Fondos
-
4. COMISIÓN PERMANENTE. COMISIÓN DE GOBERNO. XUNTA DE GOBERNO
2004-02-13_Ordinaria. Acta de sesión 2004/02/13_Ordinaria
Acta de sesión 2004/02/13_Ordinaria
Área de identificación
Código(s) de referencia ES.GA.36038.ADPO.1.1.4.9.33.371/1.2004-02-13_Ordinaria
Título Acta de sesión 2004/02/13_Ordinaria
Data(s) 2004-02-13 (Creación)
Volume e soporte 1 acta de sesión
Área de contexto
Institución arquivística Arquivo Deputación de Pontevedra
Área de contido e estrutura
Alcance e contido Folla: XUNTA DE GOBERNO Sesión do día 13 de febreiro de 2004 --------o0o-------- En Pontevedra, na Sala de Xuntas do Pazo Provincial, sendo as dez horas e vinte minutos do día trece de febreiro do ano dous mil catro, baixo a Presidencia do Ilmo. Sr. D. Rafael Louzán Abal, Presidente da Excma. Deputación Provincial de Pontevedra, reuníronse as/os señoras/es deputadas/os, D. Xosé Crespo Iglesias, Dona María Teresa Pedrosa Silva, D. José Juan Durán Hermida, D. José Enrique Sotelo Villar, D. Ramón Campos Durán, D. Antonio Feliciano Fernández Rocha, D. José Manuel Figueroa Vila, D. José Antonio Landín Eirín e D. Alfredo Rodríguez Millares, co obxecto de celebrar sesión ordinaria da Xunta de Goberno, con carácter executivo, en primeira convocatoria, consonte á correspondente orde do día. Da fé do acto D. Rogelio Nicieza de la Cerra, Secretario Xeral e está presente o Sr. Interventor, D. Bautista Pérez Carnero. Declarada aberta a sesión e de orde da Presidencia éntrase seguidamente no exame da orde do día, adoptándose en relación coa mesma os seguintes acordos: 1.11865.- ACTA ANTERIOR Acórdase por unanimidade, aproba-lo borrador da acta da anterior sesión, ordinaria, do día 6 de febreiro de 2004. ------ Folla: 2.11866.- SOLICITUDE DE PRÓRROGA FORMULADA POLO ALCALDE DE BUEU PARA A XUSTIFICACIÓN DA AXUDA CONCEDIDA PARA DOTACIÓN DE SERVICIOS BÁSICOS A PRAIAS-2003 Vista a solicitude formulada polo Sr. Alcalde do Concello de Bueu e o informe da Técnica de Medio Ambiente do Servicio Agrario, acórdase por unanimidade conceder unha segunda prórroga, ata o 31 de maio do presente ano, para a xustificación da axuda económica concedida para o "Acondicionamento de accesos a Bon e Lagos", incluída nas axudas para dotación de servizos básicos a praias, por importe de trinta mil euros (30.000,00). ------ Folla: 3.11867.- RECOÑECEMENTO DE OBRIGAS Vista a proposta que formula a Intervención desta Deputación de data 6 de febreiro do ano actual, para o recoñecemento de diversas obrigas, polos motivos, acredores, importes, números de facturas e partidas que constan nas mesmas, de gastos efectuados polos CENTROS XESTORES e DEPENDENCIAS desta Deputación e que se especifican na relación que se achega, en virtude das facultades que lle confire a base 17-1, parágrafo cuarto das aprobadas para a execución do orzamento de 2004, acórdase por unanimidade aprobar: .- A relación comprensiva de vintecinco facturas que figuran na referencia 200400000077 que importa un total global de quince mil cento vinteseis euros con oitenta e nove céntimos (15.126,89), que comeza coa emitida por Laboratorio Fotográfico G. Color, por importe de 334,78 euros e remata coa de Rodolfo Hinrichs Vázquez de Parga, por importe de 348,00 euros, na que se recoñecen obrigas por importe de dezaseis mil seiscentos cincuenta e cinco euros con trinta e cinco céntimos (16.655,35), correspondendo a cantidade de 1.528,46 euros a descontos do IRPF, sendo imputables as obrigas ás partidas detalladas na referida relación nas que se practicaron as correspondentes retencións de crédito. ------ Folla: 4.11868.- ADXUDICACIÓN DA OBRA "TERMINACIÓN DO PAVILLÓN POLIDEPORTIVO MUNICIPAL DE MORAÑA" Visto o acordo adoptado pola Comisión de Goberno en sesión celebrada o 3 de xullo de 2003, polo que se declaraba deserto o concurso tramitado para a contratación da obra "Terminación do Pavillón Polideportivo Municipal de Moraña", con orzamento de 274.925,50 euros, así como o inicio de expediente para a contratación da obra mediante procedemento negociado sen publicidade de acordo co establecido no art. 141.a do RDL 2/2000, de 16 de xuño; visto o informe emitido polo Sr. Vicesecretario relativo ó prego de condicións que rexerá na contratación da referida obra, estimándoo correcto xuridicamente; e, vistas as ofertas presentadas por JOSYBEM, S.L., CONSTRUCCIONES CARDEÑOSO, S.L. e CONSTRUCCIONES MANUEL SANTAMARÍA, S.L., tras cursarse as correspondentes invitacións, acórdase por unanimidade adxudicar a JOSYBEM, S.L. a obra "Terminación do Pavillón Polideportivo Municipal de Moraña", na suma de 252.986,45 euros, IVE incluído, por se-la oferta máis económica das formuladas. O adxudicatario debe constituír fianza definitiva por importe do 4% do prezo de adxudicación, na forma que determina o núm. 7 do art. 113 do Real Decreto Lexislativo 781/86 e art. 36 do RDL 2/2000, polo que se aproba o Texto Refundido da LCAP, que establecerá na Tesourería da Deputación dentro do prazo de quince días naturais, contados a partir da notificación desta Resolución. Caso de non cumprirse este requisito declararase resolto o contrato. ------ Folla: 5.11869.- APROBACIÓN DO EXPEDIENTE DE CONTRATACIÓN, POR PROCEDEMENTO ABERTO, MEDIANTE CONCURSO, DE "DIVERSAS OBRAS" Visto o acordo adoptado polo Pleno en sesión celebrada o 31-01-2003, polo que se aprobou inicialmente o proxecto de "EP 9303 Meaño-Dena (Meaño)", con presuposto para coñecemento da administración de 1.217.669,60 euros, desglosado en presuposto de contrata por importe de 1.109.688,32 euros e expropiacións por importe de 107.981,28 euros, decretándose pola Xunta de Galicia a urxente ocupación dos terreos e bens afectados mediante Decreto 441/2003, de 5 de decembro; visto o acordo adoptado polo Pleno en sesión celebrada o 29-11-2002, polo que se aprobou inicialmente o proxecto de "Mellora EP 4202 Rubiós-Carrasqueira (As Neves)", con presuposto para coñecemento da administración de 1.332.878,96 euros, desglosado en orzamento de contrata por importe de 1.237.398,09 euros e expropiacións por importe de 95.480,87 euros, decretándose pola Xunta de Galicia a urxente ocupación dos terreos e bens afectados mediante Decreto 425/2003, de 20 de novembro; visto o acordo adoptado polo Pleno de 30-12-2003, polo que se aprobou inicialmente o proxecto de "Ensanche, pavimentación e dotación de servizos en Virxe das Mareas (O Grove)", con presuposto para coñecemento da administración de 470.240,54 euros, desglosado en orzamento de contrata por importe de 463.956,84 euros e expropiacións por importe de 6.283,70 euros, solicitándose á Xunta de Galicia a declaración de urxente ocupación dos terreos e bens afectados; visto o informe emitido polo Sr. Vicesecretario relativo ó prego de condicións económico-administrativas, estimándoo correcto xuridicamente; e, visto o informe favorable de fiscalización do expediente emitido polo Sr. Interventor, acórdase por unanimidade aproba-lo gasto, o prego de condicións económico-administrativas e o expediente de contratación, por procedemento aberto, mediante concurso, de "Diversas Obras" que a continuación se relacionan: 1.- EP 9303 Meaño-Dena (Meaño) 1.109.688,32 2.- Mellora EP 4202 Rubiós-Carrasqueira (As Neves) 1.237.398,09 3.- Ensanche, pavimentación e dotación de servizos en Virxe das Mareas (O Grove) 463.956,84 TOTAL 2.811.043,25 As obras obxecto do concurso financiaranse con cargo ás partidas 04/511.511-612.02.2002 e 04/511.511-612.02.2003 do vixente orzamento provincial. A execución do "Ensanche, pavimentación e dotación de servizos en Virxe das Mareas (O Grove)", queda condicionada a que pola Xunta de Galicia se decrete a urxente ocupacións dos bens e dereitos afectados pola obra. O anuncio do concurso e do extracto do prego de condicións económico-administrativas publicarase no Boletín Oficial da Provincia e no Diario Oficial de Galicia. Os gastos de inserción de anuncios e demais que xere o expediente serán por conta dos adxudicatarios. ------ Folla: 6.11870.- APROBACIÓN DE PROXECTOS Vistos os proxectos de "Campo de Fútbol de céspede artificial en Vilariño (Nigrán)", cun importe que ascende á suma de 360.607,26 euros, e de "Cuberta para pista deportiva en Camos (Nigrán)", cun importe que ascende á suma de 90.151,81 euros; e, vistos os informes emitidos por Intervención, nos que se pon de manifesto que nas partidas 123.452-622.01 e 911.911-662.00 existe saldo suficiente para atender ó gasto e que unha vez aprobada a liquidación do presuposto de 2003 procederase á incorporación do remanente das citadas partidas realizándose os correspondentes asentos contables, acórdase por unanimidade aproba-los seguintes proxectos: 1.- "Campo de fútbol de céspede artificial en Vilariño (Nigrán)", por importe de suma de 360.607,26 euros, IVE incluído. 2.- "Cuberta para pista deportiva en Camos (Nigrán)", por importe de 90.151,81 euros, IVE incluído. ------ Folla: 7.11871.- RECLAMACIÓN DE RESPONSABILIDADE PATRIMONIAL FORMULADA POR DON JUAN MANUEL ORTH GARCÍA, EN NOME E REPRESENTACIÓN DE D. DIEGO DOMÍNGUEZ RODRÍGUEZ, POR DANOS EN VEHÍCULO DA SÚA PROPIEDADE NA ESTRADA PROVINCIAL "EL CALVARIO-LA GARRIDA", TRAMO RÚA CEBOLEIRA, EN VIGO Dada conta que con data de Rexistro 12-01-04 tivo entrada nesta Deputación instancia subscrita por D. Juan Manuel Orth García, en nome e representación de D. Diego Domínguez Rodríguez, con enderezo a efectos de notificacións en r/ República Argentina, nº 20, 5º, Oficina 29, en Vigo, por danos padecidos en ciclomotor da súa propiedade, marca Aprilia e matrícula C-5644, na estrada provincial "El Calvario-La Garrida", en Vigo o día 25 de xullo de 2002, e que individualiza economicamente en 4.041,49 euros. Resultando.- Que con data 15-01-04 e con fundamento no artigo 10.1, último parágrafo, do RD 429/93, en relación co 82 e 83 da Lei 30/92, e 171 do RD 2568/86, se solicitou informe ó Servicio de Vías e Obras, que o emitiu en data 21-01-04 co seguinte contido: "a) La rúa Ceboleira es de titularidad provincial por formar parte de la C. P. Calvario-La Garrida en su primer tramo. b) En fecha que no puede precisar, pero que sitúa muy próxima a la del accidente el Vigilante de la Zona, en una de sus visitas rutinarias, advirtió, exactamente a la altura del nº 46 de la citada rúa, la existencia de un bache, recubierto con productos de la propia excavación (tierra, árido pequeño, etc) cuyo origen inequívocamente achacó a la reparación de una avería de agua. Llamó inmediatamente al Servicio de Mantenimiento de la Red de Distribución en Vigo (SERAGUA) para advertirle de la peligrosidad de la mala reposición de la zanja y le confirmaron la existencia de la avería con la promesa de que, a la máxima brevedad lo repararían en condiciones, como así hicieron según pudo comprobar a los dos días. Es por tanto posible que en el lapso de tiempo (que desconocemos) transcurrido entre la apertura de zanja para reparar la avería y la inspección de nuestro Servicio que sin duda agilizó la correcta reposición, y por haber sido cubierto temporalmente el bache con los productos de la excavación, por el efecto de tráfico, se hallan podido dispersar materiales finos. En todo caso consideramos que no es imputable el caso a este Servicio, que actuó correctamente en cuanto tuvo conocimiento de los hechos." Considerando.- Que a instancia se presenta cumprimentando os requisitos de capacidade, lexitimación activa e pasiva e temporalidade (sen ter transcorrido o prazo de prescrición), descritos nos artigos 6.1 do RD 429/93 en relación co 70, 30, 31-1-a e 142.5 da Lei 30/92. Considerando.- Que non quedou acreditada a relación de causalidade (artigos 139.1 e 13.2 do RD 429/93) co material probatorio aportado ó expediente, antes ó contrario, queda demostrada a non responsabilidade desta Deputación no evento lesivo, por canto advertida a focha, polo Vixiante da Zona chamouse a empresa adxudicataria do servicio de augas (SERAGUA) para advertirlle da mala reposición da zanxa, confirmándolle aquela a existencia da mesma e facendo promesa de que, a maior brevidade posible, se repararía en condicións, cousa que se fixo. Cumpriu a Deputación, incluso con folgura, advertindo, previa inspección, do risco eminente e evidente, o que sen dúbida axilizou a reposición da zanxa. Como é obvio, non pode facerse esta Deputación responsable das disfuncións, erros ou falta de dilixencia doutras Administracións ou de empresas concesionarias dun servicio público do que non é titular, tal e como prevé o artigo 97.1 da Lei de Contratos das Administracións Públicas: "... será obligación del contratista indemnizar todos los daños y perjuicios que se causen a terceros como consecuencia de las operaciones que requiera la ejecución del contrato". Tal aserto legal é ben clarificador e serve á resolución deste expediente, e por iso é citado na súa literalidade facendo ociosa calquera outra consideración, incluso xurisprudencial, no seu apoio. Considerando.- Que as Administracións Públicas se rexen en materia de responsabilidade patrimonial polos artigos 106.2 da Constitución Española, 139 e ss. da Lei 30/92, 54 da Lei 7/85, 223 do RD 2568/86 e RD 429/93. Considerando.- Que o presente acordo cumprimenta o establecido nos artigos 89.1 e 54.1-b da Lei 30/92 en relación co 13.2 do RD 429/93, referido á desestimación argumentada da reclamación. A Xunta de Goberno acorda por unanimidade desestima-la reclamación. ------ Folla: 8.11872.- RECLAMACIÓN DE RESPONSABILIDADE PATRIMONIAL QUE TRASLADA O ILMO. CONCELLO DE A GUARDA, POR DENUNCIAS PRESENTADAS POR D. MIGUEL VICENTE VICENTE, D. LUIS COLMENERO DE LA TORRE E D. ENRIQUE VÁZQUEZ BARBOSA, POR DANOS EN SENDOS ACCIDENTES DE TRÁFICO NA ESTRADA DE SUBIDA Ó MONTE DE SANTA TEGRA, Á ALTURA DO CAMPO DE CHANS Dada conta que con data 28 de xaneiro de 2004 se presentou no Rexistro Xeral da Deputación Provincial comunicación do Sr. Alcalde-Presidente do Ilmo. Concello de A Guarda, (número de rexistro de entrada 001826), dando traslado de denuncias efectuadas perante a Policía Local daquel Concello por D. Miguel Vicente Vicente, D. Luis Colmenero de la Torre e D. Enrique Vázquez Barbosa, por danos nos seus vehículos matrículas 7263-BNT, 80583058-BZT e 7419-AX, valorados en 222´84 euros, 192´70 euros e 108´00 euros, respectivamente, na estrada de subida ó Monte de Santa Tegra, á altura do Campo de Chans, os días 16 e 17 de novembro de 2003. RESULTANDO.- Que con data 3 de febreiro de 2004 e con fundamento no artigo 10.1 último parágrafo, do RD 429/93, en relación co 82 e 83 da Lei 30/92, e 171 do RD 2568/86 se solicitou informe ó Servicio de Vías e Obras, que o emitiu con data 6 de febreiro de 2004 e do que interesa entresaca-lo seguinte: "a) La Carretera de subida al Monte Santa Tecla no es Vía Provincial". CONSIDERANDO.- Que a instancia se presenta cumprimentando os requisitos de capacidade, lexitimación activa e temporalidade (sen ter transcorrido o prazo de prescrición), descritos nos artigos 6.1 do RD 429/93 en relación co 70, 30, 31-1-a e 142.5 da Lei 30/92. Por contra, non se cumprimenta o da lexitimación pasiva. CONSIDERANDO.- Que a teor do citado informe impide entrar sequera a valora-las circunstancias concorrentes do sinistro en cuestión, por canto non pode constituírse validamente a relación procedimental ó non resulta-la Deputación Provincial pasivamente lexitimada para interpoñer perante dela ningunha reclamación que non se relacione directamente coa súa titularidade demanial. CONSIDERANDO.- Que as Administracións Públicas se rexen en materia de responsabilidade patrimonial polos artigos 106.2 da Constitución Española, 139 e ss. da Lei 30/92, 54 da Lei 7/85, 223 do RD 2568/86 e RD 429/93. CONSIDERANDO.- Que en ningún caso pode esta Excma. Deputación Provincial facerse responsable de danos producidos en estradas que non sexan da súa titularidade. CONSIDERANDO.- Que o presente acordo cumprimenta o establecido nos artigos 89.1 e 54.1-b da Lei 30/92 en relación co 13.2 do RD 429/93, referido á desestimación argumentada da reclamación. A Xunta de Goberno por unanimidade acorda inadmitir a trámite dita reclamación. ------ Folla: 9.11873.- COMUNICACIÓNS Non houbo. ------ Folla: 10.11874.- ROGOS E PREGUNTAS Non se formularon. FÓRA DA ORDE DO DÍA e previa unánime declaración de urxencia adoptáronse os seguintes acordos: ------ Folla: 11.11875.- SOLICITUDE DE REPARACIÓN DA ESTRADA DE PORRÁNS-MORAÑA-CUNTIS Á CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA A proposta da Presidencia, atendendo peticións do Deputados Sres. Landín Eirín e Campos Durán e insistindo en anteriores acordos similares, e debido á grande demanda social existente, acordouse por unanimidade solicitar á Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda a adecuada reparación da estrada de Porráns-Moraña-Cuntis. ------ Folla: 12.11876.- RECTIFICACIÓN DE ERRO RELATIVO Á ADXUDICACIÓN DO LOTE NÚM. 19 DO CONCURSO PARA A CONTRATACIÓN DO ALUGAMENTO DE MAQUINARIA E VEHÍCULOS DE TRANSPORTE E SUBMINISTRO DE MATERIAIS, ANO 2004 Visto o acordo da Xunta de Goberno do día 29 de xaneiro de 2004, relativo á adxudicación dos diversos lotes do concurso publicado no BOP número 1, de data 2 de xaneiro de 2004 e no DOGA número 4 de data 8 de xaneiro de 2004, para a contratación do "Alugamento de maquinaria e vehículos de transporte" e "Subministro de materiais", ano 2004. Visto que no citado acordo consta que se efectuaban as adxudicacións dos diversos lotes de acordo coa proposta da mesa de contratación e que no mesmo figura como adxudicatario do lote número 19 correspondente ó alugamento de 700 horas de camión de 2 ou 3 traccións de 14 Tm., a empresa Construcciones y Obras S. Martiño, S.L., que ofertou un prezo unitario de 30,00 euros/horas, o que supón un total de 21.000,00 euros, sen embargo no informe técnico emitido polo Xefe do Parque de Maquinaria de 27 de xaneiro de 2004 e na proposta de adxudicación efectuada pola mesa de contratación na reunión celebrada o 29 de xaneiro de 2004 figuraba a empresa Canteras del Arenal, S.L. para que lle fora adxudicado o lote número 19 xa que ofertou para o alugamento de 700 horas de camión de 2 ou 3 traccións de 14 Tm., un prezo unitario de 29,45 euros/horas e un total de 20.615,00 euros. Visto que o artigo 105.2 da Lei 30/92, de 26 de novembro, de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común permite ás Administracións Públicas rectifica-los erros materiais, de feito ou aritméticos existentes nos seus actos, e neste caso cometeuse un erro na elaboración da proposta de acordo polo que procede rectifica-lo acordo adoptado pola Xunta de Goberno na sesión ordinaria do día 29 de xaneiro de 2004 no sentido seguinte: Onde di: LOTE A D X U D I C A T A R I O Nº HORAS PREZO\HORA TOTAL EUROS 19 CONSTRUCCIONES Y 700 30,00 21.0000,00 OBRAS S. MARTIÑO, S.L. Por alugamento de camión 2 ou 3 traccións de 14 Tm. Debe dicir: LOTE A D X U D I C A T A R I O NºHORAS PREZO\HORA TOTAL EUROS 19 CANTERAS DEL ARENAL 700 29,45 20.615,00 S.L. Por alugamento de camión 2 ou 3 traccións de 14 Tm. Así mesmo rectifícase o importe total correspondente ó alugamento de maquinaria e vehículos de transporte no sentido seguinte: Onde di: TOTAL ALUGAMENTOS DE MAQUINARIA E VEHÍCULOS DE TRANSPORTE 707.905,33 Debe dicir: TOTAL ALUGAMENTOS DE MAQUINARIA E VEHÍCULOS DE TRANSPORTE 707.520,33 ------ Folla: 13.11877.- RECOÑECEMENTO DE CRÉDITO Vistos os expedientes tramitados por diferentes conceptos fóra do prazo establecido por falta de presentación das solicitudes en tempo e forma, acórdase por unanimidade, ó amparo do disposto no art. 157 da Lei 39/88 de 28 de decembro, e art. 60 do RD 500/90, de 20 de abril, recoñecer crédito para o aboo dos gastos de persoal que a continuación se relacionan con cargo ás correspondentes partidas orzamentarias: A.- AXUDAS SANITARIAS PERSOAL FUNCIONARIO Código Apelidos e Nome Centro Importe Partida Presupostaria 01579 Bara Luna, Consuelo Soutomaior 150,25 04/122.314.160.06 00570 Gándara Pontes, Jose L V. e O. 168,00 04/122.314.160.06 01665 Gil Suárez, Carlos V. e O. 660,50 04/122.314.160.06 00298 González Tesourería 3,11 04/122.314.160.06 Almuíña-Torres, Luis 00992 Gulías Varela Contratación 36,00 04/122.314.160.06 Jose A. 01007 Moreira Hermo C.I. 732,90 04/122.314.160.06 Mª Carmen 02184 Pelaez Pozo, Berta Acción 1.687,00 04/122.314.160.06 Social 00990 Pujales Estévez V. e O. 100,00 04/122.314.160.06 Federico F. 00990 Pujales Estévez V. e O. 225,00 04/122.314.160.06 Federico F. 00967 Rivadulla Abal, Elías V. e O. 822,50 04/122.314.160.06 IMPORTE TOTAL: 4.585,26 euros Partida Presupostaria: 04/122.314.160.06 B.- GRATIFICACIÓNS PERSOAL FUNCIONARIO Código Apelidos e Nome Centro Importe Partida Presupostaria 00916 Álvarez Servide, Jose G V. e O. 23,58 04/511.511.151.00 00924 Campos Campos, Jesús V. e O. 36,00 04/511.511.151.00 01054 Lugo Gómez, Jose V. e O. 31,69 04/511.511.151.00 00584 Penas Ramos, Ramón V. e O. 48,75 04/511.511.151.00 00971 Tanoira Riveira, Jose V. e O. 23,58 04/511.511.151.00 00974 Viana Abeledo, Luis V. e O. 60,00 04/511.511.151.00 IMPORTE TOTAL: 223,60 euros Partida Presupostaria: 04/511.511.151.00 C.- PRODUCTIVIDADE PERSOAL FUNCIONARIO Código Apelidos e Nome Centro Importe Partida Presupostaria 01710 Alonso Souto, Manuel V. e O. 154,58 04/511.511.150.00 02234 Amoedo Álvarez, Jose V. e O. 31,44 04/511.511.150.00 00922 Cabaleiro Caramés, Jose V. e O. 31,44 04/511.511.150.00 00924 Campos Campos, Jesús V. e O. 108,00 04/511.511.150.00 01051 Castro Ferro, Jose L. V. e O. 23,58 04/511.511.150.00 00931 Cerdeira Santos, Marcial V. e O. 19,65 04/511.511.150.00 01712 Costas Rodríguez, Urbano J V. e O. 30,00 04/511.511.150.00 00554 Cambra Durán, Secundino V. e O. 45,50 04/511.511.150.00 05418 Crespo Barreiro, Roberto V. e O. 81,22 04/511.511.150.00 02182 Chantrero Barreiro, Victor V. e O. 45,51 04/511.511.150.00 00936 Dafonte Fontán, Olimpio V. e O. 36,00 04/511.511.150.00 01194 Fernández Mariño, Juan V. e O. 56,00 04/511.511.150.00 Carlos 01053 Lois Tomé, Carlos V. e O. 61,75 04/511.511.150.00 06980 Martínez García, Francisco J V. e O. 23,58 04/511.511.150.00 01063 Pintos Martínez, Jose A V. e O. 228,00 04/511.511.150.00 00957 Piñeiro Casalderrey, V. e O. 31,44 04/511.511.150.00 Venancio 02236 Portela Mouco, Francisco V. e O. 36,68 04/511.511.150.00 00963 Remesar López, Francisco V. e O. 35,37 04/511.511.150.00 02181 Rial Moreira, Carlos V. e O. 39,00 04/511.511.150.00 01713 Riveiro Chacón, Roberto V. e O. 56,00 04/511.511.150.00 01066 Silva Mato, Julio V. e O. 43,88 04/511.511.150.00 01100 Taboas Taboas, Ricardo V. e O. 24,38 04/511.511.150.00 01911 Torres Calvo, Santiago V. e O. 36,68 04/511.511.150.00 00253 Villaverde Fernández, Jose V. e O. 54,00 04/511.511.150.00 IMPORTE TOTAL: 1.333,68 euros Partida Presupostaria: 04/511.511.150.00 PERSOAL LABORAL Código Apelidos e Nome Centro Importe Partida Presupostaria 05401 Cabaleiro Nieto, Jose M V. e O. 19,65 04/511.511.131.01 05375 Meira Miranda, Alberto V. e O. 149,34 04/511.511.131.01 10632 Paz Cacabelos, Jose R V. e O. 81,22 04/511.511.131.01 11210 Rodríguez Cores, Óscar V. e O. 35,37 04/511.511.131.01 11101 Serantes Abal, Diego V. e O. 29,25 04/511.511.131.01 IMPORTE TOTAL: 314,83 euros Partida Presupostaria: 04/511.511.131.01 D.- GRATIFICACIÓN ESPECIAL (25 DE DECEMBRO DE 2003) PERSOAL LABORAL Código Apelidos e Nome Centro Importe Partida Presupostaria 06998 Limia Andrade, Antonio J. C.I. 48,08 04/422.422.131.01 IMPORTE TOTAL: 48,08 euros Partida Presupostaria: 04/422.422.131.01 E.- DESPRAZAMENTOS PERSOAL FUNCIONARIO Código Apelidos e Nome Centro Importe Partida Presupostaria 00002 Bengoechea Peré, Carlos S. Agrario 385,80 04/711.711.231.01 IMPORTE TOTAL: 385,80 euros Partida Presupostaria: 04/711.711.231.01 ALTOS CARGOS Código Apelidos e Nome Nº Km Importe Partida Presupostaria 09990 Araújo Quintas, Jose A 318 53,51 04/111.111.231.00 09989 Arévalo, Gómez, Nidia Mª 210 35,34 04/111.111.231.00 09988 Campos Durán, Ramón 336 56,54 04/111.111.231.00 09987 Costa Díaz, Xosé 408 68,66 04/111.111.231.00 09984 Fernández Rocha 564 94,91 04/111.111.231.00 Antonio Feliciano 09983 González Iglesias, Emilio 120 20,19 04/111.111.231.00 09982 Juanes Rodríguez, Efrén 294 49,47 04/111.111.231.00 09981 Landín Eirín, Jose A. 156 26,25 04/111.111.231.00 09980 Lorenzo Rodríguez 330 55,53 04/111.111.231.00 Jose A. 09979 Millán González, Clara 156 26,25 04/111.111.231.00 09977 Muradas Ramos 42 7,08 04/111.111.231.00 Constante J 09976 Núñez Sestelo, Manuel 318 53,51 04/111.111.231.00 09975 Pazos Docampo 120 20,19 04/111.111.231.00 Xosé Carlos 09972 Rey Rey, Juan Manuel 126 21,20 04/111.111.231.00 09971 Rodríguez Millares 490 82,46 04/111.111.231.00 Alfredo 09970 Santiago Novas, Rodrigo 156 26,25 04/111.111.231.00 09969 Sío Lourido, Belén 204 34,33 04/111.111.231.00 09968 Sotelo Villar, Xose E 312 52,50 04/111.111.231.00 09967 Toba Girón, Xabier 272 45,78 04/111.111.231.00 09966 Vázquez Almuíña, Jesús 318 53,51 04/111.111.231.00 IMPORTE TOTAL: 883,46 euros Partida Presupostaria: 04/111.111.231.00 F.- AXUDAS DE CUSTO PERSOAL FUNCIONARIO Código Apelidos e Nome Centro Importe Partida Presupostaria 00002 Bengoechea Peré, Carlos S. Agrario 152,18 04/711.711.230.01 IMPORTE TOTAL: 152,18 euros Partida Presupostaria: 04/711.711.230.01 G.- ASISTENCIAS TRIBUNAIS PERSOAL FUNCIONARIO Código Apelidos e Nome Centro Importe Partida Presupostaria 02027 Torres Peón, Mª Jesús R. Humanos 131,56 04/122.121.232.02 00002 Bengoechea Peré, Carlos S. Agrario 85,66 04/122.121.232.02 00166 Monteagudo Gil, Jose R. C.I. 36,72 04/122.121.232.02 IMPORTE TOTAL: 253,94 euros Partida Presupostaria: 04/122.121.232.02 ALTOS CARGOS Código Apelidos e Nome Centro Importe Partida Presupostaria 9991 Figueroa Vila, Jose M Pazo 91,78 04/122.121.232.02 9989 Arévalo Gómez, Nidia Mª Pazo 39,78 04/122.121.232.02 IMPORTE TOTAL: 131,56 euros Partida Presupostaria: 04/122.121.232.02 FUNCIONARIO DE EMPREGO Código Apelidos e Nome Centro Importe Partida Presupostaria 11327 Paz Dacosta, Zoila Pazo 36,72 04/122.121.232.02 IMPORTE TOTAL: 36,72 euros Partida Presupostaria: 04/122.121.232.02 PERSOAL AECIPE Código Apelidos e Nome Centro Importe Partida Presupostaria Soliño Bermúdez, Manuel 85,66 04/122.121.232.02 Neira Lamas, Adolfo 85,66 04/122.121.232.02 IMPORTE TOTAL: 171,32 euros Partida Presupostaria: 04/122.121.232.02 E non habendo máis asuntos que tratar polo Sr. Presidente, sendo as dez horas e corenta minutos do expresado día, dáse por rematada a sesión e dela esténdese a presente acta, que asina o Ilmo. Sr. Presidente, comigo, o Secretario que dou fe. ------
Ãrea de notas
Nota