Fondos
2007-09-28_Ordinaria. Acta de sesión 2007/09/28_Ordinaria
Acta de sesión 2007/09/28_Ordinaria
Área de identificación
Código(s) de referencia ES.GA.36038.ADPO.1.1.3.3.33.366/4.2007-09-28_Ordinaria
Título Acta de sesión 2007/09/28_Ordinaria
Data(s) 2007-09-28 (Creación)
Volume e soporte 1 acta de sesión
Área de contexto
Institución arquivística Arquivo Deputación de Pontevedra
Área de contido e estrutura
Alcance e contido A C T A Da sesión ordinaria en primeira convocatoria, celebrada polo Pleno desta Excma. Deputación o día, 28 de setembro de 2007 No Salón de sesións da Excma. Deputación Provincial de Pontevedra, sendo as once horas e cinco minutos do día vinte e oito de setembro do ano dous mil sete, baixo a Presidencia do Ilmo. Sr. Presidente D. Rafael Louzán Abal, reuníronse as/os Señoras/es Deputadas/os, Dona Isaura Abelairas Rodríguez, D. Julio Alén Montes, D. Silvestre José Balseiros Guinarte, D. Xosé Crespo Iglesias, D. Pauliño Damián Del Río Iglesias, D. José Juan Durán Hermida, D. José Amador Eiras Paz, D. Jesús María Fernández Portela, D. José Manuel Figueroa Vila, D. Emilio González Iglesias, D. Juan A. González Pérez, D. Rafael Lores Rosal, D. Gabriel Martínez Giráldez, Dona María Xosé Méndez Piñeiro, D. Xosé Cesáreo Mosquera Lorenzo, D. Constante Juan Muradas Ramos, D. José Antonio Olmedo Granja, D. Juan Luciano Otero Besada, Dona Mª Teresa Pedrosa Silva, Dona María Corina Porro Martínez, D. Agustín Reguera Ocampo, D. Severino Reguera Varela, D. Daniel Rodas Chapela, D. Xosé Carlos Silva Mariño, D. José Enrique Sotelo Villar e D. Jesús Vázquez Almuiña, co obxecto de celebrar sesión ordinaria do Pleno da Deputación, en primeira convocatoria, consonte á correspondente orde do día. Da fé do acto o Secretario, D. Carlos Cuadrado Romay, e está presente o Sr. Interventor, D. Antonio Graña Gómez. Declarada aberta a sesión e de orde da Presidencia éntrase seguidamente no exame da orde do día, adoptándose en relación coa mesma os seguintes acordos: Sr. Presidente.- ... 1.5576.- ACTA ANTERIOR Sr. Presidente.- ... Acórdase por unanimidade aprobar o borrador da acta da anterior sesión, extraordinaria, do día 7 de setembro de 2007. Sr. Presidente.- ... a ver se temos avanzado ... Sr. Mosquera Lorenzo.- Bos días a todos e a todas, gracias Sr. Presidente. A cuestión que ía a plantexar é a seguinte, que se traten do 2 ó 10 todos xuntos. Sr. Presidente.- Do 2 ó 10. Sr. Mosquera Lorenzo.- Non, perdón, ó 9, ó 9, do 2 ó 9, que son todos actualizacións e xa anunciamos o noso voto favorable, porque en consonancia co criterio que mantemos sempre coas administracións públicas, aínda que no caso da Deputación os ingresos que ten por taxas ou outro tipo de imposicións pois é mínimo, neste caso son todas taxas, pero mentres se suban no IPC, as administracións teñen que financiarse, mentres suban no IPC como é o caso, pois non temos nada que opoñer en coherencia co que defendemos, se houbera superiores ou non subidas ó IPC, pois bueno, falaríamos se están xustificadas ou non ou se hai algún problema socialmente. Polo tanto creo que na comisión xa foi por unanimidade pois igual mellor tratar do 2 ó 9 todos xuntos e votalos xuntos, se quere a Presidencia, claro. Sr. Presidente.- Si, quero entender que ademais o Partido Socialista e o Partido Popular estamos de acordo en tratar conxuntamente todos estes puntos, do 2 ó 9, ambos inclusive. Sr. Figueroa Vila.- Si, bos días. Agradecer Sr. Mosquera, bueno, para repetir un pouco os argumentos que se acaban de dar, que é unha subida do 2,7%, o IPC do ano 2006, que foi como se calculou, e que bueno, que non hai ningunha cuestión, ningunha incidencia especial e polo tanto votamos a favor e agradecerlle esa colaboración que ten neste tema. Sr. Presidente.- Moi ben. Pois moitas gracias. Procedemos entón á aprobación dos puntos 2, 3, 4, 5, 6, 7, 8 e 9. ¿Votos en contra?. ¿Abstencións?. ¿A favor?. 2.5577.- MODIFICACIÓN DA ORDENANZA REGULADORA DA TAXA PROVINCIAL POR EXPEDICIÓN DE DOCUMENTOS ADMINISTRATIVOS Visto o expediente tramitado para a modificación da ordenanza reguladora da taxa provincial pola expedición de documentos administrativos, coa finalidade, segundo consta na memoria da Presidencia de data 17 de agosto de 2007, de actualizar as tarifas da mesma para o exercicio 2008, cunha proposta de incremento en termos nominais do 2,7%, de acordo coa variación estimada para o IPC, en dito exercicio. Visto o informe de Intervención de data 17 de agosto de 2007 que consta no expediente, o Pleno, de conformidade co ditame da Comisión Informativa de Economía, Facenda e Turismo, acorda por unanimidade: -Aprobar a modificación da ordenanza reguladora da taxa provincial pola expedición de documentos administrativos, co obxecto de actualizar as tarifas que figuran no anexo I da mesma para o exercicio 2008. As novas tarifas, unha vez aplicado o incremento do 2,7%, quedan da seguinte forma: ANEXO I Conceptos Tarifa nova 1º. Certificacións, compulsas, bastanteos e fotocopias: A.- Por cada certificación de documento/s: A.1) Ata 5 anos anteriores, por cada certificado 3,80 € A.2) Anteriores a 5 anos, por cada certificado 7,60 € B.- Por cada certificación de montes: B.1 Por cada partido xudicial 16,40 € B.2 Por cada municipio 13,10 € B.3) Por cada parroquia 11,30 € B.4) Por cada comunidade ou propietario 7,60 € C.- Bastanteos: C.1) Bastanteos para asuntos externos a instancia de parte 15,10 € D) Compulsas: D.1) Compulsas para asuntos externos a instancia de parte 1,55 € E.- Fotocopias: E.1) Por cada fotocopia 0,41 € 2º. Datos da enquisa de infraestrutura: Excepto as entidades locais da provincia de Pontevedra 1º. Por cada certificación e municipio 7,60 € 2º. Pola fotocopia de cada folla de cadro compulsada: A. Concellos de menos de 5.000 habitantes 7,60 € B. Concellos entre 5.001 e 10.000 habitantes 9,05 € C. Concellos entre 10.001 e 20.000 habitantes 9,80 € D. Concellos entre 20.001 e 50.000 habitantes 11,35 € E. Concellos entre 50.001 e 100.000 habitantes 12,90 € F. Concellos de máis de 100.001 habitantes 15,05 € Estes servizos prestaranse cunha solicitude previa por escrito. 3º. Para estudio e investigación: A. Cada certificación 7,60 € B. Cada fotocopia 0,65 € Sobre estas tarifas aplicarase, no seu caso, o IVE correspondente. - O expediente de modificación da ordenanza reguladora da taxa provincial pola expedición de documentos administrativos exporase ó público por un prazo de trinta días hábiles mediante anuncio no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra e nun diario dos de maior difusión da Provincia de Pontevedra, a efectos de reclamacións. -No caso de non producirse reclamacións, este acordo considerarase elevado a definitivo. Estas modificacións entrarán en vigor e aplicaranse a partir do día 1 de xaneiro de 2008, tal como consta na memoria da Presidencia e unha vez producida a publicación no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra do texto íntegro dos artigos modificados. 3.5578.- MODIFICACIÓN DA ORDENANZA REGULADORA DA TAXA PROVINCIAL POLA INSERCIÓN DE ANUNCIOS E TEXTOS DE TODO TIPO NO BOLETÍN OFICIAL DA PROVINCIA Visto o expediente tramitado para a modificación da ordenanza reguladora da taxa provincial pola inserción de anuncios e textos de todo tipo no Boletín Oficial da Provincia, coa finalidade, segundo consta na memoria da Presidencia de data 17 de agosto de 2007, de engadir a expresión “(tamaño mínimo 12)” no parágrafo 11 do apartado 3 do artigo 8 da ordenanza e de actualizar as tarifas da mesma para o exercicio 2008, cunha proposta de incremento en termos nominais do 2,7%, de acordo coa variación estimada para o IPC, en dito exercicio. Visto o informe de Intervención de data 17 de agosto de 2007 que consta no expediente, o Pleno, de conformidade co ditame da Comisión Informativa de Economía, Facenda e Turismo, acorda por unanimidade: -Aprobar a modificación da ordenanza reguladora da taxa provincial pola inserción de anuncios e textos de todo tipo no Boletín Oficial da Provincia, co obxecto de engadir a expresión “(tamaño mínimo 12)” no parágrafo 11 do apartado 3 do artigo 8 da ordenanza e de actualizar as tarifas que figuran no anexo I da mesma para o exercicio 2008. O texto íntegro do artigo 8 da ordenanza reguladora da taxa provincial pola inserción de anuncios e textos de todo tipo no Boletín Oficial da Provincia, unha vez engadida a citada expresión, e as novas tarifas da mesma, unha vez aplicado o incremento do 2,7%, quedan da seguinte forma: Artigo 8. Normas de xestión. 1. Os oficios, escritos, etc. para inserir no BOP ó ter entrada no pazo provincial trasladaranse ó Negociado de Xestión de Recursos Económicos para o seu rexistro e comprobar se a autoliquidación é correcta ou non. No caso de non ser correcta practicarase a liquidación complementaria, que será notificada e ingresada nos prazos previstos no artigo 62 da Lei xeral tributaria. 2. As cotas que non sexan autoliquidables por darse os supostos previstos no apartado 3 deste artigo liquidaraas o Negociado de Xestión de Recursos Económicos. Unha vez liquidadas notificaranse e ingresaranse de conformidade co previsto no artigo 62 da Lei xeral tributaria. 3. Todo anuncio ou edito que se remita para publicalo no Boletín Oficial da Provincia deberá cumprir, como mínimo, os seguintes requisitos: - Deberán presentarse en papel e en soporte electrónico (e-mail dirixido a: imprenta@deputación.depontevedra.es, ou, subsidiariamente, en soporte informático (disco de 3,5 polgadas ou cd-rom). Cando o documento non se presente en soporte informático ou electrónico, por ser imposible reproducilo ou por calquera outra causa, o texto será tratado e publicado, previo pagamento dun recargo do 100 por cen, de acordo co previsto na tarifa desta taxa. - Deberán ser orixinais e xuntaranse á orde de inserción/autoliquidación asinada pola persoa autorizada, remitíndose para a súa publicación á Deputación Provincial de Pontevedra. Sen estes requisitos e o correspondente pagamento, cando así proceda, non se publicará documento ningún, arquivándose sen máis trámite. - A orde de inserción/autoliquidación correspóndelle ó órgano competente da administración anunciante e deberá estar asinada pola autoridade ou funcionario facultado para isto. - Presentarase nun orixinal limpo e de forma que a súa transcrición non implique problemas de lectura ou comprensión. No suposto de que falten datos ou a redacción sexa inintelixible, non se cursará a publicación. - Se o contido dos documentos que se van publicar non fose puramente texto seguido, senón táboas, formularios, gráficos, planos, debuxos ou calquera outra presentación análoga, estes deberán ter calidade nos seus trazos, limpeza nos seus fondos, evitando sinaturas e selos que dificulten a súa lectura óptica. - Os orixinais que se envíen para a súa publicación no Boletín Oficial terán carácter oficial e reservado, non podendo facilitarse información ningunha acerca deles, salvo autorización expresa do órgano remitente. - Unha vez recibido o edito e no caso de non presentarse a autoliquidación, a administración do Boletín Oficial enviaralle ó suxeito pasivo a liquidación de taxas, na que se indica o importe e as normas para o seu ingreso. - Transcorrido un mes desde o rexistro do edito sen que se realice o seu pagamento ou se emenden os seus defectos, arquivaranse sen máis trámite, sendo preciso unha nova entrada no rexistro para a súa publicación. - As ordes de inserción/autoliquidación, así como os anuncios, sexan obxecto de publicación ou non, permanecerán na administración do BOP a disposición dos interesados ata transcorrido un ano desde a súa recepción. - Ser perfectamente lexible, sen borróns, riscadas, indicacións, anotacións, nin correccións. - Estar mecanografados ou impresos por medios informáticos, con tamaño de letra normal (tamaño mínimo 12) a un espazo interliñado e cun mínimo de claridade e limpeza respectando as normas, as regras e os signos ortográficos. - Non se admitirá ningún anuncio ou edito remitido por Fax. - Os orixinais dos anuncios, editos e escritos que non cumpran os requisitos anteriormente sinalados seranlles devoltos ás súas respectivas orixes. ANEXO I Conceptos Tarifa nova Polos traballos administrativos e técnicos e a inserción no Boletín Oficial da provincia de calquera anuncio ou escrito esixirase, por cada liña de escrito ou oficio en folio normal (Din A4), 1,55 € Recargo pola publicación urxente (prazo máximo 6 días), por cada liña de escrito ou oficio en folio normal (Din A4) .....................................................100% Recargo por non remitir os editos ou anuncios por correo electrónico ou en soporte informático............................................................................ 100% Sobre estas tarifas aplicarase, no seu caso, o IVE correspondente. - O expediente de modificación da ordenanza reguladora da taxa provincial pola inserción de anuncios e textos de todo tipo no Boletín Oficial da Provincia, exporase ó público por un prazo de trinta días hábiles mediante anuncio no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra e nun diario dos de maior difusión da provincia de Pontevedra, a efectos de reclamacións. -No caso de non producirse reclamacións, este acordo considerarase elevado a definitivo. Estas modificacións entrarán en vigor e aplicaranse a partir do día 1 de xaneiro de 2008, tal como consta na memoria da Presidencia e unha vez producida a publicación no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra do texto íntegro dos artigos modificados. 4.5579.- MODIFICACIÓN DA ORDENANZA REGULADORA DA TAXA PROVINCIAL POLA SUBSCRICIÓN E VENDA DO BOLETÍN OFICIAL DA PROVINCIA Visto o expediente tramitado para a modificación da ordenanza reguladora da taxa provincial pola subscrición e venda do Boletín Oficial da Provincia (BOP), coa finalidade, segundo consta na memoria da Presidencia de data 17 de agosto de 2007, de actualizar as tarifas da mesma para o exercicio 2008, cunha proposta de incremento en termos nominais do 2,7%, de acordo coa variación estimada para o IPC, en dito exercicio. Visto o informe de Intervención de data 17 de agosto de 2007 que consta no expediente, o Pleno, de conformidade co ditame da Comisión Informativa de Economía, Facenda e Turismo, acorda por unanimidade: -Aprobar a modificación da ordenanza reguladora da taxa provincial pola subscrición e venda do Boletín Oficial da Provincia (BOP), co obxecto de actualizar as tarifas que figuran no anexo I da mesma para o exercicio 2008. As novas tarifas, unha vez aplicado o incremento do 2,7%, quedan da seguinte forma: ANEXO I Conceptos Tarifa nova A. Subscrición: A.1. Anual 99,00 € A.2. Semestral 59,00 € B. Venda: B.1. Números soltos do mes, por cada número ou día: B.1.1. BOP, ata 24 páxinas 0,60 € B.1.2. BOP, con máis de 24 páxinas B.2. Números soltos de meses anteriores do ano, por cada número 0,75 € ou día: B.2.1. BOP, ata 24 páxinas 0,70 € B.2.2. BOP, con máis de 24 páxinas 0,90 € B.3. Números soltos de anos anteriores, por cada número ou día: B.3.1. BOP, ata 24 páxinas 1,10 € B.3.2. BOP, con máis de 24 páxinas 1,21 € B.4. Venda de exemplares soltos de suplementos especiais: B.4.1. Por cada páxina dos ditos exemplares especiais 0,15 € C. Fotocopia: C.1. Fotocopia dun BOP atrasado, por cada páxina 0,46 € Sobre estas tarifas aplicarase, no seu caso, o IVE correspondente. - O expediente de modificación da ordenanza reguladora da taxa provincial pola subscrición e venda do Boletín Oficial da Provincia (BOP) exporase ó público por un prazo de trinta días hábiles mediante anuncio no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra e nun diario dos de maior difusión da provincia de Pontevedra, a efectos de reclamacións. -No caso de non producirse reclamacións, este acordo considerarase elevado a definitivo. Estas modificacións entrarán en vigor e aplicaranse a partir do día 1 de xaneiro de 2008, tal como consta na memoria da Presidencia e unha vez producida a publicación no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra do texto íntegro dos artigos modificados. 5.5580.- MODIFICACIÓN DA ORDENANZA REGULADORA DA TAXA PROVINCIAL POLOS SERVIZOS QUE SE PRESTAN NA CIDADE INFANTIL “PRÍNCIPE FELIPE” Visto o expediente tramitado para a modificación da ordenanza reguladora da taxa provincial polos servizos que se prestan na Cidade Infantil “Príncipe Felipe”, coa finalidade, segundo consta na memoria da Presidencia de data 17 de agosto de 2007, de actualizar as tarifas da mesma para o exercicio 2008, cunha proposta de incremento en termos nominais do 2,7%, de acordo coa variación estimada para o IPC, en dito exercicio. Visto o informe de Intervención de data 17 de agosto de 2007 que consta no expediente, o Pleno, de conformidade co ditame da Comisión Informativa de Economía, Facenda e Turismo acorda por unanimidade: -Aprobar a modificación da ordenanza reguladora da taxa provincial polos servizos que se prestan na Cidade Infantil “Príncipe Felipe”, co obxecto de actualizar as tarifas que figuran no anexo I da mesma para o exercicio 2008. As novas tarifas, unha vez aplicado o incremento do 2,7%, quedan da seguinte forma: ANEXO I Conceptos Tarifa nova 1. Internados e estancias: 1.1. Por estancia completa, ó mes 431,00 € (almorzo, comida, merenda, cea e aloxamento) 1.2. Por estancia en media pensión, ó mes 278,00 € (almorzo, cea e aloxamento) 1.3. Estancias individuais: 1.3.1. Pensión completa, ó día: 15,40 € 1.3.1.1. Almorzo, ó día 2,60 € 1.3.1.2. Comida, ó día 4,60 € 1.3.1.3. Merenda, ó día 1,55 € 1.3.1.4. Cea, ó día 3,10 € 1.3.1.5. Aloxamento, ó día 6,15 € 1.4. Utilización de aulas, cada hora ou fracción 1.4.1. Teóricas 9,25 € 1.4.1. Informáticas 20,55 € 1.4.3. Talleres 51,35 € 1.5. Utilización do auditorium, cada sesión 92,45 € 2. Por utilización de instalacións deportivas: 2.1. Pavillón polideportivo, cada hora ou fracción 12,30 € 2.2. Campo de fútbol, cada hora ou fracción 15,40 € 2.3. Escolas deportivas. Por actividade e curso. 30,80 € 3. Utilización de transporte escolar do Centro de Día, cada mes 30,80 € 4. Venda de produtos en cafetería: 4.1. Refrescos: Cervexa Heineken bote 1,25 € Cervexa Heineken 1/3 1,05 € Cervexa Heineken 1/5 0,80 € Cervexa 1/3 (Águila) 0,80 € Cervexa Buckler sen alcohol 0,85 € Cervexa 1/5 (Águila) 0,65 € Sidra 0,80 € Bitter sen alcohol 0,80 € Coca-cola botella 0,80 € Coca-cola bote 0,80 € Tónica 0,90 € Kas bote 0,80 € Nestea 0,95 € Zumes 0,80 € Mosto 1/2 0,80 € Trinas (bote) 0,80 € Auga mineral 1 0,75 € Auga mineral 1/2 0,55 € Auga mineral 1/4 0,45 € Té e macela 0,45 € Té con leite ou limón 0,50 € Café só 0,65 € Café cortado 0,65 € Café con leite 0,65 € Café con xeo 0,75 € Café dobre con leite 0,75 € Café descafeinado 0,65 € Café descafeinado dobre 0,75 € Cola-cao 0,75 € 4.2. Repostería: Bolo de leite 0,65 € Croissant 0,65 € Croissant con queixo 0,85 € Croissant con xamón 1,35 € Croissant con queixo e xamón 1,55 € Magdalena 0,30 € 4.3. Bocadillos: Xamón 1,45 € 1/2 de xamón 0,80 € Tortilla 1,05 € 1/2 de tortilla 0,65 € Queixo 1,05 € 1/2 de queixo 0,65 € Mortadela 0,80 € Mortadela con queixo 1,10 € 1/2 de mortadela 0,50 € 1/2 de mortadela con queixo 0,65 € Chourizo 1,05 € 1/2 de chourizo 0,65 € Tortilla con xamón 1,55 € 1/2 de tortilla con xamón 1,00 € Xamón con queixo 1,55 € 1/2 de xamón e queixo 0,90 € Chourizo e queixo 1,20 € 1/2 de chourizo e queixo 0,75 € Marmelo 0,80 € 1/2 de marmelo 0,50 € Marmelo e queixo 1,20 € 1/2 de marmelo e queixo 0,75 € Salchichón extra 1,20 € 1/2 de salchichón extra 0,75 € Tacos 0,50 € Salchichón con queixo 1,55 € 1/2 de salchichón con queixo 0,90 € Sobre estas tarifas aplicarase, no seu caso, o IVE correspondente. - O expediente de modificación da ordenanza reguladora da taxa provincial polos servizos que se prestan na Cidade Infantil “Príncipe Felipe”, exporase ó público por un prazo de trinta días hábiles mediante anuncio no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra e nun diario dos de maior difusión da Provincia de Pontevedra, a efectos de reclamacións. -No caso de non producirse reclamacións, este acordo considerarase elevado a definitivo. Estas modificacións entrarán en vigor e aplicaranse a partir do día 1 de xaneiro de 2008, tal como consta na memoria da Presidencia e unha vez producida a publicación no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra do texto íntegro dos artigos modificados. 6.5581.- MODIFICACIÓN DA ORDENANZA REGULADORA DA TAXA PROVINCIAL POLOS SERVIZOS QUE SE PRESTAN OU AS ACTIVIDADES QUE SE REALIZAN NO CASTELO DE SOUTOMAIOR Visto o expediente tramitado para a modificación da ordenanza reguladora da taxa provincial polos servizos que se prestan ou actividades que se realizan no Castelo de Soutomaior, coa finalidade, segundo consta na memoria da Presidencia de data 17 de agosto de 2007, de actualizar as tarifas da mesma para o exercicio 2008, cunha proposta de incremento en termos nominais do 2,7%, de acordo coa variación estimada para o IPC, en dito exercicio. Visto o informe de Intervención de data 17 de agosto de 2007 que consta no expediente, o Pleno, de conformidade co ditame da Comisión Informativa de Economía, Facenda e Turismo, acorda por unanimidade: -Aprobar a modificación da ordenanza reguladora da taxa provincial polos servizos que se prestan ou actividades que se realizan no Castelo de Soutomaior, co obxecto de actualizar as tarifas que figuran no anexo I da mesma para o exercicio 2008. As novas tarifas, unha vez aplicado o incremento do 2,7%, quedan da seguinte forma: ANEXO I Conceptos Tarifa nova A. Visitas: A.1. Por persoa 1,55 € A.2. Grupos de máis de 10 persoas, por cada persoa 0,80 € B. Cesión de locais, instalacións e outro material: B.1. Cesión temporal das salas de conferencias, reunións e demais dependencias para actos, asembleas, cursos, etc., non patrocinados pola Deputación, calquera que sexa o número de asistentes, esixirase, por cada día 665,00 € B.2. O mesmo do apartado anterior, pero con achega do material (proxector, diapositivas, etc..), por cada día 780,00 € Sobre estas tarifas aplicarase, no seu caso, o IVE correspondente. - O expediente de modificación da ordenanza reguladora da taxa provincial polos servizos que se prestan ou actividades que se realizan no Castelo de Soutomaior, exporase ó público por un prazo de trinta días hábiles mediante anuncio no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra e nun diario dos de maior difusión da provincia de Pontevedra, a efectos de reclamacións. -No caso de non producirse reclamacións, este acordo considerarase elevado a definitivo. Estas modificacións entrarán en vigor e aplicaranse a partir do día 1 de xaneiro de 2008, tal como consta na memoria da Presidencia e unha vez producida a publicación no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra do texto íntegro dos artigos modificados. 7.5582.- MODIFICACIÓN DA ORDENANZA REGULADORA DA TAXA PROVINCIAL POLA AUTORIZACIÓN DE OBRAS E OUTROS APROVEITAMENTOS SITUADOS PROVINCIAIS NAS ZONAS CONTIGUAS ÁS ESTRADAS Visto o expediente tramitado para a modificación da ordenanza reguladora da taxa provincial pola autorización de obras e outros aproveitamentos situados nas zonas contiguas ás estradas provinciais, coa finalidade, segundo consta na memoria da Presidencia de data 17 de agosto de 2007, de actualizar as tarifas da mesma para o exercicio 2008, cunha proposta de incremento en termos nominais do 2,7%, de acordo coa variación estimada para o IPC, en dito exercicio. Visto o informe de Intervención de data 17 de agosto de 2007 que consta no expediente, o Pleno, de conformidade co ditame da Comisión Informativa de Economía, Facenda e Turismo, acorda por unanimidade: -Aprobar a modificación da ordenanza reguladora da taxa provincial pola autorización de obras e outros aproveitamentos situados nas zonas contiguas ás estradas provinciais, co obxecto de actualizar as tarifas que figuran no anexo I da mesma para o exercicio 2008. As novas tarifas, unha vez aplicado o incremento do 2,7%, quedan da seguinte forma: ANEXO I Conceptos Tarifa nova A. Emisión de informes: A.1. Informes nas oficinas 16,50 € A.2. Informes con desprazamento fóra da oficina 41,15 € B. Autorización para aproveitamentos do solo: B.1. Aproveitamentos medibles en metros lineais: B.1.1. Por cada aproveitamento 40,30 € B.1.2. Por cada metro lineal ou fracción 0,41 € B.1.3. Cota máxima 403,00 € B.2. Aproveitamentos medibles en metros cadrados: B.2.1. Por cada aproveitamento 80,00 € B.2.2. Por cada metro cadrado ou fracción 0,41 € B.2.3. Cota máxima 403,00 € B.3. Aproveitamentos medibles en metros cúbicos: B.3.1. Explotación en canteiras, areais ou similares: B.3.1.1. Por cada aproveitamento 403,00 € B.3.1.2. Por cada metro cúbico ou fracción 0,10 € B.3.1.3. Cota máxima 4.030,00 € B.3.2. Desmontes e enchidos: B.3.2.1. Por cada aproveitamento 40,30 € B.3.2.2. Por cada metro cúbico ou fracción 0,41 € B.3.2.3. Cota máxima 403,00 € C. Aproveitamentos medibles por unidades: C.1. Instalación de transformadores ou similares, por unidade 161,10 € C.2. Tala de árbores ou similares, por cada unidade C.3. Instalación de mesas, cadeiras ou similares (por todas as 1,23 € solicitadas) D. Outros aproveitamentos non previstos nesta tarifa, cota 40,31 € única 40,31 € Sobre estas tarifas aplicarase, no seu caso, o IVE correspondente. - O expediente de modificación da ordenanza reguladora da taxa provincial pola autorización de obras e outros aproveitamentos situados nas zonas contiguas ás estradas provinciais, exporase ó público por un prazo de trinta días hábiles mediante anuncio no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra e nun diario dos de maior difusión da provincia de Pontevedra, a efectos de reclamacións. -No caso de non producirse reclamacións, este acordo considerarase elevado a definitivo. Estas modificacións entrarán en vigor e aplicaranse a partir do día 1 de xaneiro de 2008, tal como consta na memoria da Presidencia e unha vez producida a publicación no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra do texto íntegro dos artigos modificados. 8.5583.- MODIFICACIÓN DA ORDENANZA REGULADORA DA TAXA PROVINCIAL POLA UTILIZACIÓN PRIVATIVA OU APROVEITAMENTO ESPECIAL DO DOMINIO PÚBLICO PROVINCIAL Visto o expediente tramitado para a modificación da ordenanza reguladora da taxa provincial pola utilización privativa ou aproveitamento especial do dominio público provincial, coa finalidade, segundo consta na memoria da Presidencia de data 17 de agosto de 2007, de actualizar as tarifas da mesma para o exercicio 2008, cunha proposta de incremento en termos nominais do 2,7%, de acordo coa variación estimada para o IPC, en dito exercicio. Visto o informe de Intervención de data 17 de agosto de 2007 que consta no expediente, o Pleno, de conformidade co ditame da Comisión Informativa de Economía, Facenda e Turismo, acorda por unanimidade: -Aprobar a modificación da ordenanza reguladora da taxa provincial pola utilización privativa ou aproveitamento especial do dominio público provincial, co obxecto de actualizar as tarifas que figuran no anexo I da mesma para o exercicio 2008. As novas tarifas, unha vez aplicado o incremento do 2,7%, quedan da seguinte forma: ANEXO I Conceptos Tarifa nova A. Aproveitamentos de particulares, por cada un: A.1. Mínimo 6,70 € A.2. Metro lineal 0,60 € A.3. Metro cadrado 0,90 € A.4. Máximo B. Aproveitamentos de agrupacións ou asociacións de veciños ou similares, por cada un: 22,25 € B.1. Mínimo 10,00 € B.2. Metro lineal 0,90 € B.3. Metro cadrado 1,15 € B.4. Máximo C. Aproveitamentos de persoas xurídicas, por cada un: 33,40 € C.1. Mínimo 17,00 € C.2. Metro lineal 1,45 € C.3. Metro cadrado 1,80 € C.4. Máximo 142,00 € Sobre estas tarifas aplicarase, no seu caso, o IVE correspondente. - O expediente de modificación da ordenanza reguladora da taxa provincial pola utilización privativa ou aproveitamento especial do dominio público provincial, exporase ó público por un prazo de trinta días hábiles mediante anuncio no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra e nun diario dos de maior difusión da provincia de Pontevedra, a efectos de reclamacións. -No caso de non producirse reclamacións, este acordo considerarase elevado a definitivo. Estas modificacións entrarán en vigor e aplicaranse a partir do día 1 de xaneiro de 2008, tal como consta na memoria da Presidencia e unha vez producida a publicación no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra do texto íntegro dos artigos modificados. 9.5584.- MODIFICACIÓN DA ORDENANZA REGULADORA DA TAXA PROVINCIAL POLOS SERVIZOS DE ENSINANZA QUE SE IMPARTEN NA ESCOLA DE CANTEIROS DE PONTEVEDRA Visto o expediente tramitado para a modificación da ordenanza reguladora da taxa provincial polos servizos de ensinanza que se imparten na Escola de Canteiros de Pontevedra, co obxecto de actualizar as tarifas da mesma para o exercicio 2008, cunha proposta de incremento en termos nominais do 2,7%, de acordo coa variación estimada para o IPC, en dito exercicio, segundo consta na memoria da Presidencia de data 17 de agosto de 2007 e no acordo adoptado polo Consello Reitor do Organismo Autónomo Local “Escola de Canteiros de Pontevedra” na sesión que tivo lugar o día 19 de setembro de 2007. Visto o informe de Intervención de data 17 de agosto de 2007 que consta no expediente, o Pleno, de conformidade co ditame da Comisión Informativa de Economía, Facenda e Turismo, acorda por unanimidade: -Aprobar a modificación da ordenanza reguladora da taxa provincial polos servizos de ensinanza que se imparten na Escola de Canteiros de Pontevedra, co obxecto de actualizar as tarifas que figuran no anexo I da mesma para o exercicio 2008. As novas tarifas, unha vez aplicado o incremento do 2,7%, quedarían da seguinte forma: ANEXO I Conceptos Tarifa nova 1º. Pola matrícula en cada un dos cursos 114,50 € 2º. Pola matrícula de materias soltas, por cada curso 114,50 € Sobre estas tarifas aplicarase, no seu caso, o IVE correspondente. - O expediente de modificación da ordenanza reguladora da taxa provincial polos servizos de ensinanza que se imparten na Escola de Canteiros de Pontevedra, exporase ó público por un prazo de trinta días hábiles mediante anuncio no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra e nun diario dos de maior difusión da provincia de Pontevedra, a efectos de reclamacións. -No caso de non producirse reclamacións, este acordo considerarase elevado a definitivo. Estas modificacións entrarán en vigor e aplicaranse a partir do día 1 de xaneiro de 2008, tal como consta na memoria da Presidencia e unha vez producida a publicación no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra do texto íntegro dos artigos modificados. 10.5585.- EXPEDIENTE DE SUPLEMENTO DE CRÉDITO NÚMERO 3/2007 DO ORGANISMO AUTÓNOMO PROVINCIAL DE XESTIÓN DE RECURSOS LOCAIS (ORAL) Sr. Presidente.- O punto número 10 é expediente de suplemento de crédito número 3/2007 do Organismo Autónomo Provincial de Xestión de Recursos Locais (ORAL). Ten a palabra o Sr. Figueroa. Sr. Figueroa Vila.- Si, bueno, este é un expediente de modificación de crédito do ORAL que sobre todo ten dúas partidas importantes, unha que é adquisición de aplicacións informáticas, é dicir, debido á cantidade de demanda e traballo que agora mesmo ten este organismo, por un importe de 156.000 euros, e despois hai outra partida tamén para a adquisición dun edificio, dun baixo no Concello de Caldas de Reis por un importe de 194.000 euros, e despois hai unha serie de temas de reparación de enseres, material informático non inventariable e tamén formación do propio persoal, polo tanto é unha modificación, sobre todo destinada a estas dúas cuestións que son fundamentais para o bo funcionamento do ORAL, na zona de Caldas de Reis que é a partida maior, para adquirir este baixo para habilitar a sede do propio ORAL nesa zona. Sr. Presidente.- Moitas gracias. Sr. Otero. Sr. Otero Besada.- Si, bos días. Nós neste tema queremos puntualizar unha serie de cousas. Parécenos esaxerado que para a formación e perfeccionamento do persoal laboral só se poñan 7.000 euros e sen embargo a partida máis grande é para adquisición de melloras e edificios, por 194.500, que supoñemos como acaba de dicir o Sr. Figueroa para un local en Caldas de Reis. Na Comisión Informativa do ORAL o outro día, no Patronato, xa puxemos en coñecemento que nos parecía unha esaxeración volver a gastar cartos en locais. Neste momento o ORAL ten un local en Vilagarcía de Arousa de cerca de 200m2 que está practicamente infrautilizado. En Vilanova de Arousa ten un local de 7m2 que a verdade é que dá pena velo. A nosa proposta sería que se debería comarcalizar o servizo e centralizar en Vilagarcía as actividades de ORAL e non ter que gastar os cartos en novos locais. Esa é a nosa proposta e por suposto votaremos en contra. Sr. Presidente.- Moitas gracias. ¿Quen pide a palabra?. Sr. Figueroa. Sr. Figueroa Vila.- Si, a ver, si. Con respecto a todas estas cuestións eu creo que xa se aclarou algo no propio organismo, pero en calquera caso reincidir, primeiro, vamos a ver, é certo que hai un local en Vilanova que é pequeno, que se está intentando, co propio concello, que neste caso é unha cesión do concello que non ten gasto propio o ORAL, se está intentando pois ver a posibilidade de habilitar un maior. O de Vilagarcía eu creo que ten toda a razón, é dicir, en principio o concello de Vilagarcía paulatinamente se está incorporando ó ORAL, nos parece que a terceira cidade da provincia de Pontevedra, nós como ORAL temos que intentar introducirnos nesa zona, e me parece que ese local, bueno ó ser propiedade pois á parte é unha inversión, é un patrimonio que temos aí e esperemos que no futuro loxicamente a zona de Vilagarcía se incorpore totalmente ó ORAL e o de Caldas de Reis está perfectamente xustificado, é dicir, é unha demanda que hai en toda esa zona, creo que a política do ORAL neste caso está sendo unha política correcta, porque se está facendo inversións, adquirindo patrimonio, non dilapidando moitas veces o gasto en alugueres que ó final non repercuten en beneficio para esta institución e eu creo que nesta política se está tamén intentando buscar outro na zona de Baiona, Nigrán, Gondomar, que tamén estamos nunhas oficinas en réxime de aluguer e que tamén estamos gastando un diñeiro que pensamos que coa compra dun local podíamos tamén adquirir outro patrimonio e esa é a política que se está facendo no ORAL, polo tanto, eu creo que é unha política correcta, coherente e responsable, que se pode matizar, que loxicamente ó mellor pode haber un local máis ou menos nunha zona, bueno eu creo que iso se pode matizar todo, bueno, evidentemente ese local de Vilanova ó mellor vamos a intentar melloralo, a ver se somos capaces a chegar a un acordo e senón haberá que tamén analizar a posibilidade de adquirir un nas condicións adecuadas, pero de momento está prestando un bo servizo e creo que dentro desta liña é o que se está plantexando agora, que é esta modificación de crédito, que non ten nada que ver pois coa posibilidade de adquirir outros locais noutras zonas da provincia de Pontevedra. Neste estamos falando dun moi concreto, que é o de Caldas de Reis, é necesario, que o demandan pois os cidadáns desa zona e que nós dende o ORAL queremos prestar un bo servizo a toda esa comarca. Sr. Presidente.- Moitas gracias Sr. Figueroa. Polo tanto procedemos á votación do punto número 10, que é o expediente de suplemento de crédito do ORAL. ¿Votos en contra?. ¿Abstencións?. ¿A favor?. Visto o expediente de suplemento de crédito número 3/2007 do Organismo Autónomo Provincial de Xestión de Recursos Locais (ORAL), por un importe total de 472.000,00 euros, motivado pola necesidade de realizar gastos que non poden demorarse ata o exercicio seguinte, e ó non existir consignación suficiente no estado de gastos do orzamento corrente financiarase con cargo ó remanente de tesourería procedente da liquidación do orzamento do Organismo Autónomo Provincial de Xestión de Recursos Locais (ORAL) correspondente ó exercicio de 2006. O Pleno, de conformidade co ditame da Comisión Informativa de Economía, Facenda e Turismo, acorda por maioría de votos a favor do PP e coas abstencións do PSdeG-PSOE e do BNG, aprobar o expediente de suplemento de créditos número 3/2007 do Organismo Autónomo Provincial de Xestión de Recursos Locais (ORAL) por importe global de 472.000,00, aplicándoselles os gastos a financiar ás partidas e polo importe que a continuación se detalla: PARTIDA DENOMINACIÓN IMPORTE -07/861.611.163.00 Formación e perfeccionamento do persoal laboral 7.000,00€ -07/861.611.215.01 Reparación mobiliario e enseres 8.000,00€ -07/861.611.220.02 Material informático non inventariable 10.000,00€ -07/861.611.227.00 Limpeza e aseo 5.500,00€ -07/861.611.227.09 Outros traballosnotificacións. 8.000,00€ -07/861.611.342.00 Intereses de mora. 50.000,00€ -07/861.611.622.03 Adquisicións- Melloras edificios 194.500,00€ -07/861.611.626.01 Adquisición-equipos para proceso de información. 33.000,00€ -07/861.611.626.02 Adquisición-aplicacións informáticas 156.000,00€ TOTAL 472.000,00€ O financiamento do expediente realízase con cargo ó remanente de Tesourería procedente da liquidación do orzamento do Organismo Autónomo Provincial de Xestión de Recursos Locais (ORAL) corresponde ó exercicio de 2006 e contabilizarase a través do concepto de ingresos 2007/861.870.02 “Aplicación para financiamento de suplementos de crédito”. Dito expediente será exposto ó público, para efectos de reclamacións, por un período de quince días hábiles, quedando definitivamente aprobado no caso de non producirse estas. 11.5586.- MODIFICACIÓN DE REPRESENTANTES DA DEPUTACIÓN NO CONSORCIO CONTRA INCENDIOS DO BAIXO MIÑO, CONDADO E LOURIÑA Sr. Presidente.- Punto número 11. Modificación de representantes da Deputación no Consorcio contra incendios do Baixo Miño, Condado e Louriña. Sr. Figueroa Vila.- É unha cuestión de trámite ordinario, o que pasa é que houbo un erro no noso grupo á hora de facer os nomeamentos porque erramos aí na designación, no sentido de que se equivocaron á hora de pasalo ó documento, e bueno, pois facer esa corrección dese erro, hai que traelo ó Pleno e por iso se trae única e exclusivamente. Sr. Presidente.- Moitas gracias. Procedemos polo tanto á votación do punto número 11. ¿Votos en contra?. ¿Abstencións?. ¿A favor?. Vista a Resolución Presidencial de data 8 de agosto de 2007 pola que se modifica a anterior designación de representantes desta Deputación no Consorcio contra Incendios e Salvamento das Comarcas do Baixo Miño, Condado e Louriña, o Pleno de conformidade co ditame da Comisión Informativa de Réxime Interior e Persoal acorda por maioría de votos a favor do PP e coas abstencións do PSdeG-PSOE e BNG, que se ratifique integramente o contido de dita Resolución Presidencial, quedando modificado o acordo plenario de 12 de xullo de 2007 con respecto á composición do referido órgano, no sentido de onde di D. Jesús Vázquez Almuiña como titular e a D. Julio Alén Montes como suplente debe dicir D. Julio Alén Montes como titular e D. Jesús Fernández Portela como suplente. 12.5587.- COMUNICACIÓNS Sr. Presidente.- Comunicacións. Sr. Secretario.- En primer lugar dar cuenta de los extractos de las Resoluciones Presidenciales dictadas entre el 23 de xullo y el 22 de setembro de este año. Y una Resolución Presidencial por la que se designan Vicepresidentes de la Diputación a los siguientes miembros de la Xunta de Goberno: D. José Manuel Figueroa Vila, D. Xosé Crespo Iglesias, D. José Juan Durán Hermida, Dona Mª Teresa Pedrosa Silva y Dona Mª Corina Porro Martínez. Queda enterado o Pleno das seguintes: A) De extractos de Resolucións Presidenciais ditadas pola Presidencia entre os días 23 de xullo e 22 de setembro do ano 2007 e que foron trasladados ós Voceiros dos distintos grupos políticos. B) De Resolución Presidencial de data 3 de agosto de 2007, sobre designación de Vicepresidentes/as da Corporación Provincial ós seguintes membros da Xunta de Goberno: D. José Manuel Figueroa Vila, D. Xosé Crespo Iglesias, D. José Juan Durán Hermida, Dona Mª Teresa Pedrosa Silva e Dona Mª Corina Porro Martínez. FÓRA DA ORDE DO DÍA, e previa declaración de urxencia, tratáronse os seguintes asuntos: Sr. Presidente.- Fóra da orde do día. Sr. Figueroa Vila.- Si, o noso grupo vai a plantexar dúas mocións, había unha terceira pero vamos a deixala, e vamos tamén neste Pleno a dar conta dunha cuestión formal, pero que vamos a reunir a Xunta de Voceiros antes de todos os Plenos para facer o repaso da orde do día do Pleno loxicamente e todas aquelas cuestións que se poidan plantexar, e tamén dicirlles a todos os membros da Corporación que dende o equipo de goberno se lle fixo un plantexamento ós dous grupos da oposición dunha cuestión formal, que é o tratamento das mocións, que as mocións entrarían ata as propias comisións dentro da orde do día do Pleno ordinario, é dicir, o tratamento nesas propias comisións ata a data e que nos reservaríamos pois a Xunta de Voceiros para temas excepcionais ou cuestións que se poidan plantexar fóra da orde do día ou que considere que a Xunta de Voceiros poida ditaminar por unanimidade. ¿Que quere dicir isto?. Bueno, que en principio a formalidade será na tramitación das mocións dar de prazo ata o último día, ata o día das comisións para incluílas na orde do día, para que presente cada un dos grupos políticos e se houbera algún tema excepcional pois na Xunta de Voceiros loxicamente podería tratarse. Hoxe nós anunciamos que este procedemento, xa o anunciamos o outro día que íamos a presentar tres mocións pero agora vamos a presentar dúas só e exclusivamente, polo trámite de urxencia, vamos a intentar que esta forma de actuar non sexa o habitual, senón todo o contrario, que as mocións pasen polas comisións, así llo anunciamos o outro día, pero hoxe, tamén lle anunciamos na Xunta de Voceiros que íamos a traer tres mocións, ó final o vamos a deixar en dúas e por iso vamos a intentar pedir a ratificación da urxencia para tratalos pero adiantarlle que xa foi exposto na propia Xunta de Voceiros. Sr. Presidente.- Moitas gracias Sr. Figueroa. 13.5588.- MOCIÓN DA PRESIDENCIA SOBRE NOMEAMENTO DE REPRESENTANTES DA DEPUTACIÓN NO COMITÉ DE DIRECCIÓN DA INICIATIVA COMUNITARIA EQUAL-PROXECTO “CONTA CON ELAS” Sr. Presidente.- A primeira Moción da Presidencia sobre nomeamento de representantes da Deputación no Comité de dirección da iniciativa comunitaria Equal-Proxecto “Conta con elas”. Nomear representantes da Deputación Provincial de Pontevedra no Comité de Dirección da Iniciativa Comunitaria Equal-Proxecto “Conta con elas”, neste caso a Sra. Vicepresidenta da Deputación Provincial Mª Teresa Pedrosa Silva e o Deputado Provincial D. Xosé Carlos Silva Mariño. Votamos a urxencia. ¿Votos en contra?. ¿Abstencións?. ¿A favor?. Votamos entón o punto. ¿Votos en contra?. ¿Abstencións?. ¿A favor?. O Pleno acorda por maioría de votos a favor do PP e coas abstencións do PSdeG-PSOE e o BNG, aprobar a Moción da Presidencia sobre nomeamento de representantes da Deputación no Comité de Dirección da iniciativa comunitaria Equal-Proxecto “Conta con Elas”, e que é do seguinte teor: “Dada conta do acordo de constitución da Agrupación de Desenvolvemento Área Metropolitana de Vigo para o proxecto “Conta con ElasIniciativa EQUAL, da que forma parte esta Deputación como entidade asociada. Resultando que segundo informe do Servizo de Acción Social, de data 19 de setembro de 2007 é preciso designar dous representantes da Corporación Provincial para o Comité de Dirección do citado proxecto. Considerando que o art. 58 c) do RD 2568/1986, de 28 de novembro determina que corresponde ó Pleno a designación de representantes da Corporación en órganos colexiados. Esta Presidencia somete á consideración do Pleno a adopción do seguinte acordo: Nomear representantes da Deputación Provincial de Pontevedra no Comité de Dirección da Iniciativa Comunitaria Equal-Proxecto “Conta con elas” á Sra. Vicepresidenta desta Deputación Provincial de Pontevedra Dona Mª Teresa Pedrosa Silva, e ó Sr. Deputado Provincial, D. Xosé Carlos Silva Mariño.” 14.5589.- MOCIÓN DO GRUPO PROVINCIAL DO PARTIDO POPULAR (PP) SOBRE A CONSTRUCIÓN DUN NOVO HOSPITAL EN PONTEVEDRA Sr. Presidente.- Moción do Grupo Provincial do Partido Popular (PP) sobre a construción dun novo Hospital en Pontevedra. Ten a palabra neste caso Dona Teresa Pedrosa. Sra. Pedrosa Silva.- Moi bos días a todos e a todas. El Grupo Provincial del Partido Popular en la Diputación de Pontevedra presenta para su debate en el Pleno una moción sobre infraestructuras sanitarias en la provincia de Pontevedra y en concreto la relativa á instar a la Xunta de Galicia la construcción de un nuevo Hospital en un nuevo emplazamiento en la ciudad de Pontevedra en sustitución del proyecto de ampliación sectorial de Montecelo que está previsto ejecutarse por el SERGAS. El área sanitaria de Pontevedra como todos ustedes saben afecta a 21 concellos, o 28 si incluimos el Salnés, que muchos de los servicios dependientes de los ciudadanos del Salnés se atienden también en Pontevedra con una población cercana a las 300.000 personas. Y entendemos. Sr. Presidente.- Un momentiño Dona Teresa. Sr. González Iglesias.- Non, non, está entrando no fondo da moción. Sr. Presidente.- Está intentando facer unha pequena explicación da urxencia. Sr. González Iglesias.- Non, non, está entrando no fondo da moción, lea. Sr. Presidente.- Primeiro votamos a urxencia. Sra. Pedrosa Silva.- Primeiro a urxencia. Ya la conocen y por eso no la leí. Sr. González Iglesias.- Mire, adiántolle que xustifique o que xustifique o Partido Socialista como é norma vai a votar sempre a favor das urxencias de todas as mocións. Sra. Pedrosa Silva.- Perdón entonces. Procedemos a votar a urxencia da moción e entramos xa directamente no fondo. Sr. Presidente.- Procedemos polo tanto á votación da urxencia. ¿Votos en contra?. ¿Abstencións?. ¿A favor?. Proceda Sra. Pedrosa a seguir coa intervención. Sra. Pedrosa Silva.- Continuo con el argumento que nos lleva a plantear esa moción en el Pleno de la Diputación de Pontevedra. Decir que existe una demanda de una nueva infraestructura sanitaria en la ciudad de Pontevedra desde hace mucho tiempo, y en este momento como todos ustedes saben se está planteando hacer una cuarta reforma del Hospital de Montecelo que en este caso supondría la creación de un Hospital único en la ciudad de Pontevedra y la eliminación del actual que existe en este momento, pero procediendo a reformar las instalaciones de Montecelo y no a la creación de un nuevo Hospital como lo están haciendo en las otras ciudades de Galicia. Esta demanda de construcción de un nuevo Hospital en la ciudad de Pontevedra está avalada por la ciudadanía en general, puesto que todas las federaciones de vecinos, la plataforma en defensa de la sanidad pública, la plataforma en defensa de la sanidad, una exproceso creada para defender este nuevo Hospital, el Colegio Médico y demás, pues siguen avalando la creación de un Hospital nuevo y consideran que en este momento es el momento clave para tomar esa decisión de construir un nuevo Hospital en la ciudad de Pontevedra y no de continuar con la reforma de un Hospital que se inició ya en el año 1971 y que en este momento no cumple ni los parámetros de modernidad que un Hospital exige ni de necesidades quirúrgicas que en este momento demanda el área sanitaria de Pontevedra y tampoco de plazas asistenciales como viene siendo puesto de manifiesto en numerosos casos. Los únicos argumentos que la propia Xunta de Galicia a través de la Dirección del Sergas ponen encima de la Mesa para continuar con la reforma y no hacer un nuevo Hospital se refieren a tres aspectos que en este momento voy a poner de manifiesto y también la alternativa al mismo, en los plazos, al coste y al terreno. El primero de ellos, en cuanto a los plazos, la ampliación que el Sergas pretende hacer en la ciudad de Pontevedra en esta cuarta fase que estaría dividida a su vez en cinco fases, va a suponer mínimo, dicho por el Sergas a día de hoy, un documento que elaboró a petición del concello de Pontevedra para rebatir la propuesta del Partido Popular de creación de un Hospital único en el propio concello de Pontevedra, en cuanto a los plazos la ampliación se fija en seis años de plazo, puesto que el propio Sergas dice que estará operativa en el año 2013, si todo va bien. El nuevo Hospital que plantearía esta moción según el propio Sergas tardaría 10 años en construirse y no estaría hasta el 2017. Este es un argumento peregrino por cuanto el propio Sergas va a construir un nuevo Hospital en Vigo, bastante más grande, de 1.440 camas, con una inversión tres veces superior a la de Pontevedra y el propio Presidente de la Xunta, el Sr. Touriño, en el pasado mes de julio, cuando presentó el proyecto manifestó que estaría operativo en el 2012. ¿Cómo es posible que un Hospital de 1.440 camas y de 380.000.000 de euros de inversión se construya en cinco años y una ampliación de Pontevedra en cinco, en seis, perdonen, más que este tiempo, y la construcción de un nuevo Hospital de aproximadamente 800 o 900 camas en Pontevedra se tarde 10 años?. Es decir, no es lógico que a tan sólo quince kilómetros los constructores y promotores de Vigo trabajen a la doble velocidad que en Pontevedra. Con lo cuál el argumento que el Sergas presenta se cae por su propio peso. En cuanto al otro tema que se discute, es el tema de la financiación, inicialmente estaba previsto hacer una reforma, la cuarta fase de Montecelo, con un presupuesto de unos 30.000.000 de euros, estaba ya licitada esta reforma pero se planteó por el nuevo gobierno hacer un nuevo hospital en esa zona, hacer una nueva reforma que abarque un Hospital único y el presupuesto es de 130.000.000 de euros. Es un presupuesto superior a la licitación del Hospital de Lugo que tiene 200 camas más que el de Pontevedra, más metros cuadrados y un presupuesto inicial de 117.000.000 de euros, con lo cuál es ilógico hacer una reforma en un Hospital cuando el presupuesto inicial llegaría para hacer un Hospital nuevo que es lo demandado por la ciudadanía de Pontevedra con lo cuál es otro argumento que cae por su propio peso y más si tenemos en cuenta el informe que el Sergas hizo para el concello de Pontevedra, en cuanto al análisis de esa dualidad es tan alucinante como que los accesos a Montecelo que pagaría en principio la Diputación, según el Sergas, costarían 3.000.000 de euros y los accesos al nuevo Hospital 10, adivino el Sergas porque sin saber donde va a ser el nuevo Hospital es difícil valorar un coste de una actuación de infraestructura cuando no sabes dónde va a estar. Lo mismo que por ejemplo los servicios que cifran el actual proyecto en 3.000.000 de euros y en el futuro en 10, con lo cuál otro argumento que cae por su propio peso y que además creo que Pontevedra necesita tener liderazgo suficiente como para poder asumir una infraestructura sanitaria de futuro que sea necesaria para atender a la población a la que se dirige. Y por último el otro argumento que se pone en cuestión es elegir unos nuevos terrenos, eso es un concepto que tiene que ser estudiado por el concello de Pontevedra que va a ser el destinatario de la infraestructura que si es cierto que lleva ocho años de retraso en la elaboración de un plan general como todos ustedes saben el gobierno actual cuando accedió en el año 99 consideró prioritario elaborar un nuevo plan de ordenación municipal y ocho años y medio después aún no cumplió la primera fase. Entonces sería necesario tener un consenso entre las tres fuerzas políticas que forman parte del concello de Pontevedra, el Sergas y el equipo redactor del Plan General, para encontrar una nueva ubicación y tramitarla del mismo modo que en Vigo y Pontevedra que es a través de un Plan Sectorial de Incidencias Supramunicipal que iría al margen del Plan General aunque se determinase de modo conjunto. Teniendo en cuenta todo esto el Grupo Provincial del Partido Popular en Pontevedra considera que para su debate en este Pleno que es necesario abordar esta infraestructura, que es el momento oportuno para dejar de pensar atrás y de mirar cara al pasado, y si mirar al futuro pensando que es el momento histórico que Pontevedra necesita, no podemos seguir conformándonos con que nos ignoren en los presupuestos de la Xunta, en los presupuestos del Estado y en los presupuestos del Sergas también y que Pontevedra siga siendo un Hospital comarcal dependiendo del de Santiago o el de Vigo, creemos que son 28 o 29 los concellos dependientes y que en este momento es clave llegar a un consenso entre todas las fuerzas políticas para demandarlo así y que dentro de unos años no tengan que mirar a la hemeroteca para arrepentirse de votar en contra de una moción tan coherente como esta y tan necesaria para la ciudad de Pontevedra y para su área de influencia. Muchas gracias. Sr. Presidente.- Moitas gracias Dona Teresa Pedrosa. Ten a palabra o Sr. D. Cesáreo Mosquera Lorenzo. Sr. Mosquera Lorenzo.- Gracias Sr. Presidente. Permítame que antes de entrar no fondo da cuestión pois faga referencia ás declaracións do Sr. Figueroa que non se sabe exactamente se estaba tratando un punto ou estaba falando, bueno, non sabe, a propósito, aproveito esta ocasión. Efectivamente o outro día, publicamente pero non variando con respecto a outras veces, houbo Xunta de Portavoces, e na Xunta de Portavoces coas que sistematicamente non asiste o Presidente que é quen ten que firmar a orde do día, co cal están bastante eivadas, pois pasaron varias cousas, o que dixo el, pero tamén quedou clarísimo de que o grupo de goberno non adquiría o compromiso de tratar no Pleno as mocións, simplemente levalas á comisión, co cal con votar en contra da urxencia o non incluíla pois non vin por ningún lado nin na intervención de hoxe nin na do outro día, o compromiso de tratar as mocións dos grupos da oposición, no vin por absolutamente ningún lado. Tamén na súa intervención houbo un lapsus tremendamente curioso porque di que había dúas e había tres, o problema é que aquí o PP entende, traicionao o subconsciente, porque é, non é porque se retire unha, é que había catro, retírase unha e quedan tres, había o nomeamento que acabamos de votar. E ó único que lle dan importancia nesta casa, e creo que esta época que levamos, aínda non chegamos ós 100 días, xa chegaremos, xa o valoraremos, pois lle preocupa moitísimo máis a cuestión de facer política cara outras institución que de xestionar aquí a propia casa, entón o que é de xestión de aquí parece que non existe, pero indo, queda constancia deso, e imos ó asunto que se trata na moción. Entón eu non podo por menos que facer uns antecedentes que son moi claros e que xa é unha disputa en Pontevedra de hai moito tempo, non, eu dou posicionamentos que era manter a estrutura partida entre o Hospital Provincial e Montecelo ou ben facer un Hospital con servizos únicos, Hospital único que foi unha postura defendida dende hai moitísimo tempo, como dende o ano 99-2000, por parte de certos colectivos e de parte, e o goberno local de Pontevedra. Curiosamente, curiosamente todo o Partido Popular e non só o Sr. Fraga, é realmente deleznable que neste momento se diga, non, é que Fraga enganouse, mire, 18 de novembro do 2000, Louzán anuncia que non haberá Hospital único en Pontevedra e defende con uñas e dentes que non debe habelo. E incluso chega a dicir que esperen os colectivos porque hai unha inversión prevista para Pontevedra moi importante, a cuarta parte do que vai agora, que non queremos paralizar baixo ningún concepto. Entón naquel momento en que se estaba debatendo se o Hospital único ou non estaban en contra do Hospital único, e moito, moito, moito menos, en contra de facer un novo Hospital e en xaneiro de 2001 o concello ofrece, ofrece con acordo firme da Xunta de Montes terreos para construír un novo Hospital e a resposta foi furibunda por parte da Consellería de Sanidade, o Sr. Louzán, etc., etc. Ben, non só foi o concello de Pontevedra, o concello de Barro, que o que preside, o alcalde, foi compañeiro de Corporación a vez pasada, ofreceu terreos tamén e a resposta foi con caixas destempladas que non había, non só non había Hospital novo senón que non había nin Hospital único. Os feitos están aí, espero, o que resulta absolutamente curioso é que cando hai dous anos a nova Xunta decide aceptar a reivindicación colectiva e do goberno local de Pontevedra e dos colectivos sociais, de facer un Hospital único, ninguén di nada, ninguén di nada, ou sexa, pasan dous anos e cando xa é firme, exposto ó público e demais de repente, de repente acorda o Partido Popular que do dito anteriormente nada, que deses dous anos que estivo en tramitación nada e que agora de repente pois vamos por elevación e nos acorda, aínda bo que non lle acordou cando estaban as obras feitas, porque tamén lle puido acordar, lle acorda que hai que facer un novo Hospital cando no momento en que había que tomar a decisión se opuxeron frontalmente e cando se empezaron os novos trámites para dar cumprimento á demanda histórica de facer un Hospital único e non ter partida de asistencia coas disfuncións que creaba, pois resulta que tampouco din nada, nese caso non din nada e antes contradinse furibundamente. É moi curioso comparar as mocións que presentaron no concello e que presentan na Deputación, é curiosísimo e as saídas de tono pois son francamente curiosas, alí parece que é unha comparación con outros lados, incluso da propia provincia, agora xa non, agora xa é só co de Lugo, agora parece que a comparación é co de Lugo, non se sabe que especie de, e citando declaracións, mire, o Hospital de Vigo vai máis retrasado que o de Pontevedra, e o veremos, vai máis retrasado porque o proxecto sectorial aínda non está a exposición pública, vai máis retrasado e asegúrolle que non vai a estar no 2012, ogallá, ogallá Vigo o tivera no 2012 ou no 2010, agora colle declaracións contra feitos cando os feitos están aí e se Vigo consegue o Hospital no 2012 aleluia, pero seguramente que vamos a falar de que vai a estar dous ou tres anos despois do de Pontevedra senón ó tempo. Pero bueno, eu non quero entrar nesa discusión. Ben, pois agora que estamos nunha situación en que a Xunta que tiña previsto investir 27.000.000 de euros e facer un Hospital partido mediante a cuarta fase e vai a investir 120 e se fai o Hospital único e cando xa estamos deixando pasar todo o tempo, porque esta decisión hai anos que está anunciada, pois saímos con que, cando estamos tocando, tocando o inicio das obras e o cumprimento dunha demanda pois de repente saímos por peteneras. Ben, eu manteño, ou nós mantemos, a mesma proposta pero matizada por se hai algún erro, por se hai algún mal entendido ou erro. Dende logo, despois paso a explicar a proposta matizada. Dende logo é radicalmente falso que a Deputación non financie a sanidade, estivo ... obra en sanidade, tivo o Hospital Provincial meteu cartos en grandes cantidades no seu momento e a Deputación se algo ten que precisamente é o que a converte nun trasto institucional absolutamente disfuncional dentro do entramado administrativo é que mete os cartos, e na súa man moito máis, onde lle peta. É ata hai uns meses non metía cartos en ter unha gardería e agora mete cartos en ter unha gardería. E ata hai uns anos non metía cartos en viais doutras administracións e agora acáballe de facer unha ponte e arranxarlle os viais á COTOP, etc., ou sexa pode metelos onde queira, ou sexa, que ese argumento non vale, pero de todas maneiras, de todas maneiras non quero convertelo en ningunha argumentación central. A cuestión de fondo que vostedes plantexan non é que non sexa unha grandísima mellora para a dotación hospitalaria, facer un Hospital único e deixar o Provincial digamos para crónicos, seguir co uso hospitalario pero diferenciado dos agudos e demais. Non é o argumento central, porque iso evidentemente non poden, incluso na moción do concello de Pontevedra escriben directamente que é unha intención encomiable e un gran avance facer o Hospital único. Non van por aí, van polo agravio comparativo, o famoso agravio comparativo que efectivamente coas previsións que había do Partido Popular había un agravio comparativo claro con respecto á área sanitaria de Pontevedra, clarísimo, pero nestes momentos, nestes momentos, eu propóñolle o seguinte reto, se demostran que a área sanitaria de Pontevedra está, en previsións de dotacións hospitalarias, por debaixo da media dos outros hospitais doutras cidades, nós nos comprometemos a pagalo, nós nos comprometemos a pagalo. Agora, se o que pretenden vostedes é poñelo moi por riba, nós digo o concello de Pontevedra ou o Sergas, a negocialo co Sergas, agora se o que pretenden vostedes é que estea o dobre, ou sexa, se cando vamos a poñernos na media ou algo por riba da media con este proxecto, algo por riba da media, se o que pretenden vostedes é inviabilizar isto, que non nos coloquemos nin na media, cunha proposta de ir, bueno, por arriba, verdade, como dicía alguén, pois que os médicos sexan guapos, as enfermeiras sexan guapas, as médicas sexan en fin, espléndidas, que cando vas alí xa non é que teñas que pedir vez senón que te estean agardando, se o que se pretende é que prometendo iso, verdade, paralizar todo, entón estamos falando doutra cousa, ¿non sei se me expliquei ben?. Se o que pretenden vostedes, o que custe á maiores da media das outras cidades galegas o pagan vostedes nós estamos dispostos a negociar. Porque estamos no pleno convencemento de que por unha vez, por unha vez os proxectos que hai do Sergas non discriminan a Pontevedra en absoluto, á área sanitaria de Pontevedra, en absoluto, estamos en conxunto por riba da media, estamos plenamente convencidos, entón se están convencidos de que hai esa discriminación comprométanse a dicir, miren, o que propoñemos nós o que custe a maiores da media dos demais o pon a Deputación, e á parte se están tan convencidos, porque ese discurso de discriminación se me falan de que estamos discriminados na circunvalación polo retraso dígolle que si, agora, o da sanidade para unha vez que vamos a lograr nalgún aspecto estar pola media ou por riba da media, con respecto a outros sitios non nos veñan co discurso porque entón é tramposo, é tramposo e non só é tramposo senón que absolutamente fóra de lugar e poden cubrir outras cousas, ou sexa, seguir deteriorando a sanidade pública e que Pontevedra non teña iso e tal, entón creo que quedou clariño, non é o que custe a maiores disto, non, non, o que custe a maiores do que estea na media, o que propoñen vostedes. Entón se estamos por debaixo con este proxecto pois o paga entre o concello e o Sergas, agora, se o que pretenden vostedes está por arriba o pagan vostedes, e así a ver se acabamos co discurso da discriminación, cando non é certo, noutros casos si, era certo coa proposta que tiña o Partido Popular hai só dous anos e medio, e non abriron o pico, todo ó contrario, defendíana e aplaudíana coas orellas. É clariño, é clariño, modifique a proposta que fixemos o outro día, que era o que custe a maiores que o pague a Deputación, non, non, o que custe a maiores da media, da media da dotación hospitalaria doutras cidades. Se iso, e evidentemente, evidentemente como vostedes os prazos os manexan moi ben e os demais somos un desastre pois comprometerse tamén a tramitar iso nun tempo récord, ou sexa, ter os terreos, vamos non en quince meses, nun, non hai ningún problema porque como vemos cando a un lle afectan un terreo non é só que o dea senón que o vai aplaudindo e xa firma antes de que se lle pida para cedelos ou para que se lle expropien. Entón comprométanse a iso e xa está, e senón, mire vostede, o que temos que pensar, e creo que calquera con dous dedos de fronte o ve, é que para unha vez que temos un proxecto firme e financiado, que está a exposición pública, que van a empezar as obras, que nos coloquen a dotación hospitalaria, por riba, pouco, pero un pouco por riba da media de Galicia, das dos outros hospitais, das outras áreas sanitarias, resulta, resulta que de repente todos son problemas e volvemos atrás, cando estiveron impulsando e defendendo algo que si nos deixaba por debaixo da dotación hospitalaria e entón haberá que pensar noutros, noutros intereses e demais, que realmente eu creo que cada vez son máis obvios, visto que non saíron hai dous anos cando se anunciou o do Hospital único, que se ía por esa tramitación, van dous anos de tramitacións alá e non saíron, saen agora e disparan. Eu lle volvo a repetir o reto, non me repitan que se en Vigo se inviste non sei cantos millóns en Lugo se inviste non sei cantos, en Ourense non sei cantos ou en Ferrol non se inviste ou na Coruña se inviste. Se a dotación hospitalaria para a poboación, para todos cos parámetros e tal, de Pontevedra, con este proxecto queda por debaixo da media nós nos comprometemos a esixir ó Sergas e todo o que faga falta para que mellore, agora se quedamos por riba da media, o proxecto ese que queren vostedes, o que custe a maiores o financie a Deputación, porque entón estarían demostrando que non é un farol para interromper para unha vez que vamos a estar por riba da media e en tal. Se a min me falan da asistencia sanitaria da área de Pontevedra que está en problemas coas baixas dos médicos, que hai problemas e tal, todo isto estou de acordo, agora en canto a estrutura hospitalaria e demais e en canto a se quere, non quero entrar en datos pero se quere éntrolle en datos e compárolle con outras cidades, verdade, e en conxunto, as previsións hospitalarias que hai están aí obxectivadas, entón vamos a pedir máis consultas externas cando temos a ratio de consultas maior de case todos os hospitais de Galicia, pero pedimos máis, claro que pedimos máis, faltaría máis, collemos o uso das camas e demais e estamos na media de ratio e incluso co Hospital para crónicos, que xa lle gustaría noutro lado, o Provincial, telo, etc., etc. Entón non sigamos con ese discurso, o outro día no concello de Pontevedra era a comparación con Vigo, agora aquí xa non o poñen en comparación con Vigo, porque claro Vigo tamén é de Pontevedra e faltaría máis, etc., etc. Entón eu sigo mantendo a proposta, dende logo nós estamos por mellorar, estivemos en todas as manifestacións, e todos os posicionamentos, cumprimos co que había pero o que non podemos aceptar agora é que nos interrompan sen ningunha alternativa cunha intención clara de que dentro de dous ou tres anos seguimos dando voltas, é tumbar un proxecto que nos vai poñer por riba, por riba da media das dotacións hospitalarias que teñen as áreas sanitarias de Galicia. Para unha vez que temos iso, das poucas veces que en Pontevedra, verdade, é a sexta cidade en tamaño, polo tanto, pois en fin hai outras necesidades e sempre se queda, ás veces escandalosamente atrás outras veces menos, outras veces tal. Para unha vez que vamos a estar igual ou mellor que os demais sae o Partido Popular a armar o follón porque non vaia a ser que logremos, verdade, esa efectividade e eses compromisos. ¿Que podemos estar mellor?, fantástico, pois se estamos mellor, iso é que vamos estar por riba, é mellor, e que o Partido Popular está tan preocupado aquí na Deputación, comprométense vostedes a financialo e así non temos a ratio, temos o dobre da ratio de camas, de consultas, de todo, de todo o do mundo, do mundo. Agora nós, francamente, despois de ter que batallar co Partido Popular para que nos fixera un mínimo, un mínimo das reformas, etc., e que vostedes defenderon a capa e espada, vostede Sr. Louzán, en particular, para que nos fixera un mínimo, agora conseguir que nos poña na media ou por riba da media, francamente desaproveitar esta oportunidade sería absolutamente de tolos, de tolos. Se hai unha mellor, poñan cartos e prazos enriba da mesa e nós lle votamos a favor e transacionamos e asegúrolle que, vamos, encantados, absolutamente encantados, senón teremos que entender que isto responde a outras cousas, e responde por exemplo a que vamos por arriba, pero é algo tan miserable como pagar a Deputación un vial, como sae un pouco máis caro, están decididos a non pagalo, ou sexa, a non pagalo, porque lle sae máis caro do previsto, ou sexa, o Sergas pasa de 27 millóns a 120, o concello de Pontevedra triplica ou cuadriplica tamén os custes que ten implantar ese Hospital, e á Deputación se lle custaba x e lle vai custar un pouco máis entón xa empeza a movela e dicir que non, e non é só que se comprometa a ese futuro enorme e demais senón que non quere nin pagar ese pequeno sobrecusto que supón pasar á Hospital único e non seguir co Hospital dividido. Nada máis por agora e moitas gracias. Sr. Presidente.- Moitas gracias D. Cesáreo Mosquera. D. Emilio González. Sr. González Iglesias.- Home, eu a verdade pensei que a poñente ía a darnos os datos da provincia de Lugo que figuran na moción, na moción que presentan vostedes, e pensei que ía a empezar a súa intervención doutro xeito, pensei que nos ía a dicir a todos por que razón o Partido Popular cambia de idea e cambia de opinión, nestes ..., cousa que non fixo, é curioso, é dicir, estamos nun proceso que no ano 2000, como se dicía antes, non é só o Sr. Louzán que o anuncia, é dicir, nunha rolda de prensa na que estaban presentes o Sr. Hernández Cochón, que algo tiña que ver na sanidade, a Dona Ana Pastor que tamén tiña que ver, e o anuncio ía por aí, ía por ampliar o Hospital, non ía por ningún novo Hospital. Ata o ano 2005, creo recordar así por riba, investíronse nesa ampliación da orde de 50 millóns de euros. É dicir, home, dificilmente un partido político que se mantén no goberno de Galicia dende os últimos 16 anos, ata hai 2, pode dous anos despois caer da burra e dicir, mire, todo o que dicíamos ata agora, todo o que investimos ata agora non vale para nada, absolutamente para nada. Agora acabamos de descubrir dende que estamos na oposición, que o que hai que facer realmente é un novo Hospital. Pensei, iluso de min, que, nos ía a xustificar o seu cambio de opinión, cousa que ata agora non se deu, claro, é bastante normal, é dicir, xustificar un cambio de opinión dicíndolle á opinión pública que tiraron vostedes con 50 millóns de euros, que non lle facían caso absolutamente a ninguén no tema, e que dous anos despois de perder o goberno topáronse con que había que facer outra cousa, que había que facer un novo Hospital, é difícil de entender porque terían que empezar pedindo perdón, cousa que vostedes normalmente non fan. Mire, como lle dicía antes, eu pensei que me ía a dar datos da provincia de Lugo e demais, e entón, non os dou eu tampouco, está claro. Pero si entra vostede, tampouco vou a entrar no tema do Hospital único, creo que xa está suficientemente explicado, pero si entra vostede nunha argumentación que é a do novo Hospital de Vigo, e di, se aquí se van a tardar, se segundo o Presidente da Xunta, no 2012 está construído o novo Hospital de Vigo, por que non se comeza agora o tema do novo Hospital en Pontevedra, porque bueno, non se vai a tardar moito máis. Mire, grandes diferenzas, como vostedes din na súa moción, non hai ubicación, e o din vostedes na súa moción, non hai ubicación, a ver onde, claro, mire, dende un Hospital que está agora mesmo nun proceso de licitación, que é o de Vigo, a falar dunha idea que agora mesmo non se sabe onde se vai a plasmar, pois mire, o retraso evidentemente é importante, claro, parece que en toda intervención e en todas as mocións que plantexa o Partido Popular nestes temas, só hai no fondo unha cuestión, e é que non se faga nada, non se faga nada, e así dentro de dous anos diremos como bandeira electoral, que non se fixo nada, iso é realmente o que está no fondo da súa moción. Porque senón, home, non me explicarán vostedes, como ampliación na quinta fase cando vostedes plantexaban cando gobernaban eran 10 millóns de euros e agora son 70, para vostedes 10 eran suficientes e era suficiente aquela ampliación, e agora resulta que 70 non valen para nada e que hai que ir a un novo Hospital. Home, a verdade é que dificilmente calquera pode entender este tema. E digo isto facendo claramente alusión ó Partido Popular, porque loxicamente o plantexamento tanto da sociedade pola defensa da sanidade pública, da asociación, perdón, como do Colexio de Médicos, coma doutros colectivos que estiveron mantendo esa posición, me parece normal, mantiveron sempre unha posición e seguen manténdoa. O que parece un pouco absurdo é que o partido que gobernaba con maioría absoluta en Galicia cando podía facelo non o fixo, cando podía traballar na previsión do novo Hospital non o fixo, na ubicación dese novo Hospital non o fixo, e agora o único que pretende é que non se faga nada, simplemente iso, ou sexa, seguir empeorando a situación. E, mire, vostede sabe que cando un está gobernando ten que facer as previsións a medio prazo, e a grande desgraza de Galicia é que mentres gobernou o Partido Popular as previsións a medio prazo non existían, se ía a parches, sistematicamente. E nesta provincia hai probas de abondo, de abondo, desa forma de facer política que tiñan vostedes. Non só na sanidade, ou sexa, vaian vostedes ó corredor do Morrazo, e explíquenme e díganme se realmente iso era facer política con previsión de medio prazo, para nada, e podemos nomear moitisimas máis cousas, moitisimas, en todos os campos ademais. Home, dificilmente, volvo a repetir, alguén, algún partido político serio pode apoiar mocións deste tipo por parte do goberno e por parte do partido que estivo gobernando durante 16 anos como dicía antes e non fixo absolutamente nada neste campo, que agora anuncian, é dicir, caeron do cabalo como San Pablo, bueno, ben, explíquennos o por que e ó mellor se os argumentos son de peso e de suficiente importancia e a todo isto lle piden perdón ós cidadáns por habelo feito tan mal neses dezaseis anos na sanidade, ó mellor nos sentamos todos e empezamos a parir outra idea diferente. Nada máis. Sr. Presidente.- Dona Teresa Pedrosa. Sra. Pedrosa Silva.- Pues estoy realmente sorprendida con las dos intervenciones porque yo también pensé que iban a dar algún argumento de peso y el único argumento que dan es en el caso del Bloque Nacionalista Gallego, le cuesta realmente complacer el pacto de gobierno en este caso porque el Sr. Mosquera y yo sabemos de sobra lo que opina el sobre el Hospital único, y un nuevo emplazamiento o hacerlo en el terreno de Montecelo. Pero en este caso tiene que dar cumplimiento a ese pacto tanto en Pontevedra como en Galicia y tiene que tragar la propuesta que le hagan y no defender los intereses de Pontevedra sino los del partido en el que milita, que yo creo que es un error. Ustedes hablan todo el tiempo de que si el cambio de postura, no creo que quiera que le recuerde aquí los cambios de ustedes, porque vamos, desde unha navallada a Galicia, hasta recuerdo al Sr. Mosquera con la pancarta de “non a Sogama”, y ahora es fiel amigo de Sogama, porque una cosa es estar en la oposición y otra gobernar, eso parece bien que una vez que están gobernando nueve años no es tan fácil hacer un sistema propio de recogida de basura y hay que sumarse al carro, cuando se está en la oposición, vamos, de terroristas trataba a los de Sogama. Pero vamos, sin tener en cuenta ni poner comparaciones odiosas aquí hay un cambio de planteamiento y un cambio de tiempo, como bien decía el Sr. Mosquera, ese planteamiento se hacía en el año 2000, en el año 2004 había un proyecto para hacerlo, ya estamos en el año 2007, cada vez todo avanza más, todo tarda más en el tiempo y creo que es bueno hacer propuestas alternativas cuando encima de la mesa está la posibilidad, los plazos, el dinero y la posible ubicación para hacerlo, y yo creo que es serio y riguroso hacer una propuesta que todo el mundo está de acuerdo y que los argumentos que utilizan los que ahora dicen que no, que antes decían que si, porque ustedes también cambiaron de opinión, cuando estaban en la oposición como el que iba a construir la obra era el PP pues querían hacer un Hospital grande único y fuera, y ahora no quieren porque como gobierna el PSOE y el Bloque y la propuesta es hacerlo en Montecelo, se suman al carro y es “si boana”. Miren Sr. González y Sr. Mosquera, esto, en primer lugar lo que le recomiendo al Sr. González ya es leerse el expediente, porque dice “van a tirar con 50 millones de euros”, muy bien, 50 millones de euros que se invirtieron en sanidad hace siete años, seis, siete, ocho, y que el Sr. Touriño va a tirar en su proyecto, porque si se lee el proyecto que presenta el Sr. Touriño, el 60% de lo construído con esos 50 millones se va a demoler para hacer el nuevo Hospital, con lo cuál es igual demolerlo ahí, que si que es tirarlo, que mantenerlo para otros usos hospitalarios como plantea la alternativa de la construcción de un nuevo Hospital. En este caso si que se va a tirar a la basura los 50 millones de euros, de los cincuenta por lo menos 30, pero parece que no importa porque a ustedes, total, que más da. Yo no estoy comparando esto con otras ciudades, estoy diciendo que los argumentos que utiliza el Sergas para decir que no, los argumentos que utiliza el Sergas para decir que no se desmontan porque si el Sr. Mosquera decía hace un rato que en Vigo es imposible construir un Hospital en el año 2012, el que miente es el Sr. Touriño, pero descaradamente, porque el Sr. Touriño da una rueda de prensa en Vigo, en agosto de 2007, es decir, o en julio, hace dos meses, presentando el proyecto, y dice que estará operativo en el año 2012, en el 2008 se harán las expropiaciones, estarán realizadas, en el 2009 se licitarán las obras y se iniciará la construcción, y en el 2012 estará abierto al público, Sr. Touriño, no miente Teresa Pedrosa miente según Mosquera el Sr. Touriño, que dice el Sr. Mosquera que no va a estar. En cuanto al terreno, que en la fase que está Pontevedra está muy atrasado, mire, en Vigo hace muy poco que no había terreno y ya hay proyecto, es cuestión de liderar una ciudad, de tener capacidad de liderazgo, de querer hacer una infraestructura y de poner de acuerdo a las partes para hacer esa infraestructura, cosa que no fueron capaces los de Pontevedra, pues serán mucho menos líderes que los de Vigo sin duda alguna. Entonces no me diga que utilice argumentos y argumentos peregrinos, aquí hay una propuesta muy clara, hay un dinero encima de la mesa para hacer un Hospital nuevo, hay una posibilidad, nosotros planteamos que esa posibilidad es la mejor, no hay ningún argumento en contra, y ustedes se empeñan en sacar hemeroteca, que si nosotros pensábamos hace un año, bueno, pues se puede cambiar, ¿y que?, es de sabios, cuando la oferta que está encima de la mesa, una oferta nueva, es mejor sumarse a ese carro, yo entiendo que es mejor hacer un Hospital nuevo que hacer una reforma, igual que yo los colectivos que entienden y que viven día a día en el Hospital, y es lícito presentarlo y lícito apoyar esa propuesta. Ustedes entienden que como hace diez años el PP pensaba que no se podía hacer o que no se debía hacer, pues ahora prefieren esa idea que planteaba el PP hace diez años que la que plantea ahora. Bueno, pues allá ustedes, dentro como digo de cinco años cuando el Hospital no esté hecho, porque no va a estar, y la reforma tampoco esté hecha porque no va a estar, porque recordemos que tardaron dos años el gobierno de la Xunta en decir que no, que iban hacer otra cosa, dos años, y aún están ahí porque cada reunión que vienen plantean una cosa diferente. Entonces pues allá ustedes y su falta de coherencia. Y lo digo porque ya la propuesta que hace el Sr. Mosquera, vamos, que no tiene ni argumentos ni sentido de pagar. En el Plan General de Pontevedra Sr. Mosquera, dicen sus amigos, Consultora Galega, que los contrataron, por cierto hoy mayoritariamente sus miembros dirigentes del BNG en la Xunta de Galicia, dicen que la ratio sanitaria de Pontevedra está muy por debajo de Galicia. Y que la infraestructura que se plantea que es un error histórico, que es un error histórico hacer una ampliación en Montecelo y que es necesario buscar una nueva ubicación para hacer un Hospital que crezca, eso lo dice Consultora Galega, Daniel del Pino, Director General de Vivienda de la Xunta y todos los demás que están en ese equipo, no lo dice ni Teresa Pedrosa ni el Partido Popular. Y la ciudadanía le dice, como le está diciendo muchas cosas, que es necesario reflexionar, no estamos queriendo confrontar nada, queremos simplemente que reflexionen, que reflexione la Xunta y que se planteen las cosas con coherencia. Que hoy no es lógico hacer un Hospital de diez plantas en un terreno que no puede crecer, hoy es lógico hacer Hospitales mucho más planos, pues como el que se plantea por ejemplo en Vigo, con cuatro alturas y seis edificios. Ahora, ustedes verán, tienen la oportunidad histórica y por remordimiento de que si el PP un día quiso hacer un Hospital van a decir que no. Allá ustedes y sus problemas, pero nosotros queremos dejar constancia que la Diputación de Pontevedra, por cierto, siempre estuvo ahí para ayudar en todas las infraestructuras que fueran necesarias, no parece lógico ni coherente que paguen un Hospital en Pontevedra como no se lo piden tampoco para Vigo, no por comparar, para el Hospital de Vigo el Sergas le pide 0 a la Diputación de Pontevedra y 0 al concello de Vigo, ahora, para el de Pontevedra tiene que pagar el concello, que ya les perdonó las expropiaciones y el aparcamiento, ahora sólo tiene que urbanizar, pero a la Diputación de Pontevedra cada día le pretende cargar más, ahora los viales, ahora también las expropiaciones, etc. Mire, hagan una propuesta seria también sobre el Hospital porque la verdad, el informe que plantea el Sergas es un cachondeo que no se lo cree ni el que firmó, que por cierto es el Secretario del Sergas. Y claro nosotros tenemos que tener que achantar con que nos digan que aquí se tarda 10 años en hacer una obra que en otras ciudades se tarda cuatro, que aquí cuesta el triple que en otras ciudades que están a 15 kilómetros, pues sinceramente no nos chupamos el dedo y creemos que este es un planteamiento político que discrimina una vez más a Pontevedra como lo están haciendo desde que están en el gobierno en estos temas relativos a este área norte de Pontevedra. Muchas gracias. Sr. Presidente.- Quere por alusións o Sr. Sotelo facer unha intervención. Sr. Sotelo Villar.- Sr. Presidente se me permite, como se fixo, non para falar do Hospital de Pontevedra, dese pretendido novo Hospital, senón simplemente de que como se fixo unha pequena alusión ó corredor do Morrazo eu o que me gustaría dicirlle ó Sr. Emilio González, que dende logo o que non fixo o Partido Popular no corredor do Morrazo é o que vostedes están facendo no corredor hoxe, no que pretende ser autovía do Barbanza. Mire, o corredor do Morrazo a pesar, a pesar, ... (Escoitase falar pero non se entende). Sr. Presidente.- Pero, déixeo falar Sr. González, déixeo falar por favor, sexa respectuoso, home. Sr. Sotelo Villar.- Mire, remato xa Sr. González, non se poña nervioso, mire, o corredor do Morrazo a pesar de vostedes e doutros que o día da inauguración estaban alí para saír na foto, é unha realidade, non é un proxecto virtual deses que vostedes nos quitan de vez en cando para ocupar as portadas dos periódicos. É labor de vostedes que están agora no goberno esas deficiencias que ten pois de completalas, de mellorar ese corredor do Morrazo, pero para os usuarios Sr. González, para os usuarios habituales non, non, só para saír na foto e buscar titulares nos periódicos, por exemplo a ponte. Sr. Presidente.- Moitas gracias Sr. Sotelo. Eu tamén vou a facer algunha alusión porque a fixo directamente o Sr. Mosquera hacia min, como non, a ver se por unha vez eu creo que os políticos quizá nun tema tan sensible como a sanidade, eu creo que era bo deixarnos de demagoxia, e creo que o primeiro que hai que aclarar, porque se fixo o comentario polos dous grupos políticos, é que o Partido Popular ten interese en aprazar a inversión, para nada, ó contrario nós o que queremos é que se invista canto antes e canto máis mellor, ou sexa que polo tanto non teña ningunha dúbida, e busquen algunha medida onde o Partido Popular intenta aprazar nada. Agora si, o que lle dicimos é claramente unha cousa, e precisamente me din conta que vostedes pois no día de hoxe nos querían trasladar, que na súa conciencia figura que perderon as eleccións autonómicas, pero sen embargo hai unha diferenza evidente, que gobernan a pesar de perder as eleccións autonómicas, gobernan, e polo tanto a situación éche ben distinta, agora hai que tomar decisións. Claro, vostedes dirán, pois, ¿que dicía antes o Partido Popular?, pois si, o Partido Popular fai sete anos afrontou unha inversión importante en esa materia dentro dese complexo, non sei se acertada ou non acertada, é igual, incluso que nos puidéramos equivocar, probablemente nos equivocamos e estamos na oposición, non pasa nada, non pasa nada con admitilo, o que si é ben certo, e dicía neste caso a portavoz do Partido Popular, que vostedes van a ser os responsables de cometer un erro histórico, que se fora erro só non sería problema, pero é algo que nos afecta a todos os cidadáns desta área de Pontevedra en relación á que vostede se preguntaba ¿se nós imos a ter menos calidade sanitaria en Pontevedra?, pois si, imos ter menos calidade, seguro, porque imos ter peores servizos por ter esa infraestrutura onde está, iso xa seguro, polo tanto imos a ter unha peor calidade, é evidente, e vamos a ter no que é o aspecto sanitario, a asistencia sanitaria para os próximos sete, oito, nove, dez anos, que xa levamos sete anos con obras, vamos a votar outros sete, oito, nove ou dez anos en obras, e esa responsabilidade é de vostedes que agora gobernan, como dixen antes, a pesar de que non gañaron as eleccións gobernan, esa é a única diferenza. Pero está ben que se vaian dando conta de que a realidade é ben distinta, por iso, se fora doutra cuestión pois ó mellor non estaríamos en esta actitude tan seria e tan responsable e recoñecendo se hai erros ou os houbo por parte do Partido Popular, os houbo, e non pasa absolutamente nada, entendemos que o tema sanitario é fundamental para unha sociedade avanzada e entendemos que é unha demanda xusta, e se escoitan ós cidadáns, se escoitan ós cidadáns de toda esta área piden un novo complexo hospitalario para Pontevedra, nunha zona con mellores servizos, con mellores comunicacións e que sexa un complexo hospitalario de futuro e non hipotecar o futuro da sanidade de Pontevedra amplíando o que está neste momento e tirando máis de 20.000 metros dos que se acaban de construír, e vostede saben ben Sr. Mosquera que iso é a realidade, o que pasa que bueno, agora di vostede bueno, pero é que agora ó mellor non queda máis remedio, hai que defendelo, etc., etc. Pero iso non é futuro Sr. Mosquera e vostede o sabe porque vive aquí en Pontevedra, e vostede falaba ademais que a Deputación se puxo máis diñeiro, xa mo recordaba antes, no tema do vial de Ponte Arnelas, nesa nova ponte. Eu lle quero recordar, porque claro despois teño que buscar datos, pero vamos a ver, vamos a aclarar ben as cousas, no vial de Ponte Arnelas que é un vial autonómico, que conflúe con tres estradas da Deputación, a Deputación investiu aí en colaboración coa Xunta de Galicia unha cantidade importante, pero tamén a Xunta de Galicia investiu na estrada Porráns-Moraña ou está a investir neste momento unha cantidade importante gracias a ese convenio que se estableceu no seu día. E o problema de todo isto que tamén llo argumentou perfectamente a Sra. Pedrosa e que levan 8 anos gobernando en Pontevedra e que non se ocuparon de ter un Plan Xeral aprobado que tivera precisamente pois unha ubicación axeitada para destinar aí un gran complexo hospitalario na cidade de Pontevedra. Igual nos pasa con iso e con outras tantas cousas que non temos evidentemente na cidade de Pontevedra pois un sitio onde albergar infraestruturas sociais e de servizos que demanda a cidadanía de Pontevedra porque vostedes durante oito anos prometeron que ían a ter o Plan Xeral aprobado pero non aprobaron absolutamente nada a pesar de ter amigos como xa dalgunha maneira se dixo neste caso na cociña da Xunta de Galicia, nesa materia. Por iso queremos deixar ben claro aquí que o Partido Popular en temas sanitarios entendemos que é prioridade absoluta e por iso nunca vamos poñer ningunha traba, cremos que estamos ante un erro histórico para está cidade e para a súa grande área que dependen os cidadáns de toda esta zona, e por iso entendemos e así o dixemos, partindo da base de que o Partido Popular no seu momento puido haber acertado ou púidose haber equivocado, pero agora por iso estamos na oposición a pesar de haber gañado as eleccións e non pasa nada, agora vostedes teñen unha grande responsabilidade encima, falaban no ano 2000, no ano 2002, no ano 2004, que había que ir a un novo complexo, agora din xustamente o contrario, bueno, pois alá vostedes, pero vostedes que saiban que van a ser os responsables desa xestión sanitaria que é algo fundamental para a sociedade de hoxe en día e que polo tanto o Partido Socialista conxuntamente co Bloque Nacionalista Galego van a ser os responsables de que se poña en marcha esa obra nun sitio que a todas luces se sabe evidentemente que non é o adecuado para un gran complexo para toda esta zona. Pero como os cidadáns en definitiva son os que determinan pois eles saberán a quen esixirlle as responsabilidades.Ten a palabra D. Cesáreo Mosquera. Sr. Mosquera Lorenzo.- Gracias Sr. Presidente. É evidente que sobre o fondo da cuestión á parte de grandilocuencias pouco teñen que dicir e se están dando conta perfectamente e os que len mellor un Pleno, chámese Sr. Sotelo ou Sr. Louzán, pois saen a discutir doutras cousas porque o fondo da cuestión evidentemente é resistir. Ou sexa, é tan obvio, tan obvio, que mezclen feitos con opinións e ir en contra dos feitos evidentes ten mala saída. Claro, claro que o concello de Pontevedra ofertou os terreos e tamén o de Barro no momento en que se discutiu, cando o Sergas (PP) decidiu ampliar aí a proposta de facer un novo Hospital, desbotouse, desbotouse, foi un erro no seu momento, pero agora é irrecuperable, foi un erro pero tampouco é que Montecelo sexa unha ubicación como a que se quere poñer. No novo plan hai 350.000 metros para ampliar Montecelo, é o Hospital de Galicia con maiores posibilidades de ampliación, con maiores posibilidades de ampliación, sen maior problema. Hai un erro que é votalo para adiante pero iso de votalo para adiante xa o falamos e incluso foi unha imposición do Sergas (PP), e o concello aceptou no seu momento aínda que non lle gustara. Entón cara atrás Montecelo ten unhas posibilidades de expansión, e supoño que coñecerán a zona, absolutamente descoñecidas en calquera outro Hospital. Polo tanto non mezclen, non mezclen cuestións que están moi claras. Hai que remodelar parte, pero deberían de poñerse colorados, hai que remodelalo, á zona de quirófanos non lle deron altura para poñer aire acondicionado, pero iso hai que remodelalo fágase o novo Hospital ou non, porque non está funcionando. Polo tanto, claro que hai que remodelalo, é impresionante a argumentación, eu xa non quería entrar neso, porque non quero entrar nas chapuzas técnicas e votar culpa política, pero é que foi baixo a súa responsabilidade cando se fixo esa chapuza, verdade. E con respecto á conexión, a asistencia e á calidade asistencial, pero vamos a ver, vamos a ver, nestes momentos hai, creo que está clarísimo, unhas conexións previstas, que vostedes coñecen, que lle foron propostas aquí, que sería o Hospital mellor conectado, porque pasaría a ronda e entraría da ronda ó estacionamento, no gran distribuidor urbano entraría ó estacionamento, con catro carrís, dígame que Hospital ten algo parecido, non lle poñan as pragas bíblicas ó Hospital que só ten un defecto esta ampliación urbanístico, porque é ir para adiante en vez de ir para atrás, único, único, o resto, xa ten auga, se pode mellorar, en calquera outro sitio había que levala, vai ter unhas conexións que son as mellores que teña calquera Hospital, etc., etc. Por favor, entón vostedes tiñan que plantexar Príncipe Felipe cambialo de sitio porque urbanisticamente é peor Príncipe Felipe có Hospital e as conexións son as mesmas, se son tan horrorosas planteen trasladalo, porque claro é tan horroroso o sitio, é tan horroroso as comunicacións e os servizos, planteen trasladalo tamén. Por favor, esa zona pois é montañosa, para atrás é relativamente chan, se pode ampliar perfectamente e se pode conectar perfectisimamente e á parte cunha grande vantaxe, que coas conexións de Montecelo son unha expansión urbana que se matan dous paxaros dun tiro. En calquera outro sitio a saber o que había que facer para levar os servizos e para levar esas fastuosas conexións, fastuosas conexións que vostedes propoñen. Iso non é certo en absoluto, non é certo en absoluto. O único pequeno erro que houbo, que houbo e que foi inducido e imposto e que en reunión na que estaba a Sra. Pedrosa que defendía ó Sergas do PP naquel momento que para adiante, para adiante, foi imposto polo seu erro de que cara adiante, é o único, é o único, o único erro que hai. Agora en comparación a iso, en comparación a iso, nos topamos ante a posibilidade histórica de ter en tempo relativo, xa debía estar feito, pero bueno máis ou menos en tempo e forma, unha dotación hospitalaria homologable absolutamente, incluso algo por riba da media dos demais hospitais de Galicia. Bueno, pois sigamos dándolle voltas, sigamos, verdade, tirando para adiante dunha maneira absolutamente, se todas as determinacións, quitando o do Hospital único que era unha demanda, se todas as determinacións foron impostas por vostedes, e sabe perfectamente, cambiaron a determinación dese tipo e retrasa profundamente. Bueno, pois entón é difícil, é difícil saber exactamente que tal, é que Pontevedra queren vostedes crear a impresión de que todo é un desastre e nunca estamos á altura. Que é o que se fixo cun Hospital novo en Santiago, que tiña unhas conexións que lle ardía o eixo, bastante peores que as de, bastante peores que as que ten actualmente Montecelo, e non digamos as previstas no futuro, por desgraza tiven que ir alí e entrar por unha estrada que non se cruzaban dous coches para entrar a un complexo hospitalario moito máis grande que este. Agora, en Pontevedra todo son desgrazas cando á parte hai a previsión de facer a ronda por aí e demais. Repito, repito, se vostedes están tan convencidos, que nós non queremos pechar a porta a ningunha posibilidade, de que Pontevedra vai quedar discriminada por culpa, en dotación hospitalaria con esta proposta que é firme e que por primeira vez hai unha que nos equipara ás outras cidades, se están convencidos, o que, a súa proposta, están dispostos a ... , nós non lle podemos esixir ó Sergas, por unha vez que nos vai dotar de instalacións hospitalarias homologables incluso pola media das outras cidades, é dicir, poña vostede infinito, poña vostede outro tanto ou catro veces máis, non se sabe onde nin como nin cando. Non mire, non, non, compromisos efectivos e demais, se hai un compromiso efectivo que remata coas carencias hospitalarias, polo menos comparativamente coas outras cidades de Galicia, que remate coas carencias hospitalarias, home, creo que o debíamos aplaudir todos, creo que o debíamos aplaudir todos, e se queremos mellorala, dicirlle, si señor, miren os do Sergas, vostedes agora están cumprindo cos seus compromisos que van no Hospital único, pero queremos máis, bueno, pois se queremos máis pois poñémolo, e se están tan convencidos de que vai ser máis barato e máis rápido ¿que problema teñen en comprometerse?, ¿que problema teñen?, se o Sergas di que vai ser máis caro e retrasa, vostedes din non vai ser máis barato e tal, pois comprometémonos e punto, se están tan seguros, e senón todas as contas e previsións que están facendo vostedes non deixan de ser pura demagoxia e dende logo é unha polémica tipicamente de certos sectores de Pontevedra e que con ese rollo de que sempre Pontevedra está discriminada cando deixe de estala non vaia a ser que deixe de estalo e que haxa gobernos que o fagan. Dende logo contradición pola nosa parte absolutamente ningunha porque é a postura coñecida dende hai anos xa. Un novo Hospital unha vez que non foi viable Hospital único e agora conseguimos Hospital único. Entón non hai contradición por ningún lado, e de todas maneiras se parece, Sra. Pedrosa parece, xa llo teño dito algunha vez en privado pero voullo a dicir en público, vostede entrou en política cando había a orde de crispar, e en vez de crispar, en vez de crispar politicamente, porque non ten sustancia, críspase vostede, verdade, mente, non sei que, o que fai sempre. E manteño a proposta de transación, manteño a proposta de transación, estamos dispostos a retomar se é que vostedes se comprometen, a tramitalo, que vostedes poden tramitalo con toda a colaboración e se comprometen a financiar o que propoñen, por riba, non digo por riba dos cartos que pon o Sergas, por riba do que se demostre que é a media nos hospitais de Galicia, por riba do que é a media dos hospitais de Galicia. Se vostedes se comprometen firmemente estamos dispostos a facelo. Agora están convencidos de que non é así, por iso non adquiren ningún compromiso, porque se están convencidos de que estamos por debaixo da media, e que á parte é máis barato, se estiveran convencidos como din pois eu non tería ningún e tal, o que pasa é que saben que non é certo, saben que non é certo e o que queren é líala, agora chegamos e din, os terreos non están en quince meses, non están en dous anos, claro que non van a estar, entón, non, comprométanse vostedes e entón sabemos todos a quen dicirlle, miren, a Deputación, o PP, quería isto, nós lle axudamos e nos comprometemos a axudarlle e xa sabemos perfectamente quen é o responsable de que haxa retrasos en todas as fases ou non os haxa, ou leve os méritos de que conseguiu sacalo adiante. E se é tan barato, o investimento do Sergas multiplicouse por catro, pero bueno, lle parece pouco por catro, din que é máis barato que iso, pois se comprometen vostedes a pagar non a maiores do que pagou o Sergas, senón a maiores do que se xa dá a medias a outras cidades para conseguir iso, fíxese que fácil é ese discurso de discriminación. Agora, non se comprometen nin de broma, porque a xogada está clara cal é e de verdade Sr. Louzán e Sra. Pedrosa e demais coa sanidade non se xoga, e están xogando, levan anos xogando descaradamente, e este é o último episodio, se realmente cren nesto, as eleccións perdéronas hai máis de dous anos e o proxecto este é de hai máis de dous anos, hai dous anos dirían queremos un Hospital novo, e agora que se vai replantexar todo estúdense esa posibilidade, non o dixeron, non o dixeron, non o dixeron, ¿por que?, porque estaban convencidos de que non nos ían a igualar ó resto das cidades, ó resto dos hospitais, vai haber unha cuarta fase modificada e ala, vanos despachar así, as promesas son irreais e resulta que cando se efectivizan, ¡ai!, quieto que a van a efectivizar e entón vamos a liala. Non é de recibo e o que pode estar seguro é que no Plan Xeral de Pontevedra a previsión é que, agora, en Vigo son moi previsores pero o plan o teñen sen aprobar e o adxudicaron tres anos antes, pero resulta que si, o Hospital pódese facer co plan, porque brillantemente co plan sen aprobar se pode facer. ¿Que terá que ver churras con merinas?, ¿que terá que ver?. Se queren un debate sobre política municipal en Pontevedra mándeme ós seus portavoces e non teño ningún problema en ter un debate con vostede ou quen queira, ningún problema, ningún problema, se o que queren, agora, non creo que sexa o lugar, mire, son tan previsibles, que xa lle dixen ós compañeiros, este tema que está sobadisimo, que o podemos despachar nun cuarto de hora vai levar tempo porque a van liar con Pontevedra, porque é a súa obsesión, entón vana liar con Pontevedra no Pleno da Deputación que non sei que sentido ten, tanto a lían que a moción a cambian, vostedes liana co goberno local de Pontevedra aquí, bueno, pois entón eu voulle falar do goberno local de Ribadumia, ou eu que sei, nos dedicamos aquí a falar do divino e do humano, ¿por que se dedican a falar do divino e do humano?, porque sobre o fondo e por moita demagoxia, e é moi fácil vender, a súa postura é moi cómoda, contraditoria, demagóxica, é terrible no fondo, terrible, se queren cargar a posibilidade que hai histórica de que Pontevedra teña un hospital á altura dos demais e incluso un pouco por riba, iso é o que se queren cargar. Pero dicirlle á xente que queremos, pois iso, que os médicos sexan simpáticos ou non sei que, pois iso sempre queda ben, e queremos máis, queren máis consultas cando vamos ser por exemplo, digo das áreas sanitarias a que máis teñamos por mil habitantes, pero é igual, máis consultas, claro que si, claro que si, pero a realidade é a que é, e a min tamén me gustaría que os viais da Deputación tiveran carril bici, foran bulevares, tiveran sete carrís onde lle fixera falta e catro sempre, pero vostede me dirá, mire, hai moitas necesidades que atender e vounas atender como poida, e se pasan os coches e o asfalto non está mal, pois bueno en sitios vale, verdade. Pois, entón iso de tirar por elevación realmente é francamente, neste caso é perigosísimo e están facendo vostedes unha auténtica e tal, e senón, quero dicir, deixamos que vaian adiante, dentro de cinco anos estean ben e nos poñemos a traballar cara ó próximo futuro, pero o futuro é Montecelo, porque a proposta que hai é que se amplíe cara atrás no futuro e incluso se faga unha grande cidade sanitaria, coa Escola de Enfermería posiblemente alí, cun edificio de tecnoloxía punteira, e espazo vai haber, non se preocupe, preocúpese por outros hospitais que non o teñen, Montecelo ten de sobra por onde ampliarse, afortunadamente, senón o tivera pois teríamos que pensar. Bueno, nada máis. Sr. Presidente.- Moitas gracias Sr. Mosquera. A verdade é que se detecta e se ve que lle remorde a conciencia de non votar evidentemente a favor desta proposta porque sabe a conciencia certa que é a realidade e o que os cidadáns demandan, e partindo desa base lle recordo que nós aquí o que recollemos nesta moción é precisamente o que os cidadáns demandan e que respaldamos a proposta neste caso do Partido Popular da cidade de Pontevedra e tamén de Telmo Martín, aínda que vostede dixo que, eu evidentemente cando dicía que non ía a pagar é que non estaba de acordo co Sr. Telmo Martín. Eu estou totalmente de acordo coa proposta de Telmo Martín, outra cousa é que non vaia a asumir a Deputación algo que dalgunha maneira non lle compete e vostede ben o sabe. Pero utilizou esa demagoxia para durante uns días desviar esa atención, e polo tanto a realidade é esa, vostedes van a ser os responsables dese tema e como non traelo aquí por dous motivos evidentes Sr. Mosquera, como non vamos a traer aquí un tema de Pontevedra que non afecta só a Pontevedra senón á súa área sanitaria, e onde está implicada de maneira directa a Deputación de Pontevedra. Cun vial, cun convenio firmado, pero ¿como non o vamos a traer?. Entón a onde o traemos, home, por favor, creo que iso evidentemente xa se cae polo seu propio peso, pero bueno intenta desviar a atención sobre todo por iso, porque sei que lle remorde a conciencia de que debería votar a favor pero tal e como teñen o panorama pois non o pode facer, pero iso llo van a esixir os cidadáns o día de mañá. Ten a palabra D. Emilio González. Sr. González Iglesias.- Si, vamos a ver Sr. Presidente. Eu antes lle estaba plantexando unha cuestión de orde. ... .- Perdón, a ver isto que é, hai unha ronda, o Presidente ... Sr. Presidente.- É que había feito vostede alusións a min e entón eu teño que empezar. Sr. D. Emilio González. Sr. González Iglesias.- Antes plantexaba unha cuestión de orde porque deixou intervir ó Sr. Sotelo. E a cuestión de orde é moi clariña, é dicir, o regulamento efectivamente cando hai alusións persoais permite as intervencións e non houbo pola miña banda ningunha alusión persoal, ningunha en absoluto. Polo tanto non podía intervir, pero bueno, como acaba de dicir o Sr. Mosquera que máis dá, é dicir, a ver intervén de Portavoz titular a Sra. Pedrosa e lle vota unha man o Sr. Sotelo, vostede remacha, volve vostede cando contesta o Sr. Mosquera, pois agora seguirán de novo os tres ou catro, a ver se sacamos algún máis e facemos isto un pouco máis estilo feira. Con todo o meu respecto para os feirantes. Vamos a ver, mire, Sra. Pedrosa, mire, acúsanos vostede de que non defendemos a postura de Pontevedra, ben, vamos a ver, dicíalle eu antes na intervención que nos acusan agora a nós de non defender a postura de Pontevedra mantendo unha postura que vostedes durante dezaséis anos, ano por ano e día por día estiveron mantendo a postura contraria á que hoxe plantexan aquí, a contraria, é curioso o tema, é curioso, parece que viron a luz no momento que chegaron á oposición, antes estaba absolutamente claro que non. E mire, simplemente vou a utilizar datos da súa moción, da moción que vostedes plantexan aquí, que pensaba que ían a utilizar na súa intervención, pero parece que non. Mire, na súa moción din, plantexan a construción dun novo Hospital, por poñer un dato nada máis, falan entre outras cousas de 900 camas, vale. E estamos falando dun Hospital para un área sanitaria de 220.000 habitantes aproximadamente. Fan referencia a que sería, pois bueno, un pouquiño máis que o de Lugo que ten 830 camas, se olvidan de poñer cal é a área sanitaria, cantos son os habitantes que atende a área sanitaria de Lugo, que son uns 100.000 máis aproximadamente, 100.000 máis, tonterías. E con este argumento non lle parece ben a ampliación que plantexa no seu final 700 camas. Pois axuste vostede os datos, axuste vostede os datos e mirará que ó final a ratio si que se cumpre coa ampliación, e falo da súa propia moción, non metín unha moción nova. É a a súa e se pode ler integramente eses datos. Ben, seguimos co tema, di que, bueno, que, que nada, que o proxecto podía estar operativo, seguir manténdoo no 2012, que non hai ningún tipo de problema, e que o goberno, o goberno de Galicia tardou, o actual goberno, tardou dous anos, tardou dous anos en chegar a definir o que van a facer, di vostede. Pois mire, é ben certo que os cidadáns non se equivocan nunca, porque teñen no goberno a dúas forzas políticas que en dous anos definiron o que se vai a facer e sacaron do goberno unha forza política que dezaséis anos non foi capaz de definir o que ía facer, non só de definir senón de facer o que segundo vostedes era equivocado, e de non prever, e de non prever a medio prazo, e dezaséis anos é un medio prazo máis que suficiente, máis que suficiente, de non prever a medio prazo esa instalación dese novo Hospital que agora tanto reivindican e que mentres puideron facelo non o fixeron nunca, nunca. Mire, Sr. Louzán, porque eu creo que todo este tema sobraba coa primeira intervención e estaba debatido. Mire, Sr. Louzán, e vamos a falar doutras cousas porque a vostede apetécelle falar doutras cousas. Pon cara de susto porque di que perderon as eleccións autonómicas e están gobernando, non se asuste, non se asuste home. Mire, en Canarias vostedes non gañaron as eleccións autonómicas e están gobernando e non estamos chorando polas esquinas todos os días nin anunciando todos os días nin anunciándoo todos os días como están vostedes. É que hai, hai unha lei electoral, ¿sabe?, e a lei electoral prevé isto, prevé que aquelas forzas políticas que consigan maioría gobernan, sencillo, tan sencillo como iso, está clarisimo o tema. E isto pois seguramente vai seguir dándose noutras ocasións, seguro, seguro, e ademais é lóxico, volvo a repetir, está na lei electoral e é absolutamente claro e absolutamente lóxico. Pero a min o que dende logo me asusta e eu de verdade que non ía a facer referencia a iso, e é a referencia que fai o Sr. Louzán e di, pois non, e ademais tamén é a postura de Telmo Martín. Mire, mirando o destes días do Sr. Telmo Martín dende logo non parece, non parece para nada Sr. Louzán que sexa o maior defensor da sanidade pública, non o parece. Polo tanto, e volvo a repetir, non quería nin o saquei eu, sacouno vostede, sacouno vostede, e entón mire, mellor non entrar nese tema, pero dende logo referente como defensa da sanidade pública co que chove, case mellor que non, case mellor que non. Supoño que non hai ningunha referencia nin lle molestei para nada a vostede, supoño que non. De todos os xeitos mire, está claro que cos datos que dan vostedes nós vamos a votar en contra da moción que plantexan, da moción que plantexan, e dende logo agradecerlle ó Sr. Sotelo que recoñecera que hai deficiencias importantes no corredor do Morrazo, é dicir, me está dando a razón no argumento que utilizaba antes, que vostedes cando gobernaban e cando gobernan, e aquí pasa exactamente igual, as previsións a medio prazo para vostedes non existen, para nada, para nada en absoluto. Xa ve que, agora xa o dixen, nomeino persoalmente para que lle dea pé a intervir, non vou a intervir máis porque a min, dende logo que este debate está absolutamente pechado para min. Vamos a votar en contra e punto. Sr. Presidente.- Moitas gracias. Ten a palabra primeiro a Sra. Dona Teresa Pedrosa e despois tamén o Sr. D. José Enrique Sotelo. Sra. Pedrosa Silva.- Bueno, Sr. González voy a empezar contestándole a usted porque dijo tan poco, tan poco, tan poco, que me resulta más fácil. Argumentos, si alguien se contradijo en este Pleno fue usted que empezó diciendo que “que horror, que el PP malgastador, quiere tirar los 50 millones que invirtió” y ahora dice “que non fixo absolutamente nada en 16 años”. Mire, hace dieciséis años no había ordenadores, o sea que calcule usted lo que cambió el mundo en estos 16 años como para decir que no había nada, se estaba casi construyendo la primera fase de Montecelo. En estos 16 años se habrá hecho lo que se hizo y ahora hay una oportunidad de futuro para hacer otra cosa que ustedes se niegan por complacer al Sr. Touriño, punto y fin. Entonces no tengo nada más que decirle porque no dio ni un argumento. En cuanto al Sr. Mosquera, de verdad, quería contestarle a lo de crespar porque “falou a fame e dixo que estaba farta”. Quiero decir que me llame usted a mi la crespadora de la ciudad teniéndole a usted como maestro pleno, vamos, me hace hasta gracia poder pensar en eso. Dice que Montecelo está perfectamente conectado porque tiene una ronda, una ronda en su cabeza, pero si para la obra de la balaustrada lleva cuatro años y medio, cuatro años y medio y aún está el socavón. Si ustedes metieron en el presupuesto de 2004, que también hizo usted referencia a hacer dos guarderías en la ciudad de Pontevedra, y pusieron la primera piedra y de ninguna la segunda. A ver si ahora con el impulso ese del Gobierno son capaces. Pero vamos Sr. Mosquera, lo único que hicieron a favor de las guarderías fue votar en contra de la que propone la Diputación de Pontevedra y sacó usted el tema por eso le contesto en ese aspecto por alusiones. Y con respecto a Montecelo sólo me da el argumento del dinero, es usted insolidario con la provincia, porque basta, mire que está empeñado en que pague la provincia de Pontevedra en vez de toda Galicia, cuando nosotros con nuestros impuestos pagamos el Hospital también de Santiago, de Lugo y hasta el que haga falta. Es una competencia de la Xunta de Galicia que creo que debe respectar la Xunta de Galicia y que si la Diputación de Pontevedra tiene que colaborar en facilitar la construcción de un vial o cualquier cosa que se pida va a estar ahí como estuvo toda la vida, no tomando el pelo, que cada día propone una cosa, como hace la Sra. Conselleira de Sanidad, que hoy le pide a usted ahora el aparcamiento, mañana ya no quiere, ahora en el concello de Pontevedra hay una partida para expropiaciones de Montecelo desde hace cuatro años y ahora la Xunta dice, no, mire, ya no expropie, dice que el terreno Sr. González era rápido o no era rápido, el terreno de Pontevedra aún no se empezó a expropiar, aún no hablaron con ningún afectado para expropiar, o sea que está igual de verde el de la ampliación de Montecelo como el de la construcción de un nuevo Hospital, prácticamente, aún no saben si el terreno orográficamente permite construir diez plantas ahí, aún no hay ni ese estudio geotécnico. O sea que, no me diga, pero bueno, yo creo que el debate está terminado y la verdad Sr. Mosquera me gustaría que me mirara de frente, a dos ojos, y me diga si de verdad usted se cree que es mejor, que es mejor hacer una ampliación en Montecelo que un nuevo Hospital, porque yo creo que no y usted sabe que tampoco, que defiende la idea de hacer un nuevo Hospital en otra ubicación y que en este momento lo único que está es dando cumplimiento a un mandato porque está atado de pies y manos. Trabaje por los intereses de Pontevedra, igual que rectifican que los bancos de la ciudad son feos y los va a cambiar, o son inoperativos, rectifiquen esto y los ciudadanos de Pontevedra se lo agradecerán, de Pontevedra y de los 28 concellos, porque hoy están aquí representando a la provincia y esto afecta a más de una tercera parte de la provincia de Pontevedra. Muchas gracias. Sr. Presidente.- Moitas gracias Sra. Dona Teresa Pedrosa. Ten a palabra para cerrar xa este debate o Sr. D. José Enrique Sotelo. Adiante. Sr. Sotelo Villar.- Si. Mire Sr. González, ... a metade, só a metade dos compromisos que adquiriron, dende logo que os defectos serían bastante menores. Eu dende logo que paso todos os días por alí, eu non vin ningún cambio de trazado, segue sendo o mesmo, cousa que non sucede noutros lugares. Mire, é un proxecto real o corredor do Morrazo, está aí, está aí, leva ano e medio e parece que leva toda a vida, iso quere dicir moito dunha obra. E está aí, e xa que estamos falando dun tema sanitario, serve entre outras moitas cousas para que os cidadáns do Morrazo vaiamos a anotarnos ás listas de espera a Vigo, por certo, as listas de espera máis grandes da historia, da historia, polo menos na nosa comarca. Xa dixen antes, un proxecto real, os virtuais deixámosllos para vostedes. Sr. Presidente.- Moitas gracias. Sr. Mosquera eu creo que o debate xa rematou e polo tanto debe cerralo a que propuxo a moción. É que despois vamos a ter que replicarlle Sr. Mosquera, hoxe ten remordemento de conciencia e sei que vai a estar bastantes meses con el, pero Sr. Mosquera. Ten a palabra o Sr. Mosquera. Sr. Mosquera Lorenzo.- Si, non, Sra. Pedrosa mírolle ós ollos está moi guapa, non se preocupe, igual de guapa que cando nas comisións nas que estaba vostede e máis eu cos do Sergas impuxo, impuxo vostede cos do Sergas que se ampliara cara adiante, igual de guapa, admírame a súa vehemencia, defende unha cousa contraria con absoluta vehemencia e con esa mirada que pretende que lle sosteña, sen ningún problema, agradézollo. Moitas gracias. Sr. Presidente.- Moitas gracias. Sra. Pedrosa. Sra. Pedrosa Silva.- Sr. Mosquera, lo decía por lo de decir la verdad y en esas comisiones usted también la dijo. Sr. Presidente.- Ah, pois moi ben, está moi ben iso. Procedemos polo tanto á votación por se aínda tivera a tentación o Sr. Mosquera para poder votar. ¿Votos en contra da moción?. Non houbo sorpresa. Sr. Mosquera Lorenzo.- Perdón Sr. Presidente. Hai unha proposta de transación. Sr. Presidente.- ¿Se quere votámola?. Sr. Mosquera Lorenzo.- Si, si, quero que a votemos, claro que si. Sr. Presidente.- Bueno, pois votamos a transación que neste caso, bueno, primeiro votamos a súa proposta de transación. ¿Votos en contra da transación que propón o Sr. Mosquera?. O PP. ¿Abstencións?. ¿A favor?. PSdeG-PSOE e BNG. ¿Votos en contra da Moción presentada polo Partido Popular?. ¿Abstencións?. ¿A favor?. Pois volvemos a votar, non hai problema. Vostedes non contaron ben eu creo, eu creo que non contaron ben. Eu vou a contar por se acaso. ¿Quere que lle conte Sr. Mosquera?. Non, tampouco non houbo sorpresa tampouco. ¿Está claro, non?. Bueno, está perfectamente claro. O Pleno acorda por maioría de votos a favor do PP e cos votos en contra do PSdeG-PSOE e do BNG, aprobar a Moción do Grupo Provincial do Partido Popular (PP) sobre a construción dun novo Hospital en Pontevedra, e que é do seguinte teor: “MOCIÓN DO GRUPO PROVINCIAL DO PARTIDO POPULAR (PP) SOBRE A CONSTRUCIÓN DUN NOVO HOSPITAL EN PONTEVEDRA O Grupo Provincial do Partido Popular (PP) na Deputación de Pontevedra, en base á lexislación vixente, presenta diante do Pleno da Corporación Provincial esta moción relativa ás infraestruturas hospitalarias na nosa provincia, de acordo á seguinte EXPOSICIÓN DE MOTIVOS 1.- O Hospital de Montecelo, construído en 1971, resulta insuficiente e obsoleto para atender a demanda hospitalaria e sanitaria dos 295.885 habitantes que conforman á área sanitaria norte de Pontevedra. 2.- O Proxecto Sectorial de Incidencia Supramunicipal de ampliación de Montecelo, presentado o pasado mes de marzo pola Xunta de Galicia, non dá, a teor dos datos técnicos do proxecto, para atender á poboación de referencia. O propio Sergas recoñece que a ampliación do actual hospital non resolverá as necesidades actuais e moito menos futuras e os propios técnicos indican que, en ningún caso, o hospital ampliado estaría en funcionamento antes do ano 2014. 3.- O crecemento previsto de Pontevedra e dos concellos que configuran a área norte sanitaria da provincia, recomendan a construción dun novo hospital nunha nova ubicación. Esta necesidade é compartida polo Colexio de Médicos, a Cámara de Comercio, a Asociación pola defensa dos hospitais públicos, diversos colectivos sociais e os concellos incluídos na devandita área norte sanitaria. 4.- Este novo hospital deberá contar, segundo os técnicos e os colectivos citados, con 900 camas, 200 consultas externas, 25 quirófanos e un servizo de urxencias capaz de atender 400 pacientes diarios sen saturarse. Cifras todas elas moi superiores ás previstas na ampliación de Montecelo que é de 700 camas, 19 quirófanos e 170 consultas. 5.- A necesidade dun novo hospital en Pontevedra xustifícase, aínda máis, se se ten en conta que nunha cidade similar á pontevedresa, como é Lugo, a Xunta prevé construír un novo hospital en 127.000 metros cadrados de terreo, cunha inversión de 117 millóns de euros, 830 camas, accesos a trinta metros, só catro plantas e unha grande piscina de reanimación. Datos que non resisten comparación cos previstos na ampliación de Montecelo: 85.000 metros, inversión de 130 millóns de euros, 681 camas, accesos a once metros e dez plantas. Polas anteditas razóns, sometemos á consideración do Pleno da Deputación de Pontevedra esta moción, para que se adopten os seguintes acordos: 1.- Instar e demandar á Xunta de Galicia a construción dun novo hospital, nun novo emprazamento, que substitúa ó Proxecto Sectorial de Ampliación de Montecelo.” 15.5590.- MOCIÓN DO GRUPO PROVINCIAL DO PARTIDO POPULAR (PP) SOBRE O TRAZADO DA AUTOVÍA SANTIAGO-LUGO POLA PROVINCIA DE PONTEVEDRA Sr. Presidente.- Moción neste caso do Grupo Provincial do Partido Popular sobre o trazado da autovía Santiago-Lugo. Se lles parece votamos a urxencia da mesma para que se poida debater, cremos que é un tema ademais que xa veu aquí unha vez e polo tanto procedemos a votar a urxencia. Vale. Pois xustifícaa o Sr. Crespo. Sr. Crespo Iglesias.- Ben, a moción do Grupo Provincial do Partido Popular sobre o trazado da autovía Santiago-Lugo vén motivada porque xa faláramos creo que nunha ocasión, pero parece ser que agora xa definitivamente o Ministerio vai a intentar que se contra criterios técnicos se leve a autovía polo trazado que propoñía o Partido Socialista, neste caso a través do Goberno. Polo tanto trátase de que unha autovía que tecnicamente foi trazada con 3,4 quilómetros pola Comarca do Deza, e que acercaba esta provincia, porque a Comarca do Deza mentres ninguén non diga o contrario é da provincia de Pontevedra, pois resulta que vai ir por, no tramo de Arzúa a Guntín en vez de ir por onde tecnicamente se dicía que era pola Golada, vai ir por Melide, Toques e Santiso e como non Palas de Rei, ata chegar a Guntín, por razóns obvias, non. Loxicamente naquel momento eses concellos todos dos que falo estaban gobernados polo Partido Popular, dende Arzúa a Guntín, é dicir, o concello de Melide, o concello de Toques, o concello de Santiso e o concello de Palas de Rei estaban gobernados polo Partido Popular. Estou xustificando a urxencia, despois, non hai cuestión de orde, eu estou xustificando a urxencia da moción. Perdóeme, cada un xustifica, cada un fala da feira segundo lle vai nela, polo tanto non lle demos máis voltas á noria. Bueno, naquel momento houbo un debate importante contra o goberno do Partido Popular porque querían que fora por alí a autovía. Pois a autovía non foi por alí porque tecnicamente o goberno do Partido Popular en Madrid dixo que aquilo que era Red Natura, que ademais que atravesaba a Serra do Carión e que era un lugar declarado de importancia comunitaria e que non podía pasar por alí. Ben, nesta casa foi informado favorablemente a proposta do Ministerio que pasara pola Comarca do Deza e agora vemos que iso queda ou vai quedar case seguro, aínda non é definitivo, en auga de borrallas. Ese é o motivo de traer aquí esa moción, porque forman parte da provincia de Pontevedra eses 3,4 quilómetros. Sr. Presidente.- Moitas gracias Sr. Crespo. Procedemos polo tanto á votación da urxencia. ¿Votos en contra?. ¿Abstencións?. ¿A favor?. Expoña neste caso o Sr. Crespo a moción. Sr. Crespo Iglesias.- Ben, o proxecto inicial da autovía Lugo, non, vou ser breve, non se preocupe que non vai a durar coma a outra, non, a ver, vamos a ver, D. Emilio, aquí vamos, as regras do xogo son que cada un di o que lle dá a gana, e cada un, eu creo que non ten nada. Non sabe o que vou dicir e di que xa o contei, ¡se non sabe o que vou dicir!, vou falar dunha tropelía, dunha cacicada tremenda do PSOE, nada máis, é do que, pero teño que xustificalo, porque se digo hai unha cacicada do PSOE e non digo como, nin cando, nin onde, non ten obxecto, polo tanto é do que se trata. Ben, cando se, o proxecto inicial da autovía Lugo que elaborou o anterior goberno pasaba por Agolada no tramo de 3,4 quilómetros. O motivo de non pasar paralelo á estrada nacional que une Arzúa con Guntín, era precisamente que na Serra do Carión, que había que salvar a Red Natura, estaba na Red Natura 2000, e polo tanto como foi declarado LIC (lugar de importancia comunitaria), pois os técnicos non quixeron que pasara por alí, polo visto alí se facía un dano medioambiental importante, propúxose o paso por Agolada, obviamente sen proposta ningunha de ninguén da Comarca do Deza, foi unha proposta técnica exclusivamente, ¿que ocorre?, que cando tecnicamente se ve que pode ir por alí nós amarrámonos a esa proposta e apoiámola porque nos conviña, así de sinxelo, iso valería á marxe do tema medio ambiental que é importante, e máis agora que todo o mundo presume de defender moito o medio ambiente, polo tanto se antes os técnicos do Ministerio tiveron un rife rafe importante, porque os alcaldes todos eles naquel momento do mesmo partido que gobernaba en Madrid, falo do alcalde de Melide, falo do alcalde de Toques, falo do alcalde de Santiso e falo do alcalde de Palas de Rei, querían que pasara por alí, querían que pasara por alí, e sen embargo o de Agolada era un só, e tamén quería que pasara por alí, nós obviamente apoiamos ó de Agolada pero aquilo non tería máis repercusión que simplemente simbólica porque o que valía era o tema técnico. Bueno, pois a pesar de haber unha maioría de alcaldes que pretendían que fora pola parte da Red Natura, ó final decidiuse que fora por alí, someteuse a información pública, incluso se aprobou o proxecto, mandouse aquí a Deputación, a Deputación informou favorablemente ese trazado e ó final nós apoiarámolo porque dalgún xeito axuda a vertebrar Galicia de norte a sur, saben vostedes que queda un corredor pendente, que é dende Tui, dende o norte de Portugal, Tui-VigoPontevedra-Lalín, por suposto, e Vigo, é dicir, o corredor Lugo-Vigo, como a empresa Gómez de Castro antiga, pois Lugo-Vigo queda sen facer e quedará por moitos anos aínda que nós imos loitar porque así sexa. Ben, unha vez que a autovía se metía en Agolada, un trociño dende Agolada a Lalín e a Forcarei, coa autovía que ten que pasar necesariamente por Cerdedo, pois quedaba vertebrada Galicia polo eixe, polo centro, hai un eixe central que é Santiago-Ourense, e falta un eixe tamén que faga x para quedar totalmente vertebrada Galicia que sería pois Lugo-Pontevedra, perdón, Vigo-Pontevedra-Lalín-Lugo, bueno, pois quedaba feita a metade, porque dende alí, ó pasar por Agolada, dende alí xa non fai falta levala a Guntín, que algún día haberá que levala a Guntín. Bueno, a nós pareceunos razoable, e encima convíñanos pois deixámolo ir para adiante. ¿Que ocorre?, que chega o PSOE ó poder e D. Pepe Blanco que é de Palas de Rei prometeu ós seus conveciños que se eles gañaban que a levarían por alí, pois bueno, é unha promesa electoral, pois quérea cumprir, e a min paréceme ben que a cumpra, ten todo o dereito do mundo, ten todo o dereito do mundo a facer unha tremenda cacicada Pepe Blanco, porque noutros sitios onde hai Red Natura non podería pasar iso, habería xustificación técnica, pero, ¿sabe por que eu defendo isto con énfases?, porque naquel momento eu sei o que se montou internamente entre o goberno da Xunta e o de Madrid para defender a opción de Melide, porque a pedían e porque ademais era, parecía que naturalmente debería de pasar por alí porque era por onde ía a estrada nacional antiga. Polo tanto como o sei que incluso contra as presións do propio partido a meteron por unha zona que neste caso convíñanos a nós, pois por iso a defendo con énfases. Ó final como os criterios políticos parece ser que neste caso valen máis que os técnicos a autovía pois vai a ir por onde efectivamente dixo Pepiño Blanco. Polo tanto, se Fomento dá marcha atrás no tramo entre Arzúa e Guntín queda claro que máis que buscar solucións o que está claro é que para eles, para o goberno de Madrid impórtalles pouco os criterios técnicos e encima neste caso á marxe do técnico prexudican á Comarca do Deza e ó prexudicar á Comarca do Deza prexudican á provincia de Pontevedra, motivo polo que se trae á Deputación, despois que non diga o Sr. D. Cesáreo Mosquera que isto non ten que ver coa Deputación si que ten que ver porque afecta a unha comarca que está xusto no centro de Galicia pero que pertence á provincia de Pontevedra e que somos de Pontevedra. Polo tanto creo que é un prexuízo para a nosa Comarca, para a provincia de Pontevedra e a nós o que nos gustaría é que este Pleno acordara pois o que poñemos xusto aquí na resolución, instar ó Ministerio de Fomento, a que manteña o trazado inicial. Nada máis e nada menos. Non pedimos nada do outro venres e non pedimos nada que non estivera tecnicamente refrendado incluso en contra dos criterios probablemente de moitos gobernantes do Partido Popular. Sr. Presidente.- Moitas gracias Sr. Crespo. Ten a palabra o Sr. D. Emilio González. Sr. González Iglesias.- Si. Mire, Pepiño Crespo, eu cando empezou a súa intervención pensei que estaba noutro momento e noutro tempo e pensei que estaba escoitando o típico dos dirixentes do Partido Popular alí cando gobernaban. Me estaba acordando do Lago do Amor, en Lalín, etc., etc., etc., é dicir, pensa o ladrón que todos son da súa condición, o que vostedes fan cando gobernan pensan que os demais facemos exactamente o mesmo. Mire, como dicía vostede que foi unha cacicada tremenda do Partido Socialista, de alguén que vai a cumprir unha promesa electoral, dicía vostede na súa intervención, home, menos mal, menos mal, que só se refire ó tema da autovía, porque claro se resulta que o camiño francés pasa por Palas de Rei, non será unha cacicada de Pepiño Blanco, se a estrada nacional 547 pasa por Palas de Rei supoño que non será outra cacicada do Sr. Blanco, supóñome. Mire, tanto tiña argumentos técnicos de defensa, aquela posición do Ministerio de Fomento, que por certo, por certo, e vostede sabe igual que eu, que alguén lle buscou saída a un certo follón que había en determinados concellos que vostedes gobernaban, por iso buscaron esa fórmula que parecía un bucle practicamente con dous viadutos impresionantes sobre o Ulla, é dicir, bueno, pois como zona medioambientalmente sensible tamén tiña a súa importancia, e que antes iso a posición do Ministerio de Medio Ambiente, e tamén se apoia en informes técnicos, Sr. Crespo, é que loxicamente cando pasa unha estrada nacional como a 547 por alí parece máis fácil que a autovía vaia paralela, porque realmente a función das autovías é desdobrar estradas nacionais, coa excepción, coa excepción nunha zona concreta que se aparta lixeiramente hacia o sur da estrada nacional precisamente para badear ou para salvar o lugar de interese comunitario, ese é o tema, pero conta con tantos informes técnicos, e con máis, con tantos non, con máis, porque aquela era a posición do Ministerio de Fomento e esta é a do Ministerio de Fomento e a do Ministerio de Medio Ambiente. Conta con todos os informes técnicos e por suposto conta con informes medio ambientais. Polo tanto señores, miren, nin cacicada nin historias, nin cacicada nin historias. Realmente, realmente, mire, Lalín é moi importante pero non é o ombligo de Galicia nin o ombligo do mundo, e a min me parece, me parecería ata lóxico que o alcalde de Lalín fixera ese plantexamento que fixo vostede. Pero home, mire, isto é a Deputación Provincial, e a Deputación Provincial fixo un informe sobre unha opción que era unha máis do Ministerio de Fomento, e fixérono os técnicos, por certo, por certo, eu creo que xa hai uns días que os técnicos da Deputación tiñan un informe feito sobre este novo trazado, e curiosamente en vez de adoptar vostedes a posición do informe deixárono aí e aproveitan como grupo político para facer unha moción e traela ó Pleno. Bueno, pois mire, alá vostedes, é unha vez máis a forma de xogar en política que teñen vostedes, nada novo, nada novo, e dende logo os que levamos anos mirando como gobernan e como fan en política vostedes non nos asusta para nada, segue sendo a mesma fórmula de sempre, pero recoñeza comigo, recoñeza comigo que o lugar de interese comunitario sálvase con ese trazado, e vostede sábeo, sálvase, volvo a repetir, é dicir, o impacto medio ambiental será menor desdobrando a estrada salvo ese tramo que hai que apartarse para salvar ese espazo que facendo un novo trazado como era o de Agolada, que loxicamente era un trazado que tiña 3,4 quilómetros máis e volvo a repetir que tiña dous viaductos impresionantes sobre o Ulla. Dende logo nós non vamos a entrar en discusións deste tipo con estas mocións que ademais estamos mirando que non é só na Deputación, é dicir, alí onde o Partido Popular está, está plantexando mocións deste tipo en todas partes e dicindo moitas veces tonterías con estes temas. Sigan vostedes por ese camiño e nós vamos a contestarlle a primeira vez e non vamos a entrar xa en máis discusións con vostedes sobre estes temas. E volvo a repetir, Sr. Crespo, mire vostede como se facían certas e determinadas inversións en Lalín e a razón de que se facían tanto por parte do goberno de Galicia como por parte do goberno da Deputación de Pontevedra. E temos un listado como bastante grande para falar de cacicadas, como bastante grande, por parte de vostede e do seu predecesor tamén, mida as palabras e utilice outras formas que en política se poden utilizar outras formas. Nada máis, loxicamente vamos a votar en contra e non vamos a intervir máis sobre este tema. Sr. Presidente.- Gracias Sr. D. Emilio González. Sr. D. Cesáreo Mosquera. Sr. Mosquera Lorenzo.- Gracias Sr. Presidente. Isto é unha moción típica do que tratar aquí ou non tratar, non ..., simplemente que demostra que temas ordinarios de xestión non hai ningunha, estamos nunha campaña por parte do Partido Popular de en fin, de usar a institución e demais. Supoño que estarán sorprendidos, nós cremos iso dos cen días, cremos o dos cen días, aínda que repito Presidente, non estamos presentando mocións, son vostedes os que están montando líos políticos e tal, bueno, alá vostedes, os cen días acaban dentro dun pouquiño, xa falaremos. Bueno, con respecto á moción en si, mire eu vou a negar a maior, vou a negar a maior, xa o fixen aquí nun Pleno porque aquí hai anos, algúns de vostedes estaban, outros non, cando era a conexión de Pontevedra coas autovías da Meseta, que estaba a discusión si por Carballiño, pola Cañiza, por non sei canto, dixen, mire, en concepción do territorio, pensando no territorio e onde hai máis poboación e necesidades que ten, etc., o lóxico é ir a Porriño ou esa zona e ó final foi a que se impuxo, verdade. Choveron paus por todos os lados pero hai unha concepción do territorio e neste caso estamos sempre co xogo da perversión do que significan as autovías, as autovías deben vertebrar o territorio canalizando os fluxos principais e non importa que teña 15 quilómetros máis nin 15 quilómetros menos, e non porque ó final por esta mecánica eu creo que hai que solicitar unha autovía pois non sei, Guntín-Covelo, ou CoveloAllariz, pois eu que sei, pois autovías por todos os lados, aínda que vaian dous mil coches diarios, mil, bueno, autovías por todos os lados e as prioritarias están sen facer, nesa zona a prioritaria absolutamente é Santiago-Teixeiro, Guitiriz para conectar a A6 que se fai unha volta bastante menor, ou sexa, bastante menor en comparación, que é a que ten máis tráfico, é que conecta coa transcantábrica. E sen embargo pois por motivos que están vostedes aflorando, aflora este debate, pois se prioriza outra que ten menos tráfico e que ademais, é xa rizar o rizo, é o gran prexuízo, que unha autovía se supón que se desprace uns quilómetros se está conectada, o gran prexuízo beneficia, non sei canta cousa que xa é absolutamente de delirio, porque son unhas expectativas absolutamente de delirio, porque hai unhas expectativas absolutamente tremendas, miren vostedes por exemplo onde hai autovías, hai relativo tempo como por exemplo en Castela, ou non sei canto, realmente a quen quere ir no coche comodamente lle axuda, economicamente á zona nalgúns sitios fixo auténticos destrozos, acabou con eles, hai unha expectativa, non sei que, iso se está xogando, non se está pensando no territorio e demais, entón como negamos a maior, e aproveitando iso, quero dicilo claramente, nese caso, nese caso o que había que ter era acometido e xa acometido e rápido e moito máis fácil de pasar, a conexión entre Santiago e Lugo debe de dar unha volta de 15 quilómetros ou así, que para unha autovía non é nada, e tiña que estar feita xa, porque ten unha carga tremenda, é a que dixen antes, é a que dixen antes. Esa non se acomete, como pasa en cantidade de cousas, se fai un trozo de autovía onde non fai falta e despois resulta que un sitio cargadísimo pero supercargado, está sen facer ou leva mil voltas e non se fai, etc., etc. Entón vamos a votar en contra sen entrar nestes matices de trazado, se houbo para aquí ou para alá, ou se houbo cacicada por un lado ou polo outro, porque negamos a maior, non é prioritaria, hai outras prioritarias no mesmo eixe moito máis fundamentais para vertebrar o país e moito máis razoables, moitísimo máis razoables polo fluxo de tráfico, pola carga e polo propio territorio que aí é moi difícil. Entón o lóxico era aprobar outra, abordárona, bueno, pois seguen coa súa pelexa, bueno, coas guerras localistas, tamén se cadra, vamos ata pode ser cos nosos concelleiros alí, defenden unha cousa e outra e demais, pero aquí pódome permitir ter unha visión en función de fluxos, de responsabilidades, de vertebrar o país etc., etc., que creo que é razoable. Polo tanto vamos a votar en contra, pero por eses motivos, non por discutir que si vai, que se sae, que sae beneficiado, que non sae beneficiado, ou sexa, o trazado dunha autovía, por beneficiar que se alonxa dez quilómetros, non sei que, toca 3 quilómetros en Pontevedra, non toca ningún, vai por aquí, vai por alá, un trazado dunha autovía que terá que vertebrar uns fluxos intensos, suponse, suponse. Bueno, nesa discusión non entramos e moito menos aquí, polo tanto vamos a votar en contra por eses motivos, sen entrar en razóns doutro tipo. Moitas gracias. Sr. Presidente.- Moitas gracias Sr. D. Cesáreo Mosquera. Ten a palabra o Sr. Crespo. Sr. Crespo Iglesias.- Moitas gracias. Home, entrar, Sr. D. Cesáreo Mosquera a valorar se é necesaria a autovía Santiago-Lugo eu creo que non é serio, pero se vostede o entende desa forma pois síntoo moito, nós non estamos de acordo, eu creo que é unha vía necesaria igual que é Lugo-Ourense, e mire, hoxe os territorios modernos, a modernidade require que haxa boas vías de comunicación e as que están trazadas son necesarias e algunha máis probablemente tamén. Polo tanto, aquí do que se trata é dunha afrenta que se lle fai a unha comarca que pertence a esta provincia, non se trata doutra cousa, aquí non se trata de cuestionar moitas das cousas que aquí vostedes afirmaron, aquí trátase simplemente de que unha comarca que tiña aprobado tecnicamente un proxecto, quede sen el, e esa comarca pertence á provincia de Pontevedra e o novo trazado vai pola Coruña. Entendo, por moito que vostedes digan, home, Sr. González, Lalín pertence á Comarca do Deza pero a Comarca do Deza non é só Lalín, esta autovía pasa por Agolada no límite con Coruña, nin sequera está cerca de Lalín. Polo tanto, se me toca a min defendela é porque son o Deputado daquela zona, se fora Deputado outro defendería outro, eu defendo aquilo porque hai un acordo, hai acordos plenarios dos concellos do Deza, de todos creo, non sei se falta algún, pero creo que de todos, pedindo esa mesma cousa e pedindo incluso dirixirse á institución provincial. Creo que se seis concellos piden dirixirse á institución provincial non é ningún localismo por moito que vostedes o digan. En todo caso, e quero ser breve, hai que aclarar ou debemos aclarar que nos debates, vostede dá a sensación de que como o Partido Popular gobernou dezaseis anos a Xunta e oito Madrid, nós xa non estamos lexitimados para nada, somos un cero á esquerda, todas as tropelías que vostedes fagan están lexitimados e autorizados, como nós gobernamos antes e non o fixemos ¿por que o teñen que facer agora vostedes?, téñeno que facer agora vostedes porque son quen gobernan ¡concho!, así de sencillo, polo tanto xa está ben a musiquiña que utilizan sistematicamente o Bloque e o PSOE, cando non lles convén unha cousa ou cando lle proe dicir é que o Partido Popular gobernou xa moito tempo. Déixense de bromas, sexamos serios, nós gobernamos con erros e con acertos pero o feito de que nalgún aspecto se cometera algún erro non significa, ¿que o vai arreglar?, o Partido Popular agora que non manda en Madrid, non é quen, téñeno que arreglar os que mandan, que no lo voten na cara se queren, pero quen toca arreglalo, como a peaxe da AP-53, é o goberno, é o goberno, é o goberno de Madrid, non, e se quere tamén o da Xunta, pero non é o Partido Popular que gobernou antes, por moito que haxa feito Decretos, tamén os fixo en Campomanes-León e máis ese pódese arreglar e o de Lalín-Santiago non se pode arreglar. Polo tanto, mire, a Comarca do Deza eu quero que quede claro que é tanto da provincia de Pontevedra como é o Salnés ou como pode ser a Comarca de Vigo, exactamente, somos da mesma provincia. E cando algo toca ó interese da provincia esta casa debe defendelo. Bueno, eu creo que o argumentario que dou o Sr. González non ten peso, porque hai que evolucionar, a min non me diga a Rede Natura é unha cousa de última xeración, a estrada nacional é, non sei de que tempo, pero é bastante máis antiga que a Rede Natura. Polo tanto, porque se trazara unha estrada nacional por un sitio que ten Rede Natura non quere dicir que unha autovía que por suposto ten moito máis impacto que unha estrada nacional, pois teña que ir polo mesmo sitio, por moito que exista o Camiño de Santiago e que exista o que teña que existir, polo tanto eu creo que hai que evolucionar e agora mesmo se hai que unir Lugo e Santiago por autovía haberá que facelo por onde mellor proceda tecnicamente e por certo por onde menos dano faga que creo que o pon aí a Moción. Así que vostede dicía que isto é unha tontería, eu non o considero unha tontería, á nosa provincia e á nosa comarca que somos da provincia prexudícanos, e non lle vou a dicir máis nada porque vostede dixo que non ía intervir e entón non quero entrar en consideracións persoais, simplemente dicirlle que Lalín ten o que ten que ter e os talentos que nos deron aproveitámolos non os metemos debaixo do foco, e Lalín está situado onde ten que estar e por alí, antes de chegar ó poder nós xa pasaban dúas estradas nacionais, dúas autonómicas e tres provinciais, se aquilo somos un cruce de camiños eu non lle teño culpa, polo tanto o quilómetro cero de Galicia é o quilómetro cero de Galicia, bromas á parte, nós pedimos que a autovía vaia por onde tecnicamente debe ir. Sr. Presidente.- Moitas gracias Sr. Crespo. Procedemos, Sr. Mosquera. Bueno, vámoslle dar a palabra ó Sr. Mosquera, para que despois non digan que non se lle dá. Sr. Mosquera Lorenzo.- Non, é que parece que hai temas onde queren intervir todo o mundo e non sei canto e outros que pasan de tal. Sr. Presidente.- Será que somos xenerosos, para que despois digan. Sr. Mosquera Lorenzo.- Non, non, a un segundo turno temos dereito. Se quere se vota, agora se quere se elimina. Vamos a ver, a min este debate gústame, e creo que é importantísimo, non é que me guste por apetencia persoal senón que creo que é absolutamente importante. E o Sr. Crespo tocou un aspecto que creo que se estivo xogando con el durante moitísimo tempo e que non é real, as infraestruturas son condición necesaria para o desenvolvemento económico e o progreso social, pero non suficiente, pero hai modelos. Sr. Crespo Iglesias.- ¿Non son?. Sr. Mosquera Lorenzo.- Non suficiente, podes ter a tira de infraestruturas e ser un auténtico deserto, que hai casos, os que se queira. Entón o problema é programalas ben e equilibrar ben á que se adican. E temos dous exemplos en Europa, sempre houbo o mito alemán das infraestruturas, que fixeron autoestradas antes que ninguén, que esa é a causa do seu desenvolvemento, moi sesgado algo diso houbo, pero hai outros modelos, non me diga que a modernidade e tal, hoxe se poñen como exemplo o nivel de vida, o desenvolvemento, crecemento máis rápido, etc., Noruega e Irlanda. E por que fixeron un esforzo tremendo noutros aspectos socioeconómicos que permiten un desenvolvemento enorme igual incluso detraendo das infraestruturas ou planificándoas de quedarse coas necesarias e imprescindibles e non gastar en infraestruturas porque si e por que é necesario, claro que é necesario, claro que é necesario a autovía non sei que, e autovía non sei onde, e o ferrocarril a non sei onde, e o AVE a non sei onde, é necesario todo, pero o problema é priorizar o que é máis importante, cada quilómetro de autovía pode custar seis millóns de euros, se o sitio é máis difícil oito ou dez, e uns quilometriños pois dan, antes falamos de sanidade, dan para hospitais, dan para colexios, dan para a universidade, dan para moitisimas cousas, e entón equilibralo, Irlanda por exemplo gastaron na sociedade do coñecemento, investigación, etc., e non nas infraestruturas todos os cartos, e claro, está, entrou en Europa coa mesma renda que Galicia e neste momento nos duplica. Entón non é tan baladí o debate, non é tan baladí, e se está xogando coa demagoxia que isto parece a ideoloxía absoluta, como a finais do 19 era que coa escola se ía a resolver todos os problemas, máis escolas e se resolven todos os problemas, se resolveron moitos pero nestes momentos é con máis infraestruturas se resolven todos os problemas, e non é certo, e hai que priorizalas, é moi fácil vender, é moi necesario e en todos os lados e demais e neste caso concreto coincidirá comigo que era prioritaria a autovía que citei, e non esta, que estivera prevista na recámara cara ó futuro pode ser que si, pero nin por fluxo nin por intensidade, e coincidirá comigo que un desvío duns quilómetros nunha autovía non vai nin a prexudicar nin a beneficiar, o único que haberá é que conectar, e ademais asegúrolle que en plans de desenvolvemento para esa comarca tan deprimida, polo menos nesa zona que vostede cita, Dozón ou Agolada ou o que sexa, os cartos que custa a autovía metidos en plans serios e ben articulado o desenvolvemento, e mellorando a estrada para acceder a autovía a dez quilómetros ou o que sexa infinitamente mellor lle ía ir ó territorio e ó persoal que vive alí. Coincidirá comigo en que si, verdade, seguro. Ben, entón o debate non é baladí, entón eu quero ... porque é todos os días, bun, bun, bun, todos os días, todos os días, todos os días, autovía, autovía, autovía. Autovía si, pero, onde é necesaria e onde se xustifica, pero hai moitas outras necesidades e custan moitos cartos as autovías, e polo tanto si hai que facelas pero cunhas prioridades, e neste caso non está ben priorizado. Por iso lle digo que nego a maior ou negamos a maior, pero hai que priorizar e vamos a votar en contra. E gracias pola oportunidade de poder debater iso. Sr. Presidente.- Moitas gracias. Sr. Crespo Sr. Crespo Iglesias.- Ben, ese debate é fariña doutro costado, aquí do que se trata é dunha autovía que se vai facer, que para o ano se vai adxudicar ese trazado ou polo menos por parte da Ministra se dixo que para o ano 2008 que se adxudicaba dous tramos dese trazado, e polo tanto o que se trata é dunha autovía que se vai facer e non da filosofía das autovías que sobre iso habería que falar moito pero, mire, unha cousa é predicar e a outra é dar trigo, cando nós estábamos no goberno de Galicia e de Madrid os males e os bens eran culpa nosa, agora que non estamos en ningún de ámbolos dous, non vexo que haxa plans alternativos ó que propuxeron os outros. Polo tanto, mire, iso para falar entre nós queda moi ben pero a realidade é outra. Nada máis Sr. Presidente. Sr. Presidente.- Procedemos polo tanto á votación da Moción do Partido Popular. ¿Votos en contra?. ¿Abstencións?. ¿A favor?. O Pleno acorda por maioría de votos a favor do PP e cos votos en contra do PSdeG-PSOE e do BNG, aprobar a Moción do Grupo Provincial do Partido Popular (PP) sobre o trazado da Autovía Santiago-Lugo pola provincia de Pontevedra, e que é do seguinte teor: “MOCIÓN DO GRUPO PROVINCIAL DO PARTIDO POPULAR (PP) SOBRE O TRAZADO DA AUTOVÍA SANTIAGO-LUGO POLA PROVINCIA DE PONTEVEDRA O Grupo Provincial do Partido Popular (PP) na Deputación Provincial de Pontevedra, en base á lexislación vixente, presenta diante do Pleno da Corporación Provincial esta moción relativa ás infraestruturas viarias da nosa provincia. EXPOSICIÓN DE MOTIVOS 1.- O Ministerio de Fomento manifestou a súa intención de acometer as obras da autovía Santiago de Compostela-Lugo cunha lonxitude de 88,8 quilómetros, un orzamento de execución de 313,4 millóns e 18,6 millóns para expropiacións. Inicialmente, o trazado previsto transcorría polo concello pontevedrés de Agolada pero, posteriormente, o Ministerio variou o proxecto, de tal xeito que, agora, a traza proposta como definitiva achégase, sen xustificación técnica solvente, á vila lucense de Palas de Rei. 2.- No seu día, os técnicos da Deputación de Pontevedra e de diversas institucións informaron favorablemente a alternativa que discorría por un tramo de 3,4 quilómetros, delimitados por dous viadutos sobre o río Ulla, no concello de Agolada. A traza prevista discorría por unha zona pouco poboada, non afecta directamente a núcleos de poboación, salvaba ríos e arroios mediante obras de fábrica e incorporaba pasos elevados naqueles puntos onde se afectaba á comunicación dalgún núcleo poboacional próximo. Entre os núcleos pontevedreses que vían resposta á súa comunicación, destacaban Galegos, ó norte da traza; Santa María de Basadre, tamén ó norte; e Outeiro de Rei, ó sur próximo ó viaduto do regato Ramil. 3.- O apoio da Deputación de Pontevedra ó devandito trazado inicial derivábase do feito de que non só era a proposta formulada polo propio Ministerio de Fomento senón tamén porque supoñía a conexión natural con Lugo e Asturias, fundamental para o desenvolvemento da Comarca do Deza e do resto da provincia. O trazado inicialmente proposto por Fomento é o xeito natural de achegar Asturias e Lugo á Comarca do Deza, Pontevedra, as Rías Baixas e Vigo. Polas anteditas razóns, sometemos á consideración do Pleno da Deputación esta moción para que se adopten os seguintes acordos: 1.- Instar ó Ministerio de Fomento a que manteña o trazado inicial, proposto polos seus propios técnicos, da prevista autovía Santiago-Lugo polos citados núcleos do Concello de Agolada en canto que é o trazado máis lóxico, con menos impacto ambiental e que contribúe a vertebrar Galicia, dende Vegadeo (Asturias) a Vigo, posibilitando, de paso, a conexión natural entre os mercados turísticos e produtivos do sur galego cos do norte rexional e os de Asturias.” 16.5591.- ROGOS E PREGUNTAS Sr. Presidente.- Pasamos ó apartado de Rogos e preguntas. Sr. Secretario.- Presentaron una pregunta D. Daniel Rodas y ya la he mandado para que la informen. Sr. Presidente.- Temos aquí un escrito presentado o día 26 onde se solicita por parte do Bloque Nacionalista Galego, que teña a ben remitirnos ós diferentes grupos provinciais o estudo das necesidades viarias das estradas provinciais da Comarca do Morrazo. Pois llo remitiremos, claro está. Vamos a presentalo e a remitirllo. E despois hai máis preguntas. Sr. Martínez Giráldez. Sr. Martínez Giráldez.- Si. Bo día. Vou facer unha breve introdución. Nos últimos meses coincidindo co período electoral o Presidente da Deputación, o Sr. Louzán, prometeu ós veciños e veciñas da parroquia de Guláns, en Ponteareas, que a institución provincial se encargaría de eliminar o perigo que para unha serie de casas do barrio do Pereiro supón o chamado Penedo de Sogra, perigo denunciado perante a Xunta polos veciños xa dende o ano 1995. O Presidente da Deputación asegurou nunha reunión cos veciños e veciñas o día 23 de maio de 2007, uns días antes das eleccións, que un perigo como este hai que eliminalo sen perder máis tempo. E se comprometeu a facelo dende a Deputación Provincial. Á vista da escaseza dos recursos da comunidade de montes propietaria dos terreos e do penedo en cuestión para cometer a actuación. O 1 de xullo Rafael Louzán volveu a visitar a parroquia de Guláns onde os veciños e veciñas lle lembraron o seu compromiso, daquela o Presidente da Deputación xa matizou o seu compromiso da véspera das eleccións municipais e advirte de que a actuación é máis complexa do que parecía e que non pode dar prazos aínda que volvería a reiterar o compromiso da Deputación para resolver o problema. A pesares de que segundo o Presidente da Deputación había que eliminar o perigo sen perder máis tempo a día de hoxe catro meses despois o perigo segue sendo o mesmo. E lle fago a seguinte pregunta, ¿dende o 23 de maio e ata hoxe, que xestións e actuacións concretas desenvolveu a Deputación para rematar co perigo que supón O Penedo da Sogra?, e segunda, ¿cales son as previsións do goberno provincial para resolver o problema do Penedo da Sogra?, tipo de actuación a realizar, prazo, custe económico, etc. Sr. Presidente.- Bueno, dicirlle que, como nas preguntas anteriores, que lle vamos a contestar por escrito, pero xa lle adianto que vostede acaba de facer un, descifrar como foi evidentemente, me reunín antes das eleccións e me reunín despois, polo tanto iso quere dicir que estamos preocupados polo problema, igual que estivo a Xunta de Galicia, que elaborou un proxecto pois hai agora dous anos e non fixo absolutamente nada. Eu, están traballando precisamente os técnicos desta casa conxuntamente cos do Parque de Maquinaria, é un tema que require unha actuación importante en custe económico e é o que neste momento están valorando precisamente os técnicos. Polo tanto, tan pronto como teñamos máis información, eu xa a reclamei en dúas ou tres ocasións, e o tema é máis complexo do que dalgunha maneira parece, por iso xa digo que a Xunta de Galicia, que consta nesta casa un proxecto pois feito pola Consellería de Industria, na cal pois tamén demostrou o seu interese en resolver o problema, pero non se resolveu aínda, e polo tanto esperamos darlle unha solución e garantirlle neste caso ás vivendas que están na proximidade desta rocha pois unha solución a este tema. Pero xa digo que é un tema complexo e esperamos darlle unha solución. Sr. Martínez Giráldez.- Bueno, pois simplemente dicirlle que non sei cal era o compromiso de Industria ó respecto, pero si é certo que vostede e como antes aí falaban os seus compañeiros, esperemos que este non sexa un proxecto virtual, e que non saia deses que soamente foi unha foto no momento das eleccións e que agora que se olvide vostede do seu compromiso cos veciños desta zona. Espero entón recordarlle iso, que non sexa un proxecto virtual por parte da Deputación. Sr. Presidente.- De acordo. Pero, ti, aproveitando a ocasión, non te olvides de dicirlle a Industria de que o mesmo que fixo que o cumpra e despois evidentemente tamén o faremos nós, pero eu fun antes e máis despois das eleccións. Sr. Martínez Giráldez.- Industria non se fixo a foto polo menos, Industria non saíu na foto. Sr. Presidente.- ¡Ah, non saíu na foto!, ¡ah!, non sei. Sr. Martínez Giráldez.- Vostede si saíu na foto comprometéndose a que ía facelo. Sr. Presidente.- Igual non foi o fotógrafo alí ese día. É raro porque eles solen esixir que teña presencia mediática. Sr. Martínez Giráldez.- Mire, tamén para continuar, lle diría o seguinte, fai dous meses que tamén xa lle preguntei un par de preguntas e sigo esperando a súa resposta. Entón, bueno, creo que é suficiente. Sr. Presidente.- Creo que xa están contestadas. Sr. Martínez Giráldez.- Non as recibín, polo menos. Sr. Presidente.- Si, están contestadas. Pero vamos, vostede as recibirá. Sr. Martínez Giráldez.- Estarán entón en camiño. É que como vivo bastante lexos, non vaia a ser o problema. Sr. Presidente.- Home, non sei, Correos agora depende do Goberno Socialista pero eu creo que funciona ben. Claro. É empresa privada. Sr. Martínez Giráldez.- Vale, pois moitas grazas. Sr. Presidente.- ¿Máis preguntas?. Sr. D. Cesáreo, ten vostede a palabra. Sr. Mosquera Lorenzo.- Si. Gracias Sr. Presidente. Son dúas cuestionciñas, a primeira, reiterada e me parece que xa grave, aquí recibimos o outro día, o Presidente comprácese en convidalo ó 1º seminario do proxecto CRHONOS baixo o lema non sei que, cambio demográfico, embellecemento activo, non sei que, e despois todo está en perfecto castelán ou español, incluso ata lle cambian o nome á Universidade de Vigo, Universidad de Vigo, por se acaso, por se acaso non entenden. Creo que estas cousiñas había que coidalas, había que coidalas e non aproveitar calquera ocasión para facer todo en castelán. E a segunda cuestión é, que nos gustaría saber que pasos ou que investigacións, que indagacións se fixeron para obxectivar pois o que parece máis que inevitable desfase económico de Pasarón, cando como se sabe non houbo nin problemas de cimentacións, nin problemas arqueolóxicos nin nada parecido. Entón creo que algo dese tipo merece, non sei se unha comisión de investigación pero si cando menos unha investigación que vostedes que contrataron pois supoño ou senón a fixeron, que pasos previos, parte dos acordos ou non acordos, ou que se fale sobre a, senón que pasos se deron e polo menos ó final a ver se alguén se ten que poñer colorado, a quen lle toque, claro, pero obxectivar iso, se deron algún paso para facer iso. Gracias. Sr. Presidente.- Bueno, pois en relación a este tema, home, a min me houbera gustado que vostede houbera estado, que non foi así porque non estaba citado, pero estaba citado alguén do concello de Pontevedra nesa comisión de seguimento, na comisión de seguimento que se reunía cada 15 días e cada mes, vostede sabe, se foi falando sobre as cuestións que preocupaban en relación á obra e vendo tamén a execución da obra, e polo tanto cremos que agora pois terá que dar, algunhas dou, eu creo que non todas aínda, as explicacións, o Director da obra, que non o nomeou a Deputación e que o nomeou neste caso a propia Xunta de Galicia. El é o Director da obra e terá que dar as explicacións oportunas. Vostede tamén sabe a complexidade da propia obra en relación ó tema dos terreos, etc., etc. Pero bueno, iso que puido ter unha implicación pois non todo o grande que parecía senón que haberá máis cuestións pois que nos terán que detallar nesa comisión de seguimento que se reunirá na semana próxima. Neste caso Sr. D. Daniel Rodas. Sr. Rodas Chapela.- Bos días Sr. Presidente. Sr. Presidente.- Bos días. Sr. Rodas Chapela.- Nada, unicamente que non me deixou xustificar a solicitude que previamente tiñamos presentado aí, e nada dicir que bueno, que é un pouco coñecido por todos os veciños da Comarca do Morrazo a situación en que se encontran a maior parte dos viais provinciais. Non hai un mantemento periódico e á parte os viais están infimamente ampliados, e estamos sufrindo nos últimos anos pois un abandono xeneralizado. Entón, un pouco, o Presidente xa leva dous anos que publicamente ten o compromiso de meterlle man, sen ir máis lonxe a principios deste ano pois publicamente se comprometeu a presentar o plano das necesidades viarias de toda a comarca. E entón creo que este é o momento oportuno para que nos dea traslado ós diferentes grupos políticos dese estudo, habida conta de que agora mesmo vamos a encauzar o tema dos presupostos, e sería importante que por parte da Deputación e por parte dos Concellos se acometera con rigor e seriedade a mellora dunha demanda que os veciños están clamando, non hai máis que ver as noticias públicas onde diversos colectivos e diversos alcaldes se queixan continuamente. Polo tanto, rógolle que nos dea traslado ó resto dos grupos políticos dese plan de necesidades viarias e que se comprometa a que unha vez que nos entregue ese plan que chame ós alcaldes da comarca e que consensue con eles cales son as prioridades. Moitas gracias. Sr. Presidente.- Moitas gracias. Pois estaremos atentos a todo iso, de todas maneiras o Sr. D. José Enrique Sotelo será quen coordine precisamente toda esa mellora, vamos a presentar ese estudo a ver que actuacións se van a acometer proximamente. ¿Máis preguntas?. D. Pauliño. Sr. D. Pauliño Del Río. Sr. Del Río Iglesias.- Bon día Sr. Presidente. E gustaríame saber tamén se onde a dilixencia onde van as preguntas do noso compañeiro van as miñas do anterior Pleno porque vostede se comprometeu por escrito e non me contestou. Gustaríame saber se a dilixencia xa saíu de Pontevedra e se vai no mesmo paquete. Por outro lado gustaríanos saber se unha obra que fixo a Deputación Provincial de Pontevedra nun vial da súa propiedade, que vai de Gondomar a Peitieiros, se é vostede coñecedor do estado no que se atopa na actualidade, e gustaríanos saber tamén se unha rotonda que estaba prevista na confluencia das estradas de Peitieiros e de Chaín co cruce da vila de Gondomar, unha rotonda que estaba prevista se se vai a executar ou se está feito o proxecto, como se atopa esta obra. Grazas. Sr. Presidente.- Moi ben, pois intentaremos contestarlle á maior brevidade posible. Ten a palabra D. José Juan Durán para dicirlles como está a contestación de cada unha desas preguntas. Sr. Durán Hermida.- Si, gracias. De xeito moi breve, eu teño entendido, a información que teño é que vostedes dispoñen das contestacións, o seu compañeiro e vostede, e algunha que había do Grupo Socialista, xa dende onte ou antes de onte, de feito eu vin o momento que se rexistrou a saída e todo. Non sei se, ¿no Grupo hoxe a mañá o miraron?, ¿se o teñen no Grupo?, ¿e non estaban?. Sr. Presidente.- Moi ben, moitas gracias. D. Juan Muradas. Sr. Muradas Ramos.- Si, bueno, yo aprovechando el tema principal de este Pleno le recomendaría a los compañeros intervinientes anteriormente que tengan un poco de paciencia porque la lista de espera aquí para consulta está más elevado el plazo que en la seguridad social. Yo hoy cumplo nueve meses, nueve meses. Sr. Presidente.- Ese é un embarazo. É un embarazo. Sr. Muradas Ramos.- Si, la parida va a ser buena, y la parida va a ser buena. Y ya que me tira de la cadena, pues mire, tengo la duda de que si la desfeita que hicieron en la adjudicación de campos de hierba artificial es tan grande que no se atreve a contestarla, una, o dos, me ha perdido el respeto totalmente. Son las únicas explicaciones que encuentro después de estar reiteradamente con este noveno Pleno preguntando lo mismo. Entonces, si antes del próximo Pleno. Sr. Presidente.- ¿Está contestada?. Sr. Muradas Ramos.- ¿Me atiende Sr. Presidente?, si antes del próximo Pleno y además le voy a decir en la tentación en que estoy, le voy a confesar mis tentaciones, si antes del próximo Pleno no recibo respuesta a esa pregunta, que se la voy a reiterar, se la voy a concretar otra vez, venga pronto para el Pleno porque estoy entre dos, una sentarme en su silla y a ver que pasa, porque claro si usted no respeta el reglamento de funcionamiento de esta Corporación, usted que es el Presidente y máximo responsable, yo tampoco. Entonces estoy entre esa, sentarme ahí y a ver que pasa, y como decían los viejos “vamos a salir nas caixas dos mixtos”, ¿se acuerda?, si, pues me parece que vamos hacer una de esas, o, a partir de ya dirigirme a usted de manera irrespetuosa, sistematicamente, señor, puntos suspensivos, son las dos en las que me está bailando la mente. Y la pregunta es ¿que campos de hierba artificial fueron solicitados bajo el programa de esta Diputación? y ¿en que fecha fueron solicitados cada uno?, ¿cuáles fueron ejecutados y en que fecha?, ¿cuáles están en ejecución y los criterios de esta casa a la hora de ejecutar esas obras?. Y se lo pregunto por última vez. Nada más. Sr. Presidente.- Pois moi ben. Eu creo que se vai a levar algunha sorpresa vostede nese tema, pero bueno, de todas maneiras como é de todos coñecido, pois non creo que haxa moitas dúbidas nese asunto. Non sei algún comentario que fixo ó principio, non sei a que vén, pero en relación a ese tema está perfectamente claro, o que pasa é que nós como andamos moi rápido nesas actuacións, non somos coma outros, somos eficientes e eficaces, pois finalmente creo que ademais están construídos os que dalgunha maneira había demanda, ou sexa que por iso que está atendido, non escoitei a ningún alcalde de ningún grupo político que dixera “é que o demandei e non mo deron”, co cal evidentemente a súa pregunta non responde á demanda existente, outra cousa é que vostede teña dereito a telo, que non hai ningún problema, e o terá, pero non houbo de momento ningún, porque incluso no seu caso vostede sabe que hai un convenio firmado para a actuación da instalación de Marín. Polo tanto pois creo que non se adecúa moito á realidade da demanda, pero bueno, xa o terá por escrito. A ver, dígame. Sr. Muradas Ramos.- Yo soy Diputado Provincial, no soy Diputado de Marín ni en ningún momento pregunté por el campo de hierba artificial de Marín. Sr. Presidente.- Si preguntou vostede, terá mala memoria pero preguntou, si, si. Sr. Muradas Ramos.- A Marín, yo nunca nombré, yo la pregunta siempre fue de ámbito provincial, lo que pasa que a usted el subconsciente lo traiciona, lo traiciona. Sr. Presidente.- Haberá que revisar as actas. Sr. Muradas Ramos.- Lo traiciona y se cree que vengo interesándome por ese campo en concreto. Y yo lo que me preocupo es por ver, porque esto que acaba de decir, los medios de comunicación no le acompañan porque sistematicamente están saliendo alcaldes de todos los sitios. Sr. Presidente.- Non, está equivocado. Sr. Muradas Ramos.- Si, ... debió ser una desfeita pero potente, potente. Usted contésteme y después ya, de la respuesta ya debatiremos sobre el tema. Sr. Presidente.- Moitas gracias. Si. Sr. Durán. Sr. Durán Hermida.- Xa me estrañaba moito a intervención do Sr. Del Río e me estrañaba a anterior do seu compañeiro de grupo provincial do BNG, o Sr. D. Gabriel Martínez Giráldez, vostedes dous teñen dende onte no grupo as contestacións, vostedes dous teñen as contestacións dende onte no seu grupo, e evidentemente eu me parecía que era así, pero mo confirman os servizos da casa. Dende onte Sr. Del Río. Sr. Presidente.- Vale, moitas gracias. Moi bos días e se levanta a sesión. E non habendo máis asuntos que tratar, polo Sr. Presidente, sendo as trece horas e trinta minutos do expresado día, dáse por rematada a sesión e dela esténdese a presente Acta, que asinará o Ilmo. Sr. Presidente comigo, o Secretario, que dou fe.
Área de documentación
Existencia e localización de copias Enlace para escoitar o audio da sesión do Pleno
Ãrea de notas
Nota