ATOPO
Rexistros actuais: 1.625.156
Obxectos dixitais dispoñibles: 504.759

Acta de sesión 2007/06/22_Extraordinaria

Área de identificación

  • Código(s) de referencia ES.GA.36038.ADPO.1.1.3.3.33.366/3.2007-06-22_Extraordinaria

  • Título Acta de sesión 2007/06/22_Extraordinaria

  • Data(s) 2007-06-22 (Creación)

  • Volume e soporte 1 acta de sesión

Área de contexto

Área de contido e estrutura

  • Alcance e contido A C T A Da sesión extraordinaria urxente en primeira convocatoria, celebrada polo Pleno desta Excma. Deputación o día, 22 de xuño de 2007 No Salón de sesións da Excma. Deputación Provincial de Pontevedra, sendo as dez horas do día vinte e dous de xuño do ano dous mil sete, baixo a Presidencia do Ilmo. Sr. Presidente D. Rafael Louzán Abal, reuníronse as/os Señoras/es Deputadas/os, D. Xosé Antón Araujo Quintas, Dona Nidia María Arévalo Gómez, D. Ramón Campos Durán, Dona Francisca Canal Gómez, D. Raúl Emilio Castro Rodríguez, D. Xosé Crespo Iglesias, D. José Juan Durán Hermida, D. Antonio Feliciano Fernández Rocha, D. José Manuel Figueroa Vila, D. Julio César García-Luengo Pérez, D. Emilio González Iglesias, D. Efrén Juanes Rodríguez, D. José Antonio Landín Eirín, D. Xosé Cesáreo Mosquera Lorenzo, D. Constante Juan Muradas Ramos, D. Manuel Núñez Sestelo, D. Xosé Carlos Pazos Docampo, Dona María Teresa Pedrosa Silva, D. Juan Manuel Rey Rey, D. Alfredo Rodríguez Millares, D. Rodrigo Santiago Novas, Dona Belén Sío Lourido, D. José Enrique Sotelo Villar, D. Xabier Toba Girón e D. Jesús Vázquez Almuíña, co obxecto de celebrar sesión extraordinaria urxente do Pleno da Deputación, en primeira convocatoria, consonte á correspondente orde do día. Da fé do acto o Secretario, D. Carlos Cuadrado Romay, e está presente o Sr. Interventor, D. Antonio Graña Gómez. Non asiste a Sra. Deputada Dona Clara Millán González. Declarada aberta a sesión e de orde da Presidencia éntrase seguidamente no exame da orde do día, adoptándose en relación coa mesma os seguintes acordos: 1. 5549.- PRONUNCIAMENTO DO PLENO SOBRE A URXENCIA DA SÚA CONVOCATORIA Sr. Presidente.- Damos comezo neste caso a este Pleno que é un acto formal de cerre de lexislatura, onde primeiro vamos a proceder á aprobación da urxencia da convocatoria, para como digo cerre da lexislatura, obrigatorio ademais e polo tanto ten a palabra o Secretario da Corporación Provincial. Sr. Secretario.- Toda vez que este Pleno no se ha celebrado con los dos días hábiles entre la convocatoria y la celebración hay que pronunciarse sobre la urgencia. Sr. Presidente.- Procedemos polo tanto á votación da urxencia deste Pleno. ¿Votos en contra?. ¿Abstencións?. ¿A favor?. Acórdase por unanimidade aprobar a urxencia da convocatoria deste Pleno. 2. 5550.- ACTA ANTERIOR Sr. Presidente.- E neste caso o punto número 2 é a aprobación do borrador da acta da anterior sesión, ordinaria, do día 30 de maio, neste caso do ano 2007, que en principio se aproba por unanimidade. Acórdase por unanimidade aprobar o borrador da acta da anterior sesión, ordinaria, do día 30 de maio de 2007. E eu quixera aproveitar, xa fóra evidentemente do punto da orde do día, pois como Presidente desta Corporación Provincial durante os últimos catro anos, dar as gracias a todas e a todos os membros desta Corporación Provincial, polo seu traballo, pola súa dedicación e por toda a colaboración que entre os grupos, os tres grupos que compoñen esta Corporación Provincial houbo durante toda esta lexislatura. Polo tanto gracias de verdade, sobre todo a aquelas persoas que non van a formar parte da nova Corporación Provincial e desexarlles tamén moita sorte, así como ós que vamos a repetir na nova Corporación Provincial pois que poidamos dedicar o mellor de cada un de nós tamén para unha nova lexislatura. Polo tanto, de verdade e de corazón a todos, moitisimas gracias e moi bos días a todos. E non habendo máis asuntos que tratar, polo Sr. Presidente, sendo as dez horas e cinco minutos do expresado día, dáse por rematada a sesión e dela esténdese a presente Acta, que asinará o Ilmo. Sr. Presidente comigo, o Secretario, que dou fe.

Área de documentación

Área de notas

  • Nota

Puntos de acceso

Área de control da descrición