ATOPO
Rexistros actuais: 1.618.278
Obxectos dixitais dispoñibles: 504.649

Acta de sesión 2004/03/12_Ordinaria

Área de identificación

  • Código(s) de referencia ES.GA.36038.ADPO.1.1.4.9.33.371/1.2004-03-12_Ordinaria

  • Título Acta de sesión 2004/03/12_Ordinaria

  • Data(s) 2004-03-12 (Creación)

  • Volume e soporte 1 acta de sesión

Área de contexto

Área de contido e estrutura

  • Alcance e contido Folla: XUNTA DE GOBERNO Sesión do día 12 de marzo de 2004 --------o0o-------- En Pontevedra, na Sala de Xuntas do Pazo Provincial, sendo as dez horas do día doce de marzo do ano dous mil catro, baixo a Presidencia do Ilmo. Sr. D. Rafael Louzán Abal, Presidente da Excma. Deputación Provincial de Pontevedra, reuníronse as/os señoras/es deputadas/os, D. Xosé Crespo Iglesias, Dona María Teresa Pedrosa Silva, D. José Juan Durán Hermida, D. José Enrique Sotelo Villar, D. Ramón Campos Durán, D. Antonio Feliciano Fernández Rocha, D. José Manuel Figueroa Vila, D. José Antonio Landín Eirín e D. Alfredo Rodríguez Millares, co obxecto de celebrar sesión ordinaria da Xunta de Goberno, con carácter executivo, en primeira convocatoria, consonte á correspondente orde do día. Da fé do acto D. Carlos Cuadrado Romay, Secretario Accidental e está presente o Sr. Interventor, D. Bautista Pérez Carnero. Declarada aberta a sesión e de orde da Presidencia éntrase seguidamente no exame da orde do día, adoptándose en relación coa mesma os seguintes acordos: 1.11929.- ACTA ANTERIOR Acórdase por unanimidade, aproba-lo borrador da acta da anterior sesión, ordinaria, do día 5 de marzo de 2004. ------ Folla: 2.11930.- SOLICITUDE DE PRÓRROGA FORMULADA POLO TENENTE ALCALDE DO CONCELLO DE A CAÑIZA PARA A XUSTIFICACIÓN DA AXUDA ECONÓMICA PARA PRAIAS FLUVIAIS, ESPACIOS NATURAIS E ÁREAS RECREATIVAS-2003 Vista a solicitude formulada polo señor tenente alcalde do Concello de A Cañiza e o informe da Técnica de Medio Ambiente do Servicio Agrario, acórdase por unanimidade conceder unha segunda prórroga, ata o 30 de xuño do presente ano, para a xustificación da axuda económica concedida para o "Acondicionamento da praia fluvial de Luneda-3ª fase", incluída nas Axudas a Praias Fluviais, Espacios Naturais e Áreas Recreativas, por importe de seis mil euros (6.000,00). ------ Folla: 3.11931 DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA E A EMPRESA ACQUARIUM PUNTA MOREIRAS, S.L, PARA A REALIZACIÓN DUN PROGRAMA DE EDUCACIÓN AMBIENTAL CONSISTENTE EN VISITAS DIDÁCTICAS PARA ESTUDIANTES E TERCEIRA IDADE Vistos os informes da Bióloga da Sección de Pesca e Cultivos Mariños e do Enxeñeiro Director do Servicio Agrario. Visto así mesmo o informe de Asesoría Xurídica de data 2 de marzo de 2004 e o informe de Intervención de data 4 de marzo de 2004 no que consta a dispoñibilidade presupostaria segundo RC emitido por importe de trinta mil euros (30.000,00), con cargo á partida 04/711.711.479.01, acórdase por unanimidade aproba-lo "Convenio de colaboración entre a Deputación de Pontevedra e a empresa Acquarium Punta Moreiras, S.L. para a realización dun programa de educación ambiental consistente en visitas didácticas para estudiantes e terceira idade", e facultar ó Ilmo. Sr. Presidente para a súa sinatura. Dito convenio é como segue: CONVENIO ENTRE A DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA E A EMPRESA ACQUARIUM PUNTA MOREIRAS, S.L., PARA A REALIZACIÓN DUN PROGRAMA DE EDUCACIÓN AMBIENTAL CONSISTENTE EN VISITAS DIDÁCTICAS PARA ESTUDIANTES E TERCEIRA IDADE REUNIDOS Dunha parte o Ilmo. Sr. Presidente da Excma. Deputación de Pontevedra, D. Rafael Louzán Abal, en virtude das competencias que lle atribúe o artigo 34.1, b) da Lei 7/85 de 2 de abril, Reguladora das Bases de Réxime Local. Doutra D. Alfredo Fernández Prieto, Xerente e Conselleiro Delegado da empresa Acquarium Punta Moreiras, S.L. INTERVEÑEN Ambas partes no exercicio das súas competencias que lle están legalmente atribuídas, recoñecéndose reciprocamente capacidade xurídica suficiente para subscribi-lo presente convenio EXPOÑEN Que a Deputación de Pontevedra e a empresa Acquarium Punta Moreiras, S.L., colaborarán na realización dun programa educativo sobre o medio mariño denominado "Descubriendo un mar de sensaciones", dirixido a estudiantes de 5º e 6º de Educación Primaria, Secundaria e Bacharelato e a persoas da Terceira Idade, todos eles pertencentes a centros da provincia de Pontevedra, polo que acordan subscribi-lo presente convenio, o que se rexerá polas seguintes CLÁUSULAS 1) O programa "Descubriendo un mar de sensaciones" divídese en catro proxectos distintos en función do tipo de destinatarios, que son os seguintes: A) PROGRAMA HIPOCAMPUS: dirixido a escolares de 5º e 6º de Educación Primaria, consistente nunha visita guiada polas instalacións do Acquarium e unha travesía no catamarán VISION I polo interior da Ría de Arousa para descubri-la riqueza biolóxica do mar en continua adaptación ó cambio e descubri-los distintos organismos mariños relacionándoos co lugar onde viven. B) PROGRAMA OCTOPUS: dirixido a estudiantes de Educación Secundaria, consistente nunha visita temática polo Acquarium e unha travesía no catamarán de visión submarina dende o porto de O Grove, co obxectivo de identifica-los recursos mariños asociados ás distintas formas de aproveitamento, cos seus beneficios e impactos e sensibilizar ós estudiantes fronte á problemática ambiental do medio mariño, no que se refire ás especies do noso litoral. C) PROGRAMA STELLA: dirixido a estudiantes de Bacharelato. Realízase a bordo do veleiro NAUJA, embarcación centrada en actividades de interpretación e educación ambiental mariña que surca as Rías Baixas Galegas, co obxectivo de introducir ós estudiantes nas técnicas de navegación a vela, recoñece-los principais conceptos da terminoloxía mariña e de navegación, mostra-la realidade productiva das rías galegas e a importancia socioeconómica dos cultivos de moluscos bivalvos en batea e sensibilizar ós estudiantes fronte á problemática ambiental do medio mariño, en referencia á perda de biodiversidade, á contaminación e a sobrepesca. D) PROYECTO LAMINARIA: dirixido ás persoas da terceira idade de centros da provincia de Pontevedra, consistente nunha visita guiada polas instalacións do Acquarium Punta Moreiras, S.L., e unha viaxe no catamarán VISION I pola Ría de Arousa, con saída e regreso ó porto de O Grove. Durante o traxecto pódense observa-las principais características das distintas zonas e fondos mariños co obxectivo de recoñece-lo mar como un medio dinámico e cambiante e descubri-la forte relación entre o home e o mar en toda a costa galega. 2) En cada viaxe do catamarán e do barco NAUJA, ademais da tripulación necesaria segundo a normativa en vigor para o seu despacho, Acquarium Punta Moreiras, S.L., incluirá como mínimo un monitor que explique ós participantes o que observan e conteste ás preguntas que poidan formularse. Durante a visita ó acuario, persoal guía acompañará ós estudiantes e persoas maiores para mostrarlles cada un dos acuarios representativos dos distintos ecosistemas de Galicia, realizando as explicacións apropiadas das especies e hábitats que se observan, ademais dunha pequena práctica na granxa mariña. No caso de que as condicións meteorolóxicas desaconsellen a saía do barco, Acquarium Moreiras, S.L., facilitará ós estudiantes obradoiros ocupacionais relacionados co mundo do mar nas súas instalacións. 3) Entregarase a cada Centro unha carpeta de unidades didácticas e a cada participante documentación e un recordo onde figura unha pegatina do programa e o patrocinio da Deputación de Pontevedra. 4) As visitas realizaranse segundo se especifica na memoria adxunta. 5) A achega da Deputación de Pontevedra, ascende á cantidade de trinta mil euros (30.000,00), con cargo á partida orzamentaria 711-711.479.01. Dita achega corresponde ás visitas e viaxes de 5.000 participantes cun custo de seis (6,00) euros por persoa, impostos incluídos, que se aboarán á empresa Acquarium Punta Moreiras, S.L., previa certificación do Xerente e Conselleiro Delegado da mesma da realización das visitas e viaxes, e expedición da correspondente factura, así como documento acreditativo da realización da actividade conformado pola persoa responsable do colexio ou centro da terceira idade que efectuou a mesma. 6) O aboo realizarase, a petición de Acquarium Punta Moreiras, S.L., en tres pagamentos nas condicións fixadas na cláusula anterior (6,00 euros/persoa), o primeiro, ata un 30% do importe global ó ter desprazado mil cincocentos (1.500.-) participantes, o segundo por un máximo doutro 30% ó ter desprazados mil cincocentos (1.500.-) participantes e o terceiro polo resto do importe despois da realización do total de visitas e viaxes. 7) O número total de participantes (5.000.-) será contabilizado de maneira global, pudendo participar de calquera programa no cómputo global. 8) O presente convenio terá vixencia ata o 31 de decembro de 2004, entrando en vigor o mesmo día da súa sinatura polos representantes legais de ámbalas dúas entidades. En Pontevedra, de de 2004 Pola Deputación de Pontevedra Polo Acquarium Punta Moreiras, S.L. Asdo.: Rafael Louzán Abal Asdo.: Alfredo Fernández Prieto ------ Folla: XUNTA DE GOBERNO 12-3-2004 4.11932.- APROBACIÓN DO CONVENIO DE COLABORACIÓN ENTRE A EXCMA. DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA E O ILMO. CONCELLO DE NIGRÁN PARA A EXECUCIÓN DA OBRA DE "CAMPO DE FÚTBOL DE CÉSPEDE ARTIFICIAL EN VILARIÑO" Visto o escrito do Ilmo. Concello de Nigrán no que solicita a colaboración da Deputación Provincial para a realización da obra "Campo de fútbol de céspede artificial en Vilariño" consistente na dotación de céspede artificial e instalacións necesarias para o seu funcionamento, que asumiría a Deputación Provincial cunha achega de 360.607,26 euros, e dotación de gradas, vestiarios e peches, que asumiría o Concello de Nigrán cunha aportación de 103.440,00 euros, acordándose por unanimidade prestar aprobación ó seguinte: CONVENIO DE COLABORACIÓN ENTRE A EXCMA. DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA E O ILMO. CONCELLO DE NIGRÁN PARA A EXECUCIÓN DA OBRA "CAMPO DE FÚTBOL DE CÉSPEDE ARTIFICIAL EN VILARIÑO" En Pontevedra, a de de dous mil catro. Co fin de acomete-las obras de "Campo de fútbol de céspede artificial en Vilariño", preténdese a colaboración da Excma. Deputación Provincial de Pontevedra e o Ilmo. Concello de Nigrán, e en consecuencia REUNIDOS Dunha parte, o Ilmo. Sr. Presidente da Excma. Deputación Provincial de Pontevedra, D. Rafael Louzán Abal, en virtude das competencias que lle atribúe o art. 34. 1 b) da Lei 7/1985, de 2 de abril, Reguladora das Bases de Réxime Local. Doutra parte, o Ilmo. Sr. Alcalde-Presidente do Ilmo. Concello de Redondela, D. Alfredo Rodríguez Millares, en virtude das facultades representativas que lle atribúe o art. 21. 1 b) da Lei 7/1985, de 2 de abril, Reguladora das Bases de Réxime Local. Ámbalas dúas partes, na calidade en que cada unha delas intervén, recoñécense, reciprocamente, capacidade legal para obrigarse e outorga-lo presente convenio, con suxeición ás seguintes CLÁUSULAS 1ª.- As obras a realizar mediante o presente convenio, teñen por obxecto a remodelación do Campo de Fútbol Municipal de Vilariño coa dotación de gradas, vestiarios e peches, así como a dotación de céspede artificial e instalacións necesarias para o seu funcionamento, cun presuposto total de 464.047,26 euros. 2ª.- O proxecto será aportado polo Ilmo. Concello de Nigrán. 3ª.- As obras financiaranse coa achega da Excma. Deputación Provincial, por importe de 360.607,26 euros e do Ilmo. Concello de Nigrán, por importe de 103.440,00 euros. A achega da Deputación Provincial de Pontevedra será con cargo á partida 04/123.452.622.01.2003 do vixente orzamento provincial. 4ª.- A Deputación Provincial de Pontevedra, comprométese a asumi-la contratación e execución da obra de dotación de céspede artificial e instalacións necesarias para o seu funcionamento no referido campo de fútbol por importe de 360.607,26 euros, correndo a súa dirección a cargo dun técnico provincial. 5ª.- O Ilmo. Concello de Nigrán comprométese polo presente convenio, a por a disposición da Excma. Deputación Provincial tódolos terreos necesarios para o normal desenvolvemento das obras e a obte-la concesión de tódolos permisos e autorizacións que sexan precisos para a súa execución, así como á realización das obras de construcción de gradas, vestiarios, peche superior e posterior de graderío, losa de comprensión e peche perimetral do terreo de xogo por un importe total de 103.440,00 euros. 6ª.- Calquera reformado, modificado ou adicional que implique aumento sobre o presuposto inicial da obra, asumirase polo Concello de Nigrán. 7ª.- O presente convenio terá vixencia, a tódolos efectos legais, dende a data da súa subscrición ata o remate das obras. E en proba de conformidade, asinan o presente convenio, no lugar e data arriba sinalados. O PRESIDENTE DA EXCMA. O ALCALDE-PRESIDENTE DO DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE ILMO. CONCELLO DE NIGRÁN PONTEVEDRA Asdo.- Rafael Louzán Abal Asdo.- Alfredo Rodríguez Millares ------ Folla: 5.11933.- RECOÑECEMENTO DE OBRIGAS Vista a proposta que formula a Intervención desta Deputación de data 4 de marzo do ano actual, para o recoñecemento de diversas obrigas, polos motivos, acredores, importes, números de facturas e partidas que constan nas mesmas, de gastos efectuados polos CENTROS XESTORES E DEPENDENCIAS desta Deputación e que se especifican na relación que se achega, e en virtude das facultades que lle confire a base 17-1, parágrafo cuarto das aprobadas para a execución do orzamento de 2004, acórdase por unanimidade aproba-la relación comprensiva de vintecinco facturas que figuran na referencia 200400000159 que importa un total global de trinta e sete mil trinta e nove euros con trinta e dous céntimos (37.039,32), que comeza coa emitida por CADENA TORRES, S.L., por importe de 288,00 euros e remata coa de CONSULTORES INFORMÁTICOS DE PONTEVEDRA, S.L., por importe de 654,24 euros, na que se recoñecen obrigas por importe de trinta e sete mil cento cincuenta e seis euros con cincuenta e dous céntimos (37.156,52), correspondendo a cantidade de 117,20 euros a descontos do IRPF, sendo imputables as obrigas ás partidas detalladas na referida relación nas que se practicaron as correspondentes retencións de crédito. ------ Folla: 6.11934.- CONCESIÓN DE PERMISO E AXUDA ECONÓMICA PARA ASISTIR A CURSOS Vista a proposta do Sr. Interventor desta Excma. Deputación Provincial de data 1 de marzo de 2004, interesando que se autorice ós funcionarios D. Julio Souto Díz, Xefe de Servicio de Contabilidade e D. José Fernández López, Xefe Negociado de Contabilidade e Auditoría, a asistencia a un Seminario sobre a Lei Xeral de Subvencións, convocado polo Instituto Nacional de Administración Pública (INAP) e que se celebrará en Madrid os días 1 e 2 de abril de 2004, en xornada de mañá e tarde, acórdase por unanimidade, ó amparo do establecido nas normas aprobadas pola Comisión de Goberno o 11 de novembro de 1983, artigo 16.6.a) do IV Acordo Regulador-Convenio Colectivo do 8 de xaneiro de 2001 e Real Decreto 462/2002 de 24 de maio sobre indemnizacións por razón do servicio, conceder ós interesados o permiso solicitado e unha axuda económica por importe de 551,12 euros/persoa, desglosada por conceptos e tal e como a continuación se sinala: a) Desprazamentos 360,00 euros/persoa b) Axudas de custo 191,12 euros/persoa TOTAL 551,12 euros/persoa Ditas cantidades imputaranse ás partidas 611-611-231.01 de locomoción e 611-611-230.01 de axudas de custo. Vista a proposta da Directora de Xestión da Cidade Infantil "Príncipe Felipe" de data 4 de marzo de 2004, interesando que se conceda ós funcionarios D. Fernando Lubiáns Solla, Educador do Centro Agarimo, Dona Lucía Muradas Arcay, Educadora do Centro Escola Fogar e Dona Mª Luz Risco Martín, Directora do Centro de Primeira Acollida, permiso e axuda económica para asistir a un curso sobre a Lei de Responsabilidade Penal do Menor, organizado pola EGAP e que se celebrará en Santiago de Compostela os día 9 e 10 de marzo do corrente ano, acórdase por unanimidade, en virtude das facultades que confire o artigo 61.12 do Real Decreto 2568/86, de 28 de novembro, e artigo 105 da Lei 5/97 de Administración Local de Galicia, concederlles o permiso solicitado e unha axuda económica por importe de 196,14 euros, desglosada nos seguintes conceptos: .- Desprazamentos (en coche ida e volta 240 Km.) 46,16 euros .- Peaxe e aparcadoiro 40,00 euros .- Axudas de custo 36,66 euros/persoa Ditas cantidades imputaranse ás partidas 422.422.230.01 e 422.422.231.01 do presuposto provincial. Os gastos de desprazamentos, peaxe e aparcadoiro aboaranse a Dona Lucía Muradas Arcay e deberán xustificarse, xunto coa media manutención destes tres funcionarios, de conformidade co establecido no Real Decreto 462/2002, de 24 de maio, sobre indemnizacións por razón do servicio. ------ Folla: 7.11935.- RECLAMACIÓN DE RESPONSABILIDADE PATRIMONIAL FORMULADA POR D. ANTONIO ABELAIRA ARRIANDIAGA EN NOME E REPRESENTACIÓN DE DONA MARÍA DEL CARMEN LEMOS RODRÍGUEZ E DA ENTIDADE ASEGURADORA MAPFRE MUTUALIDADE Dada conta que con data de Rexistro de 9 de febreiro de 2004 tivo entrada nesta Deputación instancia subscrita por D. Antonio Abelaira Arriandiaga, avogado, con domicilio en A Coruña, r/ Enrique Dedquit nº 10,1º drta., en nome e representación de Dona María del Carmen Lemos Rodríguez e da entidade aseguradora MAPFRE MUTUALIDAD, por danos en accidente de tráfico na estrada de Vichona ou Adina a Portonovo o día 7 de febreiro de 2003, cando o vehículo marca "Renault-Megane" matrícula 3676-BBF e propiedade de Dona María del Carmen Lemos Rodríguez era conducido, coa súa autorización, por Don Jonathan Rodríguez Lemos, individualizando os danos padecidos por Dona María del Carmen Lemos Rodríguez en 600,00 euros, e por MAPFRE MUTUALIDAD en 5.363,15 euros. Resultando.- Que con data 11 de febreiro de 2004 e con fundamento no artigo 10.1, último parágrafo, do RD 429/93, en relación co 82 e 83 da Lei 30/92, e 171 do RD 2568/86, se solicitou informe ó Servicio de Vías e Obras, que o emitiu en data 18 de febreiro de 2004, co seguinte contido: "Que la carretera ha sido ejecutada por la Xunta de Galicia-CPTOPV y todavía no ha sido recibida por la Diputación, en cualquier caso existe atestado, en esa fecha se encontraba en obras contratadas por la Xunta y ejecutadas por la empresa OCA". Considerando.- Que a instancia se presenta cumprimentando os requisitos de capacidade, lexitimación activa e pasiva e temporalidade (sen ter transcorrido o prazo de prescrición), descritos nos artigos 6.1 do RD 429/93 en relación co 70, 30, 31-1-a e 142.5 da Lei 30/92. Considerando.- Que non quedou acreditada a relación de causalidade (artigos 139.1 da Lei 30/92 e 13.2 do RD 429/93) co material probatorio aportado ó expediente, antes ó contrario, queda demostrada a non responsabilidade desta Deputación no evento lesivo, por canto, atopándose o tramo en obras e sinalizado -extremo que non se nega no relato dos feitos da instancia e confirma a declaración documental da testemuña Dona Eva González Domínguez xuntada a aquela- dedúcese un incumprimento dos artigos 19 da Lei de Tráfico, aprobada por RDL 339/90 e do 43 do Regulamento Xeral de Circulación, aprobado por RD 13/92, preceptos ambos que obrigan a adecua-la velocidade ás circunstancias da vía. Por outra banda, recoñécese na propia instancia que as obras estaban efectuándose pola Xunta de Galicia, que á súa vez as adxudicou á empresa O.C.A., S.A., o cal determina que "prima facie" e en virtude do disposto no artigo 97 da Lei de Contratos das Administracións Públicas, debe dirixirse a acción, no eido civil, contra o contratista, de considerarse que a velocidade era a adecuada: "Será obligación del contratista indemnizar todos los daños y perjuicios que se causen a terceros como consecuencia de las operaciones que requiera la ejecución del contrato". Xa para remata-lo presente razoamento desestimatorio, compre dicir que a Deputación é a titular da vía, pero non pode servir isto como razón para dirixirse a ela na vía administrativa cando as obras estaban a desenvolverse pola Xunta de Galicia, non tendo, polo tanto, nin arte nin parte a Deputación no ámbito xurídico da responsabilidade administrativa, que, en todo caso, corresponde á empresa adxudicataria no eido civil (artigo 1902 do Código Civil) e en segundo termo e na modalidade "in vigilando" á propia Xunta de Galicia. Considerando.- Que as Administracións Públicas se rexen en materia de responsabilidade patrimonial polos artigos 106.2 da Constitución Española, 139 e ss. da Lei 30/92, 54 da Lei 7/85, 223 do RD 2568/86 e RD 429/93. Considerando.- Que no presente acordo se cumprimenta o establecido nos artigos 89.1 e 54.1-b da Lei 30/92 en relación co 13.2 do RD 429/93, referido á desestimación argumentada da reclamación. A Xunta de Goberno acorda por unanimidade desestima-la reclamación. ------ Folla: 8.11936.- INFORME EN RELACIÓN COAS ESTRADAS PROVINCIAIS SOBRE PROXECTO DE MODIFICACIÓN PUNTUAL DAS NORMAS SUBSIDIARIAS DE PLANEAMENTO DO CONCELLO DE SALCEDA DE CASELAS, NO ÁMBITO DO SAU01, SAU02, SAU03 E TERREOS ADXACENTES Dada conta da comunicación do Sr. Alcalde-Presidente do Concello de Salceda de Caselas de data 6 de febreiro de 2004 (rexistro de entrada núm. 003909, de data 17-02-04), pola que se remite copia do expediente en relación coas estradas provinciais sobre Proxecto de Modificación Puntual das Normas Subsidiarias de Planeamento do Concello de Salceda de Caselas, no ámbito do SAU01, SAU02, SAU03 e terreos adxacentes, a efectos de informe por parte desta Deputación. Considerando o disposto no artigo 15,4, da Lei 4/94, de 14 de novembro, de Estradas de Galicia, en relación coas estradas provincias. Visto o informe do Sr. Enxeñeiro Director de Vías e Obras, de data 27 de febreiro de 2004, que literalmente di: "... Visto el ámbito en el que se desarrolla la modificación puntual objeto de este expediente, y no afectando en principio a ninguna carretera Provincial por parte de este Servicio se emite informe favorable". A Xunta de Goberno por unanimidade presta conformidade ó citado informe, e acorda a súa remisión ó Ilmo. Concello de Salceda de Caselas. ------ Folla: 9.11937.- COMUNICACIÓNS Non houbo. ------ Folla: 10.11938.- ROGOS E PREGUNTAS Non se formularon. FÓRA DA ORDE DO DÍA e previa unánime declaración de urxencia adoptáronse os seguintes acordos: ------ Folla: 11.11939.- APROBACIÓN DOS CONVENIOS A SUBSCRIBIR POLA EXCMA. DEPUTACIÓN PROVINCIAL COAS CÁMARAS DE COMERCIO, INDUSTRIA E NAVEGACIÓN DE VILAGARCÍA DE AROUSA E VIGO, PARA DISTINTOS FINS CON CARGO Á PARTIDA 04/711.711.789.00 DO VIXENTE PRESUPOSTO Apróbanse por unanimidade os convenios a subscribir pola Excma. Deputación Provincial coas Cámaras de Comercio, Industria e Navegación de Vilagarcía de Arousa e Vigo, para distintos fins con cargo á partida 04/711.711.789.00 do vixente orzamento e sen que o gasto orixinado por todos eles exceda a dotación consignada. Ditos convenios son literalmente como seguen: CONVENIO DE COLABORACIÓN ENTRE LA CÁMARA OFICIAL DE COMERCIO, INDUSTRIA Y NAVEGACIÓN DE VILAGARCÍA DE AROUSA Y LA EXCMA. DIPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA En Pontevedra, a ........ de ................... de 2004 De una parte, D. Rafael Louzán Abal, en calidad de Presidente de la Excma. Diputación Provincial de Pontevedra, con domicilio en Avd. Montero Ríos, s/n y con CIF nº P-3600000-H. Y de otra, D. Carlos Oubiña Portas, en calidad de Presidente de la Cámara Oficial de Comercio, Industria y Navegación de Vilagarcía de Arousa, con domicilio en la Plaza Ravella, 13, 36600 de Vilagarcía de Arousa y D.N.I. nº ........................ Los comparecientes se reconocen recíprocamente con capacidad para firmar el presente acuerdo de colaboración, a cuyo efecto, EXPONEN I.- Que es competencia propia de toda Diputación, de conformidad con el articulo 36.1, d) de la Ley 7/85, de 2 de abril, la cooperación en el fomento del desarrollo económico y social y en la planificación en el territorio provincial, de acuerdo con las competencias de las demás Administraciones Públicas en este ámbito. II.- Que entre las tareas y responsabilidades reconocidas como propias por la actual legislación en vigor sobre Cámaras de Comercio, la Cámara Oficial de Comercio, Industria y Navegación de Vilagarcía de Arousa, en adelante la Cámara, tiene la de la promoción económica de las empresas de su demarcación territorial, y en general la defensa de los intereses de la Industria y el Comercio. III.- Que ambas partes, acuerdan colaborar en las obras de acondicionamiento del Salón de Actos de la referida Cámara. Por todo esto, ambas partes, acuerdan llevar a cabo un convenio para regular su colaboración, con sujeción a las siguientes CLÁUSULAS Primera.- Es objeto del presente convenio la colaboración de la Diputación con la Cámara, en la financiación de las obras de acondicionamiento del Salón de Actos de la referida Cámara. Segunda.- La Diputación se compromete al pago total de una cantidad de 90.151,00 euros para las citadas obras con cargo a ala partida 04/711.711.789.00. Tercera.- La Cámara se compromete, por su parte, a la debida justificación del destino de la subvención recibida, aportando facturas y comprobantes de pago de las cantidades satisfechas con el importe de la misma, en el plazo máximo de 12 meses, a partir de la realización de las obras. Así mismo, se compromete a dar publicidad de dicha subvención. Cuarta.- Para resolver las cuestiones litigiosas que puedan surgir sobre la interpretación o modificación del presente acuerdo, ambas partes acuerdan someterse a la Jurisdicción Contencioso-Administrativa. Leído por ambas partes el presente convenio lo firman en triplicado ejemplar, en el lugar y fecha indicados en el encabezamiento, manifestando su expreso sometimiento a lo aquí recogido y a las normas de derecho público que le fueran de aplicación. Por la Excma. Diputación Por la Cámara de Comercio de Provincial de Pontevedra Vilagarcía de Arousa D. Rafael Louzán Abal.- D. Carlos Oubiña Portas.- CONVENIO DE COLABORACIÓN ENTRE LA CÁMARA OFICIAL DE COMERCIO, INDUSTRIA Y NAVEGACIÓN DE VIGO Y LA EXCMA. DIPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA En Pontevedra, a ........ de ................... de 2004 De una parte, D. Rafael Louzán Abal, en calidad de Presidente de la Excma. Diputación Provincial de Pontevedra, con domicilio en Avd. Montero Ríos, s/n y con CIF nº P-3600000-H. Y de otra, D. José García Costas, en calidad de Presidente de la Cámara Oficial de Comercio, Industria y Navegación de Vigo, con domicilio en la calle República Argentina, 18, 36201 de Vigo y D.N.I. nº ........................ Los comparecientes se reconocen recíprocamente con capacidad para firmar el presente acuerdo de colaboración, a cuyo efecto, EXPONEN I.- Que es competencia propia de toda Diputación, de conformidad con el articulo 36.1, d) de la Ley 7/85, de 2 de abril, la cooperación en el fomento del desarrollo económico y social y en la planificación en el territorio provincial, de acuerdo con las competencias de las demás Administraciones Públicas en este ámbito. II.- Que entre las tareas y responsabilidades reconocidas como propias por la actual legislación en vigor sobre Cámaras de Comercio, la Cámara Oficial de Comercio, Industria y Navegación de Vigo, en adelante la Cámara, tiene la de la promoción económica de las empresas de su demarcación territorial, y en general la defensa de los intereses de la Industria y el Comercio. III.- Que ambas partes, acuerdan colaborar en el terreno de la ayuda a emprendedores, en la creación de un Vivero de Empresas en Vigo. Por todo esto, ambas partes, acuerdan llevar a cabo un convenio para regular su colaboración, con sujeción a las siguientes CLÁUSULAS Primera.- Es objeto del presente convenio la colaboración de la Diputación con la Cámara, en la financiación de un Vivero de Empresas. El mencionado Vivero de Empresas se ubicará en la actual Plaza de Fernando Conde Montero Ríos, en el mismo edificio en el que se encuentran los locales de la sede de la Cámara. Segunda.- La Diputación se compromete al pago total de una cantidad de 120.000,00 euros, en concepto de subvención para el establecimiento del citado Vivero, con cargo a la partida 04/711.711.789.00. Tercera.- La Cámara se compromete, por su parte, a la debida justificación del destino de la subvención recibida, aportando facturas y comprobantes de pago de las cantidades satisfechas con el importe de la misma, en el plazo máximo de 18 meses, a partir de la adquisición de los locales destinados al Vivero. Así mismo, se compromete a dar publicidad de dicha subvención. Cuarta.- Para resolver las cuestiones litigiosas que puedan surgir sobre la interpretación o modificación del presente acuerdo, ambas partes acuerdan someterse a la Jurisdicción Contencioso-Administrativa. Leído por ambas partes el presente convenio lo firman en triplicado ejemplar, en el lugar y fecha indicados en el encabezamiento, manifestando su expreso sometimiento a lo aquí recogido y a las normas de derecho público que le fueran de aplicación. Por la Excma. Diputación Por la Cámara de Comercio de Provincial de Pontevedra Vigo D. Rafael Louzán Abal.- D. José García Costas.- ------ Folla: 12.11940.- SOLICITUDE DE REPARACIÓN DA ESTRADA DE PORRÁNS-MORAÑA-CUNTIS Á CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA A proposta da Presidencia, atendendo peticións do Deputados Sres. Landín Eirín e Campos Durán e insistindo en anteriores acordos similares, e debido á grande demanda social existente, acordouse por unanimidade solicitar á Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda a adecuada reparación da estrada de Porráns-Moraña-Cuntis. E non habendo máis asuntos que tratar polo Sr. Presidente, sendo as once horas e dez minutos do expresado día, dáse por rematada a sesión e dela esténdese a presente acta, que asina o Ilmo. Sr. Presidente, comigo, o Secretario que dou fe. ------

Área de notas

  • Nota

Puntos de acceso

Área de control da descrición