ATOPO
Rexistros actuais: 1.625.404
Obxectos dixitais dispoñibles: 504.762

Expediente de recurso contencioso administrativo interposto por Enrique Diego Vieira (1997-2004)

Área de identificación

  • Código(s) de referencia ES.GA.36003.AM.BAI.2.GF001.F0002.SF025.S0228.4.508/1

  • Título Expediente de recurso contencioso administrativo interposto por Enrique Diego Vieira (1997-2004)

  • Data(s) 1997 - 2004 (Creación)

  • Volume e soporte 1 expediente

Área de contexto

  • Nome do produtor Concello de Baiona(1836-) O territorio do concello de Baiona, situado na costa atlántica, ó oeste da provincia de Pontevedra, linda cos concellos de Nigrán, Oia e Gondomar. Ocupa unha superficie superior ós trinta e un quilómetros cadrados, con corenta e seis entidades de poboación dispersas nas súas actuais cinco parroquias: Baíña, Baiona, Baredo, Belesar e Santa Cristina da Ramallosa, nas que residen máis de dez mil habitantes. Esta área xeográfica formou parte da provincia de Tui ata a división constitucional e a reforma posterior, que derivou na súa inclusión definitiva na provincia de Pontevedra. A totalidade das parroquias dependían daquela da xurisdicción real de Baiona. Iniciado o proceso de constitución dos concellos no século dezanove, dentro do Partido Xudicial de Vigo créanse os concellos de Bouzas, Lavadores, Nigrán, Vigo, Gondomar e Baiona. Este último, formado por cinco parroquias, non sufriu alteracións na súa configuración dende aquela.

  • Institución arquivística Arquivo municipal de Baiona

Área de contido e estrutura

  • Alcance e contido Expediente de recurso contencioso administrativo núm. 109/2003. Asunto: Decreto ditado en expediente de reposición de legalidade urbanística. Demandante: Enrique Diego Vieira. Demandado: Concello de Baiona. Contén: - Expediente de licenza 124-7/97 para construción de vivenda unifamiliar no lugr de Medialdea nº 1.

Área de notas

  • Nota

Puntos de acceso

Área de control da descrición