Fondos
-
4. COMISIÓN PERMANENTE. COMISIÓN DE GOBERNO. XUNTA DE GOBERNO
2004-04-06_Ordinaria. Acta de sesión 2004/04/06_Ordinaria
Acta de sesión 2004/04/06_Ordinaria
Área de identificación
Código(s) de referencia ES.GA.36038.ADPO.1.1.4.9.33.371/1.2004-04-06_Ordinaria
Título Acta de sesión 2004/04/06_Ordinaria
Data(s) 2004-04-06 (Creación)
Volume e soporte 1 acta de sesión
Área de contexto
Institución arquivística Arquivo Deputación de Pontevedra
Área de contido e estrutura
Alcance e contido Folla: XUNTA DE GOBERNO Sesión do día 6 de abril de 2004 --------o0o-------- En Pontevedra, na Sala de Xuntas do Pazo Provincial, sendo as catorce horas e cinco minutos do día seis de abril do ano dous mil catro, baixo a Presidencia do Ilmo. Sr. D. Rafael Louzán Abal, Presidente da Excma. Deputación Provincial de Pontevedra, reuníronse os señores deputados, D. Xosé Crespo Iglesias, D. José Juan Durán Hermida, D. José Enrique Sotelo Villar, D. Ramón Campos Durán, D. Antonio Feliciano Fernández Rocha, D. José Manuel Figueroa Vila, D. José Antonio Landín Eirín e D. Alfredo Rodríguez Millares, co obxecto de celebrar sesión ordinaria da Xunta de Goberno, con carácter executivo, en primeira convocatoria, consonte á correspondente orde do día. Da fé do acto D. Carlos Cuadrado Romay, Secretario Accidental e está presente o Sr. Interventor, D. Bautista Pérez Carnero. Non asiste a señora deputada, Dona María Teresa Pedrosa Silva. Declarada aberta a sesión e de orde da Presidencia éntrase seguidamente no exame da orde do día, adoptándose en relación coa mesma os seguintes acordos: 1.11997.- APROBACIÓN DE SOLICITUDE DO CONCELLO DE A CAÑIZA PARA REALIZAR POR ADMINISTRACIÓN AS OBRAS "SANEAMIENTO EN CALLE PROGRESO" E "SANEAMIENTO EN MORRAZÓN Y FRANQUEIRA", INCLUÍDAS NO POL /2004 COS NÚMEROS 379 E 380, RESPECTIVAMENTE Acórdase por unanimidade aproba-las solicitudes do Concello de A Cañiza para realizar por administración as obras do POL/2004 seguintes: .- "SANEAMIENTO EN CALLE PROGRESO", por importe de 60.500,00 euros, incluída no POL/2004, co ordinal 379, debendo axustarse a súa xustificación ó que dispón o RDL 2/2000, de 16 de xuño, polo que se aproba o Texto Refundido da Lei de Contratos das Administracións Públicas. .- "SANEAMIENTO EN MORRAZÓN Y FRANQUEIRA", por importe de 60.972,51 euros, incluída no POL/2004, co ordinal 380, debendo axustarse a súa xustificación ó que dispón o RDL 2/2000, de 16 de xuño, polo que se aproba o Texto Refundido da Lei de Contratos das Administracións Públicas. ------ Folla: 2.11998.- RATIFICACIÓN DO CONVENIO DE COLABORACIÓN ENTRE A EXCMA. DEPUTACIÓN PROVINCIAL E O EXCMO. CONCELLO DE VIGO PARA A EXECUCIÓN DE DIVERSAS OBRAS Dada conta do convenio de colaboración subscrito pola Excma. Deputación Provincial de Pontevedra e o Excmo. Concello de Vigo para a execución de diversas obras, acórdase por unanimidade a ratificación do convenio de referencia que a continuación se transcribe literalmente: CONVENIO DE COLABORACIÓN ENTRE A EXCMA. DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA E O EXCMO. CONCELLO DE VIGO En Vigo, a 25 de marzo de 2004 REUNIDOS O Ilmo. Sr. D. Rafael Louzán Abal, Presidente da Excma. Deputación Provincial de Pontevedra, en nome e representación da mesma. A Ilma. Sra. Dona Corina Porro Martínez, Alcaldesa do Excmo. Concello de Vigo, en nome e representación do mesmo. Interveñen en razón dos seus cargos representando ás súas respectivas Entidades Locais, de conformidade coas competencias atribuídas pola Lei 7/85, de 2 de abril, Reguladora das Bases de Réxime Local e da Lei 5/97, de 22 de xullo, de Administración Local de Galicia. EXPOÑEN Primeiro.- É competencia propia das Deputacións a asistencia e cooperación económica e técnica, entre outras, ós municipios. Segundo.- Os convenios entre as Administracións Públicas constitúen o instrumento adecuado para desenvolver a súa cooperación en cuestións de interese común (arts. 6 e seguintes da Lei 30/92, de 26 de novembro, de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común, 57 da Lei 7/85, de 2 de abril, Reguladora das Bases de Réxime Local, e 3, c) do RDL 2/2000, de 16 de xuño, Texto Refundido la Lei de Contratos das Administracións Públicas). En base ás consideracións expostas e ó obxecto de instrumentar a súa colaboración, as partes intervenientes formalizan o presente convenio no que, ACORDAN 1.- É obxecto do presente convenio a dotación dos servicios necesarios (beirarrúas, pluviais, iluminación, etc.) así como da renovación da rodadura de determinadas estradas provinciais, dentro do termo municipal de Vigo. As estradas obxecto deste convenio son as seguintes: · EP-2001 Calvario-Garrida, nos seus tramos M. Garrido-Antigua N-120 e E. Presas-Iglesia Beade. · EP-2004 Beade-Carneiras. · EP-2005 Meixueiro-CUVI. Nas anteriores estradas, salvo na EP-2005 Meixueiro-CUVI, que se realizará unicamente a renovación da rodadura, dotaranse dos servicios necesarios (beirarrúas, pluviais, iluminación, etc.). 2.- O Concello de Vigo comprométese a por a disposición da Excma. Deputación de Pontevedra os terreos necesarios para o normal desenvolvemento das obras e a obter tódolos permisos e autorizacións que sexan necesarias. 3.- O importe das obras a realizar ascende a cantidade de 1.487.264,19 euros, que será financiado integramente pola Deputación de Pontevedra, e que se desdobrará da seguinte forma: o EP-2001 Calvario-Garrida: · Tramo M. Garrido-Antigua N-120: 432.330,81 euros. · Tramo C. Presas-Iglesia Beade: 402.490,88 euros. o EP-2004 Beade-Carneiras: 515.442,50 euros. o EP-2005 Meixueiro-CUVI: 137.000,00 euros. 4.- A aportación da Deputación será financiada con cargo á partida 04/511.511.612.02 do vixente orzamento provincial. 5.- A Deputación Provincial de Pontevedra asumirá a contratación e execución das referidas obras correndo a súa dirección a cargo dun técnico provincial. 6.- Calquera reformado, modificado ou adicional que implique aumento sobre o orzamento inicial das obras será asumido pola Deputación Provincial de Pontevedra. 7.- O presente convenio terá vixencia a tódolos efectos legais dende a data da súa sinatura ata a finalización das obras. E en proba de conformidade, as partes intervenientes asinan o presente convenio por triplicado exemplar no lugar e data ut upra. Pola Deputación Provincial de Pontevedra Asdo.: D. Rafael Louzán Abal. Polo Concello de Vigo Asdo.: Dª Corina Porro Martínez ------ Folla: 3.11999.- RATIFICACIÓN DO CONVENIO DE COLABORACIÓN ENTRE A EXCMA. DEPUTACIÓN PROVINCIAL, O EXCMO. CONCELLO DE VIGO E A ENTIDADE LOCAL MENOR DE BEMBRIVE PARA A EXECUCIÓN DE DIVERSAS OBRAS Dada conta do convenio de colaboración subscrito pola Excma. Deputación Provincial de Pontevedra, o Excmo. Concello de Vigo e a Entidade Local Menor de Bembrive para a execución de diversas obras, acórdase por unanimidade a ratificación do convenio de referencia que a continuación se transcribe literalmente: CONVENIO DE COLABORACIÓN ENTRE A EXCMA. DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA, O EXCMO. CONCELLO DE VIGO E A ENTIDADE LOCAL MENOR DE BEMBRIVE En Vigo, a 25 de marzo de 2004 REUNIDOS O Ilmo. Sr. D. Rafael Louzán Abal, Presidente da Excma. Deputación Provincial de Pontevedra, en nome e representación da mesma. A Ilma. Sra. Dona Corina Porro Martínez, Alcaldesa do Excmo. Concello de Vigo, en nome e representación do mesmo. D. Benito Pérez Rodríguez, Alcalde Pedáneo da Entidade Local Menor de Bembrive. Interveñen en razón dos seus cargos representando ás súas respectivas Entidades Locais, de conformidade coas competencias atribuídas pola Lei 7/85, de 2 de abril, Reguladora das Bases de Réxime Local e da Lei 5/97, de 22 de xullo, de Administración Local de Galicia. EXPOÑEN Primeiro.- É competencia propia das Deputacións a asistencia e cooperación económica e técnica, entre outras, ós municipios. Segundo.- Os convenios entre as Administracións Públicas constitúen o instrumento adecuado para desenvolver a súa cooperación en cuestións de interese común (arts. 6 e seguintes da Lei 30/92, de 26 de novembro, de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común, 57 da Lei 7/85, de 2 de abril, Reguladora das Bases de Réxime Local, e 3, c) do RDL 2/2000, de 16 de xuño, Texto Refundido la Lei de Contratos das Administracións Públicas). En base ás consideracións expostas e ó obxecto de instrumentar a súa colaboración, as partes intervenientes formalizan o presente convenio no que, ACORDAN 1.- É obxecto do presente convenio a dotación dos servicios necesarios (beirarrúas, pluviais, iluminación, etc.) así como da renovación da rodadura dos tramos Mosteiro-Mourelle e Colexio-Mosteiro da EP-2001 Calvario-Garrida que discorren pola Entidade Local Menor de Bembrive, dentro do termo municipal de Vigo. 2.- A Entidade Local Menor de Bembrive comprométese a por a disposición da Excma. Deputación de Pontevedra os terreos necesarios para o normal desenvolvemento das obras e a obter tódolos permisos e autorizacións que sexan necesarios. 3.- O importe das obras a realizar ascende a cantidade de 655.813,30 euros, que será financiado da seguinte forma: · Tramo Mosteiro-Mourelle: 195.554,83 euros, que aporta a Entidade Local Menor e 339.309,10 euros, que aporta a Excma. Deputación de Pontevedra. · Tramo Colexio-Mosteiro: 55.595,51 euros, que aporta a Entidade Local Menor e 65.353,86 euros, que aporta a Excma. Deputación de Pontevedra. 4.- A aportación da Deputación serán financiada con cargo á partida 04/511.511.612.02 do vixente orzamento provincial. A aportación da Entidade Local Menor de Bembrive será ingresada na Deputación Provincial previamente á licitación da obra. 5.- A Deputación Provincial de Pontevedra asumirá a contratación e execución das referidas obras correndo a súa dirección a cargo dun técnico provincial. 6.- Calquera reformado, modificado ou adicional que implique aumento sobre o orzamento inicial das obras será asumido pola Entidade Local Menor de Bembrive. 7.- O presente convenio terá vixencia a tódolos efectos legais dende a data da súa sinatura ata a finalización das obras. E en proba de conformidade, as partes intervenientes asinan o presente convenio por triplicado exemplar no lugar e data ut upra. Pola Deputación Provincial de Pontevedra Asdo.: D. Rafael Louzán Abal Polo Concello de Vigo Asdo.: Dona Corina Porro Martínez Pola Entidade Local Menor de Bembrive Asdo.: D. Benito Pérez Rodríguez ------ Folla: 4.12000.- CONCESIÓN DE PERMISO E AXUDA ECONÓMICA PARA ASISTIR A CURSOS Visto o escrito presentado no Rexistro Xeral desta Excma. Deputación Provincial o 11 de marzo de 2004, pola funcionaria Dona Mª del Carmen Crespo Blanco, Xefa do Servicio de Prevención de Riscos Laborais, onde solicita permiso e axuda económica para asistir ó "XIV Congreso Nacional de la Salud Laboral en la Administración Pública", que se celebrará en Reus os días 12, 13 e 14 de maio de 2004, acórdase por unanimidade, ó amparo do establecido nas normas aprobadas pola Comisión de Goberno o 11 de novembro de 1983, artigo 16.6.a) do IV Acordo Regulador-Convenio Colectivo do 8 de xaneiro de 2001 e Real Decreto 462/2002 de 24 de maio sobre indemnizacións por razón do servicio, conceder á interesada o permiso do 11 ó 15 de maio e a seguinte axuda económica, desglosada por conceptos tal e como a continuación se sinala: a) Desprazamentos (En coche Pontevedra-Reus-Pontevedra 1.064 x 2= 2.128 x 0,192324) 409,27 euros/persoa b) Axudas de custo 343,24 euros/persoa c) Inscrición 360,00 euros/persoa TOTAL 1.112,51 euros/persoa Ditas cantidades imputaranse ás partidas 134-121-231.01 de locomoción, 134-121-230.01 de axudas de custo e 122-314-162.00 de formación e perfeccionamento (cuota de inscrición). Visto o escrito presentado no Rexistro Xeral desta Excma. Deputación Provincial o 11 de marzo de 2004, polo Enxeñeiro Xefe do Servicio Agrario a través do cal remite a proposta do Xefe de Servicio da Estación Fitopatolóxica de Areeiro, interesando permiso e axuda económica para que o funcionario interino D. Pablo Rodríguez Alonso, Químico, adscrito ó Laboratorio de solos, poida asistir a un curso teórico-práctico para a calibración e cálculo de incertidumes en equipos de laboratorios segundo a norma ISO 17025 e ISO 9001, organizado pola Universidade Complutense de Madrid e que se celebrará en Madrid os días 19, 20, 21 e 22 de abril de 2004, acórdase por unanimidade, ó amparo do establecido nas normas aprobadas pola Comisión de Goberno o 11 de novembro de 1983, artigo 16.6.a) do IV Acordo Regulador-Convenio Colectivo de 8 de xaneiro de 2001 e Real Decreto 462/2002 de 24 de maio sobre indemnizacións por razón do servicio, conceder ó interesado o permiso solicitado e a seguinte axuda económica, desglosada por conceptos tal e como a continuación se sinala: Pablo Rodríguez Alonso, Químico, Grupo A. a) Desprazamentos (avión e taxis) 300,00 euros/persoa b) Axudas de custo 324,91 euros/persoa c) Inscrición 600,00 euros/persoa TOTAL 1.224,91 euros/persoa Ditas cantidades imputaranse ás partidas 711-711-231.01 de locomoción, 711-711-230.01 de axudas de custo e 122-314-162.00 de formación e perfeccionamento (cuota de inscrición). Así mesmo, acórdase desestima-la solicitude de permiso e axuda económica para asistencia a curso da funcionaria interina, Dona Generosa González Justo. ------ Folla: 5.12001.- APROBACIÓN DO CONVENIO ESPECÍFICO PARA O DESENVOLVEMENTO DA FORMACIÓN EN CENTROS DE TRABALLO Dada conta do convenio específico para o desenvolvemento da formación en centros de traballo remitido polo centro educativo IES Ricardo Mella de Vigo. Resultando que o convenio consiste nun Programa Formativo en centro de traballo dirixido ó alumnado de Formación Profesional específica da alumna Dona Sandra García Cidras. Resultando que á Excma. Deputación Provincial de Pontevedra non lle representará ningún desembolso, acórdase por unanimidade que Dona Sandra García Cidras poida realiza-las prácticas dende o día 12 de abril ata o 25 de xuño do ano en curso. Dito convenio é literalmente como segue: CONVENIO ESPECÍFICO PARA O DESENVOLVEMENTO DA FORMACIÓN EN CENTRO DE TRABALLO CONVENIO Nº 36017430-CS19002-061-001 Dunha parte: D/Dª PASCUAL MARTÍN FERNÁNDEZ con DNI.36025038T como director/a do centro educativo IES Ricardo Mella Código de centro 36017430 localizado en Vigo provincia de Pontevedra, Avd. de Madrid 177 código postal 36214 Código de identificación fiscal Q8655619H Teléfono 986253711 Fax 986260726 e doutra: D/Dª RAFAEL LOUZÁN con DNI. 35451643H como representante legal do centro de traballo ESTACIÓN FITOPATOLÓXICA da empresa DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA localizado en Pontevedra provincia de Pontevedra Rúa SUBIDA A ROBLEDA S/N código postal 36153 Código de identificación fiscal P3600000H, Teléfono 986841491, Fax 986864291. EXPOÑEN S Que ámbalas dúas partes recoñecen capacidade e lexitimidade para acordar. S Que o obxectivo do presente CONVENIO é a colaboración entre ás que representan para o desenvolvemento dun PROGRAMA FORMATIVO de formación en centros de traballo, dirixido ó alumnado de formación profesional específica. S Que esta colaboración se fundamenta xuridicamente no artigo 34, punto 2, da lei orgánica 1/1990, do 3 de outubro, de ordenación xeral do sistema educativo (LOXSE). ACORDAN S Subscribi-lo presente CONVENIO de colaboración para o desenvolvemento da formación en centros de traballo, de acordo coa normativa vixente emitida pola Dirección Xeral de Formación Profesional e Ensinanzas Especiais para o curso escolar 2003/04, por parte dos/as alumnos/as e correspondente ás ensinanzas recollidas a continuación, que ámbalas dúas partes coñecen e acatan, e de conformidade coas cláusulas que figuran no dorso deste documento. DENOMINACIÓN DA ENSINANZA Saúde ambiental CÓDIGO CS19002TITOR DO CENTRO EDUCATIVO D/Dª CARMEN JULIA MERA GONZÁLEZ APELIDOS E NOME DNI NÚMERO HORAS PERÍODO DE REALIZACIÓN DAS PRÁC-TICAS DATA DE INICIO DATA FINALIZA-CIÓN GARCÍA CIDRAS, SANDRA 53119150Y 380 12/04/04 25/06/04 Ó presente convenio incorpórase á programación de actividades formativas (anexo II) para desenvolver polos/as alumnos/as nos centros de traballo e os documentos que faciliten o seguimento e avaliación destes En Vigo 30 de marzo 2004 O/A DIRECTOR/A DO CENTRO EDUCA-TIVOAsdo: PASCUAL MARTÍN FERNÁNDEZ O/A REPRESENTANTE DO CENTRO DE TRABALLOAsdo: RAFAEL LOUZÁN CLÁUSULAS PRIMEIRA.- O alumnado que figura no presente convenio desenvolverá as actividades formativas programadas (anexo II), nos locais do centro de traballo, ou, se é o caso, naqueles lugares nos que a empresa titular do centro de traballo desenvolve a súa actividade productiva, sen que isto implique ningunha relación laboral coa empresa. SEGUNDA.- A entidade comprométese ó cumprimento da programación de actividades formativas, que previamente foran acordadas co centro educativo, a realiza-lo seu seguimento e a valoración do progreso do alumnado, e, xunto co/a titor/a do centro educativo, á revisión da programación, se unha vez iniciado o período de prácticas, e á vista dos resultados, fose necesario. TERCEIRA.- Cada alumno/a disporá dun documento de seguimento e avaliación das actividades realizadas, que será supervisado polo responsable da empresa en colaboración co titor/a do centro educativo. Neste documento figurarán as actividades formativas máis significativas realizadas na empresa, con rexistro de data e dos resultados semanais. Estes resultados semanais reflectiranse nunha ficha de seguimento e avaliación, que cubrirá o responsable na empresa. CUARTA.- A empresa nomeará unha persoa para a coordinación das actividades formativas que se realizarán no centro de traballo, que garantirá a orientación e consulta do alumnado, facilitará as relacións co profesorado-titor do centro educativo e achegará ós informes valorativos que contribúan á avaliación. A tal fin, facilitará ó profesorado-titor do centro educativo o acceso ó centro de traballo e as actuacións de valoración e supervisión do proceso. QUINTA.- A empresa ou entidade colaboradora non poderá cubrir, nin sequera con carácter interino, ningún posto de traballo do cadro de persoal co alumnado que realice actividades formativas na empresa, salvo que se estableza para o efecto unha relación laboral de contraprestación económica por servicios contratados. Neste caso, considérase que o/a alumno/a abandona o programa formativo no centro de traballo, debendo comunicar este feito á empresa ou institución colaboradora ó/a director/a do centro escolar, quen o comunicará á Delegación Provincial da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria. SEXTA.- O alumnado non percibirá do centro de traballo ningunha cantidade pola realización das actividades formativas. SÉTIMA.- O presente convenio poderase extinguir por expiración do tempo convido e poderá ser rescindido por calquera das partes, mediante denuncia dalgunha delas, que será comunicada á outra cunha antelación mínima de cinco días e baseada nalgunha das seguintes causas: a) Cesamento de actividades do centro docente, da empresa ou institución colaboradora. b) Forza maior que imposibilite o desenvolvemento das actividades programadas. c) Incumprimento das cláusulas establecidas no convenio específico de colaboración, inadecuación pedagóxica das prácticas formativas, ou vulneración das normas que, en relación coa realización das actividades programadas, estean en cada caso vixentes. d) Mutuo acordo entre o centro docente, adoptado polo director do centro e a empresa ou institución colaboradora. Igualmente, poderase rescindir para un determinado alumno/a ou grupo de alumnos/as, por calquera das partes asinantes, e ser excluído da súa participación no convenio por decisión unilateral do centro, da empresa ou institución colaboradora, ou conxunta de ámbolos dous, nos seguintes casos: e) Faltas repetidas de asistencia e/ou puntualidade non xustificadas. f) Actitude incorrecta ou falta de aproveitamento, previa auidiencia ó interesado. En calquera caso, o centro docente deberá informa-la delegación provincial da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria da extinción ou rescisión dos convenios específicos de colaboración en calquera dos casos, e esta, a súa vez, o comunicará á Inspección de Traballo Provincial. Así mesmo, os representantes dos traballadores dos centros de traballo serán informados do contido deste convenio de colaboración. OITAVA.- Calquera eventualidade de accidente que puidera producirse será contemplada a teor do seguro escolar, de acordo coa regulamentación establecida polo Decreto 2078/71 do 13 de agosto (BE do 13 de setembro). Todo iso sen prexuízo da póliza que a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria poida subscribir como seguro adicional para mellorar indemnizacións, cubrir danos a terceiros ou responsabilidade civil. NOVENA.- En todo momento, o alumnado irá provisto do DNI. DÉCIMA.- As delegacións provinciais da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria remitirán ás Inspeccións de Traballo unha copia do presente convenio. DÉCIMO PRIMEIRA.- A duración deste convenio é a prevista no período de realización das prácticas, considerándose improrrogable. ------ Folla: 6.12002.- RECLAMACIÓN DE RESPONSABILIDADE PATRIMONIAL FORMULADA POR DONA MARÍA DEL CARMEN RIAL GONZÁLEZ POR DANOS EN ACCIDENTE DE TRÁFICO NA ESTRADA DE BELUSO A PORTELA (BUEU) Dada conta que con data de Rexistro de 13 de febreiro de 2004 tivo entrada nesta Deputación instancia subscrita por Dona María del Carmen Rial González con enderezo en Chan de Piñeiro nº 12, Beluso, Bueu, por danos padecidos en automóbil da súa propiedade, matrícula PO-6935-BP, na estrada de Beluso a Portela, termo municipal de Bueu, aportando copias autenticadas de facturas de reparación do automóbil por importes de 177 e 82,07 euros, respectivamente. Resultando.- Que con data 26 de febreiro de 2004 e con fundamento no artigo 10.1, último parágrafo, do RD 429/93, en relación co 82 e 83 da Lei 30/92, e 171 do RD 2568/86, se solicitou informe ó Servicio de Vías e Obras, que o emitiu en data 8 de marzo co seguinte contido: "Que no existía nada que pudiese motivar ese accidente ya que esos baches como otros son reparados si se producen. No figura fecha del accidente y la intervención de la policía es muy posterior. Estimo que no debe atenderse". Resultando.- Que ó non considerar completo o meritado informe, se solicitou novamente con data 12 de marzo de 2004, emitíndose complemento e aclaración o 22 de marzo de 2004, co seguinte contido: "a) La Carretera Beluso a la Portela es Vía Provincial. b) No existía nada que pudiese motivar ese accidente ya que esos baches como otros son reparados si se producen". Considerando.- Que a instancia se presenta cumprimentando os requisitos de capacidade, lexitimación activa e pasiva e temporalidade (sen ter transcorrido o prazo de prescrición), descritos nos artigos 6.1 do RD 429/93 en relación co 70, 30, 31-1-a e 142.5 da Lei 30/92. Considerando.- Que non quedou acreditada a relación de causalidade (artigos 139.1 da Lei 30/92 e 13.2 do RD 429/93) co material probatorio aportado ó expediente, antes ó contrario, queda demostrada a non responsabilidade desta Deputación no evento lesivo, por canto do informe de Vías e Obras dedúcese que non había nada no firme de rodadura que puidese motivar ese accidente, semellando que a causa eficiente foi o ceñirse (xuntarse) excesivamente fóra da estrada a conductora a consecuencia -como ela mesma recoñece na súa instancia- de ter que orillar en exceso á dereita por vir en sentido contrario un camión, que, á súa vez, debeu extremar á esquerda pola presencia de tres peóns. Así as cousas, a secuencia do percance amósase clara: camión -de por sí ancho- que invade o carril de sentido da marcha da reclamante, e que o fai con moito exceso pola presencia na estrada de tres peóns: nada, pois, se pode reclamar a esta Deputación por ter saído do firme de rodadura a conductora e introducirse en terreo non apto para a circulación, debendo en todo caso e de considerarse prexudicada, dirixirse no ámbito civil, en litisconsorcio pasivo necesario, contra os peóns e o propio camión, iso en virtude do artigo 1.902 do Código Civil, se o considerase conveniente. Considerando.- Que as Administracións Públicas se rexen en materia de responsabilidade patrimonial polos artigos 106.2 da Constitución Española, 139 e ss. da Lei 30/92, 54 da Lei 7/85, 223 do R.D. 2568/86 e RD 429/93. Considerando.- Que o presente acordo cumprimenta o establecido nos artigos 89.1 e 54.1-b da Lei 30/92 en relación co 13.2 do RD 429/93, referido á desestimación argumentada da reclamación. A Xunta de Goberno acorda por unanimidade desestima-la reclamación. ------ Folla: 7.12003.- RECLAMACIÓN DE RESPONSABILIDADE PATRIMONIAL FORMULADA POR DON ANTONIO ABELAIRA ARRIANDIAGA EN NOME E REPRESENTACIÓN DE DONA MARÍA ORSINDA CORTÉS COUTO E DON JOSÉ GONZÁLEZ PÉREZ, POR DANOS EN ACCIDENTE DE TRÁFICO NA RÚA DA POMBA, CONFLUENCIA CON RÚA DOS CAMPOS E SANTA MARGARITA (PONTEVEDRA) Dada conta que con data de Rexistro de 17 de febreiro de 2004 (nº 003907) tivo entrada nesta Deputación Providencia do Excmo. Concello de Pontevedra dando traslado de reclamación de responsabilidade patrimonial subscrita por Don Antonio Abelaira Arriandiga, avogado, con enderezo a efectos de notificacións en A Coruña, r/ Enrique Dequidt, 10, 1º, drta., en nome e representación de Dona María Orsinda Cortés Couto, por danos en accidente de tráfico na rúa da Pomba, confluencia coa rúa dos Campos e Santa Margarita, en Pontevedra, o día 24 de marzo de 2003, e que individualiza en 825,70 euros. Resultando.- Que con data de Rexistro de 23 de marzo de 2004 (nº 008252) ten entrada nesta Deputación nova instancia subscrita polo citado Sr. Abelaira Arriandiga, con idéntico contido que a presentada perante o Excmo. Concello de Pontevedra, e que foi obxecto de traslado a esta Deputación, segundo se sinala no parágrafo anterior. Resultando.- Que con data 24 de marzo de 2004 díctase Resolución pola Presidencia (nº 003831, de 25/03/04), acordando a acumulación de ambas reclamacións, de conformidade co disposto no artigo 73 da Lei 30/92 de 26 de novembro. Resultando.- Que con data 22 de febreiro de 2004 e con fundamento no artigo 10.1, último parágrafo, do RD 429/93, en relación co 82 e 83 da Lei 30/92, e 171 do RD 2568/86, se solicitou informe ó Servicio de Vías e Obras, que o emitiu en data 8 de marzo co seguinte contido: "Que no tenemos conocimiento de lo que indica, ni existe parte que lo corrobore". Resultando.- Que como consecuencia de non considerar o contido do devandito informe suficiente ós fins de elevar proposta de acordo á Xunta de Goberno, volveuse a solicitar novo informe con data 12 de marzo de 2004, emitíndose este con data 22 de marzo de 2004, co seguinte contido: "A) El tramo de curva de la c/ Santa Margarita con la C/ de los Campos (desvío que conduce a la UNED y Monteporreiro), sí, es vía Provincial. B) En este Servicio no tenemos conocimiento de mancha de gasoil en dicha Carretera". Considerando.- Que a instancia se presenta cumprimentando os requisitos de capacidade, lexitimación activa e pasiva e temporalidade (sen ter transcorrido o prazo de prescrición), descritos nos artigos 6.1 do RD 429/93 en relación co 70, 30, 31-1-a e 142.5 da Lei 30/92. Considerando.- Que non quedou acreditada a relación de causalidade (artigos 139.1 da Lei 30/92 e 13.2 do RD 429/93) co material probatorio aportado ó expediente, antes ó contrario, queda demostrada a non responsabilidade desta Deputación no evento lesivo, por canto ningunha outra reclamación pola mesma causa se produciu no referido eido espacial, polo que non cabe dar máis credibilidade ó alegado na instancia que de simple manifestación subxectiva e interesada de parte, carente de contraste obxectivo ningún, o que en absoluto enerva o contundente teor literal do informe emitido polo Servicio apriorísticamente responsabilizado do mantemento da estrada en bo estado. Neste sentido non deixa de ser clarificador que se fale de "múltiples siniestros" sen aportar proba ou probas ningunhas dos mesmo, co doado que tería sido facelo considerando que a data dos supostos "múltiples accidentes" foi o 24 de marzo de 2003 e a data da reclamación o 23 de marzo de 2004; ¿pretende o reclamante dicirnos que tanto nas dependencias da Policía Municipal de Pontevedra como nas da Garda Civil de Tráfico non estaban á súa disposición as devanditas actuacións acreditativas deses sinistros?. Compre que o reclamante resposte a este interrogante pois non cabe esquecer que actúa asesorado e representado por Letrado -por certo, perito e experto neste tipo de reclamacións- que coñece a facultade da autoridade instructora dos procedementos de responsabilidade patrimonial de non admitir a práctica de medios probatorios superfluos ou irrelevantes -tal é o caso- correlativa coa obriga do reclamante de aportar ó procedemento o documento que se atope nun arquivo, protocolo, expediente ou rexistro do que se poida pedir e obter copia fehaciente, entendéndose que a reclamante dispón del e debe acompañalo á reclamación, artigo 265.2 último parágrafo da Lei 1/2000 en aplicación combinada-supletoria co dictado do artigo 7 do RD 429/93 e co do artigo artigo 80, 1, 2 e 3 da Lei 30/92. O por que da non aportación da pluralidade de atestados instruídos pola mesma causa debe explicalo o reclamante, pois puido obtelos e tempo non lle faltou. A maiores, de existir a mancha -extremo non acreditado pola reclamante e negado contundentemente polos informes de "Vías e Obras"- resulta curioso que non se tivera eliminado polos servicios de limpeza a instancias dos de Vixilancia desta Deputación (¿eliminouse soa por sí), o que abonda na esaxeración, cando non na fabulación, da causa eficiente do sinistro, que aínda admitida na súa existencia, teríase producido por un terceiro alleo a esta Deputación, ó que habería que reclamarlle na vía civil en virtude do artigo 1.902 do vixente Código Civil, só cabendo imputárllela á Administración na modalidade "in vixilando" e nunha interpretación rigurosísima, interpretación que esta Deputación non está "prima facie" obrigada a admitir. Considerando.- Que as Administracións Públicas se rexen en materia de responsabilidade patrimonial polos artigos 106.2 da Constitución Española, 139 e ss. da Lei 30/92, 54 da Lei 7/85, 223 do R.D. 2568/86 e RD 429/93. Considerando.- Que no presente acordo cumprimenta o establecido nos artigos 89.1 e 54.1-b da Lei 30/92 en relación co 13.2 do RD 429/93, referido á desestimación argumentada da reclamación. A Xunta de Goberno acorda por unanimidade desestima-la reclamación. ------ Folla: 8.12004.- RECLAMACIÓN DE RESPONSABILIDADE PATRIMONIAL FORMULADA POR DONA DOLORES REY MARTÍNEZ, POR DANOS EN ACCIDENTE DE TRÁFICO NA RÚA JOSÉ PEREIRA TRONCOSO DE BAIONA Dada conta que con data de Rexistro 22-03-04 tivo entrada nesta Deputación instancia subscrita por Dona Dolores Rey Martínez, con enderezo na rúa Gran Vía, nº62 - 4º Izq. (28013-Madrid), por danos padecidos en automóbil da súa propiedade, marca Renault Megane e matrícula 5993-BLX, na rúa José Pereira Troncoso (antes Viso de Calvos) no termo municipal de Baiona (Pontevedra), o día 11 de novembro de 2003, e que individualiza economicamente en 406,75 euros. Resultando.- Que con data 24 de marzo de 2004 e con fundamento no artigo 10.1, último parágrafo, do RD 429/93, en relación co 82 e 83 da Lei 30/92, e 171 do RD 2568/86, se solicitou informe ó Servicio de Vías e Obras, que o emitiu en data 29-03-04 (segundo consta en modificación feita a man sobre o mes de decembro inicialmente consignado en tratamento de texto) co seguinte contido: " La denominada Rúa José Pereira Troncoso es Vía Provincial por formar parte del tramo de la C.P. Tomiño - Sabarís. Durante el mes de Noviembre y Diciembre, por la Empresa "CONSTRUCCIONES ARAUJO", se construyó con permiso de este Servicio, una red de alcantarillado que fue seguida casi diariamente por nuestra vigilancia, requiriéndose reiteradamente la correcta reposición de la zanja. Tenemos información de que antes de iniciarse el período de vacaciones de navidad la zanja fue repuesta y, que en un principio, las obras estaban debidamente señalizadas, lo que no podemos asegurar con exactitud es que el día 11 de Diciembre de 2003 dicha señalización fuese la correcta". Considerando.- Que a instancia se presenta cumprimentando os requisitos de capacidade, lexitimación activa e pasiva e temporalidade (sen ter transcorrido o prazo de prescrición), descritos nos artigos 6.1 do RD 429/93 en relación co 70, 30, 31-1-a e 142.5 da Lei 30/92. Considerando.- Que non quedou acreditada a relación de causalidade (artigos 139.1 da Lei 30/92 e 13.2 do RD 429/93) co material probatorio aportado ó expediente, antes ó contrario, queda demostrada a non responsabilidade desta Deputación no evento lesivo por canto, de existir algún tipo de culpa, soamente sería atribuíble á empresa "Construcciones Araujo", que foi quen coa autorización da Deputación construíu unha rede de sumidoiros seguida diariamente pola vixilancia desta Deputación. O dito - a atribución da responsabilidade á empresa- encontra perfecto acomodo legal no artigo 1.902 do vixente Código Civil (" el que por acción u omisión, interviniendo culpa o negligencia, causa daño a otro, está obligado a reparar el daño causado"), no 97 do RD Lexislativo 2/2000 de 16 de xuño, que aprobou o texto refundido de Lei de Contratos nas Administracións Públicas, este en aplicación puramente referencial, pois non era a Deputación a adxudicataria de ningunha obra propia, senón tan só autorizante dunha que se ía facer nun ben seu ("será obligación del contratista indemnizar todos los perjuicios que se causen a terceros"), así coma na sentencia do Tribunal Supremo de data 12-02-00, Sala 3ª, baseada, a súa vez, noutra de 31 de xullo de 1989 que, en síntese, ven dicir que na execución dunha obra pública non cumprida directamente pola organización administrativa e que causa danos, deben estes ser soportados por esa empresa privada. Folgan máis consideracións a prol do rexeitamento da reclamación. Considerando.- Que as Administracións Públicas se rexen en materia de responsabilidade patrimonial polos artigos 106.2 da Constitución Española, 139 e seguintes da Lei 30/92, 54 da Lei 7/85, 223 do RD 2568/86 e RD 429/93. Considerando.- Que no presente acordo cumprimenta o establecido nos artigos 89.1 e 54.1-b da Lei 30/92 en relación co 13.2 do RD 429/93, referido á desestimación argumentada da reclamación. A Xunta de Goberno acorda por unanimidade desestima-la reclamación. ------ Folla: 9.12005.- COMUNICACIÓNS Non houbo. ------ Folla: 10.12006.- ROGOS E PREGUNTAS Non se formularon. FÓRA DA ORDE DO DÍA e previa unánime declaración de urxencia adoptáronse os seguintes acordos: ------ Folla: 11.12007.- SOLICITUDE DE REPARACIÓN DA ESTRADA DE PORRÁNS-MORAÑA-CUNTIS Á CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA A proposta da Presidencia, atendendo peticións do Deputados Sres. Landín Eirín e Campos Durán e insistindo en anteriores acordos similares, e debido á grande demanda social existente, acordouse por unanimidade solicitar á Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda a adecuada reparación da estrada de Porráns-Moraña-Cuntis. ------ Folla: 12.12008.- APROBACIÓN DO PROXECTO "COLECTOR E POZO DE BOMBEO EN O GROVE" Redactado polo Servicio de Vías e Obras o proxecto de "COLECTOR E POZO DE BOMBEO EN O GROVE", que ten un presuposto que ascende á suma de 147.221,54 euros, IVE incluído, e, emitíndose por Intervención documento RC no que se certifica a existencia de saldo de crédito dispoñible na partida 04/511.511-612.02 do vixente orzamento provincial, acórdase por unanimidade prestar aprobación ó citado proxecto polo referido importe. ------ Folla: 13.12009.- ADXUDICACIÓN DO CONCURSO PARA A CONTRATACIÓN DE "DIVERSAS OBRAS" Vista a acta de cualificación da documentación xeral e apertura de plicas, formulada pola mesa de contratación do concurso convocado para a contratación de "Diversas Obras"; visto o informe emitido polo Enxeñeiro Director de Vías e Obras, no que se valoran as distintas ofertas presentadas, de acordo cos criterios de valoración que figuran no prego de condicións económico-administrativas que rexeu no concurso; e, vista a proposta de adxudicación formulada pola mesa de contratación, acórdase por unanimidade: .- Adxudicar a CONSTRUCCIÓNS, OBRAS E VIAIS, S.A. (COVSA) a obra "EP 9303 Meaño-Dena (Meaño)", na suma de 990.885,86 euros, IVE incluído, e que oferta un prazo de execución de nove meses, melloras valoradas en 103.522,10 euros e un período de mantemento de trinta e tres meses. .- Adxudicar a ELSAMEX, S.A. a obra "Ensanche, pavimentación e dotación de servicios en Virxe das Mareas (O Grove)", na suma de 415.000,00 euros, IVE incluído, e que oferta un prazo de execución de catro meses e medio, melloras valoradas en 35.384,62 euros e un período de mantemento de trinta e tres meses. .- Adxudicar a CONSTRUCCIÓNS, OBRAS E VIAIS, S.A. (COVSA) a obra "Mellora EP 4202 Rubiós-Carrasqueira (As Neves)", na suma de 1.046.406,62 euros, IVE incluído, e que oferta un prazo de execución de tres meses, melloras valoradas en 158.127,58 euros e un período de mantemento de trinta meses. As melloras ofertadas figurarán como anexo á certificación liquidación de cada obra, xustificándose así a súa realización ou subministro. A adxudicación da obra do "Ensanche, pavimentación e dotación de servicios en Virxe das Mareas (O Grove)", así como a súa execución, quedan condicionadas a que pola Xunta de Galicia se decrete a urxente ocupación dos bens e dereitos afectados pola obra. Os adxudicatarios deben constituír fianza definitiva por importe do 4% do prezo de adxudicación, na forma que determina o art. 36 do RDL 2/2000, de 16 de xuño, polo que se aproba o Texto Refundido da Lei de Contratos das Administracións Públicas, que establecerá na Tesourería da Deputación dentro do prazo de quince días naturais, contados a partir da notificación desta Resolución. Caso de non cumprirse este requisito declararase resolto o contrato. CONSTRUCCIÓNS, OBRAS E VIAIS, S.A. debe constituír, para a obra "Mellora EP 4202 Rubiós-Carrasqueira (As Neves)" fianza definitiva por importe do 20% do prezo de adxudicación, de acordo co establecido nos arts. 36.4 e 83.5 do RDL 2/2000, de 16 de xuño. Así mesmo, os adxudicatarios deben ingresar na Tesourería da Deputación, de acordo coa base 14ª do prego de condicións económico-administrativas que rexeu no concurso, as cantidades que máis adiante se detallan, correspondentes á publicación de anuncios do concurso no BOP e DOG que ascendeu a un total de 334,42 euros, da seguinte maneira: CONSTRUCCIÓNS, OBRAS E VIAIS, S.A. (COVSA) a suma de 222,94 euros e ELSAMEX, S.A. a suma de 111,47 euros, IVE incluído. Contra este acordo que pon fin á vía administrativa poderá interpoñer recurso potestativo de reposición perante o mesmo órgano que o dictou, no prazo de un mes a partir do día seguinte ó desta notificación (artigos 107 e 117 da Lei 30/1992, de 26 de novembro de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común, modificada por Lei 4/1999, de 13 de xaneiro), ou ben, directamente recurso contencioso-administrativo perante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Pontevedra ou perante a Sala do Contencioso do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia segundo o disposto nos artigos 8 e 10 da Lei 29/1998, de 13 de xullo Reguladora da Xurisdicción Contencioso-Administrativa, e todo iso no prazo establecido no artigo 46 da citada Lei. Todo iso sen prexuízo de que poida utilizar calquera outro recurso que estime conveniente. ------ Folla: 14.12010.- REVISIÓN DE PREZOS DO CONTRATO FORMALIZADO CON SODEXHO ESPAÑA, S.A., PARA PRESTACIÓN DO SERVICIO DE ALIMENTACIÓN NA CIDADE INFANTIL "PRÍNCIPE FELIPE", DURANTE O PERÍODO COMPRENDIDO ENTRE O 01-05- 2003 Ó 30-04- 2004 Visto o acordo adoptado pola Comisión de Goberno en sesión ordinaria celebrada o 19 de abril de 2001, polo que se adxudicou á empresa SODEXHO ESPAÑA, S.A., o contrato para prestación do servicio de alimentación da Cidade Infantil "Príncipe Felipe", polo importe ofertado de 43.964.250 pesetas, equivalentes a 264.230,46 euros e por un período de dous anos a contar dende o 1 de maio de 2001. Resultando que o contrato formalizado coa empresa finalizaba o 30 de abril de 2003 e a Comisión de Goberno na sesión do día 22 de maio de 2003, acordou prorrogar por un ano a duración do mesmo, con efectos dende o día 1 de maio de 2003 ó 30 de abril de 2004. Resultando que na cláusula terceira do contrato formalizado ó efecto, figura que "A Corporación Provincial incrementará cada ano, os prezos de acordo co Índice de Prezos ó Consumo (IPC), fixado polo organismo competente". Resultando que a empresa SODEXHO ESPAÑA, S.A., solicitou en data 24 de outubro de 2002, a revisión de prezos do contrato para o período comprendido entre o 01-05-2002 ó 30-04-2003, ó que accedeu a Comisión de Goberno en sesión que tivo lugar o 19 de decembro de 2002, acordando o incremento do 2,7% do prezo do contrato, polo que o novo prezo revisado por pensión completa/día para o período do 01-05-2002 ó 30-04-2003, quedou establecido en 4,96 euros. Resultando que a empresa SODEXHO ESPAÑA, S.A., mediante escrito de data 27 de febreiro de 2004 presentado na Cidade Infantil "Príncipe Felipe", solicita un novo incremento do 2,3% sobre o prezo do contrato, con efectos retroactivos dende o 1 de maio de 2003 e que dita solicitude vén acompañada dun informe da Directora de Xestión cuantificando o incremento que suporía o custo do contrato si se aproba a revisión de prezos interesada. Resultando que en data 31 de marzo de 2003, o Servicio de Intervención informa favorablemente o incremento do 2,3% sobre o prezo do contrato solicitado pola empresa SODEXHO ESPAÑA, S.A., e emite documento RC núm. 200400024704, certificando a existencia de crédito, por importe de 6.241,30 euros, para facer fronte ó incremento solicitado durante o período comprendido entre o 1 de maio de 2003 ó 30 de abril de 2004, acórdase por unanimidade: 1) Acceder á revisión de prezos do contrato para prestación do Servicio de Alimentación da Cidade Infantil "Príncipe Felipe" solicitada pola empresa SODEXHO ESPAÑA, S.A. (CIF- A-08427296), cun incremento do 2,3% do prezo do contrato, de acordo co Índice de Prezos ó Consumo (IPC) e con efectos do 1 de maio de 2003 ó 30 de abril de 2004. 1) O novo prezo por pensión completa/día, IVE incluído, que corresponde aboar á Deputación Provincial de Pontevedra por dita revisión, é o seguinte: .- Prezo pensión completa/día do 01-05-2002 ó 30-04-2003 4,96 euros .- Incremento revisión do 2,3% 0,11 euros .- Prezo revisado do 01-05-2003 ó 30-04-2004 5,07 euros Así mesmo apróbase o gasto por importe de 6.241,30 euros en concepto de importe de diferencias por incremento do prezo do contrato correspondente ó Servicio de Alimentación da Cidade Infantil "Príncipe Felipe" para o período do 1 de maio de 2003 ó 30 de abril de 2004, sendo librado o seu pagamento con cargo á partida 04/422.422.227.21, número de operación 200400024704 do vixente orzamento provincial. ------ Folla: 15.12011.- DAR CONTA DE RESOLUCIÓN PRESIDENCIAL EN RELACIÓN CON EXECUCIÓN DE SENTENCIA Dáse conta de Resolución Presidencial en execución de sentencia que é como segue: "A Presidencia, en uso das facultades que lle confire a normativa local vixente, dicta a seguinte: R E S O L U C I O N Resultando.- Que con data 19 de febreiro de 2004 dictouse pola Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia sentencia nos autos de procedemento nº 02/000 4849/2000 dimanantes do recurso interposto por D. José María Porto Brea e Don José Andrés Porto Ruzo e no que era parte demandada esta Deputación. Resultando.- Que a devandita sentencia establece na súa parte dispositiva, a obriga de indemnizar a D. José María Porto Brea e D. José Andrés Porto Ruzo, por danos padecidos en ciclomotor como consecuencia de accidente de tráfico, coa cantidade de 84.507 pesetas (507,90 euros), mailos xuros legais de dita cantidade desde a data da reclamación. Resultando.- Que con data 30 de marzo de 2004, o Sr. Interventor emite informe poñendo de manifesto a existencia de consignación presupostaria na partida 04/511-511-210.00 do presuposto provincial para facer fronte á cantidade total de SEISCENTOS ONCE EUROS CON NOVENTA E TRES CÉNTIMOS (611,93) a que ascende o principal mailos intereses desde a data da reclamación, esto é, desde o 25 de xaneiro de 2000, para o cal expide documento contable RC reservando a devandita cantidade. Considerando.- Que no presente procedemento actúa esta Deputación, especialmente co contido desta resolución, no cumprimento do capítulo IV da Lei 39/88, Reguladora da Xurisdicción Contencioso-Administrativa (execución de sentencias) e que se seguiu o preceptivo trámite do artigo 214 do R.D.L. 2/2004, que aprobou o Texto Refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais, RESOLVO, Aprobar o gasto e declarar de aboo a Don José María Porto Brea e Don José María Porto Ruzo a cantidade de 611,93 euros (seiscentos once euros con noventa e tres céntimos), cantidade que se fará efectiva a medio de transferencia á conta de consignacións da Sección Segunda do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, C.I.F. S-1513002 D, conta bancaria de BANESTO, Oficina 00306349, titular "Sección Segunda do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia nº 1517, Procedemento clase 85, referencia recurso contencioso-administrativo nº 02/0004849/2000. (003063491517-0000-85-4849-00)." E non habendo máis asuntos que tratar polo Sr. Presidente, sendo as catorce horas e trinta e cinco minutos do expresado día, dáse por rematada a sesión e dela esténdese a presente acta, que asina o Ilmo. Sr. Presidente, comigo, o Secretario que dou fe. ------
Ãrea de notas
Nota