ATOPO
Rexistros actuais: 1.625.393
Obxectos dixitais dispoñibles: 504.762

Acta de sesión 2004/04/23_Ordinaria

Área de identificación

  • Código(s) de referencia ES.GA.36038.ADPO.1.1.4.9.33.371/1.2004-04-23_Ordinaria

  • Título Acta de sesión 2004/04/23_Ordinaria

  • Data(s) 2004-04-23 (Creación)

  • Volume e soporte 1 acta de sesión

Área de contexto

Área de contido e estrutura

  • Alcance e contido Folla: XUNTA DE GOBERNO Sesión do día 23 de abril de 2004 --------o0o-------- En Pontevedra, na Sala de Xuntas do Pazo Provincial, sendo as dez horas e quince minutos do día vintetrés de abril do ano dous mil catro, baixo a Presidencia do Ilmo. Sr. D. Rafael Louzán Abal, Presidente da Excma. Deputación Provincial de Pontevedra, reuníronse as/os señoras/es deputadas/os, D. Xosé Crespo Iglesias, Dona María Teresa Pedrosa Silva, D. José Juan Durán Hermida, D. José Enrique Sotelo Villar, D. Ramón Campos Durán, D. Antonio Feliciano Fernández Rocha, D. José Manuel Figueroa Vila, D. José Antonio Landín Eirín e D. Alfredo Rodríguez Millares, co obxecto de celebrar sesión ordinaria da Xunta de Goberno, con carácter executivo, en primeira convocatoria, consonte á correspondente orde do día. Da fé do acto D. Rogelio Nicieza de la Cerra, Secretario Xeral e está presente o Sr. Interventor, D. Bautista Pérez Carnero. Declarada aberta a sesión e de orde da Presidencia éntrase seguidamente no exame da orde do día, adoptándose en relación coa mesma os seguintes acordos: 1.12029.- ACTA ANTERIOR Acórdase por unanimidade, aproba-lo borrador da acta da anterior sesión, ordinaria, do día 16 de abril do ano 2004. ------ Folla: 2.12030.- SOLICITUDE DE PRÓRROGA FORMULADA POR D. JESÚS PENA FERNÁNDEZ, PRESIDENTE DA SOCIEDADE COOPERATIVA FOCAXA, PARA A XUSTIFICACIÓN DA AXUDA CONCEDIDA PARA A ADQUISICIÓN DE MAQUINARIA Vista a petición formulada por D. Jesús Pena Fernández, Presidente da Sociedade Cooperativa Focaxa e o informe do Enxeñeiro Director do Servicio Agrario, acórdase por unanimidade conceder unha prórroga ata o 30 de setembro do presente ano, para a xustificación da axuda económica concedida para a adquisición de maquinaria e aprobada por Comisión de Goberno de 31 de outubro de 2003, por importe de seis mil euros (6.000,00). ------ Folla: 3.12031.- RECOÑECEMENTO DE OBRIGAS Vistos os informes que formula a Intervención desta Deputación de datas 2 de abril, 15 de abril e 16 de abril do ano actual, para o recoñecemento de diversas obrigas, polos motivos, acredores, importes, números de facturas e partidas que constan nas mesmas, de gastos efectuados polos CENTROS XESTORES E DEPENDENCIAS desta Deputación e que se especifican nas relacións que se achegan, en virtude das facultades que lle confire a base 17-1, parágrafo cuarto, das aprobadas para a execución do orzamento de 2004, acórdase por unanimidade aprobar: .- A relación comprensiva de corenta e cinco facturas que figuran na referencia 200400000278 que importa un total global de corenta e seis mil noventa e nove euros con vintedous céntimos (46.099,22), que comeza coa emitida por PUBLICIDADE TERCEIRO MILENIO, S.L., por importe de 1.044,00 euros e remata coa de EUROPA PRESS DELEGACIONES, por importe de 800,40 euros, na que se recoñecen obrigas por importe de corenta e seis mil douscentos dezaseis euros con corenta e dous céntimos (46.216,42), correspondendo a cantidade de 117,20 euros a descontos do IRPF, sendo imputables as obrigas ás partidas detalladas na referida relación na que se practicaron as correspondentes retencións de crédito. .- A relación comprensiva de vinte facturas que figuran na referencia 200400000299 que importa un total global de nove mil cincuenta e un euros con corenta e nove céntimos (9.051,49), que comeza coa emitida por SUMINISTROS INTEGRALES DE OFICINA, S.A., por importe de 617,69 euros e remata coa de EL CAFETÍN - CONCESIONARIO SERGALSA, por importe de 387,88 euros, na que se recoñecen obrigas por importe de nove mil catrocentos setenta e oito euros con nove céntimos (9.478,09), correspondendo a cantidade de 426,60 euros a descontos do IRPF, sendo imputables as obrigas ás partidas detalladas na referida relación na que se practicaron as correspondentes retencións de crédito. .- A relación comprensiva de sesenta e cinco facturas que figuran na referencia 200400000273 que importa un total global de trinta e dous mil cento un euros con sesenta e tres céntimos (32.101,63), que comeza coa emitida por DAPER MENSAJEROS, S.L.U., por importe de 2,78 euros e remata coa de O PIÑEIRO - CENTRO DE XARDINERÍA, S.L., por importe de 285,36 euros, na que se recoñecen obrigas por importe de trinta e dous mil cento corenta e nove euros con noventa e catro céntimos (32.149,94), correspondendo a cantidade de 48,31 euros a descontos do IRPF, sendo imputables as obrigas ás partidas detalladas na referida relación na que se practicaron as correspondentes retencións de crédito. .- A relación comprensiva de catorce facturas que figuran na referencia 200400000306 que importa un total global de cincuenta e nove mil douscentos noventa e sete euros con oitenta e nove céntimos (59.297,89), que comeza coa emitida por GOMENSORO, S.A. - INSTRUMENTACIÓN CIENTÍFICA, por importe de 1.993,90 euros e remata coa de TRAGAL, S.L., por importe de 306,00 euros, na que se recoñecen obrigas por importe de cincuenta e nove mil catrocentos vintecatro euros con sesenta e un céntimos (59.424,61), correspondendo a cantidade de 126,72 euros a descontos do IRPF, sendo imputables as obrigas ás partidas detalladas na referida relación na que se practicaron as correspondentes retencións de crédito. .- A relación comprensiva de sesenta e tres facturas que figuran na referencia 200400000285 que importa un total global de trinta e un mil catrocentos dez euros con dezanove céntimos (31.410,19), que comeza coa emitida por AUTOPISTAS DEL ATLÁNTICO, C.E.S.A., por importe de 7,55 euros e remata coa de FREIRE CARRAGAL, EULOGIO, por importe de 380,99 euros, na que se recoñecen obrigas por importe de trinta e un mil trescentos oitenta e oito euros con vinteún céntimos (31.388,21), correspondendo a cantidade de 21,98 euros ó IVE soportado deducible, sendo imputables as obrigas ás partidas detalladas na referida relación na que se practicaron as correspondentes retencións de crédito. ------ Folla: 4.12032.- DEVOLUCIÓN DE GARANTÍAS DEFINITIVAS Unha vez tramitados os correspondentes expedientes, de conformidade co disposto no artigo 47 e concordantes do RD Lexislativo 2/2000, de 16 de xuño, do Texto Refundido da Lei de Contratos das Administracións Públicas, e ó non estar suxeitos a responsabilidade e terse cumpridas as condicións dos contratos acórdase por unanimidade a devolución das seguintes fianzas: CONSULTORES INFORMÁTICOS DE PONTEVEDRA, S.L. .- A constituída en valores, mediante aval de Caixanova, por importe de NOVECENTOS NOVENTA EUROS CON SESENTA E CATRO CÉNTIMOS (990,64), para responder de: "SUBMINISTRO DUN SERVER DE BACHUP, PARA DISPOÑER DE MAIOR SEGURIDADE NA CONSERVACIÓN DOS DATOS QUE EXISTEN NOS ORDENADORES DA EXCMA. DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA", e que foi depositada na Tesourería Provincial o 05-12-02, segundo núm. 200200103662 de operación, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da Empresa. CLARO SOL, S.A. .- A constituída en metálico, por importe de CINCOCENTOS SESENTA E NOVE EUROS CON OITO CÉNTIMOS CÉNTIMOS (569,08), para responder de: "SERVICIO DE LIMPEZA NA FINCA MOURISCADE 2003", e que foi depositada na Tesourería Provincial o 23-04-03, segundo núm. 200300027056 de operación, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da Empresa. .- A constituída en metálico, por importe de SEISCENTOS SETENTA E TRES EUROS CON NOVENTA E DOUS CÉNTIMOS (673,92), para responder de: "SERVICIO DE LIMPEZA NA FINCA AREEIRO 2003", e que foi depositada na Tesourería Provincial o 23-04-03, segundo núm. 200300027055 de operación, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da Empresa. CEITO, S.L. .- A constituída en valores, mediante aval de Credit Lyonnais, por importe de SETECENTOS DOUS EUROS CON CORENTA E SETE CÉNTIMOS (702,47), para responder de: "VALO, BEIRA E PAVIMENTACIÓN NO CALEIRO (VILANOVA)", pertencente a Fondos Propios 1996, e que foi depositada na Tesourería Provincial o 02-09-1996, segundo núm. 1996030329 de operación, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da Empresa. SEBAGASA, S.A. .- A constituída en valores, mediante aval de Crédito y Caución, por importe de DOUS MIL DOUSCENTOS TRINTA E CATRO EUROS CON CINCUENTA E TRES CÉNTIMOS (2.234,53), para responder de: "BALIZAMENTO EN EP 5002 CAÑIZA-MOURENTÁN (A CAÑIZA)", pertencente a (Convenio con Dirección Xeral de Tráfico-2002), e que foi depositada na Tesourería Provincial o 07-01-03, segundo núm. 200300000003 de operación, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da Empresa. CONSTRUCCIONES OBRAS Y VIALES, S.A. (COVSA) .- A constituída en valores, mediante aval de Bco. Atlántico, por importe de DOUS MIL DOUSCENTOS CORENTA E SEIS EUROS CON SESENTA E SEIS CÉNTIMOS (2.246,66), para responder de: "EP PO-4402 MONDARIZ BALNEARIO-VILASOBROSO (MONDARIZ BALNEARIO)", pertencente a Fondos Propios 2001, e que foi depositada na Tesourería Provincial o 21-03-01 segundo núm. 200100016901 de operación (SIC/2001016127), sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da Empresa. CONSTRUCCIONES CRESPO, S.A. .- A constituída en valores, mediante aval de Caixanova, por importe de TRES MIL CENTO SETENTA E CINCO EUROS CON SETENTA E CINCO CÉNTIMOS (3.175,75), para responder de: "MELLORA RODADURA EP 2302 GONDOMAR-CHAÍN (GONDOMAR)", pertencente a Fondos Propios-2001, e que foi depositada na Tesourería Provincial o 18-07-01, segundo núm. 200100035236 de operación (SIC/2001038383), sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da Empresa. .- A constituída en valores, mediante aval de Caixanova, por importe de DOUS MIL CENTO SESENTA E UN EUROS CON CORENTA CÉNTIMOS (2.161,40), para responder de: "TERMINACIÓN EP 5002 CAÑIZA-MOURENTÁN (CAÑIZA-ARBO)", pertencente a Fondos Propios - 2001, e que foi depositada na Tesourería Provincial o 04-12-2001, segundo núm. 200100063392 de operación (SIC/2001068609), sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da Empresa. ------ Folla: 5.12033.- APROBACIÓN DO EXPEDIENTE DE CONTRATACIÓN, MEDIANTE CONCURSO, PROCEDEMENTO ABERTO, DOS SERVICIOS DE HOSTALERÍA (VERÁN 2004) NO "CENTRO DE VACACIÓNS A LANZADA" DEPENDENTE DESTA EXCMA. DEPUTACIÓN Visto o expediente tramitado ó efecto, a proposta das direccións de Xerencia e Xestión da Cidade Infantil "Príncipe Felipe" relativa á contratación dos servicios de hostalería (Verán 2004) no Centro de Vacacións de A Lanzada; vistos así mesmos, os documentos RCs de data 30-03-2004, polos que se certifica a existencia de consignación para facer fronte ó gasto e o informe de fiscalización emitidos ambos por Intervención. Visto o informe emitido polo Sr. Vicesecretario de data 14 de abril de 2004 sobre o prego de cláusulas económico-administrativas particulares, no que manifesta que é correcto xuridicamente para os fins propostos, acórdase por unanimidade aproba-lo expediente de contratación, mediante concurso, procedemento aberto, para a CONTRATACIÓN DOS SERVICIOS DE HOSTALERÍA (VERÁN 2004) NO "CENTRO DE VACACIÓNS DE A LANZADA" DEPENDENTE DESTA EXCMA. DEPUTACIÓN, por un tipo máximo de licitación de setenta e seis mil douscentos corenta e sete euros con vinte céntimos (76.247,20), IVE incluído, en función dun máximo de 9.980 prazas, ó prezo unitario de 7,64 euros/praza/día, cantidade que se desglosa polos seguintes servicios e cantidades máximas: .- Limpeza 0,48 euros/praza/día x 9.980 prazas 4.790,40 euros .- Lavandería 0,66 euros/praza/día x 9.980 prazas 6.586,80 euros .- Alimentación 6,50 euros/praza/día x 9.980 prazas 64.870,00 euros TOTAL a razón de 7,64 euros/praza/día x 9.980 prazas 76.247,20 euros Así mesmo, acórdase autorizar dito gasto, con cargo ás partidas 04/452.452.227.00 (limpeza), 04/452.452.227.12 (lavandería), 04/452.452.227.21 (alimentación) e aproba-lo prego de cláusulas administrativas particulares e técnicas que rexerán no concurso e que se inicie o procedemento de adxudicación para a contratación do referido servicio, concedendo un prazo de quince días naturais para a presentación de proposicións, contados a partires da publicación do anuncio no Boletín Oficial da Provincia. ------ Folla: 6.12034.- PRÓRROGA DE BECA DO ARQUIVO PROVINCIAL De conformidade co establecido nas bases da convocatoria publicada no BOP núm. 67 de 7 de abril de 2003 a proposta do Arquiveiro Bibliotecario desta Excma. Deputación Provincial, acórdase por unanimidade prorroga-la beca de Dona Beatriz de la Cruz Casalderrey, con efectos 01-05-04 e ata o 31-12-04. O custo da prórroga ascende a un total de 6.731,28 euros, cantidade que se imputará á partida 454.451.481.01 do vixente orzamento provincial. ------ Folla: 7.12035.- RECLAMACIÓN DE RESPONSABILIDADE PATRIMONIAL FORMULADA POR D. JOSÉ MARTÍN ALONSO DÁVILA POR DANOS EN ACCIDENTE DE TRÁFICO NA EP-5603 (CANGAS) Dada conta que con data de Rexistro 29-03-04 tivo entrada nesta Deputación instancia subscrita por D. José Martín Alonso Dávila, con enderezo a efectos de notificacións en MAPFRE MUTUALIDAD (416759589), R/ Cristino Álvarez, nº1-3ª Planta (15008-A Coruña), por danos padecidos en automóbil da súa propiedade, marca Megane Coupe e matrícula 3606-BBF, na CP-5603 (Hío-Vilanova), o día 27 de maio de 2003, e que individualiza economicamente en 104,40 euros. Resultando.- Que con data 31-03-04 e con fundamento no artigo 10.1, último parágrafo, do RD 429/93, en relación co 82 e 83 da Lei 30/92, e 171 do RD 2568/86, se solicitou informe ó Servicio de Vías e Obras, a fin de que contestara expresamente ós seguintes extremos: "... a) Se a estrada 5603 é vía provincial. b) Se en datas coincidentes ou próximas, anteriores ou posteriores ó 27-05-03 existía na mesma unha focha susceptible de causar reventóns ás rodas de vehículos. c) Se ten coñecemento dalgún accidente por esta causa a calquera vehículo. d) Calquera outro extremo". Resultando.- Que o Servicio de Vías e Obras emitiu informe en data 01-04-04 co seguinte contido: "... a) Sí, la Carretera es Provincial. b) No, en fechas coincidentes anteriores o posteriores al 27-05-03, no existía un socavón susceptible de causar reventones las ruedas de vehículos. c) No se tiene conocimiento de algún accidente por esta causa. d) Ningún otro extremo. Necesita informe de la Guardia Civil." Considerando.- Que a instancia se presenta cumprimentando os requisitos de capacidade, lexitimación activa e pasiva e temporalidade (sen ter transcorrido o prazo de prescrición), descritos nos artigos 6.1 do RD 429/93 en relación co 70, 30, 31-1-a e 142.5 da Lei 30/92. Considerando.- Que non quedou acreditada a relación de causalidade (artigos 139.1 da Lei 30/92 e 13.2 do RD 429793) co material probatorio aportado ó expediente, antes ó contrario, queda demostrada a non responsabilidade desta Deputación no evento lesivo, por canto do tenor literal do informe de "Vías e Obras" exprésanse claramente dous datos que radian de xeito categórico calquera tipo de culpabilidade: primeiro, a non existencia de focha; e segunda, que non ocurriu nesas datas ningún outro accidente por esa causa, o que fai concibir racionalmente que o acaecido responde a unha actuación exclusiva do reclamante. Considerando.- Que polo que respecta a actividade probatoria, non se aporta documento algún (atestado, acta notarial, etc.) acreditativo non xa do evento lesivo senón, tan sequera, da existencia da focha, o que, xa inicialmente, supón unha marxinación da obriga que a todo interesado lle compete de aportar "... cantos documentos se estimen oportunos" (artigo 6.1, segundo parágrafo do RD 429/93) acompañando a instancia, mandato Legal que ven pode atopar apoio e acomodo no dictado dos artigos 266, 270 a "sensu" contrario e, moi especialmente, o 265.2, parágrafo terceiro ("... documento en arquivo do que se poida pedir e obter copia, enténdese que o reclamante dispón del, da Lei 1/00"), e que, polo tanto, en virtude do artigo 7 do RD 429/93, non considera esta Xunta de Goberno necesario para a determinación, coñecemento e comprobación dos feitos a apertura de período probatorio algún, iso en relación có artigo 80.1 da Lei 30/92. Considerando.- Que as Administracións Públicas se rexen en materia de responsabilidade patrimonial polos artigos 106.2 da Constitución Española, 139 e seguintes da Lei 30/92, 54 da Lei 7/85, 223 do RD 2568/86 e RD 429/93. Considerando.- Que o presente acordo cumprimenta o establecido nos artigos 89.1 e 54.1-b da Lei 30/92 en relación co 13.2 do RD 429/93, referido á desestimación argumentada da reclamación. A Xunta de Goberno acorda por unanimidade desestima-la reclamación. ------ Folla: 8.12036.- RECLAMACIÓN DE RESPONSABILIDADE PATRIMONIAL FORMULADA POR D. NICOLÁS SANGABRIEL IGLESIAS, POR DANOS EN ACCIDENTE DE TRÁFICO NA ESTRADA DE A MEIXOADA-ABELENDO Dada conta que con data de Rexistro 26-01-04 tivo entrada nesta Deputación instancia subscrita por D. Nicolás Sangabriel Iglesias, con enderezo en Rúa López Mora, nº 70-1ºA, 36211-VIGO; por danos padecidos en automóbil da súa propiedade, marca Volkswagen Golf, matrícula PO-0936-BJ, na estrada de A Meixoada-Abelendo o día 4 de setembro de 2003, e que individualiza economicamente en 4.864,44 euros. Resultando.- Que con data 15-01-04 e con fundamento no artigo 10.1, último parágrafo, do RD 429/93, en relación co 82 e 83 da Lei 30/92, e 171 do RD 2568/86, se solicitou informe ó Servicio de Vías e Obras, que o emitiu en data 16-02-04 co seguinte contido: "... a) El agujero al que se refiere, no está en la carretera sino en el exterior de la misma. b) Está señalizada, y lo va a reparar "Modecar". Resultando.- Que o non considerar completo o devandito informe, solicitouse informe complementario, o que se emitiu o 5-03-04, sendo o seu teor literal: " ... Que se trata de una zona del arcén fuera de la zona de circulación, la reparación por supuesto la hace la Diputación". Considerando.- Que a instancia se presenta cumprimentando os requisitos de capacidade, lexitimación activa e pasiva e temporalidade (sen ter transcorrido o prazo de prescrición), descritos nos artigos 6.1 do RD 429/93 en relación co 70, 30, 31-1-a e 142.5 da Lei 30/92. Considerando.- Que si ben resulta feito indubitado a existencia da focha pois non é posible poñer en dúbida un documento público emanado de Notario, a máis do relatado polo Enxeñeiro Técnico Xefe de Vías e Obras que tamén afirma a realidade do defecto, o certo é que iso non demostra, por sí, máis que a existencia da focha, pero en ningún caso acredita a relación de causalidade (artigos 139.1 da Lei 30/92 e 13.2 do R.D. 429/93). En relación con isto cabe dicir que o artigo 6 do R.D. 429/93, que é a norma rectora neste tipo de procedementos, establece a obriga de acompaña-la instancia de cantos documentos, informacións e concrecións de medios probatorios se pretendan, todo isto como principio de certeza probatoria que induza a Administración a desenvolver estes últimos. Pois ben, nada disto se fai, salvo acreditar a existencia da focha, relegando, cando non omitindo, a proba cabal ou, alo menos, indiciaria, da relación de causalidade. A existencia da focha por sí, nada proba, salvo un defecto de funcionamento ou unha disfunción temporal ou práctica entre os servicios de vixilancia -encargados de detectar a focha e poñer de manifesto o seu servicio a necesidade da súa eliminación- e quen debe repoñer a vía dotándoa das necesarias condicións de rodadura. Dos informes de Vías e Obras dedúcese a próxima reparación da vía, o que non exonera a esta Deputación dun recoñecemento explícito dun defectuoso servicio dela dependente, pero disto a admitir sen máis e, sobre todo, sen a máis mínima actividade probatoria do solicitante que aquilo influíu no percance, é dicir, sen facer erección da relación de causalidade probada, que a Deputación é a responsable, vai un gran treito que esta Administración soamente podería percorrer compelida pola vía do recurso convenientemente razoado e solidamente sustentado nos seus argumentos probatorios. Considerando.- Que as Administracións Públicas se rexen en materia de responsabilidade patrimonial polos artigos 106.2 da Constitución Española, 139 e seguintes da Lei 30/92, 54 da Lei 7/85, 223 do RD 2568/86 e RD 429/93. Considerando.- Que o presente acordo cumprimenta o establecido nos artigos 89.1 e 54.1-b da Lei 30/92 en relación co 13.2 do RD 429/93, referido á desestimación argumentada da reclamación. A Xunta de Goberno acorda por unanimidade desestima-la reclamación. ------ Folla: 9.12037.- RECLAMACIÓN DE RESPONSABILIDADE PATRIMONIAL FORMULADA POR D. ANTONIO ABELAIRA ARRIANDIAGA EN NOME E REPRESENTACIÓN DE D. FERNANDO DURÁN PEREIRA, POR DANOS EN ACCIDENTE DE TRÁFICO NA ESTRADA DE A IGLESIA DE BAREDO SENTIDO Ó BARRIO DA BOUZA Dada conta que con data de Rexistro 29-03-04 tivo entrada nesta Deputación instancia subscrita por D. Antonio Abelaira Arriandiaga, con enderezo a efectos de notificacións en A Coruña, C/Enrique Dequidt, nº 10-1ºDrta, en nome e representación de D. Fernando Durán Pereira por danos padecidos en automóbil da súa propiedade, marca Seat-Ibiza, matrícula 1784 CFX, na estrada de A Iglesia de Baredo sentido ó Barrio da Bouza o día 29 de marzo de 2003, e que individualiza economicamente en 476,60 euros. Resultando.- Que con data 31-03-04 e con fundamento no artigo 10.1, último parágrafo, do RD 429/93, en relación co 82 e 83 da Lei 30/92, e 171 do RD 2568/86, se solicitou informe ó Servicio de Vías e Obras, que o emitiu en data 14-04-04 co seguinte contido: "... Que la Carretera que pasa por la Iglesia de Baredo pertenece a Diputación y de ella parte un camino que conduce al Barrio de Bouza. Cruzando este camino, a 1,5 mts del borde la Carretera Provincial, es decir, ya en el vial municipal, existe una rejilla de recogida de pluviales que, según información recogida en el lugar, estuvo suelta durante un tiempo y fue reparada y fijada por personal del Ayuntamiento de Baiona." Considerando.- Que a instancia se presenta cumprimentando os requisitos de capacidade, lexitimación activa e pasiva e temporalidade (sen ter transcorrido o prazo de prescrición), descritos nos artigos 6.1 do RD 429/93 en relación co 70, 30, 31-1-a e 142.5 da Lei 30/92. Considerando.- Que non quedou acreditada a relación de causalidade (artigos 139.1 da Lei 30/92 e 13.2 do R.D. 429/93) co material probatorio aportado ó expediente, antes ó contrario, queda demostrada a non responsabilidade desta Deputación no evento lesivo, por canto o elemento determinante ou causa eficiente do mesmo o é un elemento accesorio dunha recollida ou sumidoiro de pluviais, elemento absolutamente alleo a esta Administración por canto trátase de algo inescindiblemente unido, no seu funcionamento, a actividade ou desenvolvemento dun servicio de titularidade municipal -non provincial- en relación o cal, a Deputación podería en todo caso e como máximo e unha vez detectado polos seus servicios de vixilancia, poñelo de manifesto perante o Concello, responsable directo e único do seu bo funcionamento. Pretender imputarlle a Administración Provincial a deficiencia dese servicio significaría descoñecer o dictado do artigo 25.2. "l" da Lei 7/85 coas modificacións operadas pola 57/2003 de modernización do Goberno Local, que con linguaxe meridianamente claro di que ". . . El municipio ejercerá en todo caso competencias en las siguientes materias (...) alcantarillado." Por contra, por máis que se busquen nesta mesma norma competencias provinciais nesta concreta materia non se atoparán. Non pode respostar esta Deputación dun servicio que non lle pertence. Considerando.- Que, a maiores, o informe do Enxeñeiro Técnico Xefe da Zona Norte evidencia a reparación e fixación do enreixado do sumidoiro por persoal do Concello de Baiona, polo que cabe concluír racionalmente que é a ese Concello a quen se debe dirixir a reclamación. Considerando.- Que as Administracións Públicas se rexen en materia de responsabilidade patrimonial polos artigos 106.2 da Constitución Española, 139 e seguintes da Lei 30/92, 54 da Lei 7/85, 223 do RD 2568/86 e RD 429/93. Considerando.- Que no presente acordo cumprimenta o establecido nos artigos 89.1 e 54.1-b da Lei 30/92 en relación co 13.2 do RD 429/93, referido á desestimación argumentada da reclamación. A Xunta de Goberno acorda por unanimidade desestima-la reclamación. ------ Folla: 10.12038.- INFORME EN RELACIÓN CO ESTUDIO INFORMATIVO E DE IMPACTO AMBIENTAL DO PLAN GALICIA:VÍA DE ALTA CAPACIDADE: TUI (INCLUÍDO ENLACE AUTOVÍA A PORTUGAL)-A GUARDA: CLAVE PO/03/009.00 Dada conta da remisión por parte da Subdirección Xeral de Estradas da Dirección Xeral de Obras Públicas da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda do INFORME EN RELACIÓN CO ESTUDIO INFORMATIVO E DE IMPACTO AMBIENTAL DO PLAN GALICIA: VÍA DE ALTA CAPACIDADE: TUI (INCLUÍDO ENLACE AUTOVÍA A PORTUGAL)-A GUARDA: CLAVE: PO/03/009.00,de data 20 de febreiro de 2004 (nº rexistro de entrada 006851, de 25/02/04), ós efectos de que por esta Deputación se emita o oportuno informe, tendo en conta o disposto no artigo 15 da Lei 4/1994, do 14 de setembro, de Estradas de Galicia, e Resultando que o Enxeñeiro Director de Vías e Obras, con data 4 de marzo de 2004, emite informe no que manifesta entre outros "... Una vez analizadas las consideraciones que se contemplan en el mismo por parte del equipo redactor se propone la alternativa n 2 con la que presentamos unos parámetros de idoneidad más aceptables coincidiendo con sus valoraciones, aun considerando que en el orden de posibilidades que se establecen en el anejo nº 7 debiera presentarse la alternativa nº 1 como inmediatamente posterior a la nº 2, ya que a nuestro juicio se aleja del trazado de la actual C-550 hacia el interior, provocando unas menores afecciones sociales y medio ambientales, por lo que por parte de este Servicio se emite informe favorable." Resultando que a Técnica de Medio Ambiente, con data 15 de abril de 2004, emite informe no que manifesta entre outros "... se emite informe favorable ya que una vez analizadas las alternativas propuestas en el estudio, la alternativa nº 2 es la más favorable tanto desde el punto de vista técnico como medioambiental y socioeconómico y por lo tanto la alternativa más idónea". A Xunta de Goberno acorda por unanimidade prestar conformidade ós citados informes e na súa consecuencia remitilo á Subdirección Xeral de Estradas - Dirección Xeral de Obras Públicas da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda. ------ Folla: 11.12039.- INFORME EN RELACIÓN COAS ESTRADAS PROVINCIAIS SOBRE PROXECTO DE PLAN XERAL DE ORDENACIÓN MUNICIPAL DO CONCELLO DE O GROVE Dada conta da comunicación do Sr. Alcalde-Presidente do Concello de O Grove de data 26 de febreiro de 2004 (rexistro de entrada nº 005402, de data 02/03/04), pola que se remite copia do expediente en relación coas estradas provinciais sobre Proxecto de Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de O Grove, a efectos de informe por parte desta Deputación. Resultando que con motivo do extravío do exemplar do citado Proxecto, o Concello de O Grove remite un novo exemplar con data 29 de marzo de 2004 (rexistro de entrada nº 009539, de 01/04/04). Considerando o disposto no artigo 15,4, da Lei 4/94, de 14 de setembro, de Estradas de Galicia, en relación coas estradas provincias. Visto o informe do Sr. Enxeñeiro Director de Vías e Obras, de data 16 de abril de 2004, que literalmente dí: "... una vez enviado un nuevo ejemplar por parte del Concello, y en lo que se refiere al apartado de protección de carreteras, el documento enviado sólo hace referencia a las Carreteras de titularidad Estatal y al resto. En el documento se invocan las Leyes de Carreteras que afecta a las de titularidad del Estado y las correspondientes a la Comunidad Autónoma sin considerar el contenido de la Ordenanza Reguladora del Uso y Defensa de las Carreteras Provinciales a aplicar a las carreteras de titularidad de esta Excma. Diputación, por lo que siguiendo con las recomendaciones hechas a tal efecto en otros planes de Ordenación remitidos para informe, se precisaría incluir los artículos correspondientes de la Ordenanza del Uso y Defensa de las Carreteras Provinciales publicado en el BOP num. 11 de 16 de enero de 1996. En concreto: "CAPÍTULO II: LIMITACIÓNS DA PROPIEDADE Artigo 3.- ÁREAS DE INFLUENCIA Para os efectos da presente ordenanza, e no marco da lexislación vixente en materia de estradas, establécese a área de influencia das estradas, integrada polas seguintes zonas: de dominio público, de servidume e de afección. Artigo 4.- AUTORIZACIÓNS 1.- As obras, instalacións, edificacións, cerramentos e calquera outra actividade que afecte ó solo, subsolo ou voo dos terreos comprendidos na devandita área de influencia, incluída a plantación de árbores, requirirán autorización expresa do órgano competente conforme a esta ordenanza, sen prexuízo doutras competencias concorrentes, exceptuando os labores agrícolas que non supoñan unha modificación do terreo. 2.- As autorizacións ás que se refire o parágrafo anterior outorgaranse salvo dereito de propiedade, sen prexuízo de terceiro e a precario na parte en que afecten á zona de dominio público. Esta cláusula de precariedade será entendida no sentido de que as autorizacións par un uso común especial dos bens demaniais non crean ningún dereito subxectivo no seu titular, sendo revogables por razóns de interese público e sen dereito a indemnización. O titular destes permisos poderá ser requirido nestes casos para suprimi-los usos a súa conta e repoñe-lo medio físico ó seu estado anterior, sendo responsable, así mesmo, das indemnizacións por danos e perdas a terceiros que procedan, a consecuencia do uso autorizado. 3.- Terase en conta, ademais, o disposto nas pertinentes ordenanzas fiscais de taxas que en cada momento teña aprobadas esta Deputación. Artigo 5.- ZONA DE DOMINIO PÚBLICO 1.- Integran a zona de dominio público, os terreos adquiridos por título lexítimo ou ocupados pola Deputación para a construcción da estrada e dos seus elementos funcionais. O límite exterior da zona de dominio público non poderá supera-los 10 metros de longo, medidos en horizontal e perpendicularmente ó eixe da calzada mais próxima, desde a aresta exterior da explanación correspondente ás calzadas previstas e os seus elementos funcionais. A aresta exterior da explanación é a intersección do noiro do desmonte, do terraplén ou, se é o caso, dos muros de sustentación que a delimitan co terreo natural. Nos casos especiais de pontes, viaductos, túneles, estructuras ou obras similares, poderanse fixar como aresta exterior da explanación a liña de proxección vertical do bordo das obras sobre o terreo. Será en todo caso de dominio público, como mínimo, o terreo ocupado polos soportes da estructura. 2.- Só se poderán realizar obras, actuacións ou instalacións na zona de dominio público da estrada, cando a prestación dun servicio público de interese xeral así o esixa, trátese da conexión con ese servicio, de obras imprescindibles para acceder á estrada ou de instalacións provisionais por prazo fixado, trala autorización desta Deputación, todo isto sen prexuízo doutras competencias concorrentes. Artigo 6.- ZONA DE CIRCULACIÓN 1.- A zona de circulación da estrada é a parte da zona de dominio público constituída pola calzada e as súas beiravías. 2.- En ningún caso se poderán executar obras, actuacións ou instalacións que afecten á zona de circulación da estrada sen autorización desta Deputación. Artigo 7.- ZONA DE SERVIDUME 1.- A zona de servidume das estradas consistirá en dúas franxas de terreo a ámbolos dous lados delas, delimitadas interiormente pola zona de dominio público e exteriormente por dúas liñas paralelas ó devandito límite, a unha distancia de dous metros, medidos en horizontal desde o límite exterior da zona de dominio público. 2.- Na zona de servidume non se poderán realizar obras, nin se permitirán mais usos que aqueles que sexan compatibles coa seguridade vial, trala autorización correspondente. 3.- A Deputación poderá utilizar ou autoriza-la utilización da zona de servidume, por razóns de interese xeral ou cando o requira o mellor servicio da estrada. 4.- Serán indemnizables a ocupación da zona de servidume e os danos e perdas que se causen pola devandita utilización. Artigo 8.- ZONA DE AFECCIÓN 1.- A zona de afección das estradas consistirá en dúas franxas de terreo a ámbolos dous lados delas, delimitadas interiormente pola zona de servidume e exteriormente por dúas liñas paralelas ás arestas da explanación, a unha distancia de trinta metros medida en horizontal desde a citadas arestas. 2.- Para executar na zona de afección calquera tipo de obras ou instalacións fixas ou provisionais, cambia-lo uso ou destino delas e plantar ou cortar árbores, requirirase a autorización correspondente. Artigo 9.- LIÑA DE EDIFICACIÓN 1.- A ámbolos dous lados da estrada establécese a liña límite de edificación, desde a cal ata a estrada queda prohibido calquera tipo de obras de construcción, reconstrucción ou ampliación, agás as que resulten imprescindibles para a conversión e mantemento das construccións existentes, que precisarán a autorización correspondente. A liña límite de edificación sitúase ás distancias que se indican a continuación, medidas horizontalmente a partir da aresta exterior da explanación correspondente ás calzadas previstas e ós seus elementos funcionais e perpendicularmente ó eixe da calaza mais próxima: a) Estradas de rede primaria complementaria: nove metros e medio (9,50) b) Resto das estradas: sete metros (7) 2.- Nos lugares onde a liña de edificación quedase dentro da zona de servidume, a citada liña farase coincidir co bordo exterior da devandita zona. 3.- Cando nunha estrada as edificacións sexan continuadas, ou as características do lugar fagan imposible o respecto das distancias sinaladas anteriormente, a Deputación, logo do informe favorable do organismo competente, poderá reducir excepcionalmente aquelas, sempre que quede garantida unha suficiente ordenación das marxes da estrada e o adecuado control dos seus accesos. Artigo 10.- LIÑA DE CERRAMENTO 1.- A liña de cerramento situarase á distancia mínima de dous (2) metros medidos desde a liña exterior da zona de dominio público, respectando en todo caso a distancia mínima de seis metros (6) medidos desde o eixe da calzada. 2.- Por circunstancias especiais de aproveitamento agrícola ou gandeiro, poderán ser autorizados cerramentos provisionais con postes e arame nas zonas de servidume ou afección das estradas pero non nas de dominio público. Cando por razóns de interese público ou por obras de novas vías, desdobramento de calzada ou ensanche de plataforma da estrada resulte necesario o retranqueo de cerramentos de predios, estes poderán levarse a efecto nas mesmas condicións existentes con anterioridade ó proxecto de obras, en canto a súa estructura e distancia á aresta exterior da plataforma, debendo quedar en todo caso fóra da zona de dominio público. Non terán o dereito de reposición a que se refire o parágrafo anterior, aqueles cerramentos que fosen denunciados por construírse sen a correspondente autorización ou con incumprimento das condicións dela." A Xunta de Goberno por unanimidade prestar conformidade ó citado informe, e acorda a súa remisión ó Ilmo. Concello de O Grove. ------ Folla: 12.12040.- COMUNICACIÓNS Non houbo. ------ Folla: 13.12041.- ROGOS E PREGUNTAS Non se formularon. FÓRA DA ORDE DO DÍA e previa unánime declaración de urxencia adoptáronse os seguintes acordos: ------ Folla: 14.12042.- DAR CONTA DE SENTENCIA A Xunta de Goberno queda enterada de Sentencia da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, recaída en recurso contencioso-administrativo nº 02/000 5192/ 2000, promovido por D. Manuel Soto Canosa contra desestimación presunta de reclamación de responsabilidade patrimonial por danos en accidente de tráfico na Rúa do Muíño en San Xoan de Poio, pola que se desestima o devandito recurso ó non terse demostrada a responsabilidade desta Deputación no citado accidente. ------ Folla: 15.12043.- SOLICITUDE DE REPARACIÓN DA ESTRADA DE PORRÁNS-MORAÑA-CUNTIS Á CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA A proposta da Presidencia, atendendo peticións do Deputados Sres. Landín Eirín e Campos Durán e insistindo en anteriores acordos similares, e debido á grande demanda social existente, acordouse por unanimidade solicitar á Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda a adecuada reparación da estrada de Porráns-Moraña-Cuntis. ------ Folla: 16.12044.- APROBACIÓN DE CONVENIO DE COLABORACIÓN ENTRE A FEDERACIÓN GALEGA DE MUNICIPIOS E PROVINCIAS E A EXCMA. DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA, PARA A REALIZACIÓN DURANTE O ANO 2004 DE ACCIÓNS FORMATIVAS PARA O PERSOAL Ó SERVICIO DA ADMINISTRACIÓN LOCAL DA PROVINCIA DE PONTEVEDRA Dada conta da remisión pola FEGAMP do Convenio de colaboración entre a Federación Galega de Municipios e Provincias e a Excma. Deputación Provincial de Pontevedra, para a realización durante o ano 2004 de accións formativas e para o persoal ó servicio da Administración Local da Provincia de Pontevedra e visto o informe da Intervención, acórdase por unanimidade aproba-lo mesmo e facultar ó Ilmo. Sr. Presidente para a súa sinatura. Dito Convenio é como segue: CONVENIO DE COLABORACIÓN ENTRE A FEDERACIÓN GALEGA DE MUNICIPIOS E PROVINCIAS (FEGAMP) E A EXCMA. DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA, PARA A REALIZACIÓN DURANTE O ANO 2004 DE ACCIÓNS FORMATIVAS PARA O PERSOAL Ó SERVICIO DA ADMINISTRACIÓN LOCAL NA PROVINCIA DE PONTEVEDRA En Santiago de Compostela, a 15 de abril de 2004 Por unha parte, o Ilmo. Sr. D. José Crespo Iglesias, Presidente da Federación Galega de Municipios e Provincias (FEGAMP). Doutra, o Ilmo. Sr. D. Rafael Louzán Abal, Presidente da Excma. Deputación Provincial de Pontevedra. Actuando os comparecentes en representación das súas respectivas Institucións e coas facultades que os seus respectivos cargos lle confiren; de mutuo acordo, conveñen nas seguintes estipulacións, que consideran oportunas facer constar. EXPOÑEN Que a Federación Galega de Municipios e Provincias presentou á Comisión Xeral de Formación Continua un Plan de Formación con ámbito de toda a Administración Local Galega, para o exercicio de 2004, para o que se lle concedeu unha dotación económica pola citada Comisión. Que a Deputación Provincial de Pontevedra no marco das competencias de cooperación e asistencia ós Municipios quere, despregar esforzos e cooperar activamente dende un punto de vista técnico, de estudio de necesidades e de programación de actividades con accións dos Concellos orientadas á capacitación dos seus equipos humanos, así como contribuír á mellora de rendemento e as habilidades dos profesionais que colaboran, de forma que o esforzo de todos permita asegura-lo cumprimento dos programas de acción municipal a satisfacción dos intereses cidadáns. Ámbalas dúas partes, consideran atende-las necesidades formativas dos empregados públicos, entendendo que é un valor estratéxico para a adaptación destes ós procesos de cambio e a crecente complexidade na xestión diaria dos entes locais. Que para un correcto desenvolvemento das políticas de formación local é posible utilizar un amplo abano de instrumentos que a normativa legal pon a disposición das Administracións Públicas. Entre estes posibles instrumentos cabe sinála-los Convenios de Colaboración. Que a Federación Galega de Municipios e Provincias cree conveniente delegar na Excma. Deputación Provincial de Pontevedra a realización dos Plans de Formación nesa Provincia. Que a converxencia de intereses formativas da Deputación Provincial de Pontevedra e a FEGAMP xustifican o establecemento dun Convenio Marco de Colaboración. En razón destas consideracións, ámbalas dúas partes: CONVEÑEN: 1º.- Que o obxecto do presente Convenio de Colaboración será a realización conxunta das actividades formativas que as dúas partes acorden para o desenvolvemento de dito Plan. 2º.- Que a determinación e as características concretas que se fixen de común acordo para cada acción formativa serán incorporadas en forma de anexo ó presente Convenio Marco. 3º.- Que a Deputación de Pontevedra xestionará a contratación dos equipos necesarios para o desenvolvemento de cada curso, seminario, etc., facilitando as dependencias para a realización dos cursos así como o material que sexa necesario para o desenvolvemento da acción formativa oída a FEGAMP facéndose cargo da súa correcta realización. 4º.- Que as dúas partes manterán a súa responsabilidade respecto á adecuación de cada acción formativa vixiando en todo momento a idoneidade do profesorado, a metodoloxía empregada, en xeral, o desenvolvemento de todo o proceso e a avaliación da actividade. 5º.- Que a Deputación Provincial de Pontevedra seleccionará ós asistentes de cada acción formativa realizada ó abeiro do presente Convenio oída á FEGAMP. 6º.- A FEGAMP financiará a realización das actividades previstas no presente Convenio coa cantidade de TRINTA MIL CINCUENTA EUROS CON SESENTA E UN CÉNTIMOS (30.050,61) das que se fará aboamento á Deputación de Pontevedra, o 50% á sinatura do mesmo e o 50% restante ó remate das citadas accións. 7º.- Que a Deputación de Pontevedra se compromete a informar periodicamente á FEGAMP do desenvolvemento de cada acción. 8º.- A Deputación de Pontevedra comprométese a realizar tódalas accións formativas antes do 31 de decembro de 2004, e a comunicar á FEGAMP coa suficiente antelación a imposibilidade de realizar algunha acción antes da citada data. 9º.- A Deputación de Pontevedra comprométese a xustificar perante a FEGAMP antes do 31 de xaneiro do ano 2005 os gastos orixinados pola realización das actividades previstas no presente Convenio, rendendo conta destes, ás que unirá as facturas orixinais ou documentos legais substitutorios no caso de que o profesorado sexa persoal ó servicio da Administración Pública. No suposto de que o gasto realizado fora menor que a cantidade adiantada, a Deputación de Pontevedra reintegrará á FEGAMP o exceso do segundo sobre a primeira. 10º.- Que os participantes das accións formativas recibirán unha certificación acreditativa da súa asistencia que indicará que estes foron organizados conxuntamente pola FEGAMP e a Deputación Provincial de Pontevedra. 11º.- Este Convenio entrará en vigor ó día seguinte da súa sinatura polas dúas partes, e as súas disposicións rexerán ata a total liquidación do Plan a que se refire. 12º.- Para o seu seguimento, execución e resolución das posibles controversias que puideran xurdir, crearase unha comisión integrada por dous representantes da Deputación de Pontevedra e dous da FEGAMP, que se reunirá polo menos unha vez ó mes, ou cando ámbalas dúas partes de común acordo o estimen oportuno. 13º.- No caso de denuncia do presente Convenio, as dúas partes comprométense a garanti-lo cumprimento das actividades programadas, cando a súbita interrupción destas puidera prexudicar a calquera das dúas Entidades. E en proba de conformidade, subscriben o presente Convenio en duplicado e para un só efecto no lugar e data ó principio expresados. O PRESIDENTE DA FEGAMP, O PRESIDENTE DA DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA, Asdo.: José Crespo Iglesias Asdo.: Rafael Louzán Abal ------ Folla: 17.12045.- APROBACIÓN DE SUBVENCIÓN PARA A OBRA: "PAVIMENTACIÓN VÍAS PÚBLICAS OUZANDE E OUTROS", DO CONCELLO DE A ESTRADA, CON CARGO Ó PAM/2004 En aplicación da Base 16ª de execución do orzamento, vistos os informes que se unen ó expediente acórdase por unanimidade conceder ó Concello de A ESTRADA unha subvención por importe de setenta e dous mil seiscentos setenta e seis euros con corenta e nove céntimos (72.676,49), con cargo ó Programa de Acción Municipal 2004, partida 04/911.911.762.45 para financia-la obra: "Pavimentación vías públicas Ouzande e outros", co núm. 105/112 e con suxeición ás condicións seguintes: a) A subvención concédese para colaborar na execución da obra citada, non podendo cambiarse o destino nin a contía da mesma. b) Para o aboo da subvención concedida, requirirase a previa xustificación das obras, unha vez concluída a súa execución, que se axustará estrictamente ás Bases reguladoras que rexeron a súa concesión. c) Os servicios técnicos provinciais, poderán comprobar en todo momento a execución da obra. d) As obras que se acollan a este programa deberán estar xustificadas antes do 31 de outubro de 2005, de non facelo así, procederase á anulación da subvención concedida. e) Nas obras levadas a cabo polo sistema de administración, terase en conta para a aplicación do IVE, nas facturas e certificacións, as normas que son de aplicación, evitando con iso as devolucións conseguintes. f) O pagamento da subvención, só se efectuará unha vez se teña acreditado estar ó corrente nas obrigas fiscais con esta Deputación. ------ Folla: 18.12046.- APROBACIÓN DE SUBVENCIÓN PARA A OBRA "REPARACIÓN CUBERTA EDIFICIO USOS MÚLTIPLES", DO CONCELLO DE A ESTRADA, CON CARGO Ó PAM/2004 En aplicación da Base 16ª de execución do orzamento, vistos os informes que se unen ó expediente acórdase por unanimidade conceder ó Concello de A ESTRADA unha subvención por importe de setenta e oito mil cento trinta e cinco euros con setenta e tres céntimos (78.135,73), con cargo ó Programa de Acción Municipal 2004, partida 04/911.911.762.45 para financia-la obra: "Reparación cuberta edificio usos múltiples", co núm. 103/107 e con suxeición ás condicións seguintes: a) A subvención concédese para colaborar na execución da obra citada, non podendo cambiarse o destino nin a contía da mesma. b) Para o aboo da subvención concedida, requirirase a previa xustificación das obras, unha vez concluída a súa execución, que se axustará estrictamente ás Bases reguladoras que rexeron a súa concesión. c) Os servicios técnicos provinciais, poderán comprobar en todo momento a execución da obra. d) As obras que se acollan a este programa deberán estar xustificadas antes do 31 de outubro de 2005, de non facelo así, procederase á anulación da subvención concedida. e) Nas obras levadas a cabo polo sistema de administración, terase en conta para a aplicación do IVE, nas facturas e certificacións, as normas que son de aplicación, evitando con iso as devolucións conseguintes. f) O pagamento da subvención, só se efectuará unha vez se teña acreditado estar ó corrente nas obrigas fiscais con esta Deputación. ------ Folla: 19.12047.- APROBACIÓN DE SUBVENCIÓN PARA A OBRA "MELLORA NA REDE DE SANEAMENTO DE TOEDO", DO CONCELLO DE A ESTRADA, CON CARGO Ó PAM/2004 En aplicación da Base 16ª de execución do orzamento, vistos os informes que se unen ó expediente acórdase por unanimidade conceder ó Concello de A ESTRADA unha subvención por importe de douscentos cincuenta e seis mil trescentos setenta euros con vintesete céntimos (256.370,27), con cargo ó Programa de Acción Municipal 2004, partida 04/911.911.762.45 para financia-la obra: "Mellora na rede de saneamento de Toedo", co núm. 104/108 e con suxeición ás condicións seguintes: a) A subvención concédese para colaborar na execución da obra citada, non podendo cambiarse o destino nin a contía da mesma. b) Para o aboo da subvención concedida, requirirase a previa xustificación das obras, unha vez concluída a súa execución, que se axustará estrictamente ás Bases reguladoras que rexeron a súa concesión. c) Os servicios técnicos provinciais, poderán comprobar en todo momento a execución da obra. d) As obras que se acollan a este programa deberán estar xustificadas antes do 31 de outubro de 2005, de non facelo así, procederase á anulación da subvención concedida. e) Nas obras levadas a cabo polo sistema de administración, terase en conta para a aplicación do IVE, nas facturas e certificacións, as normas que son de aplicación, evitando con iso as devolucións conseguintes. f) O pagamento da subvención, só se efectuará unha vez se teña acreditado estar ó corrente nas obrigas fiscais con esta Deputación. ------ Folla: 20.12048.- RECTIFICACIÓN DO ACORDO DA XUNTA DE GOBERNO POLO QUE SE ADXUDICOU A OBRA "OBRAS COMPLEMENTARIAS DE PISCINAS MUNICIPAIS EN RIBADUMIA" Visto o acordo adoptado pola Comisión de Goberno de 19-12-2003, polo que se prestou aprobación ó proxecto de "Obras complementarias de Piscinas Municipais en Ribadumia" por importe de 39.036,00, IVE incluído; e, visto o acordo adoptado pola Xunta de Goberno, en sesión celebrada o 17-03-2004, polo que se adxudicou a referida obra a CONSTRUCCIONES FERNÁNDEZ SARMIENTO, S.A., na suma de 39.036,06 euros, padecéndose erro no importe de adxudicación, acórdase por unanimidade rectifica-lo acordo polo que se adxudicou dita obra no sentido de que o importe de adxudicación é de 39.036,00 euros, IVE incluído. E non habendo máis asuntos que tratar polo Sr. Presidente, sendo as dez horas e corenta minutos do expresado día, dáse por rematada a sesión e dela esténdese a presente acta, que asina o Ilmo. Sr. Presidente, comigo, o Secretario que dou fe. ------

Área de notas

  • Nota

Puntos de acceso

Área de control da descrición