ATOPO
Rexistros actuais: 1.617.765
Obxectos dixitais dispoñibles: 504.649

Fondos

EMPRESA NACIONAL DE CELULOSA (ENCE)

Área de identificación

  • Código(s) de referencia ES.GA.36038.ADPO.31

  • Título EMPRESA NACIONAL DE CELULOSA (ENCE)

  • Data(s) 1957 - 2025 (Creación)

  • Volume e soporte 5 unidades de instalación con 12 memorias e 2 copias de libros de actas encadernadas

Área de contexto

  • Nome do produtor Empresa Nacional de Celulosas (ENCE)(1957-) Empresa pública de transformación da pasta de madeira privatizada totalmente entre 1990 e 2001

  • Institución arquivística Arquivo Deputación de Pontevedra

  • Historia arquivística A Empresa Nacional de Celulosa foi unha compañía de carácter público e vinculada ao antiguo Instituto Nacional de Industria (INI) que cambiou o seu nome a Grupo Ence tras a súa saída Bolsa en 1990, privatizándose primeiro o 49% , e en 2001 o 51 % restante. Ten a súa sede central e domicilio social en Madrid. Entre finais de 1955 e principios de 1956 levouse a cabo a decisión técnica e o acordo político para ubicar unha fábrica papeleira na ría de Pontevedra. O gobernador civil Rafael Fernández Martínez dou unha roda de prensa o 13 de xuño de 1955 confirmando a instalación da fábrica en Lourizán. A Presidencia do Goberno publicou o decreto de constitución da empresa no Boletín Oficial do Estado do 20 de novembro do mesmo ano, aínda que a formalización da Empresa Nacional de Celulosa de Pontevedra aprazouse ata o 4 de abril de 1957. Un inxeñeiro finlandés Kaarlo Amperia visitou a zona en xaneiro de 1956 e fixo un informe favorable. Dous meses despois, o 26 de marzo de 1956, Ricardo López Molero, inxeñeiro xefe do Ministerio de Obras Públicas cuxo titular era Fernando Suárez de Tangil, asinou unha circular sobre a ocupación do solo por parte do Instituto Nacional de Industria (INI), presidido por Juan Antonio Suances, para a instalación dunha fábrica de pasta de celulosas kraft, que Francisco Franco inauguró o 13 de setembro de 1963. En 1968 fusionáronse as tres empresas de Pontevedra, Huelva e Motril pasando a formar a Empresa Nacional de Celulosas. As instalacións industriais de Ence en Pontevedra xeraron impactos ambientais demoledores por verquidos realizados á ría ata o ano 1994 ( data da denuncia), do que a práctica totalidade da súa Xunta Directiva anterior resultou condenada por delito ecolóxico continuado. Ence remataba a súa concesión para permanecer no dominio marítimo terrestre da ría de Pontevedra no ano 2018. En 2016 o Goberno en funcións de Mariano Rajoy decidiu concederlle unha prórroga que se extendería ata 2073. E Como protesta a súa política en relación á planta papeleira o concello de Pontevedra declarou a Mariano Rajoy "persoa non grata". En 2021 a Audiencia Nacional ordenou o peche de dita planta, pero en febreiro de 2023 o Tribunal Supremo anulou dita sentenza e avalou a prórroga da concesión da fábrica de Pontevedra e a súa continuidade no mesmo lugar ata 2073.

  • Forma do ingreso Cesión permanente feita pola directora da Biblioteca Central do Campus Universitario de Pontevedra Dona Ana Quiroga Fraga, o día 21 de febreiro de 2025.

Área de contido e estrutura

  • Alcance e contido Na Biblioteca Central do Campus de Pontevedra, por mediación do profesor Javier Romero Sánchez, recibiuse no ano 2006, sendo directora da mesma Laura González Nóvoa, a doazón do fondo documental que se atopaba no “Centro de Investigación y Tecnología (CIT)” de ENCE en Campañó. No ano 2024 revisando o material non catalogado do depósito da Biblioteca Central da Universidade de Vigo do Campus de Pontevedra atopouse a seguinte documentación da Empresa ENCE, que incluía: *12 memorias de actividade correspondentes aos anos 1978, 1980, 1984, 1986 e 1990 (encadernadas) *Actas das Xuntas Xerais, Xuntas do Consello de Administración e Xuntas das Comisión Permanentes dos anos 1957-1963 de ENCE Pontevedra e Motril (encadernadas)

  • Valoración, selección e eliminación Non se levou a cabo ningún tipo de expurgo ou selección debido o seu carácter testimonial e informativo e de plena vixencia administrativa.

  • Novos ingresos Non están previstos novos ingresos

  • Organizació

    EMPRESA NACIONAL DE CELULOSA (ENCE)
    
    1 ÓRGANOS DE GOBERNO
    1.1 Libro de actas das sesións da Xunta Xeral
    1.2 Libro de actas das sesións do Consello de Administración
    1.3 Libro de actas das sesións da Comisión Permanente
    
    2 ACTIVIDADES
    2.1. Memorias

Área de condicións de acceso e utilización

  • Condicións que rexen o acceso O acceso é libre, coas restricións impostas na lexislación estatal e autonómica, é dicir, os documentos que conteñen datos persoais ou que afecten á intimidade das persoas.

Área de notas

  • Nota

Puntos de acceso

  • Puntos de acceso de topónimos

  • Nome dos puntos de acceso Empresa Nacional de Celulosas (ENCE) (Tema) (Creador)

Área de control da descrición