ATOPO
Rexistros actuais: 1.618.278
Obxectos dixitais dispoñibles: 504.649

Acta de sesión 1989/12/07_Ordinaria

Área de identificación

  • Código(s) de referencia ES.GA.36038.ADPO.1.1.4.7.13.387/3.1989-12-07_Ordinaria

  • Título Acta de sesión 1989/12/07_Ordinaria

  • Data(s) 1989-12-07 (Creación)

  • Volume e soporte 1 acta de sesión

Área de contexto

Área de contido e estrutura

  • Alcance e contido En Pontevedra, na Sala de Comisións do Pazo Provincial, senda as dez horas e trinta minutos do día sete de decembro de mil novecentos oitenta e nove, baixo a Presidencia de D. César Xosé Mera Rodríguez, Vicepresidente da Excma. Deputación Provincial de Pontevedra, reuníronse os Sres. Deputados, D. José Castro Álvarez, D. Carlos Mantilla Rodríguez, D. Juan Francisco Martínez-Herrera Escibano e D. Antonio Pillado Montero, co obxecto de celebrar sesión extraordinaria da Comisión Provincial de Goberno, con carácter executivo, en primeira convocatoria, con arreglo á correspondente Orde do Día.----- --------- Da fé do acto D. Antonio Castro López, Secretario Xeral, e está presente o Sr. Interventor de Fondos Provinc iais , D. Víctor Soto Bello. Non asisten o Ilmo. Sr. Presidente D. Xosé Cuiña Crespo, nin os Sres. Deputados D. Xosé Manuel Barros González, D. Diego Murillo Carrasco e D. Avelino Fernández Alonso Incidencias: Faise constar que o Sr. Murillo fixo acto de presencia, ausentándose as dez horas, trinta minutos e o Sr. Fernández Alonso, de viaxe oficial en Santiago, fixo a súa presentación ás doce horas e quince minutos. --- ---- ---------- - Declarada aberta a sesión e de arde da Presidencia éntrase seguidamente no exame da Orde do Día, adoptándose en relación coa mesma o seguinte acordo: 1.3658.- APROBACION DE PROXECTOS DO PLAN TRANSFRONTERIZO Iniciada-las actuacións, faise constar pola Secretaría Xeral que, ó seu xuizo, con respecto ós proxectos, os expedientes non conteñen proposta, algúns non veñen informados por técnico provincial, e outros están incompletos.--------------- A Comisión por razóns de urxencia, en execución de acordo plenario sobre o "Plan Transfronterizo 11 , e dada a perentoriedade dos prazos, acorda por unanimidade aprobar con carácter de urxencia e dar a tramitación que regulamentariamente corresponda ós seguintes proxectos, que se inclúen no Plan Transfronterizo, aprobado polo Pleno da Corporación Provincial. 1 . - 11 Saneamento do Concello de A Cañiza 11 • Importe CENTO TRINTA MILLONS DE PESETAS (130.000.000). Autor Director: Salvador Merino Gómez, Enxeñeiro Provincial, 2.- 11 Mellora do acceso ó embarcadeiro de Goián ( Tomiño) ... Importe TRINTA MILLONS DE PESETAS (30.000.000). Autor Direc- Follo N. o 65 ( Stnatura d Pres1dente) o * SerieA N. 0 055717 tor: Alfonso Enríquez Maure, Enxeñei o Provincial. 3.- "Saneamento da Vila de Ponteareas". Importe CENTO CINCUENTA MILLONS DE PESETAS (150.000.000). Autor Director: Salvador Merino Gómez, Enxeñeiro Provincial 4.- "Ampliación da rede de abastecemento de auga e saneamento de Salvaterra de Miño". Importe, CEN MILLONS DE PESETAS (100.000.000). Autor, Rafael Llano de la Concha, Enxeñeiro de Camiños 5.- "Proxecto de Saneamento e Depuración de augas residuais de O Porr iño" . Importe TRESCENTOS MILLONS DE PESETAS (300.000.000). Autor, Roberto Aya Duarte, Enxeñeiro de Caminos. E non habendo máis asuntos que tratar polo Sr. Presidente, sendo as once horas do expresado día, dáse por rematada a sesión e dela entendese a presente Acta, que asinarán os asistentes comigo, o Secretario que dou fe.

Área de notas

  • Nota

Puntos de acceso

Área de control da descrición