Fondos
-
4. COMISIÓN PERMANENTE. COMISIÓN DE GOBERNO. XUNTA DE GOBERNO
2004-01-09_Ordinaria. Acta de sesión 2004/01/09_Ordinaria
Acta de sesión 2004/01/09_Ordinaria
Área de identificación
Código(s) de referencia ES.GA.36038.ADPO.1.1.4.9.33.371/1.2004-01-09_Ordinaria
Título Acta de sesión 2004/01/09_Ordinaria
Data(s) 2004-01-09 (Creación)
Volume e soporte 1 acta de sesión
Área de contexto
Institución arquivística Arquivo Deputación de Pontevedra
Área de contido e estrutura
Alcance e contido Folla: Xunta de Goberno: Sesión do día 9 de xaneiro de 2004 --------o0o-------- En Pontevedra, na Sala de Xuntas do Pazo Provincial, sendo as dez horas e cinco minutos do día nove de xaneiro do ano dous mil catro, baixo a Presidencia do Ilmo. Sr. D. Rafael Louzán Abal, Presidente da Excma. Deputación Provincial de Pontevedra, reuníronse as/os señoras/es deputadas/os, D. Xosé Crespo Iglesias, Dona María Teresa Pedrosa Silva, D. José Juan Durán Hermida, D. José Enrique Sotelo Villar, D. Ramón Campos Durán, D. Antonio Feliciano Fernández Rocha, D. José Manuel Figueroa Vila, D. José Antonio Landín Eirín e D. Alfredo Rodríguez Millarez, co obxecto de celebrar sesión ordinaria da Xunta de Goberno, con carácter executivo, en primeira convocatoria, consonte á correspondente orde do día. Da fé do acto D. Rogelio Nicieza de la Cerra, Secretario Xeral e está presente o Sr. Viceinterventor, D. Antonio Graña Gómez. Antes de entrar na orde do día deuse conta de Resolución Presidencial núm. 58 dictada en cumprimento da Lei 57/2003, de 16 de decembro, pola que a Comisión de Goberno pasa a denominarse Xunta de Goberno e ó mesmo tempo desígnase como membro da mesma ó Deputado D. José Juan Durán Hermida en substitución da dimitida Dona María Corina Porro Martínez. Declarada aberta a sesión e de orde da Presidencia éntrase seguidamente no exame da orde do día, adoptándose en relación coa mesma os seguintes acordos: 1.11795.- ACTA ANTERIOR Acórdase por unanimidade, aproba-lo borrador da acta da anterior sesión, ordinaria, do día 30 de decembro do ano 2003. ------ Folla: 2.11796.- DEVOLUCIÓN DE FIANZAS DEFINITIVAS Unha vez tramitados os correspondentes expedientes, de conformidade co disposto no artigo 47 e concordantes do RD Lexislativo 2/2000, de 16 de xuño, do Texto Refundido da Lei de Contratos das Administracións Públicas, e ó non estar suxeitos a responsabilidade e terse cumpridas as condicións dos contratos, acórdase por unanimidade a devolución das seguintes fianzas: CONSTRUCCIONES CARRO, S.L. .- A constituída en valores mediante aval de Banco de Galicia, por importe de catorce mil cincocentos setenta euros con oitenta e un céntimos (14.570,81) para responder de: "MELLORA EP 3303 TABAGÓN-GOIÁN (ROSAL-TOMIÑO)", pertencente a Fondos Propios-2000, e que foi depositada na Tesourería Provincial o 13-10-00, segundo núm. 2000052424 de operación, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. .- A constituída en valores mediante aval de Banco Bilbao Vizcaya, por importe de mil cincocentos vinteoito euros con quince céntimos (1.528,15) para responder de: "AMPLIACIÓN E MELLORA ENLACE EP 4005 AREAS-ALXÁN (PONTEAREAS)", pertencente a Fondos Propios-2002, e que foi depositada na Tesourería Provincial o 25-03-02, segundo núm. 200200028298 de operación, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. PRODUCCIONES SALVADOR DASILVA VIDEO .- A constituída en metálico por importe de cincocentos oitenta euros (580,00) para responder de: EDICIÓN DO DOCUMENTAL "DOS RÍOS DE PONTEVEDRA", e que foi depositada na Tesourería Provincial o 19-11-02, segundo núm. 200200099086 de operación, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. OBRAS, TRANSPORTES Y CONSTRUCCIONES FONTEFRÍA, S.L. .- A constituída en valores mediante aval de Caixanova por importe de mil trescentos noventa e dous euros (1.392,00) para responder de. "LOTE NÚM. 3 CONCURSO DE ALUGAMENTO DE MAQUINARIA E VEHÍCULOS DE TRANSPORTE DO ANO 2003", e que foi depositada na Tesourería Provincial o 19-02-03, segundo núm. 200300010830 de operación, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. .- A constituída en valores mediante aval de Caixanova por importe de oitocentos trinta e dous euros (832,00) para responder de: "LOTE NÚM. 11 CONCURSO ALUGAMENTO DE MAQUINARIA E VEHÍCULOS DE TRANSPORTE DO ANO 2003", e que foi depositada na Tesourería Provincial o 19-02-03, segundo núm. 200300010832 de operación, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. EXCAVACIONES Y CONSTRUCCIONES DAFONTE, S.L. .- A constituída en valores mediante aval de Caixanova por importe de oitocentos oitenta e dous euros (882,00) para responder de: "LOTE NÚM. 6 DO CONCURSO DE ALUGAMENTO DE MAQUINARIA E VEHÍCULOS DE TRANSPORTE DO ANO 2002", e que foi depositada na Tesourería Provincial o 15-04-02, segundo núm. 200200033959 de operación, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. PAVIMENTOS DE MEAÑO, S .L. .- A constituída en metálico por importe de cincocentos oitenta e oito euros (588,00) para responder de: "LOTE NÚM. 6 DO CONCURSO DE ALUGAMENTO DE MAQUINARIA E VEHÍCULOS DE TRANSPORTE DO ANO 2003", e que foi depositada na Tesourería Provincial o 06-03-03, segundo núm. 200300012841 de operación, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. EULEN, S.A. .- A constituída en valores mediante aval de CESCE por importe de quince mil novecentos oitenta e seis euros con cincuenta e nove céntimos (15.986,59) para responder de: "SERVICIO DE LIMPEZA DA CIDADE INFANTIL PRÍNCIPE FELIPE", e que foi depositada na Tesourería Provincial o 23-05-01, segundo núm. 2001027230 de operación, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. ------ Folla: 3.11797.- ADXUDICACIÓN DA OBRA "URBANIZACIÓN EP HÍO-VILARIÑO (CANGAS)" Vista a acta de cualificación da documentación xeral e apertura de plicas, formulada pola mesa de contratación do concurso convocado para a contratación de "Diversas obras" entre as que se encontra a de "Urbanización EP Hío-Vilariño (Cangas)"; visto o informe emitido polo Enxeñeiro Director de Vías e Obras, no que se valoran as distintas ofertas presentadas, de acordo cos criterios de valoración que figuran no prego de condicións económico-administrativas que rexeu no concurso; e, vista a proposta de adxudicación formulada pola mesa de contratación, acórdase por unanimidade adxudicar a CONSTRUCCIÓNS, OBRAS E VIAIS, S.A. (COVSA) a obra "Urbanización EP Hío-Vilariño (Cangas)", na suma de 132.225,00 euros, IVE incluído, que oferta un prazo de execución de dous meses, melloras valoradas en 14.854,48 euros e un período de mantemento de trinta meses. As melloras ofertadas figurarán como anexo á certificación liquidación da obra, xustificándose así a súa realización ou subministro. O adxudicatario debe constituír fianza definitiva por importe do 4% do prezo de adxudicación, na forma que determina o art. 36 do RDL 2/2000, de 16 de xuño, polo que se aproba o Texto Refundido da Lei de Contratos das Administracións Públicas, que establecerá na Tesourería da Deputación dentro do prazo de quince días naturais contados a partir da notificación desta Resolución. Caso de non cumprirse este requisito declararase resolto o contrato. Así mesmo, o adxudicatario debe ingresar na Tesourería da Deputación, de acordo coa base 14ª do prego de condicións económico-administrativas que rexeron no concurso, a cantidade de 104,48 euros, IVE incluído, correspondente á publicación de anuncios do concurso no BOP e DOG que ascendeu a un total de 313,43 euros. Contra este acordo que pon fin á vía administrativa poderá interpoñer recurso potestativo de reposición perante o mesmo órgano que o dictou, no prazo de un mes a partir do día seguinte ó desta notificación (artigos 107 e 117 da Lei 30/1992, de 26 de novembro de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común, modificada por Lei 4/1999, de 13 de xaneiro), ou ben, directamente recurso contencioso-administrativo perante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Pontevedra ou perante a Sala do Contencioso do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia segundo o disposto nos artigos 8 e 10 da Lei 29/1998, de 13 de xullo Reguladora da Xurisdicción Contencioso-Administrativa, e todo iso no prazo establecido no artigo 46 da citada Lei. Todo iso sen prexuízo de que poida utilizar calquera outro recurso que estime conveniente. ------ Folla: 4.11798.- ADXUDICACIÓN DA OBRA "CONSTRUCCIÓN CASA DE CULTURA EN TREMOEDO, 4ª FASE (VILANOVA)" Vista a acta de cualificación da documentación xeral e apertura de plicas, formulada pola mesa de contratación do concurso convocado para a contratación de "Diversas obras" entre as que se encontra a de "Construcción Casa de Cultura en Tremoedo, 4ª fase (Vilanova)"; visto o informe emitido polo Arquitecto Técnico Provincial, no que se valoran as distintas ofertas presentadas, de acordo cos criterios de valoración que figuran no prego de condicións económico-administrativas que rexeu no concurso; e, vista a proposta de adxudicación formulada pola mesa de contratación, acórdase por unanimidade adxudicar a CONSTRUCCIONES EDISERPO, S.L. a obra "Construcción Casa de Cultura en Tremoedo, 4ª fase (Vilanova)", na suma de 106.890,00 euros, IVE incluído, que oferta un prazo de execución de tres meses, melloras valoradas en 3.774,00 euros e un período de mantemento de vinte meses. As melloras ofertadas figurarán como anexo á certificación liquidación da obra, xustificándose así a súa realización ou subministro. O adxudicatario debe constituír fianza definitiva por importe do 4% do prezo de adxudicación, na forma que determina o art. 36 do RDL 2/2000, de 16 de xuño, polo que se aproba o Texto Refundido da Lei de Contratos das Administracións Públicas, que establecerá na Tesourería da Deputación dentro do prazo de quince días naturais contados a partir da notificación desta Resolución. Caso de non cumprirse este requisito declararase resolto o contrato. Así mesmo, o adxudicatario debe ingresar na Tesourería da Deputación, de acordo coa base 14ª do prego de condicións económico-administrativas que rexeron no concurso, a cantidade de 104,48 euros, IVE incluído, correspondente á publicación de anuncios do concurso no BOP e DOG que ascendeu a un total de 313,43 euros. Contra este acordo que pon fin á vía administrativa poderá interpoñer recurso potestativo de reposición perante o mesmo órgano que o dictou, no prazo de un mes a partir do día seguinte ó desta notificación (artigos 107 e 117 da Lei 30/1992, de 26 de novembro de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común, modificada por Lei 4/1999, de 13 de xaneiro), ou ben, directamente recurso contencioso-administrativo perante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Pontevedra ou perante a Sala do Contencioso do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia segundo o disposto nos artigos 8 e 10 da Lei 29/1998, de 13 de xullo Reguladora da Xurisdicción Contencioso-Administrativa, e todo iso no prazo establecido no artigo 46 da citada Lei. Todo iso sen prexuízo de que poida utilizar calquera outro recurso que estime conveniente. ------ Folla: 5.11799.- RECLAMACIÓN DE RESPONSABILIDADE PATRIMONIAL FORMULADA POLO LETRADO D. FIDEL DÍEZ UDIAS, EN NOME E REPRESENTACIÓN DE D. LUIS ÁLVAREZ LÓPEZ, D. FELIPE ÁLVAREZ ÁLVAREZ E AXA AURORA IBÉRICA DE SEGUROS E REASEGUROS, SA, POR DANOS EN ACCIDENTE DE TRÁFICO NA ESTRADA PROVINCIAL MEIXUEIRO-CUVI. Dada conta que con data de Rexistro 24 de novembro de 2003 tiveron entrada nesta Deputación sendos escritos presentados por D. Fidel Díez Udias, con enderezo en Vigo, na rúa Marques de Valladares nº 14-4º, Oficina 8, en nome e representación de D. Luis Álvarez López e D. Felipe Álvarez Álvarez, e de AXA AURORA IBÉRICA DE SEGUROS E REASEGUROS, con números 031974 e 031975, respectivamente, sobre reclamacións de responsabilidade patrimonial por danos en accidente de tráfico na estrada provincial Meixueiro-C.U.V.I. o día 26 de novembro de 2002, e que individualiza economicamente en 4.778,67 euros a D. Luis Álvarez López, como propietario do vehículo matrícula PO-0916-AZ; 691,99 euros a D. Felipe Álvarez Álvarez, por incapacidade temporal e gastos farmacéuticos derivados das lesións padecidas no accidente; e 1.577,44 euros á aseguradora AXA AURORA IBÉRICA, polos danos do segundo automóbil implicado no sinistro, e que foron abonadas por esta ó seu propietario. Resultando.- Que con data 1 de decembro de 2003 (número de rexistro 015352) pola Presidencia se dictou Resolución de acumulación de ambos expedientes, ó amparo do disposto no art. 73 da Lei 30/92. Resultando.- Que con data 2 de decembro de 2002 e con fundamento no artigo 10.1, último parágrafo, do RD 429/93, en relación co 82 e 83 da Lei 30/92, e 171 do RD 2568/86, se solicitou informe ó Servicio de Vías e Obras, que o emitiu en data 10 de decembro de 2002 co seguinte contido: "Que efectivamente el lugar que indican está en la C.P.Meixueiro-C.U.V.I. Consultado el Capataz de la zona al respecto nos informa que en ningún momento recibió comunicación de la existencia de una mancha de aceite en esa zona, pero sí le consta en sus partes de trabajo que el día 28, dos días después del accidente, estuvo recorriendo esa Vía Provincial sin que llamase su atención incidencia alguna". Considerando.- Que a instancia se presenta cumprimentando os requisitos de capacidade, lexitimación activa e temporalidade (sen ter transcorrido o prazo de prescrición), descritos nos artigos 6.1 do RD 429/93 en relación co 70, 30, 31-1-a e 142.5 da Lei 30/92. Considerando.- Que non quedou acreditada a relación de causalidade (artigos 139.1 e 13.2 do RD 429/93) co material probatorio aportado ó expediente, antes ó contrario, queda demostrada a non responsabilidade desta Deputación no evento lesivo, por canto o informe do Servicio de Vías e Obras non observou incidencia ningunha nin se ten constancia nese Servicio nin en ningún outro da Deputación, de calquera reclamación pola mesma causa, supostamente unha mancha proveniente dalgún camión ou dos depósitos da propia CAMPSA. Redunda neste sentido o ter dito na propia instancia que a mancha non é ou foi provocada pola propia Deputación, o que vén a significar un recoñecemento explícito da exoneración da responsabilidade que a esta Administración lle cabe, por canto non reside nela a causa eficiente do sinistro, non séndolle esixible o contar, en cada punto da súa rede quilométrica de estradas, cun Vixiante, extremo inesixible. En todo caso, o terceiro reclamante deberá dirixir a súa reclamación ó ámbito civil, na procura do responsable (o camión ou vehículo autor do vertido ou a propia empresa Campsa), se así o considera axeitado. Considerando.- Que as Administracións Públicas se rexen en materia de responsabilidade patrimonial polos artigos 106.2 da Constitución Española, 139 e ss. da Lei 30/92, 54 da Lei 7/85, 223 do RR 2568/86 e RD 429/93. Considerando.- Que o presente acordo cumprimenta o establecido nos artigos 89.1 e 54.1-b da Lei 30/92 en relación co 13.2 do R.D. 429/93, referido á desestimación argumentada da reclamación. A Xunta de Goberno acorda por unanimidade desestima-la reclamación. ------ Folla: 6.11800.- RECLAMACIÓN DE RESPONSABILIDADE PATRIMONIAL FORMULADA POR DON MIGUEL ÁNGEL PÉREZ ABALDE POR DANOS SUFRIDOS NO SEU VEHÍCULO PARTICULAR NA RÚA CEBOLEIRA DA VIGO Visto que con data de rexistro de 10 de xullo de 2003 tivo entrada nesta Deputación instancia subscrita por Don Miguel Ángel Pérez Abalde, con domicilio a efectos de notificacións no despacho do letrado D. Juan Manuel Orth García, sito na rúa República Arxentina, 29-5º, oficina 29, de Vigo, sobre reclamación de responsabilidade patrimonial por danos sufridos no seu vehículo particular, matrícula 1724-BGY, o día 25 de novembro de 2002, e que cuantifica economicamente en 290,14 euros, na rúa Ceboleira de Vigo. Resultando.- Que o 17 de decembro de 2003, remítese por parte do Sr. Enxeñeiro Director de Vías e Obras o informe preceptivo descrito nos artigos 82 e 83, 10.1 último parágrafo e 172.1, respectivamente, da Lei 30/92, RD 429/93 e RD 2568/86, e que, en síntese relata que: "En contestación a su escrito de 23-10-03, relativo a reclamación de responsabilidad patrimonial, formulada por D. Miguel Ángel Pérez Abalde, por presuntos daños sufridos en la carretera que discurre por la calle Ceboleira de Vigo, el Ingeniero que suscribe informa a Vd. lo siguiente: A) El hecho de que no se haya contestado con anterioridad el informe solicitado se debe a que el mismo día 25-11-02 a las 20 horas, es decir con tan sólo un intervalo de dos horas con respecto al accidente objeto del presente informe, se produjo otro accidente en el mismo lugar (se adjuntan fotocopias de ambas reclamaciones), ello indujo a error al pensar que se trataba de la misma solicitud de informe. B) El Capataz de la Zona, tras visita al lugar que se cita en el escrito de D. Miguel Ángel Pérez Abalde, informa que no puede precisar si ese día exactamente existía el socavón, pero observó que se aprecia la reposición de un bache, no llevado a cabo por su brigada, sino presumiblemente por el Servicio de mantenimiento del abastecimiento de Vigo pues el socavón fue producido por una avería de dicho abastecimiento". Considerando.- Que a instancia cumprimenta os requisitos de presentación no prazo dun ano desde o feito causante, capacidade (maioría de idade e non incursión en causa aparente de incapacitación), e lexitimación, por ser titular a reclamante de dereito e interese lexítimo, descritos nos artigos 142.5, 30 e 31.1-a e 4.2, penúltimo parágrafo, e 6.1 da Lei 30/92 e RD 429/93, respectivamente, polo que procede entrar a valorar o fondo da reclamación, por canto a Deputación resulta pasivamente lexitimada ó ser titular da estrada. Considerando.- Que non quedou acreditada a relación de causalidade (artigos 139.1 e 13.2 do RD 429/93) co material probatorio aportado ó expediente -certamente exiguo pero clarificador-, antes ó contrario, queda demostrada a non responsabilidade desta Deputación no evento lesivo, por canto a causa eficiente do mesmo o é unha obra -concretada nunha focha- levada a cabo polo Servicio de mantemento do Concello de Vigo para a reparación dunha avaría, polo que é a este Servicio ou, no seu caso e na modalidade "in vigilando", ó Concello mesmo a quen debe dirixir dita reclamación. Considerando.- Que o presente acordo cumprimenta o establecido nos artigos 89.1 e 54.1-b da Lei 30/92 en relación co 13.2 do RD 429/93, referido á desestimación argumentada do rexeitamento da reclamación. Os preceptos invocados directamente aplicables e os restantes de pertinente aplicación. A Xunta de Goberno acorda por unanimidade desestima-la reclamación. ------ Folla: 7.11801.- RECLAMACIÓN DE RESPONSABILIDADE PATRIMONIAL FORMULADA POR DONA MARÍA DEL CARMEN BERNÁRDEZ VALES E DONA YOLANDA POUSADA ABILLEIRA, REPRESENTADAS POR D. SENÉN SOTO SANTIAGO, POR DANOS PERSOAIS E MATERIAIS EN ACCIDENTE DE TRÁFICO Dada conta que con data de Rexistro 23 de outubro de 2003 tivo entrada nesta Deputación instancia subscrita por D. Senén Soto Santiago, Procurador dos Tribunais, en nome e representación de Dª María del Carmen Bernárdez Vales, e Dª Yolanda Pousada Abilleira, con enderezo a efectos de notificacións en O Pereiro nº 2, de Poio, e en Campelo nº 4, do mesmo Municipio, respectivamente, por danos persoais e materiais en accidente de tráfico na rúa Esqueiriños de San Salvador de Poio o día 4 de febreiro de 2003, e que individualizan economicamente en 5.727,49 € para Dª María del Carmen Bernárdez Vales, e en 1.790,62 € para Dª Yolanda Pousada Abilleira. Resultando.- Que con data 17 de novembro de 2003 e con fundamento no artigo 10.1, último parágrafo, do RD 429/93, en relación co 82 e 83 da Lei 30/92, e 171 do RD 2568/86, se solicitou informe ó Servicio de Vías e Obras, que o emitiu en data 16 de decembro de 2003 co seguinte contido: "1º.- La citada vía es provincial. 2º.- La mancha de aceite no estaba señalizada, si bien respecto de la misma, hubo intervención de la brigada de Vías y Obras". Considerando.- Que a instancia se presenta cumprimentando os requisitos de capacidade, lexitimación activa e temporalidade (sen ter transcorrido o prazo de prescrición), descritos nos artigos 6.1 do R.D. 429/93 en relación co 70, 30, 31-1-a e 142.5 da Lei 30/92. Considerando.- Que non quedou acreditada a relación de causalidade (artigos 139.1 e 13.2 do R.D. 429/93) co material probatorio aportado ó expediente, antes ó contrario, queda demostrada a non responsabilidade desta Deputación no evento lesivo, por canto unha mancha de aceite ou gas-oil na calzada, como causa eficiente do sinistro, non pode en ningún caso achacarse a esta Deputación, senón a un terceiro, séndolle esixible unicamente á Administración a eliminación da mesma en canto é detectada, extremo que se cumprimentou con prontitude segundo consta no parte de "Conservación de Traballo" do Parque Comarcal de Vías e Obras, no que nas actuacións referidas ó día 6 (un día despois do sinistro) fálase de "limpieza de mancha de aceite en Lourido". Outra cousa houbera sido a neglixencia, morosidade ou renuncia na limpeza da calzada e que tal tardanza e desatención dera lugar a outro accidente, pero non é o caso, e o que non se lle pode pedir á Administración é a permanencia dun Vixilante apostado de xeito cautelar en cada punto quilométrico da rede de estradas provinciais, esixencia de todo punto imposible. Pretender que a Administración deba respostar destes eventos sería pouco menos que convertela nunha empresa pública de seguros, catalogación que se afasta de calquera interpretación minimamente seria e rigorosa do instituto xurídico da responsabilidade. Baste para ilustrar o antedito, que por cada delicto contra a propiedade que a Administración non resolve, deberá indemnizar ó particular prexudicado. Neste devandito sentido, a sentencia de data 8-10-86, Arz. 5663, nun suposto similar, razoou que "... un tercero desconocido pero ajeno a la Administración ocasionó consciente o inadvertidamente la situación de peligro generadora del daño, con lo que se rompe ese preciso carácter directo entre el actuar administrativo y el perjuicio ocasionado (...) sólo queda, como vía de posible responsabilidad, la omisión de la vigilancia debida a la carretera". Obviamente e polas circunstancias concorrentes -limpeza rápida e dilixente da mancha- non pode asumir esta Deputación "motu propio" e nesta vía administrativa a responsabilidade "in vigilando", xa que suporía a admisión de que ten esta Administración a obriga de contar cun Vixilante en tódolos puntos da súa rede quilométrica. Considerando.- Que as Administracións Públicas se rexen en materia de responsabilidade patrimonial polos artigos 106.2 da Constitución Española, 139 e ss. da Lei 30/92, 54 da Lei 7/85, 223 do RD 2568/86 e RD 429/93. Considerando.- Que o presente acordo cumprimenta o establecido nos artigos 89.1 e 54.1-b da Lei 30/92 en relación co 13.2 do RD 429/93, referido á desestimación argumentada da reclamación. A Xunta de Goberno acorda por unanimidade desestima-la reclamación. ------ Folla: 8.11802.- COMUNICACIÓNS Non houbo. ------ Folla: 9.11803.- ROGOS E PREGUNTAS Non se formularon. FÓRA DA ORDE DO DÍA e previa unánime declaración de urxencia adoptáronse os seguintes acordos: ------ Folla: 10.11804.- DAR CONTA DE SENTENCIA Dada conta que con data de rexistro de entrada 19-12-03, núm. 34979, se recibe nesta Deputación testemuña expedida pola Secretaria da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia contendo sentencia desestimatoria 8250/2003 recaída nos autos de recurso contencioso-administrativo núm. 4377/ 1999 interposto por Dona Francisca Samblas Tourón contra desestimación presunta por silencio das reclamacións de responsabilidade patrimonial de datas 24-11- 1997 e 17-11- 1998 sobre canalizacións de augas pluviais na estrada de "A Ruibal", en Pontevedra, sendo o contido da mesma absolutorio para esta Deputación. A Xunta de Goberno dáse por enterada. ------ Folla: 11.11805.- APROBACIÓN DO EXPEDIENTE DE CONTRATACIÓN, MEDIANTE CONCURSO, PROCEDEMENTO ABERTO, PARA O SUBMINISTRO DE DOUS VEHÍCULOS RECOLECTORES, UN DE 6M3 E OUTRO DE 14M3 DE CAPACIDADE, PARA PRESTA-LO SERVICIO DE RECOLLIDA DE LIXO (CONCELLOS DE A GUARDA E CRECENTE) Aprobados pola Comisión de Goberno do día 14 de novembro de 2003, os convenios subscritos pola Excma. Deputación cos Concellos de Crecente e A Guarda, para a contratación pola Deputación de dous vehículos recolectores, un de 6 m3 de capacidade para o Concello de A Guarda e outro de 14 m3 para o Concello de Crecente, por importes de 66.000,00 euros e 120.000,00 euros, respectivamente, con cargo á partida 03/911.911.622.00 do vixente orzamento. Vistos os documentos RC polos que se certifica a existencia de consignación orzamentaria para facer fronte ós gastos para a adquisición dos vehículos recolectores e o informe de fiscalización, emitidos todos eles por Intervención. Visto o informe emitido polo Sr. Vicesecretario obrante no expediente acórdase por unanimidade aproba-lo expediente de contratación mediante concurso, procedemento aberto, para o subministro de dous vehículos recolectores, un de 6 m3 e outro de 14 m3 de capacidade, para presta-lo servicio de recollida de lixo. Así mesmo acórdase autorizar ditos gastos por importes de 66.000,00 euros e 120.000,00 euros, así como aproba-lo prego de cláusulas administrativas particulares e técnicas que rexerán o concurso, e que se inicie o procedemento de adxudicación para a contratación dos referidos subministros, concedendo un prazo de quince días naturais para a presentación de proposicións, contados a partir da publicación do anuncio no Boletín Oficial da Provincia. Por último acordouse facer constar en acta o sentimento dos membros da Xunta de Goberno polo falecemento o pasado día 5 dos correntes da nai do Sr. Deputado Provincial D. Xosé Cesáreo Mosquera Lorenzo. E non habendo máis asuntos que tratar polo Sr. Presidente, sendo as dez horas e vintecinco minutos do expresado día, dáse por rematada a sesión e dela esténdese a presente acta, que asina o Ilmo. Sr. Presidente, comigo, o Secretario que dou fe. ------
Ãrea de notas
Nota