisión non recoñeceron que efectivamente non fixeran ningunha xestión diante da Consellería e que ían facela a xestión e despois nos darían conta no momento do Pleno por iso antes preguntei se fixeron algunha xestión ou non pero parece ser, parece ser que a Deputación non fixo ningunha xestión diante da Consellería porque iso non mo contestou o Sr. Presidente, polo tanto está claro que nós non vamos a participar nestas cuestións, en absoluto, porque entendemos que primeiro hai que facer a xestión diante da Consellería e despois se esa xestión é negativa plantexan vostedes esa moción ou o que queiran. Pode darse a circunstancia de que acabemos aprobando aquí mocións de poñer un paso de cebra cada quiñentos metros en algunha zona e cousas dese tipo, cando hai outra vías, e o sabe perfectamente o Sr. Louzán, hai outras vías para facer este tipo de xestións, pero o que realmente ocorre é que vostede non está porque se resolvan este tipo de problemas, vostede está por outra fórmula, pola fórmula de enfrontamento e punto, pois ben sigan vostedes por ese camiño, nós non vamos a colaborar nesa historia, por suposto que non, primeiro faga a xestión e despois se é negativa esa xestión realmente e parece que hai que facer a rotonda entón traia a moción e traia o que queira ¡pero antes faga a xestión por Díos!. Non se pode plantexar en política cuestións como as que antes plantexou vostede, nada máis. Sr. Presidente.- Mire Sr. Emilio González, me ... máis que este debate coincidira con vostede porque se nota claramente que non coñece primeiro a zona, primeiro punto non coñece para nada a zona da que estou falando. Segundo punto, lle podo dar hora e día en cal eu falei cun dos responsables da Xunta de Galicia en relación a este asunto, bueno vostede necesita máis explicación pois llas contesto, eles me din que acometeron unha actuación, que a actuación da Xunta de Galicia está feita, está feita variando o que había anteriormente e cren os veciños, enxeñeiros desta casa, o propio alcalde que así llo traslada ós veciños, e bueno está alí para ver, que estamos ante un punto tremendamente perigoso, eu como lle acabo de dar e para que vexa que non hai ningún tipo de mala intención, como coñezo ben a zona e vostede colocar rotondas e por aí pódese pedir un paso cebra en calquera punto, eu estoulle dicindo, e vostede, estoulle dicindo, e vostede me ten que avalar con datos ó contrario de que estamos probablemente nunha das estradas autonómicas con maior densidade de vehículos día, e polo tanto os vehículos que veñen da estrada provincial, lle reitero de novo teñen que cruzar dous carrís para incorporarse a un terceiro, nunha vía de dous carrís nada máis, de un de ida e outro de volta, que lle parece iso, por iso visto que a actuación da Xunta de Galicia xa está feita, e en principio os veciños teñen moita preocupación deste asunto, nós queremos traer unha moción aquí coa única firme intención, e de momento non houbo perigo, vamos non houbo perigo que o hai evidentemente todos os días, pero non houbo ningunha víctima porque leva moi pouco tempo en funcionamento pero si o pode haber se non actuamos de presa ou con rapidez para solucionar o que entendemos que pode ser un grave problema nun punto conflictivo que hai na rede da provincia de Pontevedra, que afecta a dúas estradas, a unha da Deputación con moitísimo tráfico e a unha da Xunta probablemente con máis tráfico, entendemos que polo tanto debe corrixirse esa actuación e ese é o único motivo de traer nós aquí esta moción que como digo é necesaria e urxente que se faga unha actuación para que cada un despois teña a súa responsabilidade. Nós como fomos a comprobala tecnicamente, escoitando tamén ós veciños, porque vostedes agora como están ás veces no Goberno, ..., vostedes están no Goberno e os veciños xa non lle preocupan, a nós si, e polo tanto queremos buscar unha solución a un tema preocupante e de aí que traemos aquí a moción para intentar dar solución a un problema que existe na rede viaria provincial que afecta a unha estrada da Deputación. ¿De acordo?. Sr. González Iglesias.- Mire, Sr. Presidente, o día 19 deste mes, hai sete días exactamente, vostedes non fixeran ningunha xestión, palabras textuais do Presidente da Comisión, na Comisión Informativa, eso foi o que se nos dixo, hai sete días non fixeran nin unha soa xestión. E a min me di agora mesmo, eu tiven dúas entrevistas, pódolle dicir día e hora, pero vostede non di nin día nin hora, e o tema de fondo, o tema de fondo é ese, é que non fixeron ningunha xestión, o tema de fondo non está na perigosidade, que recoñecemos todos, senón en que non fixeron ningunha xestión e optan pola vía da moción e eu o único que lle digo é, por esa vía pode ocorrer que dentro dun mes ou dous meses teñamos aquí varias mocións de vostedes pedindo pasos de cebra ou calquera historia en calquera vía comarcal. Ese é o tema, ese é o tema, e mire, mire, se dá a circunstancia, se dá a circunstancia pero case llo vou a facer, voullo a facer con outra pregunta, mire, ¿de cando é o proxecto que se está realizando agora mesmo?, ¿de cando é?. Sr. Presidente.- ¿O proxecto de que?. Sr. González Iglesias.- Si, si o proxecto que se está facendo agora mesmo ¿de cando é?. Sr. Presidente.- Pero Sr. D. Emilio González, vamos a ver, vostede non se dá conta que vostede non coñece o lugar e polo tanto está metendo o pé na sachadeira. É que non coñece o lugar, a actuación xa está rematada, xa rematou a Xunta de Galicia, e é recientito, calentito, ... Sr. González Iglesias.- ¿O proxecto de cando é Sr. Presidente?. Sr. Presidente.- Pois o proxecto teralle que preguntar vostede á Xunta de Galicia. Sr. González Iglesias.- ¿Verdade que ten máis dun ano?, ¿verdade que é responsabilidade de vostede. Si, home si. Cando se solicita unha obra primeiro se fai o proxecto, verdade, e se aproba, verdade que si. Sr. Presidente.- Por favor, Sr. D. Emilio González. Sr. González Iglesias.- Pregunte de que data é o proxecto. Sr. Presidente.- Pero eu non teño que preguntarlle, Sr. D. Emilio González, eu non teño que preguntarlle ningunha data de proxecto, eu estoulle dicindo, a ver se somos coherentes e lle cedo a palabra xa neste caso ó Deputado que lle falou na Comisión, el non foi nin unha nin dúas, eu falei cos responsables desa Consellería en materia desa actuación, esa actuación está feita recentemente, esa actuación é perigosa para os condutores, polo tanto, polo tanto, nós o único que traemos aquí, e como é recente e se pode modificar, se pode modificar, que se constrúa unha rotonda, e vostede, eu lle pido por favor Sr. D. Emilio González que fale das cousas cando as coñece pero non me fale, e ademais ten Deputados de aí da zona que coñecen esa estrada perfectamente, entón que falen dese tema, por favor, non intente manipular o asunto, o asunto está perfectamente claro, nós temos aquí que defender neste caso unha actuación que puxo en marcha a Xunta de Galicia, que puido ser correcta ou incorrecta, porque é unha actuación que está aí e entendemos que debe modificarse porque así o entenden criterios técnicos e os propios afectados. E antes de que se produza precisamente un accidente con perigo para as vidas humanas debemos actuar. Sr. D. José Crespo. Sr. Crespo Iglesias.- Ben, D. Emilio, a demagoxia é inherente á política, pero todo no seu xusto medio, polo tanto a ver se nos retrotraemos a hai unha semana exactamente e ó que eu dixen, eu dixen que eu persoalmente non fixera ningunha xestión, que non sabía se o Presidente a había feito, que o ía preguntar e que llo ía dicir, porque eu non a había feito, dixen que eu que non a había feito. Agora ben, como vostede pode afirmar sen ruborizarse que primeiro hai que avisar e logo se é que non presentar unha moción. Oia, vostedes cando presenten aquí unha moción primeiro fagan unha xestión co grupo de goberno a ver se imos facer a obra en cuestión ou a solicitude en cuestión, e despois se lle dicimos que non presentan unha moción. Ese é o modus operandi de vostedes, eu creo que non, cando calquera grupo ten calquera tipo de iniciativa presenta unha moción, é perfectamente normal, ¿dende cando hai que pedir permiso para presentar unha moción?. Oia, é que nós temos que chamar á Xunta de Galicia e dicirlle, mire, ¿vostedes van facer unha rotonda alí?, e se nos din que non presentamos a moción e se nos din que si pois xa non a presentamos. Non señor, nós presentamos a moción nos digan que si ou que non. E se realmente teñen vontade de facelo que a fagan, porque D. Emilio non é serio que vostede afirme de que a obra é anterior, a obra, claro que suponse que o proxecto será anterior, suponse, é lóxico, se está agora executado está, pero se o proxecto ten un fallo, e hai que facer un reformado ou un complementario terao que facer o actual grupo de goberno que mande, polo tanto terá que ser a Xunta quen o faga agora, ou é que os males todos que vai haber a partir de agora como non o planificou a anterior Xunta son males do Partido Popular. Mire vostede, non cabe dúbida que esa rotonda é necesario facela, non cabe dúbida que se a fan nós seremos os primeiros en aplaudirlle, pero que nós teñamos que chamar primeiro á porta para preguntarlle ¿oia, van facer a rotonda?, e se é que non presentamos a moción, oia, presentamos exactamente igual a moción e se é que si, perfecto, e se é que non pois xa está a moción aí presentada, e vostedes non queiran escudarse para votar un voto negativo ou absterse, en que, home eu sei que vostedes queren defender as cores do actual goberno da Xunta e a min paréceme lexítimo como partido, pero pensen nos intereses xerais da poboación, e miren, cando vostedes presentan aquí algunha moción ás veces a nós politicamente tampouco ó mellor non nos é cómodo aprobala, pero se é necesaria normalmente votámola a favor. Polo tanto eu o que lle pido é que reconsideren o seu voto porque a moción é seria, a rotonda fai falta, e mire, se a van facer pois xa a van facer e xa a aplaudiremos todos e se non a van facer pois polo menos que quede constancia que se algo pasa alí é un problema da actual Xunta de Galicia, porque que quede claro que non se pode escudar unha vez máis en que o proxecto é anterior, que por esa regra de tres pois ata nos culparán de que o AVE entrará, funcionará no 2058 e que é por culpa do PP. Sr. Presidente.- Moitas gracias Sr. D. José Crespo. Dámoslle aquí a D. Emilio e despois pásolle a D. Cesáreo Mosquera. Sr. González Iglesias.- Vamos a ver, mire Sr. Crespo, primeiro estamos falando dunha intercesión, dunha estrada provincial cunha estrada autonómica. Ben, se dá a circunstancia ou debería darse que cando se vai a facer unha actuación deste tipo esta institución, e estou falando dende hai máis dun ano, tivo que mirar ese proxecto e mirar ese tema, que non o mirou porque se lle pasou a alguén ou o que fora, ben, de acordo, ou porque non se caeu nesa perigosidade, de acordo tamén, pode ocorrer, e agora se mira que hai a necesidade de facer esa rotonda, o normal, o normal é establecer un diálogo coa outra administración para facelo, eso é o normal, porque se dende logo a Deputación Provincial de Pontevedra para a construción dunha rotonda que resolva un problema deste tipo ten que acudir a unha moción e non pode acudir á vía de diálogo pois mal estamos, mal estamos, moi mal. E eu simplemente o que quero poñer de manifesto é, mire, se hai un erro, porque cando se mirou ese proxecto non se caeu nesa perigosidade, corrixamos o erro, plantexemos unha solución e abramos unha vía de diálogo coa Consellería, e eso é o normal e eso é o normal. Agora, se vostedes entenden que o normal é traer unha moción, aprobala e punto, pois ben, alá vostedes, nós non vamos a colaborar con esas fórmulas, nin máis nin menos, non hai que pedir permiso a ninguén, calquera pode presentar a moción cando queira, pero claro hai que diferenciar entre a institución provincial e o Partido Popular e vostedes normalmente non o fan, pero alá vostedes, alá vostedes. Sr. Presidente.- Sr. D. Emilio González, a verdade é que fai algún tempo D. José Juan creo que lle dicía de que están vostedes sentados aí na prepotencia e tal, e que non dan asumido, e penso que estamos sendo unha cousa totalmente transparente, unha cousa real e evidente, que está aí, e parece mentira que non dean asumido, que neste caso por preocupación e para que non suceda nada se presente aquí unha moción para sacar adiante unha pequena actuación que ademais estamos falando dun custo relativamente corto, pero se dalgunha maneira quere máis datos eu estou esperando a que a Conselleira, esa do Partido Socialista, de Política Territorial, me conteste, primeiro a unhas chamadas que lle fixen, segundo a un convenio que había con esta casa e aínda estou esperando hoxe, levo meses, levo meses, polo tanto Sr. D. Emilio González, non nos fale de política, vostedes agora están sentados na prepotencia esa absoluta e non queren nin escoitar estas pequenas cousas, pero o problema que nós queremos deixar constancia del aquí, que se algo sucede polo menos non será responsabilidade desta institución que é a que nos toca a nós gobernar. Sr. D. Cesáreo Mosquera. Sr. Mosquera Lorenzo.- Moitas gracias Sr. Presidente. Eu creo que aquí os debates se ordenan por quendas de Voceiros, e non digamos, primeiro fala quen lle peta, se replica e non sei que, e despois fala. É igual, non hai ningún problema, porque é dicir, a cuestión é o fondo. Vou abreviar porque senón alongamos. É evidente que vostedes teñen a aptitude de usar todo o que, as institucións nas que poden como oposición, este é o caso, só que teñen un pequeno, eso é lexítimo, absolutamente lexítimo, un pouco estraño que aquí que gobernan pois teñan esa aptitude opositora, pero bueno, é lexítimo. O que pasa é que están pouco afeitos e meten a gamba dunha maneira tremenda, eu creo que o Partido Popular necesita unha boa temporada de oposición para afinar como facer. Neste caso concreto, neste caso concreto, pois nin máis nin menos, nin máis nin menos, que coa moción se están acusando a vostedes de que non fan o que teñen que facer, o ver, temos oportunidade de meternos para que fagan e non sei que, outra administración que non gobernamos nós, polo tanto non lle dá o suficiente raciocinio como pararse a pensar que é o que están propoñendo. Vamos a ver, cando hai intersección de dúas estradas a intersección é de dúas estradas non é dunha, e a rotonda afectará a dúas estradas e non a unha. Polo tanto, polo tanto, vostedes, esta casa teñen a responsabilidade, se é que así se chega a un acordo, de propoñer solución e de cofinanciala se é que así se chega a ese acordo. Por exemplo, e non é un problema de quen goberna, por exemplo, nodo de Mollabao (Pontevedra), Ministerio de Fomento e a Xunta quere conectar aí, gobernada pola mesma forza política, ¿sabe quen paga?, a medias ou a tercias segundo acordaron porque é un cruce de dúas estradas. Unha, o goberno central e outra da Xunta. Por exemplo, Concello de Pontevedra, intersección de Juan Carlos I coa Avda. de Lugo, como a Avda. de Lugo era de Fomento, Partido Popular daquela, e a Juan Carlos I ía ser do Concello, pois se estaba disposto

Área de documentación

Área de notas

  • Nota

Puntos de acceso

Área de control da descrición