Fondos
1.218/6. Índice de documentos da Casa de Romelle
Índice de documentos da Casa de Romelle
Área de identificación
Código(s) de referencia ES.GA.36038.ADPO.10..4.2.1.218/6
Título Índice de documentos da Casa de Romelle
Data(s) 1652-1804 (Creación)
Volume e soporte 1 expediente ou agrupación documental. 97 páxinas
Área de contexto
Institución arquivística Arquivo Deputación de Pontevedra
Área de contido e estrutura
Alcance e contido Casa de Romelle: (índice dos documentos) 1.- Carta de venda do lugar de Vila, freguesía de S. Martiño de Meáns [Zas], feita por Martín Cerqueiro a favor de Jorge de Caamaño. 1654, outubro, 28. 2.- Escritura de venda de cinco ferradas de trigo no lugar de Vilar de Feltras, freguesía de San Xoan de Grixoa [Santa Comba], feita por Juan de Maroñas a favor de Jorge Caamaño. Ano 1659, abril, 3. 3.- Copia da escritura de venda dos bens de Alberto de Caamaño na freguesía de San Antolín de Baíñas [Vimianzo], feita a favor de Jorge Caamaño. 1666, xullo, 9. Autos de posesión. Ano 1673. 4.- Dúas escrituras de censo, unha feita a favor de Juan de Nantón e Marina Suárez, 1633, e outra a favor de Jorge de Caamaño, 1670, do lugar de Donellón, freguesía de San Pedro de Nantón [Cabana]. 5.- Dúas copias da escritura de venda de terreo de As Nogueiras, sita no lugar de Berdillo [Carballo], feita por Juan de Esmorís e Alberta Varela a favor de Jorge Caamaño. Ano 1671. 6.- Copia de escritura de venda de terreno sito en Berdillo, feita por Antonio Prego a favor de Jorge de Caamaño. 1671. 7.- Copia da escritura de venda feita por Juan de Esmorís e Alberta Varela do terreo que posúen no lugar de Berdillo a favor de Jorge Caamaño. Ano 1674. 8.- Copia da escritura de venda da Casa e as súas propiedades que posúe Juan Moreno de Almazajara no barrio da Angustia, nas aforas de Santiago [Santiago], feito a favor de Jorge Caamaño. 1675, agosto, 6. Autos de posesión. Ano 1675. 9.- Obrigación de Juan Moreno de pagar o lauden pola casa que vendeu a Jorge Caamaño á confraría das Angustias. 1676, abril, 17. 10.- Copia do poder dado por Juan Antonio Caamaño ao seu irmán José Caamaño para que lle cobre as rendas da Casa que posúe no barrio das Angustias, cidade de Santiago. 1721, marzo, 18. 11.- Auto librado a instancia de Juan Antonio Caamaño Varela y Mendoza polo que se obriga a Catalina Sánchez, como sucesora de Antonio Prego, a pagar as rendas que debe por unha cortiña, sita na freguesía de San Lourenzo de Berdillo [Carballo]. 1722, outubro, 7. 12.- Ditame da Audiencia sobre a posesión da Casa das Angustias, cidade de Santiago. Ano 1722. Carta de Juan José Caamaño a Joaquín Fondevila e contestación do Segundo. Ano 1804. 13.- Copia da escritura de venda dos bens que posúe Antonio de Pazos no lugar de Brandomil [Zas] feita a favor de Jorge Caamaño. 1652, agosto, 24. 14.- Copia da escritura de arrendo dun agro nomeado como de "Abaixo da Horta", que pertence a Juan Antonio Caamaño Varela e arrendo a Pablo de Curras e a Diego de Pazos, 1725. 1726, xuño, 19. [Provincia: A Coruña. Concellos: Zas, Carballo, Cabana, Vimianzo, Santa Comba]
Ãrea de notas
Nota