ATOPO
Rexistros actuais: 1.618.278
Obxectos dixitais dispoñibles: 504.649

Acta de sesión 2004/01/29_Ordinaria

Área de identificación

  • Código(s) de referencia ES.GA.36038.ADPO.1.1.4.9.33.371/1.2004-01-29_Ordinaria

  • Título Acta de sesión 2004/01/29_Ordinaria

  • Data(s) 2004-01-29 (Creación)

  • Volume e soporte 1 acta de sesión

Área de contexto

Área de contido e estrutura

  • Alcance e contido Folla: XUNTA DE GOBERNO Sesión do día 29 de xaneiro de 2004 --------o0o-------- En Pontevedra, na Sala de Xuntas do Pazo Provincial, sendo as dez horas e dez minutos do día vintenove de xaneiro do ano dous mil catro, baixo a Presidencia do Ilmo. Sr. D. Rafael Louzán Abal, Presidente da Excma. Deputación Provincial de Pontevedra, reuníronse as/os señoras/es deputadas/os, D. Xosé Crespo Iglesias, D. José Juan Durán Hermida, D. José Enrique Sotelo Villar, D. Ramón Campos Durán, D. Antonio Feliciano Fernández Rocha e D. José Antonio Landín Eirín, co obxecto de celebrar sesión ordinaria da Xunta de Goberno, con carácter executivo, en primeira convocatoria, consonte á correspondente orde do día. Da fé do acto D. Carlos Cuadrado Romay, Secretario Accidental e está presente o Sr. Interventor, D. Bautista Pérez Carnero. Non asisten a señora deputada, Dona María Teresa Pedrosa Silva nin os señores deputados D. José Manuel Figueroa Vila e D. Alfredo Rodríguez Millares. Declarada aberta a sesión e de orde da Presidencia éntrase seguidamente no exame da orde do día, adoptándose en relación coa mesma os seguintes acordos: 1.11838.- ACTA ANTERIOR Acórdase por unanimidade, aproba-lo borrador da acta da anterior sesión, ordinaria, do día 23 de xaneiro de 2004. ------ Folla: 2.11839.- RENUNCIA Á SUBVENCIÓN CONCEDIDA Á ASOCIACIÓN "A BARCAROLA" DO CONCELLO DE PONTECESURES De conformidade co informe favorable da Comisión Informativa de Benestar Social e Muller, acórdase por unanimidade aproba-la renuncia á subvención de 450,00 euros concedida en Comisión de Goberno de 08-08-02 á Asociación amas de casa "A Barcarola" de Pontecesures, para un "Curso de xardinería". ------ Folla: 3.11840.- PRÓRROGA DE AXUDAS DE EMERXENCIA SOCIAL A BENEFICIARIOS DO CONCELLO DE PORTAS De conformidade co informe favorable da Comisión Informativa de Benestar Social e Muller, acórdase por unanimidade aproba-la proposta de prórroga de Axudas de Emerxencia Social ata o 31 de maio de 2004, concedidas en Comisión de Goberno de 31 de outubro de 2003, ós beneficiarios do Concello de Portas que seguidamente se relacionan: .- Dona Eva Gómez Montoya, por 1.386,95 euros para "arranxo de tellado". .- Don Moisés Gamallo Calvo, por 1.386,95 euros para "arranxo de tellado". .- Dona Dolores Lorenzo Pérez, por 1.255,94 euros para "cuarto de baño". ------ Folla: 4.11841.- CONVALIDACIÓN DA APROBACIÓN MEDIANTE RESOLUCIÓN PRESIDENCIAL DE DIVERSAS FACTURAS Vistas as Resolucións Presidencias núm. 16.925, núm. 16.926, núm. 17.005 e núm. 17.040 de data 31 de decembro de 2003 polas que se aproban, por razón de urxencia, as relacións de facturas núm. 200300001136, núm. 200300001145, núm. 200300001151 e núm. 200300001168, por importes de oitenta mil douscentos vinteseis euros con vintenove céntimos (80.226,29), oitenta e catro mil seiscentos dezasete euros con noventa e oito céntimos (84.617,98), dezaseis mil trescentos setenta e sete euros con sesenta e dous céntimos (16.377,62) e sete mil oitocentos setenta e oito euros con dous céntimos (7.878,02), respectivamente. Vistos os informes de Intervención de data 31 decembro de 2003, para o recoñecemento das obrigas correspondentes ás facturas relacionadas que se atopan no suposto previsto na base 17-1, parágrafo cuarto das de execución do presuposto para 2003, polo que o recoñecemento lle compete á Comisión de Goberno, por tratarse dun recoñecemento extraxudicial de crédito ó non existir autorización ou aprobación previa do gasto. Non obstante, e dada a imposibilidade de que se celebrara unha Comisión de Goberno para as súas aprobacións no ano 2003, por razóns de urxencia na tramitación, estas efectuáronse mediante as Resolucións Presidencias citadas, polo que acórdase por unanimidade convalida-la aprobación das seguintes relacións de facturas: .- A relación comprensiva de duascentas dezaseis facturas que figuran na referencia 200300001136, aprobada por Resolución Presidencial núm. 16.925, de data 31 de decembro de 2003, que importa un total global de oitenta mil douscentos vinteseis euros con vintenove céntimos (80.226,29), que comeza coa emitida por Ancobis Catering, S.L, por importe de 1.605,00 euros e remata coa de Viveros Jardín al Mar, por importe de 588,50 euros, na que se recoñecen obrigas por importe de oitenta mil trescentos setenta e oito euros con vinte céntimos (80.378,20), correspondendo a cantidade de 151,91 euros a descontos do IRPF, sendo imputables as obrigas ás partidas detalladas na referida relación nas que se practicaron as correspondentes retencións de crédito. .- A relación comprensiva de cento doce facturas que figuran na referencia 200300001145, aprobada por Resolución Presidencial núm. 16.926, de data 31 de decembro de 2003, que importa un total global de oitenta e catro mil seiscentos dezasete euros con noventa e oito céntimos (84.617,98), que comeza coa emitida por Herederos de Suárez, S.L., por importe de 822,79 euros e remata coa de Torrado Oliva, S.L., por importe de 580,00 euros, na que se recoñecen obrigas por importe de oitenta e tres mil cento trinta e un euros con trinta e dous céntimos (83.131,32), correspondendo a cantidade de 83,72 euros a descontos do IRPF e 1.570,38 euros ó IVE soportado deducible, sendo imputables as obrigas ás partidas detalladas na referida relación nas que se practicaron as correspondentes retencións de crédito. .- A relación comprensiva de dez facturas que figuran na referencia 200300001151, aprobada por Resolución Presidencial núm. 17.005, de data 31 de decembro de 2003, que importa un total global de dezaseis mil trescentos setenta e sete euros con sesenta e dous céntimos (16.377,62), que comeza coa emitida por Vidueira Maquinaria-Aurelio Vidueira Estévez, por importe de 794,41 euros e remata coa de Taller de Ediciones J.A. Durán (Ed), por importe de 1.074,00 euros, na que se recoñecen obrigas por importe de dezaseis mil cincocentos trinta e oito euros con setenta e dous céntimos (16.538,72), correspondendo a cantidade de 161,10 euros a descontos do IRPF, sendo imputables as obrigas ás partidas detalladas na referida relación nas que se practicaron as correspondentes retencións de crédito. .- A relación comprensiva de sete facturas que figuran na referencia 200300001168, aprobada por Resolución Presidencial núm. 17.040, de data 31 de decembro de 2003, que importa un total global de sete mil oitocentos setenta e oito euros con dous céntimos (7.878,02), que comeza coa emitida por R Cable y Telecomunicaciones Galicia, S.A., por importe de 239,14 euros e remata coa de El Colmenar, por importe de 1.098,06 euros, na que se recoñecen obrigas por importe de sete mil oitocentos setenta e oito euros con dous céntimos (7.878,02), sendo imputables as obrigas ás partidas detalladas na referida relación nas que se practicaron as correspondentes retencións de crédito. ------ Folla: 5.11842.- RECLAMACIÓN DE RESPONSABILIDADE PATRIMONIAL PRESENTADA POR DONA ISAURA GARCÍA CAO E DON MANUEL PAZ PAZ POR DANOS PERSOAIS SUFRIDOS POR AMBOS E MÁIS NO VEHÍCULO PROPIEDADE DO SEGUNDO NA ESTRADA PONTEVEDRA - CAMPO LAMEIRO Dada conta que con data 7 de xaneiro de 2004 se presentou no Rexistro Xeral da Deputación Provincial instancia solicitando indemnización por danos persoais sufridos por Dona Isaura García Cao e Don Manuel Paz Paz, e materiais no vehículo deste último, matrícula PO-5749-AZ, na estrada Pontevedra- Campo Lameiro, o día 31 de decembro de 2001, e que valoran economicamente no valor venal do vehículo, no importe dos danos persoais (non cuantificados), e en 61,00 euros de facturas de taxi; 6.144,00 euros de depósito do vehículo sinistrado, e máis 75,64 euros en concepto de gastos de ortopedia. RESULTANDO.- Que con data 15 de xaneiro de 2004 e con fundamento no artigo 10.1 último parágrafo, do RD 429/93, en relación co 82 e 83 da Lei 30/92, e 171 do RD 2568/86 se solicitou informe ó Servicio de Vías e Obras, que o emitiu con data 21 de xaneiro de 2004 co seguinte contido: "Que dicha Carretera no es Vía Provincial sino de la Xunta de Galicia". CONSIDERANDO.- Que a instancia se presenta cumprimentando os requisitos de capacidade, lexitimación activa e temporalidade (sen ter transcorrido o prazo de prescrición), descritos nos artigos 6.1 do RD 429/93 en relación co 70, 30, 31-1-a e 142.5 da Lei 30/92, posto que aínda que os feitos acaeceron o día 31 de decembro de 2001 e a instancia se presentou o 7 de xaneiro de 2004, entre tanto tramitouse procedemento penal na tipoloxía de xuízo de faltas, que se referencia co número 23/02, e incumprindo o da lexitimación pasiva. CONSIDERANDO.- Que o teor do citado informe impide entrar sequera a valora-las circunstancias concorrentes do sinistro en cuestión, por canto non pode constituírse validamente a relación procedimental ó non resulta-la Deputación Provincial pasivamente lexitimada para interpoñer perante dela ningunha reclamación que non se relacione directamente coa súa titularidade demanial. CONSIDERANDO.- Que as Administracións Públicas se rexen en materia de responsabilidade patrimonial polos artigos 106.2 da Constitución Española, 139 e ss. da Lei 30/92, 54 da Lei 7/85, 223 do RD 2568/86 e RD 429/93. CONSIDERANDO.- Que en ningún caso pode esta Excma. Deputación Provincial facerse responsable de danos producidos en estradas que non sexan da súa titularidade. A Xunta de Goberno acorda por unanimidade inadmitir a trámite dita reclamación. ------ Folla: 6.11843.- RECLAMACIÓN DE RESPONSABILIDADE PATRIMONIAL FORMULADA POR DON ANTONIO ABELAIRA ARRIANDIAGA EN NOME E REPRESENTACIÓN DE DON JOSÉ BENITO VILAS BAULO POR SINISTRO SUFRIDO NO LUGAR DE "COSTIÑA", NA ESTRADA QUE CONDUCE DE ROMAI Á A GOULLA, NO TERMO MUNICIPAL DE PORTAS Dada conta que con data de Rexistro de 17 de decembro de 2003, tivo entrada nesta Deputaci.ón instancia subscrita por Don Antonio Abelaira Arriandiaga en nome e representación de Don José Benito Vilas Baulo, con enderezo a efectos de notificacións en r/Enrique Dequidt, 10, 1º dereita, de A Coruña, por danos padecidos en automóbil da súa propiedade, marca BMW, 324 TD e matrícula PO-0182-BD na estrada de Romai á "A Goulla", lugar da Costiña, no termo municipal de Portas o día 19 de xaneiro de 2003, e que individualiza economicamente en 1.383,42 euros. Resultando.- Que con data 22 de decembro de 2003 e con fundamento no artigo 10.1, último parágrafo, do RD 429/93, en relación co 82 e 83 da Lei 30/92, e 171 do RD 2568/86, se solicitou informe ó Servicio de Vías e Obras, que o emitiu en data 21 de xaneiro de 2004 co seguinte contido: " - INDEZA, estaba en obras parece que hubo algún accidente más. - Es responsabilidad de la empresa adjudicataria el mantenimiento de la seguridad en la obra mientras duren las mismas." Considerando.- Que a instancia se presenta cumprimentando os requisitos de capacidade, lexitimación activa e temporalidade (sen ter transcorrido o prazo de prescrición), descritos nos artigos 6.1 do RD 429/93 en relación co 70, 30, 31-1-a e 142.5 da Lei 30/92. Considerando.- Que non quedou acreditada a relación de causalidade (artigos 139.1 e 13.2 do RD 429/93) co material probatorio aportado ó expediente, antes ó contrario, queda demostrada a non responsabilidade desta Deputación no evento lesivo que, en todo caso e de existir, sería esixible da empresa "INDEZA" en virtude do disposto no artigo 97 do Texto Refundido da Lei de Contratos das Administracións Públicas: "... será obligación del contratista indemnizar todos los daños y perjuicios que se causen a terceros como consecuencia de las operaciones que requiera la ejecución del contrato", mandato legal que foi reforzado coa sentencia de data 31 de xullo do 89, que veu dicir que "... cuando los daños y perjuicios derivan de una actividad técnica no cumplida directamente por la organización administrativa, sino por organizaciones privadas no integradas en la Administración, con las que ésta contrata atribuyéndoles la gestión de un servicio público, o la ejecución de una obra pública, se interfiere entre Administración y particulares una empresa privada a la que materialmente le son atribuibles sus causas". Tal sentencia foi refrendada por unha de 12 de febreiro de 2000, tamén do Tribunal Supremo, polo que pode, á marxe do precepto legal colacionado, invocarse a doutrina xurisprudencial referida como coadxuvante da desestimación fundamentada no artigo 97 da Lei de Contratos das Administracións Públicas. Considerando.- Que as Administracións Públicas se rexen en materia de responsabilidade patrimonial polos artigos 106.2 da Constitución Española, 139 e ss. da Lei 30/92, 54 da Lei 7/85, 223 do RD 2568/86 e RD 429/93. Considerando.- Que o presente acordo cumprimenta o establecido nos artigos 89.1 e 54.1-b da Lei 30/92 en relación co 13.2 do RD 429/93, referido á desestimación argumentada da reclamación. A Xunta de Goberno acorda por unanimidade desestima-la reclamación. ------ Folla: 7.11844.- RECLAMACIÓN DE RESPONSABILIDADE PATRIMONIAL FORMULADA POR DONA MARÍA DEL CARMEN PRADO LÓPEZ E DON FRANCISCO SALGADO DÁVILA, POR DANOS SUFRIDOS EN VEHÍCULOS DA SÚA PROPIEDADE NA ESTRADA PROVINCIAL TOMIÑO-SABARÍS, TRAMO DE BAIONA, RÚA JOSÉ PEREIRA TRONCOSO Dada conta que con data de Rexistro 30-12-03 tiveron entrada nesta Deputación sendas comunicacións do Concello de Baiona referidas a sinistros sufridos por Dona María del Carmen Prado López e Don Francisco Salgado Dávila que padeceron danos nos seus automóbiles marcas, respectivamente, Ford "Scort", PO-8285-BH e Citroen ZX, PO-7594-BF, na estrada provincial Tomiño-Sabarís, tramo Baiona, rúa José Pereira Troncoso e que individualizan economicamente en 654,54 euros a primeira e en 186,92 euros o segundo. Resultando.- Que con data 20-01-04 se dictou Resolución Presidencial unificando ámbalas dúas reclamacións nun único procedemento. Resultando que con data 9 de xaneiro de 2004 e con fundamento no artigo 10.1, último parágrafo, do RD 429/93, en relación co 82 e 83 da Lei 30/92, e 171 do RD 2568/86, se solicitou informe ó Servicio de Vías e Obras, que o emitiu en data 03-12-03 co seguinte contido: "La denominada Rúa José Pereira Troncoso es vía provincial por formar parte del tramo de la EP. Tomiño-Sabarís. Durante el mes de noviembre y diciembre, por la Empresa "CONSTRUCCIONES ARAUJO", se construyó con permiso de este servicio, una red de alcantarillado que fue seguida casi diariamente por nuestra vigilancia, requiriéndosele reiteradamente la correcta reposición de la zanja. Tenemos información de que antes de iniciarse el período de vacaciones de Navidad la zanja fue repuesta y, que en un principio, las obras estaban debidamente señalizadas, lo que no podemos asegurar con exactitud es que los días 8 y 9 dicha señalización fuese la correcta." Considerando.- Que a instancia se presenta cumprimentando os requisitos de capacidade, lexitimación activa e pasiva e temporalidade (sen ter transcorrido o prazo de prescrición), descritos nos artigos 6.1 do RD 429/93 en relación co 70, 30, 31-1-a e 142.5 da Lei 30/92. Considerando.- Que non quedou acreditada a relación de causalidade (artigos 139.1 e 13.2 do R.D. 429/93) co material probatorio aportado ó expediente, antes ó contrario, queda demostrada a non responsabilidade desta Deputación no evento lesivo por canto no informe do Servicio de Vías e Obras acredítase a actuación responsable daquela (seguimento diario pola vixilancia, requirimentos reiterados da reposición da zanxa, obras debidamente señalizadas), e isto sen prexuízo da acción que en vía civil competa ós reclamantes para dirixirse á empresa "CONSTRUCCIONES ARAUJO", se lograse acreditar que a focha non estaba sinalizada. A maiores e no mesmo senso de exoneración da responsabilidade desta Deputación, cabe recordar que Dona María del Carmen recoñece na instancia presentada perante o Concello que "... el socavón llevaba allí varios días", o que remite, máis que a outra cousa, a unha conducción a velocidade inadecuada ou a simple descoido: se coñecía a existencia da focha podía preve-lo resultado lesivo e, consonte con isto, telo evitado. Considerando.- Que as Administracións Públicas se rexen en materia de responsabilidade patrimonial polos artigos 106.2 da Constitución Española, 139 e ss. da Lei 30/92, 54 da Lei 7/85, 223 do RD 2568/86 e RD 429/93. Considerando.- Que o presente acordo cumprimenta o establecido nos artigos 89.1 e 54.1-b da Lei 30/92 en relación co 13.2 do RD 429/93, referido á desestimación argumentada da reclamación. A Xunta de Goberno acorda por unanimidade desestima-la reclamación. ------ Folla: 8.11845.- COMUNICACIÓNS Non houbo. ------ Folla: 9.11846.- ROGOS E PREGUNTAS Non se formularon. FÓRA DA ORDE DO DÍA e previa unánime declaración de urxencia adoptáronse os seguintes acordos: ------ Folla: 10.11847.- ADXUDICACIÓN DO CONCURSO PARA A PRESTACIÓN DO "SERVICIO DE CONSULTORÍA E APOIO TÉCNICO Á COORDINACIÓN XERAL DO PROXECTO EMPLEOCITIES" Aprobado pola Comisión de Goberno do día 5 de decembro de 2003, o expediente de contratación, mediante concurso, procedemento aberto, para a contratación do "SERVICIO DE CONSULTORÍA E APOIO TÉCNICO Á COORDINACIÓN XERAL DO PROXECTO EMPLEOCITIES", sendo o seu anuncio publicado no BOP núm. 243 e no DOGA núm. 246 de datas 17 e 19 de decembro de 2003, respectivamente; e vista acta de cualificación da documentación xeral e de apertura de plicas presentadas, subscrita pola mesa de contratación con data 20 de xaneiro de 2004, vista a proposta formulada pola mesa de contratación, sobre os criterios de valoración das ofertas presentadas e admitidas ó concurso, de conformidade co informe técnico emitido polo Sr. Enxeñeiro Director do Servicio Agrario, de data 26 de xaneiro de 2004, en relación con ditas ofertas, acórdase por unanimidade adxudica-lo concurso antes expresado á empresa, EOSA CONSULTORES (CIF- A-36.196.418), para a prestación do "Servicio de consultoría e apoio técnico á coordinación xeral do Proxecto Empleocities", por obter unha puntuación de 90,68 puntos, segundo os criterios de valoración establecidos nas bases de dito concurso e polo prezo ofertado de corenta e sete mil cento cinco euros con sesenta céntimos (47.105,60) (IVE incluído). O pagamento da expresada cantidade será librado no seu día con cargo á partida 03/711.711.479.03 do Presuposto Provincial. O adxudicatario deberá constituír unha fianza definitiva equivalente ó 4% do prezo de adxudicación por importe de 1.884,22 €, que ingresará na Tesourería da Deputación en calquera das formas previstas no artigo 36 do RDL 2/2000, de 16 de xuño, do texto refundido da Lei de Contratos das Administracións Públicas, no prazo de quince días naturais contados dende a notificación deste acordo. No caso de non cumprirse este requisito por causas imputables ó adxudicatario, dará lugar á resolución do contrato. O adxudicatario deberá ingresar na Caixa desta Deputación as cantidades ocasionadas polos gastos de anuncios nos BB OO da Provincia e no Diario Oficial de Galicia. ------ Folla: 11.11848.- ADXUDICACIÓN DO CONCURSO PARA A CONTRATACIÓN DO "ALUGAMENTO DE MAQUINARIA E VEHÍCULOS DE TRANSPORTE" E "SUBMINISTRO DE MATERIAIS" ANO 2004 Visto o acordo da Comisión de Goberno do día 23 de decembro de 2003, polo que se aprobou ó expediente de contratación, mediante concurso, procedemento aberto, para "Alugamento de maquinaria e vehículos de transporte" e "Subministro de materias" con destino a traballos de infraestructuras, bens naturais e outras obras durante o ano 2004, sendo o anuncio do concurso publicado no BOP núm. 1, de data 2 de xaneiro de 2004 e no DOGA núm. 4 de data 8 de xaneiro de 2004. Visto que no citado acordo da Comisión de Goberno se especificaba que a adxudicación dos diversos lotes que forman parte do concurso quedaba condicionada á aprobación definitiva do Orzamento Provincial para 2004, nese momento en fase de exposición pública, trala aprobación inicial polo Pleno na sesión extraordinaria celebrada o 1 de decembro de 2003. Visto que o Presuposto Provincial para 2004 quedou definitivamente aprobado ó non presentarse ningunha reclamación contra o mesmo e tal como consta no informe de fiscalización existe crédito suficiente na partida 04/511.551.210.00 para facer fronte ás obrigas derivadas dos contratos de alugamento de maquinaria e vehículos de transporte e subministro de materiais obxecto do concurso. Vista a acta de cualificación da documentación xeral das plicas presentadas e admitidas ós diferentes lotes nos que se desglosaba o concurso, subscrita pola mesa de contratación con data 21 de xaneiro de 2004. Visto o informe emitido con data 27-01-2004, polo Xefe do Parque de Maquinaria, sobre as distintas ofertas presentadas de acordo coas prescricións técnicas que rexeron no concurso. Vista a proposta formulada pola mesa de contratación en relación á adxudicación dos lotes de acordo co informe do Sr. Xefe Xeral do Parque de Maquinaria que figuran no expediente, acórdase por unanimidade adxudica-los diversos lotes do concurso para o "Alugamento de maquinaria e vehículos de transporte" e "Subministro de materiais" (Plan de Inversións 2004), ós licitadores que a continuación se detallan e polos importes en euros que se citan, incluído o IVE: "ALUGAMENTO DE MAQUINARIA E VEHÍCULOS DE TRANSPORTE" LOTE A D X U D I C A T A R I O NºHORAS PREZO\HORA TOTAL EUROS 1 Deserto por non presentarse licitadores. 2 PAVIMENTOS DE MEAÑO, S.L. 800 48,20 38.560,00 Por alugamento de motoniveladora de 125 CV 3 O.T.C., FONTEFRÍA, S.L. Por 800 48,20 38.560,00 alugamento de motoniveladora de 125 CV 4 GRANITOS MÉNDEZ Y 600 28,00 16.800,00 CONSTRUCCIONES, S.L. (GRAMEYCON) Por alugamento de rodillo vibrador de 10 Tm. 5 Deserto por non presentarse licitadores. 6 OBRAS Y CONSTRUCCIONES DIOS 600 28,00 16.800,00 S.A.Por alugamento de rodillo vibrador de 10 Tm. 7 O.T.C. FONTEFRÍA, S.L. Por 200 36,00 7.200,00 alugamento de compactador neumático con depósito auga 12 Tm. 8 PAVIMENTOS DE MEAÑO, S.L. 800 28,00 22.400,00 Por alugamento de retro pala 4 x 4 de 70 CV 9 EXCAVACIONES MOSTEIRO, S.L. 800 24,1125 19.290,00 10 JOSÉ RUBÉN ROZADOS E HIJOS, S.L800 28,57 22.856,00 Por alugamento de retro pala 4 x 4 de 70 CV 11 EULOGIO PUCEIRO RODIÑO 800 27,00 21.600,00 Por alugamento de retro pala 4 x 4 de 70 CV 12 O.T.C. FONTEFRÍA, S.L. 800 29,00 23.200,00 Por alugamento de retro (con martelo) 13 ALFONSO MOURIÑO AMEAL 700 36,25 25.375,00 (Construcciones y Excavaciones Mouriño) Por alugamento de retro (1 m3 cazo) de 100 CV 14 FERTAF. C.B. Por alugamento 600 27,045 16.227,33 de cortamalezas hidráulica 15 SERVICIOS FORESTAIS 600 33,79 20.274,00 PENOURIÑO, S.L. Por alugamento de cortamalezas hidráulica 16 ANTONIO RIVERO CARPINTERO 600 30,02 18.012,00 Por alugamento de cortamalezas hidráulica 17 ÁRIDOS DE CURRO, S.L. (ARICUR) 700 27,84 19.488,00 Por alugamento de pala rodas (2 m3 cazo 130 CV) 18 ALFONSO MOURIÑO AMEAL 700 36,25 25.375,00 (Construcciones y Excavaciones Mouriño) Por alugamento de pala de cadeas de 130 CV 19 CONSTRUCCIONES Y OBRAS S. 700 30,00 21.000,00 MARTIÑO, S.L. Por alugamento de camión 2 ou 3 traccións de 14 Tm 20 CANTERAS DEL ARENAL, S.L. 700 29,35 20.545,00 Por alugamento de camión 2 ou 3 traccións de 14 Tm. 21 ANTONIO MIGUEL FRANCISCO 700 28,90 20.230,00 CANCELA Por alugamento de camión 2 ou 3 traccións de 14 Tm. 22 PAFOTRANS, S.L. Por alugamento 700 30,90 21.630,00 de camión 2 ou 3 traccións de 14 Tm. 23 TRANSPORTES RAMÓN ABAL 700 26,97 18.879,00 ABAL Por alugamento de camión 2 eixes de 12 Tm. 24 PAFOTRANS, S.L. Por alugamento 700 27,98 19.586,00 de camión 2 eixes de 12 Tm. 25 CELSO OUBIÑA ABAL 700 27,50 19.250,00 Por alugamento de camión 2 eixes de 12 Tm. 26 RAFAEL CARBALLAL SÁNCHEZ 700 27,90 19.530,00 Por alugamento de camión 2 eixes de 12 Tm. 27 JOSÉ RUBÉN ROZADOS E 700 27,84 19.488,00 HIJOS, S.L. Por alugamento de camión 2 eixes de 12 Tm. 28 PAVIMENTOS DE MEAÑO, S.L. 250 40,00 10.000,00 Por alugamento de camión 27 Tm. con grúa de 9 Tm. 29 JOSÉ RUBÉN ROZADOS E 500 32,84 16.420,00 HIJOS, S.L. Por alugamento de cisterna asfáltica de 8 Tm. 30 PAVIMENTOS DE MEAÑO, S.L. 700 40,00 28.000,00 Por alugamento de camión góndola de 20 Tm. 31 ÁRIDOS Y TRANSPORTES M. 500 41,90 20.950,00 CRISÓSTOMO, S.L. Por alugamento de camión articulado 4 eixes de 24 Tm. 32 TRANSPORTES RAMÓN ABAL 500 40,89 20.445,00 ABALPor alugamento de camión articulado 4 eixes de 24 Tm. 33 MANUEL PAZ GUIMIL 500 38,00 19.000,00 Por alugamento de camión articulado 4 eixes de 24 Tm. 34 MANUEL PAZ GUIMIL 500 40,00 20.000,00 Por alugamento de camión articulado 4 eixes de 24 Tm. 35 CANTERAS DEL ARENAL, S.L. 500 41,85 20.925,00 Por alugamento de camión articulado 4 eixes de 24 Tm 36 HÉCTOR LEDE PAZ 500 40,02 20.010,00 Por alugamento de camión articulado 4 eixes de 24 Tm. TOTAL ALUGAMENTOS DE MAQUINARIA E VEHÍCULOS DE TRANSPORTE 707.905,33 "SUBMINISTRO DE MATERIAIS" LOTE A D X U D I C A T A R I O CANTIDADE PREZO TOTAL EUROS 37 PRODUCTOS ASFÁLTICOS, S.A. 300 182,94333 54.883,00 (CEPSA) Por subministro de emulsión ECM-1 38 CONSTRUCCIÓNS, OBRAS E VIAIS 300 191,11 57.333,00 S.A. (COVSA) Por subministro de emulsión ECM-1 39 PROBISA, TECNOLOGÍA Y 300 199,56 59.868,00 CONSTRUCCIÓN, S.A. Por subministro de emulsión ECM-1 40 PRODUCTOS ASFÁLTICOS, S.A. (CEPSA) 250 166,448 41.612,00 Por subministro de emulsión ECR-2 41 REPSOL YPF 250 182,12 45.530,00 Por subministro de emulsión ECR-2 42 REPSOL YPF 250 182,12 45.530,00 Por subministro de emulsión ECR-2 43 PROBISA, TECNOLOGÍA Y 150 202,00 30.300,00 CONSTRUCCIÓN, S.A. Por subministro de emulsión especial 44 CONSTRUCCIÓNS, OBRAS E VIAIS, S.A. 800 204,34 163.472,00 (COVSA) Por subministro de emulsión ECM especial Por subministro de árido 0/6 en 4.000 23,50 94.000,00 betume quente 45 EXPLOTACIÓN MINERA DE 1.000 11,15 11.150,00 CAMPOMARZO, S.A. Por subministro de árido 0/6 46 ÁRIDOS PUENTEAREAS, S.L. 6.900 12,80 88.320,00 Por subministro de árido 3/6 ou 6/12 47 GRANITOS TRITURADOS, S.L. 6.900 12,80 88.320,00 Por subministro de árido 3/6 ou 6/12 48 GRANITOS Y ÁRIDOS DE ATIOS, S.L. 6.900 12,50 86.250,00 49 CANTERAS DEL ARENAL, S.L. 6.900 12,90 89.010,00 Por subministro de árido 3/6 ou 6/12 50 FOMENTO DE ÁRIDOS Y OBRAS 6.750 12,18 82.215,00 (FARO, S.L.) Por subministro de árido 40/70 51 CANTEIROS DO PORRIÑO 6.750 12,00 81.000,00 REUNIDOS, S.A. Por subministro de árido 40/70 52 CANTERAS DEL ARENAL, S.L. 6.750 11,90 80.325,00 Por subministro de árido 40/70 53 ÁRIDOS PUENTEAREAS, S.L. 5.000 8,00 40.000,00 Por subministro de zahorra Z-2 54 CONSTRUCCIÓNS, OBRAS E VIAIS,S.A.4.500 27,00 121.500,00 (COVSA) Por subministro de mestura bituminosa en quente tipo D-12 con árido granítico 55 INDEZA, S.L. 200 73,50 14.700,00 Por subministro de formigón H-175 árido 25 56 EXCAVACIONES MOSTEIRO, S.L. 250 33,464 8.366,00 Por subministro de perpiaño de primeira corte estrada pedra granítica 2,00 x 0,20 x 0,50 Por subministro de mampostería 800 37,50 30.000,00 pedra granítica de 1,70 x 0,60 x 0,50 "aproximado" 57 PREFABRICADOS TUBAR, S.L. 50 34,80 1.740,00 Por subministro de tubos de formigón de 1 m. i 100 Por subministro de tubos 300 14,85 4.455,00 de formigón de 1 m. i 60 Por subministro de tubos 1.000 8,82 8.820,00 de formigón de 1 m. i 40 Por subministro de tubos 500 5,80 2.900,00 de formigón de 1 m. i 30 58 Deserto por non presentarse licitadores. 59 SEÑALIZACIONES Y 25.000 0,6 15.000,00 BALIZAMIENTOS DE GALICIA, S.A. (SEBAGASA) Por subministro de pintura sinalización horizontal ancho de banda 0,15 Por subministro de pintura 12.500 0,5 6.250,00 sinalización horizontal ancho de banda 0,10 Por subministro de pintura premarcaxe37.500 0,15 5.625,00 Pos subministro de pintura cebreados 100 7,00 700,00 simboloxía, stop, etc. TOTAL SUBMINISTRO DE MATERIAIS 1.459.174,00 O gasto para facer fronte a ditas adxudicacións imputarase á partida 04/511.511.210.00 do vixente Orzamento Provincial. Os adxudicatarios deberán constituír unha fianza definitiva equivalente ó 4% do prezo de adxudicación, que ingresarán na Tesourería da Deputación en calquera das formas previstas no artigo 36 do RDL 2/2000, de 16 de xuño, do texto refundido da Lei de Contratos das Administracións Públicas, no prazo de quince días naturais contados dende a notificación deste acordo. No caso de non cumprirse este requisito por causas imputables ós adxudicatarios, dará lugar á resolución dos contratos. Os adxudicatarios deberán ingresar na Caixa desta Deputación, por cada un dos lotes, as cantidades de 3,06 euros e 3,88 euros (total 6,94 euros) en concepto de gastos de anuncios nos BB OO da Provincia e Diario Oficial de Galicia, respectivamente. Idénticas cantidades deberán ingresa-los futuros adxudicatarios dos lotes que quedaron desertos se se efectúa a contratación mediante procedemento negociado sen publicidade. ------ Folla: 12.11849.- CONVENIO DE COLABORACIÓN ENTRE A OBRA SOCIAL DE CAIXA DE AFORROS DE GALICIA E A EXCMA. DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA Acórdase por unanimidade aproba-lo Convenio de Colaboración entre a Obra Social de Caixa de Aforros de Galicia e a Excma. Deputación Provincial de Pontevedra, facultando ó Ilmo. Sr. Presidente para a súa sinatura. Dito convenio é como segue: CONVENIO DE COLABORACIÓN ENTRE A OBRA SOCIAL DE CAIXA DE AFORROS DE GALICIA E A EXCMA. DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA En Pontevedra, a xxx de decembro de 2004 REUNIDOS Dunha parte D. José Luis MÉNDEZ LÓPEZ, maior de idade, con DNI núm. 32.329.781, veciño de A Coruña, e con domicilio profesional en Rúa Nova, 30. E doutra parte, D. Rafael LOUZÁN ABAL, maior de idade, con DNI núm. xxxxxxxx, veciño de Pontevedra, con domicilio profesional en xxxxxxxxxxxxxxx. Actúa o primeiro en calidade de Director Xeral de CAIXA DE AFORROS DE GALICIA, en adiante Caixa Galicia, que comparece en nome e representación desta Entidade actuando a mesma no ámbito da súa Obra Benéfico-Social, con domicilio social en A Coruña, Rúa Nova, número 30. En tanto que o segundo actúa en calidade de Presidente da Excma. DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA, nomeado mediante acordo plenario de xxx de xxxxxx de xxxxxx, segundo as competencias que lle outorga o artigo 34 da Lei Reguladora de Bases de Réxime Local (LBRL), o artigo 61 do Regulamento de Organización, Funcionamento e Réxime Xurídico das Entidades Locais (ROF) e o artigo 105 da Lei 5/97, de 22 de xullo, de Administración Local de Galicia, co CIF P-3200000-B e con domicilio social en xxxxxxxxxxxxx. Ambos comparecentes recoñécense reciprocamente capacidade para o presente outorgamento e, en consecuencia EXPOÑEN I.- Caixa Galicia, de acordo co disposto polo ordenamento xurídico, realiza a actividade correspondente ó ámbito da súa Obra Benéfico-Social, que é inherente a súa mesma natureza, por medio de obras benéfico-sociais concretas, propias ou en colaboración, entre as que se atopa a obra propia denominada "Socialia", sendo un dos seus obxectivos o de fomenta-la cohesión e o progreso social a través do apoio a institucións ou entidades que realicen accións dirixidas á consecución dos fins susceptibles de ser encadrados nos destinos indicados á Obra Benéfico-Social na Lei do Parlamento de Galicia 4/1996, de 31 de maio, de Caixas de Aforros de Galicia, no Decreto do Consello da Xunta de Galicia 261/1999, de 17 de setembro, e, actualmente, tamén no convenio asinado o 4 de xaneiro de 2002 coa Consellería de Economía e Facenda da Xunta de Galicia. II.- Que entre as competencias das Deputación Provinciais se encontra a potenciación da actividade cultural en toda a provincia en coordinación cos programas que deseñan e poñen en práctica os concellos. III.- Que a Deputación Provincial de Pontevedra vén desenvolvendo un intenso labor no ámbito cultural. IV.- Que, para a consecución dos fins referidos no Expositivo II anterior, a Deputación Provincial de Pontevedra desenvolve anualmente, entre outros programas de actividades culturais, o denominado "Festival de Bandas de Música". V.- Que a Deputación Provincial de Pontevedra, en virtude da actividade cultural propia de Caixa Galicia, considera a esta entidade como axente preferente para a colaboración na realización dos programas culturais que se refiren no expositivo II do presente convenio. Pola súa parte, Caixa Galicia, considerando o interese cultural e, por tanto, a significación e transcendencia de tales actividades, accede a prestar á Deputación Provincial de Pontevedra a colaboración expresada. VI.- Que a Obra Social de Caixa Galicia decidiu potenciar no presente ano o seu programa propio "As Nosas Músicas" como apoio ó desenvolvemento dos obxectivos do programa autonómico "Xacobeo 2004" para a promoción dos sectores productivos galegos, singularmente ó turismo e ó comercio, e o coñecemento e difusión de nosos productos e cultura. VII.- Que, en virtude de canto queda exposto, e cumprindo coa vontade das entidades ás que respectivamente representan, os comparecentes outorgan neste acto o presente convenio de colaboración, de acordo coas seguintes ESTIPULACIÓNS PRIMEIRA.- Caixa Galicia colaborará coa Deputación Provincial de Pontevedra no programa cultural denominado "Festival de Bandas de Música", mediante unha aportación económica de sesenta mil euros (60.000,00) que se aplicará única e exclusivamente para tal fin. A citada aportación económica farase efectiva mediante ingreso na conta número 2091 0545 00 3110000021, da que é titular a Deputación Provincial de Pontevedra, da seguinte forma: .- O 50% de dito importe o día 30 de setembro de 2004. .- O 50% restante á finalización do programa cultural patrocinado, previa presentación por parte da Deputación Provincial de Pontevedra a Caixa Galicia da memoria de actividades correspondentes. SEGUNDA.- A planificación, organización e realización deste programa cultural é responsabilidade exclusiva da Deputación Provincial de Pontevedra, informando con antelación suficiente a Caixa Galicia. TERCEIRA.- O identificador da Obra Social de Caixa Galicia figurará en tódalas actividades deste programa cultural, así como en tódolos medios, soportes, convocatorias e comunicacións que se utilicen para a súa difusión publicitaria. CUARTA.- Co fin de apoia-la consecución dos obxectivos expresados no expositivo VI, Caixa Galicia directamente organizará actividades socioculturais, para o que contará coa especial colaboración, tanto da propia Deputación Provincial de Pontevedra, como dos Concello onde se desenvolvan as citadas actividades. QUINTA.- A acción de Caixa Galicia concretarase nunha programación de actividades da que o seu núcleo fundamental será a organización de sete concertos do programa que Caixa Galicia realizará durante os meses de verán do ano 2004, denominado "As Nosas Musicas", e en varias exposicións didácticas. O presuposto total que se destina a este programa de actividades é de noventa mil euros (90.000,00). SEXTA.- A planificación, organización e realización deste programa de actividades será responsabilidade exclusiva de Caixa Galicia, que recabará a imprescindible colaboración dos concellos seleccionados nos municipios nos cales se leven a cabo as actividades, nos termos que se indiquen no oportuno convenio que outorgarán directamente, en cada caso, o propio concello implicado e Caixa Galicia. SÉTIMA.- O identificador da Deputación de Pontevedra, así como o de cada un dos concellos implicados, figurará en tódolos medios, soportes e comunicacións que se utilicen para a súa difusión publicitaria. OITAVA.- Coa finalidade de coordina-la posta en marcha e desenvolvemento destas actividades, así como para interpreta-lo presente convenio e resolve-las controversias que poidan xurdir, crearase unha comisión paritaria integrada por dúas persoas nomeadas pola Deputación Provincial de Pontevedra e outras dúas nomeadas por Caixa Galicia. NOVENA.- O presente convenio entrará en vigor dende o día da sinatura ata o 31 de decembro de 2004. Os comparecentes, na representación coa que respectivamente comparecen, dan a súa conformidade ó presente convenio, asinando, en proba da mesma, no lugar e na data expresados no encabezamento. POLA EXCMA. DEPUTACIÓN POLA CAIXA DE AFORROS PROVINCIAL DE PONTEVEDRA DE GALICIA O Presidente O Director Xeral Asdo.- RAFAEL LOUZÁN ABAL Asdo.- JOSÉ LUIS MÉNDEZ LÓPEZ ------ Folla: 13.11850.- SOLICITUDE DE REPARACIÓN DA ESTRADA DE PORRÁNS-MORAÑA-CUNTIS Á CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA A proposta da Presidencia, atendendo peticións do Deputados Sres. Landín Eirín e Campos Durán e insistindo en anteriores acordos similares, e debido á grande demanda social existente, acordouse por unanimidade solicitar á Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda a adecuada reparación da estrada de Porráns-Moraña-Cuntis. E non habendo máis asuntos que tratar polo Sr. Presidente, sendo as once horas do expresado día, dáse por rematada a sesión e dela esténdese a presente acta, que asina o Ilmo. Sr. Presidente, comigo, o Secretario que dou fe. ------

Área de notas

  • Nota

Puntos de acceso

Área de control da descrición