ATOPO
Rexistros actuais: 1.103.516
Obxectos dixitais dispoñibles: 416.326

Fondos

SERVIZO NACIONAL DE INSPECCIÓN E ASESORAMENTO DAS CORPORACIÓNS LOCAIS

Área de identificación

  • Código(s) de referencia ES.GA.36038.ADPO.12.

  • Título SERVIZO NACIONAL DE INSPECCIÓN E ASESORAMENTO DAS CORPORACIÓNS LOCAIS

  • Data(s) 1834-1985 (Creación) 1834 - 2017-07-07 (Produción)

  • Volume e soporte 155 unidades de instalación con 817 agrupacións documentais en soporte papel na súa totalidade.

Área de contexto

  • Nome do produtor Servizo Nacional de Inspección e Asesoramento das Corporacións Locais(1950-1978) Intégranse neste fondo documentos diferidos da función de control e tutela dos concellos, exercida polo xefe político desde 1835. Tamén se inclúe a documentación derivada do Servizo Nacional de Inspección e Asesoramento das Corporacións Locais creado pola Lei de Bases de Réxime Local de 17 de xullo de 1945 e desenvolvido por Decreto de 16 de decembro de 1950, dentro da Dirección Xeral de Administración Local do Ministerio da Gobernación, que nomeaba a uns funcionarios con habilitación de carácter nacional coas funcións inspectoras. A instalación en cada provincia pode producirse en datas diferentes. Seu precedente en canto ao ámbito competencial é a Sección Provincial de Administración Local, dependente da Delegación de Facenda. En Pontevedra, tras unha inspección que puxo de manifesto o seu mal funcionamento, creouse en 1959. Distribúese normalmente por provincias pero neste arquivo aparece documentación relativa á inspección de todas as provincias galegas e tamén limítrofes coma León e Oviedo, debido a que están organizadas en delegacións rexionais. A súa amplitude cronolóxica abrangue até 1978. Derivada da función de control en período preautonómico, asumida nesta provincia polo secretario da propia Deputación, consérvanse os extractos de acordos municipais remitidos polos concellos entre os anos 1979 e 1985.

  • Institución arquivística Arquivo Deputación de Pontevedra

  • Historia arquivística O Servizo Nacional de Inspeción e Asesoramento das Corporacións Locais tivo a súa sede no Palacio Provincial e os servizos que remitiron a documentación o arquivo foron Secretaría Xeral, Asesoría Xurídica e Intervención. A súa organización, baixo a dirección técnica de Miguel Pereira Figeroa, correspondeu aos técnicos do Arquivo César Manuel López Marras, María Eugenia Valenzuela Senn, Lourdes Pérez-Santamarina Feijóo e José Luis Castro Carpintero.

  • Forma do ingreso Mediante transferencia.

Área de contido e estrutura

  • Alcance e contido Documentación de gran interese para os estudios de temática local xa que recollen acordos, visitas de inspección, queixas, reclamacións contra actuacións dos concellos e incluso presupostos carcerarios.

  • Valoración, selección e eliminación Non se realizaron expurgos. Documentación de conservación permanente.

  • Novos ingresos Considerase un fondo pechado, sen posibilidade de novos ingresos.

  • Organización

    Organizado este fondo en dúas seccións:
    
    1.- ADMINISTRACIÓN:
    
    1.1.- Libro rexistro de entrada e saída de documentos (1966-1978).
    1.2.- Correspondencia (1961-1985).
    
    2.- ACTIVIDADES:
    
    2.1.- Consultas e informes (1835-1982).
    2.2.- Acordos municipais (1834-1985).
    2.3.- Visitas de inspección (1963-1978).

Área de condicións de acceso e utilización

  • Condicións que rexen o acceso O acceso é libre, coas restricións impostas na lexislación estatal e autonómica, é dicir, os documentos que conteñen datos persoais ou que afecten á intimidade das persoas.

  • Condicións de reprodución A reprodución está limitada polas condicións de conservación.

  • Características físicas e requirimentos técnicos A documentación, toda en soporte papel, atópase en xeral en bo estado de conservación.

  • Instrumentos de descrición Base de datos en ATOM, cun total de 817 rexistros.

Área de documentación

  • Existencia e localización de orixinais Non se coñece a existencia de documentación orixinal fora do arquivo.

  • Existencia e localización de copias Non se coñecen, agás naquela documentación derivada da tramitación con outras administracións.

  • Unidades de descrición relacionadas O fondos propios da Deputación. Arquivo Histórico Provincial de Pontevedra. Arquivos Municipais.

Puntos de acceso

  • Puntos de acceso de topónimos

  • Nome dos puntos de acceso Servizo Nacional de Inspección e Asesoramento das Corporacións Locais (Tema) (Creador)

Área de control da descrición

  • Identificador da institución DEPO00200000048