ATOPO
Rexistros actuais: 1.618.278
Obxectos dixitais dispoñibles: 504.649

Acta de sesión 2004/05/14_Ordinaria

Área de identificación

  • Código(s) de referencia ES.GA.36038.ADPO.1.1.4.9.33.371/1.2004-05-14_Ordinaria

  • Título Acta de sesión 2004/05/14_Ordinaria

  • Data(s) 2004-05-14 (Creación)

  • Volume e soporte 1 acta de sesión

Área de contexto

Área de contido e estrutura

  • Alcance e contido Folla: XUNTA DE GOBERNO Sesión do día 14 de maio de 2004 --------o0o-------- En Pontevedra, na Sala de Xuntas do Pazo Provincial, sendo as dez horas e vintecinco minutos do día catorce de maio do ano dous mil catro, baixo a Presidencia do Ilmo. Sr. D. Rafael Louzán Abal, Presidente da Excma. Deputación Provincial de Pontevedra, reuníronse as/os señoras/es deputadas/os, D. Xosé Crespo Iglesias, Dona María Teresa Pedrosa Silva, D. José Juan Durán Hermida, D. José Enrique Sotelo Villar, D. Ramón Campos Durán, D. Antonio Feliciano Fernández Rocha, D. José Antonio Landín Eirín e D. Alfredo Rodríguez Millares, co obxecto de celebrar sesión ordinaria da Xunta de Goberno, con carácter executivo, en primeira convocatoria, consonte á correspondente orde do día. Da fé do acto D. Rogelio Nicieza de la Cerra, Secretario Xeral e está presente o Sr. Interventor, D. Bautista Pérez Carnero. Non asiste o señor Deputado, D. José Manuel Figueroa Vila. Declarada aberta a sesión e de orde da Presidencia éntrase seguidamente no exame da orde do día, adoptándose en relación coa mesma os seguintes acordos: 1.12105.- ACTA ANTERIOR Acórdase por unanimidade, aproba-lo borrador da acta da anterior sesión, ordinaria, do día 7 de maio de 2004. ------ Folla: 2.12106.- AXUDAS A CONCELLOS PARA DOTACIÓN DE SERVICIOS BÁSICOS A PRAIAS-2004 Vistos os informes do Enxeñeiro Director do Servicio Agrario e de Intervención en relación ó reparto de axudas para "Dotación de servizos básicos a praias", acórdase por unanimidade a aprobación do listado de axudas que se achega, condicionada a que por parte dos Concellos se complete a documentación requirida nas bases reguladoras, por un importe global de cincocentos vinte mil euros (520.000,00), con cargo á partida 711.442.762.82, segundo a seguinte distribución. CONCELLO ORZAMENTO AXUDA FINALIDADE DA OBRA CAMBADOS: 4.880,22 ¤ 3.000,00 ¤ Rexeneración praia illote de San Sadurniño VILABOA: 54.709,55 ¤ 24.000,00 ¤ Limpeza e recup. de praias: Paredes, Deilán e Pousada NIGRÁN: 66.347,36 ¤ 36.000,00 ¤ Inst. de sanitarios en Panxón, praia América e Patos SANXENXO I: 18.537,86 ¤ 12.000,00 ¤ Dotación de servizos á praia de Pragueira SANXENXO II: 18.746,92 ¤ 12.000,00 ¤ Dotación de servizos ás praia de Area Gorda e Lapa SANXENXO III: 18.249,06 ¤ 12.000,00 ¤ Dotación de servizos á praia de Montalvo SANXENXO IV: 19.477,75 ¤ 12.000,00 ¤ Dotación de servizos á praia de Canelas POIO VII: 46.658,87 ¤ 30.000,00 ¤ Adquisición de torres de salvamento, paneis inf. e illas ecolóxicas para varias praias A GUARDA 36.061,00 euros 23.000,00 euros Equipamento da praia de Area Grande REDONDELA 40.994,40 euros 26.000,00 euros Equipamento e restauración do areal da praia de Punta de Cesantes BAIONA 106.898,37 euros 30.000,00 euros Equipamentos para as praias de Barbeira, Ribeira, Santa Marta, Ladeira e Concheira BUEU 50.277,55 euros 24.000,00 euros Equipamento para: Bon, Mourisca, Tuia, Lagos, Portomaior e Banda do Río CANGAS I 40.082,00 euros 26.000,00 euros Balizado da praia de Barra CANGAS II 40.082,00 euros 26.000,00 euros Balizado de Limens, Santa Mar-ta e Menduíña CANGAS III 40.082,00 euros 6.000,00 euros Balizado de Areabrava, Rodeira e Nerga VIGO I 50.000,00 euros 30.000,00 euros Barandillas e servicios hixiénicos para minusválidos VIGO II 46.440,00 euros 30.000, 00 euros Torres de vixilancia e colocación e retirada de balizas en varias praias VIGO III 49.140,00 euros 18.000,00 euros Instalación de mobiliario hixié-nico en vairas praias MARÍN I 67.784,00 euros 27.000,00 euros Dotación de servizos a varias praias: papeleiras, bancos, sinalización ... VILAGARCÍA 37.303,00 euros 24.000,00 euros Dotación de servizos a Compostela e Bamio O GROVE 36.061,00 euros 23.000,00 euros Accesibilidade a praias VILANOVA 19.500,00 euros 14.000,00 euros Equipamento da praia de As Patiñas A ILLA 37.153,47 euros 24.000,00 euros Valado de praias desde O Ca-rreirón ata O Bao MOAÑA 49.897,95 euros 28.000,00 euros Mellora de dotación de servizos ós areais de Moaña ------ Folla: 3.12107.- APROBACIÓN DE CONVENIO COA FUNDACIÓN LAXEIRO Vista a proposta do Servicio de Cultura, Xuventude e Deportes e informe de Intervención, relativa á sinatura do Convenio de colaboración coa FUNDACIÓN LAXEIRO, para a promoción e difusión da obra do artista José Otero Abeledo, Laxeiro, e dinamizar a vida cultural e artística na provincia de Pontevedra, mediante a achega de vintecatro mil euros (24.000,00), e con cargo á partida 04/451.451.489.05 do vixente presuposto, acórdase por unanimidade a aprobación do mesmo facultando ó Ilmo. Sr. Presidente da Excma. Deputación Provincial para a súa sinatura. Dito convenio é como segue: CONVENIO DE COLABORACIÓN ENTRE A EXCELENTÍSIMA DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA E A FUNDACIÓN LAXEIRO Pontevedra, de maio de 2004 REÚNENSE: Dunha parte, o Ilmo. Sr. D.Rafael Louzán Abal, actuando en representación da Excma. Deputación de Pontevedra, en virtude do seu cargo de Presidente. Doutra parte, a Ilma. Srª. Dona Corina Porro Martínez, na súa condición de Presidenta da Fundación Laxeiro, actuando en nome e representación da entidade, segundo as facultades que lle outorgan os seus estatutos. Ámbalas dúas partes recoñécense plena capacidade para levaren adiante o presente convenio e, MANIFESTAN: Que as asociacións e fundacións culturais sen ánimo de lucro, levan a cabo un importante labor cultural que contribúe ó desenvolvemento, mellora e difusión da nosa cultura, tanto na propia comunidade, como cara ó exterior. Que a Fundación Laxeiro, declarada de INTERESE CULTURAL por Orde da Consellería de Presidencia e Administración Pública do 3 de agosto de 1999 e, declarada de INTERESE GALEGO por Orde da Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo do 18 de outubro de 1999, vén desenvolvendo un labor de continuidade na promoción e difusión da figura do artista Lalínense José Otero Abeledo Laxeiro, así como no apoio ó traballo dos novos creadores galegos e, para seguir nesta vía, precisa de colaboracións institucionais ó non contar cos medios suficientes que garantan a consecución dos fins sociais que se expresan nos seus estatutos. Que a Excma. Deputación de Pontevedra, ten atribuídas funcións en materia de fomento da cultura e, en particular, ten interese no apoio a iniciativas que, como a que nos ocupa, significan a potenciación de fillos da provincia de Pontevedra, cun labor cultural salientable, para formar parte do patrimonio cultural de Galicia. Que o artista José Otero Abeledo, Laxeiro, puido dar os seus primeiros pasos como artista gracias ó apoio da Excma. Deputación de Pontevedra que, no ano 1932, concedeulle unha beca de estudios que facilitou a súa aprendizaxe en Madrid. Por todo isto, para acadar unha maior eficacia na execución das actuacións, dado o interese común das partes asinantes, é polo que asinan o presente convenio de colaboración de acordo coas seguintes CLÁUSULAS: PRIMEIRA.- A Excma. Deputación de Pontevedra, comprométese a entregarlle á Fundación Laxeiro a cantidade de VINTECATRO MIL EUROS (24.000,00) con cargo á partida 04/451.451.489.05 para a programación, realización e difusión de actividades culturais por parte da Fundación Laxeiro, cara á consecución do interese común de promover e difundi-la obra do artista José Otero Abeledo, Laxeiro, e dinamiza-la vida cultural e artística na provincia de Pontevedra, levando a cabo as actividades que se sinalan no anexo ó presente convenio de colaboración e que forma parte íntegra do mesmo. SEGUNDA.- A Fundación Laxeiro comprométese pola súa parte, a facer constar en toda a publicidade que xere as súas actividades, a colaboración da Excma. Deputación de Pontevedra. TERCEIRA.- A Excma. Deputación de Pontevedra librará o importe total do presente convenio, unha vez xustificado, mediante facturas, o gasto efectivamente realizado, podéndose librar cantidades parciais, en función do gasto realizado en cada momento e que, igualmente se xustificará aportando as facturas correspondentes. Os ingresos efectuaranse na conta que a Fundación Laxeiro ten aberta a estes efectos en Caixagalicia e que, de seguido se especifica: 2091-0501-62-3040053760 CUARTA.- A Fundación Laxeiro comprométese a destinar os fondos percibidos ás actividades especificadas na cláusula PRIMEIRA do presente convenio. A Excma. Deputación de Pontevedra poderá comprobar, cando o considere pertinente, a execución das actividades obxecto do presente convenio. QUINTA.- A Fundación Laxeiro ofrécese a certificar e catalogar as obras autoría de Laxeiro propiedade da Excma. Deputación de Pontevedra. SEXTA.- A Fundación Laxeiro queda obrigada a presentar unha memoria das actividades levadas a cabo cos devanditos fondos, antes do 1 de marzo de 2005. SÉTIMA.- O incumprimento de calquera das cláusulas do convenio constituirá causa suficiente de rescisión do mesmo. OITAVA.- O presente convenio ten natureza administrativa. A xurisdicción contencioso-administrativa será a competente para o coñecemento de posibles cuestións litixiosas que poidan suscitarse como consecuencia del. NOVENA.- O período de vixencia deste convenio durará ata o 31 de decembro de 2004. Este convenio obriga ás partes que o asinan ó seu cumprimento, someténdose ámbalas dúas ó acordado en tódalas estipulacións. Esténdese en duplicado exemplar, no lugar e data arriba indicados. O Ilmo. Sr. Presidente da A Ilma Sr. Presidenta da Excma. Deputación de Pontevedra Fundación Laxeiro Asdo.: Rafael Louzán Abal Asdo.: María Corina Porro Martínez ------ Folla: 4.12108.- APROBACIÓN DE CONVENIO DE COLABORACIÓN COA DIÓCESE DE TUI-VIGO Vista a proposta do Servicio de Cultura, Xuventude e Deportes e o informe de Intervención, relativa á sinatura do Convenio de colaboración coa DIÓCESE DE TUI-VIGO, para a restauración e rehabilitación do patrimonio histórico en obras da provincia de Pontevedra promovidas pola Diócese de Tui, mediante a achega de noventa mil euros (90.000,00), e con cargo á partida 04/451.451.789.04 do vixente presuposto, acórdase por unanimidade a aprobación do mesmo facultando ó Ilmo. Sr. Presidente da Excma. Deputación Provincial para a súa sinatura. Dito convenio é como segue: CONVENIO DE COLABORACIÓN ENTRE A EXCELENTÍSIMA DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA E A DIÓCESE DE TUI Pontevedra, de maio de 2004 REUNIDOS: O Ilmo. Sr. D.Rafael Louzán Abal, Presidente da Excma. Deputación Provincial de Pontevedra, e O Excmo. e Rvdo. Sr. Bispo da Diócese Tui-Vigo, D. Xosé Diéguez Reboredo, no nome e representación da mesma, con CIF Q-3600056-J, e domicilio en Dr. Corbal, 90, do Concello de Vigo (36207). Ámbalas partes recoñécense plena capacidade para levaren adiante o presente convenio e, PREÁMBULO No marco xurídico configurado pola vixente Constitución española de 1987, a Lei de Liberdade Relixiosa, e pola lexislación vixente aplicable en materia de réxime local, a Excma. Deputación Provincial de Pontevedra, consciente dos intereses comúns nas promocións dos servizos necesarios que cumpran cunha clara función social, especialmente nas zonas rurais con menos posibilidades económicas así como na conservación, restauración e rehabilitación do patrimonio histórico da parte correspondente da provincia, e sen prexuízo do carácter non confesional do Estado e as súas Institucións, consideran conveniente establecer, mediante o presente convenio, as bases para unha máis eficaz e coordinada colaboración na promoción destes servizos, e na posible canalización de axudas e subvencións con cargo ós presupostos da Excma. Deputación Provincial de Pontevedra en obras de reparación ou mellora provomidas pola Diócese de Tui-Vigo. E, para instrumentalizar esta cooperación, aproban e asinan o presente convenio de acordo coas seguintes CLÁUSULAS PRIMEIRA.- A Diócese de Tui-Vigo considera prioritario, no presenta ano dous mil catro, realizar as obras seguintes: - Soutomaior: Reforma do tellado da igrexa parroquial: Presuposto 60.000,00 ¤. - Nigrán-Vilariño: Reforma da Igrexa-Convento Vilariño-Nigrán (antigo convento dos PP. Franciscanos): 24.000¤ - Vigo-Zamáns: 2ª Fase da reparación da igrexa parroquial: prebisterio e sancristía: 18.000¤. - Fornelos da Ribeira-Salvaterra de Miño: Restauración dun retablo lateral da igrexa: 24.000¤. - Santa Baia de Batalláns-As Neves: Reforma do tellado da igrexa parroquial: 36.000¤ - A Cañiza-Petán: Reparación do tellado da igrexa parroquial: 18.000¤. TOTAL ORZAMENTO 180.000¤. SEGUNDA.- A Excma. Deputación Provincial de Pontevedra achegará a cantidade de noventa mil euros (90.000,00) correspondente ó 50% do presuposto global, con cargo á partida 04/451.451.789.04, correspondéndolle o outro 50% do presuposto (90.000,00 euros) á Diócese de Tui, e que se distribuirá do seguinte xeito: Soutomaior: Reforma do tellado da igrexa parroquial 30.000,00 euros Nigrán-Vilariño: Reforma da Igrexa-Convento Vilariño 12.000,00 euros Vigo-Zamáns: 2ª Fase da reparación da igrexa parroquial 9.000,00 euros Fornelos da Ribeira-Salvaterra de Miño: Restauración dun retablo lateral da igrexa 12.000,00 euros Santa Baia de Batalláns-As Neves: Reforma do tellado da igrexa parroquial 18.000,00 euros A Cañiza-Petán: Reparación do tellado da igrexa parroquial 9.000,00 euros TERCEIRA.- Será de responsabilidade e competencia exclusiva da Diócese a adxudicación e contratación das obras referidas na cláusula primeira. CUARTA.- En tódalas obras colocaranse carteis anunciadores onde figure insertado o patrocinio das mesmas por parte da Deputación Provincial. QUINTA.- A Excma. Deputación de Pontevedra comprométese a librar, a favor da Diócese de Tui-Vigo a cantidade de noventa mil euros (90.000,00) que se ingresarán na conta núm. 2080-0000-76-0040028664, unha vez rematadas as obras e previa xustificación dos gastos coas correspondentes facturas. Poderán, non obstante, realizarse achegas parciais, a medida que se vaian executando as obras e se xustifiquen as mesmas. SEXTA.- Este convenio terá vixencia ata o 31 de decembro de 2004. SÉTIMA.- Este convenio non comporta ningunha relación laboral, contractual ou de calquera tipo entre a Diócese de Tui-Vigo e a Excma. Deputación Provincial de Pontevedra, de forma que non se poderá esixir ningunha responsabilidade, directa, indirecta ou subsidiaria polos actos ou feitos acaecidos no seu desenvolvemento. OITAVA.- O presente convenio terá carácter administrativo, quedando ámbalas partes suxeitas á xurisdicción contencioso-administrativa para a resolución de calquera conflicto que puidese xurdir na súa aplicación. Así o din e outorgan, no que se afirman e ratifican, asinando o presente convenio no lugar e data do encabezado. O PRESIDENTE DA EXCMA. O EXCMO. E RVDO. SR. DEPUTACIÓN PROVINCIAL BISPO DE TUI-VIGO Asdo.: Rafael Louzán Abal Asdo.: José Diéguez Reboredo ------ Folla: 5.12109.- APROBACIÓN DO CONVENIO DE COLABORACIÓN COA SOCIEDADE DEPORTIVA OCTAVIO VIGO Vista a proposta do Servicio de Cultura, Xuventude e Deportes e o informe de Intervención, relativa á sinatura do Convenio de colaboración coa SOCIEDADE DEPORTIVA OCTAVIO VIGO, co obxecto de promocionar o balonmán na cidade de Vigo e a súa área de influencia, mediante a achega de vintecatro mil euros (24.000,00), e con cargo á partida 04/451.452.489.02 do vixente presuposto provincial, acórdase por unanimidade a aprobación do mesmo facultando ó Ilmo. Sr. Presidente para a súa sinatura. Dito convenio é como segue: CONVENIO DE COLABORACIÓN ENTRE A EXCMA. DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA E A SOCIEDADE DEPORTIVA OCTAVIO VIGO PARA A EXTENSIÓN E APOIO DEPORTIVO ÓS XOVES NA CIDADE DE VIGO E A SÚA ÁREA DE INFLUENCIA Pontevedra REUNIDOS D. Rafael Louzán Abal, presidente desta Excma. Deputación Provincial, actuando na súa representación, e D. Javier Rodríguez López, en calidade de Presidente da Sociedade Deportiva Octavio Vigo, con CIF G-36907384 e domicilio social na rúa Avda. de Castrelos, 1, do Concello de Vigo (36209). EXPOÑEN Que a Sociedade Deportiva Octavio Vigo é unha asociación deportiva sen ánimo de lucro dedicada á práctica e promoción do deporte do balonmán e que ten a súa sede social e desenvolve a súa actividade na cidade de Vigo. Que a Sociedade Deportiva Octavio Vigo, ven de establecer unha aposta firme e decidida pola expansión e promoción do deporte do balonmán non só na cidade de Vigo, senón que nas limítrofes a esta e que poderíamos considerar a súa área de influencia. Así mesmo, a Sociedade Deportiva Octavio Vigo, a través do seu equipo que milita na División de Honra (LIGA ASOBAL) do balonmán español, pretende difundir e identifica-la imaxe do clube e da provincia de Pontevedra a través de publicidade institucional de diversa índole nos eventos que se desenvolvan polo clube e nas difusións que a través dos distintos medios de comunicación se fai dos eventos levados a cabo pola entidade. Noutra orde de cousas, a Sociedade Deportiva Octavio Vigo tenta mellorar as estructuras básicas, imaxe e implantación social da Sociedade Deportiva, a través da implantación de novos sistemas de xestión, de arquivo, de publicidade e imaxe, etc. Que a Deputación Provincial de Pontevedra leva a cabo unha importante e decisiva labor en apoio do Deporte da Provincia de Pontevedra e dos seus clubes como factor fundamental, tratando con isto de mellorar a capacidade de xestión dos recursos humanos e económicos das entidades, e da divulgación e promoción da actividade deportiva en xeral, apoiando de xeito decidido a aqueles clubes que fagan da difusión e práctica do deporte e o seu obxectivo principal. Para levar a cabo este Convenio de Extensión Deportiva, ámbalas dúas institucións ACORDAN 1º.- Que todos os colexios da cidade de Vigo e a súa área de influencia poderán solicitar entradas para asistir ós partidos celebrados no Pavillón de Deportes Municipal "As Travesas" e disputados pola Sociedade Deportiva Octavio Vigo o número de 300 entradas por xornada. 2º.- Que se establecen grupos de alumnos coordinados conxuntamente pola Sociedade Deportiva Octavio Vigo e os representantes dos alumnos para a asistencia ós encontros. 3º.- Manterase a publicidade institucional da Excma. Deputación Provincial de Pontevedra no Pavillón de Deportes Municipal "As Travesas" de Vigo. 4º.- A Sociedade Deportiva comprométese a colaborar nas actividades culturais-deportivas organizadas en centros educativos con técnicos, xogadores e directivos e coordinadas entre a Sociedade Deportiva Octavio Vigo e a Excma. Deputación Provincial. 5º.- A Excma. Deputación Provincial de Pontevedra disporá de 6 localidades no palco do Pavillón de Deportes Municipal "As Travesas" durante o ano 2004 para poder atender as invitacións institucionais que poidan xurdir. 6º.- Establécese a cantidade de vintecatro mil euros (24.000,00) con cargo á partida 04/451.452.489.02 como achega da Excma. Deputación Provincial de Pontevedra, para poder cubrir este convenio de asistencia dos alumnos da Sociedade Deportiva Octavio Vigo os encontros celebrados no Pavillón de Deportes Municipal "As Travesas" pola Sociedade Deportiva Octavio Vigo durante o presente Campionato de Liga. 7º.- A Deputación Provincial de Pontevedra aboará a citada cantidade de 24.000,00 euros unha vez que a Sociedade Deportiva Octavio Vigo xustifique a achega con: a.- Fotografías da publicidade insertada no Pavillón de Deportes Municipal "As Travesas". b.- Certificación da Sociedade de que a referida publicidade estivo exposta no Pavillón Municipal de Deportes Municipal "As Travesas" ó longo do actual Campionato de Liga 2004-2005. c.- Memoria sobre as actividades culturais-deportivas realizadas segundo a cláusula cuarta do presente Convenio e fotocopia das tarxetas-invitación para o palco do Estadio. E como proba da firme vontade de fomentar o desenvolvemento cultural e deportivo de Galicia e en particular da provincia de Pontevedra asínase o presente convenio no lugar e data do encabezado. O PRESIDENTE A SOCIEDADE DEPORTIVA OCTAVIO VIGO Asdo.- Rafael Louzán Abal Asdo.- Javier Rodríguez López ------ Folla: 6.12110.- APROBACIÓN DO CONVENIO DE COLABORACIÓN COA ESCUDERÍA RÍAS BAIXAS Vista a proposta do Servizo de Cultura, Xuventude e Deportes e o informe de Intervención, relativa á sinatura do convenio de colaboración coa ESCUDERÍA RÍAS BAIXAS, co obxecto de promocionar o citado deporte automobilístico na provincia, coa organización do "XL EDICIÓN DO RALLYE RÍAS BAIXAS-CAMPIONATO DE ESPAÑA", mediante a achega de trinta mil euros (30.000,00), e con cargo á partida 04/451.452.489.02 do vixente presuposto, acórdase por unanimidade a aprobación do mesmo facultando ó Ilmo. Sr. Presidente da Excma. Deputación Provincial para a súa sinatura. Dito convenio é como segue: CONVENIO DE COLABORACIÓN ENTRE A EXCMA. DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA E A ESCUDERÍA RÍAS BAIXAS Pontevedra, REUNIDOS D. Rafael Louzán Abal, presidente desta Excma. Deputación Provincial, actuando na súa representación, e D. Fernando Mouriño Sío, presidente da Escudería Rías Baixas, con CIF G-36645398 e domicilio social r./Travesía Cordoeira, 19, do Concello de Vigo. EXPOÑEN Que a Escudería Rías Baixas organizará a XL Edición do Rallye Rías Baixas-Campionato de España, a celebrar no mes de maio de 2004 nesta Provincia e que ten unha grande repercusión na práctica deste deporte automobilístico. Na súa virtude, CONVEÑEN 1º.- A Excma. Deputación Provincial de Pontevedra patrocinará a organización da XL Edición do Rallye Rías Baixas-Campionato de España, a celebrar no mes de maio de 2004 nesta provincia, subvencionando a proba con trinta mil euros (30.000,00) con cargo á partida 04/451.452.489.02 do vixente presuposto. 2º.- A organización e desenvolvemento do evento en tódalas súas fases correrá a cargo da Escudería Rías Baixas, obrigándose a plasmar en toda a publicidade e propaganda oral ou escrita, que figura patrocinado pola Deputación Provincial. 3º.- A Excma. Deputación Provincial aboará a suma referida nun pagamento único unha vez rematada a proba e se xustifique polo beneficiario a súa realización, aportando facturas, certificacións e outros documentos que así o acrediten. 4º.- A representación legal ou delegada da Excma. Deputación terá lugar preferente nas probas que se desenvolvan e na entrega de premios ou trofeos. Así o din e outorgan, no que se afirman e ratifican asinando o presente documento no lugar e data do encabezado. O PRESIDENTE ESCUDERÍA RÍAS BAIXAS Asdo.: Rafael Louzán Abal Asdo.: Fernando Mouriño Sío ------ Folla: 7.12111.- RECLAMACIÓN DE RESPONSABILIDADE PATRIMONIAL FORMULADA POR D. RAMÓN VÁZQUEZ CASTRO, POR DANOS EN ACCIDENTE DE TRÁFICO NA ESTRADA PO-9402 BARRANTES-MOSTEIRO, NA ZONA DE BEXÁN Dada conta que con data de Rexistro 10-03-04 e 25-03-04 tiveron entrada nesta Deputación instancias subscritas por D. Ramón Vázquez Castro, con enderezo a efectos de notificacións en R/ Marqués de Valladares, nº 21-3º Drta. 36201-VIGO; por danos en automóbil da súa propiedade, marca AUDI 80 TDI, matrícula PO-2166-BN, na estrada PO-9402 Barrantes-Mosteiro, na zona de Bexán o día 7 de marzo de 2004, e que individualiza economicamente en 2.173,30 euros. Resultando.- Que con data 12-03-04 e con fundamento no artigo 10.1, último parágrafo, do RD 429/93, en relación co 82 e 83 da Lei 30/92, e 171 do RD 2568/86, solicitouse informe ó Servicio de Vías e Obras, que o emitiu en data 29-03-04 co seguinte contido: "... a) Si, la Estrada que une Barrantes con Mosteiro (PO-9402) es Vía Provincial. b) Si existe gravilla, lo de gran cantidad es un término relativo. c) Se encuentra en obras perfectamente señalizada. La Empresa es Seixo, con esta fecha se solicita informe a la empresa". Resultando.- Que a súa vez, a empresa contratista, "Construcciones Seixo", emite informe o 26 de abril do 2004 que literalmente di: " ... 1. La carretera que une Barrantes con Mosteiro PO-9402 es vía provincial. 2. En la fecha del siniestro Obras y Edificaciones Seixo estaba realizando obras en dicha vía. 3. En el tramo zona Besan en dirección a Mosteiro existía algo de gravilla, ya que se había llevado a cabo la pavimentación con grava y riego y sellado con gravilla. 4. La citada carretera en obras estaba perfectamente señalizada (señales de obra, limitaciones de velocidad a 60, 40 y 20, de escalón lateral y de gravilla al principio y final de obra, así como señales intermedias en zonas de actuación puntuales)". O corpo de tal informe é subscrito na súa integridade polo Enxeñeiro Técnico Xefe da Zona. Considerando.- Que a instancia se presenta cumprimentando os requisitos de capacidade, lexitimación activa e pasiva e temporalidade (sen ter transcorrido o prazo de prescrición), descritos nos artigos 6.1 do RD 429/93 en relación co 70, 30, 31-1-a e 142.5 da Lei 30/92. Considerando.- Que non quedou acreditada a relación de causalidade (artigos 139.1 da Lei 30/92 e 13.2 do RD 429/93) co material probatorio aportado ó expediente, antes ó contrario, queda demostrada a non responsabilidade desta Deputación no evento lesivo, por canto dos informes evacuados pola empresa constructora e o Enxeñeiro Técnico Xefe da Zona, dedúcese con claridade que a pouca cantidade de gravilla existente na zona non era causa idónea para a ocurrencia do sinistro, máxime cando as obras estaban perfectamente sinalizadas con limitacións de velocidade a 60, 40 e 20, de escalón lateral e de gravilla ó principio e fin das mesmas. O tenor dos citados informes compadécese mal co aseverado no feito primeiro da instancia polo reclamante: "... gran cantidad de gravilla esparcida por la carretera", e isto por que non é concebible unha obra de asfaltado sen sinalización. Máis ben, todo parece apuntar a un exceso de velocidade contraventor do disposto nos artigos 19 da Lei de Tráfico e 46 do RD 1428/2003, de 21 de novembro, polo que se aprobou o Regulamento Xeral de Circulación, xa que os preceptos citados obrigan a adaptación da velocidade as circunstancias da vía. Considerando.- Que a marxe do exposto, o artigo 97 da Lei de Contratos das Administracións Públicas establece que "...será obligación del contratista indemnizar todos los daños y perjuicios que se causen a terceros como consecuencia de las operaciones que requiera la ejecución del contrato", mandato Legal que foi reforzado de xeito contundente e paradigmático nas sentencias do Tribunal Supremo de datas 31 de xullo de 1989 e 12 de febreiro de 2000. Considerando.- Que as Administracións Públicas se rexen en materia de responsabilidade patrimonial polos artigos 106.2 da Constitución Española, 139 e seguintes da Lei 30/92, 54 da Lei 7/85, 223 do RD 2568/86 e RD 429/93. Considerando.- Que o presente acordo cumprimenta o establecido nos artigos 89.1 e 54.1-b da Lei 30/92 en relación co 13.2 do RD 429/93, referido á desestimación argumentada da reclamación. A Xunta de Goberno acorda por unanimidade desestimar a reclamación. ------ Folla: 8.12112.- RECLAMACIÓN DE RESPONSABILIDADE PATRIMONIAL FORMULADA POR D. HIGINIO PORTO GONZÁLEZ POR DANOS EN ACCIDENTE DE TRÁFICO NA ESTRADA DE FONTENLA A PONTEAREAS Dada conta que con data de Rexistro 24-04-04 tivo entrada nesta Deputación instancia subscrita por D. Higinio Porto González, con enderezo no Barrio de Novexil, nº1, Fontenla (Ponteareas), por danos padecidos no ciclomotor da súa propiedade, marca DERBI, modelo STAR e matrícula C-3598-BHZ, na estrada de Fontenla a Ponteareas , o día 22 de outubro de 2003, e que individualiza economicamente en 2.992,00 euros. Resultando.- Que con data 26-04-04 e con fundamento no artigo 10.1, último parágrafo, do RD 429/93, en relación co 82 e 83 da Lei 30/92, e 171 do RD 2568/86, se solicito informe ó Servicio de Vías e Obras, que o emitiu en data 04-05-04 co seguinte contido: "...a) Efectivamente la Carretera Puenteareas-Fontenla-Guillade es Vía Provincial. Que en el Servicio existe constancia de que, por esas fechas, se procedía por la empresa COVSA al fresado de tramos de rodadura cuarteados. Puestos en contacto con la empresa nos confirma que efectivamente el día 22 del 10-03 se procedía a la reparación indicada en la EP Puenteareas-Guillade (Por Fontenla) y en la EP Puenteareas-As Neves. Dicha reparación consiste en el fresado o retirada, de una capa de 3-4 cms de la rodadura deteriorada, con posterior reposición con nueva mezcla en caliente. Es habitual, sobre todo dada la proximidad de las dos Carreteras citadas y el hecho de que en la de Guillade se corrigieron realmente cuatro trozos de no más de 15-20 m/2 cada uno y en un tramo de unos 800-1000 metros lineales, que la reposición se realice un día después del fresado. Así pues es posible que la noche del 11-10.03 haya quedado en la carretera de Puenteareas a Guillade, a su paso por Fontenla, algún hueco de un desnivel de 3-4 cms que a priori no nos parece razón suficiente para provocar un accidente, pero queremos dejar constancia de que, con absoluta seguridad y puesto que no estaba rematada la obra, ésta se hallaba correctamente señalizada al comienzo y final del tramo objeto de la mejora, como antes se decía, de unos 800-1000 metros lineales." Considerando.- Que a instancia se presenta cumprimentando os requisitos de capacidade, lexitimación activa e pasiva e temporalidade (sen ter transcorrido o prazo de prescrición), descritos nos artigos 6.1 do RD 429/93 en relación co 70, 30, 31-1-a e 142.5 da Lei 30/92. Considerando.- Que non quedou acreditada a relación de causalidade (artigos 139.1 da Lei 30/92 e 13.2 do RD 429/93) co material probatorio aportado ó expediente, antes ó contrario, queda demostrada a non responsabilidade desta Deputación no evento lesivo por canto do informe de Vías e Obras dedúcense claramente dous extremos: primeiro, que "... un desnivel de 3 - 4 cms. no parece razón suficiente para provocar un accidente", e segundo, que "... con absoluta regularidad la obra se hallaba correctamente señalizada al comienzo y final del tramo objeto objeto de la mejora, de unos 80 - 100 metros lineales". O que se deixa reseñado é perfectamente compatible co contido do atestado da Policía Local de Ponteareas, xa que esta confirma que a causa obxectiva do accidente o é un raspado do aglomerado asfáltico duns tres centímetros. Polo tanto, "prima facie", a causa obxectiva é a mesma e coincidente para os técnicos desta Excma. Deputación e para a Policía Local. Onde xorden as discrepancias son nos condicionantes subxectivos, posto que a luz do análise sereno da actividade alegatorio-probatoria das circunstancias, esta Comisión inclínase a pensar que o accidente ten máis que ver cun exceso de velocidade anudado a unha certa perda da vixilancia na conducción por parte do ciclomotor que o raspado do firme, pois coma ven se aprecia na fotografía, tal desnivel ven acompañándoo a súa dereita e no sentido da marcha dende fai moitos metros, por iso non se concibe ben que nun momento dado tal alteración provocado polas obras lle supoña unha perda de equilibrio -que non se houbera producido se a atención a conducción e a adecuación da velocidade se tivera adaptado as circunstancias da vía- . Considerando.- Que, a maiores, o atestado da Policía Municipal non se manifesta respecto a sinalización o comezo e fin das obras -tal e como fai en sentido afirmativo o informe de Vías e Obras- senón tan só a que o reclamante, no punto do sinistro, non atopou con ningunha sinalización, o cal é perfectamente compadecible coa sinalización inicial e final. Considerando.- Que o artigo 97 da Lei de CC. das Administracións Públicas, aprobado polo Real Decreto Lexislativo 2/2000, de 16 de xuño, sinala que "será obligación do contratista indemnizar tódolos danos e prexuízos que se causen a terceiros coma consecuencia das operacións que requira a execución do contrato", o cal, aínda na hipóteses de que a obra non se atopase sinalizada derivaría a responsabilidade a empresa-contratista, a que debería -nese suposto- reclamar o interesado na virtude do dictado no artigo 1.902 do vixente Código Civil. Considerando.- Que tampouco é aspecto irrelevante as condicións climatolóxicas así coma a luz existente no lugar, circunstancias elas que unidas as das obras obrigarían ó reclamante a extremar a prudencia, e que a Policía Local omite por olvido -cumpre pensar, xa que ó contrario suporía crer que o Atestado menoscabaría as esixencias de imparcialidade técnica e presunción de veracidade-, non pudendo esta omisión prexudicar o xuízo racional de desestimación desta Comisión por canto é obriga das FFCCSE a cumprimentación dilixente e cabal, completa e minuciosa dos atestados e as denuncias. Considerando.- Que as Administracións Públicas se rexen en materia de responsabilidade patrimonial polos artigos 106.2 da Constitución Española, 139 e seguintes da Lei 30/92, 54 da Lei 7/85, 223 do RD 2568/86 e RD 429/93. Considerando.- Que o presente acordo cumprimenta o establecido nos artigos 89.1 e 54.1-b da Lei 30/92 en relación co 13.2 do RD 429/93, referido á desestimación argumentada da reclamación. A Xunta de Goberno acorda por unanimidade desestimar a reclamación. ------ Folla: 9.12113.- COMUNICACIÓNS Non houbo. ------ Folla: 11.12115.- APROBACIÓN DO EXPEDIENTE DE CONTRATACIÓN, MEDIANTE CONCURSO, PROCEDEMENTO ABERTO, TRÁMITE DE URXENCIA, PARA O SUBMINISTRO DE EQUIPOS PARA A COCIÑA DO EDIFICIO DE COCIÑA E COMEDOR DO CENTRO DE VACACIÓNS A LANZADA Visto o expediente tramitado ó efecto para a contratación, por trámite de urxencia, do subministro de equipos para a cociña do edificio de cociña e comedor do Centro de Vacacións de A Lanzada, de acordo co presuposto técnico elaborado polo Sr. Arquitecto Provincial, cuxo custo valora en 114.184,60 euros e de conformidade co exposto en escrito de data 10 de maio de 2004 no que pon de manifesto a necesidade de proceder á contratación do subministro de ditos equipos para a cociña por trámite de urxencia debido á proximidade do comezo da campaña de campamentos de verán que se celebrarán no Centro de Vacacións A Lanzada e co obxecto de lograr a habitabilidade do citado centro no menor prazo posible. Visto o informe emitido polo Sr. Vicesecretario de data 13 de maio de 2004 sobre o prego de cláusulas económico-administrativas particulares que rexerá na contratación dos equipos de cociña, e vistos así mesmo, o documento RC de data 12-05-04 e o informe de fiscalización do expediente emitido por Intervención de data 13 da maio de 2004, acórdase por unanimidade aprobar o expediente do concurso para a contratación, mediante procedemento aberto, tramitación de urxencia, do subministro de equipos para a cociña do edifico de cociña e comedor do centro de Vacacións de A Lanzada, por un tipo máximo de licitación de cento catorce mil cento oitenta e catro euros con sesenta céntimos (114.184,60), de acordo ó presuposto técnico elaborado polo Arquitecto Provincial de data 13 de abril de 2004. A declaración da tramitación de urxencia motívase polo feito de acelerar o proceso de adxudicación do contrato debido á proximidade do comezo da campaña dos campamentos de verán que se celebran no Centro de Vacacións A Lanzada e co obxecto de lograr unha mellor habitabilidade e funcionalidade do mencionado Centro. Así mesmo a Xunta de Goberno, acorda autorizar dito gasto con cargo á partida 04/452.452.623.01 e aprobar os pregos de cláusulas administrativas e técnicas que rexerán en dito concurso e que se inicie o procedemento de adxudicación para a contratación do referido subministro, concedendo un prazo de oito días naturais para a presentación de proposicións, contados a partir do día seguinte á publicación do anuncio no Boletín Oficial da Provincia. ------ Folla: 12.12116.- APROBACIÓN DE PROXECTOS Visto o acordo adoptado pola Xunta de Goberno en sesión celebrada o 30-04-2004, polo que se prestou aprobación a un convenio de colaboración co Concello de Vigo sobre cooperación económica para a prestación e mellora dos servizos públicos da cidade, que foi modificado pola Xunta de Goberno de 7 dos correntes, aplicándose á execución de diversas obras; vistos os proxectos remitidos polo Concello de Vigo, que máis adiante se detallan; e, vistos os documentos RC, emitidos por Intervención, nos que se certifica a existencia de saldo de crédito dispoñible na partida 04/911.911-662.00, acórdase por unanimidade prestar aprobación ós seguintes proxectos: 1.- "Pavimentado da capa de rodadura da Praza de España" por importe de 84.702,02 euros, IVE incluído. 2.- "Pavimentado da capa de rodadura da rúa E. Martínez Garrido" por importe de 222.877,92 euros, IVE incluído. 3.- "Pavimentado da capa de rodadura da Gran Vía (desde a Praza de América á Praza de España)" por importe de 287.913,89 euros, IVE incluído. 4.- "Pavimentado da capa de rodadura e substitución saneamento e abastecemento en r./Urzaiz (desde Gran Vía a Gregorio Espino)" por importe de 331.700,18 euros, IVE incluído. 5.- "Pavimentado da capa de rodadura da Avda. de As Camelias (tramo Praza Independencia-Concello" por importe de 178.783,05 euros, IVE incluído. ------ Folla: 13.12117.- APROBACIÓN DO EXPEDIENTE DE CONTRATACIÓN, POR PROCEDEMENTO ABERTO, MEDIANTE CONCURSO, DE "DIVERSAS OBRAS A EXECUTAR MEDIANTE CONVENIO CO CONCELLO DE PONTEVEDRA" Visto o acordo adoptado pola Comisión de Goberno desta Deputación Provincial, en sesión de 07-11-2003, polo que se prestou aprobación ó convenio de colaboración co Concello de Pontevedra para a execución das obras de acondicionamento das travesías ás "EP 0005 e 0003 de Campo Santo e Pintor Laxeiro" e "EP 0007 rúas de Santa Margarida e Pomba" cun presuposto de 602.196,40 e 1.041.904,56 euros, respectivamente, aportando o Concello de Pontevedra un total de 579.100,96 euros e esta Deputación un total de 1.065.000,00 euros; visto o acordo adoptado pola Xunta de Goberno en sesión de 30-04-2004, polo que se prestou aprobación ós referidos proxectos con cargo á partida 04/511.511-612.02.2003; visto o acordo adoptado polo Pleno do Concello de Pontevedra, en sesión de 23-04-2004, polo que se prestou aprobación ó referido convenio e ós proxectos correspondentes a ditas obras; visto o informe do Sr. Vicesecretario relativo ó prego de condicións económico-administrativas que rexerá no concurso; visto o informe de fiscalización do expediente emitido polo Sr. Interventor, e téndose incorporado ó expediente o convenio asinado entre ambas Institucións e certificación do Concello de Pontevedra sobre existencia de consignación na partida 015.511-76100S do presuposto municipal de 2004 para a achega municipal, achegando documento de retención de crédito, acórdase por unanimidade aprobar o gasto, o prego de condicións económico-administrativas e o expediente de contratación, por procedemento aberto, mediante concurso, das seguintes obras polos tipos de licitación que se detallan: 1.- Acondicionamento travesía á EP 0007 Rúas de Santa Margarida e da Pomba 1.041.904,56 2.- Acondicionamento travesía ás EP 0005 e 0003 nas rúas de Campo Santo e Pintor Laxeiro 602.196,40 TOTAL 1.644.100,96 As obras obxecto do concurso financiaranse con cargo á partida 04/511.511-612.02.2003 do vixente presuposto provincial. Así mesmo, expóñense ó público os proxectos e o prego de condicións que rexerá no concurso a efectos de reclamacións, o que de non producirse dará lugar a súa aprobación definitiva de forma automática. O anuncio do concurso de do extracto do prego de condicións económico-administrativas publicarase no Boletín Oficial da Provincia e no Diario Oficial de Galicia. Os gastos de inserción de anuncios e demais que xere o expediente serán por conta dos adxudicatarios. ------ Folla: 14.12118.- APROBACIÓN DO EXPEDIENTE DE CONTRATACIÓN, POR PROCEDEMENTO ABERTO, MEDIANTE CONCURSO, DE "DIVERSAS OBRAS A EXECUTAR MEDIANTE CONVENIO CO CONCELLO DE VIGO" Visto o acordo adoptado pola Xunta de Goberno desta Deputación Provincial, en sesión de 06-04-2004, polo que se prestou aprobación ó convenio de colaboración co Concello de Vigo para a execución de diversas obras; visto o acordo adoptado pola Xunta de Goberno en sesión de 07-05-2004, polo que se prestou aprobación, con cargo á partida 04/511.511-612.02, ós proxectos relativos ás obras incluídas no referido convenio; visto o informe do Sr. Vicesecretario relativo ó prego de condicións económico-administrativas que rexerá no concurso; e visto o informe de fiscalización do expediente emitido polo Sr. Interventor, acórdase por unanimidade aprobar o gasto, o prego de condicións económico-administrativas e o expediente de contratación, por procedemento aberto, mediante concurso, de "Diversas obras a executar mediante convenio co Concello de Vigo" polos tipos de licitación que se detallan: 1.- Renovación de rodadura EP Meixueiro-C.U.V.I. (Vigo) 137.000,00 2.- Mellora de pavimento e dotación de servizos EP Calvario-A Garrida (tramo Beade-Carneiras) (Vigo) 498.680,14 3.- Mellora de pavimento e dotación de servizos EP Calvario-A Garrida (tramo Camiño Presas-Igrexa de Beade) (Vigo) 389.401,74 4.- Mellora de pavimento e dotación de servizos EP Calvario-A Garrida (tramo Martínez Garrido-Antiga CN-120) (Vigo) 418.271,27 TOTAL 1.443.353,15 As obras obxecto do concurso financiaranse con cargo á partida 04/511.511-612.02 do vixente presuposto provincial. Así mesmo, expóñense ó público os proxectos e o prego de condicións que rexerá no concurso a efectos de reclamacións, o que de non producirse dará lugar a súa aprobación definitiva de forma automática. O anuncio do concurso de do extracto do prego de condicións económico-administrativas publicarase no Boletín Oficial da Provincia e no Diario Oficial de Galicia. Os gastos de inserción de anuncios e demais que xere o expediente serán por conta dos adxudicatarios. ------ Folla: 15.12119.- OBSEQUIO A SÚA ALTEZA REAL O PRÍNCIPE DE ASTURIAS E A SÚA PROMETIDA, DONA LETIZIA ORTIZ ROCASOLANO, CON MOTIVO DO SEU ENLACE MATRIMONIAL A proposta da Presidencia, aceptada unanimemente por tódolos membros da Xunta de Goberno, acordouse por unanimidade obsequiar cun "Cruceiro", que será construído pola Escola de Canteiros, recollendo no mesmo a simboloxía da Virxe Peregrina e do Apóstolo Santiago, a súa Alteza Real o Príncipe de Asturias e a súa prometida Dona Letizia Ortiz Rocasolano con ocasión do seu próximo enlace matrimonial. E non habendo máis asuntos que tratar polo Sr. Presidente, sendo as dez horas e cincuenta minutos do expresado día, dáse por rematada a sesión e dela esténdese a presente acta, que asina o Ilmo. Sr. Presidente, comigo, o Secretario que dou fe. ------ Folla: 10.12114.- ROGOS E PREGUNTAS Non se formularon. FÓRA DA ORDE DO DÍA e previa unánime declaración de urxencia adoptáronse os seguintes acordos: ------

Área de notas

  • Nota

Puntos de acceso

Área de control da descrición