Fondos
-
4. COMISIÓN PERMANENTE. COMISIÓN DE GOBERNO. XUNTA DE GOBERNO
2004-03-17_Ordinaria. Acta de sesión 2004/03/17_Ordinaria
Acta de sesión 2004/03/17_Ordinaria
Área de identificación
Código(s) de referencia ES.GA.36038.ADPO.1.1.4.9.33.371/1.2004-03-17_Ordinaria
Título Acta de sesión 2004/03/17_Ordinaria
Data(s) 2004-03-17 (Creación)
Volume e soporte 1 acta de sesión
Área de contexto
Institución arquivística Arquivo Deputación de Pontevedra
Área de contido e estrutura
Alcance e contido Folla: XUNTA DE GOBERNO Sesión do día 17 de marzo de 2004 --------o0o-------- En Pontevedra, na Sala de Xuntas do Pazo Provincial, sendo as dez horas e quince minutos do día dezasete de marzo do ano dous mil catro, baixo a Presidencia do Ilmo. Sr. D. Rafael Louzán Abal, Presidente da Excma. Deputación Provincial de Pontevedra, reuníronse as/os señoras/es deputadas/os, D. Xosé Crespo Iglesias, Dona María Teresa Pedrosa Silva, D. José Juan Durán Hermida, D. José Enrique Sotelo Villar, D. Antonio Feliciano Fernández Rocha, D. José Manuel Figueroa Vila, D. José Antonio Landín Eirín e D. Alfredo Rodríguez Millares, co obxecto de celebrar sesión ordinaria da Xunta de Goberno, con carácter executivo, en primeira convocatoria, consonte á correspondente orde do día. Da fé do acto D. Rogelio Nicieza de la Cerra, Secretario Xeral e está presente o Sr. Interventor, D. Bautista Pérez Carnero. Non asiste o señor deputado, D. Ramón Campos Durán. Declarada aberta a sesión e de orde da Presidencia éntrase seguidamente no exame da orde do día, adoptándose en relación coa mesma os seguintes acordos: 1.11941.- ACTA ANTERIOR Acórdase por unanimidade, aproba-lo borrador da acta da anterior sesión, ordinaria, do día 12 de marzo de 2004. ------ Folla: 2.11942.- AXUDA ECONÓMICA Á COORDINADORA PARA O ESTUDIO DOS MAMÍFEROS MARIÑOS (CEMMA) PARA A ADQUISICIÓN DUNHA UNIDADE MÓBIL PARA A ASISTENCIA DA FAUNA MARIÑA Queda pendente a concesión de axuda económica á Coordinadora para o Estudio dos Mamíferos Mariños (CEMMA) para a adquisición dunha unidade móbil para asistencia a fauna mariña. ------ Folla: 3.11943.- AXUDA ECONÓMICA Ó CLUSTER DA ACUICULTURA DE GALICIA PARA A REALIZACIÓN DUN MASTER EN INNOVACIÓN, TECNOLOXÍA DA PRODUCCIÓN E XESTIÓN ACUÍCOLA (MITGA) Vista a solicitude formulada por D. Santiago Cabaleiro Martínez, Director do Cluster da Acuicultura de Galicia e os informes da Bióloga da Sección de Pesca e Cultivos Mariños e do Enxeñeiro Director do Servicio Agrario. Visto así mesmo o informe económico favorable da Intervención, acórdase por unanimidade a concesión dunha axuda económica ó Cluster da Acuicultura de Galicia (CIF: G-36.884.260), por importe de doce mil euros (12.000,00), para realizar un Master en Innovación, Tecnoloxía da Producción e Xestión Acuícola (MITGA), con cargo á partida 711.711.479.01 do vixente orzamento provincial. ------ Folla: 4.11944.- APROBACIÓN DAS BASES QUE REXERÁN A CONVOCATORIA DE DÚAS BECAS PARA O SERVICIO DE ARQUIVO, BIBLIOTECA E PUBLICACIÓNS De conformidade coa proposta do Xefe do Servicio de Arquivo, Biblioteca e Publicacións así como o artigo 35.2.b da Lei 7/85 de 2 de abril, Reguladora das Bases de Réxime Local, acórdase por unanimidade aproba-la convocatoria e bases de dúas becas de Licenciados en Letras con destino ó Arquivo-Biblioteca desta Excma. Deputación Provincial. Estas becas, dotadas cunha consignación mensual de 841,41 euros/mes por cada beneficiario, imputaranse á partida 04/454-451-481.01 e outorgaranse con efectos da data de adxudicación e por un período dun ano, pudendo prorrogarse anualmente ata un máximo de catro anos. ------ Folla: 5.11945.- RECLAMACIÓN DE RESPONSABILIDADE PATRIMONIAL FORMULADA POR D. JOSÉ CARLOS BASDEDIOS DOMÍNGUEZ, POR DANOS EN ACCIDENTE DE TRÁFICO NA ESTRADA DE NANTES (SANXENXO), QUE TRASLADO Ó ILMO. CONCELLO DE SANXENXO Dada conta que con data de Rexistro de 22 de xaneiro de 2004 tivo entrada nesta Deputación Providencia do Sr. Alcalde-Presidente de Sanxenxo, de data 19 de xaneiro de 2004, dando traslado de reclamación formulada por D. José Carlos Basdedios Domínguez, veciño de Meaño, con enderezo en Lores, Lugar de Laxe nº 7, por danos padecidos en automóbil da súa propiedade, marca "Ford Escort", matrícula PO-2016-AW, na estrada de Nantes o día 8 de xaneiro de 2004, e que individualiza economicamente en 60,00 euros. Resultando.- Que con data 2 de febreiro de 2004 e con fundamento no artigo 10.1, último parágrafo, do RD 429/93, en relación co 82 e 83 da Lei 30/92, e 171 do RD 2568/86, se solicitou informe ó Servicio de Vías e Obras a fin de que se contestara expresamente ós seguintes extremos: a) Se na estrada de Nantes, á altura do nº 14, existía unha focha o día 14 de xaneiro de 2004. b) Se de existir, estaba sinalizada. c) Se en datas posteriores, coincidentes ou anteriores, tense coñecemento dalgún sinistro. Resultando.- Que polo Servicio de Vías e Obras e con data 16 de febreiro se emite o informe solicitado, co seguinte contido: "a) Sí, en la Carretera de Nantes, existía un bache el día 14 de enero de 2004. b) Estaba señalizado el tramo ya que estaba en obras. c) No. La empresa Carro estaba en obras y por lo tanto es responsable de mantenerla en buen estado si es posible". Resultando.- Que con data 26 de febreiro de 2004 se solicitou novo informe ó Servicio de Vías e Obras ó detectarse erro de feito na data do sinistro, que fora o 8 de xaneiro en lugar do 14, contestando o citado Servicio o día 8 de marzo, co seguinte contido: "Que no varía el contenido del informe de este Servicio del día 16 de febrero de 2004". Considerando.- Que a instancia se presenta cumprimentando os requisitos de capacidade, lexitimación activa e pasiva e temporalidade (sen ter transcorrido o prazo de prescrición), descritos nos artigos 6.1 do RD 429/93 en relación co 70, 30, 31-1-a e 142.5 da Lei 30/92. Considerando.- Que non quedou acreditada a relación de causalidade (artigos 139.1 da Lei 30/92 e 13.2 do RD 429/93) co material probatorio aportado ó expediente, antes ó contrario, queda demostrada a non responsabilidade desta Deputación no evento lesivo, por canto do teor do informe do Servicio de Vías e Obras dedúcese, a) que a estrada estaba en obras e sinalizada; b) que non houbo ningún outro accidente; c) que a citada estrada é vía provincial. Así as cousas, o camiño que debe seguir a devandita reclamación e a desestimación, por canto todo apunta, como causa eficiente dos danos, a velocidade inadecuada do Sr. Basdedios, xa que ó se tratar dun tramo en obras e sinalizado debeu adapta-la marcha do vehículo ás circunstancias da vía, sendo proba concluínte dese exceso a ausencia de máis accidentes neses días e nese mesmo tramo. Tal comportamento supón contravención do preceptuado nos arts. 19 da Lei de Tráfico aprobada polo Real Decreto Lexislativo 339/90 ("... todo conductor está obligado a respetar las características y el estado de la vía") e do 45 do Real Decreto 1428/2003, que derogou o Real Decreto 13/92, de 17 de xaneiro, e que entrou en vigor o 22 de decembro de 2003: "Adecuación de la velocidad a las circunstancias.- Todo conductor está obligado a respetar los límites de velocidad establecidos y a tener en cuenta, además, sus propias condiciones físicas y psíquicas, las características y el estado de la vía, del vehículo y de su carga, las condiciones meteorológicas, ambientales y de circulación, y, en general, cuantas circunstancias concurran en cada momento, a fin de adecuar la velocidad de su vehículo a ellas, de manera que siempre pueda detenerlo dentro de los límites de su campo de visión y ante cualquier obstáculo que pueda presentarse"·. Considerando.- Que, por se non bastara o anterior para considerar a esta Deputación exonerada de toda responsabilidade, tampouco atina o reclamante en canto á elección de quen deba ser suxeito da devandita reclamación, por canto o artigo 97 da Lei de Contratos das Administracións Públicas, aprobada por Real Decreto Lexislativo 2/2000 establece a obriga do contratista (no presente caso "Construcciones Carro") de indemnizar calquera prexuízo e dano que se causare a terceiro co gallo do desenvolvemento do contrato, doutrina legal complementada con múltiples sentencias do Tribunal Supremo, por todas sentencia de 12-02-2000 da Sección 6ª da Sala do Contencioso-administrativo do invocado órgano xudicial, que, á súa vez, se baseou nunha de 31 de xullo de 1989 ("al contratar con una organización privada para una obra pública y existen daños o perjuicios, a esta última le son atribuíbles sus causas"). Considerando.- Que no presente acordo se cumprimenta o establecido nos artigos 89.1 e 54.1-b da Lei 30/92 en relación co 13.2 do RD 429/93, referido á desestimación argumentada da reclamación. A Xunta de Goberno acorda por unanimidade desestima-la reclamación. ------ Folla: 6.11946.- COMUNICACIÓNS Non houbo. ------ Folla: 7.11947.- ROGOS E PREGUNTAS Non se formularon. FÓRA DA ORDE DO DÍA e previa unánime declaración de urxencia adoptáronse os seguintes acordos: ------ Folla: 8.11948.- SOLICITUDE DE REPARACIÓN DA ESTRADA DE PORRÁNS-MORAÑA-CUNTIS Á CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA A proposta da Presidencia, atendendo peticións do Deputados Sres. Landín Eirín e Campos Durán e insistindo en anteriores acordos similares, e debido á grande demanda social existente, acordouse por unanimidade solicitar á Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda a adecuada reparación da estrada de Porráns-Moraña-Cuntis. ------ Folla: 9.11949.- ADQUISICIÓN DO INMOBLE DENOMINADO "PALACETE DE LAS MENDOZA" PARA UBICA-LA SEDE DO PADROADO DE TURISMO RÍAS BAIXAS A Deputación de Pontevedra tomando en consideración as peculiaridades e características desta provincia decidiu potenciar ó máximo a explotación dos seus recursos turísticos. Con tal motivo, o equipo de goberno decidiu dotar ó Padroado de Turismo Rías Baixas dunha sede digna adecuada cos fins que se pretenden. Considérase oportuno, que dita sede debe de estar ubicada na capital da provincia, nun edificio que resulte emblemático e adecuado ós fins que se perseguen, e permitindo unha fácil identificación por parte dos cidadáns. Despois de diversas ponderacións sobre diversas ubicacións, a Deputación considerou que o único inmoble que cumpriría con tal función é o denominado co nome de "Palacete de las Mendoza". Visto o documento RC polo que se certifica a existencia de consignación orzamentaria para facer fronte ó gasto para a compra do inmoble e o informe de fiscalización, emitidos todos eles por Intervención. Visto o informe emitido polo Sr. Vicesecretario obrante no expediente. De conformidade co artigo 11 do Regulamento de Bens das Entidades Locais que sinala que a adquisición de bens a título oneroso esixirá o cumprimento dos requisitos contemplados na normativa reguladora da Contratación das Corporacións Locais, e que tratándose de inmobles é necesario un informe pericial previo, achégase o mesmo ó expediente. Así mesmo, de conformidade co artigo 34.1. apartado m) da Lei Reguladora das Bases de Réxime Local, corresponde ó Presidente a adquisición de bens e dereitos cando o seu valor non supere o 10 por 100 dos recursos ordinarios do orzamento, nin os 3.000.000,00 de euros, pero de conformidade coa base 16ª, 2, apartado b), para execución do Orzamento do Ano 2004, dita competencia queda delegada á Xunta de Goberno. A Xunta de Goberno acorda por unanimidade a adquisición á Caja de Ahorros y Monte Piedad de Madrid o inmoble coñecido co nome "El Palacete de las Mendoza", para ubica-la sede do Padroado de Turismo Rías Baixas, pola cantidade total de dous millóns cento tres mil euros (2.103.000,00), IVE incluído. O inmoble está composto dunha casa de sótano e dous pisos; ocupando un solar de trescentos vinte metros cadrados, con xardín accesorio, o conxunto cunha superficie total de mil oitocentos trinta e seis metros cadrados, aínda que na actualidade por ensanche dos viais mide mil trescentos trinta e seis metros cadrados aproximadamente. Está sito na Praza ou Avenida de Santa María de Pontevedra, con fachada ás rúas Arzobispo Malvar e Maestro Mateo; pechada por si por valo e verja de ferro. Linda: fronte, ó leste, Praza ou Avenida de Santa María; fondo, ó oeste, rúa Arzobispo Malvar; norte ou dereita entrando, Sanatorio de Santa María; sur ou esquerda, rúa Maestro Mateo. Inscrito no Rexistro da Propiedade de Pontevedra, ó Tomo 113, libro 28 de Pontevedra, folio 165. Finca número 1.417. Así mesmo, a Xunta de Goberno faculta ó Ilmo. Sr. Presidente da Deputación Provincial de Pontevedra para a formalización da adquisición do inmoble, mediante a sinatura da escritura de compravenda. ------ Folla: 10.11950.- APROBACIÓN DO PROXECTO BÁSICO E DE EXECUCIÓN DE "REFORMA DO PALACETE DE MENDOZA PARA A SÚA ADECUACIÓN ÁS CONDICIÓNS DE ACCESIBILIDADE" Visto o proxecto básico e de execución de "Reforma do Palacete de Mendoza para a súa adecuación ás condicións de accesibilidade", con presuposto de 118.282,00 euros, IVE incluído, redactado polo Servicio de Arquitectura como consecuencia da adquisición e próxima ocupación por esta Deputación Provincial do Palacete de Mendoza e que ten por obxecto establece-las obras necesarias para adecualo ás condicións necesarias para o acceso de persoas con mobilidade reducida e cumprir así o disposto no Decreto 35/2000, de 28 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento de Desenvolvemento e Execución da Lei de Accesibilidade e Supresión de Barreiras na Comunidade Autónoma de Galicia, acórdase por unanimidade prestar aprobación ó referido proxecto básico e de execución de "Reforma do Palacete de Mendoza para a súa adecuación ás condicións de accesibilidade" por importe de 118.282,00 euros, IVE incluído. ------ Folla: 11.11951.- APROBACIÓN DO EXPEDIENTE DE CONTRATACIÓN, MEDIANTE CONCURSO, PROCEDEMENTO ABERTO, DO SUBMINISTRO DE MATERIAL DE SINALIZACIÓN DE SEGURIDADE VIAL DIVERSO CON DESTINO ÁS VÍAS PROVINCIAIS PARA O ANO 2004 Visto o expediente tramitado ó efecto, a proposta do Sr. Xefe Xeral do Parque de Maquinaria polo que solicita a contratación do subministro de material de sinalización e seguridade vial diverso con destino ás vías provinciais. Visto así mesmo, o Documento RC de data 04-03-04 polo que se certifica a existencia de consignación para facer fronte ó gasto e o informe de fiscalización, emitidos todos eles por Intervención. Visto o informe emitido polo Sr. Vicesecretario obrante no expediente acórdase por unanimidade aproba-lo expediente de contratación mediante concurso, procedemento aberto, para o subministro de material de sinalización e seguridade vial diverso con destino ás vías provinciais para o ano 2004, por un importe de 48.000,00 euros, IVE incluído. Así mesmo, acórdase autorizar dito gasto e aproba-lo prego de cláusulas administrativas particulares e técnicas que rexerán no concurso e que se inicie o procedemento de adxudicación para a contratación do referido subministro, concedendo un prazo de quince días naturais para a presentación de proposicións, contados a partir da publicación do anuncio no Boletín Oficial da Provincia. ------ Folla: 12.11952.- ADXUDICACIÓN DA OBRA "OBRAS COMPLEMENTARIAS DE PISCINAS MUNICIPAIS EN RIBADUMIA" Visto o acordo da Comisión de Goberno adoptado en sesión celebrada o 30-01-2003, polo que se adxudicou a obra "Piscina Municipal en Ribadumia" a CONSTRUCCIONES FERNÁNDEZ SARMIENTO, S.A., na suma de 195.180,06 euros; visto o acordo da Comisión de Goberno adoptado en sesión celebrada o 19-12-2003, polo que se prestou aprobación ó proxecto de "Obras complementarias de piscinas municipais en Ribadumia", por importe de 39.036,06 euros que non rebasa o 20% da adxudicación da obra inicial; visto o escrito da adxudicataria da obra principal no que manifesta a súa conformidade ó proxecto de obras complementarias, visto o informe do Sr. Secretario Xeral, encontrando ó expediente axustado á normativa vixente, e, visto o informe de fiscalización do expediente, emitido polo Sr. Interventor, acórdase por unanimidade: 1.- Aproba-lo gasto. 2.- Aproba-lo expediente de contratación, de acordo co establecido no art. 146.3 do RDL 2/2000, de 16 de xuño, polo que se aproba o Texto Refundido da Lei de Contratos das Administracións Públicas. 3.- Adxudicar a CONSTRUCCIONES FERNÁNDEZ SARMIENTO, S.A. a obra "Obras complementarias de piscinas municipais en Ribadumia", na suma de 39.036,06 euros, IVE incluído. O adxudicatario deberá constituír fianza definitiva por importe do 4% do prezo de adxudicación, na forma que determina o artigo 36 do RDL 2/2000, de 16 de xuño, polo que se aproba o Texto Refundido da Lei de Contratos das Administracións Públicas, que establecerá na Tesourería da Deputación dentro do prazo de quince días naturais, contados a partir da notificación deste acordo. No caso de non cumprirse este requisito declararase resolto o contrato. E non habendo máis asuntos que tratar polo Sr. Presidente, sendo as dez horas e trinta e cinco minutos do expresado día, dáse por rematada a sesión e dela esténdese a presente acta, que asina o Ilmo. Sr. Presidente, comigo, o Secretario que dou fe. ------
Ãrea de notas
Nota