Fondos
-
4. COMISIÓN PERMANENTE. COMISIÓN DE GOBERNO. XUNTA DE GOBERNO
2004-05-21_Ordinaria. Acta de sesión 2004/05/21_Ordinaria
Acta de sesión 2004/05/21_Ordinaria
Área de identificación
Código(s) de referencia ES.GA.36038.ADPO.1.1.4.9.33.371/1.2004-05-21_Ordinaria
Título Acta de sesión 2004/05/21_Ordinaria
Data(s) 2004-05-21 (Creación)
Volume e soporte 1 acta de sesión
Área de contexto
Institución arquivística Arquivo Deputación de Pontevedra
Área de contido e estrutura
Alcance e contido Folla: XUNTA DE GOBERNO Sesión do día 21 de maio de 2004 --------o0o-------- En Pontevedra, na Sala de Xuntas do Pazo Provincial, sendo as dez horas e dez minutos do día vinteún de maio do ano dous mil catro, baixo a Presidencia do Ilmo. Sr. D. Rafael Louzán Abal, Presidente da Excma. Deputación Provincial de Pontevedra, reuníronse as/os señoras/es deputadas/os, D. Xosé Crespo Iglesias, Dona María Teresa Pedrosa Silva, D. José Juan Durán Hermida, D. José Enrique Sotelo Villar, D. Ramón Campos Durán, D. Antonio Feliciano Fernández Rocha, D. José Manuel Figueroa Vila, D. José Antonio Landín Eirín e D. Alfredo Rodríguez Millares, co obxecto de celebrar sesión ordinaria da Xunta de Goberno, con carácter executivo, en primeira convocatoria, consonte á correspondente orde do día. Da fé do acto D. Rogelio Nicieza de la Cerra, Secretario Xeral e está presente o Sr. Interventor, D. Bautista Pérez Carnero. Declarada aberta a sesión e de orde da Presidencia éntrase seguidamente no exame da orde do día, adoptándose en relación coa mesma os seguintes acordos: 1.12120.- ACTA ANTERIOR Acórdase por unanimidade, aproba-lo borrador da acta da anterior sesión, ordinaria, do día 14 de maio de 2004. ------ Folla: 2.12121.- APROBACIÓN DE SUBVENCIÓN PARA A OBRA: "FINALIZACIÓN CENTRO MULTIUSOS NO NÚCLEO DO CALVARIO", DO CONCELLO DE O ROSAL, CON CARGO Ó PAM/2004 En aplicación da Base 16ª de execución do orzamento, vistos os informes que se unen ó expediente acórdase por unanimidade conceder ó Concello de O Rosal unha subvención por importe de noventa mil oitocentos setenta e dous euros con setenta e sete céntimos (90.872,77), con cargo ó Programa de Acción Municipal 2004, partida 04/911.911.762.45 para financiar a obra: "Finalización Centro Multiusos no núcleo do Calvario", co núm. 7/223 e con suxeición ás condicións seguintes: a) A subvención concédese para colaborar na execución da obra citada, non podendo cambiarse o destino nin a contía da mesma. b) Para o aboo da subvención concedida, requirirase a previa xustificación das obras, unha vez concluída a súa execución, que se axustará estrictamente ás Bases reguladoras que rexeron a súa concesión. c) Os servicios técnicos provinciais, poderán comprobar en todo momento a execución da obra. d) As obras que se acollan a este programa deberán estar xustificadas antes do 31 de outubro de 2005, de non facelo así, procederase á anulación da subvención concedida. e) Nas obras levadas a cabo polo sistema de administración, terase en conta para a aplicación do IVE, nas facturas e certificacións, as normas que son de aplicación, evitando con iso as devolucións conseguintes. f) O pagamento da subvención, só se efectuará unha vez se teña acreditado estar ó corrente nas obrigas fiscais con esta Deputación. ------ Folla: 3.12122.- APROBACIÓN DE SUBVENCIÓN PARA A OBRA: "URBANIZACIÓN E ACONDICIONAMENTO DE TERREOS DOS POLÍGONOS INDUSTRIAIS DE MONTE AFIEIRAS E MIRALLOS", DO CONCELLO DE MORAÑA, CON CARGO Ó PAM/2004 En aplicación da Base 16ª de execución do orzamento, vistos os informes que se unen ó expediente acórdase por unanimidade conceder ó Concello de Moraña unha subvención por importe de setenta e cinco mil douscentos sesenta e dous euros con noventa e cinco céntimos (75.262,95), con cargo ó Programa de Acción Municipal 2004, partida 04/911.911.762.45 para financiar a obra: "Urbanización e acondicionamento de terreos dos polígonos industriais de Monte Afieiras e Mirallos", co núm. 19/229 e con suxeición ás condicións seguintes: a) A subvención concédese para colaborar na execución da obra citada, non podendo cambiarse o destino nin a contía da mesma. b) Para o aboo da subvención concedida, requirirase a previa xustificación das obras, unha vez concluída a súa execución, que se axustará estrictamente ás Bases reguladoras que rexeron a súa concesión. c) Os servicios técnicos provinciais, poderán comprobar en todo momento a execución da obra. d) As obras que se acollan a este programa deberán estar xustificadas antes do 31 de outubro de 2005, de non facelo así, procederase á anulación da subvención concedida. e) Nas obras levadas a cabo polo sistema de administración, terase en conta para a aplicación do IVE, nas facturas e certificacións, as normas que son de aplicación, evitando con iso as devolucións conseguintes. f) O pagamento da subvención, só se efectuará unha vez se teña acreditado estar ó corrente nas obrigas fiscais con esta Deputación. ------ Folla: 4.12123.- DEVOLUCIÓN DE GARANTÍA DEFINITIVA Unha vez tramitado o correspondente expediente, de conformidade co disposto no artigo 47 e concordantes do RD Lexislativo 2/2000, de 16 de xuño, do Texto Refundido da Lei de Contratos das Administracións Públicas e ó non estar suxeitos a responsabilidade e terse cumpridas as condicións do contrato, acórdase por unanimidade a devolución da seguinte garantía: JUSTO ROMÁN, S.L. .- A constituída en valores, mediante aval de Bankinter, S.A., por importe de seiscentos corenta e nove euros con sesenta céntimos (649,60), para responder do "Subministro de materiais e realización dos traballos de infraestructura no edificio do Pazo da Cultura de Pontevedra, para acomodo das obras da XXVII Edición da Bienal de Arte de Pontevedra do ano 2002", e que foi depositada na Tesourería Provincial o 23-07-2002, número de operación 200200061069, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. ------ Folla: 5.12124.- APROBACIÓN DA ACTA DO XURADO CUALIFICADOR DOS PREMIOS DE INVESTIGACIÓN 2003 De conformidade co disposto na base 5ª da Convocatoria de Premios á Investigación 2003, aprobadas en sesión plenaria de 28 de febreiro do 2003, e a reunión celebrada polo Xurado Cualificador dos mesmos o pasado 24 de abril, acórdase por unanimidade aceptar nos seus propios termos a acta do Xurado, que é do seguinte teor: ACTA DO XURADO CUALIFICADOR DE PREMIOS Á INVESTIGACIÓN 2003 Na Sala de Comisións desta Deputación Provincial, sendo as 10,00 horas do día 22 de abril do 2004, reúnese o Xurado Cualificador de Premios á Investigación 2003 presidido por DONA Mª TERESA PEDROSA SILVA, Vicepresidenta desta Excma. Deputación Provincial, en substitución de D. José Manuel Figueroa Vila, e os vocais: DONA JOSEFINA GARRIDO GONZÁLEZ, Profesora da Facultade de Ciencias da Universidade de Vigo; D. JESÚS HERNÁNDEZ SÁNCHEZ, Decano da Facultade de Belas Artes da Universidade de Vigo; D. XAIME FANDIÑO ALONSO, Decano da Facultade de Ciencias Sociais da Universidade de Vigo; D. GERINO CALVO MAQUIEIRA, Director da UNED-Centro Asociado de Pontevedra; DONA ROSA ANA MALVAR PINTOS, Directora da Misión Biolóxica de Galicia; D. ERNESTO VIEITEZ CORTIZO, Profesor e Presidente da Real Academia Galega; D. JOSÉ CARLOS VALLE PÉREZ, Director do Museo Provincial de Pontevedra; D. MIGUEL PEREIRA FIGUEROA, Xefe do Servizo do Arquivo Histórico da Deputación; D. ANTONIO SANTOS GUERRA, Xefe do Servizo de Cultura e Deportes; DONA MARÍA DEL CARMEN CRESPO BLANCO, Xefa do Servizo de Riscos Laborais, e D. FERNANDO FILGUEIRA IGLESIAS, Médico do Complexo Hospitalario de Pontevedra, prestando asesoramento ó Xurado en traballos relacionados coa Medicina, actuando como Secretario D. ROGELIO NICIEZA DE LA CERRA, Secretario Xeral desta Deputación. Tendo por obxecto fallar os traballos presentados ós Premios convocados e previa deliberación e informe dos traballos por parte dos membros do Xurado, acordouse a concesión dos seguintes: Apelidos e Nome DNI Lema Título CIENCIAS E TECNOLOXÍA - 3.000,00 euros Declarado deserto HUMANIDADES E CIENCIAS SOCIAIS - 3.000,00 euros Xosé Antón Barreiro, Pereira 33.292980-C Urbano El urbanismo como factor de integración social: especial referencia al caso gallego PROVINCIA DE PONTEVEDRA - 6.000,00 euros Declarado deserto TESES DOUTORAIS: CIENCIAS E TECNOLOXÍA - 1.200,00 euros Premios Ex Equo Modesto Martínez Pillado 35446944B Impacto de una intervención continuada sobre la reducción de la utilización inadecuada de la hospitalización en un servicio de medicina interna Bernardo Ordás López 44076033Y Adaptación de maiz dulce mejorado a las condiciones de Galicia. TESES DOUTORAIS: HUMANIDADES E CIENCIAS SOCIAIS 1.200,00 euros Jorge Lens Leiva 36071995Z Los orígenes da la fotografía publicitaria en Galicia: análisis de muestras y catalogación documental (1897-1936) TESES DE LICENCIATURA E PROXECTOS FIN DE CARREIRA: CIENCIAS E TECNOLOXÍA 900,00 euros Raquel García-Corona López 44083955Q Efectos del calentamiento de las propiedades físicas del suelo TESES DE LICENCIATURA: HUMANIDADES E CIENCIAS SOCIAIS 900,00 euros Ana Giráldez Mínguez 53178677D Os contos de Jacques Tournebroche INVESTIGACIÓN XUVENIL: CIENCIAS E TECNOLOXÍA 1.500,00 euros Diego Rodríguez Vieitez 36161990X Limícala Variación anual de la fenología de las aves limícolas en zonas de costa no estuaria de la Ría de Vigo Así mesmo, e en atención ó fallo deserto da modalidade de Ciencias e Tecnoloxía, este Xurado propón a concesión da totalidade da suma de 1.200,00 euros ós dous premios concedidos na modalidade de Teses Doutorais: Ciencias e Tecnoloxía. Por último, o Xurado acorda conceder pola súa oportunidade e transcendencia, as seguintes MENCIÓNS ESPECIAIS: Olga Aguín Casal 36312166J Detección, identificación y control de armillaria mellea kummer en vid Manuel Fontoira Lombos 35306470 Estudio electromiográfico en el diagnóstico de las miopatías. Valoración de la duración mínima de un potencial de unidad motora E non habendo máis asuntos que tratar, sendo as 11,15 horas do mencionado día, remata a reunión firmando a presente tódolos asistentes do que eu como Secretario dou fe. ------ Folla: 6.12125.- PRÓRROGA DE BECA CON DESTINO Ó ARQUIVO PROVINCIAL De conformidade co establecido nas bases da convocatoria publicada no BOP núm. 67 de 7 de abril de 2003 a proposta do Arquiveiro Bibliotecario desta Excma. Deputación Provincial, acórdase por unanimidade prorrogar a beca de Dona Romina Blanco González, con efectos 16-06-04 e ata o 31-12-04. O custo da prórroga ascende a un total de 5.469,17 euros, cantidade que se imputará á partida 454.451.481.01 do vixente orzamento provincial. ------ Folla: 7.12126.- RECOÑECEMENTO DE CRÉDITO Vistos os expedientes de persoal tramitados por diferentes conceptos fóra do prazo establecido por falta de presentación das solicitudes en tempo e forma, acórdase por unanimidade, ó amparo do disposto no art. 157 da Lei 39/88 de 28 de decembro, e o art. 60 do RD 500/90, de 20 de abril, recoñecer crédito para o aboo dos seguintes gastos de persoal con cargo ás correspondentes partidas do orzamento provincial. A.- AXUDAS SANITARIAS PERSOAL FUNCIONARIO Código Apelidos e Nome Centro Importe Partida Orzamentaria 01059 Álvarez Castro, Jose F V e O 168,00 04/122.314.160.06 01059 Álvarez Castro, Jose F V e O 42,00 04/122.314.160.06 02196 Bartolomé Villanueva, Carmen Intervención 35,00 04/122.314.160.06 00920 Berto Sánchez, Ángel V e O 1.992,00 04/122.314.160.06 01582 Borrajo García, César S. Agrario 1.640,00 04/122.314.160.06 01252 Da Torre Regueiro, Rosario CI 280,00 04/122.314.160.06 01318 Fernández Nogueira, Paloma S Centrais 114,00 04/122.314.160.06 01433 Hernández Martín, Luis S Agrario 37,80 04/122.314.160.06 02184 Pelaez Pozo, Berta Acción S 95,00 04/122.314.160.06 00966 Rial Gallego, Vicente V e O 5.396,00 04/122.314.160.06 01694 Troncoso González, Damaso M V e O 150,25 04/122.314.160.06 05003 Videira González, Jose L S Prevención 305,50 04/122.314.160.06 IMPORTE TOTAL: 10.255,55 euros Partida Orzamentaria: 04/122.314.160.06 B.- DOMINGOS E FESTIVOS PERSOAL LABORAL EVENTUAL Código Apelidos e Nome Centro Importe Partida Orzamentaria 11198 Núñez Gesteira, Rosa C I 50,06 04/422.422.131.01 IMPORTE TOTAL: 50,06 euros Partida Orzamentaria: 04/422.422.131.01 C.- AXUDAS DE CUSTO E DESPRAZAMENTOS PERSOAL EMPLEOCITIES AXUDAS DE CUSTO Código Apelidos e Nome Centro Importe Partida Orzamentaria 11356 Torrón Casal, Antonio Pazo 45,22 04/711.711.479.03 IMPORTE TOTAL: 45,22 euros Partida Orzamentaria: 04/711.711.479.03.2003 DESPRAZAMENTOS Código Apelidos e Nome Centro Importe Partida Orzamentaria 11356 Torrón Casal, Antonio Pazo 78,31 04/711.711.479.03 IMPORTE TOTAL: 78,31 euros Partida Orzamentaria: 04/711.711.479.03.2003 D.- RECOÑECEMENTO DE TRIENIOS ALTOS CARGOS Código Apelidos e Nome Centro Importe 09992 Louzán Abal, Rafael Presidencia 259,18 Partida Orzamentaria 04/111.111.100.01 IMPORTE TOTAL: 259,18 euros Partida Orzamentaria: 04/111.111.100.01 ------ Folla: 8.12127.- INFORME EN RELACIÓN CO PROXECTO DO "PLAN SECTORIAL DE ORDENACIÓN DE ÁREAS EMPRESARIAIS NA COMUNIDADE AUTÓNOMA DE GALICIA" REMITIDO POLA DIRECCIÓN XERAL DE URBANISMO DA CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA DA XUNTA DE GALICIA Dada conta da remisión por parte da Dirección Xeral de Urbanismo da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda da Xunta de Galicia do INFORME EN RELACIÓN CO PROXECTO DO "PLAN SECTORIAL DE ORDENACIÓN DE ÁREAS EMPRESARIAIS NA COMUNIDADE AUTÓNOMA DE GALICIA",de data 24 de febreiro de 2004 (nº rexistro de entrada 004980, de 26/02/04), ós efectos de que por esta Deputación se emita o oportuno informe, e Resultando que o Arquitecto, con data 12 de maio de 2004, emite informe no que manifesta entre outros "... Tras estudiar os proxectos de parques empresariais na provincia de Pontevedra (Catoira, na comarca de Caldas, A Guarda-O Rosal, Mos e Tomiño, na área funcional de Vigo, e Vilanova de Arousa, no Salnés), infórmase: Que as distintas propostas de actuación considéranse adecuadas para cada unha das zonas afectadas na provincia, xa que todas elas teñen en conta tanto as comunicacións e accesibilidade dos futuros parques, a súa correcta ordenación incluíndo zonas verdes ou de aparcadoiro, o abastecemento de subministros, o saneamento, como tamén respectando non interferir coas zonas con protección medioambiental. Ademais, a creación destes parques, considérase moi favorecedora cara ó desenvolvemento das zonas afectadas e, en xeral, de toda a provincia." A Xunta de Goberno acorda por unanimidade prestar conformidade ó citado informe e na súa consecuencia remitilo á Dirección Xeral de Urbanismo da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda da Xunta de Galicia. ------ Folla: 9.12128.- COMUNICACIÓNS Non houbo. ------ Folla: 10.12129.- ROGOS E PREGUNTAS Non se formularon. FÓRA DA ORDE DO DÍA e previa unánime declaración de urxencia adoptáronse os seguintes acordos: ------ Folla: 11.12130.- DAR CONTA DE SENTENCIAS Dáse conta á Xunta de Goberno das seguintes sentencias: .- Sentencia do Xulgado do Contencioso-Administrativo núm. 2 de Ourense, recaída en recurso número 27/2004 promovido por PROYECÓN GALICIA, S.A. "A Xunta de Goberno queda enterada e acorda a execución nos seus propios termos de Sentencia do Xulgado do Contencioso-Administrativo nº 2 de Ourense, recaída en autos de Procedemento Abreviado 27/ 2004 promovidos por PROYECÓN GALICIA, S.A. contra Resolución Presidencial recaída en expediente sancionador nº 75/03 por infracción da Ordenanza Reguladora do Uso e Defensa das Estradas Provinciais, na que se impoñía ó recorrente unha sanción de 1.500 euros e a reposición do medio físico ó seu estado anterior, estimando integramente o Xulgado a demanda interposta, con anulación da sanción ó non terse acreditado no expediente a responsabilidade da recorrente na autoría dos feitos, toda vez que non era dita empresa a obrigada a solicitar a autorización administrativa desta Deputación para o corte da estrada provincial que deu orixe ó expediente sancionador. Igualmente a Xunta de Goberno acorda dar traslado ó Servicio de Vías e Obras, lembrándolle o contido da comunicación da Asesoría Xurídica de 11 de febreiro de 2004 sobre a necesidade de que por dito Servicio se dean as oportunas instruccións ós Vixilantes para a identificación dos denunciantes naqueles supostos en que as denuncias deveñan de testemuñas de terceiras persoas, a fin de completar cabalmente a actividade probatoria e non facer inútiles os esforzo na instrucción do procedemento sancionador e, por ende, a dos técnicos dos servicios xurídicos que ostenten a defensa en xuízo.". Sirvan como exemplos do antedito parágrafos da sentencia tan explícitos como "... ni en el pliego de cargos, ni en la propuesta de resolución ni en la resolución se determina la infracción grave que se trata de imputar" (as infraccións graves comprenden 7 apartados cada un deles comprensivo dun tipo de infracción diferente) ou o feito de que conste escrito -que se aporta no momento da vista- de data 8 de novembro de 2001, solicitando autorización para a execución das obras e tal extremo non resulte de coñecemento do Instructor do expediente, adscrito ó Servicio de Vías e Obras, tendo verificado a Secretaría Xeral-Asesoría Xurídica, que en tal data o Rexistro Xeral non só o rexistrou de entrada senón que o enviou ó Servicio que incoa, instrúe e resolve o procedemento, é dicir, o propio Servicio de Vías e Obras. Tales consideracións deberán servir para unha máis cabal ponderación das causas de incoación dos expedientes sancionadores, xa que, caso contrario, a marxe do deterioro da imaxe institucional desta Deputación, fanse baldíos os esforzos de outros Servicios implicados no procedemento, como pode ser o de Intervención, que haberá de devolver o abonado en concepto de sanción -no caso de que así fora- ou dos Servicios Xurídicos que deban alegar nas pezas separadas ou cautelares de suspensión da sanción ou actuar en xuízo na defensa da Deputación". .- Sentencia do Xulgado do Contencioso-Administrativo núm. 2 de Ourense, recaída en recurso número 28/2004 promovido por PROYECÓN GALICIA, S.A. "A Xunta de Goberno queda enterada e acorda a execución nos seus propios termos de Sentencia do Xulgado do Contencioso-Administrativo nº 2 de Ourense, recaída en autos de Procedemento Abreviado 27/2004 promovidos por PROYECÓN GALICIA, S.A. contra Resolución Presidencial recaída en expediente sancionador nº 66/03 por infracción da Ordenanza Reguladora do Uso e Defensa das Estradas Provinciais, na que se impoñía ó recorrente unha sanción de 1.500 euros e a reposición do medio físico ó seu estado anterior, estimando integramente o Xulgado a demanda interposta, con anulación da sanción ó non terse acreditado no expediente a responsabilidade da recorrente na autoría dos feitos, toda vez que non era dita empresa a obrigada a solicitar a autorización administrativa desta Deputación para o corte da estrada provincial que deu orixe ó expediente sancionador. Igualmente a Xunta de Goberno acorda dar traslado ó Servicio de Vías e Obras, lembrándolle o contido da comunicación da Asesoría Xurídica de 11 de febreiro de 2004 sobre a necesidade de que por dito Servicio se dean as oportunas instruccións ós Vixilantes para a identificación dos denunciantes naqueles supostos en que as denuncias deveñan de testemuñas de terceiras persoas, a fin de completar cabalmente a actividade probatoria e non facer inútiles os esforzo na instrucción do procedemento sancionador e, por ende, a dos técnicos dos servicios xurídicos que ostenten a defensa en xuízo.". Sirvan como exemplos do antedito parágrafos da sentencia tan explícitos como "... ni en el pliego de cargos, ni en la propuesta de resolución ni en la resolución se determina la infracción grave que se trata de imputar" (as infraccións graves comprenden 7 apartados cada un deles comprensivo dun tipo de infracción diferente) ou o feito de que conste escrito -que se aporta no momento da vista- de data 8 de novembro de 2001, solicitando autorización para a execución das obras e tal extremo non resulte de coñecemento do Instructor do expediente, adscrito ó Servicio de Vías e Obras, tendo verificado a Secretaría Xeral-Asesoría Xurídica, que en tal data o Rexistro Xeral non só o rexistrou de entrada senón que o enviou ó Servicio que incoa, instrúe e resolve o procedemento, é dicir, o propio Servicio de Vías e Obras. Tales consideracións deberán servir para unha máis cabal ponderación das causas de incoación dos expedientes sancionadores, xa que, caso contrario, a marxe do deterioro da imaxe institucional desta Deputación, fanse baldíos os esforzos de outros Servicios implicados no procedemento, como pode ser o de Intervención, que haberá de devolver o abonado en concepto de sanción -no caso de que así fora- ou dos Servicios Xurídicos que deban alegar nas pezas separadas ou cautelares de suspensión da sanción ou actuar en xuízo na defensa da Deputación". ------ Folla: 12.12131.- DAR CONTA DE AUTO DA SALA DO CONTENCIOSO-ADMINISTRATIVO DO TRIBUNAL SUPERIOR DE XUSTIZA DE GALICIA, POLO QUE SE TEN POR DESISTIDO Ó RECORRENTE, ORDENANDO O ARQUIVO DAS ACTUACIÓNS NOS AUTOS DO RECURSO CONTENCIOSO-ADMINISTRATIVO NÚM. 02/ 4220/2002, PROMOVIDO POR D. LUIS ALBERTO VIEIRA MAGDANELA A Xunta de Goberno queda enterada do Auto da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia , de data 20 de abril de 2004, polo que se ten por desistido ó recorrente e se ordena o arquivo das actuacións, no recurso contencioso administrativo nº 02/4220/2002 promovido por D. Luis Alberto Vieira Magdalena, contra acordo desestimatorio de reclamación de responsabilidade patrimonial por importe de 1.734´23 euros por danos en accidente de tráfico, trasladado polo despacho de letrados Quesada avogados, de A Coruña, mediante escrito de data 30 de abril de 2004 (nº rex. 017866), que ten encomendada a defensa desta Deputación nos citados autos, de conformidade coa póliza subscrita coa compañía aseguradora AXA Aurora Ibérica, S.A. ------ Folla: 13.12132.- DAR CONTA DE AUTO DA SALA DO CONTENCIOSO-ADMINISTRATIVO DO TRIBUNAL SUPERIOR DE XUSTIZA DE GALICIA, POLO QUE SE TEN POR DESISTIDO Ó RECORRENTE, ORDENANDO O ARQUIVO DAS ACTUACIÓNS NOS AUTOS DO RECURSO CONTENCIOSO-ADMINISTRATIVO PROCEDEMENTO ORDINARIO NÚM. 4163/2003, PROMOVIDOS POR PANADERÍA LAS CARNEIRAS, S.L. A Xunta de Goberno queda enterada do Auto da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia , de data 19 de abril de 2004, polo que se ten por desistida á recorrente e se ordena o arquivo das actuacións, no recurso contencioso administrativo Procedemento Ordinario nº 4163/2003 promovido por Panadería Las Carneiras, S.L., contra acordo desestimatorio de reclamación de responsabilidade patrimonial por importe de 5.012´74 euros, trasladado polo despacho de letrados Quesada avogados, de A Coruña, mediante escrito de data 30 de abril de 2004 (nº rex. 017865), que ten encomendada a defensa desta Deputación nos citados autos, de conformidade coa póliza subscrita coa compañía aseguradora AXA Aurora Ibérica, S.A. ------ Folla: 14.12133.- APROBACIÓN DA NOVA MODIFICACIÓN INTRODUCIDA NAS CLÁUSULAS PRIMEIRA E SEGUNDA DO CONVENIO DE COLABORACIÓN ENTRE A EXCMA. DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA E O EXCMO. CONCELLO DE VIGO SOBRE COOPERACIÓN ECONÓMICA, PARA O FINANCIAMENTO DE DIVERSAS OBRAS Acórdase por unanimidade aprobar a nova modificación introducida nas cláusulas primeira e segunda do convenio de colaboración entre a Excma. Deputación Provincial de Pontevedra e o Excmo. Concello de Vigo sobre a cooperación económica, para o financiamento de diversas obras, con cargo á partida 04/911.911.789.06 do vixente orzamento e sen que o gasto orixinado por todos eles exceda a dotación consignada. O convenio a subscribir queda redactado definitivamente tal e como consta no documento adxunto, consistindo a variación na relación de obras que figura na cláusula primeira, así como na consignación total que supón 2.018.101,20 euros. Polo que respecta á cláusula segunda, a modificación consiste na consignación total existente na partida, que acada os 2.018.101,20 euros, en vez de 1.996.664,53 euros que figuraban anteriormente. ------ Folla: 15.12134.- CONVENIO DE COLABORACIÓN ENTRE A EXCMA. DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA E O CONCELLO DE PAZOS DE BORBÉN, PARA "ADQUISICIÓN DUN VEHÍCULO PARA O SERVIZO DE VÍAS E OBRAS DO CONCELLO" Acórdase por unanimidade aprobar o convenio de colaboración a subscribir entre a Excma. Deputación Provincial de Pontevedra e o Concello de Pazos de Borbén, para o financiamento da adquisición dun vehículo para o Servizo de Vías e Obras do Concello, con cargo á partida 04/911.911.662.00.2003 do vixente orzamento e sen que o gasto orixinado por todos eles exceda a dotación consignada. Dito convenio é como segue: CONVENIO DE COLABORACIÓN ENTRE A EXCMA. DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA E O EXCMO. CONCELLO DE PAZOS DE BORBÉN PARA "ADQUISICIÓN DUN VEHÍCULO PARA O SERVIZO DE VÍAS E OBRAS DO CONCELLO" En Pontevedra, ........................ REUNIDOS Ilmo. Sr. D. Rafael Louzán Abal, Presidente da Excma. Deputación Provincial de Pontevedra, en nome e representación da mesma, de conformidade coa competencia que lle atribúen os artigos 34.1,b) da Lei 7/85, de 2 de abril e 105.1 a) da Lei 5/1997, de 22 de xullo. Ilmo. Sr. D. Andrés Iglesias Rodríguez, en calidade de Alcalde-Presidente do Concello de Pazos de Borbén, e facultado para este acto polo acordo da Xunta de Goberno Local do Concello. Ámbalas dúas partes teñen plena capacidade para a formalización do presente convenio, en base os principios de colaboración, cooperación, coordinación e eficacia que deben presidir as actuacións das Administracións Públicas. EXPOÑEN I.- Que os convenios entre as Administracións Públicas constitúen o instrumento adecuado para desenvolver a súa cooperación en cuestións de interese común, tal como establecen os art. 6 e seguintes da Lei 30/92, de 26 de novembro, de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común, 3, c) do RDL 2/2000, de 16 de xuño, polo que se aproba o Texto Refundido da Lei de Contratos das Administracións Públicas, 57 da Lei 7/85, de 2 de abril, Reguladora das Bases de Réxime Local e 198 e seguintes da Lei 5/97, de 22 de xullo, de Administración Local de Galicia. II.- Que a lexislación vixente en materia de Réxime Local encomenda ás deputacións a que dirixan a súa actividade a asegurar a prestación integral e adecuada dos servicios de competencia municipal, a tal efecto, e co fin de posibilitar a consecución real e efectiva dos mesmos, é polo que se instrumenta dito convenio dirixido ó cumprimento das obrigacións impostas pola normativa vixente. III.- Que o Concello de Pazos de Borbén solicita á Deputación a "Adquisición dun vehículo para o Servizo de Vías e Obras do Concello", sendo patente a vontade das partes intervenientes colaborar na súa compra. Pola súa parte ó Concello suponlle unha necesidade primordial a compra do vehículo para o funcionamento do Servizo de Vías e Obras, ademais de carecer de recursos económicos suficientes para este fin. A compra do vehículo reportaralle ós veciños a mellora das prestacións dos servizos esenciais, dada a finalidade do mesmo. Con fundamento en canto queda exposto, as partes intervenientes formalizan o presente convenio, consonte ás seguintes: CLÁUSULAS Primeira.- O obxecto do presente convenio, no marco da cooperación económica da Excma. Deputación Provincial de Pontevedra e o Concello de Pazos de Borbén é a "Adquisición de un vehículo para o Servizo de Vías e Obras do Concello". Segunda.- A Excma. Deputación Provincial de Pontevedra asume o financiamento da adquisición por un importe máximo de trinta mil euros (30.000,00), con cargo á partida 04/911.911.662.00.2003. Terceira.- A contratación da adquisición levarase a cabo pola Excma. Deputación Provincial de Pontevedra, ben directamente, ou a través dos correspondentes procedementos de contratación. Unha vez efectuada e recibida a subministración, procederase a súa entrega ó Concello de Pazos de Borbén, quen na súa calidade de titular último, asumirá a súa conservación e mantemento. Cuarta.- Calquera medida que se adopte con cargo ó presente convenio será aprobada pola Xunta de Goberno da Deputación dándose traslado dunha certificación do acordo adoptado ó Concello de Pazos de Borbén no prazo de dez días da súa adopción coa finalidade de que no prazo de outros dez días poida poñer obxección á mesma, entendéndose, en caso contrario, a súa plena conformidade coa medida adoptada. Quinta.- Para o seguimento e control do cumprimento do presente convenio, así como para aclarar as dúbidas que suscite a súa interpretación, poderán reunirse ós asinantes do presente Convenio, ou persoa en quen deleguen, asistidos polos asesores que consideren axeitados. Sexta.- O presente CONVENIO entrará en vigor a partires de data de súa sinatura e ata o 31 de decembro de 2005, podendo prorrogarse expresamente sempre e cando existan circunstancias excepcionais debidamente motivadas. Sétima.- Serán causas de resolución: a) O remate do prazo. b) O incumprimento das obrigas derivadas deste convenio. E en proba de canto antecede, as partes intervenientes asinan o presente convenio por cuadriplicado e a un só efecto no lugar e data reseñada no seu encabezamento. Pola Deputación Provincial de Polo Concello de Pazos de Borbén Pontevedra Asdo.: D. Rafael Louzán Abal Asdo.: D. Andrés Iglesias Rodríguez ------ Folla: 16.12135.- APROBACIÓN DE PROXECTOS Vistos os proxectos que máis adiante se detallan, de obras a executar ó amparo do convenio de colaboración entre a Deputación Provincial e o Concello de Vigo sobre cooperación económica para o financiamento de diversas obras con cargo á partida 04/911.911-662.00; e aprobándose pola Xunta de Goberno a modificación de dito convenio pola que se inclúe a obra "Pavimentado da capa de rodadura da Avda. Arquitecto Palacios (carril descendente desde estación de autobuses a Castrelos)", acórdase por unanimidade prestar aprobación ós seguintes proxectos: 1.- "Pavimentado da capa de rodadura da rúa Placer (Vigo)", por importe de 71.405,44 euros, IVE incluído. 2.- "Pavimentado de capa de rodadura da Avda. Arquitecto Palacios (carril descendente desde estación de autobuses a Castrelos)", por importe de 243.848,37 euros, IVE incluído. E non habendo máis asuntos que tratar polo Sr. Presidente, sendo as once horas e corenta e cinco minutos do expresado día, dáse por rematada a sesión e dela esténdese a presente acta, que asina o Ilmo. Sr. Presidente, comigo, o Secretario que dou fe. ------
Ãrea de notas
Nota