ATOPO
Rexistros actuais: 1.617.799
Obxectos dixitais dispoñibles: 504.649

Fondos

Expediente relativo á venda, arrendamento e foro dunha casa co seu alto no lugar de Lestrove

Área de identificación

  • Código(s) de referencia ES.GA.36038.ADPO.10..1.1.2.1.230/16

  • Título Expediente relativo á venda, arrendamento e foro dunha casa co seu alto no lugar de Lestrove

  • Data(s) 1750-1840 (Creación)

  • Volume e soporte 1 expediente ou agrupación documental. 15 páxinas

Área de contexto

Área de contido e estrutura

  • Alcance e contido Casa de Goyanes: - Santa María de Dodro, 1750 - 1840. 16.1.- Escritura de venda que outorga Juan Vázquez, veciño do lugar de Lestrove (freguesía de Santa María de Dodro), a favor do Sr. D. Juan Antonio Caamaño y Varela, señor de Romelle e Goyanes, dunha casa co seu alto, cuberta e corte, sita no devandito lugar e freguesía, cos seus cultos de posesión a continuación. Ano 1750. Lestrove. 16.2.- Arrendo que fixo o Sr. D. Juan Antonio Caamaño, Señor de Romelle, dunha casa co seu alto no lugar de Lestrove (freguesía de Santa María de Dodro) a Ignacio Soñora, do mesmo lugar e freguesía, en renda de 22 reais de vellón pagamentos en Goyanes ou en Santiago, libres do que se paga ao directo dominio do arcebispo, por 9 Anos. 1750, decembro, 9. Goiáns. 16.3.- Foro que fixo Dª María Ventura Gayoso y Arias, señora de Goyanes, a favor de Mª de Soñora, viúva de Francisco de San Pedro da Casa e demais cousas que contén, sita no lugar de Lestrove (freguesía de Santa Mª de Dodro) por vida de tres reis, empezando na de Fernando VI, e en renda de 12 reais de vellón, sendo o primeiro pagamento en 1756. 1755, outubro, 28. Goiáns. (Esta pensión cobrouse en Goyanes até 1831, despois pasouse a Leboráns pero a última nova que dela existe atopouse nas escrituras de 1838 e 1840). [Provincia: A Coruña. Concello: Dodro]

Área de notas

  • Nota

Puntos de acceso

Área de control da descrición