ATOPO
Rexistros actuais: 1.625.156
Obxectos dixitais dispoñibles: 504.759

Acta de sesión 2007/04/25_Ordinaria

Área de identificación

  • Código(s) de referencia ES.GA.36038.ADPO.1.1.3.3.33.366/3.2007-04-25_Ordinaria

  • Título Acta de sesión 2007/04/25_Ordinaria

  • Data(s) 2007-04-25 (Creación)

  • Volume e soporte 1 acta de sesión

Área de contexto

Área de contido e estrutura

  • Alcance e contido A C T A Da sesión ordinaria en primeira convocatoria, celebrada polo Pleno desta Excma. Deputación o día, 25 de abril de 2007 No Salón de sesións da Excma. Deputación Provincial de Pontevedra, sendo as once horas e catorce minutos do día vinte e cinco de abril do ano dous mil sete, baixo a Presidencia do Ilmo. Sr. Presidente D. Rafael Louzán Abal, reuníronse as/os Señoras/es Deputadas/os, D. Xosé Antón Araujo Quintas, Dona Nidia María Arévalo Gómez, D. Ramón Campos Durán, Dona Francisca Canal Gómez, D. Raúl Emilio Castro Rodríguez, D. Xosé Crespo Iglesias, D. José Juan Durán Hermida, D. Antonio Feliciano Fernández Rocha, D. José Manuel Figueroa Vila, D. Julio César García-Luengo Pérez, D. Emilio González Iglesias, D. Efrén Juanes Rodríguez, D. José Antonio Landín Eirín, Dona Clara Millán González, D. Xosé Cesáreo Mosquera Lorenzo, D. Constante Juan Muradas Ramos, D. Manuel Núñez Sestelo, D. Xosé Carlos Pazos Docampo, Dona María Teresa Pedrosa Silva, D. Juan Manuel Rey Rey, D. Rodrigo Santiago Novas, Dona Belén Sío Lourido, D. José Enrique Sotelo Villar e D. Xabier Toba Girón, co obxecto de celebrar sesión ordinaria do Pleno da Deputación, en primeira convocatoria, consonte á correspondente orde do día. Da fé do acto o Secretario, D. Carlos Cuadrado Romay, e está presente o Sr. Interventor, D. Antonio Graña Gómez. Non asisten os Sres. Deputados D. Alfredo Rodríguez Millares nin D. Jesús Vázquez Almuíña. Declarada aberta a sesión e de orde da Presidencia éntrase seguidamente no exame da orde do día, adoptándose en relación coa mesma os seguintes acordos: Sr. Presidente.- Comezamos o Pleno ordinario desta Corporación Provincial. 1. 5532.- ACTA ANTERIOR Sr. Presidente.- Primeiro punto. Aprobación do borrador da acta da anterior sesión, ordinaria do día 28 de marzo de 2007. Acórdase por unanimidade aprobar o borrador da acta da anterior sesión, ordinaria, do día 28 de marzo de 2007. 2. 5533.- ADHESIÓN DO CONCELLO DE CRECENTE Ó CONVENIO DE COLABORACIÓN EN MATERIA DE XESTIÓN CATASTRAL Sr. Presidente.- Punto número 2. Adhesión do concello de Crecente ó Convenio de colaboración en materia de xestión catastral. ¿Votos en contra?. ¿Abstencións?. ¿A favor?. Visto o acordo do Consello Reitor do Organismo Autónomo Provincial de Xestión de Recursos Locais (ORAL), adoptado na sesión do día 23 de marzo de 2007, polo que se acepta a petición do concello de Crecente, de adhesión ó Convenio de colaboración en materia de xestión catastral subscrito entre a Secretaría de Estado de Facenda (Dirección Xeral do Catastro) e a Deputación Provincial de Pontevedra (ORAL) o 13 de xuño de 2001, solicitada por acordo do Pleno do concello de Crecente adoptado na sesión do día 30 de novembro de 2006, o Pleno, de conformidade co ditame da Comisión Informativa de Economía, Facenda e Turismo, acorda por unanimidade ratificar o referido acordo do Consello Reitor do Organismo Autónomo Provincial de Xestión de Recursos Locais (ORAL), aceptando a adhesión do concello de Crecente ó Convenio de colaboración en materia de xestión catastral. 3.5534.- ADHESIÓN DO CONCELLO DE SALVATERRA DE MIÑO Ó CONVENIO DE COLABORACIÓN EN MATERIA DE XESTIÓN CATASTRAL Sr. Presidente.- Tamén adhesión do concello de Salvaterra de Miño ó Convenio de colaboración en materia de xestión catastral. ¿Votos en contra?. ¿Abstencións?. ¿A favor?. Visto o acordo do Consello Reitor do Organismo Autónomo Provincial de Xestión de Recursos Locais (ORAL), adoptado na sesión do día 23 de marzo de 2007, polo que se acepta a petición do concello de Salvaterra de Miño, de adhesión ó Convenio de colaboración en materia de xestión catastral subscrito entre a Secretaría de Estado de Facenda (Dirección Xeral do Catastro) e a Deputación Provincial de Pontevedra (ORAL) o 13 de xuño de 2001, solicitada por acordo do Pleno do concello de Salvaterra de Miño adoptado na sesión do día 31 de xaneiro de 2007, o Pleno, de conformidade co ditame da Comisión Informativa de Economía, Facenda e Turismo, acorda por unanimidade ratificar o referido acordo do Consello Reitor do Organismo Autónomo Provincial de Xestión de Recursos Locais (ORAL), aceptando a adhesión do concello de Salvaterra de Miño ó Convenio de colaboración en materia de xestión catastral. 4.5535.- DELEGACIÓN DE COMPETENCIAS DO CONCELLO DE VALGA A FAVOR DO ORAL PARA A XESTIÓN, LIQUIDACIÓN, INSPECCIÓN E RECADACIÓN DA TAXA POR SUMIDOIROS E DA RECADACIÓN EXECUTIVA DA TAXA POR DISTRIBUCIÓN DE AUGA Sr. Presidente.- Punto número 4. Delegación de competencias do concello de Valga a favor do ORAL para a xestión, liquidación, inspección e recadación da taxa por sumidoiros e da recadación executiva da taxa por distribución de auga. ¿Votos en contra?. ¿Abstencións?. ¿A favor?. Visto o acordo do Consello Reitor do Organismo Autónomo Provincial de Xestión de Recursos Locais da Excma. Deputación Provincial de Pontevedra (ORAL), de data 23 de marzo de 2007, sobre aceptación da delegación do concello de Valga para realizar as facultades de xestión, liquidación, recadación e inspección da taxa por sumidoiros e a recadación en executiva da taxa por distribución de auga, o Pleno, de conformidade co ditame da Comisión Informativa de Economía, Facenda e Turismo, acorda por unanimidade: Aceptar, de conformidade co previsto no artigo 7.2 do Real decreto lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o Texto refundido da Lei reguladora das facendas locais, a delegación na Deputación Provincial de Pontevedra-ORAL, que en materia de xestión, liquidación, recadación e inspección da taxa por sumidoiros e de recadación en executiva da taxa por distribución de auga, realizou o concello de Valga, por acordo do Pleno de data 29 de xaneiro de 2007, segundo o establecido nos artigos 106.3 da Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das bases de réxime local, e 7 do citado Real decreto lexislativo 2/2004. A citada delegación publicarase no Boletín Oficial da Provincia e no Diario Oficial de Galicia, tal como determina o meritado artigo 7.2 “in fine”. 5.5536.- DELEGACIÓN DE COMPETENCIAS DO CONCELLO DE MEAÑO A FAVOR DO ORAL PARA A XESTIÓN, LIQUIDACIÓN, INSPECCIÓN E RECADACIÓN DO IMPOSTO SOBRE O INCREMENTO DO VALOR DOS TERREOS DE NATUREZA URBANA Sr. Presidente.- Punto número 5. Delegación de competencias do Concello de Meaño a favor do ORAL, para a xestión, liquidación, inspección e recadación do imposto sobre o incremento do valor dos terreos de natureza urbana. ¿Votos en contra?. ¿Abstencións?. ¿A favor?. Visto o acordo do Consello Reitor do Organismo Autónomo Provincial de Xestión de Recursos Locais da Excma. Deputación Provincial de Pontevedra (ORAL), de data 23 de marzo de 2007, sobre aceptación da delegación do concello de Meaño para realizar as facultades de xestión, liquidación, recadación e inspección do imposto sobre o incremento de valor dos terreos de natureza urbana, o Pleno, de conformidade co ditame da Comisión Informativa de Economía, Facenda e Turismo, acorda por unanimidade: Aceptar, de conformidade co previsto no artigo 7.2 do Real decreto lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o Texto refundido da Lei reguladora das facendas locais, a delegación na Deputación Provincial de Pontevedra-ORAL, que en materia de xestión, liquidación, recadación e inspección do imposto sobre o incremento de valor dos terreos de natureza urbana, realizou o concello de Meaño, por acordo do Pleno de data 26 de febreiro de 2007, seguindo o establecido nos artigos 106.3 da Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das bases de réxime local, e 7 do citado Real decreto lexislativo 2/2004. A citada delegación publicarase no Boletín Oficial da Provincia e no Diario Oficial de Galicia, tal como determina o meritado artigo 7.2 “in fine”. 6.5537.- EXPEDIENTE DE SUPLEMENTO DE CRÉDITO NÚMERO 2/2007 DO ORGANISMO AUTÓNOMO PROVINCIAL DE XESTIÓN DE RECURSOS LOCAIS (ORAL) Sr. Presidente.- Punto número 6. Expediente de suplemento de crédito número 2/2007 do organismo autónomo provincial de xestión de recursos locais (ORAL). ¿Votos en contra?. ¿Abstencións?. ¿A favor?. Si, Sr. D. Emilio González. Sr. González Iglesias.- Si, o Grupo Socialista abstense porque non votamos a favor do orzamento e non vamos a votar a favor deste tema. Sr. Presidente.- Moitas gracias. Visto o expediente de suplemento de crédito número 2/2007 do Organismo Autónomo Provincial de Xestión de Recursos Locais (ORAL), por un importe total de 197.292,07 euros, motivado pola necesidade de realizar gastos que non poden demorarse ata o exercicio seguinte, e ó non existir consignación suficiente no estado de gastos do orzamento corrente financiarase con cargo ó remanente de tesourería procedente da liquidación do orzamento do Organismo Autónomo Provincial de Xestión de Recursos Locais (ORAL) correspondente ó exercicio de 2006. O Pleno, de conformidade co ditame da Comisión Informativa de Economía, Facenda e Turismo, acorda por maioría, cos votos a favor do PP e do BNG e coa abstención do PSOE, aprobar o expediente de suplemento de créditos número 2/2007 do Organismo Autónomo Provincial de Xestión de Recursos Locais (ORAL) por importe global de 197.292,07 euros, aplicándolles os gastos a financiar ás partidas e polo importe que a continuación se detalla: PARTIDA DENOMINACIÓN IMPORTE -07/861.611.212.00 Reparación mantemento, edificios e outras construcións ......................................................... 21.100,00 € -07/861.611.226.19 Gastos diversos – outros ......................................................... 11.000,00 € -07/861.611.481.00 Becas, estudos ............................. 3.192,07 € -07/861.611.623.01 Adquisición-maquinaria, instalacións e utillaxe ......................................................... 28.700,00 € -07/861.611.625.01 Adquisición-mobiliario e enseres ......................................................... 31.000,00 € -07/861.611.626.01 Adquisición-equipos para proceso de información ......................................................... 44.000,00 € -07/861.611.626.02 Adquisición-aplicacións informáticas .................................. 58.300,00 € TOTAL......................... 197.292,07 € O financiamento do expediente realízase con cargo ó remanente de tesourería procedente da liquidación do orzamento do Organismo Autónomo Provincial de Xestión de Recursos Locais (ORAL) correspondente ó exercicio de 2006 e contabilizarase a través do concepto de ingresos 2007/861.870.02 “Aplicación para financiamento de suplementos de crédito”. Dito expediente será exposto ó público, para efectos de reclamacións, por un período de quince días hábiles, quedando definitivamente aprobado en caso de non producirse estas. 7.5538.- CESIÓN DE USO DE INMOBLE Á ASOCIACIÓN DE SORDOS “RIO LÉREZ” Sr. Presidente.- Punto número 7. Cesión de uso de inmoble á Asociación de Sordos “Río Lérez”. Bueno, esta é a cesión deste piso que ten en propiedade a Deputación de Pontevedra, que antigamente se utilizaba como instalación anexa a Príncipe Felipe, aínda que non está alí senón que está en San Antoniño, e se lle cede neste caso á Asociación de Sordos Río Lérez. ¿Votos en contra?. ¿Abstencións?. ¿A favor?. Visto o expediente tramitado ó efecto a petición da Asociación de Sordos “Río Lérez” para a cesión dun local no que poida realizar as actividades e servizos propios de dita asociación dirixidos ás persoas sordas da provincia, habida conta das carencias que para tal finalidade presenta o local do que actualmente dispón e a carencia de recursos suficientes para a adquisición doutro. Considerando que a cesión gratuita do uso de bens das entidades locais, require a previa instrución de expediente, de conformidade cos requisitos establecidos no artigo 110.1º, en relación co artigo 92 do RD 1372/1986 de 13 de xuño, polo que se aproba o Regulamento de Bens das Entidades Locais. Considerando que obran no expediente as certificacións e informes requiridos pola normativa que resulta de aplicación. O Pleno, de conformidade co ditame da Comisión Informativa de Economía e Facenda, acorda por unanimidade, que supón a maioría absoluta do número legal de membros, o seguinte: 1º.- Ceder gratuitamente á Asociación de Sordos Río Lérez de Pontevedra, (CIF: G-36207967), o uso da vivenda sita na segunda planta do bloque 1º da rúa Amado Carballo número 2 de Pontevedra, a cal se atopa inscrita no Rexistro da Propiedade de Pontevedra ó tomo 541, libro 202, folio 53, finca 1667. 2º.- O prazo de cesión será de tres anos, a contar dende a data da adopción do acordo do Pleno. Dito prazo poderá ser prorrogado por acordo das partes. 3º.- O inmoble obxecto de cesión, será destinado ás actividades e servizos propios de dita asociación dirixidos ás persoas sordas da provincia, debendo manterse dito uso durante todo o prazo de duración da cesión. No caso contrario o inmoble cedido revertirá á Deputación cedente. 4º.- Finalizado o prazo establecido e de non ser prorrogado, producirase a reversión do obxecto da cesión, ó patrimonio desta Deputación Provincial, con todas as súas pertenzas. 5º.- A cesión outórgase sen prexuízo das licenzas e autorizacións que sexan necesarias no seu caso e, con estrito sometemento ós Estatutos da Comunidade do inmoble. Todos os gastos de comunidade, electricidade, auga, teléfono e demais que se xeren polo uso da vivenda, serán por conta da asociación cesionaria. 6º.- A asociación cesionaria asumirá as responsabilidades laborais e seguros (doutra índole) contra accidentes que se poidan producir na vivenda durante o prazo de cesión. 7º.- O expediente será sometido a información pública por prazo de quince días hábiles, mediante anuncios publicados no Boletín Oficial da Provincia e no taboleiro de editos, a efecto de reclamacións. No caso de que non se produzan reclamacións durante dito prazo, quedará aprobada definitivamente a cesión. 8º.- Dar conta do presente acordo á Consellería de Presidencia da Xunta de Galicia, a efectos do seu coñecemento, xa que o valor do ben é inferior ó 25% dos recursos ordinarios do Orzamento provincial. 8.5539.- RESOLUCIÓN DO RECURSO DE REPOSICIÓN INTERPOSTO FRONTE Ó ACORDO PLENARIO DE 30 DE XANEIRO DE 2007, POLO QUE SE RESOLVERON AS ALEGACIÓNS PRESENTADAS POLO TITULAR DO PREDIO Nº 4 AFECTADO POLO PROXECTO “TERMINACIÓN DO ENSANCHE DA EP 9107 VIRXE DAS MAREAS” (O GROVE). APROBACIÓN DEFINITIVA DO PROXECTO E DA RELACIÓN DE PROPIETARIOS E BENS AFECTADOS E DECLARACIÓN DA NECESARIA OCUPACIÓN DESTES ÚLTIMOS Sr. Presidente.- Punto número 8. Resolución do recurso de reposición interposto fronte ó acordo plenario de 30 de xaneiro de 2007, polo que se resolveron as alegacións presentadas polo titular do predio nº 4 afectado polo proxecto “Terminación do ensanche da EP 9107 Virxe das Mareas” (O Grove). Aprobación definitiva do proxecto e da relación de propietarios e bens afectados e declaración da necesaria ocupación destes últimos. ¿Votos en contra?. ¿Abstencións?. ¿A favor?. O Pleno desta Deputación Provincial, en sesión ordinaria celebrada o 29 de marzo de 2006, adoptou, entre outros, o acordo de aprobación inicial do proxecto denominado “Terminación do ensanche EP 9107 Virxe das Mareas” (O Grove), que está dotado dun orzamento para coñecemento da Administración de 19.368,59 euros, desagregado en orzamento de execución por contrata por importe de 14.007,13 euros e capítulo de expropiacións por importe de 5.361,46 euros, así como a declaración de utilidade pública da obra e a solicitude á Xunta de Galicia da declaración de urxente ocupación dos bens afectados. Someténdose a información pública dito proxecto, durante o período regulamentario, en virtude de edito publicado no Boletín Oficial da Provincia de data 12 de maio de 2006 (BOP nº 91), no taboleiro de anuncios do concello de O Grove, en varios xornais da localidade, notificándose ademais persoalmente a todos os afectados a apertura do citado período de información pública, formuláronse unha serie de alegacións ó proxecto e ó expediente expropiador que conleva. Na sesión celebrada o 28 de xuño de 2006 o Pleno da Excma. Deputación Provincial de Pontevedra adoptou, entre outros, o acordo polo que se resolvían as alegacións presentadas durante o período de información pública, aprobábase definitivamente o citado proxecto e a relación de propietarios e bens afectados, ademais de declarar a necesaria ocupación destes últimos, acordo que se notifica persoalmente ós propietarios afectados. En data 4, 9 e 11 de agosto de 2006, D. Gerardo Devesa Iglesias, D.Manuel Cao Pérez e D.ª María Teresa e D. Miguel Pérez Barral, interpoñen en tempo e forma recursos de reposición fronte ó citado acordo plenario, recursos que son resoltos pola Corporación Provincial na sesión ordinaria celebrada o día 25 de outubro de 2006. Respecto ó predio nº 4 o Pleno adopta o acordo de “Estimar parcialmente o recurso de reposición interposto por D. Gerardo Devesa Iglesias xa que a partir deste momento as actuacións do expediente expropiador entenderanse con Dª. María Isabel Arnoso Lores, como propietaria do predio número 4 afectado polo expediente expropiador de referencia. En consecuencia e de acordo co disposto no artigo 18 da Lei de Expropiación Forzosa acórdase a apertura de información pública durante un prazo de quince días en relación a D.ª María Isabel Arnoso Lores, á que se dará traslado do trámite de audiencia”. Notificada dita resolución ós interesados, D.ª María Isabel Arnoso Lores presenta alegacións á mesma, en data 8 de xaneiro de 2007, que son resoltas polo Pleno na sesión celebrada o día 30 de xaneiro de 2007. Notificado dito acordo á interesada, a mesma plantexa recurso de reposición que é informado polos técnicos do Servizo de Vías e Obras en data 16 de abril de 2007. Á vista dos informes emitidos polo Servizo de Vías e Obras, e co fin de dar continuidade ó expediente expropiador derivado do citado proxecto, o Pleno, de conformidade co ditame da Comisión Informativa de Vías e Obras, acorda por unanimidade o seguinte: Desestimar o recurso de reposición interposto por D.ª María Isabel Arnoso Lores en base ós seguintes fundamentos de dereito: 1. En canto ás alegacións relativas á falta de xustificación da necesidade e intensidade da ocupación cabe sinalar que o proxecto “Terminación do ensanche EP 9107 Virxe das Mareas” (O Grove) axústase á normativa urbanística aplicable; así a parcela nº 4 da súa propiedade está incluída dentro do perímetro de solo de núcleo rural de recente formación e regulada urbanísticamente: Réxime vixente: Ordenanza nº 8 “edificación en núcleo rural de recente formación”. Ordenanza provisional do Decreto 208/2002. Réxime establecido pola Lei 9/2002 e Lei 15/2004 para o solo urbano. Réxime novo planeamento (o 21 de decembro de 2004 o concello de O Grove aprobou inicialmente o Plan Xeral de Ordenación Municipal): Na cartografía que figura na aprobación inicial do Plan Xeral de Ordenación Municipal dita parcela figura como incluída dentro do perímetro de solo urbano e regulada pola ordenanza nº 4 “Edificación unifamiliar”. A indicación do réxime do novo planeamento na resolución das alegacións, non tiña outro sentido que recordarlle que para a concesión de calquera licenza deberá cumprir as condicións da normativa vixente e non ir en contra das determinacións do plan xeral. En consecuencia en virtude das normas subsidiarias de planeamento municipal o réxime vixente de aplicación á parcela de referencia é a ordenanza número 8 que corresponde a núcleo rural de recente formación. Así en relación ás aliñacións establécese que “as edificacións e cerres separaranse un mínimo de 12 metros do eixo das vías dos sistemas xerais, debendo cumprir en todo caso a Lexislación Sectorial correspondente...... Non obstante, ó ser unha estrada pertencente á Excma. Deputación Provincial, deberá solicitarse ante dito ente a pertinente aliñación e autorización de obras”; é dicir, o proxecto respecta en todo caso a aliñación mínima fixada na citada norma, circunstancia que, de acordo co disposto no artigo 101 da Lei 9/2002, de 30 de decembro, de Ordenación Urbanística e Protección do Medio Rural de Galicia, é de obrigado cumprimento para administración e particulares. A maiores e de acordo co disposto nos artigos 29.1.g) e 24.2 da Lei 9/2002, de 30 de decembro, de Ordenación Urbanística e Protección do Medio Rural de Galicia, cabe recordar que, no caso que o propietario desexase edificar ten a obrigación de ceder os terreos necesarios para regularizar o viario debendo realizar á súa costa a conexión cos servizos existentes, de tal forma que a superficie neta (e non bruta) resultante de dita cesión debe cumprir en todo caso cos requisitos de edificabilidade. 2. No que se refire á redución “nalgúns tramos do ancho de beirarrúas e do vieiro”, tal circunstancia débese a que nun dos tramos existe un inmoble que se atopa protexido polas normas subsidiarias do concello de O Grove, como casa e finca singular (capítulo 12- patrimonio Arqueolóxico, Arquitectónico, Artístico, Etnográfico e Cultural) e en consecuencia, de acordo coa disposición adicional segunda da Lei 8/1995, de 30 de outubro, de Patrimonio Cultural de Galicia, “todos aqueles bens recollidos en catálogos de calquera figura do planeamento inclúense no Inventario Xeral do Patrimonio Cultural de Galicia”, coas seguintes limitacións á hora de actuar sobre os mesmos. En todo caso o proxecto que actualmente se discute, con substantividade propia, contempla beirarrúas de 1,80 non por unha simple cuestión caprichosa senón para cumprir os requisitos que ó respecto esixe a Lei 8/1997, de 20 de agosto, de accesibilidade e supresión de barreiras na Comunidade Autónoma de Galicia (Anexo: Disposicións sobre barreiras arquitectónicas urbanísticas). 3. En canto á ausencia de xustificación da necesaria ocupación dos bens afectados e á falta de motivación da resolución, cabe lembrar que mediante un convenio de colaboración subscrito no seu día entre a Excma. Deputación Provincial de Pontevedra e o concello de O Grove executouse a obra derivada do proxecto denominado “Ensanche, pavimentación e dotación de servizos en Virxe das Mareas”, obras que se levaron a cabo gracias á colaboración desinteresada da maioría dos veciños da zona que, conscientes da importancia do proxecto cederon parte dos terreos precisos para acometer ditas melloras. Como queira que para a eficaz conclusión dos traballos iniciados no seu día é preciso actuar nunha serie de fincas cuxos propietarios non cederon o terreo necesario redactouse o proxecto “Terminación do ensanche EP 9107 Virxe das Mareas”, xustificado pola necesidade de mellorar os anchos primitivos e así evitar na medida do posible os accidentes e a perigosidade que supoñían para a circulación a maiores, o feito de que dito vieiro serva de comunicación entre dúas importantes empresas conserveiras supuxo que teña que soportar por un lado un notable aumento do tráfico de vehículos tanto lixeiros como pesados e por outro a constante presenza de peóns, que ó encontrarse unhas deficientes condicións circulatorias poñen en perigo a súa integridade física. Por outro lado dunha simple lectura do acordo plenario agora recorrido pódese concluír que no mesmo se cumpren os requisitos de motivación esixidos pola Lei 30/92 de 26 de novembro do Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común. 9.5540.- APROBACIÓN DO CONVENIO DE COLABORACIÓN ENTRE A DEPUTACIÓN PROVINCIAL E O CONCELLO DE SANXENXO PARA A MELLORA DAS ESTRADAS “DORRÓN-BORDÓNS-NANÍN” E A “URBANIZACIÓN DA RÚA SANXENXO”. APROBACIÓN INICIAL DOS PROXECTOS, EXPOSICIÓN PÚBLICA DOS MESMOS. DECLARACIÓN DE UTILIDADE PÚBLICA DAS OBRAS E SOLICITUDE Á XUNTA DE GALICIA DA DECLARACIÓN DE URXENTE OCUPACIÓN. MOTIVACIÓN DA URXENCIA Sr. Presidente.- Punto número 9. Aprobación do Convenio de colaboración entre a Deputación Provincial e o Concello de Sanxenxo para a mellora das estradas provinciais “Dorrón-Bordóns-Nanín” e a “Urbanización da rúa Sanxenxo”. Aprobación inicial dos proxectos, exposición pública dos mesmos. Declaración de utilidade pública das obras e solicitude á Xunta de Galicia da declaración de urxente ocupación e motivación tamén da urxencia. No caso da mellora de estrada “Dorrón-Bordóns-Nanín”, o importe ascende a un total de 5.145.762,47 euros, financiando a Deputación de Pontevedra 3.087.457,49 euros e financiando o Concello de Sanxenxo 2.058.304,98 euros, aproximadamente 60% Deputación, 40% Concello de Sanxenxo. E a outra estrada provincial é a “urbanización da rúa Sanxenxo”, na parroquia de Padriñán, cun importe de 1.862.928,20 euros onde o financiamento é 1.112.928,20 euros a cargo da Deputación de Pontevedra, e 750.000 euros a cargo neste caso do Concello de Sanxenxo. Non sei se hai algunha intervención. En principio son proxectos que van totalmente completos incluídas evidentemente as expropiacións necesarias para poñer en marcha estas dúas actuacións moi importantes neste caso para a rede provincial e tamén para o concello de Sanxenxo. Sr. D. Cesáreo Mosquera. Sr. Mosquera Lorenzo.- Bos días. Gracias Sr. Presidente. A política desta Deputación con respecto ós convenios para urbanizar e mellorar estradas provinciais é así como bastante errática. Tivemos aquí varios exemplos, tivemos varios exemplos, senón recordo mal creo que eran Ponteareas e Meis, nos que non se respectaban os termos dos convenios no sentido de que facía a Deputación practicamente todo, a outros concellos pois ese criterio que se fixera de que o vial o paga enteiro a Deputación e despois os servizos ó 50%, pois non se respectaba. Neste caso respéctase e polo tanto será vontade do concello e da Deputación o de facer o convenio e non teríamos nada que dicir. Só hai algúns aspectos, hai algúns aspectos que creo que poden sentar precedentes que cando menos se expliciten e que no futuro se poidan respectar para outros convenios. O primeiro aspecto, hai certa relación con polígonos que querían, deberían ter como carga urbanizar parte destes vieiros, non é masivo, pero algunha relación hai e xa ten habido precedentes bastante máis cantosos, por dicilo dalgunha maneira, que estes. E o segundo é urbanizar, aquí creo, temos entendido, que este tipo de convenio se utilizan para vieiros urbanos ou periurbanos, nese sentido a rúa Sanxenxo e parte da outra pois estaría claro, que si, e non tería ningún problema, á parte da complexidade da zona na que é, que vai haber problemas coas expropiacións senón ó tempo, á parte da complexidade da zona na que é pois non habería maior problema. Agora, a outra parte, da EP 9201, ou sexa, Dorrón-Bordóns-Nanín, é urbanizar zonas nalgúns casos que bueno, que chamarlle urbanas ou que estean cargadas de edificación, realmente non é certo, realmente non é certo, co cal pois se abre unha espita, que se se toma como criterio pero que sexa para todos, se abre unha espita para urbanizar, poñer beirarrúas e todos os servizos nas estradas provinciais en zonas que realmente non se poden catalogar nin como urbanas nin periurbanas, nin semiurbanas. Eso realmente abre unha espita se se mantén ese criterio, para outros concellos, que vai ser unha carga, é creo que unha inversión das prioridades que ata agora se estaban facendo. En fin, creo que, bueno se está decidido, creo que necesitaría tomalo un pouquiño con máis rigor, porque asociado con esto debe de ir a transferencia do viario e se se urbaniza o viario provincial co custe que ten nas zonas moi, bueno, pouco urbanas, se se urbanizan completos e demais, non sei se vai a pasar ó concello ou non, porque que nominalmente apareza non quere dicir que despois na realidade se lle pase, pois bueno, cambiaría radicalmente a política que se estivo levando ata agora. Non sei se esas consecuencias están medidas, non é tampouco que nos opoñamos a que se faga, pero que sexa un criterio e non sei se esta casa vai poder soster ese criterio para todos os concellos e non sei tan sequera se neste, vamos, se ten sentido dende o punto de vista do interese público pois estar metendo en urbanizacións completas de viario en zonas que realmente hai moi pouquiña carga edificadora ou case nula ás veces. Neste caso hai, pero pouca, pouca, en certas partes do viario moi pouquiña e creo que é abrir unha espita francamente delicada, nos convenios por exemplo, vostede o sabe, que se fixeron, ou que se pode facer o concello de Pontevedra, por exemplo, o vieiro entre Monteporreiro e a Avenida de Compostela pois non se pretenden poñer beirarrúas por agora, se poñerán no futuro, porque en fin, pode haber tránsito peonil pero non parece que sexa unha zona, aínda que xa hai bastante edificación, na que sexa perentorio meter ese tipo de actuacións. Se esta casa o vai ter como criterio cara o futuro pois evidentemente creo que é ben que todos os concellos o saiban e polo tanto actuar en consecuencia. De todas maneiras como é unha decisión do concello e da Deputación, pois nós se se mantén votamos a favor pero advertindo de que evidentemente noutros casos para outros concellos, para calquera da provincia, pois se vaia a esixir que se teña o mesmo tipo de consideración se é que o concello responde digamos financiando a parte que lle toca segundo ese criterio como é neste caso. Sr. Presidente.- Moitas gracias Sr. Mosquera. Bueno, primeiro, agradecer esas palabras de que estamos de acordo neste modelo, non en todos, que podemos ter as nosas diferencias como é normal, pero neste caso que estamos de acordo, agradecer tamén o esforzo que fai o concello de Sanxenxo, cunha inversión que en ámbolos dous casos supera case os 3.000.000 de euros que vai a aportar o concello de Sanxenxo, e dicir que no caso da estrada, da primeira, estamos os dous de acordo, que todo ese tramo é practicamente urbano e vai a pasar a formar parte dos vieiros do concello de Sanxenxo, non sei se aparece no propio borrador do convenio ou non pero así o falaramos coa alcaldesa e polo tanto neste sentido non vai haber ningún problema. Na outra actuación non está previsto no proxecto a urbanización de toda a estrada senón que está prevista a urbanización naqueles tramos onde a densidade de vivendas así o requira, polo tanto non se vai variar en ningún caso o modelo establecido. Non se entende como lóxico e comparto ademais a súa, o comentario que facía en relación a que non é normal a que algún destes tramos pois pase por zonas de monte incluso e non tería sentido, aínda que é unha zona moi atractiva como paseo, etc., porque estamos na ladeira do monte de Sanxenxo, pero si vai a ir naqueles tramos onde hai unha densidade de vivendas importante e que polo tanto aí si leva tramos de urbanizacións, me refiro a beirarrúas, alumeado, saneamento, auga, etc., etc., nos outros tramos se vai a facer unha mellora da estrada provincial que era algo que levaban demandado fai moito tempo os veciños, é un proxecto sumamente amplo, un proxecto que tamén requiriu o seu tempo, porque son moitos centos, eu creo que pasa dos mil propietarios e de aí que, bueno pois finalmente temos un proxecto que contempla absolutamente todo pero é que como digo vai analizando tramo a tramo e naqueles sitios onde se require a urbanización se porá en marcha e onde non evidentemente non se xustifica, sobre todo nesta primeira actuación, non quere dicir que no futuro se faga se realmente hai demanda para iso, para poñer en marcha a urbanización do resto. Pero neste momento plantéase só naqueles núcleos de poboación onde o número de vivendas xustifique que ese tramo desa estrada que é unha actuación larga pois teñamos que colocarlle os servizos. Sr. D. Cesáreo Mosquera. Sr. Mosquera Lorenzo.- Bueno, Sr. Presidente, non quero líala cousa, non queremos líala nin recordar os antecedentes de que se ese vieiro ía a ser, verdade, cando foi o das vinculacións indirectas, pero que se fixeron públicas como directas coa fracasada Ronda, etc., etc. Con respecto ó do vieiro e ó da urbanización non hai peor sesgo que dicir as cousas a medias, o problema detéctase claramente cando, cando se urbaniza por aí o 80% do vieiro, 75-80, e en grandes zonas nas que se urbaniza pois se detecta que o problema é unha situación moi a medias porque se lle pon a beirarrúa só por un lado, o que quere dicir, a propia solución, bueno que é unha solución e demais, demostra que non é moi urbana nin deixa de ser, se lle pon así unha beirarrúa por un lado, bueno, para que sirvan todos os tramos, porque hai tramos intermedios que non se lle pon porque debe haber dificultades orográficas, etc., etc. Ben, de todas maneiras repito, o único que quero que quede claro é que se ese criterio se vai a utilizar cara o futuro que se coñeza e que asumamos todos que vai ser así independentemente do que pase na próxima Corporación, e se eso é así, se se asume ese criterio e vai quedar cara o futuro pois nós votamos a favor. Sr. Presidente.- Ben, en principio esa era a idea, ou sexa, eu creo que no fondo pode haber algunhas interpretacións que ó mellor descoñecemos, pero o espírito do propio convenio así o contempla, esta actuación comprende como digo naqueles núcleos no caso da carretera de Dorrón-Bordóns-Nanín, que se vaia actuar con urbanización onde a densidade de vivendas o xustifique como tal. No resto non tería sentido neste momento porque tampouco no é lóxico que habendo necesidades pois que nos plantexemos urbanizar tramos que nestes momentos non teñen vivendas, que por certo alí a densidade de vivendas está crecendo como vostedes saben, moito, e de aí que a mellora era totalmente necesaria e me alegro de que houberamos chegado todos a este acordo, concello de Sanxenxo, a Corporación Provincial, porque así como se fixeron xa no seu día a mellora de tres estradas provinciais en convenio co anterior goberno da Xunta de Galicia, pois creo que faltaban estas dúas nesta parroquia e que van a permitir a esta zona e sobre todo incluso como saída ós vehículos que ás veces a carretera de Pontevedra-Sanxenxo non permiten, temporada estival forte, desviar por aí parte do tráfico que neste momento hai unha importantísima inseguridade pois para os peóns que por alí camiñan. Polo tanto procedemos neste caso á votación da aprobación deste convenio de colaboración entre o concello de Sanxenxo e a Deputación Provincial de Pontevedra que ascende a algo máis de 7.000.000 de euros que vai a permitir como digo a posta en marcha e mellora definitiva de dúas estradas provinciais coa urbanización dunha practicamente na súa totalidade e doutra no tramo de densidade de vivendas que así o xustifique. ¿Votos en contra?. ¿Abstencións?. ¿A favor?. Bloque e Partido Popular. Considerando que as deputacións teñen establecidas entre as súas competencias o desenvolvemento económico-social e o fomento dos intereses peculiares da provincia (art. 36 LRBRL 7/85), sendo primordial para iso contar cunha rede de estradas adecuadas que permita unha comunicación rápida e eficaz. Os convenios entre as administracións públicas constitúen o instrumento adecuado para desenvolver a cooperación en cuestións de interese común, tal e como establecen os art. 6 e seguintes da Lei 30/92, de 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común polo que se pretende asinar un convenio de colaboración entre a Deputación de Pontevedra e o concello de Sanxenxo coa finalidade de realizar unhas obras para mellorar as estradas de Dorrón-Bordóns-Nanín e a urbanización da rúa Sanxenxo, cuxo orzamento global é de sete millóns oito mil seiscentos noventa euros con sesenta e sete céntimos (7.008.690,67 € ). Vistos así mesmo os informes emitidos polo Sr. Secretario e polo Servizo de Intervención, e considerando a apartado 3º da base 16ª de execución do orzamento provincial do ano 2007, o Pleno, de conformidade co ditame da Comisión Informativa de Vías e Obras acorda por maioría, cos votos a favor do PP e do BNG e coa abstención do PSOE: 1. Aprobar o convenio de colaboración entre a Deputación de Pontevedra e o concello de Sanxenxo para a mellora das estradas Dorrón-Bordóns-Nanín (EP 9201) e a urbanización da Rúa Sanxenxo, de acordo coas seguintes cantidades, en función das seguintes anualidades: • Mellora das estradas Dorrón-Bordóns-Nanín 2007 2008 2009 2010 Deputación Provincial de Pontevedra 600.000,00 € 939.418,84 € 829.152,50 € 718.886,15 € Concello de Sanxenxo 600.000,00 € 559.612,55 € 486.101,66 € 412.590,77 € Investimento total 5.145.762,47 € TOTAL Deputación 3.087.457,49 € Concello de Sanxenxo 2.058.304,98 € • Urbanización da rúa Sanxenxo, na parroquia de Padriñán 2007 2008 2009 Deputación Provincial Pontevedra de 283.881,84 € 438.717,27 € 390.329,09 € Concello Sanxenxo de 750.000,00 € Investimento total 1.862.928,20 € TOTAL Deputación 1.112.928,20 € Concello de Sanxenxo 750.000,00 € Así mesmo, facúltase ó Presidente da Deputación para a formalización do mencionado convenio mediante a súa sinatura. Dito convenio é como segue: CONVENIO DE COLABORACIÓN ENTRE A EXCMA. DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA E O CONCELLO DE SANXENXO PARA A MELLORA DAS ESTRADAS DORRÓN-BORDÓNS-NANÍN (EP 9201) E A URBANIZACIÓN DA RÚA SANXENXO No Concello de Sanxenxo, a xxxx de 2007 REUNIDOS O Ilmo. Sr. D. Rafael Louzán Abal, na súa condición de Presidente da Excma. Deputación Provincial de Pontevedra, actuando en virtude das competencias que lle atribúen o artigo 34.1.b) da Lei 7/1985, de 2 de abril, Reguladora das Bases de Réxime Local. Dona Catalina González Bea, Alcaldesa-Presidenta do concello de Sanxenxo, actuando en virtude das facultades representativas que lle atribúe o artigo 21.1.b) da Lei 7/1985, de 2 de abril, Reguladora das Bases de Réxime Local, coa modificación dada pola Lei 57/2003, de 16 de decembro, de medidas de modernización do goberno local. Ambas partes recoñécense con capacidade para formalizar o presente convenio, en base ós principios de colaboración, cooperación, coordinación e eficacia que deben presidir as actuacións das Administracións Públicas. I.- Que os convenios entre as Administracións Públicas constitúen o instrumento adecuado para desenvolver a súa cooperación en cuestións de interese común, tal como establecen os art. 6 e seguintes da Lei 30/92, de 26 de novembro, de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común, 3.c) do RDL 2/2000, de 16 de xuño, polo que se aproba o Texto Refundido la Lei de Contratos das Administracións Públicas, 57 da Lei 7/85, de 2 de abril, Reguladora das Bases de Réxime Local e 198 e seguintes da Lei 5/97, de 22 de xullo, de Administración Local de Galicia. II.- Que a lexislación vixente en materia de Réxime Local encomenda ás deputacións a que dirixan a súa actividade a asegurar a prestación integral e adecuada dos servizos de competencia municipal, a tal efecto, e co fin de posibilitar a consecución real e efectiva dos mesmos, é polo que instrumenta dito convenio dirixido ó cumprimento das obrigacións impostas pola normativa vixente. III.- Con fundamento en canto queda exposto, e sendo patente a vontade de colaboración das entidades comparecentes, ámbalas dúas partes acordan a subscrición do presente convenio, consonte ás seguintes: CLÁUSULAS Primeira.- O obxecto do presente convenio no marco da cooperación da Excma. Deputación Provincial de Pontevedra e o concello de Sanxenxo é a realización das obras que se establecen de seguido: • Mellora das estradas Dorrón-Bordóns-Nanín, cuxo orzamento é de cinco millóns cento corenta e cinco mil setecentos sesenta e dous euros con corenta e sete céntimos (5.145.762,47 €), que se desagrega no importe da contratación da obra que ascende á cantidade de 3.885.762,47 €, e na cantidade de 1.260.000 € relativo ó custe das expropiacións. • Urbanización da rúa Sanxenxo, na parroquia de Padriñán, cun orzamento de un millón oitocentos sesenta e dous mil novecentos vinteoito euros con vinte céntimos (1.862.928,20 €), que se desagrega no importe da contratación da obra que ascende á cantidade de 1.673.541,99 €, e na cantidade de 189.386,21 € relativo ó custe das expropiacións. Segunda.- O importe a que se refire o presente convenio ascende a sete millóns oito mil seiscentos noventa euros con sesenta e sete céntimos (7.008.690,67 €) e comprenderá todos os gastos que derivan da obra a realizar, incluídos os gastos de dirección de obra e de seguridade e saúde, sendo a cargo do concello e excluídos do presente convenio os honorarios correspondentes as redaccións dos proxectos. Terceira.- Á Excma. Deputación Provincial de Pontevedra correspóndelle a licitación, dirección, execución e recepción das obras contempladas no proxecto técnico que serán financiadas, na súa anualidade 2007, con cargo á partida 07/511.511.612.02 do vixente orzamento provincial. Financiaranse con cargo ás partidas correspondentes de exercicios futuros as anualidades dos anos 2008, 2009 e 2010. O concello de Sanxenxo poderá nomear a un técnico facultativo para a comprobación material da execución das obras, que non formará parte da súa dirección. Cuarta.- Os investimentos necesarios para a realización das mencionadas obras serán financiados coa colaboración da Deputación de Pontevedra e o concello de Sanxenxo, mediante a achega das cantidades relacionadas nas obras que se establecen de seguido: • Mellora das estradas Dorrón-Bordóns-Nanín 2007 2008 2009 2010 Deputación Provincial de Pontevedra 600.000,00 € 939.418,84 € 829.152,50 € 718.886,15 € Concello de Sanxenxo 600.000,00 € 559.612,55 € 486.101,66 € 412.590,77 € Investimento total 5.145.762,47 € TOTAL Deputación 3.087.457,49 € Concello de Sanxenxo 2.058.304,98 € • Urbanización da rúa Sanxenxo, na parroquia de Padriñán 2007 2008 2009 Deputación Provincial Pontevedra de 283.881,84 € 438.717,27 € 390.329,09 € Concello Sanxenxo de 750.000,00 € Investimento total 1.862.928,20 € TOTAL Deputación 1.112.928,20 € Concello de Sanxenxo 750.000,00 € As cantidades a achegar polo concello, que son un ingreso de dereito publico, xerarán crédito na partida 511.511.612.02 debendo ingresar a cantidade correspondente á anualidade 2007 antes do comezo das obras. As cantidades das anualidades 2008, 2009 e 2010 deben ser ingresadas durante o primeiro trimestre do exercicio correspondente. No caso de falta de ingreso destas cantidades ou incumprimento de achegar a documentación requirida, a Deputación poderá reter ou compensar con calquera saldo a favor do concello que houbese na entidade provincial. Quinta.- O concello de Sanxenxo obrígase a poñer a disposición da Excma. Deputación Provincial de Pontevedra, os terreos necesarios para poder levar a cabo a execución das obras relacionadas na cláusula primeira, así como de obter a correspondente licenza municipal e tramitar ante outros organismos as autorizacións pertinentes que foran precisas. Sexta.- O concello comprométese ó mantemento das rúas obxecto deste convenio, tendo a asunción de dita responsabilidade dende o día seguinte ó da realización da acta de recepción de obras. Sétima.- Para o seguimento e control do cumprimento do presente acordo, así como para aclarar as dúbidas que suscite a súa interpretación, constituirase unha comisión de coordinación da que forman parte os Presidentes, ou persoas en quen deleguen e un técnico de cada entidade local, que se reunirá dentro do prazo de tres días, a contar dende a petición expresa realizada por calquera delas, na sede do organismo requirido. Oitava.- O presente convenio entrará en vigor na data do seu asinamento e terá vixencia ata o 31 de decembro de 2010. Novena.- Serán causas de resolución o incumprimento das obrigas derivadas deste convenio. E en proba de canto antecede, as partes que interveñen asinan o presente convenio por duplicado e a un só efecto no lugar e data reseñada no seu encabezamento. Pola Deputación Provincial Polo Concello de Sanxenxo de Pontevedra Rafael Louzán Abal Catalina González Bea 2. A aprobación inicial dos proxectos Dorrón-Bordóns- Nanín - dotado dun orzamento para coñecemento da Administración de 5.145.762,47 euros, detallado en orzamento de execución por contrata por importe de 3.885.762,48 euros e capítulo de expropiacións por importe de 1.259.999,99 euros - e Urbanización da rúa Sanxenxo -dotado dun orzamento para coñecemento da Administración de 1.862.928,20 euros, detallado en orzamento de execución por contrata por importe de 1.673.541,99 euros e capítulo de expropiacións por importe de 189.386,21 euros . 3. A exposición pública destes e dos expedientes expropiadores que implican, polo prazo regulamentario, para efectos de posibles reclamacións, entendéndose aprobados definitivamente, de forma automática, en caso de non producirse estas. 4. A declaración da utilidade pública das obras con base nos informes emitidos polo enxeñeiro técnico xefe da zona e que serven para motivar a urxencia que se lles pretende dar ás expropiacións. 5. A solicitude á Xunta de Galicia da declaración de urxente ocupación dos bens e terreos afectados polas referidas obras. 6. A motivación da urxencia que se pretende dar ás expropiacións que xeran ditas obras, con base ós informes emitidos polo enxeñeiro técnico xefe da zona en relación. Así, co proxecto de mellora do viario Dorrón- Bordóns-Nanín preténdense definir as obras necesarias para a mellora da capa de rodaxe e o ensanche do viario dotándoo de beiravías dun metro a cadanseu lado da calzada con obxecto de mellorar a seguridade dos viandantes ó longo de todo o seu percorrido. Por outro lado, as travesías existentes dotaranse de beirarrúas e iluminación, sendo unha das premisas máis destacadas o afectar o menos posible as edificacións e darlle ó trazado unhas características técnicas adecuadas, con amplos radios e moderadas pendentes. Coas reformas proxectadas nesta vía de comunicación conseguirase a fluidez de tráfico necesaria para circunvalar algún núcleo existente. Todo iso sen perder de vista o obxectivo principal do proxecto: mellorar notablemente a seguridade viaria, tanto de vehículos coma de peóns, nunha estrada que, nos últimos anos, sufriu un considerable aumento no tráfico rodado ó tratarse dun viario que une a estrada de Pontevedra-O Grove, ó seu paso por Sanxenxo, co acceso a Samieira e o campo de golf. Ese aumento na circulación provocou que, na actualidade, o pavimento da zona de circulación presente un importante estrago e que o trazado existente non responda ás esixencias circulatorias, detectándose varios puntos negros ó longo do percorrido, aumentando os accidentes, con danos materiais e persoais, nas últimas datas. É por iso que con este proxecto se pretende rematar coa sinistralidade detectada e garantir a seguridade viaria. Pola súa parte o proxecto Urbanización rúa Sanxenxo redáctase co fin de dotar a ese tramo da estrada provincial Padriñán-Laxe, duns 700 metros de lonxitude e que discorre polo núcleo urbano de Sanxenxo, dos servizos básicos de competencia municipal como a rede de sumidoiros, a rede de abastecemento, a iluminación pública, a rede de media e baixa tensión ou a construción de beirarrúas, obras moi demandadas por todas as forzas sociais da zona. Estas obras de urbanización permitirán así mesmo mellorar a seguridade nunha vía de comunicación que presenta un considerable tráfico rodado, tráfico que na época estival se incrementa notablemente ó situarse nesta zona importantes reclamos turísticos. Por outro lado a construción de beirarrúas mellorará notablemente a seguridade duns peóns que, nestes momentos, poñen en constante perigo a súa integridade física, xa que ó transitar por este tramo deben invadir parte da zona de circulación co risco vital que iso implica. Esta situación obrigou, recentemente, a que os técnicos da Deputación tivesen que articular solucións de emerxencia como a supresión dun dos carrís de circulación para poder garantir a seguridade dos peóns. En consecuencia é necesario acometer urxentemente as obras de referencia con obxecto de urbanizar dita zona e, desa forma, dotar de servizos básicos a rúa Sanxenxo e ó mesmo tempo mellorar o tráfico rodado e a seguridade dos peóns. 10.5541.- RECTIFICACIÓN DO ACORDO DE ADHESIÓN DO PERSOAL DO ORGANISMO AUTÓNOMO ORAL Ó V ACORDO REGULADOR DO PERSOAL FUNCIONARIO E I CONVENIO COLECTIVO DO PERSOAL LABORAL DESTA EXCMA. DEPUTACIÓN PROVINCIAL, POR ERRO DE TRANSCRICIÓN NA VALORACIÓN DUN POSTO DE TRABALLO Sr. Presidente.- O punto número 10 é rectificación do acordo de adhesión do persoal do Organismo Autónomo ORAL ó V Acordo regulador do persoal funcionario e I Convenio colectivo do persoal laboral desta Deputación, neste caso é por erro de transcrición na valoración dun posto de traballo. Polo tanto, ¿votos en contra?. ¿Abstencións?. ¿A favor?. Ó amparo do establecido no artigo 105 da Lei 30/92, de 26 de novembro, de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común, o Pleno, de conformidade co ditame da Comisión Informativa de Réxime Interior e Persoal, acorda por maioría, cos votos a favor do PP e do BNG, e coa abstención do PSOE, rectificar o acordo adoptado polo Pleno da Corporación Provincial en sesión celebrada o 28 de febreiro de 2007, polo que se aproba a adhesión do Organismo Autónomo Provincial de Xestión de Recursos Locais ó V Acordo Regulador para persoal funcionario e I Convenio colectivo para persoal laboral da Excma. Deputación Provincial de Pontevedra, con respecto a un erro de transcrición na valoración do complemento específico dun posto de traballo, no sentido que onde di: “Administrativo Xefe de Negociado grupo C complemento específico factor dedicación 25” debe dicir: “Administrativo Xefe de Negociado grupo C complemento específico factor dedicación 23”. 11.5542.- COMUNICACIÓNS Sr. Presidente.- Punto número 11. Comunicacións. Sr. Secretario. Sr. Secretario.- Dar cuenta de los extractos de las Resoluciones Presidenciales dictadas entre el 24 de marzo y el 19 de abril. Y también dar cuenta de una Resolución Presidencial delegando las atribuciones precisamente de la Presidencia, durante su ausencia, durante los días 19 al 23 del presente mes de abril, en la Sra. Vicepresidenta Doña María Teresa Pedrosa Silva. Y así mismo dar cuenta de un acuerdo que remite la Junta Electoral Provincial de Pontevedra, asignando el número de Diputados en función de los partidos judiciales. Queda enterado o Pleno das seguintes: A) De extractos de Resolucións Presidenciais ditadas pola Presidencia entre os días 24 de marzo e 19 de abril do ano 2007 e que foron trasladados ós Voceiros dos distintos grupos políticos. B) De Resolución Presidencial delegando as atribucións da Presidencia dende o día 19 ó 23 de abril, ambos inclusive, na Vicepresidenta Dona María Teresa Pedrosa Silva. C) De acordo da Xunta Electoral Provincial pola que se establece o número de Deputados/as que corresponden á Provincia. 12.5543.- ROGOS E PREGUNTAS Sr. Presidente.- Rogos e preguntas. Senón hai. Si. Sr. Muradas Ramos.- Estoy dudando en faltarle al respeto como usted me está faltando a mi durante seis meses. Sr. Presidente.- No. Sr. Muradas Ramos.- Si, si, si. Con una pregunta reiterada, seis meses que no se me contesta, que después vaya a hacer el paleto por las parroquias de Marín, acompañado de la candidata del Partido Popular, usted en calidad de Presidente, si cuadra de Presidente de esta casa, y vendiendo el peixe como Dios le dió a entender, y que aquí se esté reiterando que está engañando al Club Marín, que no vaya allí y los engañe en plan cacique de aldea, y que yo con todo el respecto durante seis meses y con mucha paciencia le venga preguntando ¿qué campos se pidieron?, ¿cuáles se dieron? y ¿qué criterios se utilizaron?. Pregunta que amplío ahora a la instalación de los parques infantiles, en los mismos términos y que espero que tenga la cortesía de contestarme. Nada más. Sr. Presidente.- Moitas gracias Sr. Juan Muradas, pois lle vamos a, Don, Don Juan Muradas, Don Juan Muradas. Lle vamos a contestar, vostede tranquilo que non vai a ter ningún problema, e Marín vai a ter ademais esa instalación porque o sabe o alcalde, o seu alcalde, o sabe o, pero vamos, está comprometida para que remate a temporada. Vámoslle a rematar a temporada, non, Don Juan, vostede déixeme contestar a min, por min contesto eu, vostede pregunta e eu contesto o que eu crea conveniente. Vale, pois por escrito lle mandarei esa contestación, e no tema dos parques pois exactamente igual, estamos facendo creo que en todos os municipios sen excepción, hai outros que fan, algúns gobernos fan excepción, nós non, esa é a diferencia de nós sobe outros, pero bueno, Don Juan, tranquilo, Don Juan, tranquilo, tranquilo Don Juan, tranquilo home, que todo a su tiempo. Bueno, pois non habendo máis asuntos levántase a sesión. Moitas gracias e moi bos días. E non habendo máis asuntos que tratar, polo Sr. Presidente, sendo as once horas e corenta minutos do expresado día, dáse por rematada a sesión e dela esténdese a presente Acta, que asinará o Ilmo. Sr. Presidente comigo, o Secretario, que dou fe.

Área de documentación

Área de notas

  • Nota

Puntos de acceso

Área de control da descrición