Fondos
2007-01-30_Extraordinaria. Acta de sesión 2007/01/30_Extraordinaria
Acta de sesión 2007/01/30_Extraordinaria
Área de identificación
Código(s) de referencia ES.GA.36038.ADPO.1.1.3.3.33.366/3.2007-01-30_Extraordinaria
Título Acta de sesión 2007/01/30_Extraordinaria
Data(s) 2007-01-30 (Creación)
Volume e soporte 1 acta de sesión
Área de contexto
Institución arquivística Arquivo Deputación de Pontevedra
Área de contido e estrutura
Alcance e contido A C T A Da sesión extraordinaria en primeira convocatoria, celebrada polo Pleno desta Excma. Deputación o día, 30 de xaneiro de 2007 No Salón de sesións da Excma. Deputación Provincial de Pontevedra, sendo as once horas e cinco minutos do día trinta de xaneiro do ano dous mil sete, baixo a Presidencia do Ilmo. Sr. Presidente D. Rafael Louzán Abal, reuníronse as/os Señoras/es Deputadas/os, D. Xosé Antón Araujo Quintas, Dona Nidia María Arévalo Gómez, D. Ramón Campos Durán, Dona Francisca Canal Gómez, D. Raúl Emilio Castro Rodríguez, D. Xosé Crespo Iglesias, D. José Juan Durán Hermida, D. Antonio Feliciano Fernández Rocha, D. José Manuel Figueroa Vila, D. Julio César García-Luengo Pérez, D. Emilio González Iglesias, D. Efrén Juanes Rodríguez, D. José Antonio Landín Eirín, Dona Clara Millán González, D. Xosé Cesáreo Mosquera Lorenzo, D. Constante Juan Muradas Ramos, D. Manuel Núñez Sestelo, D. Xosé Carlos Pazos Docampo, Dona María Teresa Pedrosa Silva, D. Juan Manuel Rey Rey, D. Alfredo Rodríguez Millares, D. Rodrigo Santiago Novas, Dona Belén Sío Lourido, D. José Enrique Sotelo Villar, D. Xabier Toba Girón e D. Jesús Vázquez Almuíña, co obxecto de celebrar sesión extraordinaria do Pleno da Deputación, en primeira convocatoria, consonte á correspondente orde do día. Da fé do acto o Secretario, D. Carlos Cuadrado Romay, e está presente o Sr. Interventor, D. Antonio Graña Gómez. Declarada aberta a sesión e de orde da Presidencia éntrase seguidamente no exame da orde do día, adoptándose en relación coa mesma os seguintes acordos: Sr. Presidente.- Vamos a dar comezo a este Pleno que ten os seguintes asuntos na orde do día. 1.5499.- ACTA ANTERIOR Sr. Presidente.- Primeiro. Aprobación do borrador da acta da anterior sesión, ordinaria, do día 27 de decembro do 2006. Acórdase por unanimidade aprobar o borrador da acta da anterior sesión, ordinaria, do día 27 de decembro do ano 2006. 2.5500.- APROBACIÓN DO PLAN PROVINCIAL DE COOPERACIÓN ÁS OBRAS E SERVIZOS DE COMPETENCIA MUNICIPAL E ESTRADAS DO ANO 2007 Sr. Presidente.- Punto número 2. Aprobación do Plan Provincial de Cooperación ás obras e servizos de competencia municipal e estradas do ano 2007. Sr. D. Cesáreo Mosquera. Sr. Mosquera Lorenzo.- Bos días. Gracias Sr. Presidente. Bueno, estamos ante o plan habitual de Cooperación e vamos a votar a favor pero queriamos aproveitar a oportunidade para facer algunha precisión sobre, en fin, cousas que se teñen lido ou escoitado en relación a outros plans como podería ser o POL, non, e que este ano non o hai, efectivamente non o hai, non sabemos se, creo que ninguén sabe se o vai haber ou non, pero non era, eran fondos FEDER, non se sabe cal vai a ser a distribución á parte do recorte houbo un retraso na negociación e polo tanto non están decididos, polo tanto o Sr. Presidente fixo referencia a esto cunha serie de imprecisións á parte, dicindo que era un plan que afectaba ós concellos de menos de 20.000 ou 50.000, non é certo, afecta a todos, afecta a todos, os concellos de máis de 50.000 tiveron POL no último período, distribuído cuns criterios en función da poboación directamente dende o Ministerio de Economía, e en todo caso pois teremos que agardar supoño que aí a FEMP, a FEGAMP e demais, pois haberá unha negociación bastante ardua para ver se vai habelo ou non, e ver se vai a, como se vai a canalizar, que eu sepa non está decidido e polo tanto, pois bueno, facer estas precisións porque nos gustaría a todos que houbera eses fondos europeos e nos gustaría saber como se van a distribuír, pero non está claro a estas alturas. Sr. Presidente.- Bueno, creo que é bo precisar neste caso as palabras que di o Sr. Mosquera, en relación ó POL o Presidente dixo a verdade en todo caso, de que os concellos de máis de 50.000 habitantes nos últimos anos como vostede sabe non tiñan POL, outra cousa é que o tiveran anos atrás, anos atrás podían habelo tido, pero neste caso esa é a realidade. En relación supoño que a este plan que vostede comenta eu creo que este está perfectamente previsto e agora que se nos centra, que debateremos despois, pois será que vai a pasar precisamente co Programa Operativo Local e a partir de aí pois tomar as decisións que correspondan. Sr. D. José Juan Durán. Sr. Durán Hermida.- Si, efectivamente, ¿que vai a pasar co POL?, efectivamente, co POL o que vai a pasar é que hai un cambio no que é a orientación do Ministerio para as Administracións Públicas á hora de determinar directrices, antes eran unhas cantidades que se plantexaban en termos de Deputacións e agora se pretende enviar unha cantidade global para toda a Comunidade Autónoma e que se presenten proxectos cada un dos concellos incluídos nese posible ámbito. Evidentemente competirían uns cos outros, nós desde logo o que cremos é que se trata dunha decisión esta de cambiar ese plantexamento que tiña ata o de agora o POL, que ten moito que ver coa crecente discrecionalidade á hora de repartir os fondos que se pretende imprimir dende o goberno central. En todo caso sei que hai unhas negociacións abertas no seo da Federación Española de Municipios e Provincias, pero que tampouco se concretou moito máis. En todo caso entendemos dende o Grupo Popular que pode haber un prexuízo evidente cando se faga ese plantexamento, de dicir, cando se faga ese plantexamento de dicir concellos da provincia de Pontevedra ou doutras provincias de Galicia, presenten proxectos que serán avaliados no seu momento, en todo caso tamén dende esa instancia ministerial á hora de concedelos ou non. Máis nada. Sr. Presidente.- Moitas gracias Sr. D. José Juan Durán. Sr. D. Cesáreo Mosquera. Sr. Mosquera Lorenzo.- Si, Sr. Presidente, é que hai un error, en fin, pasado e demais, que os concellos de máis de 50.000 habitantes si tiñan POL no período 2000-2006, o problema é que se lle daban dunha vez ou de dúas, se repartían. Sr. Presidente.- O procedemento da mecánica era distinto. Sr. Mosquera Lorenzo.- Bueno, pero si tiñan POL que nós sepamos e na información non está determinado como se van a repartir, hai esas ideas, a vez pasada variou catro, cinco ou seis veces antes de chegar á conclusión definitiva como quedaron. Bueno, entón creo que non son, vamos, aclarar esto nada máis, en todo caso con respecto ó da orde do día que é o plan digamos interno estatal de fondos do Ministerio, que non hai fondos europeos, que é o Plan Provincial de Cooperación, vamos a votar a favor os criterios utilizados os outros anos e vamos a votar a favor. Sr. Presidente.- Pois moitas gracias e, bueno, dicir neste sentido que entendíamos que tanto se ten discutido sobre ese reparto, neste caso con criterios totalmente obxectivos, neste plan, por eso, bueno, pois entendemos o voto a favor do Bloque Nacionalista Galego de que se ten pois dito moitas cousas en relación precisamente ós repartos do Plan de Acción Municipal, que, bueno, que tamén ten uns criterios obxectivos, excepto a ese 20% que evidentemente está para cuestións de excepcionalidade ou compromisos urxentes, e que se ten criticado moito, me refiro por parte do Partido Socialista, e sen embargo agora pois nove millóns de euros, todo parece indicar, aínda que non hai unha confirmación oficial, cousa que polo menos deberían falalo coas Deputacións, e llo digo xa para trasladarlle a palabra ó portavoz do Partido Socialista, que se ten criticado moito a arbitrariedade á hora de repartir, etc., etc., etc., e resulta que agora o que tanto se criticou, resulta que o Estado agora vai a facer precisamente o mesmo pero con todo, cando ata agora tiñamos un programa operativo local chamado POL, que se repartía con criterios de superficie e poboación, en toda a súa totalidade e que polo tanto non tiña ningún tipo de suspicacia nin cousa parecida, verdade, e vostedes criticaron pois amplamente pois que a pesares de haber aprobado unhas bases do Plan de Acción Municipal, que ese 20%, pois dalgunha maneira se distribuía coa discrecionalidade do propio Presidente, e agora pois o dedo do Partido Socialista en Madrid pois vai a facer unha distribución pois non sabemos como, porque ademais teñen que os concellos agruparse, aqueles que sexan de menos de 20.000 habitantes, etc., etc., e bueno, pois a ver que explicación lle van a dar vostedes a todo eso, porque bueno, primeiro dicían unha cousa e agora teñen que dicir a contraria e é difícil de explicar. Pero bueno, supoño que o portavoz do Partido Socialista nolo vai a dicir agora. Sr. González Iglesias.- Vamos a ver, Sr. Presidente, eu pedín a palabra antes de que intervira vostede, para aclarar que non falo porque vostede me invitara, para aclarar eso simplemente. Mire, nós no fondo da cuestión vamos a votar a favor, podemos discutir determinadas cuestións dos criterios de reparto pero si vamos a votar a favor. Pedín a palabra cando o Sr. Durán falaba da discrecionalidade no reparto por parte do goberno central. E claro, é curioso, é dicir, o famoso refrán de chámalle antes de que te chamen. Pero que fale de discrecionalidade, que falen vostedes de discrecionalidade cando son os campións da arbitrariedade no reparto, é curioso, como mínimo curioso, é dicir, e vostede mesmo o dicía, Sr. Presidente, vostede mesmo o dicía, estaba falando dese 20%, e estaba dicindo, recalcando unha vez máis que era para cuestións excepcionais e urxentes. Díganos, díganos, ese 20% de cuestións excepcionais e urxentes ¿en que o repartiron?, ¿en que o repartiu ó longo do ano anterior?. Díganos, e mentres vamos a seguir mantendo a mesma teses porque non era esa cuestión só, é dicir, podemos dicirlle de que case todos os plans desta Deputación parten dese tipo de reparto, de reparto que depende non do dedo de ningún partido como vostede agora trata de acusar, non, non, dependían do dedo de vostede, única e exclusivamente. Non sabemos, nunca sabemos, e creo que por moito tempo que pase non o vamos a saber, si actúa como Presidente da Deputación ou como Presidente do Partido Popular cando fai o reparto de cartos da Deputación, ese é o tema. E mire, eu creo que non hai ningún tipo de problema, con que se reparta dese xeito o plan operativo local, ningún tipo de problema. A vostedes si lle molesta moito, porque claro é unha arma menos que teñen para utilizar electoralmente, e a partir de aí claro que lles molesta, como lles pasou con moitas outras cousas, porque vostedes só conciben a vida pública como un arte para poder cautivar votos, simplemente para eso. Nada máis. Sr. Presidente.- Moitas gracias Sr. D. Emilio González. A verdade é que se nota que ten un difícil papel de explicar este previsible reparto, que hai outros que eu non quero entrar incluso, dalgúns plans que reparte o MAP sen ningún tipo de criterio, etc., pero bueno, non vamos a entrar porque ademais son probablemente descoñecidos, aínda que se reparten cantidades importantes porque alí na FEMP temos oportunidade de velo de vez en cando e bueno, case sempre caen do mesmo lado, sobre todo ultimamente. Pero bueno, neste, a verdade eu comprendo que vostede ten un difícil papel de explicar como un plan que se reparte con criterios totalmente obxectivos, superficie, poboación e tal, e agora se reparte pois co dedo exclusivamente do goberno Socialista de Madrid, eu sei que vai a ser difícil explicar, pero bueno, ultimamente estamos habituados a ver cuestións paradóxicas e esta non deixa de ser unha máis. Sr. D. José Juan Durán. Sr. Durán Hermida.- Home, falando de dedos, posiblemente o dedo do Partido Socialista en Madrid sexa un dedo progresista, unha epidermis, incluso o óso correspondente sexa un dedo progresista e outros dedos non o sexan así, porque outra explicación, outra explicación non ten. Do que se trata e vostede o dixo na súa intervención, é que vostedes pensan que a distribución tal cal estaba e os plantexamentos tal cal se estaban facendo eran, dende o seu punto de vista e non na realidade, unha arma, entón o que está o goberno central facendo dende esa confusión é tratar de desarmar, de desarmar. Bueno, ese é un plantexamento que deixa ben claro como se funciona dende o goberno central. Evidentemente o que preside o Consello de Ministros o preside como Secretario Xeral. Se hai esa equiparación Presidente Deputación-Presidente provincial do Partido Popular, evidentemente quen se senta á cabeza do Consello de Ministros actúa como Secretario Xeral do Partido Socialista, e estas innovacións que se pretenden introducir no POL se están facendo tamén nun ano de eleccións municipais, e cunha intención velada do Partido Socialista que ostenta o goberno de Madrid, de seguir acometendo, acometendo, facendo acometidas contra concellos, neste caso concellos de aquí de Galicia, porque é evidente é cando se trae un plantexamento que diga mira, todos os concellos presenten proxectos ou que se agrupen para reunir ese mínimo de 20.000 habitantes hai que ter en conta tamén que haberá concellos que dende ese plantexamento teñan máis ou menos capacidade para redactar os proxectos, para plantexalos, etc., etc., co cal é moito máis favorable en termos de cooperación municipal o plantexamento tal cal estaba e non o que tratan de facer vostedes. Vostedes, xa digo, coa camiseta, coa camiseta, que é unha expresión tan manida no seu discurso, coa camiseta do Partido Socialista pois toman ese tipo de decisións, ou actúan ou lle din que actúen así, porque eu non sei se Zapatero ten camiseta de xogador titular ou suplente nesa tesitura como Partido Socialista e no propio Consello de Ministros, para utilizar eses plantexamentos no seu propio beneficio. E vostedes evidentemente, vostede aquí o que fai pois evidentemente interpreta o guión que outros lle envían para que trate de maquillar esa realidade que é a que, eso posiblemente a todos os concellos, ós seus alcaldes como representantes dos veciños, e ós seus propios cidadáns que se vexan prexudicados con esta nova orientación que se pretende imprimir, teranllo que explicar todos vostedes. Máis nada. Sr. Presidente.- Moitas gracias Sr. D. José Juan Durán. Sr. D. Emilio González. Sr. González Iglesias.- Si, home Sr. Durán, por primeira vez recoñecen vostedes que ata agora estaban utilizando o dedo no reparto. Cando fai a súa primeira intervención dicindo que non cabe dúbida que o dedo de Madrid podía ser progresista e non da cor dos outros dedos que fan vostedes o reparto, loxicamente, está claro que por primeira vez, volvo a repetir, recoñecen que ata agora utilizaron o dedo, o dedo do Sr. Louzán. E mire, efectivamente, calquera, a ninguén se lle escapa, que calquera cargo político, normalmente, normalmente, ou calquera cargo público normalmente ten detrás un cargo político. O que pasa é que hai xente e esa é a diferencia Sr. Durán, hai xente como o Sr. Louzán, que utiliza o cargo público para as súas cuestións de partido político, incluso con cuestións internas, esa é a diferencia que vostedes normalmente non o fan. Dígalle ó señor que está detrás de vostede que teña a educación de non dicir tonterías e faltar ó respecto mentres os demais falamos, eso entre outras cousas. Mire, outra cuestión, non nos tome por tan tontos, mire, se se quixera facer, se se quixera facer ese cambio de reparto pola cuestión que vostede dicía das eleccións municipais que son agora, comprenda que o lóxico sería facelo noutro momento, non agora que faltan tres meses para as eleccións, mal contados, e que loxicamente non vai a supoñer ningunha obra máis para ninguén en tres meses, absolutamente para ninguén, e vostede sábeo, bueno, ó mellor, ó mellor, coas fórmulas que utilizan vostedes nalgúns concellos si que podían supoñer obras, porque lles dá igual, exactamente igual, que a forma de contratación sexa legal ou ilegal, ese é outro tema, pero nos demais concellos non se fai así, polo tanto non vai haber obras feitas con cargo a ese reparto de cara ás eleccións municipais. Volvo a repetir no punto da orde do día que é o que tratabamos, nós vamos a votar a favor e non vamos a intervir máis. Sr. Presidente.- Moitas gracias Sr. D. Emilio González. Sr. D. Cesáreo Mosquera. Sr. Mosquera Lorenzo.- Estou francamente sorprendido porque creo que esto non ten ningún sentido. Miren vostedes, no ano 2000, no ano 2000 e 2001, ata que se pechou a distribución do POL, unha das variables que se manexaba naquel momento polo Ministerio de Economía era precisamente a fórmula que agora se volve a barallar. E de feito, de feito, quedou así en parte dende o momento en que os proxectos, polo menos nas cidades de máis de 50.000 e nos de menos a través da Deputación se supervisaban, pero nos de máis de 50.000, cando se mandaban os proxectos tiñan que ser aprobados polo Ministerio de Economía e as razóns que daban, estiven en varias reunións co Ministerio, as razóns que daban era que os fondos europeos tiñan que ser para proxectos con certa enxundia, porque tiñan certas dificultades coa Comisión europea, estou falando da Administración do ano 2000, en Madrid, do PP, pois había certos roces precisamente por non facer proxectos digamos de certa enxundia porque o demais tiña certos problemas. E ó final zanxouse pois cun baremo por poboación obxectivo en que cada concello de máis de 50.000 pois sabía o que lle ía corresponder no período 2000-2006, presentaba os proxectos e aprobaban e se tiraba para adiante, de feito foi absolutamente obxectivo, correspondendo precisamente á mesma idea que se está barallando agora. Entón non entendo de onde sae tal alboroto, tal suposición, a menos que sexa que se baralla, que xa se barallaba daquela, a idea de que non haxa o intermediario da Deputación para facer os plans, parece que é a única novidade que se plantexa, que tamén se plantexaba daquela, xa se plantexaba daquela precisamente a mesma fórmula, me acordo de estar falando co Subsecretario dos fondos europeos en Madrid e era a mesma fórmula. Entón non entendo de onde vén tal alboroto e tal, ó menos que sexa dicir, bueno, como cambia algo ten que ser necesariamente para mal, non hai ningún motivo razoable e entón vamos montar un pouco de lío sen saber nin tan sequera o que vai cambiar nin como vai quedar. Bueno, pois non dá máis, non dá máis, efectivamente non dá máis, vostede cometeu un erro nas declaracións dicindo que os concellos de máis de 50.000 non tiñan POL, si o teñen, tíñano distribuído exactamente como agora se propón para todos, non está pechado, polo que se ve, e bueno, se pechará no seu momento e punto, e no momento en que se peche pois será o momento de criticar se é que hai algún problema, pero xa digo, estas mesmas ideas xa se barrallaban hai sete anos, se barallaban para a distribución dos FEDER que se concretaron no POL. Sr. Presidente.- Sr. Mosquera, bueno, xa aclaramos que a mecánica de reparto do resto dos concellos separados os de 50.000 habitantes era totalmente distinta, esto ten que quedar perfectamente claro. Pero eu vou utilizar aquela palabra que utilizou un día aquí D. José Enrique Sotelo, e que se dá a casualidade Sr. Mosquera, e bueno, unha vez máis se lle ve que non, claro, é difícil defender o indefendible cando vostede defendía exactamente o contrario, porque se dá a casualidade que ese reparto do POL que se pretende facer co dedo de Madrid, pois se quere facer co dedo de Madrid e coa conivencia de Santiago, será casualidade que ó mellor como cambiou o goberno en Galicia agora si se pode facer o reparto do POL con Madrid a dedo e con Santiago a dedo tamén, porque en principio esa é a previsión e esa é a información que se nos traslada, que dalgunha maneira participen tamén as comunidades autónomas, como ata agora gobernaba o Partido Popular, pois parece ser, parece ser que claro, agora houbo cambio de goberno e entón como case somos os mesmos, pois vamos a encargarnos dalgunha maneira de facer este reparto. ¿Será casualidade?, pois probablemente sería casualidade esta conxuntura ¿verdade?. Eu sei que para os dous é moi difícil de defender un papel onde neste caso cun reparto totalmente obxectivo e cun reparto proporcional en función dos habitantes e superficie, a Deputación de Pontevedra perda incluso en detrimento de que poidan favorecer a outras provincias e nós podemos saír seriamente prexudicados, porque o reparto se fará a nivel de Galicia, poidamos saír prexudicados e non recibir eses case dez millóns de euros que recibía a provincia de Pontevedra para obras básicas de infraestrutura, electricidade, alcantarillados, e todo tipo de obras de infraestrutura tan importantes. Polo tanto, xa digo, non se explica, non se explica todo eso, cando dalgunha maneira probablemente todo parece indicar que se vai a facer con eses criterios, que non son, nin existen, non existen criterios porque non hai criterios, só o criterio de que en Madrid goberna o Partido Socialista e en Santiago goberna un bipartito do que forma parte nalgunhas cousas, noutras non forma parte de nada, o Partido Socialista. Polo tanto esa é a realidade deste tema e sei que para vostedes é unha cuestión moi difícil de defender cando nesta casa pois tanto falaron xusto do contrario. Sr. D. José Juan Durán. Sr. Durán Hermida.- Si, xa para rematar esto Sr. Presidente, eu quixera lembrar aquí que unha das características tanto do goberno de Madrid coma do bipartito de Santiago, os partidos que o sustentan nesta etapa, é de tratar de xugular, de tratar de cortar todas as axudas que poden chegar ás entidades locais, ás entidades municipais e provinciais, e dende logo, dende logo en Galicia hai exemplos claros na última etapa de tratar de cambiar todo, de cambiar procesos, cantidades para a selección de persoal, para contratación, etc., etc., ó servizo dos fins que todos sabemos. Eso é o que se está evidentemente facendo incluso dun xeito totalmente obsesivo, é máis, é máis, evidentemente todas estas cuestións para a xente que se lle enche a boca falando de autonomía e doutra serie de conceptos e cando está en xogo tamén a autonomía local e a suficiencia financeira dos entes locais, pois a verdade resulta bastante pouco edificante. Incluso, incluso, co dedo progresista, con ese dedo progresista que ó mellor o que se está facendo con ese dedo progresista, que ó mellor o que se está facendo con ese dedo progresista é tratar en termos de metáfora, de tocarlle as narices políticas evidentemente ós entes locais e ós seus cidadáns, porque ó final os grandes prexudicados son os veciños e as veciñas de cada un dos concellos de Galicia, precisamente, precisamente, ou da provincia de Pontevedra como ben dicía o Presidente, precisamente dos concellos que teñen sempre unha maior dificultade para sacar adiante unha serie de actuacións absolutamente fundamentais para o seu desenvolvemento. Sr. Presidente.- Moitas gracias. Sr. González Iglesias.- Sr. Durán, pero ¿como se pode ter, entre comiñas, “a cara dura política”, de falar da insuficiencia financeira dos concellos cando en oito anos de goberno do Partido Popular baixou un punto, un punto, o financiamento ós concellos?. ¿Como se pode dicir semellantes barbaridades?. E, Sr. Presidente, mire, na miña primeira intervención lle dixen que nos explicara e que nos diga aquí en que se gastou ese 20% do seu dedo, e ata agora non o dixo nin o vai a dicir e malamente se pode facer unha intervención como a que están facendo vostedes con acusacións de “discrecionalidade”, entre comiñas tamén, nos repartos cando vostedes non explican en que repartiron ese 20%, cando vostede non o explica e cando vostede segue sen dicir cales foron as causas excepcionais e urxentes que lle levou a repartir ese 20% entre determinados concellos, por certo fundamentalmente dunha soa cor política. Nada máis. Sr. Presidente.- A algúns do Partido Socialista tamén, o cal é importante. Sr. D. José Juan Durán. Sr. Durán Hermida.- Moi concreto. Fala vostede de oito anos e eu lle digo en tres anos, en tres anos, no que é a suficiencia financeira das entidades locais, ¿que fixo o Partido Socialista?, ¿que fixo?, ¿que fixo concretamente?. Mire, vostedes están aboados, vostede, o seu goberno, autónomo, nacional, están aboados ás roldas de prensa, ás frases ocorrentes, ós plantexamentos máis ou menos, bueno, de “bo rollito”, de “talante”, están aboados a eso, vostedes gobernan para a rolda de prensa, para a rolda de prensa posterior, non gobernan para os cidadáns, nin gobernan dende un plantexamento de lealdade institucional con outras administracións, é o que están facendo, o que están facendo, ou sexa, vostedes son todos, os seus gobernos, dende o punto de vista político, un acumulo de bustos parlantes, bustos parlantes para buscar a frase do día, hoxe toca tal tema, mañá toca tal outro, pero en termos concretos, ¿que fixo o seu goberno, o goberno do seu partido para eso que vostede plantexaba?. Sr. Presidente.- Moitas gracias Sr. D. José Juan Durán. Sr. D. Emilio González. Sr. González Iglesias.- Si, simplemente Sr. Durán, collan vostedes os orzamentos dos dous últimos anos desta Deputación e mire canto crece a aportación do Estado con respecto a orzamentos anteriores. Simplemente con eso chega para ver que é bastante máis o financiamento, si, míreo e compáreo, así de claro, lea as cifras nada máis, con eso chegaría, simplemente para eso. Podo dicirlle de cousas que se fixeron no goberno como a Lei de Dependencia, como moitas outras cousas, pero ese non é o debate nin é o debate deste Pleno, o debate deste Pleno creo que era a aprobación do Plan Provincial de Cooperación, non todas estas historias, e que por certo íamos a votar todos a favor, e que por certo se alguén se adentrou noutros temas foron vostedes. Sr. Presidente.- Moitas gracias Sr. D. Emilio González. Despois como vamos a ter tempo a debater, a importancia de que Madrid non reparta os fondos que lle pertencen á provincia de Pontevedra con criterios obxectivos, pois aí falaremos amplamente deste tema. Polo tanto, procedemos á aprobación do punto número 2. Aprobación do Plan Provincial de Cooperación ás obras e servizos de competencia municipal e tamén de estradas provinciais neste caso para o ano 2007, que ten un importe total de 6.620.466,69 euros. Polo tanto, ¿votos en contra?. ¿Abstencións?. ¿A favor?. Todos os grupos. De conformidade co ditame da Comisión Informativa de Cooperación, seguindo o R.d. 835/2003, de 27 de xuño, polo que se regula a cooperación económica do Estado ás inversións das entidades locais, modificado polo Real Decreto 1263/2005, de 21 de outubro, e a Orde de 31 de xaneiro de 2006, o Pleno acorda por unanimidade aprobar o Plan Provincial de Cooperación ás obras e servizos de competencia municipal e estradas do ano 2007, conforme ás seguintes estipulacións: 1) O Plan Provincial de Cooperación para 2007, afectará a todos os concellos da provincia con poboación inferior a 50.000 habitantes. 2) As obras incluídas no Plan seleccionáronse en base ás propostas formuladas polos concellos, adicadas fundamentalmente a cubrir os servizos básicos municipais, conforme prevé o artigo 26 a), da Lei 7/1985, e as normas do Ministerio de Administracións Públicas. 3) A distribución municipal cífrase en base a un módulo fixo e igual para todos os concellos de TRINTA MIL EUROS (30.000,00), e outro proporcional por aplicación do índice medio deducido do número de habitantes de dereito e extensión territorial de cada termo municipal. A cantidade así obtida, co fin de que a achega do Estado non supere o 40%, repártese de tal sorte que sumadas as achegas da Deputación e do Estado fosen igual ó 60%. A parte destinada á rede viaria provincial polo Estado, increméntase cunha cantidade igual por parte da Deputación, a fin de que as obras se financien ó 50%, tal como establece o Real Decreto. 4) Desta maneira o financiamento total queda como segue: Achega do Estado 2.791.322,87 € Achega da Deputación 2.283.814,67 € Achega dos Concellos 1.522.525,05 € Outras achegas 22.804,10 € TOTAL 6.620.466,69 € A cantidade que figura noutras achegas por importe total de 22.804,10 euros, é debido a que é achegada a máis polos concellos seguintes: Arbo, Nigrán, Soutomaior e Tomiño. As obras incluídas no Plan contémplanse no listado de ordenador adxunto. 5) Apróbase así mesmo o Plan de actuacións complementarias, facultándose á Presidencia a seleccionar os proxectos e propoñelos ó MAP, para suplir anulacións de obras ou aplicacións de remanentes por baixas. 6) A Deputación delega nos concellos a contratación, seguimento e xustificación das obras incluídas no Plan. Se por calquera causa algún concello non aceptara esta delegación, deberá ingresar na Tesourería Provincial a parte do financiamento que lle corresponda, no momento de serlle notificada a aprobación definitiva. 7) Seguiranse os trámites que prescribe a lexislación vixente en canto ás normas de exposición pública e participación ás administracións interesadas. 8) Este Plan considerarase definitivamente aprobado se trala análise polo MAP non se fixeran observacións ó mesmo. Se se nos requirise para efectuar algunha modificación nas obras, por causas imputables ós concellos, que necesitasen acordo de rectificación do Pleno e conseguintemente nova exposición pública e informe da Subdelegación do Goberno e do Presidente da Comisión Provincial do Estado coas Corporacións Locais, estimarase anulada a obra, aplicando as economías como remanentes nas actuacións complementarias, neste caso, nun concello distinto ó que producire o remanente. 3.5501.- DELEGACIÓN DE COMPETENCIAS DO CONCELLO DE MEIS A FAVOR DO ORAL PARA A INSPECCIÓN DO IMPOSTO SOBRE CONSTRUCIÓNS, INSTALACIÓNS E OBRAS E A PRÁCTICA E RECADACIÓN DA LIQUIDACIÓN DEFINITIVA Sr. Presidente.- Punto número 3. Delegación de competencias do Concello de Meis a favor do ORAL para a inspección do imposto sobre construcións, instalacións e obras e a práctica e recadación da liquidación definitiva. ¿Votos en contra?. ¿Abstencións?. ¿A favor?. Visto o acordo do Consello Reitor do Organismo Autónomo Provincial de Xestión de Recursos Locais da Excma. Deputación Provincial de Pontevedra (ORAL), de data 15 de decembro de 2006, sobre aceptación da delegación do Concello de Meis para a inspección do imposto sobre construcións, instalacións e obras e da práctica e recadación da liquidación definitiva, o Pleno, de conformidade co ditame da Comisión Informativa de Economía, Facenda e Turismo, acorda por unanimidade: Aceptar, de conformidade co previsto no artigo 7.2 do Real decreto lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o Texto refundido da Lei reguladora das facendas locais, a delegación na Deputación Provincial de Pontevedra-ORAL, que en materia de inspección do imposto sobre construcións, instalacións e obras e da práctica e recadación da liquidación definitiva, realizou o Concello de Meis, por acordo do Pleno de data 1 de agosto de 2005, seguindo o establecido nos artigos 106.3 da Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das bases de réxime local, e 7 do citado Real decreto lexislativo 2/2004. A citada delegación publicarase no Boletín Oficial da Provincia e no Diario Oficial de Galicia, tal como determina o meritado artigo 7.2 “in fine”. 4.5502.- DELEGACIÓN DE COMPETENCIAS DO CONCELLO DE SILLEDA A FAVOR DO ORAL PARA A INSPECCIÓN DO IMPOSTO SOBRE CONSTRUCIÓNS, INSTALACIÓNS E OBRAS E A PRÁCTICA E RECADACIÓN DA LIQUIDACIÓN DEFINITIVA Sr. Presidente.- Punto número 4. Delegación de competencias do concello de Silleda a favor do ORAL para a inspección do imposto sobre construcións, instalacións e obras e a práctica e recadación da liquidación definitiva. Sr. D. Cesáreo Mosquera. Sr. Mosquera Lorenzo.- Gracias Sr. Presidente. En fin, a delegación dos concellos dos impostos sobre construcións, instalacións e obras pois denota claramente unha dificultade que teñen parte dos concellos para executar estas funcións e polo tanto deléganos no ORAL que é un servizo que presta a Deputación con maior ou peor fortuna, e que é necesario, pero ó fío desto, incluso o debate anterior que parece que están vostedes moi preocupados en que as Deputacións, se van a repartir ou non van a repartir o POL, creo que é unha necesidade cada vez máis urxente de que esta Deputación, esta Deputación preste outro tipo de servizos no campo do asesoramento urbanístico e na colaboración urbanística cos concellos. Evidentemente é moito máis complexo o urbanismo e falta moito máis persoal cualificado, que recadar despois, despois que se fixo todo, supoñamos que sexa un polígono, un proxecto de plan parcial, un proxecto de equidistribución, un proxecto de urbanización, as licenzas e demais, despois de todo eso resulta que a Deputación cobra, ou sexa, o máis simple de todo, cando o máis simple os concellos teñen dificultades para executalo, non digamos do máis complicado. Se queren que as Deputacións cumpran algunha función á parte de servir de intermediarios e repartir cartos pois esta sería unha das funcións que sería imprescindible, é unha proposta antiga que vostedes se negan radicalmente, non entendemos moi ben por que, non entendemos moi ben por que, porque creo que cada vez a necesidade é máis apremiante, creo que deberían de reconsiderar o seu posicionamento e crear de verdade un staf, a vía en que fora, pero cun staf técnico que servise para asesorar de verdade e colaborar cos concellos, sobre todo cos que teñen menos medios, en tramitar ou levar adiante as cuestións urbanísticas, evidentemente sempre coa autonomía municipal, o concello que non se queira sumar ou que queira seguir dando, dando licenzas, en fin, ás veces moi discutibles, e temos varios casos, incluso recentes e demais, será un problema do concello, pero se quere, se quere ter a quen recorrer sen ter maior problema para que os asesore e lle axude nas tramitacións creo que é unha necesidade que se cubriría ben e que sería das poucas cousas que xustifican a existencia desta, das Deputacións, serían unha función moi propia que creo que deberían reconsiderar a súa postura, pero bueno, se non a reconsideran pois alá vostedes, simplemente deixar constancia deste feito. Sr. Presidente.- Moitas gracias Sr. D. Cesáreo Mosquera. Eu non sei reconsiderar non sei que postura, pero lle digo e espero ademais que vote a favor da proposta, que neste momento, vamos, esta Presidencia está traballando, de feito xa temos contactos con varias persoas para a creación dun gabinete que en materia de urbanismo pois asesore, evidentemente xurídico xa o temos e incluso se vai a reforzar, para que dalgunha maneira serva tamén como elemento de axuda ós concellos que teñen pois carencia de persoal axeitado nesta materia que hoxe en día pois está tan de moda, nalgúns casos pois non para ben precisamente. Polo tanto, eu espero contar coa súa colaboración e do seu grupo tamén para que eso se poña en marcha, porque entendemos que é necesario pero por eso lle preguntaba cal era a nosa discrepancia nese sentido que non a coñezo. Sr. Mosquera Lorenzo.- Mire, cando se deron os primeiros pasos, a proposta xa era anterior, pero cando se deron os primeiros pasos para crear o IPESPO, propúxose que dentro do IPESPO expresamente e supoño que constará nas actas ou non, vostede igual non estaba, propúxose expresamente, expresamente, que ese organismo á parte se creara un staf que mantivera a actividade todo o ano non só cando hai cuestións puntuais, en trámite dalgún polígono que leve o IPESPO, e que fixera esta función e foi rexeita, foi rexeitada directamente por vostedes, eso está aí, é dicir agora se reconsideran pois alegría e en fin, e todo. Hai aquí deputados que son testigos daquel debate e vamos, e funcionarios tamén, e polo tanto a proposta, cando se empezou a falar do IPESPO levamos un tempiño, levamos xa se cadra un par de anos ou máis e a proposta foi rexeitada non sei por que, á parte rexeitada sen ningún argumento simplemente porque había orde de que non se quería facer, pois alegrámonos de que se cambie e esperemos que teña éxito e que se faga canto antes porque o problema é bastante acuciante. Sr. Presidente.- Moitas gracias Sr. Mosquera. Eu dicirlle que eu non, probablemente non tiven oportunidade de asistir a esa reunión que vostede di, pero como xa levamos meses neste tema, dicir que xa a propia institución ten un servizo neste sentido que ó mellor entendemos que é o que vamos a reforzar agora coa creación deste gabinete que dalgunha maneira vai a servir para a orientación ós concellos con falta de recursos técnicos e xurídicos para a avaliación de temas urbanísticos o cal entendemos que é algo pois necesario e que de aí que se poña en marcha, esperamos contar como digo coa súa e do seu grupo, coa súa colaboración tamén. Procedemos polo tanto á votación do punto número 4 que era a delegación de competencias, neste caso do concello de Silleda. ¿Votos en contra?. ¿Abstencións?. ¿A favor?. Visto o acordo do Consello Reitor do Organismo Autónomo Provincial de Xestión de Recursos Locais da Excma. Deputación Provincial de Pontevedra (ORAL), de data 29 de decembro de 2006, sobre aceptación da delegación do Concello de Silleda para a inspección do imposto sobre construcións, instalacións e obras e da práctica e recadación da liquidación definitiva, tanto en período voluntario como en executivo, o Pleno, de conformidade co ditame da Comisión Informativa de Economía, Facenda e Turismo, acorda por unanimidade: Aceptar, de conformidade co previsto no artigo 7.2 do Real decreto lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o Texto refundido da Lei reguladora das facendas locais, a delegación na Deputación Provincial de Pontevedra-ORAL, que en materia de inspección do imposto sobre construcións, instalacións e obras e da práctica e recadación da liquidación definitiva, tanto en período voluntario como en executivo, realizou o Concello de Silleda, por acordo do Pleno de data 28 de xullo de 2005 e coas aclaracións recollidas no decreto da alcaldía de data 5 de decembro de 2006, seguindo o establecido nos artigos 106.3 da Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das bases de réxime local, e 7 do citado Real decreto lexislativo 2/2004. A citada delegación publicarase no Boletín Oficial da Provincia e no Diario Oficial de Galicia, tal como determina o meritado artigo 7.2 “in fine”. 5.5503.- RESOLUCIÓN DAS ALEGACIÓNS FORMULADAS POLO TITULAR DO PREDIO Nº 4 AFECTADO POLO PROXECTO DE “TERMINACIÓN DO ENSANCHE DA EP 9107 VIRXE DAS MAREAS (O GROVE)”. APROBACIÓN DEFINITIVA DO PROXECTO E DOS BENS AFECTADOS EN RELACIÓN A ESTE PREDIO. DECLARACIÓN DE NECESARIA OCUPACIÓN DOS BENS AFECTADOS Sr. Presidente.- Punto número 5. Resolución das alegacións formuladas polo titular do predio nº 4 afectado polo proxecto de “Terminación do ensanche da EP 9107 Virxe das Mareas (O Grove)”. Aprobación definitiva do proxecto e dos bens afectados en relación a este predio e declaración tamén de necesaria ocupación dos bens afectados. ¿Votos en contra?. ¿Abstencións?. ¿A favor?. O Pleno desta Deputación, na sesión ordinaria do 29 de marzo de 2006, adoptou, entre outros, o acordo de aprobación inicial do proxecto denominado “Terminación do ensanche EP 9107 Virxe das Mareas (O Grove)”, que está dotado dun orzamento para coñecemento da Administración de 19.368,59 euros, detallado en orzamento de execución por contrata por importe de 14.007,13 euros e capítulo de expropiacións por importe de 5.361,46 euros, así como a declaración de utilidade pública da obra e a solicitude á Xunta de Galicia da declaración de urxente ocupación dos bens afectados. Tras someterse a información pública o mencionado proxecto, durante o período regulamentario, en virtude de edito publicado no Boletín Oficial da Provincia de data 12 de maio de 2006 (BOP nº 91), no taboleiro de anuncios do Concello do Grove, en varios xornais da localidade, notificándoselles ademais persoalmente a todos os afectados a apertura do citado período de información pública, formuláronse unha serie de alegacións ó proxecto e ó expediente de expropiación que implica. Na sesión celebrada o 28 de xuño de 2006 o Pleno da Deputación de Pontevedra adoptou, entre outros, o acordo polo que se resolvían as alegacións presentadas durante o período de información pública, aprobábase definitivamente o citado proxecto e a relación de propietarios e bens afectados, ademais de declarar a necesaria ocupación destes últimos, acordo que se notifica persoalmente ós propietarios afectados. Nas datas 4, 9 e 11 de agosto de 2006 D. Gerardo Devesa Iglesias, D. Manuel Cao Pérez e máis Dona María Teresa e D. Miguel Pérez Barral, interpoñen en tempo e forma recursos de reposición fronte ó citado acordo plenario, recursos que resolve a Corporación provincial na sesión ordinaria do día 25 de outubro de 2006. Respecto ó predio nº 4 o Pleno adopta o acordo de “Estimar parcialmente o recurso de reposición interposto por D. Gerardo Devesa Iglesias xa que a partir deste momento as actuacións do expediente de expropiacións se entenderán con Dona María Isabel Arnoso Lores, como propietaria do predio número 4 afectado polo expediente de expropiación de referencia”. En consecuencia e de acordo co disposto no artigo 18 da Lei de expropiación forzosa acórdase a apertura de información pública durante un prazo de quince días en relación a Dona María Isabel Arnoso Lores, á que se dará traslado do trámite de audiencia. Notificada dita resolución ós interesados Dona María Isabel Arnoso Lores presenta un escrito de alegacións, con data 8 de xaneiro de 2007, que informa o Servizo de Vías e Obras o 12 de xaneiro de 2007. Á vista dos informes emitidos polo Servizo de Vías e Obras e co fin de dar continuidade ó expediente de expropiación derivado do citado proxecto o Pleno acorda por unanimidade: 1. A resolución das alegacións presentadas por Dona María Isabel Arnoso Lores segundo o seguinte detalle: a) En canto ás alegacións relativas á falta de xustificación da necesidade e intensidade da ocupación cabe sinalar que o proxecto “Terminación do ensanche EP 9107 Virxe das Mareas (O Grove)” se axusta á normativa urbanística aplicable; así, a parcela nº 4 da súa propiedade está incluída dentro do perímetro de Solo de Núcleo Rural de recente formación e regulada urbanisticamente: Réxime vixente: Ordenanza nº 8 “edificación en núcleo rural de recente formación”. Ordenanza provisional do decreto 208/2002. Réxime establecido pola Lei 9/2002 e Lei 15/2004 para o solo urbano. Réxime de novo planeamento (o 21 de decembro de 2004 o Concello do Grove aprobou inicialmente o plan xeral de ordenación municipal): Na cartografía que figura na aprobación inicial do plan xeral de ordenación municipal dita parcela figura como incluída dentro do perímetro de solo urbano e regulada pola ordenanza nº 4 “Edificación unifamiliar”. Daquela, en relación ás aliñacións establécese que “as edificacións e peches separaranse un mínimo de 12 metros do eixe das vías dos sistemas xerais, debendo cumprir en todo caso a lexislación sectorial correspondente...... Non obstante, ó ser unha estrada pertencente á Deputación de Pontevedra, deberá solicitarse ante dito ente a pertinente aliñación e autorización de obras”; é dicir, o proxecto respecta en todo caso a aliñación mínima fixada na citada norma, circunstancia que, de acordo co disposto no artigo 101 da Lei 9/2002, de 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia, é de obrigado cumprimento para a Administración e os particulares. A maiores e de acordo co disposto nos artigos 29.1.g) e 24.2 da Lei 9/2002, de 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia, cabe lembrar que, no caso que o propietario desexase edificar ten a obriga de ceder os terreos necesarios para regularizar o viario debendo realizar pola súa conta a conexión cos servizos existentes, de tal forma que a superficie neta (e non bruta) resultante de dita cesión debe cumprir en todo caso cos requirimentos de edificabilidade. No que se refire á reducción “nalgúns tramos do ancho de beirarrúas e do viario”, tal circunstancia débese a que nun dos tramos existe un inmoble que se encontra protexido polas normas subsidiarias do Concello do Grove, como casa e predio singular (capítulo 12- patrimonio arqueolóxico, arquitectónico, artístico, etnográfico e cultural) e en consecuencia, de acordo coa disposición adicional segunda da Lei 8/1995, de 30 de outubro, de patrimonio cultural de Galicia, “todos aqueles bens recollidos en catálogos de calquera figura do planeamento inclúense no inventario xeral do patrimonio cultural de Galicia”, coas seguintes limitacións á hora de actuar sobre eles. En todo caso, o proxecto que actualmente se discute, con substantividade propia, contempla beirarrúas de 1,80m non por unha simple cuestión caprichosa senón para cumprir os requirimentos que en relación esixe a Lei 8/1997, de 20 de agosto, de accesibilidade e supresión de barreiras na Comunidade Autónoma de Galicia (anexo: disposicións sobre barreiras arquitectónicas urbanísticas). b) En canto ás alegacións relativas ás “deficiencias técnicas na execución do proxecto”, o Servizo de Vías e Obras informa que se realizaron as actuacións necesarias para proceder a unha correcta canalización das augas pluviais polo que ditas deficiencias xa foron emendadas; é por iso que, a día de hoxe, os distintos sistemas de recollida de augas se encontran funcionando en perfectas condicións. c)Realizadas as comprobacións oportunas por técnicos do Servizo de Vías e Obras, procedeuse a incluír na relación de bens afectados os que se detallaban no seu escrito de alegacións e enuméranse no apartado 3º deste acordo. 2. A aprobación definitiva do proxecto “Terminación do ensanche EP 9107 Virxe das Mareas (O Grove)”, que está dotado dun orzamento para coñecemento da Administración de 19.368,59 euros, detallado en orzamento de execución por contrata por importe de 14.007,13 euros e capítulo de expropiacións por importe de 5.361,46 euros. 3. Aprobación definitiva dos bens afectados en relación ó predio nº 4, propiedade de Dona María Isabel Arnoso Lores segundo o seguinte detalle: Nº PREDIO- PROPIETARIO- BENS AFECTADOS 4 Dona María Isabel Arnoso Lores 54,46m2 terreo. 28,70m2 muro de bloque. 35,60 m de cimentación. 8 m2 de beirarrúa. 9,60 m2 muro prefabricado. 1 portal eléctrico de 4 x 1,25 metros e 1 cancela de ferro de 1,20 x 1 metro. 5 udes. columnas formigón (3 de 25 x 25 e 0,90 de altura e 2 de 25 x 25 e 1,50 metros de altura). 4. A declaración da necesaria ocupación dos bens afectados xa que mediante un convenio de colaboración subscrito no seu día entre a Deputación de Pontevedra e o Concello do Grove, executouse a obra derivada do proxecto denominado “Ensanche, pavimentación e dotación de servizos en Virxe das Mareas”, obras que se levaron a cabo grazas á colaboración desinteresada da maioría dos veciños da zona que, conscientes da importancia do proxecto, cederon parte dos terreos precisos para acometer ditas melloras. Dado que para concluír eficazmente os traballos iniciados no seu día é preciso actuar nunha serie de predios cuxos propietarios non cederon o terreo necesario redactouse o proxecto “Terminación ensanche EP 9107 Virxe das Mareas”, xustificado pola necesidade de mellorar os anchos primitivos e así evitar, na medida do posible, os accidentes e o perigo que supuñan para a circulación. A maiores, o feito de que dito vieiro serve de comunicación entre dúas importantes empresas conserveiras provocou que teña que soportar, por un lado, un notable aumento do tráfico de vehículos, tanto lixeiros coma pesados, e, por outro, a constante presenza de peóns que, ó encontrarse cunhas deficientes condicións circulatorias, poñen en perigo a súa integridade física. 6.5504.- RESOLUCIÓN DAS ALEGACIÓNS PRESENTADAS Ó PROXECTO “1ª FASE DE MELLORA DE TRAZADO E CAPA DE RODAXE NA EP 9701 BAIÓN-ANDRÁS (VARIANTE ENTRE O PK 0+550 E 1+150) (VILANOVA DE AROUSA)”. APROBACIÓN DEFINITIVA DO PROXECTO. DECLARACIÓN DA NECESARIA OCUPACIÓN DOS BENS E DEREITOS AFECTADOS. APROBACIÓN DEFINITIVA DOS BENS E PROPIETARIOS AFECTADOS Sr. Presidente.- Punto número 6. Resolución das alegacións presentadas ó proxecto “1ª fase de mellora de trazado e capa de rodaxe na EP 9701 BaiónAndrás (Variante entre o Pk 0+550 e 1+150) (Vilanova de Arousa)”. Aprobación definitiva do proxecto. Declaración da necesaria ocupación dos bens e dereitos afectados. Aprobación definitiva dos bens e propietarios afectados. ¿Votos en contra?. ¿Abstencións?. ¿A favor?. O Pleno da Deputación de Pontevedra, na sesión ordinaria que tivo lugar o 26 de abril de 2006, adoptou, entre outros, o acordo de aprobación inicial do proxecto “1ª fase do proxecto de mellora de trazado e capa de rodaxe na EP 9701 Baión-András (variante entre p.k 0+550-1+150) (Vilanova de Arousa)”, dotado dun orzamento para coñecemento da Administración de 248.068,01 euros, desagregado no orzamento de execución por contrata por importe de 166.806,34 euros e capítulo de expropiacións por importe de 81.261,67 euros, así como a declaración da utilidade pública da obra e a solicitude á Xunta de Galicia da urxente ocupación dos bens afectados. Tras someterse a información pública este proxecto, durante o período regulamentario, en virtude de edito publicado no Boletín Oficial da Provincia (BOP núm. 232), no taboleiro de anuncios do Concello Vilanova de Arousa e en varios xornais da localidade, á vista do informe que emitiu o Servizo de Vías e Obras, e con fin de dar continuidade ó expediente de expropiación que iniciou no seu día a Deputación de Pontevedra, o Pleno acorda por unanimidade: 1. A resolución das alegacións que se presentaron ó citado proxecto segundo o seguinte detalle: 1-1. Desestimar as alegacións que efectuou D. Fernando García Giménez, en representación da Comunidade Hereditaria titular das parcelas núm. 50, 51, 52 e 54 segundo o seguinte detalle: a) En relación ás alegacións que cuestionan a tramitación do expediente polo procedemento de urxencia cabe recordar que o proxecto de referencia se xustifica pola necesidade de mellorar os anchos primitivos da estrada provincial 9701 e así evitar, na medida do posible, os accidentes e o perigo que supoñían para a circulación. A maiores, o feito de que este viario se encontre próximo a un centro escolar e a un centro de saúde xera a constante presenza de peóns que, ó atopar unhas condicións circulatorias deficientes, poñen en perigo a súa integridade física, circunstancias que xustifican tanto a declaración da necesaria ocupación dos bens afectados coma a solicitude á Xunta de Galicia da declaración de urxente ocupación. Por todo isto, en consideración á lóxica e máis que xustificada prevalencia, neste suposto, do interese público das obras sobre o interese dun particular, co que se cumprirán os requisitos de procedemento que a Lei de expropiación esixe, a oposición á urxente ocupación carece de fundamento real. b) En relación ós argumentos expostos respecto ó trazado cabe sinalar o seguinte: Primeiro. Realizado o oportuno estudo de viabilidade económica para abordar o proxecto de ensanche da totalidade do trazado da estrada provincial 9701, o orzamento, unicamente de execución material sen contar co importe destinado ás expropiacións, ascende ós 2.177.744,78 euros; é por isto que debido á magnitude do proxecto e ós principios de eficiencia e xestión do erario público que rexen a actuación da Administración, o proxecto será executado en distintas fases, abordando a primeira delas nun tramo de 600 metros a supresión de varias curvas que revisten un gran perigo para a seguridade vial. Segundo. Os anchos da estrada están proxectados segundo as normas técnicas en vigor que recomendan en obras deste tipo contar cunha calzada de dous carrís de circulación de 3,5 metros cada un e beiravías de 1 metro, todo iso co fin de garantir a seguridade vial de vehículos e peóns. Terceiro. É certo que neste suposto estamos ante a construción dunha nova vía de circulación non contemplada no planeamento urbanístico correspondente, polo que neste caso é de aplicación o disposto no parágrafo 2º do artigo 106 da Lei 9/2002, de 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia (Protección das vías de circulación), situado no título III (normas de aplicación directa), que dispón o seguinte: “Non se poderán realizar obras de construción de novas vías de circulación de vehículos automóbiles que non estean previstas nos plans xerais ou outros instrumentos de planeamento urbanístico ou de ordenación do territorio, sen prexuízo do disposto na lexislación sectorial de aplicación,” lexislación sectorial plasmada na Lei 4/1994, de 14 de setembro, de estradas de Galicia, que nos artigos 15 a 18 regula o procedemento para a tramitación daqueles proxectos que contemplan unha variante de estrada non prevista no planeamento urbanístico vixente, como sucede neste caso respecto ó expediente obxecto da presente consulta. Así, de acordo co disposto no artigo 15 da Lei 4/1994, de 14 de setembro, de estradas de Galicia, e como nesta primeira fase se aborda a construción dunha pequena variante (duns 200 metros) non contemplada no instrumento de planeamento urbanístico ou de ordenación do territorio do Concello de Vilanova de Arousa, o proxecto deberá someterse ó trámite de información pública na forma prevista na Lei 30/1992, de 26 de novembro de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común e remitirse á Consellería competente en materia de estradas e ás administracións afectadas para que no prazo dun mes examinen se o trazado proposto é o máis adecuado para o interese xeral e para os intereses da localidade afectada, procedemento seguido por esta Administración e que ratificou a Dirección Xeral de Urbanismo no informe emitido ó respecto o 22 de setembro de 2006. O expediente de información pública será elevado á Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Transportes. Cuarto. Canto ós posibles prexuízos que se causen no patrimonio de D. Fernando García Giménez a consecuencia da expropiación é necesario recordar que a expropiación forzosa contempla o suposto no que, decidida a colisión entre o interese público e o privado, en consideración á lóxica prevaleza o primeiro, resulta obrigado arbitrar o procedemento legal adecuado para promover xuridicamente a transmisión imperativa do dereito expropiado e para facer, consecuentemente, efectiva a favor do particular, a xusta indemnización correspondente, indemnización que, de non existir mutuo acordo entre Administración e expropiado, lle corresponderá determinar ó Xurado de Expropiacións de Galicia; respecto ós bens afectados inclúense na nova relación o alpendre de pedra e o hórreo citado no seu escrito, elementos sobre os que se actuará segundo a lexislación vixente ó respecto (traslado e outros...). Quinto. A variante proxectada, que discorre entre os puntos quilométricos 0+650 e 0+850, é dicir, duns 200 metros, é unha obra de modernización da estrada provincial 9701 que afecta ó seu trazado, e que se executará co único obxectivo de suprimir varias curvas que revisten un gran perigo para a seguridade vial, polo que a alternativa ó trazado proposta por D. Fernando García Giménez non resolvería os problemas existentes na actualidade e reflectidos no apartado 11 a) deste acordo. 1-2. Desestimar as alegacións efectuadas por D. José Eduardo Rey Abelenda, propietario das parcelas núm. 56 e 58 segundo o seguinte detalle: a) En relación coas alegacións que cuestionan o interese xeral do proxecto cabe sinalar que a estrada provincial 9701 une o vial que discorre desde Pontevedra a Vilagarcía de Arousa co lugar de Solobeira e András, servindo ademais de acceso a Vilanova de Arousa, evitando así o paso por Vilagarcía de Arousa, o que provoca que o citado vial soporte unha importante densidade de tráfico ó longo de todo o ano. Ese fluxo de vehículos provocou, por un lado, que o firme da zona de circulación se deteriorara notablemente e, por outro, que os anchos primitivos non resolvan os problemas xerados polo continuo paso de vehículos. Por iso se redactou o proxecto de referencia cuxa tramitación se xustifica pola necesidade de mellorar os anchos primitivos e así evitar, na medida do posible, os accidentes e o perigo que representaban para a circulación. A maiores, o feito de que este vial se atope próximo a un centro escolar e a un centro de saúde, xera a constante presenza de peóns que, ó encontrarse cunhas condicións circulatorias deficientes, poñen en perigo a súa integridade física. Debido á magnitude do proxecto este será executado en distintas fases, abordando a primeira delas, ademais do exposto anteriormente, a supresión de varias curvas que revisten un gran perigo para a seguridade vial, téndose proxectado para isto unha variante que discorre entre os puntos quilométricos 0+650 e 0+850, é dicir, duns 200 metros. Por todo iso, en consideración á lóxica e máis que xustificada prevalencia, neste suposto, do interese público das obras sobre o interese dun particular, co que se cumprirán os requisitos de procedemento que a Lei de expropiación esixe, a oposición ó interese social e á utilidade pública da obra carece de fundamento real. b) En canto ás afirmacións relativas a que “ó non estar este vial previsto no ... planeamento urbanístico... non está permitida a súa realización”, cabe lembrar que neste suposto nos encontramos ante a construción dunha nova vía de circulación non contemplada no planeamento urbanístico correspondente, polo que é de aplicación o disposto no parágrafo 2º do artigo 106 da Lei 9/2002, de 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia (Protección das vías de circulación), situado no título III (Normas de aplicación directa) que dispón o seguinte: “Non se poderán realizar obras de construción de novas vías de circulación de vehículos automóbiles que non estean previstas nos plans xerais ou outros instrumentos de planeamento urbanístico ou de ordenación do territorio, sen prexuízo do disposto na lexislación sectorial de aplicación”, lexislación sectorial plasmada na Lei 4/1994, de 14 de setembro, de estradas de Galicia, que nos artigos 15 a 18 regula o procedemento para a tramitación daqueles proxectos que contemplan unha variante de estrada non prevista no planeamento urbanístico vixente, como sucede neste caso respecto ó expediente obxecto da presente consulta. Así, de acordo co disposto no artigo 15 da Lei 4/1994, de 14 de setembro, de estradas de Galicia, e dado que nesta primeira fase se aborda a construción dunha pequena variante (duns 200 metros) non contemplada no instrumento de planeamento urbanístico ou de ordenación do territorio do Concello de Vilanova de Arousa, o proxecto deberá someterse ó trámite de información pública na forma prevista na Lei 30/1992, de 26 de novembro de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común e remitirse á consellería competente en materia de estradas e ás administracións afectadas para que no prazo dun mes examinen se o trazado proposto é o máis adecuado para o interese xeral e para os intereses da localidade afectada, procedemento seguido por esta Administración e que ratificou a Dirección Xeral de Urbanismo no informe emitido ó respecto o 22 de setembro de 2006. O expediente de información pública será elevado á Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Transportes. c) Para desvirtuar as alegacións referentes a que o novo vial “debe catalogarse como travesía ou no seu caso rede arterial”, coas connotacións xurídicas que iso supón, cómpre sinalar o disposto no artigo 52.2 da Lei de estradas de Galicia que dispón que “Considéranse tramos urbanos de estrada aqueles que discorran integramente por solo cualificado como urbano polo correspondente instrumento de planeamento”, engadindo o parágrafo 3º: “Considérase travesía a parte de tramo urbano no que existan, polo menos nunha das súas marxes, edificacións consolidadas en máis das dúas terceiras partes da súa lonxitude e unha trama de rúas”; o informe sobre cualificación urbanística remitido polo Concello de Vilanova de Arousa pon de manifesto que as parcelas afectadas non están situadas sobre solo cualificado como urbano polo correspondente instrumento de planeamento urbanístico, polo que en ningún caso se pode falar de travesía ou rede arterial. Neste punto cabe recordar que o título IV da Lei 4/1994, de 14 de setembro, de estradas de Galicia, xorde coa idea de actualizar o especial réxime xurídico regulador das denominadas travesías e redes arteriais, de acordo coas circunstancias peculiares das estradas e dos seus tramos que discorren por solo urbano. d)En relación ás alegacións sobre unha posible “infracción da normativa medioambiental”, estas quedan desvirtuadas á vista do informe emitido o 27 de outubro de 2006 pola Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, pertencente á Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible, no que se indica literalmente que “En base á documentación achegada e á información dispoñible conclúese que o proxecto non se atopa incluído nin nos anexos do Real decreto lexislativo 1302/1986, de 28 de xuño, de avaliación de impacto ambiental, nin no Decreto 442/1990 de 13 de setembro, de avaliación de impacto ambiental para Galicia, nin no Decreto 327/1991, de 4 de outubro, de avaliación de efectos ambientais para Galicia. Polo tanto considérase que non procede someter a avaliación de impacto ou efectos ambientais o proxecto obxecto deste informe, o que se lle comunica para o seu coñecemento e efectos oportunos”. Por outro lado, da análise do disposto nos anexos I e II da Lei 6/2001, de 8 de maio, na Lei 9/2006 e na Lei 1/1995, de protección ambiental de Galicia conclúese que non será preciso o sometemento do presente proxecto ó procedemento de tramitación ambiental. e) Canto ós posibles prexuízos que se causen no patrimonio de D. José Eduardo Rey Abelenda a consecuencia da expropiación é necesario recordar que a expropiación forzosa contempla o suposto no que, decidida a colisión entre o interese público e o privado, en consideración á lóxica prevalencia do primeiro, resulta obrigado arbitrar o procedemento legal apropiado para promover xuridicamente a transmisión imperativa do dereito expropiado e para facer, consecuentemente, efectiva a favor do particular, a xusta indemnización correspondente, indemnización que de non existir mutuo acordo entre a Administración e o expropiado, corresponderalle determinar ó Xurado de Expropiacións de Galicia; respecto á cualificación urbanística dos terreos da súa propiedade, o informe emitido ó respecto desde o Concello de Vilanova de Arousa pon de manifesto que se trata de solo non urbanizable, coas limitacións de edificación e valorativas que isto implica. 2. A aprobación definitiva do proxecto “1ª fase do proxecto de mellora de trazado e capa de rodaxe na EP 9701 Baión-András (variante entre p.k 0+5501+150) (Vilanova de Arousa)”, dotado dun orzamento para coñecemento da Administración de 248.068,01 euros, desagregado en orzamento de execución por contrata por importe de 166.806,34 euros e capítulo de expropiacións por importe de 81.261,67 euros. 3. A declaración da necesaria ocupación dos bens afectados motivada porque a estrada provincial 9701, que une o vial que discorre desde Pontevedra a Vilagarcía de Arousa co lugar de Solobeira e András, serve ademais de acceso a Vilanova de Arousa, evitando así o paso por Vilagarcía de Arousa, o que provoca que o citado vial soporte unha importante densidade de tráfico ó longo de todo o ano. Ese fluxo de vehículos provocou, por un lado, que o firme da zona de circulación se deteriorara notablemente e, por outro, que os anchos primitivos non resolvan os problemas xerados polo continuo paso de vehículos. Por isto se redactou o proxecto de referencia cuxa tramitación se xustifica pola necesidade de mellorar os anchos primitivos e así evitar, na medida do posible, os accidentes e o perigo que supoñían para a circulación. A maiores, o feito de que este vial se encontre próximo a un centro escolar e a un centro de saúde, xera a constante presenza de peóns que, ó encontrarse cunhas deficientes condicións circulatorias, poñen en perigo a súa integridade física. Debido á magnitude do proxecto este será executado en distintas fases, abordando a primeira delas, ademais do exposto anteriormente, a supresión de varias curvas que revisten un gran perigo para a seguridade vial, téndose proxectado para isto unha variante que descorre entre os puntos quilométricos 0+650 e 0+850, é dicir, duns 200 metros. 4. A aprobación definitiva da relación de propietarios e bens afectados segundo o seguinte detalle: Núm. predio PROPIETARIO BENS AFECTADOS 050 Pablo García Giménez/Fernando García Giménez rúa/ Juan Carlos I, nº 20-1º D 36600 Vilagarcía 180 m2 de monte 051 Pablo García Giménez/Fernando García Giménez rúa/ Juan Carlos I, nº 20-1º D 36600 Vilagarcía 975 m2 de monte 052 Pablo García Giménez/Fernando García Giménez rúa/ Juan Carlos I, núm. 20-1º D 36600 Vilagarcía 2.525 m2 de cultivo; 36 m2 de muro de perpiaño; 1 portal de madeira 2.00 x 2.5 m. 1 hórreo e 1 alpendre de pedra 053 Esther Silva Abelleira, núm. 17 – Baión Vilanova de Arousa 16 m2 de monte 054 Pablo García Giménez/Fernando García Giménez rúa/ Juan Carlos I, núm. 20-1º D 36600 Vilagarcía 27 m2 de monte 055 Esther Silva Abelleira, núm. 17 – Baión Vilanova de Arousa 590 m2 de monte 056 José Eduardo Rey Abelenda Abelleira, núm. 2 – Baión 545 m2 de cultivo; 9 froiteiras, 5 laranxeiros; 27 m2 muro de Vilanova de Arousa formigón; 24 ml. muro de bloques e malla 057 Pazo Baión Audiencia Nacional 357 m2 de cultivo; 151 m2 muro mampostería hidráulica a 2 caras 058 José Eduardo Rey Abelenda Abelleira, núm. 2 – Baión Vilanova de Arousa 1.350 m2 de monte 059 Manuel Fresco Eirea Barcia, núm. 19 – Baión Vilanova de Arousa 48 m2 de monte 060 Aurelia Vila 265 m2 de monte 061 Dolores Fresco Eirea Barcia, núm. 19 – Baión Vilanova de Arousa 105 m2 de monte 062 Luis Rodríguez Fontenla San Simón, núm. 6 – Baión Vilanova de Arousa 13 m2 de monte 063 Esther Silva Abelleira, núm. 17 – Baión Vilanova de Arousa 54 m2 de monte 064 Francisco Pedrouzo Sestelo, núm. 3 – Baión Vilanova de Arousa 61 m2 de monte 065 Manuel Fontenla Nogueira Romarís, núm. 15 – Baión Vilanova de Arousa 390 m2 de monte 066 Isidoro Buceta Salgueiro Abelleira, núm. 1 – Baión Vilanova de Arousa 67 m2 de cultivo ; 4 m2 muro de perpiaño ; 32 m2 malla metálica; 12 postes de cemento; 8 postes de granito; 18 cepas 7.5505.- MOCIÓN DO DEPUTADO PROVINCIAL DO BNG D. CESÁREO MOSQUERA LORENZO SOBRE OBRAS DO EIXO ATLÁNTICO FERROVIARIO 8.5506.- MOCIÓN DO GRUPO PROVINCIAL DO PARTIDO MESETA POR ALTA VELOCIDADE FERROVIARIA POPULAR SOBRE A CONEXIÓN DA PROVINCIA COA Sr. Presidente.- Punto número 7. Moción do Deputado Provincial do Bloque Nacionalista Galego D. Cesáreo Mosquera Lorenzo sobre as obras do Eixo Atlántico Ferroviario. E despois, bueno, tamén hai no caso do punto 8, outro que tamén fala neste caso da mesma situación, moción do Grupo Provincial do Partido Popular sobre a conexión da provincia coa Meseta por Alta Velocidade Ferroviaria. Se queren os tratamos conxuntamente, porque supoño que haberá o mesmo interese en ámbalas dúas para neste caso a moción do Bloque Nacionalista Galego e maila do Partido Popular en relación a este tema porque a seguinte xa é concretamente unha estrada provincial que non ten nada que ver. Entón propoñemos o debate conxuntamente das dúas mocións. Ten a palabra entón o Sr. Deputado D. Cesáreo Mosquera. Sr. Mosquera Lorenzo.- Gracias Sr. Presidente. Bueno, creo que é evidente, ten sido tratado neste foro e noutros, é evidente a necesidade da modernización do ferrocarril, é evidente que houbo uns acordos do Parlamento Galego, unha serie de compromisos que están moi desbordados en prazos, e é evidente que hai tamén certas dúbidas e informacións contraditorias sobre a conexión do AVE por Cerdedo, e sobre a conexión de Galicia con Portugal. Non hai máis que mirar as hemerotecas e mirar que hai unha serie de dúbidas. Polo tanto hai tres feitos que, como, calquera que estea na provincia de Pontevedra, neste caso non pode obviar e parece oportuno pois facer unha moción, un acordo deste Pleno para remitilo tanto a Santiago como a Madrid para que se teña en conta e se impulsen as actuacións necesarias para subsanar estes problemas que acabamos de apuntar. Evidentemente témome que o debate vai ser sobre, en vez de sobre o fondo, e que en fin toda a Corporación vaia a defender un posicionamento, pois o debate ser, se, tu menos, tu más, se o retraso é anterior ó 2004, posterior, se eu retrasei, ti retrasaches, ou sexa, coller e conxugar o verbo retrasar, imaxínome, agardo que non, porque non tería especialmente sentido, creo que eso está, os feitos están aí e polo tanto andar relendo cincocentas veces non creo que vaia a ningún lado. E bueno, en todo caso, con respecto e xa para rematar, en relación ó texto, á parte resolutiva do acordo, tanto da moción que presentamos nós como a moción que presenta o Partido Popular, creo que basicamente din o mesmo, só que, non teríamos ningún problema cunha ou con outra, só que facer acordos digamos irreais, que xa non son reais que xa están pasados polos feitos, pois é unha declaración de intencións, pouco rigor ten, estoume referindo en concreto a que o AVE coa Meseta Vigo-Ourense por Cerdedo, vaia en paralelo coa conexión de Santiago-Ourense, eso xa é imposible porque a de Santiago-Ourense xa está en execución e esta imposible porque non está, pedilo, pois bueno, pois é unha declaración de intencións, tampouco sería moi grave. Creo que o lóxico é esixir que se faga o antes posible e que dende logo non sufra máis retraso nin moito menos sega planeando a dúbida tan sequera de se é prioritario ou se se vai a facer. Non, porque o outro pois, tamén podemos pedir que chova para arriba pero bueno, non tería moito sentido. Se se entende como declaración de intencións non teríamos ningún problema, se o que se entende, digamos a literalidade evidentemente non é así moi correcta, en todo caso o resto do contido das mocións pois son equivalentes e polo tanto pois bueno, que diga, creo que non habería ningún problema, de feito se dixo que se ía a chamar ós portavoces para consensuar algún acordo que eu creo que sería moi fácil, parece que a postura do grupo de goberno é traelo a Pleno así para que teñamos que aclararnos aquí, bueno, pois tampouco pasa nada, simplemente darlle unha serie de voltas. Eu agardo que teña, vamos, o posicionamento que trae aquí o BNG sexa aprobado unanimemente polo que pasou na Comisión, supoñemos que si, e transmitir, digamos dunha maneira moi firme pero serena que nos preocupa o tren e que esiximos que se acurten os prazos e se prioricen de verdade, de verdade, para que estean completados o antes posible. Podemos entrar aquí, tampouco entra a moción do Partido Popular, en poñer que estea feita no 2004, non, algunha tiña que estar feita segundo o acordo do Parlamento e o que se firmou, pero bueno, senón está feita agora pois dedicarnos a poñer prazos e demais, son así máis ben slogans electorais perigosísimos porque despois a xente ten memoria e acórdase de que, ou se dá conta xa inmediatamente de que estamos pedindo imposibles e polo tanto creo que tanto un texto coma o outro son suficientemente prudentes, e aquilatados, e serios, e firmes, como para podelos aprobar. Sr. Presidente.- Moitas gracias Sr. D. Cesáreo Mosquera. Sr. D. José Manuel Figueroa. Sr. Figueroa Vila.- Si, bos días. Nós presentamos esta moción o 12 de xaneiro e sobre todo motivada porque houbo unhas declaracións do Presidente da Xunta de Galicia que nos alarmou, declaracións ós medios de comunicación, que todos recolleron na liña de que o AVE por Cerdedo non era prioritario. É certo que ata estes momentos había unha relativa “confianza”, entre comiñas, de todos os sectores sociais, económicos e políticos, eu creo que da zona sur da provincia de Pontevedra, que dabamos por feito que o AVE por Cerdedo era pois un proxecto que estaba en marcha, que tiña os estudos informativos, que así o dixeron no seu día, correspondentes, etc., etc. Pero claro, despois destas declaracións se produce unha alarma na sociedade sur da provincia de Pontevedra onde se empezan a solicitar certas informacións, se empeza a trasladar mensaxes por diversos bandos para que o AVE por Cerdedo, ver en que situación se encontra, e bueno, despois de analizar e estudar toda a situación se producen varios feitos nas últimas semanas, feitos que nos levan a entender que existe unha confusión, unha manipulación sobre a entrada do AVE por Cerdedo, que a nós nos gustaría deixar claras e denunciar, xa se pronunciaron diversos concellos, o de Vigo, o de Pontevedra, e os consellos económicos sociais polo menos de Vigo, e se produciron varios feitos durante este tempo que nos leva aínda agora si que a estar máis preocupados. Primeiro, hai unha visita da Conselleira de Política Territorial á Ministra de Fomento, reivindicando o AVE, pero a Ministra non se pronuncia, é dicir, a nós nos parece sospeitoso que se un responsable político ó máis alto nivel galego, acude a Madrid, ten unha entrevista coa Ministra, e a Conselleira ten que facer declaracións dicindo “me dijo la Ministra que ...” pero a Ministra non aparece, pois ¿que quere que lle diga?, que parece sospeitoso que a Ministra non dea a cara e non diga publicamente o que está sucedendo con esta liña de alta velocidade. Segundo tema, bueno, pois hai candidatos que incluso acoden ó Secretario de Estado e pasa exactamente o mesmo, é dicir, pero non só esto, é que despois de catro ou cinco días ou dez desta visita, hai un Consello de Ministros onde se aproba unha cantidade importantísima para a entrada do AVE por Santiago, e resulta que para o AVE por Cerdedo nin se menciona, nin prazos, nin consignacións, nin nada que se lle pareza. Pero aínda máis grave, que hai un estudo informativo en marcha do AVE, da entrada do AVE por Cerdedo e resulta que buscamos en todos os boletíns oficiais, e en todos os Diarios Oficiais e en todos os documentos e non aparece por ningunha parte esa declaración de licitación do estudo informativo. E eso bueno, pois, eso evidentemente nos preocupa porque non aparece por ningún lado a licitación do estudo informativo do AVE por Cerdedo, é dicir, nós consideramos a día de hoxe que non existe ese estudo. O único que encontramos é un Diario Oficial das Comunidades onde aparece no ano 2005 unha anotación previa, anotación previa, que bueno é unha fórmula administrativa, é un procedemento administrativo que se utiliza dende as institucións cando se queren adiantar os prazos, se remite ó Diario Oficial das Comunidades, que en tal fecha se vai a publicitar a licitación dun estudo. Eu teño aquí, é dicir, esa licitación non aparece por ningún lado, aparece esa anotación pública da licitación, a anotación previa, e pois a nós non nos aparece a licitación dese estudo informativo. Eso quere dicir que as declaracións que fixo o Secretario de Estado dicindo que no verán do 2007 íamos a ter o estudo informativo conformado é totalmente imposible, é inviable, porque se a licitación do estudo informativo do AVE polo Miño o prazo de execución son dezaoito meses, saben todos vostedes que hai que licitalo, hai que publicitalo, presentarse as empresas, adxudicar ese estudo, exposición ó público das administracións, contestación desas exposicións ó público das administracións e despois exposición ó público en xeral, é dicir, calquera estudo informativo, no mellor dos casos aínda que estivese redactado non lle quita nadie oito ou dez, doce meses o cal sería totalmente imposible que no mes de xuño poidamos ter ese estudo informativo enriba da mesa. Eso, bueno, pois nos xera unha certa confusión, unha intranquilidade a todos os cidadáns e a todas as institucións da zona sur, que nos leva a presentar esta moción para reafirmarnos na petición, reafirmarnos en que exista un compromiso firme do goberno de España en canto á entrada do AVE por Cerdedo, e claro, é aínda moito máis sospeitoso que a Ministra de Fomento non apareza en ningunha declaración pública, en ningunha afirmación, en nada, de nada, de nada, pero para nós que tivemos a oportunidade de ter en Vigo á Vicepresidenta do goberno, á número 2 do goberno de España nunha comida cos empresarios invitada polo Club Financeiro de Vigo, resulta que ante unha pregunta da alcaldesa, pero en positivo, por preguntar como estaba a situación da entrada do AVE por Cerdedo, bueno, pois se nos contesta que incluso que o proxecto construtivo que está en marcha, que xa o estudo informativo estaba resolto, é dicir, bueno, sabíamos todos que nos enganou, despois din, din que se trabucou, que bueno, a nós loxicamente que unha Vicepresidenta do goberno de España veña a unha cidade e non saiba, claro se lle preguntan pola autovía Vigo-Porriño ou polo enlace entre Pontevedra e Vigo, pois ó mellor ata entendemos que non saiba, pero, home, eu creo que unha Ministra cando vai, ou unha Vicepresidenta do goberno cando vai a unha cidade, a unha zona, lle preparan, lle dan a información dos plans que hai en marcha, e claro a entrada do AVE non é calquera proxecto, é dicir, non é un proxecto dunha remodelación dun parque empresarial, un parque industrial, ou de, ata do plan director do Aeroporto, eu creo que é a obra máis importante, máis demandada, de toda a colectividade da zona sur. Se se produce este engano, ou esta mala información, ou esta posta en escena, que ó final recolleron todos os medios de comunicación, pero resulta que despois de cinco ou seis días se descubre que non acerta pois nos leva a estar preocupados. E ese é o motivo de presentar esta moción. Sr. Mosquera, nós non vamos a volver para atrás pero se hai que volver tamén se volve, é dicir, analizar os antecedentes e todo o histórico do que sucedeu. Non é ese o motivo da nosa moción, senón única e exclusivamente é que este Pleno por unanimidade, creo que tiña que ser así, e por consenso de todos os grupos políticos pois nos reafirmemos nun dos proxectos importantes para a nosa provincia, creo que loitamos todos, cada un na medida das nosas posibilidades para que a entrada do AVE por Cerdedo se contemplase dentro do mapa ferroviario da alta velocidade, eu creo que xa foi unha vitoria de todos, é dicir, cada un aportando as súas iniciativas e o seu apoio, pero agora estamos noutra fase e a fase é que, bueno, eu creo que se está discriminando á zona sur, e se está discriminando ademais intencionadamente e intentando confundir á opinión pública que esto é o máis grave. Por eso o motivo de presentar esta moción para que entre todos e o Pleno da Deputación ratifique e pida ó goberno de España que se marquen uns prazos, que se marque unha consignación orzamentaria, e por suposto que todo esto se faga a través pois dos órganos competentes, Consello de Ministros ou Boletín Oficial do Estado que é o único que nos vale. Declaracións públicas á vista de todo o que sucedeu nos últimos tempos eu creo que non nos valen absolutamente a nadie. Queremos realidades e a única realidade é que se poida, pois darlle a oficialidade correspondente a este proxecto, e a este apoio, que o único medio é consignación e prazos. Sr. Presidente.- Moitas gracias Sr. D. José Manuel Figueroa por esa ampla información. Sr. D. Emilio González. Sr. González Iglesias.- Si, vamos a ver, nós traíamos e seguimos tendo a intención de votar a favor as dúas mocións indudablemente con algún pero na moción do Partido Popular que o expuxo antes o voceiro do BNG. Pero bueno, do que se trata ó final é que esta institución reivindique e trate de que o goberno central aclare dunha vez eses prazos e que loxicamente que nos quede a todos absolutamente claro a entrada do AVE por Cerdedo e non alonxalo en tempo precisamente. Digo que a intención que traíamos e seguimos traendo é votar a favor as dúas mocións se é que se van a plantexar como dúas mocións, e o dicimos porque, bueno, un lee a prensa de vez en cando e nos primeiros días houbo creo que dúas ou tres declaracións do Presidente da Deputación anunciando que ía a chamar ós Portavoces para unha declaración institucional sobre este tema e para que todos estivéramos de acordo. Chamada que por certo non se produciu ningunha das veces, absolutamente ningunha. Si, si Sr. Louzán, se produciu é certo unha chamada para adiantar o Pleno de mañán a hoxe, eso é verdade, pero polo tema do AVE non e non teño inconveniente en traerlle os recortes de prensa, ningún inconveniente. Sr. Presidente.- Non, só unha aclaración Sr. D. Emilio González, eu en todo caso e ademais están os medios para corroboralo, eu o que dixen é que espero de todos os grupos que se posicionen en defensa desta situación, esas son palabras literais miñas, outra cousa non hai. Polo tanto non diga unha cousa que non é certo. Sr. González Iglesias.- Ben, eu si vin outra cousa e sigo mantendo ademais que, aquí o que entendo que era a fórmula de funcionar por parte de calquera Presidente desta institución, que o que busca, o que trataría de buscar loxicamente, é o acordo de todos neste tema e acordo que como se ve era moi sinxelo, é dicir, todos estabamos preocupados polo tema, todos estabamos preocupados polo tema e todos queremos que se clarexe canto antes o tema. E nese sentido loxicamente, volvo a repetir, vamos a votar a favor. Teño a intención de non contestar absolutamente a nada do que dixeran os voceiros do Partido Popular, ou voceiro neste caso do Partido Popular, pero claro hai cousas que é difícil de non dicilas polo menos. E home, cando na súa moción fala de que os prazos sexan exactamente iguais, é dicir, da obra sexan exactamente iguais que os de Ourense a Santiago, home, eso está moi ben e queda moi ben no papel, pero eso só era posible, só sería posible e xa non o é, só sería posible se nun momento determinado que por certo gobernaban en Madrid e gobernaban en Santiago vostedes, decidiran outra cousa diferente á que decidiron, que foi entrar por Ourense-Santiago. Eso é así, e se eso se fixera naquel momento pois agora poderíamos estar dicindo claramente que alguén incumpriu despois, pero naquel momento non se decidiu eso, e é certo que esa non é cuestión de debate agora, é certo, esa non é cuestión de debate agora nin queremos entrar por ese debate. Pero tamén é certo Sr. Figueroa que, home, cando se di que no contrato programado do outro día co ADIF aparece toda a inversión ou grande parte da inversión para a liña Ourense-Santiago, e non aparece a de aquí, pois mire, dígame en contratos en programa con ADIF que parte se financia do AVE dende Madrid ata aquí, absolutamente minoritaria, máis do 90% finánciase dende o Ministerio de Fomento. Polo tanto, esa é unha cuestión que en principio non debería preocupar, en principio non debería preocupar se se fai directamente dende o Ministerio de Fomento, pero bueno, é dicir, é que eu non quero seguir entrando nesta discusión porque me parece que o máis importante é o outro tema, é o fondo da cuestión, e o fondo da cuestión é que toda esta provincia reivindica o mesmo neste tema, e é que se acelere canto antes a entrada do AVE por Cerdedo. Nada máis. E non vou a intervir nin vou a discutir máis sobre este tema. Me parece, me parece que o que hai que trasladar ós cidadáns non é unha discusión absurda que xa pasou por certo no punto número dous, é dicir, e votamos máis de media hora nun punto que íamos a votar todos a favor. E de verdade, nós non vamos a seguir neste tipo de discusións, é dicir, se estamos de acordo estamos de acordo, vamos a dicilo, vamos a votalo e non vamos a seguir discutindo estas cuestións que ó final levan a crear máis confusión aínda. Nada máis. Sr. Presidente.- Moitas gracias Sr. D. Emilio González. Sr. D. Cesáreo Mosquera. Sr. Mosquera Lorenzo.- Si, renunciaría incluso ó uso da palabra se non fora porque hai unha cuestión que posiblemente o portavoz do PP en Vigo non o sepa, pero que é certa, é dicir, si houbo, si houbo un estudo informativo, non sei con que nivel ou grado de avance, si, si, chegou ó concello de Pontevedra para informe, non, non, non, por Cerdedo, si houbo, esas ... de estudo informativo e non sei que, si as houbo, e se notaba que non era con moita ansia, non, é dicir, que igual era, digamos que non era unha documentación moi completa pero si o houbo, si o houbo, o problema é que evidentemente a Vigo non chegou porque afectaba, só conectaba en Pontevedra, incluso plantexaba o de entrar digamos por arriba, por Curro, definir unha franxa bastante ampla, é a última xestión que coñecemos de haber tres anos ou unha cousa así, e bueno, tamén información verbal de que era un estudo así para, pero que no Ministerio non era ou había moitas dúbidas de que se fora a declarar prioritario, eso si o houbo, bueno evidentemente non o mirei agora nin o trouxen pero está aí, non sei se eso serve de base ou non para facer o estudo de impacto, para pasar xa á fase de elaboración do proxecto, o que si está claro que o proxecto pois vai a levar o seu tempo. En todo caso eu era esa precisión, eu creo que os termos da discusión están bastante centrados, cousa da que me alegro aínda que vexo aí ó Presidente moi preocupado, ou sexa, que seguramente veña agora a retomar, agardemos que non porque dende logo a imaxe sería bastante pouco afortunada. Sr. Presidente.- Moitas gracias Sr. D. Cesáreo Mosquera. Sr. D. José Manuel Figueroa. Sr. Figueroa Vila.- Si, bueno, o que di o Sr. Mosquera ten unha parte de razón pero non é o estudo informativo, son unha apertura de trámite de consultas previas ambientais do trazado por Cerdedo que se tramitou en decembro do 2003. O que si hai é o estudo informativo do tramo de alta velocidade polo Miño, ese estudo se encargou e se adxudicou, pero a partir de aí só se fixo no 2003, que se deixou o trámite de consultas previas ambientais, do trazado por Cerdedo, e a partir do ano 2004 non hai ningún tipo de expediente máis. E ademais, bueno, pois se vostedes o 13 do 4 do 2005, hai ese anuncio de información previa que eu lle digo, que vai ó Diario Oficial das Comunidades, onde no punto 34 se fala do estudo informativo da liña de alta velocidade Ourense-Vigo-variante de Cerdedo. Esta é unha anotación previa, un anuncio de información previa que quere dicir que en vez de 56 días pasaría a 36 e está anunciando, bueno, pois ós posibles licitadores que proximamente pois sairá ese estudo informativo, pero despois desta data buscamos todos os Diarios Oficiais das Comunidades e non aparece ningún estudo de licitación. Polo tanto a día de hoxe, a non ser que fixeran unha triquiñuela administrativa, que non sei como a farían, que ó mellor tamén a puideron facer, é dicir, que ese estudo informativo do AVE polo Miño pois o trasladaran a ese estudo de licitación informativo por Cerdedo. En calquera caso hai unha contestación do 25 de novembro do 2004, do Secretario de Estado a unha senadora da provincia de Pontevedra, que se lle di que posteriormente con fecha 14 de decembro de 2003, se remitiu ó Ministerio de Medio Ambiente unha memoria resume complementaria na que se consideraba o corredor de Cerdedo. E con fecha 23 de abril de 2004 se recibiu a contestación a estas consultas previas que era o que vostede falaba anteriormente, pero bueno, no procedemento é o trámite de consultas previas. Pero mire, nós loxicamente o que queremos é que este Pleno ratifique todos estes acordos, pero Sr. González, o que non se pode é obviar plantexamentos políticos, non, é que vostedes non queren escoitar nunca, vostedes fan os plantexamentos políticos e cando dende outras bancadas lle contestamos se molestan. Eu creo que non teñen que molestarse porque hai unha opinión pública, hai uns cidadáns, que o único que se lle traslada e as postas en escena que a través dos medios de comunicación se fan. E eso ten que preocuparnos. E eu non quero abrir aquí un debate de Vigo neste tema, pero hai un candidato que di que se o AVE por Cerdedo non se consigna e non hai prazos que non se presenta, despois resulta que vai a Madrid, non lle din absolutamente nada e xa di que está confirmado os prazos e a consignación. Nós non nos podemos calar a esas cuestións Sr. González, porque é lóxico que o digamos, porque claro a credibilidade de persoas, de persoas como esa, que no ano 88, que no ano 88 din que a entrada do AVE, o INTERCITI famoso, con trens de alta velocidade de 250 km., chegarán a Galicia no ano 93, xa me dirá vostede, é dicir, eu se quere lle paso recortes de prensa coa fotografía onde no ano 88 se producía esa situación, aquí a teño, eu non a invento, no ano 88, o digo, “o Sr. Caballero anunciou en Vigo que en 1993 Galicia contará con trenes INTERCITI”, no ano 88, dicía que chegaría no 93, estamos no 2006 e esta persoa é a que agora intenta confundir á opinión pública porque é el o único que se meteu neste sarao, nós non o metemos, é dicir, non o meteu nin a cidade de Pontevedra, nin a cidade de Vigo, nin os veciños da zona sur da provincia de Pontevedra. Se esta persoa non fixera esta posta en escena evidentemente nós nos calaríamos, diríamos bueno, pois haberá que seguir loitando entre todos, pero bueno, se un intenta dicir que aquí el bueno soy yo y los demás todos son unos ineptos, porque a vostede dentro do seu propio partido non os deixan moi ben tampouco. A Conselleira de Política Territorial non creo que quede moi ben ir a Madrid ela falar coa Ministra e despois que teña que ir un candidato a reafirmarse cun Secretario de Estado. Home, eu que quere que lle diga, eu escoitei declaracións do seu compañeiro Antón Louro dicindo que non, non, que estaba confirmado, que estaba ratificado e que o que dixeran dende algunha cidade non lle preocupaba. Home, xa me contará vostede, esto é esperpéntico, é dicir, é unha posta en escena, unha posta en escena ridícula, eu creo que chega a ser ata ridícula, porque, non sei, eu creo que ataca á intelixencia de cada un de nós, porque xa me contará vostede, aquí vén unha Vicepresidenta do goberno, di o que di, nos engana a todos diante dun club, diante de máis de douscentos empresarios, despois chega este señor e di que non presenta a súa candidatura se non lle ratifican o AVE por Cerdedo, vai a Conselleira de Política Territorial a Madrid coa Ministra, a Ministra non comparece e ela di que “me dice la Ministra que no se que”, e despois vai el e se senta co Secretario de Estado e está resolto o problema. E agora chega o Presidente da Xunta de Galicia no día de onte, creo que no día de onte ou hai dous días, o domingo, e fai unhas declaracións dicindo que “el día 6 se reunirá con el Presidente del Gobierno e que lle ratificará todo”. Home, ¿que quere que lle diga?, é que vostedes mesmos se meten no sarao, eu entendo que vostede non ten culpa desto, tamén o entendo e o xustifico e estou totalmente convencido, ademais que coincide comigo que vostede non o faría, estou convencido, mire, pola forma de ser que ten vostede estou convencido que esta posta en escena non a faría porque é ridícula. Pero home, eu creo que nós temos que denunciala tamén politicamente, e non pasa absolutamente nada por denuncialo, pero non podemos aparecer ante os cidadáns, nin na cidade de Pontevedra nin na cidade de Vigo, nin en Redondela, nin en Vilaboa, nin en Cerdedo, nin por todos os concellos que pasa o tramo do AVE, que parece que a nosa intelixencia é moi cortiña, é dicir que vén o listo, aquí vén o listo que resolve todos os problemas en 24 horas. E bueno, e nós evidentemente temos que denunciar esto, vamos a votar a favor de buscar unha redacción de consenso, Sr. Mosquera non temos ningún problema, eu creo que o importante é demandar ó goberno do Estado que confirme os prazos e a consignación presupostaría, e que se ratifique dunha maneira definitiva a entrada do AVE por Cerdedo, e bueno, eu creo que eso é o que procede nestes momentos. Nós para informarlle dicirlle que na cidade de Vigo montamos unha comisión de seguimento de todos os grupos políticos cos axentes económicos e veciñais e sindicais, hoxe precisamente á unha da tarde vamos a ter a primeira reunión, nos vamos a reunir semanalmente, porque o Consello Económico e Social da cidade de Vigo nos deu un prazo para que nun mes teñamos un documento de seguimento do que está pasando. Vamos a seguir todos os colectivos sociais e económicos e políticos da cidade de Vigo en permanente alerta polo que poida suceder nos próximos meses. E, bueno, esa é a situación que eu tamén lle teño que informar aínda que loxicamente este non é un debate única e exclusivamente da cidade de Vigo senón que é un debate de toda a provincia. Sr. Presidente.- Moitas gracias Sr. Figueroa por esa claridade de ideas. Sr. D. Emilio González. Sr. González Iglesias.- Si, mire, Sr. Figueroa, ocorre, ocorre que este tema afecta tanto a Vigo como a Pontevedra. E ocorre que vostede se trae a lección aprendida do Pleno de Vigo e trata de volver a escenificala aquí, eso é o que ocorre, confundiu o debate. Aquí é máis amplo que o de Vigo, o de Vigo loxicamente están preocupados vostedes e eu no seu sitio tamén estaría preocupado polas eleccións municipais, pero aquí non toca, aquí toca o expresarlle ós cidadáns se estamos todos de acordo en esixir a entrada do AVE por Cerdedo e canto antes, é o que toca aquí, volvo a repetir, non toca o tema de Vigo, pero bueno, se quere entramos algo no tema de Vigo, se quere entramos algo, e eu quixera preguntarlle ó Sr. Figueroa, cando o Sr. Cascos e o Sr. Fraga asumen a entrada do AVE por Santiago, ¿onde estaban vostedes e que dicían vostedes?. Caladiños e nada máis. Claro esa é a diferencia, esa é a diferencia, é dicir, nós entendemos que hai un problema aquí e arrimamos o hombro, e o dicimos claramente, vostedes naquel momento se calaban, esa é a diferencia. Pero eu volvo á situación de antes e á intervención de antes. Miren, aquí tratamos de, que de cara a fóra todo o mundo sepa que estamos todos de acordo nunha preocupación, e polo tanto volvo a repetir o de antes, vamos a votar a favor, das dúas, ou se refunden nunha mellor, pero, vamos a votar a favor e non vamos a seguir entrando en debate Sr. Figueroa, para nada ademais, díxenllo antes e a verdade é que me quentou un pouco agora, pero, non o vou a facer, entre outras cousas lle volvo a repetir, este non é o Pleno de Vigo, e non se trata só do tema de Vigo. Nada máis. Sr. Presidente.- Sr. D. Emilio González parece que quedaron escaldados do Pleno de Vigo porque parece que non quere debater. Eu creo que era bo debater, é sano, é unha cuestión moi importante, pero bueno, eu súmome neste caso a ... Sr. Figueroa, ¿quere vostede?. Sr. Figueroa Vila.- Só aclarar unha cuestión porque parece que senón, mire, Sr. González, eu estou falando da entrada do AVE por Cerdedo, e estou falando de Vigo, de Pontevedra, de Cerdedo, de Vilaboa, de todos os municipios que lle toque e se poidan ver afectados polo tanto todos os da provincia de Pontevedra. Eu entendo que vostede, home, pois queira rehuir este debate porque a situación é bastante incómoda. Mire, no ano 2003, cando gobernaba o Partido Popular en Madrid e en Vigo gobernaba un bigoberno Bloque-Partido Socialista, o que lles fala, e hai un testigo e ademais están as actas, tivemos varias reunións de consellos sociais e varias reunións de Plenos reivindicando a entrada do AVE por Cerdedo. E o que lles fala e todo o grupo en Vigo se pronunciou claramente na entrada do AVE por Cerdedo, e a raíz desto e a raíz desta situación no ano 2003, no ano 2003 se produce un cambio, se produce un cambio na entrada do AVE polo Miño pola reivindicación e a forza que fixo toda a provincia de Pontevedra incluída Vigo e incluído o Partido Popular na provincia de Pontevedra e en Vigo e houbo un cambio da entrada do AVE polo Miño ó AVE por Cerdedo que é cando se empezan esas consultas previas que di o Sr. Mosquera e é cando se toma a decisión de trasladar ó Consello de Ministros e ó Goberno esa petición e así se conforma nesas consultas previas. Pero o problema é que vostedes dende que gobernan, no 2004, no 2004, na entrada do AVE por Cerdedo é que non fixeron absolutamente nada, e eso é normal que lle teña que molestar. Aquí veu unha Ministra, claro é que vostedes non queren escoitar pero é que estes debates non hai porque obvialos á cidadanía, porque temos que obviar á cidadanía se nós non temos ningún reparo nin ningún problema en falar do que teñamos que falar. Aquí veu unha Ministra que dixo “Galicia Plan DM”, e esa Ministra non se pronunciou nunca da entrada do AVE por Cerdedo, que é a que manda realmente, incluso me atrevería a dicir ata máis que o Presidente do Goberno, mire o que lle digo. É unha Ministra que manda, e esa Ministra cando vai unha Conselleira de Política Territorial a visitala non fai nin unha rolda de prensa con ela para reafirmar ese posicionamento. Ten que ser a Conselleira a que di “es que me dijo la Ministra”, home, entenda que para os cidadáns é ridículo, se a Ministra ten tan claro que o AVE por Cerdedo vai a cumprir os prazos e vai a ter a consignación orzamentaria e vai a ter a vontade política do goberno, o lóxico é que faga as roldas de prensa con ela, e que o diga, diga claramente “vino la Conselleira a pedirme esto y aquí está, en quince días, en veinte días, en tres meses, en cuatro meses, vamos a resolver este tema”; e vai un candidato e vai a falar co Secretario de Estado e o Secretario de Estado lle di “que si, que los plazos se cumplirán”. É que é ridículo, todo esto é ridículo, esto é peor que non facer nada, mire o que lle digo, porque se vostedes se calan e non din absolutamente nada, bueno, pois a confusión a xeraron vostedes e non nós, nós, lle digo sinceiramente, dende o Partido Popular estabamos totalmente tranquilos que o AVE por Cerdedo se ía levar a cabo, non sabíamos cando, pero que se tiña que levar a cabo. Pero claro, o Presidente da Xunta de Galicia é o que di que a entrada do AVE por Cerdedo, a entrada sur non é prioritaria, eso é o que desata a alarma da cidadanía, e despois vostedes poñen unha posta en escena, que non terminará aquí claro, esto aínda non terminou, o culebrón non terminou, a ver se pensan que chupamos o dedo, non terminou aínda, haberá algunha posta en escena máis, algunha escena de sofá haberá máis aínda. Sr. Presidente.- O día 6. Sr. Figueroa Vila.- Bueno, o día 6 e despois continuaremos, virán aquí, non sei, ata o 27 de maio nos marearán e a partir do 28 de maio teremos o problema enriba da mesa outra vez, porque o estudo informativo está sen licitar. E senón que o demostren, que digan onde está licitado, se o fixeron, volvo a repetir, unha triquiñuela administrativa que a digan tamén, a ver se hai un Decreto de cambiar a partida da entrada polo Miño para o AVE por Cerdedo. Pero que o digan, que nolo digan, é dicir, eso é o que queremos única e exclusivamente, que nos digan, onde está ese estudo, a licitación do estudo informativo do AVE por Cerdedo. En ningún lado. Como alguén puido dicir que ese estudo vai a estar no verán se está sen licitar a día de hoxe, se está sen pasar os trámites de exposición ó público tanto para as administracións como para alegacións dos veciños, un prazo normal, aínda que mire, aínda que o estudo informativo a día de hoxe estea rematado, só con prazos de exposición ó público nos metemos en oito ou nove meses que non o quita nadie, absolutamente nadie, e eso é o único que lle queremos dicir Sr. González, con absoluta tranquilidade, é dicir, nós non temos ningún medo a que vostede entre no debate, se quere entrar entra e se non quere entrar non entra. Dende logo a nós si que nos preocupa esta infraestrutura, e como nos preocupa, e supoño que a vostede tamén, e non dubido de que lle preocupe, o que pasa é que claro o papelón que ten vostede é complicado, porque se vostede viñera a este Pleno sen todas estas escenas, sen todas estas postas en escena dalgún dos representantes do seu partido, pois ó mellor tería outra defensa. Pero claro, vostede sabe igual que nós que é ridículo o que están facendo, é un sarao, un sarao de posta en escena de cara á opinión pública e o único que están facendo é confundindo á opinión pública. ¿Sabe o que está sucedendo con esto?. Que vén ben porque así se está unindo todo o mundo porque din, home, a intelixencia de cada un de nós, cada un ten a que ten, uns máis curtos outros máis tal, pero home, pero hai un mínimo de intelixencia que eu creo que o damos case todos, e ata aí chegamos. Sr. Presidente.- No fondo eu creo que lle está dando a razón o Sr. González pero non pode exteriorizalo. Non o dirá. Espere un pouco Sr. González que ten a palabra o Sr. Mosquera. Sr. Mosquera Lorenzo.- Si, Sr. Presidente, eu fago unha proposta, non se me tome a broma, é dicir, home, os debates electorais en Vigo supoño que non serán entre os dous portavoces e polo tanto seguilos aquí, digo do Partido Socialista e máis, dá, e moito menos eu, e polo tanto pois bueno fagan os debates electorais en Vigo con toda a profundidade que queiran, pero non me quería referir a eso, queríame referir ó entusiasmo que mostra o Sr. Presidente cando di “gracias Sr. Figueroa por esa claridade”, é inoportuno e demais. Eu propoño que en vez de eso traia uns aplausos gravados e cando acabe de falar o seu portavoz poñan os aplausos, digo, porque os números non dan, para aludir, doce ou tal queda frío, e entón traian os aplausos gravados e o Presidente teña unha actitude máis institucional, e cando alguén fale pois acaba e dá palabra ó Presidente e fai de arbitro e moderador que é a función do Presidente, e non, e tal. Digo, hai moita variedade á parte, hai algúns incluso moi graciosos, moi tal e escollen e entón poñen varias teclas e estes son entusiastas gravados, estes son con risas e tal, e entón dálle cando acabe o portavoz seu e vostede queda moito mellor e ... Sr. Presidente.- Sr. Mosquera, xa lle vou dar unha explicación agora con datos, aproveito para darlle unha explicación con datos. Deso están tomando, da medicina que vostede sabe moi ben, resulta que vostedes en Pontevedra celebraron o Pleno no salón de Plenos do Concello e despois como había que facer un circo pois hai que desvíalo hacia o Teatro Principal. Pero agora resulta, casualidades da vida, que o circo se lle volveu en contra, porque cada día teñen máis cristos no salón ese do Teatro Principal. Pensaron que eso era abrir precisamente a que todo o mundo fose alí a aplaudirlle e resulta que lle van alí a armarlle un cristo. Ou sexa, que neso son vostedes uns verdadeiros expertos, son expertos nesa materia, claro, o que pasa é que despois encontrámonos que, como o mundo é unha bola, ó final nos encontramos con esa casualidade que eu dicía antes, ¡oh casualidade!, que vostedes cambiaran o Pleno, porque claro non había cabida para o público, agora lévano alí e resulta que todos os días teñen cristos a menudo. Pero bueno, esas son as realidades da política, as realidades da vida e claro, como queren ser máis papistas que o Papa, despois a primeira na fronte. Pero bueno, cada loco a su tema. Sr. D. Emilio González. Sr. González Iglesias.- Si, Sr. Figueroa, home, gracias, gracias, por dicirnos a todos que vostede tardou máis de dous anos, vostede e mailo Partido Popular, máis de dous anos en estar en esa posición. Recórdolle, claro, cando me fala do 2003, recórdolle, e vaia ás hemerotecas e vaia ós boletíns, cando se tomou a decisión para que entrase por Santiago entre o Sr. Fraga e o Sr. Álvarez Cascos. Vaia a miralo. Mire, ás veces, ás veces, case nos viña mellor a todos, a todos nestes temas, o ser máis sensatos e non volver á reeditar como lle dicía antes o Pleno de Vigo aquí. E por suposto, xa que me fala de credibilidades e demais historias, home mire, eu teño claro, eu teño claro que a reunión do 6 de febreiro eu si lle vou a crer, porque resulta que se van a xuntar entre outras cousas, dúas persoas que fixeron posible, entre outras cousas volvo a repetir, nesta provincia, a desaparición da peaxe de Rande, que vostedes moitas veces, pero moitisimas, e incluso o que hoxe é Presidente do Partido Popular en España, nunhas eleccións levou como bandeira electoral e ós catro anos foi incapaz de facer, esa é a diferencia. Polo tanto claro que eu lle teño que crer a esa reunión do 6 de febreiro. Vostedes entendo que non porque están na situación e na posición que están, e volvo a repetir a grande preocupación que teñen vostedes, e eu é certo, se estivera no seu sitio tería tamén esa preocupación, son as eleccións municipais en Vigo, pero repito, non traslade o tema aquí, non traslade o tema aquí, é un tema moi importante para o Partido Popular, eu enténdoo, pero o Partido Popular en Vigo, claro. Nada máis. Mire, volvo a repetir, se refunden as mocións de acordo, e senón vamos a votar a favor das dúas, tendo a súa particularidade que ten, que a mesma moción están dicindo que meteron a pata naquel momento, pero bueno, nada máis. Sr. Presidente.- Sr. González, a verdade é que non, élle difícil, a verdade é que lle tocaron dous papeis hoxe complicadisimos de defender, pero bueno, aquí neste tema só se meteron vostedes como dicía o Sr. Figueroa, eu creo que o Partido Socialista, o Sr. Touriño, e quizá o exministro máis corto eu creo que da historia, por tempo de duración na súa carteira, que era este señor ou segue sendo este señor Abel Caballero, non, pero a verdade é que é un tema preocupante porque o resume de todo esto é que a verdade é que nin o propio Partido Socialista é capaz de garantir o AVE por Cerdedo a Vigo, porque non foi capaz a Ministra de Fomento e entón non hai ningún compromiso en firme, eu dixen publicamente que eu creo que xa está ben de especular con trazados, con fechas e con cifras económicas, xa está ben, como dicía o Sr. Figueroa, porque a mente dos cidadáns, home, eu creo que todo ten un límite, non, e enganar unha vez está ben, enganar dúas, pero enganar tres eu creo que xa é moito. E entón teño que dicir ademais que había un, hai un compañeiro seu, un Deputado socialista, que dicía que o AVE en Galicia que ía coller velocidade crucero, eu non sei se el pensou, confundiu o crucero dun barco cun AVE ou algo así, porque a verdade é que sempre tivo, a verdade é que a palabra del era unha palabra importante porque nunca se cumpría nada do que dicía e máis dicía xustamente o contrario do que ía a suceder. Por eso, que ó final dicía o Sr. D. Emilio González que chegaron dúas persoas que neste caso lograron suprimir a peaxe de Rande, cuestión que o Partido Popular xa iniciara para todos aqueles que xa tiñan precisamente a bonificación dese tramo de autopista que ó mesmo tempo hai que dicir que vostedes gobernaron dezaseis anos, non sei se se acorda Sr. González, dezaseis, dezaseis máis dous evidentemente que levan agora ou case tres, da etapa de Felipe González, ¿se acorda, verdade?, bueno, pois nós gobernamos en Madrid só oito, non vaia a pensar, a ver se nos olvidamos da primeira etapa súa, por eso que convén recordarllo, pero vostedes a verdade é que son verdadeiros artistas en desviar a atención hacia outros temas. O problema que nos preocupa é que o Sr. Figueroa lle dixo con claridade e con rotundidade que o tema deste medio de transporte é fundamental para Galicia, é clave para Galicia, e vamos a ser a última Comunidade Autónoma unha vez máis precisamente en ter este medio de transporte vital para Galicia. Por eso entendemos que ten que haber un acordo, que é o que eu dixen, entre todas as forzas políticas para reclamar dunha vez por todas, e para deixarnos de especular, como dixen antes, con trazados, con datas e con cifras económicas para poñer en marcha algo que entendemos prioritario para a provincia de Pontevedra, para Vigo e para Pontevedra e en definitiva para Galicia. Por eso que eu creo que, Sr. Figueroa, debemos propoñer unha moción conxunta de todos os grupos e bueno, pois está a do Bloque Nacionalista Galego, está a do Partido Popular á que se pode sumar e que dixo o portavoz do Partido Socialista que se pode sumar neste caso tamén o propio Partido Socialista. Por eso que se quere lemos o resume das mocións para poñer o texto do acordo precisamente e trasladarllo á propia sociedade e ó mesmo tempo ós responsables tamén do Ministerio. Sr. Figueroa. Sr. Figueroa Vila.- Non, a nós nos vale unha redacción, non sei, que o representante do Bloque, intentar refundir as dúas, é dicir, sen ánimo de, non sei se hai algo que poida molestar ó Partido Socialista tampouco hai ningún problema en retiralo, é dicir, sería “instar ó Goberno Galego e ó Ministerio de Fomento que a conexión do AVE coa Meseta de Vigo e Pontevedra acordada por todos os sectores sociais da provincia vaia en paralelo coa conexión SantiagoOurense”, se esa consideran que tal, bueno, pois non hai ningún problema, quitar a última parte, en paralelo coa conexión Santiago-Ourense, e despois, bueno, pois, vostedes tamén teñen aquí “demandar a fixación como prioritaria da liña de AVE por Cerdedo, marcar os prazos, e remitir este acordo tanto á Xunta como ó Goberno Central e ós grupos parlamentarios do Congreso e Senado”. A nós a cuarta de vostedes nos valería, eu creo que a terceira de vostedes está máis completa que a primeira nosa retirando a última parte. Sr. Presidente.- ¿Estamos de acordo?. Sr. Figueroa Vila.- Sr. Mosquera, facemos unha redacción, é dicir, se queren paramos cinco minutos e senón a facemos, que nós non temos ningún problema en facer un refundido das dúas. Sr. Secretario, se vostede colle un refundido das dúas sacando a última parte, que parece que ó Bloque Nacionalista non lle convence, que é que vaia en paralelo coa conexión de Santiago-Ourense, facemos un refundido dos catro apartados e nos vale a moción a nós, o texto, ¿eh, Sr. Mosquera, deixamos ó Sr. Secretario que faga un refundido, retirando que vaia en paralelo coa conexión Santiago-Ourense?. ¿Vale eso?. Pois Sr. Secretario, faga vostede unha redacción e nada máis. Sr. Secretario.- Bueno, pero prefiero sino le importa leerla aquí, vamos a ver, el primer punto sería el de la moción del Partido Popular, pero lo de vaia en paralelo con la conexión Santiago-Ourense se elimina. Bueno, esto se elimina. El segundo punto sería el segundo punto también de la moción del Partido Popular, ¿no?. Sr. Presidente.- Sr. Mosquera. Sr. Mosquera Lorenzo.- Con eso queda inintelixible o texto. O problema é que hai que sentarse e escribilo, é dicir, así, mellor facemos un pequeno aparte, é que queda inintelixible, senón instar ó goberno galego a que defenda ante o Ministerio que a conexión do AVE coa Meseta por Cerdedo acordada ¿que?, claro, é que, dala como prioritaria como está na nosa, porque a cuestión é tal, é dicir, unha redacción non se fai así, porque eso pode saír unha chapuza que se poden rir do texto, o fondo está claro, pero se poden rir do texto. Sr. Presidente.- Pois me parece un tema sumamente importante como para que salga un acordo perfectamente claro e que dalgunha maneira. Sr. Mosquera Lorenzo.- Pois levantamos dous minutos e punto. Sr. Presidente.- De acordo. Un receso de cinco minutos. Vistas as dúas mocións presentadas a este Pleno nos puntos da orde do día números 7.5505 e 8.5506, polo Grupo Provincial do BNG sobre obras do Eixo Atlántico ferroviario, e polo Grupo Provincial do PP sobre a conexión da provincia coa Meseta por alta velocidade ferroviaria, respectivamente, polo Sr. Presidente proponse e unanimemente acéptase, facer un receso no Pleno de cinco minutos para poder consensuar unha moción conxunta. Unha vez acordada a redacción conxunta, reanúdase o Pleno. Sr. Presidente.- ... representados na Corporación Provincial que sería: Primeiro: reclamar a aceleración das obras de construcción de eixo atlántico ferroviario. Segundo: instar ó Ministerio de Fomento a que acelere as obras da rede ferroviaria denominada eixo atlántico para conectar Galicia con Portugal a través do tramo Vigo-Oporto. Terceiro: demandar a fixación como prioritaria con prazos e financiamento do AVE Ourense-Carballiño-Cerdedo-PontevedraVigo. E cuarto: remitir este acordo ó Ministerio de Fomento, Xunta de Galicia e ós grupos parlamentarios do Congreso, Senado e Parlamento Galego para que procedan á súa ratificación. ¿Votos en contra?. ¿Abstencións?. ¿A favor?. O Pleno acorda por unanimidade aprobar a seguinte moción elaborada por todos os grupos en relación coas obras de construción do Eixo atlántico ferroviario: MOCIÓN EN RELACIÓN COAS OBRAS DO EIXO ATLÁNTICO FERROVIARIO 1.- Reclamar a aceleración das obras de construción do Eixo atlántico ferroviario. 2.- Instar ó Ministerio de Fomento a que acelere as obras da rede ferroviaria do denominado Eixo Atlántico para conectar Galicia con Portugal, a través do tramo Vigo-Oporto. 3.- Demandar a fixación como prioritaria, con prazos e financiamento, do AVE Ourense-Carballiño-Cerdedo-Pontevedra-Vigo. 4.- Remitir este acordo ó Ministerio de Fomento, Xunta de Galicia e ós Grupos Parlamentarios do Congreso, Senado e Parlamento Galego, para que procedan á súa ratificación. 9.5507.- MOCIÓN DO GRUPO PROVINCIAL DO PARTIDO ESTRADA PORRÁNS-MORAÑA POPULAR SOBRE A PARALIZACIÓN DAS OBRAS NA Sr. Presidente.- Punto número 9 da orde do día. Moción do grupo provincial do Partido Popular sobre a paralización das obras na estrada PorránsMoraña. Ten a palabra o Sr. D. José Antonio Landín. Sr. Landín Eirín.- Si, gracias Sr. Presidente. A verdade é que despois do punto anterior, da magnitude e da claridade de ideas e do debate político que houbo, a min encoméndanme un tema que, bueno, pois a ver como saio del. Pero o que si é certo, o que si é certo é se as cifras macroeconómicas digamos, e aquelas cousas grandes poden ser importantes para os veciños, podo garantizarlle a vostede en primeiro lugar e a todos os Deputados, que o estado que soporta actualmente a carretera de Moraña, Porráns-Moraña-Cuntis, e a importancia que este eixo de comunicación ten cada día máis para moitos veciños lle dicía, é moi importante, pasan todos os días por el, unha, dúas, tres e catro veces ó día, e o que non se deixa un cacho do coche, pois perde tempo aí e seguridade vial. A carretera Porráns-Moraña-Cuntis, foi unha obra longamente demandada, tanto polo concello de Barro, concello de Moraña e concello de Cuntis, amén do da Estrada e outros concellos que se sumaron, porque é non só unha carretera local senón unha carretera que sae como alternativa para evitar o que é a entrada en Caldas na carretera nacional 550, senón unha saída tamén para Santiago como alternativa á autopista e á nacional 550. Esta estrada digo, despois de anos de ser demandada, no ano 2004 foi licitada e foi adxudicada, foi presupostada con cargo ó 2005 e ó 2006, estamos no 2007 e fai unha semana e pico aí non é que se parasen as obras, que ían lentas, senón que a maquinaria desapareceu de todo o trazado da estrada e eso a día de hoxe está intransitable e esto é o que motiva que se traia esta moción aquí ó Pleno desta Deputación. Eu quixera recadar de todos os grupos políticos, ó igual que no punto anterior considerando que esto é a outra altura, é máis baixa, menos presuposto, pero é unha obra de todos os días, tamén ese consenso final de reclamar en conxunto que esta obra se retome o antes posible e se remate o antes posible. Entrar, e podemos entrar, en discusións de quen a licitou, que cartos había, ou que fixeron, ou que está aí, bueno, cada un terá as súas razóns, o que si é certo é que os veciños de Cuntis, os veciños de Moraña, parte dos veciños de Barro e os veciños de tránsito á Santiago que aínda se atreven a pasar por aí, cada día o teñen máis difícil, máis comprometido para a súa seguridade, para a súa integridade e dende logo para os seus vehículos. Eu deixaríao aquí, non sei se logo vemos a petición da disposición final e do que se propón, non sei se os outros grupos alguén quere intervir e quere dicir algo, e se entramos en detalles, entramos en detalles de cando se licitou esta obra, como tiña o financiamento, onde van os fondos FEDER, eu penso que eso á cidadanía é o que menos lle importa, pode servir que igual que no caso anterior para votarnos uns as culpas ós outros, o que si é certo que os veciños de Moraña, os veciños de Cuntis, parte dos veciños de Barro, e os veciños que se atreven a ir por aí para a Estrada ou mesmo para Lalín ou para Santiago, esquivando o nudo de Caldas cada día máis difícil de pasar, dende logo teñen cada día máis complicado e máis difícil. Nesta primeira parte pois. Sr. Presidente.- Moitas gracias Sr. D. José Antonio Landín. Sr. D. Juan Manuel Rey. Sr. Rey Rey.- Bos días. Nos termos nos que está proposto e coa moderación de linguaxe na que se manifestou non temos ningún inconveniente en apoiala na súa totalidade tal e como está, parece lóxico que se poida demandar información da Consellería e que debería haber sido tal vez técnico, pero o que lle poñemos o primeiro paso, que era mandar a información da empresa, non parecía procedente, pero vamos, tampouco non vamos facer deso ningún tema maior, estamos de acordo nestes termos e bueno, garantizamos o voto a favor. Sr. Presidente.- Moi ben. Sr. D. Cesáreo Mosquera. Moitas gracias Sr. D. Juan Manuel Rey. Sr. Mosquera Lorenzo.- Vamos votar a favor, vamos votar a favor. Sr. Presidente.- Pois moitas gracias tamén neste caso ó Bloque Nacionalista Galego para que se retomen. Sr. D. José Antonio Landín. Sr. Landín Eirín.- Si, bueno, eu pois, para min volvo a reiterar, agradecer o voto a favor, e o que é importante é que estas obras se retomen o antes posible e se saquen para adiante o antes posible, porque a realidade é que eso non é unha estrada, eso é un camiño de carros, é unha desgracia, e bueno, está como está. Sr. Presidente pola miña parte se o espírito é este de todos apoiar o tema pois eu non. Sr. Presidente.- Moitas gracias. Como digo, o importante xa o dixo neste caso a persoa que propoñía esta moción, de que é un tema fundamental para os veciños que viven en toda esa zona e os que pasan por alí e por eso pedimos esa celeridade no remate desas obras importantes para esas poboacións tanto de Barro coma de Moraña sobre todo. Procedemos polo tanto á súa votación. ¿Votos en contra?. ¿Abstencións?. ¿A favor?. Dada conta da moción presentada polo grupo provincial do Partido Popular sobre a paralización das obras na estrada Porráns-Moraña, e visto o ditame da Comisión Informativa de Vías e Obras, o Pleno acorda por unanimidade aprobar a mesma que é do seguinte teor: “EXPOSICIÓN DE MOTIVOS 1.- As obras da estrada Porráns-Moraña, que está a acometer a Xunta de Galicia, atópanse paralizadas. A empresa adxudicataria dos traballos retirou a maquinaria alegando a falta de pagos polo seu traballo, ata tal punto que, segundo fontes da propia empresa, esta tivo que adiantar o financiamento preciso para levar a cabo as expropiacións dos terreos. 2.- O estado no que a día de hoxe se atopa a devandita estrada é lamentable e preocupante. A calzada sofre un grande deterioro, hai unha escasa e moi deficiente sinalización e os perigos para a circulación son constantes e evidentes a causa das bolsas de auga existentes, os baches, o mal estado do firme e outros. 3.- A mencionada estrada foi adxudicada polo anterior Goberno da Xunta de Galicia en seis millóns de euros. Os traballos levan un retraso dun ano debido a que, tras ser licitados, non se comezaron co pretexto de elaborar un novo estudo informativo que nunca saíu á luz nin a exposición pública. 4.- A estrada Porráns-Moraña é unha vía circulatoria que supón unha alternativa ós frecuentes atascos de Caldas para veciños de Cuntis, a Estrada ou a comarca do Deza, é unha arteria de vital importancia para a comarca do Umia e, particularmente, para Moraña, localidade que vén desenvolvendo un forte impulso industrial. Polas anteditas razóns, o Grupo Provincial do Partido Popular (PP) na Deputación de Pontevedra somete á consideración do Pleno esta moción para que se adopten os seguintes acordos: 1.- Demandar da Xunta de Galicia, e particularmente da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Transportes, unha explicación seria e coherente da paralización das obras e a retirada da maquinaria na estrada Porráns-Moraña. 2.- Esixir á citada Consellería a inmediata reanudación dos traballos iniciados en todo o tramo, e esixir, así mesmo, unha sinalización axeitada da estrada e das obras que se acometan. 3.- Remitir este acordo ó Presidente da Xunta de Galicia, D. Emilio Pérez Touriño, e á Conselleira de Política Territorial, Dona María Xosé Caride.” 10.5508.- COMUNICACIÓNS Sr. Presidente.- Punto número 10. Comunicacións. Ten a palabra o Sr. Secretario. Sr. Secretario.- Si, dar cuenta de los extractos de Resoluciones Presidenciales entre el 22 de diciembre y el 24 de enero; y otra Resolución Presidencial acordando la celebración y substitución del Pleno ordinario de enero por este Pleno de hoy extraordinario. Sr. Presidente.- Pois non habendo máis asuntos que tratar levántase a sesión. Moitas gracias e moi bos días. Queda enterado o Pleno das seguintes: A) De extractos de Resolucións Presidenciais ditadas pola Presidencia entre os días 22 de decembro de 2006 e 24 de xaneiro de 2007 e que foron trasladados ós Voceiros dos distintos grupos políticos. B) De Resolución Presidencial pola que se resolve celebrar, en substitución do pleno ordinario de xaneiro, pleno extraordinario o 30 de xaneiro. E non habendo máis asuntos que tratar, polo Sr. Presidente, sendo as trece horas do expresado día, dáse por rematada a sesión e dela esténdese a presente Acta, que asinará o Ilmo. Sr. Presidente comigo, o Secretario, que dou fe.
Área de documentación
Existencia e localización de copias Enlace para escoitar o audio da sesión do Pleno
Ãrea de notas
Nota